scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Instrución IV/2021 de 26 de febreiro da xerencia, pola que se dispoñen medidas para a aplicación da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Universidade de Santiago de Compostela. Xerencia

Full text

Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 1/3 INSTRUCIÓN IV/2021 DE 26 DE FEBREIRO DA XERENCIA, POLA QUE SE DISPOÑEN MEDIDAS PARA A APLICACIÓN DA ORDE DO 25 DE FEBREIRO DE 2021 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DA COVID-19 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A Orde da Consellería de Sanidade do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, á vista dos indicadores sanitarios, dispón a flexibilización das medidas de restrición en tres ámbitos: apertura nas fins de semana de espazos comerciais, apertura progresiva da hostalaría e a restauración e novas medidas no relativo á actividade en instalacións deportivas e piscinas. Así mesmo, establécense tres niveis de restrición nos distintos concellos galegos en función da situación epidemiolóxica. Actualmente os campus de Santiago e Lugo atópanse no mesmo nivel de restrición, é dicir, entre os concellos con menores limitacións. A Instrución III/2021 da Xerencia do 16 de febreiro que modificaba a Instrución da Xerencia do 27 de xaneiro de 2021 no relativo ao período de vixencia, estendía os seus efectos ata o 3 de marzo en consonancia co disposto polas autoridades sanitarias. Á vista da nova Orde, tendo en conta o reinicio da actividade docente presencial a partir do 1 de marzo e a necesidade de adaptar ao contexto da Universidade de Santiago de Compostela as medidas da Orde do 25 de febreiro, esta instrución concreta os aspectos da Orde que afectan á USC. Unha vez reunido o Comité de Xestión COVID-19 da USC, en calidade de Responsable COVID-19 e no uso das competencias atribuídas polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e a Resolución do 20 de xuño de 2018 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios, DISPOÑO Primeira. Ámbito de aplicación Esta instrución será de aplicación a toda a comunidade universitaria. Segunda. Actividade docente de títulos oficiais 1. Desde o 1 de marzo a actividade docente en títulos oficiais desenvolverase de acordo co previsto nos escenarios 1 e 2 das Bases para unha docencia presencial segura de conformidade co acordado por cada centro. 2. A defensa de teses de doutoramento, traballos de fin de grao e traballos fin de mestrado poderá realizarse de xeito presencial desde o 1 de marzo, con observancia das medidas da Guía de actuación fronte á COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9D16-D9CC-4224-8D81 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9D16-D9CC-4224-8D81 1 / 4 Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 2/3 Terceira. Actividades docentes de títulos non oficiais e actividades de formación Desde o 1 de marzo a actividade docente de títulos e cursos non oficiais así como de actividades formativas do persoal poderá ser presencial de acordo co disposto na Guía de actuación fronte á COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial. Cuarta. Apertura de instalacións 1. A biblioteca, o arquivo e os museos e instalacións deportivas da Universidade de Santiago de Compostela abrirán ao público desde o 1 de marzo nos termos establecidos polas autoridades sanitarias e que se concretan na actualización da Guía de actuación fronte á COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial e nos seus protocolos específicos, de ser o caso. 2. As cafeterías e comedores universitarios procederán á súa apertura ao público xeral desde o 26 de febreiro, en horario de 8:00 a 18:00 horas, con estrita observancia da ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e do disposto na Guía de actuación fronte á COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial. Quinta. Organización do traballo 1. Tendo en conta o retorno á actividade docente presencial e a reapertura ao público de instalacións, todo o persoal da Universidade desenvolverá o seu traballo nos termos do escenario anterior á Instrución da Xerencia do 27 de xaneiro, é dicir, de xeito presencial como no inicio do curso 2020-2021. 2. O apartado anterior enténdese sen prexuízo dos supostos de conciliación regulados na Instrución I/2020 conxunta da Xerencia e da Vicerreitoría de Profesorado do 29 de setembro de 2020 pola que se establecen medidas para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e as condicións de entrega e uso das máscaras hixiénicas proporcionadas pola USC e do persoal considerado especialmente sensible de acordo co protocolo establecido na Guía de actuación fronte á COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial. Sexta. Reunións e uso dos espazos de traballo 1. As reunións de traballo poderán realizarse de xeito presencial con observancia das medidas e limitacións dispostas na Guía de actuación fronte á COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial, especialmente no relativo ao aforo dos espazos, ventilación, distancia de seguridade interpersoal e hixiene de mans. 2. O consumo de bebidas e comida en espazos comúns limitarase ao imprescindible e deberá realizarse con estrita observancia das medidas dispostas na Guía de actuación fronte á COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial, especialmente no relativo ao uso da máscara facial. En todo caso, recoméndase o consumo ao aire libre. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9D16-D9CC-4224-8D81 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9D16-D9CC-4224-8D81 2 / 4 Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 3/3 Disposición derrogatoria única. Quedan derrogadas as Instrucións da Xerencia II/2021 do 27 de xaneiro de 2021 e III/2021 do 16 de febreiro. Disposición final. Vixencia Esta instrución será de aplicación desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela O xerente Antonio Javier Ferreira Fernández Xerente e Responsable COVID-19 da Universidade de Santiago de Compostela Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9D16-D9CC-4224-8D81 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9D16-D9CC-4224-8D81 3 / 4 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26/02/2021 09:52:07. CSV: 9D16-D9CC-4224-8D81 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9D16-D9CC-4224-8D81 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9D16-D9CC-4224-8D81 4 / 4