scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII)

Quintiá Rey, Alba

Abstract

Os signos de validación posúen unha función excepcional nos diplomas: aportan autenticidade e, por conseguinte, validez xurídica. Pois son empregados por outorgantes, testemuñas e confirmantes, ademais de por scriptores e notarios. Coñecida a súa importancia, cómpre preguntarse como son plasmados nos cartularios, fontes primordiais para o estudo da Idade Media ante a escaseza de orixinais; nesta ocasión, a partir do estudo de caso dos de Caaveiro (AHN, Códice 1439) e de Castañeda (BNE, MSS/18382).

Full text

Alba Quintiá Rey Dirixido por Ana Suárez González Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas Departamento de Historia Curso 2021/2022 Signos de signos: Os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Facultade de Xeografía e Historia Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Historia Traballo de fin de grao 2 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Palabras clave: signos, validación, cartulario, Castañeda, Caaveiro Resumo: Os signos de validación posúen unha función excepcional nos diplomas: aportan autenticidade e, por conseguinte, validez xurídica. Pois son empregados por outorgantes, testemuñas e confirmantes, ademais de por scriptores e notarios. Coñecida a súa importancia, cómpre preguntarse como son plasmados nos cartularios, fontes primordiais para o estudo da Idade Media ante a escaseza de orixinais; nesta ocasión, a partir do estudo de caso dos de Caaveiro (AHN, Códice 1439) e de Castañeda (BNE, MSS/18382). Palabras clave: signos, validación, cartulario, Castañeda, Caaveiro Resumen: Los signos de validación poseen una función excepcional en los diplomas: aportan autenticidad y, por consiguiente, validez jurídica. Pues son utilizados por otorgantes, testigos y confirmantes, además de por scriptores y notarios. Conocida su importancia, cabe preguntarse cómo son plasmados en los cartularios, fuentes primordiales para el estudio de la Edad Media ante la escasez de originales; en esta ocasión, a partir del estudio de caso de los de Caaveiro (AHN, Códice 1439) y de Castañeda (BNE, MSS/18382). Keywords: signs, validation, cartulary, Castañeda, Caaveiro Abstract: Validation signs have an exceptional function in documents: they provide authenticity and, therefore, legal validity. Since they are used by granters, witnesses and confirmers and, moreover, by scriptores and notaries. Knowing their importance, it should be asked about how they are reflected in cartularies, essential sources for the study of Middle Ages due to de scarcity of originals; on this occasion, based on the case study of the cartularies of Caaveiro (AHN, Códice 1439) and Castañeda (BNE, MSS/18382). 3 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) ÍNDICE Limiar .................................................................................................................................................. 4 1. Marco conceptual e campo de estudo ............................................................................... 4 2. Tipoloxía dos signos de validación dos cartularios de Caaveiro e Castañeda ............. 8 2.1. Signos tipificados ........................................................................................................ 10 2.2. Signos xerais: o signum crucis ...................................................................................... 24 3. Os signos de validación nos cartularios .............................................................................. 28 Conclusión ....................................................................................................................................... 36 Bibliografía ....................................................................................................................................... 38 Anexos .............................................................................................................................................. 42 I...................................................................................................................................................... 42 II .................................................................................................................................................... 44 4 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Limiar A diplomática é a ciencia que estuda a tradición, a forma e a elaboración dos documentos, os escritos que testemuñan feitos. Son obxectivos da diplomática facer a crítica, xuzgar a súa sinceridade, avaliar a calidade do seu texto, extraer das fórmulas todos os elementos do contido xurídico susceptibles de ser utilizados polo historiador, datalos e, finalmente, editalos. Aínda que o campo da diplomática o conforman, sobre todo, escritos nos que se deixou constancia dun acto de natureza xurídica, tamén se ocupa dos que recollen calquera tipo de feitos, sempre que se axusten a unha serie de formalidades e teñan valor probatorio 1 . E nas formalidades e no valor probatorio, os signos son esenciais. Por extensión, o presente traballo inscríbese nesta disciplina. 1. Marco conceptual e campo de estudo Dos caracteres internos do documento forman parte os elementos do discurso diplomático, aquelas partes constitutivas do diploma que constrúen o discurso, grazas aos cales se poden diferenciar os tipos diplomáticos ou as falsificacións, entre outras funcións. Distínguese entre elemento extratenor e tenor; o último, á súa vez, divídese en protocolo inicial, texto e protocolo final ou escatocolo. Xunto coa data, a validatio atópase neste último 2 . Esta é o resultado das accións polas cales o documento recibe as súas marcas de autenticidade -as subscricións, os signos e os selos-, as cales se adoitan anunciar na fórmula de corroboración 3 . Estes signos posúen unha función identificativa e acreditativa, así como simbólica, con relación á persoa ou institución que os emite, por conseguinte, unha validativa respecto ao documento no que se apoñen como garantía, alcanzando un valor xurídico-diplomático. Concretamente, os signos de validación teñen os seguintes fins: o de testemuñar a participación activa no proceso documental, o de garantir o valor xurídico e forza probativa do contido documental e do propio diploma, a de reforzar simbolicamente a personalidade e autoridade do dono do signo e, por último, a de facer explícita a importancia do escriturado e, en certo modo tamén, a promulgación do realizado ou convido e posto por escrito, evitando así a súa posible falsificación. Ao mesmo tempo, ademais de elementos validativos 1 Guyotjeannin, Pycke, Tock 1993, p. 15. 2 Todo isto explícase en Guyotjeannin, Pycke, Tock 1993 no capítulo 3, dedicado aos carcateres internos, pp. 71-92. 3 Cárcel Ortí, Commission internationale de diplomatique 1997, p. 91. 5 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) e confirmatorios, constitúen un mecanismo gráfico e social evidente á vista que axuda a caracterizar aos diplomas e, ao mesmo tempo, a individualizar aos intervenientes en dito acto. Pois estes signos, normalmente trazados no momento da conscriptio documental, corresponden, en primeiro lugar, ás partes principais da actio, como outorgantes, pero tamén a confirmantes, testemuñas e mesmo aos encargados da elaboración, validación e expedición de dito documento, como scriptores ou notarios 4 . Unha vez coñecida a importancia destes signos, cómpre cuestionarse como se reflicten e foron trasladados aos cartularios, fontes históricas coas que se intenta saciar a falta de orixinais da Idade Media, xa que é neles onde os historiadores teñen maior acceso aos restos documentais deste período 5 . Procurando responder a isto, seleccionáronse, para un estudo de caso, o de Castañeda (BNE, MSS/18382) e o de Caaveiro (AHN, Códice 1439). Para explicar o por que desta elección, resulta necesario indicar que os dous cartularios se atopan integramente dixitalizados, o que me permitiu o seu acceso, xa que sen as pezas completas non podería realizar afirmacións nin hipóteses. Ademais, ambos foron obxecto de edición: o de Caaveiro, por José Ignacio Fernandez de Viana y Vieites, Mª Teresa González Balasch en 1996 6 e, o de Castañeda, por Ángel Rodríguez González en 1973 7 . Así mesmo, dos dous existen estudos codicolóxicos: os autores -e volumeanteriores para Caaveiro e Ana Suárez González 8 para Castañeda. Saltando do ámbito metodolóxico ao histórico, os dous cartularios comparten marco xeográfico, o Noroeste da Península Ibérica, e temporal, os finais do século XII e o XIII. O Mosteiro de San Xoán de Caaveiro sitúase nas Fragas do Eume e, aínda que as súas orixes son un tema polémico debido á penuria documental, o conservado permite pensar que xa no século X existía vida monástica en Caaveiro como cenobio benedictino, resultado do agrupamento dos anacoretas ou eremitas que facían vida santa por esas terras, pero que pronto devén en canónicos regulares que profesaban a regra de San Agostiño. O cartulario redáctase sobre mediados do XIII, cando se advirten signos de estancamento despois de que o mosteiro vivise unha segunda etapa de esplendor, sendo a primeira desde a última década 4 Riesco Terrero 1988, p. 445, 446, 449. 5 Sanz Fuentes 1996, p. 148 6 Fernández de Viana y Vieites, González Balasch 1999, pp. 97-334. 7 Rodríguez González 1973. 8 Suárez González 2015, pp. 69-101. 6 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) do XI en base a doazóns e compras que aumentaban o seu dominio, culminando en torno ao 1170, ata o 1220, momento no que ten lugar a primeira recaída. Á altura de mediados do XIII, contexto no que se redacta o cartulario, a relación que a nobreza comarcal mantivera co mosteiro comeza a quebrarse, o que lle impedía manter as súas propiedades, polo que busca protectores entre ela, cuxo resultado é moi pernicioso porque os encomendeiros rematan usurpando rendas, beneficios e funcións que non lle correspondían 9 . En canto ao Mosteiro de San Martín de Castañeda, situado no val de Sanabria, no extremo noroccidental da provincia de Zamora, o seu cartulario realizouse entre finais do século XII e mediados do XIII, cando o mosteiro inicia unha expansión da súa propiedade dominical tras un século de escuridade no que apenas soamente algunhas escrituras permiten soster a continuidade en Castañeda. Malia a limitada capacidade informativa, tamén por causa da escaseza documental, sábese que un tal abade Xoán e os seus monxes, mozárabes procedentes de Córdoba, reedifican no século X unha antiga igrexa dedicada a San Martín, co que se fundaría este mosteiro. Polo tanto, Castañeda parece xurdir como resultado do proceso colonizador, como un elo máis da repoboación monacal realizada polos mozárabes no territorio do reino leonés 10 . E en 1245 implanta a reforma cisterciense 11 . Este mosteiro chega a converterse no principal centro monástico grazas á absorción doutros mosteiros e á adquisición de propiedades, nas que a monarquía incluso chega a favorecer, en detrimento do resto de fundacións da zona 12 . A pesar destes paralelismos, nestes cartularios os signos de validación son tratados de forma, case, contraditoria: fronte á proliferade do de Caaveiro, a exigüidade do de Castañeda. Isto permitirá distinguir dous modos de proceder con estes elementos en cartularios que, atendendo á súa proximidade cronolóxica e territorial, podería pensarse que a diferenza non é tal. Ao mesmo tempo, isto fala do valor que se lle atribuía aos signos desde unha mirada coetánea ao seu uso, pois aínda se mantiñan no momento da redacción destes volumes codicolóxicos. Esta elección temática veu dada, principalmente, a partir do interese polo máis visual, que foi o que, cumprindo un dos fins para os que foron creados, máis me atraeu dos signos. 9 Castro Álvarez 1996, pp. 32-48. 10 Anta Lorenzo 1996, pp. 32-43. 11 Suárez González 2015, p. 90. 12 Anta Lorenzo 1996, p. 44. 7 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Ata a década dos 90 do XX, os elementos gráficos dos documentos recibiron pouca atención por parte dos especialistas. Aínda que o interese crítico inicial polos signos debe remontarse a Jean Mabillon, o primeiro que os tivo en consideración, desde o XVIII viñan recibindo máis rexeitamento que aceptación; será por mediación dalgúns dos diplomatistas máis ilustres do XIX e mediados do XX, que os teñen en conta nas súas obras 13 , como Arthur Giry no seu Manuel de diplomatique (1925), polo que comezaron a cobrar vida ante os ollos dos investigadores. No ámbito español destaca a labor de Carlos Sáez (Universidad de Alcalá de Henares), quen, no artigo “Diplomática y semiótica”, realiza un breve percorrido pola traxectoria interpretativa dos signos de validación nas últimas décadas do século XX. Distingue tres etapas -aclara que non teñen por que coincidir con cronoloxías precisas-, das cales as publicacións das dúas primeiras son meramente descritivas e tratan aos signos como un elemento máis da escritura, dentro da que os inclúen. Adoitaban describirse de pasada, sen tratar a súa forma ou posible significado, simplemente denominándoos; aínda que na segunda se procura unha explicación, esta cae no imaxinativo e prosaico. Pero este estudo cobra unha nova vida grazas á escola de investigadores da Philipps-Universität Marburg, liderada por Peter Rück. Baixo a súa figura, este numeroso grupo de especialistas editou en 1992 unha recompilación de investigacións centradas nos aspectos semióticos do documento, enfoque ata aquela ausente entre os especialistas. Isto implica un desligamento do tratamento tradicional descritivo, xa que, seguindo os pasos desta escola, nos 90 e principios dos 2000, obsérvase un renovado interese pola semiótica do diploma 14 , período no que algúns autores empezan a buscar -e acharinterpretacións precisas e adecuadas. En consecuencia, aquí preténdese un achegamento á semiótica a partir dun estudo diplomático e, por conseguinte, a partir dun dos tipos de fontes aos que os historiadores acoden para crear a Historia -neste caso, dous cartularios-; fontes que posúen elementos visuais que, máis alá da súa, só aparente, superficialidade, posúen un por que, o cal o historiador, para acertar, debe coñecer. 13 Sáez Sánchez 2000, p. 109. 14 Ibídem, p. 110-112. 8 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) 2. Tipoloxía dos signos de validación dos cartularios de Caaveiro e Castañeda Durante os últimos anos do Imperio Romano, os documentos estaban validados polas subscricións, acompañadas dos signa dos autores materiais, das partes implicadas no acto xurídico ou das testemuñas. Este signum era a pegada do anel identificativo usado para firmar, mediante a súa impresión, desa persoa que subscribía 15 ; un elemento validador que, tendo en conta a terminoloxía diplomática correcta, denominaríase hoxe “selo”, non signo, posto que na execución dun signo de validación stricto sensu, non intervén matriz algunha. O signo trázase, debúxase, manualmente, sobre o soporte do documento. Estas orixes fan que en Diplomática teña un valor probatorio e de validación, pois unha das funcións destes elementos era certificar que era esa persoa e non outra a que subscribía porque se trataba do seu distintivo 16 . Dita subscrición consistía na consignación autógrafa dos nomes, títulos e calidades de quen a trazaba, así como a indicación do rol que desempeñaba no documento. Durante a época de transición á Idade Media consérvase, pero, nela, as persoas incapaces de escribir por si mesmas limitábanse a trazar unha cruz, mentres que outra lle escribía a subscrición. O debuxo desta cruz, aínda que xa era un emblema frecuentemente gravado nos aneis (signum crucis), vólvese costume durante os primeiros séculos da Idade Media tanto nas subscricións heterógrafas como nas autógrafas, substituíndo a estampa do anel para asinar, cuxo emprego se vai perdendo ao longo do século VII. E esta é a orixe da sinatura, tal e como a entendemos hoxe en día, sendo inventada por esas persoas que non sabían escribir 17 . A documentación diplomática hispana destaca pola súa riqueza en signos de validación, en especial, aquela comprendida entre os séculos VIII e XIII, cando existe unha maior variedade e complexidade deles, período no que se inscriben estes cartularios. Nesta época, os signos máis xenéricos e habituais son a cruz e o derivado das tres eses da palabra subscripsi; pero tamén existen outros tipificados que representan todo tipo de figuras: antropomorfas, como a representación de cabezas ou o signum manuum, animais, astrolóxicas, como estrelas, ou con formas xeométricas determinadas, como a do signo rodado 18 , entre outras. Nos 15 Giry 1925, p. 592. 16 García Medina 2007, p. 87 17 Giry 1925, p. 593. 18 García Medina 2007, p. 88. 9 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) cartularios de Caaveiro e de Castañeda distínguense, principalmente, signos rodados, signa manuum e signa crucis. Os cartularios consisten en libros de copias froito dunha recompilación de selectiva, xa que non todos os documentos dun fondo pasan ao cartulario, só aqueles de maior interese para a institución 19 . Por conseguinte, detrás da súa conservación hai unha intencionalidade 20 , ligada á idea de perduración 21 , e a cal determina o proceso de elección. Xeralmente, as institucións elaboraban estes códices en situacións de crise nas que necesitan afianzar ou defender a súa identidade, ben desde un punto de vista económico-administrativo, ben desde o da presentación dos seus privilexios ante a necesidade de sustentar o seu estatus xurídico fronte a terceiros; tamén, no caso das institucións relixiosas, cando se producen cambios importantes de outra índole (variación de dependencia, da orde, etc.). Pois posúen unha clara función xurídica-arquivística porque conserva e organiza as escrituras do arquivo, facilitando a súa consulta 22 . Ademais, poden incluír un fin conmemorativo ou de perpetuación da identidade e memoria da institución porque, como instrumento de memoria, nel recórdanse feitos, acontecementos ou persoas, e, como de identidade, os seus documentos poden reafirmala ao recordar as súas orixes e fundación, aos benfeitores, fundadores e donantes dos diversos bens. Por iso moitos inclúen en primeiro lugar os documentos de fundación e dotación, sendo a súa lectura unha verdadeira narración dos acontecementos significativos da institución 23 . Así, o cartulario foi un máis dos recursos que empregaron os mosteiros na reconstrución da súa propia historia, polo que a súa redacción pode incluírse nunha estratexia de propagación dunha imaxe sustentada nun pasado glorioso 24 . Para ese fin son eficaces os privilexios pola condición real dos autores, xa que nada pode superar a autoridade dun monarca; de aí que adoiten situarse nun lugar relevante do cartulario, como é o comezo, tal e como ocorre co de Caaveiro. Pola súa importancia, inicio este percorrido polo signo que lle dá nome a un tipo de privilexio, o signo rodado, empezando, así, polos signa tipificados. 19 Sáez Sánchez 2005, p. 40. 20 Sanz Fuentes 1996, p. 150. 21 Rodríguez Díaz 2011, p. 23. 22 Mendo Carmona 2005, pp. 122, 123. 23 Mendo Carmona 2002, p. 180, 182. 24 Calleja Puerta 2021, pp. 188, 194. 16 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) posición en perfil, pero, tendo en conta a execución técnica que demostran posuír no debuxo, con falta de perspectiva, non semella ser esta a razón, senón a anterior. Será con Afonso IX (1188-1230) cando se consolide o león como símbolo principal do Reino. No primeiro ano de reinado é continuísta, pois mantén os modelos empregados polo pai, incluso coa súa última lenda 68 ; porén, a característica máis xeral deste reinado será o eclecticismo na definición gráfica do signo, o que dificulta o trazado dunha evolución 69 . Julio González, na súa monografía sobre Afonso IX, distingue tres épocas de desenvolvemento do signo en concordancia coa periodización que fixa para a chancelería do reinado. Na primeira (1188-1202), o signo segue a costume en vigor porque herda a chancelería de Fernando II. A lenda pronto adquire unha distribución anómala fronte aos tradicionais catro segmentos e deixa de comezar polo primeiro e pasa de Signvm Adefonsi regis Hyspanorum a Signvm Adefonsi regis Legionis. En canto ao león, segundo o scriptor que o realice, distínguense tres tipos: un con grandes ollos, orellas, dentes cola, pescozo e melena, e “moteado”, outro co corpo máis longo e deforme, coa cabeza máis erguida e a cola máis baixa e coa man dobrada de forma máis suave e horizontal, e, o último, no que todo é máis torpe e escuálido. Na segunda etapa (1202-1213) o uso do signo diminúe e o león debúxase ben de cabeza pequena e parado, ben coa cara de fronte e non de perfil semellando correr. Da última (1213-1230) distínguense dous períodos: un no que o león presenta unha cola de maior volume, os pelos da parte convexa debuxados de punta e menos “moteado”, e outro, iniciado por 1216, no que rexorde a roda inspirada nos modelos dos selos tanto para os leóns, agora pasantes cara a dereita e coa melena, as costelas e o pelo acusados e a cola máis grande e peluda, como para a lenda, aquí Signvm Anfonsi regis Legionis et Gallecie, separada con puntos e non en segmentos, aínda que o común é que non apareza 70 . 68 Francisco Olmos 2017, p. 36. 69 Martín Fuertes 1996, p. 473. 70 González González 1944, pp. 520-524. Figura 4 Figura 5 17 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Non obstante, Martín Fuertes, en base á análise das subscricións dos privilexios, distingue só dúas etapas, cuxo punto divisorio marca arredor do 1210 pola decadencia definitiva da roda da segunda etapa. Da primeira, o único cambio sería o da lenda, que pasa a Signum Adefonsi regis Legionis, máis acorde coa realidade política e coa que busca transmitir a súa soberanía sobre o reino de León e a independencia deste. Comeza a apreciarse certo descoido e indefinición no deseño, con cambios arbitrarios que non responden a ningún criterio fixo: signos non rodados co león en solitario, rodas sen lenda ou coas palabras desordenadas, privilexios sen signo e co espazo en branco, etc.; ademais, o selo real vaise impoñendo e convertendo paulatinamente no compoñente fundamental de validación. Todo isto é un conxunto de indicios que denotan a perda de protagonismo do signo rodado e, na segunda década do XIII prodúcese a decadencia definitiva do signo rodado fronte ao signo real non rodado, normalmente o león en solitario, e ao privilexio asinado 71 . Aínda que non se abandonou completamente o emprego da roda, a cal incluso vive unha revitalización desde 1226, a tendencia ao desuso manterase con forza ata o final do reinado 72 , a favor do signo non rodado, o preferido por Afonso IX como específico do seu goberno porque o identificaba de forma inequívoca sen necesidade de roda nin lenda explicativa, e que predomina no final deste 73 . Débese ter en conta que con Afonso VIII consolídase en Castela a utilización do signo rodado, ao que se suma a súa supremacía política; polo que toda idea de especificidade e de superioridade leonesas coa que nace o signo rodado con Fernando II, para Afonso IX carece de contido 74 e perde a súa razón de ser. Esta descarga de significación ideolóxica explica que este monarca outorgase preeminencia á figura solitaria do león, símbolo parlante do reino, porque o identificaba de forma inequívoca, sen necesidade de roda nin lenda explicativa 75 . De aí os niveis de precariedade e inestabilidade da roda con este monarca. O signum atribuído en Caaveiro a este rei (figura 6), neste caso, si é rodado e leva por lenda + SIGNUM ADEFONSUS REGIS LEGIONENSIUM ET GALLECIE, case a mesma que a escrita no signo do pai do documento 3, agás pola desinencia de Galleci-e/- 71 Ante a carencia dunha tradución ao galego no Vocabulaire International de la Diplomatique, propoño algunha para certos termos, como este. 72 Martín Fuertes 1996, pp. 473-475. 73 Francisco Olmos 2017, p. 40. 74 Martín Fuertes 1996, p. 477. 75 Francisco Olmos 2017, p. 40. 18 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) am. O documento dátase en 1214, polo que, en caso de que a data sexa correcta, o orixinal formaría parte do dito período de decadencia segundo Martín Fuertes, de modo que, quizais, non era rodado e o círculo podería ter sido engadido polo scriptor; e da segunda etapa de Julio González, pero encaixando mellor coa descrición do león da terceira etapa, aquel pasante á dereita inspirado nos selos. En todo caso, unha vez máis, o león non se adapta ao modelo estándar: mira cara a esquerda (dereita do espectador) e levanta a extremidade esquerda. Coa morte de Afonso IX en 1230, prodúcese, baixo Fernando III (rei de Castela desde 1217 e de León desde 1230, ata 1252), a unión definitiva das dúas coroas. Esta unificación territorial implica a da chancelería, o que evidencia o predominio da práctica castelá, máis consolidada e evolucionada, desaparecendo todo o rastro do persoal da leonesa. Por iso, con este monarca volve impoñerse o uso da roda e dos privilexios rodados en ambos territorios, o que debe entenderse como unha continuación da tradición chanceleresca castelá extensible ao ámbito leonés, non como unha revitalización 76 . A roda aumenta en tamaño e en ornamentación dos espazos anteriormente en branco e consolídase a confirmación circular exterior á roda do alférez e o mordomo, a cal, desde 1238, chégase á integrar formando un novo anel exterior. En canto á lenda, con Fernando III complícase moito ao incluír os seus dominios territoriais nela, Castela, Toledo, León e Galicia 77 , sendo o único elemento con certo equilibrio entre as dúas tradicións 78 . Desde 1230 auméntase a Signum Ferrandi regis Castelle et Toleti Legionis et Gallecie, sendo antes Signum Ferrandi Regis Castelle. Tras as conquistas andaluzas volve crecer: en 1236 engádese a referencia a Córdoba; en 1239, a Badaxoz e Baeza; en 1243, Murcia; en 1248, Xaén; e, en 1249, a Sevilla 79 . Sobre o símbolo, 76 Pardo Rodríguez 1999, pp. 250-251. 77 Francisco Olmos 2017, pp. 49-50. 78 Pardo Rodríguez 1999, p. 251. 79 Francisco Olmos 2017, p. 49. Figura 6 19 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) en consonancia ao predominio castelá, é a cruz latina, co extremo das hastas engrosadas, o emblema parlante deste rei 80 . Isto último é o que máis defire nos signos de Caaveiro, o do documento 5 (Fol. 4 r,), figura 7, e o do 6 (Fol. 5 r), figura 8, porque ambos posúen un ou dous leóns e castelos, un deseño que non se introduce ata Afonso X (1252-1284). En todo caso, se se repara nos leóns, o único incorrecto no do documento 5 sería que non aparece de perfil, senón que formando un escorzo coa cabeza; en cambio, os do 6, un non levanta ningunha extremidade e, o outro, aparece mirando cara a súa esquerda. É dicir, que no caso de que estes signos debesen incluír ao león, nin sequera se adaptan ao modelo verdadeiro. As lendas tampouco son as mesmas: a do 5, + SIGNUM FERRANDI DEI GRATIA REGIS CASTELLE ET TOLLETI LEGIONENSIUM ET GALLECIE; a do 6, + SIGNUM FERRANDI REGIS CASTELLE ET TOLLETI LEGIONENSIUM GALLECIE ET CORDOBE. A primeira, cuxo documento se data en 1232, inclúe as referencias xeográficas propias da lenda posterior a 1230, tras a unificación; porén, hai certas variacións ou erros: engade o “Dei gratia”, escribe “Tolleti” en lugar de “Toleti” e “Legionensium” no de “Legionis”. A segunda, de 1238, posúe os mesmos cambios que a anterior, agás o “Dei Gratia”, e, como é propio desde 1236, inclúe a referencia a Córdoba. Ademais, nesta aparece a confirmación circular exterior á Roda -sen formar un novo aneldo alférez, Didacus Lupi de Faro, alferiz domini regis confirmat, e do mordomo, Rodericus Gondisaluit maiordomus curie domini regis confirmat. Rodrigo González Girón é mordomo maior do rei desde agosto de 1238 -o documento é de novembroata febreiro de 1246, e, o alférez, Diego López de Haro, desde 1237 ata 1242 e, novamente, de 1243 a 1254 81 . 80 Pardo Rodríguez 1999, p. 251. 81 Veas Arteseros, Veas Arteseros 1986, pp. 38, 45. Figura 7 Figura 8 20 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Como se dicía, é a partir de Afonso X (1252-1284) co que se recupera o león e se introduce o castelo como novo símbolo castelán, entendido como unha “heraldización” do deseño 82 . Ambos crean o famoso acuartelado de castelos e leóns símbolo da unión indisoluble de ambos reinos, que terá un deseño moi variado en cores e adornos e a cruz tradicional, que se mantén como símbolo tradicional castelá, funcionará como a súa divisora ao alongar os brazos 83 . Con isto, os elementos simbólicos fanse máis explícitos, sendo inconfundibles ante a mirada de calquera súbdito, e adquiren a súa forma definitiva 84 , pois é aquí cando se produce a fixación definitiva do seu deseño -codificado nas Partidas 85 - que se mantén ata a súa desaparición no século XV. Ademais, neste reinado, as confirmacións do mordomo e do alférez entra definitivamente como un anel máis, quedando no interior a lenda do monarca, agora xa en castelán e sen referencias territoriais (Signo del Rey Don Alfonso) -agás na última etapa, por problemas políticos concretos-. Destaca tamén o uso profuso de cores e, incluso, de pan de ouro 86 . Unha vez conseguida a definición dos elementos básicos e constitutivos da roda - símbolos parlantes e signos escritos-, nos reinados posteriores hai poucas novidades, de xeito que os signos serán uniformes e monótonos. O único destacable é a tendencia da cruz a desaparecer como divisora do acuartelado a partir de Afonso XI (1312-1350), o aumento de ornamentación e a súa inscrición nun cadrado coa chegada da dinastía Trastámara 87 , a incorporación, por pouco tempo, do escudo portugués con Juan I (1370-1390) como reivindicación desa Coroa, reino da súa segunda esposa Beatriz (filla de Fernando I, morto en 1383), herdeira lexítima, e o encadramento nun escudo das armas reais por Juan II (14061454). Finalmente, Con Enrique IV (1454-1474), imponse un cambio na estrutura documental do privilexio rodado, que se realizará en prego e en cadernos, o modelo máis empregado no reinado dos Reis Católicos. Con estes, prodúcense cambios na simboloxía ao ter que introducir as armas tanto de Isabel como de Fernando no interior do signo -CastelaLeón, Aragón e Aragón-Sicilia-, posteriormente colocadas dentro dun escudo baixo unha coroa e coa aguia de San Xoán. Ao mesmo tempo, nos vértices do cadrado no que fora 82 Pardo Rodríguez 1999, p. 252. 83 Francisco Olmos 2017, pp. 52, 54. 84 Pardo Rodríguez 1999, p. 252. 85 En Francisco Olmos 2017, p. 56, concrétase que é a Terceira Partida, Título XVIII (“De las escrituras porque se prueban los pleitos”), Lei II. 86 Francisco Olmos 2017, pp. 51-52. 87 Pardo Rodríguez 1999, pp. 252-253. 21 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) inscrita a Roda polos Trastámara engádense as divisas, o xugo e as frechas dos monarcas. Por último, a lenda, unha vez máis, pasa a reflectir a nova situación política: Signo del Rei Don Fernando e de la Reina Donna Isabel. Agora ben, os cambios estruturais e políticos desta monarquía fan desaparecer este tipo documental e, por conseguinte, a Roda, que xa carece de sentido como expresión do signum regis nos albores da nova época, despois de máis de tres séculos de existencia ininterrompida 88 . 2.1.2. Signum manuum Do signum manuum atópanse múltiples exemplos no cartulario de Caaveiro; pola contra, ningún no de Castañeda. Consiste na representación gráfica dunha ou varias mans que evocan o acto de confirmación e validación do documento por outorgantes, confirmantes ou testemuñas 89 , aínda que tamén poden acompañar ao signo ou á subscrición do artífice da escrituración. Estas figuras de mans, ou incluso de brazos, abundan nas subscricións documentais desde finais do século X, sendo moi comúns durante os XI e XII 90 . Na sociedade medieval, esta parte do corpo posúe unha simboloxía cun significado de “creación”: na man do Creador resúmese a creación do Mundo. Sendo a cristiá unha relixión baseada na continua lectura, comentario e interpretación da palabra de Deus, pode dicirse que é unha relixión “do libro”, onde a man guía a lectura -como, precisamente, indica o nome do dedo “índice”- e provoca a escritura, a través da cal se establece unha relación entre quen escribiu e quen le e o documento. Este simbolismo resulta relevante se se ten presente que, debido á xeneralizada incapacidade de escribir, non existe unha relación gráfica entre autor e texto diplomático, sendo necesaria a intervención dun intermediario, o scriptor, tamén nas subscricións e signos persoais de validación, tanto de outorgantes e confirmantes, como de testemuñas, que son heterógrafas. De tal xeito, o signum manuum está destinado a facer visible e recordar a conexión entre o texto e os seus autores, cuxa presenza evoca, ao reflectir graficamente, como testemuña da validación, os diferentes pasos da cerimonia do outorgamento de escrituras, suplindo, así, a subscrición autógrafa 91 . A man como signo procede do uso en época visigótica dun esquemático anagrama manual colocado ao final da sinatura sobre o seu soporte horizontal de base e que consistía 88 Francisco Olmos 2017, pp. 57-77. 89 Pacheco Sampedro 1997, p. 27. 90 Casado de Otaola 1997, p. 42. 91 Ibídem, pp. 39-41. 22 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) nunha especie de espiral puntiaguda con tres ou catro picos que representaban os dedos da man dereita 92 . No documento 1 (figura 9) do cartulario de Caaveiro pode verse un exemplo evolucionado deste emprego. Pero, co trunfo do estilo e letra carolina, prodúcese unha clarificación no deseño, sendo neste momento, ao longo do século XII, cando xurde a man como símbolo roborativo, especialmente nos scriptoria catedralicios, e cando xa adquire unha anatomía máis conseguida 93 , que é a que se aprecia en Caaveiro. O signum manuum do cartulario de Caaveiro presenta múltiples variantes na forma de representar a man. Rogelio Pacheco Saampedro diferenciou unha serie de grupos 94 , clasificación que aproveito para a realización da táboa nº. 2 (anexo I) que se pode atopar no anexo, así como exemplos dos signos aos que fai referencia 95 , na que recompilo todos os signum manuum deste cartulario, coa novidade de establecer unha relación entre eles e os pasos da cerimonia de outorgamento de escrituras que representan. Esta cerimonia, de carácter público, iníciase coa lectura do texto en voz alta polo scriptor en presenza das partes e daquelas persoas cuxa comparecencia serve de garantía do feito xurídico, como as testemuñas, e que son recollidas xerarquicamente nas subscricións. Posteriormente, lévase a cabo a recognitio, na que o documento se coloca estendido sobre, segundo o caso, o altar dunha igrexa ou a mesa dun notario, e, logo, o xesto central do cerimonial: o impositio manuum ou manufirmatio. Nel, o outorgante pousa a man dereita sobre o diploma, no lugar reservado á súa subscrición, para prestar sacramentum (xurar) 96 ; seguidamente, o scriptor realiza o seu signo 97 . Este momento supliría a subscrición autógrafa 98 . 92 Ostolaza Elizondo 1996, p. 458 93 Ibídem, pp. 460-461. 94 Pacheco Sampedro 1997, pp. 27-37. 95 Aproveito para aclarar que a extensión deste traballo sobrepasa o límite das 30 páxinas debido ás imaxes, pero non en texto. Porén, para que este exceso non resulte desmesurado, limítome a inserir nel as imaxes ás que fago unha referencia concreta, como cos signos rodados, e a táboa que menos espazo ocupa (as dúas restantes atópanse no anexo) para a súa sinxela e rápida visualización. Todas aquelas figuras necesarias a modo de exemplificación, inclúense no anexo. 96 Casado de Otaola 1997, pp. 41-51. 97 Pacheco Sampedro 1997, p. 35. 98 Casado de Otaola 1997, p. 41. Figura 9 23 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) De feito, as mans que tocan documentos (figs. 14-15, anexo I), xunto ás que aparecen con signos (figs.11-12, anexo I), son as máis representadas en Caaveiro. Confirmantes e testemuñas realizan o mesmo: despois de escoitar o contido, ofréceselle o documento para que o recoñezan e toquen (cartam tangere ou cartam recognoscere), colocan a man dereita para corroborar e xurar o acto contido 99 , mediante o cal o validan, e plásmanse os seus signos. Polo tanto, cando a man aparece en subscricións distintas á do scriptor, trátase da representación gráfica da corroboración, ratificada coa impositio manuum 100 . Finalmente, o outorgante entrega o diploma ao destinatario, que o recolle, ou, senón, algo que simbolice a natureza do ben adquirido (un terrón, unha rama…), acto que ten orixe na traditio cartae do reino merovinxio, no que, cando o outorgante entregaba o documento ao destinatario, podía depositalo no chan para que o recollese -cartam levare ou levatio cartae (figs. 20-21, anexo I)-, xunto con algo que simbolizase ese ben, polo xeral un terrón ou unha rama dun arbusto (fig. 19, anexo I). No dereito visigodo, isto último semella non ter sido imprescindible, considerándose suficiente a entrega da carta ou documento, en presenza de testemuñas que a validan, para transmitir o ben en cuestión (traditio per cartam). Finalmente, o notario ou o scriptor confirma o acto ao poñer o seu signo 101 . En suma, a imaxe da man representa o momento mesmo de emisión ou outorgamento das escrituras do cartulario, ilustrándonos como debía practicarse a finais do XI e principios do XII 102 , por iso reforzan a relación entre autor e texto. É dicir, designa unha acción xurídica, pois, máis alá do cadro diplomático, a man na civilización medieval é símbolo esencial de acción 103 , como o é o de crear, xa mencionado. 2.1.3. Outros signos tipificados Dentro dos signos tipificados, ao longo de ambos cartularios pódense atopar varios casos de difícil explicación e agrupación, polo que non serán tratados máis alá desta pequena referencia, pero necesaria para que non caian no esquecemento. O caso que máis se repite é o das estrelas (figs. 22-23, anexo I), ás que, en ocasións, se atribúe unha orixe mozárabe 104 , pero tamén se poden encontrar flores (fig. 24, anexo I). 99 Pacheco Sampedro 1997, p. 34. 100 Ostolaza Elizondo 1996, p. 459. 101 Pacheco Sampedro 1997, pp. 32-33, 36. 102 Casado de Otaola 1997, pp. 49-50. 103 Tock 2005, 140. 104 Sáez Sánchez 2003, p. 350. 24 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) 2.2. Signos xerais: o signum crucis Como se explicou ao comezo, a cruz como validación úsase desde a subscrición romana, xa que era un emblema frecuentemente gravado nos aneis, e que continúa na Idade Media; polo tanto, é un símbolo cunha orixe antiguísima e cunha longa traxectoria validativa 105 . A subscrición altomedieval compoñíase de catro elementos: un signo trazado a modo de apertura -unha cruz de valor piadoso 106 , o crismón-, o nome e condición do subscritor, unhas breves palabras que indicaban o tipo de participación no acto (outorgante, testemuña, scriptor…) e que aludían ao modo de intervención na confección do documento: notui, scripsi, relegi, roboro, confirmo; e, ao final, aparecía un signo que podía adoptar dúas formas básicas 107 . A primeira, unha cruz simple, á que se denominou signum manuale 108 , adoptada polas persoas incapaces de escribir, como se explicou na introdución deste apartado, e que, aínda cun trazado sinxelo, adoitaba aparecer adornada de diversas formas que, conforme pase o tempo, serán máis frecuentes: rodeada por un círculo, rombo ou cadrado, lobulada, punteada… 109 Era a opción máis común porque consistía nun símbolo estereotipado e que podía servir para unha ou varias persoas á vez; de feito, parece que era o usado maioritariamente, por usuarios sen relevancia social nin profesional algunha. A segunda, para persoas que destacaban por algunha razón social, económica, de prestixio ou profesional, procedía das tres eses da palabra subscripsi orixinaria da subscrición romana, en cuxa abreviación se usaban diferentes letras (sss, scs, sub, ss e svs) e que podía representar diversas formas 110 . Non obstante, a partir de, polo menos, principios do século XI, o uso da cruz non se limita ás subscricións autógrafas e empeza a caracterizar cada vez máis ás subscricións das autoridades, ata que arredor de mediados do século cada vez máis particulares acompañan o seu nome cunha cruz 111 . Utilizárona igualmente as altas autoridades reais ou da Igrexa, que os profesionais e intervenientes particulares que subscriben e testifican en escritos propios 105 Riesco Terrero 1988, p. 454. 106 Giry 1925, p. 595. 107 Sáez Sánchez, Pacheco Sampedro 2002, p. 967 108 Como indica Giry 1925: “Para distinguir o novo signo autógrafo do anel romano, noméase a miúdo signum manus, signum manuale e, ás veces tamén, simplemente manus.”, p. 592. 109 Sáez Sánchez 2003, p. 347. 110 Sáez Sánchez, Pacheco Sampedro 2002, pp. 967-968. 111 Tock 2005, p. 153. 25 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) ou axenos, en calidade de autores ou partes principais, ou de testemuñas e confirmantes 112 . De tal xeito, o signum crucis é, a excepción do signum regis de Alfonso VII xa tratado, o único presente no cartulario de Castañeda e de múltiples formas. No de Caaveiro, seguindo a liña dos signos anteriores, o cruciforme presenta un volume importante, pero sen tanta variade como o de Castañeda, como se pode observar na táboa n.º 3 (anexo II). Co tempo, estas cruces irán transformándose e complicándose, adquirindo formas moi variadas: desde ir illadas e sen apenas adornos, ata moi ornamentadas. Algunhas desvirtúanse por completo, borrando o parecido coa súa estrutura orixinal 113 . Ante a súa variedade, pretendín realizar unha clasificación co signum crucis presente en ambos cartularios. Establecín trece grupos, que se inician pola presenza de cruces simples (fig. 40, anexo II), sen ningún tipo de ornamento, as cales separei daquelas que se acompañan de varios puntos (fig. 33, anexo II). Doutra banda, as cruces que se insiren en formas xeométricas, como círculos (figs. 28-29-36, anexo II) , algúns simples e outros a modo de roda, ou cadrados (fig. 30-31-37-38, anexo II), sinxelos ou ao estilo das rodas dos Trastámaras. Engadín unha categoría para aquelas que están bordeadas, pero cuns deseños de difícil identificación (fig. 25-34, anexo II); así como outra para as que son debuxadas a modo de altar (fig. 31-32, anexo II). Outra, para a máis abundante, a cruz polilobulada (fig. 26-27-35, nexo II). Por último, dúas que merecen certa atención: a dobre e a que se encaixa no medio da subscrición. Un signo cruciforme podía representar a validación dunha persoa, mais tamén a de varias 114 . Esta última trátase dun signo múltiple realizado sobre unha soa figura que prolonga o seu brazo horizontal canto sexa preciso para insertar nel tantos verticais como persoas (fig. 39, anexo II). Adoitan pertencer ás partes intervenientes, sobre todo, testemuñas e confirmantes, cando o fan en forma mancomunada. Sobre a segunda, nas subscricións da Alta Idade Media o signum cruciforme podía atoparse como se está vendo, ao final, pero tamén no medio delas, unha diferenza de localización ligada ao seu sentido 115 . Deseñábanse segundo dúas fórmulas: unha subxectiva, 112 Riesco Terrero 1988, p. 454 113 Ibídem, p. 454. 114 Ibídem, p. 454 115 Tock 2005, p. 151. 32 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) En primeiro lugar, a atracción visual do círculo fai que sexa unha forma idónea para chamar a atención, aquilo que se pretende en documentos como os privilexios rodados, convertidos nun medio de prolongación da personalidade dos seus autores, os reis. Grazas ao distintivo desta figura redonda, calquera, letrado ou analfabeto, podía recoñecer este tipo documental 148 , ao cal, por ser o diploma máis representativo do poder, se lle conferían características externas especiais e solemnes co fin de que os súbditos o identificase a simple vista 149 . E delas forma parte a roda, moito máis vistosa que o resto de signos. Hai que ter presente que os documentos viaxaban e podían chegar a case todos os recunchos, o que facía manter o control e consolidar o poder; polo que debía garantirse moi ben a súa autenticidade, xa que contiñan importantes actos xurídicos cun valor duradeiro. Así, a superficie deste diploma adopta unha función propagandística e anunciadora, a modo de cartel, por medio do engadido da roda, sobre a cal recae a atención deste diploma. Con esta peza pretendíase prolongar a autoridade dos soberanos 150 e que fose recoñecida cunha soa mirada ante calquera súbdito 151 , obxectivo ao que serve o signo, co fin de que a mensaxe chegase a todos, especialmente naqueles documentos cuxo destino non era unicamente o de ser almacenados nun arquivo senón ser lidos e, sobre todo, amosados ante un público 152 . E este efecto conséguese grazas ao visual do círculo 153 . Isto todo, á súa vez, amosa dúas ideas: a relación entre categoría social e signo utilizado e a capacidade deste para transmitir mensaxes relativas á natureza do seu emisor 154 , pois asociábase a idea de poder coa repetición duns patróns icónicos estereotipados 155 . Un emisor que, no caso dos signos rodados, dá prestixio aos cartularios e, por conseguinte, á institución. Neles, é probable que a falta de inxenuidade sexa, en parte, causante da suntuosidade destes signos, por medio dos que se pretende desviar a atención do espectador do acto xurídico sospeitoso cara un impoñente aparato gráfico 156 . Desta maneira, son usados para proporcionar un aspecto máis solemne aos diplomas 157 , o cal, a 148 Sáez Sánchez 2005, p. 629. 149 Sáez Sánchez 2004, p. 343. 150 Sáez Sánchez 1999, p. 899, 900, 905, 907. 151 Sáez Sánchez, Pacheco Sampedro 2002, p. 971. 152 Sáez Sánchez 2000, p. 111. 153 Sáez Sánchez 2005, p. 630. 154 Sáez Sánchez 2003, p. 341, 347. 155 Ruiz García 2000, p. 27. 156 Sáez Sánchez 1997, p. 466. 157 Sáez Sánchez 2005, p. 636. 33 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) simple vista, evitaría dúbidas sobre a tradición do documento. Isto significa que os círculos se usan para paliar a non orixinalidade e, en caso de habela, para enmascarar a falsidade. Bos exemplos disto son os signos atribuídos a Alfonso VII con forma rodada, cando, como xa se explicou, aínda non existía a roda. O seu emprego proba a consideración polos seus contemporáneos como elementos de prestixio e de autoridade 158 que concede lustre e grandeza ao documento, sexa orixinal ou non. De feito, ao longo dos séculos centrais da Idade Media, o círculo remata sendo adoptado non só polos poderes de maior relevancia, como papas e reis, tamén por notarios, prelados e, incluso, scriptores 159 . Incluso, este uso apócrifo da roda aparece asociado a supostos reis para dita pretensión de autoridade 160 ; como un tal Vermudo do cartulario de Caaveiro, cuxo documento aparece datado no 714, polo que o signo, de ser un monarca certo, non podería ser rodado. En conclusión, a finalidade é a de chamar a atención buscando elevar a solemnidade e situar o acto xurídico nun segundo plano 161 . Porén, a relación dos cartularios entre a imaxe figurativa do outorgante e a non orixinalidade faise aínda máis estreita co signum manuum. Xa tratado no apartado anterior, este signo está destinado a facer visible e recordar a conexión persoal entre o texto e o seu autor, cuxa presenza evoca 162 ; unha conexión que se atopa debilitada no caso das copias e que se pretende superar representando a presenza e participación do autor no momento mesmo da orixe do documento, cando este establece un contacto físico con el mediante a cerimonia da impositio manuum 163 , a cal evidencia o signum manuum. Un bo exemplo é o signum manuum representado xunto a un signum crucis, moitos notariais, copiados ou inventados. Se a validación se cumpría co signo, por que engadir unha man? O que se pretendía era reforzar a fe do acontecido, posto que se trataba de xustificar a validez dun documento copiado nun cartulario a través do investimento de todos os signos de validación posibles por se nalgún momento hai que argumentar o feito contido (cómpre recordar que os cartularios se adoitaban elaborar en momentos de crise). O que demostra que os copistas non só distorsionan os existentes nos orixinais, senón que tamén engaden outros posiblemente 158 Sáez Sánchez, Pacheco Sampedro 2002, p. 974. 159 Sáez Sánchez 2003, p. 638. 160 Sáez Sánchez, Pacheco Sampedro 2002, p. 974. 161 Sáez Sánchez 2005, p. 636. 162 Sáez Sánchez 2003, p. 349. 163 Casado de Otaola 1997, p. 48. 34 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) ausentes neles. E isto non significa que se falsifique a realidade, xa que o contido dese documento puido ter ocorrido, senón que se trataría dun falso diplomático 164 . Por outro lado, atendendo a outro tipo concreto do signum manuum, o paralelo ao xesto de coller un terrón ou unha rama pertencente ao ben transmitido era unha simboloxía pouco usual na Península Ibérica no século XIII, unha posible explicación era a de que o copista coñecese esta tradición e a plasmase mediante signos para dar maior validez probatoria á copia ao reconstruír o proceso seguido polos confirmantes e outorgantes no seu momento 165 . En todo caso, a función do signum manuum é a de reforzar o vínculo entre autor e texto 166 , por conseguinte, a súa presenza nos cartularios, aquí no de Caaveiro, obedece a paliar a non orixinalidade e a reforzar dita relación 167 , debilitada por seren copias, e, por extensión, a súa validez. En conclusión, os copistas dos cartularios pretenden reforzar a validez xurídica e autenticidade dos documentos copiados a partir da autoridade que transmite a representación dos signos de validación, pero xusto conseguen o efecto contrario: cantos máis signos, máis desconfianza. E isto, xunto co alto índice de documento sospeitosos do que falan os seus editores 168 , demostra o motivo polo que o cartulario de Caaveiro que contén unha excesiva validación 169 , da que destaca o abundante signum manuum, suspicaz por natureza. Pola contra, o de Castañeda recolle case só signum crucis, o tipo máis usado ao longo da Idade Media, mesmo nos orixinais. Incluso, sendo do T1 ao T107 (fol. 1 r43 v) as pezas dominantes e de mellor factura, elaboradas por un copista hábil e experimentado que levou a cabo un conxunto regular e harmonioso en todos os aspectos do códice, o que coincide cos signos máis coidados (a excepción dos signum regis de Alfonso VII e dalgunhas cruces inseridas nun cadrado posteriores), estes non presentan a ornamentación dos signum crucis de Caaveiro. Isto contrasta cos últimos documentos (fol. 60-76), obra doutro amanuense, nos que escasean os signos de validación e, incluso, como nos documentos rexios, son simplificacións 170 . 164 Pacheco Sampedro 1997, pp. 30, 34. 165 Ibídem, p. 33. 166 Casado de Otaola 1997, p. 51. 167 Sáez Sánchez 2003, p. 350. 168 En Fernández de Viana y Vieites, González Balasch 1999, p. 103, dise que a gran parte das escrituras do cartulario están baixo sospeita. 169 En relación co concepto de “excesiva validación...”, vid. Suárez González 2016. 170 Suárez González 2015, pp. 84, 90. 35 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Todo isto exponse tendo en conta que dun orixinal a unha copia sempre se difire en algo, polo que sempre existirán diferenzas no debuxo destes elementos gráficos entre os orixinais 171 . Pero outra cousa ben distinta son os cambios nos seus modelos debido a interferencias temporais, o engadido de signos onde, posiblemente, non os houbera ou, polo contrario, a súa simplificación. Remitindo ás preguntas enunciadas no comezo do apartado, pódese responder que son copiados, algúns de forma idéntica, como o signum regis de Afonso VII de Castañeda e, posiblemente, moitos signa crucis de ambos cartularios; pero tamén son alterados, como se viu cos signos rodados, simplificados, en Castañeda, e esaxerados, co signum manuum. E tamén se pode contestar que as intencións subxacentes son as de paliar a non orixinalidade a partir do reforzo da función diplomática dos signos de validación, a cal numerosas veces foi repetida. Pois ao final, tratábase de transmitir unha imaxe ao futuro, por iso o estudo dos signos debe inserirse no contexto social que o produciu 172 , de aí que se puxeran de manifesto non poucas alteracións das normas semióticas máis habituais da época 173 . 171 Pacheco Sampedro 1997, p. 123, 169. 172 Sáez Sánchez 2003, p. 357. 173 Pacheco Sampedro 1997, p. 167. 36 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Conclusión Dentro da validatio documental, os signos exercen unha finalidade identificativa, como sinatura de a quen representan, para testemuñar súa participación no proceso documental, co fin de garantir o valor xurídico do diploma. Ao mesmo tempo que identifica, tamén simboliza a personalidade do propietario do signo, por iso desempeña tamén unha función visual, como figura gráfica que é. A partir dos cartularios de Castañeda (BNE, MSS/18382) e de Caaveiro (AHN, Códice 1439), de finais do século XII e mediados XIII, pretendeuse estudar como se reflicten estes elementos diplomáticos nos cartularios, códices de copias. A través da primeira parte do traballo, puídose comprobar, en primeiro lugar, unha diferenza cuantitativa: mentres que no de Castañeda case só se posúen signum crucis -e non en abundancia-, Caaveiro aporta maior riqueza, tanto en número como en variedade. Isto demostra que non existe unha norma non escrita á hora de trasladar ou non os signos aos cartularios, senón que depende do caso particular de cada un, do motivo da súa elaboración e, sobre todo, dos seus artífices materiais. En Castañeda é perfectamente visible, xa que se poden contrastar unha sección (do T1 ao T107) que presenta os signos, obra dun amanuense, fronte a outra (do T145 ao T175) escrita por outro copista na que escasean ou se simplifican 174 . Deténdose signo por signo, obsérvase que, en canto ao signum crucis, os de Caaveiro presenta maior ornamentación que os de Castañeda, máis acordes cos que se poden atopar de forma xeneralizada nos documentos orixinais da Idade Media. En canto ao signum regis, o de Afonso VII atópase en ambos cartularios, pero imitando a súa forma exacta só no de Castañeda, ao contrario que no de Caaveiro, que se debuxa rodado cando, daquela, aínda se dispoñía da roda na documentación real. En canto aos rodados, ausentes en Castañeda, en Caaveiro ningún cumpre o modelo orixinal, senón que posúen atributos discordantes coa súa cronoloxía, ben na lenda, ben no símbolo parlante, ou erros na reprodución, como se viu coa postura do león. Por último, o signun manuum, destinado a reforzar a relación autor-texto, debilitada neste tipo documental por tratarse dunha copia, aparece só en Caaveiro. Tendo en conta a proliferación dos signos deste cartulario e como se tratan nel os anteriores, así como o que simboliza este, todo apunta a que se trata de invencións por parte dos copistas: unha 174 Suárez González 2015, pp. 84, 90. 37 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) validación que non existía orixinalmente, pero que se engade co fin de reforzar o contido xurídico de dito documento. A evidente diferencia existente entre ambos cartularios nos signos de validación indica que o exceso do de Caaveiro está ligado co propósito de, cando menos, paliar a non orixinalidade e, seguramente, pese a que carezo das porcentaxes de falsificación dos dous cartularios, coas falsificacións históricas. Isto lógrase mediante a sedución do ollo, xa que, como sociedade analfabeta, a medieval precisaba de códigos gráficos, de xeito que a presenza dos signos de validación facilitaba a confianza na autenticidade do documento. E este engano visual era o que pretendían os copistas dos cartularios, pero tamén o que debe facer sospeitar ao diplomatista e ao historiador, porque non se está ante os signos orixinais, senón ante signos de signos, cuxa análise aporta moita máis información sobre a fonte que temos entre as mans da que, quizais, nun primeiro momento se puidese imaxinar. 38 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Bibliografía Anta Lorenzo, Lauro (1996), “El monasterio de San Martín de Castañeda en el siglo X”, Studia Zamorensia, 3, pp. 31-52. Blasco Martínez, Asunción (1996), “Signos de notarios de Zaragoza (siglo XIV)”, en Rück, Peter (ed.), Graphische Symbole in mittelalterlichen Urkunden: Beiträge zur diplomatischen Semiotik, Sigmaringen, pp. 763-774. Calleja Puerta, Miguel (2021), “Conservación y recepción de archivos familiares en cartularios medievales del noroeste ibérico”, en Casa de Velázquez (ed.), Les archives familiales dans l'Occident médiéval et moderne: trésor, arsenal, mémorial, Madrid, pp. 223-234. Cárcel Ortí, María Milagros – Commission internationale de diplomatique (1997), Vocabulaire International de la Diplomatique, Vàlencia. Casado de Otaola, Luis (1997), “Per visibilia ad invisibilia: representaciones figurativas en documentos altomedievales como símbolos de validación y autoría”, Signo: revista de historia de la cultura escrita, 4, pp. 39-56. Castro Álvarez, Carlos de (1996), “S. Juan de Caaveiro: estado de la cuestión, fuentes, historia y problemas”, Cátedra: revista eumesa de estudios, 3, pp. 21-62. Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio; González Balasch, María Teresa (1999), “El tumbo de San Juan de Caaveiro”, en El monasterio de San Juan de Caaveiro, A Coruña, pp. 97-334. Francisco Olmos, José María de (2017), El signo rodado regio en España: origen y desarrollo, Madrid. Galende Díaz, Juan Carlos; Ávila Seoane, Nicolas (2018), El rodado regio hispánico. León y Castilla antes de la unificación (1157-1230), Córdoba (Argentina). García Edo, Vicente (1996), “Aproximación al «signum» notarial en el reino de Valencia durante los siglos XIII a XVI”, en Rück, Peter (ed.), Graphische Symbole in mittelalterlichen Urkunden: Beiträge zur diplomatischen Semiotik, Sigmaringen, pp. 775-796. García Medina, Ameila (2007), “Signos de validación de mujeres en la Alta Edad Media”, en González de la Peña, María del Val (coord.), Estudios en memoria del profesor Dr. Carlos Sáez, Alcalá de Henares, pp. 85-94. Giry, Arthur (1925), Manuel de diplomatique : Diplomes et chartes, chronologie technique, eléments critiques et parties constitutives de la teneur des chartes, les chancelleries, les actes privés, Paris. González González, Julio (1944), Alfonso IX, vol. I, Madrid. 39 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) González González, Julio (1943), Regesta de Fernando II, Madrid. Guyotjeannin, Oliver; Morelle, Laurent; Parisse, Michel (1993), Les cartulaires: actes de la table ronde organisée par l’École nationale des chartes et le G.D.R. du C.N.R.S. (Paris, 5-7 décembre 1991), Paris. Guyotjeannin, Oliver; Pycke, Jacques; Tock, Benoît-Michel (1993), Diplomatique médièvale, Turnhout. Martín Fuertes, José Antonio (1996), “El signum regis en el Reino de León (1157-1230)”, en Rück, Peter (ed.), Graphische Symbole in mittelalterlichen Urkunden: Beiträge zur diplomatischen Semiotik, Sigmaringen, pp. 463-478. Mendo Carmona, Concepción (2005), “El cartulario como instrumento archivístico”, Signo: revista de historia de la cultura escrita, 15, pp. 119-137. Mendo Carmona, Concepción (2002), “Los tumbos medievales desde la perspectiva archivística”, en Riesco Terrero, Ángel (coord.), I Jornadas sobre documentación jurídicoadministrativa, económico-financiera y judicial del reino castellano-leonés (siglos X-XIII), Madrid, pp. 165-189. Ostolaza Elizondo, María Isabel (1996), “La validación en los documentos del occidente hispánico (s. X-XII). Del signum crucis al signum manus”, en Rück, Peter (ed.), Graphische Symbole in mittelalterlichen Urkunden: Beiträge zur diplomatischen Semiotik, Sigmaringen, pp. 453-461. Ostos Salcedo, Pilar; Pardo Rodríguez, María (1995), “Signo y símbolo en el privilegio rodado”, en Villa Rodríguez, José (coord.), Sevilla, ciudad de privilegios: escritura y poder a través del privilegio rodado, Sevilla, pp. 15-46. Pacheco Sampedro, Rogelio (1997), “El signum manuum en el cartulario del monasterio de San Juan de Caaveiro (s. IX-XIII)”, Signo: revista de historia de la cultura escrita, 4, pp. 27-37. Pacheco Sampedro, Rogelio (2001), “El diploma del rey Silo: datos de semiótica para un estudio diplomático”, Signo: revista de historia de la cultura escrita, 8, pp. 121-178. Pardo Rodríguez, María Luisa (1999), “La rueda hispana. Validación y simbología”, en Herde, Peter; Jakobs, Hermann (coord.), Papsturkunde und europäisches Urkundenwesen, Köln, pp. 241-258. Riesco Terrero, Ángel (1988), “Diplomática eclesiástica del Reino de León hasta 1300”, en El Reino de León en la Alta Edad Media, vol. VII, León, pp. 333-589. 40 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Rodríguez Díaz, Elena (2011), “Los cartularios en España: Problemas y perspectivas de investigación”, en Rodríguez Díaz, Elena; García Martínez, Antonio Claret (eds.), La escritura de la memoria: los cartularios. Actas de las VII Jornadas de la Sociedad Española de Ciencias y Técnicas Historiográficas, Huelva, pp. 13-36. Rodríguez González, Ángel (1973), El tumbo del monasterio de San Martín de Castañeda, León. Ruiz García, Elisa (2000), “Claves del documento artístico bajomedieval en Castilla”, en Museo Nacional del Prado (ed.), El documento pintado: cinco siglos de arte en manuscritos, Madrid, pp. 23-44. Sáez Sánchez, Carlos (1997), “Edición digital y semiótica diplomática: a propósito de un diploma de Caaveiro”, El museo de Pontevedra, 51, pp. 461-478. Sáez Sánchez, Carlos (1999), “Documentos para ver, documentos para leer”, Anuario de Estudios Medievales, 29, pp. 899-916. Sáez Sánchez, Carlos (2000), “Diplomática y semiótica”, Edades: revista de historia, 7, pp. 103-116. Sáez Sánchez, Carlos (2003), “El signo como emblema”, Anuario de Estudios Medievales, 33, pp. 339-363. Sáez Sánchez, Carlos; Pacheco Sampedro, Rogelio (2002), “Signos diplomáticos y emblemática”, en Marsilla de Pascual, Francisco (coord.), Littera script: in honorem prof. Lope Pascual Martínez, vol. 2, pp. 75-92. Sáez Sánchez, Carlos (2004), “La magia de los círculos”, en Álvarez Blanco, Rosario; Santamarina, Antón (ed.), (Disc)ursos da escrita: estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza, A Coruña, pp. 625-641. Sáez Sánchez, Carlos (2005), “Origen y función de los cartularios hispanos”, Anuario del Centro de Estudios Históricos “Prof. Carlos S. A. Segreti”, 5, pp. 37-48. Suárez González, Ana (2015), “Un «cartulario de cartularios» (BNE, MSS/18382)”, en Hernández Luis, José Luis (ed.), Sic vos non vobis: colección de estudios en honor de Florián Ferrero, Zamora, pp. 69-101. Suárez González, Ana (2016), “Memoria de un documento falso datum in Astorica”, Astorica. Revista de estudio astorganos, 35, pp. 137-159. Sanz Fuentes, María Josefa (1996), “Cartularios: historia y falsificación histórica”, en García de Cortázar, José Antonio (ed.), La memoria histórica de Cantabria, Santandez, pp. 147154. 41 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Tock, Benoît-Michel (2005), Scribes, souscripteurs et témoins dans les actes privés en France (VIIe – début du XIIe siècle), Turnhout. Veas Arteseros, Francisco de Asís; Veas Arteseros, María del Carmen (1986), “Alférez y mayordomo real en el siglo XIII”, Miscelánea medieval murciana, 13, pp. 29-48. 48 Signos de signos: os cartularios medievais de Caaveiro e Castañeda (séculos XII ex.-XIII) Signum crucis do cartulario de Castañeda Figura 40:, cruz simple (T103) Figura 39: cruz dobre (T144) Figura 41: signo simplificado (T146) Figura 42: signo simplificado (T151) Figura 33: cruz con puntos (T32) Figura 34: cruz bordeada (T71) Figura 35: cruz polilobulada (T4) Figura 37: cruz en cadrado (T14) Figura 38: cruz en cadrado (T111) Figura 36: cruz en círculo (T128)