scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello Social do 22 de decembro de 2021, polo que se aproba o Regulamento de xestión patrimonial da USC

USC. Acordo Consello Social

Full text

DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13032 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia III. Outras dIspOsIcIóns unIversIdade de santIagO de cOmpOstela RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do Regulamento de xestión patrimonial desta universidade. O Consello Social da USC, na súa sesión do 22 de decembro de 2021, aprobou o Regulamento de xestión patrimonial da Universidade de Santiago de Compostela. Por isto, esta reitoría RESOLVE: Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do Regulamento de xestión patrimonial da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado no Consello Social da USC na súa sesión do 22 de decembro de 2021, nos termos do anexo desta resolución. Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2022 Antonio López Díaz Reitor da Universidade de Santiago de Compostela ANEXO regulamento de xestión patrimonial da universidade de santiago de compostela Exposición de motivos A primeira regulación do patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela provén dunha Resolución reitoral do 6 de setembro do ano 1991, que se limitou basicamente a establecer criterios de uso dos bens patrimoniais. Posteriormente, por proposta da daquela Xunta de Goberno e aprobación posterior polo Consello Social, con data do 31 de maio de 1993, aprobouse unha nova normativa que abranguía outros aspectos da xestión patrimonial ademais do uso, relacionados coa adquisición, alleamento, así como algunha referencia á explotación dos bens e ao seu inventario. O período de tempo transcorrido, ademais da regulación do réxime patrimonial vixente e aprobada ao longo dese período sobre o conxunto das administracións públicas, tanto no CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13033 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia ámbito estatal como autonómico, determinan a obsolescencia das disposicións indicadas no parágrafo anterior e fan necesaria unha actualización, desde o pleno respecto á autonomía de xestión que corresponde aos diferentes titulares de bens públicos en sentido amplo, entre eles as universidades. Esa autonomía dedúcese da propia Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, que no seu artigo 2º contén os diversos ámbitos e potestades en que se concreta, entre eles a elaboración, aprobación e xestións dos seus orzamentos e a administración dos seus bens. Este último aspecto, que agora interesa salientar, está presente tamén no título VII dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que regula conxuntamente o patrimonio nos seus artigos 163 a 166, xunto co réxime económico e o orzamentario. Este regulamento actualizado pretende establecer unha ordenación máis estruturada e integradora do réxime patrimonial, centrada na esfera da xestión dos bens e dereitos titularidade da USC e acorde coas regulacións estatal e autonómica vixentes. Dunha parte, a Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, contén preceptos tanto de alcance xeral como de carácter básico aplicables á totalidade de administracións públicas; por outro lado, a Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre a base dese regulamento estatal, establece unha ampla regulación do réxime patrimonial autonómico, de xeito que no presente regulamento se prevé a súa aplicación supletoria ou remisión directa nalgúns aspectos. A norma abrangue un total de 42 artigos, estruturados en catro títulos, xunto cunha disposición adicional e as oportunas disposicións derradeiras. No seu título preliminar recóllense as disposicións xerais relativas ao concepto de patrimonio, réxime normativo aplicable, clasificación dos bens ou a distribución de competencias; ademais, sublíñanse os principios xurídicos esenciais que rexen nesta materia. O título I refírese ao réxime xurídico e á utilización dos bens e dereitos de dominio público, ou demaniais, que se caracterizan pola súa afectación ou destino a fins concretos de uso xeral ou servizo público, ademais da súa adscrición aos diversos centros, servizos ou dependencias da Universidade para a realización efectiva deses fins. Sobre as tipoloxías de uso de que poden ser obxecto os bens demaniais, recollidas no capítulo II deste título, permítese a súa posible utilización por terceiras persoas físicas ou xurídicas alleas á coCVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13034 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia munidade universitaria, logo de obtención de autorización ou concesión segundo o uso ou ocupación de que se trate, particularidades das instalacións e a duración prevista. A ordenación do que é propiamente a xestión dos bens e dereitos patrimoniais abórdase no título II, en canto categoría de bens que, a diferenza dos demaniais, se encadra no tráfico xurídico privado. Nos dous capítulos que conforman este segundo título regúlanse tanto os modos de adquisición dos referidos bens como os negocios patrimoniais de que poden ser obxecto, con especial incidencia no alleamento de mobles e inmobles e na súa posibilidade de cesión. Faise mención, así mesmo, doutros posibles contratos que se poden formalizar, que terán igualmente a condición de contratos privados, como é o caso dos arrendamentos ou as permutas de bens. Por último, no título III e último regúlanse distintos aspectos relacionados coa protección e defensa do patrimonio, destacando as potestades públicas de investigación, deslindamento, recuperación de oficio e desafiuzamento, o alcance da obriga de inscribir nos rexistros os bens e dereitos, así como a formación dun inventario xeral que sirva de complemento necesario e apoio á xestión patrimonial. Por todo o indicado, de conformidade coa previsión contida no artigo 165.2 dos estatutos da USC e de acordo co artigo 75.3, letra k), da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, dítanse as seguintes normas regulamentarias relativas á administración e xestión dos bens e dereitos de titularidade da USC, tanto os de dominio público coma os patrimoniais, por proposta do Consello de Goberno e posterior aprobación polo Consello Social. TÍTULO PRELIMINAR disposicións xerais Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación 1. A presente norma ten por obxecto establecer o réxime xurídico sobre a titularidade e uso, así como a administración e xestión dos bens e dereitos que integran o patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela (en diante, USC), de acordo coa previsión contida no artigo 165.2 dos seus estatutos. 2. Dentro do patrimonio da Universidade entenderase incluído igualmente o pertencente ás entidades ou persoas xurídicas vinculadas a ela, xa existentes ou que poidan crearse en réxime de dereito público, para a promoción e o desenvolvemento dos fins e obxectivos que lle son propios, agás no caso de consorcios de que forme parte a USC. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13035 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Artigo 2. Concepto e clasificación 1. O patrimonio da USC está integrado polo conxunto dos bens e dereitos da súa titularidade, calquera que sexa a súa natureza e o título da súa adquisición ou aquel en virtude do cal lle fosen atribuídos. Tamén formarán parte do patrimonio da Universidade os dereitos de propiedade industrial e propiedade intelectual de que esta sexa titular como consecuencia do desempeño polo seu persoal das funcións que lle son propias. A administración e xestión patrimonial deses dereitos axustarase ao previsto igualmente, para estes efectos, na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. 2. Non se entenden incluídos no concepto de patrimonio, para os efectos deste regulamento, o diñeiro, valores, créditos e demais recursos financeiros da Universidade nin, en canto ás entidades vinculadas, de ser o caso, os recursos que conformen a súa tesouraría. 3. Os bens e dereitos que integran o patrimonio da USC, segundo o réxime xurídico a que estean suxeitos, poderán ser demaniais ou de dominio público e patrimoniais. 4. Son bens e dereitos de dominio público os que, sendo de titularidade da Universidade e formando parte do seu patrimonio, se encontren afectos ao uso xeral ou á prestación do servizo público da educación superior, así como aqueles aos que unha lei lles outorgue expresamente o carácter de demaniais. Os inmobles de titularidade da USC ou das súas entidades vinculadas en que se realicen actividades docentes, de investigación, de extensión universitaria, ou se aloxen servizos universitarios, oficinas ou dependencias dos seus órganos, consideraranse, en todo caso, bens de dominio público. 5. Son bens e dereitos patrimoniais os que, sendo de titularidade da USC, non teñan o carácter de demaniais pola súa natureza ou por estaren desafectados de forma expresa. Non obstante, terán a condición de patrimoniais, agás que se encontren nalgún dos supostos indicados no parágrafo anterior, os seguintes bens e dereitos: a) Os dereitos de arrendamento e outros de carácter persoal. b) Os valores e títulos representativos de accións e participacións no capital de sociedades mercantís ou de obrigas emitidas por estas, así como contratos de futuros e CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13036 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia opcións cun activo subxacente constituído por accións ou participacións en sociedades mercantís. c) Os dereitos de propiedade incorporal. d) Os dereitos de calquera natureza que deriven da titularidade de bens e dereitos patrimoniais. Artigo 3. Réxime xurídico 1.O réxime patrimonial da USC rexerase polo establecido na lexislación estatal sobre patrimonio, tanto de aplicación xeral como de carácter básico, para o conxunto das administracións públicas, polo disposto na Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, na Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, nos seus estatutos e neste regulamento, así como polas disposicións ditadas no desenvolvemento destas normas. Con carácter supletorio, aplicarase o previsto na lexislación autonómica sobre patrimonio vixente, nas normas do dereito administrativo para todas as cuestións relacionadas co procedemento e adopción de actos nesta materia e, na súa falta, nas normas do dereito privado, civil ou mercantil, no que afecte os restantes aspectos do seu réxime xurídico. 2. Os bens afectos ao cumprimento dos fins da USC e os actos que deriven da súa realización para o desenvolvemento inmediato de tales fins, así como os seus rendementos, gozarán de exención tributaria, sempre que os tributos e exencións recaian directamente sobre a Universidade en concepto legal de contribuínte, a non ser que sexa posible legalmente a translación da carga tributaria. 3. As propiedades administrativas especiais, así como o patrimonio cultural, rexeranse pola súa lexislación específica. Artigo 4. Competencias 1. Corresponden ao Consello Social en materia patrimonial, de acordo coa normativa autonómica e logo de proposta do Consello de Goberno, as seguintes competencias: – Aprobar a afectación ao dominio público dos bens e dereitos da Universidade e a súa desafectación, así como, se é o caso, a súa afectación secundaria ou mutación demanial. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13037 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia – Adoptar e aprobar calquera acto de adquisición ou disposición sobre bens inmobles e sobre os bens mobles por valor superior a 60.000 euros ou aqueles de extraordinario valor. – Decidir sobre a aceptación pola USC das herdanzas, legados ou doazóns ao seu favor, sen prexuízo da competencia atribuída ao/á reitor/a no parágrafo terceiro deste artigo. – Calquera outra prevista na normativa sobre patrimonio ou neste regulamento. 2. É competencia do Consello de Goberno en materia patrimonial: – Adoptar os acordos relacionados coa proposta ao Consello Social da afectación ao dominio público dos bens e dereitos da Universidade, así como a súa desafectación. – Adoptar os acordos que correspondan nos procedementos de adquisición e alleamento de bens patrimoniais. – Calquera outra prevista na normativa sobre patrimonio ou neste regulamento. 3. Son competencias patrimoniais do reitor ou reitora: – A representación xurídica da Universidade nos negocios relacionados co seu patrimonio que se subscriban. – A formalización de contratos patrimoniais, agás delegación expresa noutros órganos de goberno unipersoais. – A resolución dos expedientes relativos á administración, xestión, disposición, defensa e conservación do patrimonio universitario, sen prexuízo da delegación de funcións e actos na tramitación deses expedientes noutros órganos de goberno unipersoais. – Adoptar e aprobar calquera acto de disposición sobre bens mobles por un valor non superior a 60.000 euros, do que se dará conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social. – A aceptación de doazóns de bens mobles, equipamentos ou patrimonio bibliográfico ata un valor de 60.000 euros, do que se dará conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social. – A sinatura de convenios, acordos e protocolos xerais de actuación de carácter patrimonial con outras administracións públicas. – Calquera outra que non estea asignada a outro órgano de goberno universitario. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13038 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 4. Corresponden ao/á xerente/a as seguintes competencias en materia patrimonial: – A xestión ordinaria do patrimonio da Universidade. – A elaboración, supervisión e actualización do catálogo de bens inmobles e do inventario de bens e dereitos incluídos no patrimonio universitario. – Calquera outra que lle sexa asignada polos órganos de goberno da Universidade, ou prevista nos estatutos, na normativa patrimonial vixente ou neste regulamento. 5. Correspóndelles aos/ás decanos/as e directores/as de centro ou de escola de doutoramento, así como doutras estruturas universitarias de docencia e investigación, o control adecuado do uso e mantemento do patrimonio que teñan adscrito. Artigo 5. Principios 1. Os bens e dereitos demaniais titularidade da USC son inalienables, imprescritibles e inembargables, e non poderán ser obxecto de carga, gravame ou afección. 2. A xestión e administración dos bens e dereitos patrimoniais da USC axustarase aos principios de eficacia, eficiencia, economía e rendibilidade na súa explotación. Na súa adquisición, explotación e alleamento teranse en conta os principios de publicidade, transparencia, concorrencia e obxectividade. Por razón do seu destino, os ditos bens e dereitos patrimoniais excluiranse das providencias de embargo e dos mandamentos de execución que diten os órganos xurisdicionais e administrativos cando se encontren materialmente afectados a un uso, servizo ou función pública, cando os seus rendementos ou o produto do seu alleamento estean legalmente afectados aos fins propios da Universidade e naqueles supostos en que así se determine na normativa patrimonial. Artigo 6. Transaccións e sometemento a arbitraxe Non se poderá transixir xudicial nin extraxudicialmente sobre os bens e dereitos do patrimonio da USC, nin someter a arbitraxe as controversias que xurdan sobre eles, salvo autorización realizada polo Consello Social, logo de proposta e acordo do Consello de Goberno. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13039 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia TÍTULO I réxime xurídico e utilización dos bens e dereitos demaniais CAPÍTULO I titularidade, afectación e adscrición Artigo 7. Titularidade de bens e dereitos 1. A USC asume a titularidade dos bens e dereitos de dominio público afectos ao cumprimento das súas funcións, así como os que, nun futuro, destine a estes mesmos fins o Estado ou a Comunidade Autónoma de Galicia. As restantes administracións públicas poderán adscribir bens da súa titularidade á Universidade para a súa utilización nas súas funcións propias. 2. En canto á titularidade, afectación ou adscrición dos bens que integren o patrimonio histórico, observarase o previsto na súa normativa específica, debendo a USC establecer a súa catalogación. Artigo 8. Cambio de titularidade de bens inmobles e dereitos demaniais 1. A titularidade dos bens inmobles e dereitos demaniais sobre eles que formen parte do patrimonio da USC poderá ser transmitida a outras administracións ou entidades públicas, para os mesmos fins determinantes da afectación ou para outros fins de uso xeral ou de servizo público de competencia dos entes receptores dos bens ou dereitos. 2. Unha vez efectuada a petición da Administración ou entidade interesada sobre os bens inmobles ou dereitos, o procedemento para acordar o cambio de titularidade realizarase de acordo co previsto para o alleamento dos bens ou dereitos patrimoniais, e corresponderá ao Consello de Goberno adoptar o acordo subseguinte, do cal se dará conta ao Consello Social. 3. O cambio de titularidade formalizarase nun documento administrativo que asinarán o/a reitor/a en representación da USC e un representante da Administración ou entidade beneficiaria. 4. No suposto de que os bens ou dereitos obxecto da transmisión de titularidade deixen de estar destinados ao fin de uso xeral ou de servizo público determinante da transmisión, producirase a súa reversión ao patrimonio da USC. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13040 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Artigo 9. Afectación e desafectación de bens e dereitos patrimoniais 1. A afectación dos bens e dereitos patrimoniais vén determinada pola súa vinculación a un uso xeral ou a un servizo público de competencia da USC, e a súa conseguinte integración no dominio público. 2. A afectación realizaraa o órgano competente de acordo co previsto no artigo 4 deste regulamento, en virtude de acto expreso, agás que derive dunha norma con rango de lei. 3. Producirá os mesmos efectos que a afectación expresa a concorrencia dalgún destes supostos: a) A utilización pública, notoria e continuada durante un ano, por parte da USC ou das súas entidades vinculadas ou dependentes, de bens e dereitos da súa titularidade para un uso xeral ou para un servizo público da súa competencia. b) A adquisición de bens e dereitos por prescrición adquisitiva, de conformidade coas regras de dereito privado, cando os actos posesorios vinculen o ben ou dereito ao uso xeral ou a un servizo público. c) A adquisición de bens e dereitos a título oneroso para o cumprimento dun fin de uso xeral ou de servizo público de competencia da Universidade. d) A adquisición de bens e dereitos a título gratuíto baixo condición ou modo da súa afectación a un fin determinado de uso xeral ou de servizo público. e) A aprobación de programas ou plans de actuación xeral, ou de proxectos de obras ou servizos, cando deles resulte a vinculación de bens ou dereitos determinados a fins de uso xeral ou de servizo público de competencia da USC. f) A adquisición dos bens mobles precisos para o desenvolvemento dos servizos públicos ou para a decoración e o ornamento de dependencias oficiais. 4. A desafectación dos bens de dominio público de titularidade da USC implicará a súa consideración como patrimoniais. Agás nos supostos previstos por lei, a desafectación deberá realizarse sempre de forma expresa. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13047 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia TÍTULO II Xestión do patrimonio CAPÍTULO I adquisición de bens e dereitos Artigo 22. Modos de adquirir e contratos privados 1. A Universidade de Santiago de Compostela poderá adquirir bens e dereitos por calquera dos medios previstos para as administracións públicas no ordenamento xurídico, en particular, os seguintes: a) Por atribución da lei. b) A título oneroso. c) A título gratuíto. d) Por prescrición. e) Por ocupación. 2. As adquisicións realizadas ao abeiro deste capítulo terán a consideración de contratos privados. Cando se trate de adquisicións a título oneroso, efectuaranse libres de toda carga, gravame ou afectación, se así o exixe o cumprimento directo dos fins determinantes da súa adquisición. Con todo, poderán subsistir aquelas limitación a título de autorización ou concesión que teñan un exercicio que resulte compatible coa finalidade da adquisición. 3. De acordo coas previsións contidas no artigo 4, a competencia xeral para celebrar os contratos corresponderalle ao/á reitor/a ou órgano unipersoal en quen delegue. A súa preparación exixirá elaborar o oportuno expediente e materializarase nun documento administrativo ou notarial, segundo proceda. 4. A xurisdición civil será a competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes nos contratos que estean suxeitos ao dereito privado. Os actos de preparación, aceptación ou adxudicación rexeranse, en todo caso, pola lexislación administrativa aplicable e poderán ser impugnados ante a xurisdición contencioso-administrativa. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13048 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Artigo 23. Adquisicións a título gratuíto 1. Nas disposicións a título gratuíto realizadas a favor da USC respectarase, en todo caso, a vontade do dispoñente, e os bens e dereitos destinaranse aos fins e servizos propios da Universidade, sen prexuízo das condicións ou cargas modais a que puidese estar supeditada a disposición. 2. A aceptación das herdanzas, legados ou doazóns a favor da USC entenderase sempre feita a beneficio de inventario. Cando unha herdanza, legado ou doazón implique incorrer en custos ou ben estea sometida a condición ou modo oneroso, só poderá aceptarse se o valor do gravame imposto non excede o valor do que se adquire segundo taxación pericial ou informe que xustifique o interese público ou beneficio para a Universidade. 3. Se un ben se adquire baixo a condición da súa afectación permanente a un determinado destino, entenderase que esta condición foi cumprida e consumada tras servir ao devandito destino durante 20 anos, aínda que logo deixen de facelo por outras circunstancias sobrevidas de interese público, agás que unha disposición legal ou o título de cesión dispoña un prazo diferente. Artigo 24. Adquisición de inmobles a título oneroso 1. A adquisición de bens inmobles ou dereitos sobre eles realizadas a título oneroso instrumentarase a través do correspondente expediente, tramitado polo servizo competente en materia de xestión patrimonial, con respecto dos principios de igualdade, publicidade e concorrencia, agás cando sexa posible acudir á adquisición directa sen publicidade, nalgún dos seguintes supostos: a) Peculiaridades ou singularidades do ben, que se xustificarán expresamente no expediente de adquisición. b) Existencia de limitacións no mercado. c) Cando o vendedor sexa outra Administración pública ou, en xeral, calquera persoa xurídica de dereito público ou privado pertencente ao sector público. d) Cando sexa declarado deserto o procedemento promovido con publicidade para a adquisición, e sempre que non se modifiquen as condicións orixinais do contrato, agás o prezo e a superficie, que poderán alterarse nun 10 %. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13049 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia e) Para adquisicións efectuadas en virtude do exercicio dun dereito de adquisición preferente. f) Para adquisicións realizadas no estranxeiro. g) Cando o valor de taxación do ben ou dereito sexa inferior a 50.000 euros. h) Cando, pola localización ou situación do ben, ou ben por motivos de urxencia declarada, se considere preciso autorizar a adquisición directa. 2. A adquisición nos supostos excepcionais do punto anterior deberá estar precedida de resolución motivada que se fará pública e deberá acreditarse mediante os correspondentes informes técnicos. No caso de que o criterio determinante sexa a limitación do mercado, o valor do inmoble sexa inferior á contía indicada na letra g), por motivos da localización ou situación do ben ou polo carácter de urxencia, deberase solicitar, sempre que sexa posible, un mínimo de tres ofertas. 3. O acordo de iniciación do expediente de adquisición será adoptado polo reitor ou reitora, ou órgano en que se deleguen competencias en materia de patrimonio. En todo expediente de adquisición de inmobles a título oneroso deberán constar informes dos servizos responsables da xestión de infraestruturas e de control interno; respecto do gasto, observarase o disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación. 4. O importe das adquisicións poderá ser obxecto de aprazamento, de acordo co disposto na normativa aplicable en materia económico-financeira. Artigo 25. Adquisición de bens mobles 1. As adquisicións a título oneroso de bens mobles patrimoniais axustaranse á lexislación de contratos do sector público. 2. En todo caso poderase acordar a adquisición centralizada para determinados bens tanto desde a USC como a través do Consorcio Interuniversitario. 3. Os acordos sobre adquisición, de conformidade co disposto nos estatutos da USC, serán executados polo/a reitor/a ou órgano en que se deleguen as competencias en materia de patrimonio. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13050 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Artigo 26. Adquisicións mediante expropiación forzosa As adquisicións por expropiación forzosa realizadas por outras administracións ou entes públicos, en que a beneficiaria sexa a USC, axustaranse ao previsto na súa normativa específica e levarán implícita a afectación dos bens aos fins determinantes da súa declaración pública ou interese social. CAPÍTULO II negocios patrimoniais sobre bens e dereitos Artigo 27. Réxime xurídico e liberdade de pactos 1. A administración e disposición dos bens patrimoniais axustarase, en canto á súa preparación e adxudicación, á normativa básica e de aplicación xeral que dite o Estado, ás previsións contidas no presente regulamento e, subsidiariamente, terase en conta a regulación contida na normativa autonómica sobre patrimonio. En canto aos seus efectos e extinción, rexeranse pola mencionada lexislación e polas normas de dereito privado. 2. Na consecución dos seus obxectivos e fins propios, os contratos, convenios e demais negocios xurídicos privados sobre os bens e dereitos patrimoniais están suxeitos ao principio de liberdade de pactos. A USC poderá concertar os negocios patrimoniais que considere convenientes, ademais de estipular as cláusulas e condicións precisas, sempre que todos eles non sexan contrarios ao ordenamento xurídico ou aos principios de boa administración. 3. Os actos de disposición sobre os bens e dereitos de titularidade universitaria, tendo en conta a distribución de competencias efectuada polo artigo 4 deste regulamento, acordaraos o Consello de Goberno coa aprobación do Consello Social, ou ben o reitor ou reitora, quen deberá informar os ditos órganos colexiados. Non se poderán efectuar actos de disposición sobre bens demaniais sen a súa desafectación previa, nos termos indicados neste regulamento. 4. A xestión e alleamento de propiedades incorporais, de conformidade coa lexislación orgánica de universidades, producirase consonte o disposto na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Corresponderán ao reitor os actos de disposición relativos á transmisión a terceiros de dereitos sobre os resultados da actividade investigaCVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13051 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia dora, sempre que non excedan a cantidade de 60.000 euros, e deberase dar conta igualmente ao Consello de Goberno e Consello Social. 5. Os acordos de disposición recollerán a correspondente baixa no inventario da Universidade e adoptaranse logo de que o servizo competente en materia de xestión patrimonial instrúa o oportuno expediente administrativo. Artigo 28. Bens e dereitos alleables 1. Os bens e dereitos patrimoniais da USC que non sexan necesarios para o exercicio das competencias e funcións propias da Universidade poderán ser alleados, logo de taxación pericial para determinar o seu valor de mercado. 2. Porén, non poderán declararse alleables: a) Os bens en litixio. b) Os non deslindados ou non inscritos no Rexistro da Propiedade. c) Os non descritos ou non identificables. 3. Con carácter previo ao alleamento dun ben inmoble ou dereito real, depurarase a súa situación física e xurídica, se resultar necesario. A depuración da situación física suporá a práctica do deslindamento, recuperación de oficio ou acción que proceda para a clarificación do estado do inmoble. En canto á depuración xurídica, implicará a súa inscrición no Rexistro da Propiedade, se aínda non o estiver. Artigo 29. Alleamento de bens inmobles ou dereitos reais 1. O alleamento de bens inmobles ou dereitos reais levarase a cabo a través do correspondente expediente, e nel xustificarase debidamente que o ben ou dereito non é necesario para o uso xeral ou o servizo público que presta a Universidade, nin resulta conveniente a súa explotación. 2. No procedemento respectaranse os principios de publicidade e concorrencia e requirirase a declaración previa de alleabilidade por parte do Consello Social, logo de proposta do Consello de Goberno da USC, e logo do informe do servizo competente en materia de patrimonio. Esta declaración de alleabilidade publicarase no Diario Oficial de Galicia. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13052 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 3. O alleamento realizarase ordinariamente polo procedemento de poxa pública, efectuada á alza e empregando, se é o caso, medios electrónicos. Non obstante, poderase efectuar por concurso cando pola situación dos bens, a súa natureza ou características, resulten adecuados para atender as directrices derivadas das políticas públicas. 4. Malia o establecido no parágrafo anterior, poderase acordar a adxudicación directa nos seguintes supostos: a) Cando, unha vez celebrado o procedemento de adxudicación que proceda, se declare deserto. b) Cando o adquirente sexa outra Administración pública ou, en xeral, calquera persoa xurídica de dereito público ou privado pertencente ao sector público. c) Cando o adquirente sexa unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública. d) Cando o inmoble resulte necesario para dar cumprimento a unha función de servizo público ou a un fin de interese xeral. e) Cando a venda se efectúe a favor de quen posúa un dereito de adquisición preferente recoñecido por disposición legal. f) Cando o valor de taxación do ben non exceda os 50.000 euros e se incorporen tres ofertas ao procedemento, sempre que sexa posible. 5. No caso de que o ben teña a condición de demanial, deberá desafectarse previamente. Nos expedientes de desafectación poderá, ao mesmo tempo, declararse a súa alienabilidade. 6. Naqueles supostos en que o procedemento de licitación resulte deserto, e sen prexuízo do posible alleamento directo, poderá a USC realizar sucesivas licitacións, rebaixando o valor de taxación en cada unha delas, sen que en ningún caso a dita rebaixa supoña máis do vinte e cinco por cento do valor de taxación orixinario. 7. Se transcorre máis dun ano desde a primeira licitación sen que se adxudique o contrato, realizarase unha retaxación que actualice o valor do ben e poderá comezar de novo en tal caso o procedemento de licitación desde o principio, tomando como referencia o valor actualizado. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13053 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Artigo 30. Alleamento de bens mobles 1. O alleamento de bens mobles patrimoniais, que se instrumentará igualmente a través do correspondente expediente con respecto dos principios de publicidade e concorrencia, terá lugar por bens individualizados ou por lotes. No citado expediente incluirase a taxación pericial previa para determinar o valor dos bens. 2. A resolución de alleamento implica igualmente a desafectación dos bens. 3. O alleamento efectuarase ordinariamente mediante unha poxa pública á alza ou á baixa, sen prexuízo da posibilidade de acordar a adxudicación directa cando concorra algún dos supostos previstos no artigo anterior que resulten aplicables, ou ben cando se considere de forma razoable que se trata de bens obsoletos, perecedoiros ou deteriorados polo uso. Consideraranse obsoletos ou deteriorados polo uso para estes efectos aqueles bens cuxo valor no momento da taxación para a venda sexa inferior ao vinte e cinco por cento do seu prezo de adquisición. Artigo 31. Permuta de bens patrimoniais 1. Os bens e dereitos patrimoniais poderán ser permutados cando por razóns debidamente xustificadas no expediente resulte conveniente para o interese da Universidade, e a diferenza de valor entre os bens ou dereitos que se trate de permutar, segundo taxación, non sexa superior ao cincuenta por cento dos que o teñan maior. Se a diferenza for maior, o expediente tramitarase como adquisición ou alleamento segundo o caso, con pagamento de parte do prezo en especie. 2. Serán de aplicación á permuta as normas previstas para o alleamento de bens e dereitos, salvo o disposto en canto á necesidade de tramitar o correspondente procedemento para a adxudicación. 3. A diferenza de valor entre os bens que se vaian permutar pode ser aboada en metálico ou mediante a entrega doutros bens ou dereitos de natureza distinta. Artigo 32. Arrendamentos de bens inmobles patrimoniais 1. Os arrendamentos de bens inmobles patrimoniais que a USC precise para o cumprimento dos seus fins, así como a prórroga, renovación ou resolución anticipada dos correspondentes contratos, efectuaranos o/a reitor/a ou órgano unipersoal en quen delegue, ao CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13054 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia cal tamén corresponderá a súa formalización. O/a reitor/a dará conta do arrendamento ao Consello de Goberno e ao Consello Social, na primeira reunión dos devanditos órganos posterior ao acto. 2. Para proceder ao arrendamento de bens patrimoniais, será aplicable o procedemento previsto no artigo 24 deste regulamento. Ademais das causas previstas nos diferentes puntos do ordinal 1º do citado artigo sobre a adxudicación directa que resulten aplicables, poderá concertarse de modo directo o arrendamento cando a urxencia da contratación resulte de acontecementos imprevisibles ou cando a renda anual non supere os 15.000 euros, e a súa duración non exceda un ano. Neste último caso, a tramitación do expediente só requirirá a aprobación do gasto e a incorporación a este do contrato. Artigo 33. Cesión gratuíta de bens patrimoniais 1. Os bens e dereitos patrimoniais da USC poderán ser cedidos gratuitamente a outras administracións públicas ou institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, para fins de utilidade pública ou interese social, sempre e cando a propia Universidade non xulgue previsible a súa afectación, utilización ou explotación, e non fose posible vendelos ou permutalos, ou ben se consideren obsoletos ou deteriorados polo uso. 2. O acordo de cesión incluirá, en todo caso, os seguintes aspectos: a) Se ten por obxecto a propiedade do ben ou dereito, o seu usufruto ou só o seu uso, indicando neste último suposto o prazo polo que se acorda a cesión. b) A finalidade a que se destinarán os bens ou dereitos cedidos. 3. A USC adoptará as medidas que considere oportunas para a verificación do cumprimento das obrigacións do cesionario. Cando os bens cedidos non se aplicasen aos fins ou condicións sinalados no acordo de cesión, ou deixen de estalo con posterioridade, ou cando se descoiden ou utilicen con grave quebrantamento para os intereses públicos, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Universidade. Nese suposto a resolución que declare a extinción da cesión determinará, de resultar procedente, a indemnización polas deterioracións que sufrisen os bens, logo da estimación da súa contía mediante taxación pericial. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13055 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 4. A cesión ou a reversión dos bens ou dereitos cedidos, se é o caso, faranse constar no Inventario Xeral da Universidade. Artigo 34. Procedemento de cesión de bens e dereitos patrimoniais 1. A cesión de bens e dereitos patrimoniais acordarase, ordinariamente, mediante resolución reitoral, sen prexuízo da posible delegación noutros órganos de goberno unipersoais. Porén, naqueles supostos en que o obxecto da cesión sexan inmobles, ou ben mobles ou dereitos cuxo valor supere o importe de 60.000 euros, a competencia para a proposta de acordo da cesión corresponderá ao Consello Social, por proposta do Consello de Goberno. 2. No acordo de cesión, ademais dos aspectos indicados no parágrafo segundo do artigo anterior, recolleranse as condicións e a forma en que se levará a cabo, o tempo ou duración dela e, no caso de inmobles, a obriga de devolvelos nas condicións en que foron entregados. 3. O procedemento iniciarase mediante solicitude da persoa ou entidade interesada dirixida ao reitor ou reitora, en que deberá constar: a) A identidade de quen asina ou a acreditación da súa representación, se é o caso. b) O ben ou dereito cuxa cesión se solicita. c) O fin ou fins aos que se destinará, e que se conta cos medios necesarios para o seu cumprimento. d) Os compromisos de carácter xeral que, en virtude da lexislación vixente, asumen os cesionarios de bens públicos sinalados no parágrafo seguinte, así como os que se acorden con carácter particular. 4. Os compromisos de carácter xeral asumidos polos cesionarios serán, polo menos, os seguintes: – Destinar o ben ou dereito á finalidade mencionada na solicitude que xustifica a cesión. – Aceptar que se o ben ou dereito cedido gratuitamente non fose destinado ao uso previsto, ou deixase de destinarse posteriormente, se considerará resolta a cesión e aquel reverterá á USC. CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4 DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13056 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia – Asumir a obriga de facer fronte aos gastos e impostos necesarios para o bo uso dos bens ou dereitos cedidos. – Efectuar declaración expresa, se é o caso, de que a única vinculación xurídica e laboral do persoal que poida ocupar as dependencias obxecto da cesión será coa persoa ou entidade beneficiada por ela, excluíndose calquera tipo de vínculo posterior coa USC. – Efectuar declaración expresa de coñecer a prohibición de realizar arrendamentos ou cesións a terceiros sobre o ben ou dereito cedido. Artigo 35. Cesión de bens mobles obsoletos 1. Os bens mobles obsoletos e que non sexan de utilidade a outra unidade docente, investigadora ou administrativa da USC poderán ser cedidos a outras entidades sen fin de lucro, logo da súa baixa no inventario. En ningún caso poderán ser cedidos a particulares. 2. As solicitudes serán acordadas polo reitor, tendo en conta a dispoñibilidade dos bens que se vaian ceder, coa seguinte orde de prioridade: a) Administracións e entidades de carácter público dedicadas á educación. b) Outras administracións e entidades de carácter público. c) Organizacións non gobernamentais e entidades privadas sen ánimo de lucro cuxa finalidade principal sexa a educación. d) Outras organizacións non gobernamentais e entidades privadas sen ánimo de lucro. Dentro de cada grupo, as solicitudes serán atendidas por orde de recepción. 3. As cesións de bens mobles obsoletos formalizaranse mediante un convenio ou unha resolución reitoral. TÍTULO III protección e defensa do patrimonio Artigo 36. Obriga de protección e defensa 1. A USC está obrigada a protexer e defender o seu patrimonio por calquera dos medios previstos na normativa patrimonial vixente e, en particular, investigando e inventariando os CVE-DOG: 54cxzrv9-bjt4-r0e2-2q70-nr9sew9eaxm4