scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 05-03-2018 polo que se aproba o calendario académico. Curso académico 2018-2019

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

1 CALENDARIO ACADÉMICO CURSO 2018-2019 (Aprobado polo Consello de Goberno o día 5 de marzo de 2018) 1. DISPOSICIÓNS XERAIS O curso académico 2018-2019 organizarase en dous períodos académicos, e abarcará dende o día 1 de setembro de 2018 ao 31 de agosto de 2019, agás os días marcados como festivos ou non lectivos neste calendario. O calendario será único para os estudios adaptados ao EEES. O primeiro período para impartición de docencia iniciarase o día 10 de setembro de 2018 e rematará o 14 de decembro de 2018. Os másteres oficiais poderán retrasar o comezo do curso ata o 24 de setembro. O segundo período para impartición de docencia iniciarase o día 29 de xaneiro de 2019 e rematará o día 14 de maio de 2019. Con independencia da data de defensa, a entrega dos TFG/TFM para defender no mes de setembro farase tendo como data límite o 31 de xullo de 2019. En consecuencia, o calendario de docencia, período de cualificacións e entrega de actas será o seguinte: PRIMEIRO PERÍODO INIC IO FI N PERIODO LECTIVO 10/09/2018 14/12/2018 PERÍODO DE APERTURA DE ACTAS 17/12/2018 31/01/2019 DEFENSA TFM/TFG 31/01/2019 22/02/2019 PERÍODO DE APERTURA DE ACTAS TFM/TFG 31/01/2019 12/03/2019 2 SEGUNDO PERÍODO INIC IO FIN PERIODO LECTIVO 29/01/2019 14/05/2019 PERÍODO DE APERTURA DE ACTAS 15/05/2019 17/06/2019 DEFENSA TFM/TFG 21/06/2019 19/07/2019 PERÍODO DE APERTURA DE ACTAS TFM/TFG 21/06/2019 23/07/2019 PERÍODO DE APERTURA DE ACTAS SEGUNDA OPORTUNIDADE DO PRIMEIRO E DO SEGUNDO SEMESTRE 18/06/2019 23/07/2019 DEFENSA TFM/TFG (SETEMBRO) 04/09/2019 18/09/2019 PERÍODO DE APERTURA DE ACTAS TFM/TFG 05/09/2019 27/09/2019 2. PERÍODO DE CELEBRACIÓN DOS EXAMES Cada centro, en función das súas características e/ou circunstancias, fixará o período de exames de cada oportunidade dentro do período de apertura das actas, debéndose respectar, en todo caso, o prazo de revisión das cualificacións provisionais. Consonte o artigo 8.2 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (aprobada no Pleno do Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 e modificada no Pleno do 5 abril de 2017), “as datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados” e o prazo para a revisión das cualificacións provisionais “non poderá ser inferior a tres días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación da lista”, de xeito que o último día para a publicación de dita lista será: a) Na primeira oportunidade do primeiro semestre o 25 de xaneiro de 2019. 3 b) Na primeira oportunidade do segundo semestre o 14 de xuño de 2019. c) Na segunda oportunidade do primeiro e do segundo semestre o 19 de xullo de 2019. 3.- CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA PARA GRAOS E MÁSTERES As datas de realización dos exames da convocatoria extraordinaria de fin de carreira para as titulacións de Grao e Máster, así como a data límite de sinatura das actas, coincidirán coas previstas para a realización de exames e para a sinatura das actas do primeiro semestre. 4.- ACTAS CONSOLIDADAS O período de actas consolidadas comeza o 27 de setembro de 2019 e remata o 10 de outubro do 2019. 5.- PERÍODOS NON LECTIVOS Os períodos de interrupción da actividade académica serán: a) dende o sábado 22 de decembro de 2018 ata o 7 de xaneiro de 2019 (ambos os dous incluídos); b) o luns e martes de Carnaval (4 e 5 de marzo de 2019); e c) a Semana Santa, dende o 15 de abril ao 19 de abril de 2019 (ambos os dous incluídos). Terá carácter festivo e, polo tanto, non lectivo, o luns 28 de xaneiro de 2019, día da festividade de Santo Tomé de Aquino, ademais dos días declarados festivos polo Estado, a Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os correspondentes as festas locais. É período non lectivo, a todos os efectos, todo o mes de agosto. En cada centro, terá carácter non lectivo o día de celebración da súa festividade. A estes efectos, son festividades dos centros as seguintes:  4 de outubro (S. Francisco de Asís). Facultade de Veterinaria  18 de outubro (S. Lucas). Facultade de Medicina e Odontoloxía (Lic. en Medicina)  15 de novembro (S. Alberte Magno). Facultade de Bioloxía, Física, Matemáticas, Química e Ciencias  27 de novembro (S. Xosé de Calasanz). Facultade de Formación do Profesorado  8 de decembro (Inmaculada). Facultade de Farmacia  13 de decembro (Sta. Otilia). Facultade de Óptica e Optometría  23 de xaneiro (S. Raimundo de Peñafort). Facultade de Dereito  9 de febreiro (Sta. Apolonia). Facultade de Medicina e Odontoloxía (Lic. en Odontoloxía)  24 de febreiro (Xoán Huarte de S. Xoán). Facultade de Psicoloxía  8 de marzo (S. Xoán de Deus). Facultade de Enfermería 4  9 de marzo (natalicio do Padre Sarmiento). Facultade de CC. da Educación  19 de marzo (San José). Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.  5 de abril (S. Vicente Ferrer). Facultade de CC. Económicas e Empresariais e Fac. de Administración e Dirección de Empresas  15 de abril (natalicio de Leonardo da Vinci). Escola Técnica Superior de Enxeñaría  22 de abril (Día da Terra). Escola Politécnica Superior  26 de abril (S. Isidoro de Sevilla). Facultades de Filoloxía, Filosofía, Humanidades e Xeografía e Historia.  1 de maio (Día do Traballo). Facultade de Relacións Laborais  3 de maio (Día da Liberdade de Expresión). Facultade de Ciencias da Comunicación Coa finalidade de aproveitar ao máximo os días lectivos, se ditas festividades coinciden en martes ou xoves, celebraranse o luns ou venres máis próximos, e se cadraran en mércores trasladaranse ao venres. As que coincidan en sábado, domingo ou festivo celebraranse o día lectivo anterior ou seguinte. 6.- ADAPTACIÓN DEL CALENDARIO Cada centro, en función das súas características e/ou circunstancias, poderá facer unha adaptación deste calendario que, en todo caso, terá que ser previamente autorizada pola Secretaría Xeral da Universidade e deberá facerse pública.