Full text
TESE DE DOUTORAMENTO CARACTERIZACIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS Diego Rois Losada FACULTADE DE VETERINARIA DEPARTAMENTO DE PATOLOXÍA ANIMAL LUGO, 2015
TESE DE DOUTORAMENTO CARACTERIZACIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS Asdo………………………………… Diego Rois Losada FACULTADE DE VETERINARIA DEPARTAMENTO DE PATOLOXÍA ANIMAL LUGO, 2015
AGRADECEMENTOS En primeiro lugar, un agradecemento moi especial a todas aquelas persoas que conservaron ao longo dos anos, un patrimonio xenético insubstituíble, polo seu agarimo pola raza Galiña de Mos. Aos Drs. José Luis Benedito Castellote e Marta López Alonso, directores desta tese, polas súas orientacións e pola súa paciencia. Aos meus amigos e compañeiros da Federación de Razas Autóctonas de Galicia – BOAGA, Moncho, Juan, Silvia, Marina, Nuria, Nisi e Bea, polo constante apoio e profesionalidade no traballo que desenvolven día a día. A todo o persoal do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, especialmente ao seu Director, Castor Rivero e a Julio, a Luís, a Xurxo e a Ferro, por permitirme acceder aos arquivos históricos do Centro e porque grazas ao traballo desenvolvido, conseguiron crear un centro de referencia en España sobre as nosas razas autóctonas. A Miguel Fernández, Gerardo Rivero, Carlos López, Benito Feijoó, José Manuel Riesgo, Roberto Díaz, José María Puente, David Mosteiro e Juan Ínsua, veterinarios que nalgún momento dependeron da Subdirección Xeral de Gandería, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e que desde fai anos, traballaron pola promoción das nosas razas autóctonas. O voso impulso á raza foi imprescindible para que hoxe se atope neste lugar privilexiado. A Daniel Franco, José Manuel Lorenzo e Lucio García, do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia, pola súa continua axuda no desenvolvemento deste traballo e pola súa profesionalidade no seu labor investigador. Á Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos - AVIMÓS pola súa grandeza, a súa seriedade e o seu bo traballo coa raza. Monasterio, Zapata, Eduardo e outros moitos, que empezáchedes con este traballo, tedes que estar orguiosos de onde nos atopamos hoxe. Á Federación de Razas Autóctonas de Galicia – BOAGA e á Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, pola financiación dos proxectos de investigación coa raza Galiña de Mos, coa que se obtiveron os resultados deste traballo. A todas aqueles amigos que ao longo destes anos me botaron unha man e me ofreceron o seu apoio. A meus país, José e Flora. En tempos máis complicados que os actuais, loitaron e se sacrificaron para que os seus fillos tiveran unha vida mellor. Grazas a vós, hoxe son o que son. Aos meus irmáns, pola nosa unidade e por estar sempre ás duras e ás maduras. A Carmen, polos bos momentos, que foron moitos e fantásticos e, en especial, ás miñas princesas, Mencía e Uxía. Que algún día me perdoen o non ter podido pasar máis tempo con elas. Por vós os meus esforzos.
Ás miñas fillas, Mencía e Uxía, as nenas máis boas e máis bonitas do mundo.
Introdución e obxectivos. 3 1. INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS. 1.1. O PAPEL DA FAO NA CONSERVACIÓN DOS RECURSOS ZOOXENÉTICOS. Os recursos zooxenéticos para a alimentación e a agricultura son unha parte esencial da base biolóxica de máis de 1.000 millóns de persoas no mundo. Unha base de recursos diversificada é fundamental para a supervivencia e o benestar humano, así como unha contribución á erradicación da fame (FAO, 2007) Os recursos zooxenéticos son esenciais na adaptación ás condicións socioeconómicas e ambientais cambiantes, incluído o cambio climático. Son a materia prima do mellorador animal e atópanse entre os insumos máis esenciais do agricultor. Son fundamentais para a produción agrícola sostible. Cunha xestión axeitada, nunca poden esgotarse, xa que non existe unha incompatibilidade inherente entre utilización e conservación. A utilización de recursos zooxenéticos apropiados para acadar e manter sistemas de produción sustentables, que sexan capaces de responder ás necesidades do home, é indispensable para a seguridade alimenticia a niveis nacionais e mundiais. Os criadores, como as comunidades nacionais, teñen interese en manter e incrementar o acceso a material xenético animal mellorado. Sen embargo, as hipóteses que guiaron o desenvolvemento mundial da gandería nos últimos 30 anos, están a ser re analizadas e ampliadas para que esta continúe sendo de proveito á humanidade nas próximas décadas e máis aló. Esta estratexia apóiase na identificación, o desenvolvemento intensivo e a difusión no mundo enteiro dalgunhas razas altamente especializadas, de altos requirimentos e gran produtividade, dentro de cada especie de animal doméstico. É probable que a maior parte da gandería mundial quedará a nivel dunha produción baixa ou media, nun futuro previsible e os elevados requirimentos dos tipos altamente especializados non poderán en xeral, ser satisfeitos. No pasado, prestouse moi pouca atención ao mantemento e melloramento da adaptación ás condicións estrés antes e específicas de produción e as razas autóctonas dos países en desenvolvemento, foron seriamente subestimadas. No futuro, os programas de crianza non terán éxito se non se asocian á mellora da produtividade co mantemento das adaptacións locais. O material xenético adaptado deberá formar a base do melloramento para perfeccionar os sistemas de produción agrícola e alimenticios. Globalmente, isto incluirá un uso moito máis amplo dos recursos zooxenéticos. A diversidade xenética do gando e as diversas opcións de utilización adoitan debaterse en termos de razas. As razas son conceptos culturais máis que entidades físicas, e o concepto varía dun país ao outro. Este é un feito que da lugar a que a caracterización xenética sexa moi difícil. Para que sexa posible levar a cabo unha ordenación sostible, é necesario considerar e comprender a diversidade nos ámbitos da especie, entre as razas e dentro das mesmas razas. Os informes nacionais demostran a importante e insubstituíble contribución que a diversidade dos animais de granxa fan á seguridade alimentaria e ao desenvolvemento das nacións. Mostran que se está lonxe de facer o potencial completo dos recursos zooxenéticos e confirman a grave erosión da diversidade xenética en moitos países.
DIEGO ROIS LOSADA 4 Esta erosión ten moitas causas, entre elas os cambios nos sistemas de produción, a mecanización, a perda dos terreos para pastos, as catástrofes naturais, os brotes de enfermidades, as políticas e prácticas inadecuadas de cría, a introdución inapropiada de razas exóticas, a perda da seguridade na titularidade da terra e do acceso a outros recursos naturais por parte dos gandeiros, o cambio das prácticas culturais, a erosión das institucións responsables e das relacións sociais, a influencia do crecemento demográfico e da urbanización, a falta de avaliación dos efectos das prácticas en termos de sostibilidade e a ausencia de elaboración de políticas e medidas económicas axeitadas. A erosión dos recursos zooxenéticos ameaza a capacidade dos agricultores e gandeiros para responder aos cambios ambientais e socioeconómicos, entre eles a evolución nas dietas e nas preferencias dos consumidores. Desde os inicios da súa constitución, a FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations=Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), constatou a desaparición de moitas razas de animais domésticos por unha banda, e a presumible diminución da variabilidade xenética por outra. O punto de partida desta preocupación constitúeo a "Reunión Inicial do Comité Asesor Permanente en Agricultura", que celebrada en Copenhague no ano 1946, recomenda á FAO o traballo de acometer a avaliación e conservación dos recursos xenéticos vexetais e animais. Entre 1947 e 1966, a FAO edita publicacións e canaliza axudas económicas para a organización de reunións, simposios nacionais e rexionais que cubriran esta temática. Entre as actividades desenvolvidas nos anos sesenta, destaca a promoción dunha serie de "Consultas a Expertos" que xeraron a celebración, durante o ano 1965, da "13ª Conferencia da FAO" na que se recoñeceu a necesidade de incrementar as actividades na área dos recursos xenéticos de plantas e animais. Como consecuencia deste recoñecemento, organizouse un Grupo de Estudio que no ano 1966 presenta un amplo informe xeral sobre a avaliación, utilización e conservación dos recursos xenéticos animais. Entre 1966 e 1973 estes Grupos de Estudio, abordando problemas xerais e especies en particular, dan lugar a unha serie de publicacións descritivas dalgunhas das razas gandeiras explotadas nas máis diversas partes do mundo: bovino en 1968, porcino en 1971 e aves en 1973. Fundamental foi a "Conferencia das Nacións Unidas" celebrada en Estocolmo en 1972, ao resolverse con dous resolucións realmente importantes: - A declaración do ano 1973 como "Ano da Promoción da Protección e Conservación de Plantas e Animais", en especial das especies e razas en perigo, como consecuencia das accións selectivas iniciadas a finais do século XIX. - A creación do "Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, PNUMA" (United Nation's Environmental Programme, UNEP). Este Programa xunto coa Dirección Xeral de Produción e Sanidade Animal da FAO, realizan un estudio piloto sobre a "Conservación dos Recursos Xenéticos Animais", (FAO-UNEP, 1975), do que se establecen específicas recomendacións para accións inmediatas, a curto e a longo prazo. (Orozco, 1990). Un prestixioso evento que contribuíu á discusión da conservación dos recursos xenéticos animais foi a Mesa Redonda que, moderada por MASON (1974), celebrouse en Madrid no ano 1974, durante o "I Congreso Mundial de Xenética Aplicada á Produción Animal". Aínda que interviñeron nunha maioría membros da FAO, presentáronse e discutiron as experiencias a este respecto dunha serie de países por prestixiosos científicos e expertos (Bowman, Epstein, Iglesia-Hernández, Laurans, Maijala, Mason, Sánchez-Belda, Somes, e Turton,).
Introdución e obxectivos. 5 En 1980 a FAO/UNEP promove unha reunión Internacional sobre "Conservación e Manexo dos Recursos Xenéticos Animais", invitando a todos os países membros a participar na mesma. Fíxose na cidade italiana de Roma. Os resultados desta consulta foron a elaboración dunha serie de obxectivos inmediatos (23 recomendacións compiladas en 12 grandes apartados) para implementar con éxito a cría e mellora xenética nos países en desenvolvemento. Os obxectivos inmediatos fixados foron: - Toma das disposicións pertinentes para evitar ulteriores perdas xenéticas. - Identificación de razas e tipos que esixan atención prioritaria. - Avaliación, no caso de que non se dispoña aínda, dos datos suficientes sobre as características físicas, fisiolóxicas e de rendementos das diversas razas. - Implantación de programas de mellora destinados a facer un uso eficaz dos recursos xenéticos de que dispoña cada país en concreto. - Establecemento de directrices no que respecta á adecuación das razas para os distintos niveis de explotación (extensiva, semi-intensiva, intensiva e nómade) en diferentes condicións de clima e terreo, e identificación de tipos e razas que merecen estudio especial nestas circunstancias. - Coordinación interrexional e/ou internacional das actividades orientadas á conservación/ordenación de recursos zooxenéticos. No ano 1983, comeza a publicación pola FAO/UNEP do Boletín de Información sobre Recursos Xenéticos Animais. No 1985 a FAO, establece a Estratexia global para o Manexo de Recursos Gandeiros. En 1989 celébrase a Conferencia Internacional sobre Programas Xenéticos de Conservación en Roma, recolléndose as actas da última Consulta de Expertos en 1990 no Boletín de Información da FAO. Desde a década dos 80 obsérvase como a cooperación conxunta FAO/UNEP orientouse cara á creación dunha infraestrutura supranacional de recursos para a cría e mellora animal, cuxo obxectivo primario e fundamental é a creación do Banco de Datos dos Recursos Xenéticos Animais. O propósito deste Banco de datos é prover unha completa e accesible descrición das características xenéticas de cada raza e os cruces perfectamente establecidos, xunto coa caracterización do medio no que se desenvolven e se atopan adaptadas. Nesta caracterización inclúe a seguinte información: Características produtivas para a produción de alimentos, fibra ou traballo. Estimas de parámetros fenotípicos e xenéticos. Rendementos produtivos. Estimación de censos, a súa estrutura e distribución. Trazos físicos da raza (carácteres morfo métricos). Información sobre grupos sanguíneos, polimorfismos bioquímicos, cariotipos e características inmunolóxicas. Información sobre marcadores moleculares de ADN. Documentación sobre a capacidade da raza para cruzamentos e os rendementos produtivos que se coñeceran. Con esta información, en 1986 publícanse tres tomos sobre o Banco de Datos de recursos xenéticos animais, nos que se recolle o sistema de estudo empregado (Volume 59/1), e as listas descritivas de vacúns, búfalos, porcos, ovellas, cabras (Volume 59/2) e aves (Volume 59/3). No ano 1992, prodúcense dous eventos moi importantes e transcendentes: Creación do Sistema de Información sobre a Diversidade dos Animais domésticos (DAD-IS).
DIEGO ROIS LOSADA 6 II Conferencia da U.N.E.P., sobre o Medio Ambiente, de Río de Xaneiro, e a Convención sobre a Diversidade Biolóxica (C.B.D.) Aínda que a Base de datos sobre as razas implicou a 180 países, 35 especies e 5.300 razas, o feito de que os países decidan cando e que razas deben incluírse, como consecuencia das conclusións da II Conferencia das Nacións Unidas sobre o medio ambiente (Río de xaneiro) e a Convención sobre a Diversidade Biolóxica (CBD), na que se recoñece a soberanía de cada país sobre os seus propios recursos xenéticos, pero implicando igualmente a obrigación de conservar eses recursos. A partir do ano 2.000 púxose en marcha A Estratexia Mundial para a Xestión dos Recursos Xenéticos dos Animais de Granxa. A finalidade da Estratexia, executada a través da Iniciativa para a Diversidade dos Animais Domésticos (IDAD), é promover o desenvolvemento e utilización dos recursos xenéticos animais e frear a perda de diversidade xenética. A estratexia recoñece que o uso sustentable e a conservación eficaz dos recursos xenéticos animais, dependen dos países. A través da IDAD, a FAO pretende axudar aos países a formular, executar e manter os seus propios programas. O obxectivo é establecer un marco técnico e operativo para asistir aos países, comprendendo: Un mecanismo intergobernamental para políticas de desenvolvemento e a participación gobernamental. Unha infraestrutura mundial situada en cada país para axudar a planificar, implementar e manter estratexias nacionais para a xestión de recursos xenéticos animais, de forma eficaz. Unha rede coordinada de puntos de contacto e centros de enlace nacionais e rexionais. Un programa técnico cuxo fin é soster accións eficaces a nivel de cada país na intensificación sustentable, conservación, caracterización e acceso aos Recursos Xenéticos Animais. Un sistema de información e avaliación para guiar a implementación da estratexia, facilitar a colaboración, coordinación e política de desenvolvemento, e maximizar o custe-efectividade da actividade. En definitiva, o obxectivo da Iniciativa para a Diversidade dos Animais Domésticos (iDAD), é manter a diversidade xenética dos animais domésticos. Para elo pretende coordinar os esforzos rexionais e nacionais para superar a actual erosión destes recursos irremplazables e fomentar o seu aproveitamento efectivo e sostible. En 2007, na cidade suíza de Interlaken, celébrase do 3 ao 7 de setembro, a Conferencia técnica internacional sobre os recursos zooxenéticos para a alimentación e a agricultura, onde se aproba o Plan de acción mundial para os recursos zooxenéticos e a Declaración de Interlaken sobre os recursos zooxenéticos. Na Declaración de Interlaken sobre os recursos zooxenéticos, recoñécese que os recursos zooxenéticos son esenciais para a seguridade alimentaria, os medios de vida sostibles e o benestar humano, e que é necesario adoptar medidas inmediatas para afrontar o problema da erosión destes recursos vitais. O fundamento do Plan de acción mundial sobre os recursos zooxenéticos son as prioridades estratéxicas para a utilización sostible, o desenvolvemento e a conservación dos recursos zooxenéticos para a alimentación e a agricultura, así como disposicións para o seu desenvolvemento e financiación. O Plan de acción mundial sobre os recursos zooxenéticos, do ano 2007, aprobado pola 34ª Conferencia da FAO, lémbranos que os recursos zooxenéticos teñen unha serie de características a ter en conta como:
Introdución e obxectivos. 7 • A diversidade dos recursos zooxenéticos é esencial para satisfacer as necesidades humanas básicas de alimentos e medios de vida. Contribúen ás necesidades humanas proporcionando carne, leite e produtos lácteos, ovos, fibras, roupas, recursos para o aloxamento temporal e permanente, esterco como fertilizante e combustible, forza de arrastre, axuda para a caza e bens comerciables. A diversidade xenética define non só a produción e os trazos funcionais das razas animais, se non tamén a capacidade para adaptarse a ámbitos diferentes, entre eles a dispoñibilidade de alimentos e de auga, o clima, as pragas e as enfermidades. A diversidade de recursos zooxenéticos, particularmente no mundo actual, é unha clave para o desenvolvemento económico. A diversidade destes recursos e a adaptabilidade conseguinte das especies e as razas a condicións extremas de seca, humidade, frío e calor, posibilitan a existencia de medios de vida para o home nalgunhas das zonas menos hospitalarias da Terra. • Nos 12.000 anos transcorridos desde a domesticación das primeiras especies gandeiras, os agricultores e pastores desenvolveron máis de 7.000 razas de animais domésticos. Estas razas representan agora combinacións únicas de xenes. Polo tanto, todos os recursos zooxenéticos para a alimentación e a agricultura son o resultado da intervención humana, sendo seleccionados e mellorados conscientemente polos gandeiros desde as orixes da agricultura e evolucionaron conxuntamente coas economías, as culturas, os sistemas de coñecemento e as sociedades. Ao contrario que a maioría da biodiversidade salvaxe, os recursos zooxenéticos domésticos requiren unha xestión humana permanente e activa, sensible ante a súa natureza única. • En termos da súa enorme contribución potencial á redución da fame e a pobreza, así como ao desenvolvemento sostible, os recursos zooxenéticos atópanse infraconservados e infraempregados. • A maior parte dos países teñen un alto grao de interdependencia con respecto aos seus recursos zooxenéticos. Os xenes animais, os xenotipos e as poboacións fóronse difundido por todo o planeta desde tempos antigos a través da expansión da agricultura e da destacada función do gando nas migracións humanas. Os animais foron medios de transporte e comercio en moitas rexións. Os gandeiros continuaron desenvolvendo e mellorando os recursos zooxenéticos, sendo intercambiados sistematicamente a nivel intercontinental e transoceánico ao longo dos últimos 500 anos, o que incrementou esta interdependencia. Nun contexto mundial, é preciso ter en conta estas características únicas dos animais domésticos, ao asegurar un reparto xusto e equitativo dos beneficios derivados dos mesmos e ao adaptar a elaboración das futuras medidas normativas e regulamentarias. • Os gandeiros e as súas comunidades son quen manteñen na actualidade a maior parte dos recursos zooxenéticos sobre o terreo, como compoñentes dos seus ecosistemas, economías e culturas agrícolas. Os animais domésticos soen desempeñar funcións importantes nos mitos, as culturas, as relixións, as tradicións e as prácticas sociais. Ademais dos propios animais, os alimentos de orixe animal posúen importantes funcións socioeconómicas e culturais en moitas sociedades, como no pobo galego, ademais de desempeñar funciones relevantes na nutrición e as dietas. • Os recursos gandeiros seguen tendo na actualidade esta importante función social, cultural e estrutural nas comunidades locais de hoxe. A importancia cultural dos animais é con frecuencia un factor esencial na conservación in situ.
DIEGO ROIS LOSADA 8 • As razas de animais domésticos asumen funcións esenciais dos ecosistemas agrarios, tales como a circulación dos nutrientes, a dispersión de sementes e o mantemento do hábitat. Os recursos zooxenéticos e os sistemas de ordenación animal forman parte integrante dos ecosistemas e das paisaxes produtivas en todo o mundo. Ao desprazar os seus rabaños segundo as estacións, os gandeiros conectan diferentes ecosistemas. Os sistemas de produción baseados na terra que teñen compoñentes vexetais e animais precisan dunha ordenación conxunta dos diferentes compoñentes da biodiversidade, entre eles os solos, os cultivos, os pastos, os cultivos para forraxes e a flora e a fauna silvestres. • Os sistemas de produción tradicionais requiren animais con diferentes finalidades que, aínda que menos produtivos que as razas de elevada rendibilidade, conteñen características funcionais valiosas. A agricultura moderna desenvolveu razas especializadas optimizando determinadas características de produción. Os melloradores modernos de animais alcanzaron altos incrementos de produtividade en sistemas de produción con moitos insumos externos. A gandería aporta na actualidade cerca dun 30 % da produción interna bruta agrícola nos países en desenvolvemento, cun incremento previsto ata o 39 % para o 2030. As cinco especies gandeiras principais (vacún, ovina, cabrún, porcina e galiña) dan lugar á maior parte da produción de alimentos e, entre elas, un pequeno número de razas internacionais transfronteirizas supón unha parte sempre crecente da produción total. Este proceso conduce a unha redución da base xenética, xa que as razas, e incluso as especies, descártanse en resposta ás forzas do mercado. Nas razas comerciais, a elevada presión pola selección conduce a unha redución da base xenética, co posible risco que elo entraña para a seguridade alimentaria presente e futura. Os programas de cría e as políticas teñen que ter en conta a ampla variabilidade xenética existente no seo das poboacións e razas, que é esencial para que o desenvolvemento da produción gandeira permita responder aos retos que se formulen no futuro. A sostibilidade ao longo prazo dos programas de selección require unha avaliación regular dos cambios xenéticos así como axustes nos obxectivos de selección. • As autoridades responsables de moitas rexións do mundo, non soen ser conscientes das múltiples e importantes contribucións dos recursos zooxenéticos á alimentación e á agricultura nin, dos dereitos tradicionais dos criadores de gando nos ámbitos nos que existan. As intervencións estratexicamente planificadas para a conservación, a utilización e o desenvolvemento dos recursos zooxenéticos son esenciais. Unha certa perda de razas locais resulta inevitable, tendo en conta os cambios que se están dando nos sistemas de produción gandeira dos países desenvolvidos e en desenvolvemento e a limitada dispoñibilidade de recursos para a conservación. Sen embargo, permitir que este proceso sexa totalmente aleatorio e que careza de supervisión significa aceptar un risco potencialmente importante de perda de recursos de gran valor ao longo prazo. Como dixo Mason en 1974, "calquera extinción ou desaparición dunha especie ou raza, representa un irremprazable elemento da diversidade de vida que se perde" Representantes de 109 Estados entre os que se atopa España, a Comunidade Europea e 42 Organizacións, entre as que estivo a Federación de razas autóctonas españolasFEDERAPES, reuníronse en Interlaken (Suíza) en 2007, asinando unha Declaración conxunta. Os países comprometéronse entre moitos puntos principais, a acadar o uso sostible, o desenvolvemento e a conservación dos recursos zooxenéticos, co obxectivo de aumentar a
Introdución e obxectivos. 9 seguridade alimentaria mundial, mellorar a situación da nutrición humana e contribuír ao desenvolvemento rural. Os países recoñecen que a diversidade de especies animais existente non se emprega na maior medida posible para aumentar a produción de alimentos, mellorar a nutrición humana e o sostemento das comunidades rurais ou lograr sistemas de produción máis eficientes. Tamén observan alarmados a perda que se está producindo de razas de gando. A erosión e perda continuas de recursos zooxenéticos comprometería os esforzos feitos no desenvolvemento rural e comprométense a potenciar os esforzos por conservar, desenvolver, mellorar e empregar de modo sostible en maior medida os recursos zooxenéticos, recoñecendo que é necesario promover o desenvolvemento do coñecemento, en particular mediante a investigación dirixida a mellorar o uso sostible, a súa conservación e o fomento. O movemento internacional de conservación que actualmente vivimos é a consecuencia inevitable á que conduciron os abusos das técnicas produtivas implantadas a gran escala, cuns obxectivos establecidos en simples termos económicos a moi curto prazo. (Orozco, 1990). Galicia non se viu afastada do que sucedeu noutras rexións do mundo, centrándose a produción gandeira nun reducido número de razas, na case totalidade foráneas, en detrimento das autóctonas. A posta en marcha por parte da administración galega, de programas para a recuperación e conservación dos nosos recursos zooxenéticos, está a posibilitar a posta en valor das nosas razas. 1.2. A FINALIDADE DA CONSERVACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS. A FAO destaca a multitude de motivos para a conservación das razas autóctonas pero destácanse os seguintes: - Manter a posibilidade de cubrir as demandas de futuros mercados: Nos países prósperos da Unión Europea existe un incremento da demanda de alimentos especializados de orixe animal. Isto leva á diversificación tanto dos sistemas de produción animal como dos propios produtos animais. Ademais a prosperidade incrementa a utilización de animais para outros obxectivos relacionados por exemplo coa cultura do ocio (animais de granxa, deportes,...). O desenvolvemento de novas demandas require unha elevada variabilidade das especies a utilizar. Cos sistemas de manexo empregados actualmente para a produción animal non é posible atender todas estas demandas. - Ofrecer garantías de viabilidade fronte a futuros cambios das circunstancias produtivas: Os sistemas con elevados input/output caracterízanse polo alto uso de fertilizantes e concentrados e, dentro destes sistemas, é relativamente frecuente o tratamento veterinario a alto nivel con medicamentos para tratamentos clínicos e preventivos. A contaminación agrícola e a resistencia fronte a fármacos poden crear condicións para a produción animal nas que se precisan elevadas producións de alimentos e resistencia a enfermidades. A conservación da variación xenética é necesaria para asegurar a produción ante posibles cambios ou a ameaza de novas enfermidades. - Actual valor socioeconómico: En moitos países as razas autóctonas son empregadas en ocasións por un pequeno grupo de gandeiros por razóns especiais (granxas biolóxicas ou pastoreo de zonas marxinais, por exemplo) ou para propósitos especiais (produtos ou mercados locais). O desenvolvemento de programas de mellora para estas razas locais con leva un elevado custe de organización, pero ao mesmo tempo, a ausencia dun programa de mellora convértese nunha ameaza para a propia raza. Sen embargo, o seu actual valor
DIEGO ROIS LOSADA 10 socioeconómico, ao producir ingresos para un pequeno número de gandeiros, xustifica o establecemento dun programa de conservación. - Oportunidades para a investigación: Actualmente os xenetistas de todo o mundo estanse centrando na busca de xenes con influencia na produción, calidade dos produtos, saúde e carácteres reprodutivos dos animais. Neste tipo de investigación os cruzamentos entre razas con características moi diferentes xogan un importante papel. Estes cruces garanten un alto grao de heterozigose e desequilibrio de ligamento, necesarios para detectar asociacións entre loci de marcadores altamente polimórficos e loci relacionados con carácteres cuantitativos (QTLs). - Valores culturais e históricos: Moitas razas son o resultado de longuísimos procesos de domesticación e un longo período de adaptación a circunstancias locais. Reflicten unha longa historia de simbiose entre a humanidade e os animais de granxa, podendo axudar a clarificar os procesos de adaptación, os que poden merecer a pena en sistemas actuais de produción. - Valor ecolóxico: Existe unha crecente concienciación sobre o valor ecolóxico de certas rexións por razóns paisaxísticas, naturais e de manexo gandeiro. Dentro deste complexo, a presenza de animais de orixe autóctono interactuando co medio é de gran importancia ecolóxica. Ademais estes animais poden contribuír ao desenvolvemento de produtos locais cunha imaxe ecolóxica. 1.3. A RECUPERACIÓN DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS EN ESPAÑA. A preocupación pola conservación dos recursos xenéticos animais é moi recente en España; a política estatal de mellora gandeira, baseada inicialmente en cruzamentos con razas melloradas estranxeiras importadas, non propiciaron a sensibilización necesaria para abordar os correspondentes programas de preservación e consecuentemente a súa financiación. Con independencia das variadas accións concretas que se desenvolveron en diversas especies domésticas españolas, pódese dicir que a primeira chamada de atención a nivel nacional, produciuse en España no transcurso do "I Congreso Mundial de Xenética Aplicada á produción gandeira" celebrado en Madrid en outubro de 1974, no que foi dedicada unha "Mesa Redonda" ao tema "A conservación de recursos xenéticos animais", sendo moderador da mesma o Dr. I.L. Mason, Animal Breeding Officer da FAO (1974). Diversos autores anotaban a escasa intervención que tivo España en dita Mesa Redonda, reducida ás aportacións feitas ás do Dr. Sánchez Belda (1974) que presentou a problemática da conservación das razas ovinas e o Dr. Iglesia (1974), que avogou pola preservación dos ponis de Galicia. En relación co gando vacún español, non houbo ningunha aportación nesa mesa, a pesar de que segundo un informe da FAO desa época (Lauvergne, 1975), España era un dos países de Europa e do litoral do Mediterráneo, que tiña máis razas vacúas en perigo de extinción. A partir desa data parece producirse unha pequena sensibilización a este respecto e se comezan a crear grupos de traballo interesados nesta problemática. A inquedanza por estes temas determinaron entre outras accións, a iniciación no ano 1975 polo Departamento de Xenética Animal, do Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, dun Programa de conservación das razas españolas de galiñas que se atopaban en perigo de extinción.
Introdución e obxectivos. 11 A descentralización administrativa que se xerou no terreo político-económico, co establecemento do Estado das Autonomías en España, propiciou o interese rexional pola preservación, conservación e desenvolvemento de todas as razas locais existentes, potenciando as anteriores actuacións dirixidas a este fin, animados polas recomendacións internacionais. A nivel do goberno de España, a Orde ministerial de 30 de xullo de 1979 establecía por primeira vez o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, como base da política agraria, en virtude do destacado interese que a mesma tiña en ordenar o patrimonio xenético gandeiro español. Esta orde que foi sucesivamente modificada, para dar cabida ás novas razas recoñecidas, ten un apartado específico para as razas de protección especial. A publicación do Real Decreto 2129/2008, de 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, serve de pulo aos esforzos enfocados cara a conservación de razas, xa que identifica e abarca todas as liñas de traballo cos recursos zooxenéticos, desenvolvendo actuacións para a mellora e para a conservación das razas, e complementa as medidas aplicables no medio tradicional de cría ou fóra deste, coas ferramentas necesarias para a preservación futura dos recursos nos centros autorizados. Paralelamente créanse en España diversas organizacións científicas e outras entidades para a investigación a recuperación e o fomento das nosas razas autóctonas, tal como sucedeu noutros países. A nivel mundial a maioría das organizacións teñen os mesmos obxectivos, pero os seus métodos varían duns países aos outros. Así, algunhas operan dentro de programas estatais; outras actúan como empresas privadas; unhas baséanse en institutos de investigación, mentres que outras traballan a través de criadores entusiastas ou comerciais. Así nos diversos países creáronse organizacións como a Rare Breeds Survival Trust, no Reino Unido, A Société d'Ethnozootechnie, en Francia, The American Minor Breeds Conservancy, nos Estados Unidos, Rare Breed Conservation Society de Nova Zelandia, Pro-Specie Raza, de Suíza, Stichting Zeldzame Huisdierrasen, de Holanda e outras moitas. En España, existe unha sociedade científica de referencia na conservación dos recursos autóctonos. As accións da década dos 80, sumado ao entusiasmo e tenacidade de profesionais universitarios, investigadores do I.N.I.A., do C.S.I.C. e moi diversos técnicos, cristalizaron na constitución da primeira Asociación española dedicada a este fin. Aprobada o día 13 de Marzo de 1989, denomínase "Sociedad Española para los Recursos Genéticos Animales (SERGA)". Os fins e obxectivos da mesma consisten fundamentalmente no coñecemento, estudio, protección, conservación e promoción dos recursos xenéticos animais en xeral e gandeiros en particular, existentes en España. SERGA ten dez seccións en base ás distintas especies animais que se consideran: bovina, equina, ovina, caprina, porcina, aves, coellos, cans, gatos, abellas e finalmente especies silvestres; aínda dependendo dunha Xunta Directiva Nacional, dispoñen dunha certa autonomía para cumprir máis eficazmente cos fins da Asociación. Non se trata dunha Sociedade de acción directa "per se", se non de asesoramento, recomendación e investigación para lograr que outras entidades de calquera xénero, públicas ou privadas, podan desenvolver e materializar esa labor de conservación. Na súa campaña de constitución a través da prensa científica e gandeira nacional incidía en que o home da rúa, en base á orientación recibida, atopábase máis sensibilizado cara ao material animal silvestre, que ao doméstico. Este último, en boa medida é esquecido ou reducido,
DIEGO ROIS LOSADA 18 galiñas eran pouco seleccionadas polos produtores, pouco interesados en uniformar un tipo morfolóxico concreto. Nalgunhas zonas o máis interesante era seleccionar algún tipo de galiña que polas súas cualidades, respondera á demanda produtiva de determinados mercados locais. Foi o que sucedeu a principios de século coa Galiña de Mos, que era amplamente empregada polo interior de Galicia para a produción de capóns (Rois e col. 2009). A liberalización das importacións nos anos sesenta, provocou a entrada masiva de aves híbridas moi seleccionadas xeneticamente para acadar altas producións, apartando a aquelas dun primeiro plano. A isto sumóuselle a propia idiosincrasia do pobo galego. Nas actas do Congreso Internacional de estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, indicábase sobre a pouca apreciación que se tiña polo autóctono, nun fragmento de A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos: “Lo que te puedo adelantar es que los gallegos, aquí como en Castilla, con muy raras excepciones, parece que reniegan de todas las cosas de su patria; conducta injustificable en todos, y más infinitamente en hombres de provecho y acreditada pericia. Ya se duele de esto en La Gaita; pero el mal es crónico y dudo que se remedie ni en la presente ni en la generación que nos siga. Tuyo siempre” A raza Mos ou Galiña de Mos, que ata eses anos era abundante por toda Galicia, viuse tamén involucrada nese proceso, situándose á beira da extinción. En décadas pasadas esta raza tivo un bo recoñecemento, xa que tiña unha dobre aptitude para a produción moi interesante como afirmaba Rof Codina en 1962: “En la explotación de aves para carne, interesa la condición de ser ave de buen desarrollo corporal, algo que se consigue bien en las razas de doble utilidad como la Mos” A comezos do ano 2000, a raza foi incluída no Programa de Mellora Gandeira de Galicia o que permitiu poñer en marcha as medidas encamiñadas á súa recuperación a través do Programa de Recuperación e Conservación da Raza Galiña de Mos, que provocou unha paulatina recuperación dos censos, escapando a raza da súa situación crítica, atopándose actualmente nunha posición de consolidación no mercado avícola de calidade. Nos últimos anos algúns investigadores, veñen facendo esforzos pola recuperación doutras posibles poboacións avícolas existentes en Galicia, como a chamada Galiña Piñeira, que está a ser analizada para categorizala como posible raza autóctona, atopándose en fase de estudo. (Álvarez, 2007). 1.7. XUSTIFICACIÓN E OBXECTIVOS. En 2010 a FAO indícanos que a taxa estimada de extinción de razas é alarmante, pero aínda o é máis que se estean perdendo recursos xenéticos dos que non se dispón información, antes de que se podan estudar as súas características e avaliar o seu potencial. O coñecemento do tamaño, a distribución, as características esenciais, usos e estado actual dos recursos zooxenéticos autóctonos galegos, patrimonio de todos, é central para unha utilización e conservación razoada destes recursos. A comprensión da diversidade, a distribución, as características básicas, o rendemento comparativo e a situación actual dos nosos recursos zooxenéticos é fundamental para a súa utilización eficiente e sostible, o
Introdución e obxectivos. 19 seu desenvolvemento e a súa conservación. Un inventario completo, co apoio dun seguimento periódico das tendencias e os riscos asociados, son un requisito básico para a ordenación eficaz dos recursos zooxenéticos. Sen unha información destas características, algunhas razas e as características únicas que conteñen, poderían diminuír significativamente ou perderse antes de que se recoñeza o seu valor e de que se tomen medidas para conservalas. Unha boa comprensión das características das razas é necesaria para orientar a adopción de decisións nos programas de desenvolvemento pecuario e de melloramento. A información procedente de inventarios e o seguimento das tendencias e os riscos asociados, son necesarios para a estruturación de políticas de conservación, mentres que os resultados da caracterización permiten que os gandeiros determinen que raza utilizar nas condicións de produción do momento. É necesaria unha análise comparativa do rendemento das razas autóctonas coma das estranxeiras, tanto no que se refire aos trazos de produción coma aos funcionais, co fin de facilitar información á planificación estratéxica. En ausencia de tales análises, posiblemente sexa ignorado o desenvolvemento das razas locais a favor da introdución de xermoplasma exótico ou dun cruce indiscriminado que redundará na erosión das nosas razas. A FAO insiste na necesidade de efectuar unha caracterización profunda das razas que ademais da súa morfoloxía, inclúa a caracterización xenética, a produtiva, a reprodutiva e tamén aquela comparada con outras razas, valorando desta maneira as diferenzas comparadas entre razas, para poder avaliar a súa capacidade competitiva fronte a outros recursos zooxenéticos. A caracterización é un de traballo cuantitativo, no que se toman medidas, cóntanse cantidades, determínanse frecuencias, etc. A caracterización pódese clasificar en morfolóxica, produtiva, reprodutiva e xenética, informándonos das relacións que ten con outras razas, as súas formas, producións, etc. A maiores poderíase incluír o que denominamos como caracterización histórica dunha raza, que sería a realización dun estudo de investigación dos datos históricos e do pasado máis recente dunha raza. O obxectivo estriba en obter un mellor coñecemento dos recursos zooxenéticos, do seu uso actual e o potencial futuro na alimentación e a agricultura, en entornos definidos e o seu estado actual como poboacións de razas diferenciadas (FAO, 1984; Rege, 1992). A información obtida a través do proceso de caracterización permite a toda unha gama de grupos interesados, que inclúe gandeiros, gobernos nacionais, administración rexionais, así como ás institucións mundiais, tomar decisións informadas sobre as prioridades na xestión dos recursos zooxenéticos (FAO, 1992; FAO /UNEP, 1998). Segundo a FAO a caracterización é a base para a toma de decisións. A primeira avaliación dunha raza/poboación baséase na seguinte información: • Tamaño e estrutura da poboación. • Distribución xeográfica. • Diversidade xenética interracial. • A conectividade xenética das razas cando se atopan poboacións en máis dun país. Cando se descubre unha raza ou poboación en risco, deben poñerse en práctica estratexias activas de conservación, ou debe aceptarse a perda potencial da raza. Para asignar os recursos limitados dispoñibles para programas de conservación, é necesario darlle prioridade a algunhas das razas. Estas decisións deben basearse en carácteres xenéticos distintivos, carácteres adaptativos, valor relativo para a alimentación e agricultura, ou valores históricos e culturais das razas en cuestión. Tamén se necesita esta
DIEGO ROIS LOSADA 20 información para decidir si as estratexias in vivo ou in vitro ou unha combinación de ambas parecen máis prometedoras. Segue a FAO indicando que en canto ás decisións sobre estratexias de conservación e sobre programas de desenrolo para as razas auto sostibles, requírese unha información moi completa, que debería incluír: Descrición das características fenotípicas típicas da poboación da raza, incluíndo as características físicas e o aspecto, os caracteres económicos (é dicir, crecemento, reprodución, calidade e cantidade de produto) así como algunhas estimacións (por exemplo o rango de variación dalgúns caracteres, poñendo énfase polo xeral nos atributos produtivos e adaptativos da raza). Descrición dos entornos produtivos, tanto do hábitat orixinal como do sistema actual de produción no que se mantén a raza Documentar calquera característica especial (caracteres únicos o singulares) da poboación en termos de adaptación e produción, incluíndo as respostas a factores estresantes medioambientais (carga patolóxica e parasitaria, extremos climáticos, mala calidade do penso, etc.). Imáxenes de machos e femias típicos no seu entorno produtivo típico. Coñecementos relevantes da poboación indíxena (incluíndo e non limitándoo a coñecementos específicos de xénero) sobre as estratexias tradicionais de manexo empregadas polas comunidades para empregar a diversidade xenética do seu gando. Descrición das actuacións de manexo actuais (utilización e conservación) así como as partes interesadas implicadas. Descrición de calquera relación xenética coñecida entre razas dentro e fora do país. Ademais da información listada sobre ambas vías (conservación e desenrolo), a seguinte información complementaria resulta útil para guiar a elección de razas prioritarias e as áreas xeográficas dos programas de conservación: Caracteres xenéticos distintivos das razas e a súa importancia con respecto á diversidade xenética total entre as razas consideradas (para maximizar a diversidade conservada en beneficio das xeracións humanas vindeiras). Orixe e desenvolvemento das razas. Caracteres xenéticos únicos (ou fenotípicos si os atributos xenéticos non son coñecidos) A súa importancia en entornos produtivos actuais ou futuros. Para tomar decisións, as autoridades nacionais teñen que identificar as razas nas que os programas de mellora van a ser máis proveitosos. Ditos programas poderían incluír razas clasificadas como en risco e formar parte dun programa de conservación. Toda inversión na mellora de razas debe xustificarse en base a un suficiente retorno sobre a inversión. Para iso deben determinarse niveis de rendemento, características adaptativas especiais e/ou usos e valores específicos das razas nun determinado entorno produtivo ou en relación a cambios previstos en dito entorno produtivo (incluíndo as condicións de mercado). Por tanto, son esenciais os datos de rendemento, descrición de atributos e valores particularmente útiles e, unha descrición detallada do entorno produtivo xeral, para guiar as decisións dos programas de desenrolo dunha raza. O conxunto de información necesario para o desenrolo de programas apropiados de crianza, permite tamén que se reconsidere a elección dunha raza en función da evolución do entorno produtivo, xa sexa mediante cambios nas prácticas gandeiras, condicións do
Introdución e obxectivos. 21 mercado, preferencias culturais, ou factores biofísicos. De modo similar, dita información é necesaria no deseño de plans de reposición de recursos Zooxenéticos que se emprenden tras un desastre natural (seca, inundacións, etc.), brotes epidémicos de enfermidades ou conflitos civís. A reposición pode basearse nos recursos Zooxenéticos dispoñibles no país, noutros países da rexión ou noutra rexión do mundo. En todos os casos, os programas de reposición deberían intentar obter os animais mellor adaptados ao entorno produtivo no que serán introducidos. É polo tanto, importante, que a información pertinente sobre características da raza sexa accesible ás autoridades a todos os niveis. Desta maneira os obxectivos prantexados nesta tese doutoral son a caracterización da raza Galiña de Mos desde os aspectos históricos, xenéticos, morfolóxicos, de análise da evolución da poboación e do programa de mellora e, dos aspectos produtivos. Non se contempla a caracterización reprodutiva, debido a que xa fora analizada por Rois D. e colaboradores en 2004, no estudo Análisis de varios aspectos reproductivos en la raza Galiña de Mos, presentado no IV congreso Ibérico sobre Recursos Xenéticos Animais en Ponte da Lima, Portugal, no que tras facer ao longo de tres anos o control das incubacións feitas con máis de 20.000 ovos recollidos en galiñas da raza, da Unidade de recuperación da Galiña de Mos, do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, constatouse como os datos de incubabilidade total en 2004 (66,91%) e de fertilidade (80,90%) situábanse entre os máis altos das razas autóctonas españolas (Campo, 1986), aínda que considerablemente por debaixo dos cruces entre estirpes comerciais e varias razas autóctonas. En relación ás razas autóctonas catalás, e con datos más recentes, observouse unha incubabilidade total superior á raza Empordanesa e inferior á Penedesenca e a Prat (Francesch, 1998) posiblemente debido ás grandes poboacións e aos anos de traballo de recuperación que posúen estas dúas últimas. Observando os datos de fertilidade de galiñas críollas de México, criadas en similares condicións obsérvanse valores similares (Juárez, 2001) aínda que a incubabilidade total sexa superior na Galiña de Mos, debido a unha peor incubabilidade estrito das de México. Os obxectivos deste traballo son os seguintes: 1. Caracterización Histórica da raza Galiña de Mos. Para poder afrontar os retos de conservación e fomento dunha raza autóctona, é moi importante coñecer o seu pasado. O coñecemento da súa historia permítenos trazar estratexias futuras sobre a súa poboación, analizando os éxitos e os fracasos e incluso, sendo unha ferramenta de marketing para os seus produtos. Permítenos tomar decisións para afrontar o futuro, en función das circunstancias de cada época pasada, ademais de ser un coñecemento enriquecedor da nosa historia. Neste capítulo faise unha completa revisión histórica sobre a raza Galiña de Mos. Revisouse a bibliografía especializada e os arquivos históricos máis importantes e todos aqueles que poderían conter información relacionada, como os Arquivos de varias das Deputacións provinciais, de varios Concellos, o Arquivo do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, arquivos de Universidades, así como de arquivos históricos de xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e La Región, entre outros. 2. Caracterización morfolóxica e xenética da Galiña de Mos. Pese a que o concepto de raza e amplo e pode ser flexible, animal de raza é aquel pertencente a calquera raza de interese gandeiro e produtivo que estea catalogado, inscrito ou que poda inscribirse nun libro xenealóxico xestionado por unha asociación
DIEGO ROIS LOSADA 22 oficialmente recoñecida ou por un servizo oficial, co fin de poder participar nun programa de mellora. Para que un animal poda entrar no libro xenealóxico respectivo, a súa morfoloxía ten que cumprir unha serie de características descritas nun estándar ou nun patrón da raza. Asígnaselle un valor obtido en función da observación das súas características corporais. Neste capítulo realízase unha análise das características morfolóxicas coas que se redactou o patrón da raza e os aspectos que motivaron as modificacións futuras realizadas. A caracterización xenética faise en base á análise dos carácteres cualitativos máis fáciles de distinguir e relacionados co tipo morfolóxico, como son os relacionados coa coloración da plumaxe, da crista, da pata, da pel, dos ollos e da cor da casca do ovo. 3. Estudo poboacional e análise do Programa de Mellora da raza Galiña de Mos. Un dos obxectivos dun Programa de Conservación é o de analizar as tendencias da súa poboación, para valorar si as estratexias empregadas están a ser efectivas. Un Programa de Conservación engloba unha serie de medidas ademais da conservación estrita da raza, como o desenvolvemento de aspectos específicos de manexo na cría, sanitarios, de divulgación, de promoción e de comercialización. Neste capítulo analízase a tendencia evolutiva da raza Galiña de Mos e as estratexias do Programa de Mellora da raza. 4. Caracterización Produtiva da raza. Parece que para que unha raza se asente definitivamente, as súas producións deben acadar un nivel de rendemento económico aceptable e de contrastación dunha calidade diferenciada. Nun mercado tan competitivo como o actual débese de ofrecerlle ao consumidor datos fidedignos e suficientemente contrastados cando nos atopemos ante unha produción diferenciada. Determinouse o crecemento, as características da canal e da carne en varios produtos da raza coma os galos, capóns, pulardas e galiña. Fixéronse estudos comparativos entre a raza autóctona e estirpes comerciais, criadas nun sistema avícola artesán. Determinouse tamén a produción oveira e as características do ovo da raza Galiña de Mos.
CARACTERIZACIÓN HISTÓRICA DA RAZA
Caracterización histórica. 25 2. CARACTERIZACIÓN HISTÓRICA. 2.1. A ORIXE DAS GALIÑAS DOMÉSTICAS. Analizando o que os estudosos desta especie dicían en canto á orixe das galiñas, podemos observar como non está o suficientemente claro este aspecto, non podendo ser totalmente aclarado hoxe en día. Tendo en conta que os ósos das aves son facilmente destruídos polos depredadores, polos cans domesticados e polo home, ignórase cando tivo lugar a primeira domesticación da especie gallus. Queda bastante claro que a domesticación das galiñas (Gallus domesticus) produciuse a partir dunha ou varias das especies salvaxes que aínda habitan no sur-este asiático podendo facer aportacións ao longo da historia para a formación das diferentes razas, diversas especies de aves. Desta forma considéranse dous tipos de teorías: a teoría monofilética, que considera ó Gallus Gallus ou Galo de Bankiva como único ancestro da galiña doméstica, concepto que xa introduciu Charles Darwin, dando por mutación, selección natural e artificial as razas que coñecemos actualmente. Por outra banda existe tamén outra teoría moito menos estendida, que é a teoría polifilética, de Ghigi, que considera que as nosas galiñas proveñen de máis especies salvaxes como o Gallus sonnerati, Gallus lafayetti, Gallus varius e outras que posiblemente desapareceran, as cales sendo cruzadas en domesticade incluso con outras especies aviares como faisánidos, chegaron a dar as aves pesadas –ou asiáticase ás lixeiras –ou mediterráneas-. Massuet (1902), afirma que “sin medo a equivocarnos”, considerar ao galo de Bankiva, como o tipo primitivo das galiñas actuáis, debido ás formas exteriores e caracteres especiais e coloración. Observando a gran cantidade de variabilidade xenética que existe nas razas de galiñas actuais parece probable que houbo contribución de especies varias e non parece fácil que se conseguira soamente a partir dunha. Bassom (2009) afirma que recentes investigacións coas últimas tecnoloxías de ADN, indican que o xen da pel amarela nos polos domésticos, non se orixinou polo Galo de Bankiva senón, que a súa orixe máis probable fora o Galo Sonnerati. A. Fumihito & col. (1996) estudaron o ADN mitocondrial de tres das subespecies do tipo Gallus gallus con varias razas domésticas e as outras tres especies salvaxes (gallus varius, gallus lafayetti e gallus sonneratti). Concluíron que varias as razas analizadas parecían ser descendentes das especies salvaxes. Pola contra o Gallus Bankiva sería doutra rama e non sería unha subespecie do xénero gallus gallus. H. Yamashita & col. (1994) compararon as improntas xenéticas das catro especies salvaxes con galiñas Leghorn brancas, dúas razas xaponesas e tres chinas. Concluíron que o Gallus varius é o máis aloxado dos outros, que o Gallus Sonneratti e o Gallus Lafayetti non están moi aloxados uns dos outros e máis cerca do galo roxo salvaxe estudado e que o galo roxo salvaxe está próximo ás razas domésticas estudadas, entre as que a Leghorn branca parece máis cércana ás xaponesas que ás chinas.
DIEGO ROIS LOSADA 26 Figura 1. Debuxo do Gallus Gallus ou Galo de Bankiva. (Revista Arte Avícola, 1995) Parece ser que existiu en Europa antes do período da glaciación, un tipo de galo que difería do Galo de Bankiva. Estas afirmacións están baseadas nos restos fósiles atopados en Inglaterra, nos terreos cuaternarios de Francia e en Grecia, como o constataba un escritor anónimo francés no ano 1880 así como outros autores do mesmo país como Gerard Coquerelle feito que tamén fora sinalado por M.A. Milne-Edwards nas Reliquioe Aquitanieoe. Este galo non fora domesticado, xa que os seus restos non aparecen nas habitacións lacustres dos homes da idade de pedra, aínda que si en certas tumbas célticas de Italia. De todas formas, este galo que presumiblemente habitaba no occidente europeo, que se denominou Gallus europeans – segundo Coquerelle citando a Harrison (1978)- desapareceu no período das glaciacións, quedando exclusivamente as especies salvaxes do sudeste asiático. Grazas ás diferentes escavacións feitas, descubrindo as figuras que aparecen en pezas de barro, puido comprobarse que a galiña xa era usada como animal doméstico na India. Na zona meridional e central da India fíxose a domesticación, que se iniciou coa captura nos bosques dos poliños que se criaban en habitáculos, colléndose posteriormente os adultos (Arduin, 1992). A data estimada da domesticación das galiñas, segue a ser outro punto sen aclarar. Sábese que fai cinco mil ou seis mil anos, nesa zona do sueste asiático xa existían aínda que soamente se usaba para o consumo as especies salvaxes e as domésticas se usaban para as loitas de galos e para sacrificios. Crese que a domesticación foi feita 3000 anos Figura 3. Gallus Lafayettei ou Galo de Lafayette. (Revista Arte Avícola, 1995) Figura 2. Gallus varius ou Galo de Java. (Revista Arte Avícola, 1995) Figura 4. Gallus Sonneratti ou Galo de Sonnerat. (Revista Arte Avícola, 1995)
Caracterización histórica. 27 antes de Xesucristo, convivindo as especies salvaxes coas domésticas. Pese a isto, é de supoñer que moitos poboadores empregaran as carnes e os ovos para o seu consumo. Antigos documentos chinos indican que “esta criatura de occidente” foi introducida en China no ano 1400 a. C. Os últimos descubrimentos indican aínda datas máis antigas. En escavacións feitas en Sisan, no norte de China, atopáronse ósos de galiñas que datan de 5000 a.c.. En Tailandia outros ósos identificáronse con tipos de razas de tamaño mediano, como algunhas das que coñecemos actualmente coma o Combatente Malaio (Bassom, 2009) En torno a dous mil anos antes de Xesucristo a Galiña chegou a Mesopotamia a través de Persia, estendéndose despois a Exipto. Estaban moi estendidos nesas datas os combates entre galos, pero podemos considerar ós exipcios como o primeiro pobo que lle prestou ás galiñas unha certa atención como fonte de alimentación, creando as primeiras e rudimentarias incubadoras. A esas incubadoras chamábaselles mamals que eran uns fornos con capacidade de ata para miles de ovos (Como hacer tu propia granja de gallinas, 2006). En Exipto a crianza dos galos estaba asociada ao culto ao Deus Atón (Danae, 1989). A introdución das galiñas domésticas en Europa parece que se produzo por dúas vías: Por unha banda, as colonias gregas da Asia Menor introduciron na Grecia Clásica ós galos e galiñas cerca de mil anos antes de Cristo, aínda que os gregos, soamente usaban ós galos para o seu entretemento en pelexas, xa que era un animal sagrado. Créese que estaba destinada a súa carne soamente para o consumo polos pobres. Os gregos seleccionaban animais de gran tamaño, o mesmo que os antecesores, para a loita. En tódalas civilizacións antigas os galos eran venerados; así os Persas rendíanlle culto divino como símbolo da luz. Existen tradicións que indican que Alejandro Magno (356-323 a.c.) rei Macedonio e creador dun imperio, organizaba loitas de galos a noite antes dunha batalla para transmitir aos seus soldador coraxe e valor (Sarabia, 2006). Cara o 600 a. C. colonias gregas da Asia Menor se asentan no sur de Francia, fundando a actual Marsella, e por outras zonas do mediterráneo incluíndo a Península Ibérica, introducindo –posiblementeas súas aves tamén, como seguramente fixeron os Figura 5. Loita de galos. Mosaico romano de Pompeya. (Foto A. Francesch. 1998, reproducción do seu libro Gallinas de Raza).
DIEGO ROIS LOSADA 34 diversas aves y golosinas, capones finos, que anunciaban con el nombre de poulardes de Mans (Francia)” Continúa a publicación indicando que: “Queremos recordar aquí que durante los años de guerra europea, Francia no pudo enviar a España sus renombradas poulardes y, sin embargo, en los escaparates de los colmados siguieron apareciendo capones finos. La presentación de tales aves finas no era la misma que la de los antiguos capones de Mans, pero su carne blanca, infiltrada de grasa y su sabor especial eran de las más delicadas y sabrosas de las carnes que se conocen entre todos los tipos y clases de aves de cebo, por lo que los apasionados se declararon partidarios del nuevo artículo” “Los clientes curiosos trataban de averiguar la procedencia de tales aves, no obteniendo más que evasivas de los vendedores, que hacían sospechar que se trataba de operaciones mercantiles delictivas” “Tales capones no eran otros que los renombrados de Villalba, adquiridos en la feria del Monte (Cospeito), que se celebra el 18 de diciembre, o en la de Villalba, que tien lugar los días 19 y 20 del mismo mes y a las cuales concurren numerosos compradores que los exportan a los grandes mercados de España.” En Galicia foron moi importantes os coñecementos impartidos entre outros, polo veterinario Juan Rof Codina, adquiridos moitos deles en Cataluña, sendo estes prodigados por Galicia a partir da creación da Cátedra de Divulgación Pecuaria de Galicia en outubro de 1945. A partir da década dos anos sesenta ao igual que no resto de España, existe en Galicia un gran desenvolvemento da avicultura industrial, con movementos de cooperativismo que implican un pulo destacado á produción e consumo do polo. Pola súa contra, as producións avícolas alternativas quedan relegadas a un segundo plano, sendo cada vez máis reducido o seu tipo de produción, ligado ao abandono do rural. Nas dúas últimas Figura 11. Clase de castración na antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia. Ano 1947. (Arquivo Histórico Provincial de Lugo).
Caracterización histórica. 35 décadas outros tipos de avicultura, máis ligadas a producións extensivas e dunha maior calidade, están a destacar na nosa rexión. 2.4. A GALIÑA DE MOS NA NOSA CULTURA. A principios do século XX, no ano 1916 Salvador Castelló nomeou como raza á galiña denominada Galega, a que consideraba como unha galiña poñedora pero de pouco interese cárnico por posuír unha carne pouco fina e amarela. No ano 1920 Santos Arán e no 1941 Ricardo de Escauriaza y del Valle -enxeñeiro agrónomo autor dunha cartilla avícola publicada no 1941 pola Cámara Oficial Agraria de A Coruña e Director da granxa avícola da Coruñafalan de dous tipos de galiñas que existían en Galicia, a da costa e interior, de máis volume e peso, e a da montaña, de menor talla. Escuriaza xa dicía que “esta raza de bo volumen e peso, de carne branca e exquisita a debemos de extraer do heteroxéneo conxunto existente”. Arán afirma que “la gallina de la costa es de mayor volumen, de carne de gran aceptación aunque de desarrollo lento, predomina en color leonado aunque no es raro ver mezclas de negro, ejemplares listados, cuca, etc. con patas y picos de color amarillo y desprovistos de plumas”. A comezos do século XX tamén se comezan a facer en Galicia Exposicións Avícolas, como as organizadas polo Sindicato Avícola da Coruña. En 1934 o Director da Estación Pecuaria Rexional de Lugo, o veterinario Blas Martínez Inda, deixa constancia da súa asistencia á V Exposición de Avicultura e Cunicultura da Coruña celebrada do 15 ao 17 de xullo, na memoria presentada ao Director Xeral de Gandería e Industrias Pecuarias. Martínez afirma sobre os intentos de selección coa galiña do país: “En la sección de gallinas y entre las diversas razas presentadas destaca la preponderancia de las Rhodes y de la Leghorn... Con la preponderancia de estas razas contrasta la falta de concurrencia de la gallina del país, la cual no tiene características fijas y aquí de crear esta sección exiginedo solamente la presentación de dos gallos y tres gallinas de coloración uniforme, con el fin de empezar una obra de selección, aunque muy lenta”. Martínez indica como nas Exposicións celebradas desde o ano 1930 ao 1934, a representación de galiñas do país, fóra progresivamente baixando, chegando a existir 78 exemplares da galiña do país na exposición de 1931, e tan só 8 na de 1934. É de supoñer a preocupación que existía nestes eruditos pola perda da xenética autóctona ao comezar a introducirse as razas foráneas. Así que existían na nosa rexión diferentes tipos de galiñas sen clasificar. Entre estes tipos destacaba a principios de século un tipo de galos e galiñas campeiras que se criaban cara o interior de Galicia predominando na comarca da Terra Chá na provincia de Lugo. 2.4.1. A Estación Pecuaria Rexional de Lugo. A comezos do século XX, chegaron a España as iniciativas enfocadas cara a definición e selección das razas gandeiras (Rois & col. 2008). Entre as finalidades para as que foron creadas as Estacións Pecuarias, figuraban “la selección y estudio de las razas o variedades de las diversas especies animales que tienen asiento en la región que comprende cada Estación”, como afirmaba Blas Martínez en 1937. Con esta norma orientadora “la Estación Pecuaria Regional de Lugo, dirigió desde el primer momento su atención hacia la selección, mejora y estudio de las razas o variedades de los distintos animales que existen en la región gallega”.
DIEGO ROIS LOSADA 36 A Estación Pecuaria Rexional de Lugo, posteriormente denominada Estación Pecuaria Rexional de Galicia, creouse a raíz do Decreto da Presidencia do Goberno da República de 7 de Decembro de 1931, trala creación da Dirección Xeral de Gandería o 30 de maio de 1931, mes e medio despois da proclamación da II República, desenvolvida coa lei posterior de decembro do mesmo ano. A creación da Dirección Xeral de Gandería foi difícil polas presións exercidas polos enxeñeiros agrónomos fronte aos veterinarios (García, 2006), xa que os agrónomos defendían intereses latifundistas e de monopolio, máis próximos a posturas conservadoras do réxime anterior de Primo de Rivera. Nos anos da II República comezou en Galicia unha tendencia a nivel técnico cara a protección do policultivo fronte ao monocultivo e a especialización que se pretendía estender nas granxas, xa que podía supoñer a ruína dunha comarca ou país ao compás das flutuacións dos mercados ou aos vaivéns de tendencias macroeconómicas de imposible control. (Cabo, 2007). O director da Estación de Fitopatoloxía da Coruña, Pedro Urquijo Landaluce, considerado o pai da fitopatoloxía en Galicia xa dicía, alarmando sobre a excesiva dependencia do monocultivo, a raíz das súas experiencias na comarca do ribeiro que “[...] por encima de todo Galicia es el país típico del policultivo, es decir, de la mayor variedad posible en las producciones; cuya práctica constituye, además, el mejor modo de luchar contra la crisis que sufre el campo” Para Fernández Prieto, (1992) a Segunda República é o período no cual o «entramado institucional de la innovación» alcanza a súa máxima extensión en cuanto a persoal, número de centros e financiación e sofre un gran impulso o asociacionismo agrario. Desta maneira, grazas ao interese de determinados técnicos polo desenvolvemento agrario de cada rexión, a Estación Pecuaria Rexional de Lugo instalouse nunha finca adquirida pola Excma. Deputación Provincial de Lugo o 24 de novembro de 1932, a cal a cedeu á Dirección Xeral de Gandería e Industrias Pecuarias para a instalación da Estación Pecuaria o 26 de novembro do mesmo ano. Situouse nunha finca do poboado rural de Fingoi, no termo municipal de Lugo, estando en aquel tempo distante máis de dous quilómetros da capital (Martínez, 1936), aínda que hoxe esas fincas pertencen ao barrio da capital lucense do mesmo nome. Era coñecida polos habitantes de Lugo como “A Granxa”. A finca tiña segundo a escritura de compra-venda unha extensión de 17 hectáreas, 70 áreas e 4 centiáreas, destinadas a terras de labor, prados permanentes, prados temporais, con masa de arborado, pastos de monte e 70 áreas para os parques dos galiñeiros, ademais de construcións e camiños. Nos anos posteriores comézase a formación das diferentes seccións, quedando instalado o material necesario para o funcionamento da sección avícola a finais do ano 1935, que tivo unha gran importancia tanto en recursos materiais como na orientación práctica que se lle deu. Esta sección posuía diferentes construcións de galiñeiros para distintos fins, instalacións sinaladas por Blas Martínez: “Pabellón de incubación y cría de polluelos con cámara de incubación, naves de cría, oficina y parques anejos. Pabellón para cluecas con dos departamentos. Galleras con nueve departamentos. Pabellón de pollos en desarrollo con dos departamentos. Pabellón de selección de puesta con diez departamentos y parques correspondientes.
Caracterización histórica. 37 Pabellón de pollos de engorde con tres departamentos y parques correspondientes. Tres pabellones de ponedoras con sus parques.” 2.4.2. Primeiras referencias escritas sobre a raza. Historicamente coñécese la figura del ilustre veterinario Juan Rof Codina como a do fixador e gran divulgador da raza, como así fixo con outras razas gandeiras galegas, sendo con el cando aparecen os primeiras informacións (Sánchez B., 1995) pero as investigacións feitas para este traballo, permitíronnos atopar documentos antigos que trasladan o maior protagonismo na definición da raza a Blas Martínez Inda, cando tivo ao seu cargo a antiga Estación Pecuaria Rexional de Lugo. Con el instaláronse en 1936 lotes das razas Leghorn, Rhode-Island, Castellana Negra, Prat Leonada e Mos. Indicaba que: “Al iniciar el funcionamiento de esta sección se ha seguido el mismo criterio que orienta los trabajos de esta Estación. Cultivo de las razas de gallinas ya existentes y perfectamente definidas, y selección de las distintas variedades, tipos que existían en la región” “Como este trabajo de selección de la gallina del país era la finalidad principal de la Sección Avícola de esta Estación quería desarrollar, buscó la existencia de lotes de gallinas que presentasen algún caracter notable y que presentase de antiguo alguna uniformidad” “En la provincia de Lugo el grupo natural de gallinas del país que tiene mayor importancia es el existente en la comarca de Tierra Llana que comprende los ayuntamientos de Castro de Riberas del Ea, Castro de Rey, Cospeito y Rábade. “Gallina pesada, gran productora de carne y muy apta para el caponaje, obteniendo los famosos capones de Villalba y de la Tierra Llana” Blas Martínez continúa indicando na memoria que: “Se adquirieron huevos a D. Hipólito García vecino de la aldea de San Julián de Mos, del Ayuntamiento de Castro de Riberas del Ea. Se procedió a la incubación con la máquina España y se obtuvieron 208 polluelos” Desta maneira a raza tomou o nome de raza Mos. O 31 de xullo de 1936 elimínanse ou venden os poliños defectuosos por conformación ou color, quedando na Estación 2 galos e 6 galiñas, aos que se lles da o nome de MOS. O primeiro ovo da sección avícola ponse o 26 de agosto de 1936. A partir dese momento “se llevan los registros de puesta mensuales, fichas individuales y de puesta anual, haciendo uso de cajas genealógicas para poder llevar a cabo la única y verdadera selección de los gallos y establecer líneas genealógicas de las gallinas de puesta más alta”.
DIEGO ROIS LOSADA 38 Entre as seis galiñas destaca a que ten o número 16, que comezou a posta o o de setembro de 1936. O lote de galiñas tivo un ritmo de posta axeitado pero todas sufriron unha muda entre o 22 de outubro e o 7 de decembro porque se lles subministrou “millo quente”. Nesas datas Blas Martínez xa elabora un primeiro borrador de patrón da raza, cunha descrición pormenorizada das características xerais. Nas características cita como a coloración dos machos é leonada na esclavina e vermello caoba claro no corpo e nas femias, muceta leonado claro e alas e corpo rubio claro, non admitindo ningún tipo de variedade de cor que non fora o leonado. As patas son amarelas e os apéndices coma as barbelas e orelliñas, de cor vermello. Os galos cun peso entre 3 e 4 quilos e as femias entre 2,5 e 3. Neses intres do primeiro lote, aínda se cita como a crista é sinxela e mediana. A aptitude á posta foi boa, con ovos grandes, pasando case sempre dos 60 gramos e de casca lisa e de cor crema claro. Valoraba economicamente nesas datas aos reprodutores en 6 pesetas. No ano 1937 seguen as incubacións de poliños, ampliando o censo de reprodutores, deixándonos Blas Martínez datos precisos de pesos dos animais afirmando que “por producción de carne son ideales por su conformación voluminosa, igualando los pollos en precocidad a la Rhode-Island y no siendo superados de adultos por esta”. En cuanto á postura, afrontou unha valoración sobre a avicultura do momento moi interesante, que era a posta invernal. Blas Martínez consideraba este aspecto como o número de ovos postos por galiña nos 90 días máis desfavorables para a posta a causa do frío, considerando para o interior de Galicia o período comprendido entre o 1 de novembro e o 31 de xaneiro. Apreciou que a Mos tiña uns valores de posta invernal moi interesantes en comparación ás outras razas. No mes de febreiro de 1937 iniciáronse as vendas de ovos para incubar. Indicaba que: “La destrucción de que ha sido objeto la avicultura nacional aconsejaba intensificar la venta de huevos de razas selectas. A tal fin se enviaron avisos a la prensa de toda la región para que llegase al conocimiento del mayor número de avicultores”. Figura 12. Portada da memoria da Estación Pecuaria Rexional de Lugo dos anos 1936 e parte de 1937.
Caracterización histórica. 39 Figura 14: Galiñas da raza Mos na Estación Pecuaria Rexional de Lugo, nadas o 4 de abril de 1938. O prezo de venda dos ovos de incubar , de idade máxima de dez días e dun peso mínimo de 55 gramos, fixouse en catro pesetas a ducia. As granxas avícolas da rexión fixárono en dez pesetas a ducia, o que era considerado un prezo inasequible para os paisanos. Desta maneira os pequenos labradores podían acceder a esta xenética e así diseminar polo campo galiñas seleccionadas. Cítase tamén o interesante que sería establecer nos anos sucesivos un servizo de incubación de ovos para clientes e a venda de poliños dun día. Entre as recomendacións para afrontar o futuro que facía, Blas Martínez incidía na intensificación dos traballos en “continuar con toda intensidad la selección de la variedad del país que denominamos con el nombre de MOS en la seguridad de llegar a crear una raza muy conveniente para Galicia, y que por ser indígena, muy apropiada para la región. Intensificar la venta de huevos para incubar, procedentes de gallinas seleccionadas.... Iniciar el servicio de incubación para clientes y venta de polluelos de un día”. O seguinte director da Estación Pecuaria Rexional de Lugo foi o Xefe do Servizo Provincial de Gandería, Juan Carballal Palmeiro que estivo provisionalmente uns meses á súa fronte, continuando o labor iniciado polo seu antecesor aínda que se conservan escasos datos deste período. No bienio posterior é director o tamén veterinario do Corpo Nacional Carlos Santiago Enríquez, que se recoñece a si mesmo como continuador dos traballos iniciados por Blas Martínez. Santiago fai destacar os problemas que tiñan nas conexión do camiño existente entre a Estación Pecuaria e a cidade de Lugo, construído pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, xa que nos momentos de choiva quedaba impracticable. Fixera as solicitudes ante o organismo provincial para a súa mellora, pero non recibira resposta. Fai unha profunda descrición dos traballos efectuados na sección avícola, Chega a recoñecer á Mos como a “genuina raza gallega”, destacando a mellora experimentada na posta da raza obtendo un prometio anual de 128 ovos. A 1 de xaneiro de 1940 existían 61 reprodutores da raza, 6 galos e 55 galiñas e a 1 de xaneiro de 1941, 10 galos e 52 galiñas, para un total de 62 reprodutores. Aportounos as primeiras fotografías dos animais da raza existentes no Centro. Neses anos a raza xa tiña un tipo morfolóxico ben definido, aínda que aparecían algúns exemplares con crista sinxela e outros con cristas baixas en chícharo ou rizadas. Figura 13: Galos Mos na Estación Pecuaria Rexional de Lugo, nados o 1 de abril de 1939.
DIEGO ROIS LOSADA 40 Figura 15: Lote de reprodutores da raza na Estación Pecuaria Rexional de Lugo en 1939. Figura 16: Reprodutores existentes na Estación Pecuaria Rexional de Lugo en 1940 e 1941. Deixounos excelentes afirmacións: “Hemos podido observar que esta raza de gallinas, tiende naturalmente a vivir en completa libertad, no acomodándose al enjaulado permanente sin que se refleje en su producción, y es mucho más vigorosa, precoz y resistente a las enfermedades, la cría que ha sido incubada naturalmente, que la procedente de incubaciones artificiales”.
Caracterización histórica. 41 2.4.3. Juan Rof Codina, o gran divulgador da raza. Entre o 12 de marzo de 1942 e o 2 de novembro de 1944 foi director da Estación Juan Rof Codina. Neses anos mantivéronse unha poboación media de reprodutores de 82 exemplares e uniformou a característica da crista, á que lle chamou en piña, coñecéndoa actualmente e tecnicamente como en chícharo. Os cadernos de avicultura con anotacións persoais que nos deixou, son unha fonte de riqueza para o estudo da raza. Neles anotou datos individuais de posta e apreciacións persoais sobre a súa evolución. Observou galiñas con 154 ovos postos no primeiro ano. Os lotes acusaban unha posta media de 63,63 ovos, no ano 1942 cun peso medio de 58,81 gramos, e trala selección, ao seguinte ano a posta ascendeu a 100,91 ovos cun peso medio de 60 gramos. Pese a isto, afirmaba que o ano avícola fora malo debido a que en diferentes períodos careceran de pensos concentrados e de maneira especial de millo en gran. Os efectos da posguerra facíanse sentir. O 26 de agosto de 1943 visitou a Estación Pecuaria Rexional o Xefe do Estado, o Xeneralísimo Franco. Rof indica que se interesou pola sección avícola, polos datos de produción das razas e pedindo aclaracións sobre o porvir avícola da rexión. No mes de setembro de 1944 celébrase o Congreso Rexional Agrícola Galego, estando entre os poñentes D. Juan Rof Codina e D. Esteban Ballesteros Moreno, ambos do Corpo Nacional Veterinario, que presentan a ponencia Plan de mejora en el rendimiento económico de la Avicultura, na que xa contemplan a posibilidade de establecer un Sindicato de criadores da raza. Afirman que no partido xudicial de Vilalba non serían repartidos reprodutores doutras razas. “Estúdiese la conveniencia de constituir un Sindicato de criadores de esta raza, a los cuales se darían normas para su selección.” Así en anos posteriores, desde a antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia se reparten exemplares da raza para a Terra Chá e para outras zonas se ceden reprodutores de alto potencial xenético e de razas seleccionadas, sobre todo machos de Leghorn, para mellorar as galiñas existentes ata ese momento. De aí que nesas datas a zona de maior cantidade de exemplares estivera na Terra Chá, Lugo, estendéndose con posterioridade cara o resto de comarcas. A partir da súa xubilación dedicouse a divulgar os seus coñecementos e a promocionar a raza usando a Cátedra de Divulgación Pecuaria de Galicia, creada en outubro de 1945. Imparten clases por todas as provincias galegas os domingos e festivos. Rof Codina, na ponencia que da na II Asamblea Nacional de Avicultores y Exposiciones Avícolas no ano 1946 afirma que xa levaron as ensinanzas a vinte concellos da provincia de Lugo, oito na de A Coruña e, en breve comezarán un percorrido por doce concellos de Ourense, así como varios actos na provincia de Pontevedra. Nestas clases proxectábanse as razas de galiñas dando a coñecer á Galiña de Mos, seleccionada como a coñecemos actualmente. Rof Codina no seu libro de 1952 La Avicultura en Galicia afirma que a raza aínda que non ten aínda un patrón definitivo, xa se admite en exposicións celebradas en Madrid Figura 17: Cadernos de Avicultura de Juan Rof Codina, atopados nos arquivos da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.
DIEGO ROIS LOSADA 42 e A Coruña. No libro de 1962 Nociones de avicultura, indicaba que a base da raza é o color leonado e a crista en “piña”. Publicaba artigos en diarios como El Progreso, como o que o 15 de decembro de 1951 denominou La avicultura gallega, no que enxalzaba á raza Mos. Afirma Rof Codina no libro “I Consejo Económico Sindical de la Provincia de Lugo” no ano 1955 que a galiña número 934 tivo unha posta de 154 ovos. 2.4.4. O último lustro da primeira metade do século XX. Os meses seguintes á xubilación de Rof Codina, estivo como director provisional o Xefe do Servizo Provincial de Gandería do momento, Jesús Carballo Lameiro, que incluso asina a memoria de 1944 como director accidental. En 1945 accede á dirección da Estación Pecuaria Rexional Luis Escribano Tejedor o cal déixanos nas memorias da xa denominada desde ese ao Estación Pecuaria Rexional de Galicia, a súa preocupación polos escasos alimentos que tiñan para alimentar ás galiñas, repercutindo directamente sobre a posta anual. En 1945 indica que: “Queremos hacer constar en honor y justificativo de nuestras ponedoras, que atribuímos en gran parte la puesta mediocre, a la irregularidad de las raciones, así como también a la falta de piensos concentrados en periodos de tiempo más o menos largos” Desde eses anos, as porcentaxes de posta foron moi inferiores ao acadado en anos anteriores debido a este motivo. Alerta de que a demanda de ovos para incubar no centro é enorme, pero debido a que nese momento tan só contan cunha incubadora, e as aves escasean, soamente puideron atender a 3.326 solicitudes de 28.350 recibidas. De poliños dun día tras atender a reposición interna do propio centro, puideron vender 760 de 14.837 de demanda, das diferentes razas existentes no centro, Leghorn, Castellana, Prat, Rhode Island e Mos. As vendas de ovos para incubar facíanse por orde de peticións, cun prezo de venda de 10 pesetas e os polos dun día tiñan un custe de 3 pesetas. As vendas facíanse principalmente na provincia de Lugo pero tamén nas outras tres provincias e incluso a outras provincias españolas como Madrid, Segovia, Santander, Burgos e León. Nese ano saíron produtos avícolas cara o centro de “Fuentefiz”, na provincia de Ourense, que se acababa de crear e hoxe, é o actual Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (López & col. 2008). Con relación á alimentación volvía a incidir que: “No hacemos constar las raciones a que han estado sometidas las aves, por la infinidad que ha habido necesidad de calcular y confeccionar, con arreglo siempre, a las existencias con que contásemos, ya que los cereales origen de las harinas fundamentales son productos intervenidos y nada fáciles de adquirir”. Figura 18: Lote de femias da raza Galiña de Mos na antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia. Ano 1943.
Caracterización histórica. 43 Desta maneira observáronse caídas na postura media en todas as razas, pasando no caso da Mos a unha media de 81,32 ovos por galiña e ano. Escribano na memoria de 1947 fai unha clara protesta ao Ministerio de Agricultura e á Dirección Xeral de Gandería, algo que xa fixeran tamén os veterinarios antecesores no cargo, debido a que apreciaba un abandono dos medios postos desde o estado central para o desenvolvemento do centro e do campo galego “que tanto necesita de la protección del Estado en materia pecuaria”. Alertando do abandono do centro indica que: “...Somos Veterinarios por vocación y para dirigir estos Centros de experimentación y fomento pecuario se necesitan ambas cosas y, sin ellas el fracaso es tan lógico como se podrá ver en el correr de estas líneas” “Las circunstancias, fruto de la realidad de las post-guerras (Movimiento Nacional y guerra mundial) no dejaron florecer todos los capullos de promesas a la investigación, experimentación y fomento,... Hicimos cuanto estaba a nuestro alcance, nos faltaron medios y no conseguimos culminar nuestras ambiciosas aspiraciones” “Las causas fundamentales que basamos esta afirmacións son dos crudas realidades: 1ª-falta de presupuesto al volumen de funcionamiento del centro. 2ª-La falta de piensos o cuando menos la irregularidad en su adquisición, con los trastornos que ocasiona en una labor, cual la encomendada a la Estación Pecuaria Regional de Galicia. 3ªFalta de la construcción precisa y necesaria. 4ª-Escasez abrumadora de personal” O 31 de decembro de 1947 quedan no centro 4 galos reprodutores da raza Mos e 39 galiñas. Ese ano morreran 3 galos reprodutores e 16 galiñas. Ese ano desaparecen os lotes da raza Prat que aínda había no centro por non considerala axeitada para Galicia e por motivos orzamentarios. Debido a que a raza estaba recoñecida como boa produtora de carne, realizou nos anos 1947, 1948 e 1949 experiencias de cruce con Rhode-Island e Utrerana blanca para comprobar posibles melloras na posta aínda que obtivo datos moi variables en función das condicións de alimentación de cada ano. En 1948 detectan os primeiros casos de peste aviar, pero as vacinas empregadas se mostran efectivas e as baixas son reducidas. Nese ano elimínanse os lotes da raza Castellana Negra, quedándose unicamente exemplares Leghorn, Rhode Island e Mos. O 31 de decembro de 1949 mantéñense 7 galos reprodutores e 32 galiñas da raza Mos. En 1949 ofrece unha ponencia no Congreso Sindical Agrario de Galicia, chamada El Problema Ganadero na que explica os problemas do minifundio e, especialmente alertando do cruzamento industrial indiscriminado que están a sufrir as razas autóctonas galegas. Deixou constancia de que non era partidario da impurificación das razas galegas. “ El cruzamiento atrevido, irracional, caprichoso, desorientador y esnobista de finales del siglo pasado y primeros treita años...acarreó la inclinación en primer ´termino del labrador a su favor, por la aparición momentánea en la creencia de un mejoramiento” “Biológicamente... se cumple en el cruzamiento de primera generación el fenómeno de la heterosis o exhuberancia de los híbridos en las diversas producciones y cuyo fenómeno universalmente reconocido, fue el estímulo de su primera etapa que hirió el deseo del mejoramiento de la cabaña ganadera a nuestro labrador gallego con una fuerza imánica
DIEGO ROIS LOSADA 50 Unha vez xubilado colaborou impartindo os seus coñecementos a través de SERGA (Sociedad Española de Recursos Genéticos Animales), sendo unha das súas últimas colaboracións o apoio e consellos que nos deu nos inicios do Programa de Recuperación e Conservación da Galiña de Mos. Mostrouse entusiasmado coa localización dos primeiros exemplares, xa que cando comezou o programa de recuperación de galiñas españolas, non localizou exemplares e considerou á Mos como unha raza extinguida. El mesmo en conversas persoais con nós, recoñeceunos que desgraciadamente nos anos 70, non dispoñían do orzamento necesario para facer unha busca intensa por toda España das posibles razas de galiñas que quedaban, polo que Galicia quedou ao marxe dese traballo de localización, facendo unicamente algunha visita esporádica que non dera froitos. Desa maneira non dispuxo da información histórica por aqueles anos, que atopamos posteriormente sobre as orixes da raza. Redactou un primeiro borrador de patrón da raza actualizado aos tempos actuais. Cando visitou Galicia en 2001, animounos a continuar co traballo comezado. Mendizábal (2003) afirmaba que nas conversas mantidas con Orozco lle dicía: “He podido ir a ver la Feria del Capón de Villalba y comprobar la recuperación de la raza Gallina de Mos. Han hecho una gran labor, ya te informaré”. Observáballe á raza uns potenciais produtivos moi interesantes, tendo en conta a xenética avícola autóctona española. Sobre o labor investigador e didáctico reflexionaba: “A diferencia de otras pasiones, la satisfacción del deseo de saber proporciona un placer que no se agota después de satisfecha la pasión, no envejece, no causa jamás hastío. Muere sólo cuando la persona muere y, aún después de muerta la persona, los hitos positivos del saber, obtenidos como consecuencia de esta pasión dominante, perduran en los anales de la ciencia”. Faleceu en Madrid o 25 de xullo de 2003. 2.4.7. A Unidade de Recuperación da Galiña de Mos. O Programa de Recuperación e Conservación da raza Galiña de Mos, viuse potenciado no 2002 coa creación no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia da Unidade de Recuperación da raza Galiña de Mos, aínda que xa no ano anterior establecéranse nela exemplares atopados por toda Galicia e comezando un programa oficial para controlar as xenealoxías dos animais e a pureza da raza. Foi o que tecnicamente se chama programa Ex-situ. O Centro de Recursos Zooxeneticos de Galicia, é un referente en Galicia dentro da conservación das nosas razas autóctonas en perigo de extinción. Nel existen actualmente lotes de todas as nosas razas autóctonas en risco de desaparición. A habilitación de parques de cría para as galiñas, permite aínda hoxe que mediante o control técnico se podan controlar parámetros fundamentais como a consanguinidade tendo en conta que estamos Figura 23: Parques exteriores da Unidade de Recuperación da raza Galiña de Mos do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia en 2001.
Caracterización histórica. 51 ante unha especie de intervalo xeracional moi rápido, o que podería provocar un rápido deterioro se non existira unha vixilancia continua. Ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia leváronse ovos ou exemplares vivos, de cada un dos sete criadores sinalados, establecendo así sete liñas diferentes, procedendo a realizar os cruces pertinentes nos sucesivos anos, tendo en conta os obxectivos dun programa de conservación. Os problemas que unha raza en perigo de extinción soe ter, poden ser corrixidos en parte nun centro destas características, no que se instaure un programa exsitu. No caso da Galiña de Mos permitiu redireccionar os cruzamentos nos que existe alto grao de consanguinidade para evitar malformacións, problemas reprodutivos, debilidade xeral, etc. O establecemento dun control estrito de todos os exemplares da raza permite marcar a súa trazabilidade xenética. A posibilidade de poder controlar todos os aspectos reprodutivos permite que se poda participar na selección dos exemplares, apartando da reprodución a aqueles faltos de pureza. Existen actualmente trece parques exteriores, que albergan varios lotes de reprodutores, das que se denominaran “grupos reprodutivos orixinarias” e tamén, varios parques destinados a investigación. Os lotes están formados por entre 20 e 25 galiñas reprodutoras cun galo. Cada animal dispón de case dez metros cadrados de parque exterior. Os parques teñen anexa unha caseta-galiñeiro que dispón dun comedeiro, un bebedeiro, perchas para o descanso das aves e unha fila de poñedoiros. Os ovos son recollidos diariamente e rotulados co número de lote e a data de recollida. Existe tamén unha Unidade de Recría interior, onde se dispoñen os poliños e as recrías que posteriormente se empregarán. Está formada por tres compartimentos para as aves ata o primeiro mes de vida e outras seis para os polos a partir do mes e medio. Tamén existen quince departamentos individuais para os galos en espera do seu pase a reprodución. É moi importante a distinción dos ovos recollidos para saber a que lote pertencen e así saber o galo que é o pai. Posteriormente trala incubación individual do ovo, nas incubadoras existentes na unidade, identifícanse ao día de nacemento para o posterior seguimento do exemplar. Xa en 2001, instalárase no Centro un programa de cesións de exemplares. Todos os interesados podían solicitar exemplares, co compromiso de permitir o seu seguimento e que o novo propietario participara no programa de recuperación. Co paso dos anos e á vista do grande éxito, pasouse xa a un programa de venda de poliños dun día, que ano tras ano desborda as previsións, sendo varios miles de polos os vendidos nestes anos. A estruturación da Unidade de Recuperación da Galiña de Mos no centro, fíxose tendo en conta a formación e que servirá de modelo para os iniciados na avicultura. Desde os comezos recibiu gran número de visitas de público e de empresarios relacionados co sector. Na actualidade está sendo unha información moi importante para aqueles criadores que queren iniciar a cría de aves en liberdade e observando, tanto as formas de manexo da raza como as construcións e instalacións; son básicos os aspectos de asesoramento. Cando se creou a Unidade, xa se tiña presente a inexistencia de datos produtivos actualizados sobre a raza (Rois & col. 2000), sendo moi importante o establecemento dunha serie de liñas de investigación para determinar parámetros como o peso á idade de sacrificio, con diferentes idades, calidade da canal, índice de conversión penso-carne, penso-ovos, fertilidade e incubabilidade, mortalidade, control de posta, incluíndo o número de ovos, idade de comezo da posta, tamaño, peso, calidade do ovo, aptitude á incubación natural, etc. Nos primeiros anos, experimentouse unha clara melloría nos índices produtivos e reprodutivos da raza, xa que no Centro realizáronse cruces non consanguíneos cos lotes
DIEGO ROIS LOSADA 52 atopados, o que provocou un rápido progreso grazas ao outbreeding, algo que xa fora comprobado por Rois & col. en 2004, cando apreciaron a mellora de varios índices reprodutivos, como un incremento da fertilidade e da incubabilidade total. É moi importante destacar a vocación polas razas autóctonas que tiveron os Directores do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, considerando fundamental o traballo a realizar coa Galiña de Mos, desde a chegada das aves ao centro. Desde 2001 foron Directores Castor José Rivero Martínez, Benjamín Rodríguez, Carlos López Franco e de novo Cástor José Rivero Martínez, Director actual. Todos estes veterinarios deixaron o seu agarimo pola Galiña de Mos. 2.4.8. Oficialidade da raza. Con data 11 de maio de 2001 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 26 de abril de 2001 pola que se fai público o patrón da raza Galiña de Mos e se crea o Rexistro da Raza, dándose oficialidade á raza autóctona. (DOG nº91, 2001) A raza pasa desde ese momento a figurar como raza autóctona galega e se lle da o nome definitivo de Galiña de Mos, aínda que coloquialmente se lle segue chamando en moitos ámbitos simplemente raza Mos. En 2003 preséntanse ao Comité de Razas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sendo aprobada e admitida como raza autóctona. O Comité de Razas fixo unha mención especial ao traballo realizado, tomándose de guía o documento presentado para o seu recoñecemento para futuras presentacións ao Comité, para a catalogación doutras razas autóctonas. Con data 28 de agosto de 2003 a Galiña de Mos foi incluída no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España mediante a orde APA/2420/2003 pola que se modifica dito catálogo, sendo a primeira raza de galiñas autóctonas españolas en conseguir dita distinción. (BOE Nº 213, 2003). 2.4.9. Establecemento do Programa In Situ e nacemento de AVIMÓS. O 12 de febreiro de 2001 fúndase a Asociación de avicultores da raza Galiña de MosAVIMOS, cos criadores atopados por toda Galicia que aínda conservaban a raza, co obxectivo de colaborar na recuperación, conservación e fomento da Galiña de Mos, e agrupar a todos os criadores interesados na raza. Para obter unha mellor coordinación do programa da raza Galiña de Mos, a sede de AVIMOS e a Oficina do Libro de Rexistro da raza, mantéñense no Pazo de Fontefiz e con data 16 de maio de 2001, concedéuselle á asociación por parte da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria o recoñecemento oficial como asociación colaboradora para a recuperación e fomento da raza Galiña de Mos, aos efectos da Orde do 26 de abril de 2001 pola que se fai público o patrón da raza Galiña de Mos e se crea o rexistro da raza (DOG nº 91 do venres 11 de maio de 2001), coa encomenda da colaboración na xestión do Libro de Rexistro da raza. Con data 13 de xuño de 2001 AVIMOS asina un convenio de colaboración coa Federación de asociacións de gando bovino autóctono de Galicia – BOAGA, co obxectivo de levar a cabo o correcto funcionamento do programa de recuperación, conservación e fomento da raza Galiña de Mos, colaborando desta maneira naqueles fins de AVIMÓS en relación coa raza. Desta maneira a asociación podíase aproveitar da infraestrutura de entidades máis grandes e que xa estaban en funcionamento. Figura 24: Logotipo da Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos. Avimós fúndase no ano 2001.
Caracterización histórica. 53 Desde ese momento funcionou unha Comisión Xestora do Libro de Rexistro da Raza, formada por técnicos da administración e membros da asociación, que tiña a finalidade de aprobar as solicitudes de inscrición, propoñer as modificacións da normativa, ditar as instrucións oportunas e atender as incidencias que puideran aparecer no Libro de Rexistro da raza e no Programa de Recuperación. Tamén tiña como misión autorizar aos xuíces oficiais da raza Galiña de Mos, que actuarían baixo a figura dun Técnico Cualificador da raza, para o que se nomeou ao veterinario Diego Rois. Os xuíces da raza autorizados foron ademais do Técnico Cualificador, José Benito Feijoó, Cástor José Rivero, Eduardo Vidal, Juan Manuel Caínzos, Juan José Lama, María del Carmen Breijo, Laura Meizoso e Juan José Insua, todos veterinarios, que aínda hoxe seguen a proporcionar apoio en maior ou menor medida. Para unha máis rápida xestión e aforro, no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia estableceuse a Oficina do Libro de Rexistro da Raza Galiña de Mos e a sede da Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMÓS. Desta maneira o contacto directo entre as institucións participantes nesta tarefa permitiu coordinar eficazmente el Programa de Recuperación e Conservación da raza. Nas explotacións dos criadores, AVIMOS desenvolve ata actualidade en colaboración con BOAGA o Programa “In Situ” que se denomina Programa de Cría. Este programa vense desenvolvendo desde o ano 2001, dividíndose en catro estratexias básicas, mellora da raza, control alimentario, establecemento dunhas condicións especiais de manexo e implantación dun Programa Sanitario, cun destacado éxito. Con data 16 de marzo de 2007 AVIMÓS entra a formar parte de BOAGA, ostentando unha vocalía na súa xunta directiva, co obxectivo de compartir actuacións comúns e a xestión conxunta de estratexias e actividades. Desde ese momento BOAGA pasa a denominarse Federación de Razas Autóctonas de Galicia, sendo unha entidade líder e de gran prestixio a nivel nacional, dentro das entidades de segundo grao. 2.5. OS ANCESTROS DA RAZA. Coñecemos o que sucedeu coa raza no século XX, pero debemos reflexionar sobre a súa orixe xenética. Cando noutras partes do mundo no século XVIII, comézanse a definir as razas de galiñas, a Galicia a inquietude chegou moito máis tardiamente, probablemente polas condicións de illamento xeográfico que sufríamos e a principal inquedanza polo gando maior. Sabemos o sucedido no século XX, sobre todo a partir da selección da raza que se realizou na antiga Estación Pecuaria Rexional de Lugo. A raza actualmente se considera tendo en conta a selección fenotípica que se fixo, aceptándose unicamente a coloración leonada, pero os autores recoñecen que o conxunto dese tipo de aves, a principios de século tiñan diferentes coloracións e incluso morfoloxía. Isto é comprensible, dado que os criadores deste tipo de galiñas ao igual que sucedeu en todas as partes do mundo, non se preocupaban pola selección en base ao seu colorido, preocupándolles unicamente os aspectos produtivos. Polo tanto parece interesante indagar nas orixes dos exemplares actuais, para coñecer a posible vía de entrada en Galicia. Observando as características da raza, o primeiro que chama a atención, sendo o seu signo máis característico é a súa peculiar crista. Este tipo de crista, pequena, denominada “en chícharo” ou comunmente tripla ou rizada, ou tamén chamada fai décadas en piña (Rof, 1952) é característica dalgúns galos combatentes, tanto dos creados a base de cruces entre razas como dos que quedan como descendentes máis directos dos usados na antigüidade para as pelexas. A cabeza pequena e o longo pescozo tamén asemella aos
DIEGO ROIS LOSADA 54 Figura 25. Galo de raza Galiña de Mos. Obsérvese a cabeza e o pescozo. Foto do ano 2003 en Lourenzá, Lugo. Figura 26. Galiña de Mos. Foto do ano 2001 no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Coles, Ourense. Figura 27. Macho da raza Combaiente de Brujas azul. Esta é unha raza de máis de 2000 anos de antigüedade. A crista é en chícharo e se lle corta aos seis meses de vida. (Foto: J. Wolters). Figura 30. Galiñada raza Combatente de Lieja negra dorada. (Foto: J. Wolters). Figura 29. Macho de Combatente de Lieja negro plateado. (Foto: J. Wolters). combatentes. A corpulencia e a especial agresividade que presentan moitos dos machos e das femias da raza nos dan máis pistas. Temos observado nestes anos, moitos exemplares que son capaces de atacar aos seus propios donos para defender ás súas galiñas, así como combates entre machos ata chegar á morte dalgún en varios casos ou ataques moi agresivos entre femias. Estes aspectos son menos comúns nas razas comerciais de hoxe en día. Tamén pode suceder que si xuntamos machos de Galiña de Mos con machos doutras razas, nos espertemos un día coa desgraza de que os galos das razas foráneas foran gravemente feridos, ata incluso a morte. En Galicia soamente se podían ver nos últimos anos estes comportamentos nos chamados “Kikos”, tipos de galiñas de reducido tamaño e de características de combate. Figura 286: Galiña da raza Combatente de Brujas negro. (Foto: J. Wolters).
Caracterización histórica. 55 Figura 31. Galo Combatente Malaio Trigueño. (Foto: J. Wolters). Figura 32. Galiña da raza Combatente Malaio. (Foto: J. Wolters). Figura 33. Cabeza de galo da raza Combatente Indio. (Foto: J. Wolters). Figura 34. Cabeza de galo da raza Asil. (Foto: J. Wolters). Observando estas imaxes, apreciamos como a raza ten similitudes morfolóxicas coas razas combatentes máis antigas, en especial coas máis pesadas. O Combatente Indio é unha raza con crista en chícharo, máis ou menos desenvolvida, valorándose máis os exemplares canto máis pequena sexa. Foi amplamente empregado pola industria avícola en décadas pasadas na avicultura industrial, para facer esquemas de cruzamento propio pola cantidade de carne no peito (Francesch, 1998). Fíxoselle unha selección con outras razas en Inglaterra entre a que se atopaba o Asil. Ao Combatente Indio branco chamóuselle pola industria, Cornish Branco. A maior parte dos broilers que atopamos nas tendas son o resultado dun cruce entre esta raza e a galiña Plymouth Rock branca. O Asil é unha raza procedente da India, considerada a raza de loita máis antiga que se coñece. Descende da antiga raza india Rajah. (Francesch, 2006). Outras razas como o Combatente de Lieja ou o Combatente de Brujas son moi antigas. Esta última considérase das máis antigas de Europa, sospeitándose que era das empregadas na zona para as loitas, nas épocas dos celtas e dos romanos. A Galiña de Mos é a única raza de galiñas autóctonas españolas que ten este tipo de crista. Fenotipicamente aprécianse moitas das características sinaladas nas razas de combatentes de gran tamaño do norte de Europa. Esas razas foron introducidas polos pobos celtas pola zona norte de chegada das galiñas a Europa. Tendo en conta que o resto de razas autóctonas españolas de galiñas teñen outro tipo de características morfolóxicas
DIEGO ROIS LOSADA 56 Figura 35. Castro de Viladonga, no Concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, parcialmente nevado. Foi importante sobre todo na época da dominación romana. diferenciais coa Galiña de Mos, máis parecidas ás galiñas que trouxeron os romanos pola vía do sur de Europa (crista sinxela, menor tamaño, diferentes producións e comportamento, ...) podemos sospeitar que a orixe da Galiña de Mos é pola vía norte, a das galiñas que acompañaban aos pobos celtas. Por outra banda a raza ten evidentes características morfolóxicas encamiñadas á produción como así teñen os exemplares de combate de gran tamaño cun gran rendemento cárnico sobre todo na peituga, de exquisito sabor. Pero tamén se observan características doutros tipos de razas en contraposición coas combatentes como son a precocidade sexual (inferior ós cinco meses), de formas algo máis redondeadas, porte menos alzado, maior posta, etc. Á vista destes aspectos podemos concluír que os exemplares foron sufrindo sucesivos aportes ao longo dos séculos doutros tipos de exemplares segundo as necesidades de cada momento, buscando unha maior produtividade. Para Agenjo Cecilia (1950) a maior parte das razas actuais proceden de cruces cunha ou varias das tres grandes razas-troncos asiáticas que son as seguintes: Cochinchina, Langsham e Brahma-Putra. Esta afirmación é compartida por Salvador Castelló (1949). Baseándonos nesta clasificación, a Galiña de Mos poderíase englobar dentro da orixe Brahma-Putra (Rois e col. 2001). É moi probable que os antepasados da raza foran introducidos polos celtas en Galicia, aló polo século VI a. C. ou incluso antes, algo que xa fora sinalado por Amadeu Francesch (2006). Galicia foi unha das primeiras rexións de España á que chegaron os celtas, os Saefes, aló polo século XI a.C., mantendo unhas constantes relacións marítimas con Bretaña e Inglaterra, (Calo & col., 1997). Recordemos que os pobos da antigüidade seleccionaban exemplares de gran tamaño e de ánimo constante para as loitas, como xa dicía Columella sobre os gregos e Xulio César dos celtas. Existen na comarca de orixe da raza numerosos vestixios celtas. A Terra Chá, situada ao norte de Lugo capital, é unha vasta chaira non exenta de pequenos montículos ou outeiro, case sempre coroados por un castro celta, como por exemplo o Castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei, concello de orixe da Galiña de Mos. Figura 36. Maqueta que simboliza a vida que había no Castro de Viladonga. Nótase a influencia romana ao existir construccións con tellado en adobe coexistindo coas típicas pallozas. Nas dependencias contiguas ás casas gardábanse as aves de curral con especies de pequeno tamaño.
Caracterización histórica. 57 Outros pobos como gregos e romanos tiveron gran influencia no resto da península, pero non tanto en Galicia, dado que a incorporación da nosa terra ao Imperio Romano foi tardía e nunca se fixo por completo e con tolerancia da cultura existente. Así afirma Ramón Otero Pedrayo que soamente quedaron dous grupos celtas puros asentados na Península, un en Galicia e outro ó norte de Portugal. Os cartaxineses, fenicios e gregos, tempos atrás nunca chegaron a Galicia. Na Idade Media a inmensa maioría das galiñas que había en España non tiñan este tipo de crista pequena que ten a Galiña de Mos. Gabriel Alonso de Herrera no 1513 di que as galiñas deben ter “la cresta bien colorada y enhiesta, y grande el cuerpo, cuadrado”. Sen dúbida a influencia romana na busca dos caracteres produtivos é manifesta. Algo similar ocorre coas pinturas atopadas no santuario de Santalla de Bóveda, Lugo, de época romana, na que se aprecian galiñas de porte pequeno e de crista sinxela, comúns da época romana. Ó histórico illamento de Galicia con todas as civilizacións, provocou que nesas datas as galiñas da raza sufriran poucos aportes externos, ou cando menos foron inferiores ós que sufriron as aves do resto de España. Ao longo dos anos os exemplares da raza foron readaptándose ata conseguir animais máis produtivos e aquí houbo unha serie de feitos que provocaron isto. No século VIII da nosa era, procédese á reconquista do territorio galego da conquista árabe –aínda que esta non fora moi intensa-, o que provoca unha xeneralización da estrutura señorial e progresiva dependencia persoal entre os homes. Este proceso foi propiciado pola nobreza, interesada no dominio do territorio galego. Desde eses momentos púxose en marcha unha práctica moi estendida ata a actualidade, que era o pago de favores, rendas e tributos a través de diversos produtos entre os que se atopan galiñas e capóns –nesas datas asimilábase moitas veces o nome de capón ao do galo-. En Galicia en el tiempo de los Fonseca de Salustiano Portela Pazos (1957), faise unha profunda descrición deste aspecto. Cóntanos que “No muy en la zaga de la de Lemos, iba la casa de los Andrade, por lo que a rentas toca, antes bien la superaba. Disfrutaba de los estados de Andrade, desde el año 1443 y con ellos de los señoríos de Puentedeume, Ferrol y Villalba. Fernán Pérez de Andrade, -O Mozo-, hijo de Nuño Freire de Andrade. (...) Tenía de tocino, carneros, cabritos, marranas, gallinas, capones, perdices, pescado de todas maneras; ahora no se da sino el que quiere, y de bois y vacas le daban tanto presente que no había menester comprarlo”. Tamén nos di o autor, que recibían tal cantidade de capóns en concepto de vasalaxe e rendas como para poder comer capón e galiñas –ó pago dunha galiña se lle chamaba fogazatodos os días do ano. Eduardo Lence-Santar no seu libro “Páginas históricas gallegas” (1953) fainos saber que despois da execución do Mariscal Pardo de Cela, en Mondoñedo, os prexurados que o entregaron así coma os seus descendentes, quedaron obrigados a pagar aos Pardo de Cela un par de capóns de renda. Tamén conta este autor que María de Bolaño, finada en 1521, posuía entre outros bens
DIEGO ROIS LOSADA 58 “El coto de Cospeito con su jurisdicción civil y criminal, en el cual había 36 vasallos que suelen pagar luctuosa cuando mueren y renta los 15 vasallos cada uno seis capones cebados”. Nesas datas sería común que os campesiños seleccionaran as súas galiñas para obter exemplares da mellor calidade posible para render vasalaxe. Así queda claro que dende a Idade Media, na zona central de Galicia, comprendendo as terras do Conde de Lemos, que eran a comarca de Lemos -sur da provincia de Lugo-, o Nordeste de Lugo e parte da provincia de Ourense, sumadas ás posesións dos Andrade que eran os señoríos de Pontedeume, Ferrol e Vilalba, era importante a cría de aves de gran calidade. A isto habería que sumarlle que sabemos que no ano 1230 o bispo de Ourense Don Lorenzo xa xantaba capóns do seu foro. Estas zonas coinciden cos datos que nos foron aparecendo sobre as maiores localizacións históricas da Galiña de Mos. Tamén existía a crianza de capóns noutras zonas do interior de Galicia. O Foro do mosteiro de Santa clara ao bordador Benito da Mata, de Santo Estevo de Trasmonte, Santiago, indicáballe en 1641: “Por renta, canon y pensión en cada año de cuarenta ferrados de trigo bueno, limpio y seco y fuera de polvo y paja, sin mácula ni defecto y dos capones cebados y un cabrito” Na zona de Santiago existen bastantes referencias sobre o pagamento con capóns (Goy A. 1998). Os datos históricos dos Directores da Estación Pecuaria Rexional de Galicia, indican que a Galiña de Mos era a empregada para a produción de capóns da Terra Chá. Pero é de supoñer que a raza estivera máis estendida en todo o interior de Galicia desde tempos atrás, xa que a produción de capóns non estaba centrada na zona do arredor de Vilalba exclusivamente, aínda que despois foran os que máis fama colleran nos últimos anos. O ilustre escritor e gastronomista mindoniense, don Álvaro Cunqueiro no libro A Cociña Galega, en 1980, di: “Falo dos de Vilalba, dos capóns das aldeas veciñas, e da Terra Cha, e ata da Terra de Pallares e de Melide, e da Terra de Miranda. Pro os que agora andan na fala das xentes son os que, de Xermade, ou de Noche, de San Xoan de Alba ou de Goiriz, se xuntan o dezanove de Nadal na feira capoeira de Vilalba, ben estribados nas cestas, sobre brancos manteis, ben pelados e limpos, coa enxundia cravada con seis pauiños de abidueira mesmo no bispiño”. Cunqueiro afirma no seu libro “A cociña Galega” que conta cuns parentes de Xermade, coñecidos como os da Parada, entre os vendedores, e merca os pares que Figura 37. Torre dos Andrade. Hoxe reconvertida en Parador de Turismo, en Vilalba.
Caracterización histórica. 59 “hei mester , que teño foros que pagar a amigos de Barcelona, de Madrid, de Pamplona, de Vigo....”. Podemos dicir que é outra forma de pago de favores como se facía anos antes, o agradecemento pola amizade. No xornal El Progreso do 22 de decembro de 1922 indica que: “Han salido al mercado los capones. Ricos y caros capones... Diez, once, doce duros por el par y a casa con él. Una vez el par de capones en casa, aquello que hasta entonces era una mercancía de lujo y de actualidad, se convierte en moneda. Quien lo compró necesita pagar un favor que se le hizo, y, colocando el par de capones sobre una bandejita, tapada con una servilleta, dejando las patas al aire graciosamente descubiertas, allá va el par a casa del favorecedor”. En relación ao mercado do ano 1922, sinalaba: “Este año los capones se han vendido caros, a pesar de la anunciada baja en los precios de las casas de comer. Bien que los capones son artículos de lujo... De si este año están tan sabrosos como otros años, nada podemos decir todavía. Aún no hemos tenido ocasión de incarles el diente”. Por esas datas o custe do xornal era de 10 céntimos de peseta, o que nos fai comprobar que o prezo dos capóns multiplicaba por 500 o prezo do xornal. O 20 de decembro de 1924 no xornal El Progreso podíase ler: “Empezaron a salir los cajones con pares de capones cebados para las estaciones ferroviarias más inmediatas. Los mejores pares se vendieron a 40 y 45 pesetas”. No ano 1959 vendéronse 485 pares que cotizaron a prezos de en torno ás 500 pesetas. Ese ano o xornal custaba 1,50 pesetas. En 1971 o xornal custaba 5 pesetas e se venderon o para de capóns a unha media de 1.500 pesetas, habendo moitos de 700 pesetas. Na actualidade o xornal El Progreso custa 1,20 euros e o prezo medio de venda dun par de capóns está arredor dos 150 euros. Desgraciadamente o mercado de capón viuse seriamente afectado pola decisión da apertura cara as estirpes industriais. Os prezos caeron, tendo en conta o custe da vida en cada período (Saco, 1983). Os capóns que se comezaban a presentar de estirpes brancas, eran considerablemente máis pesados (sobre 6,3 kg.) fronte aos autóctonos (3,5-4 kg.). Os compradores viron o descenso de calidade e deixaron de consideralo un produto exclusivo, ao que se lle sumou a duplicación da produción. O prezo por quilo/canal descendeu en determinadas épocas co paso dos anos e o prezo por par tamén. Nas dúas últimas décadas apréciase unha progresiva suba de prezos xa que existe unha tendencia á
DIEGO ROIS LOSADA 66 A mediados do século XVIII en Europa, xa se comezaron a clasificar aquela variedade de aves en razas ben definidas a partir do tipo morfolóxico, aínda sen esquecer os rendementos produtivos. En calquera caso parece que a morfoloxía é básica como criterio para establecer diferenzas entre as razas, como criterio descritor da raza, como identificador de razas e individuos e como base da diferenciación de grupos animais e a creación de razas. A descrición do estándar racial é como a marca de fábrica (Sierra, 2009). 3.5. PROTOTIPO RACIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS. O 22 de xullo de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 149/2011, do 7 de xullo, polo que se establece o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, se regula o recoñecemento oficial das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos e se aproban os programas de conservación, mellora e fomento. Nesta normativa que é a que está actualmente en vigor, figura o prototipo actual da raza, na que existiron modificacións sobre o aprobado en 2001. O estándar da raza é o que segue: • Características xerais. Plumaxe: brillante, abundante e compacta. Ovos: de 55 gr. mínimo, coa cáscara de cor marrón clara. Peso: galo de 4 a 4,5 kg.- galiña de 2,5 a 3 kg. Diámetro dos aneis (en mm.): galo 22 - galiña 20. • Morfoloxía do galo. Cabeza: máis ben pequena e ben conformada. Cara: vermella, lisa e de textura fina. Crista: en chícharo, con tres filas lonxitudinais de papilas ou puntos ben definidas, de cor vermella. Barbelas: vermellas, pequenas, de textura fina, lisas, co borde inferior ben redondeado. Orelliñas: pequenas, ben pegadas á cara, lisas, de forma lanceolada e de cor vermella. Bico: forte, vigoroso e ben curvado; na mandíbula superior predomina a cor parda escura sobre o córneo amarelado, na mandíbula inferior poden aparecer manchas de cor parda escura mais só na parte proximal. Ollos: grandes, de cor laranxa escura e con cellas prominentes. Pescozo: esvelto e robusto, máis ben longo, erguido, ben emplumado e ben unido ó corpo, con esclavina abundante flotando sobre as costas. Tronco: ancho, profundo, longo, lixeiramente inclinado cara á cola. Dorso: ancho e caendo lixeiramente á cola, poboado de caireis de mediana lonxitude. Peito: ancho, profundo e prominente, de gran capacidade. Cola: de tamaño pequeno, as fouces caudais son curtas excedendo lixeiramente ás plumas temoeiras que son anchas e superpostas. En ángulo de 45º sobre a horizontal. Abdome: amplo. Extremidades Ás: máis ben pequenas, ben pregadas e cinguidas ó corpo. Pernís: fortes, robustos, visibles e de mediana lonxitude. Tarsos: fortes, grosos, de cor amarela, de lonxitude mediana, sen plumas e con catro dedos fortes e rectos. • Morfoloxía da galiña. En xeral coma no galo, tendo en conta as diferenzas debidas ao sexo. A crista está menos desenvolvida que nos galos, as barbelas son máis pequenas e tamén é máis
Caracterización morfolóxica e xenética. 67 pequena a orelliña pero conserva a forma lanceolada. O peito é saínte pero menos que no galo. De formas máis redondeadas có galo. • Coloración da plumaxe. Galo: O conxunto da plumaxe é de cor leonada cun matiz vermella-caoba claro, a esclavina e os caireis son de cor máis clara có resto do manto. As plumas cobertoiras pequenas das ás e ombros son dunha coloración máis escura. As remeiras primarias son negras, bordeadas de leonado. As remeiras secundarias son leonadas case na súa totalidade, excepto no centro que adquiren cor negra. As cobertoiras do voo son negras na súa fila inferior. A cola ten as temoeiras e as fouces negras cun brillo verde metálico. A subpenuxe é de cor leonada clara. Galiña: A plumaxe do corpo é leonada , con esclavina de cor leonada intensa, sendo negras as cobertoiras do voo na súa fila inferior e as temoeiras da cola e, en parte, as remeiras primarias, subpenuxe leonada clara. • Defectos graves. Plumas totalmente brancas nas ás. Branco na cola. Plumas negras sobre o manto. Plumas totalmente negras no pescozo. A máis insignificante pluma nos tarsos. Talla insuficiente. Peito estreito. Crista moi elevada. Orelliña con branco en máis da cuarta parte. Anteriormente o venres 11 de maio de 2001, publicárase no Diario Oficial de Galicia número 91 a Orde do 26 de Abril de 2001 pola que se fai público o patrón da raza Galiña de Mos e se crea o rexistro da raza. Esa normativa publicara o primeiro patrón da raza oficial, no que existen algunhas variacións co actual. Como se explicou, a raza non é un concepto estático e a súa morfoloxía pode evolucionar en función dunha serie de condicionantes, como un mellor coñecemento, melloras na alimentación, no manexo, no estatus sanitario, etc. O patrón da raza aprobado en 2001 contiña as seguintes variacións: Consideraba que os ovos deberían ser de 50 gr. mínimo, coa cáscara de cor marrón clara. O actual sube o peso a 55 gramos mínimo. Que o peso do galo sería de 3,5 a 4 quilos, sendo o actual de 4 a 4,5 quilogramos. Estes dous aspectos foron modificados debido a que a mellora do control das poboacións da raza, en especial do control da endogamia, provocou unha rápida mellora en diversos índices morfolóxicos, coma o peso do macho e do ovo, polo que era lóxico readaptar o patrón a estes valores. Non se facía referencia a que os ollos deberían de ter unhas cellas prominentes, signo destacado da raza, que lle confire un aspecto de cabeza aguieña. Un defecto grave variou. No patrón de 2001 considerábase coma un defecto grave a menor sinal de branco na plumaxe, quedando mellor redactado como plumas totalmente brancas nas ás e branco na cola. Un estudo de investigación realizado por Rois e colaboradores (2009) Aparición de plumas brancas en exemplares de Galiña de Mos. Un problema a estudar, provocou este cambio sobre os defectos graves na aparición de branco na plumaxe, xa que en moitos casos aparecen exemplares que aleatoriamente presentan alteracións na coloración da plumaxe. Estas descoloracións, máis claramente marcadas nas zonas do corpo onde existen plumas de tonalidade negra, derivan en que a pluma negra tórnase progresivamente en branco, total ou parcialmente, sendo aparentemente máis acusada nos machos que nas femias. En moitas ocasións observouse tamén unha tendencia á coloración branca nas plumas de color leonado doutras partes do corpo sen aparente motivo. Tamén co paso dos anos observouse por parte dos técnicos, que este proceso non
DIEGO ROIS LOSADA 68 tiña especial orde e aparecía nuns criadores si e noutros non, e á súa vez nalgunhas ocasións en polos novos e noutras moitas en aves de idade adulta. Durante un tempo sospeitouse que estes problemas poderían derivar de que durante moitos anos os criadores cruzaran as súas propias aves entre si, o que acareou graves problemas consanguíneos e por influencia doutras razas derivara en que as súas características xenéticas quedaran alteradas. Desta maneira desbotáronse moitos dos reprodutores que tiñan un exceso de plumas brancas en sospeita de que puideran transmitir xenes indesexables á súa descendencia. Pero nos últimos tempos, comezaron moitas consultas de criadores que adquirían polos a criadores da raza que xa desde novos comezaban con este problema, cando os pais destes polos tiñan unha coloración da plumaxe perfecta. Desta maneira, indagouse en profundidade nesta problemática. A finalidade era decidir si esta alteración era debida a un compoñente hereditario, tentando de illar aos xenes responsables ou si pola contra era debida a outros factores externos. A coloración totalmente branca é debida a un xen recesivo (c) que fai a pluma totalmente branca, cando en dominancia (C) permite a expresión de toda clase de cores (Orozco, 1989). Debido a isto, a coloración branca é herdable e polo tanto débese de localizar aos reprodutores portadores para apartalos da reprodución, tarefa difícil xa que si son heterocigóticos mostrarán coloración leonada pero non unha parte dos seus descendentes. Estes xenes que dan individuos totalmente brancos, comunmente proveñen da galiña Cornish branca, tamén coñecida como Combatente Indio, tan usada en tempos pasados para melloras do rendemento cárnico e raza que ao ser de tipo combatente, pode estar emparentada coa Galiña de Mos. É probable que se puideran arrastrar algún xen desa raza que viñera dalgún cruzamento pasado, polo que era unha coloración a eliminar. Actualmente menos do 0,5 % das aves presentan coloración totalmente branca. Pero a coloración branca tamén pode estar influída por outro xen (I) que en dominancia completa mostra este carácter, xa que inhibe completamente a formación de pigmento negro e reduce a de vermello. É o xen que porta a galiña Leghorn branca que tanto foi usada para a mellora das liñas de poñedoras. O que sucede é que en heterocigose (I-) é menos efectivo non tendo efecto sobre o vermello pero reducindo o negro a unhas poucas manchas. Debido a esta expresión da heterocigose non parece ser o xen responsable da coloración branca que daban os individuos sinalados. Outra coloración con plumaxe branca que aparecía era unha que lle chamamos no seu momento << trigueña >>, e que se caracterizaba por aves de coloración branca pero tendo a coloración negra acorde coa raza (nas plumas da cola e das ás) intacta, e plumas sobre todo do pescozo lixeiramente rubio. Este tipo de coloración orixínase por aparecer en recesivo o xen denominado <<colombino>> (co) que provoca que actúen outros xenes do colorido que nos dan este aspecto (Orozco, 1989) aínda que tamén pode ser producida pola influencia do xen <<silver>> (S) en dominancia, que ademais é un xen ligado ao sexo, polo que manifestarían o carácter os machos. Desta maneira tamén se procedeu a eliminar aos reprodutores portadores e pasouse dunha incidencia do 1% á práctica eliminación. Pero a alteración máis común, era a da alteración en plumas individuais das aves e non no total do manto. Desde os inicios do programa de recuperación da Galiña de Mos, apreciouse unha dispar frecuencia de aparicións deste problema que se caracteriza por unha maior ou menor presenza de branco na plumaxe. En ocasións a totalidade da pluma chega a ser completamente branca. En moitas ocasións e si o problema non é moi acusado, apréciase a coloración branca naquelas partes dos galos e galiñas onde existe cor
Caracterización morfolóxica e xenética. 69 Figura 48. Imaxe dun galo da raza Galiña de Mos Figura 49. Galiña de Mos. negra, plumas da cola e das ás, pero si o problema é moi importante tamén se ven afectadas o resto das plumas do corpo que son de cor leonada ou vermella-caoba. Trala análise das características de máis de 50.000 exemplares da raza e observando as explotacións e as aves onde aparecen estes problemas, observouse como un deficiente manexo e alimentación, provocaba unha alteración na deposición da melanina que provocaba a descoloración das plumas, volvéndoas en ocasións brancas. Determinados aminoácidos teñen unha gran importancia na síntese da melanina, de aí que ao non poder dispor dos nutrientes na cantidade necesaria, a melanina non poda ser producida, como en condicións dunha boa alimentación. Apreciouse que non existía unha relación directa, entre a xenética da raza e este tipo de alteración da coloración da plumaxe, debendo incidir moito nas boas condicións de manexo dos exemplares, cunha boa alimentación que cubra as necesidades básicas. Os propios autores recoñecían que se debería de seguir investigando xa que a desaparición da melanina nesta rexión podería ocorrer debido a activación dun xen inhibidor, por razón endócrina. No bo manexo dos polos é importante observar o seu estado sanitario, porque pese a que administremos unha alimentación correcta, determinadas enfermidades intestinais e principalmente parasitoses (como por exemplo a coccidiose), poden provocar unha deficiente absorción intestinal o que desencadea un proceso similar ao observado neste estudio. Tamén situacións de estrés, poden provocar os mesmos síntomas ao igual que sucede nos humanos coas canas porque nese caso interfiren coa fonte nutricional do cabelo. Á vista destes resultados modificouse o patrón da raza, no relativo aos defectos graves na coloración branca das plumas, xa que podería dar confusión e poderíase provocar a eliminación de reprodutores aos que lles aparezan algunha pluma branca crendo que é por influencia xenética, cando pode ser por unhas deficientes condicións de crianza. 3.6. ESTUDO MORFOLÓXICO FOTOGRÁFICO. Para unha máis rápida información aos posibles interesados na raza e, tendo en conta as características descritas no seu patrón, elaborouse un estudo morfolóxico resumido con fotografías para unha máis rápida visualización das principais características e que tamén pode servir de guía rápida para os xuíces avícolas en formación, que actúan en exposicións avícolas nacionais e internacionais.
DIEGO ROIS LOSADA 70 Figura 50. Cabeza máis ben pequena e ben conformada. Figura 51. Cara: lisa e vermella. Figura 52 e 53. Crista en chícharo, con tres filas lonxitudinais de papilas ou puntos ben definidos, de color vermello. Figura 54 e 55. Defectos descualificantes da crista. Moi elevada e mal definida. Figura 56. Barbelas. Vermellas, pequeñas e lisas, co borde inferior ben redondeado Figura 57. Defectos da barbelas. De medianas a grandes. Figura 58. Orelliñas pequeñas, ben pegadas á cara, lisas, de forma lanceolada e de cor vermella. Figura 59: Defectos das orelliñas. Arrugadas e deformes. Figura 60: Largas e deformes. Figura 61: branco en máis da cuarta parte. Aspecto xeral: observar a presentación do animal, que conteña as características da raza e ausencia de defectos graves. Observar estado sanitario: Si non é bo o animal débese retirar. Observar o estado da plumaxe: Si é malo déixase o animal sen valorar. Coincidencia coa raza: Ver que o animal coincide coas características da raza; ave semipesada con crista en chícharo, ben definida. Si non é así deixar o animal sen valorar. Observar posibles defectos descualificantes. 3.6.1. Morfoloxía do galo.
Caracterización morfolóxica e xenética. 71 Figura 62. Pico ben curvado; na mandíbula superior predomina o color pardo escuro sobre o córneo amarelento. Figura 63. Defecto do pico que reduce puntuación. Color branco ou poco color pardo na mandíbula superior. Figura 64. Ollos de color laranxa escuro. Figura 65. Cellas prominentes. Figura 66. Pescozo máis ben largo, erguido, con esclavina abundante flotando sobre a espalda Figura 67. Pescozo: defecto que penalizan puntación, excesivamente curto. Figura 68. Tronco ancho, largo e lixeiramente inclinado cara a cola. Figura 69, abaixo. Tronco recto que reduce puntuación. Figura 70. Dorso ancho. Figura 71. Peito ancho, profundo e prominente, de gran capacidade. Figura 72.Defecto descualificante. Peito estreito e plano.
DIEGO ROIS LOSADA 72 Figura 73. Cola en 45º sobre a horizontal, pequena, as fouces caudais sobrepasan lixeiramente ás plumas timoeiras que son anchas. Figura 75. Ás máis ben pequenas, ben plegadas e cinguidas ao corpo. Figura 76. Zancos e tarsos. Visibles e de mediana lonxitude. Con tarsos grosos e cor amarela. Figura 77. Galiña de Mos. Morfoloxía en xeral coma no galo, tendo en conta as diferenzas debidas ao sexo. De formas máis redondeadas. Figura 78. Cabeza da Galiña de Mos. Crista pequena e ben definida. Barbelas moi pequenas, casi inexistentes. Cellas prominentes. Figura 79. Cabeza da Galiña de Mos. Defecto que penaliza puntuación, Crista pouco definida. Barbelas medianas. Cellas non prominentes. Figura 80. Peito prominente. Figura 81. Penaliza puntuación un peito pouco desenvolvido. 3.3.2. Morfoloxía da galiña. Figura 74. Defecto da cola. En 90º sobre a horizontal
Caracterización morfolóxica e xenética. 73 Figura 82. Coloración do galo. Leonado cun matiz vermello-caoba claro, a esclavina e os caireis son de cor máis clara que o resto do manto. Figura 83. Coloración do galo, defectos que penalizan puntuación. Esclavina e caireis de cor amarela dorada. Figura 84. Coloración da galiña. Corpo leonado, con esclavina de cor leonada intensa. Figura 85. Coloración da galiña, defectos que penalizan. Corpo leonado-caoba. Figura 86. Pluma da á, parcialmente branca. Figura 87. Subpenuxe con coloración gris. 3.3.3. Coloración do galo. 3.3.4. Coloración da galiña. 3.3.5. Defectos de colorido comúns que penalizan puntuación.
DIEGO ROIS LOSADA 74 Figura 88. Unha ou máis plumas das ás completamente brancas. Figura 89. Plumas negras sobre o manto. Figura 90. Branco na cola. Figura 91. Plumas totalmente negras no pescozo. 3.3.5. Defectos de colorido descualificantes. 3.7. XENÉTICA DOS CARACTERES CUALITATIVOS MÁIS DESTACADOS NA RAZA GALIÑA DE MOS. Procedeuse a caracterizar a xenética de determinadas características morfolóxicas e do colorido, na que actúan xenes de efecto cualitativo, aquela herdanza dos caracteres que dependen dun ou de poucos xenes, case sempre coñecidos (Orozco, 1991). Non analizamos os xenes de acción cuantitativa, que inflúen noutros aspectos morfolóxicos e produtivos, xa que na maioría dos casos en avicultura, nin se coñecen nin se sabe onde están localizados. 3.7.1. Herdanza ligada ao sexo en galiñas. Débese sinalar que en avicultura, existen moitos xenes ligados ao sexo. Todos os organismos animais dispoñen de dous xogos de cromosomas homólogos, cada un deles proveniente dun dos país. Cada par de cromosomas ten un par de copias de cada xene, unha da nai e outra do pai. Os xenes poden ter variacións na súa secuencia, denominadas alelos, que poden ser dominantes ou recesivos. Existen loci (posición fixa nun cromosoma) autosómicos e loci ligados ao sexo. En moitos organismos o sexo do individuo, está determinado pola presenza ou ausencia dun cromosoma en particular. Nos mamíferos as femias son XX e os machos son XY. Todos os gametos producidos por unha femia serán portadores do cromosoma X, mentres que a metade dos gametos producidos polo macho levarán o cromosoma X e a outra metade o cromosoma Y. Cando se fala de xenes ligados ao sexo en mamíferos, refírese á aqueles localizados no cromosoma X. Pero nas aves, isto é diferente. As galiñas teñen 78 cromosomas, agrupados de dous en dous en 39 parellas, exceptuando os cromosomas do sexo, que en aves se denominan
Caracterización morfolóxica e xenética. 75 Z. Os machos teñen dous cromosomas Z, sendo ZZ mentres as femias son Zw, tamén expresado como Zxa que as femias teñen un cromosoma w que non contén gran información, (Ibañez, 2010) polo que se despreza. Disto dámonos conta como en avicultura, as características relacionadas co sexo, veñen do pai, ao revés que en mamíferos. As femias non poden pasar factores ligados ao sexo ás súas fillas, aínda que si involuntariamente aos seus fillos. 3.7.2. Xenética do colorido na raza Galiña de Mos. Como nos indicaba Fernando Orozco (1989), aínda que se coñece moito sobre a herdanza ligada ao color e debuxos ou marcas da plumaxe, existen algunhas dificultades e lagoas na súa comprensión debido a diversas causas. Aparte do efecto cualitativo dos xenes ben definidos, prodúcense en moitos casos reforzos ou reducións, así como cambios de matiz, probablemente debido a xenes modificadores de efecto cuantitativo. Tamén apreciou que a herdanza de certos xenes, non é a mesma nas diferentes partes do corpo. Este feito é máis destacado no galo, aínda que tamén se da en menor medida na galiña. Unha das diferenzas máis sinaladas é a da distinta dominancia ou recesividade segundo esas zonas do corpo. Observou como existe un tipo de herdanza que aínda non se definiu nuns xenes concretos, probablemente porque depende de varios de efecto semicuantitativo ou porque os seus modificadores teñen un efecto tan drástico que enmascara unha posible herdanza máis simple (como pode ser o caso da melanose). Os xenes máis importantes con relación ao colorido son varios. Destaca o locus E, que é de gran importancia na xenética aviar, sendo o lugar do cromosoma correspondente onde reside o xen que determina o color do galo silvestre (Francesch, 2013). O xen que regula a coloración silvestre coñécese como e+. No locus E temos 8 alelos que determinan oito coloracións distintas en homocigose, máis as que aparecen en heterocigose (Sommes, 1988). Tendo en conta a homocigose de cada un dos alelos e segundo as referencias de Francesch (1991) e Orozco (1989) temos as seguintes descricións para os seis alelos máis comúns: - E: Este alelo en homocigose produce cor da plumaxe totalmente negra, tanto no galo coma na galiña. Os poliños son negros na zona ventral, nas puntas das ás e algo na cara. - ER: Da aves totalmente negras, excepto no manto e na esclavina do macho, que é branco ou dourado en función a actuación do xen S/s. A peituga e a esclavina na femia están punteadas de branco ou dourado. Os poliños son negros na zona ventral, nas puntas das ás e algo na cara. - ewh: A esclavina é de cor marrón vermello intenso, o dorso marrón con discretas marcas negras ou grises con plumas negras na cola. A galiña é salmón pálido, contrastando a zona ventral co dorso por ser máis pálida, ten negro na cola e nas primarias e secundarias da á. Os poliños son branco amarelentos, algunhas veces cunha mancha marrón na cabeza, ou cun punteado no dorso. - e+: Dorso gris, moi escuro e aperdizado, con motas finas, esclavina con algo de amarelo, peituga asalmoada e ventre gris verdoso. - eb: Todo o corpo é gris algo verdoso, con marcas abundantes de apardazada e esclavina con algo de amarelo. A galiña é marrón forte con punteado fino negro en todo o corpo. Os poliños son marróns, algunhas veces con dúas franxas lonxitudinais máis claras na zona posterior dorsal. - ebc: O galo ten unha cor parecida á descrita no caso anterior, pero algo máis amarelento e as marcas de apardazada máis sinaladas. A galiña é como a descrita
DIEGO ROIS LOSADA 82 características que afectan á aptitude xeral das galiñas. En particular, as cristas de gran tamaño están asociadas cunha maior produción de ovos. Puideron identificar dous xenes adxacentes entre si nunha pequena rexión do cromosoma 3. Os dous xenes chámanse proteína morfoxenética ósea 2 (BMP-2) e o segundo, hidroxiácido oxidasa (HAO1). Atopouse que os xenes BMP teñen numerosos efectos sobre o óso e estimulan o seu crecemento. O cartílago é o precusor dos ósos e a crista está feita de cartílago. Este xen pode engadir máis cartílago ás cristas, resultando unhas cristas de maior tamaño. Este xen afecta tamén á formación do óso medular. É ben sabido que as galiñas acumulan óso medular para a posta de ovos e recorren a esta reserva ósea para a formación da casca, mediante o emprego de calcio. A maior óso medular, a calidade da casca do ovo será maior. En galos as cristas máis grandes están asociadas con ósos máis grosos e fortes. O xen HAO1 non se demostrou que estea involucrado na formación da crista ou do metabolismo óseo. Non obstante, si que xoga un papel fundamental na formación do metabolismo do calcio, polo que podería haber unha conexión neste senso. En todo caso, de cara á postura, existen moitos máis xenes que afectan, polo que non significa que o tamaño da crista sexa determinante para ser mellor ou peor poñedora. Existen moitos máis xenes non identificados ou mal caracterizados que afectan ao tamaño e forma das cristas. 3.4.5.2. Tipo de crista da Galiña de Mos. Tendo en conta os dous xenes principais que afectan á formación das cristas, no caso da raza Galiña de Mos ao ter crista en chícharo, a xenética da crista é rr P-. Ao inicio do Programa de Recuperación da raza no ano 2000, observouse como existía diferente tamaño nas cristas dos exemplares atopados, debido fundamentalmente á actuación dos xenes que modifican o tamaño da crista, vistos no apartado anterior e debido tamén aos cruzamentos existentes faltos en pureza. Por este motivo algúns investigadores dubidaron no tipo de crista que tiña a raza. No noso caso, apreciamos rapidamente como era unha crista en chícharo, mal chamada décadas atrás en “piña”, que é máis asimilable á crista en rosa. Para demostrar que estamos ante unha raza con crista en chícharo, basta facer o cruzamento entre exemplares con crista en chícharo, con exemplares con crista sinxela. Desta maneira observaremos os tipos de crista obtidos nese cruzamento, trala actuación dos dous xenes responsables, cos seus dous alelos. A maioría das galiñas comerciais que coñecemos, teñen crista sinxela. Analizando os cruzamentos que se poden realizar si temos exemplares de crista en chícharo homocigóticos (rr PP) con híbridos comerciais de crista sinxela (rr pp), obtemos na F1, aves heterócigóticas (rr Pp) que si as volvemos a cruzar con aves de crista sinxela (rr pp) obtemos na F2 exemplares rr Pp ou rr pp, é dicir, aves de crista en chícharo ou sinxela, feito que comprobamos que así sucede. Por outra banda, si facemos cruzamento con híbridos comerciais de galiñas cos outros dous tipos de cristas (Rpp na crista en rosa e RPna crista en noz), aparecerían na F2 aves con cristas de todo tipo. Este último caso sinalado non sucede cos exemplares da raza Galiña de Mos, que soamente mostran no cruzamento con aves de crista sinxela, polos con crista en chícharo ou con crista sinxela e non, dos catro tipos de crista. Desta maneira ao observar este tipo de cruzamento e ver que non aparecen os catro tipos de crista, concluíuse xa no ano 2000 cando se redactou o patrón da raza, que a Galiña de Mos ten unha crista “en chícharo”. Fenotipicamente responde á descrición do tipo de crista, con tres fileiras lonxitudinais de papilas ou puntos, ós que se lles chama chícharos, de ai seu nome.
Caracterización morfolóxica e xenética. 83 Co paso dos anos e a evolución dos censos e do Programa de Mellora, apreciouse como existiu unha progresiva mellora na estandarización da forma da crista.
ESTUDO POBOACIONAL E ANÁLISE DO PROGRAMA DE MELLORA DA RAZA GALIÑA DE MOS
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 87 4. ESTUDO POBOACIONAL E ANÁLISE DO PROGRAMA DE MELLORA. 4.1. ANTECEDENTES DOS PROGRAMAS DE MELLORA EN AVICULTURA. Sobre a historia da mellora, desde tempos moi antigos, en maior ou menor medida vense facendo mellora. Determinadas civilizacións seleccionaban aves de gran tamaño para as loitas, outras con determinados carácteres produtivos, outras polo seu colorido... Parece obvio que toda a domesticación dos animais e o seu posterior uso leva implícita un labor de mellora por parte do agricultor e gandeiro. A el soamente lle interesa o que lle é útil e vai modificando as diferentes especies de animais domésticos, labor moi lento pero eficaz e que crea a gran diversidade de tipos adaptados, tanto ao propio medio xeográfico-climático como á súa conveniencia e necesidades (Orozco, 1987). Fai dous séculos comezouse a creación ou selección das razas, principalmente por parte dos británicos e algún outro país europeo. O illamento xeográfico é o que primeiro produce diferenzas entre grupos de animais, chámense ou non razas. Posteriormente o que se fixo foi realizar un uniformado morfolóxico empregando material animal que xa existía localmente. A natureza moldeou grupos de animais adaptándoos ao medio no que habitan. Posteriormente o gandeiro modifícao para uniformar aquilo que máis lle convén. A opinión de que a uniformidade é boa de por si, o concepto de estética do animal, todo isto provocou a creación das razas. Sobre este aspecto Fernando Orozco, en 1984 dicía: “Aquellas inclinaciones fueron más importantes para la creación de las razas que los aspectos puramente productivos. Unicamente la fusión de los conceptos morfológicos con la tendencia del ganadero a buscar mejores producciones, es lo que hizo que alguna de ellas fueran al mismo tiempo más productivas y se pretendiera luego unir las dos apreciaciones. Con todo, no deberíamos olvidar que en muchas ocasiones las razas creadas no pasaron de ser ornamentales o de exposición, sobre todo en especies menores; constituyéndose para estos casos clubs y asociaciones, tanto para su desarrollo y definición de standards, como para la organización de exposiciones y concursos” O primeiro libro xenealóxico estableceuse en Inglaterra, en 1822, para a raza Shorthorn de vacún (Orozco, 1987). Xa desde aqueles tempos existía un importante conflito, que chega ata a actualidade, entre a mellora dunha produtividade cada vez máis esixida e un tipo morfolóxico que se define como ideal e se desexa manter a toda costa como característico de cada raza. En moitas ocasións se ten apreciado un gran retraso na mellora gandeira debido á importancia dada ao standard ou patrón da raza, con todo o que arrastra de valoración do mérito por pura morfoloxía. Dita morfoloxía avalíase a través dunhas puntuacións, case sempre subxectivas impostas por un número determinado de xuíces, principalmente en feiras e exposicións. Esta materia é a que máis conflitos creou nas relacións gandeiroxenetista (Orozco. 1987). No mundo da avicultura, especialmente no das razas autóctonas españolas, temos observado nós mesmos este factor. Existen multitude de concursos e exposicións avícolas, valorados por persoas que non teñen os coñecementos mínimos, que
DIEGO ROIS LOSADA 88 aplican simplemente unha valoración polo patrón da raza, descualificando inxustamente animais sen unha mellor apreciación do resto de caracteres, o que provoca confusión ao propietario. O criador cree que ten un ave boa e cando nese concurso é descualificada, apártao da reprodución ou a sacrifica debido a eses caracteres, en teoría negativos. Nun programa de conservación este erro é aínda máis grave, xa que si contamos con poucas aves, estamos provocando a eliminación dun exemplar que nos podería aportar outras características positivas, para o futuro da raza. Desta maneira deberíanse formar técnicos e xuíces de raza, con coñecementos xenéticos acordes ao traballo que desenvolven e sobre todo, en función dos obxectivos marcados nos Programas de Mellora. Outro dos aspectos segundo Orozco co que coincidimos e que, aínda sigue sendo motivo de discusión, foi a importancia que moitos gandeiros e asociacións lle seguen dando á ascendencia (pedigree), a pesar de que a xenética cuantitativa nos di o contrario. Por outra parte extra valórase ao individuo, cando é a agrupación familiar o que máis importa na mellora moderna. Nas primeiras décadas do século XX en avicultura, comézase principalmente nos Estados Unidos, a facer melloramentos en poboacións pechadas, denominadas estirpes. A partir da década dos corenta, xa se explotan intensivamente os cruces e se sigue facendo selección, dentro das estirpes ou poboacións da mesma raza, con técnicas máis modernas. A aplicación da xenética e o avance da selección é maior canto máis curto é o ciclo xeracional e antes se comproban os efectos da selección, maior número de descendentes por femia, o menor valor do individuo e o maior número de efectivos por gandería. De aí que en avicultura fóra das especies na que máis rápido avanzou a selección. Pero centrándose especificamente nos programas de conservación, para Cañón (2010), estes programas xorden coa necesidade de describir a variabilidade xenética e a súa evolución a través das xeracións en poboacións ou razas de animais domésticos para posteriormente, poder facer as xestións necesarias, destinadas a preservar a maior diversidade xenética posible, como garantía para as futuras xeracións. A definición de Programa de Mellora, atopámola no Real Decreto 2129/2008, de 26 de decembro, polo que se establece o Programa Nacional de Conservación, Mellora e Fomento das Razas Gandeiras de España. Nel indícase que un Programa de Mellora é aquel: “conxunto de actuacións sistematizadas, deseñadas e desenvolvidas por unha asociación de criadores dunha raza oficialmente recoñecida ou por un servizo oficial, orientadas á conservación, mellora e/ou fomento da raza correspondente, cun carácter único para cada raza e que debe estar avalado por un centro cualificado de xenética animal” En función do censo, características e catalogación da raza os programas de mellora divídense en dous, programa de selección ou ben, programa de conservación. -Programa de selección: é todo programa de mellora que ten por obxecto a elección dos mellores reprodutores dunha raza ou, no seu caso, encaste, estirpe ou variedade, co fin de que as características desexables definidas nos obxectivos sexan transmitidas á descendencia. -Programa de conservación: é todo programa de mellora que ten por obxecto o mantemento da diversidade xenética para garantir a conservación dunha raza, encaste, estirpe ou variedade e, evitar a súa extinción ou para aumentar os seus censos.
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 89 4.2. ANTECEDENTES DO PROGRAMA DE CONSERVACIÓN DA GALIÑA DE MOS. No ano 2000 ao iniciarse o Programa de Recuperación, Conservación e Fomento da raza Galiña de Mos, establecéronse unha serie de obxectivos específicos, naquel momento para o período 2000-2006, (Rois e col. 2000) como foron: - A realización dun Programa de Localización, Documentación, Estudo e Preservación da raza, establecendo unha decisión do tipo a aceptar. - Redacción do patrón da raza. - Establecemento dun programa de Fomento da raza Galiña de Mos, tratando o fomento da avicultura de afección, avicultura rural e avicultura non estritamente comercial. - Impulsar a creación dunha asociación de criadores da raza. - Presentación da raza en certames, publicacións aviares, exposicións, prensa, público en xeral, facendo campañas publicitarias. - Establecer a conexión entre a asociación de criadores e outras asociacións avícolas. - Aplicación en avicultura industrial, asimilando a raza a denominacións de orixe e produtos de calidade como a cría de capóns e outras saídas comerciais. - Planificación dun posible programa de mellora xenética, dividíndoo nun programa de selección e outro de apareamentos, encamiñado á mellora da produción de carne sen esquecerse do control da posta. O ámbito de aplicación e os beneficiarios eran os de toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Os beneficiarios foron aquelas explotacións avícolas que mantiñan exemplares da Raza Galiña de Mos. Valoráronse especialmente aquelas explotacións das áreas de orixe da raza, especialmente na Comarca da provincia de Lugo da Terra Chá. A estrutura do programa era a seguinte: - Programa de localización, documentación e estudo de exemplares: Establecementos de contactos con: Persoal de campo da Consellería. Busca no medio rural. Información de obxectivos. Este programa consistiu nunha extensa campaña divulgativa dirixida aos avicultores a través das Delegacións Provinciais da Consellería de Agricultura, dos veterinarios comarcais, dos facultativos veterinarios das campañas de saneamento gandeiro, dos facultativos veterinarios da rede de identificación animal, de axentes do servizo de extensión agraria, así como de informacións en prensa e a cidadáns en xeral, para que informen da localización de posible material xenético autóctono. A busca no medio rural complementouse con abundante material fotográfico e vídeo gráfico. - Programa de conservación da raza: Decisión do tipo a aceptar para a raza. Programa de apoio e asesoramento técnico para o mantemento de núcleos poboacionais. Estudo de caracteres base para uniformar as poboacións Estabilización dun censo. Potenciar a avicultura de afección. Introdución na avicultura rural.
DIEGO ROIS LOSADA 90 Déuselle prioridade a aqueles avicultores que eran afeccionados á avicultura, aos que se interesan polas razas autóctonas, a aqueles que tiñan as súas galiñas para o seu consumo e a criadores para a produción de capóns. Procedeuse a un programa de apoio técnico no que se ofreceu asesoramento en temas sanitarios, manexo axeitado, alimentación, aloxamento e instalacións. Este programa incluíu información sobre as características cárnicas da raza e as súas especiais características organolépticas. Perseguiuse que o avicultor comezara a facer cruces eliminando as galiñas híbridas estranxeiras. O obxectivo era o mantemento dun determinado número de exemplares de pureza racial. - Programa de Fomento e Mellora da raza: Programa de Fomento: Establecemento dun Programa de Rexistro: neste punto procedeuse á redacción do patrón da raza, a controlar ao número de aves e a dar publicidade da raza en artigos como na Entente Europea de Avicultura, revista Selecciones Avícolas, Arte Avícola, asistencia a certames, campañas publicitarias, etc. Rexistro de exemplares. Control do número de exemplares. Presentación da raza. Introdución en avicultura non estritamente comercial. Incremento do número de animais: Facíase imprescindible neste punto o posuír unha incubadora e un galiñeiro que nos permitiran a cría de poliños para poder intercambiar o material xenético entre os avicultores, para corrixir problemas como poden ser a consanguinidade, aptitude á choquede, problemas de fertilidade, etc., así como para incrementar o censo de exemplares. Impulso á Creación dunha Asociación de Criadores da Raza: Impulsouse a creación dunha asociación de criadores da raza coa cal, ao estar en contacto os avicultores da asociación, intercambien exemplares entre si. Tamén se impulsou a realización de actividades para o fomento da cría e o interese pola raza. Conexión entre a Asociación de Criadores da Raza e outras Asociacións de Criadores Avícolas como a Asociación de Criadores do Capón de Vilalba. Programa de mellora xenética: Peche das poboacións a híbridos comerciais. Programa de selección cara o tipo definido. Programa de apareamentos. Establecemento dun núcleo poboacional “ex situ” e prever unha cesión de exemplares (realización de convenios de colaboración). - Aplicación en avicultura industrial: Aplicación da raza á cría de capóns: Debido á excelente aptitude cárnica da raza unha, das principais aplicacións industriais pretendíase que fora a cría de capóns. A estratexia era manter contactos frecuentes cos criadores de Capón de Vilalba, para presentarlles a raza e asimilar a cría destes capóns a ser un produto autóctono e de calidade. Estudo doutras vías alternativas de comercialización.
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 91 Na medida do establecemento dun núcleo “ex situ” creouse en 2001 a Unidade de Recuperación da Galiña de Mos no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. Programáronse os apareamentos dos exemplares, a partir dos lotes atopados da raza que quedaban, a partir da localización feita de exemplares. Para realizar estes cruzamentos de lotes, tívose en conta as indicacións de Orozco (1991) sobre métodos de apareamento, nas que considera que para efectuar mellora existen tres tipos de maneiras de apareamento que se poden realizar: 1. Apareamento ao azar: É o máis común. Consiste en atribuír as femias aos machos ao azar, por medios que garantan que non incida no emparellamento ningunha predisposición ou intensidade definida. 2. Apareamento por relacións familiares ou de consanguinidade: Ten dúas variantes obvias: en sentido positivo e, en sentido negativo: En sentido positivo: busca nos apareamentos unha intencionada relación de parentesco (consanguinidade ou endogamia ). Cando o apareamento busca un afastamento da consanguinidade que se produce en toda reprodución pechada, estamos aplicando exogamia. Unha maneira de aparear por exogamia é o azar restrinxido, que consiste en que cando no apareamento ao azar prodúcese un emparellamento teórico entre irmáns ou medio irmáns, descártase e se cambia o emparellamento con outros animais cos que non teñan parentesco. Na mellora por cruzamento hai que considerar tanto os apareamentos producidos para crear pureza nas liñas, como os da reprodución en animais cruzados nas diferentes escalas do ciclo de mellora e posterior multiplicación. Os segundos sempre son en exogamia. 3. Apareamento por relacións fenotípicas: Nel danse dúas situacións contrarias e asimétricas. Apareamento positivo ou concordante: Aparéanse machos superiores en canto ao seu valor fenotípico, con femias tamén superiores e así progresivamente baixando a escala, ata que se apareen inferiores con inferiores. Apareamento negativo ou discordante: Aparéanse machos superiores con femias inferiores e viceversa. Fernando Orozco indica que polo xeral, si non hai unha razón particular en contra, úsase o apareamento ao azar. O apareamento consanguíneo soamente lévase a cabo para crear liñas desa natureza. O apareamento de exogamia dentro da estirpe e no seu caso máis extremo, está reservado a cando se teñen poboacións moi pequenas, como soe ser o caso dos programas de conservación, para que o aumento da consanguinidade sexa o menor posible. O apareamento asociativo é pouco frecuente. O negativo emprégase para a busca de descendencia de animais máis uniformes, nos animais comerciais ou a explotar, xa que sempre ofrecerlle ao avicultor do último chanzo un animal uniforme, é unha actitude desexable. O positivo non ten interese salvo en casos moi especiais. Torres (1994) indica con relación á consanguinidade que ningún outro aspecto da reprodución animal parece estar máis envolvido no misterio e temor coma a consanguinidade. Indica que da a sensación de que parte dese medo parece proceder da xenética humana e da relixión, polo temor a incrementar a consanguinidade. As reservas cara a consanguinidade nos animais obedecen a depresión consanguínea que provoca uns menores rendementos ou idoneidade do animal para o fin que se destina. Uns caracteres son afectados mais ca outros. Inicialmente poden aparecer defectos como o ananismo, colores estraños, picos deformes, etc. Estes problemas soen ter unha reducida importancia
DIEGO ROIS LOSADA 98 Mos” do CRZG, figurará como a única explotación coa categoría de granxa de selección avícola para a raza Galiña de Mos. No programa exsitu in vivo establecerase un control de cruzamentos de grupos reprodutivos debendo AVIMOS, proporcionar os exemplares que os técnicos encargados do programa de conservación exsitu determinen. Os excedentes do programa de conservación exsitu in vivo, serán entregados a AVIMOS nas condicións establecidas, que á súa vez canalizará cara ás explotacións avícolas colaboradoras e, en ningún caso, cara as de autoconsumo, incentivando especialmente ás explotacións inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais segundo o Decreto 216/2011, do 10 de novembro da Xunta de Galicia, polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais 4.3.5.2. Crioconservación. Banco de xermoplasma e banco de ADN. Os resultados da crioconservación en galiñas aínda non son da mesma efectividade que en mamíferos. Pese a todo tentarase crear un banco de xermoplasma avícola, con profundización nas técnicas de recollida, dilución e conxelación do seme do galo, valorando aspectos de volume espermático, concentracións de espermatozoides, proporción de espermatozoides móbiles, proporción de malformacións espermáticas e proporción de ovos que fecunda. Tamén profundizarase na investigación sobre a conservación doutro material susceptible de conservar, entre eles o sangue dos animais, para o que se prevé a creación dun banco de sangue dos reprodutores, como método de conservación do ADN, xa que é un modo máis simple e menos custoso para conservar material zooxenético. O ADN non pode ser utilizado para obter animais vivos da raza, obteremos animais con algúns xenes particulares da mostra dese ADN, pero como perspectiva de futuro é interesante xa que existen evidencias de que esta técnica pode chegar algunha vez a ser factible. No Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia disponse das instalacións axeitadas e persoal cualificado para efectuar estas tarefas, con ampla experiencia na recollida e conxelación de seme de bovino e ovino, debendo facer unha formación específica dos traballadores e investigadores, en materia avícola para a crioconservación, con adquisición do material necesario para a súa posta en funcionamento e a adaptación das instalacións necesarias. Este tipo de bancos xenéticos teñen como obxectivo a prevención de riscos, xa que en momentos como o actual, no que a eminente ameaza da Influenza Aviaria tanto para as razas avícolas como para a poboación humana, fannos dispoñer dun Plan de Vixilancia Activa para a raza, podendo nun futuro e grazas aos bancos xenéticos, no caso deste tipo de emerxencias sanitarias, tomar as decisións máis axeitadas de cara a unha correcta orientación da raza. Un dos piares fundamentais desta mellora conseguida foi o estrito control do Libro de Rexistro da raza. 4.4. O LIBRO DE REXISTRO DA RAZA GALIÑA DE MOS. Os obxectivos dos programas de conservación e mellora de razas con poboacións reducidas, son a conservación da variabilidade xenética e a conservación das características propias da raza. Os libros de rexistro ou xenealóxicos son a base de todos os programas de mellora, ao ser arquivos dinámicos que conteñen a información xenealóxica, morfolóxica e/ou produtiva dos animais inscritos, permitindo estimar o mérito xenético deles e servindo para tomar as decisións de como orientar a mellora xenética en cada raza. Pero nun
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 99 mercado cada vez máis profesionalizado, os animais inscritos nos libros acadan un valor económico maior, contribuíndo, por unha parte a aumentar os beneficios derivados da súa comercialización e por outra, a estimular a recría de animais selectos que prestixian o labor dos seus criadores e por iso, do proceso de selección. Para ter un control preciso sobre estes aspectos, necesitamos un sistema de rexistro apropiado que nos permita a recollida da información necesaria sobre a raza, os seus rascos principais, poboación e rendementos (Rois e col., 2006). Os Libros Xenealóxicos son ficheiros ou sistemas informáticos levados por unha asociación autorizada ou recoñecida oficialmente ou por un servizo oficial, que levan funcionando en moitos dos casos de razas gandeiras, desde finais do século XIX. En avicultura o emprego de libros xenealóxicos ou sistemas de rexistro similares, usáronse en diversa medida a principios de século, cando o valor da raza e o individuo tiñan importancia. Xa no Libro Español de Patrones Avícolas (CEAS, 1953) o regulamento da agrupación falaba da importancia de inscribir ás aves nos respectivos libros xenealóxicos, rexistrando neles como mínimo a postura dos tres últimos anos e a xenealoxía de cada lote. Posteriormente o valor do “pedigree” perdeu a súa preponderancia (Orozco, 1987) co predominio da avicultura industrial e os avances en xenética cuantitativa e o cruzamento, polo que o concepto de libro xenealóxico perdeu a súa razón de ser. Nos tempos actuais, no caso dunha raza autóctona de galiñas que se somete a un proceso de recuperación, a instauración dalgún tipo de rexistro volve a cobrar importancia para participar na mellora. Na Galiña de Mos, tralo comezo do Programa de Recuperación da raza que se puxo en marcha a comezos do ano 2000, apareceu a necesidade de crear un tipo de rexistro para ter un control preciso dos exemplares. Debido a que a idea da conservación da raza vai ligada ao territorio e forma de cría na que se desenvolve, e dado que as circunstancias de cría ao aire libre da raza non permiten coñecer de maneira precisa os ascendentes, creouse un Libro de Rexistro con algunhas similitudes cos Libros Xenealóxicos de especies maiores, pero nunca será estritamente un destes ao non coñecer as xenealoxías. En todo caso non ten significativa relevancia dado que segundo Orozco (1991) en ocasións extra valórase ao individuo cando é a agrupación familiar o que máis importa ten na mellora moderna, aplicando no noso caso unha maior importancia ás diferentes poboacións ou lotes, como xa indicamos. O Libro de Rexistro da raza Galiña de Mos ademais de permitir redireccionar a selección dos animais para acadar unha mellora da raza, permite que as aves inscritas teñan un maior valor económico ao ser considerados animais selectos. O Libro de Rexistro da raza Galiña de Mos estanos servindo tamén para crear un valor engadido para os produtos obtidos dos exemplares da raza, dado que actualmente cada vez existen máis consumidores que demandan a máxima información sobre aspectos como a natureza dos produtos, orixe xeográfico e cualidades, apreciando as garantías de autenticidade. 4.4.1. Estrutura do Libro de Rexistro da raza Galiña de Mos. 4.4.1.1. Sistema de cualificación e idade mínima. As cualificacións dos animais son feitas polo director técnico da raza que foi nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008. A asociación de criadores pode establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.
DIEGO ROIS LOSADA 100 Figura 93. Método de identificación dos exemplares. A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método determinado nas normas específicas do Manual de Procedemento do Libro Xenealóxico/Rexistro da raza. 4.4.1.2. Método de identificación de exemplares. Todo animal inscrito é identificado con brinco (crotal) de metal na á dereita preferentemente, numerado individualmente segundo as normas específicas do Manual de Procedemento do Libro de Xenealóxico/Rexistro da raza. A identificación realízase para constituír as bases dunha rigorosa selección dos exemplares, podendo estender os Certificados de inscrición nos correspondentes rexistros da raza, que deberán acompañar aos exemplares durante toda a súa vida. Tamén se realiza para loitar contra o posible fraude que puidera existir, para poder recoñecer aos exemplares en todas as ocasións necesarias e poder certificar as súas orixes e para poder marcar unha trazabilidade dos produtos obtidos a partir da raza. Nos exemplares adultos sen proxenitores inscritos, a identificación realízase tras a comprobación polos xuíces da raza e despois de observar as súas características externas, o cumprimento do patrón da raza. Realízase con marca de metal na á e asignación do código individual de Rexistro de Reprodutores (RR). Nos exemplares nados con proxenitores inscritos, procédese á asignación dun número individual mediante a colocación dunha marca de metal na á. Posteriormente se lle asignará o código de Rexistro de Nacementos. A identificación a realizan, en exemplares adultos os xuíces de valoración da raza e, en exemplares menores de cinco meses, o propietario dos animais pode ser autorizado para realizar o marcado dos exemplares nados, aínda que exclusivamente poden ser os xuíces de valoración quen valoran como aptos os posibles animais a considerar, para a súa inclusión nos rexistros da raza correspondentes. O brinco de identificación das aves, que está numerado individualmente, ten no anverso un número correlativo de 0001 a 10.000 e polo reverso cinco cifras, RGM (indicativas de Rexistro Galiña de Mos) e dúas letras que simbolizan a serie correlativa da decena de millar correspondente, AA, AB, AC... A vantaxe que supón este sistema de identificación é a de poder identificar os poliños cun día de vida, non perdendo desta forma en ningún caso a trazabilidade. 4.4.1.3. O Libro de Rexistro da Raza Galiña de Mos constará dos seguintes rexistros. Rexistro de Criadores (RC). Neste rexistro inscribiranse todas aquelas persoas que demostren que posúen exemplares da raza e se dedican á cría e fomento da Raza Galiña de Mos, aos cales se lles asignará un código de criador específico. Para o rexistro de animais no rexistro correspondente é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Criadores. O
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 101 procedemento de rexistro na base de datos faise cun código que consta de varios díxitos: Os dous primeiros díxitos son as letras GM, identificativas de Galiña de Mos. Os seguintes díxitos numéricos corresponderán á orde correlativa de inscrición no rexistro. Como exemplo sería GM00584, GM00585, GM00586, etc. Rexistro de Reprodutores (RR). Inscribiranse neste rexistro os exemplares adultos nos que os xuíces da raza comproben que as súas características responden ás do prototipo racial, teñen polo menos cinco meses de idade, pertencen a criadores inscritos no RC e posúen código de criador da raza. O procedemento de actuación será o seguinte segundo os casos que se citan: Animais maiores de cinco meses (adultos) sen proxenitores inscritos: O propietario solicítao á asociación telefonicamente ou por correo electrónico. O Director Técnico estuda a solicitude realizada e se cree convinte a revisión, informa aos Xuíces de Valoración concertando o xuíz, data e hora co solicitante. Os Xuíces de Valoración valoran aos animais obxecto da solicitude e, se responden ao patrón da raza, proceden a colocar un crotal numerado individualmente na á dereita, asignándolle o código de rexistro de reprodutores. Desta maneira o exemplar queda inscrito no Rexistro de Reprodutores da Raza. Unha vez está inscrito un exemplar adulto cando menos nunha explotación avícola, inscríbese a explotación no Rexistro de Criadores (RC) e remítelle ó criador o seu Código de Criador. Animais maiores de cinco meses con proxenitores inscritos: Son exemplares que proveñen do rexistro de nacementos. O criador solicítao á asociación telefonicamente ou por correo electrónico. O Director Técnico estuda a solicitude realizada e se cree convinte a revisión, informa aos Xuíces de Valoración concertando o xuíz, data e hora co solicitante. Os Xuíces de Valoración valoran aos animais obxecto da solicitude e, se responden ao patrón da raza, anótase a numeración do animal, asignándolle o código de rexistro de reprodutores. Desta maneira o exemplar queda inscrito no Rexistro de Reprodutores da Raza. Rexistro de Nacementos (RN). Quedarán inscritos neste rexistro aqueles exemplares que nacesen de animais inscritos no Rexistro de Reprodutores, que pertenzan a persoas inscritas no Rexistro de Criadores, que fose declarado o seu nacemento e que posúan os caracteres descritos para a raza, con ausencia de defectos de descualificación. Rexistro Especial (RE). Neste rexistro inscribiranse os exemplares procedentes do Rexistro de Nacementos unha vez castrados cirúrxica mente para a obtención de capóns. O código de rexistro xenealóxico consta de 8 díxitos: -Parte variable: a forman os dous primeiros díxitos, que corresponden ás letras das iniciais do rexistro da raza no que está inscrito o exemplar. Así estas letras poderán ser RR (rexistro de reprodutores), RN (rexistro de nacementos) ou RE (rexistro especial). -Parte invariable: formada por;
DIEGO ROIS LOSADA 102 Figura 94. Distribución en Galicia da raza Galiña de Mos no ano 2001. Figura 95. Distribución en Galicia da raza Galiña de Mos no ano 2011. -dous díxitos que corresponden a dúas letras de serie correlativa segundo a decena de millar numérica á que corresponda o exemplar. Desta forma os primeiros nove mil novecentos noventa e nove exemplares estarán cos díxitos AA. Do dez mil ao vinte mil coas AB, do vinte mil ó trinta mil coa AC e así sucesivamente. - catro díxitos numéricos correspondentes á orde correlativa de inscrición de exemplares. Cumpriméntanse periodicamente unha serie de documentos imprescindibles para manter correctamente actualizado o Libro de Rexistro da raza, sendo informatizados os datos na base de datos do Libro. 4.5. DISTRIBUCIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS. A principios do século XX, a raza chegou a localizarse en case todo o interior de Galicia. Trala decadencia, no último decenio, desde os exemplares partidos da comarca da Terra Chá, houbo unha exponencial expansión cara a todas as zonas de Galicia, incluíndo a constatación da existencia de exemplares en todas as autonomías españolas, coa excepción de Ceuta e Melilla. Tamén existen exemplares en países europeos como Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, e no continente americano, en Brasil. Nas seguintes gráficas amosase a evolución que experimentou a raza desde o ano 2001 ata o ano 2011 exclusivamente en Galicia e por concellos: Esta distribución está feita tendo en conta os concellos onde existían criadores rexistrados no RC, nos anos sinalados. A comezos do ano 2001, soamente existían exemplares nos concellos lucenses de Vilalba, Outeiro de Rei, Castro de Rei e Foz, ademais do concello de Coles, en Ourense, no Centro de Recursos Zooxenéticos, no Pazo de Fontefiz.
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 103 A diseminación da raza considérase maior, sospeitándose que existen exemplares en todos os concellos. Hai que ter en conta que moitos interesados teñen as súas galiñas por simple afección, non constando neste caso nos rexistros. Pese a isto, paralelamente, a información que nos aporta o Libro de Rexistro permitiulle á Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMÓS crear un Rexistro de Propietarios (RP), no que se inclúen a todas aquelas persoas que se ten constancia de que nalgún momento adquiriron exemplares da raza, estiveran inscritos no Rexistro de Criadores ou non. Este rexistro é moi importante para coñecer a diseminación actual da raza, podendo nun futuro acceder a poboacións de aves da raza que estean lonxe e que podan participar na mellora. Ademais, ante casos de alertas sanitarias, como a vivida nos últimos anos coa influenza aviar, nos permite unha rápida, localización dos exemplares, si fora necesario. A Orde APA/1922/2006 pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influencia aviar, obriga como medida de bioseguridade a crear un rexistro administrativo das explotacións non comerciais, o que no caso da Galiña de Mos xa se posúe cos Rexistros de Criadores e de Propietarios. Actualmente no RP contabilízanse un total de 2553 propietarios. 4.6. ESTIMACIÓN DO TAMAÑO DA POBOACIÓN DA GALIÑA DE MOS. A posta en marcha no ano 2001 do Libro de Rexistro da raza, permítenos saber en cada momento o estado censual e a evolución destes, datos que podemos ver no cadro adxunto, que indica a poboación total de reprodutores, por sexos, o número de criadores e os exemplares separados en función de si están no programa ex situ ou in situ, segundo os datos proporcionados pola Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos – AVIMÓS. Á vista destes datos, observamos como a situación de partida foi moi preocupante, xa que se partiu de moi poucos animais e criadores. Os reprodutores existentes no programa ex situ, foron moi importantes en número nos primeiros anos, pero posteriormente foron sendo menos na porcentaxe do total, aínda que non en importancia de control dos grupos reprodutivos orixinarios. Táboa 1. Evolución do censo de reprodutores na raza Galiña de Mos entre os anos 2001-2014. RAZA poboación total Femias Reprodutoras Machos Reprod. Número de criadores Femias no Libro Xenealóxico In situ Ex situ GALIÑA DE MOS 2001 199 160 39 11 160 87 112 GALIÑA DE MOS 2002 935 746 189 51 746 853 82 GALIÑA DE MOS 2003 1665 1431 234 147 1431 1354 77 GALIÑA DE MOS 2004 2486 2173 313 217 2173 2068 105 GALIÑA DE MOS 2005 2822 2467 355 259 2467 2358 109 GALIÑA DE MOS 2006 4329 3809 520 317 3809 3714 95 GALIÑA DE MOS 2007 5407 4584 823 352 4584 4504 80 GALIÑA DE MOS 2008 5811 4963 848 375 4963 4888 75 GALIÑA DE MOS 2009 6884 5921 963 419 5921 5779 142 GALIÑA DE MOS 2010 7875 6812 1063 459 6812 6699 113 GALIÑA DE MOS 2011 8565 7438 1127 493 7438 7260 178 GALIÑA DE MOS 2012 8537 7451 1086 467 7451 7371 80 GALIÑA DE MOS 2013 7044 6228 816 359 6228 6118 110 GALIÑA DE MOS 2014 6253 5554 699 246 5554 5439 115
DIEGO ROIS LOSADA 104 Figura 96. Evolución do Rexistro de Criadores (RC) da raza Galiña de Mos no periodo 2011-2014. Figura 97. Evolución do Rexistro de Reprodutores (RR) da raza Galiña de Mos no periodo 2011-2014. Existiu un puno de inflexión no ano 2011, que foi o de maior número de criadores e de reprodutores. Isto foi dado porque nos primeiros anos o máis importante foi incrementar o número de exemplares e de criadores, buscando o maior número de afeccionados que se inscribiran no Rexistro de Criadores da raza. A partir dese ano co nacemento da avicultura artesanal e a obrigatoriedade de que os criadores posúan código REGA, provócase unha maior especialización da produción, tendendo a potenciar a aquelas explotacións avícolas de produción fronte ás de afección. Este cambio de estratexia puido facerse grazas a que pese a que segundo a Unión Europea (1999), para considerar a unha raza de galiñas como fora do perigo de abandono, debe superar as 25.000 femias reprodutoras, o número delas xa se considerou importante como para poder afrontar outros retos. De todas maneiras o cambio produciu un incremento na porcentaxe de reprodutores por explotación, que se viu incrementado nos últimos anos, provocando unha maior especialización da produción. Actualmente a Galiña de Mos é a raza de galiñas autóctonas españolas cun maior censo, segundo os datos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. En 2014 declaráronse 26.373 nacementos, existindo unha media de exemplares por explotación entre polos e reprodutores de 108,59 aves. 4.7. SISTEMA DE PRODUCIÓN. A raza críase ao aire libre, aproveitando os galiñeiros tradicionais para aplicar un sistema de avicultura alternativa e artesanal. Desta maneira, ao xuntala cunha alimentación natural, danos uns produtos de altísima calidade. En avicultura existe un problema moi grande a nivel de toda España que é, o da legalización das pequenas explotacións avícolas. O mercado avícola nacional está estruturado en grandes granxas de miles de polos ou galiñas, estando as normativas adaptadas unicamente a este tipo de sector. Trala recuperación da raza, xa se observou unha imposibilidade da comercialización dun xeito legal das producións, debido á aplicación dunha lexislación avícola obsoleta e que se aparta da idiosincrasia deste tipo de produto (Rois, 2001). Desde os anos 60 as normativas de regulación das explotacións avícolas unicamente se refiren ás de tipo industrial, quedando excluídas as pequenas e de tipo tradicional, como a maioría das existentes no agro galego, o que imposibilitaba a comercialización destes alimentos, fóra da propia granxa. Na Unión Europea, existen moitas normativas que eximen do seu cumprimento a casos como as destinadas ao subministro directo por parte do produtor de pequenas
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 105 cantidades de produtos primarios ao consumidor final ou a establecementos locais de venta ao por menor que abastecen directamente de produtos primarios ao consumidor final, como as de hixiene dos alimentos de orixe animal. Algo similar ocorre en canto ás análises de determinadas zoonoses e outras varias de diversas instalacións. Desgraciadamente en España, non son de aplicacións estas exencións e polo tanto non podemos aplicar sistemas de crianza nas nosas aves como os que se empregan en moitos países Europeos, non podendo competir en igualdade de condicións. As normativas para a instalación de granxas de aves existentes ata o momento, eran unicamente para unha granxa de avicultura industrial ou para unha simplemente de autoconsumo. Os requisitos que se solicitaban para a autorización dunha granxa de Galiña de Mos (obtención do código REGA), eran os mesmos que si quixéramos instalar unha grande nave industrial de 50.000 polos, por exemplo. Desta maneira, a autorización da posta en funcionamento da pequena granxa era totalmente imposible, xa que non era viable nin lóxico, o investimento a realizar. Observando as normativas avícolas de avicultura industrial, apreciouse un baleiro existente cando se tratan de determinadas producións pequenas, xa que nese caso, a norma non obrigaba a ningún tipo de cumprimento, existindo o que se considerou unha situación de “alegalidade”. Neste problema atopáronse a maioría das granxas de Galiña de Mos, que non puideron vender os produtos dunha maneira regulada. Por exemplo, un criador que quixera levar un lote de galos ao matadoiro, non o podería facer en ningún caso, xa que ao non ter a explotación de alta, non podería conseguir a correspondente Guía Sanitaria que autorizara o movemento. O mesmo sucedeu para a súa asistencia aos concursos en feiras, nos que se permitiu a súa entrada unicamente grazas á xentileza da administración galega ou outro tipo de movementos. Así comprobouse coma si se quería desenvolver un traballo cara a comercialización da raza, os atrancos das normativas, estaban a limitar o desenvolvemento destas pequenas producións. Desta maneira intercedeuse entre produtores, agrupados en Avimós e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, para negociar unha normativa axeitada na que encadrar a uns produtores que están a camiño entre a avicultura industrial e o autoconsumo. Grazas a esta proposta, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicou o Decreto 216/2011, do 10 de novembro, (DOG do 24 de novembro de 2011), polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. O decreto fixa as condicións necesarias para que os criadores poidan establecer unha actividade comercial, ofrecéndolle as debidas garantías sanitarias ao consumidor. Desta maneira as explotacións deben de estar adaptadas aos requisitos de funcionamento que dita o decreto. Con esta iniciativa, Galicia convértese ademais na primeira comunidade española en posuír un marco normativo específico e adaptado a esta realidade. Así actualmente as granxas que producen Galiña de Mos, figuran como explotacións avícolas artesanais, en explotacións en moitos dos casos anexas ás casas de labranza e producindo un máximo de 400 aves de cebo e 100 galiñas, entre poñedoras e reprodutoras, ademais das recrías. 4.8. DESENVOLVEMENTO E UTILIZACIÓN SOSTIBLE DA RAZA GALIÑA DE MOS. Dentro do Programa de Conservación da raza, estanse a deseñar estratexias de cara a divulgación tanto da raza en si, coma das súas cualidades. As actividades que se fagan
DIEGO ROIS LOSADA 106 non teñen sentido senón se é capaz de transmitir os resultados obtidos, aos gandeiros e ao consumidor final e público en xeral. Desta maneira é de gran importancia elaborar campañas publicitaria para divulgar entre a poboación os beneficios que teñen os produtos da raza, elaborándose trípticos publicitarios, cadernos, libros, carteis promocionais, material vídeo gráfico, páxinas web, etc. A promoción e o fomento da raza debe incluír tamén unha ampla divulgación a través de feiras gandeiras e agropecuarias, xa que a observación dos animais en vivo, proporciona unha toma de contacto directa entre o interesado e o gandeiro, familiarizándose coa raza e as súas producións. Un labor básico tanto de AVIMÓS como de BOAGA é o de dar a coñecer á nosa raza en todos aqueles rincóns nos que aínda sexa descoñecida, asistindo con exemplares a feiras e proporcionando a información necesaria, así como creando exposicións e concursos coa finalidade de recoñecer o mérito que posúen os mellores exemplares. Así mesmo, é básica a educación e formación de todas aquelas persoas interesadas no manexo da raza Galiña de Mos e aquelas artes da avicultura, polo que se imparten charlas divulgativas. Observouse a importancia que teñen a asistencia ás feiras para promocionar á raza e os seus produtos, xa que e alí onde se pode efectuar un contacto directo cos interesados. Asístese a feiras agropecuarias pero tamén a feiras especificamente avícolas. Anualmente a raza participa nun gran número de feiras agropecuarias. Dentro destas feiras, préstase especial coidado na organización de varios concursos monográficos ao longo do ano, que se fan coincidir coas feiras agrícolas de maior impacto de Galicia (Semana Verde en Silleda, Expolugo e GandAgro). Xa desde tempos remotos se destacaba a importancia que teñen a celebración dos concursos de gando como métodos de exhibición dos nosos produtos e das nosas razas, xa que constitúen a nosa principal fonte de riqueza (xornal El Progreso, 6 de outubro de 1908). Continúa esta edición comentando: “...allí donde la inercia, la despreocupación y la rutina, cimentaron sólida barrera, los concursos abren nuevos horizontes de progreso, y ponen el jalón más avanzado del adelanto productivo, por esto son dignos de la mayor alabanza todos los propósitos que tienden al desarrollo y estímulo de las actividades de un país, adormecidas en el insondable abismo de los tiempos de nuestra ignorancia agrícola”. O xornal El Progreso, en relación aos concursos de gando das festas de San Froilán, facía a seguinte reflexión: “La celebración de concursos y exposiciones de ganados es uno de los medios que más puede influir en el fomento de la producción pecuaria. Los premios que se otorgan y la fama que adquieren los sujetos premiados sirven de estímulo entre los ganaderos, quienes, ansiosos de gloria, procuran dispensar mayores atenciones a sus ganados, mejorando por consecuencia las razas”. Os concursos monográficos da raza proporcionan ese estímulo para os gandeiros, onde ademais de comprobar a calidade dos seus exemplares ao poder comparalos, establécese unha vía de comunicación entre os gandeiros, onde poden durante uns días intercambiar experiencias, o que favorece un progresivo aporte conxunto de iniciativas que axudan á evolución futura da raza estimulándose tamén, a competencia.
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 107 De cara aos próximos anos e dentro da estratexia a seguir coa raza dentro da nova Política Agraria Común (PAC) 2014-2020, proponse ás organizacións que colaboran no Programa de Conservación da raza Galiña de Mos o desenvolvemento dun plan de traballo de cara ao fomento e á comercialización da Galiña de Mos dividida en catro eixos fundamentais de actuación, dividido cada un en catro máis. Unha estratexia que chamaremos 4x4. • Mellora e incremento da produción das explotacións avícolas da raza. o Estudos económicos sobre a rendibilidade dos diversos sistemas produtivos. o Mellora dos aspectos produtivos de cara ao incremento do número de exemplares para poder abastecer ao mercado. o Establecemento de estratexias de redución de custes nas ganderías para facelas máis competitivas. o Establecemento de liñas específicas de asesoramento cara a novos criadores que se incorporan ao noso rural. • O poder das marcas: un produto diferente. o Investigación das cualidades de cada tipo de produto como estratexia diferenciadora. o A oportunidade do Libros de Rexistro como ferramentas de distinción do produto. o Investigación e establecemento de marcas individuais, colectivas ou de calidade de cada produto: decisión do tipo a adoptar. o Asesoramento na creación de marcas individuais de cada empresa. • O gandeiro como empresario: un novo modelo é posible. o O gandeiro como comerciante. Formación na creación de cultura empresarial no noso agro. o Implantación de estruturas de comercialización do produto a partir dos empresarios individuais. Análise da fortaleza dos mercados locais como venda directa. o Formación do gandeiro en técnicas de marketing e venda. o Asesoramento na creación de empresas que agrupen empresarios individuais para a comercialización en mercados que non sexan de circuítos curtos. • Unha gandería moderna, viable, tradicional e sostible. o Establecemento dunha liña de colaboración coa administración galega de cara á comprensión destas producións. Propostas de establecemento de normativas específicas. o Involucración do resto de actores participantes. Campañas de sensibilización en cidadáns. Colaboración directa coa hostalería galega. o Fomento específico do turismo agroalimentario: ver, consumir, desfrutar, soñar, volver. o Fomento da autoestima do produtor. Aproveitamento das oportunidades que ofrecen os novos gandeiros. O valor do noso. 4.8.1. Mellora e incremento da produción das explotacións avícolas da raza. Existen un conxunto de aspectos que permiten caracterizar a rendibilidade das empresas gandeiras. Dous dos aspectos principais son a terra e o gando, valores destacables no sector das nosas razas autóctonas, xa que as ganderías tenden a posuír boas
DIEGO ROIS LOSADA 114 comercialización e facilitan este proceso, mediante excepcións en diversos casos. Desta maneira é básico establecer unha vía de colaboración directa coa administración galega, con propostas de modificacións de normativas e a redacción de novos procedementos, para equiparar a nosa produción coa do resto de Europa. Senón nunca poderemos competir en igualdade de condicións cos nosos veciños comunitarios. Galicia está capacitada para liderar a nivel nacional as iniciativas deste tipo de produción e de comercialización, posto que xa somos líderes en zootecnia. Débese de explicar ben as necesidades e facer propostas de actuación asumibles. Neste capítulo un exemplo claro é a recente aprobación da Guía para a instalación de pequenos Centros de Embalaxe de ovos da raza Galiña de Mos, procedentes de granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. Aplicación do sistema de autocontrol baseado nos principios do APPCC, por parte da Directora Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, na que trala explicación da problemática existente de cara a comercialización do ovo procedente de explotacións avícolas artesanais da raza Galiña de Mos e a presentación do modelo a seguir para a creación de centros de envasado, estableceuse un protocolo que permitirá o despegue da comercialización do ovo da raza. 4.8.4.2. Involucración do resto de actores participantes. Campañas de sensibilización en cidadáns. Colaboración directa coa hostalería galega. Os consumidores teñen que estar informados. Actualmente o cidadán reclama cada vez máis información do que consume e está disposto a valorar os produtos da súa zona. En Galicia existe unha crecente corrente, especialmente nas clases máis novas, de tendencia aos produtos locais, sostibles e que deixan a maior parte do seu valor no propio produtor. É debido a que a sociedade comeza a ser sensible ao gasto enerxético en consumir produtos doutras partes do mundo, cando o teñen ao carón das súas casas, axudan ás súas economías locais, que son as súas e sobre todo, desta maneira o cidadán síntese partícipe no desenvolvemento das economías da súa zona. Hai que proporcionarlle información ao consumidor, para o que se deben de elaborar campañas específicas de cara aos consumidores con este tipo de produción, sensibilizándoos dos beneficios que estas actuacións aportarán no seu propio territorio. Tamén se debe de ter en conta que os restauradores das zonas son moi importantes, xa que a comercialización a través deles deixa un gran valor engadido. Eles son os primeiros interesados en apartarse da competencia cunha aposta pola diferenciación nos seus menús. É interesante establecer unha liña de colaboración con restaurantes colaboradores das razas autóctonas, con publicidade específica. Si o cidadán consume produtos das razas autóctonas na hostalería o produtor síntese directamente beneficiado. Para isto é importante a formación e información con cursos específicos de cara a hostalería, de métodos de aproveitamento de todas as pezas comerciais das partes das canais e a súa correcta preparación. Estase a detectar a existencia dun gran grupo de cidadáns, que están cansos de consumir sempre as mesmas pezas comerciais na restauración. Existe un mercado potencial coa recuperación de cociñados a partir da Galiña de Mos, que hoxe volven a ser moi valorados. Procede elaborar material informativo de como aproveitar todas as partes das canais, como libros específicos de receitas que ensinen o cociñado doutras pezas, que non sexan as máis comúns das usadas pola hostalería, con xornadas gastronómicas específicas e formativas.
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 115 4.8.4.3. Fomento específico do turismo agroalimentario: ver, consumir, desfrutar, soñar, volver. A raza e os seus produtos teñen que estar asociadas ao territorio. Existe un gran potencial no desenvolvemento dunha estratexia de turismo agroalimentario consistente en que o turista poda ver o sistema de crianza das aves da raza, con visitas ás explotacións gandeiras e observen os métodos sostibles que se empregan, en harmonía coa natureza. Posteriormente se despraza a un restaurante da zona a consumir eses produtos que viu, que ao manter esas sensacións no seu padal e na súa retina permítelle desfrutar de algo diferente. A alegría e tranquilidade que ten nese momento vacacional, permítelle soñar con que existe algo diferente e que directamente está asociando a volver a demandar ese produto, cando visite de novo esa zona. O desenvolvemento deste tipo de turismo, é unha boa estratexia e o asesoramento na integración deste sistema, xa que en avicultura os produtos da Galiña de Mos son os que están ligados ao territorio. Noutros produtos agroalimentarios galegos xa se están a tomar iniciativas nesta dirección, con bos resultados. Ao consumidor debémolo acercar ao produto, dialogar con el, influír na súa opinión, que se sinta satisfeito, entretelo e darlle respostas ás súas demandas, destacando o noso produto. Pódese desenvolver formación e investigación específica na implantación desta estratexia, implantando nos etiquetados e nas publicidades específicas, os novos códigos QR (quick response barcode, código de barras de resposta rápida), que nos permitirán aportar información das explotacións e dos animais vivos, cos seus métodos de crianza, desde a propia mesa de consumo. 4.8.4.4. Fomento da autoestima do produtor. Aproveitamento das oportunidades que ofrecen os novos gandeiros. O valor do noso. Actualmente hai unha crecente demanda de información para o establecemento de novas ganderías da raza, que en moitos ocasións son por parte de interesados con escasos coñecementos dos sectores gandeiros. Na maioría dos casos son mozos interesados en implantarse no rural que necesitan obter os coñecementos necesarios. Vémolo como unha oportunidade de dinamización do noso rural xa que moitos destes partícipes, teñen coñecementos noutros sectores da nosa economía e animándoos a implantalos no sector gandeiro, permitiremos unha renovación da comercialización acercándoa máis ao consumidor. Isto parte dun incremento da autoestima dos gandeiros, que o valore como un sector de prestixio, algo no que xa creen os novos criadores, que consideran de alto valor este tipo de vida. Este incremento da valoración desta profesión a través dunha imaxe moderna, repercutirá no resto do colectivo creando un importante estímulo empresarial. Un sector moderno ten que coñecer as novas tecnoloxías e as posibilidades que teñen. É importante a formación aos interesados na creación de páxinas web, marketing online, posicionamento do produto, creación de blogs e redes sociais, con aplicación de servizos comunity manager e de elaboración de webs corporativas para os interesados. Son elementos de xeración de influencia e de conversa, que un sector moderno ten que aproveitar. Tamén parece interesante establecer nas web corporativas da asociación e da Federación, enlaces a tendas online de comercialización dos produtos da raza. 4.9. LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA GALIÑA DE MOS. Dentro das estratexias de creación dunha marca a nivel dos produtos da raza, recentemente a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos – AVIMÓS, foi recoñecida para o emprego do logotipo “100% Raza Autóctona Galiña de Mos”.
DIEGO ROIS LOSADA 116 Figura 98. Imaxe do logotipo 100% raza autóctona Galiña de Mos que se pode atopar nos productos da raza. O logotipo “100% Raza Autóctona” é unha iniciativa das asociacións de criadores de razas autóctonas xunto co Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente. Existe unha normativa nacional que regula o seu uso (Real Decreto 505/2013 de 28 de xuño polo que se regula o uso do logotipo raza autóctona nos produtos de orixe animal). O logotipo “100% Raza Autóctona Galiña de Mos” nace impulsado pola Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMÓS estando avalado pola Xunta de Galicia e polo Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente, para ofrecerlle as garantías de pureza de raza e de cría das aves mediante métodos artesanais e ao aire libre. Poden acollerse a el ademais das granxa sonde se crían as aves, as empresas e restaurantes onde se transforman e comercializan os produtos da nosa raza. A través desta norma pódese controlar non só as condicións de cría das aves senón tamén a súa transformación e comercialización, procedendo a ter unha trazabilidade dos produtos desde o campo ata a mesa. O nacemento desta marca provoca que o consumidor recoñeza ao produto como: 100% noso: Porque a raza e os seus produtos estiveron con nós desde sempre, formando parte do noso territorio e da nosa historia 100% garantía de orixe: Porque este distintivo informa aos consumidores da procedencia dos produtos, con trazabilidade garantida. 100% conservación: Porque consumindo os produtos da raza axudamos a que non se perda, como pasou fai unhas décadas na que estivo ao borde da extinción. Porque si mercamos raza, prodúcese máis. Consumindo….. conservamos. 100% sabor: Porque os produtos da raza teñen un sabor intenso e moi especial, ao ser baixos en graxa. Son os sabores de antes. 100% diferentes: Porque a xenética da raza fai que as súas carnes e os ovos teñan unha cualidades especiais e totalmente diferentes aos producidos de maneira industrial. Os seus produtos fanse lentamente, sen presas. 100% Próximos: Porque a raza Galiña de Mos críase cerca das zonas onde podemos atopar os seus produtos, por iso os podemos conseguir en comercios e restaurantes locais. 100% natural: Existe un Pliego de Condicións cunhas condicións de cría das aves moi esixentes. Prodúcense en pequenos lotes, cunha crianza artesanal e ao aire libre, sendo alimentadas a base de cereais e verduras. 100% apoio: Porque mercando os produtos amparados por este logotipo, axudamos aos nosos gandeiros e ao comercio e hostalería local. 100% respecto: Porque consumindo produtos 100% Raza Autóctona Galiña de Mos, respectamos o noso medio rural, onde as nosas galiñas coidan de terreos próximos ás casas de labranza. 100% información: Porque este logotipo permítenos ter información de onde podemos mercar e consumir produtos da raza.
Estudo Poboacional e Análise do Programa de Mellora. 117 100% orgullo: Porque tanto os produtores coma a asociación, as administracións, o comercio, a hostalería e os consumidores, consumindo produtos 100% Raza Autóctona Galiña de Mos, sentímonos orgullosos de desfrutar da calidade.
CARACTERIZACIÓN PRODUTIVA DA RAZA GALIÑA DE MOS
Caracterización produtiva. 121 5. CARACTERIZACIÓN PRODUTIVA. 5.1. INTRODUCIÓN AO CAPÍTULO. Parece que para que unha raza se asente definitivamente, as súas producións deben acadar un nivel de rendemento económico aceptable e de contrastación dunha calidade diferenciada. É importante para unha raza autóctona analizar as súas cualidades, as características dos seus produtos e as demandas do mercado específico para axudala á súa conservación e fomento (FAO, 2011). Nun mercado tan competitivo como o actual débese de ofrecerlle ao consumidor datos fidedignos e suficientemente contrastados cando nos atopemos ante unha produción diferenciada. Segundo os estudos que se teñen, pódese considerar como condicionantes da calidade dos produtos das carnes de razas de galiñas factores como a idade das aves, o sexo, o alimento que reciben, o ambiente no que se crían e a raza (Moran, 1999), (Castelló, 2000). A idade de sacrificio é un factor fundamental para conseguir unha óptima calidade sensorial. As aves adquiren o sabor propio da súa especie ao chegar á madurez sexual. Esta é a principal razón do escaso sabor a polo dos "broilers" (polos de produción intensiva) que se sacrifican aos 45 días ou menos, e da xa perceptible diferenza cos polos "campeiros" ou "de curral" que se sacrifican entre os 60 e 80 días, aínda que ambos casos quedan moi afastados da distinción que se alcanza en exemplares adultos, que superan os 150 días de crianza debido a ese efecto hormonal e ao cambio da composición tisular. A intensidade do sabor e do aroma increméntase a medida que o animal vai medrando (Touraille et al., 1981) aínda que outras cualidades como a tenrura evolucionen cun empeoramento. Para Cuioli e col. (1994) a idade e a velocidade de crecemento lenta, son básicas para a mellor calidade da carne de ave. O aumento de sabor en aves de maior idade xa quedou demostrado por Land e Hobson-Frohock (1977) e por Ramaswamy e Richards (1982). Bianchi e colaboradores (2006) atoparon diferenzas significativas no color e na carne de polos de diferentes pesos e idades. O sexo é un factor moi similar a idade pero non é un dos factores de maior influencia na calidade da carne aínda que se observa un maior engraxamento nas femias e un maior flavor nos machos (Ricard et al., 1988). Scholtyssek e Sailer (1986) atoparon diferenzas de sabor entre sexos, sendo a carne das femias a preferida, aínda que para Ristic (1993) a peituga dos machos era preferida. Ricard e Touraille (1988) non atoparon diferenzas entre sexos ata as 14 semanas, tempo na que a carne dos machos tiña sabor máis forte. Parece que o efecto relacionado co sexo está relacionado coa idade e o sabor máis forte, cando os machos alcanzan a madurez sexual (Farmer, 1999). Algúns estudos observaron que ha carne das peitugas das femias é máis tenra (Sauveur, 1997; Baéza e col. 2001; Fanático e col., 2005). Intarapichet e colaboradores (2008) apreciaron un menor contido de poliinsaturados, maior de monoinsaturados e saturados nas carnes das femias fronte ás dos machos. Muriel (1999) atopou bastantes diferenzas entre os polos de ambos sexos tanto nas características da canal coma da carne, en polos criados en liberdade en Extremadura. A alimentación é un factor moi importante para a obtención na carne dunhas características idóneas, xa que certas materias primas ou aditivos utilizados nos pensos poderían orixinar a presenza de ácidos graxos que produciran sabores anormais (Fris Jensen, 1981), tendo en conta que a composición de ácidos graxos da carne inflúe decisivamente para a súa calidade (Pippen et al. 1969). Tamén as modificacións na alimentación a base de pensos ou dalgún cereal primordialmente como o millo, por modificación dos niveis de enerxía
DIEGO ROIS LOSADA 122 empregados, fan que exista unha modificación substancial na conversión alimenticia (Moran, 1997) podendo existir variacións en factores de peso e de calidade da canal. O consumo de proteínas adicionais a través do penso promove unha redución de graxas (Conejo et al., 1991) e polo tanto variación nos parámetros que nos marcan as características de calidade da carne. Téñense feitos moitos estudos para confirmar que un novo ingrediente non ten efectos prexudiciais na calidade (Farmer, 1999); por exemplo, a adición de copos de avea con casca non ten ningún efecto no sabor (Poste e col., 1996). Sen embargo algúns alimentos poden ter efectos indesexados no sabor, como por exemplo os aceites moi insaturados, especialmente os do peixe (Land e Hobson-Frohock, 1997; Ramaswamy e Richards, 1982; Poste, 1990; Leskanich e Noble, 1977). Afortunadamente, hoxe en día os pensos non son coma os de antes e a adición desas fariñas de pescado ou aceites, non se produce ou non está permitida en Europa, en moitos dos casos a partir da crise das vacas tolas de comezos do século XXI. Tamén existen estudos que indican que a modificación da flora intestinal pola dieta pode afectar ao sabor. Harris e colaboradores (1968) demostraron que os polos criados en condicións tradicionais, cun ambiente máis cargado de xérmenes tiñan un sabor diferente aos dos polos criados en ambientes libres de xérmenes. Mead e colaboradores (1983) compararon polos que tiveran unha alimentación con maior proporción de trigo integral e verduras frescas e viron que tiñan no intestino un número maior de escherichia coli e de estreptococos fecais, así como outras diferenzas na microfolora, tendo unha carne con sabor máis intenso, máis saborosa. O ambiente é outro factor que inflúe por incidencia da temperatura, que altera a inxestión de alimento, iluminación, densidade de animais, condicións atmosféricas, etc. A introdución en Francia dos réximes Label Rouge e Label Fermier, provocou a publicación de numerosos artigos que comparaban estes polos cos tradicionais. Mediante estes sistemas, os polos críanse en condicións estritas, precisando o uso de polos de crecemento lento, unha dieta baixa en calorías e alta en cereais, unha densidade de poboación baixa, un período de cría mínimo de 81 días e unhas condicións estritas de procesado e control da calidade (King, 1984). En diversos estudos demostrouse como a carne de label era a máis preferida polos consumidores (Lassaut e col. 1984; Touraille e col, 1985; Culioli e col., 1994). Estes autores propuxeron que a maior idade dos polos era a causa do maior sabor. Farmer e colaboradores (1997) examinaron os factores de dieta, xenotipo, densidade de poboación e idade nos Label Rouge, apreciando que as aves de maior idade tiñan máis sabor, que o xenotipo influía e que existía unha tendencia a un maior sabor da carne en aves criadas en baixas densidades de poboación. Skaarup (1983) non apreciou efectos provocados pola maior ou menor densidade de poboación, no sabor da carne. Deroanne e colaboradores (1983) tampouco detectaron diferenzas entre a densidade de poboación pero Ristic (1993) si apreciou importantes diferenzas. Tamén o exercicio é un factor de gran importancia que condiciona a calidade da carne de ave, en canto é a que axuda á diminución de acumúloos graxos e a unha mellor distribución da graxa. As aves expostas a temperaturas baixas, incrementan o consumo de alimento para satisfacer as súas necesidades enerxéticas (Arce & col. 2002), algo que tamén observaron Estrada e Márquez (2005). Cando a temperatura ambiental descende por debaixo da temperatura crítica inferior, a temperatura corporal mantense pola produción de calor metabólica e o aumento do consumo de alimento (de Basilio, 2003). A zona de neutralidade térmica en galiñas oscila entre os 12 e os 24 º C. A capacidade de termorregulación das aves xoves depende tamén do seu desenrolo muscular (Quiles y Hevia, 2005). Smith e Teeter (1987) observaron como os polos sometidos a temperaturas frías, de 7ºC, o consumo de penso se incrementaba un 25% diminuíndo o rendemento da carne e os depósitos de graxa. Si a
Caracterización produtiva. 123 temperatura aumentaba ata 35 ºC, o consumo de penso diminuía nun 10% e o rendemento da carne e os depósitos de graxa tamén. Sonaiya e col. (1990) afirman que as altas temperaturas melloran o sabor da carne de polo ao incrementarse a proporción de ácidos graxos poliinsaturados na graxa da ave (Sonaiya, 1988). Muriel (2004), tamén observou mellores conversións alimenticias en polos de Extremeña azul en extensivo, en estacións do ano con mellores condicións meteorolóxicas, factor tamén observado por Tolentino & col. (2008) en polos de liña Cobb-Vantress. Muriel (2004) fixo ensaios con polos da raza Extremeña Azul nas catro estacións do ano, en polos criados baixo as normas europeas de crianza ao aire libre, apreciando como as altas temperaturas provocaron unha diminución do crecemento das aves, tendo un maior porcentaxe de peituga os criados en outono e inverno, aínda que foron mellores en xeral os criados no inverno e na primavera. Brackenbury e Willianson (1989) apreciaron como os polos que fan moito exercicio, teñen carnes con texturas máis firmes e de color máis escuro, xa que o efecto do exercicio provoca nos músculos unha maior capacidade oxidativa, sendo atributos moi apreciados polos consumidores. Dentro desta categoría, pódese incluír o efecto das condicións de transporte e sacrificio debido ao estrés ante morten e as alteracións bioquímicas que provoca. As condicións de recollida e o transporte ata o matadoiro das aves, teñen para os consumidores connotacións relacionadas co benestar dos animais, mentres que para os criadores o obxectivo é evitar o estrés ante morten dos polos, pola súa influencia na calidade da carne. (Sánchez, 2001). O estrés inflúe sobre a cantidade de metabolitos no músculo das aves, afectando á calidade da carne. Os cambios bioquímicos teñen relación coa tenrura da carne (Ali e col., 1999). O excesivo estrés antes do sacrificio, por un mal manexo na carga, por loitas das aves, etc. son unha causa na perda de tenrura na carne para algúns autores (Khan e col., 1970; Lyon e col., 1992; Yanky e col., 1992) aínda que outros autores non están de acordo con esta afirmación (Ma e Addis, 1973). Kannan e col. (1997) observaron que o estrés provoca un incremento da corticosterona no sangue. O Incremento da corticosterona da perdas no color do músculo e un retraso no comezo do rigor mortis (Kannan e col., 1998). Un condicionante que moitas veces pasa desapercibido en avicultura téndose pouco en conta, é o xenotipo ou a raza, factor que no noso caso é de gran importancia. En produción industrial valorouse pouco o concepto de raza, xa que a produción de estirpes está feita a partir do cruce de moitas razas e liñas, co único obxectivo da busca de aves de rápido crecemento aínda que en detrimento da calidade. O tipo de raza inflúe no ritmo ou velocidade de crecemento, factores que inflúen nas características organolépticas da carne de ave, dando uns mellores valores de sabor e aroma canto máis tempo se prolongue a crianza (Ricard et al., 1986). Tamén a cantidade de carne e a graxa presente na canal é un factor moi ligado ao xenotipo e polo tanto influínte na composición tisular e nas calidade da carne. As aves de crecemento rápido acumulan maior porcentaxe de graxa que as razas de crecemento lento (Ricard e col., 1993). Berri e col. (2001), Qiao e col. (2002) e Debut e col. (2003) apreciaron como a raza é un factor determinante no color da carne, ao igual que no color da pel. Nos últimos anos no mercado avícola está a existir unha ampliación da oferta de produtos de alta calidade gastronómica, producidos de maneira artesanal, natural e máis acorde coa percepción do benestar animal que as aves criadas de maneira intensiva (Marijuán, 2008). Kramer (1951) definiu a calidade como a suma das características dun produto alimenticio dado, que influencian a súa aceptabilidade ou preferencia polo consumidor. Coles (1951) define os estándares de calidade como as descricións dunha ou máis características dun
DIEGO ROIS LOSADA 130 Figura 103. Medias canais de galos no CTC. Figura 104. Canal de galo Mos (esquerda) e de Sasso T44 (dereita). A disección fíxose no zanco, xa que se tende a considerar en avicultura que a disección dun único membro posterior permite estimar de maneira precisa a repartición da carne, da pel e do óso da canal enteira en exemplares sacrificados á mesma idade (Ricard, 1972). O pH das mostras mediuse con un pH-metro dixital (Thermo Orion 710 A+, Cambridgeshire, UK) equipado con sonda de penetración. Para a determinación do color da carne utilizouse un colorímetro portátil (Konica Minolta CR-600 Osaka, Japan) obténdose as coordenadas tricromátricas (luminosidade, L*; índice de vermello, a*; e índice de amarelo, b* (CIE 1976). O contido en mioglobina fíxose de acordo á metodoloxía proposta por Hornsey (1956). Humidade, graxa, proteína (Kjeldahl N x 6.25) e cinzas foron cuantificados seguindo as metodoloxías propostas pola ISO (1442:1997 (ISO, 1997), 1443:1973 (ISO, 1973), 937:1978 (ISO, 1978), e a 936:1998 (ISO, 1998), respectivamente. A capacidade de retención de auga calculouse como perdas por cocción, de acordo ao protocolo descrito por Honikel (1997). Este método baséase no cálculo das perdas por cocción determinando a diferenza de peso dunha mostra tras haber sido cocida nun baño de auga a 80 °C ata alcanzar unha temperatura de 70 °C. O control da temperatura fíxose mediante termopares tipo K (Comark, PK23M, UK), conectados a un rexistrador (Comark Dilligence EVG, N3014, UK). As perdas por cocción exprésanse como a porcentaxe de peso perdido respecto ao peso inicial da mostra. Estas mostras utilízanse posteriormente para realizar a análise da textura. A determinación das propiedades de textura levouse a cabo baseándose no método mecánico de corte mediante a célula Warner-Bratzler (WB) e mediante método de compresión utilizando un texturómetro TA. XTPlus (Stable Micro Systems., Surrey, UK). A velocidade de ensaio en ambos test foi de 3,33 mm/s, mentres a compresión á que se someteu a mostra foi do 60% respecto da altura do trazo de carne. Co método de cizalla obtivéronse 3 parámetros: a forza máxima de corte (Moller, 1980); a firmeza ao corte (Brady, & Hunecke, 1985); e o traballo total realizado ao cortar a mostra, mentres o test de compresión nos deu o valor da dureza. 5.2.2.3. Análise de ácidos graxos. A graxa intramuscular foi extraída a partir de 5 g de carne picada segundo o procedemento descrito por Folch et al. (1957). Os lípidos foron transesterificados cunha solución de trifluoruro de boro en metanol, tal como describiron Carreau e Dubacq (1978). A separación e cuantificación dos ésteres metílicos dos ácidos graxos levouse a cabo utilizando un cromatógrafo de gases (GC, Agilent 6890N) equipado cun detector de ionización de chama
Caracterización produtiva. Produto: Galo. 131 Figuras 105, 106 e 107. Preparación das mostras para a análise sensorial. e un inxector de mostras automático HP 7683, e usando unha columna capilar de sílice fundido de Supelco SPTM-2560 (100 m, 0.25 mm i.d., 0.2 μm de espesor de película, Supelco Inc). As condicións cromatográficas foron as descritas por Lorenzo et al. (2011). Utilizouse como patrón interno 0,3 mg/mL de ester metílico do ácido nonanoico (C9:0 ME). Os ésteres metílicos dos ácidos graxos foron identificados por comparación dos seus tempos de retención cun patrón comercial. Os ácidos graxos expresáronse como porcentaxe do total de ácidos graxos identificados. 5.2.2.4. Análise de aminoácidos. A hidrólise da proteína levouse a cabo a partir de 100 mg de mostra con 5 mL de HCl (6N) nunha ampola selada de vidro durante 24 h a 110 ºC. Despois da hidrólise, a solución diluíuse en 200 mL de auga destilada; e filtrouse por 0,45 µm (Filter Lab, España). O sistema HPLC utilizado foi un equipo de cromatografía líquida de alta resolución Alliance 2695 e un detector de fluorescencia 2475. Usouse o software Empower 2TM Advanced para controlar o sistema de operación e xestionar os resultados. A derivatización dos patróns e as mostras, así como as condicións da análise cromatográfica foron as seguintes: a 10 µl da mostra engadíuselle 70 µL de tampón borato de pH 8,8 e 20 µL do reactivo derivatizante AccQ-Fluor (3 mg/ml de acetonitrilo). A separación levouse a cabo utilizando unha columna Water AccQ-Tag (3,9 mm x 150 mm con 4 µm de tamaño de partícula) cun caudal de 1,0 mL/min a 37 ºC. O gradiente e a composición das fases móbiles foi o proposto por Van Vandelen e Cohen (1997). A detección fíxose por fluorescencia utilizando as seguintes lonxitudes de onda (excitación a 250 nm e emisión a 395 nm). Os aminoácidos foron identificados por comparación dos seus tempos de retención cun patrón comercial de aminoácidos e cuantificados mediante calibración externa. 5.2.2.5. Análise sensorial. Nas medias canais dereitas levouse a cabo unha análise sensorial, tanto do zanco coma da peituga (Ruiz et al., 2001) que foi realizada por un panel de catadores adestrado en análise descritiva. 5.2.2.6. Análise estatística. Os valores medios, así como a desviación estándar e o error típico foron calculados para todas as variables estudadas. Para a análise estatístico dos resultados obtidos dos perfiles nutricionais das mostras analizadas realizouse unha análise de varianza mediante ANOVA, empregando o paquete estatístico SPSS 18.0 para windows.
DIEGO ROIS LOSADA 132 5.2.3. Resultados e discusión. 5.2.3.1. Crecemento e consumo. Táboa 2. Crecemento e consumo de galos da raza mos, alimentados con penso a base de cereais e con crianza ao aire libre ata as 32 semanas de vida. SEMANA PESO INDIV. GMD 2SEMGR. GMD GR. C.DÍA.IN. 2 SEM.GR C. IND. AC.KG I.C. BISEM. I.C. 0 0,04 0,00 0,00 0,00 2 0,18 8,59 8,59 18,45 0,29 1,47 1,47 4 0,45 19,77 15,37 45,04 0,99 2,28 2,08 6 0,81 25,48 18,65 74,97 2,04 2,80 2,39 8 1,26 32,08 21,89 112,42 3,61 3,46 2,77 10 1,62 25,84 22,65 112,28 5,19 4,60 3,14 12 2,09 33,51 24,44 148,85 7,27 4,52 3,42 14 2,49 28,39 27,01 166,69 9,60 5,49 3,77 16 2,83 24,14 26,63 192,46 12,30 7,64 4,24 18 3,12 21,15 25,96 178,21 14,79 9,31 4,67 20 3,37 17,31 25,02 174,71 17,24 9,49 5,02 22 3,50 9,52 23,59 142,46 19,16 20,52 5,43 24 3,64 10,22 22,46 160,91 21,42 18,13 5,83 26 3,78 9,47 21,42 140,81 23,39 17,07 6,17 28 3,94 10,38 20,71 153,76 25,69 43,23 6,52 30 4,04 7,79 19,78 158,27 27,73 28,12 6,87 32 4,22 13,98 19,34 166,56 29,89 14,03 7,08 Nas táboas 2 e 3 móstranse os resultados da evolucións dos pesos bisemanais e dos consumos, dos exemplares da raza autóctona e da estirpe industrial respectivamente. Na figura 108 represéntase a evolución do peso vivo da raza autóctona fronte á estirpe comercial. Obsérvase como existe unha separación da curva de crecemento que é máis acusada ás 14 semanas de vida tendendo a acurtarse a diferenza a partir desa data, manténdose Táboa 3. Crecemento e consumo de galos da estirpe Sasso T44, alimentados con penso a base de cereais e con crianza ao aire libre ata as 32 semanas de vida. SEMANA PESO INDIV. GMD 2SEMGR. GMD GR. C.DÍA.IN. 2 SEM.GR C. IND. AC.KG I.C. BISEM I.C. 0 0,04 2 0,20 11,25 11,25 21,52 0,30 1,53 1,53 4 0,55 25,40 19,75 60,61 1,15 2,39 2,08 6 1,02 33,05 24,18 87,02 2,37 2,63 2,33 8 1,66 46,09 29,66 137,94 4,30 2,99 2,59 10 2,17 36,36 31,00 157,69 6,51 4,34 3,00 12 2,86 49,42 34,07 198,81 9,29 4,02 3,25 14 3,41 39,04 40,58 186,54 11,90 4,78 3,49 16 3,62 15,00 36,92 206,23 14,79 13,75 4,09 18 3,82 14,21 34,08 175,49 17,25 12,35 4,52 20 3,98 11,35 31,56 161,50 19,51 14,22 4,91 22 4,08 7,17 29,12 156,31 21,70 21,81 5,32 24 4,19 8,15 27,21 173,06 24,12 21,22 5,76 26 4,31 8,68 25,67 157,46 26,32 18,14 6,10 28 4,50 11,99 24,75 208,96 29,67 17,43 6,59 30 4,75 20,33 24,22 201,15 32,08 9,90 6,76 32 5,02 19,49 23,91 192,63 34,78 9,89 6,93
Caracterización produtiva. Produto: Galo. 133 Figura108. Evolución do peso vivo dos Galos da raza Mos fronte aos da etirpe industrial Sasso T44, criados ao aire libre ata as 32 semanas. Figura109. Ganancia media diaria bisemanal dos Galos da raza Mos fronte aos da etirpe industrial Sasso T44, criados ao aire libre ata as 32 semanas. na maioría dos períodos en torno aos 750 g de peso vivo de diferenza a favor da estirpe industrial, que como era de esperar alcanzou un maior peso vivo. A Ganancia media diaria bisemanal reflicte o comentario do gráfico anterior, observando unhas maiores ganancias medias en Sasso T44 ata as 14 semanas, sendo a partir de aí cando é maior nos Mos. No derradeiro mes (28-32 semanas) existe un maior crecemento de Sasso fronte aos Mos. Entre a 8 e a 10 semana existe unha depresión no crecemento na raza autóctona e na estirpe industrial, debido a que foi o momento na que as aves foron trasladadas aos parques exteriores, véndose comprometida a curva de crecemento cunha menor ganancia media diaria debido ao cambio polas inclemencias meteorolóxicas e o período de aclimatación ao novo galiñeiro e parque. Apréciase como a estirpe industrial ten unha ganancia media diaria importante nas primeiras 14 semanas, pero posteriormente a súa velocidade de crecemento vese reducida. As estirpes industriais de color están moi seleccionadas para obter rápidos crecementos nas primeiras semanas de vida, para ser comercializadas antes dos tres meses de vida como polos de tipo campeiro. Evolución do peso vivo de Galos Mos fronte a Sasso T44 ata as 32 semanas de vida, con crianzas ao aire libre. 0,000 1,000 2,000 3,000 4,000 5,000 6,000 0 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20 22 24 26 28 30 32 MOS SASSO T44 Ganancia media diaria bisemanal 0 10 20 30 40 50 60 0246810 12 14 16 18 20 22 24 26 28 30 32 MOS SASSO T44
DIEGO ROIS LOSADA 134 Coa ganancia media diaria acumulada, apreciouse que o seu punto de inflexión nos dous casos foi ás 14 semanas, momento no que se superan os 40 g./día de media acumulada nos Sasso T44, fronte aos 27 g./día dos Mos. Son escasos os estudos feitos con machos de tan avanzada idade. Grimal e Gómez observaron na galiña Valenciana de Chulilla un peso de 2,1 quilogramos ás 28 semanas de vida. Cubiló (2000) obtivo un peso de 3.365 gramos ás 32 semanas na Penedesenca Negra. Poto e col. (2004) obtiveron para os polos da raza Murciana, pesos de 1,2 kg aos 91 días, con ganancias medias diarias de 12,47 g/d. Gomara et al. (1999) obtiveron resultados moi inferiores nos pesos dos machos de Castellana Negra ata as catorce semanas (1347 g en machos) e no cruce entre esta e a Penedesenca Negra (2138 g). Os índices de conversión foron superiores aos obtidos neste estudo (4,7 para os machos de raza Castellana Negra ás 14 semanas e 4,0 en machos na Penedesenca Negra á mesma idade). Miguel e col. (2006) analizaron os pesos de machos de Castellana Negra ás 20 semanas de vida, sendo inferiores aos dos machos da Galiña de Mos (2136 g en machos de Castellana Negra). Ciria e col. (1999) obtiveron resultados similares nos pesos dos polos na raza Penedesenca Negra ás 12 semanas (2068 g) aínda que o índice de conversión foi superior (4,1). Coa Empordanesa Roja os datos foron similares (2159 g) aínda que cun índice de conversión maior (4,9). Cubiló e col. (1999) obtiveron resultados inferiores no peso dos machos da raza Penedesenca Negra ás 16 semanas (2482 g). O mesmo sucedeu no caso das razas Empordanesa Roja, Prat Leonada e Penedesenca Negra nas súas variedades melloradas (Francesch, 1998). Este autor sinala datos inferiores nos pesos en machos das tres razas ás 16 semanas (2560 g na Empordanesa Roja, 2440 g na Penedesenca Negra e 2310 g na Prat Leonada) aínda que se observan mellores índices de conversión ata as 18 semanas (2,9, 2,9 e 3,1 ás 12 semanas nas tres razas respectivamente). No caso das recentes melloras xenéticas realizadas polo IRTA e na empresa Aviraut, sobre as razas autóctonas de galiñas de Cataluña, nas súas variedades pesadas, os machos de Galiña de Mos obteñen comparativamente uns datos inferiores, aínda que superiores ás liñas semipesadas ás 18 semanas. (2948 g e IC 5,4 para a Penedesenca Negra, 2683 g e 5,1 de IC para a Prat Leonada e 2991 g e 5,2 de IC para a Empordanesa Roja). Cajal (2008), obtivo nos machos de Gallina de Sobrarbe, nas variedades negra e trigueña, pesos ás 19 semanas de 2,116 kg e 2,106 kg. respectivamente con índices de conversión de 4,62 e de 4,37. En comparación ao produto tipo Label Rouge, Ricard (1984) e Koehl (1996), obtiveron resultados de peso nos polos ata as doce semanas similares (2392 g e 2170 g respectivamente) aínda que nas estirpes superpesadas estándar, os resultados foron superiores (3467 g). Franco e col. (2013) obtiveron en galos Mos e Sasso T44 con oito meses pero en intensivo, menores pesos que os acadados neste estudo. Este autor observou 4.04 kg. para os Mos e 4.85 kg. para Sasso T44. Este menor peso pode ser debido a que os galos ao estar en nave interior con pouco espazo, compiten entre eles pola comida e polo territorio, sendo as ganancias de peso inferiores. Os datos obtidos neste traballo, difiren cos obtidos por Sánchez et al., (2005) nun estudo feito para a valoración de estirpes autóctonas para a produción de polo label. Este autor obtivo resultados para os machos moi inferiores en todas as etapas do desenrolo. No terceiro mes (aproximadamente 13 semanas) obtivo para un lote un peso medio de 1395 g e para outro 1510 g No quinto mes (aproximadamente 21 semanas) obtivo uns datos de 2115 e 2420 gramos respectivamente e no sétimo mes, 2790 g e 3100 g respectivamente. A diferenza entre os datos obtidos en ambos estudos, pode ser debida a que os exemplares analizados por Sánchez et al., estaban sometidos a unha importante depresión endogámica ou a diferentes
Caracterización produtiva. Produto: Galo. 135 Figura110. Consumo diario bisemanal dos Galos da raza Mos fronte aos da etirpe industrial Sasso T44, criados ao aire libre ata as 32 semanas. Figura111. Consumo acumulado dos Galos da raza Mos fronte aos da estirpe industrial Sasso T44, criados ao aire libre ata as 32 semanas. condicións ambientais durante o período de cría (patoloxías, manexo, etc.). Este autor obtivo aos sete meses na estirpe Sasso T44 resultados de peso de 3966 g e de 4005 g en dous lotes, datos tamén moi inferiores aos da nosa experiencia. Os machos como da raza Galiña de Mos, teñen uns valores de crecemento e índice de conversión ata as 20 semanas, mellores aos da maioría de razas autóctonas de galiñas españolas de tipo lixeiro e semipesado e similares, ás estirpes semipesadas de tipo “label”. En todo caso estes parámetros son inferiores aos obtidos polas estirpes industriais de rápido crecemento. Na figura 110 represéntase o consumo diario bisemanal nos dous tipos de galos. O consumo diario bisemanal e superior nos Sasso fronte aos Mos, tendendo a igualarse a partir da semana 14 e incluso superando os Mos nalgún período debido a que a partir desa data é cando os Mos teñen unha proporcional maior velocidade de crecemento fronte ao industrial. Na figura 111 represéntase a evolución do consumo de penso acumulado por galo, sendo superior nos Sasso fronte aos Mos, chegando a ter case 5 kg. de penso máis de consumo os Sasso T44 fronte aos Mos, ás 32 semanas. Os Sasso T44 consumiron 34,78 kg. de penso por galo ata o sacrificio, mentres que os da raza Galiña de Mos consumiron 29,89 kg. Na figura 112 vese a evolución do índice de conversión acumulado, sendo lixeiramente superior nos Mos fronte aos Sasso, pese a que na semana 28 chegáronse practicamente a igualar. A eficiencia alimenticia foi mellor nos Sasso T44 na maior parte da crianza pero no último mes iguálase. Isto é debido a que a estirpe industrial, está seleccionada para acadar rápidos crecementos cando os exemplares son novos, con baixos consumos de penso. A medida que a idade do animal medra, os crecementos non son tan rápidos e o consumo é proporcionalmente maior, véndose máis afectado o índice de conversión. Consumo diario bisemanal gr. 0 50 100 150 200 250 0 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20 22 24 26 28 30 32 MOS SASSO T44 Consumo acumulado kg. 0,00 5,00 10,00 15,00 20,00 25,00 30,00 35,00 40,00 0,00 4,00 8,00 12,00 16,00 20,00 24,00 28,00 32,00 MOS SASSO T44
DIEGO ROIS LOSADA 136 Figura112. Índice de conversión acumulado dos Galos da raza Mos fronte aos da estirpe industrial Sasso T44, criados ao aire libre ata as 32 semanas. Figura113. Índice de conversión bisemanal dos Galos da raza Mos fronte aos da estirpe industrial Sasso T44, criados ao aire libre ata as 32 semanas. Na figura 113 apréciase a evolución do índice de conversión bisemanal, na que se observa como os Sasso T44 posúen un mellor aproveitamento do alimento consumido para a formación do seu peso vivo ata as 14 semanas, momento no que os Mos obteñen un mellor índice na maior parte do período final. Entre as 20 e as 26 semanas os exemplares comezan a madurez sexual, pasando de ser polos a ser galos. Este é o período máis crítico porque se aprecia un “espertar da actividade sexual” moi intenso, o que produce pelexas entre os galos que desencadean en que nesta época se concentre a maior porcentaxe de baixas. Observouse que nos Sasso T44 o comezo desta “actividade hormonal” foi anterior que nos Mos (18 semanas fronte ás 20 semanas). Nesta fase obsérvase unha diminución do incremento de peso e tamén do consumo, pero se transmite unha acusada peor transformación alimenticia, máis acusada nos Sasso que nos Mos. Posteriormente, cara as 28 semanas (cerca dos sete meses) apreciouse que os exemplares se tranquilizaban algo máis, descendendo a agresividade, tendo unha mellor eficiencia alimenticia nese período, aínda que os Mos tiveron peor conversión nas dúas últimas semanas. A mortalidade na crianza no interior ata as 8 semanas, foi moi baixa, 2 exemplares en cada lote, concentrándose todas no período de 0 a 3 días de vida. A partir das 18 semanas a mortalidade incrementouse como era de esperar, ao comezar a madurez sexual e apreciouse un maior grao de estrés entre os galos. Nos Sasso T44 houbo un 16,66 % de baixas e nos Mos, un 18,33 %. No caso dos Mos concentráronse entre as 22 e as 28 semanas, que podemos considerar como a época crítica da crianza. No Sasso T44 repartíronse as baixas entre a semana 18 e a 30. Á vista dos resultados obtidos e observando estas velocidades de crecemento, a estirpe industrial Sasso T44, non se pode considerar de crecemento lento, como esixe O Regulamento (CE) 543/2008 de 16 de xuño para poder definir o sistema de cría como de “granxa ao aire libre”, polo que os machos da raza Galiña de Mos poden ser unha alternativa a ter en conta, con este sistema de produción, en especial cando o tipo de crianza sexa larga para obter galos adultos cunha calidade diferenciada. O problema neste aspecto é que en España, non existe Indice de Conversión Acumulado 0 1 2 3 4 5 6 7 8 0 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20 22 24 26 28 30 32 MOS SASSO T44 Indice de conversión bisemanal 0 5 10 15 20 25 0 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20 22 24 26 28 30 32 MOS SASSO T44
Caracterización produtiva. Produto: Galo. 137 unha definición de crecemento lento. Pola contra, en diversos países europeos si que existe. Por exemplo, en Francia definiuse como polos de crecemento lento para a certificación como polo bio, a aqueles polos que teñen unha ganancia media diaria inferior aos 27 g/día. Os polos de Galiña de Mos entrarían nesa consideración pero non a Sasso T44, xa que supera os 40 gramos por día. Para o emprego en avicultura ecolóxica en Francia, é obrigatorio o uso de estirpes ou razas de crecemento lento. (Revista Selecciones Avícolas, de maio de 2013). 5.2.3.2. Rendemento tras o despece. Táboa 4: Resultados do despece para os Galos Mos e para os galos da estirpe Sasso T44, criados ao aire libre e sacrificados con 32 semanas. MOS SASSO T-44 MEDIA ± SD MEDIA ± SD Sig PESO VIVO (Kg) 4,222 ± 0,33 5,021 ± 0,41 *** PESO CANAL (Kg) 3,435 ± 0,29 4,055 ± 0,42 *** RENDEMENTO CANAL (%) 81,3 ± 1,87 80,7 ± 4,44 ** ZANCOS PESO(%) 14,8 ± 1,06 13,6 ± 0,78 *** PIEL (% sobre zanco) 6,0 ± 1,20 10,0 ± 1,42 *** CARNE (% sobre zanco) 72,7 ± 3,29 70,8 ± 2,00 *** OSO (% sobre zanco) 20,1 ± 4,37 19,0 ± 1,97 *** CONTRAZANCOS (%) 19,4 ± 1,06 18,3 ± 1,24 *** ÁS (%) 9,1 ± 0,60 8,6 ± 0,78 *** PEITUGAS (%) 15,9 ± 1,10 16,0 ± 1,56 ns CABEZA (%) 2,8 ± 0,38 3,4 ± 0,37 *** PESCOZO (%) 6,0 ± 0,69 6,4 ± 0,72 ** PATAS (%) 4,3 ± 0,36 4,1 ± 0,30 ** CARCASA (%) 27,9 ± 2,23 29,7 ± 4,11 * % EN PARTES NOBRES 59,2 ± 2,43 56,4 ± 3,38 *** Nivel de Significancia: ***(p<0,001); **(p<0,01); *(p<0,05); ns(p≥0,05) SD:desviación estándar Na táboa 4, móstranse os resultados do despece para os dous xenotipos analizados. Obtivéronse diferenzas significativas entre razas, para a maioría dos parámetros estudados. Segundo os resultados obtidos, a raza Mos presenta menores pesos vivos (p<0,001) e pesos canal (p<0,001), respecto da estirpe comercial estudada Sasso T-44. Sen embargo isto non se reflicte nos resultados de rendemento canal, maiores en Mos fronte a Sasso-T 44. É destacable que os galos da raza Galiña de Mos, presentan unha pel máis fina, sendo a porcentaxe de pel moito menor si o comparamos con Sasso T-44 (p<0,001). A porcentaxe de carne aproveitable é significativamente maior nos galos Mos comparado cos Sasso T-44
DIEGO ROIS LOSADA 138 (p<0,01). Este resultado é moi valorado polo consumidor ao apreciar unha moi baixa cantidade de graxa subcutánea, asociando unha maior calidade do produto. En xeral os galos Mos, teñen maiores porcentaxes en zancos, contrazancos e ás, presentando diferencias significativas respecto aos galos Sasso T44. Polo tanto a porcentaxe en partes nobres dos galos Mos fronte ao galos Sasso T44 é moito maior, sendo os resultados obtidos de 59,2 e 56,4 respectivamente e para unha p<0,001. Os zancos mais contrazancos sumaron o 34,2 % da canal nos galos Mos, fronte ao 31,9 % da canal nos Sasso T44. Os mellores rendementos nos cuartos traseiros dos Mos fronte aos industriais puideron ser debidos ademais de á influencia xenética, a que nos Mos observouse un maior movemento nos parques, o que puido producir un maior incremento da masa muscular desas zonas. A porcentaxe de cabeza foi superior nos Sasso T44, debido ao maior peso das cristas e das barbelas. Tamén houbo unha maior porcentaxe de peso do pescozo nos Sasso aínda que nestes foi algo inferior no peso das patas. A carcasa tivo unha porcentaxe de peso significativamente superior en Sasso fronte aos Mos. Comparando co estudo de Franco e col (2013) en intensivo, o rendemento da canal é similar pero o rendemento en partes nobres é superior neste estudo, por influencia da crianza ao aire libre e o exercicio que fan as aves. 5.2.3.3. Propiedades físico-químicas da carne. Táboa 5: Resultados da análise físico-química en peituga, dos Galos Mos e dos Sasso T44, criados ata as 32 semanas ao aire libre. MOS SASSO T-44 MEDIA ± SD MEDIA ± SD Sig pH 5,88 ± 0,13 6,00 ± 0,14 ** % HR 73,75 ± 0,60 73,12 ± 0,46 *** % CENIZAS 1,21 ± 0,05 1,21 ± 0,03 ns % COLÁXENO 0,43 ± 0,13 0,44 ± 0,11 ns % GRAXA 0,12 ± 0,10 0,20 ± 0,16 ** % PROTEÍNA 24,64 ± 0,69 24,94 ± 0,41 ns % CRA 11,9 ± 3,05 11,10 ± 1,60 ** µg hematina/g músculo 27,78 ± 6,71 28,40 ± 6,67 ns mg mioglobina/g músculo 0,716 ± 0,17 0,732 ± 0,17 ns L* 48,96 ± 3,94 47,91 ± 3,01 ns a* 4,00 ± 2,26 5,93 ± 1,90 *** b* 9,31 ± 2,97 10,34 ± 2,17 ** FIRMEZA (Kg/s) 0,51 ± 0,14 0,48 ± 0,06 ns TRABALLO DE CORTE (Kg·mm) 5,76 ± 1,91 4,24 ± 0,71 ** FORZA (Kg/cm2) 1,54 ± 0,36 1,43 ± 0,19 ns DUREZA(Kg) 5,10 ± 1,05 4,90 ± 0,91 *** L*: luminosidade; a*:índice de vermello; b*:índice de amarelo Nivel de Significancia: ***(p<0,001); **(p<0,01); *(p<0,05); ns(p≥0,05) SD:desviación estándar
Caracterización produtiva. Produto: Galo. 139 Na táboa 5 vemos os resultados da análise físico-química na peituga, dos Galos Mos e dos Sasso T44. Á vista dos resultados obtidos, destacan na composición química, a baixa porcentaxe de graxa obtido para a os galos da raza Mos, un 0,12 %, menor que as peitugas dos galos Sasso T44, que teñen un 0,20%. Esta baixa cantidade de graxa é moi positiva desde o punto de vista nutricional. A cantidade de proteína que se inxire ao consumir 100 gramos de carne de peituga destes galos é considerable (aproximadamente un 25%). O pH foi inferior nas peitugas dos galos Mos, algo positivo para ter unha maior vida útil as carnes. Os valores do contido de hematina e de mioglobina son similares, pero son moi elevados para unha carne branca. Isto é interesante nutricionalmente porque a mioglobina é fonte de ferro hemo, necesario en mulleres embarazadas, persoas con anemia e do resto da cidadanía. Ademais o ferro hemo presente na carne pódese absorber ata niveis do 20-30 % mentres que o ferro inorgánico presente en plantas e leguminosas non chega ao 10%. Ao analizar o color, obsérvase que as peitugas dos galos da raza Galiña de Mos, son máis luminosas que as de Sasso T44, sendo máis vermellas as de Sasso T44. Ao analizar a textura instrumental, obtivéronse os valores de firmeza, traballo de curte, forza e dureza axeitados, presentando a raza Mos, carnes firmes aínda que non duras. Na capacidade de retención de auga, que indica a cantidade de auga que se perde durante o cociñado do produto, os valores obtidos en ambos tipos de carne foron moi favorables, pois indica que a pesar dos contidos altos en auga (>73%) a carne non a perde durante o cociñado. Nalgúns estudos comprobouse que a tenrura está ligada á capacidade de retención de auga (CRA) e á evolución do pH, sendo carnes máis duras canto menor sexa o pH. Stewart e col. (1984) indican que o pH e a tenrura son funcións paralelas pero non sempre asociadas. Respecto á textura da carne, dicir que nos atopamos ante unha carne extremadamente tenra, tanto ao corte inicial cos incisivos (1.54 kg) como durante a mastigación con molares (0.51 kg), con valores moi inferiores aos de outras especies como o porco ou o vacún. 5.2.3.4. Perfil nutricional. Para determinar o perfil nutricional da carne das peitugas dos galos realizouse a análise de ácidos graxos que se mostra na Táboa 6. De forma xeral, como é habitual na graxa da carne de polo, a cantidade de ácidos graxos insaturados é superior á de saturados, o que o converte nun alimento saudable. No noso caso podemos observar como o contido en ácidos graxos saturados foi practicamente igual para os dous xenotipos, en torno ao 38%, mentres que o de monoinsaturados foi superior para os galos Sasso-T44 (37,9 vs. 33,6%, P<0,001) e o de poliinsaturados foi superior para a raza Mos (28,4 vs. 23,7%, P<0,001). Neste senso, tamén é importante a relación entre ácidos graxos poliinsaturados/ácidos graxos saturados, sendo moito máis favorable canto máis alta sexa. A graxa procedente dos galos Mos presentou unha mellor relación (0,70 vs. 0,60, P<0,001 ). Cando se analiza o valor nutricional da graxa dos alimentos hai que considerar a importancia do contido de graxa total, o cociente PUFA/SFA, así como o cociente omega6/omega3. As recomendacións nutricionais actuais suxiren incrementar a inxesta de omega 3 e reducir a de omega 6. As mostras procedentes do galo Mos mostraron un maior contido de omega 3 (2,0 vs. 1,6%, P<0,001) e unha relación omega 6/omega 3 máis baixa e polo tanto, unha graxa máis saudable (13,6 vs. 14,6, P<0,001). Como cabería esperar os ácidos graxos maioritarios, tanto en Mos como en Sasso T-44 foron o ácido oleico, seguido polo palmítico e o linoleico coincidindo co descrito por outros