Discurso do reitor da Universidade de Santiago de Compostela don Antonio López Díaz no acto de celebración de San Tomé de Aquino 2022
Full text
1 DISCURSO DO REITOR – Antonio López SAN TOMÉ DE AQUINO 2022 Facultade de Administración e Dirección de Empresas – 28.01.2022 – 12.00 h Presidenta do Consello Social, Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Vicerreitoras e Vicerreitores Secretaria Xeral, Prof. Fisac, Xerente da USC, Ex reitores, Valedor da Comunidade universitaria. Delegado para o ensino medio, Presidenta da ACSUG. Decanas e Decanos, Directoras e Directores de Departamentos, Institutos e Centros de investigación, membros do Consello de Goberno, Alcaldesa de Lugo, Xefe da Forza Loxística Operativa, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza, Presidenta do Consello da Cultura, Autoridades civís e militares, membros das forzas e corpos de seguridade. Profesorado, persoal de administración e servizos, estudantes, donas e señores. Despois do parón do pasado ano 2021, cando a situación da pandemia, aquela terceira onda que empezou a medar o 11 de decembro de 2020, e que non remitiu ata finais de febreiro, desaconsellou a organización deste acto, retomamos as celebración da Festividade de San Tomé neste Campus de Lugo. A sexta onda pola que agora transitamos, protagonizada pola variante ómicron, aínda que máis virulenta que as anteriores no número de contaxios, presenta menor incidencia hospitalaria, e moita menor
2 mortalidade, permitíndonos desenvolver a programación académica sen esquecer nunca as medidas de prevención recomendadas polas autoridades sanitarias. Vimos de rematar o período de exames en réxime de presencialidade, pero garantindo, con gran esforzo de toda a comunidade universitaria, a efectividade do dereito a unha avaliación adecuada e equitativa para todo o estudantado que se viu afectado pola COVID 19. Foron más de mil os estudantes que, a través da nosa oficina COVID, comunicaron tales incidencias a través de numerosas chamadas telefónicas e milleiros, literalmente, de correos electrónicos. Partindo desta constancia inicial, contactouse cos delegados COVID de cada Centro quen, á súa vez, comunicaron esas incidencias ás e aos docentes responsables para que se puxeran en marcha as medidas e medios que permitiron esa avaliación alternativa, de xeito que o estudantado afectado non sufrise menoscabo no dereito á avaliación por esta circunstancia sobrevida. É este un bo momento para reiterar o agradecemento ao persoal da oficina COVID e aos delegados COVID, pero tamén a todo o profesorado, ao persoal de administración e servizos e ao estudantado, polo comportamento responsable amosado non só nestes momentos máis recentes, senón ao longo destes case dous anos de pandemia que nos ten permitido afirmar con rotundidade que a Universidade soubo reaccionar, estar á altura das circunstancias e poder transitar por esta tormenta, prestando os nosos servizos de xeito adaptado ás novas circunstancias e atendendo as necesidades que foron xurdindo para que
3 ninguén quedase desatendido ou esquencido. Grazas. Moitas grazas. E aquí estamos hoxe, en Lugo, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, para retomar a festa do Patrón Tomé de Aquino, recuperando a orde rotatoria que a convertía en anfitrioa desta celebración en 2021. Non puido ser en 2021, pero si o é neste 2022. Quero agradecerlle ao seu Decano, o profesor Bande Ramudo, a súa comprensión e toda a dispoñibilidade e facilidades para que este evento sexa posible. Tamén todos lle agradecemos á Prof. Fisac o dobre traballo que supón a preparación da lección que forma parte esencial desta festividade. «Cando non sabemos a que porto nos diriximos, todos os ventos son desfavorables». Esta frase de Lucio Anneo Séneca, o xove, o filósofo, político e orador nado en Córdoba o 4 a.d. C, tantas veces citada, ten máis valor ca nunca en momentos como os que vimos atravesando. Aínda que a primeira vista o pensamento estoico no que Séneca se sitúa tende a identificarse cunha certa resignación, pasividade ou tendencia ao conformismo, cómpre destacar que, ademais de temperanza e xustiza, esa filosofía estoica propugnaba como virtudes o coñecemento práctico (manexar situación complexas con mente tranquila) e a coraxe, non só en situacións extremas, senón tamén no día a día, con claridade e integridade. Sempre, pero especialmente en situación difíciles como as que vimos de atravesar e polas que aínda estamos a transitar, é mais importante que
4 nunca ter claro o porto ao que queremos chegar, trazar un rumbo certo e non perdelo, aínda que en momentos puntuais teñamos que capear o temporal. Coincide tamén este momento co remate dun mandato reitoral e o conseguinte inicio dunha nova etapa de catro anos. Permítanme, xa que logo, que comparta con vostedes a Universidade que imaxinamos e cales son, logo da sabedoría que achega a experiencia adquirida, os mares que transitaremos e o rumbo que traballaremos por fixar para facela posible. Ao longo destes últimos catro anos, a USC ten definido, elaborando diversos plans e follas de ruta, cales son os seus obxectivos e cal o rumbo para acadalos. Tiñamos e temos claro que un dos principais problemas que está a afrontar a nosa Universidade é o imprescindible relevo xeracional, tanto no que se refire ao persoal docente e investigador como ao persoal de administración e servizos. Abonda lembrar que nestes últimos catro anos se produciron 227 baixas de profesorado, principalmente por xubilación. Para asegurar ese necesario relevo , o 29 de marzo de 2019, o Consello de Goberno aprobou o Plan plurianual de profesorado, no que se definían as liñas mestras para ser desenvoltas no período 2019-2022. - En execución dese plan, e tendo en conta a planificación aprobada no Consello de Goberno do día de onte para este ano 2022, dotáronse as seguintes prazas de profesorado:
5 ▪ Novas prazas: o Creáronse 205 novas prazas de Axudante Doutor, como aposta principal para o inicio da carreira académica, repartíndose 108 para a área de Ciencias Sociais e Xurídicas, 34 para Ciencias da Saúde, 22 para Ciencias, 21 para Enxeñarías e 20 para Artes e Humanidades. Por outra banda, 57 desas 205 prazas (un 27%) foron asignadas ao Campus de Lugo. o Esa vía completouse coa incorporación de 44 docentes a través dos distintos programas de recursos humanos ▪ Estabilización: o Para a estabilización de profesorado, creáronse 53 prazas para a estabilización dos Axudantes Doutores que había no momento da aprobación do plan, 20 prazas para a estabilización de profesorado interino por vacante e 44 para a estabilización de persoal investigador Ramón y Cajal. ▪ Promoción : o Dotáronse 130 prazas de profesor titular para a promoción de contratados doutores.
6 o Outras 132 prazas de Catedrático de Universidade para a promoción de titulares a Catedrático de Universidade, polo que cando se execute esta última convocatoria quedarán pendentes de promoción os acreditados con posterioridade a xaneiro de 2019. o Habería que engadir a estes números outras 24 prazas vinculadas de profesorado permanente nas áreas de Ciencias da Saúde. - O dito para o PDI serve tamén para aplicar ao PAS. Neste caso, unha revisión profunda da nosa relación de postos de traballo, que afectou a boa parte dos servizos fundamentais, complementouse coas convocatorias de 123 prazas, tanto pola vía de acceso libre como de promoción interna. - Cando se materialicen as actuacións previstas e aprobadas para este ano poderemos dicir que o plan foi plenamente executado segundo as súas previsións. Pero non cabe dúbida de que esta actuación ten que continuar no tempo, polo que será necesario aprobar de xeito inmediato unha nova planificación para seguir navegando cara a ese relevo xeracional coa vista posta no medio e longo prazo, xa que os desafíos aos que esta nosa universidade terá que facer fronte no futuro requiren de novas perspectivas, ideas e renovados azos.
7 As infraestruturas constituían outro dos retos da Universidade logo dun decenio de crise financeira que afectou con especial intensidade, como é un patrón reiterado en períodos de vacas fracas, aos investimentos. A Universidade, a través dos acordos dos seus órganos de representación e de goberno, no Claustro do 28 de novembro de 2019 e no Consello de Goberno de 20 de decembro de 2019, conta cun ambicioso plan de infraestruturas que ronda no seu conxunto os 80 millóns de euros. Non se trata de incrementar os metros construídos, porque non é necesario nin a curto nin a medio prazo, senón de buscar o uso máis eficiente da superficie construída, optimizar o consumo enerxético e reducir os gastos correntes. A aprobación dun plan de investimentos por parte do Real Patronato de Santiago celebrado o 25 de xullo pasado, de 280 millóns de euros ata 2032, e no que se contemplan obras de rehabilitación de edificios emblemáticos ademais de intervencións no Campus Sur, contribúe notablemente á viabilidade do conxunto do plan, no que destaca como prioritario o proxecto de Cidade da Saúde, que albergará as facultades de Farmacia e Enfermería ademais doutras dotacións para investigación. Neste Campus de Lugo está prevista como actuación de máis calado o traslado da Facultade de Formación do Profesorado desde as súas actuais instalacións na Avenida Ramón Ferreiro a este campus no que nos atopamos, aproveitando espazos dispoñibles no complexo docente que alberga as Facultades de Humanidades, Relacións Laborais e Enfermería, pero que requirirá tamén a construción de novas dotacións e equipamentos acordes coas necesidades dunha Facultade como a de Formación do Profesorado,
8 que precisa dispoñer e incorporar todas as innovacións para seguir formando as mestras e mestres do futuro. Para esta actuación contamos coa colaboración e aportación financeira da Consellería de Cultura, Educación e Universidades, e unha vez máis co apoio da Deputación Provincial, imprescindible para poder dispoñer dos terreos para as novas instalacións. Foi tamén necesario trazar xa desde 2018 unha nova folla de ruta no que ten que ver coa xestión dos recursos financeiros e na que cabe salientar varios fitos. - Por unha banda, acordouse, co beneplácito da Xunta de Galicia e contando co acordo das entidades acredoras, un novo plan de amortización da débeda que permitiu aplanar a senda de amortización ata o 2028, compatibilizando a amortización da mesma sen estrangular a posibilidade de atender o resto de necesidades. Deste xeito, ademais de financiar outros investimentos, fomos quen de deixar reducida a débeda da Universidade a 17 millóns de euros a 31 de decembro de 2021, fronte aos 30,7 millóns a que ascendía hai 4 anos. - Por outra banda, en 2019, e para facer fronte ao déficit aflorado no peche das contas de 2018, presentamos e aprobouse un plan económico financeiro, que se traduciu nun un esforzo moi notable por reducir o gasto corrente ata un 15 %. Con esa mesma finalidade,
9 a partir de setembro de 2021 afrontouse un proceso de xestión do servizo de limpeza a través da Fundación USC como medio propio que debe permitirnos recortar o seu custo anual ata nun 10 % (arredor de 800.000 euros) sen afectar á calidade. Todos estes esforzos permitíronnos afrontar de xeito inmediato actuacións de investimento e mellora nos campus, e tamén nos Centros. - Finalmente, pero non menos importante, é preciso referirse ao novo plano de financiamento para o quinquenio 2022-2026, que vimos de consensuar entre a Xunta de Galicia e as tres Universidades. O Plan, aprobado polo Consello da Xunta e publicado o 28 de decembro pasado, contempla unhas dotacións directamente vinculadas ao plan de 2.457 millóns de euros para os vindeiros 5 anos. Se a iso se lle engaden unhas previsións doutros 720 millóns procedentes da Xunta (axudas etc, non vinculadas ao plan) e doutras administracións de calquera nivel, estariamos preto desa mobilización de 3.177 millóns. Este plan complementarase coa que era unha demanda reiterada da nosa Universidade, como era contar cun fondo para atender as necesidades especiais de infraestruturas de cada Universidade e que na nosa se concretaron no plan xa mencionado. - Dispoñer desta folla de ruta financeira clara e previsible para o próximo quinquenio é un elemento esencial para facer realidade a autonomía universitaria recoñecida constitucionalmente. De pouco