Acordo do Consello de Goberno do 24-09-2020, polo que se aproba o Regulamento de Réxime Interno da Escola Infantil Breogán
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 24 de setembro de 2020 aprobou o Regulamento de Réxime Interno da Escola Infantil Breogán, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 1 / 29
1 REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA INFANTIL BREOGÁNUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 2 / 29
2 ÍNDICE INTRODUCIÓN Introdución Normativa aplicable CAPÍTULO I. DATOS DO CENTRO Artigo 1. Definición Artigo 2. Datos identificativos do centro Artigo 3. Titularidade Artigo 4. Tipo de xestión CAPÍTULO II. FUNCIONAMENTO Artigo 5. Obxectivos da Escola Artigo 6. Capacidade do centro Artigo 7. Calendario e horario de funcionamento Artigo 8. Servizos básicos que oferta a Escola Artigo 9. Sistemas de admisión e baixas Artigo 10. Procedemento de ingreso Artigo 11. Causas de baixas Artigo 12. Período de adaptación Artigo 13. Réxime de saídas Artigo 14. Horario de visitas CAPÍTULO III. ESTRUTURA ORGANIZATIVA E PERSOAL Artigo 15. Organización interna Artigo 16. Funcións e responsabilidades de cada persoa Artigo 17. Dereitos e obrigas do persoal Artigo 18. Procedemento para substitucións e imprevistos de persoal Artigo 19. A Comisión da Escola CAPÍTULO IV. NORMATIVA REFERENTE AOS NENOS E NENAS Artigo 20. Dereitos dos nenos e nenas Artigo 21. Normas de saúde e hixiene persoal Artigo 22. Normas de alimentación Artigo 23. Normas de vestiario Artigo 24. Normas de convivencia Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 3 / 29
3 Artigo 25. Uso das dependencias e do material Artigo 26. A Lingua Artigo 27. Fomento da igualdade entre nenos e nenas CAPÍTULO VI. NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA Artigo 28. Dereitos e obrigas dos/das pais/nais, titores/as e representantes legais Artigo 29. Participación e relación cos pais e nais, titores/as e representantes legais Artigo 30. Instrumentos de información para as familias CAPÍTULO VII. RÉXIME DE COBRO Artigo 31. Pagamentos Artigo 32. Forma e período de pago CAPÍTULO VIII. NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA DO CENTRO Artigo 33. Medidas de seguridade e hixiene Artigo 34. Protección de datos Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 4 / 29
4 INTRODUCIÓN Obxecto A Escola Infantil BREOGÁN (EIB) dirixe a súa actividade a nenos e nenas de 0-3 anos para cubrir as necesidades educativo-sociais, na procura da conciliación da vida laboral e familiar de todos aqueles pais e nais da comunidade universitaria que teñen fillos/as en idades temperás. O presente regulamento ten por obxecto a regularización do servizo de Escola Infantil (0-3 anos, primeiro ciclo de educación infantil) como servizo educativo e social proporcionando ao neno e á nena unha educación escolar acorde coas súas necesidades, valéndose das técnicas pedagóxicas máis idóneas e enmarcando a educación no ámbito cultural do que o/a neno/a forma parte. Principios 1. Promovemos un desenvolvemento harmónico e integral dos nenos e nenas nos aspectos físicos, afectivos e intelectuais, atendendo ás súas necesidades, potenciando e valorando as súas capacidades, respectando os seus intereses e posibilitando, á vez, as diferentes formas de expresión. 2. Propiciamos e facilitamos o establecemento de relacións sociais e afectivas en toda a Comunidade Educativa: entre os nenos e as nenas, entre os nenos, nenas e adultos, entre os profesionais e as familias, transmitindo, coa nosa actitude, a importancia do respecto e a consideración cara aos demais, valorando a riqueza que nos achega a diversidade (de sexo, de condicións físicas, de estilos de vida, de ritmos de aprendizaxe, de orixe, de ideoloxía, de situacións económicas, etc.). 3. Favorecemos a inquietude e curiosidade dos nenos e nenas pola súa propia contorna física, social e cultural; facilitando os recursos para coñecelo, comprendelo e respectalo. Potenciamos unha actitude crítica e construtiva respecto da realidade que lles permita adquirir unha visión positiva da vida. 4. Consideramos o ensino-aprendizaxe como un proceso activo de construción e investigación, onde os nenos e nenas son os protagonistas do seu proceso de aprendizaxe para o que, fomentamos a curiosidade, a investigación, a iniciativa e a reflexión. 5. Cremos na participación como forma de organización e funcionamento que se manifeste en todos os momentos e ámbitos da vida escolar. Propiciando espazos e canles de información e comunicación variados, que favorezan a reciprocidade de forma que toda a Comunidade Educativa atope as canles adecuadas para poder manifestar as súas inquietudes e formar parte dun proxecto común. 6. Entendemos a función do docente como un facilitador de recursos, dinamizador de procesos, que cunha actitude aberta e flexible e en formación permanente, traballa en equipo para conxugar a tarefa de todos e ofrecer aos nenos e nenas confianza e unidade no proxecto educativo. Valores Educar en valores non é tarefa fácil. A miúdo é fonte de conflitos, pero ao ser a educación un proceso de socialización, de interiorización de hábitos, coñecementos e de ideas, carrexa paralelamente un proceso de transmisión de valores. Na educación transmítense e exercítanse os valores que fan posible a vida en Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 5 / 29
5 sociedade, singularmente o respecto a todos os dereitos e liberdades fundamentais; adquírense os hábitos de convivencia democrática e de respecto mutuo, prepárase para a participación responsable nas distintas actividades e instancias sociais. A educación permite avanzar na loita contra a discriminación e a desigualdade. É por isto que se fai imprescindible nun Proxecto Educativo explicitar eses valores e establecer as liñas de actuación que estes determinarán sabendo, ao tempo, que estes valores non existen á marxe da dinámica social, e non poden ignorar a realidade socio-económica e cultural nin o marco de referencia onde nos desenvolvemos, polo que, como primeiro punto, explicitamos os valores constitucionalmente recoñecidos en materia de educación como son a aconfesionalidade, a coeducación, a igualdade de oportunidades e os valores democráticos. Así mesmo é importante sinalar que educar en valores é un traballo continuo, é crear uns espazos onde se poidan desenvolver, é observar unhas condutas que permitan comprendelos, é "vivilos" en toda a comunidade educativa dentro dunha "planificación intencional" onde se fagan presentes. Os temas transversais (educación para a paz, educación para a igualdade de oportunidades, educación para a saúde, educación ambiental, educación do consumidor) abordados de xeito amplo en toda a etapa de Educación Infantil e asumidos polos seus profesionais, guían as actividades e experiencias da comunidade educativa e supoñen darlle prioridade e concreción no currículo desa educación en valores, traducíndose en propostas metodolóxicas concretas. Seguindo este razoamento, faise evidente a importancia que ten o "equipo docente" e cada un dos profesionais que o integramos, esixíndonos non só un compromiso individual, senón tamén, un modelo organizativo democrático e participativo e unhas liñas metodolóxicas claras baseadas na investigación, participación, a reflexión, a crítica e o ensino activo e construtivo. No noso intenso proceso de reflexión consideramos os seguintes valores, sabendo que a división que establecemos é formal xa que non existen compartimentos estancos cando de principios xerais estamos falando: 1. Respecto e tolerancia É necesario propiciar a consideración do outro, neno, nena ou adulto, adulta, admitindo os diferentes enfoques e opinións dentro dun clima de tolerancia, cordialidade e honestidade. Así mesmo, promover a valoración dos outros seres vivos, os obxectos, e a nosa contorna natural. 2. Respecto á diversidade É preciso fomentar actitudes de respecto ante realidades individuais diversas tanto desde o punto de vista cultural, social e económico como desde o propio individuo. O individuo é "único" por orixe, sexo, condicións sociais, características físicas, aptitudes, estilos cognitivos e afectivos. O noso obxectivo é propiciar a igualdade de dereitos e obrigacións, a non discriminación do individuo, a aceptación das "diferenzas", e o enriquecemento persoal que estas comportan. 3. Autonomía Buscarase propiciar o desenvolvemento integral dos nenos/as nos aspectos físicos, afectivos e intelectuais, facilitando os recursos que favorezan a toma de iniciativa persoal dentro do grupo e que permitan os procesos de introspección e coñecemento do mundo interno, para crear unha imaxe de si mesmos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 6 / 29
6 Neste sentido, hai que favorecer o coñecemento e valoración dos propios límites e posibilidades, potenciando a autoestima e o establecemento de relacións sociais cos iguais e os adultos. É, á fin e ao cabo, crear os "espazos" que permitan o desenvolvemento individual harmónico e a inclusión e participación no grupo. 4. Socialización É necesario apreciar a función social da Escola como primeiro ámbito de relación ampliada do neno/a onde terá a súa primeira experiencia social fóra do seu núcleo familiar polo que se debe facilitar os recursos que permitan ao neno/a establecer as relacións sociais e afectivas, desenvolvendo actitudes de colaboración e apoio que propicien o respecto ás pautas e normas que determina tanto o grupo de referencia, como o grupo ampliado. 5. Colaboración Procurarase transmitir o interese polo colectivo, polo grupo e a tarefa común, promovendo actitudes de cooperación e axuda de forma que se facilite a participación, a comunicación e o compromiso de cada un dos individuos cun obxectivo común. 6. Creatividade É preciso fomentar a utilización dos recursos persoais para enfrontarse ás diferentes situacións creando alternativas e buscando solucións innovadoras. Propiciar que o neno/a se enfronte á realización de tarefas e actividades buscando "novas formas de facer", facilitando a investigación, o descubrimento e a creación de diferentes respostas. 7. Espírito crítico É necesario fomentar a análise e reflexión sobre a contorna socio-cultural, promovendo actitudes flexibles ante outros puntos de vista e de cambio de perspectiva ante a realidade. Facilitar a crítica construtiva que permita ao neno/a modificar a súa actitude ante sucesos diferentes e coñecendo os seus propios límites, poder actuar activamente no medio que o rodea. 8. Responsabilidade É indispensable propiciar actuacións en consecuencia cos propios principios e valores, respectando os aceptados pola comunidade escolar de forma que se facilite a iniciativa e toma de decisións persoais. Se se promove a avaliación e a reflexión sobre o propio traballo e o traballo do grupo, favorecerase a adquisición dun compromiso individual e colectivo coa tarefa e cos individuos. NORMATIVA APLICABLE - Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. - Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos programas e dos centros de servizos sociais, artigo 7 b) que establece como un dos requisitos funcionais o dispor dunhas normas de funcionamento. (DOG nº. 14 de 20 de xaneiro de 2012). - Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. (DOG nº. 156 de 16 de agosto de 2005). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 7 / 29
7 - Decreto 330/2009 de 4 de xuño, polo que se establece o currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº. 121 de 23 de xuño de 2009). - Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, art.8 (BOE núm. 62, de 12 de marzo). - Real Decreto 476/2013, de 21 de xuño polo que se regulan as condicións de cualificación e formación que deben posuír os mestres de Educación Infantil e de Educación Primaria, Art. 2.2 (BOE núm. 167, de 13 de xullo). CAPITULO I. DATOS DO CENTRO Artigo 1. Definición A Escola Infantil Breogán é un centro educativo que desenvolve o seu labor no primeiro ciclo da educación infantil, atendendo a nenas e nenos de 0 a 3 anos, proporcionando unha atención integral. A súa actividade enmárcase no compromiso institucional da USC coa responsabilidade social e as políticas de conciliación da vida laboral, persoal e familiar, establecidas no Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes e diríxese aos membros da comunidade universitaria. Artigo 2. Datos identificativos do centro NOME DO CENTRO: Escola Infantil Breogán Enderezo: Avda. de Vigo s/n. 15782 Santiago de Compostela. A Coruña Teléfono e fax: 881814781, 881814582 e-Mail: [email protected], [email protected] Web: www.usc.es Artigo 3. Titularidade ENTIDADE TITULAR: Universidade de Santiago de Compostela Q1518001A Enderezo: Colexio San Xerome. Praza do Obradoiro s/n. 15782 Tl.: 881 811 011 REPRESENTANTE LEGAL: Reitor/a da Universidade de Santiago de Compostela Nº INSCRICIÓN NO REXISTRO DE ENTIDADES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS: E-1064 C-1 Artigo 4. Tipo de xestión Directa Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 8 / 29
8 CAPITULO II. FUNCIONAMENTO Artigo 5. Obxectivos da Escola A Escola Infantil Breogán presta atención educativa a todos os nenos e nenas a través dun proxecto educativo global e integral para acadar os seguintes obxectivos en relación aos mesmos: a) Coñecer o seu propio corpo e o dos/das outras persoas, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas. b) Observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social. c) Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais. d) Desenvolver as súas capacidades afectivas. e) Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e de relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos. f) Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión. g) Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas e achegarse á lingua escrita como medio de comunicación, información e gozo. h) Sentir o xesto, o movemento e o ritmo como recursos para a expresión e a comunicación. i) Achegar, na medida das súas posibilidades, o uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Artigo 6. Capacidade do centro A Escola conta con 7 unidades e 95 prazas autorizadas distribuídas en: 2 unidades de 0-1 ano ........................ 8+8 prazas 3 unidades de 1-2 anos ...................... 13+13+13 prazas 2 unidades de 2-3 anos ...................... 20+20 prazas No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idade, os nenos e nenas poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción: Grupos formados por nenos e nenas de ata 2 anos de idade: 1/10. Grupos formados por nenos e nenas de idades comprendidas no tramo 0-3 anos: 1/15. Artigo 7. Calendario e horario de funcionamento A Escola Infantil atópase aberta todo o ano de luns a venres en horario de 7:45 a 18:00 horas. A Escola pecha durante o mes de agosto. No mes de xullo, Nadal e Semana Santa, no centro redúcese o horario sendo este de 8.30 a 15.00 horas. Artigo 8. Servizos básicos que oferta a Escola 1. Atención educativa A Escola Infantil conta con proxecto educativo propio que se axusta na súa estrutura ao Decreto 330/2009 polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 9 / 29
15 l) Supervisar os diversos servizos do centro: comedor, limpeza, etc. m) Fomentar a participación das familias. n) Participar en actividades de formación e promover a formación continua do persoal. o) Comunicar á Vicerreitoría competente as necesidades de mantemento da Escola e outras circunstancias que afecten ao seu funcionamento. 2. Equipo educativo (Mestras/es e Educadoras/es (técnicos): As súas funcións son: a) Establecer os temas de carácter pedagóxico ou metodolóxico. b) Acordar e levar adiante as propostas educativas. c) Planificar e desenvolver actividades da aula como as diferentes festas e celebracións que se realicen, talleres e actividades complementarias. d) Acordar o plan de formación para o persoal. e) En todo momento o persoal educativo estará coordinado polo director ou directora do centro. f) A coordinación entre todo o persoal, para tratar aspectos organizativos xerais do centro, así como a condución da actividade de todo este persoal por parte da dirección do centro. g) Cada grupo de alumnos/as terá asignado un/unha titor/a, que será designado/a pola dirección, e será o/a responsable de levar a cabo na aula as decisións tomadas polo equipo educativo. 3. Persoal de apoio (persoal técnico) Persoal ao coidado da orde, seguridade, entretemento, alimentación, aseo e atención persoal dos nenos e nenas, colaborando en todo momento cos titores/as responsables de cada aula, e baixo a supervisión directa da dirección da Escola. As súas funcións son: a) Atender as necesidades do alumnado da aula na que estea realizando o apoio nese momento. b) Calquera outra función que lle sexa encomendada pola dirección do centro ou titor/a no ámbito das súas competencias. (Neste senso o persoal técnico que non teña aula asignada durante a súa xornada laboral terá a obriga de substituír aos seus compañeiros/as titores/as, facéndose cargo das aulas cando estes se ausenten. Son funcións comúns de todo o persoal educativo e de apoio da Escola: a) Atender as entradas e saídas dos/as nenos/as da Escola no seu conxunto. b) Dar comidas, atender sestas e dar merendas aos nenos e nenas, sempre que estean dentro da súa xornada laboral. c) Interludio inicial coas familias usuarias e posibles provedores, ben sexa vía telefónica ou presencial. 4. Persoal de cociña Cociñeiro/a/os/as. Persoas encargadas da preparación de menús, compra, preparación dos alimentos, responsabilizándose do seu bo estado e preparación, así como da limpeza do local e utensilios de cociña. 5. Persoal de limpeza Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 16 / 29
16 Limpadores/as. É aquel que atende a función da limpeza das dependencias encomendadas, seguindo as instrucións da dirección da Escola. A limpeza será realizada pola empresa responsable do Campus de Santiago de Compostela. Artigo 17. Dereitos e obrigas do persoal a) O/a educador/a realizará a súa función orientado/a na realización dos fins educativos, cooperando coa dirección do centro no cumprimento da normativa vixente en materia de ensino. b) Períodos vacacionais, dereitos establecidos segundo os Estatutos da Universidade e o Convenio Colectivo referente a períodos vacacionais: O persoal que presta os seus servizos nos centros e servizos que pechan no mes de agosto, como no caso do persoal da Escola Infantil Breogán, gozará as súas vacacións durante o mes de agosto coas singularidades de tempo adicional recollidas no convenio colectivo. En calquera caso, deberán seguirse as instrucións que cada ano publica a Xerencia en relación ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS. c) Deberes básicos do profesorado: 1. Extremar o cumprimento das normas éticas que esixe a súa función educativa. 2. Asegurar de xeito permanente o seu propio perfeccionamento educativo e pedagóxico. 3. Colaborar coa dirección do centro no mantemento da convivencia e boa relación académica do centro. d) Horarios: Puntualidade. Todo o persoal deberá estar no seu posto á hora indicada para o seu comezo de xornada, cambiado e listo para comezar a desempeñar as súas funcións. e) Os/as traballadores/as da Escola terán un réxime de xornada continuada que pode non coincidir cos horarios ordinarios de inicio e fin das quendas. Estes horarios serán fixados pola Xerencia, logo dos informes necesarios, tendo en conta a proposta de necesidades do centro. f) Reunións. Realizaranse ao longo de todo o curso dun xeito periódico ou cando a dirección ou as/os educadoras/es o consideren necesario. g) Colaboración en festas e actividades puntuais. Todo/a traballador/a colaborará en festas e actividades puntuais organizadas pola Escola e dentro do seu horario laboral. h) Coidado das aulas. Cada traballador/a terá a obriga de manter o seu posto de traballo nas mellores condicións de orde e hixiene, polo que deberá ordenar e organizar a aula coa frecuencia que sexa precisa. i) Programacións. Cada educador/a - titor/a ten a obriga de elaborar a programación do curso, así como de ter expostas ao público as rutinas diarias da aula. l) Métodos de traballo na Escola. Cada educador/a-titor/a elixirá o seu método de traballo, respectando sempre a liña pedagóxica do centro recollida no Proxecto Educativo do Centro (PEC). Artigo 18. Procedemento para substitucións e imprevistos de persoal Na cobertura de baixas, vacación ou permisos do persoal, así como substitucións ou contratos de persoal seguirase a normativa aplicable e as instrucións da Xerencia da USC. Artigo 19. A Comisión da Escola Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 17 / 29
17 A Comisión da Escola está composta polos seguintes membros: Presidente/a: O/a vicerreitor/a competente na materia ou persoa na que delegue. Vogais: O/a director/a da Escola Infantil que actuará como secretario/a da Comisión. Dous representantes do persoal educador da Escola Infantil, propostos polo equipo pedagóxico. Tres representantes da ANPA, ou nais, pais ou titores legais do alumnado do centro elixidos pola ANPA. Poderá asistir ás reunións da Comisión, con voz pero sen voto, un representante do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado. Os acordos tomaranse por maioría simple, resolvendo, en caso de empate, o/a Presidente/a que exercerá o voto de calidade. 1. Son funcións da Comisión da Escola, entre outras: a. Emitir o informe da convocatoria anual de prazas b. Emitir o informe sobre as reclamacións ás cotas adxudicadas c. Valorar as situacións alegadas para o acceso directo á Escola no caso de nenos e nenas que procedan de situacións familiares con especial necesidade de atención. CAPITULO V. NORMATIVA REFERENTE AOS NENOS E NENAS Artigo 20. Dereitos dos nenos e nenas a) A seren educados/as en igualdade, a ter os mesmos dereitos e posibilidades sen distinción de sexo, cultura, orixe ou relixión. b) A unha educación global, na que se desenvolvan todos os principios básicos e obxectivos do currículo da educación infantil. c) A contaren con educadores/as especializados/as formados con continuidade. d) A seren educados nun ámbito educativo cálido, agarimoso e especializado en educación. e) A que os/as nenos/as reciban unha formación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade. f) A que os/as nenos/as reciban unha formación integral nas dúas linguas oficiais do estado, na medida do posible. Sen prexuízo disto, tratarase de potenciar o uso da lingua galega, pero sempre respectando o dereito dos pais a elixir a lingua con que pretende que se forme aos seus fillos/as. g) A que se respecte a integridade e dignidade persoal dos/as nenos/as. h) Sixilo profesional acerca dos datos ou historia social, sanitaria ou escolar. i) Á intimidade persoal en función das condicións estruturais do centro. l) A recibir un tratamento individualizado de contido educativo cara á súa integración socio familiar, que terá como obxectivos prioritarios a súa protección, educación e formación. m) A seren educados/as para a comprensión, tolerancia e convivencia democrática, posibilitándolles que poidan facer uso das súas opcións de forma libre e persoal. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 18 / 29
18 n) A participación dos pais/ nais/ titores/as ou representantes legais nas actividades educativas como: festas escolares (magostos, nadal, entroido,...), conta-contos, axudas na preparación de materiais para o traballo dos/as alumnos/as. Artigo 21. Normas de saúde e hixiene persoal a) Os/as nenos/as deberán acudir á Escola Infantil en condicións correctas de saúde e hixiene. b) Non serán admitidas/os no centro as/os nenas/os que padezan enfermidades infecto-contaxiosas. A aparición destas enfermidades deberá ser comunicada polas nais, pais, titores/as ou representantes legais á dirección do centro. c) No caso de observárense síntomas dun proceso infecto-contaxioso nos nenos/as no propio centro, avisaranse os seus pais, nais, titores/as, representantes legais, co fin de evitar a propagación da enfermidade entre os demais nenos/as. O reingreso no centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio e tras o informe médico que acredite tal circunstancia. d) No caso de enfermidade ou accidente sobrevido no centro, despois das primeiras atencións in situ e, á maior brevidade posible, poñerase a dita circunstancia en coñecemento da nai, pai, titor/a ou representante legal da/do nena/o e, se é o caso, procurarase que o/a neno/a reciba a atención médica axeitada. e) Cando se produza a falta de asistencia ao centro por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outras circunstancias, a nai, pai, titor/a ou representante legal deberá comunicar este feito á dirección do centro. f) Nos casos nos que se deban administrar medicamentos aos nenos ou nenas e a súa asistencia ao centro estea autorizada polo/a médico/a, a familia axustará a dose fóra dos tempos de permanencia na Escola. g) Naqueles casos excepcionais nos que sexa imprescindible administrárllelas na Escola, estas deberán vir acompañadas da receita médica actualizada á data do tratamento, na que constará o nome do/a neno/a, o nome do medicamento, forma, dose e periodicidade na administración. Non se administrará ningunha medicación que non veña acompañada da autorización por escrito dos pais/nais, titores ou representantes legais, indicando as horas de administración da dose correspondente. h) No caso de que xurda un proceso febril durante o tempo de permanencia na Escola, o persoal tentará de poñerse en contacto cos pais para que pasen a recoller o neno/a e mentres tanto tratará de reducir a febre por medios físicos, de non conseguir contactar cos pais, seguirá as instrucións das autoridades sanitarias previa chamada ao 061. i) Na normativa médica de exclusión distínguense dúas situacións. A primeira inclúe síntomas illados ou simultáneos e a segunda, enfermidades específicas. Esta normativa xunto coas recomendacións de exclusión escolar por causas infecciosas forma parte do Anexo I deste Regulamento. Artigo 22. Normas de alimentación a) A alimentación na Escola debe estar baseada nunha dieta variada e equilibrada. b) Haberá un menú de inverno e outro verán, con anacos e triturados para os nenos e nenas mais pequenos/as. Repítense cada 15 días. c) Os menús publicaranse na páxina Web e no taboleiro da entrada da Escola. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 19 / 29
19 d) Todos os nenos ou nenas que teñan solicitado servizo de comedor ou merenda deberán comer os menús elaborados na Escola. Só poderán traer comida da casa (utilizar servizo de cociña) aqueles que non teñan todos os alimentos introducidos. Unha vez que este proceso remate pasarán a utilizar automaticamente o servizo de comedor. e) Neste caso as familias deben firmar unha autorización facéndose responsable de que a comida que achegan das súas casas está en óptimas condicións. f) No relativo ás alerxias alimentarias, as familias teñen a obriga de informaren puntualmente da existencia de calquera tipo de intolerancia ou alerxia que poida padecer o seu fillo/a. Deben achegar sempre un informe médico que o acredite. g) No centro elabóranse menús especiais sempre que se presente un informe médico onde se indique exactamente a que alimento ou alimentos é alérxico/a. Artigo 23. Normas de vestiario a) A vestimenta e o calzado será o mais cómoda posible para facilitar a súa autonomía persoal (tipo chándal). b) Evitaranse os petos, os botóns e os cintos, especialmente se están co control de esfínteres, sendo preferible que utilicen o calzado sen cordóns. c) Toda a roupa debe estar marcada e colgarase na súa percha. d) A familia debe traer unha muda completa para deixar no centro (calzón/braga, calcetíns, camiseta, pantalón e xersei), que se lles será devolta ao finalizar o curso, e que en caso de necesidade debe repoñerse. e) Os nenos e nenas que utilicen cueiros e toalliñas traerán un paquete cando se incorporen e avisaráselles para a súa reposición. f) Tamén se evitará traer pinzas no pelo ou abelorios de pequeno tamaño que poden resultar perigosos. g) Os/as nenos/as non deben traer obxectos de valor como medallas, cadeas, etc. Igualmente, os nenos/as non deben traer xoguetes ao centro unha vez superado o período de adaptación. Artigo 24. Normas de convivencia Estas normas de convivencia son a base para acadar unha harmonía no día a día: a) Respectar os demais sen condicionalos por sexo, raza, orixe ou relixión. b) Compartir os xogos e xoguetes aceptando que son uns materiais de uso común e non individual. c) Rexeitar a violencia como diálogo, aprendendo a entenderse falando e comprendendo ao outro. d) Cumprir os horarios de entrada e saída así como ser puntual á hora da recollida co fin de que non interrompan outras actividades programadas. e) As ausencias deberán comunicarse para optimizar a organización do centro. f) No caso de producirse algún atraso na hora da recollida do/a alumno/a, é necesario avisar ao centro. g) Estableceranse unhas horas de titoría para cada grupo de alumnos/as. A cita para as titorías solicitarase previamente. Estes horarios estarán expostos no taboleiro de anuncios da Escola. Artigo 25. Uso das dependencias e do material A Escola Infantil, ten unha superficie de 1.377 m2, dos cales 325,02 m2 son de patio exterior, cunha zona de chan de seguridade de caucho reciclado e céspede onde se atopan os tobogáns, casiña de xogos, balancíns… Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 20 / 29
20 O espazo interior distribúese do seguinte xeito: a) Despacho de dirección. b) Corredor central. c) 2 aulas de 0-1 anos con zona de aseo e área de descanso visible e accesible desde a aula. d) 3 aulas de 1-2 anos, compartindo zona de aseo con 1 cambiador e 1 inodoro. Sala de descanso. e) 2 aulas de 2-3 anos, con zona de aseo e cambiador, 2 inodoros e 2 lavabos en cada unha. f) Sala de usos múltiples /comedor. g) Sala de lactación. h) Cociña. i) Baño de persoal(2). l) Planta baixa (3 dependencias). m) Sala de caldeiras. Todas as instalacións compren a normativa arquitectónica, de salubridade e seguridade vixente. a) Todo o material é de uso común, polo que a norma principal será o coidado do mesmo para o posterior goce dos demais. b) As aulas deberán ser respectadas como ambiente educativo, polo que terán a obriga de permanecer ordenadas, limpas e estruturadas para tal fin, por parte das educadoras e dos cativos que as empreguen, manter a orde nun espazo común é obriga en beneficio de todos. c) O comedor tamén poderá ser usado como salón de usos múltiples. d) O material deberá coidarse, manterse ordenado e clasificado nos armarios destinados a este fin, avisando á dirección no caso de precisar reposición Artigo 26. A lingua A lingua empregada é a lingua materna predominante entre o alumnado, tendo en conta a lingua do contorno e coidando que o alumnado adquira de forma oral o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios desta etapa, como indica o decreto 330/2009 do 4 de xuño polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísimo no ensino non universitario de Galicia. Os documentos oficiais da Escola entregaranse en galego . Artigo 27. Fomento da igualdade entre nenos e nenas A Escola é o principal axente educativo da infancia e a xuventude. Nela non só se aprenden coñecementos senón que tamén se adquiren actitudes, valores e normas de comportamento. Na Escola, a educación non sexista implica a participación non só do profesorado senón tamén da familia e a sociedade en xeral. Algunhas das propostas co-educativas dentro da Escola son: a) Observar se as nenas e os nenos amosan na aula ou fóra dela unha actitude respectuosa e tolerante cos demais. b) Dende as primeiras etapas escolares fomentar, nos xogos e dinámicas, que non se discrimine a ninguén. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 21 / 29
21 c) Practicando a inversión de papeis. Por exemplo, facer obras de teatro onde as nenas poidan facer de nenos e os nenos poidan facer de nenas. d) Formar o profesorado para traballar contra o sexismo na Escola. e) Fomentar a creación de talleres co-educativos dirixidos ás nais, pais, titores/as, etc. f) Valorar a diversidade na Escola como unha riqueza social. g) Introducir a perspectiva de xénero en todas as materias escolares. Por exemplo, ensinar que ademais de homes tamén hai mulleres políticas, científicas, filósofas, etc.37 h) Promover a igualdade real entre mulleres e homes. i) Facer visibles ás mulleres en todos os aspectos da súa vida e amosar as experiencias de mulleres na historia. l) Atender a afectividade e sexualidade das nenas e os nenos dun xeito san e responsable. m) Educar no respecto aos diferentes tipos de familias e ás distintas formas de convivencia. n) Favorecer a participación e a convivencia respectando a diversidade. o) Prever os malos tratos e a violencia de xénero. p) Aprender a usar linguaxes que non discriminen a ninguén. q) Reflexionar sobre o que ensinamos e como o ensinamos. CAPÍTULO VI. NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA Artigo 28. Dereitos e obrigas dos/das pais/nais, titores/as e representantes legais Dereitos a) Seren informados da situación do seu fillo/a na Escola: desenvolvemento, actitude, progresos… b) Solicitaren ampliación de dita información en titorías e reunións co/coa educador/a e director/a. c) Seren respectados polos/as educadores/as, director/a e demais persoal da Escola. Deberes/obrigas a) Informaren en todo momento da situación persoal do/a neno/a no referente ao seu proceso educativo na casa e no seu contorno: gustos, aversión, cambio na situación familiar… b) Seren puntuais na hora da entrada e saída dos/as nenos/as. c) Seren puntuais no referente á contribución de material solicitado pola Escola, á devolución de notas e enquisas enviadas pola mesma. d) Respectaren os/ as educadores/as e demais persoal da Escola. e) Cumpriren a normativa no referente á vestimenta, enfermidades, alimentación e descanso. f) Avisaren á Escola do cambio de persoas autorizadas para recoller os/as nenos/as. Artigo 29. Participación e relación cos pais e nais, titores/as e representantes legais A coordinación e o coñecemento da vida na Escola verase facilitado pola participación activa que se fomentará polos seguintes medios: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 22 / 29
22 a) Reunión coas familias previa ao inicio do curso. b) Entrevista inicial dos pais e nais co/coa director/a e o/a educador/a correspondente. c) Contactos diarios co/coa educador/a do alumnado. d) Titorías puntuais cando calquera das partes as soliciten (educador/a ou familia). e) Participación en actividades puntuais: celebracións de festas, saídas da Escola, etc. f) Colaboración na preparación de festas, celebracións, excursións, etc. g) Contacto e colaboración coa Asociación de nais e pais (ANPA). Artigo 30. Instrumentos de información para a familias Manterase contacto diario cos pais e nais, titores/as e representantes legais comentando como pasou o día o neno/a. Os pais e nais que o soliciten poderán manter unha titoría co/a educador/a do seu neno/a, para falar do seu progreso, igualmente poderá solicitala o educador/a para comentar calquera incidencia que tivese lugar. Todos os nenos e nenas teñen unha axenda, onde se anota diariamente comida, descanso, deposicións e outros. Na entrada da Escola están expostos os menús diarios. Outros tipos de avisos son enviados directamente ás familias. CAPÍTULO VII. RÉXIME DE COBRO Artigo 31. Pagamentos Os prezos dos servizos son os que se establecen na convocatoria anual. Ao inicio do curso adxudicaranse as cotas e prezos que teñen que aboar os que obteñan unha praza. Para isto terase en conta a Renda Persoal Dispoñible (RPD) que se calculará de acordo co procedemento descrito na convocatoria. Artigo 32. Forma e período de pago a) As cotas deberán ser aboadas nos cinco primeiros días de cada mes. b) O servizo administrativo que xestiona a Escola Infantil enviará mensualmente á conta bancaria indicada polo/a usuario/a o recibo correspondente. c) Os cambios de xornada deberán ser solicitados como mínimo no mes anterior ao afectado polo cambio, de non ser así, aboarase a contía contratada. d) A non asistencia do neno/a ao centro durante un período determinado non supón redución ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 23 / 29
23 CAPITULO VIII. NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA DO CENTRO Artigo 33. Medidas de seguridade e hixiene A Escola Infantil Breogán conta coas seguintes medidas de seguridade e hixiene en todas as súas instalacións: a) Limpeza e desinfección das aulas, diario, con produtos específicos para baños e chan. b) Desinfección e esterilización de chupetes e biberóns con desinfectante propio para este fin, comprado en farmacia. c) Limpeza diaria de espellos. d) Limpeza frecuente de xoguetes da aula. e) Servizo de lavandaría. f) Uso de colectores hixiénicos para os cambios de cueiro, dos que evitan olores. g) Uso de antipilladedos en todas as portas. h) Desinfección, desratización e desinsectación en toda a Escola dúas veces ao ano. i) Control das comidas con recolección de comidas-testemuña. l) Análise de auga unha vez ao ano. Ademais o centro conta con: a) Plan de autoprotección implantado polas OSHAS. b) Póliza de responsabilidade civil e de accidentes. c) Libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. d) Proxecto educativo a disposición dos/das pais e nais. e) Libro de rexistro de usuarios. Artigo 34. Protección de datos De conformidade co Regulamento UE 2016/679 e a Lei orgánica 3/2018 de protección de datos e garantía de dereitos dixitais, os datos recadados serán tratados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de: “Xestión de persoas físicas ás cales a Universidade de Santiago de Compostela lles oferte e preste os seus servizos non académicos. Os usos previstos son os de xestión das actividades que oferte a USC e facilitarlle información sobre servizos e actividades universitarias”. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 24 / 29
24 DISPOSICIÓN DERROGATORIA Queda derrogado o Regulamento da Escola Infantil aprobado pola Xunta de Goberno da Universidade na súa sesión do 30 de xaneiro de 1992. ENTRADA EN VIGOR O presente Regulamento entrará en vigor, logo da súa aprobación polo Consello de Goberno da USC, ao día seguinte da súa publicación no Taboleiro Electrónico. ANEXO I NORMATIVA MÉDICA DE EXCLUSIÓN Causas médicas de exclusión, sen prexuízo das normas e recomendacións ditadas polas autoridades sanitarias competentes en atención ás circunstancias concorrentes: A) EXCLUSIÓN POR SÍNTOMAS 1. Temperatura elevada mantida (38º C ou máis). 2. Vómitos repetidos (dous ou máis). 3. Diarrea líquida (dúas ou máis deposicións), sobre todo se estivese acompañada de febre. 4. Tose intensa, que impida a actividade normal. 5. Dificultade respiratoria. 6. Secreción purulenta nos ollos. 7. Dor intensa, de calquera localización. 8. Erupción e coloración anormal da pel. 9. Coloración anormal dos ouriños. 10. Sempre que o/a neno/a, polo motivo que sexa, non poida seguir o desenvolvemento normal das actividades da Escola. B) EXCLUSIÓN POR ENFERMIDADE (especifícase o período de incubación) 1. Infección respiratoria das vías altas e otite media aguda. Mentres dure a temperatura elevada e o malestar xeral do neno/a que lle impida a actividade normal (un a dez días). 2. Infección respiratoria das vías baixas. Mentres dure a temperatura elevada, o malestar xeral do neno/a e a dificultade respiratoria que lle impida a actividade normal (un a dez días). 3. Conxuntivite. Se é purulenta, ata iniciar o tratamento adecuado (un a tres días). 4. Tose ferina. Ata levar sete días de tratamento (cinco a dez días). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/841A-597E-4DCE-AF15 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 841A-597E-4DCE-AF15 25 / 29