Os irmáns Isla Couto en Compostela: roteiro didáctico
Abstract
Este roteiro didáctico nace coa vocación de recuperar a estreita vinculación de Ramiro e Xaime Isla Couto con Santiago de Compostela. En Compostela naceu Xaime Isla o 23 de outubro de 1915. E nela viviu e estudou Ramiro até que emigrou a Buenos Aires en 1911. Malia as distancias, moitos dos principais acontecementos da súa vida aparecen ligados a Compostela e ás persoas, iniciativas políticas e culturais e institucións que atoparon hospitalidade e fogar na capital simbólica e política de Galicia. Agardamos que este roteiro permita descubrir as pegadas compostelás dos irmáns Isla Couto no seu proxecto compartido de construír unha Galiza nova nunha Humanidade mellor.
Full text
OS IRMÁNS ISLA COUTO EN COMPOSTELA Roteiro didáctico
A edición deste roteiro didáctico contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. EDICIÓN, SELECCIÓN DE TEXTOS E DOCUMENTALISMO: Xosé Luís Pastoriza Rozas FOTOGRAFÍAS E FONDOS DOCUMENTAIS: - Arquivo da Fundación Isla Couto. - Páx. 5. Juan Nóvoa Rodríguez. - Páx. 14. Pepe Álvez DEPÓSITO LEGAL: VG 562-2022 EDITA: Fundación Isla Couto Novembro de 2022 Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 2
Limiar Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 3 Xaime Isla Couto (1915-2012) Ramiro Isla Couto (1896-1987) Este roteiro didáctico nace coa vocación de recuperar a estreita vinculación de Ramiro e Xaime Isla Couto con Santiago de Compostela. En Compostela naceu Xaime Isla o 23 de outubro de 1915. E nela viviu e estudou Ramiro até que emigrou a Buenos Aires en 1911. Malia as distancias, moitos dos principais acontecementos da súa vida aparecen ligados a Compostela e ás persoas, iniciativas políticas e culturais e institucións que atoparon hospitalidade e fogar na capital simbólica e política de Galicia. Agardamos que este roteiro permita descubrir as pegadas compostelás dos irmáns Isla Couto no seu proxecto compartido de construír unha Galiza nova nunha Humanidade mellor.
Roteiro Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 4 1. Praza de San Miguel do Agros. Cuartel da Garda Civil. 2. Rúa dos Loureiros, 12. Casa familiar. 3. Rúa da Acibechería, 14. Casa de Lois Porteiro Garea. 4. Praza da Quintana. Mitin das Arengas. 5. Praza da Acibechería. Pazo Episcopal. Editorial SEPT. 6. Rúa de San Francisco. Facultade de Medicina. Roberto Nóvoa Santos e Chita Lamas. 7. Pazo de San Xerome. Escola Práctica Graduada. 8. Pazo de Raxoi. Estatuto de Autonomía de 1936. 9. Hostal dos Reis Católicos. Revista de Economía de Galicia. 10. Pazo de Xelmírez. Parlamento de Galicia. 11. Pazo de Fonseca. Seminario de Estudos Galegos. 12. Rúa de Fonseca, 11. Casa de Luís Seoane. 13. Rúa de Xelmírez, 15. Casa de Ramón Piñeiro. 14. Rúa do Vilar, 15. Ánxel Casal e a Editorial Nós. 15. Rúa do Vilar e Rúa Nova. 16. Rúa do Franco, 36-38. Casa de Xosé Mosquera, “O vello dos contos”. 17. Praza de Galicia. Hotel Compostela. Editorial Galaxia. 18. A Rosaleda. Casa de Domingo García-Sabell. 19. A Rosaleda. As xuntanzas de Galaxia. 20. Praza de Mazarelos. Instituto Xelmírez. 21. Praza da Universidade. Casa de Antonio López Ferreiro. 22. Praza da Universidade. Facultade de Filosofía e Letras. 23. Adro de San Domingos de Bonaval. Misa de Rosalía 1965. 24. Adro de San Domingos de Bonaval. Misa de Rosalía 1969. 25. San Domingos de Bonaval. Memorial Xoán XXIII. 26. Estación de ferrocarril de Cornes.
Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 5 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 20 21 22 24 23 25 26 19
1. Praza de San Miguel dos Agros. Cuartel da Garda Civil Vista de San Miguel dos Agros. Óleo de Villafinez ©Juan Nóvoa Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 6 “Nacín en Santiago de Compostela nunha familia humilde con orixe campesiña. Meu pai naceu na casoupa máis pobre da aldea, ao pé do pazo de Oca, e miña nai en Arnois. Como xa non tiñan terras na aldea, meu pai tivo que dedicarse a unha serie de traballos para sacar adiante á familia. Por iso saíron da aldea para procurar traballo en Santiago de Compostela onde meu pai foi gardacivil. Nacín na Casa Cuartel que estaba na Praciña de San Miguel dos Agros, fronte a San Martiño Pinario. Teño un cadriño do pintor Villafinez que reproduce o interior do cuartel. Lembro con agarimo a igrexa de San Miguel dos Agros, onde meu irmán Manolo facía de acólito e me levaba a tocar as campás sendo un cativo, cousa que me resultaba moi agradable. Cando meu pai se licenciou fomos vivir á Rúa dos Loureiros, 12. Preto da casa traballabamos unha leira onde tiñamos un cortello para o porco.” Xaime Isla Couto
2. Rúa dos Loureiros, 12. Casa familiar “A miña era unha familia moi unida e alegre, como son estas familias no país. A aldea estaba presente connosco porque viñan os amigos e parentes da aldea. Tiñamos a pedra de facer as filloas e visitábanos un amigo do meu pai, o tío Perico, que viña nun cochiño cun cabalo, o que era un ledicia para nós. Era un vida, que recordada agora, era idílica con todas esas connotacións. Cando marchamos para Vigo no ano 1923, o meu recordo de Santiago sempre era de días alegres, luminosos e con sol. Abofé que son os días menos frecuentes en Santiago! Pero de rapaz un idealiza e eu idealizaba Santiago desde os meus recordos. De feito, xa de estudante no Instituto fixen unha redacción na que afirmaba que Santiago era a mellor cidade do mundo, precisamente porque a tiña idealizada completamente no meu maxín de neno. E non me quitei desta idealización na redacción, aínda que xa contaba con 17 ou 18 anos, porque a aquela fantasía infantil se sumaba agora a idealización de Santiago de Compostela como capital de Galicia.” Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 7 Familia Isla Couto, ca. 1908
3. Rúa da Acibechería, 14. Casa de Lois Porteiro Garea “Ramiro marchou a Arxentina con quince anos no 1911, cando eu aínda non nacera. Coñecino sendo un pequerrecho cando regresou en 1918 para facer o servizo militar en África. Antes de ser destinado á guerra en Marrocos, coñeceu en Compostela a Lois Porteiro Garea que falecería prematuramente en outubro de 1918. O meu irmán, que participara nas Irmandades da Fala e asistira á Asemblea de Monforte de Lemos do 1922, levara a delegación de Risco -conselleiro supremo da Irmandade Nazonalista Galegade fundar a devandita Irmandade en Bos Aires. E ao pouco, constituíu canda a Blanco Amor e outros a Irmandade Nazonalista Galega de Bos Aires e fundou a revista Terra, correspondente de Nós en Bos Aires e que se vendían conxuntamente.” Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 8
4. Praza da Quintana. Mitin das Arengas O primeiro Día de Galicia celebrouse o 25 de xullo de 1920 a iniciativa das Irmandades da Fala. Tras da ditadura de Primo Rivera, a tradición recuperouse polo Partido Galeguista en 1934 e 1935. O 25 de xullo de 1934, ás 11 da noite, celebrouse o primeiro Mitin das Arengas na Praza da Quintana, no que Ramiro Isla actuou como presentador. Tras as intervencións de Alexandre Bóveda, Plácido Castro, Manuel Gómez Román, Valentín Paz Andrade, Ramón Piñeiro, Castelao, Otero Pedrayo e Emilia Docet, a miss España galeguista, entre outros, formouse unha manifestación en dirección á estatua de Rosalía de Castro no paseo da Alameda onde se cantou o himno galego e se deron vivas á República e a Galicia. Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 9 Mitin das Arengas, 25-VII-1934
11. Pazo de Fonseca. Seminario de Estudos Galegos “Nós vivimos á par destas xentes, coma no Seminario de Estudos Galegos que representou unha experiencia extraordinaria. Lembro as dúas campañas nas que fun como alumno no ano 1935 e no 1936. Aqueles eran homes de diferentes facultades, especialidades e saberes pero dábase entre eles unha comunicación humana pola que suspiramos. Eu soñei moitas veces andando alá polas frontes, durante a guerra, con aquelas semanas que pasamos co Seminario percorrendo todo Lalín e toda Fisterra á par de D. Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Cuevillas e o resto de compañeiros. Aquela foi unha experiencia que nos abriu un mundo. Porque con eles aprendemos que a política non se pode reducir á vida política partidista. Nestas experiencias había unha densidade humana onde estaba todo o home, desde a súa infraestrutura física e material até os valores e os símbolos que moven ao home na vida. E todo isto estaba representado no galeguismo.” Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 16 Xeira do Deza do Seminario de Estudos Galegos. Xuño de 1934
12. Rúa de Fonseca, 2. Casa de Luís Seoane En 1938, o editor francés Jean Flory publicaba en París o libro La Galice sous la botte de Franco, e a Editorial España de París tiraba do prelo a versión en castelán Lo que han hecho en Galicia. Episodios del terror blanco en las provincias gallegas contados por quienes los han vivido. Ambas as dúas edicións, unha denuncia das atrocidades do golpe de estado e da represión en Galicia. En Buenos Aires, o exiliado Luís Seoane publicou dúas versións en castelán: Lo que han hecho en Galicia e Galicia mártir, esta última atribuída a autoría a Hernán Quijano e publicada en 1949 pola descoñecida editorial Neos con láminas de Castelao. Atribúese a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides a escrita do libro, pero Ramiro Illa actuou como informante anónimo do que aconteceu na zona de Vigo –que ocupa o 70 % do libro-, enviou a Buenos Aires listas de represores e, casualmente, desde setembro de 1938 estaba exiliado en Francia. Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 17 Portada da edición francesa e castelán publicada en París en 1938
13. Rúa de Xelmírez, 15. Casa de Ramón Piñeiro “A angueira que alentaba nos homes entregados a este esforzo e a aquela empresa viña de longa data e a súa ollada moi posta no futuro. Eran homes de onte, de véspera e tamén de pasado mañá: de raíz e de utopía. Pero cos pés ben chantados na terra, na súa terra, grazas por riba de todo ao espírito clarividente e realista do primeiro entre eles, Ramón Piñeiro, exemplo insuperable dese óptimo espécime humano de Galicia, que é o campesiño dobrado de intelectual.” “Nós situamos a Piñeiro en Santiago de Compostela porque estaban aparecendo mozos universitarios que non tiñan contacto co galeguismo. Logo, a famosa mesa camilla é o lugar onde acoden intelectuais, políticos, xentes de fóra de Galicia, etc. Dicía Paco del Riego, que se Piñeiro nacera só para este labor, xa estaba a súa vida xustificada.” Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 18 Paco del Riego, Ramón Piñeiro e Xaime Isla. Debuxo de Xaime Isla
14. Rúa do Vilar, 15. Ánxel Casal e a Editorial Nós “No Instituto creei con algúns compañeiros a Asociación Escolar de Iniciación Escolar que enviou a súa adhesión á Asemblea das Irmandades da Fala celebrada na Coruña o 27 de abril de 1930. Eu era o seu secretario xeral e creámola xa con ese carácter galeguista. Daquela xa tiña unha relación forte con Ramiro, que lle enviara unha carta a Ánxel Casal, que tiña a Editorial Nós e onde colaboraba o pai de Isaac Díaz Pardo, Camilo Díaz Baliño, para que me mandase todos os libros que publicase Nós. Ramiro enviábame tamén A Nosa Terra e por iso eu tiña nese momento contacto con Casal e coas Irmandades da Fala. Por esas datas, lembro que veu Blanco Amor de América e Ramiro escribiume avisando que viña e en que hotel ía estar. Blanco Amor entregoume o texto dunha conferencia cunha adicatoria: “Ó nacionalista máis noviño de Galicia”. Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 19 Carta de Ánxel Casal a Xaime Isla, 19-XII-1929 Separata de Nós. Boletín mensual da cultura galega
15. Rúa do Vilar e Rúa Nova “Nin desalento, nin fuxida á torre de marfil. A sabedoría política de Ramón Piñeiro, recoñecida por todos os líderes da oposición democrática, o seu lúcido e fondo entusiasmo e un espírito de sacrificio tan fecundo como austero, decidírono a deixalo todo para se dedicar integramente ao impulso desde Compostela da nova etapa do galeguismo. Algúns dos que compartiamos con el o proxecto dixo daquela, e con acerto profético, que esa decisión xustificaba xa por si a creación de Galaxia.” Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 20 Xaime Isla e Ramón Piñeiro na Rúa do Vilar, ca. 1960
16. Rúa do Franco, 36-38. Casa de Xosé Mosquera, “O vello dos contos” “Aproveitamos a Misa de Rosalía que organizaba o grupo de Deus fratresque Gallaeciae en Santiago de Compostela que era un grupo de galeguistas católicos que editaran a revista Logos. A esta misa iamos todos os anos os galeguistas, sendo a principal concentración e manifestación galeguista. A Misa de Rosalía tiña un valor simbólico recoñecido porque moita xente que non ía en todo o ano a misa, asistía á mesma. Foi notable como foi crecendo a concentración de xentes, moi lentamente primeiro e moito máis rapidamente despois. Lembro unhas notas da policía sobre a Misa de Rosalía na que sinalaban que o único notable da misa era que a homilía era en galego, xa que o resto da misa se celebraba en latín. Pero un ano veu un crego que fixo a homilía en castelán, e eu collín a Otero Pedrayo e pedinlle que falase á saída da misa. Cousa que fixo.” Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 21 Acta de constitución do Patronato Rosalía de Castro, 15-XI-1947
17. Praza de Galicia. Hotel Compostela. Editorial Galaxia “Galaxia foi fundada en 1950, o día do Apóstolo trala celebración da Misa de Rosalía que daquela era pola mañá. E aproveitamos que viñeran uns amigos galeguistas de América, Xosé Benito Abraira e súa muller Mercedes, e Abelardo Estévez. Aínda que a escritura de constitución ten data de 3 de novembro de 1950, a data de fundación foi o 25 de xullo de 1950 nos baixos do Hotel Compostela. Tardamos un tempo en difundilo publicamente. O prospecto de fundación redacteino eu no ano 1949 pero non foi algo que se creara da noite para o día. A súa orixe está anos atrás, cando estamos a reorganizar o galeguismo político. Galaxia, logo, era a cobertura instrumental do galeguismo.” Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 22 Asemblea constitutiva da Editorial Galaxia, 25-VII-1950
18. A Rosaleda. Casa de Domingo García-Sabell “Tamén nos propuxemos entregarlle ás xeracións novas, nacidas xa despois da guerra, un vehículo editorial onde puidesen dar a coñecer os seus escritos, que foi a colección Illa Nova. Nun acto celebrado na casa de Domingo García-Sabell, no ano 1957, fixemos entrega simbólica da colección, no transcurso do cal falou Xaime Isla –en realidade a colección estaba fortamente vinculada ao matrimonio Illa-Nóvoa-, para invitar os mozos a facer un esforzo a favor do país. O primeiro libro que se publicou foi Vieiro choído de Franco Grande e, pouco despois, Do sulco, de Xohana Torres. Na nova colección daríanse a coñecer máis adiante escritores que co tempo chegarían a consolidarse como figuras relevantes das nosas letras, como foron os casos de X. L. Méndez Ferrín, Camilo G. Suárez-Llanos, Neira Vilas ou Carlos Casares.” Ramón Piñeiro Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 23 Do sulco de Xohana Torres, 1957 Xulio Cuns, Xosé L. Méndez Ferrín, Manuel María, Xosé L. Franco Grande e Ramón Lorenzo. 25-VII-1957
19. A Rosaleda. As xuntanzas de Galaxia Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 24 O equipo da Editorial Galaxia por Xohán Ledo “Na cas de García Sabell, arredor da mesa, preto dos seus libros, da súa discoteca, síntese un no fogar familiar. Tantas veces estivo aquí D. Ramón Otero Pedrayo. Estiven tamén eu con el, cos rapaces novos que aprenderon a amar Galicia fóra dos textos da Universidade, fóra dos xornais, fóra do ambiente oficial, presentíndoa no aire, nas feiras da Ferradura, nas súas vacacións da aldea, na súa alma, no fondal da súa alma máis ben. Hoxe rematarei en Vigo, antes de saír cara unha das labouras abafantes do despacho. Fiquei liberado e estiven o serán no tren con Cris, de viaxe na compaña de Paco del Riego e a súa dona Evelina, e logo, na conversa con Piñeiro, con Domingo, feliz. Primeiro, denantes da cea, fixemos o noso repaso de conciencia. As nosas cousas. Sentimos desacougo das fallas que temos de superar a présa; devecemos polas nosas responsabilidades nesta hora galega. Paco fixo relatorio das súas relacións todas con América. Domingo e Ramón sereos, profundos, da nosa vida cultural. Eu de Galaxia, da nosa cultura, dos nosos libros, da nosa xentes.” Xaime Isla Couto
20. Praza de Mazarelos. Instituto Xelmírez “Ramiro era un bo estudante pero, ao emigrar moi novo, tivo que aforcar uns estudos brillantes de bacharelato. Tiña unha vocación intelectual grande e proxectou sobre min todo o que el tivese degoirado ser. Nunha carta de 13 de setembro de 1928 escribiume: “A túa idea de estudar o bachiller e logo Filosofía e Letras si fose miña non acertabas tan ben. É a carreira pola que sinto vocación e sentín sempre. Non podendo faguelo eu, pensei moitas vegadas en ti, e olla por donde vas a darme polo pau.” Xaime Isla Couto Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 25 Ramiro Isla Couto, 1919
Para saber máis: Álbum de Galicia: entradas biográficas en liña •Ramiro Illa Couto •Xaime Isla Couto •Chita Lamas Barreiro Vídeos •Centenario de Xaime Isla Couto. Vídeo biográfico •Entrevista a Xaime Isla Couto. Vídeo. Exposición •Fundación Isla Couto (2015). Exposición Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia. Paneis. Comisariada por Xosé L. Pastoriza Rozas con deseño de David de la Iglesia. Unidade didáctica sobre Xaime Isla Couto •Pastoriza Rozas, Xosé L. (2017). Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia Exposición. Unidade didáctica. Vigo: Fundación Isla Couto. Bibliografía Agís Villaverde, Marcelino (2019a). Xaime Isla Couto: entre o Galiza Ceibe e o Venceremos Nós. Os feitos acaecidos na Misa de Rosalía 1969. Vigo: Fundación Isla Couto, SEPT. Franco Grande, Xosé Luís (2013). «Xaime Isla Couto». Boletín da Real Academia Galega, núm. 374, pp. 497-500. Isla Couto, Xaime (2015). «A miña familia». En Xosé L. Pastoriza Rozas (Ed.). Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia. Vigo: Fundación Isla Couto, Galaxia, pp.115-116. Isla Couto, Xaime (2015). «O meu irmán Ramiro». En Xosé L. Pastoriza Rozas (Ed.). Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia. Vigo: Fundación Isla Couto, Galaxia, pp.117-120. Marco, Aurora (2020). «Inmaculada Concepción Lamas Barreiro». En Irmandiñas. Santiago de Compostela: Laiovento, pp.269-277 Martínez Cobas, Xavier (2015). «Xaime Isla e a economía galega». Boletín da Real Academia Galega, núm.376, pp.459-463. Pastoriza Rozas, X. L. (2015). «Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia. Cronobiografía». En Xosé L. Pastoriza Rozas (Ed.). Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia. Vigo: Fundación Isla Couto, Galaxia, pp.13-103. Pastoriza Rozas, Xosé L. (2017). «Ramiro Isla Couto: pioneiro do nacionalismo alén mar». En Justo Beramendi, Uxío-Breogán Diéguez, Carme Fernández, María Pilar García Negro e Xosé Manuel González Reboredo (Coords.). Repensar Galicia. As Irmandades da Fala. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, pp.309-324. Pastoriza Rozas, Xosé L. (2022). Galeguismo, humanismo e desenvolvemento. O pensamento militante de Xaime Isla Couto.Tese de Doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. Pastoriza Rozas, Xosé L. e Agís Villaverde, M. (Eds). (2022). Xaime Isla Couto. Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia. Vigo: Fundación Isla Couto. VV.AA. (1996). Homenaxe a Xaime Isla Couto.Vigo: Galaxia VV.AA. (2015). Monográfico “Xaime Isla Couto. Construír Galicia”.Grial. Revista galega de cultura,núm.207. Roteiro didáctico. Os irmáns Isla Couto en Compostela 32