Full text
Venancio Serrano Lorenzo Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Galicia no contexto español e europeo Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Xuño 2019 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en ADE Traballo de Fin de Grao
Venancio Serrano Lorenzo 2 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Resumo O presente Traballo de Fin de Grao, que consta de 9.997 palabras, estuda o obxectivo pobreza encadrado na Estratexia Europa 2020. Dende os anos 70 do século XX, as institucións europeas foron aplicando diferentes plans de loita contra a pobreza até a actual estratexia desta década, a cal procura un crecemento “intelixente, sostible e integrador”. Os cinco principais obxectivos da Europa 2020, entre os que se atopa rescatar da pobreza a máis de 20 millóns de persoas en comparación co ano 2008, están complementados cunha serie de mecanismos de control tanto a nivel europeo como nacional. Para medir o obxectivo pobreza, Europa 2020 utiliza un indicador multidimensional produto da transformación que experimentou ao longo das décadas a definición de pobreza: a taxa AROPE. Este indicador ten en conta os seguintes tres factores: risco de pobreza, privación material severa e baixa intensidade laboral do fogar. As principais fontes de datos utilizadas para medir os diferentes obxectivos da estratexia proveñen, a nivel comunitario, do Eurostat e a nivel nacional, do INE. A partir deses datos, así como tamén os elaborados polo IGE, realizaremos unha análise da situación galega en canto á pobreza aplicando o indicador AROPE. Ademais de analizar a situación de cumprimento dos obxectivos propostos na Europa 2020, encadraremos a Galicia tanto a nivel europeo como español. Analizaremos as diferentes compoñentes desta taxa, así como as características da poboación que máis sofre a situación de pobreza, dende o seu xénero até o seu lugar de residencia. Salientamos unha diferente intensidade da AROPE entre o norte e o sur tanto a nivel comunitario como estatal, seguindo Galicia un comportamento parello ó da UE e das comunidades autónomas do seu redor, e contando sistematicamente cunha taxa AROPE por debaixo da media española.
c Venancio Serrano Lorenzo 3 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Índice Resumo ...............................................................................................................................2 Índice ..................................................................................................................................3 Índice de acrónimos e siglas .................................................................................................5 Índice de táboas ..................................................................................................................6 Índice de gráficas .................................................................................................................7 Índice de mapas...................................................................................................................8 Introdución .........................................................................................................................9 Desenvolvemento do traballo ............................................................................................ 11 1 Contextualización da EU2020 .................................................................................11 1.1 Antecedentes no marco europeo .......................................................................11 1.2 Prioridades de crecemento.................................................................................13 1.3 Aquitectura da EU2020 .......................................................................................14 1.3.1 Obxectivos xerais ................................................................................................ 14 1.3.2 Implantación nos Estados membros .................................................................... 15 2 Obxectivo pobreza na EU2020................................................................................16 2.1 Conceptos de pobreza ou exclusión social .........................................................17 2.2 A taxa AROPE e as súas compoñentes ................................................................18 2.3 Base de datos .....................................................................................................20 2.4 Críticas metodolóxicas á AROPE .........................................................................20 3 Pobreza ou exclusión social en Galicia ....................................................................21 3.1 España e Galicia no contexto europeo ...............................................................22
c Venancio Serrano Lorenzo 4 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza 3.2 Galicia no contexto estatal .................................................................................24 3.2.1 Taxa AROPE......................................................................................................... 24 3.2.2 Compoñentes da taxa AROPE .............................................................................. 27 3.3 Caracterización da pobreza en Galicia ................................................................30 3.3.1 Retrato da poboación pobre ............................................................................... 30 3.3.2 Dimensión territorial ........................................................................................... 33 Conclusións, limitacións e ampliacións ............................................................................... 36 Bibliografía ........................................................................................................................ 38
c Venancio Serrano Lorenzo 5 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Índice de acrónimos e siglas AROPE At risk of poverty or social exclusion BILF Baixa intensidade laboral do fogar CC.AA. Comunidades autónomas CEE Comunidade Económica Europea ECV Encuesta de Condiciones de Vida EEF Enquisa Estrutural a Fogares EU-LFS European Union Labour Force Survey EU-SILC European Union Statistics on Income and Living Conditions EU2020 Estratexia Europa 2020 Eurostat Statistical Office of the European Communities I+D Investigación e desenvolvemento IDH Índice de Desenvolvemento Humano IGE Instituto Galego de Estatística INE Instituto Nacional de Estadística IPH Índice de Pobreza Humana Lp Limiar de pobreza NUTS Nomenclature of Territorial Units for Statistics ONU Organización das Nacións Unidas PEC Pacto de Estabilidade e Crecemento PIB Produto Interior Bruto PMS Privación material severa PNR Programa Nacional de Reformas PNUD Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento RP Risco de pobreza UE Unión Europea
c Venancio Serrano Lorenzo 6 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Índice de táboas Táboa 1. Cronoloxía dos plans europeos de loita contra a pobreza ...........................................12 Táboa 2. Prioridades de crecemento e iniciativas emblemáticas da EU2020 .............................15 Táboa 3. Situación en 2017 dos obxectivos españois na Estratexia Europa 2020 ......................16 Táboa 4. Ítems de consumo básico considerados na PMS da taxa AROPE .................................19 Táboa 5. Poboación AROPE (en millares) nos países da Unión Europea (2008-2017) ................22 Táboa 6. Evolución da AROPE (%) nas NUTS 1 e NUTS 2 españolas (2008-2017) .......................25 Táboa 7. RP, PMS e BILF (%) por comunidades autónomas (2008-2017) ...................................28 Táboa 8. AROPE galega (%) segundo base de datos (2011-2017) ..............................................30 Táboa 9. AROPE (%) segundo grupos de idade en Galicia (2011-2017) ......................................31 Táboa 10. AROPE (%) por tipoloxía de fogar en Galicia (2011-2017)..........................................32 Táboa 11. AROPE (%) segundo provincias e áreas galegas (2011-2017) ....................................34 Táboa 12. AROPE (%) segundo habitantes e cidades galegas (2011-2017) ................................35
c Venancio Serrano Lorenzo 7 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Índice de gráficas Gráfica 1. Evolución da AROPE (%) na UE-28, Eurozona-19, España e Galicia (2008-2017)........24 Gráfica 2. Variación da AROPE (%) de NUTS 1 (2008-2017) e comparativa con España (2017) ..26 Gráfica 3. Variación da AROPE (%) de NUTS 2 (2008-2017) e comparativa con España (2017) ..26 Gráfica 4. Evolución das compoñentes da AROPE (%) en España e Galicia (2008-2017) ............29 Gráfica 5. Evolución da AROPE (%) en Galicia segundo sexo (2011-2017) .................................31 Gráfica 6. Evolución da AROPE (%) en Galicia por nivel de estudos (2013-2017) .......................32 Gráfica 7. Evolución da AROPE (%) en Galicia por nacionalidade (2011-2017) ..........................33
c Venancio Serrano Lorenzo 8 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Índice de mapas Mapa 1. AROPE (%) nos países da Unión Europea (2017) ..........................................................23 Mapa 2. AROPE (%) por comunidades autónomas (2017) .........................................................27 Mapa 3. Comparativa da AROPE (%) por áreas galegas (2011 e 2017).......................................35
c Venancio Serrano Lorenzo 9 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Introdución A planificación estratéxica resulta de grande importancia á hora de realizar futuribles proxectos, tanto no eido económico-empresarial como no persoal. A loita contra a pobreza ou exclusión social, que é a temática que abrangue este Traballo de Fin de Grao, non é unha excepción. Esta lacra social, acentuada polos anos de crise económica, continúa moi presente nas sociedades española e galega, restrinxindo a capacidade de desenvolvemento das mesmas. Polo tanto, precísase a implantación de eficaces instrumentos que permitan mitigar este fenómeno. Dende os anos 1970 desenvolvéronse dende as institucións europeas diferentes plans de loita contra a pobreza, pasando pola Estratexia de Lisboa, que chegaron até o momento á Estratexia Europa 2020 (EU2020). No entanto, as diferentes propostas non lograron alcanzar cadansúas metas, consecuencia tanto da falta de apoio económico e institucional como da fixación de obxectivos que se demostraron dificilmente alcanzables. De feito, un elemento chave nas estratexias é a fixación de elementos de control do cumprimento dos obxectivos propostos. Ao longo das últimas décadas traballouse en indicadores que recolleran dunha mellor maneira esta realidade, debido á heteroxeneidade existente tanto en metodoloxía como en fontes utilizadas. Centrándonos no caso galego, sinalan García, Sánchez e Vaamonde (2007) que é na década dos noventa cando proliferan diversas publicacións que analizan a problemática da pobreza, principalmente dende o ámbito da universidade e de organizacións públicas e privadas. Os estudos realizados anteriormente consistían basicamente en sinxelas análises descritivas e causais. A Unión Europea (UE) acordou utilizar para medir o obxectivo pobreza na Europa 2020 o indicador multidisciplinal AROPE, que recolle a poboación que cumpre polo menos un dos seguintes tres criterios: risco de pobreza, privación material severa e baixa intensidade laboral do fogar. No ámbito internacional, destacaremos que a Organización das Nacións Unidas (ONU), a través do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) leva medindo os niveis de pobreza, así como outros ítems, a través do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) ou do Índice de Pobreza Humana (IPH) dende os anos 90 do século XX.
c Venancio Serrano Lorenzo 16 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Táboa 3. Situación en 2017 dos obxectivos españois na Estratexia Europa 2020 2017 Emprego Emprego para o 74% das persoas de 20 a 64 anos 65,5% I+D Investimento do 2% do PIB en I+D+i 1,2% Redución dun 10% dos gases de efecto invernadoiro en sectores difusos respecto a 2005 (212 mill. ton. eq. CO2) 201 mteCO2 20% de enerxías renovables no consumo enerxético total 17,5% Aumento do 20% da eficiencia enerxética (consumo final de enerxía primaria en 122,6 mill. ton. eq. petróleo) 125,6 mtep Taxa de abandono escolar prematuro por debaixo do 15% 18,3% Polo menos un 44% das persoas de 30 a 34 anos de idade deberán completar estudos de nivel terciario 41,2% Loita contra a pobreza ou exclusión social Reducir entre 1,4 e 1,5 millóns o número de persoas en situación de pobreza ou exclusión social (Taxa AROPE) 26,6% OBXECTIVOS Cambio climático e sustentabilidade enerxética Educación Fonte: Elaboración propia a partir do INE (ECV) e o Ministerio de Economía y Empresa (2019). Os datos da táboa 3 indican que España dificilmente poderá alcanzar os seus obxectivos particulares na EU2020 xa que neste momento estase lonxe de cumprir todas as metas propostas. Con respecto ó obxectivo pobreza, a taxa AROPE do 26,6% implica unha poboación AROPE de 12,2 millóns no 2017 (segundo datos da ECV). Comparando este dato co ano base (2008), produciuse un aumento da poboación AROPE de 1,4 millóns, resultado completamente oposto con respecto ao obxectivo proposto 6 . A pesar da mención á cohesión territorial, isto non se concreta en ningunha medida na Europa 2020, xa que esta formúlase con carácter xeral para a súa aplicación no ámbito estatal (Faura et al., 2016a). Indican Lois, Feal e Paül (2013) que a importancia da dimensión territorial implica que esta debe estar presente á hora da análise tanto dos obxectivos estabelecidos como no desenvolvemento das políticas dirixidas cara o seu logro. No entanto, Faura et al. (2016a) alertan que os obxectivos nacionais poden dificultar a comparación da traxectoria dos diferentes países en canto á consecución dos obxectivos establecidos. Isto acentúase especialmente no obxectivo pobreza xa que, a pesar de contar con estatísticas harmonizadas, hai países que estableceron os seus obxectivos a partir de indicadores distintos da AROPE. De feito, en moitos casos implicou unha merma considerable do seu compromiso inicial de redución da poboación en risco de pobreza ou exclusión social. 2 Obxectivo pobreza na EU2020 Para toda análise, de maneira previa débese delimitar con precisión tanto o seu concepto como o seu ámbito de aplicación. Troitiño (2000) indica que isto toma máis importancia se temos en conta que a consideración de diferentes medidas e/ou variables poden conducir a 6 Ampliaranse os resultados no apartado 3.1.
c Venancio Serrano Lorenzo 17 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza diferentes resultados, que incluso poden ser opostos. Particularmente, na medición da pobreza xorden dúas problemáticas diferentes: indicar quen é pobre e avaliar o grao de pobreza existente (Troitiño, 2007). Neste capítulo metodolóxico, aínda que non se pretende estudar o tema en profundidade, destacaranse diferentes visións definitorias que existen sobre a pobreza ou exclusión social (centrándonos no ámbito da Unión Europea). Ademais, profundarase sobre o indicador que é utilizado na medición da pobreza na EU2020 e neste traballo, a taxa AROPE, así como as bases de datos utilizadas. 2.1 Conceptos de pobreza ou exclusión social A pesar de que o concepto de pobreza está moi estendido, non sempre se ten moi claro de que se está a tratar debido a que non se teñen en conta a multitude de aspectos que engloba (Troitiño, 2007). De maneira xeral, podemos visualizar o concepto de pobreza dende dúas vertentes: absoluta e relativa. Tendo en conta que a palabra “pobreza” provén do latín pauper, podemos derivar unha definición que implicaría a pobreza como “a ausencia de capacidade de satisfacer as necesidades básicas da persoa como ser humano, con independencia da sociedade na que viva” (Troitiño, 2007, pp. 34-35). Este concepto identifica o que se coñece como pobreza absoluta. No entanto, hoxe en día nos países desenvolvidos utilízase un concepto de pobreza relativa como contraposición ao de riqueza e vinculado á existencia de desigualdade (Montes, 2007). Na actualidade, catalógase a unha persoa como pobre se esta ten uns ingresos inferiores ao 60% da mediana de distribución de ingresos da poboación onde vive. Aínda que García et al. (2007) indican que existe un antes e un despois no enfoque sobre a pobreza a partir da obra do economista hindú Amartya Sen, os estudos europeos partiron dunha caracterización da pobreza como unha situación de precariedade material (Chahin, Lorenzo e Renes, 2007). Destácase como influencia importante na formulación da pobreza na UE ao sociólogo Peter B. Townsend (1979). Non foi até o primeiro programa europeo de loita contra a pobreza cando as institucións europeas determinaron una definición de pobreza (Arriola, 2014). Definiuse como a situación na que “individuos ou familias teñen recursos tan reducidos que os exclúen do estilo de vida considerado minimamente aceptable para o Estado membro no que habitan” (Council of the European Communities, 1975, p. 34). Nos sucesivos plans foise modificando a definición operativa proposta nos programas de loita contra a pobreza, recoñecendo así o “carácter estrutural das situacións de pobreza e dos mecanismos que producen estas situacións”, así como o “carácter pluridimensional dos procesos” implicados (Comisión de las Comunidades Europeas, 1995, p. 6). Isto provocou un cambio no propio concepto de pobreza, que dou lugar ao de exclusión social no programa Pobreza 3 (Chahin et al., 2007), entendida como
c Venancio Serrano Lorenzo 18 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza (...) un proceso que relega a algunhas persoas á marxe da sociedade e lles impide participar plenamente nela debido a súa pobreza, á falta de competencias básicas e oportunidades de aprendizaxe permanente, ou por motivos de discriminación. (...). Teñen pouco acceso aos organismos de poder e decisión e, por elo, séntense indefensos e incapaces de asumir o control das decisións que lles afectan na súa vida cotiá. (Comisión de las Comunidades Europeas, 2003, p. 9). A consideración do termo “exclusión” supera a visión económica de pobreza como un problema de baixos ingresos. Ademais da dimensión de pobreza, debemos considerar outros límites de dereitos básicos como pode ser o emprego, a educación, a saúde ou as relacións sociais (Chahin et al., 2007). Tendo en conta o anterior, a Estratexia Europa 2020 utiliza como medida da pobreza ou exclusión social un instrumento multidimensional que se desenvolverá no seguinte apartado: a taxa AROPE. 2.2 A taxa AROPE e as súas compoñentes Como xa se citou no capítulo 1, un dos cinco principais obxectivos marcados na Estratexia Europa 2020 é a redución da poboación en risco de pobreza ou exclusión social en 20 millóns de persoas, concretándose o obxectivo español nunha redución desta poboación entre 1,4 e 1,5 millóns de persoas. O indicador elixido para medir á poboación en risco de pobreza ou exclusión social foi a taxa AROPE (at risk of poverty and social exclusion). De feito, é a primeira vez que se utiliza no ámbito europeo un indicador harmonizado para seguir o obxectivo da redución da pobreza xa que nunca se propuxera nos plans estratéxicos de acción tal obxectivo (Faura et al., 2016a). Nun primeiro momento, o obxectivo europeo enunciouse tendo só en conta á poboación en risco de pobreza. No entanto, destacan Nolan e Whelan (2011) que a presión dos diferentes Estados membros provocou que finalmente se adoptara o indicador AROPE. Segundo os autores, isto implicou que o obxectivo en materia de loita contra a pobreza resultara menos ambicioso ao aumentar a poboación de referencia e manter o valor absoluto da redución. A concepción multidimensional da exclusión social (explicada no anterior apartado) provoca que esta taxa combine tres conceptos relacionados entre si. A taxa AROPE agrupa a porcentaxe de poboación que se atopa en polo menos algunha das seguintes situacións: • Risco de pobreza (RP) • Privación material severa (PMS) • Baixa intensidade laboral do fogar (BILF) Unha persoa considérase en risco de pobreza cando ten uns ingresos dispoñibles equivalentes (ou por unidade de consumo) inferiores ao limiar de pobreza (Lp), definido como o 60% do ingreso mediano do país de referencia. Sinala Troitiño (2015) que ao empregar un limiar relativo de pobreza, neste caso a mediana, se esta baixa, o limiar tamén descenderá. Isto pode provocar que persoas que sufriron unha diminución da súa renda deixen de estar
c Venancio Serrano Lorenzo 19 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza consideradas en RP simplemente porque o Lp toma un valor máis baixo, e non porque estas melloraran a súa situación económica. Os ingresos por unidade de consumo do fogar teñen en conta as economías de escala dos fogares (INE, 2019b), permitindo comparar a situación dos fogares de diferente tamaño, composición e necesidades (Gradín, 2015). Calcúlase dividindo o ingreso total do fogar (despois de impostos directos e tranferencias) entre o número de adultos equivalentes, que se determina aplicando a escala de equivalencia da OCDE modificada 7 . Ademais do risco de pobreza, a taxa AROPE tamén incorpora a privación material severa e a baixa intensidade laboral do fogar. Considérase que unha persoa atópase nunha situación de PMS se no fogar no que vive hai carencia en, polo menos, catro conceptos dunha listaxe de nove 8 (referenciados na táboa 4). Estes refírense á capacidade do fogar para afrontar determinados gastos (estrés económico) e permitirse dispoñer de certos bens de consumo duradeiro. Táboa 4. Ítems de consumo básico considerados na PMS da taxa AROPE Retrasos en pagamentos Relacionados coa vivenda principal (hipoteca, aluguer, recibos de gas, comunidade...) ou en compras a prazo nos últimos 12 meses Afrontar gastos imprevistos Ir de vacacións polo menos unha semana ao ano Manter a vivenda a unha temperatura axeitada Realizar unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días Estrés económico Incapacidade de Automóbil Teléfono Lavadora Televisión en cor Bens de consumo duradeiro Fonte: Elaboración propia a partir de Faura, García & Lafuente (2016b) e INE (2019b). En derradeiro lugar, determinarase en que consiste unha situación de BILF 9 . Considéranse neste criterio ás persoas de 0 a 59 anos que viven en fogares nos que os adultos en idade de traballar 10 fixérono menos do 20% do seu potencial total de traballo no ano anterior ao da entrevista, que é o período de referencia dos ingresos (INE, 2019b). Dito doutra maneira, a porcentaxe relaciona o número de meses traballados por todos os membros do fogar en idade de traballar e o número de meses que, teoricamente, poderían ter traballado. 7 Esta escala concede un peso de 1 ao primeiro adulto, un peso de 0,5 aos demais adultos e un peso de 0,3 aos menores de 14 anos. A ponderación permite ter en conta que as necesidades do fogar non aumentan na mesma proporción có número de membros (Gradín, 2015). 8 Nolan e Whelan (2011) alertan de que na utilización deste indicador acostúmase empregar un limiar de tres ítems, en vez dos catro que se consideran na EU2020. Ademais, existen estudos que utilizan sete conceptos en vez dos nove empregados na PMS da AROPE. 9 Na EEF emprégase a baixa intensidade de ingresos de traballo, definida como “a suma do número de días con ingresos de traballo que tiveron os adultos do fogar entre o número máximo de días con ingresos de traballo que poderían ter no ano natural anterior á realización da enquisa” (IGE, 2018, p. 7). 10 Defínese á persoa en idade de traballar como aquela que ten entre 18 e 59 anos, exceptuando aos estudantes de 18 a 24 anos.
c Venancio Serrano Lorenzo 20 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza 2.3 Base de datos Resulta evidente que o seguimento dos obxectivos da Estratexia Europa 2020 precisa dunha serie de indicadores que permitan comprobar se se está camiñando cara o cumprimento das citadas metas. Os principais datos que se utilizan para auditar o estado da EU2020 proveñen da enquisa de poboación activa (European Union Labour Force Survey, EU-LFS), das estatísticas sobre ingresos e condicións de vida (European Union Statistics on Income and Living Conditions, EUSILC) e de fontes administrativas. No ámbito europeo, para realizar o seguimento do obxectivo pobreza utilízase a EU-SILC xa que está constituída polas diferentes enquisas de condicións de vida elaboradas polos Estados membros. No caso nacional, o Instituto Nacional de Estadística (INE) elabora o indicador AROPE a través dos datos que proporciona a Encuesta de Condiciones de Vida (ECV). Esta enquisa, ao formar parte da EU-SILC, permite a comparativa espacial no ámbito europeo, xa sexa a nivel rexional ou estatal debido aos criterios harmonizados que utilizan. No entanto, debemos ter presente á hora da análise que aínda que se dispoña de información referida ao ámbito rexional, o tamaño das mostras autonómicas poden resultar insuficientes para caracterizar de forma adecuada á poboación, sobre todo en canto ás compoñentes da privación material severa (Faura et al., 2016b). No caso galego, o Instituto Galego de Estatística (IGE) elabora con periodicidade anual a Enquisa Estrutural a Fogares (EEF), anteriormente denominada Enquisa de Condicións de Vida das Familias, na cal se inclúe o cálculo da taxa AROPE dende o ano 2011. O tamaño da mostra para Galicia na EEF é moi superior ó da ECV, pero debemos destacar que son enquisas diferentes e non harmonizadas. Polo tanto, como a EEF non está harmonizada dende o Eurostat, os seus resultados non son comparables a nivel español e europeo. 2.4 Críticas metodolóxicas á AROPE Xa se indicou con anterioridade que dende os anos 70 do século XX procurouse a harmonización de conceptos e criterios para a medición da pobreza ou exclusión social no ámbito europeo. Faura et al. (2016b) resaltan que os investigadores sociais coinciden en que a utilización dun indicador de carácter multidimensional como a taxa AROPE permite unha mellor perspectiva sobre o ámbito da pobreza. De feito, como se indicou no apartado 2.2, é a primeira vez que a Unión Europea utiliza un indicador multidimensional para medir a pobreza nos seus plans de acción. Aínda que o uso desta taxa impúxose debido á súa utilización como indicador europeo, non se deben deixar pasar por alto algunhas críticas que este indicador colleitou. En primeiro lugar, tanto a información sobre a BILF como a da renda familiar van referidas ao ano anterior ao da enquisa, algo que non sucede coa PMS 11 . Este retardo provoca que a capacidade da taxa 11 Recordemos que o obxectivo pobreza está referido ao ano 2008 debido á falta de indicadores sociais actualizados no ano de inicio da Estratexia (Eurostat, 2018).
c Venancio Serrano Lorenzo 21 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza AROPE de proporcionar información actualizada sexa limitada, tal como demostrou o impacto da crise económica que se iniciou a finais da pasada década (Laparra, 2010). Sinalan Frazer et al. (2014) que esta circunstancia xerará problemas á hora de analizar, no fin da aplicación da estratexia, os obxectivos logrados. Outra circunstancia que non se debe deixar pasar por alto é que mentres que os indicadores de RP e PMS teñen en conta ao conxunto da poboación, o indicador que abrangue a precariedade laboral exclúe ás persoas con 60 ou máis anos. Nolan e Whelan (2011) concluíron no seu estudo que o factor de precariedade laboral deberíase considerar como un factor que induce á pobreza de ingresos ou á privación material, e non como unha compoñente en si da AROPE. De feito, existen diversas investigacións que exclúen a BILF no cálculo da taxa AROPE. Faura et al. (2016a) indican no seu estudo outra limitación metodolóxica relevante: mentres que o limiar de pobreza establécese mediante a renda mediana estatal, o limiar de PMS estabelécese a partir dunha listaxe común para toda a UE. Aínda que existen diferentes propostas en canto a que Lp utilizar, na práctica é común empregar distintos limiares de pobreza, dende o ámbito internacional até o rexional (Frazer el al., 2014). Así mesmo, segundo Nolan e Whelan (2011), a listaxe común empregada para a determinación da pobreza material resulta pouco significativa debido ás diverxencias existentes entre os diferentes países europeos, sobre todo cos Estados membros do leste. De feito, Gradín (2015) alerta que se outorga o mesmo peso a cada unha das nove privacións posibles, aceptando que son substituíbles entre si. No entanto, tres dos bens duradeiros incluídos (televisión, lavadora e teléfono) son moi utilizados no ámbito da Unión Europea, polo que a súa consideración resulta pouco significativa (Faura et al., 2016a). Ademais, a elevada consideración de bens de consumo duradeiros (catro de nove items) limita a resposta do índice de PMS ante cambios no ciclo económico (Martínez e Navarro, 2014). 3 Pobreza ou exclusión social en Galicia Neste terceiro e último capítulo realizaremos unha análise da situación galega a través do indicador utilizado na Europa 2020 para seguir o obxectivo pobreza: a taxa AROPE. Partirase dunha comparativa de Galicia con respecto á Unión Europea e o resto do Estado español, dando conta de se se están a cumprir os obxectivos marcados na EU2020 en canto á redución da pobreza ou exclusión social tanto na UE como en España. Logo desenvolveremos unha análise máis pormenorizada sobre a situación galega, caracterizando a pobreza galega tanto en termos persoais como espaciais.
c Venancio Serrano Lorenzo 22 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza 3.1 España e Galicia no contexto europeo Tendo en conta os obxectivos de redución da poboación en situación de pobreza ou exclusión social tanto na UE como en España 12 , os datos da táboa seguinte amosan que eses obxectivos están moi lonxe de cumprirse no ano 2017. Táboa 5. Poboación AROPE (en millares) nos países da Unión Europea (2008-2017) Columna1 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 UE-28 (e) 116.070 114.390 117.907 120.858 123.774 122.849 122.026 119.049 118.040 112.978 Alemaña 16.345 16.217 15.962 16.074 15.909 16.212 16.508 16.083 16.035 15.516 Austria 1699 (*) 1.577 1.566 1.593 1.542 1.572 1.609 1.551 1.542 1.563 Bélxica 2.194 2.145 2.235 2.271 2.356 2.286 2.339 2.336 2.335 2.296 Bulgaria 3421 (*) 3.511 3.719 3.693 3.621 3.493 2909 (*) 2.982 2890 (*) 2.767 Chipre 181 (*) 188 202 207 234 240 234 244 234 215 Croacia (-) (-) 1.322 1.384 1.384 1.271 1.243 1.216 1.159 1.085 Dinamarca 887 962 1.007 969 (*) 965 1.025 1.006 999 951 980 Eslovaquia 1.111 1.061 1.118 1.112 1.109 1.070 960 963 950 856 Eslovenia 361 339 366 386 392 410 410 385 371 345 España 10786 (*) 11.336 12.029 12.363 12.628 12.630 13.402 13.175 12.827 12.236 Estonia 291 312 289 307 311 313 338 (*) 315 318 305 Finlandia 910 886 890 949 916 854 927 904 896 849 Francia 11150 (*) 11.200 11.712 11.840 11.760 11.245 11.540 11.048 11.463 10.771 Grecia 3.046 3.007 3.031 3.403 3.795 3.904 3.885 3.829 3.789 3.702 Hungría 2.794 2.924 2.948 3.093 3.272 3.398 3.097 2.735 2.541 2.465 Irlanda 1.050 1.150 1.220 1.319 1.392 1.377 1.279 1.207 1.135 1.088 Italia 15.082 14.799 14.891 16.858 17.975 17.229 17.146 17.469 18.137 17.407 Letonia 740 (*) 808 798 821 731 702 645 606 554 544 Lituania 910 943 1.068 1.011 975 917 804 857 871 843 Luxemburgo 72 85 83 84 95 96 96 95 114 (*) 126 Malta 81 82 86 90 94 102 101 99 90 87 Países Baixos 2.432 2.483 2.483 2.598 2.492 2.648 2.751 2.744 2797 (*) 2.864 Polonia 11491 (*) 10.454 10.409 10.196 10.128 9.748 9.337 8.761 8.221 7.273 Portugal 2.757 2.648 2.693 2.601 2.667 2.879 2.863 2.765 2.595 2.399 Reino Unido 14.069 13.389 14.211 14.044 15099 (*) 15.586 15.271 14.997 14.359 14325 (*) República Checa 1.566 1.448 1.495 1.598 1.580 1.508 1.532 1.444 1.375 1.267 Rumanía 9.115 8.795 8.425 8.265 8.673 8.392 8.043 7.435 7.694 7.040 Suecia 1528 (*) 1.641 1.648 1.730 1.679 1.748 1.752 1.813 1.799 1.765 (-) Non dispoñible (*) Ruptura da serie temporal (e) Dato estimado Fonte: Elaboración propia a partir do Eurostat (EU-SILC). Se ben entre os anos 2008 e 2012 aumentou a poboación AROPE na UE, comprobamos na táboa 5 que dende ese ano reduciuse en, aproximadamente, 11 millóns de persoas 13 . Emporiso, atópase moi lonxe de poder cumprir o obxectivo proposto na Estratexia xa que o Eurostat (2018) fixa o número obxectivo de persoas en situación de pobreza no ano 2020 en 96,1 millóns. Nunha situación peor atópase o Estado español, no cal incluso o número de persoas consideradas pobres aumentou dende o ano 2008, alcanzando en 2017 a cifra aproximada de 12,2 millóns de persoas (o que supón un incremento de 1,45 millóns). Polo tanto, resulta difícil pensar que no ano 2020 se teñan cumpridos os obxectivos da EU2020. No mapa 1 podemos observar claramente a diferenza existente entre os países do norte e sur da UE. Só catro países están por debaixo do 17% de taxa AROPE: Eslovaquia, Finlandia, 12 Dispoñibles no apartado 2.2. 13 Tres millóns dende o 2008, aproximadamente.
c Venancio Serrano Lorenzo 23 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Países Baixos e a República Checa. Non sorprende, debido ao argumentado en anteriores apartados, que os países do leste conten cunha taxa AROPE superiores nalgúns casos ao 30%. Mapa 1. AROPE (%) nos países da Unión Europea (2017) Fonte: Elaboración propia a partir do Eurostat (EU-SILC). Se comparamos a evolución de Galicia respecto á da UE-28, a Eurozona e España, atopamos diferenzas salientables, reflexadas na gráfica 1. Entre os anos 2008 e 2011, que se consideran anos de forte impacto da crise económica, a taxa galega diminúe en catro puntos porcentuais (un comportamento claramente diferente ao resto). Tamén sorprende o importante aumento que sufriu a taxa AROPE en Galicia no ano 2015, cando se observa que foi un ano de baixadas xeneralizadas tanto no Estado español como no ámbito europeo. Destacaremos que nos últimos anos está converxendo a taxa da UE-28 coa da Eurozona, ás que se uniu Galicia no 2017. Nese último ano dispoñible, as tres taxas son similares (na contorna do 22%); todo o contrario que España, que se atopa moi por encima das taxas comunitarias (superando o 26%).
c Venancio Serrano Lorenzo 24 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Gráfica 1. Evolución da AROPE (%) na UE-28, Eurozona-19, España e Galicia (2008-2017) Fonte: Elaboración propia a partir do Eurostat (EU-SILC). 3.2 Galicia no contexto estatal Neste apartado, ademais de analizar as tres compoñentes da taxa AROPE, estudaranse as unidades territoriais NUTS (Nomenclature of Territorial Units for Statistics) 1 e 2. No caso español, NUTS 1 correspóndese ás rexións do Noroeste, Nordés, Comunidade de Madrid, Centro, Este, Sur e Canarias. As comunidades autónomas (CC.AA.) están representadas en NUTS 2. 3.2.1 Taxa AROPE Centrándonos no territorio español, na táboa 6 achéganse as diferentes taxas AROPE desagregadas por NUTS 1 e NUTS 2 do Estado español para o período 2008-2017. Ademais, engádese a taxa de variación relativa da AROPE do ano 2017 sobre o 2008, así como a taxa de variación relativa de cada NUTS 1 e NUTS 2 sobre o total español para o ano 2017. O cálculo destas taxas permiten visualizar máis facilmente a variación da pobreza no conxunto do período, así como a situación relativa da pobreza en cada unha das NUTS con respecto ó total estatal.
c Venancio Serrano Lorenzo 25 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Táboa 6. Evolución da AROPE (%) nas NUTS 1 e NUTS 2 españolas (2008-2017) Columna1 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 Tx. var. 2017 s./2008 Tx. var. NUTS s./ ESP (2017) ESPAÑA (ESP) 23,8 24,7 26,1 26,7 27,2 27,3 29,2 28,6 27,9 26,6 11,8% Noroeste 23,0 22,2 21,2 21,1 24,0 23,9 24,2 24,6 23,6 21,0 -8,7% -21,1% AST - Principado de Asturias 19,5 18,8 16,5 20,4 24,5 21,8 23,4 24,2 18,5 17,2 -11,8% -35,3% CAN - Cantabria 19,9 17,3 22,5 23,0 24,1 25,3 27,4 20,4 24,6 20,5 3,0% -22,9% GAL - Galicia 25,1 24,6 22,7 21,0 23,8 24,3 23,8 25,7 25,4 22,6 -10,0% -15,0% Nordés 14,5 13,9 17,1 18,5 17,5 17,7 17,2 17,3 16,4 14,7 1,4% -44,7% ARA - Aragón 17,1 12,6 17,5 18,6 18,4 19,8 20,7 17,7 18,7 15,8 -7,6% -40,6% EUS - Euskadi 13,9 14,8 16,3 18,9 17,7 16,8 15,3 17,6 15,9 14,5 4,3% -45,5% NAV - Comunidad Foral de Navarra 8,6 10,4 13,8 13,1 12,0 14,5 14,5 13,0 13,0 13,5 57,0% -49,2% LRI - La Rioja 19,6 19,5 27,3 26,1 22,6 22,2 20,1 22,1 17,4 14,4 -26,5% -45,9% Comunidad de Madrid 19,3 19,6 19,3 18,6 19,8 20,1 19,2 20,5 21,7 20,6 6,7% -22,6% CMA - Comunidad de Madrid 19,3 19,6 19,3 18,6 19,8 20,1 19,2 20,5 21,7 20,6 6,7% -22,6% Centro 27,3 27,0 30,1 29,7 28,7 29,6 32,7 30,6 31,0 29,2 7,0% 9,8% CyL - Castilla y León 21,4 22,1 23,8 22,3 20,4 20,8 26,1 23,3 23,2 18,4 -14,0% -30,8% CLM - Castilla-la Mancha 28,8 28,6 32,3 35,3 35,1 36,7 36,9 36,7 37,9 33,9 17,7% 27,4% EXT - Extremadura 37,9 35,4 40,3 36,0 35,2 36,1 39,8 35,2 35,8 44,3 16,9% 66,5% Leste 20,7 22,2 23,9 24,3 25,7 25,0 26,7 25,1 22,6 24,2 16,9% -9,0% BAL - Illes Balears 23,6 24,3 26,0 26,7 25,1 27,8 23,8 26,3 19,1 24,7 4,7% -7,1% CAT - Catalunya 15,6 19,0 19,8 21,6 22,6 20,1 21,8 19,8 17,9 19,4 24,4% -27,1% CVA - Comunitat Valenciana 27,5 26,5 29,6 27,9 30,6 31,7 34,7 32,9 30,5 31,3 13,8% 17,7% Sur 31,1 33,4 35,4 37,4 36,2 37,7 42,6 42,4 40,6 36,9 18,6% 38,7% AND - Andalucía 31,6 33,3 35,0 38,4 36,9 38,3 42,3 43,2 41,7 37,3 18,0% 40,2% RMU - Región de Murcia 27,5 33,3 37,5 31,9 33,5 34,1 44,9 38,8 34,8 34,7 26,2% 30,5% CEU - Ciudad Autónoma de Ceuta 43,4 37,3 35,9 33,6 38,4 47,0 47,9 41,7 41,9 35,8 -17,5% 34,6% MEL - Ciudad Autónoma de Melilla 24,6 33,9 35,4 34,7 14,5 31,4 25,8 31,8 29,3 29,4 19,5% 10,5% Canarias 34,8 38,2 35,7 37,8 40,3 35,5 37,0 37,9 44,6 40,2 15,5% 51,1% CAI - Canarias 34,8 38,2 35,7 37,8 40,3 35,5 37,0 37,9 44,6 40,2 15,5% 51,1% Fonte: Elaboración propia a partir do Eurostat (EU-SILC). Galicia queda enmarcada na NUTS 1 “Noroeste”, xunto con Cantabria e Asturias. Obsérvase que a taxa galega é superior á das outras CC.AA. do Noroeste en practicamente todos os períodos considerados. Entre as rexións consideradas, o noroeste peninsular ten a terceira taxa AROPE máis baixa (reducindo a mesma entre o 2008 e o 2017 en dous puntos porcentuais). De feito, foi a única NUTS 1 que reduciu a súa taxa AROPE nese período temporal, xa que no resto de rexións, en maior ou menor medida, produciuse un aumento deste indicador. O exposto anteriormente vese mellor reflexado na gráfica 2, na cal podemos observar tamén a importante diferenza entre a rexión Sur e Canarias co total español. Destacaremos que o Leste, a pesar de ser a rexión que máis aumentou a súa taxa AROPE dende o 2008, continúa a estar por debaixo da española. Porén, o Nordés, a pesar de sufrir un lixeiro aumento, é a rexión española que ten unha menor AROPE con respecto á media estatal (concretamente, un 45% menos).
c Venancio Serrano Lorenzo 32 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Gráfica 6. Evolución da AROPE (%) en Galicia por nivel de estudos (2013-2017) Fonte: Elaboración propia a partir do IGE (EEF). Centrémonos agora na tipoloxía de fogares, representado na táboa 10. Obsérvase que os fogares unipersoais e, sobre todo, os monoparentais son os que contan cunha maior taxa AROPE en Galicia. Neste último caso, chega a superar o 40% entre os anos 2012 e 2014. Aínda que a AROPE adoita calcularse a prezos correntes, debemos ter en conta que a subida de prezos dos bens de primeira necesidade adoitan afectar especialmente ao poder adquisitivo dos fogares con menores ingresos (Troitiño, 2015). Táboa 10. AROPE (%) por tipoloxía de fogar en Galicia (2011-2017) Columna1 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 Sen núcleo 28,8 28,6 24,2 27,2 31,9 26,3 18,3 Unipersoal 29,1 28,8 26,0 23,4 26,6 21,8 24,7 Un núcleo Monoparental 36,0 40,5 40,3 40,3 38,6 35,6 36,5 Parella con fillos 20,9 22,3 21,5 21,7 20,7 19,3 19,5 Parella sen fillos 17,7 16,6 18,0 15,5 16,2 17,2 15,0 Un núcleo e outros 17,7 22,9 21,7 22,2 23,5 18,3 17,9 Varios núcleos 19,8 23,0 21,7 16,2 22,0 14,4 17,3 Fonte: Elaboración propia a partir do IGE (EEF). O comportamento seguido polos diferentes tipos de fogares foi dispar no período considerado. Aínda que a maioría sufriu un leve descenso, tanto os fogares monoparentais como os de un núcleo e máis persoas aumentaron, entre 2011 e 2017, cadansúas AROPE.
c Venancio Serrano Lorenzo 33 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Por último, atendendo á nacionalidade, mentres que a taxa AROPE das persoas con nacionalidade española oscila ó redor do 20%, sen grandes variacións durante o período considerado, a das persoas con nacionalidade estranxeira supera a barreira do 50%, chegando a alcanzar nos anos 2012 e 2013 o 60%. Aínda que esta oscilación pode ser consecuencia dun motivo estatístico (debido á menor mostra deste colectivo), demos destacar que os fluxos migratorios poden provocar un comportamento máis cíclico da AROPE dos estranxeiros. Gradín (2015) sinala que nos últimos tempos se produciu “unha reversión dos fluxos migratorios tras unha etapa na que Galicia estaba a ser inusualmente receptora neta” (p. 14). Gráfica 7. Evolución da AROPE (%) en Galicia por nacionalidade (2011-2017) Fonte: Elaboración propia a partir do IGE (EEF). 3.3.2 Dimensión territorial A análise territorial ten especial relevancia debido a que a poboación galega non se distribúe homoxeneamente, tanto a nivel demográfico como económico (Gradin, 2015), estando especialmente influída polas provincias atlánticas da Coruña e Pontevedra (Corbelle e Troitiño, 2013). No entanto, tal como se destaca en Cantó, Del Río e Gradín (2006), os datos territoriais deben tomarse con moita cautela, principalmente debido á gran variablilidade internanual que presentan.
c Venancio Serrano Lorenzo 34 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Táboa 11. AROPE (%) segundo provincias e áreas galegas (2011-2017) 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 Tx. var. 2011 s./ 2017 Tx. var. s./ GAL (2017) GALICIA 22,1 23,6 22,8 22,1 22,6 20,3 20,3 -8,1% A Coruña 21,5 21,5 22,3 20,0 19,1 18,0 18,7 -13,2% -8,1% A Barbanza-Noia 19,3 21,3 19,6 19,2 16,0 14,7 19,1 -1,1% -5,8% A Coruña Suroriental 23,2 19,8 26,7 20,0 22,3 24,0 16,5 -28,6% -18,5% Área da Coruña 21,4 28,3 28,9 28,5 22,3 19,3 19,7 -8,0% -3,2% Área da Costa da Morte 28,3 28,5 17,8 19,9 21,5 20,8 21,4 -24,5% 5,3% Área de Santiago 14,7 19,1 21,2 17,9 18,0 15,8 14,7 -0,5% -27,8% Ferrol-Eume-Ortegal 23,9 19,9 18,7 18,7 16,2 16,0 19,0 -20,6% -6,6% Lugo 18,1 20,4 18,0 19,2 16,7 16,7 18,1 -0,3% -11,0% A Mariña 23,7 32,5 22,7 28,9 21,2 24,0 13,9 -41,1% -31,3% Lugo Central 15,8 16,5 14,7 20,0 20,4 12,6 19,8 25,4% -2,4% Lugo Oriental 16,2 18,5 15,5 16,9 15,7 16,9 17,4 7,9% -14,2% Lugo Sur 19,8 18,6 22,6 17,5 13,9 13,5 18,3 -7,5% -9,9% Ourense 21,1 24,6 23,1 22,9 23,3 24,5 21,7 2,9% 7,0% Área de Ourense 18,3 29,9 31,0 26,7 29,9 30,4 20,7 13,2% 2,1% O Carballiño-O Ribeiro 26,8 25,4 22,0 21,9 19,7 18,4 25,7 -4,4% 26,4% Ourense Central 18,1 24,6 23,6 30,4 25,6 30,0 15,4 -15,1% -24,2% Ourense Sur 24,5 22,5 20,7 17,6 21,3 21,7 25,2 2,9% 24,0% Pontevedra 24,4 26,9 25,1 25,5 28,5 22,9 22,5 -8,1% 10,6% Área de Pontevedra 21,9 20,5 22,5 18,4 20,5 20,9 27,2 24,5% 34,0% Área de Vigo 21,7 33,1 29,6 33,4 37,2 26,7 19,0 -12,3% -6,3% Caldas-O Salnés 29,3 30,3 22,0 29,0 39,1 25,7 25,9 -11,6% 27,6% O Morrazo 23,0 30,1 25,6 24,2 23,1 22,2 21,2 -8,0% 4,4% Pontevedra Nororiental 13,5 25,1 26,7 23,9 26,4 20,7 16,4 21,6% -19,3% Pontevedra Sur 39,6 25,0 25,0 24,1 25,4 22,2 30,3 -23,6% 49,1% Fonte: Elaboración propia a partir do IGE (EEF). Ao igual que no caso europeo e español, observamos unha diferenza entre as provincias do norte e do sur. Mentres que no norte (sobre todo a provincia de Lugo) están por debaixo do conxunto galego 15 , as provincias do sur superan o 20% de taxa AROPE (sobre todo a provincia pontevedresa, que chegou a estar próxima ao 30% no ano 2015). Todas as provincias galegas reduciron a súa taxa dende o 2011 ó 2017 excepto a provincia de Ourense, que aumentou un 3%. O mapa 3 permite observar dunha maneira máis visual a situación e evolución das diferentes áreas consideradas. A división por áreas comarcais mostra a heteroxeneidade existente no territorio galego que pode pasar inadvertida coa división provincial (Cantó et al., 2006). Mentres que no 2011 había catro zonas que superaban o 26%, no último ano dispoñible só superaban este nivel as áreas de Pontevedra e Pontevedra Sur. Por outra banda, as zonas da costa coruñesa reduciron de maneira importante cadansúas taxas AROPE entre os anos 2011 e 2017. 15 AROPE proporcionada polo IGE.
c Venancio Serrano Lorenzo 35 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Mapa 3. Comparativa da AROPE (%) por áreas galegas (2011 e 2017) Fonte: Elaboración propia a partir do IGE (EEF). No entanto, insistimos que estes datos deben tomarse de maneira cautelosa xa que se observan grandes variabilidades dun ano a outro. Como exemplo extremo, citaremos o caso de Ourense Central, que pasa dun 30% no 2016 até un 15,4% no ano 2017. Por último, se atendemos ao tipo de municipios segundo poboación (táboa 12), obsérvase polo xeral que os municipios que contan con máis habitantes son os sofren menores AROPE. No entanto, estudos como os de Corbelle e Troitiño (2013) sinalan que nos municipios pequenos preséntanse indicadores de desigualdade máis baixos que nas sete cidades galegas (correspondente aos concellos de máis de 50.000 habitantes). Debemos ter en conta que as sete cidades galegas concentran aproximadamente, segundo o Padrón municipal de habitantes de 2018 (INE, 2019c), ao 35% da poboación galega. Polo tanto, a súa influencia á hora de determinar a taxa AROPE galega é elevada. Táboa 12. AROPE (%) segundo habitantes e cidades galegas (2011-2017) 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 Menos de 10.000 habitantes 23,7 24,5 23,1 24,1 21,8 20,5 21,7 Entre 10.000 e 20.000 habitantes 22,9 28,9 23,6 23,7 27,8 19,1 22,3 Entre 20.000 e 50.000 habitantes 23,9 23,1 23,8 20,9 22,1 23,4 17,8 Máis de 50.000 habitantes 19,4 20,4 21,8 20,2 21,0 19,5 19,4 Concello da Coruña 17,6 19,1 22,4 19,2 17,2 17,4 21,2 Concello de Ferrol 22,1 23,0 25,8 25,9 22,5 23,4 22,2 Concello de Lugo 13,9 17,7 14,5 16,0 15,4 17,3 23,2 Concello de Ourense 17,9 23,2 20,4 19,5 23,1 22,4 19,6 Concello de Pontevedra 24,6 20,6 23,0 20,1 25,0 16,7 22,7 Concello de Santiago de Compostela 16,2 18,7 18,0 17,5 16,6 14,7 12,5 Concello de Vigo 22,1 21,2 24,2 22,2 25,2 22,3 17,2 Fonte: Elaboración propia a partir do IGE (EEF).
c Venancio Serrano Lorenzo 36 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Conclusións, limitacións e ampliacións Unha boa planificación estratéxica é vital para a consecución de obxectivos. No entanto, a planificación ten que vir acompañada de implicación e compromisos explícitos por parte dos axentes implicados, así como de datos e indicadores que permitan facer seguimento dos obxectivos propostos. O traballo das pasadas décadas, que supuxo un importante avance na medición da pobreza, desembocou na implantación da taxa AROPE como indicador multidimensional. Puidemos comprobar que tanto as estratexias precedentes como a actual están lonxe de conseguir unha redución efectiva e clara da lacra da pobreza. Tanto o obxectivo pobreza da EU2020 para a Unión Europea e para España dificilmente se cumprirán. No caso europeo, a poboación AROPE 16 reduciuse en tres millóns de persoas con respecto ó 2008, mentres que para o caso español, esta aumentou incluso en 1,45 millóns. No apartado analítico, puidemos analizar a situación da pobreza galega utilizando o indicador de referencia. Destacaremos que o indicador galego foi, durante os períodos considerados, sistematicamente inferior á media española, seguindo a tendencia das comunidades autónomas do seu redor e do conxunto da UE. Comprobouse que a taxa de risco de pobreza exerce unha importante influencia no resultado final da AROPE e que a BILF aumentou de maneira considerable nos principais anos da crise económica. Extraemos interesantes resultados para o caso galego, como a xeneralizada maior taxa AROPE masculina que feminina e a especial incidencia da AROPE na poboación moza, nos cidadáns que teñen a primeira etapa de educación secundaria e nos fogares monoparentais e unipersoais. Ademais, tamén se comprobou que, ao igual que no nivel europeo e español, localízanse as maiores AROPE na zona sur de Galicia. Ademais, sinalouse que os cidadáns con nacionalidade española e nos municipios con máis habitantes sufrían menores AROPE. 16 Datos do ano 2017.
c Venancio Serrano Lorenzo 37 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza En canto á caracterización da pobreza galega, atopámonos coa limitación da comparación de resultados entre a ECV e a EEF. Ademais, os datos da EEF non permiten realizar unha segmentación segundo as compoñentes da AROPE, polo que sería un campo a estudar en vindeiras investigacións. No estudo por áreas, sinalouse que se debe ter cautela sobre os datos da dimensión territorial debido á gran variablidade interanual observada. Non dispoñemos dos tamaños mostrais da EEF por áreas, polo que consideramos recomendable realizar un estudo sobre a significatividade estatística dos resultados para as áreas galegas. Débese analizar se as variacións bruscas que experiementan algunhas áreas poden ser reais ou se se poden deber a que o tamaño mostral da EEF repartido por áreas é insuficiente, entre outros motivos. Aínda que este traballo centrouse exclusivamente na taxa AROPE, sería interesante en vindeiras investigacións conxugar esta taxa con outros indicadores que reflexen a pobreza ou exclusión social, e inclusive empregar dimensións adicionais ás que se empregan na AROPE. En termos políticos, tamén sería interesante profundizar sobre factores causantes da pobreza para así poder programar políticas que ataquen esta lacra social. Neste sentido, recomendamos traballar en transladar os diferentes obxectivos estatais ás diferentes NUTS 1 e 2, se ben a variada organización territorial dos Estados membros da UE pode supoñer unha importante limitación.
c Venancio Serrano Lorenzo 38 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Bibliografía Arriola, J. (2014). La estrategia de la Unión Europea de lucha contra la pobreza. Documento de traballo 8.2 do VII Informe FOESSA. Recuperado de <https://www.foessa2014.es/ informe/uploaded/documentos_trabajo/15102014153144_3895.pdf>. Cantó, O., Del Río, C. e Gradín, C. (2006). La desigualdad de la renta en Galicia. Análisis territorial de la desigualdad y la pobreza. Santiago de Compostela: CIEF. Fundación Caixa Galicia. Cerviño, E. (2016). La política europea contra la pobreza y la exclusión social: avances y retos. CAUCES, 32, 31-41. Chahin, A., Lorenzo, F. e Renes, V. (2007). Cuaderno Europeo 4. Poniendo en práctica la Estrategia Europea para la Inclusión Social. Del plano europeo al plano local. Recuperado de <https://www.fresnoconsulting.es/upload/14/24/10_Cuaderno_Europ eo_4.pdf>. Comisión de las Comunidades Europeas (1995). Informe final sobre la aplicación del programa comunitario para la integración económica y social de los grupos menos favorecidos "Pobreza 3" (1989-1994). (COM(95) 94 final). Recuperado de <http://eur-lex.europa. eu/legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:51995DC0094&qid=1553196703171&from= ES>. Comisión de las Comunidades Europeas (2003). Informe conjunto sobre la inclusión social en el que se resumen los resultados del examen de los planes nacionales de acción en favor de la inclusión social (2003-2005). (COM(2003)773 final). Recuperado de <https://eurlex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=COM:2003:0773:FIN:ES: PDF>. Comisión Europea (2010). Europa 2020. Una Estrategia para un crecimiento inteligente, sostenible e integrador. (COM(2010) 2020). Recuperado de <https://eur-lex.europa.eu /legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:52010DC2020&from=ES>.
c Venancio Serrano Lorenzo 39 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Communauté Économique Européenne (1957). Traité instituant la Communauté Économique Européenne et documents annexes. Recuperado de <https://eur-lex.eur opa.eu/legal-c ontent/FR/TXT/PDF/?uri=CELEX:11957E/TXT&from=ES>. Consejo de la Unión Europea (2000). Lucha contra la pobreza y la exclusión social. Definición de los objetivos adecuados. (14110/00 SOC 470). Recuperado de <http://ec.europa.eu/em ployment_social/social_inclusion/docs/approb_es.pdf>. Consejo de las Comunidades Europeas (1974). Resolución del consejo de 21 de enero de 1974 relativa a un programa de acción social. Recuperado de <https://eur-lex.europa.eu/ legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:31974Y0212(01)&from=ES>. Consejo Económico y Social (2017). Informe 01/2017. Políticas públicas para combatir la pobreza en España. Madrid: Departamento de publicaciones CES. Consejo Europeo (2000). Conclusiones de la presidencia. Consejo Europeo de Lisboa. 23 y 24 de marzo de 2000. Recuperado de <https://www.consilium.europa.eu/media/21032/cons ejo-europeo-de-lisboa-conclusiones-de-la-presidencia.pdf>. Corbelle, F. e Troitiño, Á. (2013). Desigualdade e pobreza en Galicia nos anos 2007 e 2010. Como se distribúen os efectos da crise? Revista Galega de Economía, 22(extra.), 167200. Council of the European Communities (1975). Council decision of 22 July 1975 concerning a programme of pilot schemes and studies to combat poverty. (75/458/EEC). Recuperado de <https://eur-lex.europa.eu/legal-content/EN/TXT /PDF/?uri=CELEX:31975D0458&fr om=ES>. European Commission (2015). The Paris Protocol – A blueprint for tackling global climate change beyond 2020. Corrigendum. (COM(2015) 81 final/2). Recuperado de <https://eur-lex.europa.eu/resource.html?uri=cellar:1c42ff84-c320-11e4-bbe101aa75 ed71a1.0 001.02/DOC_1&format=PDF>. Eurostat (2018). Smarter, greener, more inclusive? Indicators to support the Europe 2020 strategy. Luxemburgo: Publications Office of the European Union. Eurostat (2019). Income and Living Conditions. Database [Base de datos]. Recuperado de <https://ec.europa.eu/eurostat/web/income-and-living-conditions/data/database>. Faura, Ú., García, O. e Lafuente, M. (2015). Crisis y evolución regional del indicador AROPE en España. Rect@, 16(2), 91-104. Faura, Ú., García, O. e Lafuente, M. (2016a). Objetivo Europa 2020. La reducción de la pobreza y la exclusión social en España. Papers, 101(4), 503-526. Faura, Ú., García, O. e Lafuente, M. (2016b). Riesgo de pobreza o exclusión social: evolución durante la crisis y perspectiva territorial. REIS, 156, 59-76. Frazer, H., Guio, A.C., Marlier, E., Vanhercke, B. e Ward, T. (2014). Putting the fight against poverty and social exclusion at the heart of the EU agenda: A contribution to the MiTerm Review of the Europe 2020 Strategy. OSE Paper Series, 15.
c Venancio Serrano Lorenzo 40 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza García, X., Sánchez, P. e Vaamonde, A. (2007). A pobreza en Galicia. Medición a través do equipamento dos fogares. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións. Gradín, C. (2015). A situación actual da desigualdade, a pobreza e a exclusión social en Galicia. Cadernos, 4, 11-27. Instituto Galego de Estatística (2018). Enquisa estrutural a fogares: Metodoloxía. Recuperado de <https://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/metodoloxias/met_EEF_2018_gl.pdf>. Instituto Galego de Estatística (2019). Enquisa estrutural a fogares. Cohesión social [Base de datos]. Recuperado de <http://ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma =gl&codigo=0205002&num_pag=11>. Instituto Nacional de Estadística (2019a). Encuesta de condiciones de vida. Base 2013 – Año 2017 [Base de datos]. Recuperado de <http://ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion. htm?c=Estadistica_C&cid=1254736176807&menu=ultiDatos&idp=1254735976608>. Instituto Nacional de Estadística (2019b). Encuesta de Condiciones de Vida: Metodología. Recuperado de <http://www.ine.es/daco/daco42/condivi/ecv_metodo.pdf>. Instituto Nacional de Estadística (2019c). Padrón municipal de habitantes [Base de datos]. Recuperado de <http://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/categoria.htm?c=Estadistica_ P&cid=1254734710990>. Laparra, M. (2010). El impacto de la crisis en la cohesión social o el surf de los hogares españoles en el modelo de integración de la sociedad líquida. Documentación Social, 158, 97-130. Llano, J.C. (2018). El estado de la pobreza. Seguimiento del indicador de pobreza y exclusión social en España 2008-2017 (8º Informe). Recuperado de <https://www.eapn.es/estad odepobreza/ARCHIVO/documentos/Informe_AROPE_2018.pdf>. Lois, R., Feal, A. e Paül, V. (2013). La dimensión territorial de la Estrategia Europa 2020: Las reguiones europeas en la senda oficial para salir de la crisis. Ería, 93, 211-242. Martínez, R. e Navarro, C. (2014). Pobreza y privación: Tendencias y determinantes. Documento de traballo 2.2. do VII Informe FOESSA. Recuperado de <https://www. foessa2014.es/informe/uploaded/documentos_trabajo/15102014141427_415.pdf>. Ministerio de Economía y Empresa (2019). Programa Nacional de Reformas de España 2019. Recuperado de <http://www.mineco.gob.es/stfls/mineco/prensa/ficheros/noticias/ 2018/PNR2019.pdf>. Montes, X. (2007). A pobreza e a marxinación en Galicia. Claridade, 4, 19-26. Nolan, B. e Whelan, C. (2011). The EU 2020 Poverty Target. GINI Discussion Paper, 19. Roldán, E. (1992). El observatorio de la CE sobre a exclusión social y los servicios sociales. Cuadernos de Trabajo Social, 4-5, 307-316. Townsend, P. B. (1979). Poverty in the United Kingdom: A survey of household resources and standard of living. Harmondsworth: Penguin Books.
c Venancio Serrano Lorenzo 41 Estratexia Europa 2020: Obxectivo pobreza Troitiño, Á. (2000). Desigualdade e benestar en termos de distribución persoal da renda. A situación galega no marco do Estado. Revista Galega de Economía, 9(2), 199-228. Troitiño, Á. (2007). Reflexións sobre a medición da pobreza: conceptos, resultados e actuacións. Claridade, 4, 33-44. Troitiño, Á. (2015). A pobreza e a súa medición: renda, prezos e desigualdade. Cadernos, 4, 5-10.