scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Regulamento de organización e funcionamento do Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF) da USC

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA (CPTF) DA USC (CONSELLO DE GOBERNO DO 26 XULLO DE 2006) Art. 1 O Centro O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF), creado pola Xunta de Goberno na súa reunión do 22 de decembro de 1998, ten como finalidades a coordinación e o desenvolvemento dunha variedade de estudios de terceiro ciclo, de posgrao propio e de formación continua que dea resposta a diversas demandas da nosa sociedade, tendo como obxectivo central a calidade da oferta. Art. 2 Estructura Son órganos de Goberno e de Administración do CPTF: - O/A Vicerreitor/a con competencias no CPTF. - O/A Vicerreitor/a Adxunto/a con competencias no CPTF. - O/A Director/a do CPTF. - O Equipo de Goberno do CPTF, integra, xunto aos anteriores, a: - un/unha Subdirector/a de doutoramento, - un/unha Subdirector/a de posgrao , - un/unha Secretario/a académica de doutoramento, que o será da correspondente comisión, - un/unha Secretario/a académica de posgrao, que o será da correspondente comisión. O/A Director/a e os/as Subdirectores/as terán a condición de cargo unipersoal nos termos que establezan os Estatutos da USC. Para mellor orde das sesións do Equipo de Goberno, o/a Secretario/a da Comisión de Doutoramento, o na súa ausencia o/a secretario/a da Comisión de Posgrao Propio, exercerá as funcións de Secretario/a do Equipo de Goberno, encargándose de recoller en acta os acordos. Para o seu funcionamento ordinario, o Centro dótase das seguintes comisións: - A Comisión de Doutoramento. - A Comisión de Posgrao Propio. Art. 3 Goberno do Centro 1. O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua dependerá dun/dunha Vicerreitor/a con competencias sobre o mesmo, sendo asistido polos outros membros do Equipo de Goberno sinalados no artigo 2. 2. O/A Vicerreitor/a preside o Equipo de Goberno do CPTF e as Comisións de Doutoramento e Posgrao Propio, poidendo delegar, cando sexa preciso, as respectivas presidencias no Vicerreitor/a Adxunto/a ou no/a Director/a. 3. É competencia do/a Vicerreitor/a propoñer ao/á Reitor/a o nomeamento e cesamento do/a Director/a , dos/das Subdirectores/as e dos/das Secretarios/as académicos/as. 4. Son funcións do/da Director/a do CPTF, que deberá realizar consonte as directrices do/a Vicerreitor/a, as seguintes: a. A representación do Centro. b. A vixilancia e cumprimento da legalidade en tódalas actuacións do CPTF. c. A dirección da política académica do CPTF. d. A execución dos acordos das Comisións. e. A proposta de Convenios para realización de teses de doutoramento na modalidade de cotutela. f. O exercicio das restantes funcións que se deriven do seu cargo, así coma aquelas outras que se deriven dos Estatutos da USC e da lexislación universitaria. Corresponde ao Equipo de Goberno o exercicio das funcións administrativas de dirección do Centro. Art. 4 A Comisión de Doutoramento 1. A Comisión de Doutoramento estará integrada polo/pola Vicerreitor/a, en calidade de Presidente/a, polo Vicerreitor/a Adxunto/a, polo/pola Director/a por un/unha Subdirector/a de Doutoramento e un/unha Secretario/a académico/a de doutoramento, e dez membros máis. 2. A proposta do Consello de Goberno e por un período de catro anos o/a Reitor/a nomeará 12 membros para a Comisión de doutoramento. Tódolos seus membros serán Catedráticos/as ou Profesores/as Titulares da USC con un sexenio de investigación como mínimo, garantindo a presencia dos campus de Santiago e Lugo e das cinco grandes áreas. 3. O/a Subdirector/a e o/a Secretario/a académico/a serán nomeados polo/a Reitor/a, a proposta do/a Vicerreitor/a, de entre os membros da Comisión propostos polo Consello de Goberno. Cesarán por dimisión ou por decisión do /a Reitor/a, a proposta do/a Vicerreitor/a. 4. A Comisión de Doutoramento terá unha Comisión Permanente integrada polo/a Presidente/a, o/a Vicerreitor/a Adxunto/a, o/a Director/a, o/a Subdirector/a, o/a Secretario/a académico/a e tres membros da Comisión elixidos por esta. A Comisión Permanente resolverá os asuntos de trámite e aqueles asuntos que lle sexan expresamente encomendados pola Comisión de Doutoramento. 5. O/A Secretario/a levantará acta e dará fe dos acordos da Comisión. 6. Son competencias da Comisión de Doutoramento: a. Aproba-los programas de doutoramento. b. Aproba-los tribunais únicos de cada programa de doutoramento. c. Admitir a trámite as teses de doutoramento. d. Designar os tribunais de teses. e. Aprobar, previos os informes preceptivos, a defensa pública das teses de doutoramento, incluído as modalidades de Doutoramento Europeo e cotutela. f. Resolve-las alegacións ás teses de doutoramento. g. Autorizar, a proposta dos Departamentos, os recoñecementos de créditos e validacións dos alumnos de Doutoramento. h. Tratar calquera outro tema a proposta do/a Presidente /a da Comisión no ámbito dos estudios do Terceiro Ciclo. i. As que figuren nos Estatutos, no Regulamento dos estudios de Terceiro Ciclo da USC e no Real Decreto regulador dos estudios do Terceiro Ciclo. Art. 5 A Comisión de Posgrao Propio 1. A Comisión de Posgrao Propio estará integrada polo/a Vicerreitor/a, en calidade de Presidente/a, polo/a Vicerreitor/a Adxunto/a, polo/a Director/a, por un/unha Subdirector/a de Posgrao e un/unha Secretario/a académico/a de posgrao, e dez membros máis. 2. A proposta do Consello de Goberno e por un período de catro anos o/a Reitor/a nomeará 12 membros para a Comisión de posgrao propio. Tódolos seus membros serán Catedráticos/as ou Profesores/as Titulares da USC, garantindo a presencia dos campus de Santiago e Lugo e das cinco grandes áreas. 3. O/A Subdirector/a e o/a Secretario/a académico/a serán nomeados polo/a Reitor/a, a proposta do/a Vicerreitor/a, de entre os membros da Comisión propostos polo Consello de Goberno. Cesarán por dimisión ou por decisión do/a Reitor/a, a proposta do/a Vicerreitor/a. 4. A Comisión de Posgrao Propio terá unha Comisión Permanente integrada polo/a Presidente/a, o/a Vicerreitor/a Adxunto/a, o/a Director/a, o/a Subdirector/a, o/a Secretario/a académico/a e tres membros da Comisión elixidos por esta. A Comisión Permanente resolverá os asuntos de trámite e aqueles asuntos que lle sexan expresamente encomendados pola Comisión de Posgrao Propio. 5. O/a Secretario/a levantará acta e dará fe dos acordos da Comisión. 6. Son Competencias da Comisión de Posgrao Propio: a. Aprobar as propostas de Cursos de Posgrao Propio e Formación Continua. b. Levar a cabo o seguimento dos Cursos de Posgrao Propio e Formación Continua. c. Aproba-las memorias remitidas polos directores dos Cursos de Posgrao Propios. d. Tratar calquera outro tema a proposta do/a Presidente/a da Comisión de Posgrao Propio no ámbito dos estudios de Posgrao Propios e Formación Continua. Art. 6 Réxime de Convocatorias 1. A convocatoria das Comisións corresponde ó/á Presidente/a. 2. A convocatoria deberá remitirse, cunha antelación de 72 horas, a tódolos membros da comisión mediante notificación na que se fará constar a orde do día, o lugar, día e hora da reunión. Esta notificación poderá efectuarse a través do correo electrónico da USC, sempre que os medios materiais o permitan. 3. En caso de urxencia ou prioridade non será necesario atender o prazo de antelación de 72 horas. Os motivos de urxencia ou gravidade serán confirmados por maioría absoluta dos membros da Comisión na sesión correspondente. Art. 7 Das reunións das Comisións Para a válida constitución das Comisións de Doutoramento e de Posgrao será necesaria en primeira convocatoria a maioría absoluta dos seus membros, sendo imprescindible a presencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a. En segunda convocatoria, que se entenderá convocada para media hora máis tarde, constituirase validamente cun cuarto dos seus membros e sempre coa presencia do/a Presidente/a ou persoa en quen delegue e o/a Secretario/a, ou persoa que o substitúa. Art. 8 Adopción de acordos Os acordos adoptaranse por asentimento, por unanimidade ou por maioría dos asistentes. As votacións serán a man alzada ou secretas, cando así se solicite. Non se admitirá delegación de voto nin voto anticipado para a adopción de acordos. Art. 9 Recursos Os acordos adoptados polas Comisións serán executados polo/a Director/a. Contra esas resolucións poderá interpoñerse recurso de alzada ante o /a Reitor/a no prazo de un mes. Art. 10 Reforma do Regulamento A proposta de reforma e adaptación do Regulamento de Réxime Interno do Centro, para a súa aprobación polo Consello de Goberno, corresponderalle ao/á Vicerreitor/a, oído o Equipo de Goberno do Centro. Disposición Adicional Consello de Participación Universitaria do CPTF 1. Créase o Consello de Participación Universitaria do CPTF como órgano consultivo e de participación da comunidade universitaria implicada nos estudios e na xestión administrativa do CPTF. 2. Son funcións do Consello de Participación Universitaria: a) Presentar ao Equipo de Goberno do CPTF opinións e suxestións para o mellor desenvolvemento da oferta formativa que se xestiona dende o CPTF b) Achegar propostas para a mellora da xestión administrativa que se realiza no CPTF. c) Ser informado dos programas e cursos aprobados polas Comisións de Doutoramento e Posgrao Propio. d) Coñecer as liñas xerais de actuación establecidas polo Equipo de Goberno do CPTF. 3. O Consello de Participación Universitaria estará integrado por: - O Equipo de Goberno do CPTF. - Dous estudantes de Terceiro Ciclo. - Dous estudantes de Posgrao Propio. - Un membro do persoal docente e investigador contratado - Un membro do PAS. Os estudantes, o membro do persoal docente e investigador contratado e o membro do PAS serán nomeados polo/a Reitor/a a proposta do Consello de Goberno por un período de dous anos, e manterán a súa condición en tanto continúen con vinculación co CPTF. Disposición Final: O presente Regulamento entrará en vigor o día seguinte da súa aprobación polo Consello de Goberno da USC.