scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Cita os teus datos de investigación

Rebiun; CRUE

Full text

Cita os teus datos de investigación Elaboración da cita • Existen elementos mínimos obrigatorios (O) e outros recomendados (R) que se combinan para elaborar a cita en cualquera estilo estándar (APA, MLA, Chicago, etc.) ou os propostos polos principais repositorios de datos (Dataverse, Dryad, etc.). Exemplo de cita estilo APA Remesar Betlloch, X., Antelo, A., Llivina, C., Albà, E., Berdié, L., Agnelli, S.,... Alemany, M. (2015). Influence of a hyperlipidic diet on the composition of the non-membrane lipid 6 pool of red blood cells of male and female rats. [Dataset]. Versión de 22 de junio de 2015 Dipòsit digital de documents de la UAB. http://hdl.handle.net/2445/66010 VersiónData Título Autoría Tipo de recursoRepositorio Identificador único e persistente Enlaza os datos cos documentos resultado de investigación e viceversa, e crea as referencias bibliográficas dos mesmos. O persoal da túa Biblioteca pode asesorarte Por que é importante citar os datos: • Os conxuntos de datos tamén son resultados de investigación como os artigos, monografías, etc. • Facilita a identificación e o acceso aos datos e desta forma a súa localización, validación e reutilización. • Permite recoñecer a autoría das súas creadoras ou creadores. • Facilita a métrica e impacto dos datos. • Favorece a transparencia da investigación científica. Boas prácticas para citar datos: • Débese facilitar a identificación, localización e o acceso aos datos mediante un identificador único e persistente (DOI, Handle, etc.). • Cada conxunto e subconxunto de datos (dataset) debe citarse de forma independente. • As citas dos datos utilizados han de aparecer na sección de referencias bibliográficas da publicación resultante. • Recoméndase incluír un identificador único de autor/a (ORCID, etc.). Autoría (O) Identificador autor/a (R) Data (O) Título (O) Identificador único persistente (O) Tipo de recurso (O) Versión e/ou Edición (O) Repositorio de datos (R) Publicación (R) Produtor (R) Ámbito xeográfico (R) Ámbito temporal (R)