scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Anuarios, efemérides e bases de datos astronómicos

Pérez Couto, Javier

Abstract

[GL] Este traballo versa sobre a orixe e evolución dos diferentes catálogos astronómicos ao longo da historia, os cales constitúen unhas das primeiras publicacións científicas da Antigüidade. Comezaremos abordando os de maior relevancia histórica, desde as primeiras recompilacións de estrelas da Antiga Mesopotamia, pasando polos catálogos estelares de Hiparco de Nicea ou a Uranometría de Johann Bayer ata as primeiras listaxes de obxectos astronómicos do ceo profundo como o de sobra coñecido Catálogo Messier. A continuación, afondaremos en detalle nos catálogos e bases de datos máis empregados na actualidade polos científicos, tanto no eido da divulgación como, sobretodo, no da investigación tanto da física como da matemática do Cosmos. Falamos, dunha banda, dos Anuarios e Efemérides astronómicas, publicacións realizadas polos Observatorios Astronómicos máis importantes de cada país e nas que se detallan os fenómenos astronómicos máis relevantes do ano así como táboas con datos sobre a posición dos diferentes astros visíbeis no ceo, entre moitas outras aplicacións. Doutra banda pero de non menos importancia, trataremos as bases de datos online máis empregadas, nas que se recollen os datos obtidos polas diferentes sondas enviadas ao espazo nas últimas décadas e que resultan indispensables para permitir a evolución do coñecemento que temos sobre o Universo.

Full text

Traballo Fin de Grao Anuarios, efemérides e bases de datos astronómicos Javier Pérez Couto 2020/2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao Anuarios, efemérides e bases de datos astronómicos Javier Pérez Couto Xullo, 2021 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA iii iv Traballo proposto Área de Coñecemento: ASTRONOMÍA E ASTROFÍSICA Título: ANUARIOS, EFEMÉRIDES E BASES DE DATOS ASTRONÓMICOS Breve descrición do contido As Bases de datos astronómicos son a día de hoxe unha ferramenta imprescindibel para afrontar calquera investigación neste eido da Ciencia. Nos últimos anos amoreouse unha inxente cantidade de información e datos, fundamentalmente obtidos polas sondas espaciais, pero tamén como consecuencia de numerosas catalogacións levadas a cabo por diferentes grupos en distintos países. Compre non esquecerse tampouco dos clásicos Anuarios e Efemérides Astronómicas, elaborados por determinados Observatorios, que son extremadamente útiles incluso en tareas docentes como é o caso de materias de Grao cuxas prácticas impártense no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. Sobre estas importantes publicacións versa o Traballo Fin de Grao que se propón. Recomendacións Cursar ou ter cursado a materia de Fundamentos de Astronomía (Grao de Matemáticas) Outras observacións O presente TFG foi titorizado polos profesores José Ángel Docobo Durántez e Vakhtang Tamazian Arzakanyan. Índice xeral Agradecementos ix Resumo ix Introdución xiii 1. As primeiras efemérides e catálogos de estrelas 1 2. Os catálogos modernos 5 2.1. Da Uranometría áfotometría .......................... 5 2.2. BSC ........................................ 9 2.3. SAO........................................ 10 2.4. GSC........................................ 10 2.5. USNO, UCAC, URAT e NOMAD . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11 2.6. Hipparcos/Tycho................................. 13 2.7. Gaia........................................ 14 2.8. Catálogosespeciais................................ 14 2.8.1. Catálogos de Estrelas Fundamentais . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14 2.8.2. Catálogos de Estrelas Dobres . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16 2.8.3. Catálogos de Estrelas Variables . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20 3. Os anuarios 23 3.1. Osprimeirosanuarios .............................. 23 3.2. O Real Instituto e Observatorio da Armada . . . . . . . . . . . . . . . . . . 28 3.2.1. O Almanaque Náutico e as Efemérides Astronómicas . . . . . . . . . 30 3.3. O Real Observatorio de Madrid . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 32 3.3.1. OAnuario................................. 34 v vi ÍNDICE XERAL 4. Bases de Datos Online 39 4.1. SIMBAD ..................................... 40 4.2. VizieR....................................... 42 4.3. ADS........................................ 47 4.4. NASA Exoplanet Service . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 52 Conclusións 57 Anexo A: Exemplo dalgunhas aplicacións das táboas do Anuario 59 Anexo B: Revistas astronómicas 69 Bibliografía 71 xiv INTRODUCIÓN que fixeron antigos gregos como Hiparco (antes mencionado) ou Ptolomeo, a través do seu famoso Almagesto. Finalmente abordaremos a situación deste tipo de listaxes astronómicas na Idade Media cos astrónomos árabes na primeira liña e as Táboas Alfonsíes como a obra máis destacada desta época. Continuaremos no capítulo 2 cos catálogos modernos, desde as mencionadas Uranometría de Bayer ou o Catálogo Messier ata chegar aos catálogos nacidos durante os comezos da era espacial como o SAO, GSC, USNO, etc.. E xa últimamente, Hipparcos e o máis recente Gaia. Tamén entraremos en detalle cos catálogos especiais dedicados ao estudo de obxectos concretos como os catálogos de estrelas fundamentais, estrelas dobres (principal liña de investigación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC) ou catálogos de estrelas variables. O terceiro capítulo está dedicado aos Anuarios Astronómicos, publicacións que elaboran os diferentes observatorios, tal e como indica o seu nome, anualmente. Nestas publicacións faise énfase nos diferentes fenómenos astronómicos que van ter lugar nese ano e entre os que podemos destacar a visibilidade dos planetas, as ocultacións (cando a Lúa pasa por diante dunha estrela ou un planeta), os tránsitos (cando Mercurio ou Venus pasan por diante do Sol), as eclipses e as fases da Lúa. Así mesmo tamén figuran datos actualizados sobre a composición e estrutura do Sol, Lúa, planetas, satélites e doutros obxectos menores do sistema Solar xunto ás súas efemérides, ortos e ocasos. En España o anuario máis importante e o que imos tomar como referencia é o Anuario do Real Observatorio de Madrid que leva sendo publicado case ininterrompidamente desde 1859, así como o Almanaque Náutico e as Efemérides Astronómicas do Real Instituto e Observatorio da Armada, en San Fernando, que se remontan a 1791 sendo agora publicadas en formato software. Finalmente, no Capítulo 4 abordaremos as bases de datos online, pois son os “catálogos” astronómicos máis amplamente usados na actualidade xa que non só conteñen moitísima máis información sobre os astros visíbeis desde a Terra senón que grazas ao desenvolvemento das sondas espaciais permítenos coñecer tamén parte do Universo non observable, almacenando e clasificando grandes volumes de datos. Entre eles podemos destacar o SIMBAD, creado en 1981 no Centre de Données Astronomiques de Strasbourg que a día de hoxe contén datos sobre case 6 millóns de estrelas e 5 millóns e medio de obxectos non estelares como galaxias, nebulosas planetarias ou supernovas e o Astrophysics Data System (ADS), unha base de datos que permite navegar a través de toda a literatura astronómica. Para pechar esta Introdución é importante destacar que as ferramentas de recompilación e catalogación analizadas (desde as primeiras listaxes primitivas ata as macro-bases de datos actuais) foron e son fundamentais para o desenvolvemento da astronomía, tanto na súa vertente matemática, como física, computacional e mesmo na enxeñería astronaútica. Capítulo 1 As primeiras efemérides e catálogos de estrelas Como se mencionaba na Introdución, a astronomía e en particular o recoñecemento de asterismos no ceo (i.e., patróns conformados por estrelas que semellan fixas unhas con respecto das outras) estivo presente na historia da humanidade desde tempos prehistóricos. Esta idea, razoable e intuitiva ao non existir fontes de contaminación lumínica que puidesen tapar a inmensidade de puntos refulxentes do ceo, está ademais apoiada por numerosos achados arqueolóxicos. Tal é o caso dunha táboa de marfil atopada nunha cova de Geissenklösterle, Alemaña que data de fai 325 séculos e contén unha representación da constelación de Orión, “o Cazador”. Máis preto de aquí, na cova de El Castillo, en Cantabria, achamos unha representación da constelación de Corona Borealis, do ano 12000 a.C. [1] En Galicia atopáronse petroglifos como o de Mogor en Marín, o da Ferradura en Amoeiro ou o de Gargamala en Mondariz con orientacións solsticiais que farían deles indicadores das estacións do ano. [2] Dando un salto de complexidade, antigas representacións de animais salvaxes nas paredes de distintas covas de Europa e Asia interpretarían eventos concretos tomando de referencia a posición dos astros no ceo. É o caso do santuario de Göbekli Tepe, no sueste da actual Turquía, que a través de inscricións en pedra situaría as constelacións que se atopaban no ceo cando a chuvia de cometas que impactaron contra a Terra provocaron o arrefriamento climático coñecido como “Dryas Recente”, do cal o santuario sería un memorial. Representacións similares noutras covas da Europa Continental como a de Lascaux, en Francia, dan a entender que o ser humano comprendía a precesión dos equinoccios moito antes de que a describisen os gregos clásicos. [3] Agora ben, deixando a un lado os achados prehistóricos, non sería ata o II milenio a.C, no Antigo Exipto, cando atopamos o primeiro calendario solar da historia. Este estaba 1 2CAPÍTULO 1. AS PRIMEIRAS EFEMÉRIDES E CATÁLOGOS DE ESTRELAS baseado nunha repartición do ceo en 36 grupos de estrelas, coñecidos como “decanos”, cuxo orto representaba as horas. Como cada 10 días un novo decano aparece na bóveda celeste o ano estaba conformado por 36 x 10 días +5 días adicionais (chamados epagómenos) conformando así o ano solar de 365 días (o desfase de 6h respecto ao ano sidéreo facía que o ciclo sotíaco ou aparición de Sirio o primeiro día do ano se restaurase cada 1460 anos). Os decanos aparecen en numerosas mostras de arte exipcio, especialmente en sarcófagos e noutras pezas funerarias, se ben non podemos dicir que constituísen un catálogo astronómico formal. [4] Para atopar as primeiras efemérides astronómicas debemos dar un salto temporal dun milenio e viaxar a Babilonia, pois foi aquí que no s.XII a.C. se redactou o primeiro catálogo estelar coñecido como Three Stars Each (Tres estrelas cada unha). Dito compendio, escrito en táboas de arxila, listaba un total de 36 estrelas, 3 por mes. [5] Unha evolución deste catálogo foi o MUL.APIN, dous séculos posterior e que incluía 71 estrelas agrupadas en constelacións, con varias zodiacais. Ademais tamén figuraban outros astros como a Lúa, o Sol, algúns planetas xunto ao seu percorrido e mesmo un calendario solar. [6] Porén, a gran importancia das efemérides babilónicas non só está na cantidade de coñecemento sobre o ceo que amosaban, senón en ser os precursores dos vindeiros catálogos ao establecer constelacións que reutilizarían os astrónomos gregos séculos máis tarde e entre as que atopamos as precursoras das zodiacais. Outras efemérides de especial relevancia ao formar parte do primeiro catálogo estelar con autor coñecido atopámolo en China, no s. IV a.C. Coñecido co nome de Gan Shi Xing Jing e escrito polos astrónomos Gan De e Shi Shen. Dita obra contaba cun total de 121 estrelas listadas e os seus autores foron recoñecidos ademais como os primeiros en rexistrar manchas solares (se ben foron interpretadas como eclipses nun primeiro momento) ademais de por realizar as primeiras observacións das catro maiores lúas de Xúpiter a ollo ceibe. [7] [8] Volvendo de novo a Europa, Hiparco de Nicea elaborou no s. II a.C un catálogo no que describía un total de 850 estrelas clasificándoas segundo unha escala que comprendía do 1 ao 6, de máis a menos luminosas sendo 6 o límite de visibilidade do ollo e introducindo así o concepto de magnitude aparente. Esta escala séguese empregando hoxe en día cunha serie de modificacións: Pasou de ser discreta a continua. Unha estrela de magnitude 1 é 100 veces máis brillante que unha de magnitude 6. Aplícase a todo tipo de astros, non só a estrelas. Estendeuse por ambos extremos puidendo tomar ademais números negativos. 3 Así por exemplo o Sol ten unha magnitude aparente de -26,74; mentres que a de Sirio A (αCMa A) é de -1,44. Porén a magnitude aparente de Neptuno no punto da súa órbita que está máis preto da Terra é 7,78, maior que 6 pois non é visible ao ollo humano. [9] Seguindo os pasos de Hiparco, Claudio Ptolomeo escribe, no século II d.C. o Almagesto, un conxunto de trece volumes que contén o catálogo de estrelas máis completo ata entón, xunto con outros textos onde trataba e discutía sobre o sistema xeocéntrico, a lonxitude do ano, un método para predicir eclipses ou a traxectoria dos planetas. O Almagesto distribuíase da seguinte forma: Libro I: Cosmoloxía aristotélica e defensa do sistema xeocéntrico. Libro II: Movemento diurno e trigonometría esférica. Libro III: Movemento do Sol: lonxitude do ano, solsticios, equinoccios, etc. Libro IV-V: Movemento da Lúa: distancia, tamaño e mes sinódico. Libro VI: Eclipses solares e lunares. Libro VII-VIII: Catálogo de estrelas basado no de Hiparco. Libro IX-XIII: Movemento dos planetas: movemento retrógrado e cálculo das traxectorias dos cinco planeta visibles (Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno). A obra de Ptolomeo foi sen dúbida unha das máis influintes da Antigüidade, o cal visualízase na cantidade de traducións que se fixeron do Almagesto. Os primeiros en traducilo serían Ishaq ibn Hunain e Thabit ibn Qurra no s.IX a.C ao árabe, seguidos de Gerardo de Cremona (1175 d.C.) ao latín, o cal permitíu introducilo en Europa. Nicolás Halma publicaría a súa tradución ao francés en dous volumes (1813 e 1816) e Johan L. Heiberger faría o mesmo para o grego (1898 e 1903) sendo esta a obra referente para outras traducións futuras. Karl Manitius traduciuno ao alemán tamén en dous libros (1912 e 1913) e a edición inglesa chegaría da man de Gerald J. Toomer en 1984. Máis recentemente, no ano 2000, Fernando Tomás de Gorocica realizaría a tradución ao castelán. [10] [11] Abandonando a Idade Antiga e entrando na Media os protagonistas por moito pasarían a ser os astrónomos árabes. Mencionamos en primeiro lugar o Kitab suwar al-kawakib althabita (Libro das estrelas fixas) de Abd Al-Rahman Al Sufi do s.X onde revisaba moitos dos resultados amosados no Almagesto de Ptolomeo, especialmente relacionados co brillo das estrelas, mencionando ademais galaxias como a de Andrómeda ou a galaxia anana Gran Nube de Magallanes ás que describía como pequenas nubes. [12] Tamén compre destacar as Z¯ıj-i ¯ Ilkh¯an¯ı ou Táboas Iljaníes (s. XIII) de Nasir al-Din al-Tusi e colaboradores que describían con moita precisión os movementos dos planetas. Agora ben, a obra culme da civilización musulmá foron sen lugar a dúbidas as Z¯ıj-i Sult¯an¯ı 4CAPÍTULO 1. AS PRIMEIRAS EFEMÉRIDES E CATÁLOGOS DE ESTRELAS ou Táboas Sultanianas (s.XV) creadas por astrónomos do Observatorio de Samarcanda onde non só revisaron os resultados do Almagesto senón tamén as dúas obras anteriores conformando así o catálogo astronómico máis extenso ata a época cun total de 1019 estrelas. Ademais calcularon a lonxitude do ano cun erro de 58 segundos e a oblicuidade da eclíptica en 23,52º, valor que está en consonancia co empregado actualmente. [13] Finalmente nesta época e na península Ibérica destacaron as Táboas Toledanas (Azarquiel e colaboradores, s. XI) baseadas no sistema de Ptolomeo e que serviron de base para as Táboas Alfonsíes (s.XIII) fomentadas por Alfonso X o Sabio. Estas últimas táboas, que proporcionaban datos para calcular as posicións do Sol, Lúa e dos planetas, supoñían unha mellora das Toledanas corrixindo erros de cálculo e incorporando unha parte destinada a facilitar as conversións dos tempos entre diferentes tipos de calendarios. Os seus autores principais foron Yehuda Ibn Moshé e Isaac Ibn Sid que as realizaron baseándose, como as anteriormente comentadas, no modelo xeocéntrico de Ptolomeo a través de observacións levadas a cabo en Toledo entre os anos 1263 e 1270. Así mesmo tomaban como base a Era Alfonsí, que tiña o seu inicio en 1252 (data de coronación do monarca). A versión en latín das Táboas Alfonsíes tivo unha gran acollida no resto de Europa, especialmente en París onde os astrónomos da capital francesa adaptáronas ao meridiano local sentando as bases de táboas astronómicas posteriores. [14] Capítulo 2 Os catálogos modernos Coa chegada da Idade Moderna produciuse unha auténtica revolución en todos os eidos da ciencia. De feito, o termo “revolución” comezouse a empregar con esta connotación a raiz da obra de Nicolás Copérnico, Revolutionibus Orbium Coelestium (Sobre as revolucións das orbes celestes, 1543) dado o seu carácter perigosamente rompedor coa teoría xeocéntrica detallada por Ptolomeo no Almagesto, defendida por Aristóteles e convertida posteriormente en dogma pola Igrexa Católica. [15] 2.1. Da Uranometría á fotometría Precisamente sería durante esta Revolución Copernicana que se publica o que podemos considerar como o primeiro catálogo astronómico moderno, a Uranometría de Johann Bayer, en 1603. Dito catálogo sería ademais o primeiro en cubrir toda a esfera celeste, xa que logo os anteriores só amosaban as constelacións máis representativas do hemisferio norte. Ademais diso Bayer introduciu un sistema de nomenclatura de estrelas, que segue en uso hoxe en día e que leva o seu nome. Este método de denominación estelar asigna a cada estrela un nome dado por unha letra grega ordenada segundo o brillo dentro da súa constelación (αse é a máis brillante, βse é a segunda, etc...) seguida do xenitivo latino da constelación á que pertence. Así por exemplo Sirio sería αCanis Majoris, Hadar sería βCentauri, etc... Esta designación presentaba varios problemas, por un lado a orde por magnitude non era sempre a correcta e por outro había constelacións con máis estrelas que letras gregas (Hydra, por exemplo, é a constelación máis grande no ceo e está formada por 238 estrelas). [16] A pesares diso o catálogo de Bayer sentará a base para os sistemas de nomenclatura estelar futuros xa que non só permitiu establecer unha designación xerarquizada das estre5 6CAPÍTULO 2. OS CATÁLOGOS MODERNOS las xa coñecidas do firmamento senón tamén darlle nome a moitas outras que non a tiñan ata entón. Hai que ter en conta que os nomes propios só foron outorgados ás estrelas máis refulxentes do ceo. Algúns eran de orixe babilónico ou grego pero a meirande parte eran termos en árabe derivados das traducións e revisións do Almagesto levadas a cabo durante a Idade Media. Ademais o emprego de nomes propios carrexa diversos problemas como a falta de estandarización, que da lugar a ambigüidades e incluso á repetición dun nome para máis dunha estrela. Tal é así que a día de hoxe a International Astronomical Union (IAU) desaconsella o seu uso e prioriza sistemas de nomenclatura derivados do de Bayer, como por exemplo o de John Flamsteed (fundador do Observatorio de Greenwich), en cuxo Atlas Coelestis (1729) no canto de letras gregas, emprega números diante de cada constelación. [17] [15] Poucos anos despois dos catálogos estelares de Bayer e Flamsteed aparecerá en escena o primeiro catálogo astronómico de obxectos do espazo profundo. Será o Catalogue des Nébuleuses et des amas d’Étoiles, que l’on découvre parmi les Étoiles fixes sur l’horizon de Paris, máis coñecido como Catálogo Messier por mor do apelido do seu creador Charles Messier. Publicado por primeira vez en 1774, Messier e o seu axudante Pierre Mechain decidiron elaborar un catálogo para facilitar a labor da súa principal ocupación, a de cazadores de cometas. Crearon entón unha listaxe de obxectos difusos do ceo profundo que poderían ser confundidos por cometas nas súas observacións. [18] Deste xeito elaboraron un catálogo con 110 obxectos, que van desde M1 ata M110 e de natureza moi variada pois nel atopamos: Nebulosas: Como M1 a Nebulosa do Cangrexo, M42 a Nebulosa de Orión ou M57 a nebulosa anular de Lira. Cúmulos: Abertos como M6, o cúmulo da Bolboreta ou globulares como M15 ou gran cúmulo de Pegaso. Galaxias: Espirais como M31 ou galaxia de Andrómeda, M104 ou galaxia do Sombreiro ou M51, a galaxia do Remuíño; lenticulares como M86; elípticas como M87 ou irregulares como M82, a galaxia do Cigarro. Se ben e como vimos elaborar un catálogo divulgativo non era o obxectivo de Messier, a súa publicación constitúe a día de hoxe un dos catálogos máis famosos, sendo especialmente popular entre os astroaficionados polo seu gran interese de cara á observación astronómica e astrofotografía de ceo profundo. Aínda que agora seguimos a traballar con esta clasificación, compre ter en conta que na época de Messier a única galaxia coñecida era a nosa, polo que el só diferenciaba entre nebulosas e cúmulos. 2.1. DA URANOMETRÍA Á FOTOMETRÍA 7 Figura 2.1: Coordenadas ecuatoriais en ascensión recta (α)e declinación (δ) para a época de observación dos obxectos M1 a M5 xunto a unha descrición de cada un. Catálogo Messier. Terceira edición (1781). [19] O seguinte catálogo de obxectos nebulosos chegaría da man de William Herschel, descubridor do planeta Urano, dos movementos orbitais nos sistemas binarios e da luz infravermella ademais de ser o maior construtor de telescopios da historia (un dos máis potentes que construiría sería para o Real Observatorio de Madrid, se ben foi destruído durante a invasión napoleónica). Porén moitas destas fazañas atribuídas directamente a Herschel non serían posibles sen a axuda da súa irmá Caroline Herschel, a primeira astrónoma profesional da historia. Tras recibir un Catálogo Messier como agasallo dun amigo, William comezouse a interesar polos obxectos do espazo profundo e coa axuda de Caroline agruparía preto de 2500 nebulosas e cúmulos estelares. Esta colección sería ampliada a 5000 polo fillo de William, John Herschel, publicándose en 1864 o General Catalogue of Nebulae and Clusters of Stars (GC). Pouco despois, en 1880, Johan Ludvig Emil Dreyer preparou o New General Catalogue of Nebulae and Clusters of Stars (NGC). Na elaboración de dito catálogo empregaría as observacións dos Herschel engadindo dous suplementos, os Index Catalogue I e II, recompilando un total de 7840 nebulosas, galaxias e cúmulos. [15] 8CAPÍTULO 2. OS CATÁLOGOS MODERNOS Ao igual que no catálogo Messier os obxectos aparecen referenciados polas iniciais do catálogo e un número (ao que nos referiremos de agora en diante como “número de catálogo”). Así a galaxia de Andrómeda (M31 no Catálogo Messier) será NGC224, a nebulosa de Orión (M42) é NGC1976. Por suposto moitos outros non aparecen no Messier como NGC97, unha galaxia elíptica descuberta por W. Herschel en 1828, NGC346 un cúmulo aberto descuberto por James Dunlop en 1826, etc... Análogamente os obxectos dos dous índices veñen numerados por “IC número”. Volvendo ás estrelas, dous dos catálogos estelares máis completos antes da chegada do s.XX serían dunha banda o Bonner Durchmusterung (Compilación de Bonn) publicado no ano 1859 por tres astrónomos alemáns, Friedrich Wilhelm Argelander, Adalbert Krüger e Eduard Schönfeld; incluíndo 324 345 estrelas cuxo número de catálogo comezaría por BD e estarían ordenadas pola súa ascensión recta para a época 1855.0. [20] Doutra temos o The Draper Catalogue of Stellar Spectra (1890) cun número de estrelas inicial de 10 347 (se ben incrementouse cos anos e na actualidade conta con 360 000) ata magnitude V= 9 e ordenadas por ascensión recta para a época 1900.0. [21] A principal novidade deste catálogo foi a de incluír datos espectroscópicos para cada estrela. Comezouno o médico astroaficionado Henry Draper clasificando as estrelas observadas en 16 tipos espectrais coas letras A, B, C, D... Isto débese a que se analizamos o espectro da luz dunha estrela observando as liñas de absorción (bandas escuras dentro do espectro da luz emitida que representan a absorción da luz de determinadas lonxitudes de onda por átomos presentes nela) e a súa intensidade podemos saber que elementos están presentes na estrela, e estudando o conxunto destas liñas en tanto á súa abundancia relativa podemos coñecer a temperatura da súa fotosfera. Os tipos espectrais serán códigos que representen estes conxuntos. [22] Tras a súa morte a súa muller, Mary Anna Draper, tamén unha gran astroaficionada, donou unha importante cantidade de cartos á Universidade de Harvard onde o catálogo continuou sendo compilado polo equipo de Edward C. Pickering composto por Annie Jump Canon, Williamina Fleming e colaboradoras. Canon sería a que introduciría os tipos espectrais que empregamos hoxe en día consistentes nunha letra (O B A F G K M) ordenada de maior a menor temperatura e un número do 0 ao 9 para afinar a clasificación. Deste xeito o noso Sol é unha estrela de tipo G2, Sirio (αCMa) a máis refulxente do ceo é de tipo A1, etc... [23] O Catálogo Henry Draper séguese empregando a día de hoxe e o número de catálogo das súas estrelas comeza por HD. Ademais do HD, Pickering publicaría en 1884 o Harvard Photometry Catalog, un catálogo fotométrico con máis de 4000 estrelas. Máis tarde, en 1908, editaría o Harvard Revised 2.2. BSC 9 Photometry Catalog ou HR. Nel aparecían 9000 estrelas ata V= 6,5, medidas entre 1879 e 1906 cubrindo toda a esfera celeste. Para tomar os valores fotométricos de cada estrela Pickering adoptou a escala Pogson reducindo as magnitudes aparentes aos seus valores no zenit e, tomando a λ-Ursa Minor como referencia (ou σ-Octantis no hemisferio sur), ía comparando o brillo de cada estrela con esta última mediante dous fotómetros meridianos deseñados por el. Tamén incluía o seu tipo espectral. [24] Outro catálogo fotométrico importante elaborado na mesma época pero noutro continente foi a Uranometría Nova Oxoniensis (1885) de Charles Pritchard, astrónomo da Universidade de Oxford e que recompilaba información fotométrica de 3000 estrelas desde o polo norte celeste ata δ=−10◦. [22] Na mesma época comezaría a elaboración do Astrographic Catalogue (AC) e da Carte du Ciel, as dúas partes nas que se dividía o primeiro proxecto cooperativo a grande escala da historia da astronomía. Tiña como obxectivo obter un mapa fotográfico do ceo completo ata magnitude 11 e 14, respectivamente. Nel participaron unha veintena de observatorios de todo o mundo (o Observatorio de San Fernando entre eles) encargados de tomar exposicións en placas de vidro, cada un dunha banda de declinación asignada. Por desgraza o proxecto, iniciado en 1887, remataría en 1962 por problemas cuantitativos (o número de fotografías que tomaran os observatorios non resultaba suficiente) e cualitativos (cando se iniciou a fotografía estaba lonxe de ser madura). Ainda así o AC será empregado no s. XX cruzando as posicións das súas estrelas coas doutros catálogos máis modernos e completos ademais de sentar un precedente de colaboración científica entre paises. [75] 2.2. BSC O seguinte catálogo de carácter fotométrico que compre mencionar é o Catalogue of Bright Stars coñecido polas súas siglas YBS ou BSC. Publicado en 1930 por Frank Schlesinger sería un sucesor do HR polo que as súas 9110 entradas (das cales 9095 serían estrelas, 11 novas e supernovas e 4 cúmulos) conservan os números de catálogo da obra de Pickering. Porén, os datos sobre cada entrada foron extendidos e actualizados respecto do HR e de cada unha das cinco edicións que tivo o BSC en 1930, 1940, 1964, 1982 e 1991, ano da publicación da quinta e última versión: o BSC5. Nesta última edición, elaborada por Offleit, D. e Warren, Jr., W.H., inclúese para cada estrela os seus identificadores noutros catálogos; o carácter dobre ou triple da estrela de telo e o número de compoñentes, separación e diferencias de magnitudes de ser o caso; as súas 16 CAPÍTULO 2. OS CATÁLOGOS MODERNOS separado. Por exemplo, mentras que o Hipparcos presenta un erro medio nos movementos propios de 2,21 mas/ano o do FK6 é de tan só 0,5 mas/ano. O feito de que combinar os datos do Hipparcos cos obtidos moito antes no FK5 mellore os resultados do primeiro débese a que mentres que os movementos propios obtidos polo satélite foron produto de lecturas espaciadas por un curto espazo de tempo (uns 3 anos) as obtidas no FK5 foron froito de observacións espalladas ao longo de 200 anos, dando lugar a uns datos máis representativos. [46] Esta debilidade do Hipparcos adquiría unha maior importancia no caso das estrelas binarias astrométricas, xa que pola súa natureza presentan unha oscilación no movemento propio do seu centro de masas, a cal dificulta o calculo preciso desde último se as observacións son realizadas nun intervalo curto de tempo. Deste xeito outro avance que presenta o FK6 é considerar o caso de estrelas binarias que poidan ser confundidas con estrelas simples. A raiz diso para cada estrela o FK6 presenta 3 solucións ou modos: Modo simple (Single-star mode ou SI) Modo de predición a longo prazo (Long-term prediction mode ou LTP ) Modo de predición a corto prazo (Short-term prediction mode ou STP) O modo SI corresponde ao habitual cando tratamos con estrelas simples mentres que o LTP e o STP son aproximacións límite da posición de dita estrela en función de se a diferenza entre a época consultada coa época media empregada polo Hipparcos (1991.25) é maior de 10-20 anos ou menor respectivamente. [47] Co último dos catálogos da serie alemana podemos ver que se ben a tarefa de elaborar un sistema de referencia celestial pasou a ser misión dos satélites artificiais, a aportación de observacións feitas desde a Terra por diferentes observatorios ao longo dos últimos séculos seguíu a ser crucial á hora de calcular con precisión as posicións e movementos propios de cada estrela como obxecto individual. 2.8.2. Catálogos de Estrelas Dobres Dedicaremos esta sección a abordar os catálogos máis importantes de estrelas dobres e múltiples, sistemas conformados por dúas ou máis estrelas ligadas gravitacionalmente que orbitan en torno ao centro de masas. En función da técnica de resolución podemos diferenciar tres tipos: Visuais: Cando a separación pódese observar mediante instrumentos ópticos. 2.8. CATÁLOGOS ESPECIAIS 17 Espectroscópicas: Se a duplicidade se deduce das variacións da vra través do efecto Doppler-Fizeau. Eclipsantes: Detectadas a través de variacións na magnitude provocadas pola eclipse producida ao pasar unha compoñente por diante da outra. [48] WDS Administrado polo USNO desde 1965 o Washington Double Star Catalogue (WDS) foi elaborado tomando como partida o IDS (Index Catalogue of Visual Double Stars) creado no Observatorio Lick (Universidade de California) 2 anos antes. Constántemente actualizado contén, a data 3 de xuño 2021, parámetros de 154 042 sistemas dobres e múltiples proporcionando: posicións (J2000), identificador do descubridor, número de compoñentes, número de observacións coa data da primeira e a última, ángulos de posición, separación, magnitudes das compoñentes, tipos espectrais, movementos propios e identificadores do obxecto noutros catálogos ademais dun histórico de órbitas e as reseñas bibliográficas correspondentes a cada sistema. [49] A día de hoxe é o catálogo de estrelas dobres máis amplo e importante, sendo a fonte de moitos outros catálogos de estrelas dobres así como a principal referencia para a investigación deste tipo de sistemas debido ao seu volume e completitude. Na seguinte imaxe podemos ver a órbita aparente de Castor no WDS, calculada por Docobo, Andrade, Campo e Ling no ano 2016 no OARMA. Figura 2.2: Órbita do WDS calculada por Docobo, Andrade, Campo e Ling no 2016. [50] 18 CAPÍTULO 2. OS CATÁLOGOS MODERNOS ORB6 OSixth Catalog of Orbits of Visual Binary Stars (ORB6) como indica o nome é a sexta versión dunha serie de catálogos de estrelas dobres iniciada en 1930 por William Finsen e continuada por Charles E. Worley (1963), Finsen e Worley (1970), Worley e Wulif Heintz (1983) e William I. Hartkopf, Brian D. Mason e Worley (2001). Actualmente é administrada polo USNO. Esta última versión iniciada por Hartkpof et. al. no ano 2006 inclúe as posicións (J2000), identificadores noutros catálogos (WDS, HD, ADS, HIP), identificador do descubridor e magnitude das compoñentes así como os seguintes elementos orbitais: Lonxitude do nodo (ω) e equinoccio ao cal se refire este Inclinación da órbita (i) Lonxitude do periastro (w) Semieixo maior (a) Excentricidade (e) Período (P) Tempo de paso polo periastro (T) Todos estes parámetros están dispoñibles para 9898 órbitas de 3335 sistemas dobres (a 2 de xuño de 2021), así como outras prestacións: unha escala de fiabilidade de cada órbita (do 1 ao 5 sendo 1 moi fiable e 5 indeterminada) baseada no número de observacións e na experiencia dos investigadores, órbitas aparentes e reseñas bibliográficas. [51] Cabe destacar que o Observatorio Astronómico Ramón María Aller participou notablemente no ORB6 cun gran número de órbitas. As activas a Xuño de 2021 son: Doc (246), Lin (47), Tam (7) ou Ana (6). Sendo “Doc” o código do catálogo que fai referencia a Docobo, J.A., “Lin” a Ling, J.F., “Tam” a Tamazian, V.A. e “Ana” a Andrade, M. indicando que estes foron os primeiros autores (coautores aparte). INT4 O INT4 ou Fourth Catalog of Interferometric Measurements of Binary Stars iniciaríase en 1982 na Universidade Estatal de Georgia por William I. Hartkopf (USNO), Brian D. Mason (USNO) e Harold A. McAlister (Universidade Estatal de Georgia), resolvendo ata a súa derradeira actualización (9 de xaneiro de 2018) 66 225 estrelas detectadas mediante técnicas de interferometría speckle entre outras, que combinando con outros catálogos (Tycho, HIP, Hubble...) proporciona datos astrométricos de 163 066 estrelas dobres resoltas. [52] 2.8. CATÁLOGOS ESPECIAIS 19 OARMAC Simultáneamente á elaboración do ORB5 (Fifth Catalog of Orbits of Visual Binary Stars publicábase no Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) outro catálogo de estrelas dobres visuais que aunaba á vez tanto as órbitas como as súas efemérides. Este sería o OARMA Catalog (OARMAC) publicado en 2001 para logo ser mantido nunha versión online por Docobo, J.A., Ling, J.F. e Campo, P.P. e que continuaba coa longa tradición no estudo dos sistemas binarios na astronomía galega iniciada un século antes polo profesor D. Ramón María Aller e continuado polo profesor Docobo desde 1981 (ver https://www.usc.gal/astro/catalogo.htm). O OARMAC comezou compilando 1545 órbitas de 1208 sistemas que se foron incrementando a 2225 órbitas de 1817 sistemas na súa última (por cuestións de persoal), ata o momento, actualización o 24 de abril de 2013. Para cada sistema binario o OARMAC proporciona a súa posición (J2000.0), número de catálogo ADS e HIP, paralaxe, elementos orbitais, magnitudes e tipos espectrais das súas compoñentes e información cualitativa sobre a súa órbita en tanto ás probabilidades que ten o sistema de ter unha, o seu tipo (astrométrica, espectroscópica ou eclipsante), as súas efemérides, existencia doutras compoñentes ou posibilidade de que sexa un par óptico entre outras. [53] [54] SB9 Finalizamos esta sección sobre estrelas dobres co Catalogue of Spectroscopic Binary Orbits. Este catálogo, centrado nos sistemas binarios espectroscópiccos e iniciado por Alan H. Batten et. al. no ano 1969, foi administrado polo Dominion Astrophysical Observatory (DAO) ata a súa oitava versión (SB8, Batten et. al., 1989) pois no 2000 a IAU creou un grupo de traballo (a Comisión 30) que se encargaría de xestionalo. Neste contexto, no ano 2004 Pourbaix D., Tokovinin A.A, Batten A.H., Fekel F.C., Hartkopf W.I., Levato H., Morell N.I., Torres G. e Udry S. publicaron o The Ninth Catalogue of Spectroscopic Binary Orbits ou SB9 que a diferencia dos seus predecesores está dispoñible en Internet (https://sb9.astro.ulb.ac.be/), abandonando o formato en papel. Para rastrexar unha órbita no SB9, que a día de hoxe (xuño de 2021) contén 5042 órbitas de 4021 sistemas, podemos empregar o identificador da estrela en calquera catálogo coñecido (HD, SAO, HIP, etc...), un bibcode ou a súa posición. Como parámetros, para cada sistema o SB9 amosa as súas coordenadas, identificadores, magnitudes e tipos espectrais de cada compoñente así como os seus elementos orbitais e 20 CAPÍTULO 2. OS CATÁLOGOS MODERNOS unha escala de calidade. Finalmente preséntanse unha serie de notas explicando como se realizou o descubrimento e unha curva de velocidades radiais se estas están dispoñibles así como as referencias bibliográficas pertinentes. [55] 2.8.3. Catálogos de Estrelas Variables Para rematar este capítulo consideramos necesario, por completitude, incluir unha sección tamén sobre catálogos de estrelas variables. Podemos definir estas como aquelas estrelas que amosan grandes variacións na súa magnitude en períodos de tempo humanos. En función dos procesos físicos que dan lugar a estes cambios no brillo da estrela podemos diferenciar entre: Eruptivas: Os cambios prodúcense por procesos violentos nas capas máis externas da estrela. Pulsantes: A luminosidade varía por mor de contraccións e expansións das capas externas. Rotantes: Debido á propia rotación da estrela combinada coa falta de uniformidade da súa superficie. Cataclísmicas: Por violentos procesos de combustión nuclear ou intercambio de material entre compoñentes se se trata dunha estrela binaria. Eclipsantes: Por eclipse dunha compoñente ao pasar por diante da outra. [56] GCVS OObjtjyk Katalog Peremennyk Zvezd (OKPZ) ou General Catalogue of Variable Stars (GCVS) é un catálogo de estrelas variables elaborado en 1948 pola Academia de Ciencias da URSS. Na súa última versión (GCVS 5.1) listan un total de 57 247 estrelas variables, algunhas incluso externas á Vía Láctea. A información proporcionada para cada variable é: posicións para as épocas 1950 e 2000, constelación e identificador, tipo, magnitude máxima e mínima, tipo espectral e periodo. [57] Catalog of Binary UV Ceti Type Flare Stars Dentro das estrelas variables eruptivas existe un subtipo, as estrelas fulgurantes. Estas variables, de brillo moi feble, expulsan chamaradas extremadamente fortes que fan que a 2.8. CATÁLOGOS ESPECIAIS 21 súa magnitude se incremente bruscamente en todo o espectro electromagnético, para logo volver ao seu estado orixinal lentamente. As variables fulgurantes, tamén coñecidas como variables UV Ceti (por ser este o nome dunha das primeiras estrelas deste tipo coñecidas) son o obxecto do Catalog of Binary UV Ceti Type Flare Stars ou Catálogo de Estrelas Binarias UV Ceti, unha recompilación desta clase de estrelas tan particular realizada por Vakhtang Tamazian (OARMA) e Oleg Malkov (Academia de Ciencias de Rusia) no ano 2014. Neste catálogo lístanse 138 sistemas binarios situados a unha distancia non superior a 25pc da Terra nos que polo menos unha das compoñentes é de tipo UV Ceti , presentándose para cada entrada unha primeira táboa coa seguinte información: coordenadas (J2000), identificador no WDS e do descubridor, magnitudes (aparentes e absolutas) de cada compoñente así como tipo espectral da principal e da secundaria cando é coñecida, paralaxe e un código indicando se a compoñente que ten o carácter fulgurante é a principal, a secundaria ou ambas. Por último, inclúese unha segunda táboa cos sete elementos orbitais extraidos do ORB6. [58] CEV Un catálogo que tampouco pode faltar nunha sección dedicada ás estrelas variables é oCatalogue of Eclipsing Variables de Malkov et. al. Na súa primeira versión (2006) xa era o principal catálogo de estrelas deste tipo, recompilando un total de 6330 variables eclipsantes a partir do GCVS. No ano 2013 unha nova edición saíu á luz con 7196 sistemas para os que o catálogo ofrece identificadores, clasificación, magnitudes máximas e mínimas, tipos espectrais, tipo morfolóxico das curvas de luz, eclipses, a súa duración e referencias xunto a outras notas de interese. [59] Outros catálogos de estrelas variables que podemos atopar na literatura New Catalogue of Suspected Variable Stars (NSV): Tamén creado na Academia de Ciencias da Unión Soviética lista 14 811 estrelas sospeitosas de tratarse de variables antes de 1980, se ben moitas delas fóronse desmentindo como tal posteriormente. [60] K2 Variable Catalog (K2VC): Elaborado pola Universidade de Warwick a partir dos produtos da misión K2 contén o identificador, tipo de variable, magnitude máxima e mínima e semiamplitude de 8395 estrelas. [61] ASAS Catalogue of Variable Stars (ACVS): Publicado polo Observatorio Astronómico da Universidade de Varsovia, o ACVS inclúe 10 000 eclipsantes, 8000 pulsantes periódicas e 31 000 irregulares (pulsantes non periódicas e eruptivas). [62] 22 CAPÍTULO 2. OS CATÁLOGOS MODERNOS Capítulo 3 Os anuarios Figura 3.1: Portada da primeira edición de La Connoissance des temps. 1679. [64]. Neste capítulo abordaremos un dos tipos de catálogos máis importantes na actualidade, tanto no eido da investigación como no da divulgación. Por suposto estamos a falar dos anuarios e efemérides astronómicas. Os anuarios son publicacións (como indica o seu nome, anuais) que realizan os observatorios astronómicos máis importantes de cada país. Nestas publicacións reséñanse os fenómenos astronómicos que acontecerán no ano en curso, como eclipses, tránsitos, ocultacións e oposicións. Así mesmo tamén figuran datos actualizados sobre a composición e estrutura do Sol, a Lúa, dos planetas, satélites e doutros obxectos menores do sistema Solar xunto coas súas efemérides, ortos e ocasos para cada día do ano e para un lugar concreto. Debido ás numerosas aplicacións que tiña a astronomía en tanto á millora da navegación marítima numerosas monarquías, repúblicas e imperios de todo o mundo comezaron a financiar a construción dos seus propios observatorios astronómicos. 3.1. Os primeiros anuarios O observatorio máis antigo que se atopa ainda en funcionamento é o Observatorio de París. Fundado no ano 1667 baixo o reinado de Luís XIV e construido por Claude Perrault deu lugar á maioría de descubrimentos astronómicos do s. XVII. Dirixido durante un longo período por Giovanni Cassini, tanto el como os seus des23 24 CAPÍTULO 3. OS ANUARIOS cendentes conformaron unha dinastía de astrónomos que dirixirían o observatorio durante máis dun século. Cassini calculou a distancia da Terra a Marte, o período de rotación de Xúpiter, describiu por primeira vez a mancha vermella da súa superficie (que non é outra cousa que unha xigantesca tormenta que segue sendo visible ata o día de hoxe) e a separación entre os aneis de Saturno (bautizada posteriormente como división de Cassini). [63] Neste contexto de proliferación científica publicaríase en 1679 o que podemos considerar o primeiro Anuario astronómico, La connoissance des temps. Ou calendrier et ephemeris du lever et coucher du Soleil, de la Lune et des autres Planetes. Avec les eclipses por l’Année M.DC.LXXIX ou simplemente Connaissance des Temps da man de Jean Picard, fundador da cartografía e xeodesia modernas [64]. Nel Messier publicaría a versión final do seu catálogo. Este anuario, publicado ininterrumpidamente ata a actualidade estaba dividido orixinalmente en dúas partes: Na primeira amosábanse efemérides do Sol, a Lúa e os planetas, indicando os ortos e os ocasos para cada día do ano en París, así como as fases da Lúa e os eclipses (Figura 3.2) Na segunda describíanse os métodos que permitían calcular ditas efemérides e como usalas, os sistemas de coordenadas, táboas con escalas de tempos e artigos de astrónomos famosos da época sobre diferentes temas (Figura 3.3) Outro Observatorio do que compre falar á hora de facer unha revisión histórica da información astronómica é do Observatorio Real de Bélxica, fundado en 1826 por Guillermo I, rei dos Paises Baixos, a petición do matemático belga Adolphe Quetelet. Ademais da súa labor en astronomía, Quetelet foi pioneiro en aplicar a probabilidade e a estadística no eido da socioloxía, desenvolvendo grandes traballos sobre a influencia de diferentes variables cuantificables como o nivel económico, analfabetismo e clima con outras como a obesidade ou a tasa de crime, sendo un dos pais fundadores da criminoloxía como ciencia. Por mor disto foi tamén un matemático moi controvertido e obxecto de críticas polos seus colegas científicos. [66] Porén, isto non evitou que publicase unha extensa obra á vez que dirixía o Observatorio Real de Bélxica. Sería en 1834 que publicaría a primeira edición do Annuarie de l’Observatoire Royal de Bruxelles, un anuario astronómico que a día de hoxe continua sendo emitido por esta institución cada ano. Nas primeiras edicións, moi sinxelas, relatábanse as eclipses visibles desde Bruselas, o inicio das estacións, efemérides cos ortos e ocasos do Sol, da Lúa e dos planetas máis algún artigo divulgativo (Figura 3.4. e Figura 3.5.). 3.1. OS PRIMEIROS ANUARIOS 25 (a) Figura 3.2: Táboa onde se indica (para París) o comezo do crepúsculo, o orto, o ocaso e a fin do crepúsculo para cada día de Xuño. 1769. [65] (b) Figura 3.3: Explicación e uso das táboas. Descrición da inclinación da eclíptica. 1769. [65] Na actualidade o anuario inclúe, ademáis da información anterior en francés e neederlandés, as constantes astronómicas máis importantes revisadas cada ano, as oposicións, conxuncións e elongacións dos planetas do sistema solar así como a súa visibilidade, ocultacións e tránsitos. Finalmente tamén son nomeados e descritos outros obxectos menores como os satélites, asteroides, planetas ananos e cometas (Figura 3.6.). Outro anuario do que é preciso falar por completitude son as Effemeridi di Milano (Efemérides de Milán) publicadas polo Observatorio Astronómico de Brera entre 1774 e 1874 baixo iniciativa da emperatriz María Teresa de Austria. O Observatorio de Brera foi fundado en 1764 nun colexio xesuita e a súa dirección foi encomendada nun primeiro lugar ao matemático Joseph-Louis Lagrange, de sobra coñecido polas súas aportacións á matemática moderna e en particular á mecánica celeste. Neste eido abordou o problema dos tres corpos e por extensión os sistemas secular e xoviano. Porén, a fama deste observatorio débese a quen o dirixiu entre 1862 e 1900, Giovani Virginio Schiaparelli, que en 1877 descubriría as famosas “canles” de Marte que manterían 32 CAPÍTULO 3. OS ANUARIOS mico de Berlín), Almanaque Náutico, o Observatorio de Pulkovo e o de Turín, uniríanse na elaboración dun anuario internacional para o cal os astrónomos de San Fernando encargaríanse de calcular as posicións de 350 estrelas. Esta conferencia tamén foi moi fructífera en tanto á estandarización das constantes astronómicas. A Guerra Civil Española e a Segunda Guerra Mundial (IIGM) conlevaron, como sería de esperar, diversas trabas neste proxecto, especialmente no relativo á cooperación co Astronomische Rechen-Institut. A pesares diso a elaboración destas efemérides continuaría tras repartirse as labores encomendadas ao observatorio alemán entre os restantes centros. Tras a IIGM e co auxe dos primeiros ordenadores, as calculadoras electrónicas non tardarían en acomodarse ao inventario astronómico de San Fernando, sendo en 1946 que a Oficina de Efemérides comezaría a empregar calculadoras para a elaboración do Almanaque. En 1961, unha reforma que se fora xestando un século atrás chegou a materializarse. O Almanaque dividiríase en dous: dunha banda publicaríase o Almanaque Náutico, coa información crucial e relativa á navegación e pola outra banda as Efemerides Astronómicas de San Fernando máis enfocadas en contido e forma ás labores astronómicas. Figura 3.7: Portada do Almanaque Náutico para PC. [76] Xa entrados na segunda metade do século, en 1962, o Observatorio participaría noutra labor cooperativa: a confección do FK3. Para isto fóronlle asignadas o cálculo de 390 das 1535 estrelas fundamentais que o compoñerían. A finais do século os ordenadores volveron a ser os protagonistas, dominando os sistemas de navegación mentras relegaban pouco a pouco aos tradicionais métodos empregados ata ese momento. Deste xeito as Efemérides e o Almanaque iríanse adaptando para o seu uso en ordenador. Así, en 1979, publícase o Almanaque Náutico para uso con máquinas de calcular e, en 1998, o Almanaque para PC comezaríase a distribuir. [72] [74] [75] 3.3. O Real Observatorio de Madrid Tras participar activamente na fundación do Observatorio de Cádiz, Jorge Juán suxeríu a Carlos III en 1770 a construción doutro observatorio en Madrid. Este último respondería afirmativamente á iniciativa en 1785 mais non sería ata 1790, xa baixo o reinado de Carlos IV, que comezaría a construción do observatorio baixo as ordes do arquitecto Juan de Villanueva, máximo expoñente do neoclasicismo español, feito que se palparía no edificio que construiría para o Observatorio no Cerrillo de San Blas, nun dos extremos do Parque 3.3. O REAL OBSERVATORIO DE MADRID 33 do Retiro. A diferencia do marcado obxectivo práctico que tivo a fundación do Observatorio de Cádiz, inspirado como mencionamos no de Greenwich, o de Madrid tiña un propósito máis académico e intelectual, centrado no progreso científico e na investigación, sendo máis similiar nisto ao de Paris. O primeiro director do novo centro sería o matemático Salvador Jimenez Coronado, que mentres finalizaba a construción do novo edificio crearía unha Escuela de Astronomía destinada a formar aos futuros traballadores do Observatorio. Máis tarde crearíase tamén un Taller de Instrumentos que tería como obxectivo producir os aparellos necesarios para a labor dos astrónomos, abandonando a necesidade de importalos de constructores ingleses. En 1795 no Real Observatorio comezáronse a realizar labores meteorolóxicas á par que no 1796 se encargou a construción dun telescopio a W. Herschel. Este fabricaría un reflector de 60cm de diámetro que se remataría de fabricar en 1802 para logo ser trasladado a Madrid, sendo o millor telescopio da época. Por desgraza no ano 1808, durante a invasión Napoleónica, os franceses establecerían unha posición defensiva no Cerro de San Blas e o telescopio de Herschel, construido en madeira de carballo inglés, convertiríase en leña. Tras isto o Observatorio, como é natural, pasou por unha época moi difícil coa que tiveron que lidiar dous directores galegos, José Rodríguez e Domingo Fontán. O primeiro, coñecido polos alcumes de “Matemático Rodríguez” ou “O Matemático de Bermés” naceu en Bermés, parroquia de Lalín, no ano 1770. Rodríguez pode ser considerado como o primeiro científico galego. Pasou varios anos viaxando por Londres, París e Gotinga onde tería un gran recoñecemento polas súas aportacións á xeodesia e por impulsar o Sistema Métrico Decimal obtendo o respecto de grandes matemáticos da época como Laplace e Gauss. En 1817 traería de París numerosos instrumentos para o departamento de Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e logo mudaríase a Madrid para ocupar o posto de Director do Real Observatorio (1819). Durante os anos que ocupa dito posto reorganizaría o Observatorio, maltreito pola guerra, comercializando a través del distintos Calendarios para Galicia os anos 1822, 1823 e 1824 cos ortos e ocasos do Sol, eclipses e festividades para cada mes do ano. [78] [79] Dos seus discípulos o que sen dúbida máis destacou foi Domingo Fontán, nado en Portas, Pontevedra, no ano 1788. Fontán, formado na USC, comezou en 1817 (sen dúbida influido por Rodriguez) a elaboración da Carta Xeométrica de Galicia, a súa maior obra á cal lle dedicou 17 anos da súa vida estando considerada como o primeiro mapa elaborado mediante cálculos e medicións matemáticas de España. Rematada a Carta ocuparía igual que o seu mentor o posto de Director no Observatorio madrileño no ano 1834. [80] En 1851 reconstruíronse as instalacións agregando unha biblioteca que a día de hoxe 34 CAPÍTULO 3. OS ANUARIOS conta con máis de 10 000 volumes, sendo a colección en materia astronómica máis importante do Estado Español. 3.3.1. O Anuario En decembro de 1859 comeza a publicación do Anuario del Real Observatorio de Madrid baixo a suxerencia do Comisario Rexio Antonio Gil de Zarate de ter un anuario propio a través do cal difundir os estudos realizados no Observatorio “importantes pola súa utilidade inmediata, ou polo pracer que o ánimo sente ao adquirilo” tomando como modelo o Annuarie du Bureau des Longitudes de Paris. Deste xeito a estrutura dos primeiros Anuarios dividíase en tres grandes partes: Efemérides e datos astronómicos. Datos e táboas complementarias. Artigos divulgativos. A primeira incluía un prólogo do Director do Observatorio; un calendario coas festividades, ortos e ocasos do Sol e a Lúa; os fenómenos astronómicos máis reseñables de cada mes; as eclipses de Sol e Lúa do ano en cuestión coas súas franxas de visibilidade; ocultacións de estrelas e planetas pola Lúa; datos sobre os obxectos coñecidos do Sistema Solar como os planetas e os asteroides descubertos ata a data. Nuns inicios (1860-1921) tamén se incluían resumos de observacións meteorolóxicas ata que nos anos vinte do século pasado esta ciencia deixa de ser tarefa do Observatorio, que pasaría a dedicar todos os seus esforzos á astronomía. Na segunda parte preséntanse táboas auxiliares para convertir os tempos nos que se producían os eventos anteriores para outras partes do Estado; as coordenadas xeográficas doutros Observatorios do mundo; das capitais de provincia; conversións entre o sistema métrico decimal e outros; conversións entre moedas e táboas con correccións. En canto á terceira parte e para servir ao propósito de non só proporcionar unhas táboas de efemérides senón tamén difundir o coñecemento da astronomía e doutras áreas relacionadas como a meteoroloxía e a xeofísica, cada volume do Anuario remataba cunha serie de artigos científicos con propósito divulgativo elaborados polos astrónomos e astrónomas do Observatorio. Ata a data lévanse publicados 133 exemplares do Anuario de maneira constante salvo algunha interrupción esporádica, sendo a máis importante de 1881 a 1907, coincidente co traspaso da administración do Observatorio da Universidade ao Instituto Geográfico Nacional (IGN). Desde entón a súa publicación sería ininterrumpida, incluso durante a Guerra Civil. 3.3. O REAL OBSERVATORIO DE MADRID 35 A partir de 1908 as efemérides deixaríanse de calcular para o meridiano de Madrid pasándose a empregar, ao igual que aconteceu co Almanaque, o meridiano de Greenwich. Complementariamente ao Anuario comezouse a emitir a partir de 1932 o Boletín Astronómico. Publicación máis regular con datos e resumos das observacións que de tardar un ano en ser publicadas perderían interese (incluía así mesmo artigos científicos). Deixouse de editar en 2003. [77] [81] [82] Na actualidade o Anuario del Observatorio Astronómico séguese publicando impreso estando á venda no Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG). A última edición (2021) conta co seguinte índice: Figura 3.8: Índice do Anuario do Observatorio de Madrid (2021). [83] Como podemos apreciar ten agora 7 partes ben diferenciadas: Fenómenos astronómicos: Onde se reseñan os fenómenos astronómicos máis importantes do ano mes a mes, así como as eclipses dese ano. Calendarios e tempos: Onde se comentan os tipos de calendarios, do gregoriano 36 CAPÍTULO 3. OS ANUARIOS ao musulmán, máis empregados, así como as escalas de tempos. Efemérides astronómicas: Cunha revisión dos datos astronómicos coñecidos do Sol, Lúa, planetas, satélites naturais, planetas ananos, asteroides e cometas así como as súas efemérides, ortos, ocasos, etc. Catálogos: Onde se amosan as constelacións e as estrelas con nome propio así como as máis cercanas e as máis brillantes dando para cada unha delas os parámetros habituais de posición (J2000.0), magnitude, distancia e tipo espectral. O mesmo para as estrelas dobres de V1>5sendo V1a magnitude da compoñente principal. A Terra: Que presenta información xeofísica actualizada do noso planeta así como as coordenadas xeográficas das capitais de provincia e dos observatorios astronómicos no Estado Español. Táboas complementarias: Con actualizacións corrixidas das constantes astronómicas máis empregadas e outros datos como as moléculas detectadas en medio interestelar así como as fórmulas e factores de conversión de maior interese práctico. Artigos de divulgación: Na seguinte táboa presentamos unha recompilación cos traballos de divulgación publicados no Anuario nos últimos 25 anos. [83] Título Autor Ano Marte: una ventana al pasado Tomás Alonso 2021 Astronomía en tiempos de pandemia Rafael Bachiller 2021 Midiendo el tamaño del Universo Miguel Querejeta 2021 El Anuario del Observatorio Astronómico de Madrid Pere Planesas 2020 Nuestros orígenes cósmicos Belén Tercero 2020 Astronomía y literatura Miguel Santander 2019 Ondas gravitacionales, mensajeras de un universo oculto Rafael Bachiller 2019 La Biblioteca del Observatorio Astronómico de Madrid Pere Planesas 2018 Planetas Extrasolares Julio Solís García 2018 Luchas de titanes: interacciones y fusiones de galaxias Almudena Alonso Herrero 2017 Discos circunestelares: la cuna de los planetas Tomás Alonso Albi 2017 Una aproximación a la Astronomía del antiguo Egipto desde diversas perspectivas José Lull 2016 ¿Cuál es el destino de la vía Láctea? Santiago García Burillo 2016 La sorprendente fuerza del agua: Los Tsunamis Juan V. Cantavella Nadal 2015 Las atmósferas de los planetas del Sistema Solar Julio Solís García 2015 3.3. O REAL OBSERVATORIO DE MADRID 37 Título Autor Ano El coloquio de las nebulosas Valentín Bujarrabal 2014 La expansión acelerada del Universo Mario Tafalla 2014 La hora oficial en España y sus cambios Pere Planesas 2013 Impactos sobre la Tierra Pablo de Vicente Abad 2013 Crónica de una erupción submarina. La crisis sismovolcánica de El Hierro 2011-2012 Carmen López Moreno 2013 La atmósfera y las estrellas. Las relaciones entre Meteorología y Astronomía Alberto Cansado Auría 2012 El agua en el Universo Asunción Fuente 2012 Apuntes sobre 20 años de actuaciones en el ROM Jesús Gómez González 2012 La medida del tiempo Pablo de Vicente Abad 2011 Apuntes sobre 30 años de Radioastronomía en España Jesús Gómez González 2011 Arte y Astronomía Montserrat Villar Martín 2010 El lado oscuro de la luz Francisco Colomer Sanmartín 2010 El Sol: nuestra estrella, nuestra energía Rafael Bachiller 2009 El medio molecular en galaxias con brotes de formación estelar y en galaxias activas Antonio Usero 2009 A la caza de las grandes ondas Javier Alcolea 2008 El Observatorio Espacial Herschel Pere Planesas e Javier Graciá 2008 La astronomía en la España del primer tercio del siglo XVII Mariano Esteban Piñeiro 2007 La idea del planeta a lo largo de la historia Pere Planesas 2007 La astronomía prehispánica en México Jesús Galindo Trejo 2006 Navegación interplanetaria con VLBI, usando las estrellas como referencia María José Rioja Capellán 2006 Retos y proyectos de la radioastronomía actual Rafael Bachiller 2005 El eclipse anular de sol del 3 de oct. de 2005 en España Pere Planesas 2005 Las primeras medidas gravimétricas en Madrid y en España Enrique Rodríguez Pujol 2005 250 años del Real Instituto y Observatorio de la Armada Rafael C. Boloix 2004 La arqueoastronomía en España Cesar Esteban 2003 Ondas de densidad y evolución de galaxias Santiago García Burillo 2003 La evolución de las galaxias Pere Planesas 2002 38 CAPÍTULO 3. OS ANUARIOS Título Autor Ano ¿Cómo nació el Sol? La formación de estrellas de tipo solar Mario Tafalla 2002 El gran interferómetro de ondas milimétricas de Atacama Rafael Bachiller 2001 Evolución estelar tardía y nacimiento de las nebulosas planetarias Valentín Bujarrabal 2000 Nebulosas planetarias. Una mirada nueva sobre unos objetos viejos Rafael Bachiller 2000 El eclipse total de Sol del 11 de ago. de 1999 Pere Planesas 1999 Algunas precisiones y curiosidades sobre los eclipses Pere Planesas 1999 La Red Europea de Interferometría Francisco Colomer 1998 El descubrimiento de planetas alrededor de otros soles Francisco Colomer 1998 La riqueza molecular del cometa C/Hale-Bopp Pere Planesas e Rafael Bachiller 1998 Hyakutake, la química de los cometas y el origen de la vida Rafael Bachiller 1997 El origen de la vida Jesús Martín-Pintado 1997 José Celestino Mutis, astrónomo Pere Planesas 1996 Viaje a un agujero negro Pablo de Vicente Abad 1996 Viaje al centro de la Vía Láctea Pablo de Vicente Abad 1996 [84] Como apéndice presentamos no Anexo A unha serie de cálculos que eximplifican algunhas das aplicacións das táboas do Anuario. Capítulo 4 Bases de Datos Online O nacemento da Internet nos anos 80 supuxo un antes e un despois na colaboración científica internacional. Cando en 1969 Michel Elie conseguíu conectar o seu PC desde o UCLA (Universidade de California) a outro do SRI (Instituto de Investigación de Stanford) estaba a dar o primeiro paso do que sería unha longa excursión de sendeirismo que ainda prosegue nos nosos días. E é que a Internet permite compartir datos e desenvolver proxectos entre centros de investigación de calquera parte do mundo sen prexuizo da distancia que os poida separar. Adicionalmente, desde o nacemento das primeiras computadoras, radiotelescopios e sensores de IR creados no contexto da IIGM a tecnoloxía comezou a mellorar exponencialmente dando entrada á era espacial. Esta evolución tecnolóxica continuou ata o punto de que a día de hoxe contamos con telescopios, terrestres ou espaciais, no visible pero tamén no infravermello, ultravioleta, radio..., sensores, medidores, sondas e satélites cos que fai un século apenas poderiamos soñar. Deste xeito a figura do astrónomo que observa por un telescopio a medida que debuxa o que ve nun caderno de notas foi sustituida pola do investigador que captura imaxes astronómicas desde un gran observatorio (ás veces incluso desde outro punto do globo) obtendo, nunha sóa lectura, suficientes datos como para traballar meses. Isto, sumado ao auxe das misións espaciais protagonizadas por telescopios e sondas que pasan anos e incluso décadas escaneando o Universo, fixo necesario un sistema para almacenar, clasificar e ordenar toda esta información. Deste xeito naceron as bases de datos astronómicas. Estas, ademais da almacenaxe e catalogación da información astronómica permitiron, en combinación coa consolidación da Internet e da arquitectura WWW (World Wide Web), mellorar a cooperación entre astrónomos de todo o mundo. Todos os investigadores poden acceder á mesma base de 39 40 CAPÍTULO 4. BASES DE DATOS ONLINE datos, puidendo consultar a información que precisen para a súa investigación obtida antes por outro científico, no canto de ter que consumir tempo de observación nun gran telescopio. [85] Doutra banda, nos catálogos vistos no Capítulo 2, os obxectos catalogábanse a través dun número de catálogo ou identificador. Deste xeito buscar un obxecto era relativamente sinxelo, pero o problema atopámolo ao buscar un mesmo obxecto en diferentes catálogos pois o identificador variará dun ao outro así como outros parámetros como a posición (se, por exemplo, foi medida en épocas diferentes). As bases de datos tamén poñen solución a este problema ao permitir realizar pesquisas mediante identificadores cruzados, posibilitándonos procurar todas as aparicións dun obxecto en catálogos diferentes a través de calquera dos seus identificadores, coordenadas, etc... ou mesmo restrinxir a busca a varios obxectos que cumplan unha ou varias condicións como ter unha determinada paralaxe, estar a certa distancia ou ser dun tipo concreto. Neste capítulo presentamos as bases de datos online máis importantes no eido da astronomía. 4.1. SIMBAD O SIMBAD ou Set of Identifications, Measurements and Bibliography for Astronomical Data é unha base de datos administrada polo Centre de Données Astronomiques de Strasbourg (CDS) ubicado no Observatoire Astronomique de Strasbourg, en Francia. O SIMBAD nacería en 1972 como a fusión do Catalog of Stellar Identifications (CSI), elaborado á súa vez como unión do SAO, HD, AGK3 e outros catálogos estelares; e o Bibliographic Star Index (BSI). Co paso dos anos foise expandindo, engadindo constántemente obxectos (tanto estelares como, máis adiante, non estelares) doutros catálogos. Na actualidade o SIMBAD contén 12 116 850 obxectos, dos cales sobre 5 800 000 son estrelas e 5 500 000 son obxectos do ceo profundo como galaxias, nebulosas, cúmulos ou supernovas entre outros. En calquera caso astros alleos ao sistema solar. A busca dun obxecto no SIMBAD (http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/) pódese realizar por identificador (query by identificator), por coordenadas (query by coordinates) ou polo seu código bibliográfico (query by bibcode). Unha vez procurado o obxecto, o SIMBAD proporciónanos: Imaxe do obxecto: A través do Aladin Sky Atlas, un atlas de imaxes astronómicas dixitalizadas integrado no SIMBAD que nos permite ver, se está dispoñible, unha imaxe do obxecto de interese en diversas lonxitudes de onda. 4.1. SIMBAD 41 Datos básicos: Onde se amosan o tipo de obxecto; coordenadas nos sistemas ICRS, FK5, FK4, coordenadas galácticas, supergalácticas e eclípticas; movementos propios; velocidades radiais no caso de estrelas ou o redshift no caso de galaxias e cuasares; paralaxes; magnitudes no sistema UBV; tipo espectral (clasificación MK ou HD) ou morfolóxico no caso de galaxias, así como a dimensión destas últimas (logaritmo do semieixo maior a, logaritmo do ratio a/b sendo bo semieixo menor e o ángulo de orientación). Identificacións cruzadas: Cos números de catálogo dos máis de 3 000 catálogos empregados como fonte para o SIMBAD. Datos observacionais: Diámetro estelar, distancia, indicadores de variabilidade como magnitudes máxima e mínima e información de cada compoñente (A e B) no caso de sistemas binarios, así como do sistema como obxecto (AB). Finalmente cada entrada da base de datos inclúe as referencias bibliográficas relacionadas co obxecto procurado. [86] Nas seguintes dúas imaxes (ambas de http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/) amósase un exemplo de busca por identificador de Sirio, inserindo a súa denominación de Bayer (1) e premendo “submit id” (2): 48 CAPÍTULO 4. BASES DE DATOS ONLINE por comodidade dos científicos, para que estes se puideran poñer ao día pois a cantidade de papers publicados sobre o seus temas de investigación comezaba a ser inabordable. Deste xeito, no ano 1987, presentouse a idea de crear dito sistema na Conference on Astronomy from Large-Data bases en Garching, Alemaña, e ao ano seguinte sairía á luz a versión preliminar do SAO/NASA Astrophysics Data System (ADS) financiado pola NASA e administrado polo SAO. No 1993 conectaríase co SIMBAD, permitindo aos investigadores consultar todas as publicacións relacionadas cun obxecto de interese e no 1994 implantaríase na World Wide Web facilitando que científicos de todo o mundo accedesen a ela desde os seus ordenadores. Na actualidade o ADS (https://ui.adsabs.harvard.edu/) proporciona acceso directo a máis de 15 millóns de documentos divididos en tres coleccións: astronomía/astrofísica, física e ciencia xeral. Os documentos subidos ao ADS clasifícanse nunha desas tres bibliotecas, sendo a base de datos de astronomía a máis popular. [89] En tanto ás revistas de astronomía o ADS contén todos os artigos desde o primeiro ata o máis actual das máis importantes. A listaxe destas pode verse no Anexo B. En tanto ao motor de búsqueda o ADS ten 3 modos: Classic form: Que dispón unha interface con distintos campos de busca segundo o dato que queiramos introducir na procura. Modern form: No que o motor de búsqueda simplifícase a un só campo, no que debemos introducir os parámetros adecuados seguindo unha certa sintaxe. Paper form: Que como cuxo nome indica permítenos buscar diretamente mediante referencias bibliográficas. Como exemplo veremos nas seguintes imaxes (capturas de pantalla de https://ui. adsabs.harvard.edu/) como atopar unha publicación coñecendo algúns dos autores e a data de publicación. Comezamos escribindo o autor/autores e o ano de publicación (1) empregando as etiquetas de busca correspondentes, ben tecleándoas a man ou clicando nelas no “Quick Field” situado enriba do buscador (2). Prememos na lupa (3): 4.3. ADS 49 Desta maneira chegamos a unha xanela con todos os resultados que coinciden cos parámetros introducidos (4). Na columna da esquerda (5) temos unha serie de filtros que nos permitirán afinar máis a nosa pesquisa, engadindo outros autores, publicación ou palabras clave. Para abrir a preview dunha publicación clicaremos nela: Obtemos finalmente o resumo ou abstract do artigo (6), así como datos sobre a súa publicación (7) e ligazóns para acceder ao paper completo en PDF ben do publicador, dunha revista ou do arXiv (8): 50 CAPÍTULO 4. BASES DE DATOS ONLINE O arXiv.org, creado por Paul Ginsparg en 1991 e administrado pola Universidade de Cornell e a National Science Foundation, é unha base de datos ou repositorio de preimpresións científicas (isto é, papers que ainda non pasaron o proceso de revisión por pares antes de ser publicados nunha revista científica) nos eidos da matemática, física (na que destaca a astrofísica), informática, bioloxía cuantitativa, finanzas cuantitativas, estadística, enxeñería electrónica e economía. Á súa vez estas oito áreas desglósanse en 153 subcategorías o cal facilita que cada investigador poida acceder só á información que lle interesa. [91] Na actualidade contén preto de 2 millóns de artigos nesas áreas (cun ritmo de subida no 2020 de 16 000 publicacións cada mes) [92], se ben non só permite descargar publicacións xa que, como plataforma aberta, faculta aos investigadores para enviar as súas prepublicacións, sendo os moderadores que seleccionan cales subir ao repositorio e en que área deben ser aloxados, voluntarios profesionais do campo que teñen asignado. A lista de moderadores de cada área é pública o cal facilita a transparencia do proceso de selección e publicación no arquivo. [93] Por mor disto moitos científicos empregan o arXiv como unha plataforma a través da que compartir as súas investigacións de maneira que outros as poidan ler e revisar gratuitamente, sen ter que pagar polo acceso a unha revista de pago. Seguramente o exemplo máis famoso desta forma de uso sexa o do matemático Grigori Perelman, que o 11 de novembro de 2002 publicaría no arXiv o primeiro de tres artigos cos que demostrou a Conxetura de Poincaré, un dos sete problemas do milenio e polo que lle ofreceron a medalla Fields, a cal el rexeitou. [94] Para finalizar con está merecida mención ao arXiv.org compre decir que non só o ADS amosa ligazóns ás preimpresións deste cando están dispoñibles para un paper senón que tamén o arXiv.org está conectado co ADS como podemos ver na seguinte imaxe (*). 4.3. ADS 51 (https://arxiv.org/abs/math/0211159) Ollo!, o ADS facilita gratuitamente o abstract de todos os papers indexados nel, pero para acceder ao texto completo nalgúns casos é preciso estar suscrito á revista que o publicou salvo que esta sexa antiga (polo xeral cando é anterior a 1995). Noutro exemplo pesquisaremos as publicacións que conteñan certa palabra clave no título e cuxo primeiro autor sexa coñecido (9). Puidendo ordenar os resultados por data, número de citacións, calificación relativa, etc... no desplegable que se atopa debaixo do buscador (10). Outra opción moi interesante é poder ver o índice h de calquera autor, ademais do número de citacións e lecturas dos artigos que teña publicados (11): 52 CAPÍTULO 4. BASES DE DATOS ONLINE [90] 4.4. NASA Exoplanet Service Exoplaneta é o nome que lle damos en termos xerais aos planetas que orbitan arredor doutras estrelas diferentes ao Sol, se ben poden existir exoplanetas illados. A súa existencia, observada por primeira vez no ano 1992 polo astrónomo polaco Aleksander Wolszczan, suscita un gran interese á comunidade científica ante a posibilidade de que, ao igual que a Terra, alberguen vida. Porén, a diferencia das estrelas, son obxectos moi pequenos e fríos que non emiten luz propia, polo que a súa detección é un desafío que se aborda maioritariamente por métodos indirectos. Os dous principais son: Método dos tránsitos: Detectando mediante instrumentos fotométricos de alta precisión as eclipses que produce o exoplaneta ao pasar “por diante” da súa estrela. Método das velocidades radiais: Dado que realmente nun sistema estrela-planeta o segundo non xira arredor da estrela senón que ambos xiran entorno ao baricentro do sistema, pódense atopar exoplanetas detectando as variacións resultantes da estrela no seu movemento orbital. Tal e como se pode apreciar estos métodos, chamados indirectos porque o que se observa non é o exoplaneta senón a estrela, dependen en gran medida do nivel tecnolóxico da instrumentación astronómica. É por iso que a medida que esta foi mellorando nas primeiras dúas décadas do século XXI o número de exoplanetas confirmados aumentou rápidamente, de 4.4. NASA EXOPLANET SERVICE 53 342 descubertos no 2009 a 4422 na actualidade (Xuño de 2021), sen contar aos exoplanetas candidatos. [95] Con esta motivación a NASA creou o NASA Exoplanet Archive (https://exoplanetarchive. ipac.caltech.edu/) administrado polo NASA Exoplanet Science Institute (NExScI) no California Institute of Technology (Caltech). Trátase dunha base de datos de exoplanetas e das súas estrelas asociadas que contén a todos os planetas extrasolares descubertos mediante os métodos anteriores e outros (microlentes gravitacionais, detección visual directa, astrometría, etc...) tanto desde observatorios terrestres como misións espaciais (Kepler, CoRoT). Para cada busca dun exoplaneta a base de datos proporciona parámetros da súa estrela asociada como as súas coordenadas en diversos sistemas, distancia, magnitudes, temperatura... e datos sobre o exoplaneta e o seu descubrimento como as curvas de velocidade radial, curvas de luz, imaxes e espectrografía. [96] Para procurar un sistema inserimos no campo de busca o nome ou a posición da estrela ou do exoplaneta que nos interese (1), puidendo acotar a busca a un radio determinado (2). Por exemplo introducimos a estrela Rosalíadecastro (HD149143) e prememos “Search” (3): (As seguintes imaxes son pantallazos de https://exoplanetarchive.ipac.caltech. edu/) 54 CAPÍTULO 4. BASES DE DATOS ONLINE Rematada a busca o Exoplanet Archive amosaranos un resumo da estrela buscada xunto co seu planeta Ríosar (HD149143b) asociado, o ano do seu descubrimento, o método empregado e ligazóns ás referencias bibliográficas (4). Tamén poderemos acceder a toda a información estelar e planetaria (5)(6) contida no arquivo como vemos nas seguintes imaxes: 4.4. NASA EXOPLANET SERVICE 55 Se no buscador da primeira pantalla prememos en “Advanced Search” teremos tres modos de busca máis clásicos: Object by Name: Introducindo o nome/identificador da estrela ou exoplaneta do sistema de interese. Single Location/Object: Como o que utilizamos antes coa estrela Rosalíadecastro. Ademais do nome do obxecto tamén nos permite introducir unhas coordenadas en un radio arredor do que buscar. Location/Object List: Permite ao usuario subir unha lista de obxectos e posicións e o sistema vai rastrexando un a un. [97] Ademais do motor de busca o NASA Exoplanet Archive conta con varias ferramentas que nos facilitan o traballo cos datos almacenados no seu servidor e que podemos consultar no apartado "Work with data" da páxina principal. 56 CAPÍTULO 4. BASES DE DATOS ONLINE Entre elas a máis destacada é Planetary Systems Composite Data ou PSCompPars, unha táboa interactiva que nos permite visualizar nun cadro os exoplanetas confirmados por filas e a estrela asociada, parámetros planetarios, estelares e orbitais por columnas. Estes últimos froito de combinar todas as referencias existentes para cada exoplaneta de xeito que non falte ningún parámetro de interese. O seu carácter interactivo facilita o filtrado dos sistemas que nos interesa que presenten uns determinados valores para certos parámetros. Por exemplo os sistemas compostos por unha estrela (7) e dous planetas (8) que fosen descubertos mediante o método das velocidades radiais (9) este ano (10): [98] Conclusións O obxectivo deste traballo era realizar unha revisión bibliográfica dos diferentes catálogos astronómicos que podemos atopar ao longo da historia. Paralelamente realizamos un completo estudo da información astronómica e da súa evolución. Sen dúbida o eixo e desafío principal da elaboración deste texto foi a busca e recompilación de bibliografía que levei maioritariamente a cabo a través da base de datos ADS reseñada ao final do traballo, pero tamén mediante libros e enciclopedias de astronomía que me proporcionaron unha visión xeral deste campo. No primeiro capítulo comentamos as primeiras inscricións primitivas de estrelas que, lonxe de ter un propósito científico, empregábanse cunha finalidade decorativa e astrolóxica. Despois vimos como os exipcios aproveitaron a regularidade que amosaban estes puntiños ao aparecer e desaparecer no horizonte para elaborar o primeiro calendario solar da historia, algo que na actualidade representa a base arredor da cal organizamos o noso día a día. Máis adiante presentamos o primeiro catálogo estelar formal na Antiga Mesopotamia (Three Stars Each)eoMUL.APIN o cal clasificábaas nas constelacións que sentaron a base das que empregamos actualmente. Na segunda metade comentamos os avances que realizaron os gregos en base ao legado visto, como clasificar as estrelas visibles en función do seu brillo definindo o concepto de magnitude, moi importante na astronomía moderna, ou modelizar matemáticamente por primeira vez o movemento aparente dos astros arredor da Terra mediante o sistema xeocéntrico de Ptolomeo. Rematamos o capítulo presentando aos astrónomos árabes máis importantes, cuxos aportes á matemática e á astronomía impulsaron tanto o avance destas ciencias que moitos dos nomes das estrelas (Altair, Deneb) ou termos astronómicos (Zenit, Nadir) empregados hoxe en día proveñen do árabe. Os primeiros catálogos modernos como a Uranometria ou o Catálogo Messier, amplamente usado na actualidade por astroaficionados de todo o mundo, son comentados no capítulo segundo. A medida que avanzamos nel imos mencionando novos catálogos por orde cronolóxica e cun volume de obxectos cada vez maior, debido aos avances en instrumentación óptica así como ao aumento do coñecemento en matemáticas e física, que permitiron descubrir e calcular novos parámetros como o tipo espectral ou movemento propio. Despois 57 64 ANEXO A: EXEMPLO DALGUNHAS APLICACIÓNS DAS TÁBOAS DO ANUARIO Latitude da Coruña = +43,5◦ Declinación media =−14◦)→Corrección por latitude = +6m ↑ Táboa 6 Orto en Madrid (21 de Xuño) = 16h09m ↑ Táboa 4 Orto na Coruña = 16h09m+ 19m+ 6m= 16h34mTU +2h −−→ 18h34mTO Ocaso en Madrid (21 de Xuño) = 2h04m ↑ Táboa 4 Ocaso na Coruña = 2h04m+ 19m−6m= 2h17mTU +2h −−→ 4h17mTO Solsticio de Inverno Corrección por lonxitude da Coruña = +19m ↑ Táboa 5 Declinación media (21 de Decembro) = 25◦ ↑ Táboa 4 Latitude da Coruña = +43,5◦ Declinación media = 25◦)→Corrección por latitude =−12m ↑ Táboa 6 Orto en Madrid (21 Dec.) = 18h47m ↑ Táboa 4 Orto na Coruña = 18h47m+ 19m+ (−12m) = 18h54mTU +1h −−→ 19h54mTO Ocaso en Madrid (21 Dec.) = 9h34m ↑ Táboa 4 Ocaso na Coruña = 9h34m+ 19m−(−12m) = 10h05mTU +1h −−→ 11h05mTO Táboas Nas seguintes páxinas presentamos as táboas do Anuario deste ano (2021) empregadas nos cálculos anteriores. 65 Táboa 1: Efemérides do Sol desde Madrid para os meses de Marzo, Setembro, Xuño e Decembro. [83] 66 ANEXO A: EXEMPLO DALGUNHAS APLICACIÓNS DAS TÁBOAS DO ANUARIO Táboa 4: Efemérides da Lúa desde Madrid para os meses de Marzo, Setembro, Xuño e Decembro. [83] 67 (a) Táboa 2: Correccións por lonxitude para os ortos e ocasos do Sol. [83] (b) Táboa 3: Correccións por latitude para os ortos e ocasos do Sol. [83] (a) Táboa 5: Correccións por lonxitude para os ortos e ocasos da Lúa. [83] (b) Táboa 6: Correccións por latitude para os ortos e ocasos da Lúa. [83] 68 ANEXO A: EXEMPLO DALGUNHAS APLICACIÓNS DAS TÁBOAS DO ANUARIO Anexo B: Revistas astronómicas Neste anexo presentamos as revistas da área da astronomía e astrofísica cun 2020 Journal Impact Factor (2020 JIF) superior a 5.0 e ordenadas de maior a menor 2020 JIF según Journal Citation Reports (https://jcr.clarivate.com/jcr/home): Annual Review of Astronomy and Astrophysics Astronomy and Astrophysics Review Living Reviews in Solar Physics Nature Astronomy Annual Review of Earth and Planetary Sciences Astrophysycal Journal Supplement Series Space Science Reviews Astrophysycal Journal Letters Astronomical Journal Astrophysical Journal Journal of Cosmology and Astroparticle Physics Astronomy and Astrophysics Publications of the Astronomical Society of Australia Publications of the Astronomical Society of the Pacific Physical Review D Monthly Notices of the Royal Astronomical Society Publications of the Astronomical Society of Japan 69 70 ANEXO B: REVISTAS ASTRONÓMICAS Bibliografía [1] Kukso, F. (2003). Una constelación de marfil: el mapa estelar más antiguo Página12.https://www.pagina12.com.ar/diario/suplementos/futuro/ 13-354-2003-02-01.html [2] Fernandez P., I. e Docobo, J.A.. (2013). As Matemáticas e a Astronomía en Galicia. Universidade de Santiago de Compostela. [3] Sweatman, M. B. e Coombs. A. (2003). Decoding European Palaeolithic Art: Extremely Ancient knowledge of Precession of the Equinoxes. Athens Journal of History,5, 1-30. https://arxiv.org/ftp/arxiv/papers/1806/1806.00046.pdf [4] Symons, S. L. (2007). A Star’s Year: The Annual Cycle in the Ancient Egyptian Sky. Calendars and Years: Astronomy and Time in the Ancient World., Oxford. 1-33. https://web.archive.org/web/20130615213439/http://www2.le.ac. uk/Members/sls25/paperstarsyear/ [5] Rogers, J. H. (1998). Origins of the ancient constellations: I. The Mesopotamian traditions. Journal of the British Astronomical Association, 108(1), 9-28. https: //ui.adsabs.harvard.edu/abs/1998JBAA..108....9R/abstract [6] Brack-Bernsen, L. (2005). The “days in excess” from MUL.APIN. On the “first intercalation” and “water clock” schemes from MUL.APIN. Centaurus, 47(1), 1-29. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/epdf/10.1111/j.1600-0498.2005. 00016.x?saml_referrer [7] Theobald, U. (13 de xuño de 2013). Gan-Shi xing jing. ChinaKnowledge.de - An Encyclopaedia on Chinese History, Literature and Art. http://www.chinaknowledge. de/Literature/Daoists/ganshixingjing.html [8] Seline, H. (2016). Encyclopaedia of the History of Science, Technology and Medicine in Non-Western Cultures. Springer Reference. https://books.google.es/books?id= GzjpCAAAQBAJ&pg=PA342&lpg=PA342&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false 71 72 BIBLIOGRAFÍA [9] Docobo, J.A. ¿Como medir el brillo aparente de una estrella? (2019). [Material de clase] G1011443: Fundamentos da Astronomía. Universidade de Santiago de Compostela. [10] Gorocica. F. (2000). Almagesto. WikiSource. Recuperado o día 12 de Maio de 2021 de https://es.wikisource.org/wiki/Almagesto [11] Arribas, A. (2012). Claudio Ptolomeo: el señor de los epiciclos. Seminario de Historia de las Matemáticas, Universidad Complutense de Madrid. http://blogs.mat.ucm. es/shm/wp-content/uploads/sites/17/2012/05/Ptolomeo-2012.pdf [12] Zahoor, A. (1997). Abd Al-Rahman Al-Sufi (Azophi) (903 - 986 C.E.). ESO Search for Potential Astronomical Sites (ESPAS). https://www.eso.org/gen-fac/pubs/ astclim/espas/iran/sufi.html [13] Ollagnier, C., Schvoerer, M. e Vidal, M. (2014). Le ciel de Samarcande, l’archéologie et le prince astronome Ulugh Beg (1394-1449). Territori della Cultura, 16, 18-26. https://www.academia.edu/30181439/Le_ciel_de_Samarcande_l_arch%C3% A9ologie_et_le_prince_astronome_Ulugh_Beg_1394_1449_ [14] Fernández F. L. (2005). Las tablas astronómicas de Alfonso X El Sabio. Los ejemplares del Museo Naval de Madrid. Anales de Historia del Arte, 15,29-50. https: //revistas.ucm.es/index.php/ANHA/article/view/ANHA0505110029A/31137 [15] Bachiller, R. (2009). Astronomía: De Galileo a la exploración espacial. Editorial Lunwerg. [16] Ridpath, I. (1988). Bayer’s Uranometria and Bayer letters. Ian Ridpath’s Star Tales. http://www.ianridpath.com/startales/bayer.html [17] Ridpath, I. (1988). Flamsteed numbers — where they really came from. Ian Ridpath’s Star Tales. http://www.ianridpath.com/startales/flamsteed.html [18] Todd, I. (2020). Messier Catalogue: the complete list. BBC Sky at Night Magazine. https://www.skyatnightmagazine.com/space-science/messier-catalogue/ [19] Messier, C. (1781). Catalogue des Nébuleuses et des amas d’Étoiles. Connaissance des temps, 1784, 227-267. https://www.messier.seds.org/xtra/Mcat/mcat1781.html [20] VizieR. (s.d.). Bonner Durchmusterung (Argelander 1859-1903). Recuperado o 1 de Xullo de https://vizier.u-strasbg.fr/viz-bin/VizieR?-source=I/122 BIBLIOGRAFÍA 73 [21] Fowler, A. (1892). The Draper Catalogue of Stellar Spectra. Nature, 45, 427–428. https://www.nature.com/articles/045427a0 [22] Lankford, J. (1996). History of Astronomy: An Encyclopedia. Publicado por Routledge. [23] Ling, J.F. Parámetros estelares e magnitudes (2019). [Material de clase] G1011443: Fundamentos da Astronomía. Universidade de Santiago de Compostela [24] Pickering, E. C. (1998). Revised Harvard Photometry: a catalogue of the positions, photometric magnitudes and spectra of 9110 stars, mainly of the magnitude 6.50, and brighter observed with the 2 and 4 inch meridian photometers. Annals of the Astronomical Observatory of Harvard College,50.http://articles.adsabs.harvard. edu//full/1908AnHar..50....1P/0000006.000.html [25] Hoffleit, D. e Warren, W. H., Jr. (1995). Bright Star Catalogue, 5th Revised Ed. VizieR On-line Data Catalog: V/50.https://ui.adsabs.harvard.edu/abs/1995yCat. 5050....0H/abstract [26] Smithsonian Astrophysics Observatory Telescope Data Center. (s.d.). SAO Star Catalog.http://tdc-www.harvard.edu/catalogs/sao.html [27] Barry M. Lasker. et al. (1990). The Guide Star Catalog. I. Astronomical Foundations and Image Processing. The Astronomical Journal, 99(6), 2019-2058. http: //articles.adsabs.harvard.edu/pdf/1990AJ.....99.2019L [28] Barry M. Lasker. et al. (1990). The Guide Star Catalog. II - Photometric and astrometric models and solutions. The Astronomical Journal, 99(6), 2059-2081. http: //adsabs.harvard.edu/full/1990AJ.....99.2059R [29] Space Telescope Science Institute. (10 de abril de 2016). GSC-1.https://gsss. stsci.edu/Catalogs/GSC/GSC1/GSC1.htm [30] Barry M. Lasker. et al. (2008). The Second-Generation Guide Star Catalog: Description and Properties. The Astronomical Journal, 136(2), 735-766. https://ui.adsabs. harvard.edu/abs/2008AJ....136..735L/abstract [31] Monet, David G. et al. (2003). The USNO-B Catalog. The Astronomical Journal, 125, 984-993. https://iopscience.iop.org/article/10.1086/345888/pdf [32] Zacharias, N.; Urban, S. E. et al. (2000). The First US Naval Observatory CCD Astrograph Catalog. The Astronomical Journal, 120, 2131-2147. https://iopscience. iop.org/article/10.1086/301563/pdf