scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Recursos de humor e hixiene verbal: un estudo de caso

Gómez Carballo, Carla Catarina

Abstract

Este traballo céntrase no estudo lingüístico dos límites do humor, malia que se consideran tamén aportacións doutras ciencias como a filosofía e a socioloxía. A investigación céntrase no humor de denigración, que realiza unha ofensa contra colectivos minorizados, polo que se partirá da sociolingüística, a pragmática e as teorías da hixiene verbal. A bibliografía utilizada no marco teórico aborda diferentes aspectos de gran relevancia no estudo como o contexto comunicativo e socio-cultural, a incongruencia como mecanismo de comicidade, a violación das máximas de Grice, o humor como forma de descortesía, a liberdade de expresión e a relación entre a ética e o humor. A segunda parte do traballo consiste nun estudo de caso mediante a elaboración dun cuest ionario. Os datos obtidos amosaron as diferentes perspectivas e argumentos sostidos no debate na sociedade sobre os límites do humor: o que se considera cómico, a relación entre ideoloxía e humor, e o papel da censura no humor de discriminación.

Full text

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Facultade de Filoloxía Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada Traballo de Fin de Mestrado Recursos de humor e hixiene verbal: un estudo de caso Autora: Carla Catarina Gómez Carballo Titora: Teresa Moure Santiago de Compostela Ano 2019 1 Contidos Resumo ......................................................................................................................... 3 Resumen ....................................................................................................................... 3 Abstract ........................................................................................................................ 4 1. Introdución................................................................................................................ 5 2. Marco teórico: estado da cuestión.............................................................................. 7 2.1. Delimitación do concepto de humor ................................................................... 7 2.2. O chiste e os memes ........................................................................................... 9 2.3. As tres teorías clásicas do humor ...................................................................... 12 2.4. Outras achegas ao humor .................................................................................. 15 2.5. Descortesía, ética e humor errado: os límites do humor .................................... 21 3. Estudo de caso ........................................................................................................ 34 3.1. O deseño do estudo........................................................................................... 35 3.2. Análise dos chistes e memes ............................................................................. 36 3.3. Análise dos datos obtidos ................................................................................. 42 4. Conclusións ............................................................................................................ 53 5. Bibliografía ............................................................................................................. 56 6. Anexo I: Cuestionario ............................................................................................. 60 7. Anexo II: Datos obtidos .......................................................................................... 63 7.1. Informante 1 ..................................................................................................... 63 7.2. Informante 2 ..................................................................................................... 66 7.3. Informante 3 ..................................................................................................... 69 7.4. Informante 4 ..................................................................................................... 72 7.5. Informante 5 ..................................................................................................... 75 7.6. Informante 6 ..................................................................................................... 78 7.7. Informante 7 ..................................................................................................... 81 2 7.8. Informante 8 ..................................................................................................... 84 7.9. Informante 9 ..................................................................................................... 87 7.10. Informante 10 ................................................................................................. 90 7.11. Informante 11 ................................................................................................. 93 7.12. Informante 12 ................................................................................................. 96 7.13. Informante 13 ................................................................................................. 99 3 Resumo Este traballo céntrase no estudo lingüístico dos límites do humor, malia que se consideran tamén aportacións doutras ciencias como a filosofía e a socioloxía. A investigación céntrase no humor de denigración, que realiza unha ofensa contra colectivos minorizados, polo que se partirá da sociolingüística, a pragmática e as teorías da hixiene verbal. A bibliografía utilizada no marco teórico aborda diferentes aspectos de gran relevancia no estudo como o contexto comunicativo e socio-cultural, a incongruencia como mecanismo de comicidade, a violación das máximas de Grice, o humor como forma de descortesía, a liberdade de expresión e a relación entre a ética e o humor. A segunda parte do traballo consiste nun estudo de caso mediante a elaboración dun cuestionario. Os datos obtidos amosaron as diferentes perspectivas e argumentos sostidos no debate na sociedade sobre os límites do humor: o que se considera cómico, a relación entre ideoloxía e humor, e o papel da censura no humor de discriminación. Resumen Este trabajo se centra en el estudio lingüístico de los límites del humor, aunque también se tienen en cuenta aportaciones de otras ciencias como la filosofía y la sociología. La investigación se centra en el humor de denigración, que realiza una ofensa contra colectivos minorizados, por lo que se partirá de la sociolingüística, la pragmática y las teorías de la higiene verbal. La bibliografía utilizada en el marco teórico aborda diferentes aspectos de gran relevancia en el estudio como el contexto comunicativo y socio-cultural, la incongruencia como mecanismo de comicidad, la violación de las máximas de Grice, el humor como forma de descortesía, la libertad de expresión y la relación entre la ética y el humor. La segunda parte del trabajo consiste en un estudio de caso mediante la elaboración de un cuestionario. Los datos obtenidos mostraron las diferentes perspectivas y argumentos defendidos en el debate social sobre los límites del humor: lo que se considera cómico, la relación entre ideología y humor, y el papel de la censura en el humor de discriminación. 4 Abstract The purpose of this dissertation is to study the limits of humour from a linguistic approach, having into account contributions in the field from other sciences as well, such as Philosophy and Sociology. The research focuses on denigration humour, which involves an offence against minorities, thus, we rely on Sociolinguistics, Pragmatics and theories about verbal hygiene. The bibliography used for the theoretical framework addresses different aspects of great relevance for this study, for instance, the communicative and socio-cultural context, the incongruity as a comedy mechanism, the violation of Grice’s maxims, the notion of humour as a discourtesy, the freedom of expression and the relationship between ethics and humour. The second part of this essay is a case study consisting on the elaboration of a questionnaire. The data obtained showed the different perspectives and arguments defended in the social debate about the limits of humour: what is considered comical, the relationship between ideology and humour, and the role of censorship in denigration humour. 5 1. Introdución O presente traballo de fin de mestrado ten por obxectivo investigar o humor, os seus límites e a súa relación coa hixiene verbal, esta última estudada con anterioridade no traballo de fin de grao realizado no curso académico 2016/2017. O termo “hixiene verbal” foi acuñado por Cameron (1995) e consiste nunha nova concepción prescriptivista da lingua que pretende tomar conciencia dos estereotipos e da discriminación presente e perpetuada mediante esta. Baséase na hipótese da relatividade lingüística, xa que considera que a lingua configura unha cosmovisión nos falantes, é dicir, é unha maneira de categorizar o mundo. Atendendo a isto, a lingua non é neutral, senón que nela se reflicten os valores que historicamente imperaron na sociedade. Así pois, desde colectivos tradicionalmente marxinados ínstase a tomar conciencia sobre como transmitimos a discriminación cara a estes mediante a lingua. O motivo dun estudo deste tipo é a crecente preocupación na sociedade polo impacto do humor e os seus límites. As voces críticas co humor negro ou humor de ofensa sinalan a repercusión que este ten na sociedade como mecanismo de perpetuación de estereotipos, o que xustifica un tratamento do humor atendendo aos postulados da hixiene verbal. O humor é un fenómeno de tipo comunicativo que sempre implica a interacción con outros e que adoita manifestarse mediante a lingua ou ter lugar nos intercambios comunicativos, polo que a lingüística ten unha enorme relevancia no seu estudo. O traballo basearase na sociolingüística e na pragmática, e terá un peso relevante o estudo da (des)cortesía, xa que proporcionan ferramentas para tratar a cuestión ao ter en conta a relación entre o humor, a lingua, a situación comunicativa e a vertente sociocultural. Ademais, para abordar os límites do humor atenderase ás teorías hixienistas da linguaxe que se basean na idea de que a lingua, como mecanismo de categorización da realidade, é a base do cambio social e o freo á discriminación. A través de chistes e memes que transmiten ofensas contra colectivos minorizados deseñouse un cuestionario que recolle a reacción que producen nos 13 informantes que conforman o corpus de análise. Ademais de sinalar a súa reacción mediante unha gradación, ao final da enquisa deben elaborar respostas a cuestións como a censura, a súa posición ideolóxica e identidade social, reflexionar sobre a relación entre ideoloxía e humor e propoñer algún chiste que consideren gracioso. Mediante estes datos e o marco teórico, que servirá para abordar este tema, tentarase abordar cuestións sobre o que se considera cómico e o límite entre o humorístico e o ofensivo. Tamén será relevante 6 considerar se o humor é un medio de discriminación e cales son os motivos para consideralo así ou mesmo as razóns que orixinaron un debate deste tipo na sociedade. Ademais, abordarase o feito de se podemos ou debemos censurar o humor, atendendo ás posibles consecuencias da súa censura. Así pois, o asunto dos límites do humor é un tema que debe resolverse dende a lingüística. A hipótese central do traballo é que o humor cara aos colectivos marxinados perpetúa estereotipos que non facilitan a normalización e integración destes. Atenderase ao debate actual entre a cidadanía sobre os límites do humor e a perspectiva do estudo será sempre a de atender ao humor como un fenómeno social que se manifesta habitualmente mediante a linguaxe: nas interaccións de maneira espontánea ou ben mediante fórmulas máis fixadas como poden ser os chistes, os monólogos ou os memes. O traballo estrutúrase nos tres seguintes apartados. Primeiro, o marco teórico onde se abordarán as achegas ao estudo do humor desde a lingüística e outras disciplinas, como a socioloxía e a filosofía, que se relacionarán coas principais teses e obxectivos da hixiene verbal. Posteriormente, realizarase un estudo de caso onde se amosarán os datos obtidos da realización do cuestionario e se fará unha análise destes en relación coa bibliografía utilizada. Por último, apuntaranse as conclusións extraídas do traballo, tentando recoller as respostas aos diferentes interrogantes que suscita este asunto. No Anexo I pódese atopar o modelo de cuestionario empregado. No Anexo II pódense consultar as respostas ordenadas de todos os participantes. 7 2. Marco teórico: estado da cuestión 2.1. Delimitación do concepto de humor A definición do concepto de humor ten sido abordada desde diferentes disciplinas e posicións ao longo da historia, pois xa se deu na antigüidade greco-latina. A noción de humor é relativamente recente: a súa acepción moderna ligada á comicidade recóllese por vez primeira na Inglaterra de 1682, malia que o termo procedía do humeur francés no sentido dos fluídos dun organismo (Bremmer & Roodenburg, 1999: 2) 1 . As dificultades ás que se enfrontaron numerosos estudosos na definición do termo débense á extrema diversidade de formas deste fenómeno: O humor pode ser verbal ou não verbal; pode constituir uma experiência subjectiva ou cumprir propósitos comunicativos; versar a realidade ou reportar-se ao imaginário; pode cativar ou agredir; surgir espontaneamente ou ser usado como uma técnica de interacção pessoal ou profissional; pode consistir numa simples piada trocada entre amigos ou elevar-se à sofisticação de uma peça de Shakespeare… (Ermida, 2003: 26) Ademais destes factores, o humor tamén varía dependendo da idade, sexo, grupo social, cultura, situación e época histórica. Por outra banda, hoxe en día internet e as redes sociais están a fomentar unha maior heteroxeneidade de formas do humor. Alén diso, tamén presenta características que non lle son exclusivas, polo que é complicado determinar os límites do concepto. Así pois, a enorme complexidade e variedade de manifestacións deu lugar a diferentes análises e interpretacións. Para coñecer mellor a natureza do humor resultan moi relevantes as contribucións dende a antropoloxía, na súa condicion de atributo exclusivo dos seres humanos e fenómeno predominantemente social. O humor “proporciona datos sobre lo que es verdaderamente importante en una sociedad y una cultura” (Driessen, 1999: 227), xa que reflicte as percepcións partilladas. O obxecto do humor adoita estar relacionado con asuntos relevantes socialmente como os intereses, as actitudes e os valores predominantes. Mais non é só un produto social e cultural; tamén varía segundo o grupo. Desta maneira non só se resalta a importancia da cultura e a sociedade, senón tamén o problema da contextualización do chiste. Ademais, Driessen sinala que bromear é un 1 Por limitacións de extensión, neste traballo non se entrará en cuestión etimolóxicas nin na dicotomía humeur/humour. Tampouco se abordará a relación entre o humor e a risa, mália a súa estreita relación, nin a súa distinción do wit. 14 mulleres poden reaccionar positivamente ao humor misóxino. Mais o interesante destas achegas é que o humor ten que ver coa identidade cultural ou subcultural das persoas e as diferenzas de valores entre emisor e receptor. A teoría da superioridade foi especialmente utilizada na sociolingüística, xa que pon a énfase no aspecto sociocultural e interpersoal do humor. Por outra banda, Veira (2018: 20) sinala que a universalidade da risa e o carácter social do humor están estreitamente relacionados coa supervivencia e cohesión grupal, feito compatible coas formulacións da teoría da hostilidade ou superioridade. A súa utilidade reside non só na súa concordancia coas teorías evolutivas, senón no seu alcance explicativo nunha sociedade individualista e narcisista: A correlación entre individualismo e humor agresivo revela que a teoría da superioridade pode ser un dos instrumentos máis eficaces para explicar o sentido do humor na sociedade humorística, así como o seu grao de penetración no mundo serio; por esta razón a teoría da superioridade non debese ser relegada por motivos de corrección política ou moral. Argüello Guitiérrez (2016: 28) argumenta que varios estudos sobre o humor de denigración puxeron a proba as formulacións da teoría da superioridade e demostraron que as persoas tenden a desfrutar máis do humor que denigra ao exogrupo que ao endogrupo. Desde esta perspectiva, a diversión deste tipo de humor non se produce polo menosprezo dirixido a unha persoa en particular, senón ao grupo social ao que pertence. Ademais, engádese que non é preciso que a persoa que desfruta deste humor pertenza ao grupo social favorecido no contido humorístico, pois “basta con que a persoa teña actitudes e sentimentos negativos cara ao grupo denigrado”. Esta postura é bastante controvertida, xa que, como se verá, non semella que sempre se dea esta situación, dado que o humor depende doutros moitos factores. Así pois, o humor ten dúas funcións que ocorren ao mesmo tempo: reforza a integración entre grupos e crea tamén unha disposición hostil cada os exogrupos (2016: 30). Non obstante, a teoría da superioridade, como as demais, non resolve todas as cuestións que se abren ao abordar o tema, xa que se limita a unha das múltiples facetas consideradas. Así pois, non é útil para resolver aqueles chistes que non humillan ou atacan a un individuo ou grupo e que aínda así producen comicidade. Malia isto, como o traballo se centra no humor agresivo, a teoría da superioridade proporciona un marco teórico interesante que pode aportar ferramentas para o estudo. 15 2.4. Outras achegas ao humor Antes de pasar a revisar as diferentes teorías que se terán en conta, cabe sinalar que dentro das achegas ao humor dende a pragmática predomina o enfoque inferencial e a concepción do humor como resultado de incongruencias. Torres Sánchez (1999: 56) sinala que a idea de que o discurso humorístico é unha desviación do discurso normal está bastante arraigada nos estudos lingüísticos do humor. Na pragmática griceana e na teoría dos actos de fala os efectos humorísticos adoitan concibirse como consecuencia da violación das máximas conversacionais, a explotación de ambigüidades ilocutivas e da violación das condicións de adecuación de Searle. A primeira teoría sobre o humor exclusivamente lingüística é a Semantic Script Theory of Humour (SSTH) introducida por Raskin (1985) e pertencente á teoría da incongruencia. A SSTH consiste en que un texto pode ser caracterizado como un só chiste se o texto é compatible (completa ou parcialmente) con dous scripts 5 ou frames diferentes e se estes dous scripts son opostos e se solapan no texto. A teoría de Raskin pode ser moi útil, mais só ten en conta a semántica, polo que é preciso un punto de vista máis amplo que teña en conta aspectos socio-culturais. Posteriormente, Attardo e Raskin (1991) fixeron modificacións á SSTH, dando lugar a unha versión revisada: a General Theory of Verbal Humor (GTVH). Esta, ademais da semántica, tamén incorpora a lingüística textual, a teoría da narrativa e a pragmática; pero se centra exclusivamente no humor verbal. A GTVH introduce os seis parámetros seguintes, coa intención de construír un mecanismo capaz de xerar un infinito número de chistes combinando os diferentes valores de cada parámetro (Attardo, 2001: 27). Co parámetro da lingua destácase a importancia das palabras para crear ambigüidade e conectar os dous sentidos opostos do texto, así como a posición do punch line ou frase clave na organización do texto. A estratexia narrativa relaciónase co feito de que todos os chistes son narrativas, mais non todo o humor o é. O obxectivo ten que ver coa información sobre grupos ou individuos aos que se lles achaca un estereotipo con fins humorísticos. A situación implica ter en conta os obxectos, participantes, actividades, instrumentos, etc., que se dan no contexto do chiste. O mecanismo lóxico consiste en que os falantes son conscientes da lóxica que funciona dentro do mundo do chiste e que non 5 Un script é un conxunto organizado de información sobre algunha entidade, en sentido amplo. É unha estrutura cognitiva interiorizada polo falante que lle proporciona información sobre a estrutura e os trazos prototípicos de dita entidade. 16 necesariamente se mantén fora deste. Finalmente, a oposición de script, xa presente na SSTH, consiste na oposición e solapamento de scripts, que variará dependendo da organización narrativa, da situación sociocultural e do contexto inmediato. Na GTVH, os textos humorísticos dividiríanse en aqueles que finalizan cun punch line, como os chistes, e aqueles que non. Ademais, os autores fan unha clasificación dos diferentes tipos de punch line segundo a súa localización e agrupación nos textos. Por outra banda, esta teoría propón que os interlocutores posúen unha competencia, no sentido chomskiano, para producir e interpretar os textos. Un feito postulado pola meirande parte dos autores que estudan o humor é a natureza cooperativa deste. Malia que os chistes, polo xeral, violan as máximas de Grice, compréndese que a mensaxe non é totalmente irrelevante, pois parte do efecto cómico provén do incumprimento delas: By claming that the speaker in jokes violates Grice’s maxims, it is being claimed that these texts constitute examples of non-cooperative behavior; nevertheless, the examples do “somehow” make sense, and are understood and recognized as jokes. (Attardo, 1994: 274) A violación das máximas pode levar a conclusións erradas, feito que ocorrería se interpretamos literalmente un chiste. O proceso de comprensión dunha brincadeira implica descubrir o significado “oculto”, seguindo a SSTH sería o descubrimento do segundo script. Así pois, semella que o humor é un paradoxo, xa que incumprindo as máximas sería un fenómeno non cooperativo, mais é precisamente o incumprimento destas o que produce o éxito na conversa, polo que podería sinalarse como cooperativo. Para explicar a aparente non-cooperación dos chistes, Attardo e Raskin abordan a Mention Theory de Sperber e Wilson (1981), que malia ser aplicada á ironía, serve para o humor na medida en que a GTVH postula que os chistes son a mención de dous scripts. Esta teoría sinala que as máximas non son realmente violadas, senón que a violación é establecida polo emisor, explicando así o paradoxo. A Mention Theory distingue entre dous tipos de enunciados: os mencionados e os non-mencionados. Yamaguchi (1988: 327) propón a súa versión da teoría baseándose en como os chistes violan as máximas conversacionais: a hipótese “Character-Did-It”. Esta consiste en que unha das personaxes da brincadeira pode violar as máximas libremente para producir a ambigüidade do chiste, mentres que o narrador debe evitar a violación e se as infrinxe 17 debe minimizar a súa responsabilidade transferíndoa a unha das personaxes. Os marcos que serven para mencionar ou ben para minimizar a responsabilidade son: o estilo directo, no que o falante que comunica a intervención doutro non é responsable dos actos locutivos, ilocutivos e perlocutivos deste, xa que non é el quen viola as máximas; o estilo indirecto, no que o falante que comunica as palabras doutro é responsable só da maneira en que o fai, do marco no que insire a intervención da outra persoa; e o narrative report, no que a responsabilidade da violación das máximas recae exclusivamente no narrador. O problema desta hipótese é que o narrador sempre ten algún tipo de responsabilidade, pois incluso no estilo directo o emisor é culpable de non facerse presente na historia para expoñer a violación do outro. A versión forte da teoría é a de Sperber e Wilson, posto que permite liberdade de acción na mención, dado que toda expresión pode considerarse a mención doutro enunciado. Así pois, consideran que unha emisión irónica implica que o emisor menciona outra expresión/contido, en lugar de expresala directamente avalando a súa veracidade. Segundo Attardo (1994: 283), aceptar esta tese implica entender que os chistes non son textos que violen as máximas, senón que a violación destas é só representada, non ocorre realmente. Os chistes serían, polo tanto, textos onde o falante representa as violacións, mentres se mantén nun espazo seguro, nun “status metalingüístico”. Desta maneira, o que sería un enunciado “inaceptable” pasa a aceptarse, ao situar ao emisor nun nivel distinto ao do enunciado e ao considerar a violación das máximas nun plano ficticio. Porén, esta interpretación é problemática, pois cando se fai un chiste non hai unha clara separación entre o falante e o enunciado 6 , aínda que no caso dos chistes humorísticos ou canned jokes o feito de ser textos repetidos e “a-contextuais” si pode ser un mecanismo de separación entre o que realmente fai/pensa o falante e a súa reprodución/mención do texto humorístico. O principal problema da Mention Theory, desde a perspectiva do presente traballo, é que fai énfase no falante como responsable ou non do chiste que transmite. Probablemente o camiño para resolver o tema que nos ocupa non resida na “culpabilidade” do emisor, senón na reprodución de estereotipos no humor agresivo e a súa permanencia na sociedade. Con isto non se nega a responsabilidade de perpetuar e reproducir contidos 6 Outra crítica á teoría é que se esta admite zero-mention, é dicir, a mención sen ningún rastro superficial da operación de mención, entón existe o problema da regresión infinita, pola cal calquera enunciado pode ser zero-mentioned. (Attardo, 1994: 284). 18 discriminatorios,; o que se propón é unha perspectiva máis ampla que permita abordar o problema como unha cuestión social e cultural. No seguinte apartado do traballo retomarase este debate sobre a responsabilidade do falante. Para resolver o feito de que o humor é un comportamento non cooperativo, pero que polo xeral é comprendido e interpretado como tal, a SSTH de Raskin (1985: 103) presenta as catro non-nona-fide máximas do modo comunicativo do humor: a máxima de cantidade, proporcionar tanta información como sexa necesaria para o chiste; a máxima de calidade, dicir só o que é compatible co mundo do chiste; a máxima de relación, dicir só o que é relevante para o chiste; e a máxima de maneira, contar o chiste de maneira eficiente. Ademais de poñer a énfase en que o humor é cooperativo, estas máximas ilustran a necesidade dun equilibrio entre o implícito e o explícito, e unha boa organización deste no texto para ser inesperado e lograr así os efectos desexados. Todos os chistes pertencen ao modo NBF, malia que poidan implicar tamén información bona-fide. Este feito supón que os falantes non están comprometidos coa verdade do que din no modo NBF. Na interpretación do humor existe unha xerarquía dos Principios de Cooperación: unha primeira lectura sería atendendo ás máximas de Grice e unha segunda lectura implicaría o cambio ao modo NBF, para reinterpretar o chiste e aceptar acontecementos irreais e determinados estereotipos (Attardo, 1994: 287). Con todo, o modo bona-fide de Grice e o NBF deben considerarse como unha abstracción e polo tanto non existe unha dicotomía radical. Desta maneira, o paradoxo da cooperatividade do humor parece resolverse, posto que o receptor reinterpretará a información da brincadeira segundo as máximas do modo NBF, reaccionando de acordo co esperable. A cooperación dos falantes cando emiten textos humorísticos será revisada posteriormente atendendo a que ocorre cando o destinatario non coopera ou non quere entender o chiste dentro dese mundo ficticio que xustifica o contido da broma. Con todo, unha das críticas principais ao modelo de Raskin e Attardo é que non é necesario postular un aparato de máximas novo que funcione en segundo lugar para explicar que se estaba contando un chiste: [L]a violación es sólo temporal, y al proporcionar después una información anteriormente omitida, demuestra que estaba siendo retenida con la simple intención de generar la ambigüedad en la que se basa el humor. Esto es suficiente por sí mismo para mantener de nuevo la idea de la existencia siempre de una presunción de cooperatividad. De hecho, cuando los hablantes son realmente no-cooperativos, como al mentir o al ocultar 19 información muy importante, casi por definición los hablantes no proporcionan evidencia inmediata de que se ha violado el principio de cooperación o no corrigen su transgresión de las máximas, como es el caso de los chistes. (Torres Sánchez, 1999: 79) Carrell (1993) propón unha teoría verbal do humor baseada na audiencia onde a tese principal é que nada é inherentemente humorístico. Esta idea sitúa no centro da cuestión a negociación, pois o que é gracioso nun momento, pode non selo noutro (Pickering & Lockyer, 2009: 11). O evento humorístico componse, segundo a perspectiva de Carrell, de catro elementos: o emisor do chiste, o texto, a audiencia e a situación na que se dá. Para a súa tese baséase no modo NBF proposto por Raskin e apunta que o emisor ten a responsabilidade de indicar que o texto emitido é unha forma de comunicación NBF. Afirma que nalgunhas situacións o humor pode non ser recibido correctamente pola audiencia porque o emisor non identificou axeitadamente a situación como apropiada. Entre as motivacións do emisor sinala tamén a de denigrar outras persoas ou a si mesmo. Nesta teoría, o emisor tamén debe analizar a audiencia para considerar se o humor é apropiado á situación. Carrell sitúa a responsabilidade no humorista cando o chiste non funciona ou non se acada a resposta esperada, de maneira que este debe tomar decisións conscientes sobre o contido do texto humorístico. Outro punto relevante na súa teoría é que a audiencia pode influenciar a avaliación que o resto dos receptores fagan do humor. Ademais disto, considera que a identidade do falante tamén inflúe na percepción da situación humorística, de tal xeito que algúns humoristas non poden facer humor sobre certos temas respondendo á corrección política. A autora expón que cando o humor non funciona é porque se considerou como un texto bona-fide, e polo tanto non pertence á comunicación humorística, afectando á consideración do emisor por parte da audiencia, dado que a interpretación dun texto como humorístico depende da audiencia (1993:172). Malia que este enfoque centra a súa atención na competencia dos receptores de comprender que o texto é humorístico, atende tamén ás situacións nas que se entende o chiste como tal, mais non se xera unha resposta positiva cara a el. Este feito débese a que as persoas teñen diferentes sensibilidades, o que ocasiona diferentes respostas á mesma situación. Entre os factores sinalados están as conviccións políticas ou a orientación sexual, mais sinala que un chiste que nunha ocasión se interpreta como ofensivo, noutra podería non selo. A Teoría da Relevancia é outra das posturas adoptadas para estudar o humor. Trátase dunha teoría cognitiva da comunicación humana baseada na pragmática cognitiva de 20 Sperber e Wilson (1986). O seu obxectivo é analizar as inferencias que o oínte realiza cando pretende identificar as intencións comunicativas do falante, baseándose no que codificou verbalmente ou na información contextual. Os estudosos do humor que adoptan esta postura fano desde a teoría da incongruencia, xa que entenden que o humor non é un contido implícito que se infire, pois o que produce a interpretación humorística é o contraste entre o implícito e o explícito, apelando así ao fenómeno de contraste e incongruencia. Esta teoría propón que a cognición humana está orientada á maximización da relevancia de todos os input que procesa, obtendo o maior beneficio do estímulo. Desde este marco de estudo sinálase que a pragmática griceana non explica a maneira na que se resolve a incongruencia e cuestiónase o Principio de Cooperación e a universalidade das máximas. Coinciden con Grice no feito de que entender un enunciado implica escoller a mellor hipótese sobre o significado que o falante quere transmitir, mais a perspectiva deste autor limita a comprensión do proceso de comunicación. Así pois, a teoría da relevancia aplicada ao humor descarta o modelo NBF de Raskin (1985), porque asumen que a violación das máximas non é un indicio de falta de cooperación, todo o contrario, marca o control explícito do falante sobre o proceso interpretativo do receptor para obter efectos humorísticos, sendo polo tanto unha interacción cooperativa (Yus, 2016: 43) 7 . Esta teoría é interesante na medida en que tenta explicar como se producen nas persoas os efectos cómicos mediante o procesamento dun texto humorístico. Porén, o seu carácter cognitivista obrígaa a centrarse demasiado no individuo e non proporciona ferramentas para un estudo social. O obxecto do presente traballo non é o de resolver cales son os procesos de comprensión do humor, senón atender a cales son os feitos que levan a que o humor non funcione con éxito. O problema dos límites do humor non radica na comprensión, pois os receptores entenden a mensaxe e infiren correctamente a información, percibindo que se trata dunha intervención humorística. A cuestión dos límites do humor reside no feito de os interlocutores rexeitaren concordar co chiste ou 7 Cabe sinalar a postura de Culpeper (2011: 157-158) sobre o Principio de Cooperación, malia que a súa tese está ligada á descortesía, que se verá no apartado seguinte, e non ao humor como tal. Este autor apunta que para entender a aplicación deste Principio á descortesía (e polo tanto ao humor agresivo) debemos distinguir entre a cooperación lingüística e a cooperación extralingüística ou social. Desta maneira, non se viola o Principio de Cooperación no sentido de que se intercambia información de maneira exitosa, mais non se cumpre o principio no plano social, xa que supón unha confrontación entre os interlocutores. 21 consentilo, xa que polo seu carácter ferinte ou agresivo separan o chiste do seu carácter ficticio que é o que o xustifica. 2.5. Descortesía, ética e humor errado: os límites do humor Nesta parte do traballo abordaranse diferentes posturas teóricas propostas desde distintas disciplinas, para así poder abordar os límites do humor dunha maneira máis completa e pormenorizada. Por este motivo serán varios os autores, teorías e conceptos tratados. Por limitacións de extensión non será posible atender a cada unha das achegas dunha maneira máis detallada, polo que a explicación se demorará máis naquelas aportacións que poidan ser máis relevantes para o estudo. A efectividade lúdica e comunicativa da comunicación humorística explícase, segundo Torres Sánchez (1999: 101-102), a nivel pragmático porque respecta o Principio de cortesía, unha das bases da actividade comunicativa, tentando salvar as faces de ambos interlocutores. Alén diso, a efectividade é consecuencia do estrañamento ocasionado no texto humorístico que produce o efecto lúdico. Para abordar o humor de denigración e os seus límites, partirase doutros enfoques da cortesía lingüística, concretamente da descortesía, xa que o humor agresivo é un exemplo de agresividade verbal e pode ser definido como o efecto perlocutivo de actos ilocutivos realizados por un falante e que danan as súas imaxes (Payrató, 2018: 144). Este autor sinala que na descortesía domina o mesmo principio que na discriminación: “la consideración del otro como un ser inferior, propio de otra dimensión (un animal, una cosa...) y que no comparte los mismos derechos que el enunciador” (2018: 146). Con todo, tanto a cortesía como a descortesía existen nun continuum de conducta máis ou menos cooperativa (Bell, 2009: 146). Culpeper, considerado o iniciador dos estudos de descortesía, sinala que esta ocorre cando o falante realiza un ataque á face intencionadamente, ou cando o receptor percibe o comportamento do falante como un ataque intencionado á súa face, ou ben unha combinación de ambos casos (2011: 19). Porén, a imaxe do destinatario non é a única que se ve comprometida: Impoliteness is a case where the balance of costs/benefits often suggests an ‘irrational’ choice is taken, particularly in the context of the emotions of hate, anger or simply frustration. A particular consideration is that expressing impoliteness may, depending on 22 the context, lead to the speaker who expressed it being characterised as impolite, an attribution that can often be taken as face-damaging. (2011: 32) De feito, no caso do humor agresivo a imaxe do emisor vese comprometida en ocasións cando o humor falla, é dicir, cando o receptor non responde positivamente ao chiste. En moitos casos a persoa que fai a broma pasa a considerarse como machista, racista, tránsfobo, etc., ao emitir chistes discriminatorios, atribuíndoselle a responsabilidade do emitido e ignorando o carácter ficticio do texto. Ademais, a descortesía implica consecuencias emocionais no participante que recibe a ofensa. Este feito, apunta o autor, pode causar conflitos e discordias sociais (2011: 19), como ocorre co caso do humor. A importancia de ter en conta as achegas da descortesía é que o humor de denigración, cando non ten éxito na audiencia, responde a calquera das tres situacións sinaladas por Culpeper, polo que pode considerarse un acto descortés. A descortesía implica moito máis que ser maleducado no sentido convencional, débese ter en conta o contexto e os participantes nesta. Así pois, actos descorteses como poden ser os insultos ou os tacos, nunha situación concreta poden implicar un acto de complicidade. Este autor tenta dar unha noción de face que supere as limitacións da face de Goffman (1967) e a distinción entre imaxe positiva e negativa de Brown e Levinson (1987). Para iso, baséase nos traballos de Spencer-Oatey sobre o rapport management ou manexo de relacións, debido ao seu éxito na aplicación a diferentes culturas e á descortesía. A súa teoría consiste en que as interaccións xa non se conciben como inherentemente corteses ou descorteses, senón que se basean nas normas comunitarias, de xeito que o uso da lingua serve para promover, manter ou ameazar as relacións sociais (2000: 3). No marco do rapport management a (des)cortesía é de natureza co-construída, de maneira que permite comprender por que o humor non sempre funciona. Spencer-Oatey (2005: 98) entende que todo comportamento lingüístico é xulgado polos interlocutores en función das expectativas dos roles, as convencións de comportamento e os principios interaccionais. As especificacións de rol teñen que ver coa variación no tipo de humor segundo o emisor. As normas de comportamento poden influenciar cando o humor é aceptable nunha situación ou que tipo de humor é axeitado. As normas de interacción as relaciona coas máximas conversacionais e cos valores persoais e da comunidade. Esta teoría aplícase ao humor, que non é positivo ou agresivo por si só, senón que, como outras interaccións lingüísticas, depende de varios factores de 23 tipo extralingüístico que afectan a como se constrúe o humor e se entende de maneira interactiva (Bell, 2009: 148). Dentro deste marco explicativo a “identidade” concíbese como un elemento situado no individual, mentres que a “imaxe” é de tipo relacional e dinámico, non ten que ver cos aspectos inmediatos dunha persoa, senón co que esa persoa se identifica. Existen tres tipos de imaxe (Culpeper, 2011: 26-28): a quality face é o valor que reclamamos para nós mesmos en relación coas nosas características e habilidades; a relational face ten que ver coa relación entre os participantes e a maneira na que se manexan as distancias entre estes; e a social identity face é o valor que reclamamos para nós en relación con grupos ou roles sociais. Polo tanto, a face está ligada ao afectivo e consta de atributos positivos, malia que estes poidan ser avaliados de maneira diferente pola xente. O debate na sociedade sobre os límites do humor está intimamente ligado ao concepto de social identity face. O humor de denigración tende a causar ofensa entre colectivos ou grupos sociais, malia que o humor non ten por que basearse exclusivamente nisto. Este feito ten que ver cos estereotipos e coa cohesión/exclusión social que se tratarán posteriormente. O humor constrúe identidades, pois a decisión de contar un chiste, o tipo de chiste e o seu contido amosa información sobre o emisor (Bell, 2009: 159). A resposta ao humor por parte do receptor implica manifestar a súa vontade de compartir ou non o punto de vista do emisor. No caso do humor errado, os receptores deben responder a este indicando que comprenderon a brincadeira, mais non lles resultou divertida. Deste xeito sinalan que o problema non ten que ver con eles, senón co emisor do chiste, censurado por violar as normas grupais. O chiste, entón, supón unha ameaza á face dos interlocutores, xa que ambos reclaman para si mesmos un bo sentido do humor, que se ve comprometido cando o humor non funciona. Outra teoría sobre a identidade importante para o humor de denigración é a Teoría da Identidade Social (Tajfel & Turner, 1979), definida como o concepto individual dunha persoa derivado da pertenza a diferentes grupos sociais e que destaca en contextos intergrupais onde as persoas se categorizan a si mesmas en función da súa pertenza a un grupo. Contrasta coa identidade persoal, derivada das percepcións das calidades únicas de cada persoa. (Argüello Gutiérrez, 2016: 32). Para manter unha identidade social positiva as persoas seguen diferentes estratexias, como pode ser o humor de denigración. Esta teoría comparte trazos coa da superioridade, xa que ambas propoñen que o humor de denigración implica o autoensalzamento. Porén, as teorías da superioridade a entenden en 30 abuso que en la actualidad se hace de ella” (De la Cruz Cabanillas & Tejedor Martínez, 1999: 353), xa que foi adquirindo connotacións negativas coas que se desacredita aos que tentan cambios insubstanciais mediante a ultracorrección. Con todo, o termo segue usándose tamén co seu significado inicial, malia que usualmente se identifique co eufemismo. We consider political correctness as a brainwashing programme and as simple good manners; and we examine the interaction of PC-inspired relabelling initiatives with notions of taboo and censoring. Because it is politically driven, political correctness will obviously attract more attention, and certainly more hostility, than most acts of linguistic censoring. (Allan & Burridge, 2006: 90) O politicamente correcto identificouse cunha actitude hipócrita. Segundo Moure (2015), os comentarios machistas ou racistas non deben ser pronunciados en alto para non perxudicar a imaxe social de quen os emite, quen podería chegar a ser penalizado. Deste xeito as persoas auto-censúranse para non comprometer a súa imaxe, mais non por un compromiso social real. Por este motivo, no eido da hixiene verbal tentouse optar por novos termos, rexeitando a adscrición ao movemento de corrección política, posto que non se busca un cambio superficial da lingua para ofrecer unha imaxe de respecto, senón que se pretende cambiar a lingua para transformar a sociedade. No caso do humor ocorre o mesmo que no caso da linguaxe ofensiva, pois facer humor agresivo non implica necesariamente compartir os valores deste e, igualmente, alguén con ideas racistas pode evitar comprometer a súa imaxe eludindo realizar chistes étnicos. Perceval (2015: 217) sinala o seguinte sobre a corrección política: El chiste, que había sido anónimo durante siglos, tiene ahora nombre. La llegada de Internet y las redes sociales termina convirtiendo este juego macabro en una verdadera caza de brujas en la que cualquier incorrección puede arruinar una carrera profesional o política. El humor negro pasa al campo judicial. Perceval explica que este movemento impón a consideración anxelical de calquera personaxe pertencente aos grupos sinalados pola súa marxinación ou persecución, o que precisamente os invisibiliza aínda máis, xa que elimina a posibilidade de que unha personaxe de ficción pertencente a un destes grupos poida cometer algún tipo de delito. Con este feito sinala a hipocrisía da corrección política como mecanismo que invisibiliza os procesos marxinadores e defende que só se pode contraatacar o humor coa ironía. Malia que a solución non semella tan sinxela, en xeral parece que este tipo de mecanismos 31 funcionan socialmente de maneira axeitada, como ocorre coa reapropiación. Na linguaxe de odio a reapropiación de termos ofensivos polos propios colectivos, como nigga, queer, puta ou maricón, é unha das solucións máis apropiadas para contraatacar o menosprezo. A censura da linguaxe ou mesmo do humor non é a solución para evitar a discriminación, xa que os fortalecería (Butler, 1997: 53-54). A única possibilidade de as palavras ferozes não conseguirem os seus objetivos, é repetilas, enchê-las de significados novos, como fez o movimento do orgulho gay ou do orgulho negro. Por isso a censura não serve de nada. Não transforma. (Moure: 2015) Con todo, a postura de Perceval, aínda que é acertada, parece deixar de lado a cuestión da perpetuación de estereotipos no humor e na lingua. A hixiene verbal e o debate sobre os límites do humor non pretende deificar a calquera persoa pertencente a un colectivo marxinado, senón que busca poñer no foco da discusión o feito de que o humor cara a estes colectivos sempre estea baseado na humillación, o estereotipo e a agresividade. Os críticos co humor de denigración negan que este sexa inofensivo. Siurana considera que o humor ético evita manter estereotipos, xa que proporcionan unha imaxe mental simple e non crítica que afecta aos pensamentos e accións das persoas, transmitíndose xeracionalmente (2013: 17). Así pois, a repetición destes chistes implica perpetuar na mente pública os estereotipos, prexuízos e o racismo (Billig, 2009: 32). O debate sobre o rol do estereotipo no humor e a moralidade dos chistes ofensivos con frecuencia se centrou en se os emisores crían realmente nos estereotipos que transmitían. Outro dos puntos discutidos é sobre se o humor deste tipo realmente perpetúa representacións prexudiciais sobre os colectivos aos que se refire, asumindo que é posible determinar se o chiste é nocivo examinando o contido en abstracto, sen estudar os contextos sociais nos que é contado. Pola contra, este tipo de argumento supón que o significado dunha broma reside no seu contido formal explícito, ignorando que o humor é un fenómeno social e, polo tanto, o significado dunha interacción está relacionado co contexto no que se dá. Neste punto o contexto non debe entenderse necesariamente como a situación na que interveñen dous ou máis interlocutores, senón que implica tamén o contexto ideolóxico e político que pode afectar ao significado e comprensión do humor. Como ocorre coa linguaxe discriminatoria, esta depende da situación na que se dá: a reapropiación do termo maricón é un exemplo deste feito. Billig (2009: 33) postula que 32 é posible que no humor ocorra o mesmo, pois se un chiste étnico é contado por membro do grupo étnico, será diferente se é contado por persoas fóra do grupo. A pesar do controvertido desta afirmación, a postura concorda coa da ética do humor, xa que o “humor ético” evita mofarse dos demais e pretende a crítica contra nós mesmos. Howitt e Owusu-Bempah (2009: 60) pregúntanse se os chistes étnicos son aceptables, pois algúns que fan referencia a un grupo étnico concreto non semellan incorporar elementos racistas ou de superioridade racial. Tamén afirman que pode haber chistes que requiran un coñecemento elevado desa cultura étnica para poder comprendelos. No entanto, apuntan que a constante referencia ás minorías raciais ou étnicas nestes chistes elevan a raza e a etnicidade a unha posición dominante na conversa, sinalándoos como un elemento relevante na sociedade. Os chistes étnicos sempre manifestan prexuízos, mais fan máis que isto, pois teñen un rol activo no proceso de construción do “otherness” e na inferioridade dos grupos sociais. No traballo de Argüello Gutiérrez (2016: 34-35) recóllense as investigacións de diferentes autores para postular que os prexuízos se expresan en contextos nos que se considera lexítimo facelo, como no humor de denigración. A autora baséase na Teoría da Norma Preconceituosa (Ford, Richardson, et al., 2015), pois o seu obxectivo é estudar a influencia do humor de denigración na visión estereotípica dos grupos. Esta teoría parte da hipótese de que o humor serve como un facilitador da expresión e aceptación dos prexuízos, actuando como unha xustificación que o lexitima, fomentando un procesamento humorístico acrítico e trivializando a brincadeira. Argüello apunta que os estudos amosan o seguinte: [E]n lugar de ser una forma de crear o promover los estereotipos o actitudes prejuiciosas, el humor de denigración puede aumentar la tolerancia hacia los actos discriminatorios, especialmente en personas con altos niveles de prejuicio hacia el grupo denigrado. (2016: 36). As diferentes investigacións que recolle Argüello e a súa propia semellan confirmar o feito de que as persoas con tendencia ao prexuízo non só interpretan o humor de denigración acríticamente, tamén trivializan o seu obxecto. Isto implica unha maior tolerancia á discriminación e a unha maior predisposición a facelo eles mesmos. Por exemplo, o humor de denigración cara ás mulleres comunica unha ideoloxía cultural que xustifica a diferencia de xénero e fortalece un sistema social que discrimina e invisibiliza 33 as mulleres e potencia as actitudes sexistas (2016: 41). No enfoque endogrupal sobre o humor de denigración distínguense tres aspectos fundamentais: o grao de identificación co endogrupo nas situacións nas que é o obxectivo do humor, o feito de que o endogrupo sexa o emisor do humor nun contexto exogrupal e as consecuencias que pode ter sobre o grupo se o obxectivo do humor. Os estudos de Argüello confirman que a exposición ao humor de denigración pode crear un entorno propicio à expresión do prexuízo xa existente cara ao exogrupo denigrado e tamén sobre a propia percepción estereotípica do endogrupo. Como se pode apreciar ao longo do traballo, o humor é un fenómeno complexo, cotiá e universal. Este, no contexto histórico no que se produce, é un elemento imprescindible no funcionamento das sociedades, evoluciona con estas e se adapta tanto como as determina (Perceval, 2015: 14). Así pois, o humor reflicte quen somos, pero tamén nos condiciona. A evolución da sociedade e dos valores desta poden modificar a nosa percepción sobre a lexitimidade dalgúns tipos de humor, un exemplo disto deuse a comezos deste ano (TresB, 15 de xaneiro de 2019), cando os produtores executivos da serie Padre de familia, coñecida por ser un programa de humor negro, afirmaban ter deixado de utilizar chistes sobre homosexuais, pois entendían que estes xa non son aceptables, posto que a cultura cambiou xunto co punto de vista da serie. O humor ten o mesmo papel que a linguaxe na sociedade, pois mantén unha relación de retroalimentación coa sociedade: imprégnase dos valores desta e os perpetúa. 34 3. Estudo de caso Nesta parte do traballo levarase a cabo un estudo de caso realizado a 13 persoas mediante o cuestionario recollido no Anexo I. As respostas á enquisa atópanse organizadas no Anexo II e cada un dos informantes ten asignado un número, facilitando así a análise e o contraste do datos. Na primeira parte do estudo sinalarase o deseño do cuestionario e os informantes, posteriormente analizaranse os chistes e os memes que compoñen a enquisa seguindo varios parámetros, para así poder ter en conta os procesos de significación aos que se viron sometidos os informantes. Na segunda parte examinaranse os datos obtidos, compararanse as aportacións de cada informante e relacionaranse as avaliacións dos chistes e memes coas respostas ás preguntas para comprender as consideracións que teñen do humor. A metodoloxía empregada no estudo de caso consistiu nunha combinación do método cuantitativo e do método cualitativo. A primeira parte da enquisa responde a unha investigación cuantitativa, xa que os participantes deben sinalar entre as 5 posibles reaccións aos chistes e memes cal é coa que se identifican máis, polo que o método cuantitativo permite coñecer e ordenar os resultados das observacións das conductas dos participantes. Ao operar de maneira estímulo resposta, poderanse cuantificar os datos para poder medir, en certa maneira, a comicidade coa que se interpretan os chistes. A segunda parte da enquisa esixe unha investigación cualitativa, pois a análise das respostas ás preguntas formuladas implica avaliar e identificar as (re)definicións do humor propostas polos informantes, xa que non se pode establecer universalmente o concepto do humor ao variar este segundo a lingua, o grupo social, a cultura, a situación comunicativa, etc., e mesmo a sensibilidade humorística pode variar nunha mesma persoa ao longo da súa vida. O cualitativo permite coñecer e interpretar dunha forma dinámica as relacións de significado que se producen nun mesmo grupo e mesmo nunha ideoloxía. Os resultados obtidos son pouco representativos, xa que no desenvolvemento do traballo só se puido enquisar a unha mostra moi reducida, pois só se contou con 13 informantes pertencentes a un mesmo grupo de idade. Así pois, as conclusións non son extrapolables, mais ao complementarse o estudo cuantitativo co cualitativo pódese coñecer non só o uso que fan do humor, senón tamén a súa visión deste como un conxunto de estratexias simbólicas pertencentes ao sistema socio-cultural. 35 3.1. O deseño do estudo O presente estudo baséase na realización dunha enquisa composta por dúas partes totalmente diferenciadas: unha avaliación de chistes e memes mediante unha escala de comicidade na que os participantes deben apuntar se é moi gracioso, bastante divertido, indiferente, nada gracioso, ou ofensivo. A segunda parte do cuestionario componse dunha batería de preguntas relacionadas co humor e a ideoloxía. Nesta parte pregúntaselles se consideran que deben censurar algún dos chistes, se forman parte dalgún grupo social ou dalgún movemento ideolóxico, se cren que existe relación entre a ideoloxía e o humor, e se esta pode condicionar o grao de comicidade co que se interpreta o humor. Finalmente, pídeselles que inclúan algunha brincadeira que lles resulte graciosa. A enquisa foi realizada nunha aula da materia de grao Sociolingüística e Planificación das línguas, durante o segundo cuadrimestre do curso 2018/2019. Nela participaron 13 persoas, un grupo mixto equilibrado de homes e mulleres con diferentes sensibilidades. Malia que hai diferenzas na idade de cada un dos participantes, todos pertencen a un mesmo grupo de idade que se pode situar entre os 19 e 30, pois todos son estudantes de grao. No cuestionario só se lles pediu que indicasen datos persoais na segunda das preguntas, onde debían indicar se pertencían ou se identificaban, non só cunha ideoloxía concreta, senón tamén con algún colectivo ou grupo social. O deseño do cuestionario baseouse en dous aspectos. En primeiro lugar, se pretendía que os participantes non se sentisen condicionados pola súa exposición durante a enquisa, polo que se garantiu o seu anonimato e se buscou que as cuestións formuladas fomentasen a argumentación libre dos informantes, xa que algunhas delas, ao ter que ver con temas como a ideoloxía, podían limitar a predisposición dos participantes a contestar abertamente. En segundo lugar, os chistes e memes foron extraídos de Internet, sobre todo de Twitter, unha plataforma que facilita a difusión deste tipo de contido. Na selección dos chistes tentouse elixir aqueles que aludisen a diferentes aspectos, todos eles dentro do humor de denigración, para obter así unha batería de brincadeiras variada, aínda que enfocada a un mesmo tipo de humor. Desta maneira, preténdese coñecer cal é o estado do debate na actualidade e cales son as diferentes sensibilidades ou posturas respecto ao tema. Dado que é un asunto delicado e complexo, tentouse que o cuestionario fose breve e conciso, evitando desta maneira a confusión ou o desánimo dos participantes fronte á enquisa. Unha vez 36 rematada, realizouse un pequeno debate onde participou a meirande parte dos entrevistados. Entre as aportacións realizadas durante a discusión tratouse a reapropiación do humor e o seu uso como defensa fronte á denigración. Tamén houbo bastante consenso sobre o feito de que os chistes e memes mostran unha tensión social e como algúns destes, malia parecer ofensivos, poden interpretarse no sentido contrario como unha chamada de atención cara a sociedade. Neste punto argumentábase que o chiste sobre o Holocausto non desprezaba aos xudeus como si o fai o seguinte: “como meterías a cinco millóns de xudeus nun 600? No cinseiro”. No entanto, as perspectivas son sempre diferentes entre a audiencia do chiste, polo que non se pode estender esta opinión a todos os participantes. Ademais, tamén se aportaron outras ideas como que o humor ten o mesmo rol que a lingua na sociedade, baseándose en lecturas de Zizek. Así pois, argumentábase a necesidade de manter termos como “indio”, xa que non só pode interpretarse como ofensivo cara a comunidade de nativos americanos, senón que é posible entendelo como un exemplo claro da estupidez dos colonos. Desta maneira sinalábase o dobre gume tanto das palabras como do humor. 3.2. Análise dos chistes e memes En primeiro lugar, terase en conta o incumprimento das máximas de Grice. Anteriormente amosáronse as achegas de Raskin (1985) para resolver o problema da cooperatividade do humor. Este entendía que ao incumprimento das máximas seguía unha segunda interpretación baseada en catro máximas do modo NBF. Así pois, todos os chistes e memes satisfán as máximas de Raskin: proporcionan a información necesaria para conseguir o efecto humorístico, manifestan só o que é compatible co mundo do chiste e relevante para este e se contan da maneira máis eficiente. Os chistes e os memes son exemplo do equilibrio entre o explícito e o implícito para lograr a comicidade. Malia que a Teoría da Relevancia considere que a pragmática griceana non explica a maneira na que se resolve a incongruencia, terase en conta a violación das máximas de Grice, xa que ilustran o control explícito do falante sobre o proceso interpretativo e o control dos efectos humorísticos xerados. O cuestionario componse dunha serie de brincadeiras que violan as máximas, xa que para poder cumprilas os chistes deben ser sinceros, ordenados e exhaustivos. Attardo 1994: 291) afirma que todos os chistes infrinxen a máxima de relevancia e de cantidade, 37 considerándoas como dúas “super-máximas” que deben ser infrinxidas necesariamente para poder lograr a comicidade.. Por unha banda, todos os memes e chistes violan a máxima de cantidade, posto que implican sempre que ao principio da brincadeira non se proporcione a suficiente información. A violación desta máxima é só temporal, xa que posteriormente se amosa a información anteriormente omitida, manifestando que a ocultación desta responde á intención de xerar a ambigüidade e sorpresa na que se basea o humor. Así pois, os chistes e os memes corrixen a súa transgresión, que ocorre só ao principio con fins humorísticos. A máxima de calidade non se segue do feito de que o humor cree un mundo ficticio e non real: no caso do humor de denigración os estereotipos pertencen a ese mundo. O falante non ten por que crer realmente no contido que transmite a través do humor de denigración, polo que dificilmente se pode considerar que respondan á relevancia. Sobre todo, esta máxima non se cumpre debido á escuridade coa que se transmite a información, xa que a contribución do falante debe ocultar certa información para lograr os efectos desexados, utilizando con frecuencia a ambigüidade ou sendo demasiado breve na súa intervención. Os recursos nos que se basea a comicidade dos chistes e memes son maioritariamente sintácticos e de organización do contido do discurso, talvez porque favorecen a creación da incongruencia que se resolve no punch line, como sinala Attardo (1994, 2001). Estas brincadeiras teñen un compoñente social moi importante, é dicir, non son humor absurdo, o único tipo de humor que non transgride límites sociais ou culturais. Ademais, estes chistes e memes apelan directamente a un colectivo, a estereotipos e implican, como todo o humor, un coñecemento do mundo compartido socio-culturalmente para poder interpretar axeitadamente o contido da broma. Estes chistes non utilizan mecanismos formais baseados en xogos fónicos, grafolóxicos ou morfolóxicos, malia que isto non nega que poida darse humor de denigración que os utilice. Os mecanismos fundamentais de tipo formal son a sintaxe, a organización textual e mesmo o estilo. Estes trazos serán revisados de maneira máis concreta na análise pormenorizada de cada un. Os chistes 1, 2, 4, 7 e 8 posúen unha estrutura moi delimitada, pois son chistes de pregunta-resposta nos que se propón unha situación ou unha comparación lóxica que se resolve mediante referencias a prexuízos e estereotipos. Como se sinalou na parte teórica, para a análise dos chistes e memes seguirase de maneira complementaria a clasificación de Kuipers (2006: 121-122), posto 38 que se basea na fronteira que o chiste supera, as categorías non son excluíntes e ten en conta o social como base para a categorización. O chiste 1 8 , que se amosa a continuación, consiste na asociación de dous campos conceptuais totalmente diferentes, como ocorre no caso das metáforas. Nesta brincadeira relaciónanse as zapatillas deportivas co pobo xudeu. A sorpresa que xera a incongruencia procede de relacionar ambos campos facendo alusión a un feito histórico: o Holocausto. O chiste resólvese mediante o dobre significado dos numerais, que fan referencia ás tallas das zapatillas deportivas e tamén ás datas de inicio e final da II Guerra Mundial. Na clasificación de Kuipers este chiste pertence ao grupo de enfermidade, sufrimento e morte, xa que a comicidade reside na guerra e na morte. É discutible a súa pertenza ao grupo de humor de estereotipos e relacións cos outros, xa que non resulta tan claro que sexa un exemplo de antisemitismo como si o é dunha traxedia. 1. Que teñen en común as zapatillas deportivas cos xudeus? - Que é máis sinxelo atopalos no 39 que no 45. No chiste 4 ocorre o mesmo que no anterior: dáse a asociación de dous campos cognitivos diferentes que serven para brincar sobre a violencia machista, identificando as mulleres coas pelotas do frontón. Ademais, un feito relevante é que representa ás mulleres como un colectivo homoxéneo, onde non hai diferenzas entre elas. Segundo os límites que supera este chiste, pódese indicar que pertence a varias categorías: sexualidade e xénero, xa que é un chiste misóxino; e ao grupo dos estereotipos e relacións cos outros, xa que fai referencia á agresión e superioridade: 4. En que se parecen as mulleres ás pelotas do frontón? - En que canto máis forte lles pegas, antes volven No chiste 2 preséntase unha situación na que interveñen tres personaxes, os tres caracterizados pola súa adscrición a un grupo étnico, mais non se nos proporcionan máis información sobre estes, o que limita a súa identidade á etnia. Este chiste insírese dentro dunha tradición, pois se caracteriza pola súa fixación, xa que son habituais aqueles nos que se presenta a tres persoas nunha situación determinada. Inicialmente ocúltase parte da información relevante, que se dá ao final do chiste: as tres persoas viaxaban nun coche da garda civil acompañados polos axentes, xa que ían presos. Desta maneira perpetúase o estereotipo de que xitanos, negros e moros son delincuentes. Este chiste pertence ao 8 Cada un dos chistes e memes referenciarase segundo o número co que aparecen sinalados no cuestionario. 39 grupo de deficiencias e desviacións sociais, e ao de estereotipos e relacións con outros, xa que ten un marcado compoñente étnico e fai referencia á criminalidade. 2. Van un xitano, un negro e un moro nun coche. Quen conduce? - A garda civil O chiste 7 é semellante ao anterior, malia que formalmente ten maior similitude cunha adiviñanza. O interesante deste é que o receptor espera que a resposta á pregunta sexa algo lóxico, pois confía en que o que corra máis que un negro roubando sexa unha entidade que se caracterice pola súa rapidez. O chiste rompe as expectativas sorprendendo cunha asociación baseada no estereotipo de que todos os negros son uns ladróns. Este clasifícase igual que o 2. 7. Que corre máis que un negro roubando unha televisión? - O seu irmán co DVD O meme número 3 da enquisa implica atender na análise ao visual e ao verbal. Na imaxe aparece unha personaxe ficticia pertencente á saga de películas de Shrek. Esta personaxe é unha das irmás de Cinsenta e nos filmes pertence á comunidade trans. No texto que acompaña a imaxe preséntase unha situación mediante unha oración adversativa cuxas partes introducen cada unha das dúas imaxes que compoñen o meme. O compoñente verbal do meme identifica á personaxe da imaxe con Ángela Ponce, a primeira persoa transxénero en ser Miss España en 2018. A comicidade do meme reside na actitude tránsfoba mediante a adversación: o decepcionante descubrimento de que as pernas fermosas da primeira imaxe son as dunha persoa trans márcase mediante o “pero”. O meme pertence ao grupo de sexualidade e xénero, xa que a chanza faise a partir do colectivo LGTB, así como ao grupo de estereotipos e relacións cos outros, pois manifesta unha actitude negativa cara a este colectivo. 46 grupo, sendo a primeira opción un exemplo de humor negativo e a segundo un exemplo do humor desexable. O participante 12 afirma que non se pode censurar este tipo de humor, xa que unha boa parte do humor se basea na burla a conta dos estereotipos. Ademais disto, manifesta que botou en falta no cuestionario “os que se burlarían do meu”. Finalmente, o informante 5 apunta que non censuraría porque todos lle resultaron graciosos, a excepción do meme sobre o orgullo gay, que “é bastante malo”. Así pois, o criterio deste reside no divertimento que producen e non considera en ningún momento se se trata de un humor discriminatorio. Así pois, pódense apreciar diferentes sensibilidades e opinións sobre a censura do humor. A meirande parte delas parten da concienciación sobre a transmisión de valores e actitudes a través do humor e dentro destas algunhas optan pola censura e outras non a consideran unha solución axeitada. Dentro desta postura, as persoas que decidiron non censurar tamén sinalaron a importancia do contexto no que se dá o chiste, o emisor ou a importancia de educar á sociedade para unha comprensión crítica do humor. Outras persoas sinalaron feitos como a liberdade de expresión, a importancia da comicidade ou que o humor é un modo de comunicación NBF, o que exclúe a posibilidade de censura. A segunda das preguntas ten que ver coa adscrición dos participantes a algún grupo social concreto e a súa concordancia con algún movemento ideolóxico. Os informantes 2, 4, 6 e 5, un 31%, afirmaron que non pertencían nin concordaban con ningún grupo ou ideoloxía, mentres que o resto dos participantes (69%) si sinalaron a súa vinculación con algún colectivo. Así pois, as ideoloxías ou grupos sociais sinalados foron os seguintes: o feminismo un 56% (1, 9, 13 11 , 10, 11), o colectivo LGTB un 44% (8, 13, 10, 11), o budismo un 11% (8), o nacionalismo e o antifascismo outro 11% (10). Algúns dos participantes sinalaron que non se identificaban completamente con algúns dos grupos sinalados, como é o caso do número 8, mais que si concordaban coas liñas xerais. Outros, como é o caso das persoas 3 e 12, afirman identificarse con certos colectivos e movementos, e incluso participar nestes, mais non explican cales son. Por último, o informante 7 apunta que simplemente considera que todos somos iguais e que temos os mesmos dereitos e deberes. 11 Os participantes 9 e 13 apuntaron que concordaban co feminismo de esquerdas, concretamente. 47 Malia que as respostas a esta pregunta son, nalgúns casos, escasas ou pouco concretas, en xeral pódese concluír que a meirande parte dos enquisados se identifica con algunha ideoloxía ou grupo social. Entre as respostas maioritarias destaca o feminismo, seguido do colectivo LGTB, que moitas veces se dan nunha mesma persoa. Posteriormente teranse en conta estes datos en relación co resto das respostas da enquisa para poder coñecer se a súa vinculación con colectivos sociais e ideolóxicos está relacionada coa súa percepción do humor. A terceira das preguntas versa sobre se consideran que exista algún tipo de relación entre a ideoloxía e o humor, e se isto pode afectar ao grao de comicidade co que se interpretan os chistes. Só un 15% (3 e 6) sinalou que non había ningún tipo de relación coa ideoloxía. A primeira delas afirmou que, baseándose na súa experiencia, isto dependía da forma de ser do individuo e non das ideas que este poida ter. A segunda explicou que non hai relación entre humor e ideoloxía, o que podería apuntar a que considera que o humor é totalmente neutro, que é simplemente humor. Ademais, sinalou que, malia este feito, a ideoloxía si pode afectar ao grao de comicidade co que se interpretan os chistes, xa que a ideoloxía impregna todo e “o radicalismo está excesivamente cargado de ideoloxía e perxudica á comicidade”. Así pois, a súa postura pode interpretarse como que o humor como produción non se ve afectado pola ideoloxía, mais no sentido da recepción si hai unha ideoloxía censora. Aínda que a maioría dos participantes considera que o humor e a ideoloxía están relacionados e que pode afectar ao grao de comicidade co que entendemos os chistes, existen posturas moi diversas. A meirande parte (85%) consideran que afecta á maneira na que interpretamos o humor, pois canto máis próxima para o destinatario sexa a causa parodiada máis pode afectarlle (10 e 11). Dentro desta visión hai diferentes posturas, dúas delas totalmente contrarias. A primeira (4) considera que a sensibilización cos movementos actuais implica a censura de humor sobre morte e cadáveres, homofobia, racismo... Afirma que a ideoloxía marca moitos límites na mente do ser humano, polo que cando se parodian os valores doutras persoas estas oféndense. A outra perspectiva non semella ver a ideoloxía como unha barreira, senón como unha toma de conciencia: arguméntase que desde as posturas ideolóxicas máis conservadoras non se atende a como afecta o humor, polo que os emisores adoitan ser persoas privilexiadas (2 e 1), apuntando así á importancia do poder e da identidade de quen conta e quen interpreta un chiste. 48 Noutra liña máis centrada no receptor apúntase á importancia do contexto e da audiencia, pois “moitas veces este tipo de chistes non se farían fóra dun grupo de confianza ou se a intención non fose ofender” (13). Unha vez máis os participantes apuntan á cuestión da intención, mais cabe lembrar que sobre a intención prevalece o carácter citacional da linguaxe (Butler, 2004). Arguméntase tamén que a ideoloxía non só afecta a se nos ofendemos, tamén ao tipo de humor que preferimos, normalmente aquel que denigra ao exogrupo, como o humor sobre ideoloxías contrarias á propia (9). Incídese na idea do sistema sociocultural do que formamos parte como marco de coñecemento común sobre os prexuízos, estereotipos e valores compartidos, que serven para comprender o humor, aínda que non concordemos con esas conviccións. Así pois, se o sistema cambia, como está ocorrendo co auxe do feminismo, os chistes sobre violacións ou agresións a mulleres deben ser cousa do pasado (9 e 12). Outras persoas entenden que a apreciación dun chiste depende de se a audiencia comparte as ideas que se manifestan nel, pois son chistes xa enfocados a este público (5). O que fica claro é que, dependendo da ideoloxía, o humor pode ser só humor ou pode ser ofensivo. Algúns apuntan que hai que ser capaces de “deixalo ir”, pois é só humor e o que busca principalmente é divertir e non danar (8). Deste xeito, “se tes a túa ideoloxía clara e tomas os chistes con humor, non debería haber problemas” (7). Finalmente, aos participantes pedíuselles por escrito algunha broma ou chiste que lles resulte gracioso. Estes se analizarán seguindo, na medida do posible, os recursos sinalados por Ermida (2003). Un 23% (1, 3, 8) non contestou a esta pregunta, feito esperable, xa que ter que poñer por escrito un chiste non sempre é unha tarefa sinxela e menos no contexto dunha enquisa. Un 39% amosou a súa preferencia polo humor absurdo (2, 13, 11, 6 e 9), como ocorre no seguinte chiste (A) extraído das respostas. Outros exemplos deste humor son os memes de gatos (9) ou os memes en portugués de Laranjo (13). Este tipo de humor é o único que non vulnera ningún límite social (Kuipers, 2006: 122), polo que non ofenden a ningún tipo de colectivo: A) ¿Qué le dice un espagueti a otro? - Oye mi cuerpo pide salsa Outras persoas tamén fixeron chistes deste tipo que se trataron por separado porque ademais inclúen xogos fonéticos ou morfolóxicos. Os dous se recollen a continuación e cada un deles corresponde respectivamente aos informantes 6 e 9. O chiste B é un 49 exemplo de mimetismo, pois utiliza a estratexia de creación de formas distorsionadas, foneticamente suxestivas, a través dun principio de mimetismo que imita partes de palabras a imaxe doutras (Ermida, 2003: 71). Neste caso o enunciado “apaga la luz” pasa a amosarse como “a-pagalalú”, imitando a hipotética fala dun pavo. Por outra banda, o chiste C explora o fenómeno do calembur, figura fonética na que palabras ou estruturas sintácticas diferentes semántica e graficamente son homófonas. Isto ocorre ao reagrupar doutro modo as palabras Broco e Lee, aludindo ao apelido de Bruce Lee. Combinándoas xorde outra palabra cun significado diferente: “brócoli”. Os chistes A e B utilizan o recurso dos mundos posibles, propio do humor absurdo. Pois desafían o coñecemento do mundo real tal e como o concibimos ao presentar situacións pertencentes a un mundo totalmente ficticio que se torna posible porque é accesible desde o mundo real (2003: 104108). B) Que lle di un pavo a outro pola noite? - A-pagalalú C) Como se chama o irmán vegano de Bruce Lee? - Brocoli Por outra banda, o chiste D do informante 7 non é xa de humor absurdo, posto que pertence na clasificación de Kuipers (2006: 122) aos chistes sobre deficiencias e desviacións sociais. Nel paródiase a tartamudez, xa que o tatexo non estaba rindo, senón pedido xamón. O destinatario debe, polo tanto, interpretar que o tartamudo repetiría a sílaba “ja” en repetidas ocasións, como se estivese a rir. Sería polo tanto un xogo grafolóxico que se crea na mente da audiencia ao asociar a fala tatexa coa maneira de representar graficamente o riso. D) Todo eran risas hasta que nos dimos cuenta de que el tartamudo quería jamón. Un 15% propuxo chistes que abordan cuestións censurables socialmente e que se poden clasificar como do tipo de enfermidade, sufrimento e morte. O primeiro deles parodia unha situación sobre o aborto comparando a unha muller cunha fotocopiadora (5). O segundo xoga coa morte e tamén implica un dobre sentido en inglés (4), xa que explota a polisemia do verbo hang: o significado de colgar de algún sitio e o significado de pasar tempo nun lugar concreto. E) Titular de periódico: “Mujer da a luz a septillizos tras sufrir 5 abortos”. 50 Tweet de una persona respondiendo: “Como cuando pruebas imprimir varias veces y la fotocopiadora imprime todo de una vez”. F) Un meme no que aparece “Just hanging in the park with the kids”. E aparece unha muller e dous fillos colgando dunha árbore. Obviamente están mortos e os seus cadáveres están en avanzado estado de putrefacción. Outro 15% sinalou que desfrutan tamén con programas de humor, memes e chistes de política (9 e 10), como o programa como “No te metas en política” do Youtube. Só un 8% propuxo chistes alternativos (5), aproveitando o carácter maleable destes. A partir do chiste orixinal de “que é un negro na neve?” propuxeron o seguinte, no que a agresión contra a persoa negra trócase por unha persoa branca: G) Que fai un branco nun fondo negro? - Un branco perfecto Desta análise dos chistes propostos polos participantes pódense establecer varias tendencias humorísticas entre eles. En primeiro lugar, os memes semellan ter unha gran acollida entre eles, xa que a meirande parte ou describiron un ou afirmaron que desfrutaban de memes dalgún tipo. O posible éxito deste tipo de humor pode deberse ao formato do mesmo, pois ao combinar a imaxe e o texto facilita a súa eficiencia humorística a través de internet e das redes sociais. Outro feito relevante é que os chistes con xogos grafolóxicos, fonéticos ou semánticos son habituais entre as propostas humorísticas realizadas. Estes recursos, ademais de triunfar oralmente, tamén acadan bastante éxito por escrito, xa que, polo xeral, teñen un compoñente visual que funciona ben e que chama a atención. Finalmente, a meirande parte das persoas entrevistadas propuxeron chistes con estrutura de pregunta-resposta, o que leva á conclusión de que esta fórmula textual humorística é unha das máis exitosas para o chiste humorístico ou canned joke. Aínda que as posturas respecto ao humor son variadas entre as 13 persoas participantes, pódense sinalar tres grupos diferenciados baseándonos nas respostas anteriores. O primeiro grupo está composto polo 23% dos participantes, os informantes 1, 2 e 8, que comparten o mesmo perfil: todos censurarían os chistes anteriores porque discriminan a colectivos e perpetúan prexuízos na sociedade. As súas reaccións aos memes e chistes na primeira parte da enquisa adoitan ser negativas: prevalecen as opcións de non consideralo gracioso ou de ser ofensivo. Só unha delas non se identifica con un 51 grupo ou ideoloxía, as demais co budismo, feminismo e o movemento LGTB. Dúas persoas deste grupo non responderon con algunha broma que lles resultara divertida, só unha indicou que prefería o humor absurdo. O segundo grupo está composto tamén por outro 23% de participantes, os informantes 4, 5 e 6. Todos estes se caracterizan por non censurar estes chistes, apelando ao seu uso en confianza, a liberdade de expresión, e que se trata dun arma de dobre fío que pode servir para superar tensións sociais. Todos os membros deste grupo indicaron maioritariamente que os chistes da enquisa eran moi graciosos ou bastante divertidos. Ademais, ningún destes participantes se identifica con un colectivo ou ideoloxía concreta. Entre as súas respostas á relación entre ideoloxía e humor danse os argumentos de que a ideoloxía e o radicalismo marca moitos límites mentais e prexudica a comicidade. Os chistes que propoñen son “a-pagalalú”, “hanging in the park” e a comparación do aborto coas impresoras. O terceiro grupo está formado polo 54% do total, os participantes 3, 7, 9, 10, 11, 12 e 13. Ningún destes participantes está a favor da censura: non o consideran un método eficiente, malia que son conscientes de que os chistes transmiten e manteñen actitudes e estereotipos na sociedade. A súa valoración dos chistes é dispar, unhas poucas persoas consideran que maioritariamente son pouco graciosos e problemáticos, mentres que outras mostran unha maior variación nas súas apreciacións: consideran algúns chistes malos ou ofensivos, mentres que outros lles resultan hilarantes. Afirman pertencer a movementos feministas, nacionalistas, antifascistas, crer na igualdade de todas as persoas, ou formar parte do colectivo LGTB. Ademais, hai dous informantes que expresan identificarse e participar en certos grupos, mais non sinalan cales son. Así pois, é o grupo que amosa maior diversidade de identidades. Só unha das persoas non respondeu cun chiste á última pregunta. O resto sinalaron o humor absurdo e político como o seu favorito. Os chistes destes participantes foron o do brócoli, o espaguete e o tatexo, malia que este último non é un exemplo de humor absurdo ou político, senón que parodia a fala tartamuda. Así pois, este chiste é sobre un dos defectos que máis se ridiculiza e que afecta ás persoas con hándicaps. Os datos amosan a diverxencia de consideracións na sociedade sobre o humor de denigración e os seus límites. En xeral, pódese sinalar que a meirande parte dos participantes son conscientes dos prexuízos que este transmite, mais non entenden que sexa a censura o medio para rematar cos estereotipos e actitudes que perpetúa. Propoñen 52 facer crítica deste, pois non deixa de ser humor, mais optar por outros tipos como o humor absurdo, o humor político ou reivindicativo. Das diferentes respostas pódese observar a dificultade para abordar o humor, debido a que este é un fenómeno complexo que non pode ser estudado desde perspectivas simplistas que non atendan á multiplicidade de factores que interveñen no debate. 53 4. Conclusións Ao longo do traballo púidose observar a enorme complexidade do humor, o que supuxo que fose un fenómeno abordado por diferentes disciplinas ao longo da historia. Malia as diferentes manifestacións que pode tomar, centrámonos no humor verbal de denigración ou ofensa a través de chistes e memes. Como se sinalou, o estudo destas dúas manifestacións humorísticas débese a que son de base popular, con moita difusión, breves, autosuficientes e reproducidos sempre con intención lúdica debido ao seu carácter fixado. A denigración que se dá no humor débese a que é un produto social e cultural, como a lingua, que reflicte os valores e actitudes imperantes na sociedade. Así pois, como se viu, o humor pode unir aos grupos, mais tamén pode diferencialos. O debate social sobre os límites do humor está moi relacionado coa difusión do humor de denigración mediante as redes sociais. As particularidades que Internet posúe como son os límites difusos entre o privado e o público, a enorme liberdade de expresión, o anonimato e unha maior propagación, foron os factores que favoreceron a auxe de novos tipos de humor e do humor de denigración. No traballo abordáronse diferentes teorías, conceptos e autores que fixeron aportacións relevantes ao asunto dos límites do humor. Das tres teorías sinalouse a da superioridade como a fundamental no traballo, xa que moitas das achegas desta, sobre todo as das últimas décadas, son relevantes para a investigación, pois non se centra tanto no individual, senón na cohesión grupal e no mantemento do poder. A teoría da incongruencia é tamén fundamental nun estudo lingüístico do humor, xa que pon o foco de atención na ruptura das expectativas e ten un marcado carácter esencialista. Con todo, non nos limitamos ás tres teorías clásicas, pois se atendeu tamén ás aportacións de Raskin e Attardo, fundamentais por ser as primeiras teorías lingüísticas do humor. Tamén foron especialmente relevantes as teorías propostas por Yamaguchi, Sperber e Wilson, Carrell e Yus. Todos estes autores trataron a importancia da violación das máximas conversacionais de Grice, o paradoxo da cooperatividade dun texto humorístico, o control do falante sobre o proceso interpretativo para lograr o humor, a importancia da identidade do humorista e da audiencia como axente avaliador da ofensividade, o modo e as máximas non-bona fide. O groso do traballo centrouse nas teorías da descortesía, a ética do humor, o humor errado e o humor de denigración. Estas perspectivas, combinadas coas aportacións da 54 hixiene verbal, xa contribuían dunha maneira máis directa ao debate sobre os límites do humor. Segundo a descortesía, no humor agresivo comprométense as faces dos interlocutores, pois cando o humor de denigración non se considera “só humor”, pódese interpretar que o destinatario non ten sentido do humor, ou ben que o emisor é culpable da perpetuación de estereotipos machistas, racistas, homófobos... Estas teorías insisten na natureza co-construída do humor, pois este non existe de maneira illada na realidade. Ademais, a descortesía permite ver un continuum entre cortesía e descortesía, o que explica por que o humor de denigración pode ser interpretado como descortés ou non. No estudo tamén se tiveron en conta as achegas dos autores sobre a identidade e a imaxe social. Culpeper sinalaba a social identity face, mentres que Tajfel e Turner trataban a Teoría da Identidade Social. Estas posturas foron relevantes posto que inciden na identidade en termos grupais e non individuais. Este feito é moi relevante, xa que no estudo dos límites do humor non se pretende dar resposta a ofensas contra un suxeito concreto, senón a aquelas que teñen que ver coa agresividade e os estereotipos contra grupos sociais, concretamente aqueles que foron marxinados ou denigrados ao longo da historia. Neste punto cobrou especial relevancia a hixiene verbal, xa que considera que a linguaxe de odio funciona mediante a repetición, polo que o problema reside no carácter citacional e non na intención concreta que poida ter o falante. Isto contrasta coa desresponsabilidade do humor proposta por varios autores, que leva a considerar que o humor só é humor. Outros temas de gran relevancia na investigación foron o contraste entre os chistes de relixión, poder, enfermidade e catástrofes, que xeralmente gozan de gran aceptación, fronte aos hurtful jokes ofensivos, estereotipadores e cara ás minorías. Así pois, é lóxico que se amosaran perspectivas que tentaban resolver a cuestión de se hai unha incompatibilidade entre o humor e a moral. A ética do humor foi moi útil desde un punto de vista teórico, mais aposta pola censura como medio para erradicar a denigración, feito amplamente cuestionado ao longo do traballo. Tamén se tivo en conta a liberdade de expresión como marco no que considerar a cuestión, xa que este adoita ser un dos argumentos na defensa do humor de denigración. Como se viu, segundo algúns autores, o problema da perpetuación deste humor é o argumento de que só se está a brincar, mais é necesario tamén comprender que o humor non se limita só ao contido, é dicir, ao estereotipo, senón que tamén depende do contexto en gran medida. Con todo, a meirande parte dos autores revisados coincidiron en que o humor de denigración sempre favorece 55 que, polo feito de ser humor, se considere de maneira acrítica o contido que transmite e que, polo tanto, sexa asumido como algo trivial. O estudo dos chistes e memes recollidos no cuestionario amosou a importancia de que os interlocutores coñezan, por unha banda, os valores, prácticas e crenzas sociais; por outra, posúan coñecementos da cultura popular que se combinan cos anteriores para lograr os efectos cómicos. Por outra parte, a análise das aportacións dos informantes ofreceu conclusións, con todo, dunha validez provisional, dada a escaseza do corpus usado. Os participantes contribuíron a unha (re)definición do humor, pois non só amosaron o que lles resultaba cómico, tamén interviñeron na delimitación do concepto ao responder con brincadeiras que lles resultaban graciosas ou mesmo ao valorar a influencia das ideoloxías no humor. Mediante estes datos abordáronse cuestións sobre o que se considera cómico, así como o límite entre a comicidade e a humillación ou inxuria. Tamén resultou relevante atender a se consideraban que o humor é un medio de discriminación e cales foron os motivos para consideralo así. Ademais, abordouse o feito de se podemos ou debemos censurar o humor, atendendo ás posibles consecuencias da súa censura. Deste xeito, tentouse reflexionar sobre as posibles razóns que orixinaron un debate deste tipo na sociedade e os diferentes argumentos e posturas dentro deste. Malia a diferencia de perspectivas e o escaso número de participantes na enquisa, púidose distinguir entre tres posibles grupos de opinión. O grupo maioritario, composto polo 54% dos informantes, coincidiu nos seguintes aspectos: os chistes perpetúan estereotipos, xa que forman parte do sistema socio-cultural, mais a censura non é un método efectivo para erradicar a discriminación, pois debemos educar na concienciación sobre o contido que transmite o humor de denigración para así consideralo desde unha perspectiva non-trivial e acrítica. Con todo, cabe volver destacar o feito de que se trata de conclusións de validez provisional, xa que o humor non é universal e depende de diferentes factores sociais, contextuais e lingüísticos. Así pois, as perspectivas dependen en gran medida do grupo social, como se puido ver na análise das respostas. Dados os límites da mostra utilizada, a intención da autora do presente traballo é a de realizar no futuro un estudo máis amplo e pormenorizado que pretenda definir o humor na Galiza actual. 62 Responde ás seguintes preguntas: 1) Censurarías algún dos anteriores chistes? Argumenta a túa resposta. 2) Formas parte de algún grupo social concreto? Concordas con algún movemento ideolóxico? 3) Cres que hai algún tipo de relación entre a ideoloxía e o humor? Cres que pode afectar ao grao de comicidade co que entendemos os chistes? 4) Finalmente, pon por escrito algunha broma ou chiste que che resulte gracioso. 63 7. Anexo II: Datos obtidos 7.1. Informante 1 64 65 66 7.2. Informante 2 67 68 69 7.3. Informante 3 70 71 78 7.6. Informante 6 79 80 81 7.7. Informante 7 82 83 84 7.8. Informante 8 85 86 87 7.9. Informante 9 94 95 96 7.12. Informante 12 97 98 99 7.13. Informante 13 100 101