Full text
Traballo de Fin de Grao A VIOLENCIA FILIO – PARENTAL Autora: Silvia Ansede Fariña Titora: Mª Begoña Gómez Vázquez Setembro 2015 GRAO EN PEDAGOXÍA CURSO ACADÉMICO 2014-2015
A violencia filio – parental lA violencia filio – parental CHILD TO PARENT VIOLENCE
ÍNDICE Resumo ................................................................................................................................. 1 Introdución ............................................................................................................................ 2 1. Definición de violencia filio – parental ................................................................................ 3 2. Modelos explicativos da violencia filio – parental ............................................................... 4 3. Factores que inflúen na violencia filio – parental ............................................................... 6 4. Características das familias que sofren violencia filio – parental ....................................... 9 4.1. Características das vítimas ......................................................................................... 9 4.2. Características dos/as agresores ...............................................................................10 5. Evolución do fenómeno da violencia filio – parental .........................................................11 6. Intervención con familias e menores con condutas de maltrato ........................................15 6.1. Marco legal ................................................................................................................16 6.2. Programas e centros de intervención .........................................................................20 6.2.1. Programa de Intervención con Familias e Menores con Condutas de Maltrato da “Colonia San Vicente Ferrer” .........................................................................................20 6.2.2. Euskarri – Centro de Intervención en Violencia Filio - parental ............................21 6.2.3. Programa de Intervención por Maltrato Familiar Ascendente ..............................22 6.2.4. Programa recURRA – GINSO .............................................................................22 Conclusións ..........................................................................................................................23 Referencias bibliográficas ....................................................................................................27
1 Resumo A violencia filio – parental converteuse nun fenómeno en incremento na nosa sociedade, que se constata, principalmente, polo aumento de denuncias xudiciais interpostas polos pais agredidos. Realizamos un traballo de investigación documental, a través dunha metodoloxía baseada na busca e revisión bibliográfica sobre a temática, co fin de conceptualizar e describir este fenómeno. Expoñemos os principais modelos explicativos propostos por diferentes autores, os factores implicados que favorecen a súa aparición e mantemento, as características das familias e dos menores agresores, así como a análise da súa evolución en España nos últimos anos e, finalmente, un breve resumo sobre a situación xurídico – legal do menor no noso país, e unha revisión dalgunhas referencias de modelos de intervención. Palabras chave: violencia filioparental, violencia familiar, menores infractores, familia, intervención. Resumen La violencia filio – parental se ha convertido en un fenómeno en incremento en nuestra sociedad, que se constata, principalmente, por el aumento de denuncias judiciales interpuestas por los padres agredidos. Realizamos un trabajo de investigación documental, a través de unha metodología basada en la búsqueda y revisión bibliográfica sobre la temática, con el fin de conceptualizar y describir este fenómeno. Exponemos los principales modelos explicativos propuestos por diferentes autores, los factores implicados que favorecen su aparición y mantenimiento, las características de las familias y de los menores agresores, así como el análisis de su evolución en España en los últimos años y, finalmente, un breve resumen sobre la situación jurídico – legal del menor en nuestro país, y una revisión de algunas referencias de modelos de intervención. Palabras clave: violencia filio – parental, violencia familiar, menores infractores, familia, intervención. Abstract Child to parent violence has become a phenomenon on the rise in our society , which is found mainly by increasing lawsuits filed by parents assaulted. We conducted a desk research , through methodology based on the search and literature review on the topic , in order to conceptualize and describe this phenomenon. We present the main explanatory models proposed by different authors , the factors involved that favor its appearance and maintenance , characteristics of families and minors offenders and analysis of its evolution in
2 Spain in recent years and , finally , a brief summary of the legal situation - legal child in our country , and a review of some references intervention models. Key words: child to parent violence, family violence, juvenile offenders, family, intervention Introdución O presente Traballo Fin de Grao aborda o tema da violencia filio – parental, denominada tamén violencia familiar ascendente, que se enmarca no contexto da violencia familiar ou violencia doméstica. Este tipo de violencia xerada na familia, se refire concretamente á exercida polos fillos/as cara os seus proxenitores. “É unha violencia que se produce xeralmente en escalada: comeza habitualmente con insultos e descalificacións, pasa a ameazas e ruptura de obxectos, e finaliza con agresións físicas de índole cada vez máis severa” (Pereira e Bertino, p. 72). A violencia filio – parental converteuse nun fenómeno emerxente e preocupante na nosa sociedade actual, debido a que nos últimos anos se aprecia un aumento das denuncias interpostas polos proxenitores agredidos. De feito, ante a constancia da existencia deste fenómeno, actualmente a violencia filio – parental se considera un terceiro tipo de violencia familiar ou doméstica, xunto coa paterno – filial e a violencia conxugal. Aínda así, non podemos dicir que se trata dun fenómeno inexistente anteriormente, xa que a violencia dos fillos contra os pais sempre existiu, pero a maioría dos casos non se coñecían ou non sobresaían ante a opinión pública como ocorre nestes momentos. Non obstante, non se trata exclusivamente dun conflito pertencente ás familias, senón tamén dunha problemática social que está adquirindo unha maior repercusión social e mediática e, polo tanto, maior concienciación. O obxectivo deste traballo é describir o fenómeno da violencia filio – parental, aportando a información teórica que facilita a súa comprensión, así como analizar a súa evolución no noso país e, por último, recompilar a lexislación e diversos modelos de intervención para familias e menores con condutas de maltrato. Para tal fin, realizouse un traballo de iniciación á investigación documental, a través dunha metodoloxía baseada no emprego de estratexias de procura documental e bases de datos científicas, e na consulta de diferentes fontes documentais. Referente á elaboración do informe final, tras revisar e seleccionar a información e os resultados máis destacables para fundamentar esta temática, se estrutura principalmente en tres bloques. No primeiro bloque, que abarca dende o apartado 1 ao 4, se desenvolve o marco teórico e conceptual sobre o tema, no que inicialmente se define o termo de violencia
3 filio – parental. Posteriormente se expoñen algúns modelos explicativos, e diversos factores de risco que presentan unha correlación positiva no desenvolvemento de condutas violentas dos fillos cara os pais. Para rematar este apartado, se describen as características das familias que sofren violencia filio – parental, tanto as das vítimas como as dos/as agresores. No segundo bloque, correspondente o apartado 5 de “Evolución do fenómeno da violencia filio – parental”, se ofrece un rexistro da evolución do fenómeno, como o propio nome do apartado indica, aportando os resultados obtidos en base ós procesos incoados, e datos estatísticos tras a revisión de diversos estudos sobre este tipo de violencia. E no terceiro bloque, relativo o apartado 6 sobre a “Intervención con familias e menores con condutas de maltrato”, se recolle o marco legal en materia de xustiza de menores existente en España, e diversos programas e centros que abordan o tratamento da violencia filio – parental no noso país. Para finalizar se expoñen as conclusións máis importantes xeradas a partir da elaboración deste traballo e, por outro lado, se inclúen as referencias bibliográficas consultadas para a súa realización. Dende a Pedagoxía, como futuros profesionais da educación que desenvolven a súa función en diversos contextos educativos e sociais, este traballo responde, en primeiro lugar, á competencia de ter capacidade de analizar as diversas realidades nas que se desempeña a labor profesional dos/as pedagogos/as. Outras competencias desenvoltas son as de coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, así como xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comportan o desenvolvemento dunha profesión, neste caso a do/a pedagogo/a, e realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas pedagóxicas. 1. Definición de violencia filio – parental Cando se fala de violencia filio – parental, non cabe dúbida de que nos referimos a un tipo de violencia intrafamiliar efectuada de fillos/as a pais, é dicir, aquela violencia que protagonizan os fillos/as que converten ós seus pais en vítimas. Neste sentido, a vítima da violencia é “o suxeito xuridicamente obrigado ás labores de coidado e educación do seu mesmo agresor” (Chinchilla, Gascón, García e Otero, 2005, p. 3). Existen diferentes definicións que engloban aspectos relevantes sobre este fenómeno. Aroca (2010; cit. en Aroca, Lorenzo e Miró, 2014, p. 158) establece que:
4 a violencia filio – parental é aquela onde o fillo/a actúa intencional e conscientemente co desexo de causar dano, prexuízo e/ou sufrimento aos seus proxenitores, de forma reiterada ó longo do tempo, e co fin inmediato de obter poder, control e dominio sobre as súas vítimas para conseguir o que desexa, por medio da violencia psicolóxica, económica e/ou física. Nesta definición a autora pon de manifesto a intencionalidade, así como a reiteración, da conduta violenta exercida polo fillo/a, o cal pretende obter a autoridade e o control da situación no ámbito familiar, causando dano e sufrimento ós seus pais. Pereira (2006, p. 2), que tamén fai referencia ó feito de que a violencia é reiterada no tempo, define a violencia filio – parental como: as condutas reiteradas de violencia física (agresións, golpes, empuxóns, arroxar obxectos), verbal (insultos repetidos, ameazas) ou non verbal (xestos ameazadores, ruptura de obxectos apreciados) dirixida ós pais ou ós adultos que ocupan o seu lugar. Exclúense os casos illados, a relacionada co consumo de tóxicos, a psicopatoloxía grave, a deficiencia mental e o parricidio. Outra definición é a proposta pola Asociación Altea – España (2008, p. 15-16), que entende por violencia filio – parental: todo acto realizado polos fillos contra os seus pais, titores ou gardadores, coa finalidade de utilizalos ou tiranizalos. Con esta actuación os fillos buscan causar dano e/ou molestia permanente, utilizando a incomprensión como axioma; ameazan ou agriden para dar resposta a un hedonismo e nihilismo crecente; mostran condutas de desapego, transmitindo aos pais que non lles queren. Finalmente, Garrido (2008; cit. en Aroca, 2013, p. 15) define “a violencia filial como un trastorno que reúne un conxunto de condutas agresivas, físicas e psicolóxicas, tales como golpes, ameazas e extorsión económica, destacando do fillo a súa falta de conciencia e a súa escasa capacidade para sentir culpa”. 2. Modelos explicativos da violencia filio – parental Das teorías existentes para explicar o fenómeno da violencia filio – parental, destaca a Teoría da Aprendizaxe Social de Bandura (1982) que vincula a orixe da conduta violenta dos fillos á aprendizaxe por modelado que se produce nas relacións familiares, ou dito doutra maneira, aprendizaxe por observación.
5 Sen embargo, Garrido, Herrero e Masip (2001) sosteñen que non só se aprende a partir da observación do que fai outra persoa, senón tamén por imitación do comportamento das figuras de apego e das instrucións dadas dentro da dinámica familiar. De feito, “a imitación é o principal e primeiro elemento para aprender unha conduta, pero non tanto no seu mantemento. Por regra xeral, aprendemos condutas por observación de modelos e, posteriormente, a reproducimos e mantemos se obtemos resultados desexables para nós” (Aroca, Bellver e Alba, 2012, p. 493). Este modelo explicativo é suxerido por moitos autores que estudan a violencia filio – parental dende diferentes perspectivas. Patterson (2002) considera que, na explicación da conduta violenta, inclúese a exposición do fillo á violencia de xénero e a conflitos e problemas familiares diversos. Este mesmo autor, sinala como posibles causas da violencia filio – parental os estilos educativos ineficaces, como a excesiva permisividade e a protección, e as relacións pouco afectivas entre os proxenitores e fillos. Tamén pon énfases no feito de ser testemuña de condutas violentas, traumas por abuso e/ou abandono, denominados patróns interxeneracionais de violencia. O modelo de coerción de Patterson (1982), que se aproxima á teoría da aprendizaxe social, intenta explicar cómo se vai formando a conduta antisocial, facendo especial fincapé naqueles suxeitos que comezan as condutas antisociais ou inadaptadas a unha idade temperá, e nas experiencias disciplinarias que se producen no seno familiar. De feito, este autor considera que os pais e os fillos moldéanse mutuamente, e que a conduta é aprendida inicialmente a través da observación, polo que a conduta negativa dos menores pode ser consecuencia das respostas aversivas que manifestan os pais sobre estes. Pero “aínda que os proxenitores teñen un papel significativo na vida do seu fillo, en moitas ocasións dita influencia non é a decisiva” (Aroca, Bellver et al., 2012, p. 499). Relacionado con isto, segundo Garrido (2007, p. 15) “os pais teñen moito que ofrecer os seus fillos, pero non chegan ó extremo de moldear o seu antollo a psicoloxía e a conduta deles”. A proposta explicativa deste autor é o denominado Síndrome do Emperador, que o define como “a disposición psicolóxica que caracteriza aos fillos que maltratan ós seus pais (psíquica ou fisicamente) de forma continuada ou habitual, sen que estes poidan ser considerados “malos pais” (Garrido, 2008, p. 6). Tamén relaciona este tipo de comportamento coa psicopatía, e considera que o tipo máis grave de fillo tirano é o fillo psicópata integrado dentro da familia. Ademais sinala que “o maltrato ós proxenitores aparece en fillos con rasgos de personalidade difíciles de inhibir mediante estilos educativos competentes, polo que requiren de pautas de crianza específicas e máis intensivas” (cit. en Aroca et al., 2014, p. 167).
12 denuncias de nais e pais por agresións dos seus fillos. Maioritariamente os datos proceden do ámbito xudicial, da Fiscalía de Menores. Así, a Fiscalía Xeral do Estado cada ano presenta unha memoria na que se inclúe a exposición e a análise do número total de procedementos incoados respecto ó maltrato de ascendentes. Precisamente, na súa última memoria publicada no ano 2014 (Fiscalía Xeral do Estado, 2014) aporta as cifras detectadas dos últimos anos, que representan soamente aqueles casos nos que se emprenderon medidas legais. Os datos relativos a dita memoria determinan un número total de 4.659 asuntos incoados no ano 2013, fronte ós 4.936 do 2012 e os 5.377 procedementos do ano 2011. Nos anos anteriores se observaban aumentos progresivos, xa que se rexistraron 4.995 procedementos no ano 2010, 5.201 en 2009, 4.211 en 2008 e 2.683 denuncias no ano 2007 (gráfico 1). Gráfico 1. Evolución cuantitativa de procedementos incoados (2007 – 2013) Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Fiscalía Xeral do Estado (2014) Este incremento suxire que aparecen cifras ata o momento ocultas, en parte porque moitos pais negaban e/ou encubrían o abuso e toleraban altos niveis de agresividade antes de tomar medidas. Tamén se debe a que son pais reticentes a denunciar polo temor ás consecuencias penais que iso pode ocasionar para os seus fillos e, a miúdo, pola vergonza e sensación de fracaso na súa labor parental. Pero, actualmente, os pais están perdendo o medo e a vergonza a facelo visible e, por tanto, a denunciar cada vez máis as condutas agresivas dos seus fillos. Dita memoria reflexa a relevancia que a violencia dos fillos cara os seus proxenitores ten na nosa sociedade, e manifesta que segue sendo a tipoloxía delictiva da violencia xuvenil á que máis atención dedican as distintas Seccións de Menores. Aínda así, se resalta 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013
13 a insuficiencia de políticas, prácticas e estratexias preventivas de reforzo ás habilidades parentais. Por outro lado, en España os datos en torno á prevalencia ou incidencia sobre violencia filio – parental son moi dispares e pouco concluíntes. O estudo realizado por Ibabe et al. (2007) analiza, entre outras variables, a prevalencia de denuncias de pais cara os seus fillos menores de idade por malos tratos na poboación de Bizkaia, entre o ano 2000 e 2006. Trátase dunha investigación exploratoria baseada no análise de 103 expedientes de menores, con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos, con procedementos xudiciais abertos por delitos de violencia filio – parental, e outros tipos de delitos, na Fiscalía de Menores de Bilbao. Durante este período de tempo, e tendo como referencia as porcentaxes de denuncias por violencia filio – parental respecto ó total de delitos denunciados (gráfico 2), se observa un aumento do número de casos de violencia filio – parental na provincia de Bizkaia, sobre todo a partir do ano 2002, e un leve descenso no 2006. Gráfico 2. Evolución da porcentaxe de denuncias VF segundo o total de expedientes por ano na provincia de Bizkaia (2000 – 2006) Fonte: Ibabe et al. (2007, p. 92) Outro estudo a nivel nacional é o realizado por Romero, Melero, Cánovas e Antolín (2005) sobre menores imputados en delitos de violencia doméstica. Esta investigación inclúe o análise dos expedientes abertos e cualificados como actos de violencia doméstica polas Fiscalías de Menores de Cataluña (Barcelona, Tarragona, Lleida e Girona), dende o ano 2001 ata o 2003. A poboación obxecto de estudo son 116 menores con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos, dos cales o 79´3% son chicos e o 20´7% chicas.
14 Os resultados obtidos, en función da idade do total de menores estudados, reflicten un aumento na comisión de delitos de violencia doméstica segundo se aproximan á maioría de idade penal. Nos 14 anos o 7´8% dos expedientes implicaban algún delito de violencia doméstica, mentres que nos 17 anos a porcentaxe de expedientes incrementou de maneira notable ata un 39´7% (táboa 1). Táboa 1. Idade dos menores denunciados Fonte: Romero et al. (2005, p. 48) Diferenciando esta variable segundo o xénero dos menores infractores, os datos determinan que os varóns de 14 anos supoñían o 8´7% e as mulleres desta idade o 4´2%. E aos 17 anos o porcentaxe de varóns era do 39´1% mentres que as mulleres era 41´7% (táboa 2). Táboa 2. Idades dos menores denunciados segundo o sexo Fonte: Romero et al. (2005, p. 49) Todas estas cifras expostas se fundamentan en estudos levados a cabo con datos xudiciais, pero tamén existen diversos estudos que aportan datos sobre este fenómeno referente á poboación xeral. O estudo realizado por Ibabe e Jaureguizar (2011) atende á execución da violencia dos fillos cara os seus proxenitores, no cal participaron 485 adolescentes de ambos sexos (55% varóns e 45% mulleres), de idades comprendidas entre 12 e 18 anos, procedentes de nove centros escolares da provincia de Guipúzcoa. Os resultados obtidos indicaron que o 21% dos participantes manifestaron violencia física contra os seus pais, o 21% abuso psicolóxico e o 46% abuso emocional.
15 Por último, referente ós datos pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia, cabe destacar que na memoria da Fiscalía de Galicia de 2014, relativa ó ano 2013, ponse de manifesto que os delitos de menores por violencia familiar (doméstica e de xénero) seguen sendo un dos grupos de delitos incoados máis representativos. No ano 2013 recolléronse 223 casos por violencia doméstica respecto ós 233 do ano 2012, polo que se observa un descenso interanual de 10 delitos que representa o 4´29% na cifra global (táboa 3). Táboa 3. Infraccións penais (delitos e faltas) Fonte: Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia (2014, p. 217) A Fiscalía nesta memoria alerta da ineficacia dalgunhas medidas correctoras no caso dos menores expedientados por violencia doméstica, cando non logran a reeducación do agresor, é dicir, conseguir unha pacífica convivencia familiar. 6. Intervención con familias e menores con condutas de maltrato Neste apartado se expón o marco legal en materia de xustiza de menores existente en España, e se recompilan diversos programas e centros creados no noso país que abordan o tratamento da violencia exercida dos fillos/as cara os seus proxenitores.
16 6.1. Marco legal Dentro do marco legal en materia de xustiza de menores, concretamente no sistema de xustiza penal xuvenil en España, destacan a Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores, e a Lei Orgánica 8/2006, do 4 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 5/2000 reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores. A Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores constituíu unha reforma lexislativa relevante, xa que supuxo a consolidación do recoñecemento do menor de idade como suxeito de dereitos no proceso penal. Dita lei esixe a responsabilidade das persoas maiores de catorce anos e menores de dezaoito, pola comisión de feitos tipificados como delitos ou faltas no Código Penal ou as leis penais especiais. Referente o vixente Código Penal, aprobado pola Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, impulsou dita reforma lexislativa ó fixar a maioría de idade penal nos dezaoito anos (artigo 19), polo que os menores desta idade non serán responsables criminalmente con axuste a este Código, e esixir a regulación expresa da responsabilidade dos menores de dita idade nunha lei independente. Tomando como referencia o artigo 1 da Lei Orgánica 5/2000, se dispón que: as persoas ás que se aplique a presente Lei gozarán de todos os dereitos recoñecidos na Constitución e no ordenamento xurídico, particularmente na Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, así como na Convención sobre os Dereitos do Neno do 20 de novembro de 1989, e en todas aquelas normas sobre protección de menores contidas nos Tratados validamente celebrados por España (p. 7). Esta lei caracterízase por un procedemento de natureza sancionadora – educativa, cunhas medidas aplicables ós infractores menores de idade orientadas cara a reinserción do menor na sociedade, primando como un principio básico o interese superior do menor, é dicir, o principio de que a responsabilidade penal dos menores presenta fronte á dos adultos un carácter primordial de intervención educativa. No ámbito de aplicación da Lei Orgánica 5/2000 establécense dous tramos de idade, o primeiro de 14 a 16 anos, e o segundo de 17 a 18 anos, na graduación das consecuencias polos feitos cometidos, constituíndo para estes últimos unha agravación específica a comisión de delitos que se caracterizan pola violencia, intimidación ou grave perigo para as
17 persoas. No artigo 3 expresa que cando o autor dos feitos delictivos sexa menor de 14 anos, “non se lle esixirá responsabilidade con axuste á presente Lei, senón que lle aplicará o disposto nas normas sobre protección de menores previstas no Código Civil e demais disposicións vixentes” (p.7). No relativo á actuación dos Xuíces de Menores, son competentes para coñecer os feitos cometidos polas persoas ás que se lles aplica a Lei Orgánica 5/2000, adoptar as medidas cautelares e facer executar as súas sentencias, sen deterioro das facultades de execución asignadas ás Comunidades Autónomas. Ademais da competencia de execución das medidas, as Comunidades Autónomas desenvolven funcións normativas de creación, dirección, organización e xestión dos servizos, institucións e programas precisos para levar a cabo ditas medidas. En canto ó Ministerio Fiscal, correspóndelle a defensa dos dereitos que aos menores recoñecen as leis, así como a vixilancia das actuacións que deban efectuarse no seu interese e a observancia das garantías do procedemento, polo que se lle outorga con carácter exclusivo a investigación dos feitos e o exercicio da acción penal. En concreto, no artigo 23 da Lei Orgánica 5/2000, exponse que: “a actuación instrutora do Ministerio Fiscal terá como obxecto, tanto valorar a participación do menor nos feitos para expresarlle o reproche que merece a súa conduta, como propoñer as concretas medidas de contido educativo e sancionador adecuadas ás circunstancias do feito e do seu actor e, sobre todo, ó interese do propio menor valorado na causa” (p. 17). Para levar a cabo ditas medidas, o Ministerio Fiscal solicita ó Equipo Técnico a elaboración dun informe ou actualización dos anteriormente emitidos, sobre a situación psicolóxica, educativa e familiar do menor, así como o seu entorno social, e calquera outro aspecto ou circunstancia relevante para a adopción dalgunha das medidas previstas na Lei Orgánica 5/2000. O Equipo Técnico depende funcionalmente do Ministerio Fiscal, con función asesora, de proposta e intervención e asistencia ó menor. Así mesmo, poderá propoñer unha intervención socio – educativa poñendo de manifesto aqueles aspectos do menor que considere relevantes en orden a dita intervención. Do mesmo modo, se o estima conveniente e en interese do menor, o Equipo Técnico informará sobre a posibilidade de que este realice unha actividade reparadora ou de conciliación coa vítima. Neste caso, non sería necesario elaborar un informe, pero se non fose posible desenvolver esta actividade, se continuará co procedemento xudicial.
18 A continuación se expón un resumo esquemático do procedemento que segue a Lei Orgánica 5/2000, dende o momento da denuncia ata a resolución xudicial (cadro 1). Cadro 1. Procedemento xudicial da Lei Orgánica 5/2000 Fonte: Romero et al. (2005, p. 15) Tras varios anos transcorridos dende a entrada en vigor da Lei Orgánica 5/2000, produciuse unha reforma no sistema xuvenil español coa aprobación da Lei Orgánica 8/2006, do 4 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores. A presente Lei modifica algúns artigos da Lei Orgánica 5/2000, co fin de procurar unha maior proporcionalidade entre a resposta sancionadora e a gravidade do feito cometido, na que continua primando o interese superior do menor. Introducíronse importantes modificacións na regulación das medidas, entre as que destacan a ampliación dos supostos para impoñer medidas de internamento en réxime cerrado ós menores; se adecúa a duración das medidas á gravidade dos delitos e ás idades dos menores infractores; se inclúe unha nova medida de afastamento da vítima ou a súa familia u outra persoa que determine o Xuíz e, finalmente, se reforza a atención e o recoñecemento dos dereitos e intereses das vítimas e os prexudicados. Entre as medidas que poden impoñer os Xuíces de Menores, as cales deben ser flexibles segundo as circunstancias familiares e sociais, a idade, a personalidade e o interese do menor, destacan as seguintes:
19 Medidas de internamento: − Internamento en réxime cerrado: os menores residirán no centro, no cal desenvolverán as actividades formativas, educativas, laborais e de ocio. − Internamento en réxime semiaberto: os menores residirán no centro, pero poderán realizar fóra do mesmo as actividades formativas, educativas, laborais e de ocio establecidas no programa individualizado de execución da medida. − Internamento en réxime aberto: os menores realizan todas as actividades do proxecto educativo nos servizos normalizados do seu entorno, pero residen no centro como domicilio habitual. − Internamento terapéutico en réxime cerrado, semiaberto ou aberto: dirixido ós menores que padezan anomalías ou alteracións psíquicas, problemas de adicción ó alcohol ou drogas tóxicas, que precisan unha atención educativa especializada ou tratamento específico. Tratamento ambulatorio: os menores asisten ó centro designado con periodicidade e seguen as pautas fixadas para o tratamento adecuado da anomalía ou alteración psíquica, adicción ao consumo de bebidas alcohólicas ou drogas tóxicas. Asistencia a un centro de día: se trata dun centro plenamente integrado na comunidade, ó cal os menores acudirán a realizar as actividades de apoio, educativas, formativas, laborais e de ocio. Permanencia de fin de semana: os menores permanecerán no seu domicilio entre a tarde ou noite do venres ata a noite do domingo, a excepción do tempo en que realicen as tarefas socio – educativas asignadas polo Xuíz. Liberdade vixiada: medida pola que os menores están sometidos a un seguimento da súa actividade e da asistencia á escola, ó centro de formación profesional ou ó traballo, segundo os casos. Tamén están obrigados a manter as entrevistas establecidas no programa co Xuíz de Menores, e a cumprir cas regras de conduta impostas. Prohibición de aproximarse ou comunicarse coa vítima ou con aqueles dos seus familiares u outras persoas que determine o Xuíz: esta medida impedirá ós menores comunicarse con ditas persoas por calquera medio de comunicación ou medio informático ou telemático, contacto escrito, verbal ou visual. Convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo, durante un período de tempo determinado, para orientar ós menores no seu proceso de socialización. Prestacións en beneficio da comunidade: os menores realizan actividades non retribuídas, de interese social ou en beneficio de persoas en situación de precariedade.
20 Realización de tarefas socio – educativas: os menores desenvolven actividades educativas específicas orientadas a facilitar a súa reinserción social. 6.2. Programas e centros de intervención 6.2.1. Programa de Intervención con Familias e Menores con Condutas de Maltrato da “Colonia San Vicente Ferrer” A Colonia San Vicente Ferrer é un Centro de Reeducación de menores infractores situado en Valencia, no que se atende, dende o ano 1922, a adolescentes de ambos sexos con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos. O centro dispón de 72 prazas para o cumprimento de medidas en réxime cerrado, semiaberto, aberto e convivencia en grupo educativo. Sánchez, Ridaura e Arias (2010) crean e poñen en funcionamento o Programa de Intervención con Familias e Menores con Condutas de Maltrato no ano 2004, na Colonia San Vicente Ferrer, para dar resposta á problemática social da violencia exercida polos fillos sobre os seus pais, sendo os propios pais os que demandan esta axuda para afrontar e encontrar solucións a esta situación. Este programa de intervención baséase no modelo teórico da Psicoloxía Cognitivo – Condutual, incidindo na idea de que a forma de comportarse dos fillos é aprendida de diferentes maneiras (asociación, imitación, reforzo positivo ou reforzo negativo), e os comportamentos se repiten e manteñen polas consecuencias obtidas ó emitilos. É dicir, “as condutas se manteñen porque a persoa obtén un beneficio ó emitilas – reforzo positivo –, ou elimina sensacións desagradables no seu ambiente – reforzo negativo –“ (Sánchez, Ridaura e Arias, 2010, p. 22). O obxectivo principal deste programa é reducir, ata chegar a extinguir, os comportamentos agresivos e violentos dos/as fillos/as cara os seus pais. O modelo de traballo é fundamentalmente psicoeducativo, no que se traballa de forma individualizada cos fillos pero tamén cos pais, e de maneira conxunta con pais e fillos. Tamén se realiza unha formación grupal co conxunto de pais, a través da “Escola de pais”, co fin de proporcionarlles estratexias e habilidades concretas para mellorar as súas pautas de crianza e a relación cos seus fillos. Polo tanto, o programa se estrutura en cinco bloques de intervención, cada un deles composto por diversas sesións que abordan todas as dimensións cognitivas e emocionais implicadas na convivencia familiar, que se desenvolven en catro fases: avaliación, hipóteses, intervención e seguimento. Os bloques de intervención son os seguintes: − Bloque I: Padres individual − Bloque II: Adolescentes individual
21 − Bloque III: Padres e fillos − Bloque IV: Escola de pais − Bloque V: Adolescentes en grupo O Programa de Intervención para Familias e Menores con Condutas de Maltrato é un dos programas máis destacables que se levan a cabo tamén no Centro de Menores “Cabanyal”, dirixido por Ridaura (2012), e xestionado pola Fundación Amigó, que pertence á Consellería de Benestar Social de Valencia. É un centro educativo – convivencial específico de 24 prazas para o tratamento de casos de menores, de entre 14 e 18 anos, que lles impoñen unha medida xudicial por un delito de violencia filio – parental. “Cabanyal” ofrece unha intervención especializada, educativa e psicolóxica, dedicada ó proceso educativo – socializador integral dos menores e, ademais proporciona unha intervención psicolóxica e terapéutica especializada no problema de violencia familiar ascendente, dirixida tanto ós menores como as súas familias. Este centro está capacitado para o cumprimento da medida xudicial de convivencia en grupo educativo, en aplicación da Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores. 6.2.2. Euskarri – Centro de Intervención en Violencia Filio - parental Euskarri é un Centro de Intervención en Violencia Filio – parental, ubicado en Bilbao – Bizkaia, e creado pola Escola Vasco – Navarra de Terapia Familiar, dirixida por Pereira (2005). Os principais obxectivos deste centro se fundamentan en ofrecer unha intervención eficaz que favoreza a eliminación de condutas violentas e unha mellora nas relacións familiares, e profundizar no coñecemento do funcionamento familiar co fin de desenvolver novas pautas de actuación. O centro proporciona unha intervención psicoterapéutica dirixida a todas aquelas familias con fillos/as, de calquera idade, que exercen de forma reiterada cara os seus pais ou titores condutas de violencia física, verbal e non verbal. As intervencións que se levan a cabo no centro abarcan diferentes niveis: familiar (terapia familiar e adestramento de pais), individual e socio – grupal. Euskarri non só se dedica á intervención psicoterapéutica coas familias, senón tamén á formación mediante congresos, xornadas, seminarios, talleres e cursos para todos aqueles interesados en profundizar sobre a violencia filio – parental. Se trata de formar, sensibilizar e realizar unha acción divulgativa para dar a coñecer este fenómeno, e ofrecer estratexias para abordar está problemática nos diferentes contextos que se efectúa.
28 Fiscalía General del Estado (2014). Memoria 2014. Recuperado de https://www.fiscal.es/memorias/memoria2014/FISCALIA_SITE/recursos/pdf/MEMFIS 14.pdf Gámez – Guadix, M. y Calvete, E. (2012). Violencia filioparental y su asociación con la exposición a la violencia marital y la agresión de padres a hijos. Psicothema, 24(2), 277-283. Garrido, E., Herrero, C. y Masip, J. (2001). Teoría Cognitiva social de la conducta moral y de la delictiva. Universidad de Salamanca. Recuperado de http://www.uky.edu/~eushe2/Pajares/GarridoEtAl2005.pdf Garrido, V. (2007). Los hijos tiranos: El síndrome del emperador. Barcelona: Ariel. Garrido, V. (2008). El Síndrome del Emperador y sus desafíos en el ámbito científico y profesional. Ponencia presentada en las Jornadas sobre Violencia Intrafamiliar, Valencia. Recuperado de http://www.altea-europa.org/documentos/El-sindromeEmperador-Vicente-Garrido.pdf González Álvarez, M. (2012). Violencia intrafamiliar: características descriptivas, factores de riesgo y propuesta de un plan de intervención. (Tesis Doctoral). Facultad de Psicología, Madrid. González Cieza, L. (2008). Programa de Intervención por Maltrato Familiar Ascendente. Ponencia presentada en las Jornadas sobre Violencia Intrafamiliar, Valencia. Recuperado de http://www.altea-europa.org/documentos/Programa-intervencionmaltrato.pdf Ibabe, I. y Jaureguizar, J. (2011). ¿Hasta qué punto la violencia filio – parental es bidireccional?. Anales de Psicología, 27(2), 265-277. Ibabe, I. y Jaureguizar, J. (2011a). El perfil psicológico de los menores denunciados por violencia filio – parental. Revista Española de Investigación Criminológica, 9, 1-19. Ibabe, I., Jaureguizar, J. y Díaz, O. (2007). Violencia filio – parental: conductas violentas de jóvenes hacia sus padres. Vitoria – Gasteiz: Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco. Recuperado de http://www.jusap.ejgv.euskadi.eus/r47edukia/es/contenidos/informe_estudio/violencia_filio_parental/es_vifilpar/adjuntos/Viol encia_Filio-Parental.pdf
29 Ley Orgánica 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal (BOE, núm. 281, de 24 de noviembre de 1995). Recuperado de http://www.boe.es/boe/dias/1995/11/24/pdfs/A33987-34058.pdf Ley Orgánica 5/2000, de 12 de enero, reguladora de la Responsabilidad Penal de los Menores (BOE, núm. 11, de 13 de enero de 2000). Recuperado de http://www.boe.es/buscar/pdf/2000/BOE-A-2000-641-consolidado.pdf Ley Orgánica 8/2006, de 4 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 5/2000, de 12 de enero, reguladora de la Responsabilidad Penal de los Menores (BOE, núm. 290, de 30 de diciembre de 2006). Recuperado de http://www.boe.es/boe/dias/2006/12/05/pdfs/A42700-42712.pdf Patterson, G. R. (1982). A social learning approach: Coercitive family process (Vol.3). Eugene, Oregón: Castalia. Patterson, G. R. (2002). Etiology and treatment of child and adolescent antisocial behavior. The Behavior Analyst Today, 3, 133-144. Pereira. R. (2005). Euskarri – Centro de Intervención en Violencia Filio – parental. Recuperado de http://www.euskarri.es/ Pereira, R. (2006). Violencia filio – parental: un fenómeno emergente. Introducción. Revista Mosaico, 36, 1-3. Pereira, R. y Bertino, L. (2009). Una comprensión ecológica de la violencia filio – parental. Redes, 21, 69-90. Ridaura, M.J. (2012). Centro de Menores “Cabanyal”. Recuperado de http://www.fundacionamigo.org Romero, F., Melero, A., Cánovas, C. y Antolín, M. (2005). La violencia de los jóvenes en la familia: una aproximación a los menores denunciados por sus padres. Barcelona: Centro de Estudios Jurídicos del Departamento de Justicia de la Generalitat de Cataluña. Roperti, E. (2006). Padres víctimas, hijos maltratadores. Madrid: Espasa. Sánchez, J., Ridaura, M.J. y Arias, C. (2010). Manual de Intervención para Familias y Menores con Conductas de Maltrato, “Colonia San Vicente Ferrer”. Valencia: Tirant lo blanch.
30 Torrente, G. y Ruíz, J.A. (2005). Procesos familiares relacionados con la conducta antisocial de adolescentes en familias intactas y desestructuradas. Apuntes de Psicología, 23(1), 41-52. Ulman, A. y Straus, M. (2003). Violence by children against mothers in relation to violence between parents and corporal punishment by parents. Journal of Comparative Family Studies, 34, 41-60. Urra, J. (2006). El pequeño dictador. Madrid: La esfera de los libros. Urra, J. (2011). Programa recURRA – GINSO. Recuperado de http://www.recurra.com/