Full text
Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao de Óptica e Optometría Óptica Oftálmica I José Ramón Flores Seijas 7 O focómetro de ocular 9788498 879674 Departamento de Física Aplicada Facultade de Óptica e Optometría
O focómetro de ocular 7 José Ramón Flores Seijas Departamento de Física Aplicada Facultade de Óptica e Optometría
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Dep. Legal: C 46 - 2013 ISBN 978-84-9887-967-4 © Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostea Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital
MATERIA: Óptica Oftálmica I TITULACIÓN: Grao de Óptica e Optometria PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica BLOQUE I. TEORÍA Unidade I. Lentes con simetría de revolución Lentes esféricas, características ópticas e mecánicas Lentes asféricas Compensación de ametropías e efectos secundarios Unidade II. Lentes astigmáticas Tipos de superficies Notacións astigmáticas e transposicións Medida de potencias Superficies atóricas Características mecánicas Unidade III. Prismas oftálmicos e efectos prismáticos Conceptos básicos Composición e descomposición de prismas Efecto prismático por descentraxe Efecto prismático resultante entre os dous ollos Espesuras de lentes prismáticas Efectividade dun prisma Prismas de Fresnel Unidade IV. Aberracións e deseño de lentes Aberracións cromáticas Aberracións xeométricas Deseño académico Deseño industrial Unidade V. Lentes multifocais Lentes bifocais, tipos e características Lentes trifocais Lentes progresivas, descrición e comportamento Unidade VI. Lentes especiais Lentes de altas potencias Anisometropía, problemas e solucións UNIDADE DIDÁCTICA VII . O focómetro de ocular - 3
BLOQUE II. PRÁCTICAS Unidade I. Tipos de lentes Orgánicas e minerais Esféricas e astigmáticas Monofocais e multifocais Unidade II. Descrición do focómetro Partes e mandos externos Ollando pola ocular Unidade III. Medida de lentes monofocais Esféricas Astigmáticas Prismas e efectos prismáticos Unidade IV. Medida de lentes multifocais Lentes bifocais, medidas e adición Lentes progresivas, marcas, medidas e adición 4UNIDADE DIDÁCTICA VII . O focómetro de ocular
ÍNDICE Presentación .................................................................. 7 Os obxectivos ................................................................ 8 1. Xerais da materia ....................................................... 8 2. Específicos da unidade didáctica ...................................... 8 Os principios metodolóxicos .............................................. 9 Avaliación ..................................................................... 10 Os contidos básicos ......................................................... 11 1. Descrición do focómetro manual ...................................... 11 1.1. Bases ópticas ................................................... 11 1.1.1. Lente descentrada ................................... 12 1.1.2. Tipos de sistema de observación ................... 12 1.2. Focómetro de ocular ........................................... 14 1.2.1. Configuración externa ............................... 14 1.2.2. Configuración interna ................................ 16 1.3. Axuste da ocular ................................................ 20 1.3.1. Acomodación ......................................... 22 1.3.2. Hixiene ................................................ 23 2. Medida de lentes monofocais .......................................... 23 Colocación dunha lente solta. ........................ 23 Colocación duns óculos ............................... 23 2.1. Lentes esféricas ................................................ 23 2.2. Lentes astigmáticas ............................................ 27 2.2.1. Lectura da prescrición dunha lente montada ...... 30 2.2.2. Centrado, orientación e marcado ................... 30 2.2.2.1. Partindo da prescrición desexada: A Esf + C Cil xα....................................... 30 2.2.2.2. Sen coñecer previamente as potencias da lente ...................... 33 2.2.3. Erros comúns e casos problemáticos .............. 33 2.3. Prescricións prismáticas ....................................... 36 2.3.1. Orientación e marcado de lentes esféricas con prescrición prismática ............................ 36 2.3.2. Orientación e marcado de lentes astigmáticas con prescrición prismática ............................ 36 3. Medida de lentes multifocais ........................................... 39 3.1. Lentes bifocais .................................................. 39 3.1.1. Lentes bifocais esféricas ............................ 40 3.1.2. Lentes bifocais astigmáticas ........................ 41 Exemplo .................................... 41 3.2. Lentes progresivas ............................................. 42 Prisma de adelgazamento ................ 44 Bibliografía .................................................................... 44 UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 5
PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica corresponde ao estudo do focómetro, instrumento utilizado para a medida das potencias das lentes oftálmicas, que resulta imprescindíbel no lugar de traballo de calquera profesional relacionado co coidado visual: oftalmólogo, optometrista, óptico, ou técnico de óptica. Este estudo consta de dúas partes, diferentes mais relacionadas. Por unha banda estúdanse as bases teóricas do instrumento, nas aulas expositivas; e por outra, nas aulas interactivas e xa no obradoiro, apréndese a utilizar o instrumento: véndose as diferentes operacións que se poden realizar con el, en función dos distintos tipos de lentes. O groso do estudo é a parte práctica, que é por outra banda a que máis utilidade ten para os futuros profesionais. Mais non seria un estudo científico sen esclarecer, mesmo brevemente, os principios teóricos nos que se basea. O estudo teórico non pode ser exhaustivo, pois os alumnos de Óptica Oftálmica I non teñen por que ter estudado previamente a Instrumentación Óptica, que no actual plano de estudo do Grao de Óptica e Optometría se cursa simultaneamente con Óptica Oftálmica I. Mais cos coñecementos que xa teñen de Óptica Xeométrica pode entender sen demasiadas dificultades o funcionamento básico, a nivel óptico, do instrumento estudado. Se ben existen focómetros automatizados de distintos tipos, é raro o obradoiro de óptica que non teña un focómetro manual de ocular. Pois este último é, polo momento, o máis robusto e fiábel dos focómetros, alén de ser o máis económico, aínda que non o máis sinxelo de utilizar. Esta maior dificultade de uso é porén unha avantaxe do punto de vista docente, xa que obriga ao usuario a ser máis consciente dos principios ópticos que hai por detrás de cada operación, o cal axuda a asimilar mellor certos conceptos teóricos de grande importancia na óptica oftálmica. Á dificultade de uso cumpre engadir unha maior dificultade na aprendizaxe debida a non ser posíbel dúas persoas ollaren simultaneamente polo ocular dun mesmo focómetro, de maneira que o que está vendo unha non o ve a outra. Ademais o estado refractivo do observador1influi no que ve ao ollar pola ocular, de xeito que mesmo ollando secuencialmente polo mesmo ocular, sen que o estado xeral do focómetro varíe, alumno e profesor non teñen por que ver o mesmo. Así un pode ver unha imaxe ben focada entanto o outro a ve desfocada. Este problema poderíase contornar contando con boas fotografías do que se ve ao ollar pola ocular do focómetro. Mais non sempre é fácil igualar con unha cámara as capacidades do sistema visual humano. 1Que sexa miope, hipermétrope ou amétrope, que sendo amétrope estexa mellor ou peor corrixido ... UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 7
Colimadora Repousalentes Proxectora Pantalla Test Figura 4: Esquema dun focómetro de proxección dise focómetro de ocular. Mais tamén é posíbel utilizar un sistema de proxección para observar o test, tal e como se mostra na figura 4. Os focómetros de proxección son máis cómodos é fáciles de utilizar que os focómetros de ocular, mas tamén son máis caros e un pouco menos precisos. Nesta unidade didáctica preséntase apenas o modo de utilización do focómetro de ocular. Se ben a maior parte do aquí dito é válido tamén para os focómetros de proxección. 1.2. Focómetro de ocular No mercado existen distintos modelos de focómetros de ocular, cada un coas súas características propias, mais en xeral bastante parecidos entre si. Neste documento vaise describir un en particular, o Magnon LM-3506, moi usado no noso pais. Evidentemente outros aparellos, outros modelos e outras marcas, terán características un tanto diferentes, mais usualmente pouco diferentes. 1.2.1. Configuración externa Na figura 5 pode verse unha fotografía do exterior do aparello, distinguíndose nela as partes que se relacionan a seguir. 1. A ocular, que pode ser axustada ao ollo do observador, rotándoa. 2. O mando das potencias, un par de rodas laterais que ao rodar desprazan o test en relación a lente colimadora. 3. O mando dos ángulos, unha roda na parte central posterior do aparello, e que permite xirar o test, para traballar con lentes astigmáticas. 4. O repousa-lentes, onde se sitúa a lente problema para as medidas. 6Os focómetros Magnon son comercializados mundialmente pola empresa H.Ogino & Co., Ltd, sendo fabricado por empresas como Nidek Co., Ltd ou Takagi Seiko Co., Ltd. No Reino de España o focómetro Magnon LM-350 foi comercializado por diversas empresas, que nalgúns casos apúñanlle os seus propios logos. A dia de hoxe, o modelo LM-350 xa non se fabrica, sendo substituído por o modelo LM-390, con unha óptica similar, mas con unha iluminación mas eficiente a base de leds. 14UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
1 2 3 4 5 6 7 11 8 9 10 Figura 5: Fotografía do Magnon LM-350 UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 15
5. O suxeita-lentes, que permite loxicamente manter a lente ben suxeita durante as medidas. 6. Unha plataforma onde se apoian os óculos, e facultativamente as lentes soltas. 7. A alavanca que permite mover a plataforma anterior. 8. Marcadores, que permiten marcar 3 puntos na superficie da lente. Usualmente eses 3 puntos definen a liña horizontal, sendo o punto central o centro óptico da lente. 9. Alavanca para escoller o filtro, verde ou vermello, usado para minimizar a aberración cromática. 10. Alavanca para fixar ou liberar o corpo do focómetro en relación ao pé, permitindo que o operador coloque o aparello nunha posición cómoda para el. 11. O interruptor. 1.2.2. Configuración interna Na figura 6 representase un esquema detallado do interior do instrumento. Nel pódense recoñecer claramente os elementos dos que falamos anteriormente. — Primeiramente, no inferior da figura, está a lámpada de iluminación .. 1 , seguida dun filtro basculante .. 2 , que pode ser verde ou vermello e serve para minimizar a aberración cromática7. Detrás da lámpada situase unha placa metálica reflectora que axuda na función de iluminación do test. — A continuación ven unha escala graduada circular .. 3 , que rota ao redor do eixo óptico e cuxa misión é a de facer xirar o test sobre o mesmo eixo, de tal forma que se poda orientar nos diferentes meridianos dunha lente problema astigmática. — Segue un cilindro metálico .. 4 , que ten na base anterior un filtro difusor e na posterior o test, vexase a figura 7. O test consiste nunha lámina espellada, sendo a superficie reflectante a anterior, con unha figura transparente na zona central, en forma de cruz e con un círculo de puntos, tal e como se ve na figura 8. O cilindro desprazase, por un sistema de cremalleira, ao rotar o mando das potencias. — Logo ven o sistema colimador .. 5 , que consta de dous pares acromáticos. — Despois fica o repousa-lentes .. 6 , sobre o que se debe situar a lente problema. Está situado no foco imaxe da lente colimadora, e o ten unha abertura de 7 mm. 7Hoxe en dia resulta cada vez máis usual substituír o conxunto formado pola lámpada incandescente e o filtro por unha lámpada led, que emite nunha única cor, usualmente verde, facendo desnecesário o filtro e con un consumo eléctrico moi inferior. O que permite fabricar focómetros alimentados por unha batería, e portanto que non precisan estar ligados constantemente á rede eléctrica. 16UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Figura 6: Esquema do focómetro Magnon LM-350, adaptado de (Boj, 1993). UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 17
Figura 7: Cilindro no que vai inserido o test Figura 8: Test en forma de cruz 18UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
30 60 180 120 150 0 90 1 2 3 4 Figura 9: Retículo do Magnon LM350 — Finalmente ven o telescopio de observación, que consta: –dunha obxectiva formada por un par acromático .. 7 , –no plano focal imaxe do cal se sitúa o retículo .. 8 , con unha parte fixa e unha móbil, véxase a figura 9. A parte fixa consta dun semicírculo graduado segundo o sistema TABO, e de tres círculos concéntricos que serven para medir potencias prismáticas: 1∆,2∆ e3∆. A parte móbil é unha recta, chamada liña de fe, que rota ao redor do centro do retículo permitindo sinalar a orientación do test na escala graduada, e ademais permite a medida de 2∆máis. Para rotar a liña de fe usase a rosca .. B da figura 10. –E xa para rematar tense a lente ocular .. 9 , formada por un triplete acromático, que se pode desprazar a respecto da obxectiva. Todas as compoñentes do sistema levan revestimentos antirreflexo para aproveitar ao máximo a luz que emite a fonte. Por baixo deste sistema, hai outro diferente que proporciona a lectura en dioptrías: — mediante unha fibra óptica de 5 mm de diámetro .. 10 , trasladase a luz que parte da fonte a — unha escala graduada en dioptrías .. 11 , cuxo movemento é paralelo ao do test; — e utilizando dous prismas rectos, dous pares de lentes e un espello, fórmase unha imaxe desta escala na zona inferior esquerda do retículo, tal como se mostra na figura 6. UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 19
A B Figura 10: Ocular dun focómetro: (A) rosca para axustar a ocular, (B) rosca para rotar a liña de fe Así o observador terá simultaneamente unha visión nítida do test e unha lectura interna da potencia de vértice da lente problema. A luminosidade do instrumento depende da potencia da fonte de iluminación, e dos diámetros das lentes da obxectiva do telescopio de observación, xa que o observador sitúa a súa pupila de entrada na pupila de saída do sistema. No modelo Magnon LM-350 a iluminación na pupila de saída é aproximadamente 2 lux, nivel suficiente para efectuar as medidas con comodidade sen ofuscar o ollo. 1.3. Axuste da ocular A lente ocular do telescopio de observación pode moverse achegándose ou afastándose do plano que contén o retículo, mediante un movemento de rotación que se reflicte nunha escala exterior ―rosca .. A e escala anexa da figura 10―. Isto permite axustar o telescopio para ollos con ametropías esféricas, i.e. miopía e hipermetropía puras. Para o ollo emétrope a situación ideal vese na figura 11a, i.e. a ocular situada á súa distancia focal do plano do retículo, onde ademais se forma a imaxe do test pola lente obxectiva, de maneira que as frontes de onda procedentes tanto retículo como do test sairán planas da ocular, e o ollo sen acomodar verá nitidamente a imaxes superpostas dos ditos test e do retículo. Un observador miope ten que achegar a lente ocular ao retículo, como se ve na figura 11b, de maneira que as frontes de onda procedentes do retículo e da imaxe do test saian da ocular con unha certa diverxencia, como se procederan do punto remoto do ollo, e portanto tras pasar pola córnea e o cristalino converxan na retina. Por último un observador hipermétrope ten que afastar a lente ocular do retículo, véxase a figura 11c, 20UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
foc Retina Ollo Telescopio Retículo Ocular (a) Ollo emétrope foc Retina Retículo Ocular Ponto Remoto Ollo Telescopio (b) Ollo miope foc Ponto Remoto Retina Retículo Ocular Telescopio Ollo (c) Ollo hipermétrope Figura 11: Axuste da ocular de maneira que as frontes de onda procedentes do retículo e da imaxe do test saian da ocular converxendo ao punto remoto do ollo, que se acha tras a retina, permitindo que córnea e cristalino poidan formar as imaxes correspondentes na retina. Portanto, para poder obter medidas correctas é imprescindíbel axustar a ocular do telescopio de observación para o ollo que vai realizar as medidas. Operación que debe realizar cada observador antes de comezar a medir. O axuste da ocular faise sen lente, antes de acender o aparello, procurando a posición da ocular máis afastada da obxectiva, i.e. cara a zona máis positiva da escala da ocular, onde se vexa nitidamente o retículo. En calquera momento pódese comprobar se o focómetro está ben axustado, focando o test sen colocar ningunha lente. Neste caso deberíase ver a imaxe do test centrada no retículo, ambos con nitidez, e a escala de UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 21
1 1 0 30 60 180 120 150 0 90 1 2 3 4 Figura 12: Campo que se observa nun focómetro sen lente, con o retículo e o test focados potencias a cero, tal e como se mostra na figura 12. Se isto non se verificar debe axustarse a ocular. 1.3.1. Acomodación A exactitude das medidas obtidas con un focómetro manual dependen do estado acomodativo do ollo que realiza as medidas, debéndose procurar que o ollo estexa sen acomodar. Para conseguir isto úsanse varias estratexias: 1. Movementos rápidos. Realizar en primeiro lugar un grande desfoque, para posteriormente focar rapidamente cando se atope preto da focaxe exacta do retículo, sen tentar optimizar a visión rotando para atrás e para adiante a ocular. 22UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
2. Movementos lentos. Partindo da posición da escala externa máis positiva ir rotando con moito vagar a ocular até achar un punto no que se vexa nitidamente o retículo. 3. Efectuar as medidas cos dous ollos abertos asegura un estado acomodativo constante. 1.3.2. Hixiene Cando un focómetro é utilizado corriqueiramente por varias persoas, pode converterse nun vector de transmisión de axentes patóxenos oculares. Para evitar isto é conveniente cada usuario limpar a ocular con un líquido desinfectante, antes de comezar unha sesión de traballo. O alcohol é unha boa escolla, pois é barato, desinfecta eficientemente, e fornece unha boa limpeza da superficie externa da ocular. 2. Medida de lentes monofocais Como se viu na sección anterior o primeiro que se debe facer, antes de comezar a sesión de traballo co focómetro, e axustar e limpar a ocular. Colocación dunha lente solta. Se a medida que se quere realizar é de vértice posterior, caso máis habitual, debe situarse a lente apoiando a superficie posterior, a cóncava, no repousa-lentes, e suxeitándoa pola superficie convexa co suxeita-lentes, tal e como se ilustra na figura 13. Se as medidas fosen de vértice anterior apoiaríase a superficie anterior, a convexa, no repousa-lentes, de maneira que o suxeita-lentes apoiaría na superficie posterior. Colocación duns óculos Se estamos a medir as potencias duns óculos, i.e. lentes montadas nunha armazón, a parte superior da fronte debe apoiarse na plataforma, cos dous aros tocando a dita plataforma. Se as medidas a realizar son de vértice posterior, caso máis habitual, as hastes ou variñas dos óculos apuntarán para a parte posterior do focómetro, tal e como se ve na figura 14. 2.1. Lentes esféricas Se inicialmente a escala das potencias está a cero, ao colocar unha lente non nula no focómetro o test verase desfocado, mesmo é posíbel que non se identifique en absoluto. Mais movendo o mando das potencias, 2 na figura UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 23
2.2.1. Lectura da prescrición dunha lente montada 1. Situar os óculos no focómetro de maneira que: (a) A superficie posterior dunha das lentes fique apoiada no repousalentes. (b) Os dous aros da fronte apoien na plataforma. Vexase a figura 14. 2. Rotar o mando das potencias até atopar unha posición na que se vexan ben definidos os segmentos do círculo central, correspondente a un dos planos imaxe. Vexase a figura 20. 3. Rotar o mando dos ángulos até que a cruz do test fique paralela as sección principais da lente, i.e. ir rotando o test até que un dos brazos fique paralelo aos segmentos do círculo central, e se vexa ben definido. 4. Rotar a liña de fe, coa rosca .. B da figura 10, até ficar paralela ao brazo definido. 5. Centrar o brazo definido, movendo os óculos horizontal e verticalmente até colocar a liña central do brazo sobre a liña de fe. Vexase a figura 21a. 6. Rotar o mando das potencias até definir o outro brazo do test. 7. Rotar a liña de fe 90º, e centrar o brazo. Vexase a figura 21b. 8. Apuntar a potencia do brazo curto, A, e do brazo longo, B, e o ángulo que forma o brazo longo, α. A compoñente cilíndrica é: C = B - A . 9. A prescrición será: A Esf + C Cil x α. Na figura 22 pódese ver os campos que se observan ao medir as potencias doutra lente astigmática, esta con unha compoñente cilíndrica maior que a figura 21. 2.2.2. Centrado, orientación e marcado 2.2.2.1. Partindo da prescrición desexada: A Esf + C Cil x α (A e C poden ter tanto signo + como -) 1. Somar a compoñente esférica e a cilíndrica, B = A+C. 2. Rotar o mando dos ángulos até ver o brazo longo do test no ángulo indicado para a compoñente cilíndrica (α). 3. Rotar o mando das potencias até na escala ter a posición correspondente a B. 4. Colocar a lente no focómetro e rotala até ver ben definido o brazo longo. É posíbel que primeiro apareza ben definido o brazo curto, mas non debemos ficarmos por aquí, senón seguir a rotar o mando dos ángulos até vermos ben definido o brazo longo. Comprobar que as puntas están perfectamente aliñadas e que os segmentos do círculo central son paralelas ao brazo. 5. Rotar a liña de fe até que marque o ángulo α. Mover a lente até colocar a liña central do brazo longo sobre a liña de fe. 30UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
1 2 0 30 60 180 120 150 0 90 1 2 3 4 (a) Brazo longo ben definido 0 1 2 1 30 60 180 120 150 0 90 1 2 3 4 (b) Brazo curto ben definido Figura 21: Campos correspondentes a unha lente astigmática ben centrada de potencias: -0’50 Esf -0’50 Cil x 20 UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 31
(a) Brazo longo ben definido (b) Brazo curto ben definido Figura 22: Campos correspondentes a unha lente astigmática ben centrada de potencias -1’00 Esf +2’50 Cil x 60 32UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
6. Rotar o mando das potencias para focar o brazo curto, rotar a liña de fe 90º e mover a lente até colocar a liña central do brazo curto sobre a liña de fe. 7. Repetir os pasos 5 e 6 as veces precisas para deixar a lente perfectamente centrada e orientada. Comprobar que os brazos están ben definidos, i.e. que as puntas e os segmentos fican paralelos ao brazo. 8. Marcar. 2.2.2.2. Sen coñecer previamente as potencias da lente Fórmula de cilindro positivo, co eixo ao ángulo α 1. Rotar o mando dos ángulos até ver o brazo longo do test no ángulo indicado para a compoñente cilíndrica (α). 2. Colocar a lente no focómetro. Rotar o mando das potencias até atopar as dúas potencias principais, i.e. as dúas posicións nas que observan ben definidos os segmentos do círculo central. 3. Escoller a potencia principal máis positiva (ou menos negativa), e rotar o test (co mando dos ángulos) até ver perfectamente definido o brazo longo. 4. Rotar a liña de fe até que marque o ángulo α. Mover a lente até colocar a liña central do brazo longo sobre a liña de fe. 5. Rotar o mando das potencias para focar o brazo curto, correspondendo a potencia menos positiva (ou máis negativa). Rotar a liña de fe 90º (α±90). Mover a lente até colocar a liña central do brazo curto sobre a liña de fe. 6. Repetir os pasos (4) e (5) as veces precisas para deixar a lente perfectamente centrada e orientada. Comprobar que os brazos están ben definidos, i.e. que as puntas e os segmentos fican paralelos ao brazo. 7. Marcar. Coa fórmula de cilindro negativo procedese dun xeito similar, mas facendo coincidir a potencia máis negativa co brazo longo, e a máis positiva co brazo curto. 2.2.3. Erros comúns e casos problemáticos — Erros relacionados co test. Na figura 23 poden verse dous erros comúns que fan que as medidas non sexan perfectas: 1. o brazo longo non está ben centrado. Para termos unha boa centraxe a liña central do brazo debe superporse á liña de fe, como se ve nas figuras 21 e 22. UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 33
1 2 0 90 30 60 180 120 150 0 1 2 3 4 Figura 23: Brazo case centrado e case definido 2. o brazo longo non está ben definido. Un brazo está ben definido cando: (a) o brazo está perfectamente paralelo cos segmentos do círculo central. (b) os extremos das liñas do brazo non mostran unha punta desviada, ou non teñen punta ou esta está centrada, como se ve nas figuras 21 e 22. — Erros de medida da potencia. A escala de potencias pode despistar, xa que para as potencias positivas incrementase para baixo entanto para potencias negativas incrementase para cima. Non resulta así moi estraño que alguén ao ver a figura 15b interprete que a medida é +4’75 D, cando a medida correcta é +5’25 D. O erro cometido é de 0’50 D, e para evitar cometelo non fai falta máis que prestar-lle un pouco atención á escala. — Axuste da ocular incorrecta. As persoas novas teñen tendencia a acomodar cando ollan ao través da ocular, para ver así máis grande o retículo. Este fenómeno denominase miopización, xa que o ollo se comporta como se fose máis miope do que realmente é8. A acomodación pode falsear as medidas de potencia feitas. 8Un ollo emétrope comportase como un ollo miope, un ollo miope como un ollo aínda máis miope, ... 34UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
1 2 3 Figura 24: Leve movemento do mando dos ángulos procurando o paralelismo do brazo e os segmentos do círculo central. Por claridade na figura só se representa a parte central de dúas das liñas do brazo e dous pares de imaxes lineares, en tres posición distintas, sendo a posición 3 equidistante entre a 1 e a 2 — Compoñentes cilíndricas de 0’25 D. –Non sempre é inmediato diferenciar unha lente astigmática con unha compoñente cilíndrica de 0’25 D (LACC025) dunha lente esférica. As veces ao medir unha LACC025 obtemos unha boa imaxe do test, cos dous brazos do test e un círculo de puntos ben definidos, semellando portanto que estamos ante unha lente esférica. Isto é así porque estamos observando o plano correspondente aos círculos de confusión mínima, que ao ser formados por unha LACC025 son pequenos, case puntos. Para evitar equivocar-nos, antes de decidir se unha lente é ou non esférica cumpre rotar o mando dos ángulos e mover levemente o mando das potencias. Nunha lente esférica non se vai apreciar ningunha diferencia entre os dous brazos, mas nunha LACC025 van aparecer pequenas diferenzas, que nos permitiran averiguar en que planos, i.e. para que potencias, temos as imaxes lineares. –Canto menor é a compoñente cilíndrica dunha lente menor é o tamaño dos segmentos do círculo central. E cando o focómetro é vello, ou está envellecido, resulta usual que as imaxes do círculo central en vez de ser lineares estexan algo curvadas. Co cal non resulta evidente determinar cando un brazo do test é paralelo ás ditas imaxes. Neste caso recomendase facer pequenos movementos co mando dos ángulos, para escoller a posición central, tal e como se ilustra na figura 24. UNIDADE DIDÁCTICA VII . O focómetro de ocular - 35
2.3. Prescricións prismáticas Na maior parte das veces as lentes oftálmicas vanse encaixar nos aros das armazóns procurando que os centros ópticos das mesmas fiquen diante dos centros pupilares na posición primaria de mirada, de maneira que nesa posición os eixos visuais pasen polos centros ópticos. Razón pola cal na maior parte dos casos a hora de marcar unha lente procurase o centro óptico da mesma. Porén algunhas veces desexase que na posición primaria de mirada o eixo visual non pase polo centro óptico, senón por outro punto da lente onde experimente un dado efecto prismático. Este punto coñecese como Punto Principal de Referencia (PPR). O efecto prismático caracterizase por unha potencia, ε∆, medida usualmente en dioptrías prismáticas, e un ángulo β, que dá a orientación da base e se mede en graos. Lembremos que a orientación dun efecto prismático, como a dun prisma, pode variar entre 0oe 360o. 2.3.1. Orientación e marcado de lentes esféricas con prescrición prismática Prescrición: A Esf _ ^ε∆Base a β 1. Rotar a liña de fe até orientala a β(ángulo da base) e identificar o Punto de Referencia Prismático (PRP), i.e. a intersección entre a liña de fe e o círculo correspondente a potencia prismática εda prescrición. A liña corta cada círculo en dous puntos separados 180o, cumprindo escoller o cuadrante correspondente a β. 2. Colocar a lente no focómetro e rotar o mando das potencias até ver ben definido o test. 3. Mover a lente, facendo desprazarse o test até facer coincidir o seu centro (do test) co PRP. 4. Marcar a lente. O punto central será o Punto Principal de Referencia. 2.3.2. Orientación e marcado de lentes astigmáticas con prescrición prismática Prescrición: A Esf + C Cil x α_ ^ε∆Base a β (A e C poden ter tanto signo + como -) 1. Somar a compoñente esférica e a cilíndrica, B = A+C. 2. Rotar o mando dos ángulos até ver o brazo longo do test no ángulo indicado para a compoñente cilíndrica (α). 3. Rotar o mando das potencias até na escala ter a posición correspondente a B. 36UNIDADE DIDÁCTICA VII . O focómetro de ocular
0 1 2 30 60 180 120 150 0 1 2 3 4 90 (a) Brazo longo ben definido e centrado no PRP 1 2 0 1 1 2 3 4 30 60 180 120 150 0 90 (b) Brazo curto ben definido e centrado no PRP Figura 25: Campos correspondentes a unha lente prismática de prescrición: -0’50 Esf -0’75 Cil x 120 con 2∆Base a 50 UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 37
1 2 0 1 1 2 3 4 30 60 180 120 150 0 90 Figura 26: Comprobación da orientación da compoñente cilíndrica para a prescrición da figura 25 4. Rotar a liña de fe até orientala a β(ángulo da base). Identificar o Punto de Referencia Prismático (PRP). 5. Colocar a lente no focómetro e rotala até ver ben definido o brazo longo, procurando centrar o test sobre o PRP. Se ben nas lentes esféricas isto se fai nun único paso, nas lentes astigmática, cumpre imaxinarse o centro do test, i.e. o punto onde se cortarían os dous brazos se fose posíbel foca-los simultaneamente, e sitúalo sobre o PRP. Non hai máis remedio do que centrar cada brazo por separado e alternativamente. Na figura 25 mostrase un exemplo dos campos que se observan para unha lente de prescrición: -0’50 Esf -0’75 Cil x 120 _ ^2∆Base a 50. (a) É normal ter que facer varios movementos antes de conseguir centrar perfectamente a lente. (b) O test debe ficar ben centrado, i.e. as liñas centrais dos brazos deben cruzar o PRP, e os brazos ben orientados. Se non se rota o mando dos ángulos, só temos que comprobar os brazos estaren ben definidos. Cando por algunha razón o mando dos ángulos foi rotado, cumpre usar a liña de fe como referencia, colocando-a no ángulo α, e comprobando que o brazo longo fique paralelo á liña de fe ―ou colocando a liña de fe a α±90 e o brazo curto paralelo a dita liña―. Vexase a figura 26. (c) A liña de fe pode rotarse cantas veces sexa necesario para situar tanto o ángulo do cilindro, α, como o da base β, mais cumpre non confundir ambos ángulos, xa que αeβnon teñen por que coincidir. 6. Marcar. 38UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular
A C.O.D. C.O.S. Porción de lectura Porción de distancia Figura 27: Puntos de medida nunha lente bifocal 3. Medida de lentes multifocais 3.1. Lentes bifocais Unha lente bifocal está dividida en dúas zonas, unha porción de distancia ou de lonxe, coa potencia axeitada para a visión de distancia, e unha porción próxima, de preto ou de lectura, con potencia máis positiva que a anterior e axeitada para a visión próxima (vexase a figura 27). A maior das dúas porcións, usualmente a porción de distancia, recebe o nome de lente principal, encanto a porción menor nomease segmento. A diferenza entre a potencia da porción de lectura e a potencia da porción de distancia recebe o nome de adición, debendo ser sempre9: —esférica, xa que o astigmatismo do ollo non varia en función da distancia obxecto; —positiva, pois do que se trata é de achegar o punto próximo ao ollo, e —igual para ambos ollos, xa que os dous ollos dunha persoa teñen sempre a mesma idade. 9É posíbel, se ben pouco probábel, achar unha lente que por defecto de fabricación teña unha adición astigmática. Tamén é posíbel montar dúas lentes con distinta adición na mesma armazón. UNIDADE DIDÁCTICA VII. O focómetro de ocular - 39
Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao de Óptica e Optometría Óptica Oftálmica I José Ramón Flores Seijas 7 O focómetro de ocular 9788498 879674 Departamento de Física Aplicada Facultade de Óptica e Optometría