Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Fundamentos da Análise Económica
Full text
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO DEPARTAMENTO DE FUNDAMENTOS DA ANÁLISE ECONÓMICA (Aprobado en Consello de Departamento o 16 de xuño de 2006 ) (Ratificado polo Consello de Goberno o 26 de xullo de 2006) TÍTULO PRELIMINAR TÍTULO I. DA ESTRUCTURA E FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO Capítulo I. Da estructura do Departamento. Capítulo II. Das funcións do Departamento. TÍTULO II. DO GOBERNO DO DEPARTAMENTO Capítulo I. Do Consello do Departamento. Capítulo II. Da Comisión Permanente. Capítulo III. Do Director ou Directora. Capítulo IV. Do Secretario ou Secretaria. TÍTULO III. DA DOCENCIA E A INVESTIGACIÓN Capítulo I. Da organización da docencia. Capítulo II. Da investigación. TÍTULO IV. DOS ORZAMENTOS TÍTULO V. DA REFORMA DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DISPOSICIÓNS ADICIONAIS DISPOSICIÓN FINAL 1
TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1º O Departamento de Fundamentos da Análise Económico, para o cumprimento das súas funcións, rexerase polo presente Regulamento de réxime interno, no que se determinan os distintos aspectos do seu funcionamento, segundo o disposto pola Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, polo Decreto 28/2004, de 22 de xaneiro, no que se aproban os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (EUSC), e pola normativa legal vixente. Artigo 2º A sé do Departamento ubicarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela. TÍTULO I. DA ESTRUCTURA E FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO CAPÍTULO I. Da estructura do Departamento Artigo 3º O Departamento de Fundamentos da Análise Económica agrupa a todo o persoal docente e investigador pertencente á área de Fundamentos da Análise Económica. Artigo 4º O Departamento de Fundamentos da Análise Económica é o órgano básico encargado da programación e do desenvolvemento da docencia e do apoio da investigación da área que o constitúe. Artigo 5º O Departamento de Fundamentos da Análise Económica organízase en órganos colexiados e unipersoais. Os órganos colexiados son o Consello de Departamento e a Comisión Permanente. Os órganos unipersoais son o/a Director/a e o/a Secretario/a. Artigo 6º A asistencia ás reunións dos órganos colexiados constitúe un dereito e un deber dos seus membros. 2
CAPÍTULO II. Das funcións do Departamento Artigo 7º Son funcións do Departamento de Fundamentos da Análise Económica: 1. A programación, desenvolvemento e seguimento de: a) As ensinanzas propias da área de coñecemento de Fundamentos de Análise Económica, de acordo coa organización xeral dos centros nos que estas se impartan. b) Os estudos de doutoramento. c) Cursos de posgrao, especialización e formación continua. 2. A coordinación da actividade investigadora realizada polos seus membros, individualmente ou formando parte de grupos de investigación. 3. O rexistro actualizado da produción científica e da actividade investigadora do Departamento. 4. A formación do persoal docente e investigador do Departamento. 5. A iniciativa ou, no seu defecto, informe previo, para a creación, mantemento, minoración ou cambio de denominación de prazas de persoal docente e investigador, funcionario ou contratado, así como, de ser o caso, a proposta dos membros da comisión encargada de resolvela. 6. O desenvolvemento da Planificación Estratéxica do Departamento. 7. Calquera outra actividade encamiñada ao axeitado desenvolvemento da actividade docente e investigadora que non corresponda a outros órganos. TÍTULO III. DO GOBERNO DO DEPARTAMENTO CAPÍTULO I. Do Consello do Departamento Artigo 8º O Consello de Departamento estará composto por: a) Os doutores membros do Departamento. b) O profesorado e axudantes sen título de doutor a tempo completo. c) O resto de persoal docente e investigador a tempo parcial e investigadores en formación e perfeccionamento, sempre que non excedan do 10% do total de membros. 3
d) Unha representación dos estudantes do ámbito de docencia do Departamento, elixidos cada dous anos, que suporá o 25% do total dos membros do Consello de Departamento. Desta porcentaxe, o 10% corresponderá a estudantes de primeiro e segundo ciclo e o 15% a estudantes de terceiro ciclo. e) Un representante do persoal de administración e servizos. Artigo 9º 1. A elección de membros do Consello de Departamento será convocada pola Comisión Electoral Central da Universidade de Santiago de Compostela. Os membros elixidos do Consello de Departamento serano por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto dos seus respectivos colexios electorais. 2. Para a elección de representantes no Consello de Departamento, non se admitirá o voto delegado, pero o Regulamento electoral central poderá admitir o voto anticipado. 3. Todos os representantes elixidos serano por dous anos. A condición de membro do Consello de Departamento perderase ao cesar a vinculación co Departamento, ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elixido. Artigo 10º 1. O Consello de Departamento reunirase por iniciativa do/a Director/a ou a pedimento dun terzo dos seus membros. Celebrará, polo menos, unha sesión ordinaria cada trimestre do ano lectivo. Asimesmo poderá celebrar sesións extraordinarias. 2. As sesións do Consello terán lugar na sé do Departamento. 3. Na convocatoria deberá constar: lugar de reunión, data, hora e orde do día. A convocatoria deberá ser entregada, cando menos, con corenta e oito horas de antelación, correspondentes a días hábiles. 4. A convocatoria poderá facerse chegar aos membros tanto en soporte papel como por correo electrónico. 5. A convocatoria, ordinaria ou extraordinaria, poñerá a disposición dos membros do Consello, para consulta, na Secretaría do departamento toda a documentación relativa ós puntos a tratar. 6. A orde do día será elaborada polo/a director/a do Departamento, asistido polo/a Secretario/a do mesmo. Nas convocatorias, figurarán as mencións de aprobación da acta da sesión anterior, asuntos a tratar, asuntos de trámite, e peticións e preguntas; excepción feita no caso de que a sesión do Consello de Departamento se convoque con carácter extraordinario e para a elección ou revogación do director. 7. O Consello de Departamento constituirase validamente, en primeira convocatoria, coa asistencia da metade dos seus membros e en segunda convocatoria, que se celebrará media hora despois aínda que non se indique expresamente na convocatoria, coa presenza dun vinte por cento dos seus membros. En ámbolos dous casos requirirase a presenza do/a Director/a e 4
do/a Secretario/a, ou, no seu caso, dos membros do Consello de Departamento que os substitúan. 8. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, agás que estean presentes tódolos membros do Consello de Departamento e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría. 9. As decisións poderanse tomar por asentimento ou por votación. Para axilizar o procedemento, as votacións poderán ser públicas e a man alzada. Poderán ser secretas cando afecten a persoas e así sexa solicitado. 10. Unha vez debatido un punto da orde do día terá lugar, se procede, a votación na que só os presentes poderán participar. A votación decidirase por maioría simple, excepto nos casos en que a normativa de aplicación impoña outras maiorías. 11. En caso de empate decidirá o voto de calidade do/a Director/a do Departamento. 12. Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular un voto particular, por escrito, no prazo de corenta e oito horas; voto que se incorporará ó texto aprobado. 13. As actas aprobaranse na seguinte sesión ordinaria do Consello de Departamento. 14. O Consello de Departamento arbitrará os mecanismos necesarios para que os membros de Departamento estean puntualmente informados dos acordos que se adopten, tanto no seu pleno como nas comisións. 15. O Consello de Departamento poderá invitar asistir ás súas reunións para discutir asuntos específicos, con voz pero sen voto, a calquera membro da comunidade universitaria que poida resultar afectado polos acordos que se adopten. 16. Cando a natureza dos asuntos o requira o/a Director/a do Departamento, por propia iniciativa ou a instancia dos membros do Consello de Departamento, poderá convocar para informe a calquera membro da comunidade universitaria. Artigo 11º 1. Corresponderalle ao Consello de Departamento: a) A elección do/a Director/a e, de ser o caso, a proposta ao Reitor da súa remoción mediante unha moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada por maioría absoluta dos membros do Consello de Departamento. b) A planificación e coordinación da actividade docente e a coordinación da actividade investigadora do Departamento, así como o control do seu cumprimento. c) A validación de programas docentes e sistemas de avaliación das materias das que sexa responsable. d) A formulación das demandas de profesorado, de acordo coas necesidades docentes dos centros, dos seus programas de investigación e do terceiro ciclo, e a información 5
sobre a procedencia do mantemento, minoración ou cambio de denominación ou categoría dunha praza. e) A distribución das cantidades asignadas e dispoñibles polo Departamento. f) A elaboración e aprobación do seu Regulamento de Réxime Interno. g) A creación de comisións para o mellor desenvolvemento das súas funcións. h) A promoción do perfeccionamento da docencia. i) A solicitude de convocatoria a concurso das prazas de corpos universitarios e persoal docente contratado, así como as propostas de membros das comisións correspondentes, consonte a lexislación vixente. j) A emisión dos informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do seu profesorado e persoal investigador ou sobre o rendemento académico do seu estudantado. k) O informe dos proxectos de teses de doutoramento e a proposta das comisións xulgadoras das devanditas teses. l) A verificación do desenvolvemento da planificación estratéxica do Departamento. m) Calquera outra competencia que lle atribúan os estatutos da USC, o presente regulamento, e a lexislación vixente. Artigo 12º 1. As decisións do Consello de Departamento adoptarán a forma de acordos. 2. Os acordos do Consello de Departamento serán susceptibles de recurso de alzada ante o Consello de Goberno da Universidade. CAPÍTULO II. Da Comisión Permanente Artigo 13º 1. A Comisión Permanente integrarana o/a Director/a, o/a Secretario/a, e cinco membros do Consello de Departamento distribuídos do seguinte xeito: tres profesores ou investigadores que presten ou seu servizo a tempo completo, un estudante e un membro do persoal de administración e servizos. Reúnese por convocatoria do/a Director/a e baixo a súa presidencia, e actuará como Secretario/a o do Departamento, que levantará acta dos acordos tomados. 6
Artigo 14º 1. A elección de membros da Comisión Permanente será convocada polo/a Director/a. Terá lugar en sesión de Consello de Departamento. Os sectores a), b) e c) do artigo 9 deste Regulamento elixirán aos tres profesores ou investigadores a tempo completo. O sector d) elixirá ao estudante e o e) ao persoal de administración e servizos. 2. A Comisión Permanente será renovada cada vez que haxa eleccións a Director/a, excepto o estudantado que será renovado cada dous anos. Artigo 15º 1. A Comisión Permanente reunirase sempre que o/a Director/a o considere necesario ou a pedimento dun terzo dos membros da mesma. 2. A Comisión Permanente constituirase validamente, en primeira convocatoria, coa asistencia da metade dos seus membros e en segunda convocatoria, que se celebrará media hora despois aínda que non se indique expresamente na convocatoria, coa presenza dun trinta por cento dos seus membros. En ámbolos dous casos requirirase a presenza do/a Director/a e do/a Secretario/a, ou, no seu caso, dos membros do Consello de Departamento que os substitúan. 3. En tódolos demais aspectos referidos ó funcionamento da Comisión Permanente seguiranse os criterios previstos neste regulamento para o Consello de Departamento. 4. Os membros da Comisión Permanente cesarán no momento en que perdan a súa condición de membros do Consello de Departamento e, tanto se dimiten como se cesan, procederase á elección do substituto no prazo de tempo máis breve. Artigo 16º Son competencias da Comisión Permanente: 1. Coñecer e decidir sobre asuntos de trámite. 2. Coñecer a adoptar acordos sobre calquera asunto que, sendo competencia do Consello de Departamento e non estando reservado expresamente ao Consello, lle fora delegado por este. 3. Asesorar en tódalas cuestións que o/a Director/a do Departamento lle someta no exercicio das súas competencias. Artigo 17º En canto o Consello de Departamento non se pronuncie en sentido contrario, enténdese que delega as súas competencias na Comisión Permanente, agás as que se mencionan nas letras a), b), d), e), f), g), e i) do artigo 12 de este Regulamento, que establece as competencias do Consello de Departamento e que non poderán ser delegadas. En relación ó artigo 12 k), a competencia dá Comisión Permanente limitarase a aprobar, se procede, o trámite de lectura 7
das teses de doutoramento depositadas na Secretaría do Departamento, e á proposta das comisións xulgadoras das devanditas teses. Artigo 18º Os actos e acordos da Comisión Permanente comunicaranse aos membros do Consello de Departamento por correo electrónico. CAPÍTULO III. Do Director ou Directora Artigo 19º 1. O/A Director/a representa ó Departamento, exerce a súa dirección, preside a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos. 2. O mandato do/a Director/a do Departamento será de catro anos, e non poderá ocupar o cargo máis de dous mandatos consecutivos. 3. En caso de ausencia ou enfermidade, o/a Director/a será substituído, de xeito accidental, por un membro do Departamento designado polo/a Director/a que reúna os requisitos esixidos para ser Director e, no seu defecto, polo de maior antigüidade. 4. O/A Director/a do Departamento cesará ao remate do seu mandato, por dimisión, por disolución do Consello de Departamento que o elixiu e como consecuencia dunha moción de censura construtiva aprobada por maioría absoluta. Artigo 20º 1. O/A Director/a do Departamento poderá ser revogado mediante moción de censura construtiva. 2. A moción de censura, para ser tramitada, deberá estar asinada por un terzo dos membros do Consello de Departamento, e incluír o nome dun candidato alternativo. 3. Cando concorran estas circunstancias, procederase do seguinte xeito: a) O/a Directo/ar convocará unha sesión extraordinaria de Consello de Departamento, con este único punto da orde do día, nun prazo máximo de quince días hábiles. b) Tanto o candidato proposto como o/a Director/a, disporán dun prazo máximo de trinta minutos para expoñer as súas posicións. Tras o oportuno debate, procederase á votación nominal e secreta. c) Se a moción de censura obtivese o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Consello de Departamento, será proclamado Director/a o candidato proposto na moción de censura. 8
d) Se a moción de censura non acadase a maioría absoluta considerarase rexeitada e os asinantes da mesma non poderán presentar outra durante o resto do período de mandato do Director/a. Artigo 21º 1. Son competencias do/a Director/a do Departamento: a) A presidencia e a convocatoria do Consello de Departamento e da Comisión Permanente. b) A execución dos acordos adoptados polo Consello de Departamento e pola Comisión Permanente, e a vixilancia do seu cumprimento. c) A organización e a coordinación, de acordo co Consello de Departamento, dos medios persoais e materias dos que se dispoña para cumprir os obxectivos investigadores e docentes. d) A execución das previsións orzamentarias. e) A proposta ao Reitor do nomeamento de Secretario do Departamento. 2. As competencias do/a Director/a do Departamento esténdese a todos os asuntos relacionados co goberno e a administración do Departamento, de non seren atribuídos a outros órganos. Artigo 22º 1. As decisións do/a Director/a do Departamento adoptarán a forma de resolucións. 2. As resolucións do/a Director/a do Departamento serán susceptibles de recurso de alzada ante o Reitor da Universidade. CAPÍTULO IV. Do Secretario ou Secretaria Artigo 23º 1. O/A Secretario/a será nomeado polo reitor, tras a proposta do/a Director/a, entre o profesorado e axudantes do Departamento. 2. O/a Secretario/a cesará por decisión do Reitor, logo da proposta do/a Director/a do Departamento, ou a petición propia. Artigo 24º 1. O/a Secretario/a do Departamento é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do Departamento. Na súa condición de fedatario levantará acta de cada sesión dos mesmos. 9