Full text
Rebut: 23/VII/2015 Acceptat: 5/XI/2015 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p.43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 SOBRE A GALLAECIA MAGnA E AS RELACIÓNS HISTÓRICAS E XEOLINGÜÍSTICAS ENTRE GALEGO, PORTUGUÉS E ASTURIANO1 Francisco Dubert-García Instituto da Lingua Galega Universidade de Santiago de Compostela 1. INTRODUCIÓN Cando se repasan os traballos de historia da lingua galega acostuman a encontrarse uns contidos que poderiamos denominar a visión prototípica da súa conformación. Este xeito de entender a historia do galego pódese resumir coas seguintes oracións: A) O galego-portugués (ou o galego) xerouse no territorio comprendido pola Galicia actual e a área portuguesa situada entre o Miño e o Douro. B) Galego e portugués conformaban unha unidade lingüística, rota pola historia política cando Portugal conseguiu a súa independencia. C) O galego diverxe do portugués, sobre todo, por castelanización, pois, trala independencia de Portugal, Galicia fica na órbita de Castela. Vexamos algúns textos recentes que ilustran e resumen esta visión: Originariamente una lengua histórica única (el galaico-portugués) hablada en el extremo noroeste de la Península Ibérica, el gallego y el portugués conocieron una evolución lingüística diferente después de la separación política en el año 1143 y sobre todo desde el fin del siglo xiv, cuando el gallego cae bajo la influencia del castellano, sobreviviendo entre los siglos xvi y xviii sólo como variedad oral (Merlan, 2007: 9). A criação do Condado Portucalense, em finais do séc. xi, e a sua separação do reino da Galiza abriram esse processo diferenciador: a historia externa (ou seja, política e social) do 1. Agradézolles a Ramón d’Andrés, Henrique Monteagudo, Xulio Sousa e os dous revisores anónimos os comentarios con que me axudaron na confección deste traballo. Este artigo realizouse dentro dos proxectos «Cambio lingüístico no galego actual» (FFI2012-33845) e «Contacto e cambio lingüístico en galego» (FFI2015-65208-P), e tamén coa axuda da Xunta de Galicia e dos Fondos FEDER (GRC2013/40). 001-684 Estudis romanics 39.indd 43 07/02/2017 14:58:30
44 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 galego e do português deixaram de ser comuns e as escolhas linguísticas tomaram sentidos divergentes. Após a integração do reino de Leão na coroa de Castela, em 1230, a língua galega entrou na esfera de influência do castelhano (de que importou léxico e alguma gramática) (Castro, 2013: 9). O propósito deste traballo é tentar mostrar que para explicar a historia do galego e o seu proceso de separación do portugués cómpre ter presente o asturiano ou asturleonés. Defenderase aquí que (a) o galego e o asturleonés conforman desde as súas orixes unha área xeolingüística e (b) que cómpre buscar nesa antiga área a orixe dalgúns dos trazos que hoxe caracterizan o galego fronte ó portugués e ó castelán. Nótese que formar parte dunha antiga área xeolingüística non significa formar parte dunha soa lingua, senón só compartir unha serie de trazos. De feito, o galego e o asturiano forman parte dunha área xeolingüística só con respecto ós trazos que comparten; e, desde esta perspectiva, poden agruparse con outras linguas distintas se prestamos atención a outros trazos. Para mostrar esta visión, en § 2 afondo na descrición da teoría tradicional sobre a historia do galego e do portugués; en § 3 retomo a noción de Gallaecia Magna e fago notar que xa outros autores veñen percibindo elementos de unidade xeolectal entre galego e asturiano; en § 4 reflexiono sobre as diferenzas entre a historia dos dialectos e a historia das linguas escritas e das variedades estándar e critico a visión tradicional por soster que existen espazos lingüísticos preconfigurados; en § 5 reviso o papel da isoglosa de (a) ditongación de ĕ / ŏ tónicos latinos como elemento configurador; finalmente, en § 6 co fin de mostrar a existencia dunha área xeolingüística galego-asturleonesa, estudo a distribución xeográfica dalgunhas formas verbais irregulares que distinguen galego e portugués e agrupan galego e asturiano; remato en § 7 ofrecendo unhas conclusións. 2. A UNIDADE DO GALEGO-PORTUGUÉS Teyssier (1995) é outro autor que resalta esta unidade galego-portuguesa medieval, que para el xebra claramente o galego-portugués do asturleonés e do mozárabe: Le gallaïco-portugais (galego-português) formait donc à l’origine, à l’angle nord-ouest de la Péninsule, un bloc de parlers nettement distincts de leur voisins de l’est et du sud. À l’est le gallaïco-portugais était bordé par l’asturien et le léonais. [...] Ainsi l’aire primitive du gallaïco-portugais comprenait le territoire de l’actuelle région autonome espagnole de la Galice e celui du Portugal, jusqu’à cette frontière imprécise située entre le Douro et le Mondego (Teyssier, 1995: 679-680 passim). Teyssier non menciona o galego de Asturias, León e Zamora (que cae fóra da fronteira da Comunidade Autónoma de Galicia), e con moita prudencia sinala que ó sur do Mondego, contrastando claramente co galego-portugués, no século viii se falaría outro romance, o mozárabe: 001-684 Estudis romanics 39.indd 44 07/02/2017 14:58:30
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 45 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 La frontière nord de ces parlers mozarabes est difficile à tracer, et d’ailleurs elle a dû varier dans le cours du temps; mais ils formaient, dans tout le centre et le sud de la Péninsule, de la Méditerranée à l’Atlantique, une chaîne ininterrompue (1995: 679). Desta redacción parece desprenderse que, en canto o mozárabe presentaba continuidade de oeste a leste, o galego-portugués non presentaba tal continuidade nin coas falas meridionais (o mozárabe), nin coas falas orientais (as asturianas e leonesas). Esta visión atribúe unha personalidade especial ó galego-portugués, ó que se lle adxudican fronteiras claras, algo do que, por exemplo, aparenta carecer o mozárabe. Pola súa parte, Lorenzo (1995: 649, passim) atribúe á época sueva e pos-sueva un papel decisivo na conformación deses romances galego-portugueses, pues los germanos contribuyeron a la fragmentación lingüística peninsular y a que en el Occidente se conformase una variedad lingüística diferencial, común a Galicia y a todo el Norte de Portugal y a la parte más occidental de León y Asturias, más o menos en la zona de lo que era la Gallaecia prerromana. Polo tanto, Lorenzo indica que xa nos séculos vi e vii estas falas do occidente irían conformando unha unidade lingüística distinta das que a rodeaban. Para el, a posterior invasión musulmá non afectou nunca a esta unidade lingüística, pois a Galicia situada ó sur do Miño foi reconquistada nos tempos de Afonso I (739-757) e os territorios hoxe portugueses de entre Douro e Miño foron reconquistados en tempos de Afonso III (866910). Segundo Lorenzo, esta diferente cronoloxía na Reconquista puido axudar a que máis tarde se creara unha entidade territorial distinta ó sur do Miño, e con ela unha fronteira política, «aunque no a establecer una frontera lingüística» entre o falado ó norte e ó sur do Miño. Máis adiante, Lorenzo (1995: 650) insiste en que só trala independencia de Portugal a comunidade lingüística, xeográfica e cultural formada polos territorios que ocupan a actual Galicia e o norte de Portugal «quedó cortada políticamente en una época primitiva y, como consecuencia de ello, empezaron las diferencias», sobre todo desde que se levou a capital de Portugal para Lisboa. Non se menciona o tipo de relación que as zonas asturianas e leonesas de fala galega tiñan con Galicia nin tampouco aparece mencionada a posible influencia castelá. Algo máis atrás no tempo busca Meilán (1994) a orixe do galego; para iso, fíxase no momento propio da romanización e no efecto do substrato. No seu traballo, que ten como fin explicar por que se fala galego no territorio asturiano de entre Eo e Navia, atribúe este feito a que as terras en cuestión pertencían ó Convento Lucense da Gallaecia romana, conformado por unha serie de pobos celtas máis ou menos homoxéneos: As xentes que pertenceron ao Conventus Lucensis (dende o Lérez ata o Navia) «romanizáronse» ou formáronse nunha mesma comunidade, cunha lingua ou latín que se falaba dentro dos seus lindeiros, con elementos substratísticos uniformes, os celtas galaicos (Meilán, 1994: 52). 001-684 Estudis romanics 39.indd 45 07/02/2017 14:58:30
46 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 Polo tanto, foron os diferentes pobos do substrato, que motivaron a división administrativa romana, os responsables da fragmentación do latín vulgar noroccidental en galego e asturiano (con todo, véxase Viejo, 2003: 86). Só máis adiante, no século ix, estas terras asturianas do Eo-Navia, propias da diocese de Bretoña, pasaron a formar parte da diocese de Oviedo, polo que finalmente acabaron integradas en Asturias. Ora ben, segundo Meilán, cando isto sucedeu, a lingua que alí se falaba xa tiña en si os xermolos do galego: De demostrarmos que estes terreos historicamente pertenceron a Lugo ata avanzado o século viii e a romanización estaba rematada no século III, quere dicir que lingüisticamente teñen que ter unha certa uniformidade e continuidade dentro de tales lindeiros. [...] Quere dicir polo tanto que cando tales terreos pasan a ser “administrados” por Asturias xa tiñan plenamente formado o seu “acervo” cultural, enténdase, sobre todo a súa “lingua” (Meilán, 1994: 62). Ora ben, á luz destas análises, afirmacións e, sobre todo, da diverxencia que efectivamente se verificou ó longo da historia entre os dialectos galegos, portugueses e asturianos, é posible realizar unha serie de preguntas: ¿Ata que punto existía esa unidade previa á separación? ¿En que consistía? O certo é que, se miramos os traballos históricos sobre a lingua medieval, os autores mostran claramente que xa daquela existían algunhas diferenzas dialectais que hoxe permiten localizar e clasificar un texto como probablemente galego (ou, se se quere, redactado en Galicia) ou probablemente portugués (ou redactado en Portugal). Por exemplo, Lorenzo (1975: XXVI-XXXVI) xa ten presentado algunhas diferenzas consistentes; véxase tamén Maia (1986). En todo caso, e a pesar das diferenzas internas, esta unidade galego-portuguesa era: ¿Unha lingua (unha entidade socio-histórica como hoxe as entendemos)? ¿Un conxunto de trazos lingüísticos (unha área xeolingüística, unha entidade lingüística) máis ou menos uniforme, pero sen o status social dunha lingua diferente das que a rodeaban? Importantes tamén son as preguntas sobre o contacto lingüístico: ¿Como se relacionaba esta unidade, do tipo que fose, coas unidades veciñas? ¿Estaban os romances galego-portugueses illados dos outros romances veciños ou existían contactos e en que grao? Se existía o contacto, como con certeza era o caso, ¿que consecuencias lingüísticas tería? ¿Foi importante o contacto na constitución do que hoxe chamamos galego, portugués ou asturiano? A resposta a estas últimas preguntas é o obxecto deste traballo. 3. A GALLAECIA MAGNA DE PIEL: ¿UNHA ÁREA XEOLINGÜÍSTICA NO NOROESTE IBÉRICO? Acabamos de ver que a visión prototípica sitúa a orixe do galego-portugués nun territorio similar ó que hoxe ocupa a actual comunidade autónoma, a faixa do Eo-Navia en Asturias, as comarcas galegófonas de León e Zamora e as terras portuguesas de Entre-Douro-e-Miño e Trás-os-Montes. 001-684 Estudis romanics 39.indd 46 07/02/2017 14:58:30
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 47 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 Pero, ¿coinciden os límites da entidade socio-histórica Galicia que xurdiu entre os séculos viii-xi cos límites do territorio en que naceu o galego? O historiador Carlos Baliñas móstranos que, efectivamente, galegos e asturianos se vían a si mesmos como pobos distintos xa a finais da Alta Idade Media: Asturias e Galicia [a Galicia ó norte do Miño, FDG], ástures e galaicos, son dúas realidades diferentes e mesmo contrapostas nas crónicas asturianas e na documentación galaica dos séculos viii e ix. [...] [As fontes, FDG], cando se refiren a momentos e lugares concretos, deixan meridianamente claro que Galicia e Asturias eran xa vistas como dúas realidades xeográficas distintas e diferenciables (Baliñas, 2014: 37, passim). Sería lóxico pensar que pobos distintos, procedentes de substratos distintos, deberían ir asociados a linguas distintas, de xeito que as fronteiras étnicas ou culturais fosen acompañadas de fronteiras lingüísticas. De feito, este é o fundamento das apostas que analizamos arriba. Deste xeito, cabería esperar que a área de emerxencia do galego coincidise, máis ou menos, con esa Galicia que xa tiña personalidade propia nos séculos viii e ix (á que cómpre engadir dalgún xeito o Eo-Navia, e o León e a Zamora galegófonos). Ó longo dunha serie de traballos, o lingüista alemán Joseph Maria Piel propuxo a existencia, dentro da Gallaecia romana, dunha rexión máis pequena que denominou Gallaecia Magna ou Galécia Maior, e que declarou territorio orixinario do galego-portugués. O máis rechamante desta rexión é que, como mostra o mapa 1, inclúe a metade occidental de Asturias; nótese que, cando digo a metade occidental de Asturias, refírome a un territorio moito máis amplo cá zona asturiana de fala galega, pois inclúe a área en que hoxe se fala asturiano occidental e aquilo que hoxe é Oviedo. Realmente, é preciso dicir que este mapa non foi elaborado directamente por Piel, senón por Nogueira (1988) a partir dun traballo interpretativo sobre a obra do filólogo alemán. Constitúe por iso «uma tentativa de definição e interpretação do conceito geográfico-linguístico de «Galécia Maior» na obra de Joseph M. Piel» (Nogueira, 1988: 7). Para realizar a súa interpretación xeográfica, Nogueira analiza detidamente as contribucións de Piel sobre onomástica ástur-galego-portuguesa, pois o alemán nunca definiu o espazo xeográfico nin as fronteiras desta Gallaecia Magna, «uma zona de especifidade linguística que estaria na origem mais remota do português». En todo caso, Piel refírese a esta zona común como «ásture-galego-portuguesa». Reflexionando sobre a orixe do termo en Piel, dinos Nogueira que: Se bem que não deixe de falar do “Noroeste ástur-galego-português”, Piel parece procurar um termo que defina essa área que tem vindo a caracterizar, optando pela primeira vez em 1982 por Gallaecia Maior (Nogueira, 1988: 81). Segundo Nogueira, este non é un termo moi apropiado para unha área de fronteiras bastante nebulosas, pois a vella Gallaecia romana incluía Trás-os-Montes e León, mentres que Piel exclúe estes territorios da área orixinaria básica que el considera. Máis aínda: Piel exclúe unha parte grande do actual Ourense. En todo caso, Piel establece que esta é unha área de grande especificidade lexical e fonética. De feito, Castro (1991) seguindo a Nogueira define a Gallaecia Magna, ou Maior, de Piel como: 001-684 Estudis romanics 39.indd 47 07/02/2017 14:58:31
48 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 Aquele território cujos dialectos, no plano fonético e no lexical, apresentam de modo exclusivo as características que individualizam o português e o galego ainda hoje. Constituem-no as actuais províncias portuguesas do Douro Litoral, Minho, ocidente de Trás-osMontes, quase toda a Galiza (com excepção da província de Orense) e a parte ocidental da província de Oviedo (Castro, 1991: 167). Neste senso, non deixa de ser curioso que, inspirándose nos traballos dos romanistas de principios do xx, Neto (1957: 313) falara da existencia desta área xeolingüística ástur-galega xa no latín vulgar da época imperial. Para el, o sur da Galia e Hispania formarían unha unidade dialectal fronte ó norte da Galia. Nesta área suroccidental, «a geografia, a cultura, a história anterior aos Romanos, o grau de romanização e a base humana» determinaron a existencia de cinco grupos «que a experiência e o realismo da política romana sempre tiveram na devida conta»: o grupo narbonense, de onde saíu o provenzal; o aquitano-cantábrico, de onde saíu o gascón en Francia e o castelán en España; o tarraconense-pirenaico, de onde saíu o catalán e o aragonés; o sul-hispânico, de onde saíu o que poderiamos chamar mozárabe; e, o que máis nos interesa aquí, o grupo galeco-asturiano, «caracterizado pela romanização deficiente e inacabada; base céltica sobre ambro-ilírios e êuscaro-caucásicos. Daí sairão o galego, o asturiano, o leonês [...] e o português» (1957: 313). Polo tanto, a pesar da existencia separada dos galaicos e dos ástures, desta división étnica, cultural ou o que fose, que suporía a adxudicación de Galicia e Asturias a conventos diferentes na administración romana, e que acabaría producindo na Idade Media dous reinos distintos (Galicia e León), a evolución lingüística neste espazo xeográfico xerou un tipo máis ou menos unitario de latín vulgar ou romance común galaico-asturiano cuxos resultados posteriores se exportaron máis adiante na Reconquista, dando orixe no occidente ó galego-portugués e no oriente ó ástur-leonés. En palabras de Neto, «desde os tempos romanos, e certamente pré-romanos, a faixa occidental da Hispânia apresentava características que a extremavam do resto do território, mormente da região centro-norte» en que se xerou o castelán. Polo tanto, segundo esta visión o galego-portugués ten a súa orixe, en parte, nunha área que inclúe o occidente de Asturias, pero un occidente que vai máis ó leste das terras comprendidas entre os ríos Eo e Navia, penetrando en zona hoxe de fala claramente asturiana. Recordemos que esta vella unidade xeolingüística existiu a pesar da fronteira xeográfica (cultural?, política?) que separaba Asturias de Galicia... Outros autores contemporáneos, como Merlan (2007) e Metzeltin (2014), recoñecen que esta unidade xeolingüística incluso chega á actualidade. Este último presenta a noción dun románico asturleonés, oposto a un románico carolinxio, que se formou arredor dun elemento “atractor” que el identifica coa monarquía asturiana: La formación d’una monarquía territorial y culturalmente bien estremada de la carolinxa, englobadora de delles comunidaes y con una realeza alministrativamente centralizante podría tener sío el «atractor» que xeneró los nidios asemeyos ente l’asturianu, el castellanu, el gallegu y el portugués (Metzeltin, 2014: 18). 001-684 Estudis romanics 39.indd 48 07/02/2017 14:58:31
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 49 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 Como vemos, Metzeltin proponnos tamén unha converxencia galaico-asturiana xa en época románica, durante a Reconquista. Evidentemente, todo isto sen prexuízo das evidentes diferenzas lingüísticas entre as distintas comunidades lingüísticas e culturais xeradas polos diversos substratos: «Al empar ye de suponer que pervivíen ritos y vezos rexonales prerromanos y precristianos y qu’el llatín faláu xebrábase acordies colos varios sostratos» (Metzeltin, ibidem). De feito, como sinala Viejo (2003: 77, passim), o asturiano, á parte dos trazos que o caracterizan (metafonías, palatalizacións etc.) fronte ás linguas veciñas, comparte algúns trazos co castelán e outros co galego, pero son para el «cuantitativa y cualitativamente más relevantes los que lu averen [o asturiano] al espacio llingüístico gallego-portugués». Máis aínda, «la mayor parte de los fenómenos llingüísticos característicos d’una y otra llingua [gallego y asturiano] da fe de la mayor semeyanza tipolóxica del asturiano al gallego-portugués qu’a, por casu el castellán». Polo tanto, parecen existir motivos suficientes para pensarmos que, de antigo, Galicia, o norte de Portugal e Asturias (ou, polo menos, a súa parte occidental), conforman unha especie de área xeolingüística no seo dos dialectos hispánicos. Merlan (2007) ofrece no seu traballo algúns elementos lingüísticos que conforman esta área incluso na actualidade. ¿Como se comportou esta área xeolingüística desde o Imperio ata hoxe? 4. SOBRE A HISTORIA DOS DIALECTOS GALEGOS E O CONTACTO LINGÜÍSTICO Antes de responder esta pregunta, é precisa unha pequena reflexión de sociolingüística histórica que mostre a naturalidade do contacto lingüístico. Segundo mostran os estudos (Lorenzo, 2004; Monteagudo, 2007, 2009; Boullón Agrelo / Monteagudo, 2009; Souto Cabo, 2014), o galego comezou a escribirse a mediados do século xiii, ou, polo menos, é a partir deste momento que comeza a se fortalecer a práctica do galego escrito, iniciada pouco antes. Ora ben, non se debe confundir a aparición dunha variedade escrita do galego co nacemento do galego como lingua histórica distinta do latín e, sobre todo, como lingua histórica distinta das outras variedades romances con que estaba en contacto (v.g., o que hoxe chamamos asturleonés ou castelán). O nacemento da escrita galega é un indicio claro de que no século xiii se percibía o galego como algo distinto do latín, pero non é tan claro que se vise como algo completamente distinto do asturiano ou do castelán. Como di Mariño Paz: Para antes del siglo xiii no juzgo apropiado hablar de gallego, asturleonés, castellano o aragonés (o navarroaragonés) como lenguas independientes, claramente percibidas como tales por todos o por lo menos por una gran mayoría de individuos. Al contrario [...], creo que durante mucho tiempo prevaleció la idea de que lo que se hablaba en muchos territorios de la Península Ibérica era simplemente romance (o “lengua hispánica”), sin más especificaciones (Mariño Paz, 2008: 55). 001-684 Estudis romanics 39.indd 49 07/02/2017 14:58:31
50 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 Deste xeito, cando se trata dos textos denominados galego-leoneses coma os que analiza Cintra (1959), Mariño Paz suxire que: Es evidente que la visión que de las fronteras lingüísticas iberorrománicas que tenemos a principios del siglo xxi debe de diferir bastante de la que se tenía en el siglo xiii, de tal manera que los textos que hoy nos llaman la atención por lo que juzgamos hibridismo gallegoleonés pudieron ser estimados de manera muy distinta en la época en la que fueron redactados (Mariño Paz, 2008: 78). Da mesma maneira se expresa Monteagudo, quen engade ademais que: A romanística e a hispanística tradicionais traballaron co presuposto de que os espacios lingüísticos recoñecidos na actualidade estaban preconfigurados desde o momento de fragmentación do latín, e podían considerarse constituídos na Idade Media. Así, danse como daquela xa definidos un espacio lingüístico castelán, outro astur-leonés e outro galego-portugués (Monteagudo, 1999: 87). Realmente, esta afirmación describe atinadamente as visións que comentamos na aliña §2, segundo a que o galego xa nace cunhas fronteiras claras e definidas ó leste. Pola contra, a proposta de Piel que revisamos en § 3 está fóra desta visión tradicional, pois considera que o que hoxe chamamos galego (e portugués) e asturiano (e leonés) teñen orixe nunha área xeolingüística definida só pola extensión xeográfica de fenómenos lingüísticos compartidos con independencia dos grupos étnicos que os usaban, das fronteiras culturais e, sobre todo, das linguas que no futuro ocuparían os territorios polos que os fenómenos se estendían. Non se preocupa, pois, polas fronteiras entre linguas, senón polas fronteiras de fenómenos lingüísticos; tampouco se preocupa polo uso dos fenómenos para establecer fronteiras entre linguas, senón por agrupar variedades diversas que comparten fenómenos que as caracterizan fronte a outras variedades. Para Monteagudo, denominar hoxe galego, asturiano ou castelán aquelas variedades resulta cómodo e útil á hora de «reconstruír a historia interna dos diasistemas», pero parécelle máis adecuado xulgar, para as persoas daquel tempo, «que antes de ser recoñecido un romance galego [...], o que se recoñecían era maneiras de falar (e escribir) romance á galega» (1999: 88). Eu creo que aceptar a preconfiguración dos espazos lingüísticos condiciona a nosa reconstrución da historia interna dos diasistemas e con ela as asépticas regras fonéticas ou morfolóxicas con que enchemos os nosos traballos de gramática histórica. Esta visión tradicional ou prototípica torna tamén problemáticos os fenómenos de converxencia entre dialectos contiguos que hoxe atribuímos a linguas diversas e os movementos de fenómenos lingüísticos a través de varias linguas: coma se as fronteiras de linguas supuxeran límites insuperables para os fenómenos lingüísticos (a este respecto, véxase Heine / Kuteva, 2006). Ora ben, se naquel entón quizais non existía unha consciencia clara de separación entre galego, asturleonés e castelán, é natural pensar que as formas lingüísticas individuais circulasen entre os falantes das diferentes variedades con maior permeabilidade do que sucede cando existe unha consciencia lingüística clara, que pode bloquear (aínda que non necesariamente) por tabú a toma de préstamos. De feito, esta circulación de formas 001-684 Estudis romanics 39.indd 50 07/02/2017 14:58:31
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 51 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 existiu e ten que ser moi antiga, tanto coma o propio proceso da romanización (véxase Dubert-García, 2010, 2011 e 2013), pois permitiu crear esta área xeolingüística da que falei en § 3. En todo caso, é indubidable que a aparición dunha variedade escrita resulta un feito senlleiro de enorme importancia cultural, social ou política, sobre todo na nosa cultura occidental. Os manuais e os traballos de historia da lingua galega consagran moitas páxinas á aparición e análise da lingua escrita galega na Idade Media, á súa desaparición na Idade Moderna e á súa recuperación na Idade Contemporánea. Ora ben, resulta tamén preciso estudar a historia dos dialectos galegos e non só a historia da escrita e do estándar galegos. Para isto convén separar o estudio sobre a aparición, constitución, evolución e desaparición das variedades escritas, da lingua literaria, das variedades estándares...; da constitución e evolución dos dialectos. As escritas e os estándares, dun lado, e os dialectos, do outro, son variedades lingüísticas moi diferentes desde un punto de vista funcional, e a súa constitución e evolución responden a procesos distintos.2 Na escrita e no estándar, dáse a planificación e selección artificial do corpus: a intervención consciente, a influencia doutras tradicións escritas e estándares, etc. Por exemplo, este influxo apréciase no desenvolvemento diverxente das escritas galega e portuguesa que xurdiron sobre as falas galego-portuguesas xa desde o momento en que estas se comezaron a escribir. Nos dialectos e linguas faladas, observamos unha evolución espontánea por cambios internos (fonéticos, analoxías, etc.) e o contacto con outros dialectos. Desde este punto de vista, xulgo que coñecer a historia do galego actual é coñecer, sobre todo, a historia dos seus dialectos. A razón é ben simple, pois, á fin e ó cabo, o galego escrito e estándar actual non é máis có resultado da elaboración (no sentido klossiano; véxase Muljačić, 1995; Fernández Rei, 1996) ou normativización dos dialectos galegos contemporáneos. Toda a recuperación e reivindicación literaria e política do galego construíuse a partir do século xix tomando como referencia, positiva ou negativa, as variedades lingüísticas que efectivamente falaban e falamos os galegos da Idade Contemporánea, pois como estamos fartos de saber a tradición escrita e a posibilidade de construír unha variedade estándar quebrouse na Idade Moderna ó longo dos chamados Séculos Escuros (Monteagudo, 1999; Mariño Paz, 2008). Ora ben, describir o estado dialectal do galego na Idade Media é terriblemente difícil, pois é evidente que non temos datos directos sobre as formas faladas nese momento... Os únicos indicios que posuímos están nos textos escritos, sobre todo, na denominada prosa instrumental (véxanse as reflexións de Maia, 1986). Estes textos escritos transmiten de forma imperfecta a realidade lingüística falada, pois tamén están sometidos a tradicións gráficas, aínda que da súa análise pódense obter datos fundamentais, como mostran os traballos de Maia (1986), Álvarez / Xove (1998), Álvarez (2007) ou Álvarez / Xove 2. Segundo un dos revisores, debería considerar, mellor, unha oposición oral <-> escrito e outra estándar <-> dialectal, pois existen escritos de marcado carácter dialectal e usos orais condicionados polo estándar. Porén eu creo que o estándar nace en principio como lingua escrita e para a lingua escrita (Milroy / Milroy 1991), de modo que existe un vínculo especial entre estándar e escrita. Antes de haber estándar hai información dialectal nos textos escritos, pero non hai dialectalismos (detectados como tales só pola súa oposición ó estándar). 001-684 Estudis romanics 39.indd 51 07/02/2017 14:58:31
58 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 Como se pode apreciar, existe un paralelismo claro entre as formas galegas e as asturianas, dun lado, e entre as formas castelás e as portuguesas do outro, pois cada bloque parece responder a un plan básico similar. Estes datos inclínanme a pensar que galego e asturiano conservan no ind.prs resultados das raíces *fare~*fagere, que deberon coexistir cos de facere no latín vulgar noroccidental (de modo que as formas fas~fais~faes, fai, fan~fain~faen non serían innovacións tardomedievais ou modernas, como queren Santamarina e Ferreiro). As razóns desta opinión fúndanse na existencia de descendentes destas raíces noutras áreas da Romania (véxase Grandgent, 1952; e a súa fonte, Rydberg, 1893). Non é posible realizar aquí unha crítica dos cambios analóxicos posmedievais que propón Ferreiro (1995). Abonde con dicir que os datos do ALGa I, resumidos arriba, mostran que algunhas das afirmacións que sustentan a súa análise son inexactas.7 Cumpriría tamén explorar a posibilidade de que a distribución das formas reducidas se axuste máis ben a algún tipo de padrón morfómico (Maiden, 2005), pois as formas das 2sg, 3sg, 3pl do ind.prs e da 2sg. imp presentan resultados especiais noutros verbos irregulares galegos (digo, dis, di, dicimos, din; vou, vas, vai, imos, van; hei, has, ha~hai, habemos, han). As formas portuguesas e castelás presentan un esquema similar entre elas na 2sg, 2sg, 3pl do ind.prs e na 2sg.imp: haces~fazes, hace~faz, hacemos~fazemos, hacen~- fazem, haz~faz. O portugués só presenta restos de *fare~*fagere no ind.prs e na 2sg. imp na zona trasmontana de contacto co galego e co leonés. Na lingua medieval, o DVPM recolle os seguintes rexistros dos resultados de *fare~*fagere: un caso de 2sg faes nas Cantigas de Escarnio e Maldicir, un caso de 3sg fai nas Cantigas de santa María e un caso de 3pl fam tamén nas Cantigas de Escarnio e Maldicir. A súa actual extensión xeográfica e a súa presenza xa nas cantigas medievais apuntan a que as formas reducidas son antigas (polo menos, propias da Idade Media), aínda que por algún motivo non pasaban con facilidade á lingua escrita. En definitiva, o galego aquí agrupouse co asturiano e conservou formas propias e antigas; o portugués tivo un comportamento máis similar ó castelán, pois eliminaron, se é que algunha vez os tiveron, os restos de *fare~*fagere na 2sg, 3sg, 3pl no ind.prs e na 2sg.imp. Pero se incluso a creación das formas reducidas fora moderna, como queren Ferreiro (1995) e Santamarina (1974), no paso da lingua medieval á actual, estes cambios volven a agrupar galego e asturiano e a separar estas linguas do castelán e do portugués, mostrando a existencia de diversos fenómenos de contacto e de área xeolingüística. 6.2. Raíz do sbxv.prs de DAR A orixe das formas do sbvx.prs de dar en galego merece tamén unha revisión que agora non podo abordar, pois non é o propósito deste artigo. As formas básicas que aparecen nos dialectos galegos actuais son fundamentalmente dúas: formas do tipo deae 7. Por exemplo, para Ferreiro (1995: 326) «é significativo que faer apareza en áreas en que a P2 do Presente de Indicativo é faes~fais ao lado de fas». Porén, como mostran os dialectos de C.17 e L.29, faes~fais aparecen tamén nas áreas de facer. 001-684 Estudis romanics 39.indd 58 07/02/2017 14:58:32
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 59 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 formas do tipo día-; a estas cómpre sumar dalgún rexistro do posible castelanismo do tipo dee algunhas formas tipo deña-, analóxicas con teña e veña, sbxv.prs de ter e vir, respectivamente. Segundo os datos do ALGa I, as formas deaaparecen por todo o occidente e centro de Galicia; as formas tipo díapredominan no norte (onde forman un bloque), unha faixa todo ó longo do leste e no sur de Ourense, facendo coma un arco que medio envolve as formas dea-. Outra vez, o asturiano occidental (Rodríguez Castellano, 1954; Zamora Vicente, 1967; Cano González, 1981) presenta as formas dea-~día-, coma o galego; as formas díaaparecen xa no Fuero de Oviedo. Igual ca no galego, poden aparecer ocasionalmente formas con i antihiático: deia-. En portugués as formas tipo dea-~deia-~diaaparecen, segundo Vasconcellos (1901) e Santos (1967), en Trás-os-Montes.8 Para esta última, (Santos, 1967: 234), «mais uma vez estamos perante formas que se usam regularmente nas regiões contíguas da Galiza e Leão». Sequeira (1957: 107) localiza deiano Baixo Minho portugués, en área incluída na Gallaecia Magna. As formas portuguesas comúns son do tipo dê-, exactamente igual ca en castelán. Na lingua medieval, Maia (1986) localiza dea-~díasó en documentos galegos, pero non en documentos portugueses. Álvarez (2007: 392-393) realiza un estudo máis pormenorizado da distribución xeográfica das formas de-, dea-, díanos textos medievais, mostrando posibles cambios de uso ó longo da Idade Media que requirían máis tempo e espazo do que dispoño. Segundo Ferreiro (1995), dea-~díason innovacións construídas sobre a forma medieval de-. Ora ben, a introdución do sufixo de sbxv.prs -a propio da terceira conxugación era un fenómeno común no latín vulgar (Grandgent, 1952: 256). De feito, Rodríguez Castellano e Cano González fan proceder deadun latín vulgar *dea-. Existe evidentemente un problema coa vogal radical, deaou día-. Unha forma latina vulgar *deadebería dar día... Tamén é posible que as formas díasexan máis antigas cás formas tipo dea-, e que estas últimas se creasen posteriormente sobre formas depreservadas tomando díacomo referencia; deste xeito, deae díaserían a expresión dun mesmo fenómeno en dous momentos diferentes da historia do galego e do asturiano. En todo caso, a grande extensión que teñen as formas analóxicas dea-~díaapunta, ó meu xuízo, a un fenómeno antigo, propio do latín vulgar galaico-asturiano. Segundo Maia (1986: 779), «a área galega deste tipo de conjuntivo parece prolongar a área linguística asturiana e leonesa, onde vivem tais tipos de conjuntivo, desde o período medieval». Para Maia, da ausencia destas formas nos textos portugueses que analiza «não se pode concluir necessariamente a favor da sua inexistência na linguagem falada da época» en Portugal, pois simplemente é posible que fosen consideradas variantes demasiado vulgares para aparecer en textos escritos. Sexa como for, se as formas analóxicas son de creación latinovulgar, constitúen outro indicio da existencia da área xeolingüística que Piel denomina Gallaecia Magna; se foron creacións románicas medievais, constitúen outro indicio do contacto galego8. Un dos revisores móstrame o rexistro de dea tamén en Alfândega da Fé, Trás-os-Montes (Revista Lusitana XIV, p. 300). 001-684 Estudis romanics 39.indd 59 07/02/2017 14:58:32
60 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 asturiano-leonés, en que non parece actuar o castelán de ningún modo. Resulta interesante que, coma no caso do ind.prs de facer, castelán e portugués seleccionen formas do mesmo plan. ¿El haberá unha explicación similar para algunhas das formas en que coinciden galego e asturiano co castelán? Sobre a presenza de formas tipo seacomo sbxv.prs do verbo ser nos textos medievais dinos Rosario Álvarez que «con frecuencia son as máis temperás nos respectivos lugares, polo que, na nosa opinión, confirman un contínuum antigo coas variantes leonesas e coas que se habían converter en normais no espazo castelán» (Álvarez, 2007: 395). Na mesma páxina, ó comentar a maior vitalidade dialectal de seano galego actual afirma que «houbo, por tanto, unha recuperación e unha expansión de sea-, axudada ou non pola coincidencia formal co castelán» (p. 395, n. 19); pero as formas tipo seaaparentan ser antigas e son comúns entre o galego e o asturiano. 6.3. Radical dos pretéritos fortes “sigmáticos”: os casos de fACeR e queReR A palatalización dos segmentos apicoalveolares que pechaban os pretéritos fortes sigmáticos non resulta problemática (Ferreiro, 1995; Varela Barreiro, 1999). Sábese que un -/i/ final átono procedente do - ī que aparecía nas formas de palabra da 1sg.ind.prt.prf de verbos coma quaerere (*quaes ī ), ponere (*pos ī ), dicere (dix ī ) etc., palatalizou a consoante alveolar precedente. En principio, a consoante final do radical de *quaes ī ou *pos ī era fricativa apicoalveolar voceada e o resultado da súa palatalización foi unha consoante fricativa postalveolar voceada [ ʒ ], xeralmente transcrita coa letra <g>. Por esta razón, Varela Barreiro (1999) sinala que a consoante do final do radical de fige < fec ī (de facere) é analóxica da de puge, trouxe, dixe, quige etc., pois o segmento laminoalveolar africado [dz] ou fricativo [z] orixinario non debería palatalizarse en galego (fec ī > [fizi]). A consoante postalveolar da 1sg.ind.prt.prf estendeuse, ó longo da Baixa Idade Media, a tódalas outras formas do paradigma no tema de perfecto nos diferentes verbos: quige > quigemos, quigera. Finalmente, en galego estas formas fortes puge, quige, fige recibiron na 1sg.ind.prt.prf un -n final analóxico do de vin < ven ī , 1sg.ind.prt. prf de vir; e a consoante fricativa postalveolar voceada [ ʒ ] desvoceouse en [ ʃ ]. En (6) ofrécese un breve repaso dialectal, elaborado a partir dos mapas correspondentes do ALGa I, das raíces de facer no tema de perfecto. (6) GalC O.31 L.29 1sg fixen9 figuen ficen 2sg fixeches figueches ficeches 3sg fixo figo fizo 1pl fixemos figuemos ficemos 9. Baixo fixagrupo un conxunto de variantes fonolóxicas dialectais relacionadas coa última consoante da raíz debidas a un cambio fonolóxico automático posterior á Idade Media, denominado despalatalización de /ʃ/ (véxase Fernández Rei, 1990), non condicionado nin morfoloxica nin lexicalmente: [fis]-, [fi]-, [fiȿ]-, [fiʃ]-. En virtude da gheada, o dobrete ortográfico fig~figu pode representar [fih]- ou [fiɰ]-. 001-684 Estudis romanics 39.indd 60 07/02/2017 14:58:32
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 61 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 As formas tipo fixen do GalC son as maioritarias e ocupan case toda Galicia; as formas tipo figuen, analóxicas con fago~faguer, aparecen no centro de Ourense; as formas tipo ficen aparecen de xeito esluído e mesturadas con formas tipo fixen nunha faixa oriental que vai de norte a sur nas provincias de Lugo e Ourense. O radical tipo ficé o resultado que cabería esperar en galego dunha evolución fonética regular de fec ī . Existen terceiras persoas fezo e fexo, todas elas orientais; no galego de Asturias tamén aparecen formas tipo faíches, faemos~femos, construídas sobre o radical do tema de presente (aínda que estes falantes usan só fixen~ficen na 1sg e fexo~fezo na 3sg do ind.prt.prf). En canto ó verbo querer, a única raíz que hoxe encontramos nos dialectos galegos é quix-, que abarca un rango de realizacións fonolóxicas diversas. O radical máis común é [kiʃ]; o segmento fricativo final do radical pode alternar en función dos dialectos: [ki]-, [ki]- (con diversos graos de despalatalización, Fernández Rei, 1990, polo que [ki]- non debe interpretarse como a conservación dun radical rematado en consoante apicoalveolar latinovulgar), ou [kiʒ]- (con preservación das coronais fricativas sonoras, Fernández Rei, 1990). Todas estas formas remontan ó radical tardo medieval [kiʒ]-, que á súa vez é o resultado dunha anterior [ki]-. En (7) ofrezo as correspondentes formas asturianas: (7) Asturiano occidental faer querer 1sg fixi quixi 2sg fixisti quixisti 3sg fixu~fexu quixu 1pl fixemus quixemus As formas portuguesas correspondentes para fazer son fiz, fizeste, fez, fizemos, etc., que responden ó mesmo plan básico cás galegas do tipo ficen, ficeches, fizo~fezo e cás castelás hice, hiciste, hizo, hicimos, etc. Nótense os trazos que comparten tódalas formas galegas, asturianas e castelás: na 1sg o radical vai seguido de vogal palatal que se conservou nestas variedades e que en galego adoita considerarse vogal temática (Santamarina, 1974): fix-e-n, figu-e-n, fic-e-n, fix-i, hic-e; na 3sg.ind.prt.prf aparece un afixo -o inmediatamente despois do radical, que en galego adoita considerarse sufixo de número e persoa (Santamarina, 1974): fix-o, fiz-o, fix-u, hiz-o. Nin Santos (1967), nin Vasconcellos (1901) rexistran formas portuguesas de fazer coa palatalización; as formas con -o final na 3sg aparecen en Portugal só na fronteira nordeste. Nin o portugués nin o castelán presentan palatalización nos temas de perfecto que resultan de facere, quaerere ou ponere; galego e asturiano palatalizan os resultados de facere, quaerere ou ponere. Sequeira (1957) e Vasconcellos (1901) localizan formas palatalizadas, tipo fijeste, pero «trata-se da palatalização do -zao contacto como o i, fenómeno que depara tanto na fala popular (Isabel > Jabel, visitas > bejitas, quási > caiji) coma como na língua arcaica» (Sequeira, 1957: 109).10 Santos (1967: 236) parece 10. «Dans le Nord, l’ʃ se change en j entre un i oral et une voyelle, et l’s se change en x entre un i oral ou nasal et une voyelle, dans certains mots: quijer = quiser, Jabel = Ijabel, inxinar = ensinar, dixe = disse» (Vasconcellos, 1901: 115). 001-684 Estudis romanics 39.indd 61 07/02/2017 14:58:32
62 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 atribuír o segmento postalveolar de quijo ou quijer de Trás-os-Montes ó mesmo fenómeno. Polo tanto, estamos outra vez ante unha contigüidade galego-asturiana que exclúe o portugués e o castelán. Esta contigüidade galego-asturiana é moito máis interesante cás vistas ata agora, pois non hai dúbida de que resulta de fenómenos de cambio románicos, creados e potenciados na Baixa Idade Media, non de fenómenos propios dunha antiga latinidade compartida. Foron o castelán e o portugués quen quedaron fóra destas palatalizacións (aínda que o castelán ten palatalizacións antigas en traer, traje~truje; ou en decir, dije; ou en conducir, conduje). 7. CONCLUSIÓNS Acostuma atribuírse ó contacto galego-castelán a evolución diverxente que tiveron desde a Idade Media o galego e portugués. Nunha formulación forte desta visión, Vázquez Corredoira (1998) afirma que: Para mim, o mais decisivo, o, na verdade, decisivo para a diferenciação do galegoportuguês foi o facto de este, a Norte do Minho, não vir a ser nunca “lingua nacional” nem seguir “a sua própria evolução interna independente (1998: 76). Ainda que nem sempre a dominação do castelhano se manifestasse de modo tão directo e até brutal, pode sustentar-se que este é o mecanismo básico da convergência do galego com o espanhol. O galego deve aceitar a dominação do castelhano e acomodar-se (convergir) linguisticamente a ele. Nenhum lugar há aqui para as preferências pessoais (1998: 86) Aínda que sería absurdo negar a influencia do castelán na evolución (e na conformación) do galego tal e como hoxe o coñecemos ou facer unha gramática histórica que ocultase a presenza do castelán en Galicia, creo que estas afirmacións de Vázquez Corredoira constitúen unha formulación demasiado forte e unha simplificación das razóns da diverxencia: que o galego tivo unha evolución posmedieval propia, independente do castelán e do asturiano, móstrano formas coma -n en casos coma fun, collín, partín; -ches en comiches, viches; o alomorfo no do acusativo da terceira persoa tras ditongo en colleuno, pediuno; a recuperación e extensión de -des en cantades; a existencia de formas coma estiveno, fono, colleno; o desenvolvemento de che como dativo; a redución do uso dos tempos verbais compostos (que aparecen con diversos graos de gramaticalización na lingua escrita da Idade Media; véxase Moscoso, 2004, 2008), o desenvolvemento de pronomes de solidariedade; o uso da preposición en usos aspectuais coma comer no queixo; o uso do acusativo en xiros presentativos coma aí o vén, aí a está..., etc.; moitas desta formas separan o galego tanto do castelán coma do portugués e do asturiano; e, na falta dalgunhas destas formas, coinciden ás veces castelán, asturiano e portugués. Polo tanto, haberá que buscar as razóns da diverxencia tamén noutros factores. Buscando estes factores, neste traballo tentei analizar criticamente a visión tradicional da historia da lingua galega fundamentada no paradigma dos espazos lingüísti001-684 Estudis romanics 39.indd 62 07/02/2017 14:58:32
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 63 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 cos preconfigurados, segundo a cal as linguas que hoxe falamos na Península Ibérica e, o que é máis importante, as súas fronteiras, estaban xa claras e establecidas desde o momento da fragmentación do latín vulgar. No caso galego, a isoglosa configuradora deste espazo é a de (a)ditongación de ĕ / ŏ (axudada da isoglosa de caída de -n-). Neste traballo adoptouse unha perspectiva máis de acorde cunha visión propia da xeografía lingüística tradicional, que ten como obxectivo os límites entre fenómenos lingüísticos individuais e non fronteiras entre linguas ou dialectos; esta visión permite a detección de áreas xeolectais fundamentadas na identificación de fenómenos lingüísticos compartidos, con independencia das linguas en que efectivamente se encontren. Neste traballo non nego o valor (socio)lingüístico fundamental da isoglosa en cuestión, pero chamo a atención sobre o feito de que ó usarse con ese valor configurador puido impedir ou dificultar ver as continuidades xeolingüísticas que se verifican entre o galego e o asturiano. Naturalmente, os fenómenos lingüísticos contiguos só poden compartirse por medio de evolucións comúns e por fenómenos de contacto e intercambio lingüístico. Esta visión toma como naturais a existencia de fenómenos compartidos por varias linguas en contacto xeográfico (ou por algúns dos dialectos de varias linguas en contacto xeográfico). Partindo desta visión teórica, retomei a noción da Gallaecia Magna ou Maior establecida por Piel en varios traballos sobre onomástica e léxico propio do noroeste ibérico, e cuxas fronteiras xeográficas hipotetizou Nogueira (1988). Seguindo esta visión, a orixe xeográfico-histórica do galego, do asturiano e do portugués estaría nun territorio, un espazo xeolingüístico, compartido polas tres linguas. Pero neste traballo tamén defendo que a existencia desta área galego-asturiana contribúe a explicar parte importante da diverxencia do galego con respecto ó portugués, sobre todo mediante a fidelidade que os galegos tiveron para cos fenómenos propios desta área xeolingüística. O portugués seguiu unha evolución independente que, nalgúns casos, parece coincidir con evolucións compartidas co castelán e que poderían ser obxecto doutro traballo. Nestes casos, o galego mostra unha autonomía clara do castelán (e do portugués), que non nos permite afirmar categoricamente que as diverxencias do galego e do portugués se deban só ou fundamentalmente a que Galicia quedase na súa evolución socio-político-cultural na órbita de Castela. O galego conservou vellas tendencias propias, quizais moi antigas, que o asociaban co asturiano; ademais, presentou desenvolvementos propios, como viamos arriba, que tamén mostran a súa independencia do asturiano, do portugués e do castelán. Para realizar este estudo, analicei a distribución xeográfica dalgunhas formas verbais irregulares galegas, pois nelas se encontran moitos exemplos das evolucións diverxentes galegas e portuguesas. Este estudo mostra que: • Hai formas comúns galego-asturianas (fas, fais / dea-, día-), diferentes das portuguesas e castelás (fazes, haces / dê-, dé-). • Existen evolucións románicas tardomedievais comúns ó galego e ó asturiano occidental (os radicais fixde facer e quixde querer). • As formas comúns galego-asturianas deberon de ser moi habituais na lingua falada medieval, a pesar de que, practicamente, non pasaron á lingua escrita, quizais porque na época tiñan pouco prestixio social. 001-684 Estudis romanics 39.indd 63 07/02/2017 14:58:32
64 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 • Estas formas mostran unha área xeolingüística primitiva galego-asturiana, no seo da Gallaecia Magna altomedieval establecida por Piel, que é posible durase durante toda a Idade Media e que, de feito, aínda hoxe continúe. • A isoglosa de (a)ditongación de ĕ / ŏ , seleccionada en parte por algúns motivos ideolóxicos, crea unha fronteira artificial que dificulta a percepción desta unidade primitiva. • Nos ítems analizados, o castelán e o portugués agrúpanse polo seu plan morfolóxico similar, fronte ó galego e ó asturiano. Alén da morfoloxía verbal irregular, existen outros elementos lingüísticos que permiten mostrar a existencia desta área xeolectal galego-asturiana (chega con ler a descrición do asturiano de Zamora Vicente, 1967): diversas formas de metafonía, a tendencia á énclise na colocación dos pronomes átonos, o uso dos pronomes de terceira persoa como formas de cortesía para referirse ó interlocutor, a conservación de construcións posesivas do estilo casa de seu, vaca de noso etc. Por todas estas razóns, creo que sería xa hora de ir incluíndo títulos sobre o asturleonés nas bibliografías dos traballos de gramática histórica galega..., e viceversa; tamén sería mellor ir aceptando unha visión máis matizada da propia historia interna da lingua galega. OBRAS CITADAS ALGa I = García, Constantino / Santamarina, Antón / Álvarez, Rosario / Fernández Rei, Francisco / González, Manuel (1990): Atlas lingüístico galego. Vol 1. Morfoloxía verbal. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Alvar, Manuel (dir.) (1996): Manual de dialectología hispánica. Barcelona: Ariel. Álvarez, Rosario (2007): «Variación dialectal no período de emerxencia». Boullón Agrelo, Ana (ed.): na nosa lyngoage galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 373-398. Álvarez, Rosario / Xove, Xosé (1998): «Lingua e variación dialectal na Crónica Xeral Galega». Kremer, Dieter (ed.): Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vol. 1. Vigo: Galaxia, pp. 29-58. Álvarez, Rosario; Xove, Xosé (2008): «Os adverbios alá/aló, acá/acó en galego medieval». Corral, Esther / Fontoira Surís, Lydia / Moscoso Mato, Eduardo (ed.): A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro. Santiago de Compostela: USC, pp. 377-403. Andrés Díaz, Ramón de (2011): «Fronteras lingüísticas y geotipos, con atención a la zona Eo-Navia (Asturias)». Lengua, ciencia y fronteras. Uviéu: Trabe, pp. 121-151. Baliñas Pérez, Carlos (2014): «Os camiños diverxentes de Galicia e Portugal na Alta Idade Media». Sousa, Xulio / Negro Romero, Marta / Álvarez, Rosario (ed.): Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 27-54. 001-684 Estudis romanics 39.indd 64 07/02/2017 14:58:32
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 65 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 Boullón Agrelo, Ana Isabel / Monteagudo, Henrique (2009): De verbo a verbo. Documentos en galego anteriores a 1260. Santiago de Compostela: USC. Cano González, Ana (1981): El habla de somiedo. Santiago: USC. Castro, Ivo (1991): Curso de história da língua portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta. Castro, Ivo (2013): «Formação da língua portuguesa». Raposo, Eduardo Paiva et al. (org.): Gramática do português. Vol. 1. Lisboa: Gulbenkian, pp. 7-16. Catalán, Diego (1956-57 / 1957-58): «El asturiano occidental. Examen sincrónico y explicación diacrónica de sus fronteras fonológicas». Romance Philology X (195657), pp. 71-92 e XI (1957-58), 120-158. Cito por Las lenguas circunvecinas del castellano. Paraninfo: Madrid, pp. 30-99. Cintra, Luis F. Lindley (1959): A linguagem dos foros de Castelo Rodrigo. Lisboa: Publicações do Centro de Estudos Filológicos. Dubert-García, Francisco (2010): «As formas camín e chen en galego e asturiano: solucións supra-rexionais, solucións rexionais e contínuum xeolectal». Revista de Filología Románica, Núm. 27, 29-58. Dubert-García, Francisco (2011): «Sobre as origens da vogal radical /i/ em sigo ~ siga no verbo galego-português: um fenómeno de contacto linguístico?». studies on Hispanic and Lusophone Linguistics, Volume 4, Issue 2, pp. 301-341. Dubert-García, Francisco (2013): «As formas tipo tivo e o contacto lingüístico cos romances centrais». Gugenberger, Eva / Monteagudo, Henrique / Rei-Doval, Gabriel (ed.): Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 139-167. DVPM = Xavier, Maria Francisca (dir.): Dicionário de verbos do português medieval. Dispoñible en http://cipm.fcsh.unl.pt/verbos/indiceverbos.jsp Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Galaxia. Fernández Rei, Francisco (1996): «A posición do galego, lingua románica reemerxente». Lorenzo, Ramón / Álvarez, Rosario (ed.): Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta, Santiago de Compostela: USC, pp. 15-46. Fernández-Ordóñez, Inés (2006): «Contribuciones de Ramón Menéndez Pidal al estudio del catalán: Del I Congrés Internacional de la Llengua Catalana al Atlas Lingüístico de la Península Ibérica». Perea, Maria Pilar / Colón Domènech, Germà (ed.): El Primer Congrés Internacional de la Llengua Catalana. Reflexos i projeccions. PPU: Barcelona, pp. 173-202. Ferreiro, Manuel (1995): Gramática histórica galega. Santiago de Compostela: Laiovento. García Arias, Xosé Lluís (1997): «El continuum llingüístico ente’l gallego y l’asturianu». Lletres asturianes, Núm. 62, pp. 43-50. García Arias, Xosé Lluís (2003): Gramática histórica de la lengua asturiana. Uviéu: Academia de la Llingua Asturiana. García de Diego, Vicente (1959): Manual de dialectología española. Madrid: Ediciones de Cultura Hispánica. Grandgent, C. H. (1952): Introducción al latín vulgar. Madrid: CSIC. Heine, Bernd / Kuteva, Tania (2006): the changing languages of Europe. Oxford: OUP. 001-684 Estudis romanics 39.indd 65 07/02/2017 14:58:32
66 FRAnCIsCO DuBERt-GARCíA Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 Krüger, Fritz (1957): «Notas de dialectología asturiana comparada». Boletín del Instituto de Estudios Asturianos, Núm. XXX, pp. 3-48. Lausberg, Heinrich (1981): Lingüística románica. Lisboa: Fundação C. Gulbenkian. Lorenzo, Ramón (1995): «Galegische koine. La koiné gallega». Holtus, Günter / Metzeltin, Michael / Schmitt, Christian (ed.): Lexikon der Romanistischen Linguistik, Band/Volume II, 2. Tubingen: Max Niemeyer Verlag, pp. 649-679. Lorenzo, Ramón (2004): «Emerxencia e decadencia do galego escrito (séculos xiii-xvi)». Álvarez, Rosario / Fernández Rei, Francisco / Santamarina, Antón (eds.): A lingua galega: Historia e actualidade. Vol. III. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega, pp. 27-153. Lorenzo, Ramón (ed.) (1975): La traducción gallega de la Crónica General y de la de Castilla, Vol. I. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”. Lorenzo, Ramón (ed.) (1985): Crónica troiana. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Maia, Clarinda de Azevedo (1986): Historia do galego-português. Lisboa: Gulbenkian, JNICT. Maiden, Martin (2005): «Morphological autonomy and diachrony». Booij, Geert / van Marle, Jaap (ed.): Yearbook of Morphology 2004. Dordrecht: Springer, pp. 137175. Mariño Paz, Ramón (2008): Historia de la lengua gallega. München: Lincom. Meilán García, Antón (1994): «De cuestiois históricas e lingüísticas sobre “el galego de Asturias”». Fernández Rei, Francisco (ed.): Lingua e cultura galega de Asturias. Vigo: Xerais, pp. 47-79. Menéndez Pidal, Ramón (1906): El dialecto leonés. Revista de archivos y bibliotecas. Año X, 2-3. Merlan, Aurelia (2007): «Las variedades lingüísticas del noreste peninsular: convergencias y divergencias». Lletres Asturianes, Núm. 96, pp. 7-56. Metzeltin, Miguel (2014): «L’asturianu ente les llingües romances». Lletres Asturianes, Núm. 110, pp. 11-23. Milroy, James / Milroy, Lesley (1991): Authority in language. 2nd Edition. London; New York: Routledge. Monteagudo, Henrique (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia. Monteagudo, Henrique (2007): «A emerxencia do galego-portugués na escrita instrumental». Boullón Agrelo, Ana Isabel (ed.): na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 275-312. Monteagudo, Henrique (2009): «A elaboración do galego escrito no período primitivo». Estudos de lingüística galega, Núm. 1, pp. 85-112. Moscoso Mato, Eduardo (2004): «Antepretérito sintético e analítico en galego medieval». Álvarez, Rosario / Fernández Rei, Francisco / Santamarina, Antón (ed.): A lingua galega: historia e actualidade, Vol 3. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, pp. 227-233. Moscoso Mato, Eduardo (2008): «nací e fuy nado no galego medieval». Corral, Esther / Fontoira Surís, Lydia / Moscoso Mato, Eduardo (ed.) A mi dizen quantos 001-684 Estudis romanics 39.indd 66 07/02/2017 14:58:32
sOBRE A GALLAECIA MAGNA E As RELACIÓns HIstÓRICAs 67 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 43-69 DOI: 10.2436/20.2500.01.215 amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro. Santiago de Compostela: USC, pp. 553-564. Moll, Francisco de B. (1952): Gramática histórica catalana. Madrid: Gredos. Mulja č i ć , Žarko (1995): «A estandardización do galego á luz de procesos análogos noutras linguas «minorizadas» europeas». Monteagudo, Henrique (ed.): Estudios de sociolingüística galega. sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, pp. 19-51. Neto, Serafim da Silva (1957): Historia da língua portuguesa. Rio de Janeiro. Nogueira, Carlos Filipe (1988): «O conceito geográfico-linguístico de Galécia Maior». Seminário de Linguística Portuguesa Histórica (ed.), sete ensaios sobre a obra de J. M. Piel. Lisboa: Publicações do Instituto de Linguística da Fac. de Letras de Lisboa, pp. 77-103. Rodríguez Castellano, Lorenzo (1954): Aspectos del bable occidental. Instituto de Estudios Asturianos (CSIC): Oviedo. Rydberg, G. (1893): Le développement de facere dans les langues romanes. Paris: Imprimerie & Librairie de Ch. Noblet. Santamarina, Antonio (1974): El verbo gallego. Santiago de Compostela: USC. Santos, Maria José de Moura (1967): Os falares fronteiriços de trás-os-Montes. Coimbra: Universidade de Coimbra. Segura, Luísa (2013): «Variedades dialetais do português europeu». Raposo, Eduardo Buzaglo Paiva et al. (ed.): Gramática do português. Vol. I. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, pp. 85-144. Sequeira, F. J. Martins (1957): Apontamentos acerca do falar do Baixo-Minho. Lisboa: Revista de Portugal. Souto Cabo, José António (2014): «Os primeiros escritos em galego-português: revisão e balanço». Eirín García, Leticia / López Viñas, Xoán (ed.): Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica. Monografía 9 da Revista Galega de Filoloxía. A Coruña: Área de Filoloxías Galega e Portuguesa, pp. 369-393. Teyssier, Paul (1995): «Portugiesische koine. La koinè portugaise». Holtus, Günter / Metzeltin, Michael / Schmitt, Christian (ed.): Lexikon der Romanistishen Linguistik, Band/Volume II, 2. Tubingen: Max Niemeyer Verlag, pp. 679-692. Varela Barreiro, Xavier (1999): «A evolución dos pretéritos irregulares sigmáticos». Álvarez, Rosario / Vilavedra, Dolores (ed.): Cinguidos por unha arela común: Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero, Vol. 1, Santiago de Compostela: USC, pp. 1047-1072. Vasconcellos, José Leite de (1901): Esquisse d’une dialectologie portugaise. Paris; Lisboa: Aillaud. Vázquez Corredoira, Fernando (1998): A construção da língua portuguesa frente ao castelhano. O galego como exemplo a contrario. Santiago de Compostela: Laiovento. Viejo Fernández, Xulio (2003): La formación histórica de la llingua asturiana. Uviéu: Trabe. Zamora Vicente, Alonso (1967): Dialectología española. Madrid: Gredos. 001-684 Estudis romanics 39.indd 67 07/02/2017 14:58:33