Informe sobre a Formación en Competencias en Información impartida na Facultade de Medicina e Odontoloxía no período 2012-2017
Abstract
No marco da misión da BUSC, a Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía / Facultade de Enfermaría desenvolve desde o curso 2012-2013 as competencias informacionais a través dun curso de nivel Básico para o alumnado de 1º de grao e a partir do curso 2015-2016 con un segundo curso de nivel Avanzado impartido nos últimos cursos do Grao, especialmente enfocado para axudar na realización do TFG. Este Nivel Avanzado foi impartido tamén nos cursos de máster. No tramo final deste curso 2016-2017 está prevista a impartición dun novo curso de nivel de Especialización dirixido a doutorandos, postdoutorandos, másteres e investigadores
Full text
1 Informe sobre os cursos de formación en Competencias en Información (CI2 e CIcD) impartidos na Facultade de Medicina e Odontoloxía 1. INTRODUCCIÓN O aumento exponencial da información científica dende mediados do século XX, o desenvolvemento das TIC, o novo paradigma de ensino-aprendizaxe resultado da integración no EEES, a implantación dunha cultura da calidade e de mellora continua, unha sociedade cambiante que require dunha aprendizaxe permanente ao longo de toda a vida,… esixen dotar aos estudantes e investigadores dunha ferramenta que lles axude a transformar a información en coñecemento. Esa ferramenta dáa a adquisición das Competencias en Información (CI). As CI son o conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e conductas que capacitan aos individuos para recoñecer cando necesitan información, onde localizala, como avaliar a súa idoneidade e como darlle o uso adecuado de acordo ao problema que se lles presente. (Association of College & Research Libraries, ACRL). A Recomendación 2006/962/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de decembro de 2006, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente (Diario Oficial L 394 de 30.12.2006A) inclúe as CI dentro da competencia dixital, e define a esta como unha das oito competencias clave que todo estudante debe ter adquirido ao rematar o ensino para poder incorporarse á vida profesional de maneira satisfactoria e ser quen de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida. En España, os Libros Brancos da ANECA das diferentes titulacións de Grao para a súa adaptación ao EEES, no punto 6 Valoración das competencias transversais (xenéricas), inclúen ademais da propia habilidade de xestión da información, outra serie de habilidades directamente relacionadas coa formación en competencias informacionais: habilidades de investigación, capacidade de aprender, capacidade de análise e síntese, capacidade de crítica e autocrítica, capacidade para xerar novas ideas (creatividade), preocupación pola calidade, compromiso ético, etc http://www.aneca.es/var/media/150312/libroblanco_medicina_def.pdf http://www.aneca.es/var/media/150344/libroblanco_odontologia_def.pdf Todas estas habilidades están recollidas nas Memorias dos Graos de Medicina e de Odontoloxía da USC. No ano 2014, Rebiun, Comisión Sectorial da CRUE, elaborou o documento “Definición de Competencias en Información (CI)”, como instrumento de referencia para o desenvolvemento de cursos de formación sobre CI nas bibliotecas universitarias españolas. O documento estrutura as CI en cinco competencias básicas:
2 CINFO1 - Buscar información: Recoñecer unha necesidade de información, coñecer os recursos nos que esta información se pode localizar e realizar estratexias de busca de maneira eficaz e eficiente. CINFO2 – Avaliar a información: Avaliar a información e ás súas fontes de forma crítica e incorporar a información seleccionada á súa propia base de coñecemento e o seu sistema de valores. CINFO3 - Organizar e xestionar a información eficazmente: Organizar e xestionar eficazmente a información reunida. CINFO4 – Usar, publicar e difundir a información respectando as normas éticas e legais: Usar a información e publicar e difundir o novo coñecemento xerado, respectando a lexislación e normas éticas aplicables. CINFO5 – Manterse ao día e compartir información en rede: Coñecer e utilizar os diferentes servizos de actualización de información científica ou especializada e compartir información usando as ferramentas de traballo en rede de forma cívica e segura. O Artigo 149.1 dos Estatutos da USC define a Biblioteca Universitaria (BUSC) como “unha unidade funcional concibida como un centro de recursos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, así como para todas aquelas actividades relacionadas co funcionamento e a xestión da Universidade. Como servizo básico ten a misión de facilitar o acceso e a difusión dos recursos de información e colaborar nos procesos de creación de coñecemento, co fin de contribuír á consecución dos obxectivos institucionais da Universidade.” O PLAN ESTRATÉXICO DA BUSC inclúe entre os obxectivos estratéxicos propostos: “Contribuír á adquisición de competencias informacionais na comunidade universitaria: A BUSC axudará aos seus usuarios a desenvolver e potenciar as competencias informacionais necesarias hoxe en día para poder xestionar de xeito eficaz a grande cantidade de información técnica e científica dispoñible.” 2. DESCRIPCIÓN E ANÁLISE DOS CURSOS Así pois, no marco da misión da BUSC, a Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía / Facultade de Enfermaría desenvolve desde o curso 2012-2013 estas competencias a través dun curso de nivel Básico para o alumnado de 1º de grao e a partir do curso 2015-2016 con un segundo curso de nivel Avanzado impartido nos últimos cursos do Grao, especialmente enfocado para axudar na realización do TFG. Este Nivel Avanzado foi impartido tamén nos cursos de máster. No tramo final deste curso 2016-2017 está prevista a impartición dun novo curso de nivel de Especialización dirixido a doutorandos, postdoutorandos, másteres e investigadores. Os contidos dos cursos están estruturados en módulos seguindo as competencias do citado documento de Rebiun
3 Descrición dos contidos: NIVEL BÁSICO: Módulo 1 Reflexión sobre as competencias en información e sobre as necesidades informativas nos estudos de Grao. Xestión do tempo de estudo e traballo. Módulo 2 Coñecemento da BUSC: servizos, recursos e ferramentas TIC que proporciona. (Inclúe unha visita obrigada á Biblioteca) Módulo 3 Concepto e tipoloxía das fontes de información. Buscar na web da BUSC. Uso do catálogo da BUSC e acceso á bibliografía recomendada. Busca na Internet. Avaliación da información. Módulo 4 Como facer un traballo académico: planeamento, estrutura e organización. O plaxio: citas e referencias bibliográficas. (Inclúe un Foro de debate sobre o plaxio) Módulo5 Comunicación da información: aprender a presentar un traballo académico. O Acceso Aberto á información científica. Compartir información nas redes sociais. A identidade dixital. NIVEL AVANZADO: Módulo 1 O TFG: reflexión sobre a finalidade, normativa e necesidades informativas. Xestión do tempo de traballo. Módulo 2 Servizos, recurso e ferramentas da BUSC cara a investigación. Ferramentas TIC. Módulo 3 Busca de información científica: fontes, estratexias de busca, coñecemento das bbdd. (2 talleres prácticos sobre buscas en bbdd e uso dos xestores bibliográficos). Módulo 4 Avaliar a información. Revisión da estratexia de busca. Xestionar e organizar por si mesmo a información, mediante xestores bibliográficos e/ou outras ferramentas informáticas para a almacenaxe na nube. Módulo 5 Elaboración do TFG: planeamento, estrutura. Uso e tratamento da información: as citas e referencias en Vacouver e APA. (Inclúe un Foro de debate sobre o plaxio) Módulo 6 Comunicación académica: a presentación do TFG. O Acceso Aberto. Compartir información.
4 Empezamos a impartir estes cursos, no seu nivel Básico, en formato on-line a través da plataforma Chamilo da Aula Cesga, no curso 2012-2013, pasándoos á plataforma Moodle do Campus virtual a partir do curso 2015-2016. Estes cursos duran tres semanas, baixo o título cursos de formación en Competencias Informacionais na contorna Dixital (CIcD), son accesibles e realizables durante as 24 horas do día, e compóñense de módulos teóricos, test de avaliación de cada módulo e test final, con titoriais sobre estratexias de busca e manexo de recursos de información, foros de debate e de dúbidas e suxestións, unha enquisa inicial sobre o nivel de coñecementos previos e outra enquisa final sobre o nivel de satisfacción do alumnado; e unha enquisa de satisfacción do profesorado. Os cursos son titorizados polo persoal técnico da Biblioteca e o alumnado que o supera recibe un diploma de aptitude expedido polo Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe da USC (CeTA). Calculamos a carga formativa de ambos en 25 horas. O curso de nivel Básico inclúe unha visita breve á Biblioteca na que o persoal encargado da atención aos usuarios explícalle os principais servizos e recursos ofrecidos pola biblioteca, con especial incidencia no acceso ás bibliografías recomendadas en cada materia. O curso de nivel Avanzado ofrece dous talleres prácticos de dúas horas de duración cada un, en horario a determinar co alumnado, nos que se traballa o coñecemento, acceso e manexo dos principais recursos de información na área das ciencias da saúde, a elaboración de estratexias de busca e a xestión eficiente, ética e legal de referencias bibliográficas. Presentamos a continuación un extracto do desenvolvemento e alcance dos Cursos: 2.1. Grao en Medicina Alumnado de 1º curso. Nivel Básico CURSO MATRÍCULA OFICIAL MATRÍCULA CI2 / CIcD SUSPENSOS + ABANDONOS APTOS ALUMNOS FORMADOS NOTA MEDIA dos TEST 2012-2013 441 70 6 64 14,51% 84,09% 2013-2014 362 305 25 280 77,34% 90,32% 2014-2015 395 324 29 295 74,68% 89,61% 2015-2016 466 380 17 363 77,89% 92,56% 2016-2017 441 310 10 300 68,02% 95,95% 2012-2016 2105 1389 87 1302 61,85% 90,51% Táboa de datos sobre o grao de participación e o nivel de aptitude acadado polo alumnado de 1º de Medicina Comentarios: O 1º ano ofertouse o curso como unha actividade voluntaria sen ligazón a ningunha materia que se concretou nunha frouxa porcentaxe de alumnos formados, un 14,5 % da matrícula oficial.
5 A partir do 2º ano incluíuse na guía docente da materia Iniciación á Investigación coa consideración de valorable na nota final da materia para os “aptos”, o que supuxo un incremento da porcentaxe de alumnos formados ata un 77% da matrícula oficial. A porcentaxe de formación acadada no alumnado de 1º de grao, no quinquenio 20122016 é do 61,85% da matrícula oficial. Se o facemos a partir de 2013, unha vez que o curso foi incluído na guía docente da materia, a porcentaxe elévase ao 74,48 % do total da matrícula oficial. Nos últimos cinco cursos, 1.302 alumnos de 1º de Grao realizaron o curso completo superando as avaliacións de todos os test. Dedúcese que para que a formación en CI poida chegar ao maior número do alumnos revélase imprescindible a inclusión do curso como de realización obrigatoria e/ou ben computable, coma neste caso, na nota final da materia. 0 50 100 150 200 250 300 350 400 450 500 2012-2013 2013-2014 2014-2015 2015-2016 2016-2017 MATRÍCULA OFICIAL MATRÍCULA CI2 / CIcD SUSPENSOS + ABANDONOS APTOS: Alumnos formados Gráfico sobre o grao de participación e o nivel de aptitude acadado polo alumnado de 1º de Medicina A Enquisa Final de Satisfacción permítenos obter datos sobre a valoración que os alumnos fan de diferentes aspectos do curso. Todas as preguntas, se ben en diferente grao, deixan unha valoración positiva do curso. Amosamos como exemplo os resultados das respostas á pregunta sobre o grao de cumprimento dos obxectivos do curso. Valoración de 0 a 5, onde 0-2: grao baixo ou moi baixo; 3: grao suficiente; 4-5: grao alto ou moi alto de satisfacción.
6 CURSO RESPOSTAS Valoración 0-2 Valoración 3 Valoración 4-5 2012-2013 52 0% 19% 81% 2013-2014 157 11% 27% 62% 2014-2015 212 5,50% 32% 62,50% 2015-2016 251 5% 34,50% 60,50% 2016-2017 251 11% 31,50% 57,50% 2012-2016 (media) 185 6,50% 28,80% 64,70% Táboa de datos sobre a valoración do grao de cumprimento dos obxectivos do curso que fai o alumnado de 1º de Medicina Comentarios: Como se aprecia na táboa, no quinquenio 2012-2016, unha media do 64,70% do alumnado considera que os obxectivos do curso cumpríronse cun un grao de satisfacción alto ou moi alto, un 28,80% cun grao suficiente, e só un escaso 6,50% manifesta non ver cumpridos os obxectivos do curso. 0 10 20 30 40 50 60 70 80 90 2012-2013 2013-2014 2014-2015 2015-2016 2016-2017 2012-2016 Valoración 0-2 Valoración 3 Valoración 4-5 Gráfico sobre a valoración do grao de cumprimento dos obxectivos do curso que fai o alumnado de 1º de Medicina Alumnado de 5º e 6º curso. Nivel Avanzado CURSO MATRÍCULA OFICIAL MATRÍCULA CIcD APTOS SUSPENSOS + ABANDONOS ALUMNOS FORMADOS NOTA MEDIA dos TEST 2016-2017 (6º) 402 213 156 57 39% 87,93% 2016-2017 (5ª) 346 214 189 52 55% 91,02% TOTAIS e MEDIA: 748 454 345 109 47% 90,44% Táboa de datos sobre o grao de participación e o nivel de aptitude acadado polo alumnado de 5º e 6º de Medicina Comentarios:
7 O curso é voluntario e ofértase co acordo dos coordenadores das materias, que recomendan a súa realización aos alumnos. Faise unha clase de presentación inmediatamente antes do comezo do mesmo. Dado o relativo baixo nivel de asistencia na materia TFG de 6º (novembro-decembro 2016) e porque pensamos, dacordo cos coordenadores do TFG, que os alumnos necesitan realizar o curso antes, decidimos ofertalo tamén en 5º vinculado á materia Medicina Preventiva e Saúde Pública (marzo-abril 2017). A porcentaxe de alumnos que comeza e finaliza o curso con apto en 5º é maior que en 6º. Cremos que ten que ver coa súa maior dispoñibilidade de tempo. Os alumnos de 6º, en pleno proceso de prácticas polos distintos Centros Asistenciais de Galicia, parecen ter bastante menos dispoñibilidade para realizar o Curso. Aínda así, un 39% superárono, preocupándose incluso eles mesmos de organizar as clases prácticas. Para facilitar a máxima asistencia ás mesmas, desdobramos os dous talleres en varias quendas de mañá e tarde. O número de alumnos que, unha vez comezado, remata o Curso con éxito é moi alto. Isto indica o elevado interese que esperta neles, corroborado pola opinión manifestada na enquisa final de satisfacción. A menor porcentaxe de participación nos cursos, e de alumnado formado, comparado co nivel Básico, cremos que, ademais de á carga lectiva e á ocupación das prácticas, obedece a tres razóns principais: Á voluntariedade do mesmo. A non estar incluído na Guía docente das materias e non ter recoñecemento na avaliación final da materia. E Ao descoñecemento da utilidade do curso que teñen moitos alumnos que non poden ou simplemente non asisten á presentación do mesmo.
8 0 50 100 150 200 250 300 350 400 450 6º CURSO 5º CURSO MATRÍCULA OFICIAL MATRÍCULA CIcD SUSPENSOS + ABANDONOS APTOS: Alumnos formados Gráfico sobre o grao de participación e o nivel de aptitude acadado polo alumnado de 5º e 6º de Medicina Conclusións extraídas da Enquisa final de satisfacción: Nun grao alto ou moi alto o alumnado considera que o curso se adaptou ás súas necesidades de formación. O alumnado expresa en xeral un alto grao de satisfacción tanto cos contidos do curso como coa atención recibida por parte dos titores. Case o 80% do alumnado considera o curso útil ou moi útil para a súa formación na xestión da información. Case o 75% opina que o curso e útil ou moi útil para o coñecemento dos recursos de información. O 70% pensa que o curso é útil ou moi útil para a súa formación académica e profesional. O 75% do alumnado está de acordo ou moi de acordo en recomendar o curso aos seus compañeiros. Moi poucos alumnos de 6º, en torno a 30, asistiron ás clases presenciais por problemas de dispoñibilidade. En cambio, no curso impartido aos alumnos de 5º, o nivel de participación nas clases presenciais foi moito máis alto: por riba de 100. Nas dúas edicións do Curso, varios asistentes expresan, nos comentarios libres da enquisa, a súa satisfacción coas clases prácticas e piden que se ofrezan máis. En base á experiencia deste curso pensamos que o nivel Avanzado para TFG debe impartirse ligado a unha materia de 5º curso e, probablemente para facilitar a súa realización a un maior número de alumnos, tamén na materia TFG para aqueles que non o teñan realizado.
9 Vexamos dous exemplos concretos dos datos extraídos das respostas do alumnado a dúas preguntas da Enquisa final de satisfacción: En que grao se cumpriron os obxectivos do curso. Valoración entre 0 e 5, onde 0-2: grao baixo ou moi baixo; 3: grao suficiente; 4-5: grao alto ou moi alto de satisfacción. Curso Respostas Valoración 0-2 Valoración 3 Valoración 4-5 2016-2017 (5º) 141 5% 21% 74% 2016-2017 (6º) 125 10% 29% 61% TOTAL e MEDIA 266 7,5 %% 25% 67,5% Táboa sobre a valoración do alumnado de 5º e 6º de Medicina a respecto do grao de cumprimento dos obxectivos do curso Comentarios: Nos dous cursos impartidos o 67,50% do alumnado considera que o cumprimento dos obxectivos do curso acadou un grao alto ou moi alto e o 25% un grao suficiente, fronte a un 7,5% que o considera baixo ou moi baixo. 0 10 20 30 40 50 60 70 80 5º CURSO 6º CURSO TOTAL e MEDIA Valoración 0-2 Valoración 3 Valoración 4-5 Gráfico sobre a valoración do alumnado de 5º e 6º de Medicina a respecto de grao de cumprimento dos obxectivos do curso Valora o grao de aprendizaxe en novos coñecementos e habilidades informacionais: Curso Respostas Valoración 0-2 Valoración 3 Valoración 4-5 2016-2017 (5º) 141 3% 15% 82% 2016-2017 (6º) 125 8% 18% 74% TOTAL e MEDIA 266 5,5% 16,5% 78% Táboa de datos sobre a valoración do alumnado de 5º e 6º de Medicina a respecto do grao de cumprimento dos obxectivos do curso
16 Un 56,5% do alumnado oficial de ámbalas dúas titulacións, 759 alumnos, resultou APTO nos cursos de formación en Competencias Informacionais O reto de chegar a unha maior porcentaxe do alumnado, sobre todo en Medicina. 3. Conclusións finais: A partires dos datos estatísticos que nos ofrece a plataforma Moodle do Campos Virtual, dos resultados da enquisa de satisfacción que acompaña a cada curso, e da información que xera a interacción cos estudantes nos foros do curso, extraemos as seguintes conclusións: Alta participación do alumnado nos cursos de nivel Básico en 1º de Grao, tanto en Medicina como en Odontoloxía. A menor participación no curso avanzado de 6º de Medicina, debida á pouca dispoñibilidade dos alumnos pola súa dispersión na realización das prácticas, levounos a convocar o mesmo curso para os alumnos de 5º, no que tivo unha maior aceptación. No caso de 5º de Odontoloxía, a pesares da alta participación, optouse por impartir o curso tamén para os alumnos de 4º, acadando igualmente unha importante participación. Por unha banda, a Normativa de elaboración do TFG indica que o alumno poderá iniciar o desenvolvemento do mesmo con anterioridade ao último curso; por outra banda, constatamos a existencia de problemas de dispoñibilidade no último curso. Isto lévanos a considerar adecuado impartir o curso Avanzado centrado na elaboración do TFG no penúltimo e no último curso de cada titulación, porque así acadaremos un maior número de alumnos formados. Elevado descoñecemento dos contidos acompañado dunha grande interese pola adquisición das competencias informacionais. Os alumnos outorgan unha alta utilidade aos coñecementos e habilidades adquiridas nos cursos para a súa formación académica e o desenvolvemento profesional futuro. Nos cursos de nivel Avanzado, os talleres prácticos de busca bibliográfica e xestión da información son altamente valorados; do mesmo xeito, demándase a realización de prácticas sobre a metodoloxía de realización dos TFG/TFM. Isto lévanos a valorar a necesidade de aumentar as clases prácticas. A pesar da súa voluntariedade constátase un elevado número de alumnos que, unha vez comezado, rematan o curso. Indicativo do grao de interese e utilidade que esperta neles. Consideracións dos titores dos cursos: A literatura profesional sobre as CI, a normativa legal, a nosa experiencia profesional e a opinión dos estudantes recollida nos cursos, demanda a implantación da formación en Competencias Informacionais dun xeito estable nos estudos de Grao, nos niveis Básico e Avanzado.
17 Igualmente os estudos de Máster e Doutoramento deben incorporar nos seus currículos a adquisición das CI, con un curso de formación de nivel Especializado. A vía que nós consideramos máis doada, rápida e menos burocrática, e de probada efectividade nestes cinco anos de experiencia, é a inclusión dos cursos de formación na guía docente dunha materia, acompañada dun recoñecemento explícito na puntuación final da mesma ou especificando a súa obrigatoriedade. NOTA final sobre os datos estatísticos: Detectamos importantes diferenzas nos datos estatísticos da matrícula oficial entre os datos do alumnado matriculado oficialmente na materia, proporcionados pola xestora de centro e os da matrícula no curso de formación que extrae o CeTA de Xescampus, que nalgún caso varía de forma moi significativa. É o caso de 1º de Medicina deste curso que, dacordo cos datos da coordenadora da materia de Iniciación á Investigación, elevaría a porcentaxe de alumnos formados d0 68% ao 84,5%. Aspectos que habería que contrastar para maior rigurosidade nas conclusións sobre a porcentaxe de formación acadada. Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017