scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Homofobia e VIH/sida no Estado español (1933-2000): ruptura ou continuidade?

Varela Vázquez, Ezequiel

Abstract

A homofobia é un elemento presente en todas as sociedades burguesas (e non só nestas), o cal se caracteriza pola súa permeabilidade (especialmente a nivel discursivo), para verter odio cara a comunidade gai xa dende a Plena Idade Media (especialmente no IV Concilio de Letrán de 1215), pese a que para este traballo vaise a remontar ao século XIX. A chegada da pandemia de VIH/sida en España, marcou o inicio dunha sorte de cruzada contra un colectivo que acababa de experimentar o fin da represión legal tra-lo fin do réxime franquista; un colectivo que tivo que reaccionar o mellor que puido contra ese odio que zumegaba dende as institucións, da sociedade, do goberno (ata certo punto) e mesmo do propio colectivo. A pandemia de VIH/sida, chegou de ningures, pero conmocionou a todo o mundo; a esa conmoción, lle podemos sumar o “tremendismo” excesivamente difundido dende os medios de comunicación e a cultura visual, que tan só serviron para amplificar máis o medo, e xulgar (aínda máis se cabe), aquelas persoas que portaban VIH/sida. O obxectivo deste traballo será analizar se para a homofobia isto supuxo unha ruptura, ou se seguiu mantendo os mesmos tópicos debido ao novo statu quo xerado pola chegada desta pandemia; é indiscutible que houbo unha ruptura, pero, en que medida?

Full text

Facultade de Xeografía e Historia Grado de Historia Traballo de Fin de Grado Homofobia e VIH/sida no Estado Español (1933-2000): Ruptura ou Continuidade? Titor: Lourenzo Fernández Prieto Departamento de Historia Alumno: Ezequiel Varela Vázquez Curso Académico: 2021-2022 RESUMO A homofobia é un elemento presente en todas as sociedades burguesas (e non só nestas), o cal se caracteriza pola súa permeabilidade (especialmente a nivel discursivo), para verter odio cara a comunidade gai xa dende a Plena Idade Media (especialmente no IV Concilio de Letrán de 1215), pese a que para este traballo vaise a remontar ao século XIX. A chegada da pandemia de VIH/sida en España, marcou o inicio dunha sorte de cruzada contra un colectivo que acababa de experimentar o fin da represión legal tra-lo fin do réxime franquista; un colectivo que tivo que reaccionar o mellor que puido contra ese odio que zumegaba dende as institucións, da sociedade, do goberno (ata certo punto) e mesmo do propio colectivo. A pandemia de VIH/sida, chegou de ningures, pero conmocionou a todo o mundo; a esa conmoción, lle podemos sumar o “tremendismo” excesivamente difundido dende os medios de comunicación e a cultura visual, que tan só serviron para amplificar máis o medo, e xulgar (aínda máis se cabe), aquelas persoas que portaban VIH/sida. O obxectivo deste traballo será analizar se para a homofobia isto supuxo unha ruptura, ou se seguiu mantendo os mesmos tópicos debido ao novo statu quo xerado pola chegada desta pandemia; é indiscutible que houbo unha ruptura, pero, en que medida? PALABRAS CHAVE: homofobia, VIH, sida, pandemia, gai. RESUMEN La homofobia es un elemento presente en todas las sociedades burguesas (y no solo en estas), la cual se caracteriza por su permeabilidad (especialmente a nivel discursivo), para verter odio hacia la comunidad gay ya desde la Plena Edad Media (especialmente desde el IV Concilio de Letrán en 1215), aunque este trabajo se remontará al siglo XIX. La llegada de la pandemia de VIH/sida en España, marcó el inicio de una suerte de cruzada contra un colectivo que acababa de experimentar el fin de la represión legal tras la caída del régimen franquista; un colectivo que tuvo que reaccionar lo mejor que pudo contra ese odio que rezumaba desde las instituciones, de la sociedad, del Gobierno (hasta cierto punto) e incluso del propio colectivo. La pandemia de VIH/sida, no se sabe de donde llegó, pero conmocionó al mundo entero; a esta conmoción, le podemos sumar el “tremendismo” excesivamente difundido desde los medios de comunicación y desde la cultura visual, que únicamente sirvió para amplificar aún más el miedo, y juzgar (aún más si era posible), a aquellas personas que portaban VIH/sida. El objetivo de este trabajo va a ser analizar para la homofobia esto supuso una ruptura, o si siguió anclada en viejos tópicos debido al nuevo statu quo generado por la llegada de la pandemia; es indiscutible que hubo una ruptura, pero ¿En qué medida? PALABRAS CLAVE: homofobia, VIH, sida, pandemia, gay. ABSTRACT Homophobia is a transversal element in every bourgeoisie society (and not just in the bourgeoisie ones), which is characterized by its permeability (specially in a discursive level) to pour hate towards the gay community since the Middle Ages (especially since the Fourth Lateran Council in 1215), although this essay will start its analysis in the nineteenth century. The arrival of the HIV/aids pandemic in Spain, marked the start of some sort of crusade against a collective who had just experienced the end of the legal repression from the Francoist Regime; a collective who had to react the best that they could against the hate which the institutions, the society, the Government (up to certain extent) and even the own collective, were spreading. We are not certain from where the HIV/aids pandemic arrived, although it shocked the whole world; to this shock, we can add the excessively “exaggeration” which was diffused from the media and the visual culture, which only served to amplify more the fear, and to judge more, (if that was possible), those people who were bearers of HIV/aids. The objective of this essay will be the analysis of the possible changes which the homophobia experienced, or if it remained linked to its old topics, due to the new statu quo which was generated from the arrival of the pandemic; it is undeniable that changes were made, but in which measure? KEYWORDS: homophobia, HIV, aids, pandemic, gay. 1 ÍNDICE INTRODUCIÓN......................................................................................................................... 3 1. A represión estatal da homosexualidade na España pre-pandémica (1934-1978) ..... 4 1.1 Da lei de vagos e maleantes republicana a lei de vagos e maleantes franquista (19341954) ............................................................................................................................. 4 1.2 Da lei de vagos e maleantes a lei de peligrosidade social (1954-1978) ................. 5 2. A liberación dos homosexuais na España da pre-pandemia de VIH/sida (1971-1978) 7 3. A chegada da pandemia de VIH/SIDA a España (1981-2000) .................................. 11 3.1 Información básica sobre a enfermidade (1981-2000) ......................................... 11 3.2 A construción do imaxinario da pandemia (1981-2000) ...................................... 14 4. A loita contra a pandemia de VIH/sida e contra a nova homofobia (1981-2000) ... 16 4.1 O novo contexto: homofobia e campañas estatais e o VIH/sida (1988-1995) ...... 17 4.2 A reacción do colectivo (1986-1992) ................................................................... 20 5. A arte e o VIH/sida: da visibilidade a reivindicación (1981-1992) ..................... 22 6. Cambios na identidade das lesbianas e dos homes gais polo VIH/SIDA (1981-2000) 26 6.1 A continua invisibilización das lesbianas (1981-2000) ........................................ 26 6.2 A identidades dos homes gais (1981-2000) .......................................................... 27 CONCLUSIÓNS ...................................................................................................................... 30 Bibliografía ................................................................................................................................ 34 ANEXO ..................................................................................................................................... 36 Anexo 1Lei de Vagos e Maleantes Republicana ...................................................... 36 Anexo 2Lei de Vagos e Maleantes Franquista ......................................................... 37 Anexo 3Lei de Peligrosidade Social ......................................................................... 38 Anexo 4Homofobia como unha constante en todas as formacións políticas ........... 39 Anexo 5Gráfico sobre a transmisión de sida en Galicia ........................................... 40 Anexo 6Campaña Si Da y No Da de 1988 ............................................................... 41 2 Anexo 7Campaña Póntelo y Pónselo de 1995 .......................................................... 42 Anexo 8Campaña de FASE de 1994 sobre as 7 Claves contra o Sida ..................... 43 Anexo 9Carrying Project de Pepe Espaliú en 1992 ................................................. 44 Anexo 10Sobre as prácticas seguras que defendían os diferentes colectivos........... 46 3 INTRODUCIÓN O obxectivo deste traballo, é determinar se a homofobia, entendida coma calquera acción, xesto ou discurso que poida ou busque empeorar os estándares de vida das persoas gais (entendendo gais coma homes que establecen relacións de maneira exclusiva con outros homes, ou con homes e mulleres, así coma mulleres que establecen relacións entre mulleres de maneira exclusiva, ou con mulleres e homes á vez -incluíndo así a persoas bisexuais de ambos xéneros-), tivo máis elementos de continuación ou de cambio coa chegada da pandemia de VIH/sida no marco español. En caso de facer referencia a realidades que aluden especificamente a relacións de dous homes, utilizarase o termos homes gais, namentres que o termo de lesbianas empregarase única e exclusivamente para relacións entre dous mulleres. Aínda que se fará algunha alusión as persoas trans, estas non foron analizadas ao longo do traballo, pese a que si que se poderían abordar perfectamente con este tópico; pero quizais entroncaban máis dentro da idea de “transfobia”. Outras identidades sexuais e de xénero, non foron incluídas nesta análise, aínda que tamén son obxectos susceptibles de estudo. Feitas estas aclaracións necesarias, habería que aclarar que, para poder analizar ese posible cambio, temos que ter en conta o percorrido da represión legal, así coma do movemento de liberación iniciado polas organizacións nadas na década de 1970, e que seguiron pelexando na Transición. Posteriormente, xa se analizarán as características básicas do VIH/sida, así coma a reacción das campañas gobernamentais, do colectivo e do mundo da arte. Finalmente, analizaranse as posibles modificacións que as identidades dos homes gais e das lesbianas puideron sufrir debido a chegada da pandemia; un apartado para o que os traballos de Judith Butler foron fundamentais, aínda que outros autores, coma Juan Vicente Aliaga, tamén foron tomados moi en conta. Non obstante, non se analizará ningunha destas identidades (así coma a evolución da homofobia), máis alá dos anos 2000, debido a que para iso precisaríase máis espazo para escribir, e máis tempo para poder analizar en profundidade (pero hai traballos que tamén inclúen xa a década dos 2000 entre os seus estudos, coma o de Baya Gallego). 4 1. A represión estatal da homosexualidade na España pre-pandémica (1934-1978) Antes de abordar o posible cambio que a homofobia puido experimentar en España coa chegada da pandemia de VIH/sida, sería conveniente analizar a situación anterior. A evolución do marco legal, é unha boa forma de comprender coma o réxime franquista (e inicialmente, o republicano), tentaron reprimir aos homosexuais. 1.1 Da lei de vagos e maleantes republicana a lei de vagos e maleantes franquista (1934-1954) A homosexualidade coma concepto, é un termo clínico que se desenvolveu dende o século XIX en determinadas disciplinas (destacando Medicina), e que se usou para designar o que se consideraba unha doenza que afectaba ao ser humano. As interpretacións sobre as orixes ou as causas desta doenza, varían en función dos autores, destacando no ámbito español a figura de Gregorio Marañón 1 . Non obstante, no aspecto legal, non haberá unha forma xurídica que castigue a homosexualidade ata a chegada do Código Penal de 1928, por mor da relación que se estableceu entre homosexualidade e criminalidade, pero será máis relevante a lei de vagos e maleantes republicana de 1933 (redactada por Jiménez de Asúa e por López Rey 2 ), a cal proporcionou a posibilidade de someter aos homosexuais aos mesmos castigos ca os dun criminal calquera, aos que se lle engadería a característica de estar enfermos, o que viña da man de correntes médicas españolas que estaban moi influenciadas polo psicanálise e outras correntes estranxeiras no ámbito científico (Vázquez García F. y., 1997 , págs. 258-268) 3 . 1 Para saber máis, véxase a monografía Los invisibles: Una historia de la homosexualidad en España, 18501939, de Francisco Vázquez García e Richard Cleminson. 2 Luis Jiménez de Asúa, foi un penalista español moi influínte antes da Guerra Civil, que obtivo a cátedra na Universidade Complutense en 1918; Manuel López Rey, foi un discípulo de Luis Jiménez de Asúa, o cal completou o seu doutorado en 1931 en Madrid, aínda que xa exercera coma xuíz previamente en Lugo e en Córdoba. Jiménez de Asúa, participaría como secretario vocal na Comisión Jurídica Asesora de la República en 1933, e ambos, nese mesmo ano, traballaron en conxunto no Comité Organizador del V Congreso Internacional de Unificación del Derecho Penal, exercendo Jiménez de Asúa coma presidente, e López Rey coma secretario. Froito desta colaboración, redactarían diversas obras en equipo, destacando neste ámbito El nuevo Código Penal (1933) (Blasco Gil, 2017, págs. 209-215). 3 Non obstante, outros autores coma Geoffroy Huard, sinalaron que a lei de vagos e maleantes republicana, non incluía a homosexuais, e non será a ata a de 1954, cando estes serían incluídos (Huard, Los antisociales. Historia de la homosexualidad en Barcelona y París, 1945-1975, 2014, págs. 96-105). Este autor, sinalaría que a lei de 1954, castigaría o “acto homosexual en si”, e non ao “homosexual” propiamente dito, aos que identificaba coma “antisociais” ou “persoas perigosas”. Lei de vagos e maleantes republicana, vd. anexo 1. 5 Esta represión legal, sentou un precedente para a lei do 15 de xullo de 1954, da etapa franquista, a cal trataba de castigar con maior dureza os “comportamentos homosexuais”, catalogando unha serie de “causas de propagación”, que serían as seguintes: o proselitismo ou o intento de “imitar as clases altas” de rapaces novos de orixe máis humilde, o narcisismo da xuventude e a vida fácil e cómoda (establecendo unha estreita vinculación entre o vago e o homosexual) 4 . Non obstante, esta lei posuía un carácter predelictual ou de dereito preventivo, polo que consideraba ao homosexual unha sorte de criminal en potencia, relegando a un segundo plano, a condición de “enfermo” que se estivera a cultivar anteriormente. A súa vez, tamén inclúe un aspecto de “reinserción social”, mais non será a ata a chegada da lei de peligrosidade e rehabilitación social (1971), cando se trate de levar verdadeiramente a cabo unha política de reinserción (Mira, 2004, págs. 287-329) 5 . 1.2 Da lei de vagos e maleantes a lei de peligrosidade social (1954-1978) Nos vindeiros anos, o réxime decidiuse por cambiar a súa política no que respecta a represión da homosexualidade. Para comezar, cabería mencionar una serie de iniciativas levadas a cabo en España dende o ámbito privado, que buscaban promover “a decencia”, a moral católica ou os valores familiares, coma foi o caso da Asemblea Nacional da Cruzada da Decencia, fundada en 1958 e que operaría ata 1967, momento no que adoptou o nome de Asemblea Nacional Pro Moralidade Pública; este tipo de institucións, axudaban a opoñer a homosexualidade contra unha serie de piares básicos para o Réxime, coma a familia e a moral católica. Esta oposición entre homosexualidade e familia católica, podemos observala tamén en Francia (coa particularidade de que no caso francés, estamos ante unha democracia, non unha ditadura) mais no caso español hai que sumarlle a equiparación entre homosexualidade (mesmo referida como sodomía) co 4 Lei de vagos e maleantes franquista, vd. anexo 2. 5 Esta lei, afectaba sobre todo aos homosexuais que “eran visibles”, coma os chaperos, os que mantiñan relacións sexuais en espazos públicos (cruising) e similares. Aqueles homosexuais que eran de clase alta, dispoñían de máis posibilidades para evitar a represión (podían ir a bares específicos, a unha serie de locais máis discretos ou mesmo podían irse a un lugar de Europa que tolerase a súa orientación sexual). Non en balde, Geoffroy Huard denominou a represión legal dos homosexuais en España coma unha “xustiza de clase”. No que respecta as lesbianas, estas non foron incluídas na represión legal, e isto non se debe a que fosen máis toleradas, senón a que os propios redactores da lei (así coma a sociedade en xeral), non concibía a idea de que dúas mulleres puidesen establecer relacións sexuais de maneira satisfactoria (Olmeda, 2004, págs. 84-161). 6 comunismo, que se pode observar con claridade na obra de Sodomitas (1956), de Mauricio Carlavilla, cuxa obra supón un delirio, no que o “homosexualismo” constituiría unha ameaza que podería provocar a caída do Estado franquista, e por se fose pouco, comparaba a homosexualidade co comunismo, o ateísmo, a destrución da familia e o satanismo (Huard, Los antisociales. Historia de la homosexualidad en Barcelona y París, 1945-1975, 2014, págs. 48-53). Con todo, a partir de 1960, a situación en España comezaría a cambiar, o que provocaría a aparición dun marco represivo novo. Agora, os xuristas entenderon que o “homosexualismo” estábase a desenvolver máis en España debido ao auxe da urbanización e do turismo (Huard, Los antisociales. Historia de la homosexualidad en Barcelona y París, 1945-1975, 2014, págs. 96-105). Adoptáronse novas medidas para frear ou reconducir os males do “aperturismo”. Deste xeito, a LPRS (lei de peligrosidade e rehabilitación social), pode considerarse coma unha resposta do Estado tardo franquista aos “ventos de liberalización mundiais” ( as revoltas de Stonewall en Estados Unidos, ao xurdimento do Fronte de Liberación Gai en Londres, e a outros movementos máis combativos sumados a aplicación de lexislacións máis permisivas que aparecían ao longo do globo), aínda que esta lei non supuxo unha re interpretación da homosexualidade coma tal, si incorporaba, coma xa se mencionou con anterioridade, esa “reinserción social” do homosexual (Huard, La penalización de gais, lesbianas y transexuales y la reparación tras 40 años de políticas de olvido, 2019, págs. 28-42) 6 . Para poder comprender a consecuencia da promulgación da LPRS, apuntamos que, en 1968, abordarase a reforma de regulamento do servizo de prisións, establecendo unha clasificación das cárceres en centros de prevención, centros de detención e centros de corrección ou de cumprimento de medidas de seguridade (estes últimos, son os que nos interesan). Así, numerosas persoas serían levadas a estes últimos centros, para seren “estudiadas” (mesmo eran divididas en categorías, en función a criterios arbitrarios relacionados coas preferencias sexuais) e “rehabilitadas”, aínda que, coma xa pasaba coa 6 Lei de peligrosidade social, vd. anexo 3. 13 Se os fluxos dunha persoa portadora entran en contacto co torrente sanguíneo doutra persoa, pódese producir a infección ou re-infección de VIH. Para previr esta infección, a solución está na profilaxe con látex no caso das relacións sexuais, e na utilización adecuada de material parenteral (coma por exemplo, xiringas), dun só uso e nunca compartido con outras persoas (Baya Gallego, 2015, págs. 65-78). Para aportar unha serie de datos básicos da pandemia no escenario español, poderíamos engadir neste apartado unha serie de cifras representativas. Hasta finais de marzo de 1996, 38.393 persoas desenvolveron sida en España, das cales un 52,8% morreron. España, constituíu o país europeo co porcentaxe máis elevado de casos de Sida por habitante, polo menos a mediados dos anos noventa (Vicente Aliaga, 2000, págs. 89107). Estes datos, os podemos contrastar co caso galego, no cal temos un período de estudo maior para este traballo (1981-2008), no que se rexistraron un total de 3.766 casos, dos cales 2.085 faleceron (o 55,4%). En 1997, iniciouse un descenso continuado no número de casos novos da enfermidade, chegando en 2005 a situarse debaixo dos 100 casos anuais. Non obstante, esta diminución da incidencia do sida non produce un efecto paralelo do número total de poboación afectada, máis ben, é debido á diminución na mortalidade; a prevalencia da enfermidade e o número de persoas infectadas polo VIH están a aumentar. Neste período, a práctica de risco máis asociada á transmisión desta enfermidade en Galicia é compartir material de inxección para a administración parenteral de drogas, xa que supón un 64% dos casos; as prácticas sexuais heterosexuais non protexidas corresponderíanse co segundo caso (21%), e o terceiro casos serían relacións entre varóns “de risco” (11%); o 5% restante, probablemente, débese a relacións sexuais non protexidas entre mulleres -que si se nomean-, e a outros factores coma pode ser a transfusión de sangue ou o a presenza dunha nai con VIH/sida, os cales son máis difíciles de contabilizar 13 . Hai unha tendencia a que se diminúen os casos de infección polo primeiro suposto, namentres aumentan os casos por prácticas sexuais non protexidas nos últimos anos. Para finalizar, cabería mencionar que entre os anos 1997-1998, produciuse unha baixada moi considerable, de máis do 40%, estabilizándose a incidencia que roldaba 13 Gráfico sobre a transmisión de sida en Galicia, vd. anexo 5. 14 os 40 casos por millón de habitantes, notificándose só 140 casos novos entre 2001-2008 (Xunta de Galicia , 2009, págs. 38-39). Co obxectivo de comparar co caso galego, podemos observar as cifras do resto de España, por exemplo, a altura de 1996, aínda que apenas distan das que se acaban de ofrecer (se cadra, hai máis incidencia asociada a relacións sexuais non protexidas de persoas do colectivos, tanto gais, como bisexuais e etc.), xa que son as seguintes: 64% dos casos débense a usuario de droga por vía parenteral, 14’5 a relacións sexuais heterosexuais non protexidas e un 12,6% a relacións sexuais non protexidas de gais. A súa vez, tamén hai un 9% (aproximadamente), que non está reflectido debido a que a infección non se produciu por ningunha destas tres vías (puido ser por transfusións de sangue, por sexo entre mulleres ou pola presenza dunha nai con VIH/sida coma se mencionou con anterioridade), (Vicente Aliaga, 2000, pág. 91). 3.2 A construción do imaxinario da pandemia (1981-2000) Este apartado é indispensable para entender coma a pandemia de VIH/sida levou á creación dun imaxinario moi concreto, o cal foi construído de maneira “colaborativa” (medios de comunicación, cine, a Igrexa e outras institucións, entidades e medios de masas), que xeraron unha cultura visual específica, e afectaron ao discurso homofóbico do momento. A desinformación, o rumor e o estigma, foron tres elementos fundamentais que acompañaron á pandemia, especialmente durante a súa eclosión, xa que configuraron un mito que afectou a unha xeración enteira, e que cambiou as formas de relacionarse de maneira afectiva, de ter sexo con coñecidas e coñecidos (así coma de descoñecidas e descoñecidos), e de participar e visitar algúns espazos. Moito dos espazos que na época de 1970 afloraran coma zonas de posibilidade (especialmente nos Estados Unidos, aínda que non só), víronse truncados pola expansión neoliberal e o sida (os discursos de “por moito que saia a rúa, non vexo a sociedade da que falan, só vexo individuos”, e de “o Goberno non é a solución ao noso problema, o Goberno é o problema”, de Margaret Thatcher -presidenta de Reino Unidoe de Ronald Reagan -presidente dos Estados Unidosrespectivamente, independentemente da simpatía ou apatía que poidan espertar estes personaxes, non axudaban na loita contra unha pandemia mundial); do pasmo ou 15 estupor emotivo inicial que se viviu coa pandemia ( xa dende 1985), os medios de comunicación amplificaron o pánico ao comezar a emitir “información” sobre a “enfermidade invisible”, aumentando a percepción do medo (Lébovici, 2020, págs. 1145). 14 De feito, tal e coma estableceu a propia Lébovici, o sida foi unha “epidemia psicomediática”, correspondéndose coa primeira nada en tempos da televisión, o que favoreceu a extensión do medo (Lébovici, 2020, pág. 11). Claramente, podemos atopar paralelos con este medo e desinformación, coa recente pandemia de COVID-19. Todo este medo, desinformación e prexuízos, emitidos dende as institucións antes mencionadas, outorgaron unha noción que serviu para consolidar un imaxinario específico, no que os varóns gais víronse rapidamente envoltos. O imaxinario dos anos oitenta, era o da exclusión, de provocar medo e do terror, e ata certo punto superou esa década; ao non crearse ningún imaxinario novo, á hora de tratar este tema, vólvese continuamente a este imaxinario xa construído, que é anacrónico. No caso do Estado español, quedaron rexistrados unha persoa drogodependente por vía parenteral e un varón homosexual coma as primeiras persoas que amosaron síntomas de VIH, aínda que xa se seguía un perfil determinado para facer este tipo de probas cando a infección chegou a este país. Iso si, unha das principais diferencias do Estado español respecto a outros países, é que a maioría das infeccións producíronse por vía parenteral (coma se puido observar nas cifras do apartado anterior), pero España, importou o imaxinario dos Estados Unidos, e viuse moi afectada polos discursos que saían dende ese país, tanto a nivel científico coma 14 No caso dos Estados Unidos, a presidencia de Reagan foi a que tivo que lidiar coa pandemia. Pero non o fixo. Ata 1987, este presidente non mencionou o VIH nun discurso público. Polo tanto, todas as iniciativas contra a pandemia no caso deste país, xurdiron da sociedade civil: Cleve Jones, iniciou en 1985 a chamada “colcha contra o VIH” (AIDS quilt), coa que se trataba de reivindicar os falecidos pola pandemia; ACT UP, outra asociación, protagonizou en 1992 o “Acto das Cinzas” (Ashes Action), no que, diante da Casa Branca, soltaron as cinzas dos seus seres queridos os cales morreran por mor da pandemia. Coma o VIH comezara a afectar máis a poboación heterosexual na década dos 90, Bill Clinton, para a súa campaña presidencial de 1992, capitalizou a cuestión do VIH para sumar apoio nas próximas elección (“I had a vision, and you are part of it”). Tras obter a presidencia, o Goberno de Clinton si investiu no estudo e tratamento desta infección (Bausum, 2015, págs. 98-105). 16 social 15 . Aínda que, orixinalmente, en España, saíron noticias relacionadas con cárceres e persoas toxicómanas, o que si rompe ata certo punto coa idea norteamericana, isto non difire con Estados Unidos da idea que nos dous casos estes grupos (que se denominaron “de risco”), acabaron moi mal considerados socialmente 16 (Baya Gallego, 2015, págs. 121-126). Polo tanto, podemos concluír este apartado, sostendo que Estados Unidos influíu na maneira na que España catalizou a pandemia de VIH/sida, o que tamén influíu na propia construción de estereotipos, moi marcados por este medo á infección e a “invisibilidade” da enfermidade. 4. A loita contra a pandemia de VIH/sida e contra a nova homofobia (1981-2000) Neste caso, para tratar estas dúas décadas (as seleccionadas debido a que se corresponden co auxe e co espallamento da pandemia), vaise a analizar as campañas levadas a cabo polo Goberno, debido a que o tratamento da pandemia é distinto en función ao contexto no que nos atopemos, e pode ser máis ou menos prexudicial para a poboación. A continuación, teranse en conta os esforzos do colectivo para tentar saír do estigma xerado dende múltiples institucións. Non só se terán en conta figuras do ámbito español, senón tamén do internacional. Habería que facer un apunte: no contexto do Estado español, hai un gran cambio entre os anos do franquismo e os actuais (pos-franquistas ou democráticos, coma se prefira), xa que non estamos xa a observar a represión dende o marco legal do Estado, e de feito lévanse a cabo campañas gobernamentais para tentar atallar o problema dunha maneira máis ou menos razoable (quizais con maior ou menor éxito, pero non se busca directamente atacar ao colectivo, que agora si podemos referilo desta maneira), non obstante, o medo a “perversión do homosexual” que se pode 15 Este imaxinario, sinalaba máis aos homes gais (aínda que á hora de tratar a homofobia en España e en Estados Unidos hai máis diferenzas, xa que para empezar son morais católicas e protestantes as que se dirixen contra esas “prácticas incorrectas”), debido a que en Estados Unidos a década dos sesenta e dos setenta, vira o paso da sexualidade dunha esfera máis íntima, a unha máis pública, así coma un movemento de reacción consolidado coa chegada de Reagan ao poder na década dos oitenta, quen fora apoiado pola Nova Dereita, os newborn christians (novos cristiáns) coma Pat Robberson, e os neloiberais da Escola de Chicago, destacando Milton Friedman. 16 De feito, hai que ter en conta que, pese a que os medios de comunicación españois importaron o imaxinario de Estados Unidos, a idea de que os primeiros casos tiveran lugar nese país, provocou a sensación errónea de que as posibilidades de infección son baixas, ao que se sumou a información sesgada e a confusión de calquera persoa española, a cal seguía fielmente as verificacións científicas estadounidenses. A comunidade gai, rexeitou a identificación homofóbica que se realizou da enfermidade, sinalando os prexuízos da “verdade científica” (Aliaga, 2000, págs. 89-107). 17 contaxiar, seguiu no Estado democrático; pero xa non se contaxia a “homosexualidade”, senón o VIH/sida, o cal é mortal. 4.1 O novo contexto: homofobia e campañas estatais e o VIH/sida (1988-1995) Sería conveniente comezar por ser conscientes de quen estaba ao mando do Goberno ao longo destas dúas décadas: Felipe González Márquez (do Partido Socialista Obrero Español, entre 1982-1996). Aínda que tamén deberíamos de ter en conta que José María Aznar López do Partido Popular, gobernou nos últimos anos da década de 1990 (entre 1996-2000), neste ensaio unicamente vamos a incluír as campañas levadas a cabo polo Goberno de Felipe González. O xiro socialista que experimentou España dende 1982, sumados a consecución de dereitos e liberdades durante a Transición, derivou nunha maior desmobilización política nos anos oitenta (incluíndo as colectivo de lesbianas e gais), debido a obtención de certos dereitos e liberdades durante o marco de oportunidades que se abrira durante a Transición (chegouse a un certo “conformismo”). Neste contexto, desenvolveuse un novo tipo de homofobia, que podemos denominar coma “homofobia liberal”. Podemos resumila baixo a frase de “si, pero ...”. Esta homofobia, estaba imbricada dentro dun sistema que resulta indistinguible doutras actitudes. Combinouse unha retórica progresista no social, cunha estrutura que non era completamente “anti-gai”, pero que si insistiu en poñer límites a visibilidade (amparándose, iso si, nos discursos homófobos que estivemos estudando ao longo do traballo); así, fálase dunha igualdade que pasa pola invisibilidade. A homofobia liberal, non é prerrogativa do heterosexual, posto que asentouse en actitudes dos propios gais e subxace tra-la reticencia de certa parte do colectivo de aceptar certos modelos identitarios e de certas actitudes reivindicativas. Este tipo de homofobia, non ofrece igualdade aos gais, tan só tolerancia, xa que a cambio de renunciar a certas posibilidade de visibilidade, así coma da reivindicación de modelos de vida que están lonxe da parella monógama, ou de outras reivindicacións similares, oferta unha vía na que convivir na sociedade heterosexista (Mira, 2004, págs. 570-576). 18 Nesta situación, ante o xurdimento deste tipo de homofobia, chegou a primeira campaña do Estado español en 1988, que podemos denominar coma “Si-Da, No-Da” 17 . Esta campaña, baseouse na realización dunha curtametraxe de debuxos animados, presentadas cun ton desenfadado e facilmente asimilable e dirixíndose a un conxunto heteroxéneo da poboación pola que o linguaxe é fundamental para representar escenas coma as do acto sexual entre varóns, que doutra forma, poderían resultar pouco adecuadas para a súa emisión en calquera horario do anuncio. O devandito anuncio, deixa claro que intervén unha persoa portadora e outra non no caso de infección de VIH/sida, pero quizais non consegue que os espectadores se identifiquen coa curtametraxe. Este anuncio faise eco nas súas representacións dos chamados “grupos de risco”, á vez que se move nunha dicotomía mediante a cal tratan de evitar caer no tabú pero aludindo a estereotipos, creando unha corrente de opinión errónea sobre a quen lle afecta o VIH/sida (e estendendo a noción de que había que defenderse do seropositivo, e non do virus). Pese a transmitir unha idea de inocencia por seren debuxos animados, amósanse actitudes e roles moi concretos, deixando de aludir a gran parte da poboación que non se identificaba ou se reflexaba cos estereotipos amosados no anuncio. Ademais, cabe engadir que, a muller lesbiana, para variar, non aparece neste tipo de anuncios, namentres as relacións entre gais aparecen por encima de calquera outro tipo de relación no mesmo (Baya Gallego, 2015, págs. 243-247). En resumidas contas, o sexo gai enténdese que é máis patóxeno que patolóxico, máis asocial que social, e incapaz de defenderse, nin a nivel colectivo nin individual, polo que estaría abocado a padecer a enfermidade. O sida entón, podemos velo como unha apoteose do heterosexismo, xa que un dos seus elementos caracterizadores desta enfermidade estribou na profunda ansiedade que xeraba a imposibilidade de determinar quen era e quen non era gai. A partir de 1993, impúxose unha estratexia de intelixibilidade e de xestión da enfermidade que caracterizou coma paradigma do sida en tanto que a enfermidade deixou de ser “sorpresa” e comezou a ser máis crónica; mediante un discurso 17 Campaña “Si Da y No Da” de 1988, vd. anexo 6. 19 de normalización que se implantou definitivamente coa chegada de terapias combinadas en 1996. Ao eliminarse o axente causal do sida como prioridade, este apareceu coma unha enfermidade crónica de certos grupos da sociedade, o que, en relación coa homofobia liberal, fixou unhas determinadas formas de relación coma adecuadas, deixando a identidade do cidadán e a integridade dunha poboación xeral normal, reconstituíndose en torno a tarefas de protección en contacto íntimo cos seropositivos e permitindo o desenvolvemento de certa solidariedade cos enfermos. Neste momento, comezou a abandonarse a retórica de “grupos de risco”, sendo substituída pola de “prácticas de risco”. O discurso do sida, serviu como unha estratexia de construción imaxinaria dun grupo, sendo o seropositivo e non o virus aquel do que había que defenderse. Toda esta evolución epidemiolóxica do VIH/sida (de endémica a epidémica, e logo a crónica), xorde da necesidade de elaborar dous discursos por parte da sociedade: un antidiscriminatorio, xa que a ameaza da identificación naturalizante do gai e o sida que sempre estivo presente, e outro de posición respecto ao seropositivo, no que parte das realidades e necesidades específicas relacionadas coa transmisión e a prevención en sentido global, parecen situar ao emisor deste segundo discurso na situación de sospeitoso e perigoso (Villaamil, 2004 págs. 41-57). Non obstante, si debemos de resaltar unha das campañas contra a pandemia de VIH/sida lanzadas dende o ministerio de sanidade, que si tivo máis éxito. Esta campaña, que podemos denominar coma a de “Póntelo, pónselo”, que se iniciou o un de decembro (coma a maioría de campañas contra o VIH/sida), e conseguiu causar certa polémica debido a que promocionaba o uso do condón a hora de manter contactos sexuais, dunha maneira positiva e mesmo aludindo a idea de solidariedade, sen estigmatizar ningún colectivo nin poñer énfase nunha ITS (infección de transmisión sexual) determinada 18 . De feito, a Confederación Episcopal decidiu levar esta campaña perante a xustiza, baixo o argumento de que incitaba ao contacto sexual ao promocionar o látex (Vicente Aliaga, 18 Campaña “Póntelo y Pónselo” de 1995, vd. anexo 7. 20 2000, págs. 89-107). Pese a non ser tampouco a campaña ideal, podemos considerala máis positiva ca de 1988. 4.2 A reacción do colectivo (1986-1992) Seguindo a Alberto Mira, a fraxilidade que posuía a identidade gai plenamente asumida (a cal tratarase máis adiante), unida durante os oitenta a homofobia liberal, acabou provocando unha crise de representación en torno ao sida, causando a súa vez que, unha xeración demasiado moza, tivera que concienciarse moi rápido, xa que o sida manifestou a facilidade coa que os recentes éxitos alcanzados pola curta existencia do colectivo poderían perigar. A homofobia de tipo liberal, non era ese movemento reaccionario que recorreu Estados Unidos (aínda que tamén sería unha homofobia liberal, seguiría outros estándares e outra moral), senón que conviviu ese dobre discurso ao que previamente se aludiu no que o sida estaba intrinsecamente vencellado ao gai, á vez que se defendía que ser gai non “tiña nada de malo”. Claramente, os discursos sobre o sida estaban ademais moi relacionados con diversos estereotipos de tradición sexofóbica ou que rexeitaban calquera esforzo por sacar o sexo do ámbito privado. A resposta do colectivo en España non foi soada (en parte, inflúe que tampouco foi o grupo máis afectado), e, ao non contar cun réxime de representación normalizado, os gais non chegaron a considerarse os destinatarios de tódalas mensaxes das campañas oficiais e dos medios de comunicación, converténdoos ao mesmo tempo en vítimas pasivas deste réxime de representación (Mira, 2004, págs. 600-604). Aínda que os esforzos do devandito colectivo en España precisamente non sexan destacados, si podemos resaltar o xurdimento dun énfase na promoción do sexo máis seguro de maneira tímida en 1986, cando se reuniu a COFLHEE, en Madrid, declarou: “ su preocupación por la inercia y la inoperancia de la Administración Central y autonómica de la prevención del sida”. Desta maneira, produciuse un cambio de tratamento do sida por parte do activismo gai, o cal pasou de tratar de facer fronte aos discursos sexofóbicos previamente mencionados, para ser percibido coma un risco factible de ser evitado. Aínda que, a despolitización, previamente mencionada xunto coa atomización do activismo dos gais (dividido en múltiples asociacións de tipo comarcal, rexional ou provincial), provocou unha 21 descoordinación a hora de poder levar a cabo accións en conxunto 19 (Aliaga, 2000, págs. 89-107). Nembargantes, pese a todos estes obstáculos, a tolerancia que proclamaba a homofobia liberal, proporcionoulle de maneira paradoxal ao activismo gai unha arma letal contra a propia homofobia: a representación positiva do “gai coma campión contra o sida”, o que favoreceu que moitas persoas coñecesen a comunidade gai dunha maneira positiva, entendéndoa coma unha comunidade que se lexitimaba na loita contra a infección, pese a que a sexualidade desa comunidade estivese próxima a mesma 20 . Iso si, a divulgación de información sobre coma facer prácticas sexuais máis seguras, sumada a promoción do látex, fixo que se entendera ao seropositivo potencial coma un irresponsable, unha persoa que non posúe un futuro proxectado (Villaamil, 2004, págs 115-126). Noutras palabras, márcase máis a liña divisoria dentro da propia comunidade gai entre aqueles que posúen unha vida ordenada e posiblemente ben aceptada dentro da tolerancia que ofrece a homofobia liberal, e aqueles cuxos estándares de vida non apuntaban a unha vida ordenada (sendo potenciais seropositivos, se non o son xa), e que non entrarían dentro das lóxicas da tolerancia liberal, pero agora, tampouco entrarían nas lóxicas da comunidade; a identidade gai fortaleceuse pola exclusión de parte do propio colectivo. Coma di o propio Fernando Villaamil, había un discurso gai hexemónico que xeraba serofobia (odio cara a persoa portadora de VIH/sida), dende dentro do colectivo, sumado a homofobia que existía fóra. 21 19 Unha das contribucións na que si influíu a presenza do activismo gai, foi na expansión do xénero historiográfico relacionado coa homosexualidade, o cal xa se iniciara en 1970 co auxe dos movementos sociais en defensa da liberdade de orientación sexual, pero agora o asociacionismo propiciado pola estigmatización que trouxo a pandemia de VIH/sida, xunto co afloramento do movemento LGTB e a paulatina conquista de dereitos por parte das minorías sexuais, estimularon máis o desenvolvemento destes estudos (Homosexualidades, 2012 págs. 14-21). 20 Un exemplo deste gai coma campión contra o sida, o podemos observar na película de Philadelphia, na que o protagonista, un home gai o cal, pese a sucumbir contra o sida, logra saír vitorioso nos tribunais nun caso de discriminación laboral pola súa situación coma seropositivo, e coma gai (Demme, 1993). 21 Polo tanto, entendeuse que a pandemia de VIH/sida fora o resultado da liberdade que pregoaba o movemento gai. En Estados Unidos, a resposta por parte desta comunidade equiparouse coa solidariedade que existira na “Era Stonewall”, mais a súa vez, de acordo coa homofobia liberal, o mundo gai, onde tiñan lugar numerosas relación que se escapaban da norma e que non podían existir na mesma, comezou a verse 22 Pese a esta exclusión de parte do propio colectivo, o certo é que o discurso do “gai coma campión contra o sida”, foi moi salientable a súa vez fóra do ámbito Español. Activistas como Juidth Butler, sostiñan que a idea deste discurso era facer que o loito público chegase e calase ao resto da sociedade, para que o resto do mundo comprendese que son persoas ao igual que elas, as que están a sufrir o sida; unhas persoas que poden ter unha vida precaria ou incluso peor, que están atravesando situacións terribles, e en moitos casos sen protección do Estado. A transnacionalidade da idea, sería un factor determinante que axudaría a limitar o estigma que xera o sida, ou o propio feito de ser gai (Zajderman, 2006 parte 6). Cabe mencionar que, a data escollida para finalizar este apartado, correspóndese coa campaña levada por FASE, (Fundación Anti-Sida España), a ONG máis favorecida mediática e financeiramente polo Estado español. Non obstante, FASE é moi difícil de comparar coa súa equivalente francesa AIDES (fundada por Daniel Defert, tras a morte da súa parella, Michel Foucault), xa que a francesa efectuou unha política sen estridencias que buscaba as formas máis suaves e respectables para tratar esta problemática, namentres que a española, por exemplo, expresouse en termos máis abstractos, como foi o caso da súa campaña “Las siete respuestas claves al Sida”, lanzada en 1994. 22 AIDES si chegou a aproximarse máis aos problemas específicos da comunidade gai, (quizais ACT-UP Paris chegou aínda máis lonxe que esta), xa que si logrou mobilizar a sociedade francesa con manifestacións e marchas. O que si lle podemos outorgar a FASE, foi a busca de eliminar a anquilosada concepción dos “grupos de risco”, especialmente na campaña que levou a cabo en 1993 (Aliaga, 2000, págs. 89-107). 5. A arte e o VIH/sida: da visibilidade a reivindicación (1981-1992) A arte foi vital para visibilizar as persoas con VIH/sida, así como para reivindicar a actitude da sociedade e dos Estados contra o VIH/sida. Poderíanse analizar múltiples afectado pola maior difusión de prácticas sexuais máis seguras (un punto que se pode tratar en clave positiva), e pola redución considerable das parellas sexuais, cun novo énfase en facer citas, no romance e na monogamia (ata certo punto, a pandemia provocou a modulación das pautas de comportamento) (D'Emilio & Freedman, 2012, págs. 457-466). 22 Campaña de FASE sobre “Las siete claves contra el sida” en 1994, vd. anexo 8. 29 das gráficas sensacionalistas dos sistemas significantes homofóbicos, os perigos que os límites corporais permeables presentan a orde social como tal 25 . Seguindo a obra Purity and Danger de Mary Douglas, Butler alega que todos os sistemas sociais son vulnerables nos seus marxes, e que, por tanto, todos os marxes considéranse perigosos. Se o corpo é unha sinécdoque do sistema social como tal ou un lugar no que concorren sistemas abertos, entón calquera tipo de permeabilidade non regulada é un lugar de contaminación e perigo. Coma o sexo anal e o oral entre homes determina claramente certos tipos de permeabilidade corporal non permitidos polo orde hexemónico, este sería un lugar perigoso e contaminante previo a presencia cultural do sida e independente dela. Igualmente, a condición “contaminada” das lesbianas, independentemente da súa posición de baixo risco respecto ao sida, manifesta os perigos dos seus intercambios corporais. Estar “fóra” do orde hexemónico non implica estar “nun” estado de natureza sucia e desordenada (Butler, El género en disputa: el feminismo y la subversión de la identidad, 2007, págs. 253-263). Analizando máis os modelos identitarios no seu percorrido histórico para comprender coma lles afectou a pandemia, podemos resaltar a existencia de dous modelos identitarios (pero poderíase escribir sobre máis), de homes gais que conviviron no século XX en Occidente. No mundo católico mediterráneo, destacou o “modelo efébico” (que xa existía no XIX), o cal se caracterizaba pola presencia de “mozos inocentes” que establecían relacións con homes maiores chegados de ambientes intelectuais; este modelo tivo bastante éxito, e era hasta certo punto admitíronno dentro da moral católica, especialmente en comparación coa ríxida moral protestante. Non obstante, dende finais dos anos sesenta, co desenvolvemento do movemento de liberación gai, os antigos aristócratas e intelectuais deron paso a unha nova militancia politicamente comprometida cun conxunto de causas radicais (feminista e ecoloxista), orgullosa de ser gai (como ocorreu en España co caso de Armand Fluvià, mencionado anteriormente). Agora, esta nova época está marcada pola emerxencia dun sexo fácil e rápido, a aparición de novas drogas (coma o popper), o activismo queer, o desenvolvemento dun forte sentimento 25 Sobre as prácticas seguras que defendían os diferentes colectivos, vd. anexo 10. 30 comunitario, un cuestionamento dos roles sexuais (masculinidade/feminidade) e a chegada da pandemia de VIH/sida. Coma xa explicamos con Judith Butler, a idea deste modelo a podemos vincular directamente co concepto de hipermasculinidade: coa estética do cultivo do corpo nas salas de ximnasio, un corpo que marca a chegada agora dun Novo Home, posto que este constitúe nestes intres un símbolo de poder e de pacer. Basicamente, Aliaga comparte con Butler a mesma idea, de que os homosexuais non se identifican coma obxectos de desexo (homosexual entendido coma home “feminizado”), e se desenvolve unha especie de fascinación cara o home heterosexual. Este gai do segundo modelo, responde aos estereotipos machistas máis tradicionais, tanto en aparencia física coma na tradución das prácticas sexuais que leva a cabo. Un dos factores claves para entender isto, foi a chegada da pandemia de VIH/sida. A necesidade de reafirmar esa primeira cuestión, tan só para recordar que a eclosión desta imaxe do físico-cultural, coincidiu cos momentos máis graves da crise do VIH/sida en países coma Estados Unidos, polo que a opresión e a marxinación dos gais estadounidenses alcanzou niveis impensables na sociedade occidental avanzada. Isto supuxo unha valorización dos ximnasios, da comida sa e do coidado do corpo; un corpo, o cal, aparte de servir para tomar forzas e para defenderse contra virus, tamén servía para transformarse fisicamente ante a posible reacción de que unha extrema delgadeza puidera ser relacionada coma un signo de sida (Aliaga, 2000, págs. 142-161). Polo tanto, a chegada da pandemia de VIH/sida si afectou a identidade gai, e especialmente ao segundo modelo identitario, ao que podemos referirnos coma o de a “hipermasculinidade”. CONCLUSIÓNS A homofobia, coma este traballo quixo demostrar, non é un elemento inalterable nin ahistórico. As realidades políticas e sociais afectan ao propio termo. Non sempre podemos aplicar cos mesmos presupostos a idea de homofobia no século XX (polo menos, non a lixeira), pero si está claro que a homofobia coma tal, cambiou coa chegada da pandemia de VIH/sida no escenario español; a pandemia non fixo tabula rasa dos discursos 31 anteriores, mais ben reforzou prexuízos que xa existían, pero que estaban a ser derrotados pola ola de liberalización que chegara durante a Transición, á vez que favoreceu a estigmatización dun colectivo recen reforzado, pois o relacionaron coa infección. Para recapitular, puidemos observar coma a “homosexualidade”, entendida coma unha enfermidade, foi recollida nun código de leis por primeira vez en 1928, con Primo de Rivera, aínda que a relación entre a criminalidade e a homosexualidade, non se establecería ata a lei de vagos e maleantes republicana de 1933, chegando esa vinculación de maneira definitiva coa lei de vagos e maleantes franquista de 1953, a cal, se queremos definila cun só termo, sería o de “clasista”. Se non era suficiente vincular a homosexualidade coa criminalidade, tamén se relacionou co comunismo. Todo aquilo que era malo para España, era susceptible de “ser homosexual”. Por iso, cun afán de evitar que a excesiva liberalización occidental chegase ao ámbito español, e para tentar rehabilitar a estes homosexuais, o xa esgotado Réxime franquista levou a diante a LPRS en 1970. A lexislación da LPRS provocou unha reacción contra esa represión legal; organizacións, militancia, e colectivo, comezaron a despregarse no Estado español (especialmente en Cataluña), nunha mobilización que seguiu tras a morte do ditador en 1975, e mesmo tra-la chegada da Constitución de 1978, logrando a supresión definitiva en 1979. Parecía que, por fin, o colectivo podería gozar de certo descanso tras varias décadas de represión legal clara ( a cal aínda seguiría, pero xa en menor medida), pero a irrupción por sorpresa da pandemia de VIH/sida truncou todo isto. A aparición dos primeiros casos en homes gais e persoas drogodependentes (xa sexa de maneira casual ou debido a que se buscaba ese perfil en concreto), contribuíu a crear o estereotipo. O primeiro caso foi detectado inicialmente en Estados Unidos en 1981, chegando pouco despois a Europa Occidental e ao resto do mundo. En España, a principal vía de infección de VIH, foi a parenteral, deixando nun terceiro posto as relacións sen protección entre homes. Non obstante, o imaxinario co que se construíu a pandemia en España, foi importado de maneira moi directa de Estados Unidos, o que crea unha distorsión moi clara no marco 32 español, xa que salienta a un grupo que non é nin sequera o máis afectado pola pandemia (polo motivo que sexa). Con todo, as campañas gobernamentais, que non chegaron ata finais de 1980, seguían identificando aos homes gais coma os principais portadores de sida, e aínda por encima, esquecían por completo as lesbianas. As campañas dos anos noventa (destacando a de 1995), xa foron máis acertadas, aínda sen seren perfectas. O colectivo e o activismo, ante a conmoción e a homofobia tan salvaxe que a Igrexa, os medios de comunicación e outras institucións difundían aproveitando a oportunidade que lles acababa de brindar esta pandemia, non foron capaces de configurar unha resposta clara nin un discurso homoxéneo que unise a todas as persoas gais, as cales se identificaron rapidamente coa infección por parte da sociedade, o que provocou a coexistencia de diversos discursos. Un destes, o que xa denominamos coma “homofobia liberal”, que consistía en entender que os homes gais non eran todos proclives a sufrir a infección, xa que algúns levaban unha vida ordenada e responsable, casaba moi ben cos ideais da nova sociedade que se estaba a configurar nesas décadas, o que provocou que se excluísen da identidade do home gai aquelas persoas que podían estar pasándoo peor pola pandemia. Non obstante, o discurso do “gai coma campión contra o sida”, tamén coexistiu con este primeiro discurso, e foi moi efectivo para que a sociedade entendese, que estes individuos (moitas veces pola súa conta), estaban facendo fronte a situacións abominables, sen apoio do Goberno, e incluso, sen apoio do colectivo (non sempre). Esa loita dignificou considerablemente a todos os portadores de VIH e as persoas con sida. O mundo do arte, tamén reflexou o activismo e os cambios que estaba a experimentar o colectivo gai. Existindo dous momentos (o da década dos 80 e o da década dos 90), o arte foi un medio polo que se canalizou esa loita contra a pandemia, inicialmente tan só reflexando a dor e o sufrimento, e posteriormente tentando loitar contra o estigma, os prexuízos, a homofobia e o descoñecemento da sociedade (destacando no ámbito español Pepe Espaliú). Finalmente, analizamos os cambios que sufriu a identidade gai. As lesbianas, para variar, seguiron invisibilizadas, xa que non se vían nin coma vítimas da pandemia. Os homes gais, pola contra, experimentaron un cambio na súa identidade, xa que o sida propiciou o desenvolvemento dunha cultura de ximnasio, para superar a aparencia do 33 “corpo enfermo de sida” que rexeitaba a sociedade, que a súa vez, levou ao desenvolvemento dunha identidade gai “hipermasculina”, que tentaba que o home gai se diferenciase o menos posible do home heterosexual. Este foi un dos principais cambios da pandemia. A identidade gai, estaba a sufrir cambios xa antes da chegada da infección, por mor da maior aceptación social que o colectivo estaba gañando (cada vez era máis posible vivir sen riscos), mais a pandemia acelerou este proceso; facía falta diferenciarse das persoas débiles e portadoras de VIH/sida, indignas de ser identificadas coa nova identidade gai: xuvenil, sa e moi masculina. Dende logo, o discurso da homofobia liberal influíu moito neste aspecto: non era exclusivo das persoas alleas ao colectivo, senón tamén de parte do propio colectivo; os gais “exitosos”, cunha vida “ordenada” e “aceptable” (que emulasen a institución familiar heterosexual, se contentasen cunha serie de liberdades básicas, etc.) sacrificaron as vítimas da pandemia. O discurso do “gai coma campión contra VIH/sida”, instrumentalizouse por parte dun colectivo, que contaba con persoas que non querían incluír as persoas seropositivas nas súas filas. O sexo libre foi máxima do colectivo, pero aquel que non empregase preservativo, independentemente do motivo (pode haber moitos), xa está condenado ao ostracismo por esa parte do colectivo, xa que se acaba sendo portador de VIH/sida, a culpa é exclusivamente súa. En conclusión, a pandemia de VIH/sida, si cambiou a homofobia en España, a cal xa estaba a renovarse antes da chegada da mesma (do marco de represión legal ao marco institucional e mediático), posto que lle deu outra arma que arroxar ao recen articulado colectivo, o cal non soubo moi ben coma reaccionar no novo status quo. A empatía, un elemento que brillou pola súa ausencia na actual pandemia de COVID-19, aínda foi máis problemática nesta pandemia, que en moitos casos non é referida coma tal, xa que o COVID-19 pode sufrilo calquera, máis o VIH/sida, só aquelas persoas que levan a cabo prácticas sexuais de risco ou que viven en espazos marxinais, segundo o imaxinario colectivo. 34 Bibliografía Aliaga, J. V. (2000). Identidad y diferencia sobre la cultura gay en España. BarcelonaMadrid: EGALES. Almodóvar, P. (Dirección). (1999). Todo sobre mi madre [Película]. Bausum, A. (2015). Stonewall: Breaking Out in the fight for gay righst . Nueva York : Penguin Group . Baya Gallego, A. (2015). El Imaginario del SIDA en la Cultura Visual. Construcción, significación y cuestionamiento a través de estrategias artísticas. Universidad de Granada, Tesis Doctorales. Blasco Gil, Y. e. (2017). Un enfrentamiento poco académico entre los penalistas exiliados Jiménez de Asúa y López Rey Arrojo. XXXIII. Butler, J. (1990). Gender Trouble: Feminism and the Subversion of Identity . Nova York : Routledge . Butler, J. (2007). El género en disputa: el feminismo y la subversión de la identidad. Barcelona: Paidós. D'Emilio, J., & Freedman, B. E. (2012). Intimate Matters: a history of sexuality in America . Chicago; London: The University of Chicago Press. Demme, J. (Dirección). (1993). Philadelphia [Película]. Galicia, X. d. (2009). Informe VIH: Sida en Galicia . Garía Trujillo, B. (2019). 40 Año después. Archivos, Genealogías e Inspiraciones Políticas. En 40 Años después. La despenalización de la homosexualidad en España. EGALES, S.L. Huard, G. (2014). Los antisociales. Historia de la homosexualidad en Barcelona y París, 1945-1975. Madrid: Marcial Pons. 35 Huard, G. (2019). La penalización de gais, lesbianas y transexuales y la reparación tras 40 años de políticas de olvido. En V. y. Mora, 40 años después. La despenalización de la homosexualidad en España. EGALES S. L. Jimeno Aranguren, R. (2019). La Amnistía Pendiente: Los Delitos de Homosexualidad, Adulterio, Amancebamiento, Anticoncepción y Aborto (1976-1977). En V. y. Mora, 40 años después. La despenalización de la homosexualidad en España. EGALES, S.L. Lébovici, É. (2020). Sida. Barcelona : ATMARCADA SL y MACBA. Mira, A. (2004). De Sodoma a Chueca: Una historia de la homosexualdiad en España en el siglo XX. EGALES, S. L. Mora, V. y. (2019). 40 Años después. La despenalización de la homosexualidad en España. EGALES, S.L. Olmeda, F. (2004). El látigo y la pluma: homosexuales en la España de Franco. OBERÓN. Tarrow, G. S. (2012). El poder en movimiento: los movimientos sociales, la acción colectiva y la política. Madrid: Alianza Editorial. Van Voorish, R., & Wagner, M. (2002). Among the Missing: Content on Lesbian and Gay People in Social Work. 47(4). Vázquez García, F. (2012). Homosexualidades . 87(3). Vázquez García, F. y. (1997 ). Sexo y Razón: una genealogía de la moral sexual en España (siglos XVI-XX). Akal . Vicente Aliaga, J. y. (2000). Identidad y Diferencia sobre la cultura gay en España. Madrid: Egales, S.L. Xunta de Galicia . (2009). Informe VIH-sida en Galicia. Xunta de Galicia. Zajderman, P. (Dirección). (2006). Judith Butler: Filósofa en Todo Género [Película]. 36 ANEXO Anexo 1Lei de vagos e maleantes republicana Fonte: “Lei 217/1933”, Gaceta: colección histórica do Boletín Oficial do Estado. Lei do 05/08/1933. Non hai ningunha referencia directa ao “homosexual” coma tal (nisto ten razón Geoffroy Huard), pero si que hai unha alusión moi obvia ao trato con delincuentes ou maleantes; se temos en conta esa relación que si se fixo entre homosexuais e criminalidade, entón podemos concluír que os homosexuais tamén estaban incluídos, de maneira implícita, nesta lei (coma defende Francisco Vázquez García). No segundo artigo, na décima sección, faise xa unha alusión definitiva a todo aquilo que non aparece claramente definido na lei: “conducta reveladora de inclinación al delito”, ou “por su concurrencia habitual a casas de juegos prohibidos”, o que pode referirse a súa vez a aquelas persoas cuxa orientación sexual non é a aceptada. 37 Anexo 2Lei de vagos e maleantes franquista Fonte: “Lei 198/1954”, Gaceta: colección histórica do Boletín Oficial do Estado. Lei do 15/07/1954. Neste caso, si hai unha clara alusión aos homosexuais, sen deixar lugar a dúbidas. Primeiramente, faise unha alusión a moralidade, a coma é necesario adoptar medidas contra este “problema” que afecta a sociedade española. Da anterior lei (a de vagos e maleantes republicana de 1933), foi modificada; agora no número segundo do artigo segundo, inclúese aos homosexuais cos rufiáns e cos proxenetas (equipárannos con criminais, en definitiva). A súa vez, aparte de incluílos na categoría de proxenetas e de rufiáns, establecen que os homosexuais deberán ser sometidos a unha medida se seguridade, segundo a cal acabarán sendo internados en institucións especiais, que os separaría todo o posibles dos demais (pero non se define nada de coma serían ou funcionarían estes centros). Ademais, non poderían residir en ningunha parte do Estado español, e deberán de declarar o seu domicilio, baixo a vixilancia dos “Delegados”. 38 Anexo 3Lei de peligrosidade social Fonte: “Lei 16/1970”, Boletín Oficial do Estado. Lei do 04/08/1970. Apreciamos xa, nesta lei, ese afán por tentar rehabilitar eses comportamentos que o Réxime consideraba perigosos. Esta vez, máis alá de xustificacións de tipo moral, a lei trata de protexer a comunidade de comportamentos individuais “de risco”, uns comportamentos que entran dentro da categoría de “diversos estados de peligrosidad anteriores al delito e incluso de otros posteriores al mismo”. Agora, os homosexuais xa non están en relación aos rufiáns e os proxenetas, senón que conforman un número aparte, contabilizando o delito coma “actos de homosexualidad”. Ademais, nesta lei esfórzanse por definir máis a figura do homosexual, co obxectivo de poder aplicarlles o castigo e a rehabilitación, da maneira o máis correcta posible. Polo tanto, consiste munha evolución clara das leis de vagos e maleantes. 45 Unha última reflexión interesante que fai o autor, é a referente ao cambio que a pandemia de VIH/sida provocou no mundo da arte: Espaliú, argumentou que a pandemia, volveu ao mundo da arte máis humano, poñendo en xogo as concepcións liberais que se apoderaran deste nos últimos tempos, posto que se xerara unha gramática por parte dos activistas relacionados co VIH/sida que puxeron os valores máis vencellados ao mercado, en xaque. Aínda que este pensamento pode resultar factible na década dos 90, que os valores do mercado liberal seguiron afectando considerablemente ao mundo do arte tras as décadas fortes de VIH/sida, pode considerarse un feito difícil de contestar, aínda que si que se produciron cambios. 46 Anexo 10Sobre as prácticas seguras que defendían os diferentes colectivos Fonte: Consello da Cultura Galega, Fondos Documentais. Número 6 da Revista S’HOMOS (06/1993). Contra esas prácticas sexuais que se consideraban inadecuadas pola sociedade, o colectivo, sen demonizalas, tentou recomendar, na medida do posible formas de practicar o sexo de maneira segura. A diferencia da campaña de FASE previamente mencionada, o obxectivo desta revista santiaguesa, era chegar a persoas pertencentes ao colectivo nesta cidade, namentres FASE tentaba chegar a poboación do estado español no seu conxunto, cunha campaña, coma se escribiu antes, pouco visual e atractiva. Neste caso, este fragmento da revista, podemos consideralo adecuado para o colectivo. Para comezar, explica claramente quen pode contraer VIH ( aínda que non especifique claramente a diferencia entre VIH e sida), incluíndo as relacións entre mulleres, para logo comezar a explicar formas de favorecer un sexo máis seguro entre homes, aínda sendo un destes seropositivo. Sen ningún tipo de prexuízo, neste texto fálanse de actos sexuais e de formas de establecer relacións sexuais máis seguras, centrándose, sobre todo, no uso do preservativo. 47