Acordo do Consello de Goberno do 28-05-2019 polo que se aproba o recoñecemento de niveis de idiomas nos títulos de grao
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o 28 de maio de 2019 aprobou o acordo sobre o recoñecemento de idiomas no título de grao, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dix italmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
1 ACORDO SOBRE RECOÑECEMENTO DE NIVEIS DE IDIOMAS NOS TÍTULOS DE GRAO As liñas xerais para a elaboración dos plans de estudo de grao na USC, aprobadas polo Claustro Universitario o 20 de maio de 2008, foron modificadas por acordo deste órgano do 10 de maio de 2019. Con esta modificación eliminouse a necesidade de acreditar o coñecemento dunha lingua estranxeira para a obtención do título de grao e acordouse instar a modificación do acordo do Consello de Goberno que establece como requisito o deber de acreditar o nivel B1 de coñecemento dunha lingua estranxeira para a obtención do título universitario de grao. Sendo así, faise necesario derrogar o Acordo do Consello de Goberno do 31 de outubro de 2013 e dar unha nova redacción á regulación sobre recoñecemento de niveis de coñecemento de idioma e acreditación do coñecemento de lingua estranxeira nos títulos de grao. É por isto que o Consello de Goberno, na súa sesión do 28 de maio de 2019, aprobou o seguinte ACORDO: PRIMEIRO. ACREDITACIÓN DO NIVEL DE COÑECEMENTO DUNHA LINGUA ESTRANXEIRA 1.1. Os estudantes das titulacións de Grao poderán acreditar o nivel B1 ou superiores de coñecemento dunha lingua consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MECR). 1.2. A acreditación de coñecemento dunha lingua estranxeira non é obrigatoria para a obtención do título de grao, agás que así se determine nas directrices propias do título. 1.3. A acreditación do coñecemento de linguas constará no expediente dos/as estudantes, nas certificacións que se expidan e no Suplemento Europeo ao Título (SET). 1.4. Así mesmo, o coñecemento de linguas poderá dar lugar á obtención de créditos transversais de conformidade coa seguinte táboa: Actividade que se recoñece Recoñecemento Nivel B1 3 ECTS Nivel superior ao B1 4 ECTS por acreditación do nivel B2 5 ECTS por acreditación do nivel C1 6 ECTS por acreditación do nivel C2 Cursos de idiomas do Centro de Linguas Modernas (CLM) 1 ECTS por cada 25 horas ata un máximo de 6 ECTS
2 SEGUNDO. FORMAS DE ACREDITAR O NIVEL DE COÑECEMENTO DA LINGUA ESTRANXEIRA 2.1. O nivel de coñecemento da lingua estranxeira acredítase mediante: a) Superación de probas de acreditación organizadas polo CLM. A regulación destas probas axustarase ao disposto nas normas vixentes na data de publicación deste acordo e ás que por resolución reitoral se establezan. b) Superación de cursos do CLM certificados con indicación de nivel MECR. Os distintos niveis acreditaranse coa superación dos correspondentes cursos de nivel “B1”, “B1.2”ou superior. c) Posesión dalgún dos títulos ou diplomas de coñecemento de linguas recollidos no anexo deste acordo. A actualización da relación de títulos incluídos no anexo deste acordo aprobarase polo Consello de Goberno, por proposta da vicerreitoría con competencia na materia, e deberá realizarse antes do inicio do curso académico, tendo en conta os títulos ou diplomas recoñecidos por ACLES. 2.2. Os títulos de nivel superior dun idioma sempre subsumirán aos títulos de nivel inferior do mesmo idioma, polo que non será posible recoñecer un título inferior cando se tivera recoñecido un superior. Do mesmo xeito, a acreditación dun nivel superior ao xa recoñecido só dará dereito ao recoñecemento da diferenza de créditos que corresponda. TERCEIRO. RECOÑECEMENTO NO EXPEDIENTE 3.1. Sen prexuízo dos prezos que proceda pagar pola realización de cursos ou probas, o recoñecemento no expediente como créditos transversais do nivel de idioma requirirá que se faga efectivo o pagamento dos créditos a recoñecer. 3.2. Os alumnos poderán incluír no seu expediente a acreditación de varios idiomas, tanto de nivel B1 como dos superiores. 3.3. Os niveis de coñecemento de idioma recoñecidos figurarán no expediente do/a alumno/a baixo o epígrafe "Competencias transversais”: idioma (indicación do idioma), cursos realizados ou diploma achegado, número e tipo de créditos recoñecidos e a mención de (“recoñecido”). 3.4. As solicitudes de recoñecemento acreditadas conforme ao indicado no apartado 2.1. resolveranse favorablemente e incluiranse no expediente sen necesidade de informes previos. Non obstante, se a acreditación presentada suscitase dúbidas para a súa aceptación solicitarase informe ao CLM antes de resolver. DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA. Os plans de estudo de grao que recollen expresamente como requisito a acreditación do nivel B1 de coñecemento dunha lingua estranxeira para a obtención do título de grao deberán ser modificados no prazo máximo de dous meses desde a aprobación deste acordo, sen prexuízo de que a Universidade poda expedir os títulos a partir da data de entrada en vigor do mesmo.
3 DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA. O requisito do nivel B1 (MECR) de coñecemento dunha lingua estranxeira esixido no apartado 4 da Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas para formalizar a matrícula no máster que habilita para o exercicio das profesións citadas, poderá acreditarse segundo o previsto no apartado 2.1. deste acordo. Tamén se entenderá acreditado cando se cumpra algunha das seguintes situacións: a) Os licenciados pola USC cuxas titulacións inclúan nos plans de estudos unha lingua estranxeira que acredite o nivel B1. A USC determinará mediante resolución as titulacións que outorguen esta competencia. b) Os estudantes que finalicen un grao na USC que inclúa un major ou minor dunha lingua estranxeira e titulacións equivalentes doutras universidades. c) Os que teñan superadas materias dunha lingua estranxeira noutras titulacións, sempre que proporcione competencias lingüísticas instrumentais e o número mínimo de créditos da totalidade destas materias dunha mesma lingua sexa de 24 créditos. d) Os que cursaran idiomas ordinarios e técnicos que se imparten en diversas titulacións como créditos de libre configuración curricular, sempre que se cursara un mínimo de 24 créditos nun mesmo idioma. e) Os que cursen unha titulación que outorgue competencias superiores ao B1, segundo a memoria da titulación. A USC determinará mediante resolución as titulacións que outorguen estas competencias. f) Os alumnos que participaran en programas de mobilidade en universidades estranxeiras aos que se lles incorporara no expediente, unha vez finalizado o programa de mobilidade dun curso académico, o recoñecemento do nivel B1 no apartado “outros estudos”, sempre que estean acreditados ambos extremos. En tanto non se aprobe a resolución á que fan referencia os apartados a) e e) será de aplicación o anexo da resolución reitoral do 5 de xuño de 2015. As formas de acreditación ás que se fai referencia nesta disposición non dan dereito a que sexa expedida ningunha acreditación sobre o nivel de idioma nin ao recoñecemento de créditos. DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA. A regulación e programación das probas de competencia lingüística do CLM manterá a súa vixencia en tanto non sexan modificadas por resolución da Vicerreitoría competente. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA. Os/as estudantes que á entrada en vigor deste acordo non teñan expedido o seu título poderán obtelo sen necesidade de acreditar o nivel B1. No caso de que teñan acreditado este nivel incorporarase ao seu expediente e incluirase nos certificados e no SET. O recoñecemento do nivel B1 como créditos transversais será efectivo a partir do curso 2019/2020.
4 DISPOSICIÓN TRANSITORIA TERCEIRA. Excepcionalmente poderá recoñecerse o nivel B1 como créditos transversais no curso académico 2018/19 se estes foran necesarios para acadar o número mínimo de créditos requirido para obter a titulación. DISPOSICIÓN DERROGATORIA. Queda derrogado o acordo do Consello de Goberno do 31 de outubro de 2013 de recoñecemento de niveis de coñecemento de idioma e acreditación do coñecemento de lingua estranxeira para a obtención do título de grao. Tamén queda derrogado o artigo 8 do Acordo do Consello de Goberno sobre recoñecemento de créditos nos estudos de grao ao abeiro do artigo 12.8 do Real Decreto 1393/2007, do 5 de xullo de 2016, o artigo 7.3 do Regulamento das titulacións oficiais de grao e mestrado na USC, do 28 de xullo de 2017 e calquera outra norma de igual ou inferior rango que se opoña ao disposto no presente acordo. DISPOSICIÓN FINAL. Este acordo entrará en vigor na data da súa publicación no taboleiro electrónico da USC.
5 ANEXO RECOÑECEMENTO DE TÍTULOS As certificacións que se presenten deberán contemplar as destrezas básicas receptivas e produtivas ligadas ao nivel de competencia lingüística B1 ou superiores segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECR). Recoñeceranse: a) Os documentos acreditativos de superación do B1 e superiores expedidos polas universidades públicas españolas e universidades do EEES que cumpran co anterior. b) As certificacións que figuran na listaxes elaboradas polas comisións lingüísticas da CRUE. c) Os documentos acreditativos da Asociación de Centros de Linguas das Universidades Españolas (ACLES). No caso de presentar unha certificación de nivel fraccionado, que non sexa uniforme, recoñecérase o nivel inmediatamente anterior. CASTELÁN B1, B2, C1, C2 BULATS B1 (40-59), B2 (60-74), C1 (75-89), C2 (90-100) (Business Language Testing Service) CERTIFICADOS DE LAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS ADMITIDOS POR ACLES: CertAcles B1, CertAcles B2, CertAcles C1, CertAcles C2 DELE B1, DELE B2, DELE C1, DELE C2 (Diploma de español como lingua estranxeira) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) – Certificado de Nivel Avanzado (B2), Certificado de Nivel C1 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013), e certificado de ciclo Elemental (R.D. 967/1988) Servicio Internacional de Evaluación de la Lengua Española (SIELE)* B1: Comprensión de lectura (118 – 177,99)/ Comprensión auditiva (112 – 163,99)/ Expresión e interacción escritas (104 – 166,99)/ Expresión e interacción orales (125 – 175,99) SIELE B2: Comprensión de lectura (178 – 216,99)/ Comprensión auditiva (164,99 – 210,99)/ Expresión e interacción escritas (167 – 214,99)/ Expresión e interacción orales (176 – 214,99) SIELE C1: Comprensión de lectura (217 -250)/ Comprensión auditiva (211 – 250)/ Expresión e interacción escritas (215 – 250)/ Expresión e interacción orales (215 – 250) THE EUROPEAN LANGUAGE CERTIFICATES (TELC): TELC B1/ TELC B2
6 GALEGO B1 Celga 2 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e certificado de ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 Celga 3 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel Avanzado (B2) (R.D. 1629/2006); Certificado de Ciclo Superior (R.D. 967/1988) C1 Celga 4 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C1(R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C1 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013) C2 Celga 5 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C2 (R.D. 1041/2017) CATALÁN B1 CERTIFICATS DE LLENGUA CATALANA DE L'INSTITUT RAMON LLULL: Nivell elemental D.G. de Política Lingüística Generalitat de Catalunya: Nivell elemental (A elemental) Junta Qualificadora de coneixements de Valencià: Grau elemental D. G. de Política Lingüística Govern Balear: B1 (nivell llindar) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e certificado de ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 CERTIFICATS DE LLENGUA CATALANA DE L'INSTITUT RAMON LLULL: Nivell intermedi D.G. de Política Lingüística Generalitat de Catalunya: Nivell intermedi (B) D. G. de Política Lingüística Govern Balear: B2 (nivell avançat) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel Avanzado (B2) (R.D. 1629/2006); Certificado de Ciclo Superior (R.D. 967/1988) C1 CERTIFICATS DE LLENGUA CATALANA DE L'INSTITUT RAMON LLULL: Nivell de suficiència D.G. de Política Lingüística Generalitat de Catalunya: Nivell de suficiència (C)
7 Junta Qualificadora de coneixements de Valencià: Grau mitjà D. G. de Política Lingüística Govern Balear: C1 (nivell de domini funcional efectiu) C2 CERTIFICATS DE LLENGUA CATALANA DE L'INSTITUT RAMON LLULL: Nivell superior D.G. de Política Lingüística Generalitat de Catalunya: Nivell superior (D) Junta Qualificadora de coneixements de Valencià: Grau superior D. G. de Política Lingüística Govern Balear: C2 (nivell de domini) EUSKERA B1 HABE B1 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e certificado Ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 HABE B2 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel Avanzado (B2) (R.D. 1629/2006); Certificado de Ciclo Superior (R.D. 967/1988) C1 HABE C1 EGA (Euskararen Gaitasun Agiria) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio 2 (R.D. 1629/2006) e 3º curso Ciclo Elemental (R.D. 967/1988) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C1(R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C1 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013). C2 HABE C2 (Helduen Alfabetatze eta Berreuskalduntzerako Erakundea) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C1(R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C1 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013). INGLÉS B1 ANGLIA EXAMINATIONS (Superación das catro macro destrezas) Aptis Four Skills B1, British Council (Superación das catro macro destrezas) BEC 1 (Busines English Certificate) Preliminary
8 BULATS: 40-59 pts (Business Language Testing Service) CertAcles B1 (Certificados de las Universidades Españolas Homologadas por ACLES) CLES: Level 1, (Certificados Homologados UNICERT) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e certificado Ciclo Elemental (R.D. 967/1988) IELTS: 4.0-5.0 (International English Language Testing System - Cambridge University) ISE I - TRINITY (Integrated Skills in English Examinations ISE) London Chamber of Commerce - English for Tourism, Jetset ESOL B1, ELSA B1 LanguageCert International ESOL: Listening, Reading, Writing, Speaking: Achiever B1 LTE/PTE: LTE (GENERAL) Level 2 ata 2008, dende 2009 PTE (Pearson Test of English) LTE/PTE: LTE (ACADEMIC) 43-58 OXFORD TEST OF ENGLISH (OTE): 81-110 (Superación das catro macro destrezas) PEARSON – LCCI: LCCI English for Tourism 2 / LCCI JETSET B1 PEARSON – LCCI: LCCI English for Business 2 PET (Preliminary English Test) Universidade de Cambridge: Council of Europe Level B1 TOEFL CBT: 137-177 pts (TOEFL Computer Based Test) TOEFL IBT: 57-86 pts (TOEFL Internet Based Test) TOEFL PBT: 457-510 pts (TOEFL Paper Based Test) TOEIC (Test of English for International Communication) 550 pts ou superior (superación das 4 destrezas: Listening 275-395, Reading 275-380, Speaking 120-150, Writing 120-140 pts) TELC: B1 (The European Language Certificates TELC) B2 ANGLIA EXAMINATIONS (REQ. SUPERACIÓN DE LAS CUATRO MACRO DESTREZAS): Advanced / Advanced in Business English Aptis Four Skills B2 (British Council) Superación das 4 macrodestrezas BEC 2: Vantage (Business English Certificate) BULATS: 60-74 pts (Business Language Testing Service) CertAcles B2 (Certificados de las Universidades Españolas Homologadas por ACLES) CLES: Level 2, CLES 2 (Certificados Homologados UNICERT) ECPE: University of Michigan: Certificate of Competency in English B2 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B2) (R.D. 1629/2006); e certificado Ciclo Superior (R.D. 967/1988) ESOL Level 1, Cambridge University: Council of Europe Level B2, FCE (First Certificate in English), Cambridge University: Council of Europe Level B2 ICFE Vantage (International Certificate in Financial English) IELTS: 5.5-6.5 (International English Language Testing System), Cambridge University) ILEC (International Legal English Certificate) ISE II - TRINITY (Integrated Skills in English Examinations ISE) LTE/PTE: LTE Level 3 ata 2008, PTE level 3 dende 2009 (Pearson Test of English) LanguageCert International ESOL: Listening, Reading, Writing , Speaking: Communicator B2 OXFORD TEST OF ENGLISH (OTE) (REQ. SUPERACIÓN DE LAS CUATRO MACRO DESTREZAS): 81 – 110 PEARSON TEST OF ENGLISH – PTE (ACADEMIC) – Anteriormente LONDON TEST OF ENGLISH (LTE): 59 – 75 PEARSON – LCCI: LCCI English for Business 3 TELC B2 (The European Language Certificates TELC) TOEFL CBT : 178 puntos (TOEFL Computer Based Test)
15 C2 Certificado de Proficiência em Língua Portuguesa para estrangeiros (CELPE BRAS): Avançado Superior EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C2 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013) DUPLE (Diploma Universitário de Portugês Língua Estrangeira) ÁRABE B1 TELC B1 (The European Language Certificates) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e certificado de ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel Avanzado (B2) (R.D. 1629/2006); Certificado de Ciclo Superior (R.D. 967/1988) CHECO B1 CCE-B1 (Czech Language Certificate Exam CCE), Institute for Language and Preparatory Studies, Charles University in Prague. TELC B1 (The European Language Certificates) B2 CCE-B2 (Czech Language Certificate Exam CCE), Institute for Language and Preparatory Studies, Charles University in Prague C1 CCE-C1 (Czech Language Certificate Exam CCE), Institute for Language and Preparatory Studies, Charles University in Prague CHINÉS B1 HSK 3 (Hanyu Shuiping Kaoshi HSK) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e 3º curso Ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 HSK 4 (Hanyu Shuiping Kaoshi HSK) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel Avanzado (B2) (R.D. 1629/2006); Certificado de Ciclo Superior (R.D. 967/1988)
16 C1 HSK 5 (Hanyu Shuiping Kaoshi HSK) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C1(R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C1 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013) C2 HSK 6 (Hanyu Shuiping Kaoshi HSK) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C2(R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C2 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013) DANÉS B1 Prøve i Dansk 2 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e 3º curso Ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 Prøve i Dansk 3 EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel Avanzado (B2) (R.D. 1629/2006); Certificado de Ciclo Superior (R.D. 967/1988) GREGO B1 Pistopiitikó Elinomátias II (Πιστοποιητικό Ελληνομάθειας Β')3 (Centre for the Greek Language -Certificate of Attainment in Modern) Veveosi Ellinomatheias Elemental EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e 3º curso Ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 Pistopiitikó Elinomátias III (Πιστοποιητικό Ελληνομάθειας Γ')3 C (Centre for the Greek Language -Certificate of Attainment in Modern) Veveosi Ellinomatheias Vantage EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel Avanzado (B2) (R.D. 1629/2006); Certificado de Ciclo Superior (R.D. 967/1988) C1 Pistopiitikó Elinomátias IV (Πιστοποιητικό Ελληνομάθειας Δ')3 D' (Centre for the Greek Language -Certificate of Attainment in Modern) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C1(R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C1 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013)
17 POLACO B1 TELC B1 (The European Language Certificates) Egzaminy z języka polskiego jako obcego (Poziom B1) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e 3º curso Ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 Egzaminy z języka polskiego jako obcego (Poziom B2) TELC B2 (The European Language Certificates) RUSO B1 TELC B1 (The European Language Certificates) TORFL/ТРКИ I (Test of Russian as a Foreign Language - Primero/Perviy) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B1 (R.D. 1041/2017), Certificado de Nivel Intermedio (B1) (R.D. 1629/2006); e 3º curso Ciclo Elemental (R.D. 967/1988) B2 TELC B2 (The European Language Certificates) TORFL/ТРКИ II (Test of Russian as a Foreign Language - Segundo/Vtoroy) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Intermedio-B2 (R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel Avanzado (B2) (R.D. 1629/2006); Certificado de Ciclo Superior (R.D. 967/1988) C1 TORFL/ТРКИ III (Test of Russian as a Foreign Language - Tercero/Tretii) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C1(R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C1 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013) C2 TORFL/ТРКИ IV (Test of Russian as a Foreign Language - Cuarto/Chetvertiy) EOI (Escola Oficial de Idiomas): Certificado de Nivel Avanzado-C2(R.D. 1041/2017); Certificado de Nivel C2 (R.D. 1629/2006, L.O. 8/2013) TURCO B1 TELC B1 (The European Language Certificates) B2 TELC B2 (The European Language Certificates)