Full text
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 1 Sentimento de lu gar e eucaliptos: unha aproximación interdisc ipl i nar ao estado do monte en Galicia. / ... l Traballo F1n de Mesrrado presentado na Fa cul ra de de Cienci as Económicas e Empresarials da Univ.ersidade de Santiago de Compostela por He lena Martfn.ez Cab rera co mo requisito para obtelo tít ul o de Mestrado U() iversit ;;¡rio en Desenvolvemento Económ ico e I nnovació n. Curso 2015 -20 15, Convocatoria Setembro 2016 Esr udante: Helena Ma rtínez Cabrera Tirar: Gonzalo Rodríguez R odr íguez TFM-12
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 2 "Se queremos comprende-lo xeito no que o pasado se convirte en presente, temos que comprender tamén as nosas complexas relacións con este pasado, que inclúen tanto a necesidade histórica de transformalo, como o desexo de manter, establecer e aínda inventar unha continuidade". Eric Hobsbawn, A invención da tradición.
Aos de Cas Basanta, por abrirme as portas da Mariña. Aos da Casa de Dás, por axudarme a pechalas e escribir estre traballo. E a Gonzalo Rodríguez, pola confianza e esixencia alegre, tan característica .
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 4 1. Resumo: unha panorámica á relación entre eucaliptización e sentimento do lugar. Galicia non é un paraíso natural: é verde eucalipto. Ou piñeiro, como ben louba Pondal no himno galego. O IV Inventario Forestal Nacional, recollía que por primeira vez na historia, o 20% da superficie arborada de Galicia corresponde a poboacións de eucalipto, 2 puntos percentuais por enriba da seguinte especie máis común, a de piñeiro pinaster ou piñeiro do país. Os últimos datos dispoñibles falan de que un 51,2% da superficie arborada de Galicia corresponde na actualidade a plantacións forestais (Vallejo Bombín, 2011). O estado do monte en Galicia evoca cuestións sobre a causalidade. Por que o monte está así? A quen interesa? Por que a fuxida cara unha monotonía na paisaxe cando dende fóra vese Galicia como unha xoia natural? Por que a repoboación con especies de crecemento rápido, como o piñeiro e eucalipto está aceptada socialmente? Que fai falla para constituír un rural vivo? Dentro desa lóxica, este TFM-12 busca revelar como os cambios no monte galego, en especial o aumento das plantacións forestais para usos industriais nas derradeiras décadas poden ter influenciado na consideración do monte como significativo para a poboación. Identidade, construción dun rural vivo e interiorización dos cambios na paisaxe. Sobre estes tres eixos xira o traballo que a continuación presentamos. Lonxe de querer constituírse o mesmo como un alegato nostálxico do sistema agrario tradicional galego, trataremos de expoñer como a extensión do cultivo de especies forestais de crecemento rápido en Galicia pode estar poñendo en risco a sostibilidade futura e presente de todo o ecosistema, tanto no senso ambiental, económico como social. Farémolo dun xeito interdisciplinar. O noso obxecto de estudo será a aceptación xeralizada e en consecuencia a falta de comportamentos reactivos a grande escala en Galicia diante os cambios no estado do monte e o uso medrante do mesmo para a produción forestal con especies de crecemento rápido. En resumo, a aceptación da eucaliptización.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 5 Como proposta de abordaxe do tema, centrarémonos na idea de sentimento de lugar, unha variante do apego ao lugar que ten sido estudada máis amplamente polas Psicoloxías Social e Ambiental e cuxa plasticidade axudará a tender pontes cara outras Ciencias Sociais, como a Antropoloxía, Ciencias Políticas, Filosofía, Socioloxía ou Economía, pero tamén coas Ciencias Ambientais, a Edafoloxía ou a Enxeñería Forestal, dende as que se teñen tamén abordado temáticas semellantes. Así, escollimos como variable explicativa desa inmobilismo respecto da eucaliptización o concepto de sentimento de lugar. Aliás, o sentimento de lugar ten sido demostrado pola investigación empírica como un preditor sólido do comportamento pro-ambiental. Así, ao achegarnos ao sentimento de lugar en relación á forestación do monte, aos cambios percibidos no mesmo ao longo do tempo así como as variacións atopadas entre diferentes persoas, achegarémonos ao conxunto de explicacións causais que explican o inmobilismo da poboación respecto do mesmo, e a súa evolución percibida. O interese engadido de achegarnos aos comportamentos políticos da poboación vía exploración do sentimento de lugar, é que este concepto é fundamental para o benestar das comunidades e persoas a nivel individual; tanto nun plano estático (calidade de vida) como dinámico (resiliencia ou capacidade de adaptación a posibles cambios futuros).A análise nas mudanzas sobre os significados do lugar na formación da propia identidade permitiranos tamén achegarnos a unha explicación de como a xente valora a paisaxe, en especial o estado do monte en Galicia e como interactúa con el. Así, tentaremos respostar ás seguintes preguntas de investigación: 1. Por que se acepta en Galicia o estado do monte e a eucaliptización? 2. Hai un desprezo pola terra e as actividades relacionadas co monte? 3. Ten cambiado a a relación das persoas co monte como resultado da eucaliptización? 4. Que papel xoga o lugar como factor de identificación? Está perdendo peso relativo fronte a outros factores? 5. Que tipo de xestión dos recursos forestais axudaría a dinamizar o rural en Galicia?
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 6 Relacionado co anterior, os obxectivos deste Traballo Final de Mestrado serán: 1. Avalia-la contribución do modelo forestal e a cadea forestal-madeira ao benestar en sentido amplo de Galicia na actualidade. 2. Analiza-los efectos que os principais cambios no monte en Galicia teñen sobre o sentimento de lugar das persoas e as repercusións para a sustentabilidade futura das comunidades. 3. Tantexa-las posibilidades de cambio cara un modelo de aproveitamento e uso dos recursos forestais compatibles co desenvolvemento local e rural sostible en Galicia. Para o cumprimento destes obxectivos e dar resposta aos interrogantes enriba descritos, a investigación presentada nas páxinas que seguen foi elaborada mediante técnicas de investigación cualitativa. Dúas hipóteses foron enunciadas seguindo o traballo de Stedman (2002), e logo contrastadas, nun intento de ofrecer unha explicación aos posicionamentos en Galicia respecto do estado do monte: • H1: As persoas que dan apoio ao monocultivo forestal mostran un apego elevado ao territorio e unha satisfacción elevada respecto da situación do monte. • H2: As persoas posicionadas contra o monocultivo forestal ou ben teñen un apego alto e unha satisfacción baixa ou ben se sinten persoalmente ameazadas polo cultivo do eucalipto. A metodoloxía de traballo, componse de dúas fases. A primeira fase, de revisión teórica e do estado da arte sobre identidade, benestar e xestión forestal foi acompañada por outra fase empírica. Nesta segunda, realizáronse 10 entrevistas en profundidade semiestruturadas a persoas de entre 45 e 90 anos residentes e nadas na zona da Mariña lucense.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 7 A grandes trazos, a escolla da Mariña lucense como área para a realización do traballo de campo debeuse ao especialmente intenso proceso de cambio paisaxístico da área debido á influencia da fábrica pasteira na veciña Navia; ao relativo dinamismo económico e demográfico que presenta a Mariña dentro do rural galego; á facilidade de acceso a informantes chave polo previo coñecemento da área e a que identitariamente falando, pode considerarse unha unidade ao que a poboación segue intensamente vencellada. (Castro & Martínez, 2015). Realizouse unha transcripción literal das 10 entrevistas, que foron a continuación codificadas e analizadas seguindo 6 ítems ou bloques temáticos:crenzas avaliativas sobre a natureza e o monte na Mariña lucense; historia de vida; apego ao lugar e identidade; satisfacción co lugar , atitudes e probabilidade de comportamento proambiental e finalmente expectativas de cambio futuras. Para o procedemento de análise dos resultados empíricos seguimos a Grounded Theory e codificáronse as entrevistas na busca de pautas comúns para facilita-la inferencia sobre as diferentes percepcións sobre os cambios na paisaxe e estado do monte en Galicia, as variacións no sentimento de lugar asociadas e as perspectivas de cambio percibidas. Con todo, o principal interese deste traballo será o de abordar un problema específico, o de comprender por que se acepta a extensión das plantacións forestais con especies de crecemento rápido no monte galego, causa común de diferentes disciplinas dentro das Ciencias Sociais e Naturais, co fin de amplia-lo rango analítico do problema e así poder intervir sobre o mesmo de xeito máis sinxelo, fuxindo de estereotipos e simplificacións. Entre as conclusións, vimos que este traballo comezaba a andar dende unha perspectiva errónea: a de que os e as galegas aceptabamos maioritariamente a eucaliptización do monte porque non queremos o noso, porque desprezamos á terra e non temos apego ao lugar. Era a vía fácil e demostrouse falsa. Ademais, observamos que a expansión do eucalipto no monte en Galicia na actualidade ten as súas raíces no rápido proceso de cambio do sistema de
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 8 economía de base agrícola tradicional. Explícase tamén polo efecto demostración das repoboacións practicadas polo Patrimonio Forestal do Estado e ICONA, a escasa eficacia das normas de ordenamento forestal galegas, as axudas directas á plantación até o ano 2000 e pola demanda de especies de medra rápida para trituración nas plantas pasteiras de Navia e Lourizán. O espallamento desta especie, ademais, ten que ver coa estrutura da propiedade da terra, que desincentiva o uso múltiple do monte e fomenta as estratexias de maximización de beneficios por parte dos e das pequenas propietarias. Malia te-la cadea forestal-madeira unha importante implantación nas zonas rurais e ser responsable dunha considerable porcentaxe da industria nestas áreas, a súa contribución ao PIB é modesta no rural, exceptuando casos puntuais onde teñen peso as industrias de segunda transformación. A rendibilidade das plantacións forestais é a principal contribución ao benestar destes usos, malia sinalarse que representan unha fonte secundaria de ingresos para a meirande parte dos e das propietarias forestais. Con todo, os cultivos forestais e os ingresos provintes deles, serven como apoio económico para a poboación no contexto de crise actual e durante as derradeiras décadas e funcionaron como un seguro diante imprevistos para amplas capas sociais. No que atende ás oportunidades de traballo ligadas ao sector, o emprego dentro da cadea non é considerado relevante como dinamizador do rural e non contribúe a frea-lo despoboamento rural. A progresiva mecanización das actividades ligadas ao sector así como o modelo de expansión da industria, vía abaratamento de custes de produción, aventuran unha redución dos postos de traballo no mesmo. En xeral as persoas enténdense fortemente vencelladas aos seus lugares de orixe, identificación na cal o monte cumpre un papel importante.O espallamento do eucalipto entre as formacións arbóreas non implica un menor sentimento de lugar. As persoas consideran que atributos físicos do monte e interaccións con outras realizadas nese espazo forman parte da súa identidade, malia sinalarse unha perda de contacto e un enfeblecemento progresivo dos vencellos có monte asociados á eucaliptización. O eucalipto é causa e consecuencia da
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 9 perda do apego comunitario. A perda gradual de vencellos coa comunidade ten unha orixe consensuada: o abandono do rural. O eucalipto é entendido sobre todo como unha consecuencia do movemento da poboación cara ás cidades, malia indicarse tamén que pode ser unha causa do mesmo. Independentemente das preferencias e valores asociados ao monte, atopamos a idea compartida de que o eucalipto supón unha ameaza á paisaxe, que habería que diversifica-las masas forestais e que unha maior convivencia dos usos produtivos e non produtivos do mesmo sería beneficiosa para o conxunto da poboación, propietarios/as forestais incluídos/as. Nun lado da balanza, o abandono do rural, un fenómeno que semella ser difícilmente reversible e que dificultaría a diversificación dos usos do monte. No outro, o efecto chamada sobre as xeracións mozas que os novos usos do monte, de lecer, poderían ter, sumado a unha maior porcentaxe de persoas que traballarían a terra para produción de alimentación e unha maior incorporación de I+D+i nos sectores produtivos asentados no rural. O problema de fondo, segundo Oliveira Baptista (en López Iglesias, 2012, p.137) é que "o rural xa non é agrario pero aínda non é outra cousa". A gobernanza dos procesos de cambio no rural será a clave que decantará dirección do mesmo. Vimos que é unha cuestión de poder. Só a implicación directa da poboación do rural e a sensibilidade diante das especificidades locais das intervencións dende a administración pública, favorecerán a obtención de resultados consensuados e salvagardarán os intereses compartidos, os comúns, para amplas maiorías sociais. Como facer isto?A resposta non é doada.Este traballo arroxa luz sobre algunhas das cuestións a ter en conta para pensarmos ese rural futuro, en especial no que atende aos temas forestais.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 16 4. Que papel xoga o lugar como factor de identificación? Está perdendo peso relativo fronte a outros factores? 5. Que tipo de xestión dos recursos forestais axudaría a dinamizar o rural en Galicia? Defenderemos que a sostenibilidade do monte necesita da construción actualizada doutra relación de simbiose, entre natureza e modos de vida da poboación galega dos nosos días. A homoxeneización dos usos do monte muda tamén as relacións das poboacións co territorio e contribúe á agudización dun problema endémico en Galicia como é o despoboamento do rural, así como a diminución do apego ao territorio (Martínez, 2015a). Na actualidade o cambio de valores postmaterialista da poboación sitúa a conservación da natureza e coidado do medio ambiente como criterios reitores das políticas públicas pero tamén do comportamento de actores privados como empresas e cidadanía. A datación do cambio climático e a importancia do contacto coa natureza para o benestar humano (Hartig, Mitchell, de Vries & Frumkin, 2014), caracterizan un contexto no que parece desexable socialmente impulsa-la multifuncionalidade do monte. As tendencias recentes na evolución dos usos do mesmo, que repasaremos, van precisamente no senso contrario, cara a homoxeneización. Relacionado co anterior, os obxectivos deste Traballo Final de Mestrado serán: 1. Avalia-la contribución do modelo forestal e a cadea forestal-madeira ao benestar en sentido amplo de Galicia na actualidade. 2. Analiza-los efectos que os principais cambios no monte en Galicia teñen sobre o sentimento de lugar das persoas e as repercusións para a sustentabilidade futura das comunidades. 3. Tantexa-las posibilidades de cambio cara un modelo de aproveitamento e uso dos recursos forestais compatibles co desenvolvemento local e rural sostible en Galicia.En palabras de Ana Cabana (2010), comprobalas posibilidades de "reconstrución socioambiental da aplicación dunha política agraria de colonización".
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 17 Para o cumprimento destes obxectivos e tentar dar resposta aos interrogantes enriba descritos, a investigación presentada nas páxinas que seguen foi elaborada mediante técnicas de investigación cualitativa. Dúas hipóteses foron enunciadas seguindo o traballo de Stedman (2002), e logo contrastadas, co fin de ofrecer unha explicación aos posicionamentos en Galicia respecto do estado do monte: • H1: As persoas que dan apoio ao monocultivo forestal mostran un apego elevado ao territorio e unha satisfacción elevada respecto da situación do monte. • H2: As persoas posicionadas contra o monocultivo forestal ou ben teñen un apego alto e unha satisfacción baixa/ ou ben se sinten persoalmente ameazadas polo cultivo do eucalipto. A metodoloxía de traballo (extensamente descrita no apartado 4.2), componse de dúas fases. A primeira fase do traballo, de revisión teórica e do estado da Figura 1 :Xuances (Xove), por Roque Fanego.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 18 arte (sección 4.1) foi acompañada por outra fase empírica. Nesta segunda (sección 4.2), realizáronse 10 entrevistas en profundidade semiestruturadas a persoas de entre 45 e 90 anos residentes e nadas na zona da Mariña lucense, cuxa selección está xustificada no apartado 4.2.3, correspondente unha breve contextualización do estudo de caso. A grandes trazos, a escolla da Mariña lucense como área para a realización do traballo de campo debeuse ao especialmente intenso proceso de cambio paisaxístico da área debido á influencia da fábrica pasteira na veciña Navia; ao relativo dinamismo económico e demográfico que presenta a Mariña dentro do rural galego; á facilidade de acceso a informantes chave polo previo coñecemento da área e a que identitariamente falando, pode considerarse unha unidade ao que a poboción segue intensamente vencellada. (Castro & Martínez, 2015). Realizouse unha transcripción literal das 10 entrevistas, que foron a continuación codificadas e analizadas seguindo 6 ítems ou bloques temáticos:crenzas avaliativas sobre a natureza e o monte na Mariña lucense; historia de vida; apego ao lugar e identidade; satisfacción co lugar , atitudes e probabilidade de comportamento proambiental e finalmente expectativas de cambio futuras. Para o procedemento de análise dos resultados empíricos seguimos a Grounded Theory e codificáronse as entrevistas na busca de pautas comúns (pattern searching) para facilita-la inferencia sobre as diferentes percepcións sobre os cambios na paisaxe e estado do monte en Galicia, as variacións no apego ao lugar asociadas e as perspectivas de cambio percibidas respecto da situación do monte en Galicia. Con todo, o principal interese deste traballo será o de facer a abordaxe dun problema específico, o de comprender por que se acepta a extensión das plantacións forestais con especies de crecemento rápido no monte galego, causa común de diferentes disciplinas dentro das Ciencias Sociais e Naturais, co fin de ampliar o rango analítico do problema e así poder intervir sobre o mesmo de xeito máis sinxelo, fuxindo de estereotipos e simplificacións; na liña do suxerido por Sauvage (2016).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 19 As páxinas que seguen son unha humilde aposta, en termos de Fernández Buey (2013) pola Terceira Cultura, por avanzar nunha necesaria integración entre ciencias naturais, experimentais e humanidades nunha época que así o esixe, na que somos cada vez máis conscientes da interdependencia dos múltiples problemas socio-ecolóxicos aos que debemos facer fronte e diante os cales urxe á desfragmentación de saberes.; a necesidade de que aparezan "científicos naturais amigos do filosofar e humanistas científicamente informados" 2 (Durán, Riechmann, Mir & López Arnal, 2013, p.12). 2 En castelán, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 20 4. Análise. 4.1. Revisión teórica e estado da arte. 4.1.1. Introdución. O monte en Galicia: principais cambios no estado das masas forestais e perspectivas futuras. # QueroNatureza # QueroGalicia, reza un dos lemas da campaña de Turismo da Xunta de Galicia para este ano 2016. Galicia é un territorio verde e así se promociona a súa imaxe no exterior. Os datos, neste caso, avalan os eslóganes: máis de dous terzos da superficie galega é “monte”. Por provincias Lugo conta coa maior superficie arborada (656.842 ha), seguida por Ourense (575.264 ha), A Coruña (501.586 ha) e Pontevedra (296.988 ha) (IGE,2013b).Nembargantes e como veremos neste apartado, o mosaico de verdes que compoñían até hai só unhas décadas a paisaxe de Galicia foi mudando e seguiu unha tendencia á homoxeneización. Segundo explican Darriba, Sánchez, Ladra & Arizaga (2013) foi a chegada da economía de mercado e industrialización no s.XIX, xunto coa planificación e intervención económica por parte das institucións públicas do Estado, as que convulsionaron o sistema de organización e económico tradicional galego, baseado na familia como unidade de produción e intensivo en man de obra. A partires de entón e progresivamente, explica Balboa López (1990), faise patente a "esclerose do monte", que pasa a estar marxinado do complexo agrario. Resultado destas mudanzas, iníciase un proceso de éxodo rural na busca de mellores oportunidades nas cidades do resto do Estado, ultramar, noutras capitais europeas ou máis tarde nas cabeceiras comarcais e áreas urbanas periféricas que repunta entre os 60 e 70 e que formará parte do proceso de desartellamento do sistema socioeconómico que sustentaba os usos tradicionais e a paisaxe cultural do monte. Na actualidade, malia que o 75% do territorio é rural, menos do 25 % dos habitantes residen hoxe en concellos rurais (López Iglesias, 2015b).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 21 A 10 anos da vaga de lumes que asolou preto de 90.000 ha. de monte en Galicia no ano 2006 de acordo ao Centro Europeo de Información Forestal, a superficie queimada en Galicia superaba as 9000 ha neste verán de 2016, mentres se acumulan as demandas por un novo plan de ordenamento e xestión forestal multifuncional e sostible, critícase a falta de medios para a prevención e volve á area pública o debate sobre as causas estruturais que levan a que sexa en Galicia onde históricamentese rexistra máis do 50% dos incendios forestais de todo o Estado (Greenpeace, 2008, p.15). Varias son as causas de fondo apuntadas. Ben sexa porque non rinde económicamente, ben sexa polo despoboamento rural vencellado; son numerosas as voces as que coinciden en sinalar que é precisamente o descoido do monte o que o volve máis vulnerable ante riscos como pragas, lumes ou especies invasoras.Outros engaden ademáis causas estruturais para explica-los riscos aos que se ve exposto o monte galego, entre eles o lume. Parafraseando a Marey, "...o monte galego arde hoxe porque interesa que arda. Os beneficios a curto prazo son superiores aos que se tiran dun monte verde e vivo."(2013, p.76). Na mesma liña di Victor Freixanes (2013, p.5) que "O espazo rural do século XXI nada ten que ver coa realidade de mediados do século pasado.Tampouco as formas de explotación. Nin as formas de negocio.Ou facemos o monte rendible (tamén para os seus lexítimos/as e históricos/as propietarios/as) ou non hai futuro para o monte, que equivale a dicir que non hai futuro para unha das nosas riquezas potenciais máis evidentes, ese tesouro da natureza". Busca-la rendibilidade económica é con diferenza a vía de saída máis insistentemente repetida na literatura para soluciona-los problemas endémicos do monte, aínda existindo voces disonantes. Estas últimas inciden na conservación e propoñen unha nova contabilidade ecolóxica para o monte e demandan novos usos que enfaticen as funcións non produtivas, senón recreativas e ecosistémicas do monte (Carreira & Carral, 2014).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 22 Logo da baixa rendibilidade económica, a segunda eiva na situación dos montes galegos máis frecuentemente atopada nos textos de referenza é a do modelo territorial caótico e o asociado modelo de "xestión forestal liberal"(Marey, 2013). De acordo a esta visión, a administración autonómica tería delegado as súas funcións na execución de políticas forestais nos concellos, favorecendo iniciativas particulares e unha amplísima diversidade en canto a situación e saúde do monte. Os movementos de poboación cara á cidade e o envellecemento xeneralizado da poboación rural, reforzarían o abandono do monte de por si inducido por unha política forestal e de desenvolvemento rural errática, a fragmentación da propiedade e a baixa mobilidade da terra, levando a que o número de propietarios/as de montes sexa superior nalgúns concellos ao de habitantes. Isto é especialmente chamativo segundo algúns autores dada a grande capacidade produtiva dos montes galegos e o potencial desenvolvemento do sector forestal-madeira no noso territorio, que de aproveitarse podería incluso axudar a frea-lo despoboamento rural.(Marey, 2013; Rodríguez et al. 2013). Outro factor permítenos comprender mellor os cambios acontecidos no monte, o rápido e brusco proceso de cambio estrutural na economía galega: No período 1950-2013 a poboación ocupada na agricultura reduciuse nun 93%, de 827.000 a 56.000 persoas, facendo que o seu peso no total do emprego baixara do 70% ao 5,5% (unha porcentaxe similar á media da UE28). Galiza experimentou, pois, unha desagrarización tardía pero abrupta, ao concentrarse en 60 anos unhas transformacións que nos países máis desenvolvidos se foran graduando durante 150 ou máis anos. (López Iglesias, 2016, p.338). Así, entre os anos 60 e a actualidade o sistema social que mantiña a paisaxe cultural do monte e facía un uso multifuncional del, quebrou. En termos de
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 23 Toledo e Barrera-Bassols (2009, p.45), nas últimas décadas presenciamos o encontro e colisión entre o moderno e tradicional. Se ben supuxo unha acumulación de excedentes produtivos sen precedentes, tamén ocasionou fondos impactos sociais, ecolóxicos, económicos, culturais e ecolóxicos. O campesiñado galego, por diversas razóns, pasou a ser incapaz de reproduci-lo sistema agrario nunhas novas condicións sociais e económicas que volveron a súa actividade dependente dos fluxos do mercado e da adquisición de insumos do exterior (Balboa López, 1990).Na actualidade e derivado dese proceso, o nivel de riqueza no rural é relativamente baixo, malia presentarse excepcións respecto da renda dispoñible das familias froito das remesas ou por efecto das trasferencias desde o sector público. En palabras de López Iglesias (2012, p.135): "...a baixa produtividade do traballo no sector agrario (...), unido ao limitado desenvolvemento das actividades industriais e terciarias no medio rural, provoca que os concellos rurais rexistren en xeral un baixo PIB por habitante". Galicia pasou de ser unha aldea a un suburbio e xa no 2010 o 92% da poboación activa estaba vencellada aos servizos e á industria; feito que incide no hábitat galego tradicional e que muda tamén os estilos de vida, con cruces entre o rural e urbano. Os estudos demográficos datan alén dos anteriores, a existencia dun proceso de deslocalización residencial da poboación, que deixou de preferi-las cidades como destino e que reforza as tendencias á suburbanización das periferias urbanas e das vilas galegas; con importantes impactos sociais, culturais e políticos. (Ferrás, 2010). Algúns destes, en especial os directamente ligados ao monte e industria forestal galega serán revisados nos epígrafes que seguen. 4.1.2. O marco normativo do monte: actualidade en Galicia. Os cambios na xurisprudencia teñen sido e seguen a ser un elemento vital no devir histórico dos montes en Galicia (Freire Credeira, Balboa López & Rico Boquete, 2014. p 276). 2015 e 2016 foron anos de noticias forestais en Galicia e o Estado. En Xullo de 2015 aprobábase a Lei 21/2015 de Montes, que
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 24 modificaba o anterior texto de 2003. Entre algunhas das modificacións destacadas inclúese que poderán recalificarse terreos que foran queimados sempre que exista un interese xeral claro no cambio de uso 3 (que se deixa aberto á interpretación de cada CC.AA.) ou que a competencia de denunciar delitos medioambientais pasa dos axentes forestais aos corpos de seguridade do Estado. 4 Respecto de Galicia, no 2015 a Xunta facía público o borrador de decreto sobre repoboacións forestais, que prevé a prohibición de repoboar con eucalipto áreas que teñan maioritariamente árbores frondosas como o carballo ou o castiñeiro ou nas masas mixtas de eucalipto e frondosas onde o eucalipto supoña máis do 30% e limita a extensión do eucalipto nitens en Ourense, no sur e nas áreas de montaña de Lugo. Tamén sonado, a Audiencia Nacional rexeitaba en outubro de 2015 un recurso de ENCE contra a decisión do Ministerio de Agricultura de retira-lo eucalipto nitens dunha plantación en Asturias pola súa natureza invasora. 5 Asemade, dende 2014 e até comezos de 2016 un grupo de traballo cunha ampla representación da industria madeireira e pasteira (Xunta de Galicia, 2016a) e dentro do Consello Forestal, elaborou directrices e recomendacións para a revisión do Plan Forestal de Galicia, entre as que se atopan que "debera manterse ou reducirse a superficie arborada ocupada con eucalipto de acordo ás necesidades da industria"; "a necesidade de incrementar o investimento para medidas de melloras forestais e I+D+i", "a necesidade de maior intervención do sector forestal nos distintos órganos de goberno autonómicos sobre a materia" ou "a necesidade de impulsa-la creación dunha cultura forestal a través da educación e divulgación". (Xunta, 2016b).En resposta á publicación das conclusións do Grupo de Traballo, a Alianza Rural Galega (2016) 6 amosaba a súa disconformidade porque segundo estes: "tratan de revisa-lo carácter xermánico das titularidades veciñais e proceder á 3 Diagonal, 09/07/15 4 Diagonal, 12/03/15 5 Praza Púbíca, 13/10/2015 6 Organización de corte progresista e nacionalista integrada por ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 25 privatización da súa xestión; apostan pola produción de madeira con pouco valor engadido, a biomasa forestal e os cultivos enerxéticos e por último, priorizan a produción forestal malia o risco de degradación ambiental". Máis recentemente, en Xaneiro de 2016, ENCE (principal compradora de madeira de eucalipto en Galicia) facía público que o goberno central prorrogaba a súa concesión para desenvolve-la actividade da súa pasteira na enseada de Lourizán, Pontevedra, até 2073 7 , cunha ampla oposición cidadá. Uns meses máis tarde, un informe do Tribunal de Contas (2016) avaliando o 4º quinquenio de execución (2008-2012) do Plan Forestal de Galicia, norma básica que marca as directrices de intervención da Comunidade Autónoma en materia forestal, demostraba que malia que o obxectivo do Plan Forestal de Galicia (1992-2032) era o ordenamento e recapitalización do monte, até o momento levávanse investido máis recursos en prevención e extinción de lumes ca en ordenamento. O mesmo informe databa a cegueira das revisións do PFG, ao facerse estas ser terse desenvolto previamente unha avaliación dos resultados do Plan anterior. O mesmo documento, alertaba da escasa adicación do persoal forestal a extensión forestal e da insuficiente coordinación entre os servizos dos que dependen, do Servizo de Montes e Servizo de Prevención e Extinción de Incendios. A nivel europeo, 2015 foi un ano de cambio no que a agricultura se refire. A meirande parte das disposicións da Política Agraria Común (PAC) reformada para o período 2014-2020 entraron en vigor a comezos de ano. O segundo piar da PAC, o Programa de Desenvolvemento Rural para Galicia fíxose efectivo a finais do mesmo ano. Se ben as anteriores PAC e PDR (2007-2013) en materia forestal contemplaban medidas orientadas sobre todo á mellora do valor económico do bosque, forestación de terras, apoio á rexeneración, repoboación e a empresas transformadoras do sector forestal, as novas PAC e PDR (Comisión Europea, 2014) perseguen a integralidade e sostibilidade dos sectores agrícola, de alimentación e forestal, que deben ser acordes ao Marco 7 La Voz de Galicia, 26/01/2016.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 32 públicas respecto do ordenamento forestal no franquismo e logo na democracia; pola replicación de prácticas informais por parte dos propietarios e propietarias de montes, o carácter invasor da especie e polas favorables condicións climáticas para a expansión do eucalipto en Galicia.No seguinte apartado, volveremos sobre as fitas históricas máis salientables das repoboacións con especies de crecemento rápido nos montes galegos. 4.1.4. Repoboacións forestais en Galicia: conflitividade no medio rural. Escribía Castelao en Sempre en Galiza, no 1944: A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o Estado unitario.A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da colectividade.Na nosa Terra dánse os mellores albres. O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar. (2013, p.121). O interese polas árbores na cultura galega semella remontarse a fitolatría, ou culto aos vexetais asentado no territorio dende a época pre-rromana. A súa adopción por parte das institucións de goberno será moito máis tardía e resultado da progresiva diminución das masas forestais en Galicia dende o Medievo, que se agrava no XVIII pola enorme demanda das autoridades da Mariña de Ferrol, concretamente desde o ano 1726 para a construción de navíos defensivos (Llorca Freire, 2016; Díaz-Fierros, 2006). Foron a Deputación de Pontevedra primeiro (1926-1929) e a cidade de Tui máis tarde, as primeiras que acolleron tarefas de repoboación forestal da man dos enxeñeiros forestais Daniel de la Sota e Rafael Areses Vidal respectivamente. O derradeiro, foi pioneiro na plantación no monte Aloia con
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 33 especies de crecemento rápido e quen difundiu entre a administración de Primo de Rivera (Díaz-Fierros Viqueira; 2006, 2014) os potenciais beneficios destes cultivos. Este feito foi clave no desterramento da tradición forestal das teses da Escola de Silvicultura Xermánica, que mantivera até o momento a hexemonía na definición do uso mixto monte, nomeado de silviculura mediterránea. Así, se no 1926 se aprobaba a Lei de Repoboamento Forestal, no 1935 o goberno da Segunda República crearía o Patrimonio Forestal do Estado, "a forestal", como organismo encargado de poñer en marcha o Plan de Repoboación Forestal de España (Marey, 2013). Curiosamente, só uns anos antes, a Festa da Árbore, era adoptada no calendario de festas por multitude de concellos galegos como símbolo da socialización do pensamento naturalista ligado ás correntes de renovación pedagóxica en España.(Díaz Fierros, 2006, p.281) Nos anos 70 e resultado do PFE, a superficie forestal multiplicárase por catro e daba pé á seguinte testemuña, dun especialista estranxeiro: " non hai outro país no mundo que realizase un labor de semellante magnitude, a excepción da URSS (...) isto é xigantesco, mesmo ata a tolería, pero seguramente é típico español." (Díaz-Fierros, 2006, p.107).Malia que a chegada da especie como ornamento remóntase ao século XIX, semella ser que da man doutro tudense, Frei Rosendo Salvado, o eucalipto chega para non marchar dos montes galegos da man do franquismo e como garantía do subministración de materia primeira para as plantas públicas de celulosa en Pontevedra e unha planta privada en Navia, inauguradas entre finais dos 50 e 70. Nos 80, ámbalas dúas plantas abastecíanse xa exclusivamente de eucalipto, se ben até ese momento farían un uso combinado desa especie con piñeiro.(Greenpeace, 2011; Varela Díaz,1990). O PFE desenvolveu a súa política produtivista á custa de aumentar a conflitividade no medio rural, (Fernández Leiceaga et al., 2006) mediante un proceso de división do monte que afectou unha terceira parte do territorio galego e que foi herdeira das desamortizacións e intervencións da admnistración sobre os montes dende o s.XIX e que viñera obrigando ás
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 34 comunidades rurais a definir á súa historia en termos de resistencia (Freire Cedeira, Baboa López & Rico Boquete, 2014, p.252). A oposición á intervención sobre os montes de veciños e veciñas foi forte, xa que " (...) a repoboación forestal atentaba non só contra os recoñecidos dereitos das comunidades, senón contra a viabilidade e supervivencia das explotacións agropecuarias, aínda cun alto grao de dependencia do monte" (Freire Cedeira, Balboa López & Rico Boquete, 2014, p.254). A radicalidade na oposición ao tempo que a diversidade nos repertorios de protesta de veciños e veciñas vén explicada polo feito de que os montes repobados polo PFE eran por un lado un medio de vida básico para a súa economía de subsistencia e por outro, chave para a súa transición cara un modelo agrario intensivo en auxe que demandaba carne e leite. Este útimo proceso foi contemporáneo no tempo ás repoboacións e esixía unha alta dispoñibilidade de pastos. A oposición das comunidades veciñais e un cambio nos intereses da administración, coa apertura da economía ao mercado mundial a partires dos 60, levou á aprobación no 1968 da 1º Lei de Montes Veciñais en Man Común, que recoñecía a titularidade veciñal das propiedades pero que non supuxo na práctica unha diminución dos repoboamentos e que seguiu reservando para a administración amplas competencias en materia de xestión dos montes (Fernández Leiceaga et. al, 2006). De feito, esta lei nace para salvagarda-las repoboacións levadas a cabo até o momento e dar pulo á sinatura de novos consorcios de repoboación, que pasaba por buscar medios para reducir-la conflitividade en torno ao monte. (Freire Cedeira, Baboa López & Rico Boquete, 2014, p.254). Habería que agardar até os anos 80 para a aprobación dunha nova Lei de MVMC, que implicou a retirada substantiva de competencias das institucións sobre os montes veciñais e recoñeceu a súa natureza privada. Malia isto, o apoio á expansión das repoboacións forestais continuou por outras vías.Antes disto, o PFE fora substituído polo ICONA, (Instituto para a Conservación da Natureza), que no 1972 xestionaba o 16% do territorio galego (Marey, 2013).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 35 Tras recibi-las súas competencias, as Comunidades Autónomas iniciaron procesos de planificación forestal, aprobando ou presentando estratexias ou plans forestais autonómicos, ou promulgando algunhas delas leis forestais baseadas na lei marco de montes do franquismo, do ano 1957. En Galicia non foi até o 1989, logo da presentación dunha iniciativa lexislativa popular na defensa do monte e que incluía medidas contra expansión do eucalipto, que a Xunta deu luz verde a un decreto que obrigaba a solicitar permiso para plantacións de grandes dimensións, (5 ha ou máis) e avalia-lo impacto ambiental nos proxectos de plantación forestal por riba das 50 ha. Esta mesma norma, aínda vixente, prohíbe específicamente plantar eucaliptos en zonas de bosque autóctono e obriga a reservar un 10% da superficie das plantacións forestais de maiores dimensións para outras especies, non de crecemento rápido. Os impactos deste decreto, foron limitados dada a falta de recursos na Consellería de cara á delimitación das áreas de bosque autóctono. (Greenpeace, 2011 & Pérez, 2011). Un informe independente sobre o panorama forestal do Norte de España e elaborado a instancia da Dirección Xeral de Medio Ambiente, Seguridade Nuclear e Protección Civil en Bruxelas alertaba xa no 1989 dos efectos ecolóxicos nocivos das plantacións de eucalipto, incluíndo afectacións sobre a diversidade biolóxica e paisaxe. Informaba o mesmo documento de que un modelo de especialización no cultivo desta especie xeraba menor produción bruta, marxe de beneficio e emprego por unidade de superficie que os usos tradicionais e agrícolas maioritarios (González Bernáldez, Ruiz Pérez & Levassor,1989) e sinalaba que a única xustificación para a súa expansión era o da minimización de custes e o fornecemento de celulosa para as pasteiras. Con todo, sentenciaban: A expansión do eucalipto contribuirá ao deterioramento da economía rural das zonas afectadas, fosilizando o mercado da terra para uso agrario e dificultando a modernización das explotacións tradicionais. Coa devandita expansión, hipotecaríase, pois, a busca de alternativas que saquen estas
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 36 rexións da crise. A situación empeora polas dificultades de sustitución dos eucaliptais, con elevados custes e e varios nos de prazo até acadar repoñer os usos anteriores. 9 (González Bernáldez, Ruiz Pérez & Levassor,1989, p.45). No 1992, coincidindo coa reforma da Política Agraria Común e da Rolda de Negociacións do GATT en Uruguai, que implicaron reducións das axudas internas á agricultura, menores proteccións contra as importacións e axudas á exportación (López Iglesias, 2015a) e momento no que comeza a falarse de desertos poboacionais no rural, ou aparecen as cotas lácteas; a Xunta presentou o Plan Forestal de Galicia (PFG), ao que xa nos referimos anteriormente. Entre os seus obxectivos atopamos o de "incrementa-la superficie de masas puras de eucalipto até as 245.654 hectáreas nos seus 10 primeiros anos de aplicación".7 anos despois, a Xunta retiraba as subvencións ao eucalipto por consideralo innecesario e logo de que a superficie ocupada por esta árbore se tivera multiplicado por 4 en 10 anos. 10 Esta norma, ten sido criticada por "reforza-la especialización galega na produción de madeira de eucalipto sen ter en conta consideracións ambientais e ignorando a previsible tendencia á baixa nos prezos da súa madeira" (Greenpeace, 2011) 11 . A Política Agraria Común da Unión Europea (PAC) e outros factores socioeconómicos revisados, impulsaron o peche das pequenas explotacións agrarias e intensificaron o proceso de abandono das terras de labranza, dando folgos á eucaliptización. Os concellos galegos foron tamén cómplices, segundo Marey (2013), do desgoberno no modelo territorial galego. As competencias sobre a xestión nos usos do territorio 12 , recaeron nos concellos até o ano 1997, que debían estar adaptadas ao planeamento municipal e que na práctica 9 En castelán, no orixinal. Trad. propia. 10 La Voz de Galicia, 22/05/2000 11 En castelán, no orixinal. Trad. propia. 12 Entre 1985 e até 1997, a Lei do Solo concedía aos concellos competencias reguladora e xestora das actuacións sobre o mesmo.(Marey, 2013, p.74).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 37 dificultaba a aprobación destes últimos, creando un incentivo para que os consistorios non asumiran plena responsabilidade sobre o ordenamento territorial.No 2002, apróbase a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, coa vocación explícita de tomar medidas urxentes de ordenamento territorial. 4.1.5. Abandono rural e eucaliptización:homoxeneización e implicacións culturais.Unha historia recente. O arborado foi, en termos absolutos, o tipo de cuberta do solo que máis aumentou durante os últimos vinte anos (Corbelle & Crecente, 2014). Este proceso, que inclúe o aumento de frondosas e de plantacións para produción de madeira,foi simultáneo no tempo ao abandono da terra, aseguran López Iglesias, Sineiro García e Lorenzana Fernández (2013) e debeuse á conxunción de diversos factores estruturais e institucionais. Entre eles, os autores salientan a escasa mobilidade da propiedade, o pequeno tamaño medio das propiedades, a presión sobre as pequenas explotacións froito da PAC e da apertura do mercado de produtos agrícolas e a ausencia de ordenamento territorial no territorio autonómico. Corbelle e Crecente (2014) coinciden en sinala-las mesmas causas como responsables da forestación con especies de medra rápida, se ben engaden á lista o efecto directo que ás axudas á forestación de terras agrarias derivadas do Regulamen-to europeo 2080/1992 tiveron na paisaxe galega. Actualmente e relacionada cos movementos poboacionais durante os pasados séculos e até agora, algunhas fontes datan a existencia en Galicia dunhas 3000 aldeas abandoadasou en risco de estalo (con menos de 3 habitantes) (Calidonia, 2014).nOutros datos do Instituto Galego de Estatística recentemente publicados en prensa 13 , devolven unha perspectiva lixeiramente máis optimista, malia que próxima á anterior. Segundo estes últimos, existían en 2016 máis de 1600 núcleos de poboación totalmente deshabitados e 855 onde só reside un 13 Sermos Galiza, 17/07/2016
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 38 veciño ou veciña.Como se apreza na Figura 3 a continuación, o abandono de núcleos non ten unha distribución equitativa en todo o territorio galego. O interior de Galicia, incluíndo a Mariña lucense, o noso caso de estudo, son os que acumularían a meirande parte de núcleos deshabitados. Este panorama é coherente coas achegas de Corbelle e Crecente (2014, p.36), que demostran como "as principais tendencias de cambio nos usos da terra dende 1980 se distribuíron de xeito desigual polo territorio da Comunidade Autónoma, dividíndoo de feito entre a urbanización, a forestación e o abandono." Dende os anos 80 á actualidade a poboación activa agraria experimentou descensos considerablemente máis acusados do que en anos anteriores (Sineiro García, 2006 e 2008). Entre os anos 60 e 80, comezara xa o cambio e "se foron deixando de aproveitar polo gando unhas 820.000 hectáreas de monte” (Sineiro García, 2006). O anterior ten numerosas implicacións para a sustentabilidade futura do territorio. A nivel global a agricultura segue sendo a principal xestora do territorio e as súas actividades ocupan preto do 40% da Figura 3 : Mapa dos núcleos poboacionais galegos deshabitados ou en risco de estalo. Fonte: Calidonia (2014).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 39 superficie terrestre (FAO, 2009 en Carreira Pérez & Carral Vilariño, 2014, p. 54). A desaparición desta actividade, faría recaer a responsabilidade subsidiaria da xestión do territorio sobre as administracións públicas, cunhas xa delicadas situacións nas facendas. A análise de cambios de uso do chan proba que o 43,2% da superficie total da Comunidade Autónoma cambiou de uso entre 1985 e 2005. Se analizamos cualitativamente os trocos: As principais direccións de cambio, por superficie total, foron a forestación de áreas de mato e de superficie agrícola (235.000 e 158.000 ha, respectivamente), o paso a mato de áreas de arborado produtor de madeira (131.000 ha), a decrúa de áreas de mato para uso agrícola ou gandeiro (130.000 ha), e o abandono a mato de áreas de uso agrícola anterior (106.000 ha). (Corbelle Rico & Crecente Maseda, 2014, pp.39-40). Pero é este proceso reversible? Que dimensión ten o paso de terreos antes agrícolas a plantacións forestais que a Xunta prohibiu no 2015? Estanse ocupando con eucalipto ou piñeiro os solos de mellor calidade? O balance dos cambios no uso do chan por tipos (Corbelle Rico e Crecente Maseda, 2014) manifesta que a forestación para produción de madeira aconteceu en solos de calidade intermedia cando substituíu os usos agrícolas ou baixa na súa meirande parte, cando reemplazou a mato ou frondosas. Máis polo miúdo os autores sinalan que o 54% da expansión das especies produtoras de madeira tivo lugar sobre terras antes adicadas a mato, o 36% sobre superficies agrícolas e o 7% sobre frondosas, o que viría a sinalar que terían sido os e as propietarios/as, nun proceso de replicación de prácticas de forestación que si recibían subvencións e se cinguían a terreos non agrícolas, as grandes responsables da forestación con especies de crecemento rápido e da ocupación de terras agrícolas, nun contexto como vimos de escaso regulamento efectivo e control sobre os cambios nos usos do chan en Galicia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 40 Se ben podemos dicir que o desgoberno respecto do ordenamento territorial supuxo un incentivo para a plantación forestal por parte da iniciativa privada, a aportación de Corbelle e Crecente, matiza que a eucaliptización non foi só unha consecuencia directa das políticas públicas de apoio á forestación, houbo máis causas. Ligado co abandono das terras e homoxeneización dos seus usos encontramos o fenómeno do feísmo, ou degradación arquitectónica, urbanística pero tamén do territorio e da paisaxe de Galicia (Paz, 2006). Este explícase segundo os autores polos fenómenos de crecemento desordenado do territorio e pola "colonización da mentalidade produtivista froito da globalización". As políticas forestais impulsadas pola PAC e ICONA, definirían estritamente a ruralidade e impoñerían o produtivismo como criterio de aproveitamento dos montes galegos.É deste xeito que desprega un imaxinario que separa natureza e cultura. Así, seguindo aos autores, podemos concluír que industrialización da actividade agrícola e o rápido proceso de desagrarización racha e desprestixia os xeitos de organización da vida cotiá e agricultura tradicional (de autoabastecemento) e xera un imaxinario de desprestixio cara esas formas de organización tradicional, desnaturalizando o valor integral da natureza e reducíndoos a recursos susceptibles de aproveitamento a grande escala. Isto favorece a perda de identidade comunitaria (precísanse empresas maiores para producir rendementos a gran escala como os que as condicions do sector novo demandan) e ten un cuestionable impacto respecto da fixación de poboación no rural e a dinamización consecuente do mesmo, sobre o que volveremos.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 41 4.1.6.A cadea forestal madeira: usos e perspectivas. A cadea forestal madeira é un dos sectores considerados prioritarios para Galicia, segundo asenta a RIS3 .De acordo ao Informe 2013 da economía galega (IGE, 2013b): "Só en dous sectores, industria do papel e outras industrias manufactureiras, de moi escaso peso relativo no contexto industrial —en xaneiro de 2014 contaban con 1196 e 1166 afiliados á Seguridade Social, sendo 122.293 o total de afiliados no conxunto do sector extractivo e manufactureiro galego— medrou a produción". O sector forestal-madeira inclúe o da industria madeireira, con actividades como o serrado, a fabricación de paneis, compoñentes da construción e embalaxes de madeira; a fabricación de pasta, papel e cartrón e a súa transformación, así coma os sectores da imprenta e a edición. Na nosa contorna, trátase tamén dunha industria importante. En conxunto, o valor da produción das industrias forestais da Unión Europea ascendía en 2013 a uns 300.000 millóns de ecus, o que se corresponde a un 10% da industria europea.(Martínez, 2015d). Galicia está especializada no sector forestal-madeira e nos últimos anos veu producindo a metade da madeira de España. Isto situouna nalgún exercicio como a novena potencia da UE en curtas de madeira, por enriba mesmo do Reino Unido. Como sinala Picos Martín (2015) o 50% das cortas de madeira realizadas na actualidade en Galicia correspóndense con madeira de eucalipto. Estas xeran preto de 300 millóns de euros, que se reparten entre os 672.000 propietarios forestais do territorio, cunha media de propiedade inferior a 2 hectáreas repartidas en 2 ou 3 parcelas. A facturación conxunta do sector revirte 1.600 millóns de euros, contando industrias de primera transformación, pasta de papel e fabricación de mobiliario. O mesmo informe confirma que as empresas galegas producen o 40% dos taboleiros e da madeira serrada do Estado, así como o 20% da pasta de papel, cunha máis humilde aportación na segunda transformación (mobiliario e carpintaría).Galicia posúe un sector de transformación da madeira con 3.500
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 48 territorio onde especies madeirables e perennes (...) empréganse deliberadamente na mesma unidade territorial que outros cultivos agrícolas e/ou animais; cunha determinada disposición espacial e seguindo unha secuencia temporal. Nos sistemas agroforestais existen interaccións ecolóxicas e económicas entre os diferentes compoñentes ". De acordo co traballo de Pérez Moreira (1992, p.127) os impactos máis destacables do eucalipto nas últimas décadas e do seu rápido espallamento na paisaxe galega son os sociais. Segundo o mesmo autor, a paisaxe e a natureza no rural non son algo meramente estético e alleo, senón algo utilitario, pois sobre todo son o un medio de vida, e ó que os/as habitantes están unidos vivencialmente con moitas referencias persoais en cada cousa ou lugar. Este autor propón un aproveitamento integral e un modelo de silvicultura ecolóxica para o monte galego: Unha nova silvicultura é a vía de solución. A súa base sería o aplicar principios ecolóxicos mesmo nas áreas produtivas: ou sexa aplicar medidas propiciatorias da diversidade estrutural e de preservación dos recursos nos bosques manexados, a maiores de que sexan protexidas especialmente aquelas outras áreas máis sensibles ou de maior significación ecolóxica. (1992, pp. 218-219). Esta visión, en palabras de Pérez Moreira, contraponse ao plantexamento de certas políticas públicas das que se deduce que para a protección da natureza é suficiente con protexer certas áreas, sen ter en conta o que acontece nas áreas arredor. Entre as intervencións que incluiría este modelo de ordenamento forestal ecolóxico atopamos a busca da diversidade na estrutura das plantacións (con árbores de distintas idades, incluíndo mato vello, vexetación natural e árbores sobremaduras), deixar no chan a biomasa miúda; axeita-lo tipo de plantación para que os balances de auga e nutrientes sexan positivos, procurar un uso diversificado das terras e un ordenamento en mosaico e por
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 49 último dispoñer de illas de reserva biolóxica e corredores de vexetación que fagan posible a estabilidade dos ecosistemas-bosque. Con todo, unha xestión forestal ecolóxica faise precisa para a mellora e conservación da calidade ambiental do monte, minimizando os impactos, favorecendo a diversidade, a integración paisaxística e a evolución progresiva da sucesión ecolóxica (Pérez Moreira, 1992, p.220). Para mellora-la calidade forestal dos nosos montes, engade Peña Castiñeiras (2009, p.251), faise preciso incluír un criterio paisaxístico trasnversal a todas as actuacións no monte, que se oriente á resaltar valores culturais. Diversos foros galegos en materia forestal teñen suxerido a necesidade dunha nova cultura forestal fronte o lume, de maior transparencia na industria ou o convinte de impulsar medidas para o aumento da superficie media das explotacións, ben a través de concentracións parcelarias, Bancos de Terras ou outras formas de xestión conxunta do monte como as Sociedades Agrarias de Transformación ou as SOFOR. O común denominador destas propostas: mellora-la rendibilidade do monte. Un destes simposios, o convocado pola Fundación Barrié (2013) contestaba á pregunta "É posible un futuro mellor?" asentindo, mais condicionábao a que a industria sexa quen de facer fronte "a todas as posibles demandas que lle faga a sociedade 15 "(Arenas et al., 2013, p.44).Cales son, pois, as demandas da sociedade respecto da industria? E respecto do monte? Trataremos de abordalo tema no seguinte apartado. A creación de traballo, contribuír a frea-lo abandono, a fixar poboación no rural, preserva-lo patrimonio ou axudar na loita contra os lumes forestais son algunhas das máis repetidas na prensa e literatura especializada e que atenden a distintos intereses e reflicten diferentes modos de comprensión do monte e do seu papel na Galicia de hoxe e futura. A falta dunha revisión exhaustiva sobre o asunto, Pérez Moreira insiste na premura de: 15 En castelán, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 50 Recobrar unha visión unitaria e integradora da natureza, e non só produtivista. Hoxe, tanto ou máis que a produción agraria ou forestal, interesa a preservación da identidade cultural e da integridade ecolóxica, que se resumen na calidade ambiental e na paisaxe. A silvicultura ecolóxica crea bosques manexados con esta visión de altura, atendendo así ás múltiples funcións dos bosques e os montes. (1992, pp.221-222). 4.1.8. Diversificación e calidade de vida: hai alternativas ao uso industrial do monte en Galicia? Nun contexto no que o 50% da superficie arborada en Galicia corresponde a especies de quenda curta con escasa posibilidade de que no mesmo espazo convivan outros usos, a diversificación das actividades na industria forestal así como nas funcións do monte xustifícanse como condición necesaria para garantir un axeitado nivel de vida á poboación. Dúas son as principais demandas que se lle fan na actualidade ao monte, segundo Fernández Leiceaga et al. (2006, pp.490-491): En primeiro lugar, unha demanda urbana de natureza, virtual ou real, ligada á toma de conciencia ambiental por xeracións que carecen da vivencia dun contacto íntimo cos procesos naturais como ao incremento do nivel de vida que financia a viaxe, a escapada, un mecanismo de equilibrio nunha existencia tediosa ou estresante. En segundo lugar, a menor necesidade de terra e forza de traballo por unha agricultura tecnificada e extremadamente produtiva, que reduce a renda de orixe agraria e libera espazo e tempo da poboación no medio rural para outras actividades.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 51 A literatura indica que a clave para satisfacer tanto demandas utilitarias coma ambientalistas está no deseño dun ordenamento que faga partícipe á poboación, especialmente á residente. Así, "(...) ningunha integración harmoniosa sa sociedade rural no concerniente ao bosque é posible sen contar con ela mesma, de xeito que se optimicen os intereses máis xerais coas conveniencias locais...".(Pérez Moreira, 1991, p.191). A día de hoxe, a postura adoptada pola administración autonómica respecto do monte, como fumos repasando, está lonxe de poder considerarse unha aposta pola multifuncionalidade, malia ser esta última recoñecida formalmente como unha das prioridades no deseño de políticas forestais. Dun xeito semellante, distintas declaracións dos representantes da industria e propietarios forestais os aseguran próximos aos postulados da sustentabilidade. De acordo a estes, un futuro desexable para a industria forestal en Galicia pasa porque o sector forestal sexa percibido pola sociedade como estratéxico, que os recursos se exploten de xeito sustentable, e que os produtos forestais acaden un recoñecemento exterior, de calidade (Arenas et al., 2013). Malia o anterior, o Foro de análise e de encontro entre propietarios forestais e expertos do sector (Devesa, 2015), afirmaban a existencia dun gran potencial para que o sector forestal teña unha contribución maior ao produto interior bruto galego e ao desenvolvemento dun tecido empresarial propio. O sector estaría a traballar moi por debaixo da súa capacidade de produción instalada (inferior ao 50 %). Para superar esta situación, o Foro concluía recomendando a adopción de medidas estritamente economicistas: aumenta-la produtividade, incidir sobre os propietarios privados, medición sistemática da produción e evolución das masas e a redución de burocracia. Indicaban tamén como medida urxente a adoptar en Galicia, o aumento da superficie arborada en 300.000 hectáreas para así equiparar a ratio á das potencias forestais europeas como Finlandia, Austria e Suecia. Unha demanda medrante de madeira no mercado internacional, é a causa de fondo deste interese por incrementa-la produción. De acordo ás previsións da FAO, as plantacións subministran o 30 % da madeira en rolo que se consume
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 52 no planeta, e se estima que representarán máis do 50 % en 25 anos, ao quedar a capacidade de satisface-la demanda dos bosques, amplamente superada.( Arenas et al., 2013.) Así as cousas, a industria reclama apoio da administración para acadar unha integración cara atrás coa propiedade; o establecemento dun sistema de poxas públicas que mellore a transparencia na fixación dos prezos de venda da madeira e para a apertura de novos mercados onde colocar os produtos madereiros. Como posibilidade alternativa para o sector forestal e madeireiro, outros casos de referenza como o finés adoptaron nos últimos anos medidas de diversificación das súas producións de acordo a criterios de sostibilidade. Entre outras, promoveron sistemas de certificación sostible da madeira e da xestión dos seus bosques, como un incentivo de mercado. De feito, varios autores consideran que, a medio prazo, a certificación forestal será imprescindible para os produtores e transformadores poder manter unha cota de mercado (Picos Martín, 2010; Clark e Kozar, 2011). Os sistemas de certificación xa cobren un 8% da madeira producida en Galicia actualmente segundo datos da Asociación Española para a Sostibilidade Forestal, entidade responsable da certificación en España. A porcentaxe de superficie de madeira certificada en Galicia baixo os selos PEFC e FSC, é escasa fronte o 59% de Gran Bretaña ou o 93% de Finlandia, explícase segundo fontes do sector pola fragmentación da propiedade galega (Rodríguez et al., 2013). Malia a valoración positiva destas certificacións polo mercado, certos autores veñen recomendando cautela respecto dos mesmos, ao non terse documentado efectos positivos significativos respecto do estado da biodiversidade unha vez aplicados na xestión das masas forestais ( Englund & Berndes, 2015). Ademais, estudos comparativos a nivel internacional sobre as políticas forestais denotan que malia xurdir co obxectivo de beneficiar a pequenos produtores, os as certificacións na práctica benefician en maior medida ás grandes empresas so sector e favorecen a aparición dun "Paradoxo da confianza", no que a maior existencia de normativa favorece os conflitos de
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 53 valores entre as persoas e axentes do sector, ao impedi-la creación de significados comúns e valores. (Mc Dermott, Cashore & Kanowski, 2010). A biomasa ten emerxido nos anos recentes como un uso complementario ao aproveitamento forestal para trituración e produción de madeira. En 2008 a Xunta aprobaba o Decreto 149/2008, do 26 de xuño e abría as portas á creación dunha ducia de plantas na Comunidade. Doce proxectos foron planificados, pero as barreiras administrativas e fiscais ás enerxías renovables trauucíronse en que ningunha das plantas teña sido creada até o momento 16 . Malia que diversos estudos sinalan que en Galicia existen máis de 500.000 toneladas anuais de biomasa que rematan como residuo no monte e que poderían empregarse para a produción de enerxía (Rodríguez et al, 2013), outros dubidan de que a biomasa dispoñible fose suficiente no caso de que as 12 plantas previstas en 2008 para Galicia se puxesen en funcionamento.De non ser así, o abastecemento das plantas dependería da creación de novos cultivos enerxéticos, para os que entre as especies máis adientes figuran o eucalipto, a acacia negra ou a mimosa, ámbalas tres consideradas invasoras (Copena & Simón, 2014, pp.105-106). Alén disto,o alto custo do transporte da madeira que conlevaría este aproveitamento, leva á exploración de saídas máis eficientes para o aproveitamento da biomasa, como a produción de carbón ou o gas natural. (Rodríguez et al., 2013). A xeración de enerxía eólica a través da creación de parques no monte é outra das intervencións que máis ten afectado á paisaxe galega nos últimos anos, cando se instalaron máis de 4000 xeradores. As rendas froito das instalacións, que se fixeron en moitos casos a golpe de expropiacións, repartíronse dun xeito moi desigual entre empresas xestoras e propietarios. Estes últimos terían recibido un 1'46% dos beneficios obtidos polos parques instalados nos seus terreos en 2011 en base á investigación desenvolta por Damián Copena. 17 Outro modelo de parques comunitarios e a menor escala, podería funcionar, 16 Pérez Pena, M., 10/06/2016 17 Pérez Pena (25 de Maio de 2016).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 54 pola contra, como un factor de desenvolvemento das áreas rurais, dos que hai experienzas noutras áreas de Europa, Canadá ou os EUA. Diversas voces suxiren tamén a posibilidade de aumenta-la rendibilidade do monte vía incremento das rendas. A proposta de poxar a madeira extramatura, podería facer triplicarse o valor da madeira vendida (Arenas et al, 2013). Os mesmos autores, insisten en que o incremento das actuacións silvícolas axudaría a subi-lo prezo de venda da madeira en orixe e esixiría da aparición de novas empresas.O aumento da porcentaxe de madeira galega que se emprega nas vivendas permitiría aforrar un 25% nas emisións de CO 2 , e estimularía á produción de bens de maior calidade, con árbores de maior idade e evitando a "situación na que os produtos máis cotizados na cadea forestal madeira impórtanse de fóra" 18 (Arenas et al., p.43). Ademais pronostican que isto tería un efecto arrastre en tódalas actividades da cadea de valor, especialmente nas segundas transformacións, cun maior valor engadido. Fronte aos usos industriais, a produción de bens e servizos non madeireiros diversos representan en Europa o 25 % do valor extraído do bosque. (Rodríguez et al., 2013, p.34). Galicia figura como líder na produción de castaña en España e a multitude de experienzas de aproveitamento diversificado no monte, aínda sendo minoritarios, demostran ter uns rendementos superiores aos monocultivos intensivos e xerar oportunidades de emprego nas comunidades rurais nas que se desenvolven, cunhas externalidades socioambientais moi positivas. Unha escolma de prácticas sostibles que xa se están desenvolvendo nos montes galegos, descríbense nun traballo realizado pola Asociación Ecoloxista Adega (2015), dentro da súa campaña Cousa de Raíces, en defensa do bosque autóctono. Neste documento, as protagonistas destas experienzas de usos non industriais dos montes son as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Malia as tendencias á homoxeneización dos usos nos derradeiros anos, a explotación dos montes comunais continúa a ser diversa, dependendo do tipo de 18 En castelán, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 55 vexetación, a situación e a súa importancia económica para a comunidade que o posúe. Estes montes utilízanse non só para a produción de madeira, senón tamén para os pastos, cultivos agrícolas, caza, explotación de canteiras, instalación de antenas e cables de electricidade ou arrendamento financieiro a terceiros, entre outras ( Fernández Leiceaga et al, 2006 ). Hoxe en día existen ao redor de 2800 montes comunais en Galicia que ocupan preto de 700.000 ha. Por un lado, sto implica que ao redor dun terzo dos bosques de propiedade privada son bosques comunais en Galicia. Por outro lado, existen 150.000 comuneiros e comuneiras en Galicia, o que resulta en que preto de 500.000 persoas en Galicia se beneficiarían dos ingresos da economía dos montes comunais en man común. Ésto é:o 20% da poboación total. Na actualidade, en Galicia o 51,6% da superficie veciñal está xestionada pola administración, estando o 44,3% xestionado polas propias comunidades e un 4% da superficie abandoada (Fernández Leiceaga et al, 2006, p.176). Por outra parte, o tamaño medio dos montes comunais de Galicia é de 237 hectáreas, sendo este relativamente importante en comparación co tamaño dos montes particulares e cuxo efecto é o de facilitar un uso diversificado dos mesmos. Unha parte significativa dos montes galegos, predominantemente MVMC, están incluídos na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos, o que indica a súa importancia no mantemento da riqueza e a biodiversidade da nosa flora, fauna, paisaxe e todos os ecosistemas que estas formacións acollen (Arenas et al, 2013). Ademais, o monte veciñal pode ser considerado como un reduto de comunitarismo cuxa importancia para o desenvolvemento rural foi xa demostrada por amplos estudos científicos así como polo gañador do Premio Nobel "O goberno dos bens comúns"de Elinor Ostrom. Con todo, os MVMC reúnen unha serie de características: inembargabilidade, imprescriptibilidade, indivisibilidade e en moitos casos contan con comunidades
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 56 implicadas na súa xestión que os posicionan moi ben diante deses novos mercados relacionados coas funcións ambientais e recreativas do monte. Polas súas características, estas figuras adáptanse ben ás lóxicas de longo alento, patrimoniais e conservacionistas nas que se basean as demandas para a multifuncionalidade do monte en Galicia. As experienzas no desenvolvemento de novos usos e aproveitamentos nos montes veciñais en man común son idóneas na xeración dun efecto demostración sobre outros. (Fernández Leiceaga, 2006). Estudos sobre os valores e rendas anuais imputadas ás diferentes funcións do monte, produtiva, recreativa e ambiental sinalan que Comunidades Autónomas como Asturias, cunha función produtiva do monte menor á galega, reciben unha renda agregada superior polo maior peso relativo das dimensións recreativas e ambientais, e indican que existe marxe para unha estratexia que as impulse. (Carreira & Carral, 2014). Para rematar, novas propostasque inciden precisamente nas externalidades positivas da agricultura, en concreto os servizos ambientais, van gañando terreo na súa defensa do minifundio e as pequenas explotacións labregas familiares (Carreira & Carral, 2014). Defenden estes que as explotacións máis pequenas teñen demostrado producir máis por unidade de área e empregar máis intensivamente os factores de produción cas grandes explotacións (Rosset, 1999; Thapa, 2007). Así, de orientarse as pequenas explotacións labregas tradicionais cara formas ecolóxicas de produción, poderían ser o sistema máis eficiente para acadar en Galicia a seguridade alimentaria. A propagación destes modelos de produción a pequena escala combinaría unha produción estable e diversificada, empregaría factores de produción de proximidade, tería asociados balances enerxéticos positivos, xeraría rendas no rural e contribuiría ao coidado do medio ambiente. (Carreira & Carral, 2014, p.41). A parte disto, afirman citando a Toledo (2002,p.31), que a produción a pequena escala mantén a diversidade paisaxística, biolóxica, agrícola e cultural; xera oportunidades económicas máis xustas e tende a realizar un uso responsable do solo, auga e vida silvestre. (Carreira & Carral, 2014, p.45).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 57 4.1.9. Desenvolvemento, necesidades e ecoloxía. Como xa avanzabamos enriba, as recentes reformas en materia forestal afírmanse coma instrumentos de dinamización do rural pola xeración de emprego, que repercutirían sobre todo na poboación rural e que mesmo aseguran podería ter un efecto chamada a nova poboación a medida que medre o sector industrial. Diante a inexistencia dun estudo sociolóxico que confirme ou refute a contribución da cadea forestal-madeira na fixación da poboación rural en Galicia, outras voces veñen avisando de que o desenvolvemento sostible e a consolidación dun modelo forestal viable a longo prazo para o agro galego, que ofreza posibilidades de emprego á poboación, non virá parello unicamente ao aumento da superficie forestal, senón á súa sinerxía con outras actividades económicas e á adaptación aos modos, necesidades e unidades relacionais da comunidade. Da súa multifuncionalidade e coherencia co resto de elementos do ecosistema. (Martínez, 2015a). Sendo cautelosos dada a ausencia de datos, a mecanización en auxe ao longo de toda a cadea produtiva forestal-madeira e o movemento poboacional cara as cidades, que repuntou ao tempo cá expansión da industria, non son factores que en principio respalden a tese de que unha expansión da industria forestal, de manterse a estrutura do sector como a coñecemos hoxe, poida contribuír de xeito salientable a mante-la poboación nas áreas rurais. Trátase, a forestalmadeira, dunha cadea produtiva cada vez menos intensiva no factor traballo. Fronte a ese modelo implícito de desenvolvemento e da definición limitada de benestar (que se restrinxe á creación de emprego), agroman as teorías do desenvolvemento sustentable; local e endóxeno. Herdeira da definición do Informe Brundtland (CMMAD 19 ,1988) e cuxa adopción a nivel internacional xerou unha ampla polémica, ao ser substituído directamento o termo polo de crecemento e poder considerarse o seu uso e mutacións no significado unha metáfora do poder segundo explica Naredo (2006, pp.175-230); hoxe en día o 19 Comisión Mundial do Medio Ambiente e Desenvolvemento.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 64 bases epistémicas diferentes, son necesarias para conservar o designada memoria colectiva da especie: O coñecemento obxectivante non pode reemprazar á sabedoría porque o obxectivo do primeiro tenta garanti-lo correcto dos nosos actos, independentemente das metas que teñamos escollido ou elexido; pero o coñecemento mesmo non nos permite saber cal é o obxectivo que debemos elixir. A elección de metas e valores axeitados para a perpetuación da experienza humana dependen do sentido da vida, do sentido de pertenza e sentido de lugar que outorga a sabedoría 24 . (Toledo & Barrera-Bassols, 2006, p.103). Así, a Etnoecoloxía parte de que os saberes locais son indisociables dos sistemas de crenzas os abranguen. Son estes, deseños innovadores de base local que alimentados polas redes sociais internas e externas, ofrecen un sentido de pertenza aos actores locais.A Etnoecoloxía, no senso en que trata de explica-losproblemas orixinados da separación do natural e social na actualidade, e propón atopar modos de vida sostibles, pode entenderse como unha ciencia da complexidade (Morin, 2002); aplicada esta á busca de escenarios de globalización alternativos(Toledo & Barrera-Bassols, 2006, p.111). Ao fío do anterior, voces dende a Agroecoloxía en Galicia subliñan a importancia de apoia-las pequenas explotacións labregas nao ser estas fórmulas son as mellores garanes da alimentación da poboación a nivel mundial e a sustentabilidade dos recursos naturais. A análise, vai na mesma liña ca da Etnoecoloxía, considera os labregos unha expresión dunha cultura humana acorde cos recursos naturais: O conceito de campesinato evoluiu e agora aparece como uma forma de relacionamento com a natureza (sendo considerado parte dela) num 24 En castelán, no orixinal. Trad. propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 65 processo de coevolução que comfigurou um modo de uso dos recursos com uma perspectiva ambiental. Para a agroecologia o que tem caracterizado essencialmente o campesinato ao longo da história é o modo de gerir os recursos naturais e o conhecimento em que se fundamenta. (Carreira & Carral, 2014, p.21). 4.1.11. As persoas e o seu papel nos ecosistemas-bosque: benestar e o sentimento de lugar. Achegas dende a Psicoloxía Social e Ambiental. "Os humanos levamos alterado o 75% da superficie do planeta", sostiña un titular da prensa que se facía eco da publicación dun novo mapa sobre a pegada humana no planeta entre 1993 e 2009. O estudo demostra que os bosques de frondosas en Europa Occidental, Leste de EE.UU e China son os Figura 6 : Variacións na pegada humana en Galicia 1993-2009. Fonte:Venter et al. (2016).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 66 ecosistemas máis alternados pola acción humana no período 25 . Segundo a mesma fonte (Venter et al.,2016), cuxos resultados detallados para Galicia poden observarse na Figura 6 a continuación, a presión da actividade humana sobre a natureza en Galicia distribuiuse de xeito desigual, cunha maioría de zonas que amosan un maior impacto da actividade humana (en tonos vermellos) e outras áreas de menor extensión e situadas maioritariamente en zonas de interior (marcadas en azul), nas que o impacto teríase reducido para a mesma franxa temporal. Esta situación lévanos a plantexarnos, como debe mudar a interacción das persoas sobre o medio ambiente? E sobre o monte específicamente?Como podemos medilo? Amentabamos no apartado 4.1.2 que a integración do contacto coa natureza nos estilos de vida comezaba a ser reivindicada como unha vía de muda-lo sistema produtivo cara fórmulas orientadas ao benestar da poboación e nese senso, máis sustentables. O enverdecemento das cidades é unha medida en auxe que comeza a integrarse na planificación urbana de moitos concellos arredor do mundo e en Galicia. Vencellado a isto, Stedman e Ingalls (2014), demostraron que as intervencións que poñen en relación a topofilia, ou amor polos lugares, e a biofilia, ou a conexión positiva coa natureza, son máis efectivas na rexeneración de comunidades debilitadas.Como afirman estes dous sociólogos ambientais, os lugares acollen todos unha multiplicidade de significados, e a presenza de elementos naturais incrementa a asociación de significados positivos aos mesmos.A topofilia e biofilia son fenómenos que se retroalimentan.A recuperación de comunidades enfeblecidas polo efecto do estancamento económico, fragmentación social e a perda de relacións significativas e simbolos comunitarios, pasa por unha reconstrución dos significados positivos ligados aos lugares, e a liberdade para reconstruí-los espazos no senso en que novos significados desexados adquiran importancia e os indesexados ou obsoletos a perdan (Stedman & Ingalls, 2014) 25 Criado,M.A.(2016) en El País, 23/08/2016
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 67 Segundo o traballo de Stedman sobre as comunidades dependentes dos recursos forestais nos EUA (1999), a evolución do pensamento ecolóxico, que entende os bosques como sistemas complexos sostibles que fornecen madeira pero tamén outros bens e servizos como o clima, beleza ou hábitats, ten avanzado nas recomendacións cara á expulsión dos humanos dos mesmos. Estes últimos son vistos como trabas á boa xestión dos ecosistemas, e non compoñentes integrais dos sistemas-bosque. Para o autor, pola contra, "os intereses humanos non deberan quedar fóra dos ecosistemas forestais" (Stedman, 1999, p.767). Concretamente, apunta que sustentabilidade ofrece unha perspectiva na que o benestar das persoas e colectivos, o benestar comunitario, fai compatible o desenvolvemento económico e a preservación da natureza. Os bosques sostibles, di, deben axudar a soster comunidades que dependen destes. Para achegarnos a calidade de vida nun senso amplo e acorde coa definición de desenvolvemento a escala humana citada anteriormente e a súa relación co estado do bosque, ou do monte no noso caso, afirma Stedman que é prioritario considerar indicadores de benestar subxectivo das comunidades, máis aló de beneficios que poden ser medidos en termos monetarios. O sentimento de lugar, definido como "o conxunto de significados simbólicos, apego e satisfacción respecto dun contexto físico determinado sostido por un individuo ou grupo" 26 (Stedman, 2002, p.563), pode considerarse un dos mellores indicadores da sustentabilidade das comunidades. Trátate dun nexo emocional cos lugares cuxa principal característica é, segundo Hidalgo e Hernández, (2001, p.274) o desexo de manter proximidade co mesmo por parte do suxeito que o vive. A idea "implica o ancoramento de emocións no obxecto, o sentimento de pertenza, o desexo de permanecer preto e un desexo de voltar cando se está lonxe" 27 (Lewicka,2014, p.49). 26 En inglés, no orixinal. Trad.propia. 27 En inglés, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 68 O sentimento de lugar é o conxunto de significados e apego atribuído a un contexto espacial e á comunidade ao tempo, no senso en que ámbalas dúas están inevitablemente entretecidas. Aplicado ao noso obxecto de estudo,o monte, ademais de prover recursos ás comunidades, contribúe á propia definición das comunidades no senso en que acollen e sosteñen os xeitos de vivir das mesmas, as súas tradicións (Kusel, 1996 en Stedman, 1999). Apego ao lugar, identidade de lugar, apego comunitario, sentido de comunidade, identidade de lugar, dependencia de lugar ou sentimento de lugar, son todos conceptos análogos desenvoltos especialmente dentro da Psicoloxía Social e Ambiental, e que dan conta da interacción das persoas coas súas contornas(Vidal Moranta & Pol Urrútia, 2005). A diversidade de denominacións fálanos dun vívido debate aínda non resolto dentro da Academia. (Stedman, 2002; Hidalgo & Hernández, 2001). A ampla maioría de traballos especializados sinalan que a pertenza é unha necesidade básica que acompaña a vida das persoas. A necesidade tería dúas vertentes, a social, de integración ou identificación con outros e acompoñente físico: o lugar.O sentimento de lugar, como variante da identidade, guía a acción das persoas ao fornecerlles dun sentimento de continuidade, autoestima, autoeficacia e distinción. Os lugares son vistos ademais na teoría psicolóxica clásica como unha estratexia para o mantemento da propia personalidade (Twigger Ross & Uzzell, 1996).A claridade conceptual do termo sentimento de lugar, amplamente consensuado dentro das súas disciplinas de orixe e a súa sinxela operacionalización (Stedman, 2002) fannos escoller para a nosa análise sobre o monte galego, este concepto a modo de variable explicativa. De acordo á tradición académica da Psicoloxía Social e Ambiental,os lugares son centros de significados e unidades de estima que conteñen dentro deles o "contexto físico, as actividades humanas e os procesos sociais e psicolóxicos
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 69 arraigados nese espazo" 28 (Stedman, 2002, p.562). Se debullamos os tres compoñentes principais do sentimento de lugar, percatámonos axiña da complexidade dos procesos contidos no termo: • Apego ao lugar: identidade. O apego ao lugar enténdese como o vencello entre as persoas e as súas contornas, baseado en significados simbólicos que as persoas lles atribuímos e que varían en función da posición social da persoa. Dependendo da persoa, o apego ao lugar terá unha relevancia maior ou menor na autodefinición, en función do papel que ocupe na escala xerárquica na que as identidades están organizadas para todos os individuos. • Satisfacción co lugar: unha atitude. A satisfacción cos lugares relaciónase coa percepción da calidade dun lugar en función das posibilidades que este tende para a cobertura de necesidades propias. A atitude é polo tanto a suma de crenzas sobre un lugar multiplicada polas crenzas avaliativas sobre o mesmo. • Significados simbólicos: a alma mater. Percepcións traducidas en crenzas ou coñecementos empregados para describir os diferentes tipos de lugares e que son a base cognitiva das atitudes. Así, tanto a identidade como o apego ao lugar baséanse nos significados, son dependentes deles.Pero como se relaciona isto co comportamento das persoas e co estado do monte? Malia que a literatura clásica da Psicoloxía Social apuntaba á idea de que aquelas persoas con atitudes positivas teñen máis posibilidades de ter comportamentos positivos, achegas máis recentes dentro do mesmo eido cuestionan o anterior. Na investigación sobre o apego ao lugar, demostrouse que só baixo certas condicións, un maior apego ao lugar (atitude positiva) conleva un comportamento conservacionista "positivo" (por exemplo, o coidado 28 En inglés, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 70 do medio ambiente). Un exemplo son os casos nos que as atitudes confórmanse como froito da experienza directa. Respecto da identidade, unha maior identificación cos lugares favorecerá un comportamento favorable á súa preservación.A medida en que esta sexa máis relevante ca outras identificacións para a persoa e canto máis próxima se atope a definición persoal aos roles que normalmente desempeña, máis favorecerá a identidade un comportamento respectuoso coa contorna física. O traballo de Stedman (2002), do cal se extraen as nosas hipóteses a contrastar no caso do monte galego, demostra que o grao de apego ao lugar non é independente do tipo de atributos, dos significados, nos que o apego se basea. As persoas, ademais, identifícanse non só con lugares que significan moito para elas, queridos, senón tamén con lugares a través dos cales perceben que están en perigo. Cando un espazo co que nos identificamos é percebido como ameazado, hai máis probabilidade de comportamento proambiental. Para rematar, satisfacción e apego teñen efectos contrarios sobre o comportamento: mentres o apego ao lugar ten unha relación positiva respecto da probabilidade de ter un comportamento pro-ambiental; a satifacción co lugar, ten unha relación negativa co mesmo. No contraste empírico, retomaremos estas ideas e contrastarémolas cos resultados do noso traballo de campo. 4.1.12. Os ligames cos lugares nun mundo cambiante: retrospectiva e actualidade. Botar raíces é se cadra a necesidade máis importante e ignorada da alma humana. (...) Un ser humano ten unha raíz en virtude da súa participación real, activa e natural na existencia dunha colectividade que conserva vivos certos tesouros do pasado e certos presentimentos do futuro. Participación natural, isto é, inducida automáticamente polo lugar, o nacemento, a
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 71 profesión, a contorna. O ser humano ten a necesidade de botar múltiples raíces, de recibi-la totalidade da súa vida moral, intelectual e espiritual dos medios dos que forma parte naturalmente. Os intercambios de influenzas entre diferentes medios son tan importantes como o raigame na contorna natural 29 .(Simone Weil, 2013, p.37). Dende o ano 1943, no que a filósofa francesa e xudea escribía sobre as raíces como finalidade colectiva para os pobos en plena II Guerra Mundial, o debate sobre o papel los lugares e do apego ten percorrido incontables camiños. Volvendo á Psicoloxía Social, os lugares, afirma David Seamon (2014, p.12), manteñen as experienzas vitais unidas e determinan así os nosos centros de significado, intención e comportamento. Altman e Low, creaban escola coa publicación do seu clásico Apego ao lugar, no 1992. Aseguraban facelo nun intento por sistematiza-las variadas aproximacións sobre o tema dende distintas diciplinas e cuxa emerxencia viña explicada pola capacidade que tiña o termo que definían entón sinxelamente como os vencellos das persoas cos lugares para entender e axudar á adaptación ao cambio da poboación, nunha época de aceleración das migracións e inestabilidade.(Altman & Low, 1992, pp.1-12) A investigación ten demostrado que o establecemento de ligames emocionais positivos cos lugares, aporta seguridade e serenidade ás persoas e fai máis sinxela a exploración de novas contornas (Scanell & Gifford, 2014, p.32). Sen embargo, a intensificación das transformacións sociais como resultado da globalización e tecnoloxías da información, levou a algúns autores, a constatala perda relativa da importancia dos lugares físicos. Albiscaba Manuel Castells (2006) neste senso que da sociedade dos lugares estábase pasando á sociedade dos fluxos.Outros, como Riley (1992), afirmaban que eran a industrialización e urbanización as que levaban da man unha perda de importancia dos vencellos emocionais cos lugares. 29 En castelán, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 72 Traballos recentes, sen embargo, seguen a confirma-la relación entre apego ao lugar e satisfacción vital, incluso entre sociedades e persoas cunha importante mobilidade (Gustafson, 2014, p.38). A aceleración nos estilos de vida crea, non obstante, unha diferencia cualitativa respecto do apego ao lugar. Á fórmula do apego tradicional, "o lugar como raíces", baseada na residencia nun determinado período de tempo, lazos comunitarios fortes e coñecemento local; súmase unha nova, a "do lugar como rutas", cando o vencello ao territorio para as persoas cunha mobilidade importante constitúe unha expresión da súa traxectoria e identidade, dunha escolla propia. En moitos casos, o vencello das persoas móbiles non se limita só a un lugar, senón que a persoa desenvolve múltiples ligames con distintos territorios. (Gustafson, 2014, p.39). Esta doble tipoloxía identificada tamén por autores como Lewicka (2011, en Gustafson, 2014), foi diferenzada baixo os títulos apego tradicional fronte ao activo. O segundo tipo, tería máis que ver coa ideoloxía, coa elección consciente do lugar de residencia. As diferenzas entre estes dous tipos demostráronse asociadas con factores sociodemográficos como idade ou xénero, diferenzas económicas e culturais, entre outras. Deste xeito, a investigación amosou que malia que poidan diferenzarse nos contidos dese vencello cos lugares, persoas con maior mobilidade e menos desenvolven relacións afectivas cos mesmos por igual. A escala do apego é tamén outro criterio de diferenciación entre os dous tipos. Se no tipo tradicional do apego ao local, incluíndo á comunidade, tería maior presenza, no activo, teñen menor importancia e os ligames establécense con unidades territoriais maiores. Malia existir unha asunción xeneralizada sobre que a mobilidade crecente e o interese polo pasado son contrarios, Maria Lewicka (2014) verifica no seu traballo que a memoria facilita o apego ao lugar. Nas súas palabras, "o interese polo pasado fomenta un sentimento persoal e de continuidade cos lugares.(...) Dependendo do tipo de apego aos lugares (tradicional fronte activo), diferentes tipos de memoria poden contribuír ao desenvolvemento de ligames emocionais cos lugares 30 " (Lewicka, 2014, p.49). A memoria, di a autora, "é un pegamento 30 En inglés, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 73 que conecta ás persoas cos seus lugares 31 "(Lewicka, 2014, p.51). Esta función conectora da memoria funciona tanto cando está baseada na experienza acumulada de residencia nun lugar, como cando non. Respecto desta segunda situación, investigar sobre o pasado, ben sexa sobre antergos ou historia pasada dun lugar funciona como un pegamento que nos fai sentirnos parte de sucesións de acontecementos a longo prazo asociadas aos mesmos e nese senso axiliza a creación de relacións emocionais entre persoas e lugares. Mediante un repaso aos diferentes tipos de memoria, afirma a autora que os ligames cos lugares sostéñense fundamentalmente nunha memoria procedimental, baseada nos nosos hábitos. Malia isto, outra memoria, a autobiográfica e evocada pola nostalxia (e as súas variantes culturais que máis nos tocan, a saudade ou a morriña, engadimos) supón outra fonte importante de identidade persoal e continuidade e constitúe un recurso adaptativo fronte a novos contextos. A memoria autobiográfica, axudaría así a superar discontinuidades espaciais e baséase sobre todo nas lembranzas da infancia. Pero como viamos, existen outras vías de desenvolver ligames emocionais cos lugares, menos dependentes da duración da residencia neles: a memoria chamada declarativa (relacionada coa historia familiar pasada e na historia dos lugares). "O renovado interese pola memoria entre a poboación, é unha reacción á "moderninade que esquece." 32 (Pierre Nora, 1989 en Lewicka, 2014, p.53). Esta división entre memoria autobiográfica e memoria declarativa correspóndese coa tipoloxía sobre o apego revisada enriba: entre persoas que o asentan tradicionalmente, e as que o fan dun xeito máis consciente, activo. Se ben o aumento de vencellos cos lugares satisface unha necesidade humana básica, que efecto ten esto sobre a faceta física dos lugares, mellora dalgún xeito a súa calidade? A Xeografía Humana, Socioloxía e Psicoloxía Social acometeron a tarefa de demostrar como o desenvolvemento de vencellos cos lugares axuda á implicación das persoas dunha determinada comunidade na mellora e protección da mesma. Empregando a dimensión comunitaria do apego de lugar, estas ciencias céntranse en analiza-las respostas colectivas en 31 En inglés, no orixinal. Trad.propia. 32 En inglés, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 80 natureza, ou mitos da natureza, correlacionados con distintos tipos de comportamentos e percepcións culturais e económicas. Os catro tipos culturais, serían o igualitarismo, o individualismo, a xerarquía e o fatalismo.Estes catro, están ao tempo correlacionados con tres categorías de valores fundamentais que predín en distintas medidas os comportamentos pro-ambientais: os biosféricos, sociais e egoístas. As persoas con maior carga nos valores biosféricos, actuarán proambientalmente en función das consecuencias das súas accións sobre o ecosistema ou biosfera. No caso de ter maior relevancia os valores sociais, a persoa adoptará unha conduta pro-ambiental considerando sobre todo os efectos desta sobre outras persoas. Por último, para as persoas nas que os valores egoístas son máis relevantes, as condutas pro-ambientais explicaranse porque os beneficios percibidos dela superan os custes persoais da mesma (Stern, 2000). O traballo empírico de Meader et al.(2006) aplicou o esquema da Teoría Cultural para avalia-las distintas atitudes respecto do uso dos coches privados nunha rexión relativamente rica de Inglaterra. Os resultados probaron por unha banda que as visións xerárquicas estaban a un tempo asociadas cos valores biosféricos e egoístas. Os beneficios do uso privado do coche recoñecíanse e o mesmo entendíanse como naturais, pero limitábase a un certo punto de carga da natureza. Os fatalistas non mostraban ningunha preocupación pola biosfera, e recoñecían os efectos sociais do uso privado do coche sen salientar os valores egoístas nas súas respostas. Por outra, demostraron que os igualitaristas outorgábanlle maior peso aos valores biosféricos, salientando as consecuencias sobre a biosfera provocadas polo uso do coche e cun menor peso nos efectos sobre outras persoas, as sociais. Por último, os individualistas, sostiñan na meirande parte dos casos unha visión positiva sobre o uso dos coches ao tempo que rexeitaban as consecuencias sociais e sobre a biosfera dos mesmos. As persoas acollidas no tipo igualitario, tiñan maior probabilidade de ter un comportamento proambiental e amosaban apego aos seus grupos e aos lugares. O contrario acontecía no caso dos individualistas, que opinaban que o mercado e a tecnoloxía resolverían calquera necesidade á poboación no caso
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 81 dunha ameaza ambiental. As visións sobre a natureza e a economía, foron demostradas como as que mellor predicían diferenzas respecto ás atitudes. Os tipos individualista e xerárquico, presentaban atitudes contrarias ao coidado do medio ambiente. Os fatalistas e igualitaristas, salientaban polas súas atitudes pro-ambientais.Do mesmo xeito que as atitudes pro-ambientais se constrúen en relación coas visións sobre a cultura, economía e medio ambiente, os motivos e contidos duns e outros tipos para soste-la mesma atitude eran diferentes. Os autores demostraban con isto que o cambio nas atitudes, e sobre todo no comportamento a longo prazo, precisa dun cambio integral nas cosmovisións, incluíndo as tres dimensións consideradas.(Meader et al., 2006, p.68). Con todo, o esquema de análise da Antropoloxía, integrada na metodoloxía deste traballo, permitiranos entender como a desexabilidade social do coidado da natureza e o apego simbólico á mesma, moitas veces expresado como parte da idiosincrasia e identidade galegas, coexiste coa desprotección e realidade material do monte e natureza galegas, para o que se asigna cada vez máis un uso industrial ligado á actividade madereira e do que amplas capas da poboación viven totalmente illadas, malia verse afectados por elas. 4.1.15. Participación política e futuro do rural. Achegas dende as Ciencias Políticas. Como o aproveitamento do monte pode axudar a manter un rural vivo? "O monte debe ser rendible para que os seus propietarios se impliquen na súa defensa" ou "...cómpre que os problemas sobre o monte sexan aprezados como problemas públicos e non políticos" concluía o Informe "Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios" (Díaz-Fierros, Balboa López & Barreiro Rivas, 2007, p.15 ). Nunha resposta a preguntas semellantes, organizábase en Lalín un curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo no 2012. Os debates que tiveron lugar durante o mesmo, recollidos nun libro (Rodríguez González, 2012), partían da visión do rural como un elo fundamental de Galicia, ancorado no imaxinario colectivo (malia que non necesariamente realista,
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 82 como vimos). As perspectivas máis pesimistas reflectidas no volume vaticinaban un colapso do rural galego, no cal grandes intervencións sobre o mesmo por parte da poboación urbana acontecerían e as cales irían en detrimento das funcións definitorias do medio rural: a ecolóxica e paisaxística (Barreiro Rivas & Blanco Casais, 2012, p.33). Recoñecían outros (Bello Bello, 2012, p.61), en condición de representantes do sector gandeiro galego, a existencia dunha polarización conflitiva sobre os usos da terra e o papel da natureza a resolver: entre propietarios agrarios e gandeiros, responsables históricos e efectivos da conservación do medio ambiente; e ecoloxistas, volcados no proteccionismo da natureza. Tamén se mencionaba a necesidade de diversifica-la base económica dos territorios rurais para mellora-las oportunidades e renda dispoñible da súa poboación. Para facelo, López Iglesias (2012, p.136) salientaba o potencial especial da agricultura e sector forestal, actividades aínda imprantadas de xeito importante en concellos rurais e cuxa diversificación podería ter un efecto arrastre sobre toda a cadea agroalimentaria. De acontecer, impulsaría a instalación de actividades complementarias e de transformación, outras relacionadas co lecer e turismo e sobre todo axudaría á xestión do territorio. Nesta diversificación produtiva debera ademais terse en conta segundo o autor que cada vez máis, propietarios de terras, residentes no rural e persoas ou empresas interesadas na explotación económica das terras ou recursos van coincidir menos. Diante desta complexización do medio rural na Galicia actual, na cal o monte terá un papel protagonista, non caben solucións homoxéneas. Cada territorio debe buscar ás súas fórmulas en base aos seus recursos e posibilidades e tendo, de acordo a López Iglesias (2012, p.137), en conta actividades, axentes locais fronte foráneos, consecuencias sobre a poboación local e o papel do sector público. O capital social e o desenvolvemento de sentimento de comunidade, son elementos chaves, segundo demostra a literatura, para que esa posibilidade de invasión do urbano sobre o rural non aconteza, para que o rural poida manter a súa idiosincrasia e non converterse nunha extensión das cidades.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 83 Relacionado con isto e dentro das Ciencias Políticas, Robert Putnam é considerado o referente na materia do capital social. Na súa obra "Making Democracy Work" publicada no 1993, asociábanse distintos niveis de desenvolvemento entre Italia do Norte e do Sur aos distintos niveis de capital social, o termo, ficou instalado nas Ciencias Sociais.Dende entón, a análise tense actualizado moito e enténdese capital social como "as normas, redes e confiana mútua da sociedade civil que facilitan a acción cooperativa entre cidadáns e institucións 39 " (Perkins et al., 2002 en Mihaylov & Perkins, 2014, p.68). A existencia de capital social, considérase tamén condición necesaria para a mobilización de recursos endóxenos e nese senso un dos obxectivos que frecuentemente se inclúen nos Plans de Desenvolvemento Local. De acordo ás Teorías da Acción Colectiva, dende as máis clásicas con Hardin e Olson a outras máis recentes, como as de Tarrow e Donatella della Porta, a identificación intra-grupo (que antes denominamos sentimento de comunidade) e a confianza, son variables fundamentais que explican o cambio social, ou noutras palabras, a introdución de innovacións. Os procesos participativos integrados en moitos plans de desenvolvemento buscan fomenta-la cohesión grupal e asegurar deste xeito a sustentabilidade, lexitimidade e axuste ás necesidades locais das medidas deseñadas. Máis aló disto, "o compromiso público nos asuntos comunitarios, é máis ca un medio para acadar o apoio para causas e proxectos, é un fin en si mesmo. As comunidades son máis fortes cando teñen unha cidadanía forte e comprometida" 40 (Hummel & Ruitiña, 2000, p.44). A creación de comunidade, para estes autores é tamén creación de habitabilidade, de capacidade de resposta e respeto mútuo ante ameazas ou diferenzas de expectativas. 39 En castelán, no orixinal. Trad.propia. 40 En castelán, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 84 Nesta liña, as investigacións no eido da Enxeñaría Forestal de Alvarez e Field (2009) corroboran que “un ordenamento de terras que pretenda (…) o desenvolvemento das comunidades rurais asentadas debera procurar que sexan proporcionados ao que é comprensible e dominable polas xentes destas comunidades e que favorezan a súa integración e participación nos proxectos e poidan elas mesmas exerce-lo control dos seus recursos e do seu desenvolvemento” 41 (p.194). Como tentamos demostrar nos anteriores epígrafes, o fomento do monocultivo do eucalipto e unha estructura piramidal na industria, os usos e capacidade de decisión efectiva da poboación local sobre a explotación do monte diminúen. A dualidade entre cultura e natureza resolverase nestes casos coa idea de que o a supervivencia da primeira está condicionada á subxugación da segunda.Os eucaliptais e a homoxeneización da paisaxe en Galicia froito da falta de xestión forestal, estaría creando non lugares e favorecendo a desnaturalización ou baleirado de riqueza do rural; da súa condición de patrimonio. E afastándonos dunha simbiose entre cultura e valores da poboación e os modos de aproveitamento do monte posibles. Fronte a esta idea, varias son as voces (López Iglesias, 2012; Leiceaga et al. 2006) que veñen alertando de que o discurso da diversificación produtiva do rural está sesgado. Este faise beneficiando sectores cuxa demanda provén fundamentalmente de capas urbanas: os sociais e ecolóxicos.Ten o discurso sobre a diversificación unha función colonizadora? Como podemos liberar este discurso desa carga e asegurar que beneficie e responda aos intereses dunha ampla maioría social? O deseño participativo dos plans de desenvolvemento local dos territorios pode funcionar como seguro contra o sesgo e ao tempo fomenta-la cohesión e axudar resolver conflitos e polarizacións ecoloxistaslabregos/as que están hoxe presentes no rural galego. 41 En inglés, no orixinal. Trad.propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 85 Outras propostas, céntranse na revitalización do feito diferencial galego, da súa identidade. Para facelo, o politólogo Xaime Subiela (2013) aposta polo que chama reconstruí-la nación de Galicia, entendéndoa como un ben común a galegos e galegas e que como tal debe beneficiar aos intereses desa ampla maioría social: pretende-lo seu benestar. A identidade, segundo explica, é un centro de gravidade narrativo, "que emerxe no proceso de actuar e narrar a nosa historia ". (Subiela, 2013, p.41). Trátase dunha construción que como tal, pode modificarse. Nun tempo de homoxeneización cultural e no que a prevalencia da identidade galega entre a súa poboación perde peso, Subiela propón actualizala e facer da nosa identidade, baseada no patrimonio cultural, un proxecto. O punto de partida será integrar nela a idea de soberanía cidadá, de xeito que algo intrínseco a nosa definición conxunta como comunidade sexa a de facer aos individuos cada vez máis protagonistas dos seus destinos, de que na liña da definición de desenvolvemento humano do PNUD "as opcións da xente para que esta faga e sexa o que valora na vida, aumenten". (Subiela, 2013, p.49). Esta proposta é contraria ás funcións de dominación que se deducen en certos mitos xeneralizados sobre Galicia como o da paisaxe virxe, o da terra sen historia, pobo manso e doce ou o atraso do rural. O efecto deles é o de prefigurarun inmobilismo na poboación. Teríanse estes creadocomo apoio simbólico de certas transformacións estruturais que aconteceron en Galicia ao longo da historia, como o do desarrollismo (Murado,2012; Dubert,2016; Miguélez Carballeira;2014). Estamos nun bon momento para lanzar un proxecto renovado de suxeito colectivo galego? Citando a Máiz, expón Subiela (2013, p.77) que para que unha nación como suxeito colectivo agrome, precisa dunhas características étnico-culturais diferenciais, outras socioeconómicas, unha estrutura de oportunidade política e mobilización social. Logo dun repaso as condicións existentes, afirma Subiela que a crecente individualización, a existencia de poderes autonómicos e o énfase no valor da autonomía humana froito do tránsito cara o posmodernismo fan o contexto perfecto para que un proxecto de
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 86 busca dun sentido de comunidade poida ter éxito. Fronte á anomia e desarraigamento da poboación na actualidade, afirma Subiela, o mellor remedio é "(...) non reter as tradicionais comunidades de necesidade, senón (re)construír novas comunidades de afinidade electiva..." (2013, p.102). Un afecto activo, a autoestima reivindicada históricamente polo galeguismo, conclúe o autor, aumenta a potencia de actuar. Nese proceso, o tradicional é o telón de fondo dende o que construír unha modernidade endóxena. Nesta lóxica, o modelo de democracia a reivindicar en Galicia debera ser, segundo Subiela un modelo de democracia para o autogoberno e benestar, unha democracia en conexión con outros territorios, da multitude e en código aberto "...cuxa constitución e cuxa acción non se fundan na identidade nin na unidade, senón no que hai en común" ( Hardt & Negri, 2004 en Subiela, 2013, pp.169-170). O lugar é nesa análise a base material da democracia, o marco onde a democracia cristaliza. Como repasamos, a Psicoloxía Social e Ambiental demostran que un maior vencello cos lugares asóciase con maior satisfacción vital, mellor capital social e unha superior capacidade de adaptación xeneralizada do individuo ( Lewicka, 2014, p.51). Cohesión social e sentimento de comunidade é unha das variables fundamentais do benestar. O sentimento de lugar, como vimos, pode entenderse como unha dimensión do capital social en canto favorece a percepción de eficacia colectiva e persoal (empoderamento), o xurdimento de relacións comunitarias, ou apego comunitario, a axuda informal entre veciños e a participación política en xeral (Mihaylov & Perkins, 2014, p.69). O sentimento de lugar pode entenderse en consecuencia como unha vía para asegurarnos que o noso futuro é o da democracia da multitude e non a da democracia sobre outros. Nun contexto no que se acepta cada vez máis que un dos maiores retos do noso tempo é o de buscar xeitos de transición cara á sustentabilidade, o debate sobre a gobernabilidade deses procesos e as implicacións morais que as escollas que fagamos sobre eses procesos levan asociadas, explican a emerxencia de novas ciencias interdisciplinares, nas que este traballo se
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 87 enmarca (Kasemir, Jaeger & Jäger, 2003, p.3). Formas participativas ou deliberativas de democracia son asociadas a unha distribución maior dos centros de poder e maior equidade e benestar nesas sociedades cara ás que nos movemos. A natureza da gobernanza, entón, non só modela como a poboación percebe e xulga o cambio climático. Tamén determina a aceptabilidade das políticas e comportamentos como consumidores desas sociedades. En resumo, existe un nexo intrínseco entre as formas de gobernanza, comportamento humano e moralidade que se combinan para crear-los climas do futuro 42 . (Stoll-Kleeman, O'Riordan & Burns, 2003, p.240). As metodoloxías e formas participativas de democracia favorecen a creación de interpretacións orixinais e conxuntos coherentes e compartidos de ideas entre a poboación sobre as consecuencias dunhas escollas ou outras neses procesos de transición. En suma, a implicación da poboación nos asuntos comúns permite o desenvolvemento dun marco moral a nivel social que sirva como fórmula para acadar consensos sobre como facer fronte aos retos comúns e individuais aos que nos enfronta o cambio climático e o reto da sustentabilidade. Os procesos de apropiación dos lugares, como perspectiva de investigaciónacción, busca refunda-los vencellos da poboación co territorio, o seu sentimento de lugar, como un xeito de empodera-las comunidades para a sustentabilidade (Vidal Moranta & Pol Urrútia, 2005, p.295). Esta perspectiva, malia que aínda minoritaria, comeza a aplicarse na planificación urbana con moi bos resultados arredor da creación de parques patrimoniais, como vía para a cohesión dos recursos culturais a partires dunha idea-forza territorial e que ademais de dinamiza-lo desenvolvemento económico, reforza a autoestima da poboación, ao fomentar o seu autocoñecemento (Sabaté, 2004). 42 En inglés, no orixinal. Tradución propia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 88 4.2. Análise empírica A continuación presentamos os resultados da parte empírica do Traballo Final de Mestrado 12, que consistiu na realización, transcripción, codificación e análise de 10 entrevistas en profundidade semiestruturadas. Antes que nada, cómpre salientar que a hipótese de partida coa que hai agora case un ano comezaba este traballo era falsa, como demostraremos no apartado de resultados. Á pregunta sobre por que a poboación aceptaba a eucaliptización e homoxeneización da paisaxe nos montes, a resposta era entón: "porque perdeu os vencellos con ela, porque non está apegada aos lugares". Só logo da revisión de literatura, cuxas principais achegas reproducimos nos apartados de enriba, esta resposta complexizouse e demostrou que a anterior era falsa. Aínda así, unha das preguntas de investigación que o traballo tentará respostar nos seguintes apartados ten que ver directamente con esa hipótese refutada: hai un desprezo pola terra? A seguir introduciremos primeiro a metodoloxía empregada. Pasaremos logo a revisa-las hipóteses manexadas e poñerémolas en relación ás preguntas de investigación e obxectivos do TFM-12. Xustificaremos a continuación a escolla da Mariña lucense como caso de estudo e por último, describiremos brevemente como foi o traballo de campo e os perfís dos e das entrevistadas. 4.2.1. Metodoloxía. A investigación presentada ten sido elaborada por medio de técnicas cualitativas de investigación: 10 entrevistas foron realizadas a persoas de entre 45 e 90 anos residentes na Mariña lucense. Malia que orixinalmente o Plan de Investigación incluía tamén a realización de dous grupos de discusión, a limitación do tempo dispoñible para o traballo de campo e dificultades no reclutamento das persoas entrevistadas, obrigou a excluílos do mesmo.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 89 O emprego deste tipo de técnicas responde ao obxectivo de obter sobre todo información exhaustiva e en primeira persoa da cosmovisión (conxunto de explicacións causais aproximadas) sobre a relación co medio ambiente, nas zonas arboradas da Mariña Lucense e como as mudanzas na paisaxe forestal afectan ás mesmas. En base a isto, escollimos como instrumento a realización de 10 entrevistas en profundidade semi-estruturadas. Por unha banda, o obxectivo específico das entrevistas, é recolle-la diversidade de perspectivas e experienzas vitais relacionadas co monte pre e post-políticas industriais de forestación. Este tipo de técnicas e deseños para a recollida de datos teñen sido aplicadas extensamente na literatura especializada (Brehm, 2007;Hidalgo e Hernández, 2001;Twigger Ross e Uzzell, 1996 A dinámica das entrevistas foi semilibre, tratáronse as diferentes temáticas sen seguir un orde estricto e sempre dando discrecionalidade á entrevistada para levar o fío das explicacións. Todas as entrevistas foron gravadas en audio, transcritas empregando un programa de recoñecemento de voz e codificadas manualmente para a súa posterior análise. Seguindo a perspectiva da Grounded Theory (Denzin & Lincoln, 1998), a análise dos datos realizouse por fases combinando estratexias inductivas así como deductivas. O obxectivo desta aproximación epistemolóxica de acordo a Carla Willig (2008) é a xeración de teorías e relacións causais axustadas ao terreo, ao caso de estudo, que emerxen directamente dos datos dispoñibles ó investigador/a e que aseguran que a diversidade nos resultados é respectada e aproveitada. Nun primeiro nivel de elaboración, as transcripcións foron analizadas na busca de códigos ou puntos clave. Estes foron agrupados por similitude formando conceptos máis amplos, que á súa vez foron fusionados en categorías. En todo momento, tentouse mante-lo grao de interpretación no nivel máis próximo ao
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 96 Para facelo, a información obtida das preguntas 4 ("Como definiría a paisaxe da Mariña e a situación dos seus bosques e masas forestais?", 5 ("Cales diría que son os principais cambios que ten sufrido o monte na Mariña nos últimos 60 anos e como iso afecta á poboación?") e 6 ("Que significaba o monte antes para as persoas e que significa agora? Se cambiou, por que o fixo?) será de especial relevancia. 3. Apego ao lugar e identidade. Como o estado do monte e os atributos da paisaxe se integran ou non explícitamente na autodefinición e identificación das persoas e grupos. Analizaremos como os distintos significados cumpren as funcións de dar continuidade, autoestima, autoeficacia e distinción ás entrevistadas como revisamos no apartado 4.1.4. Atenderemos ao tipo de apego que se deduce das entrevistas: un tipo de apego tradicional (como raíces) fronte a outro máis activo (como rutas) e ao peso dos vencellos coa comunidade nese apego, que se revisaron no 4.1.5. Veremos tamén que tipo de memoria é evocada ao referirse á importancia dos lugares na propia definición: memoria procedimental (autobiográfica) ou memoria declarativa (consciente, centrada no interese pola historia dos lugares). Usaremos para isto as respostas á pregunta 2, ("Como te definirías a ti mesmo/a?"), 4. Satisfacción co lugar, unha atitude. Posicionamento sostido no tempo sobre como unha contorna espacial (o estado do monte) favorece ou supón unha barreira para a satisfacción de necesidades e anhelos persoais. De especial atención son as interaccións con outras persoas que dito espazo favorece ou non. A literatura ten demostrado que as atitudes non son boas preditoras do comportamento pro-ambiental, pero si os valores. Centrarémonos en analizar que necesidades principais está cubrendo o monte segundo os nosos e nosas entrevistadas.Fixarémonos nos diferentes tipos de valores nos que o apego se fundamenta: sociais, biosféricos ou egoístas e que como vimos no apartado 4.1.7 están relacionados con diferentes probabilidades de comportamento pro-ambiental.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 97 Analizaremos especialmente ás respostas á pregunta 5 ("Cales diría que son os principais cambios que ten sufrido o monte na Mariña nos últimos 60 anos e como iso afecta á poboación?") e á 7 ("Como cres que o estado das masas forestais contribúe ao benestar da poboación da Mariña? Pensas que todo o mundo o ve así?"). 5. Atitudes e Probabilidade de comportamento proambiental. Intencións de comportamento para a protección da contorna no caso de que os significados asociados ao monte para as persoas se vexan ameazados. Cando un espazo co que nos identificamos é percibido como ameazado, hai máis probabilidade de comportamento proambiental. Empregaremos sobre todo información obtida da pregunta 8 ("Se puideras cambiar algo respecto da situación do monte na Mariña,que sería e por que?"). Expectativas futuras e eficacia.Percepcións sobre as posibilidades de cambio futuro e axencia para facelo, fronte a perspectiva dunha situación máis sostible do monte no ano 2040. As respostas a esta cuestión buscaban máis que nada indagar nas expectativas de cambio respecto da situación do monte, na franxa temporal que os Estudos das Transicións (Quist & Pesch, 2015) consideran a máxima que unha persoa media pode chegar a imaxinar con graos de certeza elevados baseándose no seu presente. Asemade, pretendíase un achegamento ao concepto de benestar das entrevistadas, que se ben pode entenderse subsumido noutras das cuestións empregadas, cumpría agora a función de busca de consistencia nas respostas e axudábanos á conseguir fiabilidade nos resultados. Usaremos especialmente información das cuestións 8 ("Se puideras cambiar algo respecto da situación do monte na Mariña,que sería e por que? Que faría falla para cambialo?") e 9 ("Que cambios terían que
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 98 darse no monte para que no 2040 puideramos ter un monte na Mariña que contribuise no mellor dos xeitos ao benestar da poboación"). 4.2.3. O caso de estudo: A Mariña lucense. Preto da metade dos habitantes da Mariña lucense ten algunha propiedade con eucaliptos 43 . A Mariña é ademais, un dos territorios onde a repoboación con eucalipto foi máis acusada no contexto galego, cun claro predominio destas masas arbóreas en todo o territorio como uso principal do solo, tal e como reflicte o Mapa dos distritos forestais e os principais usos do chan, no Anexo 3, e que é acorde ás análises sobre principais cambios nos usos do chan por parroquias de Corbelle & Crecente (2014). En 2013, Miramontes Carballada & Alonso Logroño (p.174) afirmaban que a Mariña Lucense era a zona de Galicia onde as masas de eucalipto eran máis densas e puras, pero tamén onde estaban localizadas as árbores de maiores dimensións e máis antigas de Galicia.Malia que non temos acceso aos datos comarcais, a provincia de Lugo foi onde máis aumentaron as superficies forestais e arboradas entre o 1998 e 2009, o período correspondente ao Inventario Forestal Nacional 3 e 4. (MAGRAMA, 2011). En consecuencia, a escolla da Mariña lucense como área para a realización do traballo de campo debeuse ao especialmente intenso proceso de cambio paisaxístico da área debido á influencia da fábrica pasteira na veciña Navia e pola importancia da cadea forestal madeira no seu conxunto. 43 Cuba (17 de Maio de 2016). La Voz de Galicia.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 99 Tamén característico, a zona da Mariña lucense é unha das áreas que históricamente rexistra menos incendios forestais e en 2011 (PLADIGA) era o único distrito forestal galego que non tiña áreas catalogadas como Zonas con Alto Risco de Incendio. A climatoloxía e a produtividade da terra 44 , son varias das causas máis comúnmente esgrimidas. Os datos do IGE sobre incendios forestais avalan este argumento e amosan que entre 2007 a 2014, A Mariña Lucense foi o Distrito Forestal onde menos incendios forestais houbo, como amosa a Figura 7, a continuación: Atopamos dúas dinámicas diferenzadas na Mariña lucense: a rural e urbana. Mentres a primeira está marcada por unha crecente concentración nas áreas urbanas e a súa contorna, que se sitúan todas elas naribeira do Cantábrico; a segunda, no rural, caracterízase por pequenos núcleos de poboación, normalmente dispersos e que sofren máis agudamente un problema de 44 Europapress, 26/08/2016 2% 6% 5% 4% 3% Distrito VI - A Mariña Lucense; 1% 2% 3% 5% 3% 5% 8% 9% 13% 7% 5% 6% 7% 6% Distrito I - Ferrol Distrito II - Bergantiños-Mariñas Coruñesas Distrito III - Santiago-Meseta Interior Distrito IV - O Barbanza Distrito V - Fisterra Distrito VI - A Mariña Lucense Distrito VII - A Fonsagrada-Os Ancares Distrito VIIITerra de Lemos Distrito IX - Lugo-Sarria Distrito X - Terra Chá Distrito XI - O Ribeiro-Arenteiro Distrito XII - Miño-A Arnoia Distrito XIII - ValdeorrasTrives Distrito XIV - Verín-Viana Distrito XV - A Limia Distrito XVI - Deza-Tabeirós Distrito XVII - O Condado-A Paradanta Distrito XVIII - Vigo-Baixo Miño Distrito XIX - Caldas-O Salnés Figura 7 : Porcentaxe incendios forestais sobre o total por distrito forestal 2007-2014. Fonte: IGE(2015). Elaboración propia
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 100 despoboamento rural.Respecto do sector forestal, segundo datos do IGE (2013b) no Valadouro, A Pontenova, Trabada e Lourenzá os establecementos da industria forestal-madeira representaban entre o 30% e o 50% de toda a industria dos concellos. En Alfoz, este sector supoñía máis do 50% de toda a industria. Se miramos por ramas do sector, todas menos a da industria do papel teñen presencia na Mariña de Lugo, con especial peso das empresas de fabricación de mobles, que salientan a nivel galego en canto a número de traballadores afiliados para os concellos de Lourenzá e Mondoñedo. Así mesmo, o caso da Mariña é interesante por ser unha zona relativamente dinámica nun contexto (o galego e o provincial de Lugo) moito menos dinámico tanto demográfica, comocultural e económicamente (Castro & Martínez, 2015). En xeral, malia sinalar un mal estado do medioambiente como consecuencia da instalación de Alcoa en Xove en San Cibrao, informes do AGADER (2011) e de López Iglesias, Sánchez & Iglesias (2003) indicaban que a calidade de vida dos habitantes da Mariña, tanto percibida como material era relativamente alta e situábase por diante dos valores medios de benestar para Galicia. Identitariamente falando, a Mariña lucense pode considerarse unha unidade á que a poboación segue intensamente vencelladae tanto a identidade declarada como os servizos principais, interrelacións e historia compartida consolídana, incluíndo nela as Mariñas Occidental, Central e Oriental segundo a propia AGADER (2011, p.2) como “unha gran comarca natural de carácter interrexional, (...) cunhas peculiaridades naturais e etnográficas que a distinguen perfectamente das áreas adxacentes”. De interese para o noso traballo, a Mariña pode considerarse unha comunidade relativamente ben artellada. (Castro & Martínez, 2015). Por último, a facilidade de acceso a informantes chave polo previo coñecemento persoal da área, foi tamén determinante á hora de escoller a Mariña lucense como lugar para a realización do traballo de campo, que a continuación describiremos.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 101 4.2.4. Traballo de campo. Como resumo, o traballo de campo realizouse en dúas fases: • •• • Preselección de informantes. (entre o 1 e 30 de Xullo). • •• • Realizació entrevistas en profundidade (10). (entre o 29 de Xullo e 16 de Agosto) Realizáronse 10 entrevistas en profundidade na zona da Mariña lucense entre os días 30 de Xullo e 5 de Agosto. A acollida e taxa de resposta positiva aos convites para facer a entrevista foron altas comparativamente con outras experienzas de reclutamento para traballos de campo académicos. A técnica da bola de neve axudou nisto, ao facerse o primeiro contacto coas persoas a Figura 8 : Distribución territorial entrevistas.Fonte: elaboración propia en base a AGADER(2011).
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 102 entrevistar por recomendación dunha persoa coñecida por eles ou elas, o que xeraba confianza. Tamén importante, observábase que as persoas entrevistadas e en xeral a zona non estaba excesivamente explotada académicamente falando. Para moitas delas, a entrevista para este traballo era a primeira colaboración cun estudo de tipo académico. Malia isto, e determinante na xeración de confianza cos e cas entrevistadas e fácil acceso a bos e boas coñecedores do monte foi o coñecemento previo e contactos persoais coa zona, que axilizou en grande medida un proceso de reclutamento de por si lento e que requeríu de medidas de tipo "artesanal", como visitas ás residencias persoais dos posibles entretrevistados/as na fase de preselección. A xeración dunha relación de confianza foi chave á hora de acadar información de calidade e preparar o terreo para unha entrevista que indagaba, polo obxecto de estudo, en cuestións de tipo persoal e vivencial que puideran ter provocado rexeitamento . Non foi así en ningún dos casos. Proba do bon clima atopado durante o traballo de campo é que en varias das entrevistas, a realización da mesma foi acompañada dunha visita á contorna, á mesma casa ou precedeu conversas informais que superaron con moito a duración da primeira e cuxa iniciativa parteu da/do entrevistado. A Figura 9 a continuación, que resume os perfís dos e das entrevistados extráese que a meirande parte dos informantes para este traballo eran homes (7/10). Só 3/10 entrevistas realizadas foron con mulleres. A pouca paridade da mostra debeuse á maior dificultade no reclutamento de mulleres debido por unha banda a un menor recoñecemento público da súa experienza respecto do monte e por outra banda, unha maior dificultade para que as mulleres, unha vez localizadas, accedesen contestar á entrevista. Un total de catro mulleres, fronte a un home, rexeitaron facer a entrevista. Relacionado con isto, a meirande parte dos homes entrevistados accederon na fase de preselección vía telefónica a realizala, mentres que o reclutamento coas mulleres aconteceu unha vez xa comezadas ás entrevistas. Para futuras ocasións, esta diferenza no tipo de reclutamento e tempo preciso para acceder a cada un dos tipos de informantes, debera terse en conta prevendo maior tempo de desprazamento no lugar escollido como caso de estudo.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 103 Á banda do sesgo en canto a xénero da mostra, aprezamos que a meirande parte dos e das entrevistadas tiñan entre 50 e 90 anos (9/10), cumprindo os criterios de selección marcados a priori. Só unha persoa quedaba fóra do perfil pero o interese do seu caso polo seu tipo de vencello co monte, fixeron que non descartásemos a entrevista.Respecto da distribución territorial da mostra, o proceso de reclutamento e o emprego da técnica da bola de neve, xa mencionada, fixo que as entrevistas non se distribuísen de xeito homoxéneo polo territorio da Mariña, como reflicte a Figura 8 . Os puntos vermellos, que indican o lugar de residencia e realización das entrevistas, están concentrados na bisbarra da Mariña Oriental, con só dúas entrevistas realizadas na Mariña Central e as outras dúas restantes no concello de Cervo, o único ao que accedimos e que pertencese á Mariña Occidental. Nº Entrevista Idade Lugar residencia Xénero Situación Laboral Duración entrevista Código identificación 1 67 Alfoz(rural) m Xubilado, adicado sector forestal 2 h 1_alfoz_m 2 44 Barreiros(urbano) m Traballador conta allea 1 h 10 m 2_barr_m 3 89 Ribadeo(rural) m Xubilado, labrego 1h 3_rib_m 4 84 Ribadeo (rural) m Xubilado, gandeiro 1h 4_rib_m 5 50 Cervo (rural) f Traballadora, profesión liberal 50 min. 5_cer_f
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 104 6 66 Trabada (rural) m Traballador conta propia 1 h 6_tra_m 7 78 Cervo (rural) f Xubilada, labrega 1 h 7_cer_f 8 52 Barreiros (rural) f Traballadora administración 30 min 8_barr_f 9 64 Ribadeo (rural) m Traballador administración 1 h 15 min 9_rib_m 10 72 Foz(rural) m Xubilado, adicado sector forestal 1 h 5 min 10_foz_m Figura 9: Resumo perfís entrevistas, duración e código identificativo.Fonte: Elaboración propia Pola cohorte de idade buscada no reclutamento, a meirande parte dos e das participantes no traballo de campo estaban xubilados/a, malia seguir moitos/as activos/as en actividades agrícolas e forestais. Aínda que durante a fase de preselección tentouse evitar reclutar persoas cunha posición interesada ou excesivamente sesgada sobre o monte, 6 dos nosos 10 entrevistados tiñan propiedades forestais, na súa meirande parte plantadas con eucalipto. Destes, varias persoas entrevistadas pertencían ás directivas das PROMA, as asociacións de propietarios/as forestais municipais, impulsaran concentracións parcelarias na zona ou participaran da creacións doutras fórmulas de asociación, como a Sociedade Agraria de Tranformación (SAT) de Trabada. Outras 2 entrevistadas pertencían a asociacións ou grupos de tipo ambientalista ou conservacionista. Malia ter isto o risco de condiciona-
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 105 los nosos resultados, no apartado seguinte veremos que tanto as posicións duns coma doutros, son mixtas. Nun futuro, cómpre ter en conta que a busca dun perfil de veciño/a "raso/a" informada/o e con experienza vital do monte é unha tarefa laboriosa, por non ser estes perfís públicos e para cuxa identificación faise indispensable desprazarse ao lugar da realización do traballo de campo con tempo suficiente para realizar unha preselección en persoa que permita poder descarta-los perfís con posibles conflitos de interese. O obxectivo, faise especialmente difícil dadas as características da estrutura da propiedade da terra na Mariña, onde a metade da poboación ten fincas con eucaliptos. Por último, convén salientar que todas as entrevistas agás unha foron presenciais. En todos os casos, buscouse un lugar para a realización da entrevista que resultase cómodo a/ao entrevistado. En varios casos, as entrevistas tiveron lugar nas propias vivendas dos entrevistados e entrevistadas. As datas do ano nas que se planificou o traballo de campo, provocaron que algunha das persoas entrevistadas estivese de vacacións, co que dado o interese dos seus perfís, realizamos a entrevista igualmente e gravamos a conversa empregando unha aplicación para a gravación das chamadas. 4.2.4.1. Consideracións éticas A participación dos e das entrevistadas nas entrevistas é anónima, en ningún momento aparecerán os nomes das persoas nos documentos que se xeren a raíz do traballo de campo e calquera información que puidera facilita-la identificación das persoas sobre o texto final producido e futuras publicacións derivadas será anonimizada. Os códigos que empregaremos para diferenza-las citas no apartado seguinte, móstranse na Figura 8. Toda a información obtida no traballo de campo será empregada exclusivamente para os fins deste Traballo Final de Mestrado. No caso de existir algunha variación nestas condicións e de que se quixese empregalos
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 112 outra cousa, non? Non tuven a necesidá que tuveron outros nenos que desde pequeniños lles dícían: "Oe neno, colle un fouciño e roza todo eso por aí, porque se non non comes", e eu, debido á familia en que nacín, que é unha cousa de azar, pois, claro, non tiña esa necesidá de traballar alí, pero vía os montes, vía como traballaban os outros, e despois, cando tuven vinte e tantos anos, que vin que me necesitaban, porque eran maiores, pois entonces tuven que irme facendo cargo destas cousas e incluso a min nunca me estorbou. »(1_alfoz_m) «Tiña eu catorce anos e fun xuntar á leña para facer o carbón que había que poñela ás costas e levala para un sitio para onde se cocía o carbón, tiña eu catorce anos. A primeira vez… Eu ó monte xa fora moitas veces porque iba coas ovellas de pequena. Iba ó… Á pouca escuela me tocou, pero bueno a outros aínda lles tocou menos e iba á escuela, e despois había que ir buscar as ovellas ó monte.»(7_cer_f) 4.2.5.2. Crenzas avaliativas sobre a natureza e o monte na Mariña lucense. O monte como recurso produtivo. O eucalipto como mal menor. No pasado o monte servía como primeiro elo dun sistema de autoabastecemento tradicional que fornecía de alimento, vestido e materiais de construción á poboación. En moitas ocasións, o aproveitamento do monte organizábase a nivel comunitario e esixía dun grande coñecemento do monte por parte da poboación. Na actualidade, o monte constitúe unha fonte secundaria de ingresos e a súa xestión está externalizada.Os usos recreativos e ambientais dos montes son tamén recoñecidos, en maior medida polos e polas entrevistadas novas, malia estar en segundo plano e entenderse como supeditados ao uso produtivo. «Ó tempo de collermos aquí o molido era en septiembre para terreos, para o invierno, amontoado, porque no tempo de inverno non se podía… Porque non había estas pistas. Non había na’ máis que unhos camiños todo enfangados
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 113 aquí… E enterraba a vaca… Íbamos nos carros coas vacas e enterrábanse porque tuvera ó lado, e había unhos baches...! Entonces ahora, vívese doutra maneira como se vivia cando eu traballei. Traballo e aínda, pero bueno non é coma antes, eh! Antes teño botado hasta quince días no monte.» (3_rib_m) «De feito, cando ibas ó monte a buscar leña, eu teño ido buscar eh… leña ó monte con miña avoa, e ibas cortar os pinos que había secos. Non ibas ó teu monte concreto. Ibas coa burra e o carro da burra e donde había un pino seco cortábalo. Entón donde había un cruce, pois ibas deixando unha cruz.(..) O sea, a xente andaba polo monte como… Vamos coñecía o monte como a palma da mao. »(2_barr_m) «Entonces, eu creo que se debe conservar un pouco polo hábitat, que se debe conservar un pouco as dúas cousas, ou sea: a parte productiva é importantísima, é fundamental porque sin a productiva difícilmente mantés o outro… Pero a improdutiva interesaba tela.» ( 6_tra_m) « Ai no miña filliña! Antes os paseos eran tódolos días andando para o traballo, que non había outra cousa para ire, e en camiños malos que se houbera carreteras… Había esta, esta carretera solamente… Cando nacín eu había ésta e mala, que arreglaron moito nela. Pero, non había máis, eran camiños, congostras, que como che vou dicir, tiñan unha ribada por un lao e outra polo outro e ibas por aquel medio ao mellor cheo de lamas, de pedras e augha, e...Unhas veces calza e outras veces descalza. Porque daquela non había máis que zocas, entonces as zocas rompían moito a menudo e ás veces hasta as amañaban con latas, e despois tropezabas cun pé no outro e ’tábas nos pés.Érache así a vida de antes.» (7_cer_f) A chegada do eucalipto sobre todo e outros cultivos industrias forestais como a acacia ou o piñeiro van da man para a meirande parte das nosas entrevistadas dun proceso de empobrecemento da paisaxe, que rexeitan. Se imos ao micro, respecto dos impactos diferenciais do eucalipto como especie, as posturas son moi diverxentes. «Pero como vai gustar se o eucálitro é a última calaña, é a última calaña que hai.(...) Porque chupa a terra toda, chupa a augha. A terra así que pasan unhos
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 114 anos, volves e non é terra, volves e é cinza. Que en cambio os pinos xa non son así chupós, nin os outros. Pero os eucálitros? Bueno, oh! Dios te aparte deles.» (7_cer_f) «Todo é mentira. O eucalipto, o que acaba coas fontes é que as raíces do eucalipto vai hasta que encontra a humedá. O que desvía, si que desvía, desvía as fontes, pero consumir auga, consume máis o roble que o eucalipto, e o eucalipto consume auga… Cando máis consume é no inverno. Eu a ver, ti mira que día está hoxe aí [orballando]. Tú ahora poste debaixo dun eucalipto e está o monte mollao, poste debaixo dun pino e está seco.»(10_foz_m) «Desde o punto de vista de… De que… Eh… A miña opinión é que igual se debía romper un pouco máis o tema de… do eucalipto, que debía romperse un pouco máis. Ahora, eh… Realmente, aquí, por ejemplo, fixémolo ben porque reservamos todas as… Todas as fragas. Reservamos zonas pa’…Eh… Zonas todo… As zonas dos ríos, reservamos as plantacións que había de frondosas e todo eso, autóctono, eso mantúvose todo. Todas as fragas se mantuveron e inclusive se puxo pino, se puxo cerdeira, se puxo castaño, se puxo algo de nogal. Ou sea, plantamos un pouco distintas especies, e tal.» (6_tra_m) A concentración parcelaria e introdución dos cultivos industriais é maioritariamente comprendida como parte dun proceso de dinamización e progreso económico da zona, malia terse derivado do mesmo certas externalidades a corrixir. «Home, cambiou porque no tempo de Franco así que… Foi levantando un pouquiño esto e... Xa empezou a dar unha… Unha pagha pequena polos pícaros, e despois xa deu algunha jubilación que a meu abuelo, Dios lo teña donde descanse, xa cobraba o subsidio antes de morrer; e miña abuela tamén. Entonces foi millorando así… Algo esto, despois deron ir pa'o mar, os homes en ir pa'o mar e viñeron eses Reimundes e eso, plantar, entonces íbase… Había donde ir ganar e por eso se foi deixando así algo… Do malo. Pasaronnos aí unhos anos que se vivía bastante ben porque non había que pagar nada, na’ más que a contribución. Do resto non había outra cousa que pagar. Mira ahora, que non se dan paghas as cousas.»(7_cer_f)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 115 «Antes plantábase en cualquier lao, pero ahora desde que veu o aparcelamento que esto foi a marabilla, esto foi unha cousa que debe o pueblo a todo. Púxoo a andar. Porque antes eran unhas fincas de… Medio ferrao, un ferrao, dous ferraos, tres ferraos, catro ferraos. O que tiña catorce ferraos xa era moito. Nosoutros tiñamos unha terra de catorce ferraos e xa era moito. Ahora hai hectáreas e hectáreas!» (3_rib_m) A extensión dos cultivos de eucalipto, cun pico localizado nos anos 80 pero que tería comezado nos anos 60, está relacionada cunha estratexia de maximización da rendibilidade do monte por parte das familias, nun contexto de falta de usos alternativos, onde non habería demanda doutro tipo de recurso susceptible de ser producido no monte e nun momento no que as rendas dispoñibles da poboación na zona se mantiñan baixas.Na actualidade os cultivos de eucalipto seguen tendo a función de dar apoio económico ás familias durante a crise, malia ser maioritariamente referidos estes como fontes secundarias de ingresos para a meirande parte dos e das propietarias. A produtividade do eucalipto, sen equivalente, así como a facilidade do seu cultivo, son as razóns maioritarias que explican a multiplicación destas masas no monte da Mariña lucense, malia sinalar algunhas das entrevistadas a caducidade deste modelo de monocultivo forestal, connotado cun certo fatalismo: «Estes galegos de aquí por que puxeron todo de eucalipto? Porque ti, mires onde mires, todo, todo, todo, todo, sempre é eucalipto. A non ser que seña unha zona.. Non sei, no val, que haxa unhas maciñeiras, todo o demais é eucalipto. E por que? Teñen unha propensión eles ao eucalipto ou como é? Non, porque sacan diñeiro, e que é o máis produtivo, por iso o plantan. Plantan durante dous ou tres xeracións, eh, porque despois non vai dar máis. El chupa, toma os seus nutrientes e despois hai que cambiar de especie, pensar en outra cousa.»(1_alfoz_m) «O eucalipto nun momento como o de agora que é un momento de crisis, pos está axudando moitísimo a moitas familias e sigue abierto. Polo tanto eso é algo que hai que respetar, non? Tamén era nosa a gandería, tamén era nosa a labranza, tamén era nosa o mar e… e deixámolo ir todo. Pero bueno,
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 116 acollémonos ó eucalipto que… supoño que traerá anos de fame, non?» (2_barr_m) «O eucalipto, xunto con outras especies, foi o que estivo dando… aguantando un momento moi forte de crisis, que temos actualmente, pois estuvo aguantando moito. Eu e como moitos máis mariñáns e xente de outras zonas, pois ó millor puidemos estudar unha carrerira universitaria gracias á produción do monte. Polo tanto, aparte de gustarme pois, teño que estarlle moi agradecida ó monte e ó traballo dos antergos, non?» (8_barr_f) As plantacións forestais de eucalipto e a estrutura da propiedade forestal, moi repartida entre a poboación mariñá, contribúen segundo as entrevistadas á distribución da riqueza, o cal é subliñado como un valor engadido do monte e que amosa unha preferencia igualitarista: «Despois evidentemente contribuye económicamente, está dando moitísimos postos de traballo. En primer lugar toda a xente que corta madeira, os maderistas, a xente que trae, os transformadores, é todo unha cadena. Desa cadena pasamos a toda a sociedade. É un beneficio para todos o monte.» (8_barr_f) O eucalipto e as plantacións forestais están asimiladas á riqueza forestal de Galicia. De acordo a varias entrevistadas, o gusto polo monte exprésase nun gusto por plantar especies de crecemento rápido, que aplica igual nos casos de esta-las repoboacións nos propios terreos externalizadas. Nunha das entrevistas, a produción forestal como unha actividade mediante a cal as persoas desenvolven vencellos emocionais: «....Porque o xenro é amigo dos montes, anque traballou na construción, o padre ten moito monte, e gustoulle sempre eso, e prepara e vai plantar os eucalitros ó monte e todo.» (3_rib_m) «Se non vives de esto, da agricultura e desto, pois valo deixando. Sempre hai quen lle ten cariño. Eu por ejemplo no deso… Téñolle cariño e vou ás veces e planto no monte, bueno mando plantalos e pago e… Pero a maior parte da xente non.» (9_rib_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 117 «É dicir, aí hai algo que eu non sei explicar ben... Pero que emocionalmente para min é importante. Sabendo que me tocou eso como me podía ter tocado outra cousa se houbera nacido noutras circunstancias. Pero hai unha relación emocional difícil de explicar entre a produción forestal, o monte, a vida rural e o que fas. Eu polo menos o sinto así.» (1_alfoz_m) O monte como espazo para o contacto coa natureza e pracer. Nun segundo orde, o monte está asociado a un significado integral, que nos conecta co medio de vida, co pasado como especie. O monte enténdese como o marco para o contacto coa natureza, como oportunidade para unha conexión orgánica co medio no cal vivimos e que algunhas entrevistas apuntan como inalienables da condición humana. A paisaxe enténdese tamén como marco de referenza da propia vida, que aporta estabilidade e continuidade: «Eu creo que non hai que discurrir demasiado para ver que a vida natural e nun sitio que non estea contaminado, que produza osíxeno, que che trae unha certa paz, visual, e un bon estado de temperatura, tal... Eso ten que ser beneficioso. Entón, claro, a eso debía ter dereito todo ser humano.» (1_alfoz_m) Nesta comprensión integral do monte, o tipo de formación evocada non son as plantacións forestais; son as fragas autóctonas. Así, o bosque autóctono está connotado con significados positivos: como paraíso, valor engadido, vida silvestre, autenticidade, non intervención humana ou como símbolo da historia propia. A fraga caracterízase pola diversidade de especies e a existencia de treitos característicos que facían ás veces de puntos de referencia e axudaban á interacción da poboación coas mesmas: «Pois alí, méteste e ves todo cheo de mofo, verde, de fentas, unhos lechos preciosos, unha sombra de carballos e castaños... "Coño, esto é o paraíso, de real." Está... a casa máis cerca de alí ten que estar au cinco ou catro quilómetros. Por alí o que pasa pois ve un corzo, un jabalí, un corvo, un ave de
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 118 rapiña, unha troita que salta alí no rego, o sea, entonces, volver a eso é algo moi positivo, no?» (1_alfoz_m) «É un valor importantísimo, sobre todo para as xeracións futuras para dicirlle:"Aquí podes ver como era antes, e aquí como é agora." Coma aquel que ten un álbum de fotos, e que en tódalas familias hai un álbum de fotos, verdá? "Mira este era eu cando era pequeno, este era eu cando… Mira na primeira comunión, esta eras tú cando che caeron os dentes, esta eras tú cando estabas andando en bicicleta." Pois debera quedar unha mostra de cada tempo, non? coma unha caixa do tempo». (2_barr_m) O monte como patrimonio: cultura e memoria a preservar. En terceiro termo, o monte e o seu aproveitamento enténdese para os e as entrevistadas como parte da cultura, como expresión dun modo de vida propio do rural, que aporta distinción e que debe conservarse. O monte é comprendido como patrimonio no senso en que atesoura o pasado da Mariña, o modo de vida da poboación e que podemos recrear mediante a interpretación do patrimonio. O monte é segundo algunha das nosas entrevistadas un medio polo cal establecer lealdade cos devanceiros, respetándoo: «...Bueno, é unha paisaxe, sobre todo para a xente que somos de aquí, pois, moi querida. Anque está moi, moi abandonada porque hai zonas que son monte e… E tal, e da que a maleza apoderouse.(...) Porque é querido, porque é algo que costou moito traballo adquirilo, á xente, ós nosos antergos costoulle moitísimo… Eses montes, explícanche os abuelos, meus pais explicábanmo como chegaban a eses montes e… Como iban buscar toxo alí, como iban buscar nalguns casos herba. Iban nos carros, iban con los burros, iban nos famosos feixes, andando. Entonces, por aqueles camiños pequeniños, angostos e feitiños, e todo… E imagínaste a cantidá de traballo que debía ter esta xente, non?»(8_barr_f)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 119 A paisaxe na Mariña: un eucaliptal. De xeito unánime os e as entrevistadas describen a paisaxe da Mariña como un eucaliptal; se ben nalgúns casos engaden a esta descrición a existencia de praderías, redutos de fraga autóctona e edificacións na liña de costa. O dominio do eucalipto na paisaxe é considerado un treito distintivo da Mariña e compartido no contexto galego só coas bisbarras de Ferrolterra e Ortegal, anexas á nosa zona de estudo. Mentres a meirande parte dos entrevistados valoran esta composición da paisaxe dun xeito neutral e o explican como froito das necesidades socioeconómicas da xente, varias das entrevistadas valoran negativamente a preponderancia de eucaliptos no territorio mariñao. «Inmenso eucaliptal, inmenso eucaliptal. É dicir, a evolución foi inexplicablemente derivando en que... Dun trozo... Unha imaxe vale máis que mil palabras. Se tu ves verde oscuro, e ese verde oscuro son dous tercios; de tres partes, dúas, que é: pois da súa inmensa maior parte é eucalipto. Desde Ribadeo hasta Ferrol, pero sobre todo toda a parte da Mariña, incluida a que estamos, é un inmenso eucaliptal. Eso é a visión tal... A xente acabou plantando eucalipto, eliminando outras especies e sustituíndoas por eucalipto; entón, claro, un aquí, outro alí, outro alí, outro alí, entonces miras e ves todo, todo, todo de eucalipto.»(1_alfoz_m) «Moi triste, moi monótono, monocultivo, é decir… Non hai outra árbore, todo o ano igual, nin lle cae a folla no inverno, non deixa respirar ó chan, está sempre da misma cor, é monótono, monótono...» (5_cer_f) Situación das masas forestais: herdeira da estrutura da propiedade da terra, resultado da falta de recursos dos propietarios e inacción política. A banda da busca da produtividade e á facilidade do cultivo, a presenza na Mariña do eucalipto achácase á estrutura da propiedade da terra, ao minifundio. A división da propiedade e o pequeno tamaño das mesmas descríbese como herdeiro dun sistema de división das fincas en función das
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 120 necesidades das comunidades, que segmentaban en veigas o territorio e que delimitábase seguindo accidentes naturais. O tardío acceso á propiedade das amplas capas da poboación mariñá, non tería impedido que as herdanzas e os procesos de aparcelamento dos montes veciñais e abertales, contribuíran á fragmentación da propiedade. As iniciativas de concentración parcelaria, que afectaron sobre todo ás terras agrícolas, tiveron unha mínima repercusión sobre os terreos forestais e non modificaron significativamente a súa estrutura. Ligado ao anterior, a meirande parte dos e as entrevistadas amosan altos graos de desconfianza cara á administración, cuxas intervención respecto do monte son descritas como barreiras á súa actividade, cun exceso de cargas burocráticas asociadas. Os esforzos por parte da administración respecto do ordenamento forestal son referidos como erráticos e pouco efectivos. En especial faise referencia ao incumprimento reiterado entre os e as propietarias forestais dos ditames legais respecto dos distintos usos do monte pola falta de inspección e escaseza de medios e incentivos para o sector: «Hai unha administración, que no fondo actúa de policía, que nos pon a todos a andar, invade todo de leis, de normativas, de tal... E que dice: "Non, Red Natura, aquí non podes plantar esto. Ahora aquí hai esta outra prohibición. Ahora, permiso de corta. Ahora, ao lado da carretera non podes non sei que. Pista principal, catro metros a un lado". O sea, que estanche invadindo, invandindo, invadindo de maneira que estás cruzado por todas partes de normativa.» (1_alfoz_m) A xestión do monte, diante da retirada da administración recae sobre a vontade particular dos e das propietarias forestais. Como resultado, a estrutura da propiedade do monte na Mariña é referida como anacrónica e non adaptada ás necesidades dos aproveitamentos «O monte quedou aí como un vello testigo dun medio productivo de hai douscentos anos, na maior parte dos casos.»(8_barr_f)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 121 «Por que temos ese minifundio? Por esas divisións que fixemos naquel momento entonces temos ese minifundio feito. E precisamente nós, por interés ahora de cambiar o tema, porque ahora o que nos interesa son fincas grandes para mecanizalo e para poder traballar adecuadamente eh… o tema.»(6_tra_m ) A presenza do eucalitpto no monte é aceptada para a meirande parte dos e das informantes mais o seu propagamento é percibido por algunha delas como unha ameaza a outros usos e potenciais de desenvolvemento. En parte, o risco asociado ao espallamento desta especie, relaciónase coa baixa tolerancia da mesma á competencia con outras especies e ten efectos sobre a fauna: «Ninguén está en contra do eucalipto, ninguén. Si estamos en contra de que non se respeten, polo menos as leis básicas de montes. ou sea: plantar ó pe dun rego, tirar un castro pa’ plantar eucaliptos». (2_barr_m) «Estaba, pero estaba todo tupido de arándanos cando chegánbame máis enrriba da rodilla, é decir, para andar en medio deles tiña que facer esforzos e comiamos os arandanos todo o verao,aquelo era unha pasada(...) Sigue habendo arándanos, non tantos evidentemente como antes, pero en moitas zonas onde o eucalipto aínda non está, digamos, hai zonas vacías… Aínda hai arándanos, aínda os comimos o verao pasado.» (5_cer_f) «Había animais no monte, había cabalos e vacas. Sigue habéndoos alá arriba onde hai monte raso, porque evidentemente onde hai eucalipto non hai nada que comer. As vacas e os cabalos do monte estan moi arriba, non baixan, antes baixaban cando facia moito calor, ou moito frio.» (5_cer_f) O monocultivo do eucalipto é caracterizado segundo varias das persoas entrevistadas como un modelo de desenvolvemento curtopracista, que non valora os propios recursos e fomenta a deconexión respecto dos mesmos da poboación. A especialización nos cultivos de crecemento rápido, estaría creando unha dependencia da senda e dificultaría o cambio cara un aproveitamento mútiple do monte, que quedaría condicionado á existencia de
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 128 ao campo, ao verse as posibilidades de atopar traballo noutros sectores máis reducidas. As restricións orzamentarias terían o efecto contrario, de parálise da situación do monte: «Os montes estando limpios, pois tamén o problema dos incendios eran moi inferior, entendes? A administración está gastando moito en incendios e en xente para preparar eso e… Pistas, eh… Claro, facendo concentración eso sería millor. Xa hai unhas pistas que che sirven de cortafuegos, ou os montes estarían máis limpios e… Pero como diñeiro non temos. España parece ser que está moi debilitada, e Galicia tamén, entonces habrá que esperar. » (9_rib_m). «Ahora temos, desde o ano pasao, unha ventaxa, desde o punto de vista, en Galicia que é que podes trasmitilo[ os montes en propiedade ] sin coste desde o punto de vista fiscal. Solamente o coste de notario e de… De eso. Que é abondo! Pero, alomenos non tes coste fiscal e eso xa aventaxa moito o tema. Porque… Hai moita xente que non ten interés ningún no monte e eso é un problema, en cambio o outro pois… Pode telo. » (6_tra_m) «Pero traballar a terra agora, non é traballar a terra filliña. Traballar a terra é como che digo eu antes, porque haía que arala toda con vacas ou bois, traballala terra toda, e á mao que non había maquinaria ningunha. Ahora non é traballar na terra cos tractores e a maquinaria que hai, ahora é un divertimento. » (7_cer_f) «Eu penso que [volver traballa-la terra] sería bon porque todos no pueblo, non hai… Empleos para todos no pueblo e menos como os queren que queren todos oficinas; e oficinas para todos os estudiantes non pode haber.»(7_cer_f) 4.2.5.3. Apego ao lugar e identidade. O estado do monte e os atributos da paisaxe intégranse na autodefinición e identificación das persoas e grupos. Tódalas funcións do apego ao lugar 48 como treito identitario son esmentadas nas entrevistas, malia que as grandes destacadas son a continuidade e distinción. A identidade das e dos 48 Continuidade, autoestima, autoeficacia e distinción.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 129 entrevistados baséase sobre todo nun apego tradicional, que evoca á propia experiencia e á memoria procedimental, malia haber tamén referencias a un apego declarativo, relacionado coa historia dos lugares e que aparece sobre todo ligado cunha visión do monte como patrimonio, como símbolo do pasado e representado polas congostras, sebes de pedra ou pedreiros colocados como deslindes das fincas forestais.Varias entrevistadas resaltan o potencial da memoria declarativa para recupera-los vencellos emocionais cos lugares, que se estarían perdendo por mor dos cambios nos estilos de vida, cambios de valores e abandono das áreas rurais. Para a meirande parte dos e das entrevistadas a vía máis importante de xerar vencellos co monte é o traballo directo no mesmo e a propiedade de fincas forestais. O coñecemento do monte e o feito de realizares traballos directamente neles enténdense como treitos identitarios, que implican ser da zona, ser da casa ou ser do rural e que aportan continuidade respecto das xeracións pasadas que tamén traballaban o monte e distinción respecto das residentes no eido urbano. O coñecemento e implicación persoal na xestión dos cultivos forestais durante todo o ciclo de crecemento enténdense como sinal de autoeficacia: « Teño un neto que é moi de aquí, de ir ao monte, de colle-lo fouciño e darlle ....»(10_foz_m) «...Entonces tuven que irme facendo cargo destas cousas [ dos montes ] e incluso a min nunca me estorbou; quero dicir que non me caen os aneis, que eu teño as maos de andar por aí.» (1_alfoz_m) «O neto que teño, que ten doce anos, xa lle gusta [traballar no monte ou facer tarefas agrícolas ] e as outras son netas e unha xa está case casa e as outras non se preocupan, viven fóra. E os que tan… Ten douce anos e outro catro… Ou oito. Ó grande si pero ó pequeño non lle fales de montarse no tractor porque... Ó grande gústalle andar no tractor....Así que acabouse. A Casa de [o seu nome propio], dentro de uns anos, se os boto… Acabouse todo. Adiós muy buenas.» (3_rib_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 130 «Eu cando tiña unha plantación, as últimas plantacións, destes últimos anos, todos os meus fillos foron comigo a facelas, de bastante mala gana, pero levávamos a planta, furábamos, pasábamos o día, volvíamos, e facíamos os traballos nós para que visen eles de onde saía a cousa... Tamén a min mo fixeron, eso.» (1_alfoz_m) Relacionado con isto, a produtividade do monte ligada ás plantacións forestais con especies de medra rápida enténdese como unha característica distintiva da Mariña: «...Pero en cada concello hai 30 millóns de euros, e un millón de toneladas disponibles para cortar. O cal quere dicir que é unha enorme riqueza o que hai aí, e unha enorme produción. Que non ten ningunha outra zona do planeta nin de Europa.» (1_alfoz_m) «Témolo demasiado asimilao que a riqueza forestal de Galicia é o eucalipto e o vai seguir sendo.» (2_barr_m) Na meirande parte dos casos a creación de relacións e vencellos emocionais co monte compréndense como algo utilitario, que as persoas desenvolvían polo interese en xerar unhas rendas a partires do seu traballo e coidado dos recursos naturais pero que tamén funcionaba como resgardo de abusos por parte de veciños ou compradores de madeira, que tasaban a madeira tradicionalmente "a bulto" por cálculo aproximado, con importantes perdas para os propietarios de montes. «O minifundio non é tan malo como se dice, nin ten tanta cousa, porque o minifundio é un magnífico sistema de defensa. Se todo fora do conde de Fontán, ou todo fora de Mario Conde, por seguir co apelido, pois estaría nas maos dunha multinacional, estarían explotados, en cambio agora cada un defende o seu; é pouquiño o que ten, pero aquelo teno moi coidado, e moi productivo, e naide llo pode sacar porque: "¡Eh, che, que meu pedreiro está aquí, daquí non pasas!" É dicir, é un sistema de defensa que a propia xente o foi creando. ¿E por que o creou? Porque case todas esas fincas, pequenas, non hai tanto tempo que son propiedá desas familias.»(1_alfoz_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 131 «Teño fincas en tódalas veigas, tuven que aprendelas pa’ poder cotarlle-la madera, porque sino igual me apretaba o vecín e non me enteraba.» (4_rib_m) A segunda vía de identificación co monte é para varias entrevistadas o de coñece-la historia propia, que moitas relacionan con aspectos de tipo emocional e que axudan a un aumento da autoestima. Estas fórmulas aparecen citadas sobre todo en relación aos usos recreativos e ambientais dos montes. Ademais, son referidas como as canles para que as xeracións novas, que xa non van traballalo monte directamente, desenvolvan vencellos cos montes e coas súas zonas de orixe. « Por tanto, se non vai traballar ó monte está perdendo o contacto total do monte. Entonces eh… A situación é que si lle pode interesar o monte como un bien que lle… Desde un punto de vista ecológico é importante, si quere vivir na zona, é importante dende o punto de vista económico. Pero, non de gestión propia.» (6_tra_m) «[ o contacto co monte] é cultura, coñecemento, o benestar da xente é todo, saber tamén, coñecer cousas. Pra min o saber é saber cousas, é un benestar. Cando coñeces e sabes, non só os teus antepasados, nin de onde ves, a disputa celta-castrexa me da igual, pero é moi interesante coñecelo e ver que aquí vivía outra xente que as nosas vivendas veñen das súas vivendas. As nosas formas de vida tamen as tiñan eles, nosotros aprendimos o que sabemos porque os nosos antepasados fixérono así e desde fai moítisimos séculos, moitísimos, é evidenciar eso. Pra min é moi agradable e penso que si a xente ten e pensa iso e o disfruta e o valora, pois tamén influye no estado de benestar, para min. » (5_cer_f) Os vencellos coa comunidade próxima, o apego comunitario aparece nas entrevistas como un aspecto indisociable dos vencellos co lugar. Estes lazos son encarnados pola presenza de normas non escritas que denotan cohesión social, como a organización en comunidade de tarefas no monte ou ao entenderse o respeto polos montes e patrimonio como equivalente ao respeto polos antergos. Varias das entrevistas califican o grao de apego comunitario na súa zona de residencia como baixo, tanto no pasado como no presente,
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 132 malia sinalarse unha tendencia á baixa. O apego comunitario relaciónase cunha maior coñecemento propio e con maior eficacia e autonomía para a satisfacción das necesidades. «....De feito había xente que non tiña montes en propiedade e iba cortar monte, iba á leña para as casas ó primeiro monte que atopaba pero, había unha lei que era cortar os pinos mortos, secos. Ou sea, ninguén lle iba cortar un pino verde a naide soupera quen era o propietario ou non o soupera, ou sea… Esa era unha lei, digamos, que caía de caixón, non? E aí a cortar os pinos mortos ou que había algún tirado, todo eso para aproveitalo. No monte, era unha cousa desta zona, vamos.» (2_barr_m) «É moi importante antes nas aldeas, pois decidíanse cousas en comunidade, foise perdendo pouquiño a pouco. En un tempo había unha persoa que decidía soa. Se chegou a eso, pero antes non era así. As sociedades anteriores, non era así, decidíase en comunidade e sempre se miraba o ben para toda a comunidade, non só para unha persoa, ou non só o que dicía unha persoa era bon, para toda a comunidade, había sempre alguén que podía decir: "Eso está ben para un grupo de xente, pero non para outro grupo de xente".» (5_cer_f) O estado do monte actual na Mariña está directamente relacionado para moitas das entrevistadas cun nivel de apego ao lugar baixo e unha falta de capital social, que varias asocian á natureza individualista dos e das galegas, á unha aversión natural ao cambio ou á ausencia histórica dunha clase con capacidade adquisitiva que impulsara os cambios. Relacionado con isto, as entrevistadas falan dunha baixa autoestima, dun descoñecemento e desinterese polo propio e dunha perda da cultura propia: «Do eucalipto sabemos, efectivamente, que é foráneo. Que indica unha falta de identidade? Si, efectivamente, iso e moitas cousas máis. Eu penso que o pobo galego é un pobo, digamos que, que se deixa conquistar facilmente. Dalle igual quen veña de fóra a poñer aquí… A plantar.»(2_barr_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 133 « Nós aquí temos moitísimas paisaxes que ofrecer e non queremos nin eso. Moito que vender, moitos atractivos turísticos e sobre todo cultura. Moitísima cultura. Temos patrimonio natural, temos patrimonio cultural, temos patrimonio arqueolóxico e patrimonio inmaterial. O patrimonio inmaterial tamén conta, vale moitísimo diñeiro, Non todo o mundo pode contar con un patrimonio inmaterial. (...) Entón non sei a que se debe eso, si se debe a una falta de información, que pode ser. Porque, realmente, a información é poder e hai xente á que non lle interesa… Catro, cinco, seis persoas á que non lle interesa que a xente teña información, porque a xente ben informada pode ser un problema, non ?» (2_barr_m) «Aquí a fidalguía, a elite que había, nunca tirou; sempre foi egoísta, anduvo ao seu, acabou marchando para Madrid, comprando fincas no Mediterráneo... e deulle as costas ao país. Se houbera seguido outros modelos, como o de Otero Pedrayo, por exemplo, os fidalgos do carallo, hai algún que é bastante crápula, e hai algún que é cabronazo, pero hai algunhos tipos... que tiran polo país, moito, que se preocupan de seu país, que son xente moi capacitada, que era o que aquí faltou.» (1_alfoz_m) « Lévanse mal. Si, lévanse mal. Por diante igual non se levan tan mal, por detrás lévanse mal todos, hai moita envidia, hai moitas envidias, hai moitas cousas… O que hai en casi todas as aldeas, non sabes? Eso pasa en todos os laos. E se nunha aldea que saliron pouco, tuveron pouca escuela na maioría. Pois non razonan, non razonan .»(10_foz_m) Tamén importante, a desconfianza entre os propietarios do monte, que os volvería reacios á colaboración e crearía recelos respecto da administración pública, explícase de acordo ás entrevistadas por unha longa lista de abusos por parte da administración pública e compradores de madeira, que aproveitaban en moitos casos o baixo nivel cultural ou a necesidade económica destes para obter un beneficio ou acadar neles cambios de conduta: «Ó mellor viñan e dicían: "Hai que cultivar non sei que que van a pagar tal…" E a xente a metían enganada… E despois unha vez que estabas metido, te metiches ó millor nun préstamo grande que iban a pagar vente a non sei canto e o vente quedou a dúas pesetas eh… A carne igual, entendes? A carne non vale nada.»(9_rib_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 134 «[ os montes de ] Burela, e o de San Román de Rúa, e se concertaba a través da diputación ó Distrito Forestal do Estado.(...) Pois ese diñeiro non iba concretamente para as parroquias, iba pa’ Burela… Pa’ Burela e San Ciprián que eran os núcleos máis grandes que había. Os do monte, os que vivía ó lado do monte, os que tiñan que aproveitarse desa cantidá, nin perra gorda, claro.» (10_foz_m) «É lógico… de catro ou cinco maderistas que coñecemos por aquí ó rededor, de que se fixeron con moitos cartos. De que foi? De facer a madeira como fan estos [Ence] á tonelada. No. A trece euros a tonelada, si, gánalle algo. Pero non millós.»(10_foz_m) A falta oportunidades laborais para as xeracións novas na Mariña explica tamén o desapego medrante entre a poboación, que marcha. Asemade, moitas informantes datan a existencia dun cambio de valores entre a poboación, que lle daría menos importancia ao coidado e tarefas reprodutivas do día a día. A velocidade dos cambios socioeconómicos acompaña a mudanza de valores, dificulta a adaptación das xeracións máis vellas e o intercambio interxeneracional. Percébese unha desconfianza cara as xeracións novas por parte das persoas de maior idade, que vai acompañado dunha postura fatalista respecto das posibilidades dun relevo xeneracional: «Lles contamos as miñas cousas a meus fillos e parécelles que é mentira todo aquilo, que non é verdá. E nosoutros… Pois mira que diferencia de edá hai, que son trinta anos. Desde o ano sesenta ó ano ochenta o cambio foi impresionante, pero impresionante. Dun ano para outro, dun ano para outro aquelo era impresionante.»(9_rib_m) « Eu creo que se perderon valores de respeto a todo, incluso ás persoas. Porque si valoraramos e respetaramos a nosa persoa e á persoa que temos ao lado, as cousas que temos ao rededor, non faríamos a mitade das cousas que facemos, que destrozamos moita vida natura, vida animal. Eu penso que é cuestión de que vivimos para satisfacer o noso día a día, punto. Non nos importa destrozar outra cousa. Penso que é así. Hai xente que si o fai, que valora o que temos ao rededor, eu penso que é unha cuestión de determinados valores que se foron perdendo, o de determinadas formas de vida, que se perderon.(...) Non sei por que pero vexo que é así, cando viaxo fora daquí e vexo otros sitios, digo:"Jo! Por
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 135 que é así? Por que non seremos nós así?" Vas ver os lagos suízos e alucinas por colores...E sigue habendo carreteras, e sigue habendo casas, e industrias, sigue habendo de todo, pero non se deteriora, como se deteriora aquí.»(5_cer_f) «É un problema que é generacional, que non é… Cada generación ten a súa forma de vida, e á nova pois pétalle o cinto. Pois os novos non pensan nos outros, se non no ‘taba así. Tampoco nosoutros pensábamos como os nosos vellos, as cousas hai que falalas despois. Cada generación ten a súa vida. O que vai vir, pois non o sabes, igual é peor». (4_rib_m) 4.2.5.4. Satisfacción co lugar, unha atitude. O estado do monte aparece para as nosas entrevistadas como directamente relacionado coas posibilidades de satisfacción das necesidades propias 49 . A necesidade destacada que a eucaliptización axuda a satisfacer é a de subsistencia e que se relaciona cunha comprensión maioritaria do monte como resurso produtivo, do que amplas capas sociais da Mariña se benefician. Os cultivos forestais axudan á produción de rendas no monte e aprovéitanse de acordo a un sistema sinxelo, empregando maquinaria e rachando cuns usos do montes connotados negativamente, propios do pasado: «Por tanto eses, a eses non lles afecta, porque eses con tal de ter algo que produza, non lles afecta [ os cambios no monte sobre o benestar ].» (1_alfoz_m) «Ai os cambios do monte non afecta á xente d'aquí porque era moi esclavo. Mira que antes a madeira había que facela con tronzador e serrar entre dos. Eu teño ido irlle axudar ó home, xa varias veces, e cargala igual á mao que non había 49 Usamos aquí o marco teórico de Max-Neef (1996) e entendemos como necesidades as de subsistencia, protección, estima, entendemento, participación, lecer, creación, identidade e liberdade.
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 136 plumas nos tractores nin había… Nin había tractores, non había nada. Había unhos coches cativos que a carretaban e listo. Así que de extraño o monte non se bota pa’ nada porque era moi esclavo, moi esclavo. Non daba pa’ vivir, non sendo aos que tiñan moito capital.»(7_cer_f) «Eu creo que o mellor sería a concentración dos montes. A concentración dos montes eu creo que era fundamental para que crecera a riqueza do monte, para que non estuveran abandonados como están. Eu creo que estaría mellor se fan unha concentración de montes, pois a xente que se metería un pouquiño máis neles, que os traballarían máis e que os explotaría, que non os está explotando.» (9_rib_m) «Nós teñeríamos, pois, moito máis autóctono dicímolo sempre, os propietarios de montes, pero temos que sacar unha productividad, porque necesitamos vivir deso, evidentemente é outro recurso, está aquí pero non nos convía que cambie e que bueno… No canto de que esté todo de eucalipto e… Dunha nova especie, pois invasiva e todo eso pois poñer outro tipo de cultivo. Pero claro, dalgunha maneira que nos renda, non? non para telo… Aí de adorno. Evidentemente temos que vivir todos. » (8_barr_f) Nembargantes, a estrutura da propiedade da terra e a deixadez tando da administración como de propietarios/as particulares respecto do ordenamento do territorio, supoñen unha barreira á maximización desa necesidade de subsistencia. A anterior, sumada a unha estrutura da cadea forestal-madeira e da economía en xeral pouco xusta e con posicións monopolistas provoca que as rendas dos cultivos forestais, e do monte, supoñan só unha fonte secundaria de ingresos para a meirande parte da poboación. A contaminación é sinalada tamén como barreira ao pleno desenvolvemento do potencial produtivo do monte. Nesta visión, os valores individualistas e sociais son os protagonistas na definición dos satisfactores da subsistencia. «O día que … Que a alguén lle dea por decir que o eucalipto vaise pagar a dous euros a tonelada, pois é o que hai. Esa xente que pode facelo, existe, está aí que son os que manipulan, son os que poden con todo, son os poderosos que son os que teñen a pasta que son os que poden dicir:"Aghora voucho pagar a tanto ou aghora non cho compro". Bueno, e aghora págase o castaño, pois a
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 137 non sei que, a nada. Eu o que non entendo é que como cando vas comprar un mueble, pagas un pastizal por un mueble de castaño, ou de carballo, ou de cerdeira, ou de o que sexa e o noso non vale pa’ nada.» (2_barr_m) «É un beneficio e non me plantexo nada máis, e punto, como os eólicos, por que? Nadie se plantexa que pódenos dar algo máis, watios de electricidade e non nolo dan e sen embargo está aí ao lado. Os montes están pragados de eólicos… Que si, me dan os cartos porque está ó eólico nos meus terreos, e si, me dan as pelas, pero o beneficio que saca esa xente, porque non revirte doutra forma en nós? Eso tampouco o entendo, como deixamos que se teña todo o monte plagado de eólicos, e estamos pagando a electricidade a unhos precios desorbitados. Non o entendo.» (5_cer_f) « Ahora eso faino Ence, que eran… Cerraos, lle chaman, en vegas de estas que hai por aquí, para que vendamos a madeira en conjunto. Pero resulta que claro, a nuestra está plantada fai vente anos, outro está fai de diez, outro de cinco, e outro non ten nada. Entonces, claro, hainos un zafarrancho aí que non hai maneira de que tal… Porque o que ten vinte anos interésalle vendela. Pero o que ten dez non lle interesa, que non lle deixa nada.» (4_rib_m) En segundo termo, para algúns dos entrevistados e entrevistadas os cultivos forestais son a única opción viable de seguir traballando no monte, supón a posibilidade de continua-la obra dos antergos e nese senso axudan á conservación e desenvolvemento dunha identidade propia fronte outras. Pola contra, o espallamento dos cultivos forestais desdebuxa as posibilidades de mantemento da identidade propia nos casos nos que o monte se entende sobre todo ligado co respeto ao medio, historia, biodiversidade ou saúde.Esta cosmovisión fai énfase nos valores biosféricos como base para a creación dunha identidade. «O benestar vémolo nós, na medida do que temos arrededor, pois é o que ten que haber, non é a alteracion da paisaxe. Alteramos moito, cando construimos casas o facemos carreteras o canteiras …E todo eso…Pero non creo que o benestar dependa só de todas esas cosas novas que facemos, sino, deixar que o que temos…Deixar como era antes, o que temos na terra.» (5_cer_f)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 144 de monte como en risco e propoñían sobre todo cambios non orientados á mellora da calidade ambiental. «A min gustaríame que o monte estuvera aí, que seguira producindo o que fora, pero que estuvera hábil, e que se seguira conservando de generacións e generacións, porque é un traballo de moitos anos, moito sacrificio de moita xente que loitaron moito por facer todo eso.» (8_barr_f) Por outra banda, cando a idea de patrimonio facía referencia en maior medida á diversidade de fauna e flora ou á organización de tipo comunitario que o monte acollía, estes significados si eran vistos como ameazados e as propostas de cambio, aínda dirixíndose non só á protección ou mellora ambiental, si que estaban relacionadas cun incremento da calidade do medio ambiente na área. «Unha utopía sería un monte común, monte comunal, que os hai pero que no funcionan como tal. Sería perfecto que cada aldea, tivera un monte común, que dedicara como había antes, eran esas zonas onde iba toda a xente de aldea a cavar a roza. Non sei como era, pero había unha zona común onde toda a xente, sacaba un beneficio dese monte común. Agora o monte común, está dividido en parcelas, onde cada propietario ten un cacho. Vaia tonteria, si é común, é común, non debe ser parcelado.» (5_cer_f) Terceiro e último, para aqueles casos nos que o monte era considerado maiormente un recurso produtivo, este non era aprezado como en perigo e as persoas enfocaban as súas suxerenzas cara á mellora da produtividade e rendemento dos cultivos. A concentración parcelaria, a mellora das infraestruturas, xestión conxunta das explotacións forestais, unha maior transparencia do mercado ou fomenta-lo asociacionismo entre propietarios forestais figuraban entre as propostas máis repetidas: «....Eu estou moi conforme con que se lle faga producir, porque me din cuenta que si produce económicamente, se conserva, está mellor, e a xente o cuida, e o
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 145 valora. E se non produce nada, deixas todo a bravo, que o leve o demo. »(1_alfoz_m) «Agora hai que ir adaptándoos porque as… Cambiaron as cousas totalmente, é dicir non podemos estar co sistema do século dezanove e nalgúns casos do século dezaoito, co monte. Son parcelas moi pequenas e moi pouco productivas, que claro, que trae un montón de inconvenientes en normas económicas, é unha maneira tamén para os productores de montes.»(8_barr_f) «Mellor estaba que estuvera limpio, [ o monte ]pero pa’ limpalo sal moi caro, non dá a madeira para preparalos, como tiñan que estar preparados. Os nosos estuveron preparados mentres puido [nome do marido], pero ahora están tamén, están traghateitos; e se vamos pagar por rozalos, porque de cada dous ou tres anos tes que estar rozando neles, non chega o presupuesto. Así é a vida dos montes. Os montes non teñen moito futuro tampouco.»(7_cer_f) Existía acordo respecto de que a intervención da administración pública sobre os montes tiña que mudar, malia non haber consenso sobre a dirección na que debera facelo: retirarse ou intervir máis. «Que nos deixaran plantar eucálitro, eso é o que… E se non nos deixan plantar eucalitro, malo. Porque aquí o monte que temos, chamámoslle monte comunero; e non deixaron plantar eucálitro...Porque se sacaron moitos cuartos de eucálitro, e houbo moi buena madeira cuando se tumbara aquí unha parte. Había muita madeira, si. E ahora hai madeira… Hai pinos que están pudrindo, secando e todo… Pero pinos que hai dous homes que non os abrazan, insignus. Están pudrindo e non hai a quen vendelos.» (3_rib_m) «... O que a xente querería é: "Eu no meu monte, planto o que me dá a gana. Pois eu, entroume a gana de plantar repolos, porque son admirador dos repolos, eu quero ter aquí una hectárea de repolos". Si, porque me dá a gana, a min. E quen impide eso cunha propiedá que xestionas tu. Ah!, pero venche a Xunta e di: "Prohibido plantar repolos porque producen un gas na atmósfera que é prexudicial para non sei que"... E venche alí o guardia de turno e métete unha multa criminal por ter plantada unha hectárea de repolos. Eso pasa, eh?» (1_alfoz_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 146 «Moitas veces tes abandonado porque as pistas están fatal, os accesos e bueno, eso aínda é practicamente inviable porque hai que limpialos, tería que ser un troco coa administración.» (8_barr_f) 4.2.5.6. Expectativas futuras e eficacia. A través de que cambios o monte da Mariña no ano 2040 podería contribuír do mellor dos xeitos ao benestar da poboación? A meirande parte dos e das entrevistadas predecían unha diversificación dosusos so monte no 2040 na Mariña, malia o mantemento da importancia relativa das plantacións forestais sobre o conxunto. En xeral e na liña dos resultados anteriormente descritos, o benestar asociado ao monte era comprendido polas entrevistadas de dous xeitos distintos: como a renda obtida froito do seu aproveitamento produtivo; ou como outra cousa.Se a primeira asociábase a un aumento das rendas do monte, dentro desta segunda categoría, as respostas amosan unha ampla diversidade e referíanse a unha maior confianza e cooperación, unha maior capacidade de decisión da poboación ou un aumento dos graos de autosuficiencia e autoabastecemento. Malia o anterior, nin a variedade nos usos do monte nin o incremento da produtividade afectarán de xeito significativo a frea-la perda de poboación do rural, que agravarase. Co gallo de organiza-los resultados obtidos, agruparémolos en dúas visións. A primeiravisión baséase nun aumento da produtividade dos aproveitamentos industriais do monte en base á mecanización, intensificación dos cultivos, eliminación de trabas derivadas do minifundismo e baixa mobilidade da terra e ao incremento do valor engadido producido ao longo de toda a cadea forestal-madeira mediante o impulso de actividades de I+D+i no sector. A investigación, desenvolvemento e innovación concentrarían
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 147 do aumento dos empregos no sector, cuxas fases de extracción serían menos intensivas en factor traballo. «No, esto teñen que… Teñen que… Co tempo, paréceme, ten que ser todo industrial. Zonas que se plantan para cultivos de madera ou de esas historias, e que podes meter unha máquina que o corte todo.» (4_rib_m) «Para ser competitivo, o que ‘tas cambiando é puestos de traballo moitas por mecanización. E eso está pasando en todo. Por tanto, non é que vaia crear máis puestos de traballo. Vaise ser competitivo e realmente, pois, vas a crear unha productividad importante desde ese punto de vista para ó propietario. Vai haber puestos de traballo logicamente, que vai haber puesto de traballo. Pero… Pero puede haber puestos de traballo en investigación da… Da planta mellor. Vai haber puestos de traballo para o tema de enfermedades e deso… Vai haber traballo para muitas cousas desde o punto de vista de planificación, organización, de tal… De certificación, etcétera, etcétera, etcétera, tal. Pois créanse puestos de traballo porque cada vez vai exigir distintas cousas.» (6_tra_m) A profesionalización do sector, faría que o propietario dos terreos fora perdendo terreo na xestión e aproveitamento do mesmo fronte aos empregados das empresas do sector, nos que recaería o manexo do mesmo: «Entonces, non pode vivir o propietario do monte. O propietario, que hai hoy, non pode vivir do monte na maioría dos casos ou no noventa e nove porcento dos casos non vai vivir do monte. Tampouco non vai ser el quen a vai facer… Quen vai facer o traballo do monte. Por tanto, dalgunha forma ten que haber a empresa especializada que realmente gestione ese monte adecuadamente por orden do propietario ou ben por convenio, ou ben polo que sea… » (6_tra_m) Ademais, as entrevistadas engaden á visión a eliminación relativa do curtopracismo como principio reitor da xestión das masas forestais e albiscan plans de ordenamento integral do monte que permitan a convivencia de
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 148 múltiples usos e a introdución de especies nobles nos cultivos forestais. Tamén, fálase da reorientación do sector cara á transformación. A tecnoloxía axudaría á xeración de maiores rendas no sector, reducindo custes e abrindo novas fórmulas de aproveitamento dos produtos forestais. «Home, eu creo que debería estar plantado. O monte plantado sería unha fuente de ingresos grande, que estuvera plantado e que a xente se preocupara del; eu creo que sería idóneo. Despois facer, non sei, zonas de ocio, zonas de senderismo, vamos baixo o meu punto de vista, non sei. Básicamente ten que ter zona de castaños, eso si.» (9_rib_m) «Ahora… Que tamén é probable, e debe, y é recomendable irse a segundas transformacións máis… E entonces que haxa zonas en que se manteña eh… Que se deixen árboles importantes para sacar segundas transformacións….» (6_tra_m) «Co cal, no futuro, e non tardando moito, vai aparecer algo, tanto plantas de biomasa como incluso algunha fábrica de pasta, ao mellor de tamaño máis pequeno, ou así, que utilice o nitens, porque dentro de dez anos, no 2025 vai haber unha superprodución de nitens interesantísima .» (1_alfoz_m) No que atende ás especies predominantes no monte mariñao no 2040, hai dúbidas sobre cal será a especie dominante; malia preverse unha maior importancia do Eucalyptus nitens sobre o Eucalyptus globulus, máis frecuente na actualidade e froito dunha dependencia da senda: «Eu creo que, si, en principio o monte vai estar mellor do que está, nesta zona da Mariña, eh? Vai haber mellores infraestructuras, outros sistemas máis avanzados e máis efectivos de explotación, mecánicos case todos, incluso diría eu que dixitais, o sea, por ordenador. Vai estar todo máis programado. Non se vai poder acabar co eucalipto porque vai a seguir aí, pero o eucalipto eu penso que lle poden quedar, si contamos tres xeracións, eso vén sendo como unhos 50 anos. En 50 anos si que se notará que aquí vai haber un cambio de especie, cambio de tratamento, e que xa estará agotada esa fase.» (1_alfoz_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 149 «Si posiblemente desde o punto de vista de que vai haber moitas zonas con, ahora, polo que se ve con nitens en vez de con globulus. Por tanto, eso. Non vai haber posiblemente outra especie porque non é competitiva. Entonces o propietario non se inclina por cambiar por unha especie que non sea competitiva. Entonces, eu creo que, globulus, nitens ou calquer outro eucalipto, máis ou menos, que teña unha productividad importante; que pode ser, porque hai outros tipos de eucaliptos, pero bueno. » (6_tra_m) A segunda visión, vencella o aumento de benestar da poboación co incremento do uso do monte por parte da mesma no 2040, que iría acompañada da aparición de novas fórmulas de xestión no monte da Mariña no 2040.Os usos, distribuiríanse entre produtivos e non produtivos, pero non habería novos monocultivos. O eucalipto, non desaparecería, pero os usos industriais non desprazarían os non produtivos. Entre as mudanzas que esta visión abrangue atopámo-la creación de áreas públicas de aproveitamento libre no monte, unha diversificacións das masas arboradas e o aumento do uso do monte para actividades de lecer. Estes cambios pretenden segundo as entrevistadas contribuír á preservación da historia e patrimonio en xeral, incrementa-lo interese e coñecemento do medio natural e a historia asociada e o fomento dos hábitos saudables. «Vamos a ter moitos grupos de xente que vai ir de excursión, a pasar temporadas, que vai ir a zonas donde haxa turismo rural, en épocas estacionais apropiadas ou no inverno, cando queiran, pero con unha relación distinta a como é hoxe.» (1_alfoz_m) «Moitísimos usos. Por exemplo, podíamos cambiar unha costumbre que levamos collendo muitos, e muitas sobre todo, de pasar a tarde no centro comercial, para non comprar nada ou comprar catro bragas que podías comprar ó pé da casa, pero bueno… Fuche ó centro comercial e tomache un café cunha amiga e non sei que, e o pícaro todo entretenido porque botáchelle unha moneda alí nun coche e vai por aí pedaleando toda a tarde, pois por coller a merenda e… E iremos para zona, pasear, ensiñarlle ó neno pois… As especies que hai.» (2_barr_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 150 «Ben, o monte ideal para min sería o monte donde, donde existira o eucalipto, por suposto, eu non son antieucaliptista, o monte cunha ordenación forestal ben feita. Unha concentración parcelaria xa para empezar loxicamente. Un monte onde se respeten a ecoloxía e a produción forestal, o sea a produción forestal como parte da nosa economía. E despois sobre todo, áreas de valor ecolóxico. Non teñen por que ser privadas, unhas podían ser incluso parcelas en custodia e outras podrían ser parcelas expropiadas ó facer a propia ordenación forestal.» (2_barr_m) A implicación do sector público xoga un papel fundamental nesta visión como garante da remuneración servizos sociais e ecosistémicos do monte, asegurar que estes non recaen no propietario privado e evitar problemas do tipo "free rider". Como vías alternativas para asegura-la sostibilidade destes novos usos, esméntase a posibilidade de pagos de cantidades simbólicas polo acceso a zonas rurais, a custodia do territorio ou á expropiación de zonas de alto interese .Para a delimitación dos usos no monte, o asesoramento técnico faise imprescindible. «Por que non vas pagar unha cantidade simbólica para a conservación dun espacio natural? Polo menos para que non lle coste ó concellos sacar as arcas públicas, non? Eu pagaría. Os nenos gratis por suposto, jubilaos tamén. Pero tu non pagarías tres euros por pasar unha tarde nun espacio natural que non ves ó pé da casa? Pois si.» (2_barr_m) «E logo que se poñan de acuerdo e plantamos cerdeiras? Cerdeiras. Ou nogales? Nogales. É o máis propio que é para poder explotalo porque os robles, si, tés que ter unha zona pa’… Eu faríaos nunha zona que sea de todos pública, pa’ logo disfrutalo tamén todos. Pero tu que tiñas unha finca e plantes robles pa’ que veña… Quen seña, igual que veñan de Barcelona, que de Vigo, que do outro lao, e axuntarse unhas mesas alí na miña finca, e eu poño a finca, poño os robles pero é… De que? E a min a cambio que me dan? Non me dan nada.»(10_foz_m) «Pois eu creo que hai certos espazos que deberan ser perfectamente expropiables, non? O mesmo se expropia unha parcela para pasar unha
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 151 autoestrada, ou un carril bici, ou o que seña. Pois aquel espacio, si. É de propietarios, pero vámolo expropiar e pasa a ser de propiedade estatal, ou municipal, ou autonómico, ou do que seña e que non se pode tocar. Vámolo protexer porque aquelo é un signo de identidade para o noso pobo, non? » (2_barr_m) Como último elemento, esta visión relaciona o aumento do uso do monte e benestar cun cambio de valores entre a poboación no 2040, maior confianza entre as mesmas e unha aposta pola simplicidade voluntaria, por busca-la satisfacción de necesidades na contorna próxima. Para facelo, contempla a apertura de novas zonas de labradío no monte adicadas á produción de alimentación humana e que aumentarían a autosuficiencia da mesma. «A min, gustaríame, ter o que temos nesta terra, non traer nada de fóra, non é necesario. A terra produce, produce o que ten, agora probablemente teña plantas de fóra porque traemos, gústanos moito traer plantas tropicais e plantamos o noso kiwi, pero non son plantas daquí, non é a nosa planta, non é a nosa produción, non é o que se da eiquí, aunque sexa limitada a nosa vexetación, pero o que hai equí. Eu penso que a xente que viviu antes eiquí era feliz co que tiña e aproveitaba o que tiña, porque era o que daba a terra y valoraba o que daba a terra. Eu creo que pra min sería o ideal, non aspirar a grandes cousas, nin moito máis doutros sitios ou doutros lugares, senón o que a propia terra dá.» (5_cer_f) En canto aos cambios nas preferencias, a educación ambiental é sinalada como clara responsable da concienciación da poboación, malia que se sinala a importancia das familias na transmisión deses valores. No 2040, a residencia no rural entenderíase como unha vía para buscar unha conexión maior coa natureza e a propiedade privada non estaría tan valorada. «Mentalizar aos propietarios que abran a súa... Que non teñan un concepto da propiedá pechado, nin anticuado, nin medieval, que teña o sitio cerrado con unha muralla porque "aquí non me entra nadie porque eu defendo esto con unha lanza e cada un que veña o mato". No. Portas abertas, dar facilidades. Eso si, non veñas aquí cunha moto e enchas esto de botellas nin de restos, o sea, entra, compórtate, respeta esto, pero portas abertas. Eu penso que eso, que esa
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 152 mentalidá, desde a educación básica, empezando polos meniños desde a escola, colexios, institutos, universidades, que se pode chegar aí.» (1_alfoz_m) «Demostrar, enseñarlle á xente o paisaxe, o valor da paisaxe, o valor que hai na paisaxe. Na paisaxe hai moitas cousas, non é solo árbores, hai restos, restos da nosa cultura, en todas partes hai restos. Cando se fai unha carretera, ou casa, unha edificación, non miras que hai debaixo e debaixo hai restos dos nosos antepasados que, eu creo, que deberiamos respetar.» (5_cer_f) O abandono do rural non se vai reverter no ano 2040, con consecuencias negativas sobre o benestar e estreitamente ligado á perda de vencellos comunitarios e sentimento de lugar. Os atrancos administrativos e a perda de contacto co monte ligada á desaparición de xeracións directamente coñecedoras do monte van ser clave neste proceso de despoboamento. A falta de relevo xeneracional tería como causa principal a falta de oportunidades laborais no medio rural e estaría reforzada polo cambio de preferencias e valores na poboación. O rural, ao deixar de ser residencia, perdería cotidianidade para moitas persoas no 2040, o que faría máis difícil a diversificación no monte, malia que os usos recreativos son referidos como posibles reclamos sobre as novas xeracións. O abandono non se distribuiría homoxéneamente no territorio da Mariña, e notaríase menos na zona de costa, urbana. «O que eu vexo con pesimismo é que cando se produce un movimento migratorio que colle unha dirección, é dicir, que vai desde o campo, á zona rural, e apunta cara á costa, e á zona urbanizada, é moi difícil facer un movimento de retroceso para eso. ¿Como é o movimento? Fines de semana, turismo rural, turismo en certas épocas; pero xa vas experimentar... (...)Tu tes a túa vida, o teu traballo, a túa zona... De vida, o teu hábitat. Tu queres ter autovías, queres ter cemento, queres ter espectáculos, queres convivir en unha zona tal... Entonces, é difícil o regreso, non sabes?De... En Galiza estamos perdendo un pouco o que podíamos chamar o tren rural.» (1_alfoz_m)
| Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia 153 Tamén dun xeito fatalista, unha das entrevistas fai referencia ao empeoramento das condicións ambientais, que supoñería unha traba á diversificación dos usos do monte e condicionaría as posibilidades de supervivencia da poboación: «No 2040 estaremos peor que ahora, ecolóxicamente falando, moito peor. Por moitas voltas que lle demos quédannos mil anos enriba da Terra, non nos quedan máis anos de mil ou sea… ó ser humano, non? ó resto non o sei... Pero, no 2040 vai ser peor e vamos a ir empeorando ata que cheguemos a desaparecer.» (2_barr_m) Cal é o papel dos distintos actores no camiño cara un monte que aporte maior benestar á poboación mariñá no 2040? Con esta pregunta buscábamos entender sobre todo de que xeito os propios entrevistados entendíanse a si mesmos e á sociedade civil como eficaces, con capacidade de modificación e control sobre as visións futuras que lles pedimos elaborar para o monte de dentro de 25 anos. En xeral, as persoas entrevistadas non amosan un sentimento de eficacia respecto do estado do monte, malia considerar que debera ser a sociedade civil organizada a garda dese proceso de mellora dos montes mariñaos no ano 2040. As perspectivas de que a sociedade se organice para a mellora dos montes, que a meirande parte das entrevistadas consideran a mellor opción, son pesimistas: «...Os galegos por unha vez, unha vez non senta precedente, nos decidamos a actuar colectivamente, como un pobo consciente do que temos, do que somos, que se xunten colectivamente para facer algo positivo e bon; o sea, que se den conta de que o colectivo supera o individual. E por unha vez non pasa nada, a ver se aprendíamos xa pa sempre.» (1_alfoz_m) «Que se fixeran varias permutas dos montes, había que empezar por aí. Si para unir parecelas grandes si estas esperando que che veña unha concentración, é moi difícil. Aquí fíxose en Trabada unha que a levaron a cabo pero moi difícil, quedaron moi mal todos, lévanse todos mal.» (10_foz_m)