As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo
Abstract
[ES]La Rede Museística Provincial de Lugo está elaborando una página web educativa con el fin de recoger y difundir los proyectos didácticos pasados, presentes y futuros de la institución, de una manera interactiva y digital, teniendo siempre presente que la función educativa de un museo tiene que ser la cuna de su existencia
Full text
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FACULTADE DE HUMANIDADES AS VISITAS VIRTUAIS COMO NOVO MÉTODO DE DIFUSIÓN CULTURAL: O CASO DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO Autor Javier Rego Román Titora Ana Goy Diz Máster Universitario en Servizos Culturais Curso académico 2020-2021
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA MÁSTER UNIVERSITARIO EN SERVIZOS CULTURAIS Curso académico 2020-2021 AS VISITAS VIRTUAIS COMO NOVO MÉTODO DE DIFUSIÓN CULTURAL: O CASO DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO Autor: Titora: Javier Rego Román Ana Goy Diz Ana Eulalia Goy Diz Firmado digitalmente por Ana Eulalia Goy Diz Nombre de reconocimiento (DN): cn=Ana Eulalia Goy Diz, o=Universidad de Santiago de Compostela, ou, [email protected], c=ES Fecha: 2021.07.05 16:23:43 +02'00' Firmado por JAVIER REGO ROMÁN - 33550176F el día 05/07/2021 con un certificado emitido por AC CAMERFIRMA FOR
A Paula e a Victoria, compañeiras de traballo, mais tamén de vida.
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 2 Índice 1. Introdución ________________________________________________________ 3 1.1. A Rede Museística Provincial de Lugo ante o novo paradigma da COVID-19 _____ 4 1.2. Estado da cuestión ___________________________________________________ 5 1.3. Xustificación do tema ________________________________________________ 7 1.4. Obxectivos _________________________________________________________ 8 1.5. Metodoloxía ________________________________________________________ 9 2. Marco teórico: a Rede Museística Provincial de Lugo _____________________ 10 2.1. Introdución á Rede Museística Provincial de Lugo _________________________ 10 O Museo Provincial de Lugo _______________________________________________________ 11 O Museo Provincial do Mar _______________________________________________________ 12 O Pazo de Tor __________________________________________________________________ 13 O Museo Fortaleza San Paio de Narla _______________________________________________ 15 2.2. O modelo de xestión da Rede Museística Provincial de Lugo ________________ 16 2.3. Unha meta: os museos que precisamos _________________________________ 18 2.4. A función educativa do museo ________________________________________ 20 2.5. Unha nova maneira de facer didáctica: a páxina web da Rede Museística Provincial deLugo___________________________________________________________________22 3. Marco práctico: as visitas virtuais ____________________________________ 27 3.1. A visita inmersiva ao Museo Provincial de Lugo: posibilidades prácticas _______ 27 3.2. Aplicación práctica: as “escape rooms” como estratexia didáctica ____________ 33 4. Conclusións _______________________________________________________ 39 5. Bibliografía _______________________________________________________ 41 6. Anexo ___________________________________________________________ 44
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 3 1. Introdución O Traballo Fin de Máster que se presenta ten como obxectivo visibilizar o traballo levado a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo durante a situación de pandemia que acabamos de sufrir. Os catro museos que a compoñen, como axentes sociais e culturais, deron un paso adiante e afrontaron o no novo paradigma, reformulando as súas funcións e, en especial, a función difusora, achegando de xeito virtual os seus contidos e vivencias a todas as persoas, independentemente das capacidades das mesmas. Deste xeito, a Rede Museística Provincial de Lugo deseñou unha páxina web educativa co fin de recoller e difundir os proxectos didácticos pasados, presentes e futuros da institución, dunha maneira interactiva e dixital, tendo sempre presente que a función educativa dun museo ten que ser o berce da súa existencia. Dentro desta nova proposta difusora e didáctica, o Museo Provincial de Lugo, un dos catro museos da Rede Museística, conta cunha novidosa visita virtual que nos mergulla, cunha calidade excepcional, dentro das catro paredes do antigo convento franciscano, apreciando cada detalle do rico patrimonio que custodia no seu interior. Así, este traballo pretende amosar como este museo se atopa preparado para o futuro paradigma cultural, onde a difusión non pode ser un interrogante senón unha obriga e como grazas ás visitas virtuais pódese democratizar a arte co fin último de educar e difundir un patrimonio que ao ser público, pertence a todas as persoas. O binomio patrimonio-difusión debe seguir dando sentido a unha institución que pasará a formar parte de milleiros de fogares grazas á conexión que a virtualidade nos ofrece.
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 4 1.1. A Rede Museística Provincial de Lugo ante o novo paradigma da COVID-19 A declaración do estado de alarma o pasado 13 de marzo de 2020, motivada pola imparable expansión da COVID-19, trouxo consigo a limitación de movementos dos cidadáns así como o peche total daquelas industrias e comercios 1 non considerados de vital importancia. Así, o mundo da cultural viuse afectado na súa totalidade: cines, teatros, bibliotecas, arquivos e museos víronse obrigados a pechar temporalmente debido, en parte, a que a difusión do seu patrimonio carecía de sentido sen un público que o contemplase. Durante o período de peche, os museos esforzáronse en achegar de xeito virtual aquelas actividades que se acostumaban a facer de xeito presencial. Xunto coa rápida dixitalización dos diversos patrimonios e a súa achega á poboación, os museos tamén se centraron e deseñar unha serie de protocolos de apertura que garantisen a máxima seguridade para o futuro público asistente. Deste xeito, e tendo en conta a particularidade de cada un, os museos convertéronse en espazos híbridos de coñecemento e difusión cultural, onde o cóctel perfecto resultou ser unha mestura do presencial co virtual 2 . Neste sentido, a Rede Museística Provincial de Lugo non foi allea á nova situación. A reapertura o 26 de xuño do 2020 dos seus catro museos fíxose baixo un rigoroso control de aceso aos mesmos 3 . Concertación de cita previa, aforo limitado, control de temperatura, xel hidroalcohólico, percorridos de visita preestablecidos ou material de protección para o persoal traballador dos centros, foron algunhas das medidas adoptadas dende a Deputación Provincial de Lugo para asegurar a visita presencial aos catro museos. No eido virtual, procedeuse a unha reactivación das redes sociais “Facebook”, “Instagram” ou “Twitter”, funcionando desde o comezo da pandemia como os primeiros 1 HERNÁNDEZ, M.: “Pedro Sánchez anuncia el estado de alarma para frenar el coronavirus 24 horas antes de aprobarlo”, en El Mundo, 13/03/2020 [en liña]. Dispoñible en: https://www.elmundo.es/espana/2020/03/13/5e6b844e21efa0dd258b45a5.html [Data de consulta: 21/06(2021] 2 “Encuesta: museos, profesionales de los museos y COVID-19”, en Icom.museum [en liña]. Dispoñible en: https://icom.museum/es/covid-19/encuestas-y-datos/survey-museums-and-museum-professionals/ [Data de consulta: 21/06/2021] 3 RAMUDO, J.L.: “Reabren hoy todos los centros de la Rede Museística Provincial de Lugo”, en cope.es, 26/06/2020 [en liña]. Dispoñible en: https://www.cope.es/emisoras/galicia/lugoprovincia/lugo/noticias/reabren-hoy-todos-los-centros-rede-museistica-provincial-lugo-20200626_787577 [Data de consulta: 21/06/2020]
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 5 canais de difusión do rico e variado patrimonio que a Rede Museística contén nos seus catro museos. Ao mesmo tempo, estábase a xestar a creación dunha páxina web co fin de recoller e difundir os proxectos didácticos da institución, dunha maneira interactiva, dixital e educativa e onde as visitas virtuais aos seus diferentes espazos se converterán, como veremos, nun dos seus pratos fortes grazas ás posibilidades didácticas que poden acoller. A dixitalización dos espazos museísticos non se circunscribiu unicamente á Rede Museística, senón que os museos máis recoñecidos a nivel mundial optaron pola mesma estratexia: a difusión do seu patrimonio a través das visitas virtuais aos seus espazos. Así, diversos medios informativos e culturais comezaron a promocionar as diversas visitas virtuais existentes nestes museos co fin de que as persoas, durante o confinamento, puidesen seguir desfrutando das bondades destes espazos sen saír da casa. En resumidas contas, viaxar ao Museo do Hermitage, ao Museo de Historia da Arte de Viena ou a Galería Ufizzi nunca foi tan seguro, sinxelo e, sobre todo, tan barato 4 . 1.2. Estado da cuestión Como vimos, as nefastas consecuencias sociais achegadas pola COVID-19 provocaron unha parálise case que total no eido museístico. Como afrontar o peche temporal? Como achegar os museos ás persoas? Que liñas educativas seguir? Foron múltiples as cuestións xurdidas destas institucións, xa no só a nivel estatal, senón tamén a nivel mundial. Neste sentido, institucións como a UNESCO ou o ICOM (Consejo Internacional de Museos) tiveron que idear unha serie de directrices nas que o apoio científico e museolóxico non existiu debido, claro está, ao novidoso da situación pandémica. Esta carencia de apoio científico propiciou que os medios xornalísticos canalizasen o novo contexto socio-sanitario e como os museos estaban a reaccionar ante ela. Diarios 4 ACOSTA, S. e BATLLE CARDONA, M.: “Los mejores museos del mundo en plan virtual”, en Viajes National Geographic, 18/05/2020, actualizado o 14/10/2020 [en lliña]. Dispoñible en: https://viajes.nationalgeographic.com.es/lifestyle/museos-mundo-visita-virtual_13248/2 [Data de consulta: 23/06/2021]
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 6 como El País, El Mundo ou La Vanguardia, íanse facendo eco das diferentes noticias e medidas adoptadas polo museos para afrontar a insólita situación de peche. Deste xeito, o pasado 26 de decembro o diario El País, na súa edición en liña, facíase eco das medidas adoptadas polo Museo Nacional del Prado para contrarrestar a perda incesante de público presencial. Gracias á estratexia dixital en redes sociais levada a cabo pola pinacoteca, tanto en “Facebook”, “Instagram” e “TikTok”, conseguiron multiplicar o seu público, chegando incluso a xente á que antes, por mor da distancia física, sería imposible 5 . Se ben é certo que esta recuperación de público é un feito incontestable e, en certo sentido, ata saudable, non o é menos o feito de que este novo público non aporta os beneficios económicos que si achegaba o público presencial. Neste sentido, son moitas as voces que propoñen medidas alternativas para salvar economicamente a estas institucións culturais. Se o museo social se está a impoñer na súa forma virtual é necesario obter un rédito diso, pero como? Aínda que é certo que a gratuidade da cultura debería ser un feito incontestable, ou alomenos en parte, parece obvio que ofrecer imaxes e experiencias dun xeito virtual debería reportar, igualmente, un “plus” económico. Deste xeito Pepe Serra, director do Museu Nacional d’Art de Catalunya, afirmaba para elperiodico.com que: “(...) la gratuidad de los contenidos culturales es coyuntural, tiene un objetivo solidario y no debería poner en riesgo los avances en la lucha contra la piratería ni el reconocimieno de la cultura como un bien de primera necesidad. Sin embargo, una vez empiecen a emitirse todos estos relatos personalizados en línea quizá sería el momento de plantearse un Netflix de los museos” 6 Dende logo, o debate está aberto e de seguro que dará pé a novas investigacións, porque se estamos dispostos a pagar cotas mensuais por desfrutar de plataformas de vídeo en demanda, porqué non facer o mesmo con futuras plataformas culturais? 5 MARCOS, A.: “En directo desde el museo: así ha multiplicado el Prado sus seguidores en redes”, en El País, 26/12/2020 [en liña]. Dispoñible en: https://elpais.com/cultura/2020-12-25/en-directo-desde-elmuseo-asi-ha-multiplicado-el-prado-sus-seguidores-en-redes.html [Data de consulta: 28/06/2021] 6 BERNAL, M.: “Los museos, en la encrucijada por el coronavirus”, en el Periódico, 08/05/2020, actualizada o 15/06/2020 [en liña]. Dispoñible en: https://www.elperiodico.com/es/ocio-ycultura/20200508/dificultad-ser-museo-barcelona-tiempos-coronavirus-reprogramacion-reflexion7955443 [Data de consulta: 28/06/2021]
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 13 Co devir dos anos esta escola converterase no xermolo do actual museo, grazas, en parte, á labor de Francisco Moisés Rivera Casás, mestre entre os anos 1934 e 1988 quen, ademais de impartir as ensinanzas obrigatorias, preparaba á rapazada nas diferentes artes mariñeiras. Así, o alumnado comeza a recompilar obxectos ligados ao mar, os cales se expoñerán ao público, entre 1969 e 1988, nos períodos vacacionais. A partires dese ano, e ata o 2004, a xestión do museo mariño correrá a cargo da Asociación de Veciños Cruz da Venta de San Cibrao. A Deputación Provincial de Lugo, que xa apoiara a fundación do museo en 1969, encargarase da completa administración do devandito museo. A importancia ou a relevancia deste senlleiro museo, a maiores das súas riquísimas coleccións que abranguen dende a carpintería de ribeira, os oficios do mar e vida mariña ou a sección estrela, a caza da balea, está na comunidade que lle da sentido. Grazas á conexión coa xente da Mariña, o museo crea identidades e fortalece os lazos afectivos para coa poboación da zona. Ademais, grazas ao proxecto museográfico e museolóxico e a labor encomiable co tecido asociativo, o Museo Provincial do Mar converteuse nun referente en canto a accesibilidade, sendo, ademais, o primeiro museo público de temática mariña de Galicia. O Pazo de Tor O 13 de xullo do ano 2006 o Pazo de Tor (Imaxe 4) abriu as súas portas aos visitantes co fin de amosar, dun xeito real e fidedigno, as singularidades da arquitectura pacega así como a evolución do estilo de vida da fidalguía galega, dende o século XVIII ata o ano 1998, data de falecemento da última moradora do pazo, dona María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga. Precisamente sería ela quen doaría o edifico á Deputación Provincial de Lugo ese mesmo ano, ca única encomenda de preservar a decoración do mesmo tal e como ela o tiña ata o día do seu pasamento. Deste xeito, o ente provincial só acometería unha serie de reformas para a mellora do edificio, sendo mínima a musealización do seu contido por respecto á vontade da última propietaria.
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 14 Imaxe 4. Fotografía aérea do Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos, Lugo Así, neste edificio encadrado no perdurable estilo barroco galego, malia a sobriedade e simetría que denotan certo neoclasicismo estético, existen unha serie de espazos ben diferenciados entre si. Deste xeito, o primeiro andar é unha mostra inigualable do modo de vida daquela sociedade fidalga tan arraigada na Galicia de época moderna. Diferentes salas como as de armas, xogo ou música exemplifican moi ben o poderío desta clase social, na que tamén coñeceremos as súas intimidades grazas ao percorrido polos diversos cuartos persoais presentes neste primeiro andar do Pazo de Tor. Toda familia fidalga tiña á súa disposición un sistema agropecuario que precisaba ser atendido para satisfacer as súas demandas. Para iso este pazo conta cunha serie de alpendres no exterior que recreaban estas tarefas, tales coma cocheiras, galiñeiros, adegas, pombal, etc. Os espazos de lecer tamén estaban moi presentes neste tipo de construcións e, por iso, conta cun fermoso xardín que atendía ás necesidades de socialización deste estamento social, en especial o fermosísimo labirinto de estilo italiano.
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 15 Poder desfrutar dun edificio único, tan característico da arquitectura galega, habitado de xeito ininterrompido durante case 300 anos, é unha experiencia perenne, como tamén o foi a idea de perdurabilidade desta clase social, abocada á desaparición nos albores do século XIX. O Museo Fortaleza San Paio de Narla As célebres revoltas irmandiñas do século XV tiveron incidencia na primitiva Torre de Xiá, berce da actual fortaleza. A súa case total destrución por mor deste conflito, obrigou ao señor Vasco das Seixas a reconstruíla na centuria seguinte. Así, dende o século XVI e ata o XIX, a Fortaleza de San Paio de Narla (Imaxe 5) será testemuña de diferentes modificacións, colaboradoras na súa notable lonxevidade e carga histórica. As súas portas abríronse ao público en 1983 como Museo Etnográfico e da Historia, sendo xestionado pola Deputación Provincial de Lugo, ente que adquirira a fortaleza en 1939. Imaxe 5. Fotografía aérea do Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol, Lugo Máis aló da evidente importancia histórica do edificio, a capela exterior e os tres corpos que o conforman amosan unhas coleccións do máis singular e heteroxéneas. A agricultura e os oficios tradicionais, a adega e os seus elementos, a cociña coa súa tradicional lareira, a colección de armas, a fermosa cheminea renacentista, etc., son unha simple mostra do
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 16 que este museo etnográfico nos pode achegar como exemplo do modo de vida e costumes dos diferentes estamentos sociais. 2.2. O modelo de xestión da Rede Museística Provincial de Lugo “O éxito dun museo non se mide polo número de visitantes, senón polo número de visitantes que aprenderon algo” George Henri Riviére, museólogo. Afastado totalmente daquela noción de museo que semellaba definilo como un simple contedor de obxectos, algo común na etapa anterior á II Guerra Mundial 11 , a Rede Museística Provincial de Lugo leva, dende a súa creación no ano 2006, outorgándolle un maior protagonismo ao ser humano como berce do desenvolvemento social e cultural. Esta idea extráese directamente da chamada nova museoloxía, a cal reafirmaba o papel social do museo, adaptándose ao novo concepto de museos comunitarios. Os principios básicos desta corrente museolóxica, malia que xa foran manifestados sucintamente na Mesa Redonda de Santiago de Chile en 1972 organizada polo ICOM, puxéronse en común na Declaración de Quebec de 1984 onde se afirmaba que: “No mundo contemporáneo, que tende a integrar todas as formas de desenvolvemento, a museoloxía debe ampliar os seus obxectivos (...) para que a súa acción poida incidir mellor no entorno humano e físico. Para conseguir este obxectivo e integrar á poboación na súa acción, a museoloxía recorre cada vez máis ao interdisciplinario (...) e aos novos métodos de xestión capaces de integrar aos usuarios.” 12 Como vemos, a partires da década dos anos 70 os organismos internacionais, como o ICOM ou a UNESCO, comezan a traballar para achegar público e museos co fin de estreitar lazos entre esta institución e a sociedade. É nesta sintonía onde a Rede Museística 11 HERNÁNDEZ, S.: “La evolución de los museos y su adaptación”, en Cultura y desarrollo, nº 8, 2012, pp. 38-44. Dispoñible en: http://www.lacult.unesco.org/docc/evolucion_museos.pdf [Data de consulta: 02/06/2021] 12 “Declaración de Quebec. Principios básicos de una nueva museología. Quebec”, 12/12/1984. Dispoñible en: http://nuevamuseologia.net/wp-content/uploads/2015/12/declaracionquebec.pdf [Data de consulta: 02/06/2021]
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 17 leva desenvolvendo o seu modelo de xestión co gallo de crear un museo de comunidade que traballe dende a sociedade e para sociedade, partindo da súa experiencia e memoria sen esquecer o territorio no que se desenvolve. Deste xeito, malia ser unha institución que depende da Deputación Provincial de Lugo, a Rede Museística posúe unha estrutura de xestión que, malia o paradoxal, se centra na autonomía nas tomas de decisión internas, amparadas polo presuposto asignado dende o ente provincial. Así mesmo, o feito de que o que seu cadro de persoal estea formado por empregados públicos, dótaa dun carácter profesional da que carecen outro tipo de institucións culturais similares, que avogan pola externalización dos servizos e a subcontratación de moitas das súas funcións 13 , en especial aquelas dedicadas á atención do público. Un bo exemplo desta profesionalización atopámolo na creación, no ano 2018, da figura do auxiliar de sala 14 , unha figura clave á hora de interactuar co visitante, posto que a súa función principal é a de exercer como mediador cultural entre público e patrimonio. Por último, este modelo de xestión busca a participación da sociedade co obxectivo de achegar os catro museos da Rede aos cidadáns xa que, como espazos de memoria, precisan do seu aspecto afectivo para darlle un sentido total ao patrimonio que acollen. É por iso que este ente museístico leva quince anos tecendo redes de colaboración con institucións culturais, sociais e educativas, mais tamén co tecido artístico, co fin de acadar aquel museo comunitario do que se falaba na Declaración de Quebec de 1984, co obxectivo primordial de mellorar as condicións de accesibilidade á cultura, tanto físicas, arquitectónica, como intelectuais e así poder salvagardar a transmisión da cultura presente nos catro museos da Rede Museística. 13 CABRERA, J.: “Contra el museo precario”, no diario El País, 05/02/2021. Dispoñible en: https://elpais.com/babelia/2021-02-04/contra-el-museo-precario.html [Data de consulta: 03/02/2021] 14 Pódese consultar a creación da primeira listaxe de auxiliares de sala no BOP nº 148 do venres 29 de xuño de 2018. Enlace: http://www.deputacionlugo.gal//sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/0_18890_1.pdf
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 18 2.3. Unha meta: os museos que precisamos Con motivo da celebración do seu décimo aniversario no ano 2016, a Rede Museística levou a cabo unha serie de medidas encamiñadas a pescudar o camiño que estaba a percorrer como institución pública ao servizo da sociedade e repensar, deste xeito, o modelo museolóxico que levaban implantando dende fai anos. Froito desta reflexión persoal xurdiron novos conceptos de museo que deberían dar resposta xa non só ás demandas de gran parte da sociedade, se non tamén aos cambios sociolóxicos que estaban a acontecer no mundo. Así, para darlle cabida a este novo paradigma, chegouse á conclusión de que os catro espazos da Rede Museística Provincial de Lugo deberían ser museos 15 : o Didácticos, sen perder o espírito do museo-escola, onde non só se fomente a aprendizaxe mediante as coleccións existentes, senón que se teña moi presente a educación social no seu conxunto. o De memoria, como institucións que salvagardan o patrimonio material, os museos deben facer o mesmo co inmaterial posto que tamén son depositarios da memoria e dos recordos ligados aos obxectos que contén. o Adaptados, tanto no apartado físico e arquitectónico coma no intelectual, apostando pola inclusión das diferentes linguaxes que garantan a accesibilidade universal. Neste sentido, a Rede Museística conta co material de sala perfectamente adaptado ás diferentes capacidades, xa sexa información en braille, pictogramas ou lectura fácil. o Sociais, dependentes da sociedade na que se atopan, ca finalidade de establecer un diálogo permanente con ela, establecendo un “feedback” dentrofóra. o Interactivos e dinámicos, posto que os museos non son estáticos, senón que teñen vida e precisan dunha interacción social que garanta a súa utilidade para coa sociedade. o De futuro, con miras a se expandir máis aló das súas fronteiras, pero sempre desde unha perspectiva viva e humana. 15 LAGO GONZÁLEZ, E. (coord.): “A Rede Museística Provincial. Dez anos construíndo comunidade” en Lugo Cultura Dixital. Muralla aberta, nº 1, 2016, pp. 10-25.
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 19 Como acabamos de ver, este corpus teórico bebe directamente das premisas da museoloxía social, baseadas, a grandes trazos, nun achegamento do museo cara a sociedade. En definitiva, dunha apertura social. Estes principios museolóxico tiveron a súa saída práctica grazas á realización dunha serie de proxectos e actividades que puxeron á Rede Museística á vangarda da museoloxía social. Varios exemplos das accións levadas a cabo no seu seo serían as destinadas á creación dunha serie de clubs de amigos cos que relacionarse e intercambiar experiencias, independentemente da súa idade. Así a Rede Museística conta co “Club Pequeamig@s”, composto pola rapazada máis nova, o “Club Ei!”, que aglutina ao público xuvenil, e o “Club Sénior”, o de máis impacto social, sobre todo o que rodea ao Museo Provincial do Mar, en San Cibrao. No eido da igualdade de xénero leváronse a cabo seis edicións do congreso “Xéneros, museos, arte e educación” na que se executaron diversas iniciativas que buscaban a democratización social dos museos como entidades culturais. Co gallo de loitar por facer dos museos espazos cen por cen inclusivos e accesibles, realizouse no ano 2015 un proxecto con persoas con capacidades diferentes chamado “Fotografía a cegas”, na que un grupo de invidentes compartían os resultados de seren, por uns días, fotógrafos 16 . Por último, a Rede Museística participa do diálogo intercultural a través do proxecto “Culturas en diálogo”, onde se pretende integrar e dar voz á comunidade estranxeira. O impacto social destes clubs, tanto no museo como na súa contorna, vén avalado por un traballo educativo previo, sobre todo no seu aspecto informal. Deste xeito, a función educativa dos museos segue a ser un foco de atención para a aprendizaxe e a educación social, entendida coma un medio para o intercambio mutuo de coñecementos que garanta a salvagarda da memoria histórica, social e museística. 16 TERCEIRO, C.: “En Lugo la fotografía se aprecia…a ciegas”, Agencia EFE, 17/06/2015. Dispoñible en: https://www.efe.com/efe/espana/cultura/en-lugo-la-fotografia-se-aprecia-a-ciegas/10005-2642148 [Data de consulta: 03/06/2021]
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 20 2.4. A función educativa do museo Durante decenios os museos abriron as súas portas baixo un sistema cultural autárquico, na que os seus fondos e coleccións, carentes de toda interpretación social ou didáctica, abastecían as necesidades culturais das elites da época. Precisamente esta carencia serviu para illar a estas institucións do resto de clases sociais, as cales observaban aos museos como entes totalmente alleos ao seu mundo e en certo sentido, inalcanzables. Co devir do tempo a sociedade viuse favorecida polas melloras científicas e técnicas que se comezaron a producir ao final do século XIX, máis estes cambios trouxeron emparellados outros de carácter económico que repercutiron directamente na estrutura social presente co asentamento definitivo da chamada clase media. Estas comezaron a demandar o acceso á cultura das elites e, como tal, os museos tiveron que reformular a súa idiosincrasia co fin de acoller ao novo estamento social. Así, trala Segunda Guerra Mundial, os museos comezan a atender os novos requirimentos de socialización, educación e de cultura 17 . Unha evolución que evidenciou a súa lentitude debido ao enquistamento das elites para coa apertura do saber, mais tamén foi unha evolución radical pola súa democratización e accesibilidade, sempre entendida como unha apertura laxa, lonxe dos termos actuais. Esta evolución histórica permitiu o acceso a un mundo totalmente novo, no que a cultura parecía sosterse nunha certa equidade. Sen embargo esta mellora non foi tan efectiva desde o punto de vista da comprensión dos contidos, centrada na simple admiración da obra dende unha perspectiva totalmente fútil, algo que, certamente, se segue a apreciar hoxe en día 18 . Os museos deben intentar mudar este procedemento contemplativo e abrir novos métodos de comunicación co público que os visita. Para levalo a cabo, a didáctica ten que facer bo o seu significado e potenciar os métodos de ensino co fin de facer comprensibles as súas coleccións. Isto non implica que a contemplación sexa un error, na beleza dun obxecto ou na forma de ollalo pode estar a esencia da perspectiva, mais si que se torna necesario dotalo dun contexto co que darlle significado. 17 REIGOSA CARREIRAS, A.: “Educación e comunicación: O papel profesional dos educadores nos museos”, en POSE BLANCO, A.M e RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, X. (Coords): Actividades e recursos educativos dos Museos de Galicia. Toxosoutos, Noia, 2008, pp. 57-68. 18 ARRIAGA, A.: “Desarrollo del rol educativo del museo: narrativas y tendencias educativas”. Dispoñible en: https://core.ac.uk/download/pdf/78050149.pdf [Data de consulta: 09/06/2021]
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 21 Malia esta necesidade, as actividades didácticas dos museos seguen a centrarse na oferta dunha serie de visitas guiadas de diversa índole temática: xerais, por colecciones, exposicións temporais ou mesmo, como veremos, virtuais; así como a preparación dunha serie de programacións didácticas 19 . Todas elas non deixan de ser actividades que semellan estar un tanto desconectadas do sistema educativo e mesmo incluso un tanto desfasadas. A pesares disto, os museos evolucionaron ata converterse na actualidade en importantes centros de comunicación e áreas de vital importancia dentro da aprendizaxe informal, entendéndoa como aquel proceso de adquisición de coñecementos que dura toda a vida e na que, segundo Daniela Lucía Zurita Herdoíza, “las exposiciones de los museos son espacios idóneos para conseguir procesos de aprendizaje informal porque en ellas el aprendizaje es voluntario” 20 . A educación informal pode e debe complementar á educación formal que se imparte na escola ou na universidade xa que o museo, grazas ás súas coleccións, enche os ocos que estas institucións presenten nas súas programacións educativas. Esta praxe educativa moitas veces vese afectada pola latente falta de comunicación entre o museo e a escola. A existencia das visitas guiadas antes comentadas ou dun material pedagóxico que non engarza co currículo escolar existente, evidencia que cada institución semella ir en paralelo, sen cruzarse, xustificando os seus encontros nas necesidades de cubrir certos baleiros oficiais: os museos porque así xustifican a súa labor didáctica e a acollida de público escolar nas súas estatísticas, e os centros educativos porque complementan a súa cota de saídas culturais anuais. Esta situación de paralelismo podería solucionarse se se mellorase a comunicación entre museo e escola. A concertación de entrevistas persoais co profesorado, o seu convite ao espazo museístico co gallo de presentarlles as propostas didácticas, a visita do persoal dos departamentos de didáctica dos museos aos colexios co fin de achegarse á rapazada, en 19 FERNÁNDEZ, M.: “Los museos espacios de cultura, espacios de aprendizaje” en: IBER. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e historia. Nº 36, abril-mayo-junio 2003, pp. 55-61 20 ZURITA HERDOÍZA, D.L.: “La función educativa del museo: prácticas de la educación artística”, Mestrado em Museologia e Museografia, Lisboa, Universiudade de Lisboa, 2015. Dispoñible en: https://repositorio.ul.pt/bitstream/10451/22657/2/ULFBA_TES_874.pdf [Data de consulta: 09/06/2021]
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 22 definitiva, fomentar un coñecemento e achegamento mutuo, pode elevar a función educativa do museo a cotas similares aos da escola, posto que ao igual que esta, tamén ten unha obriga educativa e de instrución para coa sociedade. 2.5. Unha nova maneira de facer didáctica: a páxina web da Rede Museística Provincial de Lugo A presencia dos museos en determinadas áreas xeográficas, xa sexan cidades, vilas ou lugares do rural, identifícaos como representantes das mesmas xa que garanten que parte da idiosincrasia do territorio se atope custodiada no museo por medio das súas coleccións. Por iso, o museo, como institución que traballa a prol dun beneficio social, ten a obriga que achegarse ao público e facilitar o seu contacto cos obxectos que conservan no seu interior, posto que forman parte da sociedade do territorio. Nesta liña, a Rede Museística Provincial de Lugo leva anos traballando co diverso tecido social e asociativo que vertebra os seu catro museos. A importancia dos colectivos presentes en Tor, San Cibrao, Friol ou Lugo é sobresaínte debido que a súa incidencia no espazo museístico é vital e necesaria ao ser custodio do seu pasado e da súa esencia. Por isto, como parte da sociedade están a reclamar unha serie de necesidades educativas que deben ser cubertas polos museos mediante uns obxectivos pedagóxicos, un feito que levou á Rede Museística Provincial á reestruturación e ampliación dos seus contidos presencias, mais tamén virtuais, coa creación dunha páxina web que reunira estas necesidades e as fixera accesibles, especialmente as circunscritas á comunidade educativa. Se ben é certo que a creación desta nova páxina web dedicada á comunidade, tanto educativa, infancia e familia, mocidade e idade adulta, xa estaba no imaxinario dos responsables da Rede Museística Provincial de Lugo, a crise global provocada pola COVID-19 acelerou o proceso de creación dun espazo onde acubillar ao noso público, tanto real como virtualmente. Con este obxectivo, naceu a web www.comunidadermpl.es para que dun xeito intuitivo cada persoa atope o seu lugar dentro da nosa rede.
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 29 xemelgo dixital 39 . Unha vez dentro do museo virtual 40 , aparecemos na recepción do mesmo, onde nos reciben dous círculos branquiazuis que actúan a modo de titorial co fin de que a nosa experiencia navegando polo espazo do museo sexa o máis satisfactoria e intuitiva posible (Imaxe 6). Imaxe 6. Recepción do Museo Provincial de Lugo dende a visita virtual A implementación destes puntos poden axudarnos a que a nosa visita sexa o máis completa posible, xa que neles podemos albergar unha serie de información extra que nos pode axudar nunha mellor inmersión nas colecciones do Museo Provincial de Lugo. Sempre partindo dunha colocación pertinente dentro do museo virtual, as posibilidades de información que poden ofrecer estes “hiperenlaces” serían, para o caso que nos ocupa, as seguintes: 39 Información extraída da páxina web de Matterport, en: https://matterport.com/es [Data de consulta: 24/06/2021] 40 Lembramos os pasos a seguir para acceder á visita virtual do Museo Provincial de Lugo: www.comunidadermpl.es -> menú despregable -> Visitas inmersivas 3D -> Visita o Museo Provincial de Lugo.
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 30 - Enlaces coas redes sociais da Rede Museística: poderíanse empregar para dirixirnos a algunha das súas publicacións, xa sexa en Facebook, Twitter ou Instagram, co fin de contextualizar a peza ou sala que estamos a observar na visita virtual (Imaxe 7 e 8). Imaxe 7. Fotograma das aras romanas extraídas da visita virtual
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 31 Imaxe 8. Publicación da Rede Museística Provincial na rede social Instagram - Enlaces con outras institucións museísticas ou culturais: dada a heteroxeneidade das coleccións do Museo Provincial de Lugo, sería interesante colocar puntos naquelas salas ou obxectos que precisaran dun contexto científico máis preciso, o cal podería partir dunha institución especializada no tema. Así, na entrada da sala 29, dedicada á colección de Arte Africano Xoán Anllo, poderíase colocar un círculo cun enlace web ao Museo Nacional de Antropoloxía, concretamente ás súas coleccións africanas, para así desfrutar dun xeito extensivo da única sala permanente con este tipo de arte que hai en Galicia (Imaxe 9 e 10).
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 32 Imaxe 9. Fotografía da entrada á colección de Arte Africano Xoán Anllo Imaxe 10. Coleccións africanas do Museo Nacional de Antropología - Enlaces audiovisuais: a sala de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo, unha das máis senlleiras da institución, conta con tres audiovisuais que ensinan o proceso de extracción, traballo e funcións do ouro. Co fin de poder desfrutalos como se estiveramos in situ no museo, poderíanse colocar cadanseu enlace co fin de que se puidera reproducir o vídeo en cuestión (Imaxe 11).
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 33 Imaxe 11. Fotograma da sala de ourivería antiga 3.2. Aplicación práctica: as “escape rooms” como estratexia didáctica Como acabamos de ver, as posibilidades que ofrece a visita inmersiva ao Museo Provincial de Lugo son múltiples. Porén, dende a Xerencia da Rede Museística Provincial, en colaboración co Departamento de Didáctica, procurouse ir un paso máis aló e espremela dun xeito didáctico mediante a implementación das “escape rooms” no esquema da visita inmersiva. Mais, en que consisten estas “escape rooms”? Atendendo á unidade didáctica “Escape Rooms: Xoga en Rede” 41 , defínense do seguinte xeito: “Os xogos “Escape Room” son actividades, cada vez máis estendidas, nas que as persoas que participan usan a lóxica, os seus coñecementos e o enxeño para resolver probas dentro dunha misión que deben completar 42 ”. Esta definición convida a empregar este tipo de actividade coa mocidade xa que estas dinámicas son, ante todo, interactivas, lúdicas e interdisciplinarias, aspectos 41 Os pasos para acceder a ela son os seguintes: www.comunidadermpl.es -> Menú -> Comunidades -> Educativa -> Programa Escolar -> Escape Rooms: Xoga en Rede -> Unidade didáctica da actividade. 42 Unidade didáctica “Escape Rooms: Xoga en Rede”, Rede Museística Provincial de Lugo, 2021. Dispoñible en: https://drive.google.com/file/d/1tzZT6s2Jm1TG6KHm9WntEmVrqAUvNjhQ/view [Data de consulta: 25/06/2021].
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 34 clave se queremos que a rapazada coñeza, e sinta como seu, o rico patrimonio existente nos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Tradicionalmente soe identificarse ao público adolescente cunha falta de interese cultural, algo que tende a incrementarse se nos referimos a museos ou espazos musealizados. O acceso deste público a estes espazos de xeito voluntario, é dicir, fóra da súa actividade educativa, é practicamente nula ou cínguese exclusivamente ao mero acompañamento familiar nun momento determinado 43 . Porén, a Rede Museística propúxose con esta actividade espertar a curiosidade da mocidade polo patrimonio mediante unha serie de xogos que engarzan diversión e educación. Certamente é o sector da poboación máis difícil de persuadir para que se acheguen ao museo mais, unha vez dentro, convértense no sector cunha maior potencialidade á hora de identificarse tanto co patrimonio coma co museo. Dado que o Museo Provincial de Lugo é unha institución heteroxénea en canto ás súas coleccións, ideáronse ata sete “escape rooms” que englobasen o rico patrimonio presente neste espazo. Así, na unidade didáctica, descríbense as diferentes opcións do seguinte xeito 44 : - Lugo Romano: “Vestimenta, cidade, casa. Familiarizar aos e ás participantes con obxectos e pezas representativas da vida na antiga Lucus Augusti.” - Igualdade: “Coñecer a obra das mulleres artistas expostas no Museo Provincial de Lugo”. - Como nos vestimos ao longo da historia: “Coñecer como se vestían os homes e as mulleres dos diferentes períodos históricos e os significados e segredos que agochan os distintos tipos de indumentaria. Itinerario: Prehistoria, Cultura castrexa, Roma, Idade Media, Romanticismo e Traxe tradicional galego” - Vexo, vexo...e descubro o meu entorno: “Identificar as diferentes paisaxes, principalmente de Galicia, e os elementos naturais que as compoñen, así como a súa relación emocional coas persoas a través das obras pictóricas do Museo 43 ESPEJO, B.: “Adolescentes en el museo”, en El País, 11/08/2017 [en liña] Dispoñible en: https://elpais.com/cultura/2017/08/10/babelia/1502364119_402049.html [Data de consulta: 26/06/2021] 44 Unidade didáctica “Escape Rooms: Xoga en Rede”, Rede Museística Provincial de Lugo, 2021, p. 6. Dispoñible en: https://drive.google.com/file/d/1tzZT6s2Jm1TG6KHm9WntEmVrqAUvNjhQ/view [Data de consulta: 26/06/2021].
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 35 Provincial de Lugo. Itinerario: paisaxe de montaña, paisaxe mariña, paisaxe urbana, paisaxe rural, paisaxe lucense”. - ODS: “Misións relacionadas con cada un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible percorrendo as coleccións do Museo Provincial de Lugo”. - Crea o teu museo: “Definición e tipos de museos, profesións e coleccións”. - A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo: “Vida e sociedades medievais a través dos catro museos da Rede Museística”. A presenza deste eclecticismo temático garántenos o desfrute total do Museo Provincial de Lugo dende diferentes puntos de vista, o histórico, o social ou o natural, a través das coleccións que custodia no seu interior. Deste xeito a vestimenta, as belas artes, os vestixios arqueolóxicos ou a paisaxe serven de carnada para atraer á mocidade ao seu terreo mediante a difusión do seu patrimonio dun xeito virtual, lúdico e, á vez, didáctico. Ademais da variedade temática ofertada nas diferentes “Escapes Rooms”, estas presentan un carácter interdisciplinario que engarza moi ben cos currículos escolares actuais, xa que o galego, as ciencias sociais ou a bioloxía únense ás disciplinas histórico-artísticas co fin de darlle un sentido educativo global a esta proposta (Imaxe 12). Imaxe 12. Coa deseñadora descubriremos a evolución da vestimenta ao longo da historia
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 36 Quizais un dos puntos destacables desta actividade, máis aló da súa metodoloxía, da que falaremos a continuación, sexa apostar pola educación da mocidade en dous aspectos que están en voga hoxe en día: a igualdade de xénero e o tratamento dos ODS, co gallo de educar nuns valores que arraiguen na idea dunha sociedade igualitaria e nunha concienciación ambiental (Imaxe 13). Imaxe 13. A concienciación medioambiental é obxecto da escape room dedicada aos ODS Tendo claro o contexto das “Escape Rooms” e o obxectivo principal delas, é necesario agora aclarar cal é o seu funcionamento. Unha vez concertada a actividade mediante o formulario que hai dispoñible na web www.comunidadermpl.es, ou ben por calquera dos outros medios de contacto dispoñibles na mesma, atoparémonos virtualmente na recepción do Museo Provincial de Lugo, onde escolleremos a “Escape room” acordada, identificadas todas elas cunha cor diferente. Unha vez seleccionada, irromperá na escena unha personaxe 45 (Imaxe 14) que se encargará de presentarnos a actividade así como de guiarnos en cada unha das probas que a compoñen. 45 As personaxes deseñadas para cada una das “escape rooms” son: unha castrexa para Lugo romano, unha deseñador para Como nos vestimos ao longo da historia, unha xabaril para Vexo, vexo… e descubro o meu entorno, unha pantasma para Igualdade, un planeta para as ODS, un cadro para Crea o teu museo e un frade franciscano no Museo Provincial de Lugo, un cabaleiro para a Fortaleza de San Paio de Narla, unha campesiña no Pazo de Tor e un carpinteiro de ribeira no Museo do Mar dentro da Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo.
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 37 Imaxe 14. Personaxes que nos acompañarán en cadansúa escape room Grazas ás súas indicacións, o/a usuario/a moverase por todo o museo grazas ás ferramentas das que dispón a visita virtual, levando a cabo as pescudas necesarias para resolver as variadas probas que lle asaltarán polo camiño (Imaxe 15). Imaxe 15. As personaxes nos guiarán en cada unha das probas presentes nas diferentes escapes room
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 38 Estas xirarán en torno a xogos de memoria, verdadeiro ou falso, crebacabezas, preguntas e respostas, ordenar letras, completar series, buscar pistas ocultas, etc. coa a finalidade de que, mediante a súa resolución, se aprenda xogando dun xeito autónomo e sendo consciente da evolución desta aprendizaxe (Imaxe 16). O feito de empregar os xogos virtuais como método de aprendizaxe, máis aló das bondades educativas e curriculares que aportan, favorece a autonomía na toma decisión mais tamén o traballo en equipo, apostando pola escoita activa e a resolución de conflitos. Imaxe 16. A interpretación da linguaxe de signos será unha das probas á que nos enfrontemos
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 45 Imaxe 3. Fachada do Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Lugo. Fonte: http://tecnologiamaritima.blogspot.com/2016/06/museo-provincial-do-mar-de-san-cibrao.html Imaxe 4. Fotografía aérea do Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos, Lugo. Fonte: https://inventrip.com/deputaciondelugo/object/23094
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 46 Imaxe 5. Fotografía aérea do Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol, Lugo. Fonte: https://www.xacotrans.com/museo-san-paio-de-narla-en-castronela/ Imaxe 6. Recepción do Museo Provincial de Lugo desde a visita virtual. Fonte: https://my.matterport.com/show/?m=BVJeVYyVvJi&brand=0
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 47 Imaxe 7. Fotograma das aras romanas extraídas da visita virtual. Fonte: https://my.matterport.com/show/?m=BVJeVYyVvJi&brand=0 Imaxe 8. Publicación da Rede Museística Provincial na rede social Instagram. Fonte: conta oficial da Rede Museística Provincial de Lugo en Instagram
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 48 Imaxe 9. Fotograma da entrada á colección de Arte Africano Xoán Anllo. Fonte: https://my.matterport.com/show/?m=BVJeVYyVvJi&brand=0 Imaxe 10. Coleccións africanas do Museo Nacional de Antropología. Fonte: https://www.culturaydeporte.gob.es/mnantropologia/fondos/fondos-museogr-ficos-y-documentales/nuestracoleccion/africa.html
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 49 Imaxe 11. Fotograma da sala de ourivería antiga: Fonte: https://my.matterport.com/show/?m=BVJeVYyVvJi&brand=0 Imaxe 12. Coa nosa deseñadora descubriremos a evolución da vestimenta ao longo da historia. Fonte: https://drive.google.com/file/d/1tzZT6s2Jm1TG6KHm9WntEmVrqAUvNjhQ/view
As visitas virtuais como novo método de difusión cultural: o caso da Rede Museística Provincial de Lugo 50 Imaxe 13. A concienciación medioambiental é o obxectivo da escape room dedicada aos ODS. Fonte: https://drive.google.com/file/d/1tzZT6s2Jm1TG6KHm9WntEmVrqAUvNjhQ/view Imaxe 14. Personaxes que nos acompañarán en cadansúa escape room. Fonte: collage de elaboración propia. https://drive.google.com/file/d/1tzZT6s2Jm1TG6KHm9WntEmVrqAUvNjhQ/view
Máster Universitario en Servizos Culturais (2020-2021) Javier Rego Román 51 Imaxe 15. As personaxes nos guiarán en cada unha das probas presentes nas diferentes escapes romos. Fonte: https://drive.google.com/file/d/1tzZT6s2Jm1TG6KHm9WntEmVrqAUvNjhQ/view Imaxe 16. A interpretación da linguaxe de signos será unha das probas á que nos enfrontaremos. Fonte: https://drive.google.com/file/d/1tzZT6s2Jm1TG6KHm9WntEmVrqAUvNjhQ/view