scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Diagnose socioeconómica da parroquia de Laraño

Araújo Sabell, Esteban; Cadavid González, Iago Xesús; Oliveira Espinoza, Ana María de

Full text

Diagnose socioeconómica da parroquia de Laraño FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS Y EMPRESARIALES Traballo de Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local Araújo Sabell, Esteban Cadavid González, Iago Xesús De Oliveira Espinoza, Ana María Curso 2017/18 Traballo de Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela Índice: 1. Descrición da parroquia de Laraño ....................................................................................... 1 1.1. Poboación e territorio: .................................................................................................. 1 1.2. Historia e institucións do espazo: ................................................................................. 8 2. Accións para mellorar o espazo .......................................................................................... 14 3. Matriz DAFO ........................................................................................................................ 17 Referencias .................................................................................................................................. 18 1 1. Descrición da parroquia de Laraño 1.1. Poboación e territorio: Para entender o territorio de Laraño e a súa poboación, é apropiado comparar estes elementos cos de Santiago (concello). Deste modo debemos destacar que o concello de Santiago de Compostela está composto por Santiago Distrito Central (Santiago D.C.), que está dividido en numerosos barrios, cada un dos cales se corresponden cunha parroquia (por exemplo, barrio de O Ensanche - parroquia de San Fernando), e as parroquias que rodean a ese núcleo urbano (estamos a falar de 27 parroquias, 21 de carácter rural). Resulta interesante destacar que o Nomenclátor do IGE non inclúe no concepto de parroquias a aquelas de Santiago D.C., é dicir, a aquelas asociadas a barrios do núcleo urbano. Soamente interpreta como parroquias (ás que tamén chama entidades colectivas) ás 27 antes mencionadas, isto é, ás que non están dentro de Santiago D.C. Deste modo o concello de Santiago conta no ano 2017 (facendo uso do padrón do Nomenclátor do IGE) con 96.456 persoas, das cales 80.326 pertencen a Santiago D.C. (a cidade propiamente dita) e as 16.130 restantes ás 27 parroquias que rodean o núcleo urbano. Estamos a falar de que, aproximadamente (porque ás veces estar empadroado non é o mesmo que residir ou situarse realmente nun lugar), un 25% (porcentaxe importante) da poboación do concello se sitúa nestas parroquias. Tabla 1 Poboación das parroquias de Santiago de Compostela (excluíndo as do núcleo urbano) por orde de maior a menor VILLESTRO (SANTA MARÍA) 2.080 SAN PAIO (SANTIAGO) 306 ARÍNS (SAN MARTIÑO) 1.390 VERDÍA (SANTA MARIÑA) 303 LARAÑO (SAN MARTIÑO) 1.245 FECHA (SAN XOÁN) 274 MARROZOS (SANTA MARÍA) 1.084 GRIXOA (SANTA MARÍA) 265 O EIXO (SAN CRISTOVO) 1.006 BUSTO (SAN PEDRO) 228 FIGUEIRAS (SANTA MARÍA) 991 NEMENZO (SANTA CRISTINA) 217 SABUGUEIRA (SAN PAIO) 980 VISTA ALEGRE (SAN XOÁN) 207 BANDO (SANTA EULALIA) 942 SAN LÁZARO (SANTIAGO) 203 SAN CAETANO (SANTIAGO) 928 O CARBALLAL (SAN XULIÁN) 192 A ENFESTA (SAN CRISTOVO) 704 CESAR (SANTA MARÍA) 143 A PEREGRINA (SANTA MARÍA) 557 SANTA CRISTINA DE FECHA (SANTA CRISTINA) 139 O CASTIÑEIRIÑO (NOSA SEÑORA DE FÁTIMA) 519 VIDÁN (DIVINO SALVADOR) 30 CONXO (SANTA MARÍA) 488 Total 16.130 MARANTES (SAN VICENTE) 386 A BARCIELA (SANTO ANDRÉ) 323 Fonte: Elaboración propia a partir do IGE A poboación de cada unha destas 27 parroquias varía considerablemente (tal como se pode observar na táboa superior), dende as 30 persoas empadroadas en Vidán (Divino Salvador) ate as 2.080 empadroadas en Villestro (Santa María). Laraño resulta ser a terceira parroquia máis poboada (recordemos que non estamos a falar das parroquias dos barrios de Santiago D.C.), cunha cifra de 1.245 persoas empadroadas en 2017, o que significa un aumento de case un 7% 2 con respecto á cifra de 2011, de 1.165, incremento importante para tratarse dunha parroquia do rural e dun período de pouco máis dun lustro. De feito, resulta interesante analizar por etapas a evolución demográfica de Laraño, en parte porque unha gran cantidade dos novos residentes viven en chalés de nova construción, e é ben sabido que esta actividade de construción estivo moi ligada á evolución económica, e en parte polo histórico retorno ao campo como refuxo nas fases de crise económica (nótese que son dous fenómenos contrapostos a efectos de poboación residente). Ademais, tamén nos interesa describir a evolución por etapas para non quedarnos unicamente coa situación inicial e final. Temos entón o seguinte: 1999-2007: Estamos na fase de expansión económica*. No 1999 a poboación de Laraño era de 1.069 persoas, mentres que en 2007 había 1.136 empadroados, o que significou un aumento de máis do 6% en taxa de variación media. *: Sendo estrictos habería que remontarse a 1995 para recoller toda fase de expansión económica, pero o nomenclátor do IGE nos ofrece datos desde 1999. 2007-2014: Trátase da crise económica. No 2014 había 1.180 empadroados, o que significou un aumento de case o 4% con respecto ao 2007. É dicir, na fase de crise a poboación de Laraño tamén aumentou. 2014-17: Na recuperación económica os residentes de Laraño alcanzan a cifra de 1.245 no 2017, como xa vimos antes, o que signficou un aumento do 5,5% con respecto a 2014. Tamén podemos ver que sucede comparando algunha desas datas con 2017 directamente: 1999-2017: En case dúas décadas (18 anos para ser exactos) a poboación aumentou nunha taxa de variación media do 16,5%, o que en volume significou un aumento de 176 persoas. 2007-2017: Se comparamos desde 2007, a cifra dicíamos que era de 1.136 persoas, o que significou un aumento de case o 10% nunha década, para así alcanzar os 1.245 no 2017 (aumento de 109 persoas). Por último, observando a seguinte gráfica: Ilustración 1 Evolución demográfica - Laraño Fonte: Elaboración propia a partir do Nomenclátor do IGE Podemos destacar que a poboación de Laraño aumentou principalmente entre os anos 200104, 2007-09 e 2015-17, mentres que no resto de anos observouse un estancamento ou incluso 3 un descenso. Pero recordemos que o resultado global dos últimos 18 anos foi un claro aumento da poboación de máis dun 16%. Resumindo esa evolución demográfica que vimos de comentar, se observa en Laraño unha tendencia crecente na súa poboación desde o ano 1999. Ademais desta evolución positiva da poboación que presentou Laraño nos últimos anos e de ser a terceira parroquia máis poboada (das que rodean ao núcleo urbano), tamén resulta interesante destacar o seguinte, para o ano 2017: as dúas parroquias que presentan máis poboación que Laraño, a saber, Villestro (como xa dixemos antes, a máis poboada, con 2.080 empadroados) e Aríns (a segunda máis poboada, con 1.390), presentan respectivamente un subgrao de urbanización, segundo o IGE, intermedio tirando a baixo (ZIP BAIXA) e baixo tirando a intermedio (ZPP ALTA), mentres que Laraño presenta un nivel intermedio tirando a alto (ZIP ALTA), isto é, un nivel xusto por debaixo do máximo, o cal se presenta no núcleo urbano de Santiago (Santiago D.C.) ou nas parroquias de Vista Alegre, San Caetano e San Lázaro (parroquias non rurais). O que vimos de comentar no parágrafo anterior pode observarse na imaxe que está baixo estas liñas, procedente do IGE, á cal lle adxuntamos un mapa do concello, para maior claridade. Nas dúas imaxes hai algunhas parroquias que non son do Concello de Santiago, pero tamén están todas as deste concello. En todo caso, a primeira imaxe amosa que das catro parroquias con máis poboación do concello (excluíndo as do núcleo urbano), a saber, Villestro (2.080), Aríns (1.390), Laraño (1.245) e Marrozos (1.084), Laraño é a única que presenta un subgrao de urbanización tan alto (ZIP alta). En suma, as parroquias situadas ao norte do concello presentan un grao de urbanización e suburbanización que so corresponde co menor nivel establecido. Ilustración 2 Parroquias clasificadas por densidade poboacional (e outros factores) Fonte: IGE 4 Ilustración 3 Mapa adxunto do concello de Santiago Fonte: Imaxe suministrada por María Pose (engargada dos centros socioculturais das parroquias do rural do Concello de Santiago de Compostela) Para entender a importancia e o significado do que acabamos de dicir debemos indicar brevemente como funciona a metodoloxía actual que o IGE adopta do Eurostat para facer esa clasificación por graos de urbanización e suburbanización. Os graos establécense en base a criterios de contigüidade xeográfica, limiares mínimos de poboación e densidade de poboación; na práctica a clasificación básase na seguinte pregunta: vive máis da metade da poboación dunha parroquia nun conglomerado de máis de x habitantes por km cadrado? Finalmente, estes criterios aplícanse a unha cuadrícula de celas de poboación de 1 km cadrado, agrupando ás mencionadas celas mediantes os mencionados criterios. Nas referencias deixamos o documento do IGE que explica (quizais sen profundizar o suficiente) a metodoloxía empregada nesta clasificación. Para que se entenda aínda mellor, podemos ter en conta a interpretación resumida que o Faro de Vigo fai (nunha noticia citada tamén nas referencias deste traballo) sobre esa metodoloxía no que se refire aos graos de urbanización, que ven sendo a seguinte: - Zonas densamente poboadas (ZDP): Correspóndense basicamente con cidades. - Zonas intermedias (ZIP): Soen ser vilas e os seus arredores. - Zonas pouco poboadas (ZPP): asócianse principalmente coas áreas rurais. Ao mesmo tempo, novamente facendo uso da interpretación do Faro de Vigo, Laraño, por ser ZIP alta, está na categoría (ou subcategoría, mellor dito) inmediatamente inferior á que é propia das cidades, o que significa que máis da metade da poboación vive en conglomerados supraurbanos, é dicir, con máis de 500 habitantes por km cadrado. Podemos entón concluír (sendo quizais algo laxos) que Laraño ten moita poboación e moita densidade de poboación en comparación co seu entorno (co resto de parroquias que circundan a Santiago D.C., sobre todo centrándonos nas 21 rurais). Dito doutro modo, Laraño destaca entre 5 as 27 parroquias que circundan o núcleo urbano por combinar un alto volume de poboación e un elevado grado (e subgrao) de urbanización. Se a isto lle sumamos a xa mencionada importancia desde o punto de vista demográfico desas 27 parroquias que rodean o núcleo urbano no seu conxunto sobre a poboación total do concello (conteñen case o 30% da poboación do concello), entón podemos dar conta da relevancia demógrafica que ten en particular Laraño sobre dito concello (isto ten unha relevancia fundamental para a supervivencia de Laraño, tendo en conta o seu carácter eminentemente residencial ao que despois volveremos a facer referencia). Outro trazo demográfico que soe ser interesante analizar é a distribución por sexo da poboación. Pois ben, neste sentido debemos destacar que dende 1999 ata 2017 mantívose un predominio feminino sen grandes cambios: dun diferencial de 71 (570 – 499) persoas a favor das mulleres no 99, a un diferencial algo menor de 67 persoas novamente a favor das mulleres no 2017 (656589). Para ponderar a importancia dese diferencial que aínda subsiste, é útli dividilo entre a poboación total de 2017, obtendo así que esas 67 mulleres representan un nada despreciable 5,4% da poboación de Laraño. Este predominio do sexo feminino non debería sorprender, posto que adoita ser algo habitual na maioría das sociedades (sexan estas grandes, pequenas, ricas ou pobres), incluída a galega. Por outro lado, debemos recordar algo moi básico: a comunidade autónoma galega está dividida en catro provincias, cada unha das cales está dividida en comarcas, estas á súa vez en concellos, estes en parroquias, e estas finalmente en lugares (aldeas). Pois ben, a parroquia de Laraño, que como sabemos pertence ao concello de Santiago de Compostela (que á súa vez pertence a comarca homónima), está dividida en 14 lugares: A Amañecida, A Barcia, O Casal, Coira, A Igrexa, Lamas, Larañiño, Munín, Pardes (ou Paredes), Reibó, O Rial, Santomil, As Casas do Monte e Pardiñas (que a súa vez se divide en Pardiñas de Arriba e Pardiñas de Abaixo). De destacar algún lugar, sen dúbida quedaríamos co Casal (por razóns que máis adiante comentaremos), onde está situada a antiga estación de tren (por cuxas vías aínda pasa o tren). Tabla 2 Lugares de Laraño Fonte: Instituto Xeográfico Nacional 6 Ordenando -dunha forma dificilmente precisa e algo arbitraria, a falta de simetría na distribución dos lugareseses lugares por posición xeográfica:  Oeste: A subdivisión de Pardiñas Pardiñas de Arriba, As Casas do Monte e Reibó (estes dous últimos algo máis metidos cara o centro).  Norte: Lamas, Munín, e A Barcia (procedendo de oeste a leste).  Centro: O Rial, Pardes, Larañiño (que é o centro ``puro´´) e A Igrexa (nunha sorte de diagonal de noroeste a sudeste).  Leste: A Amañecida, Santomil e O Casal (de norte a sur).  Sur: A subdivisión de Pardiñas Pardiñas de Abaixo e Coira (de oeste a leste). (*) Con respecto ás fronteiras da parroquia, cabe destacar os seguintes límites:  Pola parte occidental limita con Villestro, máis en concreto, coa aldea de Roxos.  Polo norte limita con tres parroquias:  Con Villestro: Pola parte noroccidental, con Piñeiro e Pedrido, e polo norte, co Carballal.  Con Figueiras: Pola parte nororiental, con Moas de Arriba e con Moas de Abaixo.  Con San Paio: Tamén pola parte nororiental, con Sarela de Abaixo (lugar que alcanza case os 270 metros sobre o nivel do mar; recordemos o que dixemos antes dous outeiros que rodean Laraño).  Polo leste limita con outras dúas parroquias:  Con Vidán: coas aldeas de Vidán (que é un lugar de Vidán-parroquia), O Chouciño, A Rocha Nova (onde está o castelo de Rocha Forte e por onde pasa a vía do tren, que servía de ``paso peatonal´´ para os parroquiáns de Laraño que iban historicamente a pé a Santiago, como logo veremos no seguinte apartado) e A Ponte Vella (procedendo de norte a sur).  Con Conxo: pola parte suroriental, con O Porto.  Mentres que os anteriores lugares e parroquias fronteirizas son do concello de Santiago de Compostela, polo sur Laraño limita co concello de Ames: coa parroquia de Biduído, máis en concreto, con Costoia, Framil, Muñina e Coira (¡si, con Coira! Porque Coira pertence tanto a Laraño como a Biduído, repartíndose entre uns 30 habitantes cada parroquia). En canto ao relevo da parroquia (que tamén se pode observar no Instituto Xeográfico Nacional, a maior parte desta (tanto en termos de superficie como en número de lugares) sitúase entre outeiros, nun terreo relativamente chá, a uns 150 metros sobre o nivel do mar (o que contrasta co casco histórico da cidade de Santiago, a uns 260 metros, ou con Meixonfrío, ás aforas do núcleo urbano, que alcanza os 350 metros) , mentres que nos arredores encontramos un terreo máis elevado, sobre todo no norte, no Vilariño, onde hai alturas superiores aos 230 metros, e no sur, onde encontramos alturas superiores aos 200 metros, coma nos Carballos, preto da estación de Casal, ao suroeste da parroquia, onde se alcanza un pico de 206 metros, ou en Rocha Nova (Vidán), ao sudeste de Laraño, onde tamén se chega a superar os 200 metros; de feito, Os Carballos ailla parcialmente a Pardiñas do resto da parroquia, sobre todo de O Casal (a pesar de que hai unha pista, que pola súa estreitez ha de ser antiga, que conecta Pardiñas con Reibó). Desta breve análise do relevo debemos destacar que seguramente esta especie de val favorecía o traballo no campo (actividade que a mediados do século XX e incluso nos anos 70 tiña un grande peso na produción e na concentración de man de obra tanto na parroquia coma no conxunto de Galicia). A este favorable relevo habería que sumarlle o clima oceánico húmido con 7 precipitacións abundantes ao longo do ano propio non só da parroquia de Laraño, senón da maior parte do concello de Santiago, que tamén xoga a favor da fertilidade da terra. Por outra parte, as comunicacións entre aldeas foron historicamente pistas de terra estreitas, algo que se pode observar hoxe en día. Porén, na actualide a maior parte desas pistas foron adecuadamente asfaltadas (pero non ampliadas, isto é, seguen sendo demasiado estreitas para unha circulación en dobre sentido) e mantéñense en bo estado por parte do concello. A isto hai que añadirlle a liña de bus xestionada pola empresa Tralusa que, segundo o horario oficial presentado na páxina web tussa.org, pasa cunha frecuencia media de case dúas horas en cada sentido (pero para valorar a regularidade habería que ter en conta tamén a vontade e dispoñibilidade da xente de Laraño para coller o bus). Tamén é de destacar que pola zona norte da parroquia pasa o río Sar; máis especificamente, pasa polo sur de Lamas, Munín e Barcia (procedendo de oeste a leste), e pasa polo norte de As Casas do Monte, O Rial, Pardes, Larañiño e a A Amañecida. Ademais por Munín e Barcia pasan, respectivamente, o Rego de Porto Marelo e o Rego de Fontecova (este último conecta co Rego de Figueiras); e por Pardiñas pasa o Rego de Paramuíño (Paramuíño, aldea da parroquia de Biduído, xa no concello de Ames, é o lugar que da nome ao regato, posto que este remata nesa aldea). A importancia das aguas mudou parcialmente desde mediados do século XX ate a actualidade. Históricamente estas aguas non só se empregaban para lavar a roupa (ou o propio corpo) ou para beber dela, darlla de beber aos animais e regar os campos, senón que tamén era un elemento indispensable para o funcionamento dos numerososo muíños que houbo en Laraño. Algúns de carácter privado e outros de carácter público, os molinos situábanse (evidentemente) por onde as augas discorrían (tanto as do Sar coma as dos regatos). Así, A Amañecida, Lamas, Pardiñas dispoñían cada un do seu molino (de feito, no caso deste último lugar o molino restaurouse fai pouco e incluso foi usado recentemente, segundo algunha testemuña do lugar), mentres que en Pardes e preto do actual hotel Quinta da Auga tamén había varios. No caso de Pardes houbo tres molinos que estaban onde actualmente se sitúa o abandoado asador, fronte á escola de hostelería (logo volveremos novamente sobre isto último, xa que garde relación con outro apartado do traballo); ademais Hipólito, que reside en Barcia preto do asador, tamén é propietario dun molino. Con respecto aos molinos situados preto do hotel, cabe destacar que tiveron usos alternativos, como na fábrica de papel da que despois falaremos. En todo caso, segundo algúns dos entrevistados, algúns molinos aínda están en pé. Isto ata certo punto pode ser interesante, se temos en conta que asociacións como a ACEM (Asociación para a Conservación e Estudo dos Molinos) que están interesadas en poñer en valor e incluso uso estas máquinas. Pero como dixemos antes, todo esto mudou parcialmente. Os molinos foron perdendo o seu uso e a desaparición ou abandono continuado dos campos de cultivo (ou o traballo dalgunhas terras por parte dunha cooperativa, a cal emprega métodos ``industriais´´ na súa labor) fai que a utilidade das augas como regadío tamén fose desaparecendo. Porén, a función de hixiene persoal segue (ou debería seguir sendo) unha utilidade esencial das augas que discorren pola parroquia, xa non dunha forma tradicional (coma a relación entre manantiais e lavadeiros), senón moderna: pénsese na auga que circula polas nosas vivendas, que emana da rede pública de abastecemento. Pero é ben sabido o crónico problema da depuración das augas do río Sar no Concello Santiago, que non só impide que estas augas sexan reutilizadas, senón que tamén prexudica a calidade 14 Sendo positivos, este carácter eminentemente residencial da parroquia de Laraño é necesario para a cidade, que precisa dun volume de man de obra que non ten sitio na xa ``apretada´´ cidade (posto que xa se aproveitou canto puido a burbulla inmobiliaria no núcleo urbano de Santiago e moitos dos pisos xa son ocupados por estudantes ou, por suposto, por traballadores). Así, a parroquia de Laraño xoga un papel importante na desconxestión demográfica da cidade, ao mesmo tempo que fornece a esta de man de obra cualificada (isto último se desprende do feito de que se trata de xente de clase media-alta que non traballa en Laraño, como xa comentamos antes). Porén, se os residentes de Laraño non fan, na medida do posible, uso do transporte público (bus Ortoño-Santiago, ou incluso o propio bus que pasa por Barcia procedente de Bertamiráns), a positiva desconxestión residencial se corresponde cunha negativa conxestión de tráfico (posible excesivo emprego de transporte privado). Para comprender a importancia do carácter residencial de Laraño recomendamos revisar os datos de poboación e densidade de poboación que demos ao comezo deste texto. 2. Accións para mellorar o espazo A estratexia de desenvolvevemento urbán sustentable e integrado consiste en facer o lugar máis accesible, inclusivo e máis patrimonial, apostando por un modelo de crecemento máis intelixente e innovador, no que o pobo sexa o protagonista. Os vecinos son os que mellor coñecen as principais carencias actuáis e os retos do futuro. Tratase dun proxecto trasversal que se centra no pobo e nos vecinos que alí viven, ademáis da importancia á participación para procurar os problemas diarios da xente. Obxetivos temáticos seleccionados do FEDER:  Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación.  Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores.  Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.  Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza. O proxecto trata de fomentar a movilidade sostible, mellorando os servizos á cidadanía, comprometerse co medio ambiente priorizando esquemas de mobilidade peonil e ciclista. Denunciar o excesivo uso do vehículo privado, esixindo una movilidade respetuosa co medio como o transporte público, peanil e en bicicleta. A estratexia pretende vincular a sostenibilidade social e ambiental, coidando a dimensión material e mellorando a calidade de vida. Trata de promocionar e recuperar patrimonio natural, histórico, cultural e os recursos arquitectónicos que falan de Laraño e da sua historia. Un patrimonio que poida complementar o patrimonio cultural e relixioso que ten a cidade de Santiago de Compostela. Propón fomentar a eficiencia enerxética e o uso de enerxías renovables e apostar polas TICs, para mellorar a calidade de vida da seu pobo e a sua relación coa administración. A estratexia centrase nos ámbitos comercial, de inclusión social, creación de emprego, patrimonio e eficiencia enerxética. Un dos obxetivos é evitar que desaparezca o ámbito rural, importante para conservar manifestacións culturais propias, tradicións, festas populares, etc. ; e dende o punto de vista ecolóxico. A agricultura ecolóxica é un sector en auxe no que a demanda crece e estase 15 producindo un forte impacto no terreo das exportacións. Entre os plans do goberno galego está modernizar o “agro” dándolle máis peso a ecoloxía. Reforzará axudas para modernizalo, priorizar proxectos liderados por mulleres e incrementar o peso da agricultura ecolóxica. O negocio do sector ecolóxico creceu un 42% na última década e xera riqueza e emprego. No terreo da innovación, queremos conseguir un área rural intelixente, preparada para o futuro. Apostando pola enerxía renovable, uso da enerxía hidráulica co uso de encoros, paneles solares, ou usando bicicletas rexeneradoras de enerxía eléctrica (ademáis de eficiencia enerxética tamén serviría de ferramenta na inclusión social e fomento do deporte). Sería interesante por en marcha un área tecnolóxica con obradoiros para aprender a usar aparatos tecnolóxicos, poder leer o xornal dixital, facer compras en liña, e facer trámites en liña ( xa que algúns trámites administrativos a papel e presenciais están a desaparecer). Incorporar a era dixital e mellorar ó acceso a internet, facendo que chegue a fibra ata Laraño. Potenciar obradoiros de recursos naturais propios da zona, como os que existían, que eran de estudo dos cogomelos, tan habituais da zona e as veces descoñecidos; ademáis de xardinería e poda. Desenvolver solución intelixentes para as explotacións agrarias, apostar pola valorización de recursos non explotados ou abandoados, e posta en venta de productos en liña. Identificarase cómo impulsar o emprendimiento rural para mellorar o acceso a novos mercados e desenvolver novas formas de empresas rurais, tanto dentro como fora das explotacions agrícolas. Nun traballo temático da “Rural Development”(Smart Village) identificáronse novas tendencias e oportunidades para as empresas do medio rural europeo, en sectores que van dende a biotecnoloxía á economía da experiencia e dende as posibilidades propiciadas polas novas tecnoloxías da información ata os cambios nas demandas dos consumidores. Para aproveitar estas oportunidades necesitanse novas estratexias para as empresas rurais, ideas orixinais e formas modernas e melloradas de apoio ás empresas, que deberán proporcionar un apoio flexible ás empresas rurais individuais e axudar a superar a brecha dixital a fin de mellorar o entorno empresarial nas zonas rurais. Proporcionar un apoio flexible ás empresas significa: Enfoques máis intelixentes que vaian máis alá das intervencions puntuaies e centrense en apoiar o proceso enteiro de desenvolvemento, innovación e aceleración de empresas rurais (por exemplo, mediante un enfoque basado nos aceleradores de empresas rurais). Crear un «ecosistema de apoio» que incorpore múltiples elementos e prácticas como aprendizaxe mutuo, tutorías, formación, asesoramento, etc., que estén accesibles sempre que se necesiten. Garantizar que os emprendedores poidan acceder rápidamente a formas de financiación flexibles e a pequeña escala. Adaptar os modelos de apoio a fin de superar as dificultades prácticas adicionales que poidan surxir no medio rural. Superar a brecha dixital implica: 16 Apoiar o desplegue do acceso a Internet de banda ancha nas zonas rurais europeas, por medio, por exemplo, de enfoques innovadores para a instalación de banda ancha nas comunidades locales. Reforzar as habilidades e capacidades dixitales das poblacions e empresas do medio rural para permitirlles que se beneficien das oportunidades dixitales como, por exemplo, o acceso aos novos mercados. Aprovechar herramientas como los polos digitales rurales, que pueden ofrecer un acceso a Internet rápido y fiable, así como espacios físicos de trabajo y una serie de servicios de apoyo a las empresas y a las comunidades adaptados a las necesidades locales. Aplicación estratégica de las medidas de los programas de desarrollo rural (PDR) Los PDR proporcionan un conjunto de herramientas (medidas) que se pueden utilizar para contribuir a estas modalidades de apoyo a las empresas rurales, en concreto mediante: el refuerzo de las habilidades y las capacidades por medio de las siguientes medidas: transferencia de conocimientos (M1), servicios de asesoramiento (M2), cooperación (M16), LEADER/CLLD (M19) y asistencia técnica (M20), y la prestación de formas flexibles de financiación por medio de las siguientes medidas: desarrollo de explotaciones agrícolas y empresas (M6) y LEADER/CLLD (M19). Para que los enfoques sean realmente efectivos se necesita utilizar de una manera eficiente y complementaria las medidas de los PDR, así como una coordinación más eficaz entre los PDR y otras políticas, iniciativas e instrumentos que pueden influir en el desarrollo rural, como la política de desarrollo regional, la iniciativa Broadband Europe y los distintos instrumentos financieros. Mellorar os servizos ao pobo é outra das prioridades, comprometerse co medio ambiente dando preferencia a cadros de mobilidade peonil e ciclitas para fomentar unha mobilidade sostible e saudable, creando pasos de cebra, espazos habilitados, recuperar o contorno do rio e antigos camiños empedrados, potenciar o deporte como inclusión social coa oferta de obradoiros de taichí ao aire libre, ximnasios ao aire libre, bicicletas estáticas rexeadoras de enerxía. A construcción dunha liña de proximidade favorecería o servizo diario por diferentes motivos, sexa por traballo ou recados diarios, existe un proxecto, cun alto coste económico e social, pero a proposta emplearía a xa existente rede na maior parte do seu trazado. Tan só añadiría un tramo para chegar a Milladoiro. O tramo novo da construcción sería para unir Laraño e Milladoiro. En Laraño recuperaríase a antiga estación dunha zona de vivendas unifamiliares marcada popla vía férrea, que a divide dende hai dúas décadas. Daría servizo a unha gran cantidade de vivendas individuais e permitiría a recuperación da estación vella. Outro obxetivo é impulsar a actividade turística, creando atractivos fóra do ámbito relixioso, que tantos turistas atraen a Santiago de Compostela ó ano, e poder ofrecerlles a eses turistas rutas alternativas relacionada co mundo rural e experiencias gastronómicas e ligadas á natureza. No terreo turístico podemos contar co Hotel Quinta da Auga, o restaurante Filigrana, e casas rurais ofertadas en plataformas virtuais, como Airbnb, Homeaway, Hometogo, Windu.es. Recuperar a importancia patrimonial de Laraño é unha das propostas, para poder vincular turismo e sostenibilidade ambiental, coidar dos recursos arquitectónicos que falan de Laraño e da sua historia, como son a Igrexa Parroquial de San Martiño de Laraño, a Estación do Casal, Dos 17 Casas en Coira, Lavadeiro da Igrexa Parroquial de Laraño, Fonte en Amañecida, Palco de Música en Laraño, Fonte e Lavadero en Santomil… Antigamente os muiños eran de uso diario e abastecemento urbán, a súa propiedade era eclesiástica e os cedían mediante foro, o máis importante é o Muiño do Recoste. 3. Matriz DAFO Algunhas das debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades da parroquia que se presentan resumida e esquematicamente a continuación xa foron expostas anteriormente na análise descritiva do espazo e nas accións propostas para mellorar o espazo (tanto desde o punto de vista territorial como histórico). O motivo desa inclusión nos anteriores apartados é a seguinte consideración dos autores do traballo: os elementos desta DAFO compréndense mellor se se conxugan inmediatamente coa información descritiva correspondente e coas accións propostas. ANÁLISE INTERNO ANÁLISE EXTERNO DEBILIDADES FORTALEZAS AMEAZAS OPORTUNIDADES - Escaso ou nulo tecido industrial - División do terreo agrario en parcelas moi pequenas (minifundios) - Mala comunicación mediante transporte público co núcleo urbano (Santiago) - Lugar pouco atractivo para a xente moza; escasas actividades de ocio, mala conexión a internet… - Recente creación da autovía, que mellorou a comunicación cos arededores - Recursos naturais como o río e os montes - Dous grandes institucións como son a CSHG e o hotel “A Quinta da Auga”, ademais da residencia ASPAS - Peso demográfico importante da parroquia no concello - Alta productividade dos terrenos agrícolas - Éxodo rural, migración hacia os núcleos urbanos - Envellecemento da población -La mayoría de las construcciones realizadas los últimos años son viviendas nuevas, polo que podría convertirse nunha zona únicamente de “dormitorio” para persoas que traballan en núcleos urbanos cercanos Menor implicación cos problemas da zona por parte dos xoves que chegan doutras partes - Aprovechamiento de la vía ferroviaria para mejorar las comunicaciones - Voluntad de los vecinos de vender sus terrenos o cederlos para que sean aprovechados adecuadamente mediante su agrupación - Posibilidad de colaborar con el CSHG o “A Quinta da Auga” en proyectos para la explotación de productos ecológicos o actividades que aporten valor al territorio - Aprovechar la antigua estación de tren de Casal para actividades comerciales o culturales - Posible petroglifo en Pardiñas (posible situación estratégica) 18 Referencias Emma, A., & Luaña, S. (17 de Febrero de 2017). La Voz de Galicia. Obtenido de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/02/17/hallazgopetroglifo-pone-jaque-depuradora-souto/0003_201702S17C1995.htm Ferrás Sexto, C. (Xaneiro de 2007). Obtenido de http://www.ub.edu/geocrit/sn-69-68.htm Instituo Galego de Estadística. (2017). Obtenido de http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?idioma=gl&ruta=opengoogParroquiasGSU.jsp?ano= 2016&cod=8050;8051;8052;8053 Instituto Galego de Estadística. (2016). Obtenido de https://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/clasificacions/urbanizacion/MetodoloxiaGU2016 Concellos.pdf Instituto Galego de Estadística. (2017). Obtenido de https://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002001&c=- 1&ruta=nomenclator/nomenbuscar.jsp Instituto Geográfico Nacional. (2018). Obtenido de http://www.ign.es/iberpix2/visor/