Full text
41 ¿CÓMO ACERCAMOS AOS MOZOS Á REALIDADE DA VIOLENCIA NA PARELLA? ALGUNHAS PROPOSTAS DENDE O DEREITO María Castro Corredoira Doutoranda de Dereito Penal Universidade de Santiago de Compostela TITLE: ¿HOW DO WE APPROACH YOUNG PEOPLE TO THE INTIMATE PARTNER VIOLENCE? SOME LEGAL WORK PROPOSALS FROM LAW STUDIES. RESUMO: A violencia no eido da parella é unha lacra social de trascendental importancia, tal e como vén sendo reflectido polas repetidas reformas lexislativas no ordenamento xurídico español. Unha das manifestacións do endurecemento punitivo da resposta a esta clase de violencia foi materializada a través da reforma lexislativa operada, entre outros, no Código Penal, a través da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Esta norma xurdiu como unha Lei transversal, incidindo, polo tanto, nas diversas aristas do fenómeno, e plantexando, así, medidas de moi diversa índole en aras á súa erradicación, como por exemplo medidas sociais, educativas, laborais ou penais. É precisamente no eido das medidas educativas no que se sitúa o presente traballo. Máis en concreto, no ámbito educativo superior, universitario. Plantexaranse algunhas propostas de traballo na títulación de Grao en Dereito, como forma de achegar á mocidade universitaria á realidade deste fenómeno. ABSTRACT: The intimate partner violence is a social scourge of transcendental importance, as it has been reflected in the repeated legislative changes that have occurred in the Spanish legislation. One of the manifestations of the gradual tightening of the punitive response to this kind of violence was materialized through the reform carried out in the Criminal Code by the Organic Law 1/2004, of December 28, on comprehensive protection measures against gender-based violence. This new regulation was approved as a comprehensive piece of legislation concerning the different aspects of the phaenomenon. In this sense, it regulates various measures of very different nature such as the social, the educative, the labour or the criminal ones. Regarding the educative measures regulated in the mentioned Organic Law, this work seeks to provide some work proposals for the Law degree. More specifically, the proposed activities are prepared for Law students, as a way to approach them to the reality of the phaenomenon. PALABRAS CLAVE: violencia na parella, violencia de xénero, adolescentes, propostas de traballo. KEYWORDS: intimate partner violence, gender-based violence, adolescents, work proposals. SUMARIO: 1. INTRODUCIÓN. 2. O IMPERATIVO LEGAL DE OBRIGADA REFERENCIA. 2.1. Normativa estatal. 2.2. Normativa autonómica. 3. GRAO EN DEREITO: NOVAS METODOLOXÍAS PARA A ABORDAXE DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO DO DEREITO PENAL. 3.1. O emprego de novelas como ferramenta didáctica. 3.1.1. Suxeitos. 3.1.2. Posición relacional. 3.1.3. Clases de violencia. 3.1.4. Ciclo de violencia 3.2. O emprego de películas como recurso metodolóxico de ensino. 4. CONCLUSIÓNS. BIBLOGRAFÍA.
42 1. INTRODUCIÓN O progresivo incremento da preocupación social pola violencia no eido da parella é un feito indubitado e incontestable. A proliferación de estudos, campañas de prevención e sensbilización e o desenvolvemento de programas específicos de intervención con agresores de xénero, dá boa mostra delo. No eido das relacións xuvenís, isto é, no eido dos amores incipientes ou primeiras relacións adolescentes temperás, estase a manifestar un claro aumento de condutas violentas que, como consecuencia da frecuencia con que se producen, atópanse xa xeralizadas, e incluso normalizadas. Así o poñen de manifesto as máis recentes investigacións, como é o caso do estudo “Percepción da Violencia de Xénero na Adolescencia e a Xuventude”, promovido pola Delegación do Goberno de España para a Violecia de Xénero. Este estudo fraguouse en cumprimento do disposto na Estratexia Nacional para a Erradicación da Violencia contra a Muller (2013-2016) 1, e como manifestación concreta da importancia e da necesidade de mellora no coñecemento en materia de violencia de xénero. Lonxe de afastarnos e desarraigarnos dunha sociedade claramente patriarcal, perpetradora dos valores e directrices condutuales de dominio do home fronte á muller, a normalización de certas condutas e patróns de control, submisión, humillación e maltrato tenden a normalizarse entre xs adolescentes. De feito, a percepción da desigualdade de xénero, aínda que se atopa extendida entre xs máis novxs, non é en idades temperás onde se amosa unha maior sensibilización e percepción deste tipo de condutas. Así se pon de manifesto no mentado estudo promovido polo Goberno de España, onde se expuxeron conclusións tan preocupantes como as que seguen: - A poboación nova é un pouco máis tolerante que o conxunto da poboación coas condutas relativas á violencia de control. - Un 81% da xuventude coñece a Lei Integral contra a Violencia de Xénero, o teléfono 016, ou lembra algunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero. - Unha de cada tres persoas novas non identifica os comportamentos de control coa violencia de xénero. - A percepción da desigualdade entre homes e mulleres pola poboación xove é diferente en función do sexo, sendo maior nas mulleres que nos homes. 1Dispoñible en: www.violenciagenero.msssi.gob.es/violenciaEnCifras/estudios/investigaciones/2015/pdf/Libro20_Percepcion _Social_VG_.pdf
43 - A xuventude considera inaceptable a violencia de xénero así como a violencia física e a violencia sexual, sendo o rexeitamento da violencia de xénero algo superior nas mulleres novas que nos homes destas idades. - A repulsa da violencia de xénero é maior entre as personas novas que coñecen os contidos da Lei Integral contra a Violencia de Xénero, o teléfono 016, ou lembran algunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, que entre quenes non coñecen ningunha destas medidas. - O 88% dos adolescentes e a xuventude sabe a onde acudir para interpoñer unha denuncia por maltrato. Polo exposto, e como puxo de manifesto a propia Delegada do Goberno para a Violencia de Xénero, Blanca Hernádez Oliver, hoxe en día, é fundamental que a nosa mocidade, protagonista indiscutible da futura sociedade, coñeza, idenfique e comprenda os diversos aspectos que atinxen á violencia de xénero. Especial atención merecen os primeiros sinais de maltrato, precisamente porque, como se amosa (non só neste estudo) é fundamental que xs adolescentes desenvolvan ás aptitudes e actitudes necesarias para identificar esta clase de situacións, e poidan poñerlles freo. O fin último que se persegue con todas estas medidas e formacións, é lograr unha sociedade libre de violencia contra a muller. Para elo, é fundamental prestar apoio a quenes a sufren, rexeitando atitudes e estereotipos que a promocionen ou xustifiquen. Non obstante, non é posible obviar, por fundamental, a necesidade da nosa propia actuación nun plano de igualdade, que propicie a convivencia pacífica en sociedade, dende o mutuo respecto. Polo exposto, un axeitado tratamento da violencia de xénero require unha abordaxe global, integral, plural e interdisciplinaria, que facilite e promova o tratamento de todas e cada unha das aristas do fenómeno. É precisamente neste aspecto onde descansa a xustificación e o interese do presente traballo. Nas seguintes liñas, exporanse algunhas propostas de traballo co alumnado universitario do Grao en Dereito, a fin de achegar á mocidade á realidade deste devastador fenómeno, suscitando o seu interese por esta lacra, a partir das actividades propostas. 2. O IMPERATIVO LEGAL DE OBRIGADA REFERENCIA Dentro desta pluralidade de ópticas no estudo da materia, interesa aquí a educativa ou docente, en concreto, a universitaria, á que o lexislador tentou incorporar unha sólida perspectiva de xénero. Boa mostra delo son as sucesivas novidades e reformas lexislativas que se veñen operando nas últimas décadas, ao abrigo do principio de igualdade consagrado na Constitución Española de 1978.
44 2.1. Normativa estatal Como é sabido, a nosa Carta Magna consagra dito principio, en dúas vertentes concretas, descritas en sendos artigos da mesma norma. Por unha banda, o artigo 9, no seu apartado 2º, regula o principio de igualdade material, establecendo o deber dos poderes públicos, de promover as condicións precisas para que a igualdade e a liberdade do individuo como suxeito particular, ou como integrante dun grupo, sexan efectivas. Correspóndelle tamén a estes poderes públicos remover os obstáculos que dificulten, ou incluso, impidan, a plenitude destes valores, así como facilitar a participación de toda a ciudadanía na vida política, social, económica e cultural do Estado. Por outra banda, o principio de igualdade formal ten acollida nas liñas do artigo 14 da Constitución, onde se consagran a igualdade de tódolxs cidadás e cidadáns ante a lei, sin que poida prevalecer discriminación alguna por razón de sexo, raza, relixión, nacemento, opinión ou calquera outra circunstancia persoal ou social2. Tomando como referencia as premisas da Constitución, así como o disposto no artigo 111 do Tratado de Roma, no panorama nacional aprobáronse varias e sucesivas normas relativas á materia que aquí nos ocupa, como é o caso da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes (en adiante, LO 3/2007); a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (en adiante, LO 1/2004); a Lei Orgánica 11/2003, de 29 de setembro, de Medidas Concretas en Materia de Seguridade Cidadá, Violencia Doméstica e Integración Social dos Estranxeiros (en adiante, LO 11/2003); e a Lei 27/2003, de 31 de xullo, reguladora da Orde de protección das víctimas da violencia doméstica (en adiante, Lei 27/2003). 2 Ademáis destas disposicións constitucionais, tal e como sinala a Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, a igualdade entre homes e mulleres é un principio é un principio xurídico universal, e así é recoñecido en numerosos textos internacionais en materia de dereitos humanos, como é o caso da Convención sobre a eliminación de tódalas formas de discriminación contra a muller, aprobada pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas en decembro de 1979 e ratificada por España en 1983. Tamén se coñece a súa importancia a nivel supraacional ou comunitario, no ámbito da Unión Europea, dende a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam, o 1 de maio de 1999. Coa aprobación da Lei Orgánica 3/2007, traspuxéronse ao ordenamento xurídico español dúas Directivas da Unión Europea: a Directiva 2002/73/CE, de reforma da Directiva 76/207/CEE, referida á aplicación da igualdade de trato entre homes e mulleres no ámbito laboral; e a Directiva 2004/113/CE, que versa sobre o principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no acceso a bens e servizos e o seu suministro.
45 No que concerne ao tratamento da violencia de xénero, destacan tres leis: a LO 11/2003, a Lei Orgánica 15/2003, de 25 de novembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal (en adiante, LO 15/2003), e a LO 1/2004. A primeira delas, a LO 11/2003, tomando como referencia o Plan de loita contra a delincuencia presentado polo Goberno de España o 12 de setembro de 2002, contempla unha serie de actuacións en materia de seguridade cidadá, estranxería e violencia doméstica. A raíz da aprobación deste Plan, o Pleno do Congreso dos Deputados, o 22 de outubro de 2002, acordou a creación dunha Comisión de Política Social e Emprego, co obxectivo de formular algunhas medidas lexislativas que deran unha resposta integral fronte á violencia de xénero. O traballo de dita Subcomisión tivo unha ampla acollida. De feito, unha das súas conclusións de traballo foi moi respaldada polo propio Ministerio de Xustiza, e contemplaba a creación e a regulación dun novidoso instrumento, formulado como resposta á necesidade de atención integral e coordinación entre organismos, e coñecido como “orde de protección ás vítimas de violencia doméstica” (regulada na Lei 27/2003). Pola súa parte, a Lei Orgánica 15/2003 introduciu importantes modificacións na regulación penal, as cales serían culminadas pola LO 1/2004, que se erixiu, até a actualidade, como pedra de toque da regulación española en materia de violencia de xénero. Esta Lei Orgánica, como o seu propio nome indica, procuraba ser “integral”, isto é, conferir un status completo, multidisciplinario e detallado de aspectos de diversa natureza: sociais, asistenciais e de atención ás vítimas, preventivos, penais e, por suposto, educativos. Nesta liña, a súa multidisciplinariedade formúlase, en primeiro termo, en socialización e educación, á luz da protección da igualdade, a liberdade e o respecto á dignidade humana. A LO 1/2004 integra, no seu Título I, unha serie de medidas de sensibilización e intervención no eido educativo. O punto de partida fíxase na obriga das administraciónns e institucións de configurar un sistema que fomente e procure unha formación integral nun marco de respecto á dignidade e a igualdade. Deste xeito, o artigo 4 incide na importancia de fomentar unha serie de principios e valores no ámbito da educación. Con carácter xeral, e para tódolos niveis educativos, este precepto impón a inclusión, entre os obxectivos propios do ensino, da formación no respecto dos dereitos e das liberdades fundamentais e na igualdade entre homes e mulleres, a liberdade e a tolerancia, dentro dos principios democráticos de convivencia. Asemade, insta á inclusión, entre os criterios de calidade do sistema educativo español, da formación para a prevención de conflictos, e a súa resolución pacífica, así como a remoción dos obstáculos que dificulten ou imposibiliten
46 a plena igualdade entre mulleres e homes. A continuación, o precepto sinala obxectivos individuais para cada un dos niveles de ensino, dende a educación infantil, até o ensino superior universitario. A este respecto, impón a obriga de que as Universidades inclúan e fomenten en tódolos ámbitos académicos a formación, docencia e investigación en igualdade de xénero e a non discriminación de forma transversal. Na mesma liña, na LO 3/2007, o lexislador puxo de manifesto, unha vez máis, a importancia de configurar e coordinar políticas públicas que, como criterios de actuación xenéricos, velasen polo respecto ao principio de igualdade e á inclusión dunha sólida perspectiva de xénero. Cun talante más individual e particular, esta norma alberga criterios específicos de actuación sectorial. Entre eles, interesan os que fomenten a igualdade en políticas educativas. Estas directrices de intervención atópanse pautadas no Título II desta Lei, rubricado “Políticas públicas para a igualdade”. En concreto, no seu Capítulo II, relativo á “Acción administrativa para a igualdade” onde atópanse os artigos 24 e 25, primordiais para a materia que nos ocupa. Por unha banda, o artigo 24 regula a integración do principio de igualdade na política educativa. As Administracións educativas teñen a obriga de previr que se produzan desigualdades entre mulleres e homes como consecuencia de estereotipos sociais ou de comportamentos sexistas. Na mesma liña, velarán pola igualdade de trato entre mulleres e homes, procurando un igual dereito efectivo á educación. A fin de acadar estes obxectivos, o precepto tamén establece as actuacións que, no ámbito das súas competencias, levarán a cabo as Administracións educativas: - A especial atención, en tódalas etapas educativas e en tódolos currículos, ao principio de igualdade entre homes e mulleres. - A integración do estudo e aplicación do principio de igualdade, tanto nos cursos como nos programas para a formación inicial e permanente do profesorado3. - A promoción da presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de control e de goberno dos centros docentes. 3 Neste sentido, vid. tamén o contido do artigo 7 da LO 1/2004, sobre formación inicial e permanente do profesorado en materia de igualdade, onde se establece que dita formación debe estar orientada cara a consecución dunha serie de técnicas e habilidades por parte dxs profesorxs. En concreto, incídise na importancia de formalxs para que sexan elxs sexan capaces, á súa vez, de: educar no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, da igualdade entre homes e mulleres, e no exercicio da tolerancia e da libertade; educar na prevención e resolución pacífica de conflictos; fomentar actitudes encamiñadas cara o exericio da igualdade efectiva, tanto no ámbito público como doméstico. Por último, e fundamental para a materia que nos ocupa, o precepto incide la importancia de formar ao profesorado para que este sexa capaz de detectar, de xeito precoz, situacións de violencia no eido familiar.
47 - A eliminación e a repulsa daqueles comportamentos, contidos e estereotipos sexistas que supoñan unha patente discriminación entre mullres e homes. Especial consideración merecen, a este respecto, os contidos de libros de texto e materiais educativos. - O establecemento de medidas educativas destinadas ao ensiño e recoñecemento do papel das mulleres na historia. - A cooperación co resto de Administracións educativas para o desenvolvemento de proxectos, actividades e programas dirixidos a fomentar e difundir o coñecemento dos principios de coeducación e igualdade efectiva entre as persoas integrantes da comunidade educativa. Por outra banda, o artigo 25 incide na igualdade no eido da educación superior, establecendo a obriga das Administracións públicas de velar polo ensino e a investigación en materia de igualdade entre mulleres e homes. De modo específico, dispón que as Administración públicas competentes no ámbito da ensinanza superior deben promocionar a inclusión, nos plans de estudo, do ensino en materia de igualdade; crear postgrados específicos e realizar investigacións e estudios especializados nesta materia. Do contido de ambos preceptos e, máis particularmente, conectando a promoción da cooperación entre Administraciós para fomentar o coñecemento e difusión da coeducación e a igualdade efectiva do artigo 24, coa promoción das Administracións púbicas da inclusión, nos plans de estudos pertinentes, o ensino en materia de igualdade entre mulleres e homes, extráese o interese da experiencia proposta. 2.2. Normativa autonómica A preocupación global pola promoción da igualdade efectiva tamén tivo expresión a nivel autonómico4. No caso de Galicia, contamos coa Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a 4 Vid. normas autonómicas: Lei 13/2007, de 26 de novembro, de medidas de prevención e protección integral contra a violencia de xénero, de Andalucía; Lei 4/2007, de 22 de marzo, de Prevención e Protección Integral ás Mulleres Vítimas de Violencia en Aragón; Lei 16/2003, de 8 de abril, de Prevención e Protección Integral das Mulleres contra a Violencia de Xénero, da Comunidade Autónoma de Canarias; Lei 1/2004, de 1 de abril, Integral para a Prevención da Violencia contra as Mulleres e a Protección ás súas Vítimas, da Comunidade Autónoma de Cantabria; Lei 1/2003, de 3 de marzo, de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Castela e León; Lei 5/2001, de 17 de maio, de Prevención de Malos Tratos e de Protección ás Mulleres Maltratadas, de Castilla La Mancha; Lei 5/2008, de 24 de abril, do dereito das mulleres a erradicar a violencia machista, de Cataluña; Lei 9/2003, de 2 de abril, para a igualdade entre Mulleres e Homes, da Comunidade Valenciana; Lei 5/2005, de 20 de decembro, Integral contra a Violencia de Xénero, da Comunidade Autónoma de Madrid; Lei 8/2011, de 23 de marzo, de Igualdade entre Mulleres e Homes e contra a Violencia de Xénero en Extremadura; Lei Foral 22/2002, de 2 de xullo, para a adopción de medidas integrais contra a violencia sexista, de Navarra; Lei Foral 33/2002, de 28 de novembro, de fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e hombres, de Navarra; Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes; Lei 4/2005, de 18 de febreiro, para a Igualdade de Mulleres e Homes, do País Vasco; Lei
48 prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (en adiante, Lei 11/2007)5, cuxa Exposición de Motivos (aptdo. 9) pon de manifesto a obriga das administracións de procurar unha formación que evite e elimine os mitos sobre a violencia de xénero e que, ademais, prepare ás e ós profesionais para facer efectivos os protocolos de actuación. Sobre estes extremos, a lei prevé, en materia de prevención da violencia de xénero (Título I da Lei) un Capítulo (II) adicado ás medidas educativas (arts. 16 a 23, ambos inclusive). Por razón da especificiade das actividades que se van propor a continuación, interesan os artigos 16 (actitudes) e 19 (revisión e adaptación de materiais). O artigo 16 dispón que a Administración educativa galega, en colaboración co departamento que resulte competente en materia de igualdade, promoverán as actividades que, destinadas á prevención de conductas sexistas e da violencia de xénero, fomenten o diálogo, o respecto mutuo, e todas aquelas actitudes e valores que obren en aras a un desenvolvemento pleno en igualdade. Para rematar, o primeiro inciso do artigo 19 dispón que o Departamento da Xunta de Galicia que resulte compentente en materia de educación, coidará que se inclúa unha adecuada perspectiva de xénero en tódolos niveis educativos e, en concreto, nos seus contidos e procedementos. 3. GRAO EN DEREITO: NOVAS METODOLOXÍAS PARA A ABORDAXE DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO DO DEREITO PENAL O feito de que nos últimos anos se teña impulsado o coñecemento e a loita contra esta lacra social ten contribuido a crear a necesidade de achegarse ao fenómeno para poder ter unha visión global do mesmo. No eido de dereito, son moitas as ramas que abordan esta materia (dereito penal, dereito procesual, etc.). Porén, todo o peso da explicación desta clase de violencia cae no ámbito do dereito penal, pois hoxe en día a violencia de xénero goza dunha protección penal reforzada. Co fin de que o alumnado chegue a comprender e contextualizar correctamente a clase de violencia que están a estudar a través dos distintos tipos penais, resulta vital achegalos á realidade do fenómeno, dunha forma sinxela. Para iso, unha cuidada e axeitada selección de novidosas ferramentas pedagóxicas pode ser de gran utilidade, tendo en conta que promoverán, activamente, o compromiso e o interese do alumnado pola materia estudada. 11/2016, de 28 de xullo, de igualdade de mulleres e homes; Lei 7/2007, de 4 de abril, para a Igualdade entre Mulleres e Homes e de Protección contra a Violencia de Xénero na Rexión de Murcia. 5 A lei 7/2004, de 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, estivo en vigor até o 18 de febreiro de 2016.
49 3.1. O emprego de novelas como ferramenta didáctica Afastándonos dunha metodoloxía puramente teórica a expositiva, o emprego de novelas pode favorer a adquisición de coñecementos6 e achegar ao alumnado á realidade do fenómeno da violencia de xénero. Bo exemplo do expresado é a novela titulada “Algún amor que no mate”, de Dulce María Chacón, datada do ano 1996. A devandita obra relata a historia de Prudencia, unha muller maltratada polo seu marido quen, ao mesmo tempo, mantén unha relación extramatrimonial con outra muller, á que tamén maltrata. A obra, que se caracteriza por unha prosa moi sinxela, goza, porén, dun gran contido, o que permite ao alumnado profundizar nalgúns dos principais aspectos do fenómeno da violencia de xénero. 3.1.1. Suxeitos “Algún amor que no mate” permítenos coñecer que é en concreto a violencia de xénero, e cales son os principais suxeitos intervintes nela. A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, define no seu artigo 1.1 a violencia de xénero como “manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quenes sexan ou teñan sido seus cónxuxes ou de quenes estean ou teñan estado ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia”. En relación ao suxeito pasivo, existe un amplio consenso, tanto na doutrina como na xurisprudencia, sobre o feito de que só poder ser suxeito pasivo a muller7. Porén, plantéxanse maiores dúbidas sobre o suxeito activo, pois non existe acordo acerca de si o delito deberá ser cometido necesariamente por un home, ou si, pola contra, asumindo un criterio menos restritivo, tamén pode cometelo unha muller. A doutrina maioritaria mantén que o suxeito activo só pode ser o home8, por entender que a violencia de xénero se restrinxe, en exclusiva a unha clase de violencia concreta que ten por 6 Vid. CARDINAUX, N., “La literatura en el proceso de investigación y enseñanza del derecho”, Derecho y Ciencias Sociales, nº 11, outubro 2014, pp. 2 e ss.; SUÁREZ LÓPEZ, J. M., “La importancia del empleo de metodologías innovadoras en la enseñanza del Derecho penal”, Anales del Derecho, nº32, 2014, pp. 5 e ss.; CARDINAUX, N., “Inserciones de la literatura en la enseñanza del Derecho”, Academia. Revista sobre la enseñanza del Derecho, Ano 13, nº 25, 2015, pp. 2 e ss. 7 Vid. por todos GUINARTE CABADA, G., “Algunas cuestiones polémicas en la interpretación de los delitos de violencia de género”, en RODRÍGUEZ CALVO, M., VÁZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, F., La violencia de género. Aspectos médico-legales y jurídico-penales, Tirant lo Blanch, Valencia, 2013, pp. 215 e ss. 8 Vid. por todos MIRAT HERNÁNDEZ, P., ARMENDARIZ LEÓN, C., Violencia de género versus violencia doméstica: consecuencias jurídico-penales. Estudio del Título IV de la Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, Difusión Jurídica y Temas de Actualidad S.A., Madrid, 2006, p. 76.
56 Pola contra, outro sector xurisprudencial, si é partidario de incluir este tipo de ataques no marco de protección legal da violencia de xénero. Bo exemplo diso é a Sección 1ª da Audiencia Provincial de Alicante, que na súa sentencia 618/2012, de 13 de setembro de 201229, resolveu un recurso de apelación formulado polo condenado contra a Sentencia do Xulgado do Penal nº3 de Orihuela, de 22 de febreiro de 2012, pola que foi condenado por un delito de maltrato ocasional do art. 153.1 e 153.3 CP. A Sección 1ª da Audiencia Provincial de Alicante confirmou a sentencia de primeira instancia, por considerar que as agresións sufridas pola muller incluíanse no ámbito da violencia de xénero, a pesar de manter o agresor e a vítima unha relación extramatrimonial. A Sala afirmou que o decisivo para a incluisión ou non no marco de protección da violencia de xénero non é a existencia dun proxecto de vida en común, pero si a acreditación dun grao de compromiso e estabilidade (aínda cando non haxa expectativas de futuro nin fidelidade). Asemade, mantivo que non existe xustificación algunha para excluir do ámbito de protección reforzada este tipo de relacións onde existe unha clara intensidade emocional que se atopa na orixe da dominación e do control que o home exerce respecto da muller, aínda cando o formato da relación non sexa convencional, pois iso non obsta para que o contido da relación entre os membros da parella extramatrimonial sexa similar ao de unha relación cuxos membros non estean casados con terceiros e, sen embargo, non teñan tampouco intención de formar entre si un núcleo de convivencia habitual30. Este segundo sector é moi crítico coa tese restrictiva mantida polo primero posto que, tal e como afirma Magro Servet31, manter unha postura tan taxativa pode levar a situacións discriminatorias. En calquera caso, ambos sectores coinciden na exclusión das relacións puramente esporádicas e de simple amizade, onde a afectividade non se desenvolveu dunha forma que poida condicionar os móviles do agresor como para entender que se trata de violencia machista. 29 Vid. SAP de Alicante (Sección 1a), nº 618/2012, de 13 de setembro de 2012, (Id Cendoj 03014370012012100423). 30 No mesmo sentido, vid. SAP de Sevilla (Sección 4a), nº 21/2009, de 15 de xaneiro (Id Cendoj 41091370042009100021). 31 Vid. MAGRO SERVET, V., “¿Cómo debe interpretarse la expresión “análoga relación de afectividad aun sin convivencia” en los delitos de violencia de género?”, La Ley Penal, quen plantexa que poden darse situacións discriminatorias si, por exemplo, o home mantén, de xeito simultáneo, dous núcleos de convivencia familiar, mediando nun deles matrimonio. Magro Servet apunta que, en caso de manter a tese restrictiva, si o home maltrata a ambas mulleres, únicamente sería merecedora de calificación de violencia de xénero a sufrida pola esposa, o que suporía unha clara discriminación por razón de matrimonio.
57 3.1.3. Clases de violencia Outro dos aspectos que se atopan moi presentes na novela é o relativo ás posibles manifestacións de violencia de xénero. A Lei Orgánica 1/2004 protexe, tal e como sinala no seu artigo 1.3 “todo acto de violencia física e psicolóxica, incluidas as agresións á liberdade sexual, as amenazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade”. Na obra seleccionada, son constantes as manifestacións de todas e cada unha destas formas de violencia señaladas na Lei Orgánica 1/200432. O relato de Prudencia aproxima ao lector ao seu día a día, cheo de momentos de tensión, agresións físicas e insultos constantes. Porén, tamén son reseñables os episodios nos que o marido amenázaa, impídelle saír á rúa, e incluso obrígaa a manter relacións sexuais. No caso da outra muller, a escritora nos acerca á súa historia, a través dunha serie de cartas que esta mujer (cuxo nome descoñecemos), envía ao seu agresor. Neste caso, da forma en que a autora nos aproxima a esta relación, só temos acceso a episodios de violencia física. 3.1.4. Ciclo da violencia Outro aspecto da violencia de xénero que expón con claridade na obra é o coñecido como “Ciclo de Violencia”, formulado por Lenore E. Walker no ano 1979. En esencia, o ciclo da violencia consta de tres fases: unha de tensión, unha de agresión e unha de calma (tamén coñecida como “lúa de mel”). Na novela obsérvase como se repite por completo este ciclo ata en dúas ocasións. A historia de Prudencia transcorre, durante máis da metade da obra, nunha primeira fase de tensión, onde esta vaise acumulando de xeito progresivo. Aumentan os reproches, as hostilidades e os problemas no matrimonio, ata que a tensión deriva na agresión física que, como se pón de manifestó, vai acompañada dunha agresión sexual. Con posterioridade, a novela transcorre, con axilidade, pola fase de calma, situándose de novo na primeira fase de tensión, onde a muller tenta, a toda costa, “evitar” volver a ser agredida. Neste sentido, a autora da obra brinda ao lector a oportunidade de percorrer, dun xeito moi claro, todas e cada unha das fases do ciclo, e identificalas á perfección. 3.2. O emprego de películas como recurso metodolóxico de ensino Outro recurso que facilita unhas posibilidades didácticas moi amplas son as películas. Ao igual que se expuxo no caso das novelas, unha adecuada selección de filmes permite a 32 Vid. MARÍN LÓPEZ, P., “La violencia de género desde la ley integral”, en Congreso Abordaje Integral de la Violencia de Género Actualización: Zamora, Auditorio del Campus Universitario Viriato, 2, 3 y 4 de mayo de 2007, Libro de actas, 2007, pp. 167 e ss.
58 aproximación do alumnado á violemcia de xénero, dun xeito máis práctico. Neste caso, foi seleccionada a película española “Sólo mía”, dirixida por Alberto Balaguer e protagonizada por Paz Vega (no papel de Ángela), e Sergi López (no papel de Joaquín). A película, datada de 2001, é un bo exemplo para a abordaxe das cuestións referidas ao falar da novela “Algún amor que no mate” de Dulce Chacón. Porén, para non incidir nos mesmos aspectos, podemos destacar que a película data de 2001 e, polo tanto, presenta unha situación de violencia de xénero anterior á entrada en vigor da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. De feito, a película amosa boa utilidade para explicar as orixes da tipificación da violencia de xénero en España. A preocupación social pola violencia de xénero remóntase aos anos 80, cando o problema adquiriu unha dimensión pública. Un Informe da Comisión de Dereitos Humanos do Senado, publicado no ano 1989, puxo de manifesto como, até aquel preciso momento, o maltrato era entendido como un problema pertencente ao ámbito privado, á esfera familiar, por producirse os malos tratos no fogar, o cal, á súa vez, contribuía á súa ocultación social. Con este informe, a Comisión de Dereitos Humanos do Senado impulsou o recoñecemento da relevancia social da violencia familiar, e leváronse a cabo algunhas propostas coas que se pretendía confrontar os malos tratos a nivel individual, familiar, e social, procurando, á vez, a protección e a salvagarda dos dereitos constitucionais dos que moitas mulleres víanse privadas (como o dereito á igualdade, o dereito á liberdade ou o dereito á integridade física e moral, que se vían afectados polos abusos de autoridade ilexítimos, as vexacións, as situacións de violencia física, psíquica…) e que eran, e continúan a ser, consecuencia dunha conciencia social de subordinación da muller. A pesar destes propósitos, o primeiro intento de tipificación deste tipo de violencia, concretado no artigo 425 do Código Penal, introducido pola Lei Orgánica 3/1989, de 21 de xuño, foi un fracaso, por varias razóns: o precepto incluía, de xeito indiferenciado, actos violentos producidos no seno de relacións personais de moi diversa índole: afectivas, conxugais ou non, paterno-filiais….; adoleciía dunha falta absoluta de determinación da habitualidade e o alcance da protección; incluía unha relación de suxeitos obxecto de tutela bastante cuestionable (a pesar de que, en principio, a finalidade do precepto era loitar contra a violencia de xénero); omitía calquera alusión aos actos de violencia psíquica ou de situacións complexas de conflicto entre non convivintes en casos nos que o risco era patente (por exemplo en situacións de separación conxugal). O fracaso deste primer intento de regulación, duramente criticado, foi achacado ao lexislador, por ter ignorado as recomedacións do xa mencionado informe da Comisión de Dereitos Humanos do Senado, e ter lexislado, en consecuencia, sin ter tomado conciencia das dimensións e complexidade do problema.
59 Esta primeira resposta punitiva, específica e autónoma, concretábase en penas de prisión que foron aumentando cos sucesivos cambios lexislativos. Sin embargo, a deficiente descripción da realidade tipificada facían desta unha resposta legal e do sistema penal inapropiada ante a violencia na parella. O resultado foi a inaplicación do precepto nos Tribunais, o que provocou que, na década seguinte á aprobación do mesmo, a violencia de xénero quedase impune, a pesar de ter coñecemento de que seguía existindo. Coa aprobación do Código Penal de 1995, incluiuse a mesma tipificación na nova regulación, manténdose a prisión como pena. As sucesivas modificacións na materia fixeron que a resposta punitiva a esta lacra social fose variando de xeito considerable até a súa configuración actual, onde se mudou por completo o enfoque do problema, de modo que o texto penal, lexos de contar cun precepto específico, castiga unha amalgama de condutas (recollidas no artigo 57.1 CP: homicidio, aborto, lesións, contra a liberdade, de torturas e contra a integridade moral, trata de seres humanos, contra la liberdade e a indemnidade sexuais, a intimidade, o dereito á propia imaxe e a inviolabilidade do domicilio, o honor, o patrimonio e a orde socioeconómica) como violencia de xénero, sempre e cando ditos ilicitos se cometan contra a mujer que sexa ou fose cónxuxe, ou contra a persoa que esté ou estive ligada ao agresor por unha relación de afectividade análoga á conxugal. 4. CONCLUSIÓNS Polo exposto, vemos que unha adecuada selección de novelas e películas curtas e sixelas conta cunhas posibilidades pedagóxicas amplias, neste caso, para coñecer a violencia de xénero dunha forma clara. Permite que o alumnado se aproxime, dun modo sinxelo, ao fenómeno da violencia de xénero, e que cheguen a coñecer as súas dimensións. Asemade, bríndalle a posibilidade de desenvolver as súas capacidades interpretativas e relacionais, de xeito que sexan capaces de extraer tódolos contios que a obra expón, e relacionalos coa materia explicada nas clases expositivas. Asemade, permítelles afondar nalgúns dos aspectos máis controvertidos da lexislación vixente en materia de violencia de xénero que, como se puxo de manifesto, céntrase, en esencial, na cuestión relativa á concreción do suxeito activo e a delimitación dos requisitos a ter en conta á ora de valorar que unha relación de afectividade é “análoga á conxugal” e merecedora, polo tanto, dunha protección reforzada. Para finalizar, é preciso sinalar que a incorporación de novidades didácticas tamén encaixan á perfección coas premisas da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
60 Asemade, estas metodoloxías tamén casan coa forma de educar promovida polo Espacio Europeo de Educación Superior. En concreto, o apartado 2 do seu Documento-Marco, ao plantexar novos retos para o sistema universitario español, dispón que a sociedade do coñecemento precisa de cambios e innovacións nas formas tradicionais de formación e comunicación da información. Incide, dun xeito máis específico, en que a institución universitaria debe desempeñar unha función decisiva neste novo escenario, onde a formación científica, humanística, artística e técnica adquire unha relevancia social transcendental para a construcción duunha comnuidade europea de cidadás e cidadáns. Este desenvolvemento da sociedade do coñecemento, vai precisar de novas estruturas organizativas, máis flexibles, na educación superior, que á súa vez posibiliten, tanto un amplo acceso social ao coñecemento, como unha capacitación persoal crítica, que favoreza, como expresa o Documento-Marco, a interpretación da información e a xeración do propio coñecemento, para o que é preciso unha nova concepción da formación académica, máis centrada na aprendizaxe do alumnado, e unha revalorización da función docente do profesorado universitario que incentive a súa motivación e que recoñeza os esforzos encamiñados a mellorar a calidade e a innovación educativa. BIBLIOGRAFÍA ACALE SÁNCHEZ, M., “Violencia de género”, Harlax, Revista técnica del Ertzaina, nº 2001/38, abril 2000. ACALE SÁNCHEZ, M., La discriminación hacia la mujer por razón de género en el Código Penal, Reus, Madrid, 2006. ACALE SÁNCHEZ, M., “Víctimas de la violencia de género y consecuencias jurídicas del delito para el agresor”, en CERVILLA GARZÓN, M. D., y FUENTES RODRÍGUEZ, F. (Coords.), Mujer, violencia y derecho, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz, Cádiz, 2006. ACALE SÁNCHEZ, M., “Análisis del Código penal en materia de violencia de género contra las mujeres desde una perspectiva transversal”, en VILLACAMPA ESTIARTE, C. (Coord.), Violencia de género y sistema de justicia penal, Tirant lo Blanch, Valencia, 2008. ACALE SÁNCHEZ, M., “Análisis del Código Penal en materia de violencia de género contra las mujeres desde una perspectiva transversal”, REDUR, nº 7, diciembre 2009.
61 ACALE SÁNCHEZ, M., “Ejecución de penas y tratamiento postdelictual del maltratador”, en DE HOYOS SANCHO, M. (Coord.), Tutela judisdiccional frente a la violencia de género. Aspectos procesales, civiles, penales y laborales, Lex Nova, Valladolid, 2009. BENÍTEZ JIMÉNEZ, M. J., “Estudio de una regulación anunciada: el delito de maltrato habitual”, ADPCP, Vol. LII, 1999. BENÍTEZ JIMÉNEZ, M. J., “Las violencias habituales en el ámbito familiar: artículo 173.2 del Código Penal”, en VILLACAMPA ESTIARTE, C. (Coord.), Violencia de género y sistema de justicia penal, Tirant lo Blanch, Valencia, 2008. CARBALLO CUERVO, M. A., “Estudio sobre la Ley Orgánica de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género”, en VVAA, Violencia Doméstica, Sepín, Madrid, 2005. CARDINAUX, N., “La literatura en el proceso de investigación y enseñanza del derecho”, Derecho y Ciencias Sociales, nº 11, octubre 2014. - “Inserciones de la literatura en la enseñanza del Derecho”, Academia. Revista sobre la enseñanza del Derecho, Año 13, nº 25, 2015. CASABÓ RUIZ, J.R. en CÓRDOBA RODA, J., y otros, Comentarios al Código Penal, Tomo II (arts. 23-119), Ariel, Barcelona, 1972. COMAS D´ ARGEMIR I CENDRA, M., y QUERALT I JIMÉNEZ, J. J., “La violencia de género: política criminal y ley penal”, en VVAA, Homenaje al Profesor Dr. Gonzalo Rodríguez Mourullo, Thomson-Civitas, 2005. DEL ROSAL BLASCO, B., “La política criminal contra la violencia doméstica: ¿alguien da más?”, en VVAA, Estudios Penales en Homenaje al Profesor Cobo del Rosal, Madrid, 2006. DOMÍNGUEZ RUIZ, L., “Tutela procesal de la violencia de género: cuestiones controvertidas y soluciones recientes”, Diario La Ley, nº 7327, Sección Doctrina, 25 de enero de 2010, Año XXXI, Editorial LA LEY (LA LEY 21930/2009). GÓMEZ COLOMER, J. L., Violencia de género y proceso, Tirant lo Blanch, Valencia, 2007.
62 GUERRA GONZÁLEZ, R., “A vueltas con la análoga relación de afectividad”, Abogados. Revista del Consejo General de la Abogacía, nº 85, abril, 2014. GUINARTE CABADA, G., “Algunas cuestiones polémicas en la interpretación de los delitos de violencia de género”, en RODRÍGUEZ CALVO,M., VÁZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, F., La violencia de género. Aspectos médico-legales y jurídico-penales, Tirant lo Blanch, Valencia, 2013. LARRAURI PIJOAN, E., Criminología crítica y violencia de género, Trotta, Madrid, 2007. LARRAURI PIJOAN, E., “Igualdad y violencia de género. Comentario a la STC 59/2008”, InDret, Revista para el Análisis del Derecho, Barcelona, 2009. MAGRO SERVET, V., “¿Cómo debe interpretarse la expresión “análoga relación de afectividad aun sin convivencia” en los delitos de violencia de género?”, La Ley Penal. MARÍN LÓPEZ, P., “La violencia de género desde la ley integral”, en Libro de Actas del Congreso Abordaje Integral de la Violencia de Género Actualización: Zamora, Auditorio del Campus Universitario Viriato, 2, 3 y 4 de mayo de 2007. MARTÍNEZ DERQUI, J., Encuentro Taller sobre conclusiones extraídas de los últimos informes elaborados por el Observatorio contra la Violencia Doméstica y de Género. MARTÍNEZ GARCÍA, E., La prevención y erradicación de la violencia de género. Un estudio multidisciplinar y forense, Aranzadi S.A., Navarra, 2012. MARTÍNEZ GONZÁLEZ, M. I., en GÓMEZ RIVERO, C. (coord.), Nociones fundamentales de Derecho Penal. Parte General, Tecnos, Madrid, 2010. MARTÍNEZ PARDO, V. J., “La ejecución de las penas en los delitos de violencia de género”, en MARTÍNEZ GARCÍA, E. (Dir.), VEGAS AGUILAR, J. C. (Coord.), La Prevención y Erradicación de la Violencia de Género, Thomson Reuters Aranzadi, Cizur MenorNavarra, 2012. MEDINA, J. J., La violencia contra la mujer en la pareja: investigación comparada y situación en España, Tirant lo Blanch, Valencia, 2002. MEDINA, L., y MARAÑÓN, M., Leyes penales de España conforme a los textos oficiales, Instituto Editorial Reus, Madrid, 1947.
63 MIR PUIG S., Derecho Penal. Parte General, Reppertor, Barcelona, 2004. MIRAT HERNÁNDEZ, P., ARMENDARIZ LEÓN, C., Violencia de género versus violencia doméstica: consecuencias jurídico-penales. Estudio del Título IV de la Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, Difusión Jurídica y Temas de Actualidad S.A., Madrid, 2006. OLMEDO CARDENETE, M., El delito de violencia habitual en el ámbito doméstico: Análisis teórico y jurisprudencial, Atelier, Barcelona, 2001. QUINTERO OLIVARES, G., “La ley penal y la violencia de género”, en ROIG TORRES, M. (dir.), Medidas de prevención de la reincidencia en la violencia de género, Tirant lo Blanch, Valencia, 2014. SCHENEIDER, E., Battered Women and Feminist Lawmaking, New Heaven, Yale University Press, 2000. SUÁREZ LÓPEZ, J. M., “La importancia del empleo de metodologías innovadoras en la enseñanza del Derecho penal”, Anales del Derecho, nº 32, 2014. VÁZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, F. La caja 507 y el régimen jurídico-penal de los incendios forestales: (o sobre el cine como recurso didáctico en la enseñanza del Derecho Penal, en VIVES ANTÓN, T. S.; CARBONELL MATEU, J. C.; GONZÁLEZ CUSSAC, J. L.; ALONSO RIMO, A.; ROIG TORRES, M. Crímenes y castigos. Miradas al Derecho penal a través del arte y la cultura. Valencia: Tirant lo Blanch, 2014. VILLALBA SÁNCHEZ, A. “La perspectiva de género en la docencia universitaria: el derecho del trabajo”, Revista Internacional de Investigación e Innovación en Didáctica de las Humanidades y las Ciencias. Santiago de Compostela, 2014.