Resolución Reitoral do 23-04-2018 pola que se modifica a Resolución Reitoral do 23-01-2018 pola que se publica a Convocatoria anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES. Curso académico 2018-2019
Full text
Con data 22 de febreiro de 2018 aprobouse polo Consello de Goberno a proposta de prazas e criterios de admisión para os másteres universitarios ofertados pola Universidade de Santiago de Compostela no curso 2018/19 e na mesma data aprobouse o Acordo relativo a esixencia de nivel de coñecemento de lingua galega ou castelá para a matrícula en estudos de grao e máster oficial. Con motivo da aprobación destes acordos, ditouse a Resolución reitoral do 20 de marzo de 2018 que modifica a Resolución reitoral do 23 de xaneiro pola que se fai pública a Convocatoria de matrícula anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES para o curso 2018/19. Con data de 27 de marzo de 2018 modificouse o Acordo relativo a esixencia de nivel de coñecemento de lingua galega ou castelá para a matrícula en estudos de grao e máster oficial. Á vista destes Acordos , cómpre modificar a Resolución Reitoral do 23 de xaneiro pola que se fai pública a Convocatoria de matrícula anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES para o curso 2018/19. Polo exposto ESTA REITORÍA RESOLVE: PRIMEIRO.- Modificar a Resolución Reitoral do 23 de xaneiro pola que se fai pública a Convocatoria de matrícula anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES para o curso 2018/19, modificada pola Resolución Reitoral do 20 de marzo de 2018, quedando redactado o artigo 1.7 como segue: “De conformidade co establecido no Acordo de Consello de Goberno de 22 de febreiro de 2018, os alumnos procedentes de países cuxo idioma oficial non sexa o castelán deberán acreditar, como criterio xeral, o coñecemento da lingua galega ou lingua castelá mediante a acreditación oficial do nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (MCER), no caso de titulacións das áreas de coñecemento de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura, e do nivel B2 no caso das titulacións das áreas de coñecemento de Artes e Humanidades, e Ciencias Sociais e Xurídicas. Excepcionalmente, a coordinación dun determinado título de máster poderá esixir debidamente xustificada acreditación oficial dun nivel superior”. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9F61-0C66-4594-8CED Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9F61-0C66-4594-8CED 1 / 3
SEGUNDO.- Modificar o Anexo da Resolución Reitoral de 23 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a Convocatoria de matrícula anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o alumnado con estudos de países alleos ao EEES para o curso 2018/19, incluíndo na oferta da Convocatoria o seguinte máster: Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos ------ 3 prazas Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015) polo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9F61-0C66-4594-8CED Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9F61-0C66-4594-8CED 2 / 3
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: JUAN MANUEL VIAÑO REY, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23/04/2018 09:10:51. CSV: 9F61-0C66-4594-8CED Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9F61-0C66-4594-8CED Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9F61-0C66-4594-8CED 3 / 3