scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Avaliación diagnóstica da discriminación por diversidade sexual e de xénero entre o alumnado da USC

Villar Varela, Milena; Barreiro Fernández, Felicidad

Full text

Libro de resúmenes Santiago de Compostela 7-9 de julio de 2021 La educación en Red. Realidades diversas, horizontes comunes XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía Edición a cargo dE Miguel A. Santos Rego Mar Lorenzo Moledo Anaïs Quiroga-Carrillo La educación en Red. Realidades diversas, horizontes comunes XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía Santiago de Compostela 7-9 de julio de 2021 Libro de resúmenes CURSOS E CONGRESOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA N.º 262 La educación en Red. Realidades diversas, horizontes comunes XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía Santiago de Compostela 7-9 de julio de 2021 Libro de resúmenes Edición a cargo de Miguel A. Santos Rego Mar Lorenzo Moledo Anaïs Quiroga-Carrillo 2021 Universidade de Santiago de Compostela © Universidade de Santiago de Compostela, 2021 Deseño e maquetación Paula Cantero origamiestudio.com Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Campus Vida 15782 Santiago de Compostela usc.gal/publicacions DOI: https://dx.doi.org/10.15304/cc.2021.1393 This work is licensed under a Creative Commons BY NC ND 4.0 international license. Any form of reproduction, distribution, public communication or transformation of this work not included under the Creative Commons BY-NC-ND 4.0 license can only be carried out with the express authorization of the proprietors, save where otherwise provided by the law. You can access the full text of the license at https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/legalcode Esta obra se encuentra bajo una licencia internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Cualquier forma de reproducción, distribución, comunicación pública o transformación de esta obra no incluida en la licencia Cretative Commons BY-NC-ND 4.0 solo puede ser realizada con la autorización expresa de los titulares, salvo excepción prevista por la ley. Puede Vd. acceder al texto completo de la licencia en este enlace: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.es/ Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares,salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl –1021– — Describir os conceptos de socialización e socialización diferenciada. — Identificar os estereotipos e roles de xénero asignados para mulleres e homes. — Formular as distintas fases de socialización. — Diagnosticar os axentes que interveñen no proceso de socialización desde a perspectiva de xénero. A metodoloxía caracterizouse polo seu carácter experimental e vivencial. Esta metodoloxía atópase representada a través da Teoría da Aprendizaxe Experiencial de David Kolb (1984), o cal expón que, para que as experiencias se transformen en coñecemento, deben ser elaboradas a través da reflexión sobre elas ou experimentando de forma activa a información recibida. O módulo formativo combinou unha parte expositiva cunha parte de carácter práctico. No tocante a avaliación, esta estivo presente ao longo de toda a intervención, levándose a cabo unha avaliación inicial, unha avaliación final e unha avaliación de procesos. En concreto, os criterios de avaliación establecidos foron os seguintes: — Expresar reflexións sobre a socialización de xénero. — Identificar os estereotipos e de xénero presentes na vida cotiá. — Distinguir as distintas fases de socialización. — Analizar o papel dos axentes de socialización na transmisión dos estereotipos de xénero. — Comparar os roles asociados ao sexo no ámbito doméstico e de coidados. — Inspeccionar o sexismo presente nos catálogos de xoguetes. — Transformar a linguaxe sexista en linguaxe inclusiva. — Redeseñar contos tradicionais, librándoos do sexismo imperante. — Detectar estereotipos dirixidos á infancia a través de diversos medios. — Examinar o sexismo presente na publicidade. Ao longo da implantación do programa, as persoas participantes fóronse dando conta de que, até ese momento, non eran conscientes de como a socialización diferenciada contribuíra ás súas vidas. Puideron percibir como a linguaxe cotiá é tremendamente sexista, observaron como os distintos axentes de socialización fomentan os roles e estereotipos de xénero e o difícil que é afrontar estas situacións sen un apoio teórico e pedagóxico que parta do feminismo e da perspectiva de xénero. Conclusións Bosch, Ferrer e Alzamora (2006) entenden a socialización como o proceso que se inicia no momento do nacemento e perdura durante toda a vida, o proceso mediante o cal as persoas aprenden e fan súas as pautas de comportamento social do seu medio sociocultural. Dado que o proceso de socialización é eterno, a socialización diferencial pode ser revertida, obxectivo central do programa proposto, o cal foi logrado con éxito, tal e como se recolle na avaliación realizada ao longo e ao remate do mesmo. É preciso deconstruír as identidades do profesorado, a través da formación permanente e sobre todo, da formación inicial, desde a perspectiva de xénero, xa que só dese xeito se pode avanzar no desenvolvemento de personalidades libres de nesgos de xénero na infancia e na construción de sociedades igualitarias. Referencias bibliográficas. Bosch, E., Ferrer, V. A., e Alzamora, A. (2006). El laberinto patriarcal. Barcelona: Antrophos. Kolb, D.A. (1984). Experiential learning: experience as the source of learning and development. Englewood Cliff: Prentice-Hall. Rebollo, M. A., Vega, L., e García, R. (2011). El profesorado en la aplicación de planes de igualdad: conflictos y discursos en el cambio educativo. Revista de Investigación Educativa, 29(2), 311-323. A socialización infanto-xuvenil como condicionante na construción dunha comunidade igualitaria: deseño e… Villar Varela COMUNICACIÓN –1022– Santiago de Compostela, 7-9 de julio de 2021 Avaliación diagnóstica da discriminación por diversidade sexual e de xénero entre o alumnado da USC Villar Varela, Milena Barreiro Fernández, Felicidad Universidade de Santiago de Compostela (España) Descrición xeral das preguntas de investigación e obxectivos Os estudos, no ámbito internacional e nacional, alertan da alta incidencia do acoso sexual e por razón de sexo no eido laboral, e de forma específica nas institucións académicas. Atendendo á lexislación vixente encamiñada a erradicar o acoso nas institucións académicas, a Universidade de Santiago de Compostela aprobou, no ano 2016, o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero (Universidade de Santiago de Compostela, 2016). Tal e como recolle o mencionado protocolo, para crear un espazo adecuado de estudo e traballo é fundamental erradicar as condutas de índole sexual e discriminatorias por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero. Pero ata o momento actual non se tiña realizado unha avaliación diagnóstica da situación do acoso na Universidade de Santiago de Compostela, nin do funcionamento e desenvolvemento do protocolo, por iso se planeou un estudo diagnóstico, o cal se enmarca na medida 8, do eixo 1, apartado 1.1., do Pacto de Estado para a prevención da violencia de xénero (Ministerio de Presidencia, Relación con las Cortes e Igualdade, 2019) que propón a realización de estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario e prevé a realización de accións de prevención no ámbito universitario. Son antecedentes desta investigación outros estudos (Bosch, Ferrer, Navarro, Ferreiro, Ramir, y Escarrer, 2012; Lameiras Rodríguez, y Carrera, 2018; Unidad de Igualdad de Género de la UCM, 2018) que nos aportan interrogantes, estratexias metodolóxicas e instrumentos para investigar, na nosa Universidade, esta realidade. En base ao anterior, o obxectivo xeral do estudo é realizar unha avaliación diagnóstica da situación do acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero do alumnado da USC. Os obxectivos específicos aos que se pretende dar resposta neste traballo son os seguintes: — Coñecer as situacións de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero no alumnado da USC. — Determinar as percepcións e as crenzas do alumnado sobre os distintos tipos de acoso. — Delimitar o grado de coñecemento do Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero por parte do alumnado.