scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 12-06-2017, que aprobou o Regulamento de asignación de prazas de catedrático/a de Universidade pola quenda de promoción interna na USC

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

____________________________________________________________________________________________________________ Consello de Goberno do 12/06/2017 páx 1 REGULAMENTO DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS DE CATEDRÁTICO/A DE UNIVERSIDADE POLA QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA NA USC (Aprobado por acordo do Consello de Goberno de 12 de xuño de 2017) A Normativa de promoción de profesoras/es funcionarias/os acreditadas/os a catedrática/o de universidade da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada por acordo do Consello de Goberno de 27 de xullo de 2010 e modificada por acordo de 5 de xullo de 2016, co obxecto de introducir melloras técnicas orientadas a dotar de prazas de Catedrática/o de Universidade a aquelas áreas de coñecemento máis precarias dende o punto de vista estrutural, permitiu levar a cabo a oferta de promoción interna nesa categoría no ano 2016. Non obstante, de acordo co disposto no artigo 15. c) dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, e co obxecto de impulsar a promoción académica dos membros do persoal docente e investigador acreditados a Catedrática/o de Universidade polas instancias externas oficiais encargadas da súa avaliación, mantendo a conveniente proporcionalidade na fixación do número de prazas de cada categoría, e de cara a elaborar a oferta de emprego publico interna correspondente, faise necesario incorporar á normativa vixente outros criterios. Ademais do criterio estrutural teranse en conta para a asignación de cátedras os criterios de méritos académicos do profesorado e de antigüidade na acreditación, que se incorporan co obxecto de facilitar a asignación de cátedras a aquelas áreas as que polas súas características non se lle asignarían cátedras aplicando o criterio estrutural, pero si teñen profesorado acreditado a catedrática/o que conta cunha longa experiencia docente e investigadora. O proceso de promoción interna debe adaptarse á situación socio-económica do noso país e á conxuntura económica na que se atopa a USC, e axustarase no seu desenvolvemento á normativa orzamentaria xeral, e ás condicións establecidas no plan de equilibrio económico financeiro. Neste contexto é preciso realizar unha planificación xeral en materia de PDI que ordene a oferta de prazas das distintas categorías e corpos de persoal docente e investigador para os próximos anos, razón pola que a Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador elaborou en xullo de 2016 o documento de Planificación Plurianual en Materia de PDI na Universidade de Santiago de Compostela, período 2016-2020, que constitúe o marco de referencia en consonancia cos plans de financiamento do SUG e o de equilibrio económico-financeiro da USC. A modificación do artigo 62.2 da Lei Orgánica de Universidades (LOU) de 2007, a través do Real Decreto-Ley 10/2015, de 11 de setembro, abre a posibilidade de que a promoción ao corpo docente de catedráticos de universidade non consuma taxa, podéndose xestionar como unha OPE de promoción interna. No citado artigo da LOU sinálase que as universidades poderán convocar prazas de promoción interna que estean dotadas no estado de gastos do seu orzamento para o acceso ao Corpo de ____________________________________________________________________________________________________________ Consello de Goberno do 12/06/2017 páx 2 Catedráticos de Universidade. O número destas prazas non poderá superar o número máximo de prazas que sexan obxecto de oferta de emprego público de quenda libre, nese mesmo ano, para o acceso aos corpos docentes do artigo 56 desta mesma lei. Na promoción interna poderán participar funcionarios de carreira do Corpo de Profesores Titulares de Universidade ou da Escala de Investigadores Científicos dos Organismos Públicos de Investigación, que teñan prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo dita condición. Os funcionarios que participen nestes concursos terán que estar acreditados para o Corpo docente de Catedráticos de Universidade. Tendo en conta que o texto foi sometido á consideración da Mesa de Negociación do PDI de 18 de xuño de 2017, e á vista do informe favorable da Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP), de 31 de maio de 2017, o Consello de Goberno da USC na súa reunión do 12 de xuño de 2017 acordou aprobar o seguinte Regulamento Artigo 1. Obxecto O presente Regulamento ten por obxecto establecer o procedemento para a asignación de prazas de Catedrática/o de Universidade ás áreas de coñecemento da USC que dispoñan de Profesoras/es Titulares de Universidade ou Catedráticas/os de Escola Universitaria que cumpran os requisitos que se dispoñen neste texto. Artigo 2. Número de prazas O Consello de Goberno aprobará, unha vez negociado cos órganos de representación sindical e previo informe da COAP e do Consello Social, a dotación dun número de prazas de Catedrático de Universidade para a promoción do profesorado acreditado á devandita categoría, en función das dispoñibilidades orzamentarias. O número de prazas que se oferten a promoción interna ao corpo de Catedrático de Universidade non poderá superar o número de prazas ofertadas na OPE dese mesmo ano para o acceso a corpos docentes universitarios en quenda libre, segundo se establece no artigo 62.2 da LOU. Artigo 3. Requisitos dos solicitantes Para poder optar á asignación de cátedras, as áreas de coñecemento deberán contar con profesorado que cumpra os seguintes requisitos: ____________________________________________________________________________________________________________ Consello de Goberno do 12/06/2017 páx 3 1) Ser funcionario do corpo docente de Profesor Titular de Universidade ou do de Catedrático de Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo na USC e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos en dita categoría e condicións. 2) Estar acreditado a Catedrático de Universidade. 3) Ter avaliados positivamente un número tramos do complemento por mérito investigador (sexenios) equivalente á media dos da súa área de coñecemento, consonte aos datos máis recentes que, no momento da convocatoria, teña publicados a Comisión Nacional de Evaluación de la Actividad Investigadora (CNEAI), ou ben ter avaliados positivamente o número de sexenios posibles. Aos efectos do cálculo de sexenios posibles considerarase como data de referencia de comezo do primeiro sexenio a data de expedición do título de doutor. 4) Ter avaliados positivamente tres tramos do complemento por mérito docente (quinquenios). 5) Non cumprir a idade de xubilación forzosa no ano da convocatoria de asignación de cátedras. 6) Non ter xerado asignación de praza de promoción interna a catedrática/o de universidade nas tres últimas convocatorias resoltas. 7) Non ter sido sancionado mediante expediente disciplinario na USC, nin condenado por sentencia xudicial no ámbito penal por delitos e faltas relacionados coa súa actividade profesional ou con violencia de xénero, nin resultar responsable de axuizamento contable. 8) Non pertencer a unha área de coñecemento á que lle sexa de aplicación o disposto no artigo 12, parágrafo terceiro, deste Regulamento. Artigo 4. Convocatoria e presentación de solicitudes O proceso de asignación das prazas de catedrática/o ás áreas de coñecemento, que será de tipo competitivo, iniciarase cunha convocatoria a instancias da Vicerreitoría con competencias en materia de persoal docente e investigador á que poderá concorrer o profesorado funcionario interesado na promoción interna mediante a presentación dunha solicitude que deberá ser avaliada polo Consello do Departamento ao que está adscrita a área de coñecemento da praza para a que solicita a asignación de cátedra. O departamento será o responsable da tramitación da solicitude á citada Vicerreitoría, que tamén ditará as normas específicas e establecerá os prazos para regular todo o proceso. Na convocatoria recollerase o número total de prazas de catedrática/o a asignar ás distintas áreas de coñecemento e a súa distribución segundo os criterios recollidos no artigo 6, así como o período de referencia para a valoración dos méritos académicos. Artigo 5. Criterios de distribución das prazas A distribución das prazas ás áreas de coñecemento axustarase a criterios, antigüidade na acreditación e de méritos académicos dos profesores solicitantes e de necesidades estruturais das áreas de coñecemento. No caso de existir máis solicitudes que prazas ofertadas, distribuiranse de acordo coas seguintes ____________________________________________________________________________________________________________ Consello de Goberno do 12/06/2017 páx 4 porcentaxes, redondeadas segundo se recolle na táboa anexa a este regulamento: - Un 20% das prazas asignaranse segundo o CRITERIO I de antigüidade na acreditación. - Un 20% das prazas asignaranse segundo o CRITERIO II de méritos académicos. - Un 60% das prazas asignaranse segundo o CRITERIO III de necesidades estruturais das áreas de coñecemento. Artigo 6. Procedemento de asignación de prazas as áreas de coñecemento Unha vez distribuídas as prazas segundo os criterios establecidos no artigo anterior, asignaranse ás áreas de coñecemento a totalidade das prazas correspondentes ao CRITERIO I, seguidamente a totalidade das prazas correspondentes ao CRITERIO II e, finalmente a totalidade das prazas correspondentes ao CRITERIO III. En ningún caso poderá asignarse máis dunha praza por área de coñecemento, agás que queden prazas vacantes, situación na que se aplicarán as roldas de asignación necesarias descritas no parágrafo anterior ata cubrir a totalidade das prazas ofertadas. Os casos de empate unha vez aplicados os criterios establecidos, resolveranse segundo os principios de antigüidade e prelación do PDI vixentes na USC. Artigo 7. Asignación de prazas segundo o CRITERIO I As prazas de promoción interna do cupo establecido para o CRITERIO I asignaranse unha vez ordenadas as solicitudes por data de resolución da acreditación ao corpo de catedrático de universidade (de máis antiga a máis recente), dándolle preferencia aos solicitantes cunha idade igual ou superior a 63 anos e ordenando a estes solicitantes de maior a menor idade. En calquera caso, cando menos un 50% das prazas correspondentes ao CRITERIO I serán asignadas atendendo directamente á antigüidade na acreditación a catedrático de universidade independentemente da idade do/a solicitante. No caso de que un/unha solicitante poda xerar unha praza consonte ao CRITERIO I tanto polo grupo de idade igual ou superior a 63 anos como polo grupo de antigüidade na acreditación, a praza asignarase en relación ao primeiro dos grupos mencionados. Artigo 8. Asignación de prazas segundo o CRITERIO II As prazas de promoción interna do cupo establecido para o CRITERIO II asignaranse unha vez ordenadas as solicitudes por orde decrecente da puntuación obtida aplicando o seguinte baremo: ____________________________________________________________________________________________________________ Consello de Goberno do 12/06/2017 páx 5 a) Méritos de investigación, máximo 3 puntos. Tipo de actividade Puntuación parcial Actividades de investigación competitivas de ámbito internacional (Max. 1 puntos) Inv. Principal: 1 puntos Membro equipo: 0,5 puntos Actividades de investigación competitivas de ámbito nacional (Max. 0,8 puntos) Inv. Principal: 0,4 puntos Membro equipo: 0,2 puntos Actividades de investigación competitivas de ámbito autonómico (Max. 0,5 puntos) Inv. Principal: 0,25 puntos Membro equipo: 0,125 puntos Convenios ou contratos con empresas ou institucións e prestación de servizos (art. 83 LOU) (por cada 100.000€) (Max. 0,5 puntos) Inv. Principal: 0,5 puntos Membro equipo: 0,25 puntos Integración en unidades de investigación competitivas Programa consolidación e estruturación Xunta de Galicia: Grupos de Referencia Competitiva (GRC) e Grupos de Potencial Crecemento (GPC) (Max. 0,2 puntos) Membro GRC: 0,2 puntos Membro GPC: 0,1 puntos b) Méritos de xestión, máximo 1 punto. Tipo de actividade Puntuación parcial Vicerreitor, Secretario Xeral, Valedor da Comunidade Universitaria 0,15 puntos/ano Decano, Director de Escola, Director de Centro Singular 0,10 puntos/ano Director de Departamento, Director de Instituto 0,08 puntos/ano Vicedecano, Subdirector de Escola, Subdirector de Centro Singular, Secretario de Facultade, Secretario de Escola 0,05 puntos/ano Secretario de Departamento, Secretario de Instituto 0,04 puntos/ano ____________________________________________________________________________________________________________ Consello de Goberno do 12/06/2017 páx 6 c) Méritos docentes e de xestión e coordinación dun área de coñecemento, máximo 1 punto. Neste apartado valoraranse as Horas Docentes Equivalentes (HDE) por recoñecemento das actividades docentes e por recoñecemento da xestión e coordinación dun área de coñecemento incluídas na aplicación XesCampus da USC. A puntuación obtida determinarase en función da porcentaxe que representen as HDE computables do solicitante en relación ao máximo de HDE computables posibles para o período de referencia, segundo a seguinte ecuación: Porcentaxe de HDE= 100 � 𝐻𝐻𝐻𝐻𝐻𝐻 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐 𝑑𝑑𝑐𝑐 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑠𝑠𝑐𝑐𝑠𝑠𝑐𝑐𝑐𝑐𝑠𝑠𝑐𝑐𝑐𝑐 𝑠𝑠𝑐𝑐 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑝𝑝í𝑐𝑐𝑑𝑑𝑐𝑐 𝑀𝑀á𝑥𝑥𝑠𝑠𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐 𝐻𝐻𝐻𝐻𝐻𝐻 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑠𝑠𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐 𝑠𝑠𝑐𝑐 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑝𝑝í𝑐𝑐𝑑𝑑𝑐𝑐 � Porcentaxe de HDE no período avaliado Puntuación parcial Dende 75% a 100% 1,00 puntos Dende 50% a 74% 0,75 puntos Dende 25% a 49% 0,50 puntos Artigo 9. Asignación de prazas segundo o CRITERIO III As prazas de promoción interna do cupo establecido para a aplicación do CRITERIO III asignaranse unha vez ordenadas as solicitudes por orde decrecente do número que resulte da suma de: a) Un menos o Cociente (expresado con tres decimais) entre catedráticas/os de universidade e o PDI con vinculación permanente á universidade (excluíndo ao profesorado asociado, PACS, axudantes, axudantes doutores, e interinos) da área e campus ao que pertence o/a solicitante. �1−𝐶𝐶.𝑈𝑈. 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑠𝑠𝑐𝑐 𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃 𝑣𝑣𝑠𝑠𝑠𝑠𝑐𝑐.𝑐𝑐𝑐𝑐𝑝𝑝𝑐𝑐𝑐𝑐𝑠𝑠𝑐𝑐𝑠𝑠𝑐𝑐𝑐𝑐 � No caso en que C. U.totais sexa cero engadirase ao resultado anterior, ou sexa 1, o resultado de multiplicar PDIvinc.permanente por 0.01. b) No caso de que a ratio de catedráticos mulleres e homes non sexa paritaria na área e campus do/da solicitante (é dicir, non chegue ao 40%-60% ) sumarase un menos o cociente entre catedráticos/as do xénero do/da solicitante e total de catedráticas/os da área e campus, expresado con dous decimais e multiplicado por 0.5. No caso en que C. U.totais sexa cero, sumaráselle directamente 0.5. 0.5 �1−𝐶𝐶.𝑈𝑈. 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑝𝑝𝑐𝑐𝑐𝑐 𝑐𝑐𝑐𝑐 ℎ𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐 𝐶𝐶.𝑈𝑈. 𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑐𝑠𝑠𝑐𝑐 � Aos efectos da ordenación das áreas de coñecemento, non se terán en conta ás/aos catedráticas/os de universidade que cumpran a idade de xubilación obrigatoria no ano ____________________________________________________________________________________________________________ Consello de Goberno do 12/06/2017 páx 7 correspondente á convocatoria. Artigo 10. Lista provisional e reclamacións A Vicerreitoría con competencias en persoal docente e investigador fará pública a lista provisional das solicitudes ás que se asigna praza e fixará un prazo para examinar a documentación e presentar, de ser o caso, as oportunas reclamacións, que serán resoltas pola citada Vicerreitoría antes da aprobación definitiva da asignación polo Consello de Goberno. Artigo 11. Creación de prazas de catedrático de universidade Á vista da proposta da Vicerreitoría con competencias en materia de profesorado, o Consello de Goberno, previo informe da COAP, aprobará as areas de coñecemento e campus nos que se crean as prazas de catedrático de universidade, previo o procedemento establecido para a modificación da RPT. Artigo 12. Condicións da asignación O/a profesor/a que tome posesión da praza de catedrática/o de universidade creada non poderá solicitar un cambio de adscrición de campus nin a asignación temporal da súa docencia noutro campus diferente nun período de seis cursos académicos. Unha vez resolto o concurso, a praza de profesor titular de universidade ocupada polo novo catedrático será amortizada. Para o caso de que o proceso de promoción reportara un aumento de efectivos da área de coñecemento, a citada área non poderá participar en ningunha convocatoria de asignación de cátedras por promoción interna durante os cinco anos seguintes. Artigo 13. Das Comisións de Selección Unha vez resolta a convocatoria de asignación de cátedras, os departamentos proporán á Vicerreitoría con competencias en materia de persoal docente e investigador o presidente e secretario da Comisión de Selección así como un dos vogais e aos respectivos suplentes. O Departamento acompañará á proposta unha relación de 6 candidatas e 6 candidatos entre os que será realizado o sorteo para completar a Comisión de Selección. O sorteo farase no servizo con competencias en materia de planificación de persoal docente e investigador de xeito que a Comisión de Selección cumpra cos criterios establecidos de paridade e universidade de procedencia dos membros. Xunto coa proposta, o departamento deberá acompañar copia da acta da sesión do Consello do Departamento na que se aprobara a proposta. O Consello de Goberno aprobará, previo informe da COAP, a composición das comisións tendo en conta a normativa aplicable. ____________________________________________________________________________________________________________ Consello de Goberno do 12/06/2017 páx 8 Disposición Adicional Facúltase ao vicerreitor con competencias en materia de persoal docente e investigador a ditar cantas instrucións sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación do disposto no presente Regulamento. Disposición Transitoria Primeira Na convocatoria correspondente ao ano 2017 o período de referencia para a valoración dos méritos recollidos no artigo 8 apartados “a) Méritos de Investigación” e “b) Méritos de xestión” será o dos últimos 10 anos. Para convocatorias posteriores á do ano 2017, estes períodos poderán ampliarse para incluír datos previos ao ano 2007 no relativo aos apartados “a)” e “b)”, sempre que a información para a avaliación estea dispoñible nas bases de datos informatizadas da USC. Para o apartado “c) Méritos docentes e de xestión e coordinación dun área de coñecemento” o período contarase a partir do ano de introdución efectiva na aplicación XesCampus da USC das Horas Docentes Equivalentes (HDE) por recoñecemento das actividades docentes e por recoñecemento da xestión e coordinación dun área de coñecemento nun Departamento. O período de avaliación para os tres tipos de méritos abarcará ata o ano previo ao da convocatoria. Disposición Transitoria Segunda Na primeira convocatoria que se dite ao abeiro do presente regulamento, o requisito de non ter xerado asignación de praza de promoción interna a catedrático/a de universidade remitirase ás dúas últimas convocatorias resoltas. Disposición Final A presente normativa entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm). Nº Prazas Ofertadas Nº prazas CRITERIO Antigüidade Nº prazas CRITERIO II Méritos Nº prazas CRITERIO Estructura 10 0 1 2 0 0 2 3 1 1 1 4 1 1 2 5 1 1 3 6 1 1 4 7 1 1 5 8 2 2 4 9 2 2 5 10 2 2 6 11 2 2 7 12 2 2 8 13 3 3 7 14 3 3 8 15 3 3 9 16 3 3 10 17 3 3 11 18 4 4 10 19 4 4 11 20 4 4 12 21 4 4 13 22 4 4 14 23 5 5 13 24 5 5 14 25 5 5 15 26 5 5 16 27 5 5 17 28 6 6 16 29 6 6 17 30 6 6 18 31 6 6 19 32 6 6 20 33 7 7 19 34 7 7 20 35 7 7 21 36 7 7 22 37 7 7 23 38 8 8 22 39 8 8 23 40 8 8 24 41 8 8 25 42 8 8 26 43 9 9 25 44 9 9 26 45 9 9 27 46 9 9 28 47 9 9 29 48 10 10 28 49 10 10 29 50 10 10 30 TÁBOA DE REDONDEO PARA A DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS DE CATEDRÁTICO A CADA CRITERIO Nota: Esta táboa é resultado de asignar o 20% das prazas establecidas no artigo 5 para cada un dos criterios I e II, redondeados ao enteiro máis próximo, e asignar o resto das prazas ao criterio III