scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

ADESORA: As Mulleres Alén das Alcobas

Ramos Mesía, Iria

Abstract

A produción e mailo consumo de podcasts viñeron aumentando de xeito exponencial nos últimos anos. Proliferan, especialmente, os que se centran en temáticas especializadas e os que artellan o seu contido arredor das técnicas de conversa, de exposición documental ou do storytelling. Este tipo de produtos goza dun especial éxito entre mocidade, a denominada Xeración Z. Entrementres, no eido da investigación histórica, estase a experimentar un incremento dos enfoques con perspectiva de xénero. No caso do estudo da Historia de Galicia, destaca o labor dunha serie de expertos que incorporan esta tendencia nos seus traballos a respecto do período medieval. Unidas estas dúas realidades en auxe, proponse un podcast divulgativo dirixido á Xeración Z que achegue unha aproximación ás convencións sociais e á vida cotiá das mulleres dos tres estamentos sociais da Galicia medieval a través da selección de cinco perfís femininos e mais dun relato adaptado das súas biografías

Full text

«ADESORA: As Mulleres Alén das Alcobas», un podcast divulgativo a respecto da vida e mais do poder das mulleres galegas na Baixa Idade Media Traballo de Fin de Grao Realizado por Iria Ramos Mesía Titorizado por José Sixto García Facultade de Ciencias da Comunicación Grao en Xornalismo Curso 2023-2024 2 Á familia, por me faceren posible estudar; ás amighas, por estaren sempre d’arredor; a todo con quen me crucei na facultade e mais nas rúas de Compostela; e tamén a min mesma, por mirar de me converter naquilo ó que xoghaba a ser de pequena. 3 Agradecementos Hai veces que nos custa moito, ás persoas, valorar o que temos arredor de nós mesmas. Adoitamos somerxernos nos anhelos do que non temos, do que nos falta ou do que esperamos posuír algún día. E, en todos eses suspiros, con frecuencia, perdemos de vista o que xa temos nas mans: o que temos connosco agora mesmo. Confeso que acotío véxome inmersa nesa restra de pensamentos, malia que, de cando en vez, si son quen de apreciar as figuras de quen me arrodea. Este traballo non existiría sen o inmenso amor que me dan a diario os membros da miña familia e mailas miñas amizades. Para elas e eles é toda a miña gratitude e todo o amor que lles poida dar de volta. Quero mencionar en especial, neste contexto, a Uxía, a Gabriela e a Brais, que me colleron da man no meu segundo comezo en Santiago e xa nunca ma ceibaron. Tamén a Leila e a Carlota, por viviren comigo este ano tolo en tantos aspectos e que sempre lembrarei, a respecto delas, por teren chegado e ficado na miña vida. Pero, se a alguén teño que mencionar en especial é a Paula, que nunca dubida en deixar o que fai para lle botar unha man no que faga falta a quen quere –e neste traballo, en canto lle pedín auxilio, así o fixo–; e, por suposto, a Xoel, que está sempre ó carón e que tan rápido coma Paula buliu a axudarme en todo o que puido para a realización do proxecto. Xoel, Paula, Carlota, Leila, Brais, Gabriela e Uxía. Sete nomes que, canda tantos outros, coma Fran ou Malena, van ficar na miña memoria a carón da imaxe do fogar que me resultou Compostela. E, dende logo, como o groso das persoas que me ensinaron o que é a amizade. Non podo esquecer tampouco a tódalas nenas do Faiado, unha aventura que comezou xa hai dous anos e que tantas alegrías e aprendizaxes me trouxo. Nunca serei quen de dar grazas dabondo por facer parte del. Quero expresar de igual xeito o meu agradecemento á xente da Facom, tanto a compañeiros e compañeiras de clase como a docentes e ó resto de persoal. E, en especial, a Reyes e a Manolo, que tanto nos axudaron sempre fóra de clase. Lonxe das aulas, coñecín o xornalismo canda o equipo de La Voz de Santiago, namorei das ondas na Radio Galega e casei con elas en Radio Galicia. De tódalas persoas coas que traballei nestes tres medios, desexo agradecerlle a Rosa as súas pacientes ensinanzas, a Luis aquela charla á tardiña despois do boleto e mais ós compañeiros da SER que, nalgúns dos casos, xa semellan amigos. O meu máis profundo agradecemento a Montse, Toni e Elías, por me axudaren nas gravacións, e a Lu, por me botar un cable co volume na edición; a Salgado, por ser a miña Teresa de Zúñiga; a Ainhoa e a Chus, polos incesantes ánimos; a Ricardo, por me deixar gravar nas instalacións e darme tódalas facilidades e, sobre todo, a Caínzos, a Capelo e, especialmente, a Fer, por me aturaren fóra de min nas tardes destes últimos meses. Outro tanto de agradecemento vai para as amigas que emprestaron as súas voces para revivir as señoras que falan con voz propia. Para Lorena, que coñece e recoñece a miña eu dos 14 anos; para Laura, porque hai cousas que non se 4 esquecen; a Antía, por ser o meu descubrimento do 2023 e a Carlota, de novo, por ser perfecta. Grazas tamén a Maior, a Urraca, a Teresa e mais a Inés por seren fortes, decididas e implacables como foron tantas outras mulleres ó longo da historia e como foron tantas outras que ficaron esquecidas nas gadoupas do tempo. Tamén lles dou as grazas por seren malas, boas, complexas e inconmensurables, igual que somos, en certo xeito, tódolos seres humanos. Só se trata dunha cuestión de perspectiva. A María non poido agradecerlle nada, porque ela nunca existiu. Inventeina eu. E fíxeno por tódalas Marías que viviron baixo o xugo das que foron Maior, Urraca, Teresa e Inés; por tódalas mulleres que subsistiron entre o pobo, na base da pirámide e no primeiro elo da cadea, e que sostiveron a historia da humanidade tal e como a coñecemos. E, por último, grazas a meus pais, a miña madriña, a miña avoa e a meus tíos por estaren, por estaren sempre, pese a todo e contra todo. Grazas tamén a quen estivo e tivo que marchar, e incluso a quen camiñou canda min polo campeiro en inverno coas catro patiñas molladas. 5 «ADESORA: As Mulleres Alén das Alcobas», un podcast divulgativo sobre a vida e mailo poder das mulleres galegas na Baixa Idade Media «ADESORA: Las Mujeres Más Allá de las Alcobas», un podcast divulgativo sobre la vida y el poder de las mujeres gallegas en la Baja Edad Media «ADESORA: Women Beyond the Bedchambers», an educational podcast on life and power of Galician women from Late Middle Ages 6 RESUMO A produción e mailo consumo de podcasts viñeron aumentando de xeito exponencial nos últimos anos. Proliferan, especialmente, os que se centran en temáticas especializadas e os que artellan o seu contido arredor das técnicas de conversa, de exposición documental ou do storytelling. Este tipo de produtos goza dun especial éxito entre mocidade, a denominada Xeración Z. Entrementres, no eido da investigación histórica, estase a experimentar un incremento dos enfoques con perspectiva de xénero. No caso do estudo da Historia de Galicia, destaca o labor dunha serie de expertos que incorporan esta tendencia nos seus traballos a respecto do período medieval. Unidas estas dúas realidades en auxe, proponse un podcast divulgativo dirixido á Xeración Z que achegue unha aproximación ás convencións sociais e á vida cotiá das mulleres dos tres estamentos sociais da Galicia medieval a través da selección de cinco perfís femininos e mais dun relato adaptado das súas biografías. PALABRAS CHAVE: Podcast, historia medieval, Galicia, mulleres, xeración Z. 7 RESUMEN La producción y el consumo de podcasts han venido aumentando de forma exponencial en los últimos años. Proliferan, especialmente, los que se centran en temáticas especializadas y los que desarrollan su contenido con técnicas de conversación, de exposición documental o de storytelling. Este tipo de productos goza de un especial éxito entre la juventud, la denominada Generación Z. Mientras, en el ámbito de la investigación histórica, se está experimentando un incremento de los enfoques con perspectiva de género. En el caso del estudio de la Historia de Galicia, destaca la labor de una serie de expertos que incorporan esta tendencia en sus trabajos con relación al periodo medieval. Unidas estas dos realidades en auge, se propone un podcast divulgativo dirigido a la Generación Z que aporte una aproximación a las convenciones sociales y a la vida cotidiana de las mujeres de los tres estamentos sociales de la Galicia medieval a través de la selección de cinco perfiles femeninos y de un relato adaptado de sus biografías. PALABRAS CLAVE: Pódcast, historia medieval, Galicia, mujeres, generazión Z. 8 ABSTRACT Podcast production and consumption have been exponentially rising for the past few years. Particularly, the ones centred on specialised topics, along with others whose content is developed through conversational techniques, documental explanation, or storytelling. This kind of product is well successful among young people—those called Generation Z. Meanwhile, history research is experiencing an increase in gender perspective investigations. In Galician history studies, a group of experts’ work stands out as they add this trend to their Middle Agesfocused projects. Given these two outlooks and both reaching their peaks, the present work proposes an educational podcast addressed to the Generation Z members that provides an approximation to the social conventions and daily lives of women from mediaeval Galicia in all three social estates, all through a fiveprofile selection and an adapted account of their biographies. KEY WORDS: Podcast, medieval history, Galicia, women, generation Z. 9 ÍNDICE 1. Introdución............................................................................................... 11 2. Marco teórico............................................................................................12 2.1. O podcast...........................................................................................12 2.1.1. Definición..................................................................................12 2.1.2. Evolución histórica..................................................................13 2.1.3. Tipoloxías.................................................................................14 2.1.4. Consumo: datos e perfil da audiencias.................................15 2.1.5. Características.........................................................................19 2.2. Divulgación........................................................................................19 2.2.1. Definición..................................................................................19 2.2.2. Características..........................................................................20 2.2.3. O podcast como ferramenta de divulgación..........................20 2.2.4. Notas sobre a divulgación e o xornalismo.............................21 2.3. Narración e proximidade nos formatos de son...............................21 2.3.1. Elementos sonoros...................................................................21 2.3.2. Storytelling................................................................................23 2.3.3. Ficción sonora..........................................................................24 2.4. A entrevista........................................................................................25 2.4.1. Definición..................................................................................25 2.4.2. O modelo talk show.................................................................25 2.5. Contar para a xente nova..................................................................26 2.5.1. Definición da Xeración Z ........................................................26 2.5.2. Captar a atención da Xeneración Z........................................27 3. Definición do proxecto............................................................................29 3.1. Aproximación conceptual e sinopse...............................................29 3.2. Idea inicial..........................................................................................30 3.3. Escolla do formato............................................................................30 3.4. O tema................................................................................................31 3.5. Os Soutomaior e os Lannister.........................................................31 3.6. De investigar a desenvolver o proxecto............................................32 3.7. As escollidas........................................................................................34 3.8. Alén das entrevistas............................................................................34 3.9. Concepto..............................................................................................35 3.9.1. Escolla das locutoras................................................................35 4. Memoria de actividades............................................................................37 4.1. Primeira fase: preprodución (de novembro do 2023 ata abril do 2024).....................................................................................................37 4.1.1. Achegamento á cuestión (novembro e decembro do 2023) ........................................................................................................37 4.1.2. Desenvolvemento da idea (xaneiro, febreiro e marzo do 2024) ........................................................................................................37 4.1.3. Documentación e estrutura.......................................................40 16 destacan os 35 de Dinamarca, os 34 de Arxentina ou os 30 de Alemaña, entre outros exemplos. Segundo a mesma fonte, o perfil do oínte de podcast en España é o dun rapaz novo. O 51% dos homes enquisados afirman ter escoitado este tipo de formatos no último mes, mentres que só o 38% das mulleres declara o mesmo. Isto, en canto a diferenzas por xénero, pero, sen dúbida, o dato máis salientable prodúcese na segregación por idades. E é que o 62% das persoas novas de entre 18 e 24 anos escoita habitualmente o formato podcast. É a franxa que máis consume este tipo de contidos, se ben rexistra unha baixada de 8 puntos porcentuais con respecto ó dato do ano pasado. Tamén decrece nun punto a porcentaxe de audiencia que vai dos 25 ós 34 anos, co dato do 58% neste 2024, pero, pola contra, o informe deixa patente o incremento de consumo nos usuarios de maior idade. Así, na franxa de usuarios que contan con ata 44 anos, a porcentaxe é do 53% –unha suba de 4 puntos con respecto a 2023–; do 42% en persoas que chegan ós 54 anos e do 30% nos maiores de 65. Na franxa que vai dos 55 ós 64 anos, as cifras mantéñense arredor do 36%. Son datos que, de continuar esta tendencia á alza nos vindeiros anos, confirmarían o aumento paulatino de consumo nas persoas de maior idade. Tipoloxía de contidos En canto á tipoloxía de contidos, as temáticas especializadas e mais de estilo de vida seguen a ser as máis escoitadas, igual que marcaba o mesmo informe no ano pasado. Así, neste 2024, os podcasts de ciencia e tecnoloxía, economía e negocios, medios de comunicación, saúde ou historia acadan un 20% de penetración, dous puntos porcentuais máis que no 2023. No segundo posto fican as propostas relacionadas coa alimentación, a moda, a arte ou as viaxes, cun 17% e unha suba do 1% con respecto ó ano pasado. O bronce é para os podcasts de actualidade, cun 15% da audiencia, seguidos, moi de preto, polos formatos de sucesos, que chegan ó 14%. En quinto posto, a temática deportiva. Por franxas de idade, na xente nova (de entre 18 e 24 anos) hai un claro gañador alén das temáticas especializadas: os asuntos sociais e mailos sucesos, que cun 30% de audiencia son os seus contidos máis escoitados. A ciencia, a economía ou a historia, entre outras áreas, fican no segundo posto de preferencia e acadan o 26% do consumo da mocidade. No resto de franxas, a primeira escolla son os temas especializados, agás, tan só, nos maiores de 65 anos: eles prefiren os podcasts de actualidade (16%) diante dos contidos especializados (12%). O Digital News Report (DNR) deste 2024 dedica unha das súas partes á análise do fenómeno podcast, como xa se deixou constancia nas liñas anteriores, se ben a devandita edición non se centra, como tal, nesta materia: faino na da intelixencia artificial. O informe do ano anterior (Amoedo et al., 2023), non obstante, si que se analiza en conxunto este tipo de formatos, polo que achega unha serie de datos máis polo miúdo a respecto dos podcasts que non se inclúen no traballo deste ano (Novoa-Jaso, 2024) e sobre os que cómpre detérmonos. 17 Vías de consumo A citada fonte amosa que as vías de escoita principais son as plataformas de audio a demanda. Por orde de popularidade, Spotify é a gañadora, cun 30% de audiencia –amais, sitúase como a preferida das mulleres e mais das persoas de entre 18 e 44: o 37% destas úsana como referencia–; o segundo posto é pra YouTube, que chega ó 29%; e o terceiro, para iVoox, que fica moi por detrás, cun 16%. Precisamente esta última vén rexistrando unha tendencia descendente nos últimos anos, fronte á explosión de Spotify, que leva medrando dous anos continuos, unha senda que lle trouxo como resultado superar a YouTube. Pola súa banda, Google Podcasts mantén a cota do 13% de escoitas e o resto de plataformas como son Audible, Podimo, Apple Podcasts, Pandora, Podium Podcast e Tuneln Radio rexistran menos do 10% do emprego. Cabe salientar que as mulleres usan Spotify e Podimo máis cós homes e que Spotify é a vía de escoita máis popular entre os usuarios da mocidade. Xeito de escoita En canto ó tempo acumulado de consumo, segundo DNR do ano pasado (Amoedo et al., 2023), un 39% dos oíntes de podcast declaran ter dedicado a escoitar este tipo de formatos a mesma cantidade de horas que no ano anterior. O dato máis interesante é que un 28% das persoas enquisadas asegura que incrementou o tempo empregado a esta actividade en comparación co 2022 (nas mulleres, o dato chega ó 30%). Un aspecto chave á hora de deseñar un podcast é decidir a duración das súas entregas. Neste sentido, cómpre consultar os datos a respecto das preferencias de escoita do público. Segundo o recollido polo Observatorio iVoox no 2023, os oíntes deste tipo de formato prefiren consumir podcasts de entre trinta minutos e unha hora de duración, tal e como declaran o 34% das persoas enquisadas. Delas, ata un 28% decántanse por unha duración episódica de entre unha e dúas horas. Non obstante, hai un 22,4% que afirma que a duración dos episodios élle indiferente en caso de que lle guste a temática do produto. Outro aspecto salientable é que, malia as devanditas preferencias, só un 55,7% das persoas preguntadas por esta cuestión escoita os podcasts de xeito continuado. Do resto, un 25,6% faino de xeito fragmentado durante diferentes xornadas e un 18,7% que remata o episodio ó longo do día. Á marxe disto, ata máis dun 10% de persoas aceleran a velocidade de reprodución do podcast. Son cifras que fan entrever un aspecto chave: e é que, malia que a preferencia de escoita ronde a hora de duración, a efectos prácticos, o tempo de consumo continuado fica algo reducido. Segundo a mesma fonte, case a totalidade dos oíntes semellan escoitar os podcasts en solitario (así o fai o 96,9% das persoas enquisadas). Amais, fano á noite de xeito maioritario (58%), pero tamén á mañá (54%) e, sobre todo, de luns a venres. Por certo, que o dispositivo preferido dos oíntes é o teléfono móbil (97,2%), o que implica que, se cadra, o público escoita este tipo de formato mentres realiza outras actividades. 18 E así o confirma o mesmo informe. A metade da xente escoita este tipo de formatos mentres realiza tarefas do fogar; ata un 40%, antes de ir durmir; e en torno a un 38% descansando. Outras actividades populares que se complementan coa escoita de podcasts é a condución (37,5%), os paseos (36%), o traballo (32%) ou a actividade física (29,7%); e tamén a cociña, os traxectos no transporte público, o aseo persoal na ducha ou a meditación. Todas estas cifras indican, tal e como conclúen os investigadores do Observatorio iVoox (2023), que os oíntes están a incorporar a escoita de podcasts en novas actividades. Motivos de escoita Se co perfil do oínte e mais da caracterización do momento e do ambiente de escoita xa debuxabamos que esta vén producíndose canda a realización doutras actividades, as propias persoas enquisadas polo Observatorio iVoox (2023) confirman que isto é así. E é que, de feito, un 65,7% destas sinala como principal motivo de escoita teren algo ó que atender mentres fan outras cousas. O 62,6% sitúa como razón primordial a aprendizaxe; o 61,3% escollen o podcast polo feito de poderen escoitalo onde e cando queiran; e o 60,1% consúmeno como xeito de entretemento. Amais, ata un 30,5% das persoas enquisadas sinalan que escoitan este tipo de formatos para se relaxaren e mesmo conciliaren o sono, e un 26,35% asegura o fai porque nos podcasts atopan contido que non está noutro lugar. Así as cousas, podemos dicir que os oíntes de podcasts procuran aproveitar o seu tempo e aprender mentres os escoitan. Chama a atención que, malia que medra a oferta de videopodcasts, os oíntes seguen a se decantar polo podcast tradicional. Deste xeito, o 68,4% de persoas enquisadas prefiren consumir só audio; a case un 37% o formato resúltalle indiferente cando xunta imaxe e un 32% afirma que non sente atracción polos videopodcasts. O Observatorio iVoox (2023) detecta que as temáticas máis escoitadas, cun 15,2% de apoio, son as de misterio e outras realidades, seguidas polos contidos de historia e de humanidades, que superan os 14 puntos porcentuais. O humor e mailo entretemento medrou ata rozar o 9,2% de preferencia polo público. Isto, en canto a escoitas, pero, en canto a buscas de contido, cabe salientar que entre as temáticas máis demandadas, a historia gaña por goleada, cun 36,6% de oíntes que busca contidos neste sentido. No segundo posto fica o que engloba a área do misterio, con preto dun 29%. Por debaixo do 20%, atopamos a ciencia, a literatura ou o entretemento. No eido dos formatos de podcast, o rei é o das conversas, preferido por un 52,5% da poboación enquisada. Este tipo de iniciativas acadan un grande nivel de respaldo entre os usuarios da Xeración Z e mailo público Millenial. O equipo de iVoox entende que o maior consumo nestas franxas de idade é debido á consecución, por parte dos podcasters de tal formato, de crearen unha atmosfera relaxada e de espontaneidade. Os produtos resultantes semellan conversas das que podería facer parte o oínte, algo que procuran os consumidores máis novos e co que se senten o suficientemente cómodos como para ficaren canda a proposta. 19 Moi de preto ten as propostas narrativas ou documentais, cun 49,3% de apoio, e maila entrevista, cun 43,4%. Cçompre salientar que as iniciativas de ficción sonora, o emprego do storytelling en varios formatos e mailos contidos transmedia que fan ir ós podcasts alén das plataformas para chegaren ás redes sociais axudan a consolidar este tipo de contidos entre os seus usuarios. 2.1.5. Características Boa parte do éxito que colleita o podcast vén dado pola súa adaptación á cultura audiovisual da cidadanía. Nisto destaca, especialmente, a inclusión nas propostas de contido iconográfico e multimedia: Vólvese a todas luces necesario o feito de que contribúan [os elementos multimedia textuais, iconográficos e visuais] a descubrir contidos, a aumentar o tempo de escoita e mais a mellorar a satisfacción do usuario co audio, cuxos tributos de mobilidade, compatibilidade e integración en novos dispositivos e soportes gañan terreo nesta contorna. Mellórase a expectativa do usuario, fica satisfeita a experiencia de escoita e refórzase ese hábito, que favorece a dispoñibilidade cara a recepción de suxestións publicitarias. (Pérez-Alaejos et al., 2022, p. 14). Do mesmo xeito, tampouco quedan fóra as diferentes estratexias creativas e de deseño de produto, tal e como apunta, de novo, o equipo de Pérez-Alaejos. O desenvolvemento do podcast vai alén do departamento técnico. E é que “a complementariedade de procesos contempla aspectos como a periodicidade ou a duración das producións, entre outros” (2022, p. 9). Nunha etapa de consumo e produción crecentes, enmarcada no contexto actual de facilidade de acceso á Internet e mais ás plataformas a demanda, tamén medra a competencia entre proxectos. Velaí, se cadra, a importancia de poñer o foco nos aspectos estratéxicos. E é que os usuarios esixen a dispoñibilidade do contido dende calquera lugar e en calquera momento, de xeito que impoñen un desenvolvemento que ha estar pensado a tales efectos (Kishigami, 2004). É neste contexto no que proliferan os podcasts. Como vimos, de tódolos tipos e para tódolos públicos. 2.2. Divulgación 2.2.1. Definición O de “divulgación” é un termo cuxo significado non escapa ó coñecemento semántico xeral. A Real Academia Galega (2024b), recolle a súa definición como como “acción ou efecto de divulgar”. Se continuamos o fo e consultamos a entrada de “divulgar”, atopamos, como verbo transitivo, a descrición de “dar [algo] ao coñecemento do público, facer que o coñeza un gran número de xente”; e, na súa forma pronominal, “Chegar a un gran número de persoas ou lugares” (RAG, 2024c). 20 Deste xeito, vemos que a divulgación pasa por achegar coñecemento ao público e, en concreto, a unha importante cantidade de persoas. Agora ben, isto pódese facer de moitas formas: dende lanzar circulares informativas sobre as rúas dunha cidade, ata emitir un programa de televisión ou de radio, pasando por dar unha conferencia. Mesmo se pode confundir, así as cousas, con outros conceptos como é o de difusión. Non obstante, María de los Ángeles Erazo (1999, p. 36), achega unha clara diferenciación entre estes dous conceptos, pois “difundir é propagar o coñecemento entre especialistas, mentres que divulgar é presentar a ciencia ó público xeral”. Ese matiz, o de transmitir uns coñecementos especializados a unha audiencia xeral, é o que determina o que é a divulgación. 2.2.2. Características A divulgación de coñecementos científicos conta cunha grande traxectoria a través do tempo. Así o indican Sánchez-Fundora e Roque-García (2011) cando enumeran os traballos de Galileo Galilei, do xurdimento das primeiras publicacións especializadas ou, de seu, da creación do xornalismo científico. No presente traballo, cabe lembrar, a materia sobre a que se divulga é a historia. Esta é unha área de estudo que, se ben non milita nas ciencias naturais, si que o fai no conxunto das sociais. E, a tales efectos, a súa actividade divulgativa – contidos á marxe, por suposto– non difire da que achega coñecemento sobre bioloxía, física ou química, entre outras. Principalmente porque, tal e como apuntan Solanas-García e o seu equipo (2013) apoiándose no traballo de Belenguer e Roqueplo, pesan máis as características comúns cás diferenzas de contido: O significado do termo “divulgación”, pois, non só fai referencia á acción de estender ou difundir un coñecemento entre a poboación, senón tamén ó xeito do que se fai, posto que estes coñecementos científicos deben presentarse de xeito accesible e intelixible para esa poboación (Belenguer, 2003, p. 45). [...] Adicionalmente, engádense dous condicionantes esenciais para que a difusión dunha idea poida considerarse divulgación científica: a) que esta non se realice no marco do ensino regulado e b) que o seu obxectivo último non sexa a formación de especialistas (Roqueplo, 1983, p. 21, cfr. en Belenguer, 2006, p. 4546). (2013, p. 817). Alén disto, resulta chave, na divulgación de calquera tipo de coñecemento, empregar unha “linguaxe clara e concisa” diante da necesidade de “achegar a mensaxe ó receptor”, tal e como conclúen Solanas-García et al. (2013). E velaquí entra en xogo o escenario tecnolóxico e comunicativo actual. 2.2.3. O podcast como ferramenta de divulgación No presente traballo, proponse un podcast divulgativo, un formato que, como vimos con anterioridade, veu gañando importancia en canto a produción e consumo nos derradeiros anos. En concreto, fica enmarcado na temática 21 histórica. E a escolla deste formato para a idea matriz deste proxecto, non é unha escolla ó chou, tal e como fica descrito no apartado da súa descrición. E é que este implica “para os contidos de historia, unha oportunidade tanto para os oíntes como para os divulgadores, xornalistas, futuros xornalistas e maila academia ó introducir ferramentas, narrativas e aproveitar recursos que facilitan a comprensión e axudan a espertar o interese por estas temáticas”, tal e como indican Méndez-Majuelos et al. (2023, p. 151). Tales ferramentas son incorporadas polo groso de creadores de podcast en España, e poden ser, alén dos recursos visuais e estratéxicos ós que se fixo referencia no apartado “1.5 Caractersticas”, o emprego dunha “linguaxe divulgativa con ton coloquial”; a inclusión de entrevistas ou a participación de colaboradores (2023, p. 163). Tendo en conta o ata agora exposto, fica patente que o podcast resulta unha ferramenta chave na divulgación actual da historia. Amais, cos datos na man, pódese dicir que é un dos formatos que máis éxito de audiencia ten hoxe en día. E tal éxito débese, en grande parte, á busca da proximidade que se procura en primeiro lugar no guión, na narración e mais na montaxe, así como nos aspectos estratéxicos de presentación do contido. 2.2.4. Notas sobre a divulgación e o xornalismo O punto de encontro entre divulgación e xornalismo dáse, historicamente, no exercicio do xornalismo científico. Así se desprende do repaso das orixes da divulgación que fan Sánchez-Fundora e Roque-García (2011), no que tamén achegan o feito de que hoxe en día, os medios de comunicación adoitan contar con seccións específicas de xornalistas especializados que producen contidos divulgativos. Obsérvase, pois, que a relación entre o exercicio divulgativo e mailo xornalístico teceron unhas dinámicas próximas a través do tempo que hoxe fican máis unidas ca nunca, considerando, a un tempo, as facilidades que achegan os recursos comunicativos actuais no presente tecnolóxico. E é que, neste senso, “o xornalista é a persoa dedicada á divulgación da ciencia e é tan importante como o científico, que xera preguntas e descubrimentos, pois os novos coñecementos precisan dun axente difusor que poida facelos chegar ao público” (2011, p. 92). Visto o anterior, semella que o xornalista divulgativo adopta un papel chave na cadea de transmisión dos coñecementos académicos ó saber da cidadanía. É o elo que une conecta a materia especializada ó contexto xeral. E neste sentido, por suposto, cómpre destacar que a divulgación nos medios de comunicación non fica reducida ás ciencias puras senón que chega ás sociais –véxanse os contidos explicativos a respecto das dinámicas económicas, das reportaxes realizadas a partir dunha efeméride que achegan información sobre calquera evento ou figura histórica destacada; ou dos descubrimentos arqueolóxicos que xurdan a cada momento, como exemplos–. 2.3. Narración e proximidade nos formatos de son 2.3.1. Elementos sonoros Visto que a proximidade co receptor do produto é algo que procuran activamente os e as creadoras de podcast mediante o emprego de diferentes recursos, entre 22 eles, o emprego dunha linguaxe sinxela e mesmo coloquial, non fica de máis afondar no xeito de comunicación que se emprega na transmisión da mensaxe divulgativa. E, especialmente, nos elementos dos que se bota man neste sentido para a produción dos formatos podcast. En primeiro lugar, cómpre botarmos unha ollada ós aspectos sonoros que se inclúen en calquera produto que teña o son como dimensión de transmisión única ou, cando menos, principal. E aquí, a tradición que recolle o podcast da radio ten un peso importante. Rodríguez-Luque e os seus colegas (2024) sintetizan a enumeración de Balsebre-Torroja (2000) a respecto dos elementos que compoñen a linguaxe radiofónica. Deste xeito, temos catro puntos esenciais: a palabra, a música, os efectos e mailo silencio. Así mesmo, comezando pola primeira desta enumeración de elementos, a palabra, e en relación ó ton coloquial das producións de podcast, os citados investigadores falan da naturalidade coma “unha das caractersticas que debe ter a enunciación verbal para que o escoitante non perciba que o locutor está a ler un texto” (2024, p. 113). Un aspecto que se amosa, sen dúbida, a diario no exercicio do xornalismo radiofónico, tanto nos espazos informativos coma nos de entretemento. Isto, levado ó mundo do podcast e, por suposto, tendo en conta a devandita procura do achegamento ó oínte, toma un cariz que resulta chave. Funcións dos elementos sonoros Se continuamos a afondar na ordenación dun programa de radio, xorde outra serie de elementos que son comúns a este tipo de formatos e que, aínda de carácter máis técnico, tamén contribúen á diversidade e mais ó dinamismo da narración. Deste xeito, Martínez-Costa e Díez-Unzueta (2005) falan dos refachos, das sintonías ou das cortiñas. Por certo, que a montaxe dos formatos, amais, tamén axuda na procura dunha linguaxe máis espontánea e próxima (Méndez-Majuelos, 2023). A música, de seu, segundo Balsebre-Torroja (2000), ten diferentes xeitos de se presentar, a un tempo que o emprego da mesma posúe multitude de fins. Neste sentido, en canto ás súas funcións, destacan a de separar as partes narrativas nas que se divide o formato ou a de achegar ritmo; pero tamén pode anunciar a chegada ou a saída, a finalización, dunha sección determinada ou da intervención dun participante –voz, narrador ou personaxe–. Un dos seus principais propósitos é a expresividade e maila creación dunha atmosfera sonora, todo co fin de achegar a descrición dun escenario ou dun estado de ánimo que non sexa preciso, polo tanto, de materializar en palabras. En canto ós efectos sonoros, podemos dicir, en termos coloquiais, que é a guinda da produción en canto a ritmo, dinamismo, distribución das seccións e cumio do produto. Non han confundirse dos aspectos técnicos previamente descritos como son os refachos ou as sintonías. Rodríguez-Luque et al. (2024) recollen as análises deste tipo de recursos para quedaren coa ambiental como a principal das funcións que posúen: 23 A súa función consiste en crear un marco visual e imaxinativo, que achega ó oínte a sensación de estar presente diante da realidade. Debe diferenciarse a atmosfera do ambiente á hora de xerar un contido ou narrativa sonora. Mentres que a atmosfera se refire a un estado abstracto ou emocional, como pode ser a sensación de angustia, o ambiente trata de simular sons máis concretos, procedentes de obxectos ou accións identificables na realidade (2024, p. 114). Neste sentido, Balsebre-Torroja (2000) designa catro funcións dos efectos sonoros, a saber: • Función ambiental, pola que se que procura a representación da realidade e dáse en imitar os sons da devandita realidade que se trata de reflectir. • Función expresiva, pola que se engaden valores relacionados coa emoción ou co estado de ánimo que se pretende transmitir coa realidade reproducida. • Función narrativa, pola que se achega continuidade entre as diferentes partes da narración. • Función ornamental, pola que se engade valor estético, de xeito que supón un complemento accesorio que non se fai necesario para comprender a mensaxe. Por último, fica por se describiren as funcións do silencio nos formatos sonoros. De novo, Balsebre-Torroja (2000) fai unha análise da súa presenza e propósitos neste tipo de propostas. Así, vese que o silencio pode posuír, de certo e alén do baleiro, algún tipo de significado, achegar un momento de reflexión ou exercer funcións de énfase. Tamén se bota man do silencio –ou dos silencios– nas interaccións e diálogos, de xeito que nos devanditos apartados pode referirse, por exemplo, á afectividade, á opinión ou ó coñecemento, en función das necesidades do texto do contido. 2.3.2. Storytelling Se se tira do fío da procura de proximidade de cara ó oínte, aparece unha fórmula que se repite en multitude de producións de podcast –tal e como se comproba diante do éxito dos formatos de conversa– e que bebe directamente da tradición da literatura oral. Esta é o storytelling, termo anglófono que se compón da voz story (“historia, conto, relato, anécdota”) e telling (“contar, relatar”), de xeito que se pode traducir como “relato de historias”. Dende a perspectiva académica, no presente traballo tomarase a definición de storytelling que achegan Cunha e Mantello no 2014: [...] técnica para narrar feitos como se fosen historias. Ó poñer énfase na narración e mais na descrición, hai un esforzo de recrear esceas e personaxes; tarefa estética de espertar sensacións no consumidor de noticia, sexa esta impresa ou audiovisual, para que el se identifique co relato e para que lle guste o texto xornalístico como apreciaría un texto máis elaborado, propiamente literario ou poético. (2014, p. 58) 24 Trátase dunha proposta que conecta directamente coa persoa receptora e que se vén demostrando de grande éxito entre os creadores e mailos consumidores de podcast. Existe unha serie de elementos que a fórmula do storytelling precisa incluír para se denominar como tal. Os seguintes son os que pon de relevancia Buster (2020) no seu decálogo para a realización da devandita fórmula: • Contar a historia para o receptor coma se este fose un amigo. • Achegar contexto ó público. • Empregar verbos activos e mais unha linguaxe sinxela. • Xustapoñer dúas ideas chocantes. • Converter o ordinario en extraordinario por medio do emprego dun detalle sinalado. • Achegar ó público a razón que empurrou o narrador a contar a historia. • Compartir emocións e amosarse vulnerable de se considerar preciso. • Conectar coa memoria sensorial e incluír o predominio dun dos cinco sentidos na historia. • Empregarse a un mesmo coma parte do relato na procura de que o público poida facer un exercicio de empatía co narrador. • Rematar a historia cando sexa preciso, de feito que non se alongue sen falla. Menos é máis. Esta proposta de relato está integrada no presente traballo. Fai parte do guión das primeiras partes –as introducións– dos episodios, principalmente, na intervención de entrada. 2.3.3. Ficción sonora No presente documento xa se falou sobre como o podcast está a significar unha revolución no mundo radiofónico en tanto e en canto está a recuperar e mais a deixar a súa pegada en certos formatos tradicionais como poden ser a entrevista ou a reportaxe. Neste punto, cómpre analizar cal é o comportamento deste tipo de propostas en canto á ficción sonora. E é que a auxe do podcast é precisamente o que devolve á vida a este xénero que semellaba case abandonado nos últimos 30 anos, tan só explotado nese período por Radio Nacional de España e con moita menos frecuencia que en períodos anteriores segundo apuntan Ruiz-Gómez e Legorburu-Hortelano (2023). Estes explican, recollendo traballos anteriores de Moreno-Espinosa e Román (2020) e do propio Legorburu-Hortelano canda outros estudosos (2021) como quedara esquinada a reportaxe na grella radiofónica e como, especialmente a ficción sonora ficou convertida nun “xénero durminte”, como describe textualmente Nieto (2008, p. 75). De seu, a devandita relación crecente entre podcast e ficción sonora xa conecta dabondo a esta co xornalismo, pero, non obstante cómpre mencionar que non é senón o último episodio dunhas historia que vén de longo. En concreto, dende que se relacionan dalgún xeito a literatura e mailo xornalismo. E é que, a pesar das evidentes diferenzas que se dan entre unha e outra disciplina, de cert, hai cousas que comparten. Véxase, en palabras de Estévez-Molinero (1998, p. 52), “a literatura e mailo xornalismo intercambian procedementos técnicos, retóricos 25 e estilísticos, comparten obxectivos prácticos e estratexias pragmáticas, e usufrutúan as respectivas canles de presentación e difusión”. Se cadra, este traballo é un dos innumerables exemplos que fan as veces de proba no xuízo desta cuestión. 2.4. A entrevista Ó intre de pronunciarmos a palabra “entrevista”, dalgún xeito, formamos na nosa mente automaticamente calquera tipo de escenario relacionado co xornalismo. Como se detalla en vindeiros apartados do presente documento, o proxecto que nel se defende bota man do artellamento de cinco entrevistas simuladas a diferentes personaxes a través de técnicas de documentación e adaptación de guión. Así descrito, pode semellar unha proposta que se afasta dos limiares que conteñen a práctica do xornalismo, se ben, tal e como se expón nas máis vindeiras liñas, trátase dun exercicio que pretende conectar coa profunda razón de ser deste xénero. 2.4.1. Definición No 1984, a profesora e investigadora Montserrat Quesada achega unha definición de “entrevista” que recolle, de certo, os aspectos máis fundamentais que envolve o concepto. Quesada (1984, p. 119) fala dela coma o “método mediante o cal un profesional da información, o xornalista, entra en contacto cun personaxe público, o entrevistado, do que se presupón un interese xornalístico, ben polas súas declaracións, polo seu cargo ou pola súa propia personalidade”. Do mesmo xeito, Santamaría-Ochoa (2011, p. 40), na súa tese de doutoramento en comunicación a respecto do xénero da entrevista, descrbeo coma “un dos máis sólidos piares do xornalismo, dado que a meirande porcentaxe da información que se transmite, xorde dos propios protagonistas da historia e que se revela a través do xornalista e mailos seus escritos”. O mesmo autor vai alén e afirma que a entrevista é “a fonte de información máis apegada ó que acontece cada día, sexa pola opinión ou os datos que poidan achegar os que interveñen en cada acción” (2011, p. 40). Os dous traballos citados neste apartado, por suposto, fan referencia ó xenero da entrevista enmarcado na produción de información dentro do exercicio da profesión xornalística. De certo, o emprego das entrevistas no presente traballo fica enmarcado na produción de entretemento. Así, escapa a algúns aspectos descritivos do devandito xénero, pero, dende logo, non os esenciais: a interacción entre xornalista e personaxe, a extracción de información e mailo ofrecemento directo do testemuño do xénero ó público. 2.4.2. O modelo talk show Na liña da intención de ofrecer un tipo de entrevista que casa co formato do entretemento, o presente traballo toma inspiración no modelo do talk show. E é que se trata dunha proposta que achega humor, naturalidade e, ata certo punto, espontaneidade a través de aspectos propios dos podcasts de conversa. 32 Coñecendo na ficción os Targaryen, os Lannister, os Stark, os Baratheon ou os Tyrell, e botando unha ollada á morea de fortificacións medievais galegas que chegaron ós nosos días, lanceime a documentarme para saber como foron, por que se moveron e que fixeron na realidade, entre outros, os Soutomaior, os Andrade, os Ulloa, os Lemos ou os Moscoso. A devandita obra, tal e como ten confirmado Martin, está baseada na Guerra das Dúas Rosas, que enfrontou a casa de York e maila de Lancaster a mediados do século XV nun cruento conflito polo trono de Inglaterra. Non obstante, non foi a pula pola Coroa de Castela, como poderiamos extrapolar dentro do contexto ibérico, o que máis me moveu deste eido temático. Centreime, xa que logo, no estudo do poder, das motivacións, das propiedades, das relacións e mesmo da vida cotiá, ata certo punto, que cultivaron entre si as grandes casas galegas. Agora ben, existe un actor chave para entendermos as dinámicas dos poderosos na Galicia medieval: a Igrexa. E é que, malia que no relato histórico o público tenda a centrar a súa atención nos señores laicos, tamén houbo señores eclesiásticos que tiveron o mesmo ou incluso máis poder cós primeiros. E, como digo, especialmente no noso país. De feito, non se entende a historia do conflito irmandiño sen o papel da Igrexa como parte interesada en tanto e en canto os seus representantes deixaron a un lado as fortísimas pelexas que mantiveran cunha importante parte da nobreza pra se aliaren e remataren co bando da revolta. Velaí a colaboración entre as forzas de Pedro “Madruga” Álvarez de Soutomaior e mais do arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca, no derradeiro golpe ós irmandiños na batalla da Almáciga (Galbán-Malagón, 2010). Por isto, entendín que, se o que quería era abrir unha humilde xanela á Galicia de mediados do século XV, tería que incluír unha perspectiva do clero da época. E, se cadra, na mesma liña, debería achegar tamén outro punto de vista procedente do pobo. Pero, polo momento, comecei a estudar as figuras da nobreza. 3.6. De investigar a desenvolver o proxecto Malia ir tendo cada vez máis claras as liñas principais do proxecto, isto é, que contar, quedábame a segunda cousa máis importante: como facelo. Mentres lía e lía, dei cunha obra que recollía algúns dos perfís femininos máis sinalados da nobreza baixomedieval galega: Mulleres con Poder na Galicia Medieval (Pardo de Guevara y Valdés, 2017), unha recompilación de datos biográficos a cargo do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. E así que vin o título do libro, xa o tiven claro. E é que achegar un chisco da cotiandade das grandes casas galegas do momento a través da historia das súas mulleres, en vez de facelo coa dos seus homes, era algo que enchía aínda máis os ocos en branco que puidesen figurar nos coñecementos e na curiosidade da audiencia do proxecto. De seguro que o público xeral sabe que os nobres da Idade Media tiñan exércitos, pero non haberá tanta xente que coñeza as fazañas militares de Dona Xoana de Castro, 33 a loita xudicial de Dona Maior de Ulloa por crebar o seu compromiso matrimonial ou a xestión da propia facenda que moitas levaban a cabo ó quedaren viúvas, en ausencia do home ou, de seu, como herdeiras do seu patrimonio –velaí Dona Urraca de Moscoso. E de seguro que atoparán estas historias tan interesantes ou, cando menos, chamadoras, coma min. Incorporar a perspectiva de xénero resultoume chave para lle dar forma ó traballo. Amais, se algo me interesa máis que coñecer a historia medieval galega, é, dende logo, coñecer os milleiros de vidas alleas que ficaron esquecidas ó longo do tempo e que merecen ser recuperadas, ben sexa por xustiza poética ou por relevancia, de seu, histórica. E aí, por causa do sistema patriarcal que marca os ritmos da sociedade occidental, vai a memoria de moitas mulleres. Así as cousas, e recompilando todo o explicado ata o de agora, o proxecto xa tomara case por completo a súa forma definitiva: sería un podcast episódico, con entregas de curta duración, onde se divulgaría, a través das mulleres da época, os aspectos da vida diaria da Galicia de mediados do século XV. Nese punto, concretei os detalles técnicos –o produto contaría cun conxunto de entre 5 e 8 episodio se cada un tería unha duración de 15 minutos– e centreime en desenvolver o modo de narración. Atendendo á máis pura manifestación de curiosidade xornalística, concluín que o mellor xeito de saber como era a vida daquela xente era preguntándolles directamente. Un imposible, por suposto. Non obstante, o certo é que comecei a pensar en que sería o que dirían estas persoas se se lles fixese unha entrevista, e por isto decidín que cada episodio fose, precisamente, unha conversa co perfil feminino que fixese parte da liñaxe que corresponder. Pero, como facelo? Pois combinando investigación e técnicas de adaptación de guión. Se chegaba a coñecer o suficiente da biografía das mulleres que quería que me servisen de guía nos episodios para saber sobre elas, as súas casas e mais certos aspectos da vida na época, podería reconverter toda esa información nunha sorte de texto coas preguntas que me gustaría facerlles e mailas respostas que eu interpretase que me poderían dar en función do que tivese descuberto sobre elas. E así o fixen. Non obstante, canto máis investigaba e traballaba na idea, máis me demostraba que non podía quedar só nas mulleres nobres se pretendía que o atractivo do proxecto fose botar unha ollada precisamente á cotiandade galega baixomedieval. Por iso, engadín o perfil dunha muller que fixese parte da Igrexa e mais doutra que representase o pobo. Digo «representase» porque, tal e como me indicaron os expertos que consultei, non quedan apenas rexistros da xente do común do momento; pouco máis cás mencións nalgúns textos xudiciais a certos abusos públicos ou, por suposto, os contratos forais. Diante da imposibilidade de traballar sobre un perfil real, documenteime polo xeral sobre a vida cotiá do pobo na época e deseñei unha personaxe ficticia que puidese recoller tódolos aspectos que presentase en común o conxunto de labregas da Galicia medieval. 34 3.7. As escollidas Alén das vidas das mulleres que entrevistase, era o meu obxectivo tratar en cada episodio un aspecto determinado a respecto da vida en feminino do momento. Tamén perseguía ofrecer unha visión sintetizada do panorama xeográfico da implantación territorial das grandes liñaxes. Así pois, o proceso de escolla foi orgánico: mentres lía e descubría novas figuras, historias e biografias, ían casando os temas e maila voz que podera “falarme” deles en cada entrega, en conxunción coa súa procedencia familiar ou estamental. Deste xeito, a escolla final dos episodios quedou como segue: • Maior de Ulloa: o matrimonio concertado das mulleres nobres e mailos seus dereitos en materia xudicial. • Urraca de Moscoso: a xestión económica da propia facenda e mailas derradeiras vontades para cos seus serventes nun contexto urbano. • Teresa de Zúñiga: o mito da muller mala e mailo castigo patriarcal pola ambición feminina, así como a relación da nobreza cos irmandiños. • Inés García de Lousada: a resistencia das relixiosas beneditinas galegas fronte a Reforma Monástica dos Reis Católicos que pretendeu sacalas dos seus mosteiros –espallados por toda Galicia– e pechalas a todas no compostelán complexo de San Paio de Antealtares. Alén disto, vida privada das monxas e Igrexa como propietaria e arrendadora das terras. • María Rodríguez (ficticia): vida cotiá e condicións materiais da muller labrega. Tamén lecer e calendario do pobo en contextos rurais. 3.8. Alén das entrevistas Non era a miña intención facer un podcast de entrevistas. Considerei que o trato da materia precisa dun conxunto de apuntes contextuais que cómpre introducir fóra das conversas. De non facelo así, coido que estas perderían un certo grao de naturalidade que se fai crucial no produto final. As entrevistas serían a parte central do episodio, si, pero estarían precedidas por dúas breves intervencións a modo de introdución do contexto, da liñaxe ou do grupo social do que se falar e mais da biografía da protagonista en si. Amais, considerei importante incluír, ó xeito das reportaxes radiofónicas, dous apartados de voces cidadás preguntadas polas temáticas de cada episodio de forma que achegasen dinamismo á peza. Voces que recollería nos lugares de orixe de cada muller –ou onde desenvolvesen a parte máis sinalada das súas vidas– para establecer unha sorte de ponte entre a súa memoria e o noso presente. Xunto a todo isto, quedaba tan só incluír o apartado de son. Cada episodio conta cunha sintonía de abertura e outra de peche; elementos radiofónicos de separación entre espazos como son os refachos e mais efectos de son para ambientar o fondo das entrevistas e mais para dar sentido á narración do concepto no que se enmarca o podcast. Unha serie de recursos incluídos no produto final coa intención de facer del unha peza dinámica que manteña a atención da audiencia o máximo posible. 35 3.9. Concepto En sintonía coa idea de desenvolver un produto que poida ter percorrido no mercado, decateime de que era mester ofrecelo envolto nun marco conceptual determinado. E é que entrevistar a mulleres que levan finadas cinco séculos non é algo que sexa posible na vida real, polo que, entendo, que o proxecto debe achegar unha explicación. Por isto, desenvolvín a nave ADESORA. A nave ADESORA é un vehículo interdimensional que viaxa a través do tempo e mais do espazo atendendo as indicacións da súa inventora e capitá, unha ficticia científica novel de nome Alana. Ela é a locutora que realiza as entrevistas ás mulleres protagonistas dos episodios, así como a que escoitamos nas introducións e mais nos pasos ós cortes dos cidadáns enquisados a pé de rúa. Canda ela, tamén fala unha voz masculina, pertencente ó robot de a bordo da nave ADESORA. Trátase dun concepto que pode ter continuidade, xa que igual que nestas primeiras entregas indaga sobre mulleres galegas baixomedievais, faise viable que se centre noutra etapa temporal en vindeiras edicións. O contido das viaxes da ADESORA fican na internet para ser consultado por aquelas persoas curiosas que queiran saber un chisco máis sobre a nosa historia. O nome da nave é un xogo de palabras. Na actualidade, a expresión «a deshora», fai referencia a un acontecemento que sucede «tarde ou fóra de tempo» ou «nun momento intempestivo e inoportuno», tal e como recolle en dúas acepcións a Real Academia Galega (2024a). Non obstante, segundo o Corpus Lexicográfico medieval da Lingua Galega do ILG (Instituto da Lingua Galega, 2006), nos textos da época aparece escrita de diversos xeitos –«a desora», «a so ora», «a de so ora» ou «a essa ora», entre outras formas– e achega un significado que funciona como sinónimo do adverbio «subitamente». Así pois, considerei axeitado que ese fose o nome da nave, en referencia á súa actividade a través do tempo e sen explicación fóra da ficción. 3.9.1. Escolla das locutoras Tódalas voces que se escoitan no podcast son identificables con persoas novas, agás algunhas dos cortes das opinións cidadáns. A escolla vén xustificada para tratar de conectar todo o posible cun público xeral novo que se anime a escoitar unha peza divulgativa que se refire a unha materia densa e na que, non obstante, pode verse reflectido. As locutoras que poñen voz ás mulleres protagonistas non son profesionais da dobraxe. Trátase de amizades que colaboraron no proxecto e que seleccionei en función do seu timbre e tamén da súa orixe xeográfica, para poder achegar un detalle moi agochado –e fóra de rigor histórico, xa que non se procurou de xeito deliberado a dicción do galego medieval– a respecto dos diferentes puntos de Galicia nos que desenvolveron as súas vidas as entrevistadas. 36 Hai seseo da Costa da Morte en Urraca de Moscoso –a intérprete é de Vimianzo– , rotacismos da provincia de Ourense en Teresa de Zúñiga –quen locuta é de Verín–, ou a prosodia propia da comarca da Ulloa no caso de Maior –fala unha veciña de Antas de Ulla–. É simplemente unha mostra das variantes xeográficas do galego para achegar unha mostra da riqueza da lingua no proxecto, así coma unha sorte de mensaxe en chave de cara á audiencia. 37 4. Memoria de actividades A realización do presente traballo, como calquera outro proxecto, distribuíuse en tres fases ou etapas: preprodución, produción e posprodución. O marco temporal de tódalas actividades que envolveu esténdese dende finais do ano 2023 ata o 30 de xullo do 2024. 4.1. Primeira fase: preprodución (de novembro do 2023 ata abril do 2024) Os labores desta primeira etapa tiveron a súa orixe contra mediados de novembro do ano 2023. Dende o comezo do curso, tiven claro que non quería desenvolver o tema do TFG que escollera en primeiro lugar e que pretendía mudalo. Así, no mes de outubro, contactei co coordinador da materia do Traballo de Fin de Grao, Ángel Vizoso, para solicitarlle información a respecto dos trámites de como formalizar o cambio de tema, e así ma facilitou. Cómpre salientar que a idea que finalmente escollín e que se presenta neste traballo non foi a primeira opción que me veu á mente, pois esta foi a realización dun proxecto de ficción que tivese como motivación a reflexión a respecto dos límites deontolóxicos do xornalismo de sucesos. En calquera dos casos, desbotei axiña esta opción e dei en escoller a definitiva, cuxo desenvolvemento, como explico a continuación, ocupoume dende a primeira parte deste ano académico. 4.1.1. Achegamento á cuestión (novembro e decembro do 2023) Había tempo que tiña intención de afondar na historia medieval galega e, en concreto, na das liñaxes da nosa nobreza. Deille unha oportunidade a esta posibilidade, como digo, a mediados de novembro, e comecei a realizar os primeiros labores de documentación, unha primeira inmersión que me achegase unha ollada previa ó estado da cuestión. Coa realización destas primeiras actividades, decateime de que me era posible afondar no tema e chegar a desenvolver un proxecto neste sentido. Así as cousas, decidín apostar por esta opción e continuei a documentarme. En decembro dei co libro “Mulleres con Poder na Galicia Medieval” (Pardo de Guevara y Valdés, 2017), unha recompilación de datos biográficos de señoras medievais galegas que viviron entre o século XIII e o XV, traballo a cargo do equipo de historiadores do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, adscrito ó CSIC, e liderada por Eduardo Pardo de Guevara. Esta peza mudoume a perspectiva: xa non quería centrarme, polo xeral, nas liñaxes, senón no papel das mulleres da nobreza da época. 4.1.2. Desenvolvemento da idea (xaneiro, febreiro e marzo do 2024) A un tempo que desenvolvía o apartado da investigación e mais da documentación, tamén avanzaba no deseño do proxecto. Tiña idea de facer un podcast, en primeiro lugar, por preferencias persoais e adaptación de capacidades e posibilidades técnicas. Non obstante, co correr do proceso decateime de que para falar do pasado e, en concreto, de persoas das que non 38 quedan sequera gravados do seu aspecto ou vestixios materiais, o formato do audio era o máis axeitado. Axiña decidín que unha tirada de entre 5 e 8 episodios duns 15 minutos de duración sería a lonxitude idónea para o proxecto, tanto dende o punto de vista das posibilidades de produción, como dende o das de consumo. Amais, xa con datos na man e mais algún perfil en mente, considerei pertinente que cada entrega se centrase na historia dunha muller, e que a explicación da súa biografía tamén cadrase ou ficase enfocada, na medida do posible, dende un tema ou convención social en concreto. Así pois, para a elaboración de cada episodio, pensei en achegar unha primeira parte a modo de introdución, de xeito que se puidese ofrecer información contextual a respecto da época, da muller en concreto e mais da liñaxe á que pertencer. Pero, de certo, dende o comezo tiven en mente a idea de incluír unha sorte de entrevistas simuladas ás protagonistas directas da historia. Idea que xurdiu a partir do máis puro instinto xornalstico e do razoamento máis simple: “Que diran estas mulleres se puidesen falar nos nosos días e explicar as súas razóns e as súas motivacións?”. Consciente, por suposto, da imposibilidade de entrevistar persoas que levan finadas máis de cinco séculos, axiña pasei a ver con moi bos ollos a posibilidade de elaborar uns textos en base ós datos biográficos que constan de xeito que se puidese, mediante eles, artellar o discurso destas mulleres. Alén do desenvolvemento da idea, a comezos de ano mantiven dúas reunións con Ángel Vizoso, o coordinador do Traballo de Fin de Grao, e mais con José Sixto-García, o meu titor, co obxectivo de llela explicar a ámbolos dous. A mediados de febreiro redactei a solicitude de cambio de TFG á Comisión Académica, que a aprobou a data de 4 de marzo deste ano. A un tempo, consultei traballos de anos anteriores facilitados por Sixto-García de xeito que puidese facerme unha idea dos puntos que se adoitan incluír na tipoloxía de proxectos na que se enmarca o presente e comecei a elaborar varias propostas de índice que foron variando no tempo ata chegaren á actual. En todo caso, estas sempre incluíron un apartado para a memoria de actividades, un marco teórico e maila descrición xeral do proxecto canda a súa xustificación. Así pois, tendo claro que precisaba enchouparme de toda a información dispoñible para ser quen de crear estes guións, seguín adiante co proceso de documentación e caín na conta de que, se cadra, unha opción interesante sería a de incluír no futuro proxecto as historias de vida de mulleres que tivesen feito parte dos outros dous estamentos, o clero e mailo pobo. Neste sentido, e para asentar as bases do proxecto, busquei fontes expertas coas que falar cara a cara de xeito que me puidesen aclarar o lote de dúbidas que me estaban xurdindo co desenvolver do proceso. Así, contactei cun conxunto de estudosos contrastados na materia da historia medieval galega e, en concreto, das mulleres da época. O xoves, 29 de febreiro á tarde mantiven unha xuntanza de máis de dúas horas de duración co investigador do Instituto Padre Sarmiento Miguel GarcíaFernández, a doutoranda Carla Trincado e maila profesora doutora Diana Pelaz no despacho desta última, localizado na Facultade de Historia da Universidade 39 de Santiago de Compostela. Logo de lles explicar grosso modo a idea que estaba a desenvolver, estas tres persoas achegáronme propostas de perfís femininos que puidesen ser do meu interese –con detalles biográficos que remataron marcando a diferenza, como no caso de Urraca de Moscoso e o seu coidado pola facenda propia visto no feito de levar sempre consigo un libro de contas no peto (Calderón, 2007)–, así como información contextual a respecto do panorama xeral e mais da nobreza galega da época –orixe das casas e trazos principais da localización xeográfica das súas propiedades–. Cabe destacar que non gravei esta conversa de ningún dos xeitos, polo que dela non quedan rexistros alén de correos electrónicos previos e mailas notas que tomei no momento, así como o obsequio do volume número 47 da Revista Murguía, especializada en investigación histórica, por García-Fernández. El foi o coordinador desa mesma edición, que se centrou nas achegas a respecto das mulleres na Galicia medieval. Do devandito traballo recollín información de dous artigos a respecto da situación feminina social e xurídica da Alta Idade Media (Fernández-Ferreiro, 2023 e Lorenzo-Rodríguez, 2023). García-Fernández tamén me facilitou bibliografía a respecto das figuras de Teresa de Zúñiga –unha ferramenta didáctica na forma de presentación de diapositivas non publicada– e mais da vida nos mosteiros bieitos galegos no século XV, a través de traballos da súa autoría. Dese encontro saíron varios perfís femininos candidatos como son os que seguen a continuación: • Maior de Ulloa, na que xa tiña posto o interese con anterioridade. • Teresa de Zúñiga • Maior de Soutomaior • Tareixa de Távora • Urraca de Moscoso • Xoana de Castro • María de Andrade • María das Mariñas • Inés García de Lousada • Inés de Quiroga • Beatriz de Castro • María Pimentel de Castro Todas e cada unha delas amosan un perfil que considerei interesante, se ben fun descartando diferentes posibilidades ó tempo que tentaba xuntar unha selección coherente a respecto, como indiquei previamente, das liñaxes que quixer tratar, a localización das súas propiedades e mailo tema que podía explorar a través das súas historias vitais. Deste xeito, e malia algún outro descarte que se produciu nos derradeiros meses do proceso de documentación por cuestións de imposibilidades técnicas ou falta de adaptación ó produto – velaquí Tareixa de Távora ou Beatriz de Castro–, a escolma ficou coa inclusión de Maior de Ulloa, Teresa de Zúñiga e Urraca de Moscoso coma señoras nobres e con Inés García de Lousada coma representante do clero. 40 A raíz desta reunión, concluín que se pretendía achegar o perfil dunha muller labrega da época, tería que botar man da adaptación dunha personaxe ficticia inspirada na vida diaria do estamento do pobo. Isto, diante de que as persoas expertas consultadas me confirmasen as sospeitas que tiña en canto á falta de información das biografías da xente deste conxunto social. Lembro, de feito, que Diana Pelaz explicou que pode haber “algunha denuncia” de caso de abuso público cometido sobre unha muller do pobo por parte de señores, pero de pouco máis ca diso quedan rexistros, alén, por exemplo, dos contratos forais – documentos que, en comparación coa información biográfica dispoñible das señoras nobres, resultan moi escasos e practicamente imposibles de usar para o artellamento dun discurso propio–. Na súa exposición, Pelaz mencionou o nome “Mara Rodrguez”, de xeito que foi ese o que escolln para a devandita adaptación. Fóra da escolma final quedou a miña idea de incluír unha muller da liñaxe de Andrade. Principalmente, porque a que pretendía traballar dende o comezo era María de Andrade, señora desta casa que, segundo a pouca información que chegou ós nosos días, o máis probable é que chegase a tal posición sendo aínda unha nena. En calquera dos casos, o seu mandato foi breve e, como digo, carente dos datos suficientes como para artellar un discurso sobre a súa vida. Así as cousas, e porque a miña intención era tocar os Andrade si ou si –por proximidade a respecto do meu concello de orixe, Valdoviño, son a grande familia baixomedieval da que sempre oín falar–, decidín localizar a ficticia labrega María Rodríguez nas terras dos Andrade. 4.1.3. Documentación e estrutura Coa idea xa deseñada na súa totalidade, continuei cos labores de documentación. Desta vez, xa centrados en rematar o contexto da época e das liñaxes, así como das mulleres do pobo e mais dos perfís persoais que resultaron definitivamente escollidas. Neste sentido, seguín traballando coa compilación biográfica de señoras medievais de Pardo de Guevara y Valdés (2017), así como cos materiais de García-Fernández en canto á vida nos mosteiros bieitos femininos de mediados do século XV (2014, 2016, 2022a e 2022b) –mesmo coa súa participación no podcast Descifrando a Historia (Gesteira, 2023)–; as achegas de Pastor et al. (1990) a respecto da vida diaria e doméstica dos e das labregas, os artigos da Revista Murguía que se refiren ás denuncias xudiciais das mulleres e mais á súa situación na Galicia alto medieval (FernándezFerreiro, 2023 e Lorenzo-Rodríguez, 2023) e, por suposto, a aproximación ó panorama das liñaxes galegas de García-Oro (1981), que resultou unha das fontes principais de documentación para este proxecto. Consultei de igual xeito o traballo sobre o testamento de Urraca de Moscoso de Calderón (2007) para colleitar máis detalles da vida desta protagonista. Alén disto, tamén me apoiei na reedición da relación de liñaxes galegas de Vasco da Ponte (2008), e mais na análise da revolta irmandiña de Galbán-Malagón (2010) para ter contexto xeral. 41 Cómpre salientar que todos, absolutamente tódolos feitos, aspectos e trazos descritivos mencionados tanto na presente parte escrita como no podcast en si están debidamente apoiados na bibliografía mencionada. A un tempo, tamén avancei no deseño dos episodios do podcast. Na tarde do 9 de marzo escribín a estrutura de cada entrega, que contaba nese momento cos elementos que seguen: • Sintonía • Frase (declaración xurídica ou cita literaria que fixese referencia ó tema a tratar) • Introdución da casa escollida • Contexto do tema a tratar • Tren de voces de veciños do lugar de orixe da protagonista a respecto dos coñecementos que tiveren en relación á súa casa • Introdución da figura da protagonista e datos biográficos (a dúas voces) • Entrevista simulada (con fondo de son ambiente da localización que se suxestionar) • Tren de voces de veciños do lugar de orixe da protagonista a respecto da opinión das súas actuacións • Frase (declaración xurídica ou cita literaria que fixese referencia ó perfil da muller tratada) • Sintonía Esta presentación tamén contaba co emprego dunha música a modo de bases radiofónicas para a parte das introducións e mais de efectos sonoros para dotar a narración de ritmo e expresividade. Amais, xa nela se contaba, como se expuxo, coa duración total dos episodios de arredor de 15 minutos, dos cales, metade, serían para a entrevista simulada e a outra metade, para a parte introdutiva. Houbo elementos, como se debulla no apartado que describe a estrutura do produto no presente traballo, que ficaron fóra desta primeira aproximación, como poden ser as frases de entrada e de saída; e mais outros que sufriron modificacións, como poden ser as partes das introducións. Amais, nestes momentos, inda quedaba pendente a incorporación da figura da nave ADESORA como concepto que envolvese a modo de sinopse a proposta, algo que se sumou ó traballo definitivamente, e fóra dalgunha idea previa, a finais do mes de maio. E é que o proxecto, como calquera outro, alén das súas liñas xerais, ficou nunha actitude dinámica en canto ós aspectos máis miúdos ata as derradeiras semanas de realización. 4.1.4. Planificación temporal Neste tempo tamén se foron realizando labores de planificación temporal que, a medida que correron as semanas, ficaron actualizadas en sucesivas versións. Non obstante, a tendencia foi sempre a mesma en canto á distribución das semanas de traballo que ficaban por diante: 48 contabiliza a materialización da estrutura de contidos definitiva e maila maquetación da portada e das primeiras páxinas. Así as cousas, retomei a elaboración do marco teórico e remitinlle metade ó titor antes da finalización da derradeira semana do prazo de realización do traballo, se ben puiden rematalo por completo nesa mesma fin de semana. Paralelamente, refixen o apartado da descrición do proxecto e escribín a presente memoria de actividades, así como a introdución, as conclusións, o resumo, as palabras chave e os agradecementos. O día da entrega do presente proxecto, o 30 de xullo, revisei a bibliografía, a ortografía e mailo resto de aspectos formais do texto. 4.3.3. O porvir: posibilidades futuras do proxecto Como xa se explica nas xustificacións e mais na descrición do presente proxecto, «ADESORA: As Mulleres Alén das Alcobas» é un produto que nace e que se desenvolve coa intención de chegar ó público. Non obstante, como creadora, gustaríame ofrecelo á súa hipotética audiencia cunha serie de calidades ás que, estando eu soa na produción, foime imposible chegar. Amais, entendo que todo traballo comunicativo, agás se presentar nun contexto de favor social, educativo ou humanitario, ha estar remunerado. É dicir, se o presente traballo vai saír ó público con fins estritamente comerciais, considero que debe facelo coa xusta atribución económica que lle corresponder. Isto, claro está, é tan só unha posibilidade, xa que, aínda que o meu principal obxectivo sexa ofrecer o podcast con fins comerciais, non descarto, en absoluto, estrealo, previa reflexión e consideración, con fins educativos ou mesmo para ampliar o meu portfolio. En calquera dos casos, coido que nestes momentos o proxecto non reúne as condicións –e, se cadra, tampouco a súa creadora– para que saia ó público de xeito inmediato. E, por todo isto, deseñei unha estratexia de en canto a distribución e difusión. Distribución De sacar o día de mañá o presente proxecto á luz, teño claro que botaría man das principais plataformas de escoita como son Spotify, iVoox, YouTube, Apple Podcast e Google Podcast. Entendo que unha boa estratexia de distribución é a de estrear un episodio cada semana, nun espazo temporal total dalgo máis dun mes, ou cada dúas, nun período de dous meses e medio. Tódalas estreas deberán estar acompañadas da pertinente difusión en redes, que se trata no vindeiro apartado. En calquera dos casos, e na liña do que comentaba a respecto da procura de financiamento, considero que chamar ás portas da administración pública para vender o proxecto podería ser unha posibilidade de cara a unha achega de investimento –penso, por exemplo, nos concellos de onde proveñen as mulleres protagonistas, moi mencionados nos episodios; ou mesmo nas seccións de cultura das diputacións provinciais e na Secretaría de Política Lingüística da Xunta–. 49 No eido privado, coido que existe o xeito de atraer patrocinadores –tal e como conseguiu o podcast “Descifrando a Historia”, por citar un exemplo galego e de divulgación histórica, ou como lograron facer multitude de estes formatos dentro e fóra das fronteiras españolas–; de incorporar un sistema de padroado ou mecenado –véxase o emprego da plataforma Patreon–; ou mesmo ofrecer contido a maiores cunha liña de subscrición no servizo que for –isto, por suposto, unha vez estreado o podcast–. Tampouco esquezo o circuíto das produtoras destes formatos –velaí Ekos Podcast en España– ou dos seus festivais – Estación Podcast, como exemplo–. Entendo que esta sería unha vía que tampouco cómpre facer de menos. Como xa expliquei, o horizonte comercial do presente traballo é o seu obxectivo principal e definitivo pero, de certo, se houbese institucións educativas dispostas a empregalo como parte da súa programación didáctica, coido que estaría encantada de llelo ceder previa conversa para o tratamento das condicións. O certo é que, como calquera produto divulgativo, a pretensión máis inherente á súa creación e desenvolvemento posterior é facer chegar o coñecemento especializado á poboación xeral. Con iso, o seu propósito estará cumprido. Difusión en redes sociais Diante do descoñecemento do futuro inmediato do proxecto, tan só me é posible achegar unhas liñas do plan de difusión en redes sociais que, coido, ha ser o axeitado para dar a coñecer o contido do podcast. Entendo que, de conformidade coa procura do público da Xeración Z, debería ter contas nas redes sociais máis empregadas por esta sección da poboación. Así as cousas, habería un usuario de ADESORA en Instagram e en TikTok, así como en X, sen prexuízo de se sumar a outras plataformas que chegaren e obteren un éxito sinalado de consumo entre a mocidade. Tódalas contas deberían gardar a gama cromática seleccionada, e tamén constaren de presenza do logotipo do proxecto, así como estaren desenvolvidas en lingua galega. Han ser perfís perfectamente recoñecibles e asociables coa imaxe do podcast malia que sexa a través de plataformas. O ton do contido, en consecuencia co do propio podcast, haberá ser distendido e entretido, con linguaxe sinxela e coloquial. Unha boa liña de actuación, procurando a viralidade e maila recomendación do produto entre usuarios, é a de manter unha conexión coas conversas online, no sentido de prestar atención ás tendencias de humor do momento e mais ó vocabulario empregado de xeito máis común. Coido que precisamente o humor é o que ha vertebrar tódolos contidos. Contemplo a gravación e edición de vídeos para historias de Instagram e tamén para reels, o mesmo formato para TikTok. Na primeira destas dúas redes, entendo que tamén se debe apostar polas publicacións a modo de mosaico ou infografía para posts explicativos, alén dos vídeos e mais das fotos, na procura de que a audiencia prema o botón de compartir e que así cheguen a máis xente. Os vídeos e mailas fotografías, por outra banda, poderán ser de entrevistas de rúa gravadas nas localidades de orixe das protagonistas de cada episodio, con preguntas que afonden nos coñecementos xerais de historia medieval, de historia medieval galega, da propia localidade nesa época ou de convencións 50 sociais do momento –matrimonio, xestión da facenda etc.–, sempre poñendo o foco especialmente na perspectiva feminina. Non se descarta incluír intervencións en formato vídeo de personalización nas propias vilas, para relatar curiosidades das propias vilas ou da época medieval que poidan atrapar a audiencia e comezar a seguir o proxecto, igual ca outros formatos participativos semellantes que afonden nas características e particularidades do concepto sinóptico do produto. Neste sentido, tampouco queda fóra a posibilidade de desenvolver seccións de contido de seu, ó xeito dos enunciados “Que faras se puideses pilotar a ADESORA?”, “Persoeiros do pasado que nos gustara entrevistar”; ou mesmo, imitando ou parodiando tendencias de produción de vídeo de carácter de estilo de vida. Así, poderiamos ter “Que gardaba no castelo Teresa de Zúñiga?” ou “73 preguntas dende a Torre dos Andrade”. O contido de redes ha estar, como digo, moi ligado ós materiais de consumo que atopan nestas plataformas os membros da Xeración Z. Outras ideas, xa de cara á promoción dos episodios, poden ser a respecto da liñaxe que corresponder ou da señora en cuestión. Estas publicacións, con dito obxectivo específico, deberán programarse próximas á estrea de cada episodio, con entregas previas e posteriores á saída do capítulo en cuestión. As historias de Instagram han ter unha función informativa –para reflectiren cando hai nova publicación–, outra de suba de contidos específicos –cun especial acento nas tendencias de conversa online do momento ou nos comentarios sobre temas de actualidade dende un punto de vista distendido– e unha terceira de interacción coa audiencia. Neste sentido, cómpre salientar que resultará chave manter o foco na creación de comunidade co resto de usuarios, poñendo atención na resposta a comentarios e mais na interacción pública con outros proxectos de características semellantes ou cun público obxectivo común –na esfera galega, por exemplo, O Faiado Podcast–. Será mester atender tamén ás tendencias de emprego de música en ámbalas dúas plataformas, así como a outros técnicos para aproveitar ó máximo as posibilidades de viralización. En canto ó calendario de publicacións, faise necesario manter unha actividade diaria, cando menos, nos labores de creación de comunidade e de interacción coa audiencia. Alén disto, no período de emisión ou de estrea das entregas do podcast, estará ben que se suban unha media de entre 4 e 8 pezas de contido á semana, entre as publicacións gráficas previstas para o anuncio en si do episodio, con indicativo de título, tema e breve descrición, para as historias de Instagram e mais para os vídeos verticais de curta duración –tanto en Instagram como en TikTok– de promoción dos episodios e mais do podcast en si. Continuación Preséntanse diferentes perfís de señoras medievais que semellan interesantes para unha hipotética segunda tempada do presente podcast, así como outras realidades sociais que quedaron pendentes, como pode ser a situación das mulleres criadas en contornas urbanas. Entre os perfís nobres, poderíanse incorporar algunhas das que ficaron descartadas nas primeiras entregas como son Tareixa de Távora, Xoana de Castro ou Beatriz de Castro. De certo, para 51 algunhas mesmo xa se debuxan temas a tratar: a xestión militar no caso de dona Xoana ou as relacións de Galiza con Castela e Portugal no de dona Tareixa. En calquera dos casos, ADESORA nace coa intención de achegar de xeito ameno e distendido as figuras dalgunhas personaxes históricas esquecidas para o groso da poboación. Un obxectivo primario que, dende logo, tamén podería seguir realizándose mesmo se se mudase a etapa histórica seleccionada para os primeiros cinco episodios de cara a vindeiras producións. Así pois, sería posible afondar nas figuras de Exeria, María Pita ou Maruxa Mallo, ou, se cadra, precisamente sobre as que nin sequera conservan o seu nome na memoria colectiva. Coido que hai moitas Exerias, Marías Pita e Maruxas Mallo que son descoñecidas para o imaxinario común da poboación, igual que o son Maior, Urraca, Teresa ou Inés, e que, de certo, merecen que se conte a súa historia dunha forma que chegue ó público xeral. Porque o importante, o que persegue este proxecto, é saber máis delas e facer que a xente se interese por coñecelas. 52 5. Conclusións e leccións de aprendizaxe Cinco episodios de podcast de menos de vinte minutos de duración non semellan grande cousa, cando menos, en canto a tempo investido no relativo ó seu consumo. Non obstante, pola outra cara, a da produción, todo o contrario. Dediquei moito tempo e esforzo en desenvolver a idea do presente proxecto e mais en materializalo, e, unha vez entregado, podo dicir que valeu –e moito– a pena. Penso que fun quen de producir unha peza que cumpre cos tres obxectivos que marquei para ela dende un comezo. Trátase dunha proposta que achega unha aproximación da vida das mulleres na Galicia baixomedieval a través dun produto en galego dirixido á Xeración Z e que comunica mediante un ton distendido, coloquial e rigoroso. Coido que está conseguido, malia contar con limitacións técnicas como son a falta de recursos económicos ou o feito de traballar de xeito individual, sen un equipo humano co que avanzar da man. Iso si, como indico no apartado dos agradecementos, grazas á familia, ás amizades e mesmo ós compañeiros de traballo, nunca me sentín soa cando máis soa puiden estar. A realización deste traballo proveume de ensinanzas a respecto de técnicas de documentación, adaptación de guión, xestión de tempos a longo prazo e edición sonora. Durante o proceso tamén puxen en práctica as miñas aptitudes en canto a síntese, redacción e elaboración e desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Alén do eido máis técnico, queda comigo o interese de crear máis pezas deste estilo, así como reportaxes de investigación, e maila intención de me aventurar no sector do audiovisual para ofrecer á cidadanía o resultado dos traballos que desexaría realizar. Espero, dende logo, que este non sexa o derradeiro. 53 6. Referencias bibliográficas Amoedo, A., Moreno, E., Negredo, S. Kaufmann-Argueta & J., Vara-Miguel, A. (2023). Digital News Report España 2023. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Navarra. https://doi.org/10.15581/019.2023 Antunes, M. J. & Salaverra, R. (26-29 de xuño do 2018). Podcastpain: anlisis de los pdcast de audio ms populares en iTunes de Espaa. Actas del VI Congreso Internacional de la AE-IC, Comunicación y Conocimiento. Asociación Española de Investigación de la Comunicación. Texto online. Balsebre-Torroja, A. (2000). El lenguaje radiofónico. Editorial Cátedra. Buster, B. (2020). Cómo contar historias para que el mundo quiera escucharlas. Editorial Koan. Campoverde, J. (2018). Estudio sobre el comportamiento y percepciones entre la generación Y y Z. Revista Atlante: Cuadernos de Educacin y Desarrollo (marzo 2018). Dispoñible en: https://www.eumed.net/rev/atlante/2018/03/estudio-generacionyz.html Cebrián Herreros, M. (2008). La radio en Internet: De la ciberradio a las redes sociales y la radio móvil. La Cruja. Texto online. Calderón, C. (2007). Doña Urraca de Moscoso: de la crónica a su testamento. Perfil de una noble gallega de la segunda mitad del siglo XV. La Aljaba, 11, pp. 211-228. http://www.scielo.org.ar/pdf/aljaba/v11/v11a10.pdf Coira-Pociña, J. (2015). Cultura popular na Galicia medieval: tempo e ocio. Tese de doutoramento. Dispoñible na Biblioteca de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Cunha, K. M. R. & Mantello, P. F. (2014). Era uma vez a notícia: storytelling como técnica de redação de textos jornalísticos. Comunicação Midiática, 9(2), pp. 56-67. Texto online. Díaz-Chica, Ó., Santos-Fernández, D. & Matellanes-Lazo, M. (2021). La creatividad de la generación Z según su actividad en redes sociales. Fonseca, Journal of Comunication, 22, pp. 231-253. https://doi.org/10.14201/fjc-v22-22703 End to End Convergencia Comunicacional (2024) Marco General de los Medios en España 2024. Encargo da Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC). Ligazón. Erazo, M. A. (2007). Comunicación, divulgación y periodismo de la ciencia. Una necesidad para Iberoamérica. Editorial Planeta. Texto online. 54 Estévez-Molinero, Á. (1998). Relaciones entre literatura y periodismo: claves, en portada, de un (des)encuentro. Alfinge. Revista de Filología, 10, pp. 37-52. Texto online. Fernández-Ferreiro, M. (2023). Ausencia de liberdade e xénero: achegamento ao status servil feminino na Galicia altomedieval. Murguía, Revista Galega de Historia, 47, pp. 109-138. Fernández-Quijada, D. (2021). Connecting with young audiences, what works?. En Jornada ACR El futur de la ràdio i els joves: com podem atraure la generació Z. Texto online. Freire, E. P. A. (2017). Podcast: breve histórica de uma nova tecnología educacional. Educação Em Revista (Marília, Brazil), 18(2), pp. 55–71. https://doi.org/10.36311/2236-5192.2017.v18n2.05.p55 Galbán-Malagón, C. J. (2010). A guerra dos irmandiños (1465-1569). Editorial Lóstrego. García-Fernández, M. (2014). La proyección del monasterio femenino de San Salvador de Sobrado de Trives sobre su entorno: relaciones sociales, económicas y de poder. En Cunha, A., Pinto, O. & OliveiraMartins, R. (coord.), Passagens e poderes no medievo ibérico. Actas do I encontro ibérico de jovens investigadores em estudos medievais. Arqueologia, história e património, (pp. 307-336). Editorial CITCEM. García-Fernández, M. (2016). ¿Libertinaje o libertad? Rompiendo la(s) regla(s) en los monasterios de monjas benedictinas de la Galicia bajomedieval. En Cacheda-Barreiro, R. M. & Fernández-Martínez, C. (coord.); García Iglesias, J. M. (dir.), Opus Monasticorum IX. Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano, 1 (pp. 121152). Editorial Alvarellos. García-Fernández, M. (2022). Beyond the wall: power, parties and sex in late medieval Galician nunneries. En Pérez-Vidal, M. (ed.), Women religious crossing between cloister and the world. Nunneries in Europe and the Americas, ca. 1200-1700, (pp. 61-86). Editorial ARC Humanities Press. García-Fernández, M. (2022). Nin santas, nin pecadoras; ou todo e máis. Da condición feminina ás voces e actuacións das mulleres na documentación medieval galega. En Pichel, R. (ed.), «Tenh’eu que mi fez el i mui gran ben» Estudos sobre cultura escrita medieval dedicados a Harvey L. Sharrer, (pp. 225-284). Editorial Sílex Universidad. García-Martín, D., Terol-Bolinches, R. & Oliveira, M. (2023). Estudios sobre pódcast: evolución, temas y perspectivas en la publicación cientfica en España y 11 Portugal (Dialnet y RCAAP). Ámbitos. Revista Internacional de Comunicación, 62. 12-30 https://doi.org/10.12795/Ambitos.2023.i62 55 García-Oro, J. (1981). La nobleza gallega en la Baja Edad Media. Editorial Bibliófilos Gallegos. Gesteira, D. (presentador). (2023, 15 de setembro). As mulleres na Galicia medieval: campesiñas, nobres... Conversa con Miguel García-Fernández [episodio de podcast]. En Descifrando a Historia https://go.ivoox.com/rf/116089928 Instituto da Lingua Galega (2006). Reprodución. En Dicionario de dicionarios da lingua galega. Consultado o 30 de xullo do 2024. Ligazón. Kishigami, J. (2-4 de xuño do 2004). Triple A (any device, anytime, anywhere): services in ubiquitous networks and their impacts on the architecture and systems. All-star network access workshop. Texto online. Labiano, Roncesvalles (2024). España sigue siendo uno de los países con mayor consumo de pódcast (44%). En Digital News Report España 2024 (pp. 142-147) https://doi.org/10.15581/019.2024 Legorburu-Hortelano, J. M., Edo, C. & García-González, A. (2021). Reportaje sonoro y podcasting, el despertar de un género durmiente en España. El caso de Podium Podcast. Estudios sobre el mensaje periodístico, 27(2), 519-529. https://doi.org/10.5209/esmp.71204 Lorenzo-Rodríguez, A. (2023). «Veu a miña neta en presenza de xuíces». A denuncia feminina contra a violación en Galicia (séculos XI-XIII). Murguía, Revista Galega de Historia, 47, 139-152. Mars, T. (2021). El consum de la ràdio de la generació Z a Espanya i als principals mercats europeus. En Jornada ACR El futur de la ràdio i els joves: com podem atraure la generació Z. Texto online. Martnez-Costa, M. P., Amoedo-Casais, A. & Moreno-Moreno, E. (2022). The value of podcasts to journalism: analysis of digital native media brands’ offerings, production and publishing in Spain. Profesional de la informacin, 31(5), e310503. https://doi.org/10.3145/epi.2022.sep.03 Martínez-Costa, M. P. & Díez-Unzueta, J. R. (2005). Lenguaje, géneros.y programas de radio. Introducción a la narrativa radiofónica. Editorial Eunsa. Martínez-Otón, L., Castillo-Lozano, E., Martín-Nieto, R., Pedrero-Esteban, L. M. & Pérez-Escoda, A. (2023). La producción de branded podcast en España: análisis de la oferta original en las plataformas de audio digital en 2022. Ámbitos. Revista Internacional de Comunicación, 62, pp. 49-68. https://doi.org/10.12795/Ambitos.2023.i62 Martins do Rosario, N. (2008). Do talk show ao televisivo: mais espectáculo, menos informação. Em Questão, 14(2), pp. 149-162. Texto online. 56 Mauricio-Silva, F. (2009). Talk show: um gênero televisivo entre o jornalismo e o entretenimento. E-Compós, 12(1). https://doi.org/10.30962/ec.289 McGarr, O. (2009). A review of podcasting in higher education: Its influence on the traditional lecture. Australasian Journal of Educational Technology, 25(3), pp. 309–321. https://doi.org/10.14742/ajet.1136 Méndez-Majuelos, M. I., Olivares-García, F. J. & Ruiz Acosta, M. J. (2023). Análisis de los programas de historia publicados en iVoox. Pódcast como herramienta de divulgación. Ámbitos. Revista Internacional de Comunicación, 60, pp. 149-167 https://doi.org/10.12795/Ambitos.2023.i60 Nieto, M. A. (2008). Dramáticos. En M. Alcudia Borreguero (Ed.), Nuevas perspectivas sobre los géneros radiofónicos, pp. 75-107. Editorial Fragua. Novoa-Jaso, M. F., Sierra, A., Labiano, R. & Vara-Miguel, A. (2024). Digital News Report España 2024. Calidad periodística y pluralidad: claves para la confianza informativa en la era de la inteligencia artificial (IA). Servicio de Publicaciones de la Universidad de Navarra. https://doi.org/10.15581/019.2024 Observatorio iVoox (2023). Estado del consumo de podcasts en español. Solicitude dispoñible en https://g25b9wmr.sibpages.com Pardo de Guevara y Valdés, E. (2017). Mujeres con Poder en la Galicia Medieval (siglos XIII - XV). Estudios, biografías y documentos. Editorial CSIC-XUGA - Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS). Parlatore, B., Delménico, M., Beneitez, M. E., Clavellino, M. S., Di Marzio, M. A., & Gratti, A. L. (2020). El podcast y el desafío de repensar lo radiofónico. DOAJ: Directory of Open Access Journals. https://doaj.org/article/788a20ede08c415c9f332eac421f54e9 Parra-Valcarce, D. & Onieva-Mallero, M. R. (2023). Posibilidades del podcast como instrumento estratégico para la divulgación científica en iVoox. Documentación de las Ciencias de la Información, 46(2), pp. 143-152. https://dx.doi.org/10.5209/dcin.83743 Pastor, R., Rodríguez-López, A., Sánchez-León, P. & Alfonso-Antón, Isabel (1990). Poder monástico y grupos domésticos en la Galicia foral (siglos XIII-XV). La casa. La comunidad. Editorial CSIC. Pedrero-Esteban, Luis-Miguel (2021). Claves para la comprensión del consumo digital de los jóvenes. En Jornada ACR El futur de la ràdio i els joves: com podem atraure la generació Z. Texto online. Pérez-Alaejos, M. P. M., Terol-Bolinches, R. & Barrios-Rubio, A. (2022). Podcast production and marketing strategies on the main platforms in Europe, North 57 America, and Latin America. Situation and perspectives. Profesional de la informacin, 31(5), e310522. https://doi.org/10.3145/epi.2022.sep.22 Piñeiro-Otero, T. & Pedrero-Esteban, L. M. (2022). Audio communication in the face of the renaissance of digital audio. El Profesional de la Informacin, 31(5). https://doi.org/10.3145/epi.2022.sep.07 Quesada, M. (1984). A entrevista, obra creativa. Editorial Mitre. Real Academia Galega (2024). Reprodución. En Dicionario da RAG. Consultado o 30 de xullo do 2024. Ligazón. Real Academia Galega (2024). Reprodución. En Dicionario da RAG. Consultado o 26 de xullo do 2024. https://academia.gal/dicionario/-/termo/divulgación Real Academia Galega (2024). Reprodución. En Dicionario da RAG. Consultado o 26 de xullo do 2024. https://academia.gal/dicionario/-/termo/divulgar Real Academia Galega (2024). Reprodución. En Dicionario da RAG. Consultado o 21 de abril do 2024. https://academia.gal/dicionario/-/termo/podcast Robert-Agell, F., Justel-Vázquez, S. & Bonet, M. (2022). No habit no listening. Radio and generation Z: snapshot of the audience data and the business strategy to connect with it. Profesional de la información, 31(5) e310515. https://doi.org/10.3145/epi.2022.sep.15 Rodríguez-Luque, C., Alonso-Fernández, J. A. & Requeña-Búa, E. (2024). La nueva semiórtica del microrrelato en radio y pódcast: emisor, oyente y creación literaria. La experiencia de Relatos en Cadena de la Cadena SER. Revista Signa, 33, pp. 107-130. Texto online. Ruiz-Gómez, S. & Legorburu-Hortelano, J. M. (2023). Pódcast y ficción sonora en España: una relación simbiótica para recuperar un género olvidado (2013-2022). Ámbitos. Revista Internacional de Comunicación, 62, pp. 69-87. Texto online. Sánchez-Fundora, Y. & Roque-García, Y. (2011). La divulgación científica: una herramienta eficaz en centros de investigación. Bibliotecas. Anales de la Información, 11, 91-94. https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/5704469.pdf Santamaría-Ochoa, C. D. (2011). La entrevista periodística: ¿Género o herramienta?, [tese de doutoramento, Universidade de Santiago de Compostela]. Dispoñible en Minerva. Solanas-García, I., Martorell-Castellano, C. & Serra-Folch, C. (2013). La divulgación científica en ciencias sociales a través de las exposiciones: un estudio de caso. Historia y Comunicación Social, 18, pp. 815-826. Texto online. 64 Malia a súa importancia no escenario político, social e militar da Galiza de mediados do século XV, en Palas de Rei, os veciños non se lembran moito dos Ulloa... E iso que é alí onde inda se ergue a día de hoxe o castelo de Pambre, a principal fortificación da familia. CAPITÁ ALANA Disque eran pacíficos... pero... dende logo, todas esas lanzas habíanas usar. En que conflitos se viron envoltos os señores de Ulloa? 365 Fixeron parte do bando isabelino na guerra de sucesión pola coroa de Castela trala morte de Henrique IV de Trastámara. Este foi un conflito que enfrontou a quen segua a Xoana, “a Beltranexa” –princesa que alcumaban así en referencia á súa suposta ilexitimidade–, e mais a quen prefería ver no trono á que finalmente se convertera en Isabel I, “a Católica”, irmá do finado monarca. CAPITÁ ALANA E en ámbito galego? 365 Nos lindes da política de Galiza, loitaron canda o resto de grandes casas contra os Irmandiños. Sufocada a revolta, tamén pelexaron de parte do arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca, nas súas disputas cos Moscoso e cos Soutomaior. CAPITÁ ALANA Falando precisamente de conflitos, 365... Eu algo lin dunha tal Maior de Ulloa... que seica non quixo casar con quen a prometeron seus pais, os señores de Ulloa, e que litixiou ata conseguir crebar o compromiso. Por desgraza, coido que é unha grande descoñecida nos nosos días... MIX ULLOA 2 365 Maior non contaba con 10 anos, segundo a declaración xudicial que ela mesma falou, cando seus pais a prometeron con don Xoán de Zúñiga. CAPITÁ ALANA (Interrompe) Amodo! Un Zúñiga, xente coa que os Ulloa rivalizaban polo control de varios territorios... non si? A grande estrela, como xa falamos, Monterrei! 365 65 Iso mesmo! Cando Maior medrou, negouse a contraer nupcias co Zúñiga e non deixou de repetir que ela nunca consentira no compromiso. Logo dun longo litixio xudicial, conseguiu crebalo. CAPITÁ ALANA É un exemplo do poder que tiñan as mulleres nobres en canto a seren escoitadas na loita polos seus dereitos pola vía xudicial. Pero... isto tivo consecuencias, va que si? 365 Os Zúñiga invadiron a facenda dos Ulloa e mesmo don Xoán prendeu lume a unha propiedade da familia co futuro herdeiro da casa, don Sancho, dentro. E cando este inda era rapaz! CAPITÁ ALANA Pero Sancho sobreviviu... e Maior rematou por casar con don Diego de Lemos... ollo ao dato! Porque el foi, canda Alonso de Lanzós e Pedro Osorio de Vilalobos, un dos xefes fidalgos que dirixiron os Irmandiños na súa revolta do 1467 ó 1469... 365 Iso si que foi un plot twist... de feito, di a lenda que o castelo de Pambre non o tiraron en baixo os irmandiños, como fixeron con tantos outros fortes, precisamente, porque era dos Ulloa... CAPITÁ ALANA Dos sogros! (ri). En calquera caso, é un castelo que non ha ser doado de tirar... unha edificación moi forte... igual que demostrou ser dona Maior en canto a defender a súa liberdade de escolla para casar. Aínda que din as malas linguas... que ós Ulloa tampouco lles viña moi ben, ó final, ese matrimonio... 365 Pola cuestión do dote... os Ulloa ían ter que darlles ós noivos unha cantidade de propiedades que farían medrar o nivel de importancia dos Zúñiga, en detrimento do deles mesmos. E iso tampouco podía ser... CAPITÁ ALANA Dios! Eu preciso falar xa con dona Maior. Ímola buscar! Listo pra unha nova viaxe? 365 Iso sempre. 66 RUIDO CHECK 365 Xa tes cargada toda a información. RUIDOS TRABALLOS COMPUTADORA (FUNDE FONDO) CAPITÁ ALANA Tela? LOCALIZADA 365 Si! Lista pra falar CAPITÁ ALANA Veña, pois imos! CONTROIS ORDENADOR INCREMENTO POTENCIA CAPITÁ ALANA Control: fenda dimensional. FENDA DIMENSIONAL ABERTA LANZAMENTO ATERRAXE FERVENZA/RÍO MOI FORTE ENTREVISTA (VAI FUNDINDO FONDO) MIX ULLOA 3 CAPITÁ ALANA 67 Seguimos de viaxe, compañeiro... 365 Vindeiro destino? CAPITÁ ALANA Santiago de Compostela CONTROIS ORDENADOR INCREMENTO POTENCIA LANZAMENTO FENDA DIMENSIONAL ABERTA SINTONÍA!!!!!!!!!!! 68 URRACA DE MOSCOSO PASOS NAVE INDUSTRIAL CHAVES COCHE ABRIR CAPITÁ ALANA Permiso de acceso: ADESORA 2000. ACCESO CONCEDIDO ABRE PORTA ADESORA PECHA PORTA ADESORA ASENTO + CINTO CAPITÁ ALANA Control: acender. ACENDIDO, REACTIVACIÓN CONTROL BOTÓNS ORDENADOR+ ENTER!!! REACTIVACIÓN ORDENADOR FONDO NAVE ESPACIAL ORDENADORES CAPITÁ ALANA Ola, 365... 365 Benvida de novo, CAPITÁ CARETA / SINTONÍA INDICATIVO INTERIOR NAVE VIAXE INTERESTELAR CAPITÁ ALANA Esta fin de semana fun de escapada á Costa da Morte. E, alén das praias, quedei abraiada coa cantidade de pazos... e de castelos que hai por toda a zona. 69 365 Dende Malpica ata Carnota, pasando por Laxe, Camariñas, Fisterra ou Vimianzo... tódolos concellos da Costa conforman unha das áreas de Galiza que máis patrimonio medieval conserva. CAPITÁ ALANA Estiven en varias destas edificacións e, en moitos escudos de armas, vin un brasón que me chamou especialmente a atención: tiña a cabeza cortada dun lobo... 365 É o emblema dos Moscoso, unha das liñaxes galegas máis importantes de finais da Idade Media. CAPITÁ ALANA Pois... haberá que facerlles unha visita, non si? BASES DATOS (BAIXA) CAPITÁ ALANA Temos algún dato deles? 365 A dos Moscoso foi unha liñaxe que viviu a súa etapa de esplendor a mediados do século XV. Chegaron a ter propiedades por toda a Costa da Morte e a posuíren o título de Condes de Altamira. Pero se houbo unha terra onde os Moscoso puxeron o ollo foi a de Santiago. Cara alí quixeron medrar e o seu poder comezou a se incrementar na cidade... CAPITÁ ALANA (Interrompe) Ui, pero... en Santiago quen mandaba era o arcebispo de turno... 365 Pois si... os arcebispos de Santiago eran os grandes señores feudais da comarca alén dalgunhas casas nobres menores. E, por suposto, a ningún dos que pasaron pola Catedral neses anos lles gustou nada a presenza crecente dos Moscoso na cidade. É por isto que se sucederon varios conflitos armados entre a casa da Costa da Morte e mailas tropas episcopais. Mesmo tiveron preso DOUS ANOS o arcebispo Alonso II de Fonseca no castelo de Vimianzo, unha das súas propiedades. 70 CAPITÁ ALANA Cantos!? Mima... si que se levaban mal... 365 Abofé... Hai cronistas, de feito, que atribúen ós Moscoso un gusto de seu por combater os Fonseca, a grande saga de arcebispos santiagueses... (interrompe)RUIDO CHECK 365 Velaí tes toda a información. CAPITÁ ALANA Daquela... os Moscoso foron ben gherreeiros... era algo que entraba na natureza do seu carácter, se cadra? 365 Si, foi algo que os caracterizou dende o comezo. Rui Sánchez de Moscoso está considerado coma o xefe da casa baixo o que esta comezou a medrar de xeito exponencial. E fíxoo da man da produción vitivinícola e mais dos triunfos militares. O seu alcume era “o Bravo”... con iso está todo dito... CAPITÁ ALANA Vexo que nos textos as fontes destacan a coraxe, o esforzo e maila astucia dos Moscoso. Que máis sabemos do seu xeito de actuar? 365 Pois, de certo, o emblema do seu escudo de armas... élles ben axeitado. Baixo o mando de don Rodrigo de Moscoso, a casa consolidouse coma unha das máis importantes de Galiza e inculcou nos seus fillos a concepción da liñaxe coma unha sorte de manda de lobos, de xeito que todos medrasen cun forte sentido de responsabilidade, servizo, pertenza e protección á familia. CAPITÁ ALANA Supoño que en Vimianzo se lembrarán ben deles... MIX MOSCOSO 1 365 71 Hai de todo, parece! Alí conta moito a festa anual do Asalto ao Castelo e mailo céntrica que fica a fortificación, claro. CAPITÁ ALANA Repasando a documentación... os fillos do tal don Rodrigo... parece que xestionaban a facenda por igual, sendo dous homes e dúas mulleres... 365 Así é, cadaquén coa súa tenenza. Sen faceren distinción por xénero. CAPITÁ ALANA Vexo algo dunha tal Urraca... que mirou pola súa herdanza, por xestionala ela mesma fronte ó seu irmán don Bernal, o xefe da casa á morte do pai de ámbolos dous... Tamén se ocupou do resto das súas propiedades ata que morreu, xa anciá... 365 Foi a filla máis nova de Don Rodrigo. Casou en dúas ocasións; primeiro, cun home maior cuxo matrimonio disque non se consumou, e, máis adiante, con don Pedro Osorio de Villalobos, un dos xenerais irmandiños e pai dos seus catro fillos. Un deles, por certo, don Rodrigo –nomeado en honra a seu avó–, chegaría á xefatura da Casa de Moscoso. CAPITÁ ALANA Vaia! E como viviu ela a revolta? 365 Non hai moitos datos, pero ben se sabe que non deixou, sempre que puido, de facerse cargo da súa facenda. Mesmo existe un detalle, recollido no seu testamento, a respecto de como indica a propia dona Urraca que leva en todo momento un libro de contas no peto e que garda outro máis na súa alcoba. CAPITÁ ALANA Si, señor! Todo baixo control! Vaia con dona Urraca! E en Vimianzo lémbranse algo dela? MIX ULLOA 2 365 Daquela maneira, parece... o que si, dona Urraca viviu boa parte da súa vida en Santiago de Compostela. En concreto, na Rúa do Camiño, actualmente denominada «das Casas Reais». 72 CAPITÁ ALANA Ah! Si! Na zona vella: a carón da Praza de Cervantes e tamén ó lado do barrio de San Pedro e mais de Bonaval! 365 Aí mesmo! CAPITÁ ALANA Bueno, eu teño que falar xa con esta muller. Dala localizado pra falarmos? 365 Coido que si. RUIDOS TRABALLOS COMPUTADORA (FUNDE FONDO) CAPITÁ ALANA Tela? ESPECTRO LOCALIZADA 365 Témola! E ten boa gana de parolar! CAPITÁ ALANA Veña, pois imos! CONTROIS ORDENADOR INCREMENTO POTENCIA CAPITÁ ALANA Control: fenda dimensional. FENDA DIMENSIONAL ABERTA LANZAMENTO ATERRAXE 73 PRAZA DE CERVANTES ENTREVISTA (VAI FUNDINDO FONDO) MIX ULLOA 3 CAPITÁ ALANA Seguimos de viaxe, compañeiro... 365 Vindeiro destino? CAPITÁ ALANA Santiago de Compostela CONTROIS ORDENADOR INCREMENTO POTENCIA LANZAMENTO FENDA DIMENSIONAL pechada SINTONÍA!!!!!!!!!!! 80 INÉS GARCÍA DE LOUSADA PASOS NAVE INDUSTRIAL CHAVES COCHE ABRIR CAPITÁ ALANA Permiso de acceso: ADESORA 2000. ACCESO CONCEDIDO ABRE PORTA ADESORA PECHA PORTA ADESORA ASENTO + CINTO CAPITÁ ALANA Control: acender. ACENDIDO, REACTIVACIÓN CONTROL BOTÓNS ORDENADOR+ ENTER!!! REACTIVACIÓN ORDENADOR FONDO NAVE ESPACIAL ORDENADORES CAPITÁ ALANA Ola, 365... 365 Benvida de novo, CAPITÁ CARETA / SINTONÍA INDICATIVO INTERIOR NAVE VIAXE INTERESTELAR CAPITÁ ALANA Hoxe á mañá vin unha monxa camiñando pola rúa. É unha imaxe, de certo, que moitas veces logo semella anacrónica, propia doutro tempo... A presenza da relixión nas sociedades europeas foi cambiando moito co correr dos séculos... 81 BASES DATOS (BAIXA) CAPITÁ ALANA Pasou de ser un piar fundamental no día a día das persoas a se considerar unha cuestión persoal e mesmo privada... incluso testemuñal nalgúns grupos sociais da actualidade... dende logo... este non era o caso na Idade Media... 365 Todo o cubría a relixión. Estaba presente no vocabulario, no vestir, no imaxinario popular, nas rutinas, nos medos, nas emocións e mesmo no calendario. A materialización do seu poder incluso conformaba un propio estamento social: o da Igrexa. CAPITÁ ALANA Acotío falamos da nobreza coma dos grandes señores da Idade Media, pero, dende logo, os representantes da Igrexa non lles tiñan nada que envexar. Velaí os arcebispos de Tui e de Santiago, ou a cantidade de mosteiros que se espallaban por Galiza adiante... 365 Sen dúbida. Estas unidades tamén exercían o señorío das terras: desenvolvían contratos forais nos que pactaban as condicións de explotación das propiedades con labregos que pasaban a ser os seus vasalos. Mosteiros, por certo, tanto masculinos como femininos... CAPITÁ ALANA Amigo... velaí quería chegar eu. Cando pensamos no estamento da Igrexa, o primeiro que nos vén á cabeza, por suposto, é a imaxe dun arcebispo, do mesmo Papa, ou de varios cregos. Pero neste estamento tamén había mulleres... quero saber máis delas... 365 Existen rexistros, sobre todo, de monxas de orixe fidalgo, se ben non está descartado, nin moito menos, que tamén houbese relixiosas procedentes do pobo común. Algunhas, segundo indican os expertos, poderían ser, por exemplo, orfas ou fillas dos serventes dos propios mosteiros. CAPITÁ ALANA Claro, pero entendo que as abadesas, as responsables dos mosteiros, serían as que viñesen de familias poderosas... 82 365 Efectivamente, acotío eran as que contaban con estudos, as que estaban máis formadas, polo que resultaban idóneas prá xestión da facenda dos mosteiros. 365 Información preparada. CAPITÁ ALANA Xenial! Claro, é que, dende logo, se os mosteiros arrendaban terras... terían un patrimonio polo que mirar... e unhas boas contas que botar en canto ó que recadaban e mais ó que recollían de mans dos seus vasalos 365 Abofé! Algúns mosteiros femininos, como é o caso do de San Salvador de Sobrado de Trives, chegaron a funcionar coma unha sorte de sociedade xestora que miraba pola ampliación dos seus bens e terras. CAPITÁ ALANA Sobrado de Trives... velaquí está... carai, si, as abadesas deste mosteiro foron todas unhas empresarias... a xente en Trives lémbrase delas? MIX TRIVES 1 365 Parece que non demasiado... CAPITÁ ALANA Xa vexo... a ver, espera... aquí hai algo da Reforma Monástica dos Reis Católicos... que foi isto? 365 Foi unha das normas que desenvolveron os monarcas a finais do século XV. Con ela, procuraban poñer orde nos mosteiros das congregacións beneditinas do reino de Castela. Entre elas, a compostelá, que afectaba a mosteiros de toda Galiza. CAPITÁ ALANA Ui... que quere dicir iso de poñer orde? 365 83 Pois... principalmente, e no que respecta a Galiza, meter a tódalas monxas nun mesmo mosteiro en Santiago: San Paio de Antealtares. CAPITÁ ALANA Mima! A todas? 365 Si, aínda que os mosteiros que estaban espallados polo país adiante, de certo, non contaban con moitas monxas. Se cadra, nun había 50, pero noutro 20, e así. Os Reis Católicos pretendían darlles mellor calidade de vida, xa que moitas destas unidades pasaban traballos pra saíren adiante –a non tódolos mosteiros lles ía ben en canto a xestión económica–, pero tamén querían rematar coa relaxación das relixiosas en canto a non viviren conforme ó mandato da súa orde... CAPITÁ ALANA Ui, ui, ui... aquí vexo acusacións a varias monxas, e tamén acusacións cruzadas entre algunhas delas, de saíren dos mosteiros, de convivir... de máis coas comunidades de veciños das súas zonas... uf... de teren relacións sexuais con cregos e vasalos... aló foi o celibato... e mesmo de teren fillos! 365 Si, son testemuños que se recollen nos procesos xudiciais que se aplicaron a varias relixiosas no marco da reforma. Frei Rodrigo de Valencia, prior da comunidade de San Bieito de Valladolid, foi o responsable do desenvolvemento da medida. El mesmo visitou os mosteiros beneditinos galegos pra ver as situacións en primeira persoa. CAPITÁ ALANA E aquí volve San Salvador de Sobrado de Trives... na súa visita a este mosteiro... a Frei Rodrigo botárono a paus... 365 Aconteceu no 1499. Diante da aparición de Frei Rodrigo, a abadesa de Sobrado do momento, Inés García de Lousada, ENCASTELOUSE no mosteiro... CAPITÁ ALANA Vaia, que se atrincherou! 365 84 Basicamente. Ela e mailo resto de relixiosas, como moitas outras por todo o país, non quixeron deixar a súa vida en Trives. Alén da documentación que chegou ós nosos días no relativo á xestión económica dos mosteiros, tamén transcendeu que as integrantes de moitos deles gozaban dunha vida social activa na comunidade da zona. CAPITÁ ALANA E así parece que era en Trives, ou? 365 Ten toda a pinta. Diante da negativa das monxas de marcharen pra Santiago, os seus veciños e vasalos reaccionaron e agrediron a Frei Rodrigo con paus e pedras ata que marchou de alí sen levalas pra San Paio de Antealtares. CAPITÁ ALANA Deus! Iso si que é contestación e respaldo popular... 365 Totalmente! Pero, hoxe en día, o nome de Inés semella que se perdeu no tempo... MIX ULLOA 2 CAPITÁ ALANA Pois... sabes que che digo, 365? Que penso que é hora de falarmos con dona Inés García de Lousada... 365 Abofé! CAPITÁ ALANA Antes de que te poñas a localizala... quero saber máis deste episodio... como reaccionaron as monxas do resto de mosteiros? 365 O de dona Inés non foi o único encastelamento de abadesas do que quedan rexistros, pero as relixiosas da orde bieita tamén puxeron en práctica outras estratexias. Diante das fortes acusacións, moitas fuxiron, pero, outras, chegaron a declarar en cadanseus procesos xudiciais. Destaca o feito de que algunhas admitiron de xeito velado que tiveran fillos ilexítimos ou que tiveran relacións... e digo velado, porque hai casos nos que non o negaron, pero en 85 todos puxeron de manifesto que non cometeron falta ningunha en canto á xestión dos mosteiros. CAPITÁ ALANA Algo así como diciren... «a miña vida é asunto meu, pero no meu traballo non fallei... por ladroa ou irresponsable non me colleredes». 365 Efectivamente. CAPITÁ ALANA E que pasou despois do encastelamento de dona Inés? Como remataron as monxas de San Salvador de Sobrado de Trives? 365 Elas comezaron a loita xudicial, igual ca outros mosteiros, pra tentar tumbar a obriga de iren recluídas pra San Paio de Antealtares. No caso de Sobrado, pelexaron a través desta vía durante anos. Tamén a sucesora de dona Inés, unha homónima súa, dona Inés de Quiroga. CAPITÁ ALANA E esa dona Inés... existe rexistrado un suposto fillo dela... Andrés, que non se sabe se naceu antes ou despois de tomar ela os hábitos... 365 Si! E coma del quedaron rexistros doutras crianzas nacidas das relixiosas neste período... CAPITÁ ALANA En calquera caso foi ela a derradeira abadesa de San Salvador de Sobrado de Trives... 365 Logo de décadas de loita xudicial, mesmo despois de pedir axuda á mesma Roma, dona Inés de Quiroga pacta ficar como abadesa en Trives ata a súa morte, e cunha pensión de 15.000 maravedís... Ela mesma deixa escrito que a presión era moito incluso prá súa contorna... CAPITÁ ALANA Vaia... bueno, imos falar daquela coa predecesora de Quiroga, con dona Inés García de Lousada. A ver se nos conta algo máis do seu encastelamento! 86 365 Imos! RUIDOS TRABALLOS COMPUTADORA (FUNDE FONDO) CAPITÁ ALANA Tela? LOCALIZADA 365 Por aquí a temos xa. E está encantada de falar da historia de Sobrado. CAPITÁ ALANA Veña, pois imos! CONTROIS ORDENADOR INCREMENTO POTENCIA CAPITÁ ALANA Control: fenda dimensional. FENDA DIMENSIONAL ABERTA LANZAMENTO ATERRAXE FESTAS PATRONAIS ENTREVISTA (VAI FUNDINDO FONDO) MIX ULLOA 3 CAPITÁ ALANA Seguimos de viaxe, compañeiro... 87 365 Vindeiro destino? CAPITÁ ALANA Santiago de Compostela CONTROIS ORDENADOR INCREMENTO POTENCIA LANZAMENTO SINTONÍA!!!!!!!!!!! 88 MARÍA RODRÍGUEZ PASOS NAVE INDUSTRIAL CHAVES COCHE ABRIR CAPITÁ ALANA Permiso de acceso: ADESORA 2000. ACCESO CONCEDIDO ABRE PORTA ADESORA PECHA PORTA ADESORA ASENTO + CINTO CAPITÁ ALANA Control: acender. ACENDIDO, REACTIVACIÓN CONTROL BOTÓNS ORDENADOR+ ENTER!!! REACTIVACIÓN ORDENADOR FONDO NAVE ESPACIAL ORDENADORES CAPITÁ ALANA Ola, 365... 365 Benvida de novo, CAPITÁ CARETA / SINTONÍA INDICATIVO INTERIOR NAVE VIAXE INTERESTELAR CAPITÁ ALANA No bus de camiño á casa de meus pais, sempre paso por Pontedeume. Na boca de entrada á vila, pasada a ponte que salva a ría, agarda un xigante de pedra: é a torre de turismo do concello, que, noutros tempos, foi a torre de vixilancia do pazo dos Andrade. Non hai vez que a vexa e que non pense ó 89 momento en como sería a vida en Pontedeume na Idade Media, baixo o xugo dos grandes señores do Eume... BASES DATOS (BAIXA) CAPITÁ ALANA E é que os Andrade transcenderon ó imaxinario popular coma unha das casas nobres máis opresoras e despóticas da historia de Galiza. 365... eu quero saber por que foron así... e se é que foron tan crueis como se conta... 365 Pois, a primeira vista, non houberon selo en maior medida que calquera outros señores da Baixa Idade Media. Un dos que foi titular da casa, Nuno Freire de Andrade, quedou prá posteridade co alcume d’ «o Malo» –polas súas constantes vinganzas, violencias e actitudes arrogantes–, pero os expertos apuntan a que a fama que envolve a toda a liñaxe vén polos irmandiños. 365 Xa tes lista toda a información. CAPITÁ ALANA A ver... buf, si, xa vexo... As propiedades dos Andrade foron un dos principais obxectivos dos irmandiños. 365 Primeiramente, na Guerra do 1431, a mans das tropas comandadas por Roi Xordo, que precisamente ergueu en Ferrol unha revolta contra os abusos señoriais da casa; e entre o 1467 e o 1469, na Grande Guerra Irmandiña, que se estendeu por toda Galiza, e que foi capitaneada nesta zona polo fidalgo Alonso –ou Afonso– de Lanzós. CAPITÁ ALANA Leo por aquí que hai dúbidas sobre a orixe dos Andrade... 365 Pouco se sabe disto, a dicir verdade. O nome de Andrade medra practicamente dende o anonimato ata o ascenso nobiliario ó longo do século XIV. Disque collen o nome da freguesía de Andrade, unha pequena parroquia da ladeira da montaña que acolle a plataforma sobre a que se asenta a vila de Pontedeume. 96 III. GUIÓNS DAS ENTREVISTAS MAIOR DE ULLOA BLOQUES TEMÁTICOS 1. O MATRIMONIO: RAZÓNS E CONVENIENCIA 2. PODER DE DECISIÓN 3. AMOR E PRAGMATISMO: MITO AMOR ROMÁNTICO POR QUE NON ESCOLLEU A JUAN DE ZÚÑIGA? INTERESES ULLOA? DESPUTA MONTERREI?????? 4. MORTE JUAN DE ZÚÑIGA? 5. MORTE VASCO DE ULLOA A MANS DE SÚA NAI? 6. RELACIÓNS EXTRAMATRIMONIAIS 7. FILLOS ILEXÍTIMOS E RELACIÓN (TESTEMUÑO CONTRA LOPO) 8. LOGO DE DIEGO DE LEMOS LOC: Dona Maior d’Ulloa, moi boas! Bo día nos conceda o noso Señor. LOC: Por que non casou con Don Xoán de Zúñiga? Pois porque non quixen, claro está. Non era ese o meu desexo. LOC: Hai quen di que o fixo por amor… Por amor? LOC: Por amor ó que sería seu home máis adiante, don Diego de Lemos, por suposto. Cando menos, iso é o que pode ficar no imaxinario popular. A ver, a ver… o amor, no acto en si de me negar a contraer nupcias con don Xoán, pouco tivo que ver. Eu non consentín en ningún momento; nin no momento do compromiso, nin cando chegou o tempo de casar. Non foi unha escolla entre don Xoán ou don Diego, senón entre o que eu consentía e o que non nese momento. Amais, inda casei tempo despois, anos máis tarde, como ben sabe. Bueno, por outra banda, alén da súa negativa, tamén hai quen apunta que seu pai, don Lope, non vía con bos ollos o enlace. E non o vía así porque o compromiso incluía entregar ós noivos un conxunto de terras polas que decaería a posición de “gran señor” do xefe da casa d’Ulloa… precisamente en favor do que sería seu home, un Zúñiga… Si, xente, a da casa dos Zúñiga, se me permite a apreciación, que nunca soubo ocupar o seu lugar… Que quere que lle diga? O compromiso existitu e, efectivamente, esas terras, de se celebrar o enlace, terían pasado ás mans dos contraentes. A min, e a don Xoán de Zúñiga. 97 Pero isto non sucedeu finalmente. Non houbo casamento. E os Zúñiga non o puideron levar peor… Abofé… Esperaban que invadisen as súas terras en resposta? Non foi algo que nos collese moi de sorpresa. O agravio que dixeron sufrir os de Zúñiga, quero dicir. Comprendiamos que podían tomar represalias ó non ter lugar o casamento. Agora ben, non pensamos que chegase don Xoán a prenderlle lume á casa de Vilamaior con meu irmán, don Sancho, dentro, e sendo inda rapaz... Don Sancho sobreviviu… chegou a ser Conde de Monterrei, de feito… Quen si que morreu por causa dun lume foi o propio don Xoán… Ese foi o seu destino. Non houbo man humana nese destino? Se cadra, unha man dos Ulloa? Meu pai, don Lope, era home de honra. Non existe proba algunha de que a miña casa contribuse no final de don Xoán, se é o que insinúa… Non son tantas as insinuacións dos testemuños históricos contra seu pai, don Lope, por este pasamento, senón as que se presentan contra súa nai, dona Inés de Castro a respecto do pasamento de seu medio irmán, don Vasco… Si, si… Que o matou con veleno pra que herdase meu irmán, don Sancho. Ben sei o que se conta. Cousas que se din… cousas que andan na boca da xente… coma tantas outras. E todas falsas. O relato que se constrúe, dende logo, ten un sentido… seu pai, don Lope, tiña dous fillos dun matrimonio anterior… efectivamente don Vasco podía herdar na vez de don San………..… [INTERROMPE] Pero meu pai, don Lope, desherdouno. Por algo sería. As propias fontes din que súa nai, dona Inés, puido ter algo que ver nesa mala relación… Todo é culpa de miña nai, dona Inés, parece ser. Mire, eu non lle teño máis que dicir… Alén das intrigas… gustaríame volver ó asunto do matrimonio… porque non me queda claro. Podemos dicir que vostede casou por amor finalmente con don Diego. 98 Teña claro que eu casei con quen consentín en casar. E esa persoa don Xoán non foi. Pouco máis lle vou dicir, se mo permite. Os asuntos do corazón dunha son namais ca dunha, como ben comprenderá. Agora ben, don Diego foi meu home e mailo pai dos meus fillos. E iso, dende logo, tenlle un valor. En calquera caso, e, deixando dun lado o tema sentimental… o seu testemuño quedou como proba do poder de decisión das mulleres en materias coma o matrimonio na Idade Media… foi vostede a excepción que confirma a regra? Non lle dira eu tanto… Entre branco e negro… hai moitos grises… Dependendo da familia e, sobre todo, das circunstancias en que se atopase, as fillas das liñaxes tiñan unha maior ou unha menor marxe de manobra. As grandes casas empregaban os matrimonios pra se emparentaren e engrandece-lo patrimonio dunha ou doutra familia, ou mesmo pra evitar conflitos entre si. Daquela, casar éralle pouco menos ca un acto de servizo á liñaxe. E nós, as mulleres, eramos ben conscientes. LOC: Conflitos, di... no seu caso, precisamente, dos Ulloa cos Zúñiga... Dos Zúñiga cos Ulloa, máis ben. Monterrei, mal que pese, pertence á casa d’Ulloa. As é. Como lle dica antes, hai quen non sabe ocupar o lugar que lle corresponde. No meu tempo acotío pensamos nas mulleres nobres da súa época pouco menos que coma gando… vendidas a outras casas e sen poder de decisión, sen seren apreciadas sequera polas súas familias… Ah, si. Isto é algo que a xente de vostede ten mal entendido. Eu por casar non perdo automaticamente o vencello nin o contacto cos meus parentes. Igual que acontece nos seus días, vaia. Marcho pra fundar a miña familia canda meu home. Pero, por que hei de deixar de apreciar e respectar a miña casa e mailos seus membros? E, deixe que lle diga, tamén, que acotío os problemas dos pais eran os xenros, e non as fillas. Era un mundo de homes… Era. Por exemplo, á hora de herdarmos, consideraban, e moito, nosos pais, a quen tiñamos por cónxuxe. Precisamente por iso, e pola inxerencia que puidesen presentar no devir da nosa propiedade e da casa. E había amor nalgúns casos, nestes enlaces? E habería. Digo eu, vaia. O amor tamén pode aparecer co tempo, canda o respecto ou o aprecio. De tódolos xeitos, eu só lle podo falar do meu caso. A min comprometéronme cando non contaba con dez anos de idade. Pouco amor pode haber aí, dende logo. E por moito servizo á familia que se queira prestar, hai ocasións nas que unha debe tomar a palabra. 99 Por esta narrativa do matrimonio por amor que acompaña a súa historia persoal… quen se adentre no seu percorrido vital pode ficar decepcionado ó ver que seu home, don Diego de Lemos, foille infiel… Si, tivo dous fillos bastardos. Don Rodrigo e don Lopo de Sober… Si. No seu testamento, don Diego de Lemos pídelles a tódolos seus fillos que se axuden e que se respecten entre eles… e tamén a vostede… Si. Pero vostede e mais dous dos seus fillos, don Lope e dona María, testifican contra don Lopo e dan conta dos delitos que cometeu mentres foi abade… El fixo cousas que non estaban ben. Falsificou bulas e outro tipo de documentos en favor do seu mosteiro. E iso foi así. Cre que ó seu home, don Diego, preocupáballe que ó faltar a relación entre todos vostedes non fose ser boa? Non lle sei, tería que lle preguntar a el. O que si que lle preocupaba, dende logo, é que vostede quedase ben coidada e asegurada… Así foi, puiden escoller onde vivir, se na nosa residencia de Ferreira ou na de Sober, como eu quixen. E tamén pediu que se me liberasen de embargos as rendas das terras durante dous anos en compensación do que el gastou en vida… Unha vontade de reparación… As vidas… e as guerras… é o que teñen. E falando de guerras… por que non caeu o castelo de Pambre? É un castelo moi grande e moi forte. Igual cá casa d’Ulloa. Non é empresa sinxela botalo en baixo. E vostede foi dona Maior d’Ulloa… E tampouco é empresa sinxela botarme en baixo. Dona Maior d’Ulloa, un pracer… 100 Foille o meu. URRACA DE MOSCOSO BLOQUES TEMÁTICOS 1. TODO BEN ATADO: XESTIÓN ECONÓMICA EN PRIMEIRA PERSOA 2. MANADA MOSCOSO 3. TERRAS CONTRA IGREXA, ALDONZA E CONCELLO DE BURÓN 4. VASALOS E CRIADOS 5. HOME IRMANDIÑO 6. ENTERRAMENTO Dona Urraca de Moscoso, moi boas! Bo día nos conceda o noso Señor. Vostede foi unha muller que xestionou durante toda a súa vida o conxunto do seu patrimonio. E fíxoo en primeira, primeirísima persoa, se mo permite… Por que? Si, non vexo por que ha de chamar tanto a atención. Eu coido que toda persoa que posúa bens ou rendas ha ser responsable da súa xestión. A súa figura destaca, se cadra, pola insistencia en non deixar de lado esta responsabilidade súa mesmo tendo tido a posibilidade de facelo, de delegar. Ai, non. Iso non o fixen nin cando faltaron meus pais, que en gloria os teña o noso Señor. Fíxese, é algo que incorporamos dende ben novos meus irmáns e mais eu. Cando quedamos sós, os catro mandamos por igual na parte que da herdanza que lle correspondera a cadaquén. O xefe da casa foi daquela meu irmán don Bernal, e todos o serviamos no que precisase, pero o que era de cadaquén era de cadaquén. E a súa responsabilidade. Xa de casada, cando menos, no seu segundo matrimonio, con Don Pedro Osorio de Villalobos, tamén foi responsable das súas posesións de xeito diferenciado a respecto das del. Si, iso estaba claro. O meu era meu e o del era del. Xa lle digo, eu entendo a posesión dun patrimonio coma unha responsabilidade. E xa non pra coa xente que pode depender de vostede mesma, se non pra con vostede mesma. Alén do noso Señor, do Rei e mais do home dunha, é unha mesma á que se lle renden contas. E eu esa responsabilidade a respecto das miñas propiedades xa levaba exercéndoa tempo antes de casar. Don Pedro, por certo, dona Urraca, foi un dos líderes da Revolta Irmandiña. Loitou en Santiago contra as posesións do Arcebispo Fonseca. Tivo un papel relevante na caída 101 do castelo da Rocha e finou preso, acabada a revolta, en Pontedeume, nas mans de Andrade… Foi o pai dos meus fillos. Pouco malo podo dicir del. Chama a atención ca unha nobre da súa categoría estivese casada cun dos cabezas dos Irmandiños… Moito lles queda a vostedes, no seu tempo, por saber da revolta… Se cadra, noutra ocasión, poderiamos falar máis longo e tendido. Pero xa lle digo que foi un conflito máis complexo do que se adoita ensinar. Só lle direi, se mo permite, que non foron os Irmandiños, nin moito menos, os únicos que loitaron contra a mitra compostelá e mailo seu centralismo. Velaí o pacto de antealtares. Velaí, sobre todo, a forza da miña casa e maila miña familia. E velaí Alonso II preso nas nosas fortalezas. E velaí o sangue de meu irmán don Bernal, que pereceu loitando as tropas de Fonseca. Bueno, este, con don Pedro, foi o seu segundo matrimonio… en primeiras nupcias, casou con don Lope Pérez de Mendoza… Si. Aquilo non funcionou moi ben… El finou ó pouco, e deixoulle algúns bens en herdanza, pero… (INTERROMPE) Pero non puiden reclamar “as arras do matrimonio porque marchei do seu lado contra a súa vontade”. Si, seimo de memoria. Deus o teña en paz, a don Lope. Din as fontes que non se consumou o matrimonio, que non SE consolidou… Mire, o caso é que Don Lope finou e eu casei de novo. Pouco máis lle poido dicir. Eu era noviña… e tiña as ideas claras, coma sempre as tiven. As cousas foron así. E non hai máis. Dicía no comezo que xestionou a súa facenda en primeirísima persoa polo detalle que se desprende no texto do seu testamento. Isto de que levaba sempre con vostede un libro de contas no peto… Ai, abofé que si. E mais outro que gardaba na miña cámara. Diría vostede que foi unha persoa meticulosa, minuciosa neste asunto? Bueno, dende logo, as cousas… hai que mirar ben por elas, non si? E eu fun unha persoa que quixo ter un control directo a respecto das súas propiedades… e, en fin… que poido dicirlle? Nunca se sabe cando unha vai ter que consultar que cobro ten pendente, ou que débeda toca afrontar nos vindeiros días… Esta presenza da facenda de vostede foi algo que quixo deixar mesmo prá posteridade. Deixou dous dos seus fillos como herdeiros, a Rodrigo e a Bernaldo. O 102 primeiro, como voz de tódolos seus foros. Pra eles a propiedade das terras que lles legou, pra seu sobriño, o primeiro Conde de Altamira, don Lope Sánchez de Moscoso a percepción das rendas. A que se debe esta división? A ver, como parte da liñaxe, eu nunca iría, nin permitiría que alguén fose, na contra dos intereses da casa de Moscoso, que é a miña. Foi algo que tentei inculcar nos meus fillos, pero tamén quixen que dende ben rapaces entendesen a responsabilidade da que lle falo: da xestión do que é de cadaquén. Isto, por suposto, sen dana-la nosa casa. Tamén deixa escrito que se aveñan ben, como bos irmáns… Porque o primeiro de todo é a liñaxe. Son irmáns antes ca ningunha outra cousa, e fillos da casa de Moscoso. Dende logo… parece que fai parte do ADN Moscoso este sentimento, case de manada, se me permite a expresión… curiosamente levan no seu escudo de armas a cabeza dun lobo… Eu póidolle dicir que, na miña época, tódalas familias da nosa posición miraban pola súa prevalencia… polo seu futuro e polos seus intereses. Pero si que é certo que meu pai, don Rodrigo, que o señor o teña en paz, sementou en nós, en meus irmáns e mais en min, canda miña nai, dona Xoana, que Deus a coide, un sentimento forte de pertenza, de clan… si, podería ser coma unha manada. Non todos eramos iguais, na medida en que, cando foi o momento, don Bernal ascendeu a xefatura da Casa, igual que don Álvaro no intre de faltar, pero todos iamos a unha, non sei se me explico. Coma un equipo que segue o seu guía e que acata e axuda nas súas demandas. Si, sen dúbida. E falando de demandas… Xa tardaba... Cómpre falar das queixas de dona Aldonza Rodríguez de Ibias diante das súas maxestades, os Reis Católicos, pola ocupación, por parte dos Moscoso, das súas terras… Si. (SILENCIO) Que me pode dicir a respecto do episodio que denuncia dona Aldonza no que dous escudeiros de vostede a atacaron cando se dirixía a esixir esas rendas e case, segundo dona Aldonza, lle matan dous criados? Mire, eu só lle vou dicir que os tributos desas terras levaban vindo caer ós Moscoso había xa anos. Se cadra, habería que preguntarlle a dona Aldonza por que non foi quen de explotar as súas propiedades… 103 Outras propiedades cuxos vasalos non quixeron pagarlle tributos foron as do Concello de Burón… Si, alí serviran o meu sogro, don Pedro, que Deus o teña en gloria, e cando recaeron en min, as xentes non recoñeceron a miña lexitimidade… PERO a xustiza deume a razón… A xustiza, en concreto, as leis dos Reis Católicos, déronlle as costas nun momento determinado… cando apoiaron a recuperación da facenda eclesiástica. Perdín varios terreos en favor da Igrexa… Branderiz, Ledesma e Landoas. Vostede, así a todo, neses momentos residía na cidade, en Santiago… Nas miñas casas e pazos, na rúa do Camiño, si. E con tódalas comodidades ca unha dama do meu nome había gozar. Entre elas, un amplo corpo de servintes ó que tivo en consideración no testamento… E logo non había facer tal? Son xente que me deu un servizo, un bo servizo. Ata o final. E iso toda persoa de ben hao ter en conta. En especial, as mulleres… a súa axuda de cámara, Tareixa Lopes de Froxomil, e tamén a dúas amas de cría, María Ares e Inés Gómez… Dispuxen todo como pensei que foi mellor pra que a elas non lles faltase de nada. Falamos de pagos en metálico, dalgunhas terras e, no caso doutra servinte, do gasto do casamento… E logo non, de Leonor! E mais que puidese escoller ela as roupas que máis lle prestasen pra casar. Como lle digo, xente de ben que me serviu co nivel que se lles esixiu. E de xeito fiel. E fiel foi tamén vostede á historia da súa familia, mesmo nas instrucións que deixou no seu enterramento. Mandou traer canda vostede a don Pedro e mais a seu fillo don Alonso, pero tamén fixo traballar na pedra da capela canda o seu sepulcro o escudo de Moscoso, pero tamén o dos Villalobos, por seu home don Pedro, e os dos Castro, Ramírez e Soutomaior por seus avós… Todos eles fixeron parte da miña liñaxe. E eu da súa. Non podía ser doutro xeito. Eu fun dona Urraca de Moscoso. Dona Urraca de Moscoso… mil grazas. Grazas a vostede. 104 TERESA DE ZÚÑIGA BLOQUES TEMÁTICOS 1. RELACIÓN COS IRMANDIÑOS 2. ADOPCIÓN 3. XESTIÓN DA FACENDA 4. CONEXIÓN CON CASTELA 5. ASASINATO 6. MITO MALA MULLER Teresa de Zúñiga... moi boas... De bo día gocemos pola graza do noso Señor. Nunha escala do 1 ao 10... como de endiañada se considera vostede? [ri un chisco con suficiencia] Pois sorprenderalle saber que moito menos do que se describe nos libros de historia. O seu pasamento, non obstante, indica sen lugar a dúbidas que non tiña vostede moitos amigos... Bueno... así a todo, cómpre saber ben a quen podemos chamar amigo. Os vasalos dunha non o son. Falamos de persoas que serven e ás que se lles garante protección en troques do seu traballo. Onde colle a amizade en tal transacción? Non tódolos señores medievais morreron asasinados a lanzadas na praza maior das súas vilas... non todos enfadaron tanto os seus vasalos... Era un momento complicado, como vostede ben saberá... tempos convulsos. Vostede sabía que corría perigo ó voltar de Castela pra atender os seus asuntos en Ribadavia... Abofé que o sabía. Por iso mesmo testei antes de marchar de Mucientes. Pero, ás veces, unha non ten alternativa. Eu tiña que vir atender a miña facenda; resolver os meus asuntos. E con máis urxencia en tal situación de axitación social. Meu home, don Diego, deixoume á súa morte como administradora do señorío ata a maioría de idade do noso fillo, don Bernardino. Era a miña obriga mirar polas propiedades e mais polo seu futuro. A vostede matouna o pobo, pero... Hai quen se refire a Teresa de Zúñiga como «a nobre irmandiña». [ri] Si, si, a miña relación tiven coa Revolta… 105 «Os pequenos e os medianos e os grandes vivamos ben e en paz e en acougo», deixou vostede escrito. Pero, eu pregúntolle, canto hai de convición e canto hai de interese nas súas verbas e mais no seu achegamento ós Irmandiños? Permita que lle resposte con outra pregunta: acaso non resultan sinónimos eses dous termos en certas oportunidades? Convición e interese non son o mesmo... Pero poden funcionar do xeito máis coordinado. Verá, se unha está convencida dalgo, ten daquela interese porque tal realidade se materialice ou que repercuta en si. Porque seguramente isto traia consigo un certo beneficio. Por outra banda, se unha ten interese por algo, é que está convencida do ben que lle vai facer. E isto, no seu caso, entendo que tivo que ver cos intereses da facenda da Casa de Sarmiento... Dende logo. Houbo quen se quixo aproveitar da miña situación de viuvez, así que finou meu home, don Diego, pra atacar o noso patrimonio e facerse con parte das nosas posesións. Velaí don Sancho de Ulloa, don Diego de Andrade e don Pedro Pardo de Cela, que tomaron a nosa vila de Ortigueira pola forza. E iso non podía permitilo, de ningún dos xeitos. En resposta, vostede presentou unha querela... Era o mínimo. Pero tamén se achegou ós Irmandiños... Cando unha non posúe forzas dabondo, tenas que procurar ata que as atopa. Entendo que, alén de defender o patrimonio dos Sarmiento, neste movemento cara os membros da Revolta tamén tivo en conta o futuro da súa casa. Falo da herdanza do seu fillastro, don Bernardino... El era, e foi, o futuro da Casa de Sarmiento, e había que defender o seu porvir con todo. Vostede, con seu home, don Diego, non tivo descendencia lexítima. Velaí a carta única da lexitimación de don Bernardino, un bastardo de don Diego. Eu adoptei e criei a don Bernardino dende ben pequeno coma un fillo propio. E el sempre respostou ben, nunca saíu do meu mando. Os dous fomos ben próximos, como toda nai e fillo. E que foi de súa nai biolóxica, de Úrsula, que era escrava da casa? 112 Valencia non puido levala de Sobrado… agredírono ata que marchou. Como viviu ese momento, o do seu encastelamento? Ai, EU NON ÍA MARCHAR DE ALÍ. Eu iso tíñao claro. Sobrado era o meu sitio. E as irmás tamén o saban. Igual cá xente d’arredor. Non tiña xeito marcharmos e, menos, pra nos meteren en San Paio de Antealtares. Que perderamos nós alí? Foi un acougo ver como respostou Sobrado. Apoiáronnos dende o primeiro momento. Por toda Galiza houbo abadesas e prioras que se encastelaron, como foi o caso de vostede; outras que fuxiron pra non compareceren diante das acusacións… e outras que optaron pola vía xudicial… E iso último tamén o comezamos a facer en Sobrado. Non quedou outra. A miña sucesora, dona Inés de Quiroga, que foi a derradeira abadesa de Trives, litixiou máis de 20 anos con Roma. Pero non houbo forma. Dona Inés rematou aceptando unha renda vitalicia de 15.000 marabedís e fica en Sobrado a cambio de renunciar ó seu cargo como abadesa… E inda aguantou… a presión foi moita e durante moito tempo… ela fixo o que puido, coma outras que intentaron evitar o inevitable ata o final. Pola miña parte, nada que lle dicir. De alí en diante, San Salvador de Sobrado de Trives foi tan só un priorato dependente de Antealtares… Rematou sendo, si. Pero, antes, Sobrado foino todo… LOC: Dona Inés García de Lousada... mil grazas. Grazas a vostede. 113 MARÍA RODRÍGUEZ BLOQUES TEMÁTICOS 1. ESTADO DE ÁNIMO (PERCEPCIÓN MÁIS POSITIVA) 2. RUTINA XORNADA LABORAL E DIVISIÓN SEXUAL DO TRABALLO 3. ECONOMÍA DE SUBSISTENCIA E NIVEL DE SATISFACCIÓN CON ESA VIDA NO CONTRATO FORAL 4. ABUSOS PODER ANDRADE (vila Ferrol reguenga) 5. VIOLENCIA SEXUAL: DENUNCIAS 6. LIBERDADE MULLERES DENUNCIA... LIBERDADE PRACER... 7. OUTROS TIPOS DE PRACER... CONCEPTO LECER E FESTAS LOC: María Rodríguez, moi boas! Bo día nos dea o noso Señor. LOC: Que tal, como se atopa? Ben, ben, así a todo. Xa algo cansa pola barriga, pero ben. LOC: Ai! Está vostede avanzada... Cando está previsto que chegue a crianza? Non ha quedar máis dunha lúa, polo San Miguel habemos ter connosco o pequeno. Ou a pequena, claro. LOC: Bueno, que marabilla! Remata o vrau e vén o neno! Entendo que a barriga non lle permitirá traballar moito na terra... Abofé... nestes días xa me fun retirando ó casal, a mirar da horta e mais da casa, por se se dá, que o noso Señor non o queira, que veña antes tempo... LOC: Medidas de precaución, non si? Polo neno... Iso é. Amais, así tamén estou con miña sogra, que xa anda nos cincuenta anos, que o Señor nola conserve todo o tempo que se lle poida pedir… e ten falla dalgunha axuda pra mirar pola casa. LOC: Pero, de normal, vostede traballa canda Martín, seu home, igual ca el, na terra, ou? Si. Tódolos días. Traballamos os dous todo o que podemos. E, antes de casare, fixen o mesmo canda meus pais. Agora, como lle digo, quedo máis no casal. E logo, cando naza o pequeno e mentres non se valla por el mesmo, quedarei traballando máis preto del. LOC: Esa horta de vostedes é pró consumo da casa, ou? É. 114 LOC: E na terra, que se cultiva? Pois depende da época, claro. No inverno sementámo-lo trigo, pola Pascua xa recollemos algunhas froitiñas... e logo do vrau, pra cando chegue meu soliño, é a vendima, claro. LOC: Élle ben de traballo, así a todo. Canto lle dan ó seu Señor? De normal, un terzo do que colleitamos. Do resto sacamos pra nos manter durante o ano, pra irmos ó muíño e mais polos recados e así. LOC: Polo xeral dálles pra vivir, quedan contentos co foro? Bueno, iso depende. Depende de como veña o ano. De se chove máis ou de se chove menos... por como afecte o tempo á colleita, vaia. Pero, en fin, por moi malas que veñan, de normal seica hai sitios onde lles aperta ben a necesidade... mesmo a fame. Nós, pola graza de Deus e mais do noso Señor, non imos mal. LOC: Se cadra con isto métoa nun compromiso, pero... como é o seu Señor Andrade? É unha xente boa? E... meu Señor é meu Señor... eu pouco podo dicir... LOC: Tampouco o coñeces en persoa, ou? Eu, a verdade é que non. Meu pai dixo que coñecera, que vira pola vila dunha vez, o Señor de antes, Don Fernán, “o Mozo”, que lle chamaban; pero eu o meu Señor Don Diego nunca o vin. Eu pódolle dicir que non se fala mal del. Disque é home temeroso de Deus e ben esforzado. LOC: Se cadra... en Ferrol non pensan o mesmo. Alí protestan contra os abusos dos Andrade diante da súa Maxestade e todo… non queren renderlles contas… Falan dunha actitude opresora. Bueno, pois que protesten. Eu pouco lle entendo diso. A ver, dende logo, eles, os señores, son eles. E nós, somos nós. Eu teño a miña vida e mailo meu home e mailo meu casal. E mentres me deixen tranquila, traballando, vivindo... eu pouco máis lle teño que dicir... pouco máis podo facer... LOC: Algo tentaron facer os Irmandiños, ou? Ai, aqueles, ben a armaran, si señor. Aquí arderon varios castelos, non só en Pontedeume, quero dicir, tamén caeron o de Moeche e mailo de Naraío, por exemplo. Eses dous están algo lonxe d’aqu mesmiño pero inda fican nas terras do noso Señor Don Diego –nese momento, de Don Fernán–. LOC: E cambiou algo? 115 Eu era nena pequena aínda. Meus pais contan que a xente tiña medo por como voltarían os señores logo do asunto. Pensaban que facerían pagar os labregos en bágoas e sangue o que desfixeran os Irmandiños. Os señores, así que todo rematou, quixeron reconstruí-los castelos, pero o noso Señor Don Fernán disque non se botou en vinganza de riba de nós. Cando menos, teño isto entendido... LOC: Loitou moita xente… algunhas fontes falan de 80.000 persoas… Moita xente, si, iso si que o sei. Pero quen mandaba... quen mandaba non eramos nós, así a todo. LOC: Comandaban os fidalgos... Si. E algunhas cousas fixéronas ben. E, outras... non tan ben. En calquera caso, xa foi. Xa non hai Irmandiños. LOC: Volvendo ó tema das protestas de Ferrol diante do Rei... Algúns destes abusos dos que falan os viláns son cara as mulleres... no país hai exemplos dalgunhas que denunciaron agresións e que foron consideradas como demandantes... E, así a todo, se lles fixeron mal, ben fan en denunciaren o home que llelo fixo, ou? LOC: Abofé. Pois iso. As mulleres coma min estamos pra servir, igual cós homes de noso. Pero mire ben o que lle digo: se hai algúns que lles fan mal, terano que pagar, digo eu. Non somos burras pra nos zouparen, nin pra nos faceren connosco o que lle antolle a un home. LOC: Vostede coñece algún caso de agresión sexual? Eu sei dalgunha mociña casada nova que foi tomada por un mal home que non era o seu, que Meu Deus me perdoe. E iso non pode ser de xeito ningún. A muller só ha xacer con seu home tal e como marca o noso Señor. E iso ten que ser así, e téñeno que respectar elas, seus homes, e mailo resto de homes. LOC: Bueno, tes unha idea moi clara ó respecto, dende logo. É que non hai outra. LOC: E que pasa coas mulleres que xacen con homes fóra do matrimonio? Ai, iso élle pecado, que Deus mo perdoe. LOC: Pero... habelas, hainas... algunhas din que o pracer non pode ser pecado. 116 Hainas, abofé que as hai. Cousa delas, dende logo. Xacer co home ha ser labor pra isto que levo eu dentro, no meu ventre: prá chegada dos fillos e mais das fillas. Eu dígolle as cousas como son; e iso dígolle que é pecado. LOC: E o pracer? Iso é o de menos. Tamén lle digo, que o home, por ser home casado, non deixa de ser home. LOC: Tamén se pasa ben logo de pasar pola Igrexa? Eu non estou na casa de toda a xente, pero, non vexo por que non. LOC: E falando doutros tipos de pracer... Acotío a xente da miña época pensa que na Idade Media estabades todo o día traballando e chorando. Isto é así? Vaia ho! E iso non ha ser vida nin ha ser nada! Pero esa xente de vostede que pensa? LOC: E pensa que con tanta Igrexa á que ir rezar e con tanta terra que labrar... pouco tempo había quedar. Ai, mima! E logo as romarías? E as festas do San Martiño, e do San Miguel? E mailo Entroido? E maila Pascua? E o San Xoán? LOC: Ai, teñen onde escoller, así a todo... Temos, ho! As épocas do ano márcanas o tempo das colleitas e mailas festas. Así como llo digo. E inda se pasa ben cos cantos e coa xente e cos veciños d aldea e da parroquia! Se cadra, quen xa non o pasa tan ben serán vostedes... LOC: Dende logo, nos meus días tamén hai xente triste. Xente triste e alegre, como é o mundo. O seu e mailo noso. LOC: María Rodríguez, mil grazas polo seu testemuño. Grazas a vostede! Que vaia ben se Deus quere! 117 IV. TEXTOS DOS INDICATIVOS O podcast no que as señoras medievais falan con voz propia Narrado por Iria Ramos, Xoel Poy e Paula Cantelar Coa colaboración especial de ● Antía Montes ● Lorena Castro ● Lara Salgado ● Carlota Álvarez ● Laura Rodríguez no papel de ● Maior de Ulloa ● Urraca de Moscoso ● Teresa de Zúñiga ● Inés García de Lousada ● María Rodríguez Escrito, dirixido, producido e montado por Iria Ramos. ADESORA: As Mulleres Alén das Alcobas O podcast no que as señoras medievais che falan con voz propia ADESORA ● EPISODIO 1 ● EPISODIO 2 ● EPISODIO 3 ● EPISODIO 4 ● EPISODIO 5 ● Maior de Ulloa: Non ao Compromiso ● Urraca de Moscoso: Facenda e Liñaxe ● Teresa de Zúñiga: Rexencia da Mala Muller ● Inés García de Lousada: Pecado de Resistencia ● María Rodríguez: Vida e Lecer dende o Casal 118 CADERNO DE BITÁCORA ● Entrada primeira ● Entrada segunda ● Entrada terceira ● Entrada cuarta ● Entrada quinta ACCESO CONCEDIDO ● Na procura de Maior de Ulloa: ● Na procura de Urraca de Moscoso: ● Na procura de Teresa de Zúñiga: ● Na procura de Inés García de Lousada: ● Na procura de María Rodríguez: Espectro localizado. Aterraxe nos Torrentes de Mácara. Espectro localizado. Aterraxe na Praza de Cervantes de Santiago. Espectro localizado. Aterraxe na distribuidora vitivinícola do Ribeiro. Espectro localizado. Aterraxe nas festas patronais da Pobra de Trives. Espectro localizado. Aterraxe nas Fragas do Eume. FENDA DIMENSIONAL PECHADA FENDA DIMENSIONAL PECHADA