scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 20-12-2018 polo que se aproba a Normativa de Planificación Académica Anual do curso 2019/2020

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Abstract

Normativa de Planificación Académica Anual (PAA) para o curso 2019/2020 aprobada en Consello de Goberno do 20-12-2018 (Normativa e Calendario)

Full text

1 NORMATIVA DE PLANIFICACIÓN ACADÉMICA ANUAL CURSO 2019-2020 (Consello de Goberno do 20/12/2018) CAPÍTULO I CAPACIDADE LECTIVA, ENCARGO LECTIVO, RECOÑECEMENTO DA ACTIVIDADE ACADÉMICA DO PDI E DETERMINACIÓN DAS NECESIDADES LECTIVAS NON CLÍNICAS E CLÍNICAS DAS ÁREAS DE COÑECEMENTO 1. CAPACIDADE LECTIVA E TITORIAL DAS ÁREAS DE COÑECEMENTO 1.1 Capacidade lectiva non clínica da área e capacidade de titorías 1.2 Capacidade lectiva clínica da área de coñecemento 1.3 Capacidade lectiva neta 2. ENCARGO LECTIVO DAS ÁREAS DE COÑECEMENTO 2.1 Criterios para determinar o encargo lectivo das áreas de coñecemento 2.1.1 Módulo de grupo para impartir as materias (número de alumnos por grupo) por cada tipo de docencia 2.1.2 Estimación do número de alumnos matriculados en cada materia para a creación de grupos 2.2 Determinación do encargo lectivo (non clínico e clínico) das áreas de coñecemento 2.2.1 Encargo lectivo en Graos e Mestrados 2.2.2 Encargo lectivo de referencia, medido en horas por ECTS, dunha materia tipo de 6 ECTS de Grao e Mestrado, por cada grupo de docencia. 2.2.3 Encargo lectivo e titorías de TFG e TFM por alumno 2.2.4 Encargo lectivo e titorías para a titorización de prácticas externas tanto de Grao como de Mestrado asignadas ás áreas da USC (en ningún caso, Área Externa), por alumno 2.2.5 Encargo lectivo e titorías para a titorización de Practicum asignadas ás áreas da USC (en ningún caso, Área Externa), por alumno 3. RECOÑECEMENTO DAS ACTIVIDADES ACADÉMICAS DO PDI MEDIANTE HORAS DOCENTES EQUIVALENTES (HDE) 3.1 Recoñecemento da actividade de investigación do PDI (AI) 3.2. Recoñecemento da actividade docente (AD) 3.2.1 Coordinación docente nas titulacións 3.2.2 Outras actividades docentes 3.2.3 Número de alumnos por grupo de docencia expositiva que debe atender un PDI adscrito a unha área de coñecemento 3.2.4 Criterios para o cómputo da AD 3.3. Recoñecemento das actividades de xestión (AX) 3.3.1. Coordinación de áreas de coñecemento 3.3.2. Cátedras institucionais activas e presidencia da ACSUG 4. DETERMINACION DAS NECESIDADES LECTIVAS NON CLINICAS E CLINICAS 2 CAPÍTULO II PLAN DOCENTE ANUAL, HORARIOS, PLAN DE ORGANIZACIÓN DOCENTE, PROGRAMACIÓN DOCENTE DAS MATERIAS, OFERTA ACADÉMICA DOS ESTUDOS OFICIAIS E CALENDARIO DE PAA 1. PLAN DOCENTE ANUAL (PDA) 1.1 Órganos responsables 1.2 Parámetros para a elaboración do PDA 1.3 Contido da proposta de PDA 1.4 Asignación do encargo 1.5 Actuación para a optimización dos recursos na elaboración do PDA en relación coas necesidades lectivas 1.6 Modificacións de PDA 2. PROGRAMACIÓN DOS HORARIOS DAS ACTIVIDADES DOCENTES DAS MATERIAS DOS PLANOS DE ESTUDO E DO CALENDARIO DE EXAMES 2.1 Titulacións de Grao e de Mestrado 2.2 Titulacións oficiais con materias que teñen máis dun grupo de docencia 3. PLAN DE ORGANIZACION DOCENTE DOS DEPARTAMENTOS (POD) 3.1 Principios xerais sobre obrigas docentes 3.2 Distribución das horas lectivas entre membros do departamento 3.3 Recoñecemento de HDE 3.4 Distribución de docencia entre materias de grao e mestrado 3.5 Asignación de docencia en campus distinto e mobilidade do PDI 3.6 Actuación dos departamentos con prazas pendentes de resolución, incorporacións, baixas, licencias ou cambios de contrato ou dedicación 3.6.1 Prazas en concurso pendentes de resolución 3.6.2 Incorporacións, baixas, licencias ou cambios de contrato ou dedicación 3.7 Persoal investigador predoutoral 3.8 Persoal investigador posdoutoral 3.9 Modificacións do POD 3.10 O POD e as actas 4. PROGRAMACION DOCENTE DAS MATERIAS 5. OFERTA ACADÉMICA DOS ESTUDOS OFICIAIS 6. CALENDARIO DE PLANIFICACION ACADÉMICA ANUAL Disposición final primeira Disposición final segunda Disposición revogatoria 3 A PLANIFICACIÓN ACADEMICA ANUAL A Planificación Académica Anual (en adiante PAA) é o instrumento que permite formular a oferta de titulacións oficiais da universidade, ao establecer criterios de actuación comúns dos distintos axentes que interveñen no proceso. Os procedementos que configuran o proceso de PAA son: 1. O de adscrición funcional aos efectos de docencia das materias das titulacións de grao e mestrado a departamentos e áreas de coñecemento. 2. O de asignación efectiva do encargo docente das materias de grao e mestrado e os complementos formativos do doutoramento de ser o caso. 3. O Plan Docente Anual (en adiante PDA) de cada titulación oficial. 4. O Plan de Organización Docente (en adiante POD) de cada departamento. 5. Os horarios das actividades docentes definidas nas materias dos plans de estudos das titulacións ofertadas xunto co calendario de exames. 6. O da programación docente de cada unha das materias que se ofertan nos distintos plans de estudos. As principais normas a ter en conta para a elaboración da PAA son as seguintes: - Real Decreto 898/1985 do 30 de abril sobre o Réxime do profesorado universitario (BOE do 19 de xuño) modificado polos RD 1200/1986, RD 554/1991 e o Convenio colectivo do PDI. - Real Decreto 1558/1986 do 28 de xuño polo que se establecen as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias. - Regulamento de asignación efectiva do encargo docente das materias das titulacións de Grao e Master a departamentos e áreas de coñecemento (Acordo do Consello de Goberno do 17/02/2010) e a súa modificación. - Regulamento de adscrición funcional aos efectos de docencia das materias das titulacións de Grao e Master a departamentos e áreas de coñecemento (Acordo do Consello de Goberno do 19/11/2009 e do 21/12/2009 respectivamente) e as súas modificacións. - Regulamento dos estudos de doutoramento (Programas de doutoramento segundo o RD 99/2011). - Normativa de mobilidade entre os campus de Santiago de Compostela e Lugo para PDI con vinculación permanente á Universidade de Santiago de Compostela (Acordo do Consello de Goberno do 21 de decembro de 2009). - O Plan de Calidade: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/calidade/descargas/ Planificacion/PlanCalidade.pdf - Criterios para a oferta de continuidade dos mestrados interuniversitarios (Acordo do Consello de Goberno do 25 de maio de 2012). 4 CAPÍTULO I CAPACIDADE LECTIVA, ENCARGO LECTIVO, RECOÑECEMENTO DAS ACTIVIDADES ACADÉMICAS DO PDI E DETERMINACIÓN DAS NECESIDADES LECTIVAS NON CLÍNICAS E CLÍNICAS 1. CAPACIDADE LECTIVA1 E TITORIAL DAS ÁREAS DE COÑECEMENTO As obrigas docentes, relativas á capacidade lectiva e titorial das distintas figuras do profesorado son as que establece o R.D. 898/1985 do 30 de abril sobre Réxime do profesorado universitario (BOE do 19 de xuño) modificado polos RD 1200/1986, RD 554/1991 e máis o Convenio colectivo do PDI. 1.1 Capacidade lectiva non clínica da área e capacidade de titorías A capacidade lectiva non clínica é a suma da capacidade lectiva non clínica das prazas de PDI ocupadas en cada área de coñecemento que poden impartir docencia. A capacidade de titoría é a suma da capacidade de titoría das distintas figuras do PDI da área de coñecemento de acordo coa normativa vixente. A actividade titorial do profesorado pode distribuírse en titorías programadas polo profesorado (en despacho e virtuais) e titorías en aula programadas polos centros responsables dos títulos. O número de horas de titorías en aula para cada figura de profesorado en ningún caso superará o 50% da súa capacidade de titoría. Dedicación Corpo/categoría 2Horas lectivas Horas titorías Tempo completo CU, CEU, TU, PCD, PAD, PC doutor, TEU38 horas/semana ou 240 horas/ano 6 horas/semana ou 180 horas/ano Tempo completo PC non doutores A mesma que os TEU A mesma que os TEU Tempo completo Lectores 12 horas/semana ou 360 horas/ano 6 horas/semana ou 180 horas/ano Tempo completo Profesorado con praza asistencial vinculada 6 horas/semana ou 180 horas/ano 3 horas/semana ou 90 horas/ano Tempo completo Profesorado con praza asistencial vinculada mediante convenio ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina As especificadas no convenio As especificadas no convenio 1 Cando non se mencione expresamente o tipo de capacidade lectiva (non clínica ou clínica) entenderase sempre capacidade lectiva non clínica. 2 CU: catedrático de universidade; CEU: catedrático de escola universitaria; TU: titular de universidade; PCD: profesor contratado doutor; PAD: profesor axudante doutor; PC: profesor colaborador; TEU: titular de escola universitaria 3 Agás profesorado titular de escola universitaria non doutor, que nos casos de forza maior ou excepcionais nos que non sexa posible asumir o encargo docente cos recursos existentes por tratarse dunha situación imprevista; nestes caso a dedicación será de 360 horas lectivas e 180 de titorías. 5 Dedicación Corpo/categoría Horas lectivas Horas titorías Tempo completo Axudantes 2 horas/semana ou 60 horas/ano 2 horas/semana ou 60 horas/ano Tempo parcial P6 6 horas/semana ou 180 horas/ano 6 horas/semana ou 180 horas/ano Tempo parcial P3 3 horas/semana ou 90 horas/ano 3 horas/semana ou 90 horas/ano Tempo parcial Profesorado con praza asistencial vinculada P6 4,5 horas/semana ou 135 horas/ano 3 horas/semana ou 90 horas/ano Tempo parcial Profesorado con praza asistencial vinculada mediante convenio ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina As especificadas no convenio As especificadas no convenio Outro persoal docente e investigador Programas Ramón y Cajal, Marie Curie e equivalentes As indicadas nas convocatorias Igual que horas lectivas Tempo parcial Eméritos 90 horas lectivas en Posgrao (oficial ou propio). Este encargo lectivo non computará aos efectos da capacidade docente das áreas de coñecemento No caso de que as actividades docentes (encargo docente) do profesorado con praza asistencial vinculada (RD 1558/86 do 28 de xuño) non inclúan o máximo do desenvolvemento de actividades clínicas, o cómputo da xornada e a capacidade lectiva e de titoría non será inferior á legalmente establecida (RD 898/1985 de 30 de abril). 1.2 Capacidade lectiva clínica da área de coñecemento É a suma das capacidades lectivas clínicas das prazas de profesorado ocupadas da área. Capacidade lectiva clínica das distintas figuras do profesorado a tempo completo e tempo parcial: Dedicación Corpo/Categoría Horaslectivas/ titorías Tempo completo Profesorado con praza asistencial vinculada 2 horas/semana ou 60 horas/ano (1/4 da súa capacidade total) Tempo parcial Profesorado con praza asistencial vinculada P6 1,5 horas/semana ou 45 horas/ano Tempo completo Profesorado con praza asistencial vinculada mediante convenio ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina As especificadas no convenio Docencia só clínica Profesorado Asociado de Ciencias da Saúde Lectivas:15 horas/semana ou 450 horas/ano Titoría: 90 horas/ano 6 Dedicación Corpo/Categoría Núm. Horas Lectivas/ titorías Docencia só clínica Profesorado Asociado de Ciencias da Saúde do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina Lectivas: 15 horas/semana ou 450 horas/ano Titoría: 90 horas/ano Cando as actividades docentes asignadas ao profesorado non inclúan o desenvolvemento do máximo de actividades exclusivamente docentes (expositiva, laboratorio, etc.) o cómputo da xornada non será inferior á legalmente establecida, de xeito que a capacidade docente dispoñible deberá incorporarse ao resto das horas dedicadas á docencia clínica, entendida como a que se realiza durante a actividade asistencial (Base décimo terceira tres.2 do RD 1558/86 do 28 de xuño). No caso de que os PACS, de xeito excepcional, impartan docencia non clínica, esta deberá ser autorizada pola vicerreitoría con competencias en organización académica. 1.3 Capacidade lectiva neta As actividades realizadas polo desempeño de cargos de xestión ou dirección e representación sindical e que supoñen unha redución das horas lectivas do PDI afectado en virtude da correspondente resolución reitoral, de acordo co aprobado polo Consello de Goberno do 24 de maio de 2018 sobre a reorganización e a revisión da redución docente e de complemento económico dos cargos académicos na Universidade de Santiago de Compostela, afectan á capacidade lectiva das áreas de coñecemento. Todas estas actividades realizadas polo profesorado poderán reducir a súa capacidade lectiva ata un máximo de 3 PDI a tempo completo (720 horas) entre os dous campus, cun reparto proporcional na área de coñecemento á que pertenzan. Este límite por área de coñecemento poderá superarse cando entre os cargos desempeñados polo seu profesorado figuren os que corresponden ao equipo de dirección da USC. Cando un profesor con dedicación a tempo completo desempeñe máis dun cargo dos aprobados en Consello de Goberno, só poderá reducir horas lectivas por un deles, que corresponderá a aquel que teña asignado o maior número de horas lectivas. No caso de que o profesor ou profesora a tempo completo teña redución por un cargo de xestión ou dirección e tamén pola representación sindical poderá acumular as reducións de horas, non obstante deberá impartir un mínimo de 60 horas lectivas. Capacidade lectiva neta dunha área de coñecemento: é o resultado de descontar da súa capacidade lectiva as horas dedicadas polo seu profesorado ás actividades polo desempeño de cargos de xestión, dirección e representación sindical que teñen recoñecidas como redución mediante a correspondente resolución reitoral. 2. ENCARGO LECTIVO DAS ÁREAS DE COÑECEMENTO 2.1 Criterios para determinar o encargo lectivo das áreas de coñecemento Tendo en conta os Regulamentos de adscrición (CG 19/11/09, CG 21/12/09 e as súas modificacións) e de Asignación de docencia en materias de Grao e Mestrado, (CG 17/02/10 e as correspondentes modificacións) , así coma o Regulamento dos estudos de doutoramento, o cálculo 7   das horas lectivas e de titoría que determinan o encargo docente das áreas axustarase aos seguintes criterios: 2.1.1 Módulo de grupo para impartir as materias (número alumnos por grupo) por cada tipo de docencia Tipos de docencia Módulo grupo (alumnos) Grao Mestrado Docencia expositiva/ encerado 80 45 Docencia interactiva (Seminario) 30 30 Docencia interactiva (Laboratorio, ordenador, etc.) 20 20 Titorización en aula 10 10 Clínicas con pacientes humanos 5 5 Docencias clínica asistencial 7 7 Docencia clínica non asistencial 10 10 Practicum/Practicas externas 1 1 Traballos Fin de Grao/Mestrado4 (por titor e curso académico) 15 1 O número de grupos de docencia expositiva e interactiva calcularase dividindo o número de alumnos polo módulo. Co resto resultante procederase do seguinte xeito: cando sexa igual ou superior ao 25% do módulo, crearase un novo grupo. A aplicación destes módulos terá carácter xeral, pero poderá axustarse tendo en conta a dispoñibilidade de recursos humanos e materiais dos centros e departamentos. 2.1.2 Estimación do número de alumnos matriculados en cada materia para a creación de grupos A estimación dos estudantes realizarase coa media do alumnado matriculado nos tres cursos anteriores (2016-17, 2017-18 e 2018/2019) en cada unha das materias ofertadas nos distintos plans de estudo, actualizada a partir do momento da aprobación deste acordo polo Consello de Goberno. Nas titulacións a implantar no curso 2019/2020 o alumnado que se estima será igual á oferta de prazas que estableza o título na memoria verificada.  O número de estudantes que se contabilizará en cada materia para a constitución dos grupos, de acordo co módulo, será igual á suma do número de estudantes de nova matrícula e dun 60 % do número de estudantes repetidores. 4 No caso de haber cotitores o número de alumnos por grupo poderá ser o duplo. 5 O número máximo (orientativo) de TFG e TFM que un Profesor/a poderá titorizar será 10 no caso do grao e 5 no caso dos mestrados, en cada curso académico. 8    O número estimado de estudantes nos Traballos Fin de Grado e Fin de Mestrado (en adiante TFG e TFM) será igual ao número de estudantes matriculados nestas materias e asignados a algunha das liñas de traballo pola Comisión do TFG/TFM do centro ou do título. Os responsables das titulacións comunicarán á vicerreitoría con competencias en organización académica, a través do Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica, o número de alumnos asignados á área de coñecemento en función das liñas de traballo asignadas e o PDI que titorizará aos estudantes6.  No caso dos mestrados interuniversitarios os alumnos novos serán os matriculados na materia, contabilizándose todos os alumnos matriculados nas universidades participantes no título sempre que esta materia se imparta conxuntamente para todo o alumnado matriculado no mestrado. 2.2 Determinación do encargo lectivo (non clínico e clínico) das áreas de coñecemento É a suma do encargo lectivo non clínico e clínico que reciben as áreas de coñecemento nas titulacións de grao e de mestrado e, de ser o caso, de doutoramento. 2.2.1 Encargo lectivo en graos e mestrados O encargo lectivo dunha área de coñecemento é o resultado da agregación, para todas as materias de grao e mestrado con docencia asignada á área de coñecemento, dos seguintes sumandos:  número de horas de docencia expositiva x número de grupos de docencia expositiva, por materia.  número de horas de docencia interactiva x número de grupos de docencia interactiva, por materia.  número de horas de docencia clínica x número de grupos de docencia clínica, por materia. Non se suman ao encargo lectivo:  as horas lectivas das materias optativas dos mestrados que teñen matriculados menos de 5 estudantes novos, agás que sexan mestrados que habiliten para o exercicio profesional.  as horas lectivas das materias optativas dos mestrados interuniversitarios cursadas polos estudantes de todas as universidades participantes, ou só polos estudantes matriculados na USC, e que teñan matriculados menos de 10 alumnos novos. 2.2.2 Encargo lectivo de referencia, medido en horas por ECTS, dunha materia tipo de 6 ECTS de grao e mestrado, por cada grupo de docencia. Tipo de docencia Grao /horas por ECTS Mestrado/horas por ECTS Expositiva 4,0 3,0 Interactiva 4,0 4,0 Titoría 0,5 1,0 6 Para o reparto de traballos, deberán terse en conta os departamentos con encargo lectivo en titulacións doutros centros. 9   2.2.3 Encargo lectivo e titorías de TFG e TFM, por alumno:  Traballo Fin de Grao / Traballo Fin de Máster Nº ECTS Horas Lectivas Grao Horas Titoría Grao Horas Lectivas Mestrado Horas Titoría Mestrado 6 4,0 10,5 4,5 11,5 7-12 5,0 12,5 5,5 14,0 13-18 6,0 16,5 6,5 18,5 19-24 7,0 18,5 7,5 20,5 Máis de 24 8,0 20,5 8,5 22,5 2.2.4 Encargo lectivo e titorías para a titorización de Prácticas Externas tanto de grao como de mestrado asignadas ás áreas da USC (en ningún caso, Área Externa), por alumno: Prácticas Externas Nº ECTS Horas Lectivas Grao/Mestrado Horas Titoría Grao/Mestrado 6 0,6 2,0 7-11 0,8 2,5 12 ou máis 1,5 3,5 2.2.5 Encargo lectivo e titorías para a titorización do Practicum asignadas ás áreas da USC (en ningún caso, Área Externa), por alumno: Prácticum Nº ECTS Horas Lectivas Grao/Mestrado Horas Titoría Grao/Mestrado 6 0,8 2,0 7-11 1 2,5 12 ou máis 2 3,5 3. RECOÑECEMENTO DAS ACTIVIDADES ACADÉMICAS DO PDI MEDIANTE HORAS DOCENTES EQUIVALENTES (HDE) A PAA debe ter en conta o traballo que desenvolve o PDI a tempo completo en relación coas actividades de investigación (AI), docencia (AD) e xestión (AX) relacionadas, de xeito expreso, nesta normativa. Serán recoñecidas como horas docentes equivalentes (HDE) e poderán afectar á capacidade lectiva do profesorado, mediante a correspondente redución. Non obstante, a aplicación efectiva das HDE pola realización das actividades que se relacionan estará supeditada a garantir a impartición da docencia asignada na PAA á área de coñecemento do profesor/a. 16   1.4 Asignación do encargo A vicerreitoría con competencias en organización académica asignará o encargo docente das materias das titulacións aos centros. Esta asignación poderá ser modificada polos órganos responsables das titulacións na elaboración da proposta de PDA, de acordo co que establece o Regulamento de asignación. 1.5 Actuación para a optimización dos recursos na elaboración do PDA en relación coas necesidades lectivas Cando o encargo lectivo das áreas de coñecemento que teñen asignada a docencia das titulacións ofertadas teña un valor superior ou próximo ao da capacidade lectiva neta desas mesmas áreas, poderanse adoptar dúas clases de accións: a) Accións relativas á oferta académica nas titulacións oficiais:  Cando unha mesma materia sexa ofertada en distintas titulacións e o número de estudantes matriculados na materia de cada titulación así o permita, a docencia só se ofertará no grupo ou grupos necesarios en función do número total de estudantes matriculados. Este proceso derivará en materias incluíntes, que son as que se ofertan, e incluídas, as que se ofertan por medio da materia incluínte.  Posibilidade de limitar a oferta de materias optativas, de xeito que a ratio entre o número de créditos optativos ofertados e o número de créditos optativos que deba cursar un estudante para titularse non supere un valor de entre 2,5 ou 2 respectando, en todo caso, a singularidade que a este respecto establece cada plan de estudos.  Posibilidade de retirar da oferta materias optativas, cando o número de estudantes matriculados en cursos anteriores sexa inferior a 5 no caso das titulacións de mestrado e 10 alumnos nas de grao. Non obstante, deberán terse en conta consideracións como o total de alumnos que acceden á titulación, recursos, mencións ou especialidades, etc. b) Accións en relación coas áreas de coñecemento e os grupos de docencia:  Posibilidade de asignar a docencia ou de adscribir as materias a outras áreas con maior dispoñibilidade docente, consonte aos acordos de adscrición.  Posibilidade de axustar o encargo lectivo á capacidade neta, reducindo o número de grupos, de xeito que o encargo docente en todos os grupos propostos quede provisionalmente cuberto. 1.6 Modificacións de PDA A vicerreitoría con competencias en organización académica só admitirá modificacións de PDA debidamente xustificadas. As modificacións deberán solicitarse ao través da aplicación Xescampus antes de que finalice o curso académico ao que afectan. Como norma xeral non se autorizarán modificacións ao PDA que teñan carácter retroactivo. 2. PROGRAMACIÓN DOS HORARIOS DAS ACTIVIDADES DOCENTES DAS MATERIAS DOS PLANOS DE ESTUDO E DO CALENDARIO DE EXAMES Os órganos responsables, antes da elaboración do POD dos departamentos, deberán establecer os horarios de todos os grupos de docencia das materias das titulacións que organizan, e a distribución de alumnos por grupo (cando menos dos grupos expositivos). 17   Só terán a consideración de horarios oficiais os introducidos na aplicación Xescampus, e serán os únicos válidos aos efectos de realizar as certificacións de compatibilidade, que de ser o caso, se soliciten. Asemade son os que se axustan aos requirimentos para o seguimento das titulacións verificadas. Na organización dos horarios deberán seguirse os criterios seguintes: 2.1 Titulacións de grao e de mestrado Deberán programarse os horarios de docencia das diferentes actividades formativas de cada materia, adecuándose aos obxectivos que, para cada unha delas, estableza o plan de estudos. No caso da organización en módulos deberá procederse do mesmo xeito. Con carácter xeral, as actividades formativas presenciais que se establezan serán do seguinte tipo: o Docencia expositiva: clases presenciais que non aspiran a unha participación activa destacada dos/as estudantes e que, polo tanto, poden impartirse en grupos grandes. o Docencia interactiva: clases presenciais que aspiran a unha participación activa do alumnado, en módulos de seminario ou laboratorio. o Titorización presencial en grupos reducidos: sesións presenciais nas que o/a profesor/a dinamiza, orienta, e supervisa o traballo autónomo do alumnado en grupos reducidos. Así mesmo, permite facer un seguimento e orientación do alumnado na realización das tarefas e actividades derivadas do desenvolvemento persoal ou colectivo da docencia expositiva e interactiva. 2.2 Titulacións oficiais con materias que teñen máis dun grupo de docencia Cando as materias ofertadas pertencentes ao mesmo curso teñan máis dun grupo, deberá procurarse que os horarios non sexan coincidentes, para facilitarlle ao alumnado tanto o cambio de grupo como a asistencia a clase, especialmente no caso dos estudantes que se matriculan en materias ofertadas en cursos distintos, estudantes que simultanean estudos ou aqueles que compatibilizan traballo e estudo. No caso de existir calquera incompatibilidade ou conflito entre materias impartidas polo mesmo docente, deberá solucionarse dando preferencia ás materias obrigatorias e de formación básica sobre as materias optativas. Os órganos responsables deberán considerar as situacións do PDI que deba impartir docencia en varios centros a fin de poder compatibilizar os horarios. Unha vez que os órganos competentes aproben os horarios das titulacións que organizan, e das que son responsables, e introduzan esta información na aplicación Xescampus para a súa publicación na web da USC, a súa modificación só se poderá realizar logo da autorización da vicerreitoría con competencias en organización académica e sempre que a mesma non cause prexuízos ao alumnado xa matriculado. Estes órganos deberán aprobar as datas dos exames antes do comezo da matrícula, introducíndoas na aplicación Xescampus para publicalas na páxina web da USC. 18   3. PLAN DE ORGANIZACION DOCENTE DOS DEPARTAMENTOS (POD) 3.1 Principios xerais sobre obrigas docentes Os departamentos están obrigados a impartir toda a docencia ofertada pola USC dentro dos seus plans de estudo oficiais durante todo o curso académico, de tal xeito que, no caso dun imprevisto, en ningún caso poderá privarse ao alumnado da recepción da docencia que lles corresponde, con independencia dos recursos dos que dispoña o departamento, ou de que os procesos de contratación do PDI adicional teñan ou non finalizado. Os departamentos deberán cubrir toda a docencia programada no PDA dunha titulación. Para cubrir este PDA terán prioridade as materias de grao sobre as materias de mestrado, e estas sobre as titulacións propias. Asemade, terán prioridade no encargo docente as materias de formación básica e obrigatorias sobre as optativas. A vicerreitoría con competencias na materia velará, dentro das dispoñibilidades orzamentarias, para que os departamentos conten cos recursos necesarios para cubrir toda a docencia programada no PDA das titulacións nas que teñan asignada docencia. 3.2 Distribución das horas lectivas entre membros do departamento Os departamentos distribuirán as horas lectivas entre os seus membros equilibradamente, respectando o seu réxime de dedicación e a área de coñecemento á que están adscritos, tendo en conta as HDE seguindo os criterios que, de ser o caso, teñan aprobados ou en aplicación da Normativa sobre o criterio de antigüidade do Persoal Docente e Investigador para efectos internos na USC (acordo do Consello de Goberno do 4 de febreiro de 2015). En todo caso o PDI da USC deberá ter asignado, polo menos, un encargo docente no seu POD de 60 horas lectivas (tanto en grupos ordinarios como de centro). O Consello de departamento non poderá aprobar o POD se non se cumpre este requisito. Os departamentos deberán asignar docencia ao seu PDI de xeito concordante entre á área de coñecemento á que pertence o PDI e a da materia que a ten adscrita para a súa impartición. Corresponde á vicerreitoría con competencias en organización académica, de acordo coa normativa que é de aplicación, autorizar o encargo docente ao profesorado que non pertenza ás áreas que a teñan adscrita. Os departamentos, sempre que sexa posible, intentarán que o número de materias distintas que deba impartir cada profesor sexa equilibrado entre todos os membros do departamento e área de coñecemento. Nas titulacións de grao tenderase a que sexa un único profesor o que imparta a materia de xeito integral, non obstante, cando por motivos de capacidade das áreas ou de programación académica das materias isto non sexa posible, procurarase que o número de profesores que interveñan na docencia dunha materia sexa o menor posible. A tal fin recoméndase que para as materias de 4,5 ECTS o número de profesores sexa 1 e no caso de que teñan máis de 4,5 ECTS o seu número non sexa superior a dous. Nas titulacións de mestrado recoméndase que non haxa máis de dous profesores encargados dunha materia se esta ten máis de 3 créditos e 1 profesor no caso de que teña 3 créditos ou menos. Cando esta norma non se cumpra deberá achegarse a oportuna xustificación. 19   O PDI non poderá ter asignadas titorías en materias nas que non imparte docencia, Igualmente no caso dos TFG e TFM, tampouco se poderá asignar horas de titoría ao PDI distinto do que os titoriza ou cotitoriza. O profesorado deberá figurar no POD no grupo no que imparte docencia, para que a información que reciban os estudantes nos seus horarios se corresponda coa realidade. Os departamentos deberán favorecer medidas de conciliación entre a vida laboral e familiar, de acordo coas accións recollidas na Área 4 de Conciliación e Corresponsabilidade do II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes: http://www.usc.es/export/sites/ default/gl/servizos/oix/descargas/II_PEIOMH.pdf 3.3 Recoñecemento de HDE No caso de haber recursos suficientes, os departamentos recoñecerán a actividade investigadora (AI), a actividade docente (AD) e a actividade de xestión (AX) dos seus membros, de xeito equilibrado, segundo se establece neste acordo. As áreas de coñecemento cuxa capacidade lectiva, en relación co encargo lectivo, non lle permita recoñecer a totalidade da AI, da AD e da AX dos seus membros, procederán á súa consideración parcial na medida na que existan recursos na capacidade lectiva das áreas. O recoñecemento que se poderá realizar, a cada membro do PDI, será proporcional á súa achega a cada un destes conceptos segundo o que establece esta normativa. 3.4 Distribución de docencia entre materias de grao e mestrado Os departamentos establecerán criterios específicos para distribuír, de xeito equilibrado, a docencia das materias das titulacións de grao e mestrado entre o seu profesorado. 3.5 Asignación de docencia en campus distinto e mobilidade do PDI Para a asignación de docencia en campus distinto ao de adscrición do PDI o departamento deberá axustarse ao establecido na Normativa de mobilidade entre campus de Santiago e Lugo para o PDI con vinculación permanente na USC. A este respecto deberá terse en conta o establecido no punto 7 Procedemento que na alínea 1 di: “A asignación de docencia en campus distinto ao de adscrición deberá ser autorizada expresamente pola vicerreitoría con competencias na materia. A proposta será aprobada polo Consello de Departamento e enviada á vicerreitoría con anterioridade á proposta definitiva do Plan de organización docente, achegando un informe razoado e, de ser o caso, un informe económico das indemnizacións que eventualmente procederían”. A vicerreitoría, con carácter xeral, autorizará a asignación temporal de actividades docentes en campus distinto aprobada polo departamento para o curso académico, sempre que a solicitude se axuste á Normativa de Mobilidade, se tramite de acordo co establecido no parágrafo anterior e o PDI imparta algunha docencia no campus ao que ten adscrita a praza. 3.6 Actuación dos departamentos con prazas pendentes de resolución, incorporacións, baixas, licencias ou cambios de contrato ou dedicación 3.6.1 Prazas en concurso pendentes de resolución: o departamento que non cubra toda a docencia asignada ás súas áreas de coñecemento, por haber prazas en concurso pendentes de resolución, procederá segundo se indica: 20   a) A docencia sen cubrir deberá asignárselle á persoa que resulte contratada logo da resolución do concurso de forma que se poidan realizar en tempo e forma as certificacións de compatibilidade, que de ser o caso se precisen. b) No caso das prazas de profesor asociado, o encargo docente das persoas que obteñan estas prazas, deberá ser concordante co perfil co que se tivera convocado o concurso. 3.6.2 Incorporacións, baixas, licencias ou cambios de contrato ou dedicación: Se comezado o curso académico hai PDI que debe incorporarse ao departamento, ou ben existen previsións de baixas, licencias por maternidade, ou mesmo cambios de contratos ou dedicacións, as obrigas docentes do PDI (horas lectivas e titorías), deberán ponderarse, respectivamente, en proporción ao período que lle reste do curso académico, ou ao período de traballo efectivo realizado, consonte á dedicación que lle corresponda. Nestes casos os departamentos deberán avaliar os recursos cos que contan e as necesidades do servizo, aos efectos de autorizar a acumulación da docencia do profesorado nun determinado período. 3.7 Persoal investigador predoutoral Segundo a Resolución do 18 de abril de 2000 da Vicerreitoría de Investigación, o Acordo da Comisión Delegada de Xunta de Goberno do 4 de abril de 2000 e o Real Decreto 63/2006 de 27 de xaneiro que aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, procede a inclusión no POD das titulacións de grao, daqueles/as contratados/as predoutorais ou investigadores en formación que estean autorizados a colaborar en tarefas docentes con fins formativos en base á convocatoria da axuda ou ao seu contrato. Esta docencia, ao ter carácter formativo, deberá ser docencia interactiva (seminario, laboratorio, clínica) e, en todo caso, tutelada por un/unha profesor/a ou por un investigador/a doutor/a pertencente ao programa Ramón y Cajal, Marie Curie ou equivalentes. O persoal investigador predoutoral non poderá ter asignadas prácticas externas nin practicum, pero sí cotitorizar TFG/TFM sempre que posúa titulación de máster ou teña unha titulación que se corresponda co nivel 3 (máster) do MECES. A colaboración deste tipo de persoal non suporá, en ningún caso, a asunción de responsabilidades que lle corresponden ao profesorado, nin as súas obrigas docentes poderán ser distintas nin superiores ás que estableza a convocatoria da axuda ou do contrato. Este persoal estará adscrito á área de coñecemento do seu titor. De todos os xeitos, poderá colaborar en docencia relacionada coa súa investigación noutra área de coñecemento, sempre que exista o acordo do departamento ou departamentos implicados. 3.8 Persoal investigador posdoutoral O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas posdoutorais poderá desenvolver tarefas docentes sempre que así o recolla a convocatoria da axuda ou o seu contrato. Os departamentos non poderán asignarlles tarefas docentes a contratados de programas distintos do Ramón y Cajal, Marie Curie ou equivalentes, en base ao acordo do claustro do 22/12/2016. Poderá ter asignadas prácticas externas e practicum e titorizar/cotitorizar TFG e TFM. 21   Este persoal estará adscrito á área de coñecemento do coordinador do grupo de investigación. De todos os xeitos, poderá colaborar en docencia relacionada coa súa investigación noutra área de coñecemento, sempre que exista o acordo do departamento ou departamentos implicados. 3.9 Modificacións do POD Tendo en conta que o POD é un elemento que forma parte da PAA, a súa modificación afecta á información contida nela, polo que as modificacións de POD deberán estar xustificadas e axustarse ao procedemento establecido e, de ser o caso, ao que se determina neste acordo.  Despois de que a vicerreitoría con competencias en organización académica aprobe o POD dun departamento, calquera modificación deberá ser expresamente autorizada polo mesmo órgano que o aprobou. A vicerreitoría só admitirá modificacións de POD debidamente xustificadas e as mesmas deberán estar solicitadas na aplicación Xescampus antes de que finalice o curso académico ao que afectan. Como norma xeral non serán autorizadas modificacións de POD que teñan carácter retroactivo en tanto que podería afectar aos intereses de terceiros. Causas de modificación do POD:  Nomeamento de profesorado, cambios na dedicación ou nos contratos realizados tras a aprobación do POD.  Baixas por enfermidade, maternidades, cesamentos ou nomeamentos de cargos académicos que afecten á capacidade lectiva dos departamentos.  Situacións imprevistas que obrigan a realizar un reaxuste da docencia. A inclusión dun/unha docente nun POD aprobado pola vicerreitoría, producida por algunha das causas numeradas anteriormente, deberá afectar ao menor número posible de materias. 3.10 POD e as actas Nas actas das materias Prácticas Externas, Practicum, Estancias, ou similares figurarán todos os docentes responsables de impartir as materias pero serán asinadas só polo/a coordinador/a da mesma. No caso de investigadores autorizados a impartir docencia, só poderán asinar actas os investigadores dos programas Ramón y Cajal, Marie Curie e equivalentes. En ningún caso poderá asinar actas o persoal investigador en formación a que fai referencia o apartado 3.7 deste documento. 4. PROGRAMACION DOCENTE DAS MATERIAS A Resolución do 15 de xuño de 2011 pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (modificada pola Resolución do 5 de Abril de 2017 aprobada polo Consello de Goberno) establece que os departamentos deberán realizar para cada materia unha programación docente ou guía docente seguindo o modelo da guía ECTS que figura en Xescampus / Planificación usuarios co nome “Modelo de Programa para as Materias”: 22   http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/resavarenacaestrevcua11.pdf Correspóndelles aos órganos dos departamentos aprobar a programación de cada materia, que deberá garantir a coordinación e a equivalencia formativa de todos os grupos dunha mesma materia e titulación. Asemade, os órganos responsables das titulacións de grao e mestrado deberán supervisar a programación aprobada polo departamento para cada materia e comprobar que se adapta ao plan de estudos vixente, debendo exercer a necesaria coordinación de programas e sistemas de avaliación dentro dun mesmo curso, ciclo e titulación segundo o establecido en cada unha das memorias das titulacións de grao e mestrado. Os departamentos deberán garantir que os estudantes dispoñan, con antelación suficiente e en todo caso antes de comezar a matrícula, de información clara e suficiente sobre a programación das materias, as actividades que se van realizar para a adquisición dos coñecementos e competencias contemplados nesa programación, os procedementos de avaliación e os criterios que se empregarán nela. Ningunha materia deberá quedar sen programar antes do comezo da matrícula. Esta información estará accesible a través da web e da guía do centro conforme ao calendario aprobado polo Consello de Goberno. Logo da aprobación consonte á normativa da guía docente11 e a súa publicación na web da USC, esta non poderá modificarse sen a autorización previa da vicerreitoría con competencias na materia. 5. OFERTA ACADÉMICA DOS ESTUDOS OFICIAIS Unha vez aberto o prazo de matrícula, só se poderá admitir a retirada de materias se teñen carácter optativo e o número de estudantes matriculados é inferior a 10. E en todo caso a proposta de supresión deberá está motivada por necesidades docentes sobrevidas que a xustifiquen. Do mesmo xeito, poderán retirarse da oferta os mestrados que non cumpran os requisitos que establece o Decreto 222/2011 do 2 de decembro, e as Instrucións que ao respecto dita a consellería con competencias en educación universitaria e de acordo cos Criterios para a oferta de continuidade dos mestrados tanto propios como interuniversitarios. Só se poderá modificar a oferta académica aprobada cando a mesma non poida ser atendida por falta dos recursos suficientes para cubrir o encargo lectivo; a estes efectos corresponderá á vicerreitoría con competencias en oferta resolver as modificacións relativas á oferta académica, e dar traslado delas, de ser o caso, ao Consello de Goberno para a súa aprobación. 6. CALENDARIO DE PLANIFICACION ACADÉMICA ANUAL Recóllese como Anexo I a esta normativa o Calendario de PAA. Da modificación do Calendario Autorízase á vicerreitoría con competencias en organización académica a modificar os prazos establecidos neste calendario por motivos imprevistos apreciados de oficio, ou a petición dos axentes que interveñen na PAA. 11 Refírese ao programa das materias que grava o profesorado na súa Secretaría Virtual e se incorpora a Xescampus 23   Disposición final primeira: Corresponde á reitoría ou vicerreitoría con competencias na materia ditar as instrucións ou resolucións de interpretación e aclaración deste acordo. Disposición final segunda: O presente acordo entrará en vigor na data de publicación no taboleiro de anuncios electrónico oficial da USC. Disposición revogatoria: Queda revogada a normativa relativa á Planificación Académica que contradiga o establecido neste acordo.  ANEXOI CALENDARIO DE PLANIFICACIÓN ACADÉMICA ANUAL 2019/2020 Datas Centros Departamentos Vicerreitoría de Organización A cadémica 29/01/19 Apertura da aplicación Xescampus para que os centros cubran o PDA Comunicación aos departamentos do inicio do proceso de PDA nos centros  15/02/19 Data límite para que os centros cubran o PDA na aplicación Xescampus  08/03/19  Data límite para que a vicerreitoría a p robe os PDA dos centros 11/03/19 Apertura da aplicación Xescampus para a gravación dos horarios das materias Presentación das solicitudes relativas ao profesorado  05/04/19 Data límite para a gravación dos horarios das materias na aplicación Xescampus Data límite para a presentación de solicitudes relativas a profesorado  08/04/19 Comunicación aos centros do inicio do proceso de POD e da programación docente das materias polos departamentos Apertura da aplicación Xescampus para que os departamentos introduzan o POD e a pro g ramación docente das materias.  06/05/19 Data límite para que os departamentos cubran o POD na aplicación Xescampus  31/05/19  Data límite para que a vicerreitoria aprobe o POD dos departamentos 05/06/19 Data límite para a aprobación da programación docente das materias nos departamentos e comunicación aos centros  14/06/19 Data límite para a aprobación da programación docente das materias nos centros e publicación na web institucional da USC  Observacións: A gravación/revisión, na aplicación informática, do Recoñecemento das actividades académicas do PDI mediante horas docentes equivalentes (HDE) coincidirá co período de gravación dos horarios das materias.