scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O acaparamento de terras en África: un ensaio de caracterización dos axentes instigadores

Medín Carracedo, Pablo

Abstract

Desde 2007, o acaparamento de terras aumentou drasticamente en todo o mundo. Este traballo céntrase en África, a rexión máis afectada por este proceso. A confluencia de varias crises en relación co prezo dos combustibles e dos alimentos fixo saltar as alarmas a nivel internacional, especialmente entre os países e as grandes empresas do norte global, por facerse con terras en países empobrecidos do sur con grande cantidade de recursos e baixas rendas. O obxecto deste traballo é caracterizar os países e axentes instigadores no acaparamento de terras en África, tanto de orixe como de destino dos investimentos, así como as causas e consecuencias, positivas e negativas, producidas por este fenómeno. Para isto faise unha relación entre diversas variables a partir da base de datos de contratos sobre a terra de Land Matrix e de outros organismos como a FAO ou o Banco Mundial. A conclusión do traballo é que o acaparamento de terras implica unha forte ameaza para o desenvolvemento dos países empobrecidos de África. As súas consecuencias son especialmente notorias para os colectivos máis pobres e vulnerables.

Full text

Xeografía e Ordenación do Territorio Traballo de Fin de Grao O acaparamento de terras en África: un ensaio de caracterización dos axentes instigadores Autor: Pablo Medín Carracedo Titor: Valerià Paül Carril Departamento: Xeografía Curso: 2021-2022 Resumo: Desde 2007, o acaparamento de terras aumentou drasticamente en todo o mundo. Este traballo céntrase en África, a rexión máis afectada por este proceso. A confluencia de varias crises en relación co prezo dos combustibles e dos alimentos fixo saltar as alarmas a nivel internacional, especialmente entre os países e as grandes empresas do norte global, por facerse con terras en países empobrecidos do sur con grande cantidade de recursos e baixas rendas. O obxecto deste traballo é caracterizar os países e axentes instigadores no acaparamento de terras en África, tanto de orixe como de destino dos investimentos, así como as causas e consecuencias, positivas e negativas, producidas por este fenómeno. Para isto faise unha relación entre diversas variables a partir da base de datos de contratos sobre a terra de Land Matrix e de outros organismos como a FAO ou o Banco Mundial. A conclusión do traballo é que o acaparamento de terras implica unha forte ameaza para o desenvolvemento dos países empobrecidos de África. As súas consecuencias son especialmente notorias para os colectivos máis pobres e vulnerables. Resumen: Desde 2007, el acaparamiento de tierras ha aumentado drásticamente en todo el mundo. Este trabajo se centra en África, la región más afectada por este proceso. La confluencia de varias crisis en relación al precio de los combustibles y alimentos ha encendido las alarmas a nivel internacional, especialmente entre países y grandes empresas del norte global, por apropiarse de tierras en países empobrecidos del sur con grandes cantidades de recursos y bajas rentas. El objetivo de este trabajo es caracterizar los países y agentes implicados en el acaparamiento de tierras en África, tanto de origen como de destino de las inversiones, así como las causas y consecuencias, positivas y negativas, que produce este fenómeno. Para ello se hace una relación entre diversas variables de la base de datos de contratos de tierras de Land Matrix y otras agencias como la FAO o el Banco Mundial. La conclusión del trabajo es que el acaparamiento de tierras representa una fuerte amenaza para el desarrollo de los países empobrecidos de África. Sus consecuencias son especialmente notorias para los grupos más pobres y vulnerables. Abstract: Since 2007, land grabbing was a phenomenon that increased drastically throughout the world. This project focuses on Africa, the most affected region by this process. The confluence of several crisis in relation to the price of fuel and food pushed especially the countries and large companies of the global north to acquire land in impoverished countries of the south with large amounts of resources and low incomes, especially the countries and big companies of the global north. The purpose of this project is to characterize the countries and agents involved in land grabbing in Africa, both the origin and destination of the investments, as well as the causes and consequences, positive and negative, produced by this phenomenon. In order to achieve this, a relationship is made between various variables from the Land Matrix database of land contracts and from other organizations such as the FAO or the World Bank. The conclusion of the project is that land grabbing entails a serious threat to the development of impoverished countries in Africa. Its consequences are especially notorious for the poorest and most vulnerable groups. Palabras chave: Acaparamento de terras, agricultura, despoxo, empobrecemento, África. Palabras clave: Acaparamiento de tierras, agricultura, desposesión, empobrecimiento, África. Key words: Land grabbing, agriculture, dispossession, impoverishment, Africa. ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN ................................................................................................................... 1 2. UN ACHEGAMENTO TEÓRICO AO ACAPARAMENTO DE TERRAS .................... 2 2.1. BREVE CONTEXTO HISTÓRICO DO ACAPARAMENTO DE TERRAS ......... 3 2.2. CARA A UNHA CARACTERIZACIÓN DOS TIPOS DE INVESTIDORES ........ 4 2.3. DÚAS PERSPECTIVAS DISOCIADAS .................................................................. 5 2.4. A PROPOSTA DUN CÓDIGO DE CONDUTA ...................................................... 7 2.5. CATEGORIZANDO OS CAMBIOS NOS USOS DA TERRA ............................ 10 2.6. AS RELACIÓNS DE PROPIEDADE COA TERRA ............................................. 13 2.7. PRINCIPAIS CONSECUENCIAS DO ACAPARAMENTO DE TERRAS ......... 13 2.8. IDEAS CHAVE SOBRE O ACAPARAMENTO DE TERRAS ............................ 16 3. METODOLOXÍA................................................................................................................ 17 4. RESULTADOS .................................................................................................................. 24 4.1. CUANTIFICACIÓN DAS TRANSACCIÓNS ......................................................... 24 4.2. DESTINO DOS INVESTIMENTOS ........................................................................ 25 4.3. QUEN INVISTE NOS PAÍSES AFRICANOS? ..................................................... 30 4.4. CARACTERIZACIÓN DAS TERRAS ACAPARADAS ........................................ 35 4.5. FLUXOS COMERCIAIS DOS PAÍSES ACAPARADORES E DOS ACAPARADOS ..................................................................................................................... 42 4.6. CONSECUENCIAS DO ACAPARAMENTO ........................................................ 48 5. DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS .................................................................................... 51 BIBLIOGRAFÍA ......................................................................................................................... 53 1 1. INTRODUCIÓN Entre os anos 2007 e 2015 produciuse un drástico aumento dos acaparamentos de terras a raíz dunha serie de crises a nivel mundial. Por un lado, o incremento dos prezos dos alimentos, tanto polo aumento da demanda como polas restricións de diversos países produtores á exportación (Aabø e Kring, 2012 e Zaehringer et al., 2021), o que puxo en perigo a seguridade alimentaria de varios estados. Por outro lado, a suba constante dos prezos do petróleo, que impulsou a produción de cultivos destinados á elaboración de biocombustibles (Acheampong e Campion, 2014 e Alhassan et al., 2018). Ambas razóns impulsaron a mercantilización da terra e o xurdimento de influxos financeiros que centraron o investimento cara á adquisición de terreos (Genoud, 2018). O acaparamento de terras non é un fenómeno novo, pois remóntase á época colonialista. Porén, esta última onda presenta características propias, como a aparición dos entes privados como principais actores do acaparamento, de xeito que exercen unha influencia máis económica que territorial (Harvey, 2003). En relación coa súa procedencia, tradicionalmente os investimentos en terras en África eran monopolizados por países europeos, seguidos de Estados Unidos e Canadá. Posteriormente novos actores empezaron a ser partícipes deste proceso. Países asiáticos como Xapón ou Corea do Sur e máis tarde China ou a India. Tamén cobraron grande presenza investidores do Golfo Pérsico, tales como Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos ou Qatar (Anseeuw et al., 2012). As consecuencias do acaparamento de terras a miúdo soen implicar un empeoramento das condicións de vida das poboacións locais e unha ameaza contra o medio ambiente. Por un lado, ponse en perigo a seguridade alimentaria e o sustento económico das familias ao privalas dos que tradicionalmente foron os seus medios de vida (Borrás e Franco, 2010; Anseeuw et al., 2012; Alhassan et al., 2018). Por outro lado, o acaparamento de terras é un forte impulsor da deforestación e causante da desaparición de humidais e outros ecosistemas de gran valor (Borrás e Franco, 2010; Zaehringer et al., 2021). Paralelamente isto diminúe a capacidade de absorción de CO2 dos bosques, ao reducir drasticamente a masa forestal (Franco e Borrás, 2021). 2 O seguinte estudo trata de analizar os diferentes axentes partícipes no acaparamento de terras en África, tanto de orixe como de destino dos investimentos, e as consecuencias derivadas deste proceso. Para isto realízase unha análise de diferentes variables a partir da base de datos de Land Matrix e doutras institucións, como o Banco Mundial ou a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). 2. UN ACHEGAMENTO TEÓRICO AO ACAPARAMENTO DE TERRAS Durante as últimas dúas décadas o acaparamento de terras converteuse nun fenómeno de grande interese para diversos movementos relacionados coa tenza da terra e a seguridade e a soberanía alimentarias. Así, fóronse facendo eco del tanto os axentes implicados como varias ramas dentro da literatura científica. Este fai referencia á gran cantidade de operacións comerciais, nacionais e transnacionais, de terra que xiran en torno á produción de alimentos e biocombustibles (Borrás e Franco, 2010), principalmente para a exportación (Borrás e Franco, 2011). O acaparamento de terras vive o seu auxe a partir do 2007-2008 (Anseeuw et al., 2012; Aabø e Kring, 2012; Genoud, 2018 e Zaehringer et al., 2021), coincidindo cunha serie de crises a nivel mundial. En primeiro lugar, produciuse un grande aumento de prezos nos alimentos polo crecemento da demanda nos países do norte global (Zaehringer et al., 2021), o que se viu agravado por restricións a exportación de alimentos en moitos países produtores, sendo aqueles máis dependentes das importacións os que sufriron un forte impacto sobre a súa seguridade alimentaria (Aabø e Kring, 2012). Simultaneamente, a suba nos prezos do petróleo levou a que os cultivos destinados a biocombustibles cobraran un grande protagonismo, como resposta ás preocupacións en relación á seguridade enerxética e ao cambio climático, chegando a conformar unha parte central nos plans gobernamentais de desenvolvemento en moitos países (Acheampong e Campion, 2014 e Alhassan et al., 2018). Isto contribuíu a un certo cambio de uso dos cultivos dende a produción de alimentos á xeración de recursos enerxéticos, que tamén supuxo un incremento do prezo dos alimentos en torno a un 20-30% (Aabø e Kring, 3 2012). Ao mesmo tempo, a forte recesión financeira a nivel global, que tivo comezo en setembro de 2007 coa creba de Lehman Brothers, redirixiu moitas das inversións cara novos produtos e sectores, o que incluíu á agricultura (Aabø e Kring, 2012). A dimensión financeira é un elemento novidoso dentro do acaparamento de terras contemporáneo, que hai que engadir aos actores agrícolas tradicionais toda unha serie de influxos financeiros que dan lugar a unha mercantilización da terra, que pasará a verse como activo condicionado pola especulación (Genoud, 2018). O actual contexto de variacións en relación cos prezos dos alimentos e dos combustibles tamén levou á popularización de certos cultivos que ofrecen a posibilidade de derivarse a diversos usos, en función da previsión de rendibilidade. Son os coñecidos como cultivos flexibles, tales como a solla, a cana de azucre, o aceite de palma ou o millo (Genoud, 2018). 2.1. BREVE CONTEXTO HISTÓRICO DO ACAPARAMENTO DE TERRAS Historicamente empresas e gobernos do norte global estiveron interesados nas terras do sur, desposuíndo a campesiños e indíxenas e empeorando as condicións ambientais (Borrás e Franco, 2010). Xa dende o proceso de descolonización posterior á Segunda Guerra Mundial, a autonomía política dos novos estados era relativa e estivo sometida a numerosas presións por parte das antigas metrópoles e outras potencias. Parte desas presións derivaron no xurdimento de políticas de reforma agraria e da propiedade que favoreceron a adquisición de terras por parte das empresas e axentes económicos dominantes do norte (Akram-Lodhi et al., 2007). As circunstancias foron diversas nos diferentes países, dende revolucións campesiñas que dan lugar a políticas redistributivas ata reformas agrícolas e de propiedade co obxectivo de lexitimar o poder dunha facción da elite ou o centralismo estatal (Akram-Lodhi et al., 2007). Con frecuencia as elites nacionais posteriores á independencia dos países tras o proceso descolonizador aproveitaron as súas posicións privilexiadas para investiren nas terras dos seus países, especialmente en África, con preferencia de aquelas con maior potencial para seren explotadas. Esta circunstancia caracterizaría os investimentos en terras africanas anteriores á confluencia de 4 crises dos anos 2007 e 2008, e os actores nacionais foron os que abrangueron a gran parte das operacións (Aabø e Kring, 2012). Posteriormente ás crises de 2007 e 2008, o renovado interese pola terra empurrou a actores externos a involucrarse na compra de terras cultivables de África. Isto implicou o sector privado (dende agronegocios ata bancos de inversión), os estados con inseguridade alimentaria e hídrica e os fondos soberanos dunha forma nova ata o momento, movidos por motivos xeopolíticos e financeiros, alén da produción de alimentos e outras materias para o mercado global e local (Aabø e Kring, 2012). A partir de entón comezan a xurdir protestas dende movementos de activistas que se opoñen á compra masiva de terras avogando pola xustiza ambiental e social no mundo agrario dos países empobrecidos. Isto dá lugar ao xurdimento do concepto de “acaparamento de terras” dende a óptica da crítica ás correntes clásicas de desenvolvemento, as cales absorberán o concepto coa intención de despolitizalo e reformulalo como unha oportunidade que beneficia a expansión da agroindustria en favor dos pobres da sustentabilidade ambiental (Borrás e Franco, 2010). Estes novos actores públicos e privados caracterizan o imperialismo contemporáneo, a diferenza do que acontecía no pasado, cando os estados o exercían exclusivamente. Ademais, a influencia destes é máis de tipo económica que territorial (Harvey, 2003), aínda que as consecuencias espaciais sexan notorias. A dimensión internacional que acada o acaparamento de terras fai que pase a ser un tema central dende a perspectiva da gobernanza global, pois pasan a estar implicados varios actores transnacionais, dende o ámbito público ata o privado (Margulis et al.,2013), cando tradicionalmente non era un asunto de grande interese a esta escala. 2.2. CARA A UNHA CARACTERIZACIÓN DOS TIPOS DE INVESTIDORES Borrás e Franco (2010) caracterizan o fenómeno do acaparamento de terras contemporáneo como un proceso de actores económicos de “gobernos nacionais de países ricos en fondos e pobres en recursos” que están a buscar “países pobres en fondos e ricos en recursos”, pero a realidade é moi complexa 5 como para obter unha imaxe clara do tipo de investidores implicados. Segundo Anseeuw et al. (2012) son tres os grupos aos que se poden asociar a orixe dos investimentos en función da nacionalidade: países do norte global, estados do Golfo Pérsico e países emerxentes. Respecto ao norte global, principalmente trátase de países europeos xunto EEUU e Xapón. Estes países tradicionalmente monopolizaron os investimentos estranxeiros en terras africanas. O segundo grupo implicaría todos aqueles países do Golfo Pérsico que obteñen grandes ingresos derivados da explotación de combustibles fósiles. Porén, a súa capacidade para produciren alimentos ou outro tipo de cultivos se ve altamente condicionada polas súas características climáticas adversas. É o caso de Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Qatar ou Bahrein. En terceiro lugar estarían toda unha serie de países emerxentes no acaparamento de terras con circunstancias moi diversas. Un caso é Corea do Sur, cunha gran poboación e unha forte industria demandante de recursos. Tamén se atopan na mesma situación Sudáfrica, cunha forte presenza rexional no sur do continente, ou India e China, os dous países máis poboados do mundo, que precisan dunha gran cantidade de terreo para produciren alimentos e outros recursos para a súa poboación. De feito, China aumentou drasticamente a súa presenza en África nas últimas dúas décadas ata converterse a día de hoxe no principal socio comercial da maioría de países do continente. 2.3. DÚAS PERSPECTIVAS DISOCIADAS Como xa se mencionou, a raíz da explosión de adquisición de terras a partir das crises de 2007-2008, xorden varios movementos contrarios a este tipo de actividade. Grupos como Genetic Resources Action International (GRAIN), Foodfirst Information and Action Network (FIAN) ou La Vía Campesina, entre outros, foron pioneiros na denuncia dos efectos negativos que as adquisicións a gran escala de terras están a xerar (Borrás e Franco, 2010). Un dos primeiros informes publicados nesta liña foi “Seized: The 2008 Landgrab for Food and Financial Security (GRAIN, 2008). Este traballo denuncia os acaparamentos de terras como violacións dos dereitos humanos (German e Braga, 2019). No entanto, fóra de establecerse un consenso, dende os círculos clásicos do 12 As subcategorías de cambio máis controvertidas son as dos tipos A2, B1, C2 e D2 (Figura 2). En efecto, trátase de producións de grandes multinacionais, xeralmente estranxeiras, destinadas á exportación e que poñen en risco a soberanía alimentaria e enerxética dos países onde se produce o acaparamento. Tiveron un importante auxe tras a confluencia de crises do 2007 e 2008 (Borrás e Franco, 2010; Aabø e Kring, 2012; Anseeuw et al., 2012; Genoud, 2018; Zaehringer et al., 2021) que impulsou a diversos actores internacionais a protagonizar o actual acaparamento de terras en África. Cómpre mencionar que dentro das categorías A2 e C2 resulta importante diferenciar entre a produción de alimentos para a poboación e a de cultivos forraxeiros para a elaboración de pensos baratos para o crecente complexo cárnico mundial. En referencia a este último é destacable o fugaz crecemento do sector en Asia, nun primeiro momento por parte de Xapón e Corea e, máis recentemente, de China, quen está a realizar grandes investimentos en terras para a produción de cultivos destinados a pensos (Jakobsen e Hansen, 2019). Tamén cómpre facer unha anotación en relación coas subcategorías C3, C4, D3 e D4. Moitas destas terras son clasificadas como “marxinais” ou “improdutivas”, o que supón caer no denominado “proceso de simplificación estatal” (Scott, 1998 apud Borrás e Franco 2010). Esta dinámica comporta obviar realidades presentes no territorio, como as complexas relacións sociais entre as xentes e as terras. Moitas destas simplificacións estatais realízanse deliberadamente para deixar de lado estas realidades e así facilitar novos acaparamentos de terras (Borrás e Franco, 2010) Esta clasificación elaborada por Borrás e Franco (2010) é unha simplificación da realidade, que a miúdo é máis complexa ca como se amosa. A veces os cambios de categoría non supoñen unha mudanza nos cultivos se estes poden destinarse a usos múltiples. Este é o caso dos cultivos flexibles, como a soia, a cana de azucre, o aceite de palma ou o millo, que poden ser empregados como alimento, combustible, penso ou mesmo para usos industriais; xa abranguen unha cuarta parte da produción das terras acaparadas (Genoud, 2018). 13 2.6. AS RELACIÓNS DE PROPIEDADE COA TERRA As relacións de propiedade da terra asociadas ao actual acaparamento de terras pódense concretar en dúas realidades: os grupos sociais dominantes e as terras non privadas (Borrás e Franco, 2010). Os primeiros dispoñen de certas vantaxes de acceso á terra, polo xeral por seren grandes propietarios ou ben teren as ferramentas para adquirila. En relación coas chamadas “terras non privadas”, tamén coñecidas como “terras públicas”, trátase dunha simplificación que engloba unha categoría moi ampla/abranguente de espazos con relacións moi complexas que tenden a obviarse a favor de facilitar a súa comercialización. En ambos os dous casos existe un obxectivo común: a mercantilización a través de títulos de propiedade para apropiarse do seu valor produtivo e das forzas de traballo excedentes derivadas da perda dos medios de vida asociados a esa contorna (Harvey, 2003; Tesema, 2021). As destinatarias desa mercantilización serán principalmente empresas transnacionais e outros entes, maioritariamente estranxeiros, interesados na adquisición de terras a longo prazo. O Estado xoga un papel moi importante na creación dun contexto lexislativo favorable para o acaparamento, con políticas deliberadamente orientadas a facilitar o control sobre a terra a empresas transnacionais, institucións e diversos entes estranxeiros, así como ás elites nacionais sobre as poboacións locais (Borrás e Franco, 2010). Todo isto xera unha clara dicotomía entre perdedores desposuídos e gañadores que acumulan capital (Borrás e Franco, 2021). Como consecuencia, refórzanse as ideas de Harvey (2003) acerca de como o estado conforma un ente central que garante os intereses das clases dominantes e das grandes multinacionais, o que comporta o aumento das desigualdades sociais e económicas pola acción das administracións públicas. Así, os gobernos tenden a levar a cabo políticas non redistributivas ou de concentración, que contribúen a preservar un statu quo marcado polas diferenzas sociais e económicas e en concentrar o poder nunhas poucas mans (Borrás e Franco, 2010). 2.7. PRINCIPAIS CONSECUENCIAS DO ACAPARAMENTO DE TERRAS Dende o ámbito académico existe unha gran preocupación polas consecuencias que se están a xerar a raíz do acaparamento de terras producido pola confluencia de crises mundiais que tiveron lugar desde 2007 e 2008 (Borrás e 14 Franco, 2010). A mercantilización e privatización da terra están a ocasionar a expulsión da poboación, a perda dos seus medios de vida e a apropiación da forza de traballo por parte das multinacionais e outros entes partícipes no proceso (Harvey, 2003; Tesema, 2021). A pesar dalgúns beneficios visibles xerados a partir destes últimos, como oportunidades de emprego e mellora de infraestruturas e servizos, o balance soe ser claramente negativo (Alhassan et al., 2018; Zaehringer et al., 2021). En relación coa xeración de emprego, a bibliografía dispoñible amosa diversidade de posicións, aínda que tende a orientarse cara a unha visión crítica do acaparamento de terras neste sentido. A gran variedade de explotacións agrícolas que hai en África dá lugar a unha grande heteroxeneidade de circunstancias, pero polo xeral o tipo de empregos xerados soe ser de carácter informal e mal remunerados (Acheampong e Campion, 2014; Alhassan et al., 2018). Ademais, resulta difícil estimar a perda de empregos pola desaparición dos medios de vida autóctonos como consecuencia do acaparamento e se realmente os novos postos xerados son suficientes como para compensar esa carencia, mais autores como Borrás e Franco (2010), Anseeuw et al. (2012), Alhassan et al. (2018) e Zaehringer et al. (2021) defenden que non. A seguridade alimentaria nos fogares agrícolas é outro elemento que se ve gravemente comprometido polo acaparamento de terras (Borrás e Franco, 2010; Acheampong e Campion, 2014; Alhassan et al., 2018; Zaehringer et al., 2021). Se ben é certo que os investimentos agrícolas a grande escala contribúen normalmente á mellora da produtividade, non o é menos que o desprazamento das poboacións e a falla de acceso ás terras que anteriormente eran cultivadas por esas poboacións autóctonas impiden que os locais participen dos beneficios deses incrementos agrarios. Isto é especialmente problemático no contexto africano, onde máis do 70% da man de obra traballa no sector terciario e depende do acceso á terra en maior ou menor medida para o seu sustento (Aabø e Kring, 2012), polo que se trata de colectivos altamente vulnerables. Ademais, cando se xeran desprazamentos, estes case sempre son dende solos agrícolas de gran calidade cara a outros menos fértiles (Alhassan et al., 2018). A prestación de servizos tamén está directamente relacionada co acaparamento de terras, mais a grande heteroxeneidade de casos dificulta valorar se o seu 15 efecto é positivo ou negativo. No caso da educación, esta está claramente vinculada á obtención de ingresos para poder afrontar os gastos escolares, mais cando os ingresos son baixos o tempo destinado ao traballo sempre se antepón á educación (Alhassan et al., 2018). A sanidade, ao igual que a educación, depende en gran medida dos investimentos que prometen realizar os investidores das terras como forma de compensación, aínda que non sempre se materializan (Borrás e Franco, 2010; Anseeuw et al., 2012). Por outra parte, a mellora das infraestruturas tamén soe estar moi condicionada polos investimentos dos investidores, os cales tenden a priorizar aquelas vías de comunicación, telecomunicación e transporte eléctrico que favorezan os seus intereses, aínda que en certos casos poden resultar beneficiosos para as comunidades próximas (Anseeuw et al., 2012; Alhassan et al., 2018). A xeración de ingresos por parte dos fogares involucrados tamén se viu amplamente comprometida pola perda de acceso ás terras que anteriormente cultivaban e a desaparición dos medios de vida que estas proporcionaban (Acheampong e Campion, 2014; Alhassan et al., 2018; Zaehringer et al., 2021). Isto forza os fogares a adoptaren complexas estratexias para a súa subsistencia (Borrás e Franco, 2010; Alhassan et al., 2018). A nivel ambiental as consecuencias tamén son notorias. Os investimentos agrícolas a grande escala impulsan a deforestación (Borrás e Franco, 2010; Zaehringer et al., 2021) e a desaparición de humidais e outros ecosistemas de gran valor (Borrás e Franco, 2010; Anseeuw et al. 2012; Zaehringer et al., 2021). Asemade, a instalación de sistemas de rego modernos aumenta a presión sobre os recursos hídricos existentes, especialmente en contextos de seca (Zaehringer et al., 2021). Alén disto, os investidores estanse a decantar por aquelas terras cun mellor acceso á auga, restrinxindo o das poboacións locais, e, amais, estes investidores aumentan amplamente o consumo deste recurso preciado (Anseeuw et al., 2012). Autores como Franco e Borrás (2021) tamén afirman que as políticas permisivas co acaparamento reforzan as estruturas e institucións antidemocráticas que contribúen significativamente ao cambio climático e fan unha especial énfase na tala indiscriminada de árbores e a conseguinte perda de capacidade de absorción de CO2. Mesmo aquela categoría de acaparamento denominada como “verde”, que fai referencia á reforestación como forma de 16 compensación polas emisións de CO2, recibe críticas. En efecto, trátase dun medio para aumentar a cantidade de gases de efecto invernadoiro que poden emitir as empresas que están detrás do fenómeno, sen que iso evite todo o resto de consecuencias negativas asociadas ao acaparamento. 2.8. IDEAS CHAVE SOBRE O ACAPARAMENTO DE TERRAS Existe na actualidade un contexto mundial de febre pola adquisición de terras derivado da confluencia de crises dos anos 2007 e 2008 (Borrás e Franco, 2010; Aabø e Kring, 2012; Alhassan et al., 2018) que implica unha serie de problemáticas. Si ben é certo que as áreas rurais dos países empobrecidos precisan investimentos no sector agrícola para aumentar a produtividade (Aabø e Kring, 2012), na práctica aqueles estados que están propoñendo marcos regulatorios favorables á adquisición de terras por parte de grandes transnacionais e outros axentes estranxeiros soamente están lastrando o seu potencial desenvolvemento e prexudicando o benestar das poboacións rurais (Alhassan et al., 2018). O acaparamento de terras, tal e como se desenvolve a día de hoxe, supón unha forte ameaza para as poboacións rurais afectadas e para o desenvolvemento dos países nos que se dá o fenómeno (Borrás e Franco, 2010; Aabø e Kring, 2012; Alhassan et al., 2018; Zaehringer et al., 2021). Ademais implica toda unha serie de efectos negativos a nivel ambiental tales como o agravamento do cambio climático, o fortalecemento de situacións de estrés hídrico, a contaminación de solos ou a destrución de ecosistemas naturais de gran valor (Anseeuw et al., 2012; Franco e Borrás, 2021; Zaehringer et al., 2021). Dende os círculos preponderantes do desenvolvemento a defensa de instrumentos de tenza formal como medio para garantir os dereitos da sociedade en xeral é defendido como un elemento clave. Non obstante, boa parte da crítica oponse a esta perspectiva e argumenta que a privatización da terra non é máis que un requisito para a súa mercantilización a favor das grandes transnacionais e diversos axentes públicos e privados do norte global (Harvey, 2003; Borrás e Franco, 2010), sen que se produzan evidencias de efectos positivos para as poboacións locais e sendo en moitos casos a fonte de conflito (German e Braga, 2019). Segundo Franco e Borrás (2021) é a política de distribución da terra, e 17 non a seguridade na súa tenza, a chave sobre a que recaen as grandes problemáticas asociadas ao acaparamento, polo que é preciso promocionar marcos legais que propoñan medidas redistributivas que brinden acceso á terra aos máis desfavorecidos, especialmente ante o contexto africano de gran dependencia de agricultura para o autoconsumo. Asemade, a defensa da privatización de terras por parte dalgunhas institucións clásicas do desenvolvemento, tales como a FAO ou o Banco Mundial, resulta contraditoria coa recente crítica que realizan sobre o acaparamento de terras, xa que os marcos lexislativos favorables á mercantilización favorecen este fenómeno (Borrás e Franco, 2010; Franco e Borrás, 2021). A aplicación do código de conduta proposto polas institucións clásicas do desenvolvemento tampouco é unha solución válida para a problemática do acaparamento de terras, que precisa de marcos regulatorios que controlen os excesos provocados polos investidores e que se enfoquen nos colectivos máis vulnerables (Borrás e Franco, 2010; Alhassan et al., 2018; Tesema, 2021; Zaehringer et al., 2021). Autores como Acheampong e Campion (2014) propoñen que os investimentos deben desenvolverse de forma que favorezan os medios de vida dos pequenos agricultores e onde estes poidan ser partícipes dos beneficios das explotacións, garantindo a súa seguridade alimentaria e necesidades enerxéticas. 3. METODOLOXÍA Para o estudo empírico realizado empregáronse diferentes bases de datos. A principal delas foi Land Matrix, unha iniciativa levada a cabo polo Centro para o Desenvolvemento e o Medio Ambiente da Universidade de Berna, o Centro de Cooperación Internacional en Investigación Agronómica para o Desenvolvemento, o Instituto Alemán de Estudios Globais e de Área, a Sociedade Alemá para a Cooperación Internacional e a Coalición Internacional da Terra, xunto a outros cooperadores a redor do mundo. Nesta base recompílase datos sobre acordos de transaccións de terras nos cinco continentes, así como diversas características en relación coas partes contratantes, a súa natureza pública ou privada, os países de procedencia ou 18 destino dos investimentos, o estado das terras, os usos e cultivos aos que se dedican, etc. Outras variables de tipo estatal foron obtidas a través de bases de datos institucionais como o Banco Mundial ou a FAO, tales como as exportacións e importacións de alimentos, o estrés hídrico ou as superficies nacionais de terras cultivables ou área selvática. Tamén se fixo uso de outras bases de datos, como a do portal web “resourcetrade.earth”, elaborado por Chatham House, unha organización dedicada ao estudo de asuntos internacionais. Dela obtívose información en relación cos intercambios comerciais de produtos agrícolas de diferentes estados. A esta hai que sumar a información obtida de Ayuda en Acción, unha organización sen ánimo de lucro que anualmente elabora un índice de fame global. VARIABLE FONTE ANOTACIÓNS Ano no que se realizou o contrato Land Matrix Para o seguinte estudo so se empregaron os comprendidos entre o 2000 e o 2020 Área cultivable dos países Banco Mundial Dos anos 2000 e 2018 (último ano dispoñible) Área do terreo Land Matrix Área dos países Banco Mundial Área selvática dos países Banco Mundial Dos anos 2000 e 2020 (último ano dispoñible) Balance de exportacións de alimentos Banco Mundial Porcentaxe de exportación de alimentos respecto ao valor total de mercadorías no 2018 (último ano dispoñible) Balance de importacións de alimentos Banco Mundial Porcentaxe de importación de alimentos respecto ao valor total de mercadorías no 2018 (último ano dispoñible) Cultivos Land Matrix Clasificación dos diferentes tipos de cultivos plantados nos terreos. Estado de implementación Land Matrix Clasificación das terras segundo sexan operativas, proxectos abandonados, proxectos non comezados ou en proceso de posta en marcha. Exportación de alimentos Resource Trade Exportación dos diferentes tipos de alimentos para varios países do mundo no ano 2020 Importación de alimentos Resource Trade Importación dos diferentes tipos de alimentos para varios países do mundo no ano 2020 Índice de Estrés Hídrico FAO Índice sintético que cuantifica o estrés hídrico ao que están sometidos os diferentes paíse do mundo Índice Global de Fame Ayuda en Acción Índice sintético que cuantifica a prevalencia da fame nos diferentes países do mundo Nacionalidade da institución matriz Land Matrix Nacionalidade da terra Land Matrix 19 Nacionalidade do propietario Land Matrix Nome do propietario Land Matrix Porcentaxe da agricultura no PIB Banco Mundial Peso da agricultura no PIB dos diferentes países no ano 2020 Tipos de investidor Land Matrix Clasificación dos propietarios segundo a súa natureza privada ou pública. Usos da terra Land Matrix Clasificación das terras que segundo se destinan a cultivos alimenticios, biocombustibles, agricultura sen especificar, produción de madeira, gando, secuestro de carbono ou outros cultivos non alimenticios. Figura 3. Variables empregadas para a elaboración do estudo. FONTE ENLACE Land Matrix (25/05/2022) https://landmatrix.org/ Ayuda en Acción (03/06/2022) https://ayudaenaccion.org/uploads/2021/10/GHI_2021_ES-small.pdf Banco Mundial (03/06/2022) https://datos.bancomundial.org/ FAO (03/06/2022) https://www.fao.org/sustainable-development-goals/indicators/642/en/ Resource Trade (04/06/2022) https://resourcetrade.earth/ Figura 4. Fontes e enlaces dos que se obtiveron as variables. As variables obtidas das bases de datos anteriormente citadas aparecen enumeradas na Figura 3. Estas foron representadas gráfica e cartográficamente, tal e como se observa na Figura 5, e analizadas co fin de comprender de onde proceden e cara onde se dirixen as inversións que levan ao acaparamento de terras e as súas consecuencias. ELEMENTO REALIZADO VARIABLES EMPREGADAS TRATAMENTO DOS DATOS Fig. 6 Gráfico da evolución das hectáreas contratadas anualmente entre os anos 2000 e 2020 Ano no que se realizou o contrato Representación lineal da superficie contratada entre os anos 2000 e 2020 por axentes transnacionais e domésticos. Área do terreo Fig. 7 Mapa da área contratada en cada país africano Área do terreo Representación cartográfica da área contratada en cada país africano entre os anos 2000 e 2020. Fig. 8 Mapa da área contratada en cada país africano respecto á superficie total do mesmo Área do terreo Representación cartográfica da área contratada en cada país africano entre os anos 2000 e 2020 respecto á superficie total dos mesmos. Área dos países Fig. 9 Gráfico dos principais países por superficie acaparada Área do terreo Representación gráfica en columnas da superficie acaparada dos principais destinos dos investimentos. Nacionalidade da terra Fig. 10 Gráfico dos principais países por superficie Área do terreo Representación gráfica en columnas da superficie acaparada dos principais destinos dos investimentos transnacionais. Clasifícanse como Nacionalidade da terra 20 acaparada en transaccións transnacionais Nacionalidade da institución matriz transnacionais aquelas operacións nas que o acaparador é estranxeiro. Fig. 11 Gráfico dos principais países por superficie acaparada en transaccións domésticas Área do terreo Representación gráfica en columnas da superficie acaparada dos principais destinos dos investimentos domésticos. Considéranse como domésticas aquelas operacións onde o acaparador é do mesmo país. Nacionalidade da terra Nacionalidade da institución matriz Fig. 12 Gráfico da correlación entre a fame, o peso da agricultura na economía e o acaparamento Área do terreo Gráfico de dispersión que correlaciona o peso da agricultura no PIB e a preponderancia da fame nos principais países afectados polo acaparamento de terras. Nacionalidade da terra Índice Global de Fame Porcentaxe da agricultura no PIB Fig. 13 Gráfico de procedencia dos principais investidores por superficie acaparada Área do terreo Representación gráfica en columnas da nacionalidade dos principais investidores en función da área acaparada. Nacionalidade da institución matriz Fig. 14 Gráfico de procedencia dos principais investidores por superficie acaparada en transaccións transnacionais Área do terreo Representación gráfica en columnas da nacionalidade dos principais investidores en función da área acaparada en transaccións transnacionais. Clasifícanse como transnacionais aquelas operacións nas que o acaparador é estranxeiro. Nacionalidade da institución matriz Fig. 15 Gráfico de procedencia dos principais investidores por superficie acaparada en transaccións domésticas Área do terreo Representación gráfica en columnas da nacionalidade dos principais investidores en función da área acaparada en transaccións domésticas. Considéranse como domésticas aquelas operacións onde o acaparador é do mesmo país. Nacionalidade da institución matriz Fig. 16 Gráfico de procedencia dos principais investidores por número de contratos superiores a 24.000 ha Área do terreo Representación gráfica en columnas dos países que acaparan as terras de maior tamaño. Para clasificar os terreos máis grandes empregouse o percentil 90 en relación á área dos mesmos. Tamén se realizou unha variación cromática para diferenciar entre catro grupos de países acaparadores diferenciados, onde se pode diferenciar entre os acaparadores tradicionais (Europa e Norteamérica), o Golfo Pérsico (principalmente Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos), Asia (excluíndo ao Golfo Pérsico) e os acaparadores locais. Nacionalidade da institución matriz Nacionalidade da terra Fig. 17 Gráfico dos principais investidores por superficie acaparada Área do terreo Representación gráfica en columnas da superficie acaparada por cada investidor. Aplícase unha diferenciación cromática en función da súa natureza doméstica ou transnacional. Nacionalidade da institución matriz Nacionalidade da terra Nome do propietario Área do terreo 21 Fig. 18 Gráfico dos principais inversores por superficie acaparada respecto ao total da súa respectiva nacionalidade Nacionalidade da institución matriz Representación gráfica en columnas que amosa a porcentaxe acaparada por cada institución respecto ao total da súa nacionalidade. Nacionalidade da terra Nome do propietario Fig. 19 Gráfico da área acaparada polos diversos tipos de investidores Área do terreo Representación en gráfico circular da área acaparada polos diversos tipos de investidores en seguindo a seguinte clasificación: compañía privada, sociedade que cotiza en bolsa, empresa estatal/ gobernamental, empresario individual, fondo de investimento, goberno, Banco Multilateral de Desenvolvemento, goberno, outros ou descoñecido. Tipos de investidores Fig. 20 Gráfico da porcentaxe de terras segundo o estatus de implantación Área do terreo Representación en gráfico circular da área acaparada segundo o seu estado de implantación. Distínguense entre terras operativas (que están a ser explotadas), en fase de posta en marcha, proxectos non comezados, proxectos abandonados e terreos sen información. Estado de implantación Fig. 21 Gráfico da porcentaxe de terras segundo o estatus de implantación en transaccións domésticas Área do terreo Representación en gráfico circular da área acaparada en transaccións domésticas segundo o seu estado de implantación. Distínguense entre terras operativas (que están a ser explotadas), en fase de posta en marcha, proxectos non comezados, proxectos abandonados e terreos sen información. Estado de implantación Nacionalidade da institución matriz Nacionalidade da terra Fig. 22 Gráfico da porcentaxe de terras segundo o estatus de implantación en transaccións transnacionais Área do terreo Representación en gráfico circular da área acaparada en transaccións transnacionais segundo o seu estado de implantación. Distínguense entre terras operativas (que están a ser explotadas), en fase de posta en marcha, proxectos non comezados, proxectos abandonados e terreos sen información. Estado de implantación Nacionalidade da institución matriz Nacionalidade da terra Fig. 23 Gráfico de usos das terras Área do terreo Representación en gráfico circular dos diferentes usos aos que se dedican os terreos. Usos da terra Fig. 24 Gráfico de usos das terras en transaccións transnacionais Área do terreo Representación en gráfico circular dos diferentes usos aos que se dedican os terreos de transaccións transnacionais. Usos da terra Nacionalidade da institución matriz Nacionalidade da terra Fig. 25 Gráfico de usos das terras en transaccións domésticas Área do terreo Representación en gráfico circular dos diferentes usos aos que se dedican os terreos de transaccións domésticas Usos da terra Nacionalidade da institución matriz Nacionalidade da terra Fig. 26 Gráfico dos principais cultivos por superficie dos terreos Área do terreo Representación gráfica en barras dos diferentes cultivos segundo a superficie que ocupan os terreos onde se cultivan. A porcentaxe fai referencia ao total das terras estudiadas, das cales o 6,7% carecen de ningunha especificación sobre o tipo de cultivo. As seguintes cifras amosan a área dos terreos onde se cultivan os produtos, pero non Cultivos 28 Figura 9. Principais países por superficie acaparada entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). Figura 10. Principais países por superficie acaparada en transaccións transnacionais entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). 0 200000 400000 600000 800000 1000000 1200000 1400000 1600000 Superficie (ha) 0 100000 200000 300000 400000 500000 600000 700000 800000 900000 1000000 Superficie (ha) 29 Figura 11. Principais países por superficie acaparada en transaccións domésticas entre os anos 2000 e 2020. Fonte: Datos obtidos de: Land Matrix (2022). A nosa análise tamén amosa unha correlación entre a fame, o peso da agricultura na economía e o acaparamento de terras, como se pode observar na Figura 12. Anseeuw et al. (2012) afirman que a prevalencia da fame e o peso da agricultura no PIB teñen un vínculo de proporcionalidade e, ao igual que indica a Figura 12, os investidores decántanse especialmente por estes países. 0 100000 200000 300000 400000 500000 600000 Superficie (ha) 30 Figura 12. Correlación entre o a incidencia da fame, o peso da agricultura na economía e o acaparamento de terras nos principais países por superficie acaparada entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022), Banco Mundial (2020) e Ayuda en Acción (2021). 4.3. QUEN INVISTE NOS PAÍSES AFRICANOS? En referencia á procedencia das inversións, un 70,6% correspóndese con adquisicións transnacionais, mentres que as domésticas só supoñen un 29,4%. As Figuras 13, 14 e 15 amosan unha clara predominancia no acaparamento por parte dos cualificados como países do norte global por Anseeuw et al. (2012). Neste traballo denominarase a estes países como “acaparadores tradicionais” e excluirase o caso de Xapón, que é un actor relativamente novo no acaparamento de terras en África e presenta características diferentes ao resto de países deste grupo, polo que se incluirá dentro dos “novos acaparadores”, xunto a outros como China, Malaisia ou Sudáfrica. Outro grupo importante confórmano os Camerún Congo, RD Etiopía Ghana Liberia Madagascar Mozambique Nigeria Senegal Sudán 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 Porcentaxe da agricultura no PIB en 2020 (%) Índice Global de Fame en 2021 Área de terra acaparada 31 países do Golfo Pérsico, como Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Qatar ou Kuwait, os cales tamén se incorporan ao acaparamento de terras recentemente pero impulsados principalmente polas dificultosas condicións locais para o cultivo de alimentos. Por último cabe destacar o grupo dos países acaparados, como Nixeria, Etiopía, República Democrática do Congo ou Liberia, que se dedican á explotación dos seus propios recursos e ao cultivo das súas terras, principalmente para a exportación. Figura 13. Procedencia dos principais investidores por superficie acaparada entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). Entre os principais investidores cómpre salientar empresas privadas de Reino Unido, Italia, Estados Unidos ou Canadá. En referencia ao primeiro resulta importante mencionar que máis da metade das terras están a día de hoxe en desuso, en especial a xa mencionada explotación de jatropha de Madagascar, que representa case medio millón de hectáreas. Pola súa parte Italia e EEUU destacan pola súa presenza en Liberia, aos que hai que sumar recentemente as inversións malaias, na explotación de recursos madeireiros. Os inversores canadenses posúen case a metade das terras dedicadas a secuestro de carbono en República Democrática do Congo xunto a outras explotacións en países como Quenia ou Serra Leoa. En relación aos acaparadores do Golfo Pérsico a súa presenza está a ser cada vez máis forte no nordeste do continente africano, a rexión xeograficamente máis 0 200000 400000 600000 800000 1000000 1200000 Superficie (ha) 32 próxima a estes países, especialmente en Etiopía, Sudán e Sudán do Sur, coa finalidade de producir alimentos. Figura 14. Procedencia dos principais investidores por superficie acaparada en transaccións transnacionais entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). Figura 15. Procedencia dos principais investidores por superficie acaparada en transaccións domésticas entre os anos 2000 e 2020. Fonte: Datos obtidos de: Land Matrix (2022). As transaccións de terras domésticas representan un 29,4% da superficie acaparada durante o período estudado e as características en relación cos inversores estranxeiros son bastante similares. Na súa meirande parte a produción destas terras destínase á exportación. 0 200000 400000 600000 800000 1000000 1200000 Superficie (ha) 0 50000 100000 150000 200000 250000 300000 350000 400000 450000 500000 Superficie (ha) 33 Figura 16. Procedencia dos principais investidores por número de contratos superiores a 24.000 ha entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). Os investidores estranxeiros predominan sobre os domésticos, e ademais os acaparadores tradicionais seguen a ter un claro protagonismo a pesar da aparición de novos actores dende Asia e Oriente Medio. Isto en parte é debido á influencia histórica que tiveron os países europeos en África. As potencias coloniais foron quen de aproveitar a súa situación privilexiada para chegar a acordos favorables (Akram-Lodhi et al., 2007). En efecto, ostentan os contratos de maior superficie dentro do continente, tal e como amosa a Figura 16, que fai referencia a todos aqueles acordos por encima do percentil 90, 24.000 hectáreas, en relación coa área acaparada. 34 Figura 17. Principais investidores por superficie acaparada entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). Na Figura 17 pódense apreciar as principais empresas segundo a superficie acaparada, entre as cales as transnacionais seguen a ser maioría respecto ás domésticas. As que contratan unha maior área xeralmente están vinculadas a grandes concesións forestais para a explotación de recursos madeireiros, aínda que tamén destacan entre estas as que utilizan as terras para secuestro de carbono. Figura 18. Principais investidores por superficie acaparada respecto ao total da súa respectiva nacionalidade entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). 0,0% 10,0% 20,0% 30,0% 40,0% 50,0% 60,0% 70,0% 80,0% 90,0% 100,0% Superficie (%) 35 Figura 19. Área acaparada polos diversos tipos de investidores entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). Respecto aos investidores, a maioría son de natureza privada, soamente un 8,2% serían empresas de capital estatal ou gobernamental, como se observa na Figura 19. Isto vai na liña da teorización de Harvey (2003) acerca de que as empresas transnacionais xogan un papel esencial no imperialismo contemporáneo, que antes era exercido exclusivamente polos estados. Entre as institucións non privadas cómpre destacar a presenza do Banco Mundial, que acapara máis de 173.000 hectáreas a través da Corporación Financeira Mundial, que, á súa vez, posúe varias empresas subsidiarias, e dunha empresa privada da República Democrática do Congo, que opera unhas 6.700 hectáreas dedicadas a secuestro de carbono (Banco Mundial, 2011). 4.4. CARACTERIZACIÓN DAS TERRAS ACAPARADAS Segundo o status de implantación, a maioría das terras están a ser empregadas de forma operativa, tal e como se observa na figura 20. No entanto, as porcentaxes varían en gran medida en función de se se trata de transaccións transnacionais ou domésticas. No caso das primeiras, tal e como se observa na Figura 22, soamente o 54% están a ser empregadas de forma operativa, mentres que o resto aínda non están a xerar ningún rendemento, entre as que hai que destacar un 28% das mesmas cuxos proxectos foron abandonados. Pola contra, 52,2% 20,8% 9,7% 8,2% 4,3% 2,0% 1,7% 0,7% 0,3% Compañía privada Descoñecido Sociedade que cotiza en bolsa Empresa estatal/gubarnamental Empresario individual Fondo de investimento Banco Multilateral de Desenvolvemento (BMD) Goberno Outros 36 no caso dos acaparamentos domésticos un 69% destes están en fase operativa, tal e como se pode observar na Figura 21, e soamente o 6% se corresponde con proxectos abandonados. Isto indica que os investimentos domésticos chegan a consolidarse mellor que os transnacionais, aos cales probablemente se lles pode asociar unha compoñente especulativa maior. Figura 20. Porcentaxe de terras segundo o status de implantación entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). Figura 21. Porcentaxe de terras segundo o status de implantación en transaccións domésticas entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). 58% 21% 9% 7% 5% Operativas Proxecto abandonado Sen información Fase de posta en marcha Proxecto non comezado 69% 11% 9% 6% 5% Operativas Proxecto non comezado Sen información Proxecto abandonado Fase de posta en marcha 37 Figura 22. Porcentaxe de terras segundo o status de implantación en transaccións transnacionais entre os anos 2000 e 2020. Datos obtidos de: Land Matrix (2022). En relación cos usos aos que se destinan as terras, os cultivos alimenticios continúan ser predominantes, aínda que cada vez é maior a porcentaxe utilizada para outros cultivos empregados para a produción de biocombustibles ou de pensos, como se observa na Figura 23. Non obstante, segue a haber diferenzas claras entre as terras acaparadas a través de transnacionais e as adquiridas por medio de transaccións domésticas. No caso das primeiras, como se pode observar na Figura 24, soamente un 27% da superficie está clasificada como cultivos alimenticios. Os países do Golfo Pérsico son os que se enfocan máis a este tipo de investimentos. Tamén destacan os cultivos destinados á produción de biocombustibles, de madeira ou doutros produtos non alimentarios. Por outro lado, en referencia aos usos aos que se destinan as terras de transaccións domésticas, tal e como se observa na Figura 25, os cultivos alimentarios teñen un peso moito maior, pois ocupan un 35% da superficie, fronte ao 11% dos biocombustibles ou 10% das plantacións de madeira. 54% 28% 8% 7% 3% Operativas Proxecto abandonado Sen información Fase de posta en marcha Proxecto non comezado 44 produción local de alimentos, polo que a importación é a vía máis favorable para obtelos. Por este motivo a Figura 32 amosa unhas porcentaxes tan descompensadas entre a importación e a exportación de produtos agrícolas. Figura 32. Balance de importacións e exportacións de alimentos dos acaparadores do Golfo Pérsico no ano 2020. Datos obtidos de: Banco Mundial (2022). No grupo dos novos acaparadores a situación é mais heteroxénea, como se observa na Figura 33. Países desenvolvidos e moi densamente poboados, como Xapón e Corea do Sur son grandes importadores. China, a pesar de ter grandes producións agrícolas, na súa gran maioría destínanse a consumo interno. As importacións do xigante asiático céntranse en dous produtos, carne e soia. Esta última emprégase para a elaboración de penso para a industria cárnica interna. A India xoga un papel importante como investidor en terceiros países, mais tamén posúe unha gran produción interna de cereais, algodón, especias ou soia, da cal unha porcentaxe importante destínase á exportación. Tamén está a experimentar un gran auxe a produción de res deste país, de xeito que se está a converter no último lustro no principal exportador deste tipo de carne a nivel mundial (Jakobsen e Hansen, 2019). 0 2 4 6 8 10 12 14 16 Arabia Saudita Emiratos Árabes Unidos Kuwait Qatar Porcentaxe respecto ao total de importacións e exportacións de mercadorías (%) Importación de alimentos Exportación de alimentos 45 Malaisia tamén é un importante exportador, especializado na produción de aceite de palma. Este sector é un dos máis importantes do país e tamén dos seus investimentos no estranxeiro, destacando o caso de Indonesia, onde os malaios acaparan case 1.300.000 hectáreas. No entanto, o comercio con África e moito máis reducido e a súa relevancia para este estudo é menor. Maior relevancia presenta Sudáfrica. A súa balanza comercial de alimentos amosa un predominio da exportación, mais aínda así este país xoga un dobre papel de acaparador e acaparado. Como país investidor hai una clara predilección cara os seus veciños do sur de África, como Zimbabwe, Botswana, Eswatini ou Mozambique, con presenza en varias terras. Tamén é un importante acaparador doméstico, con case 237.000 hectáreas contratadas. Por outra parte, é un destino de investidores estranxeiros, pero cunha ocupación moito menor que outros países africanos. Figura 33. Balance de importacións e exportacións de alimentos dos novos acaparadores no ano 2020. Datos obtidos de: Banco Mundial (2022). Os países acaparados son basicamente países exportadores, como se pode observar na Figura 34. Aqueles que non destacan no comercio de alimentos polo xeral soen estar relacionados con outro tipo de recursos primarios, como a madeira, os minerais ou os combustibles, dos que obteñen a meirande parte dos 0 2 4 6 8 10 12 China India Xapón Malaisia Sudáfrica Porcentaxe respecto ao total de importacións e exportacións de mercadorías (%) Importación de alimentos Exportación de alimentos 46 seus ingresos. A maioría destes recursos exportados procésanse por entes externos que son os grandes beneficiados das cadeas de valor engadido. Os principais importadores coinciden co grupo de países que integran os acaparadores tradicionais, seguido de China, que non ten tanta presenza na ocupación de terras mais si na compra de recursos, e os países do Golfo Pérsico. Figura 34. Balance de importacións e exportacións de alimentos dos países acaparados no ano 2020. Datos obtidos de: Banco Mundial (2022). 0 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 Porcentaxe respecto ao total de importacións e exportacións de mercadorías (%) Importación de alimentos Exportación de alimentos 47 Figura 35. Balance de importacións e exportacións de alimentos dos diferentes grupos de países no ano 2020. Datos obtidos de: Banco Mundial (2022). Figura 36. Exportacións de produtos agrícolas de Etiopía no ano 2020. Datos obtidos de: Resource Trade (2022). Salvando excepcións, como o caso de Liberia ou República Democrática do Congo, na maioría de países estudados os cultivos alimenticios son predominantes. Etiopía supón un claro exemplo de país produtor de alimentos, pois aproximadamente o 90% das súas exportacións de mercadorías son deste tipo, xunto a outros cultivos destinados a pensos ou a biocombustibles. Na Figura 0 5 10 15 20 25 30 Acaparadores tradicionais Países do Golfo Pérsico Novos acaparadores Países acaparados Porcentaxe respecto ao total de importacións e exportacións de mercadorías (%) Importación de alimentos Exportación de alimentos 48 36 pódese observar que tanto os acaparadores tradicionais como os novos investidores de Oriente Medio e de Asia son os principais destinos destas exportacións. O mercado dentro do continente ten un peso moi pequeno respecto ao total e cabe matizar que dentro deste tres cuartas partes das exportacións van parar a Somalia e Djibuti, onde posteriormente se distribúen cara a Oriente Medio e Asia, especialmente cara aos Emiratos Árabes Unidos. Outro dos mercados onde o país africano está a experimentar un grande crecemento é na produción de cultivos destinados á elaboración de pensos para alimentar a incipiente industria cárnica asiática (Jakobsen e Hansen, 2019). Por este motivo China é un dos principais importadores de soia etíope. 4.6. CONSECUENCIAS DO ACAPARAMENTO É difícil en moitos casos avaliar as consecuencias do acaparamento. Na gran maioría dos estudos requírense testemuñas de primeira man das poboacións locais. Resulta complicado sacar conclusións claras a partir de estatísticas a nivel nacional sobre economía ou benestar e establecer un vínculo directo co acaparamento de terras. Non obstante, dende a óptica ambiental o impacto é máis notorio e facilmente cuantificable a través de diversas fontes de datos. Este é o caso das estatísticas xa comentadas na Figura 30 sobre a evolución das terras cultivables e da superficie selvática. Tamén son relevantes os índices de estrés hídrico e a súa evolución durante o período estudado. As figuras 37, 38, 39, 40 e 41 amosan o cambio porcentual nos índices de estrés hídrico elaborados pola FAO. Estes indican que mentres os países acaparadores conseguiron reducir o estrés hídrico, ou mitigar o seu crecemento, os países acaparados experimentaron incrementos neste índice, nalgúns casos de pouca relevancia, mais noutros máis preocupantes, principalmente en aqueles de climas tropicais durante a estación seca. En efecto, Anseeuw et al. (2012) e Zaehringer et al. (2021) defenden que o aumento do consumo de auga a raíz dos acaparamentos é moi notorio e que os recursos hídricos dos países acaparados vense prexudicados a favor daqueles que invisten en terras estranxeiras. 49 Figura 37. Cambio porcentual no índice de estrés hídrico da FAO nos acaparadores tradicionais entre os anos 2000 e 2019. Datos obtidos de: FAO (2022). Figura 38. Cambio porcentual no índice de estrés hídrico da FAO nos países acaparados entre os anos 2000 e 2019. Datos obtidos de: FAO (2022). -45,0% -40,0% -35,0% -30,0% -25,0% -20,0% -15,0% -10,0% -5,0% 0,0% Canadá Estados Unidos Francia Italia Portugal Reino Unido Porcentaxe (%) 0,0% 10,0% 20,0% 30,0% 40,0% 50,0% 60,0% 70,0% 80,0% Porcentaxe (%) 50 Figura 39. Cambio porcentual no índice de estrés hídrico da FAO nos acaparadores do Golfo Pérsico entre os anos 2000 e 2019. Datos obtidos de: FAO (2022). Figura 40. Cambio porcentual no índice de estrés hídrico da FAO nos novos acaparadores entre os anos 2000 e 2019. Fonte: Datos obtidos de: FAO (2022). 0,0% 20,0% 40,0% 60,0% 80,0% 100,0% 120,0% Arabia Saudita Emiratos Árabes Unidos Kuwait Qatar Porcentaxe (%) -20,0% -10,0% 0,0% 10,0% 20,0% 30,0% 40,0% 50,0% 60,0% China India Xapón Malaisia Sudáfrica Porcentaxe (%) 51 Figura 41. Media de cambio porcentual no índice de estrés hídrico da FAO nos catro grupos de países entre os anos 2000 e 2019. Datos obtidos de: FAO (2022). Se ben é certo que o acaparamento de terras non é a causa única dos cambios nos usos do solo que propician a deforestación ou a posta en risco dos recursos hídricos dos países aos que van dirixidos os investimentos, si que son un importante axente que contribúe negativamente nestes e moitos outros aspectos de carácter ambiental, social e económico. 5. DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS O fenómeno do acaparamento de terras experimentou un grande auxe entre o 2007 e o 2015 impulsado polo aumento dos prezos dos alimentos e os combustibles e a procura de novos sectores onde investir financeiramente, sendo a zona intertropical do continente africano a máis afectada. Os motores que promoveron este primeiro auxe permiten propoñer a hipótese de que ante o actual contexto mundial de inflación propiciados pola Guerra entre Rusia e Ucraína se produza unha segunda onda de investimentos no continente africano. Por outro lado, as paralizacións comerciais provocadas pola pandemia de COVID-19 tamén están a causar un efecto agravante da inflación, pero estas poñen cada vez máis no punto de mira o modelo actual de comercio a longa distancia, polo que neste sentido se trata dun elemento que xera alicientes e que ao mesmo tempo actúa como freo de novos acaparamentos. A isto hai que engadir o fenómeno do quecemento global e o xurdimento do acaparamento verde ante un contexto de maior presión pola redución das emisións de gases -30,0% -20,0% -10,0% 0,0% 10,0% 20,0% 30,0% 40,0% 50,0% Acaparadores tradicionais Acaparadores do Golfo Pérsico Novos acaparadores Países acaparados Porcentaxe (%) 52 de efecto invernadoiro. A pesar do relativo éxito que tivo polo xeral o acaparamento de terras para as empresas que investiron en África, hai que ter en conta que unha parte importante dos proxectos quedaron abandonados, especialmente os transnacionais, o cal pode facer baixar a confianza dos posibles novos investidores. O acaparamento de terras tamén tivo importantes implicacións territoriais para os países destino das inversións. Grandes áreas selváticas, terreos cualificados de baldíos ou marxinais e zonas destinadas a cultivo local para o autoconsumo ou o pequeno comercio transformáronse en explotacións de grandes entes, principalmente privados, para a exportación. Isto está a xerar problemas ambientais notorios, tales como perda de biodiversidade e capacidade de secuestro de carbono pola depredación dos bosques (Aínda que parte dos terreos se dediquen a acaparamento verde) e escolma dos recursos hídricos. Igualmente son importantes as consecuencias sociais que está a xerar o acaparamento, que denega os medios de vida autóctonos e pon en perigo o sustento económico e a seguridade alimentaria das poboacións locais. Procurar solucións aos problemas do acaparamento de terras non é unha tarefa fácil. O código de conduta proposto polos axentes internacionais do desenvolvemento tradicional, como o Banco Mundial ou a FAO, para autores como Borrás e Franco (2010) parece insuficiente e non implica consecuencias necesariamente positivas para as sociedades locais ou para o medio ambiente. Por este motivo as solucións pasan por reformular os marcos lexislativos de forma que non obvien estas dúas realidades, poñendo atención sobre os estratos sociais máis desfavorecidos e sobre a problemática ecolóxica. A crítica realizada neste estudo ao acaparamento de terras non implica un rexeitamento absoluto aos investimentos estranxeiros, pois é certo que estes poden estimular o desenvolvemento dos países máis empobrecidos. Non obstante, si que achamos que hai que reconsiderar a forma de xestionar estes investimentos, por medio de marcos reguladores que establecen condicións desiguais entre os grandes investidores e as sociedades locais. Complementariamente a unha renovación lexislativa, é preciso garantir a súa correcta aplicación e a participación democrática de todos os implicados nos procesos de acaparamento. 53 BIBLIOGRAFÍA Aabø, E., & T. Kring (2012). The Political Economy of Large-scale Agricultural Land Acquisitions: Implications for Food Security and Livelihoods/Employment Creation in Rural Mozambique. United Nations Development Programme Working Paper, 4. Recuperado o 22 de maio de 2022, de https://econpapers.repec.org/paper/racwpaper/2012-004.htm Acheampong, E., & Campion, B. (2014). The Effects of Biofuel Feedstock Production on Farmers’ Livelihoods in Ghana: The Case of Jatropha curcas. Sustainability, 6(7), 4587–4607. https://doi.org/10.3390/su6074587 Akram-Lodhi, A. H., Borrás, S. M., & Kay, C. (2007). Land, Poverty and Livelihoods in an Era of Globalization. Cidade: Routledge. https://doi.org/10.4324/9780203962251 Alhassan, S. I., Shaibu, M. T., & Kuwornu, J. K. (2018). Is land grabbing an opportunity or a menace to development in developing countries? Evidence from Ghana. Local Environment, 23(12), 1121–1140. https://doi.org/10.1080/13549839.2018.1531839 Andrianirina Ratsialonana, R., Ramarojohn, L., Burnod, P., & Teyssier, A. (2011). After Daewoo? Current status and perspectives of large-scale land acquisition in Madagascar. https://agritrop.cirad.fr/560265/ Anseeuw, W., Bouche, M., Breu, T., Giger, M., Lay, J., Messerli, P., & Nolte, K. (2012, abril). Transnational Land Deals for Agriculture in the Global South (N.o 1). Land Matrix. Recuperado o 22 de maio de 2022, de https://landmatrix.org/documents/82/Analytical_Report_I_LMI_English_2012_xP 1xzqu.pdf Borrás, S. M., & Franco, J. (2011). Global Land Grabbing and Trajectories of Agrarian Change: A Preliminary Analysis. Journal of Agrarian Change, 12(1), 34– 59. https://doi.org/10.1111/j.1471-0366.2011.00339.x Borrás, S. M., & Franco, J. (2010). La política del acaparamiento mundial de tierras Replanteando las cuestiones de tierras, redefiniendo la resistencia (N.o 1). ICAS Working Paper Series No. 001. Recuperado o 20 de maio de 2022, de