scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Imaxes do vencido: María Zambrano e Rafael Dieste

Leyra Fernández-Labandera, María del Mar

Abstract

O presente estudo aborda as figuras do vencido nas obras de María Zambrano e Rafael Dieste como enclave privilexiado onde nace un novo concepto de razón. A investigación artéllase en tres capítulos nos que se analizan aspectos como as coordenadas culturais e políticas da II República na obra de ambos dous autores. A contorna da revista Hora de España ou o servizo activo nas Misións pedagóxicas son algunhas das achegas. Por outra banda, o concepto de pobo será estudado como conca pola que discorren as imaxes do vencido. Traballamos asemade obras de xuventude por seren xermolos e alicerces dos protagonistas do vencido. Facendo fincapé nas figuras femininas, as vencidas, as protagonistas máis salientables nas súas producións. En definitiva, a razón que subxace nas obras dos autores exiliados pertence a suxeitos reiteradamente esquecidos e silenciados na historia. Con eles recóllese a voz dun novo discurso a través do dicir poético.

Full text

ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA USC María del Mar Leyra Fernández-Labandera Tese de doutoramento Imaxes do vencido: María Zambrano e Rafael Dieste Santiago de Compostela, 2023 Programa de Doutoramento en Filosofía TESE DE DOUTORAMENTO IMAXES DO VENCIDO: MARÍA ZAMBRANO E RAFAEL DIESTE María del Mar Leyra Fernández-Labandera ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PROGRAMA DE DOUTORAMENTO EN FILOSOFÍA SANTIAGO DE COMPOSTELA 2023 5 AGRADECEMENTOS A miña investigación foi adiada constantemente por circunstancias persoais que as miñas directoras de tese, María Xosé Agra Romero e Rosa Rius Gatell, souberon entender cunha paciencia infinita, estoica diría. A elas debo moito máis ca dirección deste traballo de investigación. Xenerosidade, compromiso e amizade, son só algunhas das palabras que me suxiren estas enormes mulleres. Semella escasa a palabra gratitude nesta colaboración de anos e anos sen fendas. Aprecio o traballo de todas aquelas persoas que compoñen o tribunal e o da titora de tese, Nieves Herrero, pola lectura do texto e o esforzo engadido daqueles, como a miña directora Rosa Rius Gatell, que partiron do atranco da tradución. Tampouco esquecerei ao meu director do T.I.T., o medievalista, César Raña Dafonte, por desgraza xa falecido, con quen comecei a miña andaina como investigadora. Etapa na que tiven a sorte de ser apoiada con gran cantidade de material grazas á xenerosidade da Fundación María Zambrano, con Juan Fernando Ortega como director. Grazas á obra de María Zambrano e Rafael Dieste puiden mergullarme nun espazo intelectual privilexiado e desfrutar de cada achega; de cada latexo, inquedanza ou reflexión. María Zambrano nunha carta a Rafael Dieste afirma estar colonizada pola súa ausencia. É doado sentir o meu horizonte mental colonizado polos seus textos ate familiarizarme coa súa vibración. As súas obras, coma todas as grandes creacións, transforma a paisaxe intelectual de quen decide asomarse primeiro e introducirse despois, paseniño, coa timidez que produce todo o marabilloso. Vaia por eles algunhas das miñas primeiras palabras de gratitude. E con eles, estendelo aos republicanos, aos vencidos por unha guerra que nunca deixará de demandar xustiza. Nunha carta de Otero Espasandín a Dieste (Norwich, 28 de xullo do 39) narra un episodio que ten unha estreita relación co meu interese pola tradición republicana. Narra 6 que acaba de fuxir a Francia o alcalde republicano de El Ferrol (nome da miña vila natal nesta época). Evadido o día antes da súa errada execución, no 37. Escapado aos montes de Ferrol como meu avó paterno Leyra Dominguez, entre outros. Meu bisavó materno Luís Pérez Carballa, non tivo a mesma sorte. Tras un consello de guerra foi fusilado o 15 de marzo do 37 na Punta do Martelo do Arsenal militar de Ferrol, preto do peirao. Espazo constantemente lembrado polo meu pai nos nosos paseos, e agora por min cada día que o arrecendo do mar se mestura coa fonda dor dun ser que non coñecín e sen embargo está presente na miña memoria emocional, no meu ADN. A dor dos vencidos, o sangue vertido desde unha perspectiva da xustiza amargamente operativa durante os anos do franquismo movéronme a realizar este traballo. Vaia por todos eles tamén. Luís Perez Carballa meu bisavó, era republicano, masón, galeguista, membro das Irmandades da Fala. Trala sublevación de Franco escribe unha carta ao ministro de Marina, José Girald y Pedreira, o 18 de xullo de 1936 ofrecéndo sen fendas a súa adhesión á Republica. A carta foi confiscada e tras un consello de guerra como dicía anteriormente, sen apoios, e rodeado polo terror dos fusilamentos, foi asasinado. O Novo Estado condénao á pena capital por ser “un mal español”. Deixando muller e oito fillos en desamparo absoluto. Aos meus avós, pertencentes á xeración dos vencidos da guerra do 36, ao meu avó Xosé Leyra Dominguez, con quen partillei desde nena sobre todos os elementos que me levaron ao meu traballo no ensino e a coñecer a nosa terrible historia recente. No esquecerei a tristura do seu rostro asociada aos seus comentarios sobre a violencia da ditadura franquista. Ás miñas avoas, Rosa e Fina, que levaron o loito e a represión durante unha longa etapa vital. E, por suposto, aos meus pais, José Manuel e Rosa, que posibilitaron todo o que para ben ou para mal son. Ao amor dos meus fillos, Fernando e Celia, que a pesar de ser un dos elementos que frearon o meu traballo, o meu teito de cristal, tamén souberon reclamar o seu remate. Aos meus irmáns, Rosa, Ana, José, Fernando e Elena, algúns moi preocupados pola miña investigación mil veces adiada e a súa eterna pregunta: cando rematarás? A compañeiros de traballo e amigos, imposible nomealos a todos e a todas. Seguramente cometería algún acto de inxustiza pola fraxilidade da memoria cando tratamos de recoller un abano moi amplo situado nun tamén dilatado tempo. Apelarei as 7 miñas compañeiras e amigas do meu primeiro traballo como profesora, na Coruña, no Liceo La Paz. A tantos outros compañeiros e amigos de anos percorrendo institutos como profesora substituta por toda Galicia, como Susana Barcia. E hoxe, a aqueles que me acompañan no IES de Ames, Xosé Antón López Silva, Suleyman Matos, Lila Beatriz Mosquera, por citar aos máis achegados. A outros compañeiros que comezaron a miña andaina nos cursos do doutoramento como Saleta de Salvador, Mario Losada ou Josegry Pena. Moitos deles axudáronme con traducións, lecturas e atinadas reflexións que nutriron a miña investigación. Ao meu amigo David Souto Alcalde, sempre aguilloando o meu maxín. En fin, listados que sempre requiren puntos suspensivos. Obrigada lembranza ao meu finado compañeiro, Elixio Villaverde García, con quen compartín moitas lecturas, exposicións e relatos de primeira man sobre grandes exiliados no México de Lázaro Cárdenas. Posibilitándome coñecer a descendentes de senlleiros exiliados. Así como algúns cadros de pintores transterrados; Arturo Souto, Antonio Rodríguez Luna, ou o amigo mexicano de María Zambrano, Juan Soriano. De Souto podo contemplar cada día as mulleres de terra das que Zambrano falaba a Dieste, cadros que recibín entre as herdanzas trala súa morte. Estas son outras das miñas conexións emocionais coa xeración do touro. A miña gratitude a José Antonio Lopo Bustelo por tantos días de apoio incondicional e por representar ao mundo traballador e loitador de Calo. Sendo así, foi quen de presentarme ao sobriño do coronel Lister, Eduardo Liste Carro, partillar, coñecer anécdotas, aquelas do momento de encontro co seu tío en Checoslovaquia entre outras, e compartir lecturas biográficas. En definitiva, esta é unha obra de memoria e tamén de esperanza. Recoller un legado altamente sensible convida a ensanchar as expectativas do humano, reconciliarse co mellor. Nas vangardas ou nas retagardas, sempre agradecerei a esta xeración ser o referente moral do que para min é o ser humano exercendo sen mediacións a súa dignidade. 9 ÍNDICE XERAL ÍNDICE COMPLEMENTARIO ......................................................................................... 15 LISTA DE SIGLAS ............................................................................................................ 17 RESUMO ............................................................................................................................ 21 OBXECTIVOS E HIPÓTESES .......................................................................................... 23 1) Hipótese principal .................................................................................................... 23 2) Hipótese subordinada ............................................................................................... 23 Obxectivos .................................................................................................................... 23 METODOLOXÍA ................................................................................................................ 25 RESULTADOS PREVISTOS ............................................................................................. 27 INTRODUCIÓN ................................................................................................................. 29 Un par de apuntamentos bibliográficos sobre o dinamismo das escritas de Zambrano e Dieste ....................................................................................................................... 33 I. ZAMBRANO E DIESTE: UNHA AMIZADE NA “HORA DE ESPAÑA” ................. 41 1. Uns xograres de rara especie. As Misións Pedagóxicas .......................................... 44 2. A Hora de España, a eclosión da “constelación alma” ............................................ 49 3. A piedade, unha maneira de tratar co “outro” ......................................................... 56 4. A terra, o vencido, como elemento da razón poética ............................................... 62 17 LISTA DE SIGLAS María Zambrano A De la Aurora, Turner, Madrid, 1986. AE La agonía de Europa, Trotta, Madrid, 2000. ALP Algunos lugares de la pintura, Espasa-Calpe, Madrid, 1989. ALPO Algunos lugares de la poesía, Trotta, Madrid, 2007. ASR Andalucía sueño y realidad, Biblioteca de la cultura andaluza, Motril (Granada), 1984. B Los bienaventurados, Siruela, Madrid, 2003. CB Claros del bosque, Seix Barral, Barcelona,1990. CDP Cartas de la Pièce (Correspondencia con Agustín Andreu), Pre-Textos, Valencia, 2002. CE “Carta sobre el exilio”, Jesús Moreno Sanz (ed.). La razón en la sombra, Antología crítica, Siruela, Madrid, 2004 . CGL La confesión, género literario, Siruela, Madrid, 2004. CI Cartas inéditas (a Gregorio del Campo). María Fernanda Santiago Bolaños (ed.), Linteo, Ourense, 2012. CR Cervantes (Ensayos de crítica literaria), Enrique Baena (ed.), Biblioteca de autores malagueños contemporáneos, nº 4, Málaga, 2005. CSZ Correspondencia Simons/Zambrano, Fugaz, Madrid, 1995. DD Delirio y destino (Los veinte años de una española), Mondadori, Madrid, 1989. EG La España de Galdós, Endymion, Madrid, 1989. ESV España sueño y verdad, Diario Público, Barcelona, 2010. 18 EEM “Eloísa o la existencia de la mujer”, Sur, Buenos Aires, 1945, nº 124, pp. 79-87. FP Filosofía y poesía, Madrid, FCE, Madrid, 2001. HL Horizonte del liberalismo, Morata, Madrid, 1996. HSA Hacia un saber sobre el alma, Alianza, Madrid, 2002. HD El hombre y lo divino, FCE, Madrid, 2007. IS Islas, Verbum, Madrid, 2007. MCM “La mujer de la cultura medioeval”, conferencia, 19 de marzo de 1940, Ultra, nº 45, pp. 275-278.. NM Notas de un método, Mondadori, Madrid, 1989. PO Poemas, Javier Sánchez Méndez (ed.), La Isla de Siltolá, Sevilla, 2018. PD Persona y democracia. La historia sacrificial, Anthropos, Barcelona, 1988. PR Las palabras del regreso (Artículos periodísticos, 1985-1990), Mercedes Gómez Blesa (ed.), Amarú, Salamanca, 1995. PVE Pensamiento y poesía en la vida española, Biblioteca Nueva, Madrid, 2004. S Senderos, Anthropos, Barcelona, 1986. SC El sueño creador, Turner, Madrid, 1986. SE Séneca, Siruela, Madrid, 2002. SIE “La salvación del individuo en Espinoza”, Cuadenos de la Facultad de Filosofía y Letras, nº 3, 1936, pp. 7-20. SPL Sueños y procesos de Lucrecia de León, Prólogo: María Zambrano, Comentarios: Edison Simons, Estudio Histórico y notas: Juan Blazquez Miguel, Tecnos, 1987, Madrid. ST Los sueños y el tiempo, Siruela, Madrid, 2004. TA a “La Tumba de Antígona”, Senderos, Anthropos, Barcelona, 1986, pp. 200-265. TA La tumba de Antígona y otros textos sobre el personaje trágico, Virginia Trueba Mira (ed.), Cátedra, Madrid, 2012. 19 Rafael Dieste AFV A fiestra valdeira, IGAEM, Santiago de Compostela, 1995. ATC Antre a terra e o ceo. Prosas da mocedade. 1925-1927, Do Castro, Sada, A Coruña, 1981. DAT Dos arquivos do trasno, Galaxia, Vigo, 1998. EAE El alma y el espejo, Alianza editorial, Madrid, 1981. EV Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura, edición e limiar de Arturo Casas, Edicións do Castro, Sada, 1990. HFM Historias e invenciones de Félix Muriel, Alianza editorial, Madrid, 1974. OL Obras literarias, Fundación Santander Central Hispano, Madrid, 2006. TCA Textos e Crítica de Arte, A Nosa Terra, Vigo, 1995. TDN La Isla. Tablas de un naufragio, Anthropos, Barcelona, 1985. TH Testimonios y homenajes, Barcelona, Laia, 1983. VFDF Viaxe e Fin de Don Frontán, El Correo Gallego, Biblioteca 114, Vigo, 1991. 21 RESUMO Este traballo pretende abordar as figuras paradigmáticas do vencido -sendo fundamentalmente as mulleres vencidas as protagonistasnas obras de María Zambrano Alarcón e Rafael Dieste Gonçalves como espazo privilexiado no cal abrolla unha nova razón. Desde o eido creativo que ofrece a literatura e a reflexión filosófica veremos espallado un saber que regresa ao humus do pobo como alicerce da nova razón que renega de todo dogmatismo. A nosa investigación vertébrase en tres capítulos. O capítulo inicial servirá para poñer o foco nas coordenadas culturais da II República e a salientable achega dos autores. A revista Hora de España ou as intervencións nas Misiones pedagógicas configuran os fitos nos que Zambrano e Dieste toman contacto e entaboan unha amizade que durará toda a vida. Por outra banda, o concepto de pobo será a canle vehicular das figuras vencidas que van callando nas súas respectivas obras. No segundo capítulo, rescataremos os traballos de xuventude por seren o xermolo do que no terceiro capítulo constitúe a vertente axiolóxica da ontoloxía de Zambrano e Dieste, os protagonistas dos vencidos e as vencidas nas súas producións. Non é un traballo xenérico sobre as obras dos autores exiliados senón un estudo que tenta abrir unha liña de investigación na cal “o vencido” chega a ser o eido da “raíz común” que posúen as súas traxectorias intelectuais. Pódese falar dunha certa comuñón electiva na transmisión das súas visións da realidade. Palabras claves: República, exilio, razón poética, tempo, vencido/a, pobo, Dieste, Zambrano. 23 OBXECTIVOS E HIPÓTESES 1) HIPÓTESE PRINCIPAL María Zambrano e Rafael Dieste empregan imaxes, metáforas e arquetipos como resortes epistémicos que permiten trasladarnos a unha visión do mundo impregnada de matices. A partir delas debuxan unha realidad que acotío permanece nas tebras do coñecemento. É o territorio dos vencidos e as vencidas que, desde espazos limiares, constrúen a Historia. 2) HIPÓTESE SUBORDINADA Entender as traxectorias diversas pero confluentes dos autores exiliados na elección das imaxes, das metáforas e dos arquetipos que servirán para vehicular un pensamento de fonda raíz axiolóxica. OBXECTIVOS Poñer sobre o pano as traxectorias biográficas, por unha banda, e as formas de representación do vencido, pola outra, dos autores exiliados. Estudar os focos que os aproximan e analizar a raíz dos mesmos. Esculcar o calado da tradición á que pertencen ademais da súa entrega e compromiso á causa republicana. 25 METODOLOXÍA Método significa camiño a seguir. Aínda que repetidas veces fálase da carencia do mesmo nas obras dos autores que neste traballo estudamos, indubidablemente aparece. Faino seguindo traxectos emocionais vencellados a unha particular concepción da existencia humana radicada na indixencia, na vulnerabilidade e heteroxeneidade con respecto as outras manifestacións da vida. Seguiremos un método que trate de non extorsionar senón clarificar os nosos obxectivos, tratando de camiñar a carón dos sendeiros que os nosos autores frecuentan. Iremos na procura dos itinerarios biográficos e intelectuais, xunguidos fortemente en cada un dos autores traballados, a través das súas escritas. Traballo que implica o recurso a diferentes e prolíficas producións, manuscritos, cartas, artigos, mencións e libros. Moitas delas foron publicadas en medios e tempos diferentes, alterando deste xeito tanto algúns dos títulos como o groso da publicación. Recorreremos a textos persoais xa que viviron nun tempo no que as relacións epistolares eran frecuentes. Grazas a eles entenderemos os aspectos que gravitan sobre e tecido da súa relación. A prol de comprender o fío das súas traxectorias intentaremos albiscar as vías polas que ambos pensadores reciben e acollen unha tradición. Para este fin, analizaremos as súas achegas no plano político e intelectual. Precisaremos atopar os “mestres” de referencia da súa xeración, así coma a tradición rexeitada. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 32 afastada da mecánica do cronómetro. Cumpre ver froitos e sementes, alterándoos e intercambiándoos, xa que o pasado non deixa de pasar no presente para reorganizalo. A continuación reflexionamos sobre os elementos que ocupan o segundo capítulo: os alicerces formativos e traxectorias. Sen coñecerse, sen acontecementos biográficos comúns, ábrense camiño a partir dos seus primeiros textos, tanto xornalísticos coma doutra índole. Veremos a importancia do espazo público como eixe catalizador das inquedanzas máis fortes e a paixón que transmiten para abordalas. O pulo creativo, o peso axiolóxico, a pegada de certas vertentes culturais, o afastamento doutras, son algunhas das teimas a desenvolver. No derradeiro capítulo, o terceiro, o centro son as figuras, algúns dos arquetipos -imaxes do vencidoelixidos pola autora andaluza e o galego; o que de común, como tentamos defender, presentan estes pensadores. Antígona, Diotima ou Eloísa, por unha banda, representan perfiles do saber somerxido que acontece na razón poética. Lucrecia de León, outra figura amurallada, é traballada a partir de textos inéditos e a correspondencia de María Zambrano cos amigos e colaboradores. A esta última, como figura non estudada en profundidade ate hoxe, dedicarémoslle algo máis de espazo. Con respecto á obra de Rafael Dieste, as personaxes son moito máis fragmentarias pero non por iso menos relevantes. A cerna da miña análise céntrase nas criaturas a medio nacer, as vencidas, as que non gozan do espazo preciso para acabar de ser, agardan nos lindes da cidade. Circundan o humano, posibilitando aos outros a súa existencia. Os vencidos e as vencidas son o armazón do encofrado social; elemento mediador na angueira da transformación da comunidade. Non teñen o recoñecemento para situarse no reino kantiano dos fins. Os autores exiliados ofrecen unha mirada aguda, non cáustica, sobre os pequenos seres feridos polas diferentes esgazaduras da existencia. Esgazaduras que os aproximan ao sentimento que experimentan trala diáspora republicana provocada pola derrota na Guerra Civil e a consecuente proclamación da ditadura franquista. Dáse por descontado que hai moitas obras e aspectos que non se recollen e que serían moi interesantes para futuros afondamentos. A medula deste traballo é a análise das carreiras intelectuais dos autores, o xerminar dunhas obras con características moi peculiares e a afinidade electiva na escolla dos personaxes que atenden ás características do vencido, das vencidas principalmente, e por suposto tamén certas disidencias. No Introdución 33 periplo final das súas traxectorias contémplanse novos elementos de converxencia que aquí tampouco van ser obxecto de estudo, por razóns de acoutamento do meu traballo. É dicir, isto non significa que se desprecen, simplemente apuntamos un horizonte hermenéutico focalizado nas orixes e tamén en certas producións nas que gozan na escolla de arquetipos moi semellantes. Procurarase evidenciar que os traballos de Zambrano e Dieste transmiten de xeito diverso unha mensaxe común: a voz das vítimas rara vez escoitada. As imaxes plásticas, as metáforas e os arquetipos serán quen de amosar o máis deostado e caído. A análise dunhas e non doutras imaxes forma parte dunha mirada orientada cara a enxergar á razón poética a través da procura dos lazos textuais máis senlleiros. Finalmente, engádense unhas liñas da homenaxe de Zambrano ao seu amigo de Rianxo recen finado. Palabras moi emotivas que transmiten a fondura dunha relación máis teórica, pola distancia física constante, que vivencial; pero sen quebras, ao longo das súas axitadas, prolíficas e dilatadas vidas. Co peso sempre compartido dunha historia sacrificial que servirá de canle narrativo. UN PAR DE APUNTAMENTOS BIBLIOGRÁFICOS SOBRE O DINAMISMO DAS ESCRITAS DE ZAMBRANO E DIESTE As vidas dos autores republicanos -traspasadas pola ferida do exiliodiscorren parellas aos respectivos legados bibliográficos. Sementados en diferentes espazos e tempos: artigos, conferencias, clases, entrevistas e libros. Algúns dos textos foron publicados en diversos medios, sendo modificados no contido e mesmo no título. No caso do autor galego tamén debemos apuntar ao emprego tanto do idioma galego coma do castelán, habendo obras traducidas tanto a un coma ao outro. Deste xeito, Zambrano nos distintos países de Europa e América nos que viviu realizou unha tarefa prolixa que non sempre callou en textos publicados, de aí a profusión de manuscritos. A pesar da divulgación nestes últimos anos das Obras Completas (Galaxia Gutenberg), aínda en curso, quedan moitos textos por saír á luz. Obras mecanografadas ou escritas a man, con tachados ou sobrescritos que demandan a súa investigación. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 34 Dieste contou, por outra banda, cunha vida errante e igualmente tocada pola necesidade de escribir como acto creativo e pola non menos importante necesidade de sustento. A compañeira, muller, amiga e fiel custodia do seu legado foi Carmen Muñoz Manzano. Unha muller que coñeceu en Estremadura, terra de procedencia, durante o seu traballo nas Misións Pedagóxicas. Ela, inspectora de ensino, axiña atopou no autor de Rianxo unha conexión que duraría toda a súa vida. Non podemos falar das obras de Rafael Dieste sen apuntar a importancia que tivo o traballo desta muller exemplar na súa existencia e no seu legado. Moitas obras foron ditadas a viva voz mentres ela as recollía en cadernos para a súa posterior publicación. Dieste, sendo meticuloso e perfeccionista, mandáballe queimar algúns destes textos na súa etapa de Bos Aires. Á desobediencia de Carmen Muñoz Manzano debémoslle a conservación de moitas das súas escritas. Tamén sabemos das “ameazas” de José Otero Espasandín para que dera corpo a todos eses contos que profería de viva voz máis non daba chegado o día de seren publicados. 1 No traballo de tese eu tiven que acoutar as coordenadas de estudo para centrarme en certas publicacións coma xa indicara. Non supón desprezo algún doutros volumes nos que certos matices e reflexións varían, mesmo os propios títulos. Os avatares vitais destes autores sitúanos aos investigadores ante moitas alternativas de viaxe, cada unha coas diferentes paisaxes e tempos. Daremos conta deste feito apelando a algúns exemplos. Dos arquivos do trasno publicouse no 1926 en xornais: Galicia e El Pueblo Gallego. 2 Desta volta foron oito os relatos publicados, co subtítulo: contos do monte e do mar (Talleres gráficos El Pueblo Gallego, Vigo, 1926). Na primeira edición inclúense: “En col da morte de Bieito”, “De como se condenou Ramires”, “A lenda da vella Lusca”, “A luz en silencio”, “Historia d’un xoguete”, “O vello moreno”, “O vagamundo”, “O vello que quería ve-lo tren”. Algúns dos contos foran publicados previamente noutros medios: “O vello que quería ve-lo tren” (Charamuscas, abril, 1923 e Galicia, 20-1-1924). No xornal Galicia publicarase “En col a morte de Bieito” (17 de agosto de 1924), “Luz en silencio” (9 de novembro de 1924) e “De cómo se condenou o Ramíres” (14 de setembro 1 José Otero Espasandín, Cuentos que me contó Dieste, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1984, p. 15. 2 Seguimos os datos aportados por Xosé Luís Axeitos, Rafael Dieste. Bibliografía e Cronoloxía, Biblioteca USC, Día das Letras Galegas, Santiago de Compostela, 1995. Introdución 35 de 1924). No diario Faro de Vigo sae o 25 de xullo de 1924 “Elexía do vagamundo”. Este último conto, como vemos, ten certa modificación no seu título. No 1962 xa son vinte os contos que pasan polo prelo de Galaxia. Ademais dos oito contos anteriores (un deles cambiando o título de “A lenda da vella lusca” por “O regreso”), engádense catro publicados en 1927 (Tipografía de Eco, Santiago 1927) en A fiestra valdeira: Comedia de remate ledo, en tres lances, o derradeiro cun respiro: “O neno suicida”, “Na morte de Estreliña”, “Espanto de nenos”, “O grandor do mundo”. Os oito restantes proceden de publicacións diversas: El Pueblo Gallego: “Once mil novecentos vinte e seis” (1 de xaneiro de 1927), “O drama do cabalo d’axedrez” (14 de abril de 1972), “Nova York é noso” (26 de abril de 1927 titulado entón “O fillo do navegante”), “Na ponte de ferro” (28 de xuño de 1927 co título de “Loita e fito”), “O caso dos tres fornos” (25 de maio de 1927), “De cómo veu a Rianxo unha balea” en Rianxo (Sociedad de parroquias unidas del Ayuntamiento de), Bos Aires, 1956, “Un conto de Reis, radiado pola BBC (1 de xaneiro de 1951), a súa primeira publicación aconteceu en Galicia Emigrante, nº 14, (outubro, 1955, pp. 21-22). “O neno suicida”, en Nova Galiza, nº 16, 1938, tras a primeira publicación na edición de A fiestra valeira. Contra o ano 1973 nace unha nova edición, considerada a definitiva, na que cambia o título de “O regreso” por “A volta”. No 1982 unha 1ª edición en Galaxia e unha 4ª no 1994 en Galaxia tamén. En 1989 a Colección Austral publica unha edición bilingüe con prólogo e tradución de César Antonio Molina: De los archivos del trasgo. O tradutor inclúe nesta publicación catro contos publicados na revista quinquenal Correo Literario, nº 4, Bos Aires, I-I- 1944, co título “Cuentos simples: En Galicia y en las nubes”. Con respecto á obra teatral Viaje y fin de don Frontán. Farsa trágica (1930), temos un panorama semellante. Xosé Luís Axeitos en: “Cronoloxía e bibliografía de Rafael Dieste”, Rafael Dieste un creador total, VV.AA., Galaxia, Vigo, 1995, pp. 143-144, cita cinco publicacións da obra, deberíamos engadir ademais a publicación que aparece en castelán en Rafael Dieste obras literarias, Fundación Santander Central Hispano, Madrid, 2006. A última edición correspondeulle á editorial Niké, Santiago de Compostela, cambiando o subtítulo de “farsa trágica” por “tragedia”. Viaje, duelo y perdición -tragedia, MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 36 humorada y comedia-, Atlántida, Bos Aires, 1945. A edición facsimilar desta última, repetindo titulo, en Ediciones Peralta, Madrid, 1979, pp. 7-137. 3 Como vemos, a flutuación nos títulos e contidos, neste par de exemplos, ponnos sobre un escenario que exixe dar conta da edición concreta a estudar. Con respecto á obra da malagueña non parece moi diferente na ardua tarefa de concretar as coordenadas de cada escrita. 4 Los intelectuales en el drama de España y otros escritos de la guerra civil (1936- 1939), es una obra de Zambrano publicada en 1937, Panorama, Santiago de Chile. 5 Nesta edición inclúe dúas partes, na primeira: “La inteligencia y la revolución”, “La inteligencia y el fascismo”, “El fascismo y el intelectual en España”. Na segunda parte: “El intelectual en la guerra de España. Octubre 1934-julio 1936”, “Los intelectuales en la guerra española. II -La inteligencia militante- El mono azul”, “Hora de España”, “Carta al Doctor Marañón”. Posteriormente verá a luz o ensaio engadindo os artigos publicados durante a guerra (quince en total), en Madrid, Hispamerca, 1977. Nesta última publicación aportaba unha presentación da súa propia autoría: “La experiencia de la historia (después de entonces)”, texto reivindicativo da memoria dos vencidos 1979. A continuación: “Un testimonio para Esprit” (Hora de España, Barcelona, XVIII, junio de 1938, pp. 59-63), “La guerra de Antonio Machado” (Hora de España, Valencia, XII, diciembre de 1937, pp. 68-74). Outro 3 Ilustremos isto cos comentarios de Arturo Casas sobre os movementos do ensaio “La vieja piel del mundo”: “En este punto, es pertinente asimismo apuntar algo sobre los regresos de Dieste a su ensayo. Esa práctica, la de volver a los viejos textos para reescribirlos o al menos retocarlos en algún aspecto durante o después del exilio, fue habitual en el escritor. Lo hizo con su prosa narrativa, con sus farsas de guerra, con la poesía, con las piezas teatrales extensas y desde luego con su obra ensayística y teórico-crítica. La vieja piel del mundo había sido redactado en pocas semanas en París en el verano de 1935, tras la participación del autor en el Congreso Internacional de Escritores y poco antes de que se cumpliera el tiempo de la beca concedida a Dieste por la Junta para Ampliación de Estudios a fin de estudiar teatro y escenografía contemporáneos en Bélgica y Francia.” “Filosofía de la historia en la ensayística de Rafael Dieste: la vieja piel del mundo” (1936), Crisis de la Modernidad y Filosofías Ibéricas: X Jornadas Internacionales de Hispanismo Filosófico, Universidade de Santiago de Compostela, José Luis Mora García, Delia Manzanero Fernández, Martín González, Xavier Agenjo Bullón (eds.), USC, 2011, Fundación Ignacio Larramendi. Departamento de Filosofía, USC, Asociación De Hispanismo Filosófico, 2013, p. 99. 4 Ao respecto seguiremos o estudo da Fundación María Zambrano, Palabras de caminante, Bibliografía de y sobre María Zambrano, ed. Centro “María Zambrano”, UNED, Málaga, 2000. 5 María Zambrano, Obras Completas I, Libros (1930-1939), Horizonte del liberalismo, Los intelectuales en el drama de España, Pensamiento y poesía en la vida española, Filosofía y poesía, edición de Jesús Moreno Sanz, con colaboración de Pedro Chacón Fuentes, Mercedes Gómez Blesa, Mariano Rodríguez González y Antolín Sánchez Cuervo, Galaxia Gutenberg, Barcelona, 2015, p. XXV e pp. 861-911. Introdución 37 espacio titulado “Ensayos y notas”, con trece textos redactados durante a guerra, recompilados pola autora: “La reforma del entendimiento”, “El español y su tradición”, “La reforma del entendimiento español”, “Un camino español: Séneca o la resignación”, “Machado y Unamuno, precursores de Heidegger”, “Misericordia”, “Pablo Neruda o el amor a la materia”, “Poesía y revolución (El hombre y el trabajo), de Arturo Serrano Plaja”, “Españoles fuera de España”, “Dos conferencias en La Casa de la Cultura”, “Madrid. Cuadernos de la Casa de la Cultura”, “Las ediciones del ejército del Este”, “San Juan de la Cruz. De la noche obscura a la más clara mística”. 6 En 1986, publícase en Anthropos, Colección Memoria rota-Exilios y heterodoxias, nº 8, Barcelona, 1986, pp. 11-198, Los intelectuales en el drama de España, en Senderos. Zambrano realiza un limiar no 1985, explicando o cambio de título. Aporta a esta publicación La tumba de Antígona (pp. 199-265). A publicación coincide coa do 77 agás: “El intelectual en la guerra de España. Octubre de 1934-julio 1936”, “La inteligencia militante-El Mono Azul” e “Carta al Doctor Marañón”. Jesús Moreno reedita posteriormente este libro, (Trotta, Madrid, 1998), aportando novos artigos e tres cartas. 7 Edición que comeza cunha introdución “De la razón armada a la razón misericordiosa” (pp. 9-41), unha “Cronología (1928-1939)” realizada por Jesús Moreno. Posúe tres partes: A primeira, “Escritos de 1936 previos a la guerra civil”. Esta é totalmente nova e comprende os seguintes textos: “La salvación del individuo en Espinosa”, “Ortega y Gasset universitario” e “Desde entonces”. A segunda parte, “Los intelectuales en el drama de España”, texto do 1977. A terceira parte, “Escritos y notas durante la guerra civil”, inclúe os ensaios da edición de 1977 e outros do 1936-1939. Ademais inclúe, entre outros textos, unha “Carta a Rafael Dieste” (pp. 168-170), unha “Carta a Antonio Machado” (p. 179), e outra “Carta a Rosa Chacel” (pp. 210-212). Remata co texto “Fuentes” onde recolle as primeiras edicións de todos os ensaios. Con respecto ás edicións antolóxicas pódense consultar nas pp. 864-865 das Obras Completas, vol, I. 6 Agás o primeiro artigo, de Atenea, nº 140, Chile, 1937, pp. 115-124; o quinto, publicado en Sur, Buenos Aires, nº 42, marzo do 38, pp. 85-87, e o último, tamén de Sur, Buenos Aires, nº 63, diciembre de 1939, pp. 43-60. Os restantes pertencen a publicacións apuntadas na bibliografía final correspondentes á tarefa articulista de Zambrano en Hora de España. 7 María Zambrano, Obras Completas I, Libros (1930-1939), p. XXV. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 38 A publicación de Los intelectuales en el drama de España y otros escritos de la guerra civil en Obras Completas I, inclúe: “Los intelectuales en el drama de España. Ensayos y notas (1936-1939)”, “Madre España. Homenaje de los poetas chilenos (1937)”, “Federico García Lorca. Antología (1937)”, “Romancero de la guerra civil”. Edición e Presentación de Antolín Sánchez Cuervo. Senderos aparece publicado novamente en OC IV, tomo I, pp. 375-584. 8 Nesta publicación recompílanse os dous libros da edición de 1986: Los intelectuales en el drama de España e La tumba de Antígona. Desaparece a nota biográfica e bibliográfica de 1986 por ser obra da propia editorial e non da autora. A explicación que ofrece Zambrano sobre o cambio de título apela a un contexto emocional diferente ao da obra orixinal (Limiar do 6 de setembro de 1985, Madrid). “Los intelectuales en el drama de España” durante o exilio e “La tumba de Antígona” no Jura francés. A aclaración convida á procura da paz tras tantos anos de exilio e penurias. No “Anejo” (OC IV, p. 884) a Senderos, dalgún xeito xulgase unha certa incongruencia por parte da autora ao prescindir de “parte de su memoria sobre la guerra civil” e, por outra banda, publicar outras escritas na dirección oposta. Dialogar cos textos dos autores desaparecidos exixe unha tarefa hermenéutica dirixida non unicamente aos datos obxectivos a esculcar, pide tamén mergullarnos na memoria emocional que, como todo o humano, é desertora da dirección única. Pasemos a outro segundo exemplo para ilustrar a complexidade das obras da autora malagueña. Afirma Rosa Mascarell que a obra á que máis tempo dedicou (máis de quince anos), é a tamén máis representativa do seu pensamento: Los sueños y el tiempo. 9 A primeira publicación corre a cargo de Siruela contra o ano 1992, xa falecida a filósofa, con limiar de Jesús Moreno. Volvéndose publicar na mesma editorial o ano 1998. Previamente o artigo “I sogni e il tempo” foi recollido polo editor De Luca en Roma, 1960, Quaderni di pensiero e di poesía, nº 1, tradución a cargo de Elena Croce. Vertida tamén ao portugués: “Os sonhos e o tempo”, Lisboa, Relógio D’Água, 1994. 10 Co título “Los sueños y el tiempo” publicouse na revista Diógenes, en setembro de 1957 (en París e en La Habana, nos números 17 e 19 respectivamente en versións francesa, inglesa e castelá), xunto con 8 Tradución. en francés: Sentiers, París, Des Femmes, Paris, 1992. (Palabras de caminante, O. c. p. 70). 9 Rosa Mascarell, Una obra inacabada, Fundación María Zambrano, Vélez-Málaga, 1990. 10 Palabras de caminante, O. c. p. 70. Introdución 39 outros dous artigos formarán parte da obra El sueño creador, Turner, Madrid, 1986. 11 A temática dos soños comeza a ser analizada a partir de 1954, atopando unha vía hermenéutica de primeira orde en planos diversos, individuais e sociopolíticos. Escribe a “Introdución” en decembro do 1957, o capítulo 1º en 1960: “La vida: sueño-vigilia”. Nesta sección axuntase tamén escritas de 1957, 1958 e 1960. No segundo capítulo, “La atemporalidad” escribiuno entre outubro e decembro de 1958, malia retocar as seccións sexta e sétima en xuño de 1967. O terceiro capítulo, “La génesis de los sueños”, data de outubro de 1955. O cuarto, “Sueño y realidad” é de novembro-decembro de 1957, o quinto, “El absoluto de los sueños”, foi concebido entre 1956 e 1957. O desenvolvemento da obra percorre tres grandes períodos: primeiramente os artigos de 1928 ate 1947, o seguinte, parte de 1947 ate a publicación en 1955 de El hombre y lo divino, e por último, desde o 1955 ate o final. 12 O relevante desta obra é o esforzo fragmentario e evolutivo dunha temática que vai aparecer espallada en absolutamente todos os seus libros. De aí a apreciación de Mascarell de ser a obra máis senlleira da autora. Servan estes apuntamento para contextualizar o meu traballo no cal trato de cinguirme a textos moi concretos. Tampouco pretendendo facer unha análise exhaustiva das súas obras senón de centralizar as miñas pescudas na cuestión, que entendo central nos autores trasterrados, “O vencido”. Teima que nos levará a rostros femininos maiormente, aos rostros das vencidas. 11 Seguimos as notas a Los sueños y el tiempo de OC III, O. c., pp. 1376-1419. 12 Pódese comprobar a xenealoxía dos distintos artigos e etapas en OC III, o. c., pp. 1379-1384. 41 I. ZAMBRANO E DIESTE: UNHA AMIZADE NA “HORA DE ESPAÑA” Achegarse a unha relación epistolar allea sempre aporta un plus de curiosidade que engade peso á definición canónica da filosofía. Textos que contribúen a iluminar ás páxinas de finalidade pública. 13 Sen dúbida moitas das cartas que María Zambrano escribe ao longo da súa vida tiñan a vontade explícita de seren publicadas. Isto non semella patente na relación epistolar que establece con Rafael Dieste. Transmite unha frescura, lixeira da presión do foro, na que se mesturan notas biográficas e teses intelectuais. Algunhas tan salientables que chegan a conformar apuntamentos dun pensamento en xestación, anuncios dunha nova interpretación do logos. Por outra banda, as cartas de Rafael Dieste a María Zambrano amósannos a un escritor que tensa o nome do seu oficio. Con elas atopamos títulos de obras e reflexións do autor de Rianxo que nos permiten falar dun pensador con maiúsculas. Ante tal evento a pregunta que compre facerse é obvia, por que é tan descoñecida esta faceta, por que é tan pouco recoñecida. 14 Rafael Dieste é un dos grandes esquecidos no eido filosófico a pesar dos agudos coñecementos sobre o tema reflectidos nas súas páxinas. A través da súa escrita e das cartas conservadas albíscase un pensador sólido, forxado na dureza dos golpes da fragua dunha xeración dificilmente repetible. Nestas liñas tratarase non tanto contabilizar os encontros e a relación epistolar entre Rafael Dieste e María Zambrano como amosar a atmosfera desta amizade. Poñer sobre o 13 Pódese consultar o artigo: María Leyra, “Zambrano Dieste, unha amizade na Hora de España,” Ágora, Papeles de Filosofía, 2004, vol. 33, nº 1, pp. 53-77. 14 Arturo Casas facíase eco desta inquedanza, da ausencia de Rafael Dieste no canon do pensamento español.“Filosofía de la historia en la ensayística de Rafael Dieste”, (X Xornadas Internacionais de Hispanismo Filosófico, Crisis de la modernidad y filosofías ibéricas, 13-15 de abril de 2011, Santiago de Compostela). Notas recollidas por min. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 48 Pero, por outra, eran xente moi nova e crítica co exceso de demanda cultural por parte dos institucionalistas. Pensaban que outras eran as cousas que se precisaban nas aldeas e vilas. Ademais eran un grupo moi especial, moi heteroxéneo -Antonio Sánchez Barbudo, María Zambrano, Eduardo Vicente, Ramón Gaya, Arturo Serrano Plaja, Luis Cernuda, Otero Espasandín, Emilio Azcoaga, Lorenzo Varela, Urbano Lugrís, Miguel Prieto, Antonio Ramos, Cándido Fernández Mazas...- e non reducible a unha mera liña de traballo. Rafael Dieste destaca singularmente as figuras de Cossío e Antonio Machado, moi por enriba, ou na marxe, do ambiente da Institución. O autor de Rianxo recoñece a débeda do grupo con Unamuno e Ortega, aínda que subliña certas disidencias. Incluso fala de certas rebeldías no caso da discípula María Zambrano. Subliña ademais a proximidade do grupo cara a Unamuno, máis tolo, fronte a Ortega, máis consecuente. O espírito dos misioneiros non é, segundo o escritor de Rianxo, de “resaibo arqueolóxico”. Semella que Tuñón de Lara así o percibía, porén o escritor rianxeiro entende que a única arqueoloxía que eles facían era a da sensibilidade e a proximidade. Os misioneiros, adiántanse nalgúns aspectos ao modelo de aprendizaxe significativa. Recitan romances e bailan muiñeiras que a xente do pobo xa coñecía. Nese senso afastábanse do intelectualismo da Institución Libre de Enseñanza (ILE) para achegárense a un modelo de aprendizaxe máis dinámica e democrática na súa estrutura. Os misioneiros non son meros transmisores de cultura, son intérpretes, artistas, que empregan a súa angueira como eixo de transformación social e política. Evidénciao moi claramente no seguinte parágrafo: Nosoutros non lle dixemos nunca ao pobo, nin lle suxerimos de ningunha maneira, que estaban nun baixo nivel de cultura e tiña que elevarse. Sempre lle dixemos que a súa cultura tiña un valor, e que desas formas sinxelas que eles coñecían floreceran grandes manifestacións da música e da poesía española. Pondo un exemplo. Lembro que nunha Misión nos acompañaba un inspector, que non se compenetraba co noso labor e tomaba actitudes moi distantes. Nunha ocasión fixo un discursiño no que apuntaba co dedo dunha maneira feroz cara o público para dicirlles: “ Vós –e cada vez que dicía vós estendía como unha lanza o índice contra deles-, e que non respectades as árbores; vós que non tendes amor á cultura; vós que estades durmidos, a ver se espertades en presenza destes señores...” Entón María Zambrano díxome: “Ben isto botouno a perder este bo home, tes que falar ti, Rafael, non hai mais remedio”. 32 32 Marga Romero, Entrevistas con R. Dieste, Nigra, Vigo, 1994, pp. 119-120. Zambrano e Dieste: unha amizade na “Hora de España” 49 O escritor resolve este atranco revalorizando o saber do pobo gabándoos e engaiolándoos coas súas achegas, a lingua, as cancións. En definitiva, a empresa era de comunicación, de estímulo fundamentalmente. María Zambrano e Rafael Dieste téñeno moi presente como se pode percibir nesta anécdota. Estiman unha nova ruta de transformación, afastada da pedantería e das relacións de poder acotío establecidas cun pobo “pobre e analfabeto”, mais non inculto, como ambos os dous autores recoñecen. 2. A HORA DE ESPAÑA, A ECLOSIÓN DA “CONSTELACIÓN ALMA” O feixe de escritores que conforman este grupo xeracional farán un quebro coa metafísica idealista que caracterizou o pensamento precedente. En palabras de Pedro Cerezo Galán: “Espíritu es comunidad universal de agentes racionales y libres, aunados por vínculos, no de sangre sino de pensamiento objectivo y común [...]. Alguien es espíritu en cuanto participa activamente en esta herencia universal”. 33 Na contorna desta nova maneira de achegarse ao eido espiritual atopamos ao grupo de Hora de España. Comezaremos poñendo o foco na correspondencia entrambos pensadores (1933-1974) para avistar ás pinceladas claves deste bocexo. O correo postal entre os autores é un material indispensable para afondar nesta amizade. Non nos consta que tralo exilio volveran a ter ningún tipo de relación máis aló da epistolar. Nas cartas entre María Zambrano e Rafael Dieste sempre aparece a praxe, como di Dieste, a parcela dos traballos que publican acotío en revistas e xornais. 34 Especial mención cabe das colaboracións en Hora de España. 35 Na reimpresión da revista nos anos 70 podemos ler as palabras de Enrique Montero, “Palabras Previas”, nas que reclama o renacemento deste singular documento de literatura, poesía, ensaio e teatro durante a guerra de España. Iníciase a publicación na España Republicana xa estabilizada e remata ao fío da invasión 33 Pedro Cerezo Galán denomina deste xeito, constelación alma, ao conxunto dos escritores que alumean o ceo español na franxa temporal que vai desde a crise de fin de século ata a guerra civil. P. C. Galán, “Constelación alma. Tiempo, ensueño y vocación”, Actas III Congreso Internacional Sobre La Vida y Obra De María Zambrano: María Zambrano y la “Edad de plata” de la cultura española – Vélez-Málaga, 1998, Fundación María Zambrano, Vélez-Málaga, 2004, p.13. 34 Ambos autores viviron a meirande parte das súas vidas sen ningún honorario fixo. As publicacións e as ganancias coas mesmas era unha das teimas constantes destas cartas. 35 Conta o poeta malagueño Moreno Villa na súa obra Vida en claro: “Unos literatos jóvenes, Gil-Albert, Dieste, Gaya y Barbudo me pidieron que fuese a ver al Director de Propaganda para hacer otra revista…Así se fundó Hora de España, donde tantas cosas buenas publicó Antonio Machado”. Citado por Antón Castro no seu artigo “Recuerdo de Rafael Dieste desde Venezuela”. http://antoncastro.blogia.com. 19/11/2010. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 50 de Cataluña polo exército franquista (Valencia, xaneiro 1937- Barcelona, novembro 1938). Fálase dun derradeiro nº 23 da revista que se cría destruído cando as tropas do xeneral Yagüe irrompen en Barcelona o 25 de xaneiro do 1939. Antonio Sánchez Barbudo viu as probas do artigo de Antonio Machado para o nº 23, posiblemente o último da súa vida, curiosamente dedicado ao seu bo amigo en Segovia, Blas Zambrano, pai da filósofa de Vélez. 36 Todo isto afirmábase antes de que se descubrira o nº 23, finalmente publicado. No mesmo texto sinalado, Enrique Montero relata como a revista foi creada por Antonio Sánchez Barbudo, Rafael Dieste, Manuel Altolaguirre que se encargou da edición, Juan Gil-Albert e o pintor Ramón Gaya, que debuxou as viñetas. A este grupo, que constituía a redacción, engádense en sucesivos números os nomes de: Arturo Serrano Plaja, Ángel Gaos, María Zambrano, Enrique Casal Chapí y José María Quiroga Pla. Un grupo moi novo: por exemplo, Sánchez Barbudo tiña 26 anos ao empezar a guerra, Gil-Albert 25, Dieste 31 anos e Manuel Altolaguirre nacido en 1905 era o máis novo da xeración de Lorca e Alberti. No último número aparece un comité directivo, composto por Rafael Alberti, María Zambrano, José María Quiroga Pla e Emilio Prados en función de secretario. 37 Ademais da pensadora malagueña a publicación conta con outras figuras femininas senlleiras: Blanca Chacel, Rosa Chacel, Ernestina de Champourcín, Concha Méndez, Clemencia Miró, Margarita Nelken, Anna Seghers (nome real: Netty Radvanyi) e Concha Zardoya. A revista conmemora no ano 37 (Vol. 3, pp. 299-309) o nacemento da nosa autora por excelencia, Rosalía de Castro. O estudo introdutorio -“Rosalía de Castro (1837-1937)”- corre a cargo da escritora Ernestina de Champourcín. Recóllense asemade os poemas da escritora galega: “Las campanas”, “Oh gloria, deidad vana...” e “Dicen que no hablan las plantas” (pp. 308-309). Ernestina de Champourcín sinala a falta de tempo e quietude na España da guerra civil, pasando inadvertida a data do centenario rosaliano. Ela reivindica a nosa poetisa polo apoio constante ao pobo, comprendendo as humillacións e penurias. Valora “Cantares gallegos” e “Follas novas” como inconfundibles libros de mujer, destacando que sendo “un escritor femenino” non incorre nos erros doutas mulleres; sen pretensións intelectuais nin ínfulas de talento macho, apunta. Sendo moi significativa esta reflexión e 36 Enrique Montero, “Palabras Previas”, Hora de España. Revista mensual, nº1. Tomo I (Números I-V, Valencia, enero 1937- Mayo 1937). Laia, Barcelona, 1977, p. VII. Tras “35 años largos” -afirma María Zambranopublícase o nº 23. O prólogo corre a cargo da autora, escrito desde La Pìece o 24 de setembro de 1973, Hora de España, Tomo V, O. c., pp. III-XXVIII. Este dato vai ser comentado por Rafael Dieste nunha carta emitida desde Rianxo o 26/10/1973 a unha María Zambrano que acaba de despedir a súa irmá Araceli en La Pièce. Crozet-par-Gex-Ain. Araceli morre o 20 de febreiro do 1972, mais é un ano despois cando a familia dos Dieste coñece a noticia e así o fará saber na devandita carta. 37 Hora de España. Revista mensual, nº1. Tomo I, O. c., p. VII. Zambrano e Dieste: unha amizade na “Hora de España” 51 todo o groso do texto que a acompaña na que a poeta da xeración do 27 amosa unha visión sobre a escrita feminina bastante ilustrativa do que acontecía no tempo de Zambrano. A pesar de non pertencer a muller de Rafael Dieste -Carmen Muñoz Manzanoao grupo Hora de España, gostaríame facer fincapé na relevancia intelectual desta muller. Foi coñecida co pseudónimo de Beatriz Galindo, naceu en Malpartida de Plasencia (Cáceres) o 14 de maio de 1906. Exerceu de mestra de primaria (obtendo o nº 1 nas Oposicións de ingreso á Escola Superior de Maxisterio) do 23 de maio de 1931 ate o 22 de novembro do 1932, cando aproba as oposicións de inspectora de Ensinanza Primaria. Sendo inspectora en Cáceres no 1934 quixo colaborar coa equipa das Misións Pedagóxicas e axiña presentouse voluntaria en Valencia de Alcántara, onde coñecería ao seu compañeiro de vida, Rafael Dieste. Deste pobo afirmará Dieste: “Era éste un pueblo especialmente dotado para estimar valores verbales, descubrir segundas intenciones y fundir en una sola intuición la imagen y la sentencia”. 38 Elemento valorado polo autor de Rianxo tendo en conta que unha das tarefas era a representación teatral. O 3 de setembro do mesmo ano xa eran marido e muller. 39 Solicita unha excedencia voluntaria en outubro de 1935. A partir de aí acompañará a Dieste no seu periplo por Bruxelas, Bruxas, Gante, Lyon e Roma, desfrutando dunha beca da Junta de Ampliación de Estudios. Pasan moitos acontecementos ao estalar a guerra civil que a conducirán ao exilio durante 22 anos. Máis alá de ofrecer detalles da biografía en común co autor galego, imos tentar salientar á muller intelectual que foi. Móvese desde moi nova polos círculos intelectuais de Madrid, preocupase entón polos dereitos das mulleres. Con só 21 anos escribe no xornal El Gladiador un artigo titulado “Mujer”. Recollemos un pequeno fragmento: “Hoy, afortunadamente, hay muchas muchachas que han emprendido valientes el camino de su ‘vida’, y ante las cuales no se presenta como única solución el clásico ‘gancho’. Llenan las oficinas, los talleres y los centros de estudios, elevando el nivel cultural de la mujer que, por consiguiente, está hoy mucho más alto.” 40 Unha reflexión moi achegada á da propia Zambrano. Por outra banda, involucrouse totalmente na causa da República, adheríndose ao Manifiesto de la Alianza de Escritores Antifascistas para la Defensa de la Cultura, xunto a Dieste e Zambrano, entre outros. Colabora en revistas como Nova Galiza. Rematada a guerra, edita a revista Renova Galiza, coa que se pretende recuperar o espírito galeguista do 37. Colabora con Dieste en todos os seus proxectos culturais, en España e no 38 Emilio Oliva Fernández, Carmen Muñoz y su tiempo (1906-2002). Una ilustre y desconocida extremeña, Editora regional de Extremadura, Colección Estudio, Mérida, 2021, p. 36. 39 Ibídem, p. 18. 40 Ibídem, p. 30. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 52 exilio. É a transcritora e arquiveira de grande parte da obra do rianxeiro. Escribiu máis de 500 cartas que forman parte da memoria histórica do legado republicano. Coa súa escrita e o traballo silente a carón do seu home contribuíu a ensanchar a nosa cultura: Carmen Dieste estuvo siempre viviendo en las lindes de la literatura escribiendo (artículos y libros), pero no se atrevió a entrar en ella porque se dedicó en cuerpo y alma a la obra de su marido y sus tentativas quedaron en algunos ensayos de divulgación, dignos y cuidados, y numerosos trabajos por entrega bajo el pseudónimo de Beatriz Galindo que se editaron en circunstancias difíciles. 41 No exilio en Bos Aires realiza traballos, xunto co seu home, na editorial Atlántida: revisións de libros, traducións e algunha conferencia como a adicada a Dulcinea. Publica o libro La Edad Media (Atlántida, Bos Aires, 1945). Frecuenta o faladoiro do café Tortoni, espazo no cal moitos exiliados, ate 1947 coa chegada de Perón, tiveran o seu espazo de intercambio intelectual. En Cambridge (1951-1953) Rafael é contratado como lector de español. Carmen impartirá en ese momento unha conferencia sobre “Trabajos y fiestas del pueblo español” , centrada en lembranzas e datos antropolóxicos da súa terra. 42 O 21 de agosto de 1961 regresarán do exilio. É unha época de apuros económicos no ámbito familiar e a nivel intelectual Carmen proxecta unha obra sobre Juana de Arco. No 1964 regresa ao corpo de inspectora de primaria. Contra os anos 1968 e 1969 logra achegarse á zona de Rianxo como inspectora, abarcando: Boiro, Pobra do Caramiñal, Dodro, Padrón e Rianxo. Nesta época chega a pensar que na súa vida puido ter feito outros mesteres pero: “Por mi parte, no he tenido otra meta más importante que la de apoyar a Rafael en todo lo que pudiese o quisiese hacer. Los frutos de mi dedicación y la compañía de Rafael son para mí una recompensa más que suficiente, y es el culmen de mi felicidad, de mi destino”. 43 41 Ibídem, p. 44. 42 Ibídem, pp. 76-77. 43 Ibídem, p. 105. Zambrano e Dieste: unha amizade na “Hora de España” 53 En calquera caso, Carmen Muñoz Manzano debe ser incluída na nómina das mulleres que participaron activamente no proxecto cultural e político da República. 44 Sería imposible, sen a talla intelectual de Carmen Muñoz, pensar na conservación e catalogación da obra do rianxeiro. Xa sen pararnos na tarefa de audaz transcritora do pensador emitindo aforismos peripatéticamente polas súas vivendas mentres Carmen copiaba e gardaba escrupulosamente o recibido. Gil-Albert o recorda: “con su greña sobre la frente y su aire iluminado, junto a su mujer pendiente de él como alumna enamorada”. 45 Volvendo ao grupo Hora de España, cabe salientar a importancia que as autoras e autores que o representan outorgan a todo o que procede do pobo. E tamén o sentimento consecuente, diametralmente oposto, de humillación e desafección co cal moitas veces teñen que enfrontarse. Contexto clave para seguir o fío da construción das facianas arquetípicas do vencido. “Fe en el pueblo, en los pueblos”, afirmaba na mesma publicación o entón marido da nosa pensadora malagueña, Alfonso Rodriguez Aldave. 46 Esta percepción do pobo e da tradición como portadora dos elementos fundacionais da cultura foi especialmente estudada polos nosos autores. 47 44 Rosario Portela Yáñez, Bibliografía de “Carmen Muñoz Manzano, Activista cultural nas dúas beiras do Atlántico”, Álbum de mulleres, Consello da Cultura Galega, Comisión de igualdade, Santiago de Compostela, 2017: “Diario de sueños”, P.A.N. Revista epistolar y de ensayos, Madrid, Imprenta Juan Pueyo, nº 2, 1935, pp. 31-32. “Epistolario. Como parece que son las mujeres”, P.A.N. Revista epistolar y de ensayos, nº 6, 1935, pp. 121-122. La Edad Media, Atlántida, Bos Aires, 1945. “No aniversario de Rafael Dieste”, Encrucillada, nº 30, setembro de 1982, pp. 51-54. “Prólogo”en Rafael Dieste: La Isla. Tablas de un naufragio, Anthropos, Barcelona,1985. “Semblanza cronológica de Rafael Dieste”, Documentos A, Anthropos, nº1, Barcelona, 1990, pp. 46-199. “Dos cartas incompletas sobre el proceso creador”, Documentos A, nº1 (1991), pp. 39-43. “Testimonio personal de Carmen Muñoz”, Documentos A, nº 1, 1991, pp. 198-48. Epistolario amoroso, Xosé Luís Axeitos ed., La Voz de Galicia, Biblioteca Galega, A Coruña, 1995. Epistolario, Xosé Luís Axeitos & R. Portela Yáñez eds. ), Biblioteca del Exilio, VII, Sada, Edicións do Castro, 2005. 45 Nota editorial, Grial, nº 78, 1982, p.3. 46 Alfonso Rodríguez Aldave, “Descanso en la guerra. (Comentario a dos ensayos)”, Hora de España, Vol. 5, O. c., p. 64. 47 Arturo Casas reflexiona sobre este aspecto: “En la revista fueron recurrentes los análisis sobre el modo de entender la tradición asumiéndola como espacio propicio para proyectar la historia por venir. Constituyó un esfuerzo más de aquel humanismo revolucionario por evitar que fuera el fascismo quien administrara el repertorio de la tradición y su fortaleza para generar nuevos modelos culturales, artísticos y literarios. Zambrano y Dieste, respaldados por otros compañeros del GHE, fueron particularmente activos en este plano, según se constata en ensayos como “El español y su tradición” (HE, IV, abril de 1937, pp. 23-27), “La reforma del entendimiento español” (HE, IX, septiembre de 1937, pp. 13-28) y “Un camino español: Séneca o la resignación” (HE, XVII, mayo de 1938, pp. 11-20), de Zambrano, o “Fraternidad viril en torno a España”(HE, II, febrero de 1937, pp. 54-57) y “Desde la soledad de España. (Sobre la vida y el espíritu)” (HE, XIII, enero de 1938, pp. 19-30), de Dieste. En los textos del ensayista gallego hay una pregunta recurrente, la del abandono de España por parte de la Europa democrática, que analiza MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 54 Retomando o fío da relación dos pensadores, entendemos que o soño da fundación de Zambrano en Zuluendos toma corpo nesta revista, por desgraza efémera, na que un grupo de amigos, moi novos todos e con moitas gañas de traballar polos intereses da República, ían formar unha opinión pública valiosa, achegada ao pobo. O elenco de intelectuais que formaban o “Consello de Colaboración” reunía nomes como o de León Felipe, Antonio Machado, José Bergamín, Dámaso Alonso, José Gaos, etc. Tamén salientables son os escritores que se facían eco nas páxinas de Hora de España da guerra como Miguel Hernández ou José Herrera Petere. Ramón Gaya sinala a devandita revista coma un caso singular, insólito, desde o punto de vista bibliográfico. 48 A variedade das temáticas, como pode constatarse nos índices das mesmas, foi absolutamente orixinal, unha novidade. Fronte a esta, houbo outras interesantes publicacións cun cariz máis nesgado: El Mono Azul, Madrid, Nueva Cultura, etc. Os textos presentan traballos de poesía, ensaio, crónicas de guerra escritas polo denominado “batallón do talento”. Intelectuais como Miguel Hernández, tamén misioneiro pedagóxico, loitaba como soldado e transcribía as crónicas como correspondente de guerra. Cumpre sinalar, dado os autores que nos ocupan, o papel da poesía neste momento histórico. A poesía foi entendida como unha canle revolucionaria de transmisión dunha vontade de responsabilidade vital. Unha poesía da vida ao servizo do pobo. Unhas circunstancias de guerra que constitúen o obrigado escenario para estes intelectuais maduros precozmente. 49 Como afirma Antonio Machado: “No hay guerra sin retórica. Y lo característico de la retórica guerrera consiste en ser ella misma para los dos beligerantes, valiéndose de estrategias ya empleadas en el ensayo La vieja piel del mundo -el mito, lo trágico, la memoria, el cainismo, la mediación, la razón histórica, la supeditación de la vida al espíritu...-, publicado pocas semanas antes del inicio de la guerra, pero que contrasta con escritos y desarrollos recientes debidos a Scheler, Ortega, Malraux y otros. María Zambrano, por su parte, despliega en ensayos como los mencionados su comprensión de la historicidad y atiende igualmente la forma de verla y vivirla por parte de sus compatriotas y también por parte de quienes se refieren a España desde lejos. […] Zambrano añade a ello que la mayor perversión cometida por tradicionalistas y por liberales en el siglo XIX español consistió en hacer objeto de la historia al pueblo, cuando este es en realidad su sujeto.” Arturo Casas, “El ensayo hermenéutico en la primera mitad del siglo XX. Dieste, Zambrano y el grupo Hora de España”, Actas del VI seminario “Pensamiento literario español del siglo XX”, Zaragoza, 2012, pp. 40-41. 48 Hora de España, Vol. 1, O. c., p. X. 49 Enrique Montero dinos: “La guerra no se compone toda de heroísmo, ni principalmente. Habría que mostrar, con evidencia comunicativa de lo poético, el sufrimiento humano dentro del cuadro grandioso y terrible de la guerra; el eterno sufrimiento del hombre, aherrojado por su destino implacable. Y tratándose de nosotros, para encontrar el acento español y su valor nacional, encadenarlo con nuestro rastro histórico; el auténtico y profundo, no el recompuesto, anecdótico y tendencioso”. Enrique Montero, “Palabras previas”, Hora de España, Tomo 1, O. c., pp. XIV-XV. Zambrano e Dieste: unha amizade na “Hora de España” 55 como si ambos comulgasen en las mismas razones y hubiesen llegado a un previo acuerdo sobre las mismas verdades. De aquí deducía mi maestro la irracionalidad de la guerra, por un lado, y de la retórica, por otro. 50 A poesía é a canle que comparte a irracionalidade da guerra, serve. Neste singular momento a poesía é a trabe para falar do que dificilmente pode ser transmitido. Escrita que segundo Machado non só é para o pobo senón que parte do mesmo. 51 Apelando ao rexurdimento do dicir poético, Zambrano entenderá esa poesía que está a irromper: “Poesía, palabra brotando pura de la caverna de España, allí donde comenzó la vida, el primer latido, memoria y olvido, saber hecho de olvido y de adivinación. Conciencia sin juicio, inocente justicia como es siempre la poesía no voluntaria, la que nace en obediencia a la hora histórica, no a la enajenación ‘personal’, lujo cultivado de unos cuantos” (DD, p. 61). Zambrano considera que a poesía do momento xa fora anunciada por Juan Ramón Jimenez pero son Lorca, Alberti, Gerardo Diego, Salinas, Emilio Prados ou Cernuda, entre outros, os que foron quen de adelgazar o idioma albiscando o afundido, a escuridade das entrañas tan requiridas pola autora. A poesía por ser canle de transmisión que non precisa da preparación filosófica será tamén voz para o pobo e do pobo. É a palabra inicial, eco da realidade. En troques a fala espontánea é entendida pola autora como mentira, palabra alienada (DD, pp. 59-60). Non sorprenderá que ao escribir a derradeira homenaxe a Rafael Dieste queira que as súas palabras sexan eco e non mar, palabras que son penetradas directamente pola realidade. Cabe subliñar, por outra banda, o xiro lingüístico que ten cabida nesta xeración. Os vellos discursos non serven como vehículo de transformación. Asumen que unha das chaves para cambiar a realidade consistirá en achegarse ás capas populares embebéndose no seu mundo. Este achegamento non será angueira exclusiva da poesía, o drama, o teatro tamén van xogar unha salientable partida. Manuel Altolaguirre caracteriza ao Rafael Dieste de La vieja piel del mundo como “un verdadero maestro, un maestro sin cátedra, de los que dicen sus parábolas en una playa ante un auditorio de pescadores o ante un grupo de 50 Antonio Machado, “Consejos, sentencias y donaires de Juan de Mairena y de su maestro Abel Martín”, Ibídem, pp. 8- 9. 51 “Escribir para el pueblo es llamarse Cervantes, en España; Shakespeare, en Inglaterra; Tolstoi en Rusia. Es el milagro de los genios de la palabra. Por eso yo no he pasado de ser folklorista, aprendiz, a mi modo, de saber popular. Siempre que advirtáis un tono seguro en mis palabras, pensad que os estoy enseñando algo que creo haber aprendido del pueblo”. Antonio Machado, O. c., p. 12. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 56 campesinos”. 52 Nesta nietzscheana obra de Dieste atopamos liñas de conexión inevitable con Zambrano. O peso da obra de Nietzsche nesta xeración é patente. O autor galego chega a dicir: “La poesía, el mito, la historia universal, es verbo de un nombre que no se deja aprisionar” (EAE: “La vieja piel del mundo”, p. 210). 53 Parécenos lembrar a recusación nietzscheana á petrificación dos conceptos no platonismo. O contexto do drama e o da poesía amósanse receptáculos idóneos para esta tarefa de ordenamento conceptual. E, talvez, máis que de novas procuras trata de rachar co discurso trazado para enxergar horizontes doutrinais alternativos. No caso da pensadora malagueña o interese por pescudar un novo logos sempre estará trabado á poiesis. Razón poética que ben podería ser chamada “razón plástica” no senso de que as palabras andan apuntando imaxes máis que ideas puras. E, no caso de Dieste, podemos tamén albiscar unha liñaxe común como corrobora Arturo Casas: “A razón poética que ilumina a obra toda de Dieste funciona tamén como principio indutor dunha determinada selección estilística [...]. Razón poética que non é marca exclusiva da palabra do noso autor, que comparte fundamentalmente con algún dos seus compañeiros do grupo Hora de España, sinaladamente con María Zambrano”. 54 Un dos selos distintivos do grupo Hora de España ficará acoutado no emprego da palabra sen constricións denotativas. Non só a metáfora senón unha ampla simboloxía será empregada na escrita destes pensadores. Simboloxía que pretende capturar o clamor do pobo pola canle da poesía. 3. A PIEDADE, UNHA MANEIRA DE TRATAR CO “OUTRO” Dieste retoma o enclave paradoxal do eterno retorno nietzscheano para lembrarnos que debe ser interpretado na historia: 52 Apuntamento de Manuel Altolaguirre á obra de Dieste: “Dos libros” (“La vieja piel del mundo”, por Rafael Dieste, Editorial Signo, Madrid, 1936), pp. 58-60, Hora de España, O. c., vol. 1, p. 59. 53 No Epistolario amoroso entre Rafael Dieste e a súa muller, Carmen Muñoz, o escritor rianxeiro alude tamén á poesía, na carta datada o 21 de marzo do 1939 dende Poitiers, nestes termos: “Hace un poco me venía a la imaginación muchísimas cosas de las que me dices en tus cartas y tenía contigo una animada conversación en la que te consultaba asuntos muy serios (es decir de literatura o, mejor dicho, de poesía, que es lo más serio de la literatura)”, O. c., p. 116. 54 Arturo Casas considera inxusto o emprego de xeito exclusivista da razón poética para referirnos á obra zambraniana. Agarda que esta teña tamén un senso máis ancho e, polo tanto, extensible á obra diesteana e de outros autores da Hora de España. Arturo Casas, Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, O. c., p. 305. Zambrano e Dieste: unha amizade na “Hora de España” 57 ¿Cómo se concilia el sentimento dionisíaco de la eternidad prometida -o de la eterna juventudcon el universo histórico? La confianza dionisíaca en la aparencia, el amor al mundo y el regalo primaveral de su manifestación, crea el anhelo de presencia. Los griegos quisieron ser testigos del mito antepasado y del origen de su propia razón [...]. Pues toda tragedia es en principio, jurídica, y en ella pleitea el hombre con la divinidad [...]. La tragedia griega no es conciliación, sino acto. Pide nombre a la historia universal (EAE, pp. 212- 213). Demanda xurídica dun tempo nun momento histórico de fondas fracturas. Zambrano tamén retomará o interese polo tempo partindo dunha visión da eternidade na que conflúen a tradición grega e a cristiá. Os soños serven, de “datos”, de sentires, de impresións onde pescudar a súa investigación sobre o tempo. Sendo tamén a traxedia unha das canles para artellar dita proposta. 55 Nesta dirección Dieste apunta: “La tragedia se nombra sin palabras -pues estas son para definir la figura de su propio silencio-, porque es en sí un acto litúrgico de adoración” (EAE, “La vieja piel del mundo”, pp. 214). A filósofa non anda moi afastada destes presupostos cando fala da traxedia grega recorrendo á linguaxe da piedade. “La piedad se manifiesta en lenguaje sagrado, que es acción. Acción que establece -revela- un orden sin pretensión de crearlo, con sabiduría inocente” (HD, p. 206). Zambrano pretende restituír na linguaxe o seu dicir máis entrañable, desvencellado de todo idealismo. Rescatar o fondo escuro do sagrado baixo un ritmo perdido no home racionalizado é tarefa da poesía tráxica para a autora (HD, “La tragedia, oficio de la piedad”, pp. 205-212). Ata a “irracionalidade”, apunta, tende a atopar unha orde. Ritmo que se expresa na música, matemática en definitiva, pensa a autora pitagorizando. 56 E case empregando o mesmo léxico que Dieste, afirma: “La tragedia griega es la madurez de este modo de expresión: conjuro, invocación, decires, que se repiten de tiempo inmemorial, lenguaje de la piedad; género clásico del mundo arcaico. Oficio de la piedad, del sentir que es hacer y conocer; expresión y fijación de un orden que da sentido a los sucesos indecibles; una forma de liturgia” (EAE, “La vieja piel del mundo”, pp. 209-210). Ambos autores déixanse impregnar polas obras de Unamuno, Ortega, Dilthey e Heidegger. Máis aló de Nietzsche intentarán atopar un sentido do tempo histórico no que a piedade comece a exercer o seu carácter mediador. Cristina de la Cruz Ayuso afirma na súa 55 Manuel Altolaguirre, no devandito artigo “Dos libros” afirma: “Tal vez estemos viviendo los primeros pasos de un renacimiento teatral”, p. 59. 56 Idea tamén recollida pola autora (DD, p. 115). MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 64 “mujeres de tierra”, non son terra seca, despoxo tralo exercicio sexual senón “barro fecundo”. Material mediador, barro que é carne no contexto bíblico tan presente na filósofa. Contexto ao cal acode nesta mesma carta para reivindicar ao Dios carnal, el que baja a la tierra, el salvador, segundo ela. Ponte comunicadora, espazo de tránsito, a partir do cal algo se acada. Quere albiscar o que hai de terra nos altos cumes do pensamento de Descartes e Husserl. “En todo está la tierra”, di María Zambrano. A terra xa non mera codia pola que transita o humano, comeza deste xeito a enxergarse no horizonte o concepto de entraña. 72 Talvez, supón unha nova volta sobre o sentido da terra nietzscheano, valor mesturado coas crenzas da autora que remiten a un Deus carnal. Deus que ao longo da súa obra vai tomando distintos fastíos; outra das teimas salientables nas cartas entre ambos os dous pensadores. Na mesma correspondencia datada contra o ano 1933 engade María Zambrano que quere atopar ao Deus cristián mais non o do idealismo. Na seguinte, datada en novembro do 37 desde Valencia: Dudo ser cristiana. El cristianismo es -no sé si originariamentemucho de soberbia; quizá el mundo moderno ha vertido su soberbia sobre el cristianismo originario. No he decidido no ser cristiana, sino que dudo seriamente de serlo. Nunca hubiera creído ser estoica, y sin embargo ¡quien sabe! Lo esencial es esto: la limitación de la persona, la esencialidad de la muerte, de la cual arranca la objetividad del estoicismo. Claro que el estoico es un suicidia, pero tal vez la objetividad arranque de un suicidio de uno, de un suicidio por amor; ceder uno su propia existencia para que otra cosa sea y exista. El cristianismo no, no se suicida jamás. 73 Neste texto, como noutras ocasións, adianta a Rafael Dieste facianas que anuncian unha obra no seu proceso construtivo. Esta vez achegándose a unha postura moi unamuniana de descatolizarse para cristianizarse. Nun artigo de 1938 que a filósofa publica en Hora de España, “Pablo Neruda o el amor de la materia”, vai recrear unha análise moi similar da concepción da materia e da divindade. Defende a poesía de Neruda fronte a aquelas que simplemente son contemplativas. Coma na obra do pintor galego Arturo Souto, ve na poesía de Neruda erixirse á materia. Ambos análises constitúen o que paseniño é un dos eixos fundamentais do seu discurso. A tematización sobre o caído, o que “para un cristiano -en quien se 72 Nun texto de Zambrano, “Misericordia”, publicado no nº XXI de Hora de España, 1938, aparece claramente o concepto de entraña como metáfora, elemento indispensable da razón poética. 73 Xosé Luís Axeitos, “Dos arquivos de Dieste”, O. c., p. 101. Zambrano e Dieste: unha amizade na “Hora de España” 65 exacerba ese afán platónicosería justamente el pecado, sería poesía de la caída y de lo caído”. 74 O logos requirido pola pensadora alberga aquilo rexeitado en Occidente polo peso do racionalismo. A materia adoecía de peso no mundo das ideas platónico e como paradoxo gravitaba servindo de humus seminal. Albisca na pintura de Souto e na poesía de Neruda a dignidade da materia como categoría destacable e ata de agora esquecida. 75 Na homenaxe a Neruda aparece o termo “entraña” como materia, como cavidade subterránea e escura por onde se esvaece todo o vencido. 76 A concepción zambraniana da entraña proletaria vai servir da arte, prioritariamente da poesía, aínda que tamén a pintura e a música entran en xogo, para a súa dilucidación. Na poesía de Neruda e na pintura de Arturo Souto atopa a áncora necesaria da súa reflexión. Obras, vencelladas á terra, na que se rende tributo ao pavoroso do humano, aquilo rexeitado polo occidente da razón idealista, do racionalismo. Os semiseres, o monstruoso, o morto, o prostituído, todo o que entra na categoría do vencido, do deostado, vai ser redimido desde instancias combativas e, as veces, provocadoras. “Mas, de la caída o de lo caído cabe hacer poesía en un sentido cristiano a lo Baudelaire, descendiendo hasta ello para con ello hermanarse y por amor, ese amor de lo que Baudelaire dice ‘el gusto de la prostitución’, redimirlo. Redimirlo, si, porque Dios es la criatura más ‘prostituida’, quiere así decir: más misericordiosa” (S, p. 149). Toda unha alegación a prol da materia fronte á forma, fronte á idea en definitiva. Unha materia que é divina grazas a súa servidume e indulxencia. O divino é para a autora o irredutible, o implacable, aquilo que non accede ao sacrificio (HD, p.126). María Zambrano chega a definir o divino como o irredutible ao humano (HD, p. 136). O mundo que interpreta nas obras de Arturo Souto e Neruda é un mundo descosido da tradición 74 María Zambrano, “Pablo Neruda o el amor a la materia”, (S, p. 149). Esta publicación aparece primeramente en Hora de España con diferente título: “Pablo Nerura o el amor de la materia” (Hora de España, V. 5, O. c., pp. 359-366). 75 A autora encontra no mundo da poesía e a pintura, a arte, a canle máis axeitada para non perder a materia, a terra en definitiva. En palabras de Isabel Balza: “La razón poética permite a Zambrano, en tanto que se deja llevar por este método pasivo, religarse a la tierra y, de algún modo, transcender la barrera que nos aleja de nuestro vínculo con la naturaleza”. Isabel Balza, “Escritura animal para una ética posthumanista (salvaje y feminista)”, Isegoría. Revista de Filosofía Moral y Política, nº 63, 2020, p. 355. 76 “Porque lo divino de la materia es su servidumbre, su mansa y violenta servidumbre, su dulcísima servidumbre que nos invita a imitarla. Amor, terrible amor a la materia, que acaba en ser amor de entrañas, de la oscura interioridad del mundo. Sobre la superficie del mundo están las formas y la luz que las define, mientras la materia gime bajo ella.” No texto (S, p. 150), e no publicado en Hora de España, O. c., p. 362, aparecen os mesmos contidos salvo cando se refire ao amor á materia que trocará “amor de la materia” do texto de Hora de España a “amor a la materia” de Anthropos, igual que nos títulos. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 66 occidental, da tradición, denominada pola autora, greco-cristiana. A terra non aparece como o espazo a ser salvado, é o que se resiste a tal intento, o irredutible, o rebelde. O trato coa materia, con aquilo interpretado como materia por occidente, non é de perdón e salvación senón de fractura cos límites trazados. Grazas ao a priori do amor, a materia consegue desengaiolarse. O amor á materia é o amor ao oculto, ás entrañas. Reclamo da materia prima no senso aristotélico do termo, desinformada, sen caracterizacións constritoras. E como polo tensorial de tal a priori, a morte. Se a materia acada o estatuto de entraña escura, aínda lle quedan chanzos de maior escuridade: “La muerte en la materia y la materia misma de la muerte, abstracta, hueca, irremediable. Y este pozo oscuro donde nos caemos sin remedio es la oquedad sin plenitud posible de la compacta materia donde fuimos a refugiarnos, es el desengaño del amor de la materia, porque el desengaño del amor es siempre la misma invencible sima” (S, p. 153). Volvendo neste texto á expresión “amor de la materia” talvez querendo incidir no seu aspecto máis misterioso. Apela a unha “cultura diferente” na obra de Neruda, unha concepción diversa da occidental, mais non nova. A dignificación da materia precisa dun sentido aínda descoñecido en Occidente. Atopar puntos de confluencia na traxedia de España (na hora de España), nas voces do pobo, no chan duro e pobre. Nestas obras Zambrano reflicte unha dimensión nova (como ela mesma afirma contra o final do devandito artigo), unha nova luz na que o seu pensamento está apuntando firmemente a un logos “máis ancho”. Preludio dunha nova luz que é quen de non amosarse como diáfana para ofrecer as arestas irredutibles, divinas, da materia. Materialismo aínda por explorar en occidente, próxima á concepción heideggeriana da obra de arte. Aludindo ao cósico da obra de arte o autor de Ser e tempo remite a un cerne impermeable, irredutible, illada das relacións acotío preestablecidas. A obra de arte establece un mundo, o inobxectivable, ao mesmo tempo que fai a terra. 77 A terra é o que tende ao autoocultamento mantendo ao mesmo tempo ao mundo. A obra de arte establece un mundo facendo a terra, dinamismo necesario que descansa sobre o acougo da obra mesma. A concepción da terra como o sobresaínte, a salvagarda do mundo, plasmada por Heidegger no ensaio Arte e poesía, 78 está na base da 77 “Hacer la tierra quiere decir: hacerla patente como ocultante de ella misma”. Martin Heidegger, Arte y poesía, FCE, Madrid, 1999, p. 78. 78 A obra traducida por Samuel Ramos recolle dúas conferencias de Heidegger: El origen de la obra de arte e Hölderlin y la esencia de la poesía, remitirémonos ao primeiro dos ensaios. Zambrano e Dieste: unha amizade na “Hora de España” 67 expresión zambraniana de “terra” que aparece na carta do ano 1933 a Rafael Dieste. 79 Terra deostada por unha tradición que parte de Platón e que non se deixa impregnar nos poemas de Neruda nin nos cadros de Arturo Souto. A filósofa faille saber a Rafael Dieste nestas cartas que anda remexendo nunha tradición non dominante, a que redime á materia do asoballamento secular. A concepción estética diesteana atopa neste punto un lugar de encontro co pensamento da autora. Arturo Casas fala dun proceso ascendente de desidentificación con Husserl no que se atoparían tanto Ortega como Rafael Dieste. Fronte á epojé fenomenolóxica habería un recoñecemento do experimental. Mais o que nos interesa subliñar é a relación que se establece entre Rafael Dieste e Heidegger ao entender a contemplación estética como eclosión da cousa contemplada. 80 A autora de Vélez e o de Rianxo asumen a contemplación estética dun xeito próximo ao Heidegger de Arte e poesía. A obra de arte éa en tanto apertura e nesa apertura acontece a verdade. A obra de arte establece un mundo, abrindo a terra. 81 Asemade tanto en María Zambrano como en Rafael Dieste a contemplación estética crea un diálogo entre o suxeito e o seu mundo: “As botas suxas pintadas por Van Gogh son vínculo do campesiño co seu mundo, un signo da súa implantación na terra”. 82 Na conferencia inaugural do Museo Carlos Maside, Dieste fala da couseidade heideggeriana nas obras dos renovadores da plástica galega (TCA, “Inauguración do Museo Carlos Maside”, pp. 118-131). Identificándoa co modo de sentir a cousa. Asociado ao misterio, ao transcendente en Maside e á sociabilidade das cousas en Colmeiro. En Arturo Souto, “algo cunha entrana que endexamais se pode penetrar” (TCA, p. 125). O irredutible da realidade é o que a arte galega da que fala Dieste debe expresar. E non baseándose nun concepto restritivo que caracterizase esta canle expresiva, senón -na liña da razón poética zambranianatratando de expoñer a emerxencia dunha realidade vivida e convivida. A arte galega así entendida, non sería un espazo restrinxido ao consumo interno, senón aquel que manifesta a súa orixe dende a universalidade. Universalidade 79 A loita entre a vontade do artista e a materia queda exemplificada por Heidegger co templo, imaxe que tamén evocará Zambrano, así como a das ruínas. Conflito xa estudado por Simmel como deixa patente Samuel Ramos no prólogo ao ensaio de Heidegger. 80 Arturo Casas, Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, O. c., p. 52. 81 “Pero el mundo no es simplemente lo abierto que corresponde a lo iluminado y la tierra no es lo cerrado que corresponde a la ocultación [...] la verdad acontece como la lucha primordial entre el alumbramiento y la ocultación”. Heidegger, Arte y poesía, O. c. p, 89. 82 Arturo Casas, Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, O. c., p. 52. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 68 entendida polo autor de Rianxo como un ser diferencial, por unha banda, e pola outra, o cerne das infinitas diferencias posibles. Unha arte que comprende coma un proceso comunal, de inmersión na comunidade para, posteriormente, emerxer no obxecto artístico. Ese “ver o boi por primeira vez” do que nos fala Dieste ao evocar os cadros dos seus colegas, é a mirada auroral que inaugura o mundo en cada intre. Para a autora a arte manifesta o carácter auroral no seu permanente estar amencendo. Reiterar a súa orixe, non como volta ao pasado, senón como apertura dende o pulo inicial. Un re-axuste da mirada que permite albiscar un horizonte futuro grazas ao acto de reconciliación co inicio. Mirada auroral que a autora observa en pintores senlleiros como Juan Soriano, amigo da filósofa coa que coincide na etapa mexicana e romana (ALP, “La aurora de la pintura en Juan Soriano”, pp. 223-234). Outra das referencias filosóficas comúns veñen da man da obra de Max Scheler. A recepción do autor na península débese á obra de Ortega, como sabemos referente intelectual desta xeración. Para Rafael Dieste a creación artística está intimamente relacionada co pulo amoroso. Entendendo, por exemplo, a pintura de Luís Seoane rexida por motivacións artísticas pero tamén humanas, porque quere que o outro estea presente na mesma. Esta é para el unha cuestión de amor (TCA, p. 181). A arte ofrece elementos que pertencen ao acto creador do autor, a súa expresión sobre a peza, e tamén ao poder irradiante que as propias cousas teñen. Deste xeito afírmao ao falar dunha exposición de Luís Seoane: Da súa obra Homenaje a la Torre de Hércules dedúcense moitos dos problemas pictóricos que agora afronta o autor con singular fidelidade ao seu destino, e o máis agudo é este: manter no cadro aquel poder irradiante que o artista amosa nos seus mellores debuxos, e, mercé ao cal, na particular animación dunha figura quedan comprendidas as proxeccións imaxinativas -ou de fantasía naturalcon que esa figura se converte en centro de todo un mundo de divagación poética, e iso sen envaidecer alegoricamente, sen perder a inocencia dos mitos mariños -sen aprisionalos nin cifralos-: unha illa, unha rede, unha buguina, unha fragata. En forma de encanto os cadros desa primeira exposición de Seoane manteñen en todo o seu vigor a peculiar virtude a que nos referimos (TCA, p.100). O encanto do que fala Dieste entra na escala das preferencias de Scheler en tanto acto amoroso reitor dos procesos creativos. 83 O amor non só é un elemento catalizador das 83 María Antonia Pérez apunta: “No nexo amoroso diestiano reside o que el chama ‘encanto’. Nas artes é unha beleza supra-estética que estaría incluso por riba da sociedade, entendida como a ‘comunidade de amor’, da que fala Scheler. Zambrano e Dieste: unha amizade na “Hora de España” 69 enerxías creativas do artista senón tamén un produto resultante de tal acto. Se o artista non acada producir amor na recepción da súa obra, estará facendo algo que denomina “espectacular” pero non será verdadeira categoría estética. En 1980, escribindo sobre o pintor galego Carlos Maside, vólvenos recordar: A categoría estética [...] envolve unha suma de valores que son, non somente para os ollos e para a súa sorpresa, senón que son para todo o ser humano en canto está fronte a realidade. Esta é a verdadeira estética. Non a que se establece a partir dun esplendor dado polos sentidos, senón a que se desperta. Por unha banda, orixínase do amor a posibilidade de descubrir esa categoría estética, e por outra desperta o amor; e así, necesita o amor como motor, e por outra banda o amor resulta despertado; entón ten a categoría ontolóxica; ou mellor, ten un valor ontolóxico esa categoría estética da que estou falando (TCA, pp. 185- 186). A verdade na arte non está na mera irradiación de beleza senón na transmisión de categorías que abren a posibilidade dun novo coñecemento do obxecto, unha verdade rexida polo amor. O artista debe espertar na mirada do espectador o núcleo da súa, de amoroso encanto, cara a realidade. A beleza ensancha o orbe da realidade por medio da obra de arte pura. Se o artista non ama primeiramente aquelo que quere representar ofrecerá unha obra espectacular pero non descubre categoría estética algunha (TCA, p. 185). 84 Por outra banda, o espertar que ofrece a obra de arte recibe en palabras de Zambrano o nome de revelación. Na mesma liña que o teórico galego, apunta: “Las cosas y los seres en la luz natural, regalada y necesaria, aun bañadas por ella, están opacas; son simplemente vistas. Pero la condición humana anhela desde su más íntima raíz una revelación. Y para el hombre conocer será solamente el volver a ver algo hecho por el. Pinta o esculpe para volver a ver las cosas hechas por él, y asi obtener su revelación” (ALP, p. 76). Este ‘encanto’ diríxese ao fenoménico porque o eros sempre camiña cara el. Por iso sostén que o artista elixe aténdose a un sistema de preferencias que dependen dos trazos que configuran a súa personalidade creadora. O resultado desa eleición só debe expresarse cos meios propios da arte, do contrario o artista comete impureza.”“Rafael Dieste: A Arte como verdade e comunicación” (TCA, p. 12). 84 Lémbrese a apreciación semellante sobre este tema na obra de Zambrano ao afirmar: “Pero el arte que se ve como arte es distinto que el arte que hace ver” (DD, pp. 152-153). MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 70 Zambrano vai empregar un concepto, singular na súa obra, de raizame scheleriana. É a alma como espazo pre-teórico, a priori non racional do coñecemento. 85 Para ela a alma supón a sede do sentir orixinario, recoñecible na concepción da creación artística diestiana. En definitiva, nos traballos de Rafael Dieste e María Zambrano amósase unha visión da arte como apertura á verdade esencial do ser. A verdade esencial do ser queda reflectida na obra destes grandes autores e nos elementos claves que manexan. A mirada do artista, traspasando as restrición dos conceptos, corrixe a separación ser humano-mundo. Na arte atopan a canle de universalización, tradutora do misterio intrínseco do real, á comunidade que o recibe e re-vive. Conformase como apertura á unidade orixinal non conceptualizada que nace da realidade pre-cognitiva do caos inicial. 86 Entendéndoo, en palabras de Salvador Pániker, no seu sentido primixenio de apertura á terra, de ferida previa a toda división. 87 85 Versión online: Balza, Isabel, http://74.220.219.146/~cuadern3/ateneodelalaguna/ATENEO32/004-losvacios.pdf. Cuadernos del Ateneo de La Laguna, 32, 2014, pp. 40-54. 86 Rosa Rius analizando a mirada zambraniana apunta ao respecto: “Zambrano concibe el arte como medio de conocimiento y, a la vez, de recuperación de algo que la humanidad habría extraviado. Ese deseo de descubrir la forma originaria y ese afán de desentrañarla atestiguarían, en nombre de una ‘armonía de los contrarios’ (próxima a la danza heraclitea), mediante la cual pueden coexistir los términos opuestos, que el hombre gozó alguna vez de un vivir diferente.” R. Rius‘“El arte que hace ver’, La mirada zambraniana”, Antígona, nº 4, (pp. 139-147), V Congreso Internacional sobre la Vida y Obra de María Zambrano, “Europa sueño y verdad”, Vélez-Málaga, 2009, pp. 140-141. 87 Salvador Pániker expón: “La antítesis entre caos y cosmos sería inexacta. En todo caso, la palabra caos se relaciona con el verbo jaino, que significa abrirse la tierra y abrir la boca y bostezar. Podríamos, entonces, glosar: ‘en principio se hizo la fisura, el vacío de la ambivalencia’. Todos los seres provienen de un abismo inicial, un ‘abismo bostezante’, y van cobrando forma específica a través de un proceso de división”. Salvador Pániker, Filosofía y Mística, O, c,, p. 28 71 II. SOBRE A POLÍTICA NAS OBRAS DE XUVENTUDE A política nestes autores é un elemento medular, que vai albiscándose entre un ámbito reflexivo, no discurso, e na propia biografía. Dato que referenda o legado epistolar e as vivencias compartidas a través de entrevistas ou achegas do entorno social e familiar así como tamén os artigos xornalísticos e as súas escritas públicas en xeral. Algo común e bastante patente é o nexo entre pensamento e vida na traxectoria dos escritores trasterrados. 88 Maila que ambos non adquiren a orde ao uso de privilexiar a vida sobre a escrita. O xogo temporal forma parte tamén da conciencia política de quen adquire a responsabilidade e o compromiso de adiantarse aos acontecementos. O vaticinio na obra dos autores do pasado século non é un vaticinio de vidente ou pitonisa, éo de dar conta dos novos tempos herdeiros dun pensamento moi coñecido por eles, un pensamento capaz de xerar unha grande violencia. Tampouco será preciso partir do relevante momento no que o exilio toma o centro; xa nas escritas de mocidade podemos atopar a estreita relación de praxe e teoría. Quen chega á razón poética talvez non poida, ou non sexa o seu obxectivo, atender a unha separación natural de ambos tecidos, acción e pensamento, pensamento e acción. María Zambrano en El hombre y lo divino afirma que hai unha pregunta filosófica que non tivo o peso da pregunta ontolóxica, e esta é: que foi o que aconteceu? (HD, “Las ruinas”, p. 231). Isto constitúe o eido da traxedia: preguntarse polo que se ten feito, por algo impersoal. Desfacer a traxedia e rescatar a esperanza, é nin máis nin menos o que presupón ser persoa. A reafirmación do ser humano queda circunscrito á tarefa de sentirse 88 José Gaos emprega o termo “transterrados” para aludir aos republicanos exiliados. Fuxía do concepto exiliado polas connotacións pexorativas que aludían á victimización e desterro. Empregando tamén a expresión “empatriado” polo acollemento que recibiron os republicanos no México de Lázaro Cárdenas. Sentimentos non exentos de certas contradicións como veremos no caso de María Zambrano. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 72 responsable incluso de aquilo que procede das circunstancias e non dos feitos realizados (HD, p. 233). O filósofo italiano Giorgio Agamben na mesma liña que a filósofa andaluza afirma que a pregunta que acaba resumindo aquelas que profire a tradición occidental é: como temos chegado ao punto no que nos atopamos? 89 Cuestión que pode axudarnos a responder á obra dos autores exiliados. Marca unha liña de reflexión cara ao espazo axiolóxico sobrevoando o ontolóxico. De que maneira interpretamos o noso pasado político recente e de que maneira isto pode axudarnos a trazar unha análise próxima ao mundo que chegou a ser despois. As experiencias en tempos de guerra oscilan entre o inenarrable, os lugares escuros que raras veces son intercambiados, con aqueles que non foron quen de vivir ese proceso, e outros que non poden deixar de facelo. Lembremos a experiencia de Primo Levi que se sinte como o mariñeiro de Coleridge, necesita constantemente testificar, testemuñar. 90 Pódese enmudecer unha vez traspasada a linde -sinala Chantal Maillard-, ou seguir falando; non son estas as coordenadas. Simplemente é a persoa mesma coa aceptación activa do papel. Unha mesma despois de ver que non se é nada determinado, nada idéntico, que toda sistematización é a norma que permite seguir o xogo. 91 Sucede cando as vivencias das experiencias atroces da guerra e os exilios sitúan ao individuo ante a pregunta das preguntas. A pregunta polo ser, devorada pola cuestión referida ao que ten acontecido. Signo de interrogación que apunta a responderse dende o nivel vivencial. A razón poética, como crítica da razón analítica, constrúe raíces no tecido emocional acollendo cada vivencia sustentada no desexo de saber, un saber experiencial. No diálogo platónico O Banquete o mozo pretendente de Sócrates, Alcibíades, asegura que non podemos falar da nosa picadura de víbora a aqueles que non a teñan 89 https://www.bloghemia.com/2020/12/en-que-punto-estamos-por-giorgio-agamben.html. 90 Primo Levi afirmou sentirse como o vello mariñeiro de Coleridge: coma un home posuído pola necesidade de narrar constantemente, de ser testemuña do vivido, a calquera persoa, en calquera lugar. E fronte a isto a súa visión hipercrítica: Os que sobrevivimos aos campos non somos testemuñas verdadeiras. Somos os que, a través da prevaricación, a habilidade ou a sorte, nunca tocamos fondo. Os que estiveron e viron o rostro da Gorgona, non regresaron, ou regresaron sen palabras. Age of Extremes: The Short Twentieth Century, 1914-1991. Citado por Eric J. Hobsbawn. Michael Joseph (ed.), Londres,1994. 91 Chantal Maillard / Gil Emeth, “Antes de la aurora. En torno a una fenomenología de lo divino en María Zambrano”, Azafea II, Universidad de Málaga, 1989, pp. 107-108. Sobre a política nas obras de xuventude 73 sufrido. 92 Neste sentido a pensadora Hannah Arendt alude á experiencia dos refuxiados xudeus trala invasión de Austria por Hitler. Pasando do optimismo elocuente ao pesimismo sen palabras. 93 Do mesmo xeito o propio Rafael Dieste no exilio entregaba a súa muller Carmen Muñoz moitos dos seus textos para ser destruídos. 94 Se algo caracteriza o comezo da obra de Zambrano é a súa inicial disidencia co seu mestre Ortega y Gasset. Primeira de outras tantas fracturas cos discursos canónicos. Por outra banda, Dieste foi un home de pensamento entregado ao diálogo e debate constante. Enfrontado tantas veces, xa nos primeiros anos defendendo posturas contrarias a Manuel Antonio por exemplo, á narrativa que aglutinaba o sector máis próximo do seu tempo. Podemos dicir que a disidencia é un carácter constante nos seus legados. Deste xeito debemos sinalar algunhas particularidades que os retratan e, como non, os seus puntos de fuga. Puntos que sempre se reúnen no cerne ético-político, no cerne axiolóxico, raíz e tronco coas súas diversas e xenuínas pólas. 1. PRIMEIRAS ACHEGAS POLÍTICAS No pasado capítulo tratamos a participación en proxectos colectivos en ambos autores. Imos centrarnos agora en esculcar a etapa dos anos vinte e dos primeiros anos trinta. Etapa na que unha María Zambrano e un Rafael Dieste mozos toman conciencia das respectivas contornas culturais e políticas, previa ao seu contacto e amizade. Para contextualizar o período -acoutado nos anos vinteamosaremos as distintas traxectorias intelectuais así como o proceso de cambio que está a producirse. Son anos de despegue e tamén de compromiso activo nun tempo no que xa entenden que o problema dos totalitarismos sobrevoa como unha forte posibilidade. Fica 92 Platón, O Banquete, La Voz de Galicia, 2005, p. 85. 93 Hannah Arendt, “Nosotros, los refugiados” [xaneiro 1943], Escritos judíos, Jerome Kohn e Ron M. Feldman (eds.), Paidós, Barcelona-Bos Aires-México, 2009, pp. 353-365. 94 Carta de Carmen Muñoz a Domingo García Sabell, 4 de febreiro de 1983: “Después de terminar el ciclo de que se tratase, una vez aclarado y puesto en orden para él el asunto, le acometía un impulso destructor y, aprovechando alguna salida mía, todas aquellas preciosas investigaciones iban a parar, después de ser cuidadosamente desmenuzadas, me imagino, al crematorio situado en el rellano de la escalera. Hasta que más tarde di en la artimaña de escribir disimuladamente, con copia. Se dio el caso de que años después, echó de menos algunos originales y pude presentárselos triunfante” (TDN, p. 23). MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 80 España es un enigma, especie de esfinge en el desierto que atrae y hechiza a cientos de viajeros y ante la que muy pocos sienten el amor suficiente para acercarse a dialogar. ¿Quién se atreve a dialogar con una Esfinge? Y la Esfinge está condenada a serlo hasta que alguien no entre de verdad en diálogo con ella. Esta situación de estar condenados al aislamiento producía un sentimiento de ser víctima de una injusticia histórica, de ser los condenados de Europa; esa víctima que hay siempre encerrada en la mazmorra mientras la fiesta brilla allá en lo alto; condenada a la oscuridad y desoída, mientras los demás se prodigan lujos de palabras y de atención. Hambre de ser escuchado es lo que siente la víctima, el condenado, que aunque todo lo tuviera parecería la humillación más terrible que a un humano puede darse: no ser escuchado ( DD, p. 64). 108 España semella un ser de traxedia, unha criatura engaiolada e silenciada e, como o resto dos vencidos/as descritos por Zambrano, de raizame Antígona, á que só élle permitido berrar dende o alxube. Seres murados, baixo a luz e tamén baixo o canónico. A Esfinxe de Zambrano, a Gorgona de Levi, son símbolos que permiten achegarémonos ao paradoxo destes narradores apreixados entre a palabra e o silencio. Tanto unha como a outra pódense tamén interpretar en clave de traizón. A autora de Delirio y destino, libro escrito a principios dos anos cincuenta maila narrar acontecementos pretéritos, afirma que rara vez o pobo se expresa. Aos que mandan non lles gusta comunicarse nin aceptan aos que o fan, de aí o rexeito aos poetas di Zambrano. O poder tende a ser taciturno (DD, pp. 72-73). Entre a ansiedade narrativa e o silencio atopamos un discurso complexo para os que viven e profiren as propias experiencias nos campos de concentración e exilios. A obsesión de Dieste por queimar os escritos en Bos Aires ou a palabra que quere ser mero eco en María Zambrano, responde a esta tesitura. A palabra na obra da autora non deixa de amosarnos a bicefalia; da palabra auroral enleada no silencio á palabra como canle de liberación. A primeira, como promesa, aparece en ambos autores representando á vella razón poética. Zambrano, sendo entrevistada polo seu amigo o poeta Antonio Colinas, afirma que é unha razón anterior a Heráclito. 109 108 Sobre o imaxinario que a traxedia clásica aporta á configuración do concepto de xustiza véxase o libro de María Xosé Agra Romero, ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad, USC, Santiago de Compostela, 2016. Clitemnestra representa a vulnerabilidade das nais fronte a unha “xustiza” que non escoita o sufrimento ante o sacrificio da súa filla, revertendo todo o aparato despótico contra esta. O peso do asasinato de Agamenón fronte ao de Clitemnestra pasa a ser un elemento que evidencia o trunfo dun patriarcado que xa viña exercendo a súa primacía anteriormente. En definitiva, a vulnerabilidade e o silencio das vítimas está en xogo nas primeiras manifestacións da nosa cultura a través das traxedias clásicas. Agra traballa, desde a perspectiva de xénero, o concepto de xustiza no amplo espectro que arranca da traxedia grega ata o mundo actual, onde seguen replicándose os actos de vinganza, violencia e impunidade. 109 Antonio Colinas: “Esa razón poética, aunque yo no tuviera conciencia de ella, aleteaba en mí, germinaba en mí. No podía evitarla aunque quisiera. Era la razón que germina, una razón que no era nueva, pues ya aparece antes de Heráclito. No ya como medida, sino como fuego, como nacimiento: la razón naciente, la aurora.” A. Colinas, “Sobre la iniciación. Conversación con María Zambrano ”, Cuadernos del Norte, año VII, nº 38, 1986, p. 8. Sobre a política nas obras de xuventude 81 A palabra convertese nun espazo problemático pois ao proferila lidia co poder e tamén ao silenciala. A estética da palabra non deixa de ser armadura disfrazada, apta por tola ou temporalmente demorada. Ao final da súa vida, coa obra Claros del bosque, falará dese tempo inicial, anterior incluso á palabra proferida, a que serve de instrumento e comunicación. Explícao nas súas notas ao devandito libro. 110 A idea do verbo creador será moi recorrente na súa obra e tampouco infrecuente na obra do pensador de Rianxo. Goethe, quizá con excesiva cautela y muy lento al cómo, quería ser criatura cumplida… (El cómo es para él, y en él, la naturalidad del alma, un dejarse crear, como los árboles. Investigando y viendo las formas del verbo creador, nos transfiere su viva adoración a esas formas, y si quisiéramos aconsejarnos de él para cumplirnos, habríamos de hacer activa tal adoración, entablando con ella, desde el primer instante, un comercio análogo al de la música y la danza). 111 Estas palabras de Rafael Dieste trasládanos ao universo reflexivo zambraniano no que a palabra adquire caracteres naturais, “criatura do bosque”. O tempo ao que aluden sempre chega tarde á Historia e á palabra. Zambrano fala dun tempo pretérito, anterior á linguaxe. Tempo no cal a palabra non aparece contaminada do poder substantivo, sendo máis voz que vocábulo: “Pues si el despertar se da en un instante, el espacio lo acomete, como si ahí lo hubiese estado aguardando, para definirle, para hacerle saber que es un ser humano sin más. Mientras el fluir temporal, en retraso siempre, se queda apegado al ser que despierta envuelto en su tiempo, en un tiempo suyo que guarda todavía sin entregarlo (PO, p.171). O proceso de xestación das ideas políticas de Zambrano na década dos vinte pódese abordar desde tres ángulos: a traxectoria biográfica familiar, a propia análise das producións escritas pola autora neste período e as posteriores derivas e explicacións que ela mesma verte sobre dito momento inaugural do seu pensamento. 112 110 “Anexo” (Inclúe a lectura realizada por María Zambrano de Claros del bosque coa selección de textos de Valente), (PO, p. 171). 111 Rafael Dieste, Hora de España (Valencia-Barcelona) II, febrero, 1937, p. 135, (Vol. 1, pp. 134-137), Documentos A, nº 1, O. c., p. 200. 112 Sánchez Cuervo afirma que a mesma razón poética xorde como resposta, moitas veces esquecida, á política franquista, ao fascismo. Ofrece un texto amplamente documentado sobre o exilio zambraniano e a bibliografía correspondente: “El exilio de María Zambrano y la política oculta”, Aurora, Papeles del “Seminario María Zambrano”, nº 15, 2014, p. 57. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 82 Sobre a historia familiar na obra María Zambrano. Los años de formación, Juan Carlos Marset narra a contorna da familia Zambrano desde os seus avós. Neste ensaio a familia semella un grupo de persoas que durante as xeracións inmediatamente anteriores á filósofa quedan circunscritas nun ámbito claro de reformismo social cuxa chave é a educación. Don Diego Zambrano, o avó de María era un mestre rural con moitas inquedanzas no eido educativo e social. 113 É retratado coma un mestre moi afín ás conviccións protestantes, liberais e demócratas. Don Diego marcará unha dirección espiritual na familia pero non nas crenzas relixiosas. Blas, o fillo de Diego e pai de María, renuncia a todo credo e María terá unha relación moi heterodoxa ao longo da súa vida co catolicismo. María e Blas Zambrano observan na deriva de Don Diego máis unha loita pola liberdade influenciada polos aires anovadores que un rexeitamento do catolicismo. No período inmediatamente posterior á Revolución de 1854 Sevilla comeza a ser o centro de difusión do protestantismo e a cerna da demanda social de liberdade relixiosa. En 1868 a Revolución de Setembro suporá o principio do camiño cara á consecución desta demanda que se acadará contra o seguinte ano. A filósofa interpreta a postura relixiosa do seu avó máis como unha defensa da liberdade que como síntoma da propia crenza protestante. Descríbeo como un heterodoxo, un protestante do protestantismo, semellante aos iluminados do século XVI. O gnosticismo, a vertente mística de Don Diego descrita pola súa neta lígao á visionaria, posteriormente investigada, Lucrecia de León. Outro dos seres vencidos e sacrificados dadas as circunstancias históricas adversas que lle tocaron vivir. Diego Zambrano, mestre vocacional e loitador acaba sendo destituído en outubro de 1886 debido ao estado de demencia que xa fora detectado no curso anterior. Ao parecer non foi este un caso illado entre os mestres rurais do momento, cuxas vidas foron tituladas polo mesmo Blas Zambrano de heroicas e necesarias, tanto que o propio Blas Zambrano tomaría a mesma traxectoria vital. Un dos eixos reflexivos de María Zambrano se constituirá a partir da condición de exiliados ontolóxicos, condición propia da estirpe de Antígona (TA, p. 24). Non son unicamente personaxes de ficción, di Zambrano, tamén o son algúns homes sometidos á morte parcial, alleación e silencios. Diego, na historia familiar semella 113 Non seguiremos neste punto os detalles miúdos da historia familiar traballados por Juan Carlos Marset e outros estudosos noutros ensaios. Juan Carlos Marset, María Zambrano. Los años de formación, Fundación José Manuel Lara, Sevilla, 2004, pp.10-121. Sobre a política nas obras de xuventude 83 unha icona clara do dobre exilio, da propia aldea, da súa matria e o exilio ontolóxico acaecido tralas duras condicións vitais. Talvez debido a isto, en Delirio y destino explorando as raíces explicativas da historia de España recorde a Don Diego: Andaluces, extremeños, valencianos -también levantinosestablecidos muchos en Barcelona, integraban el anarquismo español. Tan peculiar; en verdad, no se les podía tomar por su “ideología” sino por su sustancia; eran ya desde hacía muchos años, finales de siglo, el caos poético trágico de la vida social y política de España, que podía permanecer quieto años y aún décadas, para irrumpir un día; en una sangrienta semana explotan en atentados extemporáneos y desacertados que costaron a España víctimas irreparables, como los políticos Canalejas y Dato, factor de las leyes sociales. Paraban en ser carne de cañón, espanto para los pudientes que se sobresaltaban. Mas lo primero antes que nada, antes que darles el jornal, las horas de trabajo, les interesan en verdad las leyes sociales; tal vez hubiera habido que hablarles y hacerles hablar. Ahora, en este momento, habría que hacerlo, hacer que salieran de su aislamiento de condenados, pues no todas “las víctimas” resisten su situación sin enloquecerse en la violencia, sin pasar a ser verdugo: ¿no es eso lo que espera del condenado quien de verdad le condena? Si se pudiera rescatar a estos heterodoxos. ¿Tendrá que ver el anarquismo con el quietismo, con el iluminismo, aquellas herejías que con tan recóndita pasión de comprender, con tan honda simpatía, a pesar de todo, había escrutado el historiador católico? Ahora comprendía, sentía que el ortodoxo historiador estudió los heterodoxos por estudiarles a ellos quizá, a los anarquistas de todos los siglos de la historia de España; llegar a entenderlos sería desentrañar la vida española. ¿Y si el entenderlos fuese activo, acción y no sólo estudio teórico, como podía ser, pues?¿Cabe entender las entrañas, desentrañar sin entrañarse al mismo tiempo? (DD, pp.71-72, as cursivas son miñas). Menéndez Pelayo, o “historiador católico” mencionado por Zambrano, sérvelle de fío condutor xunto con Pérez Galdós para atopar explicacións, se cabe diverxentes, das que no momento situaban a España no espazo da senrazón, afastada de calquera sospeita de civilización. As cuestións abertas por ela sitúan o cadro político ensarillado ás raíces relixiosas do pobo. Dando pé a unha singular concepción da relixión. Ímonos preguntar a que relixiosidade se está a referir Zambrano e tamén que efectos terá este humus cultural no que chegará a chamar sentir español. A pensadora comprende que o problema relixioso, aparece escindido en varias concas que progresan a medida que madura o seu discurso. O que aquí nos preocupa é a relixión como ingrediente de configuración dun sistema social. Beatriz Caballero Rodríguez ao analizar o marco teórico a partir do cal xorden as diferentes bifurcacións da relixión en Zambrano parte da análise de Williams James e Émile Durkheim. O primeiro facendo fincapé na experiencia persoal, na espiritualidade, e o sociólogo entendéndoa dende a tríade: crenza, ritual e sistema social. 114 Interésanos neste 114 Beatriz Caballero Rodríguez, “El concepto de excepcionalismo español” e dentro do mesmo, o segundo apartado: El MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 84 epígrafe a relixión como ingrediente de configuración dun sistema social. As arelas de Zambrano van modificándose pero a temática relixioso-espiritual sempre aparece e non necesariamente escindida en unha ou outra catalogación. Trátase de extraer da análise inicial do que é “ser español” (nun momento tan crítico como os anos vinte e inmediatamente posteriores) a idea da súa conexión coa relixiosidade e a espiritualidade. Estas serven ao sistema social na reflexión de Zambrano de ingrediente matriz. A sociedade comeza a construírse desde capas atávicas a partir das cales xorden as que si se dan a ver. Son os substratos vitimarios, cos que non se establece comunicación algunha ao non ser escoitados e sendo silenciados, sobre os que se constrúen todas as edificacións humanas posteriores. De aí a importancia do poeta, como “tolo/a”, “curandeiro/a”, “druída”, por dar voz aos que nunca poderán articular palabra algunha. Ao buscar o fío xenético da pensadora atopamos a raíz dunha praxe política renovadora en vertentes da disidencia doutros tempos, moi enriquecedoras, vertentes directamente relacionadas co sentir relixioso: De sus antepasados por línea paterna, extremeños desde siempre, le llegaba sin duda, porque lo entendía desde adentro “el quietismo” y el estar dispuesto a partir “quemando las naves”. ¿No sería en esencia, la misma cosa, la misma actitud? Quemar las naves con la realidad del mundo, con toda la realidad para buscar a Dios en la nada; arrancarse de todo lo conocido, y lo “sido” por ansia de nacer o renacer en país virgen para marchar, deshaciendo la vida al encuentro del alba (DD, p.71). O quietismo que en liñas posteriores suxire emparentado co anarquismo e con certa maneira de explosión; aquela de quen tendo calado moito, irrompe na procura de cambios a nivel social. Individuos con moitas demandas individuais por facer pero que son adiadas a prol do beneficio do grupo: “Estaban allí con sus presencias esquemáticas, cifras de España y su sustancia viviente” (DD, p.70). Idea recorrente que volverá en algunhas das escritas posteriores (ESV, p.104). Este marco referencial da traxectoria familiar vai ter o seu peso nos primeiros anos da vida intelectual de María Zambrano, nos que intenta perfilar a súa identidade non só a nivel xeopolítico senón tamén intelectual. Que é España?, como é o ser español?, son as cuestións que promove na procura de fundamentos. concepto de religión dentro del pensamiento zambraniano. Thémata Revista de filosofía, nº 45, 2012, pp. 89-93. Sobre a política nas obras de xuventude 85 A visión da política zambraniana está moi relacionada coa súa crítica á razón occidental. A razón do idealismo, a do racionalismo, non pode ser o marco intelectual idóneo para arranxar os graves problemas que están aparecendo no novo século. No caso de María Zambrano a súa opción antiidealista condúcea a unha tesitura antiburguesa claramente afastada do elitismo do seu mestre Ortega y Gasset. Afastamento que a pensadora entende dentro do propio proceso de ser discípula: “La acción del maestro trasciende el pensamiento y lo envuelve; sus silencios valen a veces tanto como sus palabras y lo que insinúa puede ser más eficaz que lo que expone a las claras. Si hemos sido en verdad sus discípulos, quiere decir que ha logrado de nosotros algo al parecer contradictorio; que, por habernos atraído hacia él, hayamos llegado a ser nosotros mismos (ESV, p. 91). 1.1.1 Escritas de xuventude Horizonte del liberalismo (1930) Ana Bundgaard defende un dobre rexistro discursivo na obra inicial de Zambrano. 115 Un “racional”, de tema sociopolítico e outro “suprarracional” que transcende á realidade histórica. 116 Estes dous rexistros amósanse ligados na redacción do texto de xuventude e talvez coa intención de non seren segregados. O ensaio de Zambrano comeza abrindo a devandita temática a un amplo abano de cuestións, todas imbricadas na vida, no humano. Comeza afirmando, fronte a Eduard Spranger 117 que o interese da vida política non debe ser o poder senón a reforma, e dicir a transformación social. Non é de estrañar a crítica xa que o autor representaba a vertente idealista, romántica e neokantiana da que a filósofa comeza a manifestar distanciamento. Non concibe a política afastada da ética ou da relixión (HL, p. 203). O espírito axiolóxico da obra zambraniana comeza séndoo desde as primeiras páxinas das súas pescudas. Ten que ver coa tradición herdada no seo dunha familia de intelectuais de 115 Ana Bundgaard, Un compromiso apasionado. María Zambrano: una intelectual al servicio del pueblo (1928-1939), Trotta, Madrid, 2009, p. 127. 116 Cremos que no libro aparece unha errata: a palabra “supranacional” debería ser substituída por “suprarracional”. 117 Eduard Spranger (1882-1963), creador da Psicoloxía científico-espiritual e alumno de Dilthey, Schmidt, Hintze e Paulsen. Defensor do respecto á vida como relixión. E. Spranger, Cfr. Problemas humáns, Galaxia, Pontevedra, 1966, pp. 9-15. A tradución da obra ao galego fainos pensar nun autor con certa repercusión no século pasado e no tempo da autora. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 86 esquerdas moi comprometidos coa realidade histórica do seu tempo, como vimos dicindo, e tamén cun certo sentido da filantropía. Unha reflexión sempre en liza coa posibilidade do ser humano de transformar, de cambiar co seu esforzo, o curso dos acontecementos: “Política es reforma, creación, revolución siempre, por tanto, lucha -conjunción- entre el individuo y la vida” (HL, p.204). Zambrano apunta ao futuro, aos cambios que producirán un novo marco histórico, a unha política inserida na traxectoria da vida humana. O ser humano é o heterodoxo cósmico, a política tamén será froito desa rareza do ser que conduce un trato artificioso coa realidade. 118 Esta concepción temperá da heteroxeneidade esencial do ser está intimamente vencellada á poética machadiana. 119 Os primeiros anos de formación da autora en Segovia (1909-1926) son anos dunha potente apertura ao mundo intelectual da man do seu pai, Blas Zambrano. No círculo inmediato do mestre xorden asociacións culturais, revistas e faladoiros. A primeira publicación dun artigo de María Zambrano será na revista Manantial na que tamén Blas Zambrano era colaborador. Nestes anos segovianos a autora malagueña terá ocasión de coñecer a metafísica machadiana de Abel Martín. 120 Na liña das herdanzas, amosa no ensaio a necesidade de non desprenderse da pegada do pensamento do seu mestre Ortega; política e vida, fusión do horizonte vital e o seu proxecto propio. 121 Conserva esta pensadora nova e seareira aínda da esencia do raciovitalismo, a raíz metafísica orteguiana do pensamento. “Política y vida. Lo que ya es y lo que ansía ser, en palpitaciones de impaciencia. Y entre ambas, entrecruzándose, el hombre -con sus múltiples problemas- y su universo. Son los grandes temas metafísicos del ser y la vida; del individuo y del mundo; de la vida -en su raíz irracional- y la razón” (HL, p.207). 118 Ao respecto pódese consultar: María Leyra “Zambrano Dieste, extraños centauros”, Abriu, nº 7, Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, Barcelona, 2018, pp. 119 Mercedes Gómez Blesa no seu artigo “La piedad: el trato con lo otro”, María Zambrano, de la razón cívica a la razón poética, 1904- 1991, Publicaciones de La Residencia de Estudiantes/ Fundación María Zambrano, Madrid, 2004, p. 487-488, cóntanos como xa nestas páxinas aparece a idea de ‘sentir orixinario’, de comuñón entre o individuo e o universo que resolve o problema do idealismo/realismo abordado por Ortega- María Zambrano afirma que o sentimento é ‘áncora e estrela’, xa máis aló do raciovitalismo e na dirección do concepto de piedade. A piedade como ‘matriz orixinaria da vida do sentir’. 120 Alfonso Berrocal, Poesía y filosofía, María Zambrano, la generación del 27 y Emilio Prados, Pre-textos, Valencia, 2011, p. 28. 121 Curioso polas consecuencias que trala publicación do libro traerá consigo, como queda constancia nas cartas de Zambrano ao seu mestre. Hai unha clara filiación raciovitalista pero tamén unha dirección -que enraizada na vidaserá dinamizada e trasformada finalmente. Estámonos a referir á transformación da áncora inicial da vida no enclave final da persoa como eixe da razón poética. José Calvo González, Epistolario María Zambrano Ortega y Gasset (1930-1932): “Sobre Horizonte del Liberalismo (1930), o María Zambrano en claroscuro”, Rev. Telemática de Filosofía del Derecho, nº 8, 2004/2005, pp. 112-124. Sobre a política nas obras de xuventude 87 Veremos como esta pegada non estará ceibe de disidencias. 122 A interpretación da política xunguida á vida sérvelle para ver ao comunismo ruso como a expresión desa pulsión vital omniabarcante, que atinxe ou quere abranguer tódolos recunchos do humano posible. Zambrano anunciaba ao principio do ensaio (HL, p. 205), que cada época histórica se define en función non tanto das respostas que ofrece como do elemento do universo ao que presta atención. Ese elemento de filiación orteguiana é a vida. Desde esta perspectiva metafísica da política vai debullando un panorama que será clave na obra posterior. A crítica ao idealismo, ao racionalismo, ao estatismo en definitiva fronte á dinámica do real. A política conservadora fronte á revolucionaria. A autora percorre eidos diversos partindo dunha perspectiva fiel a súa concepción do humano. A través de elocuentes reflexións delinea o campo dos conservadores. Estes non conseguen entender o mundo nin a política pois tratan de facer dela unha sorte de física, e da historia humana unha historia natural, incluso unha astronomía: Pero es que nunca, por mucho que se proteja el orden, se podrá dar completa satisfacción a su sueño de nirvánica quietud. Por muy ordenada y fija que sea una estructura política, siempre será forma transitoria. Toda forma política, en cuanto creada por el hombre, y no nacida de naturaleza, lleva en sí -inherente- su transitoriedad. Todo lo humano pasa, fluye, muere. El conservador vive del ensueño de convertir la política en física; la historia humana, en historia natural, más aún, en astronomía. El conservador es el mineralizador de la historia; el que ante todo tiene ansia de perfiles, de arquitecturas que duren siempre (HL, pp. 212-213). Unha das capas da súa crítica sen dúbida ten o seu punto máis crítico na linguaxe. Rexeita a linguaxe que tende aos tecnicismos profesionais baldeiros fronte aquela evocadora do ser substancial. A política conservadora parte da nirvánica quietude, converténdose nunha instalación estática dominada por unha linguaxe substantiva que non substancial. O humano flúe e morre, logo a política que lle corresponde éo de acción e reacción, de revolución. Xa non é o substantivo senón o verbo quen mellor expresa o devir humano. 122 Aludimos as tres cartas intercambiadas por Zambrano e Ortega nas que a discípula, xa máis alá do raciovitalismo, é quen de corrixirse a prol da defensa do legado orteguiano no seu discurso. Legado que xa distaba de ser fiel á ortodoxia raciovitalista e ao liberalismo de corte aristocrático que Zambrano non asume. Véxase: José Calvo González, Epistolario María Zambrano Ortega y Gasset (1930-1932): “Sobre Horizonte del Liberalismo (1930- 1932), O. c., pp. 112-124. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 88 A crítica queda patente e non pretende ser unicamente esta un discurso teórico asentado na pura reflexión. Ela mesma, convencida dos seus presupostos, vai darnos claves vitais moi plásticas, ricas en imaxes, como fará acotío, por outra banda, nos restantes escritos: Se puede ser conservador, en el caso más frecuente, por pereza, por horror a las conmociones espirituales, por insuficiencia vital, en suma, causada, ya por un temperamento -nuestro fondo orientalya por esa abulia, engendro el más indignante de un vivir miserable, de escasa alimentación, siempre adscrito a la necesidad del momento, sin horizonte de redención; vida mísera del campesino de Castilla, del jornalero del espléndido campo andaluz, aguachinada la sangre de gazpacho, diluida la mente en la sensual contemplación del paisaje. ¡Por un lado, holganza estéril de los acomodados -las charcas de los casinos! -; por otro, la depauperación en que ya el hambre ha perdido su reacción agresiva; la desolación de una cabeza y un estómago cesantes, deshabitados. Se puede ser conservador por egoísmo de los que en la sociedad actual disfrutan la mejor parte. Esto es fácil de comprender; es la postura natural del que tiene un beneficio. Sólo una convicción moral contraria puede arrastrarlo; mas, cuando no existe, la inercia vence (HL, pp. 213-214). Atopámonos cunha poliédrica disertación sobre o ser humano en tanto suxeito político. Irixe a mirada psicolóxica cara as distintas fasquías da contorna conservadora. Comeza a análise dende unha visión polarizada. As políticas conservadora e revolucionaria son o negro e o branco sobre o que debuxa a súa primeira hermenéutica. A postura conservadora é pesimista, estática, dogmática, sen estrutura, única; fronte á revolucionaria, dinámica, estruturada. Porén isto non é mais que a primeira das achegas, axiña reflexiona criticamente sobre os diferentes resultados que as revolucións ofreceron, case sempre negativos. A clave do fenómeno revolucionario vai situalo no plano da vida: “Una revolución depende -ya se ha dicho-, no de una doctrina, y sí de un estado social. Es un fenómeno físico, casi geológico; fuerzas largo tiempo contenidas, dormidas, se ponen en movimiento y estallan, deshaciendo la corteza que las mantenía aprisionadas” (HL, p.221). A realidade toda é concibida como proceso no cal queda recollida a pegada das fases precedentes. Dato que aproxímaa -como ten sinalado Juan Fernando Ortegaao concepto de substancia Sobre a política nas obras de xuventude 89 leibniziana. 123 O ser humano como heterodoxo cósmico ábrese á vida desde os estratos máis básicos debullando outros máis complexos. Eses primeiros estratos como o principio de uniformidade ou principio de Arlequín leibniziano van reproducir un esquema similar na formación do individuo e tamén da comunidade. Todo é análogo, cada mónada representa todo o universo. Nesta conca discorrerán tanto o microcosmos como o macrocosmos a través - fundamentalmentedo posteriormente desenvolvido concepto de piedade. A outredade que convive en nós e a que forxa as comunidades e pobos a partir dos estratos máis fondos do “vencido”. A metáfora leibiziana baseada na comprensión analóxica do mundo pódenos servir para comprender as conexións da autora co filósofo empirista. 124 Deste xeito, a vida do ser humano chega a ser un acto senlleiro, de transcendencia, partindo da natureza: “El es siempre lo otro de la naturaleza” (HL, p. 205). Porén natureza, tamén. En obras posteriores afonda na concepción da realidade partindo de planos máis elementais e básicos ate os máis elevados. Aparecen as estruturas minerais como un elemento orixinario receptáculo das primeiras transformacións. Aqueles elementos que semellan menos áxiles no arrandeo da realidade son precisamente os que sustentan e orixinan os cambios. Capas xeolóxicas representativas do atávico, que soportan aos outros planos máis complexos, raizames dos substratos visibles. Reflexión que sustenta a súa concepción do vencido. Posteriormente en El hombre y lo divino patentizará a relación entre os estratos do vencido e a xerminación: Todos los vencidos son plagiados, en el sentido amplio de la palabra “plagio”, que puede llegar a ser hasta el desenvolvimiento, el desarrollo de un tema inicial; hasta el rapto de una figura representativa. La suerte de la razón del vencido es convertirse en semilla que germina en la tierra del vencedor. La semilla, toda semilla, ¿no está vencida cuando es enterrada? Y cuando revive de entre los muertos, donde la arrojó, es porque se ha vencido enteramente a sí misma (HD, p. 97). 123 Juan Fernando Ortega, “La superación del racionalismo en la filosofía de María Zambrano”, María Zambrano o la metafísica recuperada, Universidad de Málaga, Málaga,1982, p. 91. J. F. Ortega cita un texto do Discurso de metafísica do autor de Leipzig no que apunta a pegada, os restos, de todo o que pasa no universo, na alma. 124 O mundo das substancias espirituais reproduce ao todo, como é arriba é abaixo. Principio de correspondencia presente en textos antigos de ritos ancestrais como o Kybalion. Dato reseñable dada a querencia da autora polas escritas fundacionais das diferentes espiritualidades e relixiosidades. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 96 humano na súa condición de criatura vencida. Empregará unha sólida imaxe de Goya, o desarrapado de Los fusilamientos de la Moncloa: De tales determinaciones de este personaje puede inferirse que es un ser ahistórico, que pertenece a la naturaleza siempre virgen, no a la historia poblada de huellas y rastros. No es así, sino que este hombre representativo como ningún otro del estilo autóctono del vivir y del morir español, esta criatura es la base, el elemento permanente que presta a un pueblo su imperecedera juventud, el ser, en toda su arisca independencia. El ser, la criatura que todo español no pervertido lleva dentro, en sus entrañas, bajo su ser histórico, bajo sus ideas. En la intimidad de todo español de veras, por muy alta que sea su representación espiritual, alienta siempre este desarrapado, esta criatura arisca y desgarradora, y a poco que acerquemos nuestro oido a su pecho oiremos su respiración poderosa. En toda voz española de las que se dejan oír sobre el murmullo de cada día, oimos inequivoco el sonido virginal como de agua revoleteando entre piedras, de esta voz originaria para cuyo son, parece haberse hecho la palabra dura y transparente, vivo cristal de roca de nuestro idioma (PVE, p. 38). A liberación humana da violencia, que intúe previa á colonización dun coñecemento intrinsecamente perverso contra a vida, será posible “bajo su ser histórico”, “bajo sus ideas”. A historia non sacrifiacial nacería dunha matriz vencellada ás filosofías e credos primitivos?. Esta é a sospeita zambraniana. Non a nietzscheana morte de deus senón a dun deus xerador dos infernos totalitarios fillos da razón que quería ser monarca absoluto. O liberalismo racionalista pivota sobre o concepto ambiguo de liberdade. A primeira contradición que atopa Zambrano no liberalismo é a súa base racionalista, exenta de liberdade (HL, p. 228). A liberdade é un suposto ancorado na dicotomía ao mesmo tempo que a propia cultura. Sitúa o seu relatorio na concepción do ser humano abocado á experiencia da traxedia do propio ser. A liberdade erixida sobre aquilo que non o é supón abordar o periplo humano desde unha certa imposibilidade de ser. De aí que entenda a liberdade propiciada polo liberalismo asentada sobre a escravitude. O liberalismo entende por liberdade algo que se sustenta desde unha concepción universalista do humano, desde unha certa preeminencia de ser. Liberdade que xorde confrontada ao dogma católico da providencia. Pola cal, cumpre humanizar a vida máis que divinizala. Todo isto entendido a partir dunha fenda provocada pola construción cultural e vital que os seres humanos creamos, a inmobilidade dos eixos que configuran as ordes física e espiritual. Sobre a política nas obras de xuventude 97 A oposición inicial entre dogma de fe católico e liberdade esvaese nunha comprensión moito más parella das orixes de ambas canles. O espazo está abonado para que ambos carreiros se encontren. Os dogmas humanos, racionais e os dogmas católicos, irracionais, sentimentais, escuros: “Pero en la Historia, en la vida culta, o simplemente en la vida, nada se pierde sin haber sido exprimido en su sazón. Todo deja su jugo a la Historia -la gran libadora” (HL, p.237). No liberalismo pérdese a parte irracional, sentimental da vida humana. É Lutero - visión que defendía Unamuno nos seus artigosquen se encarga de introducir na Reforma relixiosa os principios do liberalismo (HL, p. 249). O individuo libremente tratará coa divindade os seus asuntos, sen mediación doutras instancias. A filósofa introduce a cerna do crebacabezas, a vontade, xa descendendo cara os instintos. Chegando na actualidade a formar un mapa curioso no que amplas zonas do humano quedan exentas dos beneficios liberais, só un don para aristócratas (HL, p. 252). Xa non hai equilibrio entre os sectores sociais, o individuo non pode vivir illado, alleo a organizacións supraindividuais ou sen dereitos. O panorama vaticina claramente a contradición dun sistema que tendo como fin o individuo, alimentase de zonas en barbeito dos beneficios liberais. Os postulados espirituais do liberalismo non poden realizarse coa economía liberal (HL, p. 261). Temos o xermolo dunha nova idea que vai máis alá do pensamento orteguiano, moi próxima ao legado de Blas Zambrano e Machado, a idea de pobo. O pobo é a zona “sacrificada”, que está á espera de ser atendida. 133 Anuncio dunha concepción da historia como traxedia e da vida humana como espazo no que se pode abolir esa traxedia -desnacendo- mediante a liberdade (HL, p. 233). Esta relación contraditoria entre o moral e o político foi analizada dun xeito análogo por Aranguren. A moral luterana e a cristiá en xeral parten da “conciencia desgraciada” hegeliana. O ser humano non pode acadar as expectativas divinas, sempre “enpecatado”, debe asirse a súa conciencia. Non pode facer o ben, invértese o imperativo categórico, “debes, logo podes”, pasa a “non podes, pero debes”. A conduta queda xustificada só mediante a fe. A doutrina luterana deu como resultado do conflito coa conciencia individual, unha resposta que entraña contradición ou, dito doutro 133 José Ignacio Eguizábal a relaciona posteriormente co pensamento de Bergamín. La huida de Perséfone. María Zambrano y el conflicto de la temporalidad, Biblioteca Nueva, Madrid, 1999, p. 49. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 98 xeito, dobre moral. A nivel individual non se pode practicar a violencia pero o xuíz, o maxistrado, o militar, pode e debe defenderse. 134 A moral cristiá que sustenta o liberalismo implica varias contradicións: por unha banda, a liberdade de amplos sectores sustentada sobre as escravitudes de outros, “en barbeito”; por outra banda, a liberdade a nivel individual fica dobremente escindida. Kant diferenciaba entre o uso privado e o uso público da razón. O militar, o profesor ou o crego no seu “uso público” dará conta da súa liberdade individual pero como funcionario, no seu uso privado, deberá facer aquilo para o que foi instruído en virtude do seu cargo. Nesta situación, a lei pode ser analizada partindo dunha dobre óptica que en definitiva pode xustificar a violencia. “A versión europea de deus” amósanos un deus que ven “dicirse de moitas maneiras” e nesta declinación divina cabe só un devir histórico sacrificial. Volver á orixe e desatar ese nó será unha das angueiras da autora. Zambrano sabe con Séneca que hai que procurar que o que soporta sexa máis forte que o soportado (AE, p. 76). A violencia que xorde lexitimada por esta declinación de ser deus, non ven sustentada nin polos feitos, nin pola filosofía, nin polos deuses gregos. Pódese argumentar só desde o devir de Europa. A autora ve na moral xerada polo liberalismo unha moral que agocha ao home verdadeiro, malia que esquematizándoo, caricaturizándoo. Ironía de Zambrano para expresar ese “falso” humanismo sobre o cal o liberalismo se amosa alleo a toda vibración humana e individual (HL, p. 241). Jesús Moreno advirte da importancia desta obra inaugural de Zambrano precisamente pola importancia que nela ten todo o xenético, o xerminal (Jesús Moreno Sanz, “La política desde su envés histórico-vital: historia trágica de la esperanza y sus utopías”, HL, p. 163,). O xerminal nesta obra é a temática nacente da razón poética, o “experimento de razón poética” do que fala Ana Bundgaard. 135 Éo tamén a raíz profunda dun pensamento que nace xunguido ao dunha xeración, ou máis ben dúas, a do 98 e o 14. 136 Pero sobre todo, e moi claramente, a conexión co pensamento da persoa a quen dedica o libro, Blas 134 José Luís López Aranguren, Ética y política, Biblioteca Nueva, Diario Público, Barcelona, 2011, pp.73-77. 135 Ana Bundgaard, Un compromiso apasionado. María Zambrano: una intelectual al servicio del pueblo (1928-1939), O. c., p. 137. 136 Ibídem, p. 133. Sobre a política nas obras de xuventude 99 Zambrano, quen lle ensinou a mirar: “Dice Bergson que cuando el hombre descubrió el ver, descubrió al mismo tiempo la modificación que en su vida, en su estar en el mundo sucedía” (HL, p.186). O pai da filósofa ensináralle a remexer no eido emocional, o que suporá a vertente máis “subterránea” do seu pensamento. Mais será o curmán da autora, Miguel Pizarro, quen vai introducila na liña gnóstica, quietista, orientalista, que a pensadora rescatará desde as súas primeiras páxinas. Nestas intenta atopar referentes intelectuais que lle permitan comprender as claves da crise do liberalismo. Non as atopa unicamente na crítica ao idealismo senón tamén na reflexión sobre a elección espiritual do home europeo. 137 Talvez non podamos entender o traballo da autora de 1930 sen atender a resortes textuais posteriores como La agonía de Europa, publicada en 1945, Persona y democracia de 1956 e demais textos de raizame política. 138 A proposta zambraniana é a dun novo liberalismo non adscrito nin ao capitalismo nin ao comunismo, unha terceira vía de raíz humanista, crítica cos resultados que ate de agora este acadara nos réximes instaurados. Proposta sobre a que avanza claramente nas producións posteriores. A relevancia desta terceira vía radica na visión da persoa partindo da autocreación constante, mediante a razón poética, razón creadora que lle permite desnacer, desfacer os nós do tempo pretérito e proxectarse ao futuro desde a conquista individual que suporá repercusións en toda a comunidade. Está tamén xerminando un concepto da historia con unha pegada análoga a do seu senlleiro amigo republicano, Rafael Dieste. 139 137 O 27 de febreiro de 1967, desde La Pièce escribe a José Luis Abellán ao recibir o libro do autor Filosofía española en tierras de América: “Muy conmovida estoy por la cuidadosa atención que me ha dedicado y muy especialmente en lo que concierne a la relación con el pensamiento de mi padre. Se lo agradezco en el alma porque es de justicia y está realizado con extrema finura que yo diría musical. Mas no solamente en esto se percibe que tiene Ud. un oído fino. Lo que equivale a decir medida del sentir sin la cual el pensamiento divaga o se enquista.” José Luis Abellán, María Zambrano. Una pensadora de nuestro tiempo, Anthropos, Barcelona, 2006, p. 109. 138 Véxase o traballo ao respecto de María Xosé Agra Romero: “Sobre La Agonía de Europa de María Zambrano”, Laguna, Revista de Filosofía, nº 7, 2000, pp. 241-255. 139 Arturo Casas reflexiona sobre isto: “En este contexto querría situar, para finalizar, la concepción de la historia en María Zambrano, expuesta fundamentalmente en su libro Persona y democracia, resaltando a tal fin, como es lógico, aquello que muestra proximidad con los postulados diesteanos en La vieja piel del mundo. Algunas de las proposiciones que vertebran el ensayo de Zambrano, subtitulado según se ha indicado ya La historia sacrificial, son las siguientes: i) lo decisivo de nuestro tiempo, más que cualquier avance técnico-científico, es la conciencia histórica, cuyo reverso es la responsabilidad histórica; ii) la historia se ha comportado hasta el presente como una deidad que ha exigido renovados y constantes sacrificios humanos que solo podremos parar haciendo más y más extensiva la conciencia histórica, lo cual se ha de lograr en un proceso largo y abierto en el que no tiene encaje la instantaneidad de la revolución; iii) la historia tiene argumento por estar constituida en forma de drama, que cabe leer MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 100 Entre as fontes que inauguran o discurso filosófico e político da obra están sen dúbida as procedentes da súa aceptación do vitalismo que, seguindo a Jesús Moreno proceden de Nietzsche, Ortega, Max Scheler, Bergson e, como non, Blas Zambrano (Jesús Moreno Sanz, “La política desde su envés histórico-vital: historia trágica de la esperanza y sus utopías”, HL, p. 165). Vitalismo que ao abocar ao escepticismo xira sobre si mesmo ampliando o horizonte cara á intuición. Fala Zambrano de Un salto de alegre ligereza (HL, p. 225), que é interpretado por Moreno como o paso da razón vital orteguiana á intuición de Scheler, adiantando o proceso cara unha concepción do político relacionado coa palpitación do tempo (HL, p. 226). O salto de leda lixeireza é o principio do fin da “zona de confort” zambraniana -se algunha vez o foisituada na órbita de Ortega. Os orbes dos que fala Zambrano son as “concepcións da vida”, esferas que entrañan “concepcións do humano” (HL, p. 206). A política implica unha concepción do ser humano ante unha situación concreta. A alumna díscola de Ortega activa o cambio de rumbo da súa singradura ante unhas coordenadas que a levan a unha nova concepción. Concepción non única, posto que como estrelas ou planetas comprende os espazos onde a vida humana transcorre: “Todo ser vive en función de un orbe, límite envolvente de todas sus actividades y sostén de su ser, quien, a su vez, le sostiene. Y este mutuo sostenerse, este equilibrio de existencias es lo que crea el universo, la unidad” (HL, p. 205). Na súa escrita de 1956, Persona y democracia, afondará neste tema: El orden de la sociedad democrática está más cerca del orden musical que del orden arquitectónico. La historia comienza cuando se erige una construcción, y según dijimos, la imagen de la vida histórica hasta ahora es la de algo que se edifica. La transformación que ha de verificarse quizá sea tal que algún día -felizmente- la imagen de la vida histórica del quehacer histórico provenga de la música; de este orden que armoniza las diferencias (PD, p. 206. A cursiva é miña). como tragedia debido a que lo propio de la tragedia es un actuar sin saber y, a su vez, lo propio de la condición humana es adquirir conocimiento de sí actuando o haciendo más que pensando; iv) en la historia trágica el personaje se hace máscara; v) la historia es representación volcada a absolutismo, pues el nudo trágico de la historia occidental es ese y no otro, el absolutismo, equiparable a un querer algo absolutamente; vi) la historia tendría que dejar de ser representación sacrificial para entrar en una fase humana que supondría el paso de una historia trágica a una historia ética; vii) el error de todo absolutismo es siempre alimentar el propósito de detener e incluso retener el tiempo”. Arturo Casas, “Filosofía de la historia en la ensayística de Rafael Dieste: la vieja piel del mundo” (1936), Crisis de la Modernidad y Filosofías Ibéricas: X Jornadas Internacionales de Hispanismo Filosófico, Universidade de Santiago de Compostela, José Luis Mora García, Delia Manzanero Fernández, Martín González, Xavier Agenjo Bullón (ed.), USC, 2011, Fundación Ignacio Larramendi. Departamento de Filosofía, USC, Asociación De Hispanismo Filosófico 2013, pp. 83-118. Sobre a política nas obras de xuventude 101 A concepción dunha orde social próxima á orde musical ven apoiada por unha comprensión do logos que analiza ao rastrexar as raíces gregas da nosa cultura en El hombre y lo divino, 1955. Nas páxinas que a autora dedica ao trato co “outro” alude a un logos do número fronte ao da palabra. O logos do número é o logos da alteridade heracliteana, o cal admite a contradición como núcleo do real. A configuración do proceso histórico adoece da eiva dunha imaxe errática construída sobre a aspiración á solidez. Neste senso aproxímase á dialéctica negativa de Adorno. Partindo da crítica ao concepto razón para descubrir tras ela o fracaso tamén do concepto do humano como espazo homoxéneo e uniforme. Unha razón que identifica a través do proceso redutivo-abstractivo dos conceptos, é aquela que devén totalitaria e insubmisa á heteroxeneidade do humano. Para Adorno o “concepto sempre supera ao concepto”. 140 O proceso de aniquilación das diferenzas no ámbito da linguaxe se reproduce mimeticamente no plano social. O proceso de aniquilación das diferenzas leva á razón a non aceptalas, a borralas, no espazo humano. Así a crítica á razón uniformizadora conduce á pensadora, coma no caso do filósofo de Frankfurt, e outros representantes da Teoría Crítica, a denunciar as consecuencias irreversibles que amosan a súa filiación cos totalitarismos. 141 A razón discursiva procura a identidade e a colonización da realidade nunha simetría que non respecta a diversidade do real. O concepto clausurado non serve a Adorno como espazo de abrigo das diferenzas. Un concepto filosófico deberá ser un espazo en movemento, capaz de relacionarse con outros conceptos para deste xeito corrixirse e delimitarse nun proceso que quere evitar a abstracción. Zambrano aposta por una visión semellante redenominando as palabras no seu devir, sendo concepcións máis que conceptos, ampliando a súa dimensión. 140 “La verdad es que todos los conceptos, incluidos los filosóficos, tienen su origen en lo que no es conceptual, ya que son a su vez parte de la realidad, que les obliga a formarse ante todo con el fin de dominar la naturaleza”. Theodor W. Adorno, Dialéctica Negativa, Taurus, Madrid, 1975, p. 20. 141 En Dialéctica de la Ilustración (Obra Completa 3, Akal, Madrid, 2007), Adorno xunto con Hokheimer, critican o espírito de dominio que alberga a razón pretendendo someter a realidade ao principio de identidade. Fronte a este modelo de razón que sustentou os totalitarismos avoga por unha escrita concéntrica, dúctil co entrabado da realidade, dialéctica-negativa e mimética. En Dialéctica Negativa apunta cara unha razón respectuosa, en definitiva, co reprimido e o sometido porque a pura forma do pensamento xa está comprometida coa aparencia de identidade. (O. c., p.13). Esta confluencia será tamén recollida por Jesús Moreno na antoloxía sobre a autora La razón en la sombra, O. c., p. 523. A proposta de Adorno é a dunha síntese entre filosofía e poesía que non violente a vida. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 102 A tentativa zambraniana non cesa de navegar cara adiante e cara atrás albiscando claros que lle permitan sementar algunha narrativa idónea para o humanamente viable. Empregamos os distintos tempos da súa escrita como medio para interpretar con maior amplitude o seu discurso. Camiñando contra o ano 1975, na etapa mística de Claros del bosque, aparecen máis desenvolvidas estas teses. O “concepto que non é concepto” en Zambrano convértese en “palabra escondida”, intacta, xeradora da musicalidade, fonte do concibir e máis alá do puro pensar. Non é concepto senón a capacidade que fai concibir. “Sin moverse mueve; y sus aspectos son incalculables, daría de sí esta palabra impar para múltiples vidas; ilimitada y geómetra, trazadora de límites, de las necesarias separaciones entre los verbos y entre las diversas manifestaciones del tiempo” (CB, p. 100). Procura unha nova narrativa posible da historia que consiga pasar o lintel alá onde quedou freada pola hybris histriónica da razón devoradora. 142 A música marca a dirección da razón creadora, poiética. A capacidade xerminativa desta palabra agochada debería proxectar unha comprensión dinámica da historia que desfixera o feitizo da mirada uniformizadora do humano. E deste xeito, unha vez xerminada, debería ser a chave da voz do heterodoxo cósmico. O pulo inicial da autora marca un traxecto no que conflúen varias directrices do pensamento do século XX. Unha reflexión sobre a/o política/o que non chegará a ser ciencia política nin socioloxía política, pero nela a reflexión adquire unha dimensión fundacional sobre o que constitúe a natureza do ser humano. O filósofo francés, contemporáneo á autora, Maurice Merleau-Ponty (1908-1965) 143 realiza na obra Humanismo y terror 144 unha crítica, no ano 1947, 145 aos réximes políticos por estar sustentados sobre unha base de violencia disfrazada sobre outras denominacións. Para o fenomenólogo francés estes Estados de dereito organizados como garantes e 142 Neste senso o pensamento de Zambrano segue o itinerario pitagórico ao cal tamén pertencen Leibniz, Schopenhauer ou mesmo Wittgenstein. A música para eles representa a expresión do coñecemento verdadeiro. Schopenhauer ironiza sobre o dito de Leibniz: a música é un exercicio inconsciente de aritmética, no cal o espírito non sabe que calcula; Schopenhauer engade: a música é un exercicio inconsciente de filosofía, no cal o espírito non sabe que filosofa. Cfr. Ilse Somavilla, “Luz y sombra: Reflexiones sobre los textos de Wittgenstein”, Ludwig Wittgenstein, Luz y sombra, Una vivencia (-sueño) nocturna y un fragmento epistolar, Pre-Textos, Valencia, 2006, p. 100. 143 María Carmen López Saénz afirma a presenza de núcleos comúns entre Merleau-Ponty e a autora tanto no que atinxe ao momento histórico no que viven como aos seus presupostos filosóficos. “Aproximación fenomenológica a la razón mediadora de Zambrano. Intuición y creación”, Revista de Filosofía. Vol. 38, nº 2, 2003, pp. 35-59. 144 Maurice Merleau-Ponty, Humanismo y terror, La Pléyade, Buenos Aires, 1968. 145 Recordemos que é en 1940 cando Zambrano escribe o seu artigo “La agonía de Europa”. Sobre a política nas obras de xuventude 103 protectores da cidadanía agochan unha violencia que, en definitiva, fai incompatible a vida política e a moral. Dezasete anos máis tarde da publicación de Horizonte del liberalismo o filósofo francés reflexionaba sobre problemáticas que ocupaban a Zambrano nestes anos. Coincide coa pensadora nalgúns salientables puntos da crítica á visión da filosofía política desde as orixes da tradición occidental. Presentando así mesmo unha sombra de sospeita entorno ao “racionalismo” intrínseco desta tradición. Prodúcese na obra de Merleau-Ponty o xiro político, unha volta radical da filosofía a cuestión política. 146 As diferenzas entre filosofía do político e filosofía política: a primeira, normativa e fundamentada nun telos social, estatal; a segunda, abrangue o marco social dende a vida real. Non sería -filosofía do políticounha socioloxía política, encargada de dar conta dos feitos da realidade política senón en principio unha fenomenoloxía da vida política. Temos que ver neste xiro propiciado no século XX, unha contribución parcial ao mesmo por parte da obra da autora andaluza. A proposta de acadar unha razón política, desde a razón vital móbilcomo afirma Jesús Moreno no comentario crítico a Horizonte del liberalismo 147 - temos que vela na órbita da xestión dun pensamento que non quere ser sistema en sentido lato, como así lle comunica ao seu mestre Ortega na carta do ano 1930. Vai transmitir ao seu mestre a idea de mirar á política máis que facela. Así como a idea de escribilo para clarificarse ela mesma. Para Zambrano a influencia de Ortega constitúe unha orbe de expectativas que van máis alá do mero legado teórico, é o “contaxio de autenticidade” o que a chama a reverter os pensamentos na vida. 148 Malia ser a preocupación política un eixo importante na configuración do pensamento poético, a obra vai adquirindo un xiro moito máis centrado no espazo ético e emocional, por concibirse sustentador e matriz. A factura do chamado xiro ético-político no século XX calla desde bases fundacionais do humano cuxa clave é o concepción piadosa do pathos humano. Polo tanto, podemos inclinarnos sobre unha viraxe política con restricións, con matices, sempre 146 Mario Teodoro Ramírez Cobián, “Merleau-Ponty y el giro político de la filosofía sel siglo XX”, Astrolabio. Revista internacional de filosofía, nº 14, 2003, pp. 54-68. 147 “Es esta crítica cultural y moral la que, por modo preciso, se convierte en el centro de esta nueva razón política de Zambrano, que, como resulta ya diáfano, no es, estrictamente, una sociología política, ni menos una teoría constitucional o de las instituciones políticas. Ni tampoco pretende positivarse como respuesta filosófica absoluta a los problemas del liberalismo mediante la oferta de evidentes salidas de ellos, sino tan sólo realizar una vivisección de los presupuestos que los subyacen [...]. Se trata, pues, de una crítica cultural, en su más amplio sentido, y no de una nueva utopía [...], tal crítica cultural aparece aún en un estado muy embrionario” (HL, p. 177). 148 Así será visto o mestre pola nova discípula: “La medida de su poder creador está, aparte de los descubrimientos de carácter teórico, en ese contagio de autenticidad que produce”. Mercedes Martín Luengo, José Ortega y Gasset, Ediciones Rueda, Madrid, 1996, p. 82. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 104 sabendo novamente -con Sénecaque o que sustenta debe ser maior que o sustentado. HL vai ser abordado desde unha “filosofía da política” e non unha filosofía política. O estudo non pretende ser sistemático ni procura un telos estatal, enfróntase ás circunstancias fundacionais do político. A condición humana e non a institución política está en xogo. Jesús Moreno na “Nota aclaratoria” a La agonía de Europa (AE, p. 11) entende que a partir dos anos corenta comeza a pensadora a escribir libros xemelgos ata o ano 1965. Neses traballos a temática será a mesma maila que as perspectivas difiren, nun caso o peso cae sobre a metafísica e noutro sobre a política e a cultura, o que o comentarista denomina “o envés da idea”. Este movemento da escrita zambraniana aparece xa na obra de xuventude na que non só o tema metafísico se mestura co político, senón que a política aparece claramente vencellada á relixión institucionalizada como máis tarde desenvolverá con maior claridade. Polo tanto, a reflexión que inicia apunta cara unha non diferenciación, avoga por una reflexión crítica co canon doutrinal dominante. Máis que dúas escritas xemelgas amosa dúas teimas compostas da mesma masa madre. A relación de Zambrano coa política terá como horizonte non un programa de partido, non unha visión teórica que serva de telos cara configuracións políticas vindeiras. A súa é unha aposta pola salvación do individuo como a autora indica ao unirse á FUE (Federación Universitaria Española) no ano 1927. As arelas da autora xiran entorno aos seres humanos concretos, á salvación dunha situación na que a historia colócaos como vítimas. A pensadora cre que as grandes doutrinas políticas, presuntamente redentoras, non poden outorgarlle ao individuo a salvación que prometen. Deste xeito a súa participación política convida á reflexión intelectual sobre o activismo político. 149 Activismo que en Zambrano coincide cunha visión do individuo que sustenta toda a súa reflexión. Un suxeito activo, que ame a vida, “que se encuentre con elasticidad bastante para correr tras ella” (HL, p. 208). Nesta elasticidade situamos o xiro que está a producirse na concepción filosófica propiciada por Zambrano. A acción política como territorio escorregadizo, sinuoso, sometida ás coordenadas flutuantes que as relacións humanas motivan. Unha acción sempre vertida sobre o individuo, aspecto que conserva os ecos do mestre 149 Luis Alvarenga, “Las ideas políticas en María Zambrano”, Trabajo monográfico de licenciatura en Filosofía por la Universidad Centroamericana (UCA), 2004, p. 8. Sobre a política nas obras de xuventude 105 Machado 150 . A acción vertida sobre un individuo que non conforma un corpus illado senón en interacción cos outros e co resto dos seres. Non esquezamos en Zambrano a apelación á natureza como interlocutora do ser humano, como elemento que posibilita o diálogo e a acción. A política, a historia, son o ámbito da indeterminación fronte á necesidade do medio natural (HL, p. 204). En HL, analiza a superación do racionalismo e do idealismo a prol dunha concepción humana na que se pon de relevo a dimensión páthica. 151 A crise anunciada na obra do 29 é o preludio dunha reflexión na que os problemas xerados na economía, na política, na relixión, teñen unha raíz profunda que a autora comeza a estudar. A falta de conexión do individuo occidental co outro, co universo, vai privarlle da comunicación adecuada coa realidade e conducirlle a unha errática configuración da Historia. Serán os escritos de madurez os que respondan a ese novo relatorio da Historia, mediante a matriz emocional da Piedade, que libere ao ser humano da tiranía desa razón insuficiente que ao final devén totalitaria. Un concepto que, como afirma Mercedes Gómez Blesa, non coincide co desdebuxamento do suxeito oriental nin na prioridade do suxeito idealista, é unha maneira de tratar co outro desde un plano que os equilibra. A proposta da autora vai dirixida cara unha sociedade que permita aos individuos ser persoa. Cómpre definir para o noso tempo e para esta concepción política do ser humano, que é ser persoa. 152 Concepción que deberá pasar por humanizar o tempo e revisar fondamente a deriva do liberalismo coa súa conseguinte superioridade do individualismo como axente de consumo. Unha revisión que pasa pola economía pero tamén polas relacións das persoas coa súa contorna e consigo mesmas. O filósofo Hans-Georg Gadamer, contemporáneo de María Zambrano, testemuña de dúas guerras mundiais, discípulo de Heidegger, de Friedländer, lector de Rudolff Otto e 150 “Nosotros no pretenderíamos nunca educar a las masas. A las masas, que las parta un rayo. Nos dirigimos al hombre, que es lo único que nos interesa; al hombre en todos los sentidos de la palabra: al hombre in genere y al hombre individual, al hombre esencial y al hombre empíricamente dado en circunstancias de lugar y de tiempo, sin excluir al animal humano en sus relaciones con la Naturaleza. Pero el hombre masa no existe para nosotros.” Antonio Machado, “Juan de Mairena”, Obras Completas, Plenitud, Madrid, 1967, p. 1134. 151 Mercedes Gómez Blesa, “La piedad: el trato con lo otro”, O. c., p. 492. 152 Jorge Velázquez Delgado, “Límites y horizontes del liberalismo. Una reflexión en torno a las ideas políticas de María Zambrano”. Andamios: revista de investigación social, vol. 2, nº. 4, 2006, 59-7. 8https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=7831. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 112 Y la mujer es -y más que individual específicamentelo que el hombre quiere que sea. ¡Y qué pena, lo que habéis querido los hombres q. sean las mujeres, lo que os ha gustado en ellas![...] y así se explica luego ese desprecio por la mujer, fundado no en lo que ella es, pues esos hombres no se preocupan de lo que un,a mujer lleve dentro, sino desprecio por lo que valen, no por su valor real, sino por lo que representan para un hombre que no mire en ellas más q. la carne (CI, p.189). Esta visión da muller está relacionada coa proposta defendida nos artigos de 1928. A muller ten que entrar no reino da liberdade e volver a construír a súa historia, desnacendo pero sempre cara adiante. Juan Carlos Marset cóntanolo deste xeito ao interpretar o nacemento como un dos momentos máis importantes da vida na concepción zambraniana. Fronte á morte, que tanto obsesionou aos pensadores occidentais, o nacemento é o máis decisivo. 166 Esta primeira elección, dun tempo que debe ser dinamizado coa acción política para preñar aos acontecementos futuros, será unha das coordenadas á que necesariamente teñamos que volver no seu discurso. Zambrano convida ás mulleres a participar na vida activa pero non a igualarse co home. A súa crítica vai máis aló. Non chega con aspirar ao ideal ilustrado de igualdade se isto está construído baixo febles supostos. Se as mulleres casadas xa poden, coma eles, matar ao seu marido infiel, ela nega a maior. Non é o matrimonio unha gaiola para verdugos. Por iso nunca diremos que a muller teña que igualarse ao home; en ocasións sería ao revés. 167 De que nos servirá ás mulleres ser iguais aos homes se as leis destes tampouco son xustas?, semella dicirnos ela. A pensadora atopa unha narrativa inédita do feminino nun panorama socio-político convulso: sen as sufraxistas do século XIX que en España lle servirían de modelo e, en xeral, sen demasiados referentes femininos sobre os que construír unha identidade. O acerto das súas reflexións recae na intención de non crear nada novo, escindido doutro ou reconvertido nun novo outro. Non pode construírse unha civitas autenticamente emancipada desde suxeitos que viven en pasividade, plantas de invernadoiro. As mulleres e os homes mozos teñen que entrar na historia e transformala. En etapas posteriores falará diso tratando de reflexionar sobre a construción dunha historia, nova, non sacrificial. As recentes transformacións sociais poden dar lugar a terribles violencias por parte dos homes 166 Ibídem, p. 141. 167 Juan Fernando Ortega. María Zambrano. La aventura de ser mujer. O. c., p. 105. Sobre a política nas obras de xuventude 113 sobre as mulleres. Considera o problema da violencia machista cunha claridade meridiana. Problemática social denunciada anteriormente por autores coma Unamuno. 168 O 25 de outubro de 1928, unha Zambrano de 24 anos dinos: Frente a este cambio femenino, el hombre se aterra y añora melancólicamente los tiempos en que ellos no tenían más ideal que atender sus exigencias exóticas y domésticas. En algunos tipos exaltados el asombro se torna en reacción aguda de odio y de rencor: su dignidad de gallo no puede permitir que la mujer -una mujerno agote la existencia en la servidumbre de sus deseos. Es la cosa que se nos hace de pronto persona. 169 Dúas cousas importantes aparecen no discurso da escritora, ou mellor, tres. A primeira é o propio discurso no que artella unha argumentación pertinente, a causa da xenreira dos homes violentos sobre as mulleres: o non ser quen de entender a entrada da muller no reino da dignidade, ou o que é o mesmo neste caso, da liberdade. A segunda, o xiro empregado pola autora ao pasar do concepto universal da muller a unha muller, un ser individual. A muller non é, como dirá en textos posteriores, a vestal de todo o xenérico, é unha, ser insubstituíble. 170 O home non mata a calquera muller, mata a unha muller singular e única. E, en terceiro lugar, que a muller atenda ao seu ser, aos seus desexos é precisamente o que a fará persoa de feito. Polo tanto, o home violento mata a unha muller que aspira a algo que de seu xa é, ser persoa. O violento nega a constatación do que a muller xa é de seu pero que está a configurarse na propia acción -na praxe socialque aquel pretende negarlle. Anuncia o concepto de persoa que desenvolverá no seu libro Persona y democracia. Afirmará que contra estes problemas haberá un remedo: comunidade de ideais, integración espiritual das súas vidas. 171 A configuración da civitas como eixe emancipador dos individuos, cunha sólida base espiritual, conforman os alicerces de toda a concepción política zambraniana. 168 Unamuno, Mi vida y otros recuerdos personales II, 1917-1936, Losada, Buenos Aires, 1959, p. 122: “¡La tragedia de la política! ¿Por qué no hay entre nosotros ninguna tragedia basada en la vida política? Acaso porque no hay verdadera vida política. O más bien porque nuestros autores trágicos carecen del sentido de la tragedia. Y esto es natural en un país en que se les llama crímenes pasionales a los crímenes de orígen sexual. Se comprende la tragedia de Don Juan Tenorio y no la de don Álvaro de Luna. Y sin embargo...” 169 María Zambrano, La aventura de ser mujer, O. c., p. 103. 170 A filósofa nestes traballos anuncia unha postura que veremos en textos posteriores, rexeitando o idealismo de poetas e pensadores en xeral ao se referir ás mulleres. Neste aspecto temos que salientar a coincidencia coa compañeira e colaboradora incondicional de Rafael Dieste, Carmen Muñoz Manzano, Carmen Blanco recolle unha reflexión na que incide nesta achega aproximando a Carmen Muñoz á compañeira de estudos de María Zambrano, Juana Capdevielle. Valente Epistolar, Universidade de Santiago de Compostela, Publicaciones de la Cátedra José Ángel Valente de Poesía y estética, Santiago de Compostela, 2021, p. 126. 171 María Zambrano. La aventura de ser mujer, O. c., p. 103. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 114 Fronte ao home violento que se nega a convivir cunha igual, que non acepta os cambios sociais, o que reivindica a filósofa é: ¡Por lo menos que no nos maten! 172 O berro de Zambrano con vinte catro anos é todo un alegado contra unha batalla que empezaba a percorrer “subterránea” a configuración dunha das lacras sociais máis perentorias. Chaves que seguen estando dramaticamente vixentes. Este breve pero intenso texto da nova pensadora ponnos na tesitura de tensar o discurso e dirixir a situación da muller vítima da violencia machista cara á condición do exiliado. O exiliado é un individuo, suxeito de dereitos, negados polo Estado. Os exiliados perden algo que élles de seu. A condición humana de exilio ontolóxico coincide coa renuncia a unha categoría humana que é intrínseca: a dignidade. O asasinato e o maltrato é executado por algúns homes exaltados, para a autora, feridos na súa dignidade de galo, sen poder permitir unha muller con desexos propios. Maltrato e asasinato que conduce á “estirpe de Creonte” a xerar novas Antígonas, exiliadas da súa propia corporalidade, xa non da patria senón do ser. Elena Laurenzi expresa así este aspecto da obra da pensadora afirmando que “desta situación de alienación non hai posibilidade de evadirse a menos que o camiño da emancipación pase por rescatar unha historia feminina colectiva e individual marcada pola negación aínda que rica de momentos positivos de resistencia, creatividade e cultura”. 173 Anuncia tamén Zambrano nestes textos o compromiso cos agricultores, coa vida campesiña. Ao respecto Juan Carlos Marset afirma que en decembro de 1928, intentando resolver unha crise persoal, decide converterse en “campesiña” 174 Non chega a unirse aos esquecidos campesiños pero si comeza a historia dun compromiso que verá a súa luz na súa futura colaboración coas Misións Pedagóxicas. En definitiva, a escrita deste período responde a dúas potentes chamadas escoitadas pola pensadora. A primeira, asociada a Blas Zambrano e aos círculos intelectuais que ela frecuenta. A segunda, asociada indisolublemente á primeira, a posta en práctica das ideas aprendidas e a configuración dun pensamento unido á circunstancia orteguiana. Neste último punto, o traballo será encamiñado á superación da ditadura de Primo de Rivera e á convicción de que a transformación dese presente conducirá á II República. 172 Ibídem, p. 104. 173 Elena Laurenzi, “O feminismo de María Zambrano. Apuntamentos para o debate.” Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista, p. 3. 174 Juan Carlos Marset, “Los artículos de María Zambrano en ‘Aire Libre’”, O. c., p. 498. Sobre a política nas obras de xuventude 115 2. RAFAEL DIESTE, XORNALISMO E GALEGUISMO. DÉCADA DOS VINTE Comecemos con algúns apuntamentos biográficos. A vida de Rafael Dieste, mesmo a de María Zambrano, percorre o século XX dun xeito singular. Ambos reflicten coas súas traxectorias vivenciais unha andaina que axuda a entender o seu tempo. Como di o biógrafo de Rafael Dieste, Luis Rei Núñez: “A vida dun home, as máis das veces a suma de aconteceres que a el so atinxen, pode tamén, anque raramente ocurra, servir para personificar un tranco da historia do seu pobo. O pasar polo mundo de Rafael Dieste, esa singladura vital á que damos tal nome, é un deses contados casos”. 175 O galego formou parte activa da configuración dunha boa porción da Historia dun século de revolucións e transformacións inéditas. Tempo cualificado por Rei Núñez de “movemento sísmico continuo”. 176 Son os anos vinte a etapa na que Rafael Dieste comeza a amosar a liña de vida e traballo que conformará a súa personalidade. Desde o Rianxo natal, no que a familia Dieste reside tras o seu paso por Uruguai, empeza a biografía do pensador galego. É o máis novo de sete irmáns. Nace o 29 de xaneiro de 1899, o derradeiro fillo de Eladio Dieste Muriel e Olegaria Gonçalves Silveira, esta descendente de brasileiros. Os pais de Rafael casan en Uruguai e alí teñen aos catro fillos maiores, regresan a Pontevedra onde nacen os dous fillos seguintes e xa en Rianxo, seis anos máis tarde, nace Rafael, Francisco, Antonio, Olegario, Juan Dieste. Con estes cinco nomes recibe o bautismo o autor de A fiestra valdeira. A nai tiña entón 46 anos e xa despedira a catro fillos que morreran por distintas causas, algo moi frecuente nesa época. 177 Para o escritor rianxeiro o seu espazo natal non era unha suma de casas senón unha experiencia transcendente: Pense, vostede, no ceo, matinal ou nocturno, nas nubes, as cancións, os oficios, as mariñas, a gracia ou o pranto das súas xentes, as mortes... Así visto e vivido dende a nenez, mantén en vilo un sentido da transcendencia do ser e do mundo, que dificilmente promoven os 175 Luis Rei Núñez, A travesía dun século. Biografía de Rafael Dieste, Do Castro, Sada, 1986, p. 9. 176 Luis Rei Núñez, “Contra a amnesia”, Congreso Rafael Dieste, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995, p. 29. 177 Ibídem, p.12. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 116 ambientes cosmopolitas. Aínda que Rianxo é, tamén, ben mirado, moi cosmopolita... non só polos seus navegantes, senón por todos os sinais que nos fai o seu incitante horizonte. 178 Horizonte ateigado de figuras senlleiras: Manuel Antonio, Roxerius, Castelao, tanto Daniel como os seus curmáns Manolo e Xosé, os Insuas. 179 Estes últimos moi chorados por Dieste tralo seu cruel pasamento e inmortalizados no artigo “No linde da liberdade. Unha morte lanzal”. 180 Contexto que é tamén un miradoiro, un “balcón mariñeiro” (nome dun dos seus fermosos artigos de xuventude, 10 Marzal 1926, ATC, p. 59), a través do cal Dieste comeza os primeiros trazos cara unha dirección estética e ética que percorrerá toda a súa traxectoria. Dirección que vai ter importantes fíos de contacto coa razón poética zambraniana. 181 Son anos de formación intensa con mestres moi variados, desde Olegaria, a irmá que lle ensina a tocar o piano, ao irmán Eduardo que é un grande referente intelectual para el toda a súa vida, ou mesmo o veciño Castelao coas artes plásticas e a diversidade de todas as xeniais facetas que o caracterizan. 182 A contorna mariñeira da vila, os contos no peirao, a fala veciñal, formará parte dos alicerces da súa escrita. Nos primeiros anos en Rianxo fornécese a amizade con Manuel Antonio e Roxerius na que callan algunhas importantes preocupacións do mozo Dieste. O interese polo galeguismo moi asociado ao descubrimento da obra de Risco e o seu atlantismo. No diálogo con estes amigos debúllanse vías polas que Dieste vai desprazándose, coma a recorrente idea de “porvirismo” (visión do futuro). Cumprido o servizo militar en Marrocos, Dieste abre paso ao ámbito xornalístico, cunha formación académica e vivencial sorprendente para a súa idade. Os anos de servizo militar en Marrocos, sen sabelo, convértense en ensaio para a súa experiencia na contenda da Guerra Civil. Dentro do Batallón Expedicionario do Rexemento “Zaragoza”, acantoado en Santiago de Compostela e despois enviado a Africa (1921-1923) para reforzar a 178 Citado por Marga Romero, Entrevistas con R. Dieste, O. c., p. 35. 179 Elixio Villaverde García, Heroes e Mártires. A Segunda República e a guerra civil no Barbanza, Tórculo, Santiago de Compostela, 1995, p. 25. 180 Artigo que foi publicado en abril do 1937 baixo o heterónimo de Félix Muriel en Nova Galicia. Xosé Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao tentando fuxir con outros oito republicanos e galeguistas foron denunciados e preferiron o suicidio antes de seren apresados. 181 Na carta ao seu irmán Eduardo contra o 1944 afirma: “Problema era entonces una prodigiosa palabra. Era una invitación a la vez poética y racional a buscar en las cosas el vuelo confirmador del espíritu”. Arturo Casas, Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, O. c., p. 42., 182 Seguimos ao biógrafo Rei Núñez na recompilación de datos da vida do autor. Sobre a política nas obras de xuventude 117 posición española no protectorado de Marrocos, están as figuras de Xosé María Brea Segade, José Otero Espasandín, Amado Villar, Jesús Romero e Rafael Dieste entre outros. 183 Esta experiencia suporá un campo de experimentación tanto no eido xornalístico como no eido narrativo a través de pequenos contos. A revisa Charamuscas 184 é froito destes anos xunto con dous dos contos que formarán parte de Dos arquivos do trasno. Regresando das milicias, rematada a carreira de Xornalismo e colabora con varios diarios de corte liberal en Vigo, Galicia, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. 185 Nese período vai formándose un grupo de intelectuais, mozos a maioría, con intereses comúns. Luís Amado Carballo, Francisco Luís Bernardez (medio irmá, por parte de pai, de Aurora, a que fora primeira muller de Cortázar 186 ), Manuel Lustre Rivas, Xohán Carballeira, Valentín Paz Andrade, Blanco Torres, Carlos Maside, Eugenio Montes e Fernández Armesto conforman un grupo de diálogo e faladoiros. Menos frecuentes serán os encontros cos intelectuais e artistas Castelao, Manuel Antonio, Otero Espasandín, Constantino Candeira, García-Sabell, Xesús Bal, Colmeiro entre outros. 187 Rei Núñez describe o ambiente desta época coma un Duíno pequeno polo que pasarán ademais da xente do pobo unha minoría influente entre os que destaca os médicos Nóvoa Santos (de quen falaremos máis adiante), Rodríguez Cadarso, Puente Castro, Novo Campelo ou Jorge Echeverri. 188 O diálogo é un elemento constante na biografía e na escrita do novo pensador. Son tempos de moita apertura aos distintos frontes e niveis cos que transcorren os días de xornalismo e conversas: “Moito mellor é a discordia, o desacordo, que estar todos de acordo en ‘nada’. Se temos que facer algo cómpre que cada un vaia dicindo o que quere 183 Xosé Ramón Brea Rey, “Charamuscas, a revista de Rafael Dieste na guerra de África”. Boletín Galego de Literatura, nº 13, 1995, pp. 39-50. 184 Esta non será a primeira revista manuscrita na que colabora Rafael Dieste. De neno, intrépido e inquedo, xa publicara un periódico manuscrito titulado Alerta. Afirma que estaba ben escrito, mellor que moitos de grande tirada. Marga Romero, Entrevistas con R. Dieste, O. c., p.52. 185 Antre a terra e o ceo será a obra do escritor de Rianxo que recolla os seus artigos escritos en galego nestes xornais nos anos vinte. 186 Francisco X. Fernández Naval, Respirar polo idioma (Os galegos e Julio Cortázar), Linteo, Ourense, 2006, p. 37. Libro no cal o autor detecta influenzas de Dieste. Tanto na visión do relato coma no tratamento dos personaxes galegos, afastados da perspectiva folclórica, son interpretados por Naval como pegadas da obra de Rafael Dieste no autor de Rayuela. 187 Ramón Nicolás Rodríguez, “Achegamento a Rafael Dieste no xornalismo galego dos anos vinte”, pp. 95-108, Arturo Casas (Coord.), Tentativas sobre Dieste, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1995, p. 96. 188 Anxo Tarrío Varela, “Arte e comunicación. Rafael Dieste: periodismo e literatura”, Congreso Rafael Dieste, O. c., p. 67. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 118 que se faga, anque pete rudamente nas testas dos demais”. 189 Apela á disidencia como chave dialóxica inevitable en calquera angueira que aspire ao uso performativo das palabras. 2.1 Outras achegas de Rafael Dieste na década dos anos vinte Se algo podemos subliñar desta etapa é a entrega ao compromiso social e político; así como a necesidade de transformación do contexto vivido. A variedade de rexistros ven dada moitas veces, como afirma Fernández del Riego, polas dificultades impostas pola vida literaria galega. A escaseza de publicación no noso idioma xunto coa falla dunha vocación que os mantivese nun determinado xénero literario é un dos trazos mais salientados por Fernandez del Riego ao referirse á xeración de Dieste. 190 A xuventude da xeración de Rafael Dieste convive coa xeración Nós, xeralmente acoutada entre o ano 1916 coa fundación da Irmandades da Fala da Coruña e a sublevación de 1936 e a consecuente Guerra Civil. O diálogo entre “os novos” e aquela é incesante na escrita do mozo de Rianxo para desmarcarse, con matices, de certas directrices. Antre a terra e o ceo. Prosas da mocedade (1925-1927) Son traballos baseados en pequenos textos, de temática variada, coa urxencia do día a día, sometidos aos sucesos do momento e tamén ás lembranzas. 191 Un taller no que Dieste non deixa de retrucar, facer aliaxes e tecer argumentos. Producións que se erixen en inequívocos manifestos xeracionais. 192 O xornalismo constituíu unha plataforma idónea de ensaio que outros medios non llo facilitarían. 193 Pero sobre todo, é un espazo que permite percibir o medrar dun pensador e o transito cara madurez. Ligado aínda aos contos e teimas 189 Palabras de Dieste recollidas por Ramón Nicolás Rodríguez, “Cuestión xeracional”, Congreso Rafael Dieste, O., c., pp. 62-63. 190 Francisco Fernández del Riego, Historia da literatura galega, Galaxia, Vigo, 1971, pp. 240-241. 191 Non imos obviar a inxente colaboración de Rafael Dieste en etapas posteriores. Deixamos constancia, como mostra, na bibliografía final dalgúns dos artigos publicados nos anos 30 en Nova Galiza. Existen textos desta publicación non asinados maila levar a pegada do noso autor. A decisión de centrarnos na etapa inicial responde á procura das sementes que ambos dous autores espallan nun espazo cultural que terá as súas resonancias e confluencias na madurez das súas respectivas obras. 192 Ramón Nicolás Rodríguez, “A cuestión xeracional”, Congreso Rafael Dieste, O. c., p. 61. 193 Anxo Tarrío Varela, “Arte e comunicación. Rafael Dieste: Periodismo e literatura”, Congreso Rafael Dieste, O. c., p. 67. Sobre a política nas obras de xuventude 119 da infancia, entre o neno rianxeiro e o mozo pensador espállanse notas polícromas dun autor en formación. Dada a altura do escritor nesta “prosa de mocidade”, Luís Suñén vai consideralos parte da súa primeira madurez. 194 Nestes anos (1925-1927), regresa do servizo militar en Marrocos e comezan os seus primeiros traballos nos xornais: Galicia, de Valentín Paz Andrade en 1924, El Pueblo gallego, con Fernández Mato. As temáticas traballadas por Dieste nestes artigos son, como dicimos, variadas. Algunhas limiares como o tema da fala, da ortografía, da procura do sentido idóneo das palabras, a importancia da oralidade, da musicalidade do idioma. En gran parte dos seus escritos aparecen definicións ás que sempre engade o cualificativo de “tímidas”. Á ousadía de tentar apostar por definicións que comportan un certo risco non lle segue a fe dogmática nelas. Entende que se está a desenvolver un momento crucial na cultura galega e a importancia de ir paseniño. Os temas culturais esparéxanse entre a política, nación, historia, por unha banda, e pola outra, a música, a literatura, os contos e lendas populares xunto con certos análises antropolóxicos da Galicia rural. Talvez o máis notable neste espertar abríndose espazo na vida cultural sexa o tema da identidade. 195 Rafael Dieste trasfega coas diferentes cuestións co horizonte sempre posto na súa identidade e a da comunidade galega; quen é Rafael Dieste, quen son os galegos. Responder a isto supón mergullarse no tecido profundo da fala, dos costumes, das romarías, da historia e, sobre todo, da configuración do eu propio na interacción coa contorna da Galicia deste intre histórico. Interésalle rexenerar Galicia. 196 Os artigos que escribe para El pueblo gallego teñen a finalidade de xerar unha conciencia cultural. César Antonio Molina salienta o artigo que escribe xunto a Otero Espasandín titulado “Coincidencias” (25 de Xullo de 1926). 197 Dun xeito amable pero firme tentan atopar os nós que conducen aos atrancos do pobo galego e, consecuentemente, o xeito de superalos. O espírito de Dieste, de coloquio, e o emprego de cautos argumentos, non exentos de ironía -a sorna galegason marca distintiva da que nunca vai desprenderse. Discuten o “individualismo sen antenas”. Cómpre dotar un nesgo tan atávico dos galegos como é o da separación, vencellada ao minifundismo da terra, da necesidade de comunicación. Falamos 194 Luis Suñén, “La conciencia de estilo en los artículos del joven Dieste”, Congreso Rafael Dieste, O. c., p. 102. 195 Xosé Luís Axeitos, “As fiestras de Rafael Dieste”, A fiestra valdeira, IGAEM, Santiago de Compostela, 1995, p. 71. 196 Anxo Tarrío Varela, “Rafael Dieste na época Nós: Contra as ‘esencias’”, Tentativas sobre Dieste, O. c., p. 41. 197 César Antonio Molina, Prensa literaria en Galicia (1920-1960), Xerais, Vigo, 1988, p. 237. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 120 da razón dialogante, 198 posta en relación co personalismo dialóxico do filósofo vienés Martin Buber. No artigo do 5 de febreiro do 1927 titulado “Arelas” así o afirmaba: “O diálogo non pode ser sostido sen xenerosidade. O diálogo é moitas veces, crítica mutua. Velahí por que tanta xente non sabe dialogar -non sendo no caso dun rotineiro acordo” (ATC, p. 158). Dieste e Espasandín revisan a autoconciencia danada, desesperanzada, dun pobo que tende a emprazar “fóra” o ideal de ser, asemade do asunto urxente da organización da propiedade e da terra. Estes bosquexos serán novamente traballados na súa obra posterior. A diferenza entre galeguismo e enxebrismo, máis o anteriormente apuntado, serían as causas da falla de unidade na nosa terra. A busca da pureza na fala nestes textos coincide cunha volta ao orixinario, emulando á fidelidade machadiana ao pobo, ou en palabras de Luis Suñén “comprometido co profundo”. 199 Teimas necesariamente ligadas ao contexto dun espertar cultural. Anos de intenso traballo, nos que se funda o Seminario de Estudos Galego, ao cal vai unirse no ano 1927. Anos tamén nos que artistas como Maside, Colmeiro, Laxeiro, Arturo Souto e o tan inxustamente esquecido Francisco Miguel, 200 desenvolven unha revolución estética sen precedentes. Os cinco primeiros artistas viaxan a París coma bolseiros da Deputación de Pontevedra. Artistas, renovadores da plástica galega, cuxo “teórico e crítico de cabeceira” será Rafael Dieste. A importancia da revista Nós, con publicacións incesantes de obras de grande relevo para a nosa cultura, serve de marco de moitas polémicas nas que manifesta a necesidade dunha crítica produtiva e tamén respectuosa. 201 Empresa que, como desgraciadamente sabemos, foi abortada tralo asasinato do seu propietario e alcalde 198 Arturo Casas, Dieste e a súa obra literaria en Galego, O. c., p. 30. 199 Luís Suñén,“La conciencia de estilo en los artículos del joven Dieste”, Congreso Rafael Dieste, O. c., p. 105. 200 Pintor de Betanzos asasinado no 36, coñecedor das vangardas, cunha axitada vida entre Galiza, París, México e Cuba. Director artístico da revista Alfar. Relaciónanse el e a súa muller Syra Alonso con León Felipe, Siqueiros, Blanca Luz Brum na súa vida en México. Diarios de Syra Alonso, A Nosa Terra, Vigo, 2000, é un importante traballo sobre o que supuxo para artistas comprometidos como Francisco Miguel a caída da República e o paso a ditadura franquista na Galicia. 201 Discrepancias que quedan reflectidas nos artigos da época, como sinala María Antonia Pérez, : “Os artistas do noso movimento renovador non se identificaban co nacionalismo decimonónico, conservador e imperativo do ideólogo do grupo Nós. As discrepancias saen á luz nas polémicas mantidas na prensa viguesa a meados dos anos vinte, nas que Rafael Dieste acada un importante protagonismo.” TCA, “Rafael Dieste: A Arte como verdade e comunicación”, p. 9. Sobre a política nas obras de xuventude 121 compostelán Ánxel Casal en xullo do 36 202 . Neste humus a sociedade galega foi trabando un tecido asociativo, en ocasións nos barrios obreiros. Ábrense os primeiros cineclubes e diferentes grupos entorno actividades deportivas. 203 Dieste, no seu Discurso de entrada na Real Academia Galega, afirma deses anos: “Nos anos -do 21 ao 30- nos que España escomenza en moi variados campos a tomar nova e puxante conciencia dos tempos e de sí.” 204 O diálogo cos “antigos” non deixará de ser crítico dentro da cordialidade. En resposta a Vicente Risco, o 10 de Agosto de 1926, fálalle da importancia da crítica. Recurre a unha razón debedora de Ortega, neokantiana: “Canto máis razonábele a razón, millor nos avisará de onde remata o seu cometido, a saber: no tope do imprevisible” (ATC, p. 119). A crítica ao exceso de idealismo da anterior xeración semella patente nas liñas dedicadas a Otero Pedrayo nun artigo do 19 de Febreiro de 1927, “Unha posíbele Vangarda”: “Eu creio nas edades dos pobos e coido que debemos dar por finada a nosa adolescencia lírica, individoalista, nostálxica, subxetivista, etc., para fagérmonos adultos amadores da ouxetividade” (ATC, pp.167-170). Reclamando un espírito comunal, ensarillado nas vivencias individuais maila enxergando a mirada no mundo do outro, saíndo ao mundo: “poderán xurdir as aventuras plenamente positivas; poderemos chegar a sermos ‘pobo’, no senso dinámico da verba?” (ATC, pp. 167-170). Algúns aspectos do seu distanciamento teñen que ver co rexeitamento do esencialismo 205 así coma do que denominou nun dos artigos xuvenís “O mal parroquialismo” (23 de Febreiro de 1927). O localismo rexeitado por Dieste é o que cisma sen lonxitude de miras, o que prima o propio, sen ver a importancia do veciño na prosperidade individual. E con este exemplo miúdo expón unha reflexión que decote 202 Sendo traballadora social do concello de Teo, María del Carmen Hermida Otero, parente da singular Bella Otero, realizou unha investigación por conta propia para acadar información sobre a súa familia. Como resultado da mesma deu co lugar exacto no que fora asasinado Ánxel Casal. A ela debémoslle esta información e a posibilidade de homenaxear cada ano ao alcalde e editor republicano como merece na cuneta onde foi cruelmente matado e onde repousa unha placa conmemorativa. 203 Carlos F. Velasco Souto, Galiza na II República, A Nosa Terra, Vigo, 2000, p. 23. 204 Discurso de Don Rafael Dieste, A vontade de estilo na fala popular, Discurso lido o día 18 de Abril de 1970 na súa recepción pública, por Don Rafael Dieste en resposta de Don Domingo García-Sabell (2ª ed.), Edicións do Castro, Sada, 1971, p. 10. 205 Anxo Tarrío: “No es necesario fingir singularidades, inventar grandes proyectos ‘inconfundiblemente gallegos’. La galleguidad ha de verse en el proceso y ha de venir condicionada por el auténtico carácter de Galicia; y su ejemplaridad será tanto mayor cuanto más universal y sencillo sea, en su esencia, el designio”. “Rafael Dieste na época Nós: Contra as ‘esencias’”, O. c., p. 45. Texto de Rafael Dieste recollido polo autor –“Mensaje a la gente moza de Galicia”, Crisol, Madrid, 19 de maio de 1931. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 128 O sociólogo polaco Zygmunt Bauman recoñece a modernidade sólida ou pesada como a época da conquista territorial. As riquezas estaban ben arraigadas á terra. 221 Dieste describe un mundo rexido polas leis da necesidade, un mundo sólido, rotundo, no que a pertenza a un lugar aínda aparece como unha pegada distintiva dun momento no que estar en tránsito é só unha continxencia superada co regreso ao lugar de orixe, ao lugar natural. Os emigrantes galegos de principios de século XX non son suxeitos nómades, alleos a unha comunidade, son individuos que temporalmente marchan pero sempre co horizonte do regreso na cabeza, o “Volverá” de Castelao. A terra das protagonistas non é un espazo de traballo como o debuxado por Castelao facendo referencia a unha terra que non ten quen a traballe. A que desexan pintar as mulleres do relato é un lugar sen raíces. O rexeitamento da terra semella algo acotío presente en aqueles emigrados que senten primeiro a expulsión dunha terra sen recursos e, pola outra, a amargura de volver á miseria. 222 Amosando a contradición entre o recordo e a necesidade de esquecer, como símbolo universal da emigración e da ardua configuración dos lugares de orixe. 223 As fotos de Virxilio Viéitez reproducen unha mirada moi achegada á de Rafael Dieste. Recollen instantáneas nas que os emigrantes e fillos nacidos no estranxeiro, volven á terra de orixe e xogan á impostura de ser un máis. Son homes e mulleres con atavíos de labranza, disfrazados de campesiños algúns e outros perfectamente vestidos de traxe e garabata, ou cun vestido, tacóns e unha cabuxa. Fotos nas que se disfrazan persoas e contextos. No xogo da volta á terra aparecen actitudes de negación como o caso de dona Balbina e Adelaida en A fiestra valdeira e outra aparentemente antitética, tentar homoxeneizarse coa tribo pero sabendo que o resultado final marca a diferenza entre a pobreza real e a representada. No xogo do disfrace non andamos moi lonxe da representación de Dieste na que o alterado xa non forma parte da vestimenta pero si do marco domiciliario no que xermolan os símbolos. No artigo de Hannah Arendt “Nosotros, los refugiados” 224 a autora alemá narra como os refuxiados xudeus queren reconstruír a vida ao chegaren a EEUU. Porén deben 221 Zygmunt Bauman, Modernidad líquida, FCE, Madrid, 2016, p 122. 222 Carmen Pena, “Paisajes del recuerdo y el olvido: Galicia”, La construcción social del paisaje, Joán Nogué (ed.), Biblioteca Nueva, Madrid, 2016, p.117. 223 Ibídem, p.125. 224 Hannah Arendt, “Nosotros, los refugiados”, O. c. Sobre a política nas obras de xuventude 129 abandonar o idioma, os amigos, os traballos, deben inventar o seu pasado e esquecerse de quen eran. “Pagan un alto prezo por ser aceptados e asimilados”, intentado mesmo un cambio de identidade. A caricatura do Sr, Cohn exemplifica isto. Os xudeus que buscan borrarse entre as masas heteroxéneas de norteamericanos conforman a cara B dun vinilo no que a sinfonía interpreta o dobre xogo da aceptación e o da diferenciación. Diferencia entre os alleos, intrusos na nova sociedade e os parias conscientes, que non renuncian a súa raizame e comprenden ben a frase de Balzac de que non se pode marcar dúas veces. O imaxinario identitario traballa no xogo dos espellos que inclúen e exclúen, ben para colocarse cara os salvados ou para erixirse na pira dos sacrificados. Curiosamente na obra de Dieste os protagonistas xogan nunha mesma familia ambas as dúas posturas. Máis aló da identidade dun pobo Dieste formula a cuestión ontolóxica mesma: O conceito de identidade andaba na miña mente. Ou sexa ese vello aforismo de Píndaro: “Sé o que es”. Ese problema da identidade, parecia-me que era a base, a raíz da nosa preocupación galega para sermos auténticamente galegos. Ese problema da identidade foi tratado por min en distintos artigos e de distintas maneiras, segundo a ocasión, pero pertence á intimidade da Fiestra (EV, p. 204). Na obra diesteana as mulleres desexan non mesturarse, separarse dunha orixe para elas vergoñenta. Rafael Dieste ironiza sobre estas actitudes promovendo con isto cambios na súa contorna. A razón poética quere entender ao outro como expresión da piedade. A Galicia que debuxa o autor, de principios de século, é unha terra pobre e emigrante, ateigada de veciños en tránsito, por motivos políticos e económicos. Algunhas familias como a propia de Rafael Dieste experimentan as dúas maneiras de marchar da casa, a emigración e o exilio. Experiencias que poden ser abordadas desde varios rexistros. O escritor de Rianxo aborda a temática da emigración dun xeito irónico poñéndonos en liña cos debuxos de Castelao, con peiraos baleiros tras deixar marchar os barcos rumbo América. A extraneidade e o desarraigo. E tras o loito dos desprazados, o éxito ou o fracaso e o fracaso e o éxito. Ser quen de volver co peto cheo non é dabondo para reverter os tempos de traballo e soidade do emigrante. A fiestra, o anaco de lenzo que raspan os mariñeiros como espazo esencial conduce a desprazamentos emocionais similares aos proxectados por Zambrano a través da figura de Antígona. A non morte de Antígona ao ser enterrada viva aposta por unha xustiza MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 130 poética, un novo equilibrio moral. En ambas as dúas obras os autores exiliados revisan o valor do xusto a partir do valor do belo. A morte dunha moza é a imaxe da inxustiza, a fractura da fiestra do cadro no relato de Dieste é a inxustiza contra a historia dun home que ven sendo a historia de todos os homes. O anaco de tea cortada e máis tarde restaurada recrea o espazo da memoria e as súas trampas. A construción do pasado concíbese como fenómeno pertencente á configuración de quen o recrea no presente, polo tanto, eterna ou constantemente reformulado. Está tendo lugar o “choque de esperanzas” das que fala Zambrano en Los bienaventurados (B, p. 90). Os seres que viven o desamparo e tribulacións teñen que saber tamén recibir e recoller a felicidade. A esperanza dos desfavorecidos -vencidos- debe atopar os seus argumentos para poder esquecer o sufrimento. Na fiestra valdeira / deixache qué, un coitelo, / o gume agudo dunha verba / pendurada no ar, teu desdibuxo / e tua côrde esquenzo. / Latexa a frol do ar. J. A. Valente 225 Dos arquivos do trasno (1926) A través deste traballo Dieste recupera o balcón mariñeiro do seu Rianxo natal. 226 Son contos que mesturan a imaxinación e os soños do autor galego coas lendas populares. Carlos Gurméndez descríbeas como narracións audiovisuais do diaño nas que se xuntan as evidencias visibles coas pantasmas invisibles dos soños. 227 Material dos soños que, por outra banda, na obra da filósofa malagueña conformase dos acontecementos “pesados”, acotío esquecidos, como todo aquilo que por vencido se acala. Gurméndez defende “a plena obxectividade dos relatos, cemento de toda verdadeira obra artística”. O pensamento ceibe, sen presión durante o descanso, serve de válvula de escape nos soños ao que é devorado na vixilia. Zambrano pescuda a forma dos soños e Dieste ofrece a través dos seus 225 Valente Epistolar, Introducción y edición Claudio Rodríguez Fer, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2021, p. 117. 226 Dos arquivos do trasno foi a súa primeira obra publicada. En 1926 con oito relatos que xa foran publicados nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. No 1962 presenta unha segunda edición na editorial Galaxia con vinte relatos No 1973 aparece outra nova edición con catro contos publicados en 1927 e a gran obra teatral A Fiestra valdeira e outros relatos escritos no exilio. Deste xeito a edición posterior inclúe textos escritos en momentos moi diferentes, revisados e corrixidos. No 2008 publicouse outra edición tamén da Editorial Galaxia. Os primeiros, nin sequera publicados no seu momento, foron escritos durante a contenda en Marrocos, para a revista Charamuscas. 227 Carlos Gurméndez, “Una pasión creadora: Rafael Dieste”, El País, 27 de maio de 1995. Sobre a política nas obras de xuventude 131 relatos unha singular expresión do contido dos mesmos. O laboratorio fenomenolóxico de Zambrano pretende atender ao puro fenómeno do soño, sen entrar no tema da realidade, ou máis ben asumindo que son reais en tanto son a resistencia no sentido orteguiano (SC, p.14). Esta idea de resistencia mantena o propio Dieste no limiar “A unidade emotiva conséguese no conto pola obsesión do que ten de sobrevivir” (DAT, p.7). A filósofa interpreta certas obras da literatura como verdadeiros soños, xustamente coincidindo coa visión de Gurmendez ao analizaren os contos de Rafael Dieste. Fernández del Riego caracteriza a obra dramática de Dieste como colección de contos sintéticos de rexa intensidade dramática. 228 O comentarista entende que foron escasos os propósitos anovadores da xeración de Rafael Dieste. Agás Os vellos non deben namorarse de Castelao, a obra de Dieste e a adaptación de Plácido Castro e os irmás Villar Ponte aos dous dramas -“folkdramas” di Fernández del Riegode Yeats: Catuxa de Houlihan e O país da saudade. O limiar desta obra comeza con seis aforismos que responden a unha modulación moi típica da razón poética, baseada na concisión, a expresividade ateigada de símbolos, moi suxerinte esteticamente, aínda que algo imprecisa no conceptual. 229 Traballando o autor de Rianxo para o xornal El Pueblo Gallego escribe os primeiros oito relatos da obra definitiva. En 1962 publica a segunda edición con seis contos máis, escritos para El Pueblo Gallego durante a súa etapa de colaborador neste xornal, entre 1925 e 1927. Nesta segunda edición prescinde do subtítulo: Contos do monte e do mar. No 1973 edita novamente o libro con dous contos escritos nos anos cincuenta, no exilio. Estes dous contos son “Un conto de Reis” e “De como veu a Rianxo unha balea”. Durante a súa etapa no xornal El Pueblo Gallego, descansa en dúas ocasións, unha por vacacións e outra por mor da publicación dun manifesto da Unión Patriótica Española, afín ao goberno da ditadura de Primo de Rivera. Con algún conto publicado en Galicia, concibe Dos arquivos do trasno en 1926. Dieste faise cargo da edición sendo descontada do seu 228 “O seu primeiro libro publicado en lingua galega foi unha coleción de contos sintéticos, de rexa intensidade dramática, que tiduoú Dos arquivos do trasno [...] O autor, distanciándose dos seus personaxes, imprímelle aos relatos unha matización imaxinativa co tempero dunha vaga emotividade. No intre da súa aparición, Dos arquivos do trasno foi considerada obra maestra do xénero na nosa fala.” Francisco Fernández del Riego, Historia da literatura galega, O. c., p. 242. 229 Cfr. Arturo Casas, “Os tratados sobre teatro de Rafael Dieste”, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo XLVI, Fascículo III, Santiago, 1999, p. 328. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 132 salario durante meses. Na segunda edición cambiará o título de “A lenda da vella busca” por “ O regreso” en 1962 e “A volta” no 1973. Luís Rei Núñez ve ao Dieste de Dos arquivos do trasno como un autor moderno con todas as súas consecuencias. 230 Afirma que a xeración de Dieste é a primeira das letras galegas en coñecer as outras literaturas do mundo. A xeración Nós coñecía as literaturas estranxeiras pero non deron chegado a formar parte delas. No caso do autor de Rianxo a innovación pasaba por unha sabia conxunción deste legado xunto ao da cultura popular. Nos contos escritos na década dos anos vinte, todos agás os dous sinalados, tratan temáticas que non serán alleas á produción zambraniana. Se ben é certo que algunhas teimas van ser traballadas pola filósofa en datas posteriores. Tratando de aglutinar as propostas deste libro atopámonos coas seguintes: 1- A morte e a súa relación cunha concepción non lineal do tempo. 2- A soidade de quen agarda a un ser querido en balde. 3- O sentirse mirados. 4- Historias de seres ao marxe da comunidade. 5- Xeopiedade e emigración. 6- E, finalmente, nos contos da última achega, e fora desta etapa, a cuestión da identidade (“O drama do cabalo de xadrez”, “De cómo veu a Rianxo unha balea”) e novamente o xogo temporal e a imaxinación creadora (“Un conto de reis”). Vaiamos por partes: 1- A morte e a súa relación cunha concepción do tempo non lineal Este primeiro tema, vai ser abordado nos contos: “Sobre a morte de Bieito”, “O neno suicida” e “Oncemil novecentos vinteseis”. Os tres parten da experiencia da morte do protagonista e a relación sinuosa co tempo dos mortais. O primeiro destes, narra o caso de Bieito, enterrado en vida?. O narrador móvese entre a sorna e o delirio ao querer abrir o cadaleito de Bieito trala sospeita de que permanece vivo. A proposta de Rafael Dieste reflicte a situación arquetípica que asemade Zambrano recolle ao longo da súa obra da man de Antígona. Neste caso o autor non se centra na ética do personaxe soterrado senón na de un dos “levadores do cadaleito”, o narrador. Que debe facer ante a sospeita de que o “finado” está vivo? Debe paralizar o 230 Luís Rei Núñez, Rafael Dieste, O libre pensamento, Xerais, Vigo, 2019, p. 74. Sobre a política nas obras de xuventude 133 enterro? Debe arriscarse ao ridículo? E se realmente está morto? E se intenta abrir a tumba pola noite? Pode temer ser descuberto e que os acompañantes do funeral non entendan por que non detivo o enterro no seu momento? Polínices non é o protagonista da traxedia de Sófocles. Non o son os mortos, tampouco son o centro das pescudas neste conto, senón aqueles que se sitúan no espazo da libre elección. Antígona debe elixir entre soterrar ao seu irmán ou abocalo á condena de vagar eternamente, sen acougo. O portador do cadaleito de Bieito debe actuar ante a sospeita de que este non finou. Dúas reflexións dende a perspectiva de quen pode ou debe ceibar ao outro dunha situación delirante. Ambos casos presentan a dentada da presión axiolóxica nos interrogantes iniciais e as dúbidas. Antígona xógase a vida na súa elección de soterrar a Polínices, o portador do cadaleito de Bieito non. Maila que este teme a resposta social, outro tipo de morte e illamento. O medo ao ridículo do protagonista elévase ironicamente sobre a morte de Bieito. 231 O diálogo que o lector percibe entre o portador do cadaleito e a súa comunidade non desaparece ante as reflexións solitarias. Neste caso gaña o medo, non ao morto-vivo senón á presión da tribo. O pobo non perdoará a quen deixou enterrar a alguén sabéndoo vivo. Que facer? O portador do cadaleito fuxe. Finalmente pesa máis a presión grupal que as decisións persoais. O medo á morte social queda reflectida nesta crónica irónica entre o espanto e a gargallada. Recollendo deste xeito una visión do pobo a través da imaxe que no plano teórico custaría moito máis explicar. Dieste narra regresando á fonte do seu clan. Por iso vai ser concibido como autor regresivo polo seu amigo Otero Espasandín. 232 Sempre retoma o eixo da orixe como parámetro da vontade dos seus personaxes. Non elixen o que queren, non son Antígonas, elixen o que poden elixir para non seren pechados nas covas do illamento e do silencio. Por outra banda, George Steiner na súa obra Antígonas vencella o terror a ser enterrado en vida, ao pensamento de que aínda exista certa enerxía psíquica trala morte, coa traxedia de Sófocles. Reflexiona sobre como o autor grego condensou toda a forza do 231 Sobre a ironía galega aportamos un texto que sitúa a obra de Rafael Dieste neste salientable trazo da nosa cultura: ‘“La burla gallega es un consuelo y una defensa, es una rebeldía’ escreveu Don Miguel de Unamuno referindo-se á ironía galega. ‘Lo burlesco abunda en la literatura gallega, y puede decirse que lo satírico y lo elegíaco son sus dos cuerdas’, insistiu Unamuno, e así asentaba en poucas liñas dúas características a que foi máis fidel a arte literaria, e mesmo as outras artes de Galicia [...]. O sentimento idealizado da natureza e dos homes facia-lles ver máis esaxeradamente o contraste da vida que os rodeaba, agravando a súa sentimentalidade. É a ironía de Rafael Dieste en ‘El loro disecado’ ou ‘El jardín de Plinio’ do seu libro de contos publicado en Buenos Aires, ou das crónicas en Compostela de ‘Borobó’”.“A ironía galega”, Escolma de textos de audición radial de Luis Seoane “Galicia Emigrante” (1954-1971), Versión galega e edición de Lino Braxe e Xavier Seoane, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1989, pp. 418-419. 232 Arturo Casas, Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, O. c., p. 307. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 134 terrible pavor que os seres humanos sentimos ao respecto no descenso de Antígona viva ao reino dos mortos. 233 No segundo texto “De cómo se condeou o Ramires”, repara sobre as crenzas relixiosas no limiar da morte. Preocupación moi presente no seu tempo, de raizame unamuniana. Entre a aceptación da igrexa e os seus preceptos ou a vontade do enfermo agonizante? Igual que no primeiro relato, o autor galego céntrase na capacidade desiderativa do protagonista fronte ao temor do castigo final e, novamente, a presión do pobo. Débese practicar a extrema unción a un enfermo non crente? A liberdade non deixa de ser un asunto ancorado na comunidade da narración. O pensador de Rianxo amosou moitas máis diverxencias que Zambrano con respecto ao catolicismo. Porén como, di Luís Rei Núñez, “non deixaban de interesarlle as cousas de tellas arriba”. 234 Malia isto, Carmen Muñoz Manzano, a compañeira de Dieste, non permitiu que o seu home tivera o destino de Ramires. Sen ser agnóstico, nin católico practicante, si era tolerante e comprensivo. De maneira que desde dentro da tradición unha vez afirmou, aforisticamente: “Creo na crenza de meus pais”, recolle Rei Núñez. Sabemos que a perspectiva heterodoxa sobre “as cousas de tellas arriba” non lle abandonou ata o final coa súa obra póstuma La Isla. Tablas de un naufragio. Ramires é o home só ante a morte, decidindo, sen “táboas dun naufraxio” para a súa derradeira partida. O home, teimudo, deixa que o pobo lle condene xa que a culpa e o pecado nada teñen que ver con esta historia. Non pertence xa ao clan completamente, volveu á aldea tras vinte anos en Arxentina, en Catamarca. Terra que propicia no protagonista do relato unha voz propia. Non tiña na cabeceira do dormitorio un crucificado senón un retrato de Ferrer (1900-1983), artista plástico do grupo Nexus que representa á modernidade artística. Dieste filtra con este pequeno dato a sensibilidade e apertura deste home emigrante que comeza a súa formación no mesmo tempo no que sae e “ve” outras “ideas” e “xornais” como epicentro da súa transformación e aprendizaxe. A emigración aparece como espazo de maduración persoal para aqueles homes que desde moi novos deben abandonar toda formación a prol da propia supervivencia e a das súas familias. Interpretándoa como unha viaxe non só laboral senón tamén de transformación e evolución 233 George Steiner, Antígonas. Una poética y una filosofía de la lectura, Gedisa, Barcelona, 1987, p. 27. 234 Luís Rei Núñez, Rafael Dieste, O libre pensamento, O. c., p. 361. Sobre a política nas obras de xuventude 135 intensa. Cando volve xa non pesa o medo ao inferno imbuído polas arengas dos curas e os contos de temor: “Daquela aínda miraba debaixo do leito antes de se deitar para ver se o diaño estaba alí agachado” (DAT, p. 18). Rafael Dieste cre que o inferno é un lugar feito polo home, unha construción que rexeita dende neno para liberarse e liberar ao resto dos mozos cos que xoga. Ramires quere morrer tranquilo, aínda que para iso teña que facer da súa morte un proceso máis biolóxico que biográfico: Que o deixasen morrer tranquilo. Que non amargurasen os seus intres derradeiros. Que o deixasen da-los seus consellos e dispo-las súas cousas con enteira liberdade. Unha apreta da súa dona, un beixo dos pequerrechos na súa fronte marcada coas insignias dos longos traballos que en Catamarca fixera por eles, e nada máis. Que o deixaran morrer coa sinxeleza das pombas, e se non lles gustaba a comparanza, coa conformidade dos lobicáns (DAT, p. 17). Ramires é o elemento do cambio. O explicitaba de xeito mendelián o 30 de marzo do 27 (ATC, pp. 123-124), tamén presente en Unamuno como dicíamos anteriormente. “Precisamos un elemento, unha mutación no ADN do pobo, para producir un ‘camiño de nacencia’”. Non lle preocupan ao emigrante os diaños da igrexa nin o intre da morte. Afirma un par de veces: “¡Non é non!”. Os anos na Arxentina, as lecturas, as vivencias, fan un novo Ramires, insubmiso e xeneroso, permitindo un cambio de mirada grupal, cun maior rango de liberdade. Deste xeito definía o 1 de abril de 1926 ao labrego sabio (ATC, p. 73). O protagonista morre sen a bendición do cura, non se somete aos terrores literarios do inferno. Dieste emprega a proa dos barcos -coma fixera en reiteradas ocasiónspara expresar coa súa imaxe a faciana da morte e a dignidade do finado: “A cara do defunto ficou branca, dura, emproada. Os pequerrechos bicaron medoñentos aquela fronte, na que estaban marcadas as insignias dos vinte anos en Catamarca” (DAT, p.19). O narrador dálle azos a Ramires na súa derradeira viaxe facéndoo libre elector da súa decisión. A viaxe deste arquivo do trasno é fundamentalmente psicolóxica. 235 Sen 235 Arturo Casas fala da viaxe na obra de Dieste nestes termos: “O regreso é un dos temas recorrentes na literatura do noso autor, e aparece incluso na súa poesía con nítidas pegadas de Nietzsche e Bergson; pero a Dieste interésalle sobre todo desde un punto de vista mitolóxico e psicolóxico, non antropolóxico ou social. Por iso mesmo, nos Arquivos atoparemos arquetipos pero nunca tipos no sentido que o realismo costumista outorga a tal concepto.” Arturo Casas, Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, O. c., p. 165. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 136 forzas físicas, morrendo, pero coa aprendizaxe de vinte anos fóra da matría, aprendendo en soidade o ser que é. No artigo do 3 de marzo de 1926 o Dieste novo defende á importancia da vontade na configuración da identidade: “O vello aforismo de Píndaro (sé o que eres) foi enriquentado pra nós por iste de Unamuno: o máis fondo do ser é o querer ser. Frase que abonda pra lle dar gloria a un home” (ATC, p. 52). 236 O aforismo incide na necesidade de executar a configuración do eu na liberdade, no sentido kantiano. Ramires morrendo estalle aprendendo ao grupo o sentido máis entrañable de quen é. A súa obra é a súa vida, a reafirmación do seu ser máis fondo. En sintonía coa reflexión de Unamuno: “Cuando corra sobre él la cortina de tierra, cuando enmudezca en el tiempo para hablar en la eternidad, que pueda decir, como se dice al final de un discurso que sea un acto: ‘He dicho’ Y aún mejor aún: ‘¡Queda dicho!” 237 Conforma o elemento catalizador da diferenza no grupo e como tal, posibilita o cambio na percepción da morte dentro da comunidade. O máis significativo e fantástico dos contos encadrados nesta temática é sen dúbida “Once mil novecentos vinteseis”. O narrador esperta nun nicho metálico, coma “cobra engaiolada”. 238 Durmira 10.000 anos. Un doutor “experto en orientalismo” preparouno para saír no ano 11.926. Coma nunha cápsula do tempo, hermética pero coa virtualidade de agochar un individuo dentro. Enterrado vivo, “durmind,o”, cun reloxo, un termómetro, unha caixa de mistos, unha petaca (sic.), unha pistola, unha lanterna eléctrica e unha carta lacrada (DAT, p. 80). A historia, a delirante situación de viaxar no tempo, ten moitos planos que finalmente quedan reducidos polo propio autor a un, o relato onírico. 236 Dous anos antes da escrita do autor galego, o 22 de novembro de 1924 Unamuno apuntaba: “’Hay que querer vivir y saber morir’. El mismo día en que leíamos esta trágica sentencia napoleónica, corneliana, vovíamos a leer una de las profundas sentencias de Píndaro. Es cuando dirigiéndose a Hierón de Siracusa, en Pítica II (verso 131) le dice: ‘Aprende a hacerte el que eres!’ Traducción acaso problemática, ya que el viejo griego es de una concisión extrema y no fácil de traducirse. Al pie de la letra y en bárbaro lo traduciríamos: ‘Así te hagas cual eres habiendo aprendido’. ‘¡Aprende a hacerte el que eres!’ Es consejo más profundo que el ‘Conócete a ti mismo’ contra el que se revolvía Carlyle otro gran actor trágico y monologuista inagotable-, diciendo que somos inconocibles para nosotros mismos, y sustituyéndole con este otro: ‘¡Conoce tu obra y llévala a cabo!’ Pero ahí es nada conocer uno su obra, la que le toca en providencia. Porque mi obra soy yo, el que soy por dentro de dentro, en mi entraña espiritual; mi obra es mi yo eterno –de la eternidad del pasado tanto como la del porvenir-; mi obra es mi posibilidad y mi necesidad a la vez”. “Aprende a hacerte el que eres”, Mi vida y otros recuerdos personales, II, 1917-1936, Losada, Bos Aires, 1959, pp. 122-123. Percíbase neste fragmento o emprego da expresión ‘entraña espiritual’, tan inspiradora para a nosa autora. 237 Mi vida y otros recuerdos personales, II, 1917-1936, Miguel de Unamuno, O. c., p. 124. 238 Lémbrese que unha das acepcións que as serpes tiñan para a autora malagueña correspondese co tempo. Sobre a política nas obras de xuventude 137 Comeza nun lugar utópico, un individuo alumeado por un sabio doutor “versado na cultura oriental”, destinado a espertar tras unha hibernación de 10.000 anos. O autor galego aporta o nome do doutor Roberto Nóvoa Santos (1885-1933). Fisiopatólogo, médico clínico, interesado no misticismo, na obra de Santa Teresa, a psicanálise freudiana e a análise da conciencia no eido antropolóxico próximo a William James. 239 Introdutor das teorías psicanalíticas na península e, o que aquí máis interesa, da visión dos soños. 240 O soño como espazo que permite enxergar “realidades” non atendidas na vixilia. Nunha liña argumentativa moi próxima á María Zambrano de El sueño creador (1965) e Los sueños y el tiempo (1992). 241 No caso de Dieste, como dicíamos, ocupándose do contido destes e non da súa forma coma no caso da pensadora de Vélez. O polémico discurso do doutor Nóvoa Santos “El problema del Mundo Interior”, foi pronunciado no acto inaugural do curso académico o 1 de outubro do 1920 provocando unha forte reacción eclesiástica. O arcebispo de Santiago, o cardeal José María Martín de Herrera prohibira a súa difusión por panteísta e modernista. Paralelamente acadaba unha grande popularidade entre a xuventude sendo aplaudido nas aulas e círculos intelectuais da Compostela do momento. Nóvoa Santos fixera unha estadía intensa en Estrasburgo na que entra en contacto coa metodoloxía europea de traballo, algo que racha cos sectores clericais máis ortodoxos. Defende a inmortalidade, dun xeito máis próximo ás tradicións procedentes de Oriente que ao culto católico. 242 A morte como volta á terra será un aspecto dos traballados polo fisiopatólogo que deixarán unha fonda pegada nos transterrados. 243 239 Juan José Fernández Teijeiro, “Ciencia, espiritualismo y religión: entre Nóvoa Santos y William James”, Revista de historia de la psicología, Universitat deValència, Valencia, 2013, p. 51. 240 O texto de Nóvoa Santos, “El problema del mundo interior”, 1920, recollido no anterior artigo de Juan José Fernández Teijeiro, que agora transcribimos, aporta unha mostra das súas achegas no eido dos e o influxo da psicanálise: “En ese flujo y reflujo de la masa líquida agitada, lo consciente quedaría representado por las olas salpicadas de espuma. De las profundidades emergerían de vez en cuando a la superficie espumosa algunos elementos, bien como ensueños o inspiraciones. También de la superficie consciente se hundirían otros en las profundidades del inconsciente. No es preciso que exista una represión censurante. Huellas o símbolos permanecen almacenados hasta que en un momento determinado vienen a nosotros ‘empujados por fuerzas invisibles’”. Juan José Fernández Teijeiro, “Ciencia, espiritualismo y religión: entre Nóvoa Santos y William James”, O. c., p. 55. Roberto Nóvoa Santos. El problema del mundo interior. Discurso de apertura de curso 1920-21, Paredes, Santiago, 1920, p. 29. 241 Citamos as datas das primeiras edicións. 242 Juan José Fernández Teijeiro desenvolve a conexión da idea da morte en Nóvoa Santos con tradicións místicas para alén do cristianismo. Así como tamén a apertura a vías de coñecemento afastadas da ortodoxia científica: “Opina Nóvoa que el deseo de morir está latente en todos los hombres y se revela en los sentimientos de morriña, cantados por los poetas, ansiando el retorno a la tierra, y que en la saudade culmina el instinto de la muerte. En forma muy semejante a James, Nóvoa trata de encontrar un significado no solo en Teresa de Jesús y los grandes místicos cristianos, sino también en las manifestaciones místicas de hindúes, budistas y musulmaness: ‘Abren la posibilidad de otros órdenes de verdad en los que podemos libremente continuar teniendo fe’ (James, 1902/1986, p. 317). Es James el que MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 144 seres queridos ao recordar aos seus familiares e amores desaparecidos. A imaxinación da nai delirante recrea una sobre-realidade na que o fillo perdido regresa. O “regreso” non chega a ter a contextura da esperanza e a vella Resenda morre cos “ollos tan abertos que non parecía que estivese morta”. Na “Historia dun xoguete” reforza a concisa pincelada da procesión de mulleres delirantes: “En canto a Bastián o navegante... endexamais voltou. Polo branco e longo areal vai ás veces unha muller de loito, a roupa en remuiño, a panela de argazo moi apirucada” (DAT, p. 32). Paisaxe humana enleada coa natureza: “Despois viñeron longos, pregoeiros destemidos dos escuros monstruos que andaban xa a bruar polo horizonte”. O mariñeiro desaparece no mar e a súa obra, un barquiño de madeira construído por el, é atopado polos meniños entre o refugallo da praia. O mundo do pequeno, remedando o naufraxio do barco de Bastián, aporta as noticias que a goleta do mariñeiro xa non traerá. “O Vello Moreno” 250 continúa co mantra das mulleres paralizadas no tempo indefinido pola espera dun home que non da chegado: “Eu sei dunha muller que aínda hoxe agarda polo seu home… ¡Máis agarda en balde!” (DAT, p. 38). O tempo paralízase no intre da separación, outorgándolle a dimensión do instante eterno. Instante con matices moi dispares, a separación, por unha banda, e a presión da crítica popular sobre a muller que amando ao seu home élle infiel. Por unha banda, o “coro dionisíaco” popular replica o saber e sentir da veciñanza non exento de brétemas. Pola outra, o narrador, asumindo a fondura do relato: “parecía de pedra; unha pedra na que fosen deixando tremulentas escumas, vindo de moi lonxe, unhas escuras ondas” (DAT, p. 42). Paisaxe humana afundida coa natureza novamente, dándolle á rotundidade das rochas erosionadas polo mar ao destino incerto do home agardado. Á espera do mariñeiro, engádelle a presión do tempo e a resposta do clan para as mulleres que esperan e procuran outras compañías. “En segredo, en segredo, fórono sabendo todos, tódolos que nas vilas saben estas cousas.” (DAT, p. 41). No capítulo III volveremos á idea da espera a través do derradeiro e paradigmático conto de Historias e invenciones de Félix Muriel, “A asegurada”. 250 Conto que Rafael Dieste escribe durante a súa etapa en Marrocos, publicando en Charamuscas a primeira versión. Xosé Ramón Brea Rey, “Charamuscas, A revista de Rafael Dieste na guerra de África” O. c., p. 47. Sobre a política nas obras de xuventude 145 3- O sentirse mirados. A inquedanza de sentirse mirados, outro ángulo do onírico na obra diesteana. “A luz en silencio” reflexa a lóxica inaccesible de sentir que non se está só, de sentirse mirado. Dieste revolve os medos da infancia noutros textos, ao ritmo de “Este niño está loco” en Historias e invenciones de Félix Muriel. Neste caso intrigando coa fondura da sala das visitas e homenaxes, lugar ateigado de obxectos antigos, unha mesa de mármore sostida por vellos dragóns que portaban un reloxo e unha caixa de música. Uns retratos dos avós que o miraban desde outro tempo, alterándoo, para recordar a un Félix que endexamais coñeceran. Comparte esta historia o ambiente de “grave penumbra” que aporta o elemento case de pesadelo na narración: “Polo corredor as mil poutas das tebras, como picos de silveira prendíanme a roupa” (DAT, p. 28). Maila o terror froito do xogo da imaxinación, o narrador “entende” que o resplandor dos mistos xa non era seu, non lle pertencía. O resultado da súa angustia tiña o seu propio ser; a mirada allea que non se deixaba apertar e lembraba aos espazos terroríficos da infancia. Ao enfrontarse ao medo da sala “silandeira e triste” descobre a súa soidade. “O sentirse mirado sen ver” constitúe, por outra banda, para Zambrano o principio de delirio: En el principio era el delirio; quiere decir que el hombre se sentía mirado sin ver. Que tal es el comienzo del delirio persecutorio: la presencia inexorable de una estancia superior a nuestra vida que encubre la realidad y que no nos es visible. Es sentirse mirado no pudiendo ver a quien nos mira. Y así, en lugar de ser fuente de luz, esa mirada es sombra. Mas, como en todos los delirios humanos, la esperanza está presente, y más quizá que en ninguno, por ser el primero. La esperanza está prisionera en el terror; la angustia de sentirse mirado envuelve la apetencia de serlo, y toda la esperanza que se despierta, que acude ante esa presencia que se manifiesta ocultándose (HD, p. 47). Para a filósofa o delirio adoita posuír certas faíscas de esperanza, elemento central no discernimento. O delirio que demanda esperanza maniféstase para a autora na necesidade de saír de si convocados pola transcendencia. Intre no cal o ser humano pasa do terror á gracia. A conciencia xorde ao perder o ser humano a inocencia, inmediatamente despois do padecemento, da traxedia de sentirse perseguido, mirado. Tanto o terror coma a gracia resultan dúas manifestacións do sagrado. O terror remata coa conciencia, e con esta o ser humano pode comezar a realizar preguntas. O final do relato do autor galego coincide coa comprensión da salvífica situación do deliro persecutorio, con ou sen razón, ao comprender que está só. Rematan os terrores, da infancia e tamén infantís, comprendendo MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 146 que a situación ontolóxica da soidade é a propiciatoria da toma de conciencia: “Entrei. Un trallazo de espanto deixoume entalecido... Na sala, silandeira e triste, non había ninguén” (DAT, p. 29). O descenso final da narración trasládanos ao plano de sorpresa necesario para saír do bucle do pesadelo e comprender coa soidade do protagonista a solución. “Espanto de nenos”, na mesma dirección, fala dos medos internos proxectados sobre a estrutura avellentada dunha casa. “Nunha fenda ou buraco do teito viran un ollo alerte e só que os fitaba, talmente como se a casa mesma estivese a ollalos dende o mesmo espesor da súa vellez” (DAT, p. 68). Describe o feito coma unha sorte de “espello metafísico” no que as emocións máis primitivas abrollan ao espazo alterándoo. Nun artigo de xuño de 1926 publicado en El Pueblo Gallego, diferenza entre aqueles que desde unha visión máis “cientifista” non atopan comunicación coa contorna non humana e os artistas: “Viven e entenden supostas ‘vivencias’ do inanimado. Todo -o que se move e repousaestá para o artista interiormente animado. Se un mariñeiro lese isto e lle dixese que viven o mar e o vento e as velas, entendería deseguida” (TCA, p. 39). Expresando así a súa proximidade coa fenomenoloxía de Scheler na que a comunicación co obxecto faise total, esencial e emotiva (María Antonia Pérez, “Rafael Dieste: A Arte como verdade e comunicación”, TCA, p. 16). Non é un conto de terror senón de emocións ante unha realidade misteriosa coa que o suxeito ten tratos e se identifica. A forte relación afectiva de Dieste cos escenarios recreados facilita introducir nestes ao lector. Nin panteísmo, nin romanticismo, só o individuo coa experiencia peculiar que acontece. Esta mirada que traspasa a visión primaria non é privativa dos artistas. O autor exiliado insírea no ollar dos mariñeiros e artesáns, como nas seguintes liñas de “O vello moreno”: Non me podo lembrar en qué taberna de qué porto foi. Só sei que a cortina da entrada era vermella e que se enchía como unha vela co vento noitego. Debeu de se-lo rapaz de abordo (sempre andaba con nós, fumaba en paipa e chiscaba o ollo) quen ó ve-la cortina daquel xeito dixo que iamos en popa. Outro dixo que estaba empreñada. E outro que era unha bailarina. Moura..., engadiu; razón, supoño, de que non lle visen as pernas. Este xa tresvariaba, e no pulo de ir namorar á bailarina desapareceu (DAT, p. 37). Sobre a política nas obras de xuventude 147 4- Historias de seres ao marxe da comunidade “O vagamundo”, “O vello que quería velo tren”, “Na morte de Estreliña”, “Pampín” e “O caso dos tres fornos” fálannos de seres ao marxe da comunidade -os vencidos sen nome- ou que simplemente non son tidos en conta, asociados a súa función, sen expectativas vitais independentes. “O vello que quería velo tren” é un relato que publica na revista manuscrita en Marrocos, Charamuscas. Na primeira versión o autor de Rianxo incide na apertura dos homes e mulleres ao coñecemento, ao universalismo, eido compartido por toda a xeración Nós. A tradición e a modernidade enleadas nunha sorte de morriña por aquilo que non puido ser. No relato do 1926 remata coa visión esperanzadora do neto no carro de bois, soñando coas viaxes futuras de galego polo mundo: O vello fala pouco. Vai satisfeito, pero un pouco tristeiro. Naquel mundo que pasara como lóstrego, sentía escuramente unha atrevida, irreverente bruxeria, unha vida sen coto, co vértigo das áxies volteiradas dos títeres nas altas randeeiras. ¿Cal era o mundo verdadeiro?¿Vivira el engañado tantos anos nas altas toxeiras? Había máis mundos que o seu. Mundos de bruxería, mundos de arriscados equilibrios, mundos de irreverenza e tamén de maravela. Pro el, ¡malpocado...! De súpeto o rapaciño dixo: -Eu cando medre tamén hei de andar en tren. As enrugas do vello teceron unha sombriza tristura. O rexo carro de bois voltaba rinchando, xemendo e dando tombos para a aldea de nome bravo e silvestre perdida entre calados cumios (DAT, p. 53). Captando deste xeito algo esencial da identidade galega, o arraigo, por unha banda, e a apertura ao mundo, pola outra. Noutro texto de 1946 exprésao claramente: “Porque al salir mundo adelante, hemos salido Galicia adelante, buscando lo que prometen nuestros horizontes, confiados en ellos porque allí el cielo promete con certeza.” 251 Galicia convertese no imaxinario de Rafael Dieste no mundo todo. Idea moi próxima a xeopiedade como veremos. “O vagamundo” pasa de ser un neno silvestre e ceibe, medrando en “estado de natureza”, a configurar os límites da comunidade. Outros como Pampin ou Estreliña, 251 Rafael Dieste: “Galicia en el recuerdo”, Bos Aires, 25 de julio, 1946, Rafael Dieste, La creación como el puro amanecer constante de la palabra. Historias e invenciones, pensamientos y poéticas de la memoria, Documentos A, nº 1, xaneiro 1991, p. 212. (Aportamos a data da primeira publicación tal e como aparece no estudo que manexo). MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 148 representan aos seres miúdos que van formigueando no seu día a día sen que ninguén se decate deles. O home que debe limpar os tres fornos é o traballador incesante, o arquetipo dos seres que sustentan silentes o movemento do mundo. Orgullo teimudo de obreiro que sabe realizar o seu pero non quere ser explotado. A dignidade 252 destes seres amósanos unha visión no ronsel da concepción zambraniana de piedade. Sempre referida ao trato de algo ou alguén que non está no noso mesmo plano vital, dirá Zambrano en El hombre y lo divino. Tratar co outro é tamén tratar coa realidade persistente, a “contravoluntad orteguiana” (HD, pp. 191-201). A razón poética procura un “coñecemento” non reducido, apertando as rexións en tebras nas que a escuridade amosa o menos visible da realidade: o monstruoso, a sede do padecer, o que semella morto, todo o que anima o plano “non agostado” polo logos dominante. Son seres heteroxéneos, que sen estar no cerne da comunidade posibilítana. Preto das criaturas larvais zambranianas, sustentan dende as tebras o que na codia do mundo acontece. Voces da razón poética que filtran os discursos difusos do inconsciente individual e o colectivo, canalizando vías ata entón presas da razón dominante. 5. Xeopiedade e emigración “O grandor do mundo”, “Na ponte de ferro” e “Nova York é noso” trasládannos a outra das grandes temáticas na obra do pensador de Rianxo. Entre admiración e angustia semella ese home que volve en “O grandor do mundo” “rico de penurias e lembranzas” (DAT, p. 63). Son xente sinxela as que “Na ponte de ferro” desexan ter un pequeno quiosco, ben pintado, nunha fermosa praza. Os que volven non sempre teñen acadadas as súas arelas e teñen que inventalas. O fillo do emigrante retornado en “Nova York é noso”, non lle queda outra que ostentar ser o dono da metrópole ante o pobo, que entre silente e absorto, sempre pide contas a quen o deixa. O emigrante, fronte as criaturas do epígrafe anterior, son parte activa da comunidade pero tamén poden perder o seu espazo. O neno berra porque ninguén lle pregunta polo seu pai. Debe suplir o silencio coa conquista do imposible, a sabéndoas que é incrible. Preto da visión zambraniana: non se pasa do posible 252 Estelle Irizarry: “Hay en todos estos personajes gallegos una recia dignidad que sostienen a pesar de la indiferencia o la oposición de otros, y aun en la muerte”. Estelle Irizarry, La creación literaria de Rafael Dieste, Edicións Do Castro, Sada, 1980, p. 16. Sobre a política nas obras de xuventude 149 ao real senón do imposible ao verdadeiro. A realidade é creada e recreada ao ritmo dos desexos, por moi inverosímiles que semellen. O neno reescribe o fracaso do pai na metrópole ante os outros xerando un discurso optimista. O non preguntar do grupo é a sombra dunha rendición inaceptable para o rapaz. A súa realidade é a súa creación, aberta á esperanza maila imposible ao mesmo tempo. A voz do rapaz representa o polo escuro da emigración, a daqueles que sofren o desarraigo para seguiren pobres tras o regreso. Nestes textos Dieste alude a un espazo que Irizarry relaciona co concepto de “xeopiedade”. 253 Un tipo de xeografía analizado polo xeógrafo norteamericano John Kirtland Wright e o seu discípulo, Yi Fu Tuan. Nas obras do autor galego o territorio aparece desde dúas ópticas, a do territorio, lugar horizontal, Galicia como espazo xeográfico, e a vertical, o espazo nas nubes e o ceo. A xeopiedade atinxe a unha relación entre a terra e o ser humano que a transcende. Unha visión sacra da terra. Omnipresencia da mesma que infunde misticismo e piedade. 254 Irizarry distingue entre dous modelos de estes espazos na obra de Dieste. Un, o que aparece en “O grandor do mundo” e na Fiestra valdeira. A emigración a América supón o espazo de referencia e antítese do concepto da terra para os antigos. Así entendido o exilio era peor que a morte. Afastarse da terra enténdese desde esta perspectiva coma acto de impiedade. Na “Volta”, “Historias dun xoguete”, o retorno sempre é a partir dun espazo que compre esquecer. Fronte a este, o espazo que percorre o autor nos seus relatos Irizzarry relaciónao co concepto de “herdade”. Terras que resultan ser moi galegas aínda que podan representar outros mundos, outros planos ou inclusive a terra misteriosa e metafísica do prenacemento. Son espazos en definitiva, intanxibles ou dificilmente aprehensibles pola razón analítica. Suxiren outras facultades que pertencen ao eido dos soños, da intuición e as crenzas antigas nas que os seres dialogan co misterio. Se este espazo é o dos mortos, as profecías, os vaticinios, no que os personaxes padecen a súa propia existencia, talvez podamos empregar como sinónimo as “entrañas” do pensamento zambraniano. Espazo que Dieste describe desde Bos Aires o 25 de xullo de 1946 dicindo que non ten partes, que Galicia é o mundo e este é eucarístico. Galicia é o sitio para nacer, para empezar a nacer e para seguir nacendo ata a 253 Estelle Irizarry analiza a expresión de xeopiedade no seguinte texto: “A xeografía nas obras de Rafael Dieste”,, Tentativas sobre Dieste, Arturo Casas (ed.), O. c., pp. 83-93. 254 Ibídem, p. 84. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 150 morte, e tamén un espazo para renacer. 255 Esta concepción “sagrada” do espazo ou “estación de benaventuranza” transforma a terra nun espazo espiritual. 256 6- A identidade O narrador galego constrúe a identidade grupal partindo do xogo dos espellos propiciado polos seres miúdos das vilas e pobos galegos. César Antonio Molina descríbeo coma un arquiveiro da colectividade. Realmente a teima da identidade sobrevoa en todas as narración recollidas polo autor de Rianxo nesta obra. Lémbrese que no “Limiar” alude ao conto coma “un remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz” (DAT, p. 7). A luz é a imaxinación do autor que aglutina as imaxes todas prolongando o misterio, a significación e a transcendencia poética do conto. 257 O narrador fai a dixestión de moitas vivencias directas e indirectas nas que convive o misterio da atmosfera lendaria galega, a historia dos traballos e migracións coa fonda sorna de quen ten que traspasar a traxedia. Nos contos: “Drama do cabalo de xadrez”, “De cómo veu a Rianxo unha balea” ou “Pampín”, transita pola órbita da identidade da comunidade a partir destes pequenos actores. Pampín é o alcume, ou non, dun personaxe peculiar dos pobos. Seres dos que xa non se sabe ben se foron así bautizados polo cura ou polos veciños. Non é ninguén e porén importante na convivencia diaria, recolle a roupa que cae dos balcóns, separa as barcas cando chocan na beiramar, “repara tódalas cousas”. Nese nome enigmático Dieste sitúa a xenialidade da colectividade: “Nome feito por nós, por todos nós... Un nós de moita largueza, no que caben rafegas de vento mareiro, disputas de gaivotas arremuiñadas, escumas e ondas a correr pola area” (DAT, p. 65). 255 Apuntamos o texto ao cal se refire Zambrano no seu artigo “Rafael Dieste y su enigma”, Diario 16, 26 de mayo de 1985. Zambrano afirmaba: “En un artículo suyo sobre Galicia publicado en ‘Insula’, y que di a leer a todos cuantos me rodeaban comenzaba diciendo que de Galicia no se podía hablar porque Galicia no tiene partes, sino que es una unidad que está entera en cada parte”. Artigo no que a autora malagueña valora o acto da comuñón como meta de todo peregrinar, o amar sen drama. Para ela isto é o ser un benaventurado e, por suposto, Dieste para ela o era. O texto de Rafael Dieste ao que alude María Zambrano titúlase: “Galicia en el recuerdo”, Rafael Dieste, La creación como el puro amanecer constante de la palabra, Documentos A, nº 1, O. c., p. 212. 256 Estelle Irizarry citando a Joseph Campbell, “A xeografía nas obras de Rafael Dieste”, O. c., p. 84. 257 Marga Romero, Entrevistas con R. Dieste, O. c., p. 66. Sobre a política nas obras de xuventude 151 Interpreta o grupal somerxido na propia natureza, coma un ser importante que todo o abrangue. O pobo é para Rafael Dieste o que procede do ser en relación coa terra. 258 O nós de Pampín tradúcese nun “todos somos uns” no “Drama do cabalo de xadrez”. Ese cabalo branco de xadrez que non quere ser tal, pero tampouco rei nin alfil nin torre. Quere ser algo que sexa ao mesmo tempo tódalas cousas. 259 Deixando entrever un chisco de ironía a carón da figura do rei, os compañeiros pregúntanse por esta figura. Gustaríalle ser o rei? E o xogador das brancas? Que clase de cabalo é, e as súas compañas, e a súa feitura de pau coma o resto? As pezas quéixanse das súas regras, coma paisanos ao borde dun peirao laiándose do seu destino. É un cabalo metafísico, que coma o autor, non quere camiñar por vieiros trazados, as súas son arelas de liberdade. E sen buscalo, coas súas dúbidas e temores, pon en xaque ao resto das figuras, pois sen el o resto non pode xogar. Toda vida, dicía Zambrano, esixe pagar prenda (HD, p. 287). As pezas do xadrez de Rafael Dieste entran en crise coa dubitativa figura do cabalo metafísico. A prenda a pagar é o xogo, que como no dos espellos, precísanse uns dos outros no seu devir. A identidade e a reflexión sobre a mesma, paraliza aos actores do drama porque cada un non pode ser todo o xogo, coma pretendía o alfil. Coa morte ou suicidio do cabalo o xogo para. Coma nunha obra de teatro, as figuras, “vólvense de madeira” e cae o pano. A realidade -o que resiste en palabras de Ortegaimponse por moito que matinen sobre a pertinencia dela. “De cómo veu a Rianxo unha balea” é un relato que recolle un acontecemento do seu Rianxo natal. En novembro de 1916, aparece un cachalote na praia de Tanxil de 16, 40 m. de longo e 8 de perímetro. Na prensa recóllese que por ignorancia e mal entendido egoísmo non se puido sacar beneficio. 260 Recorda a vella disputa sobre o nacemento de Valle Inclán entre Pobra e Vilanova. Como poden ser tan diferentes vilas tan próximas? Algo moi popular, a loita pola primacía dunha localidade sobre outra veciña. A balea morre en Vilanova, eles levan o premio. Mentres os de Rianxo deben consolarse só coa unión grupal, sentindo que non son menos, nin teñen menos cultura. Para o narrador, eles 258 Ibídem, p. 63. 259 Lembrando nestas reflexións as referidas por Zambrano: “El hombre que no ha alcanzado la unidad verdadera, conlleva difícilmente la unidad impuesta por la necesidad, y aspira secretamente a ser otro en algún instante. La vida humana transcurre en una unidad que encubre la multiplicidad prisionera” (HD, p. 68). 260 Xosé Luís Axeitos “Cronoloxía de Rafael Dieste”, Rafael Dieste, Día das letras galegas 1995, O. c., p. 34. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 152 tiveron a parte máis fermosa. A solidariedade dos habitantes de Rianxo é o seu premio. O autor, fiel ao ordo amoris de Agostiño e Scheler, se reafirma no valor emocional da comunidade fronte ás ganancias a nivel material. Concluíndo, os relatos comezan cun limiar no que Dieste aglutina en seis enunciados as súas arelas. Nelas aposta por enriquecer as sensacións do lector aportando imaxes plásticas moi potentes. 261 Imaxes que forman parte dun inconsciente colectivo, arquetipos, artesáns da Historia. Vemos tamén nos “arquivos” un elemento clave que excede ao espazo formal para asentarse nun plano axiolóxico afastado da razón monolítica. 262 Unha razón sustentada na pluralidade de voces e escenarios nos que o autor galego abre a fiestra á comunidade dialogante e reflexiva. 263 Sendo o propio espazo un elemento chave e vehicular do discurso, chega a ter a consistencia dun suxeito, como vimos anteriormente. Arquivos do trasno debeu ser un título a partir do cal o noso autor conxuga a idiosincrasia galega na que non hai disputa entre o ben e o mal. O diaño, o trasno, é un habitante máis das fragas, dos bosques e rías plasmadas por Rafael Dieste. As cousas que pasan na Galicia diesteana non poden asimilarse a unha lóxica binaria do ben e o mal, de Deus e o diaño. Así conta nunha entrevista como un vello labrador se atopa ao diaño que pretende facerlle xogos de maxia. O labrador, inserido nesa realidade máxica da que Dieste é fiel testemuño no texto, vive nunha existencia máxica, e finalmente, non só non se amedrenta co diaño senón que acaba burlándoo. 264 Marcial Gondar estuda este asunto da nosa cultura galega desde a antropoloxía. Recoñecendo a estrutura do noso pensamento coma parte dunha lóxica non binaria, senón triangular, alternativa á aristotélica. Existen o ben o mal e o que non é malo: “Deus é bo, pero o demo non é malo”. 265 Unha lóxica baseada nas relacións entre os elementos que os configuran e non na crenza nas identidades 261 En palabras de Arturo Casas: “A ‘únidade emotiva’ que ven dada por un final capaz de enlazar no espírito do lector as imaxes sucesivas desenvoltas ó longo do discurso, que en todo caso será breve e intenso como o dun poema.” Arturo Casas, Tentativas sobre Dieste, O. c., p. 164. 262 Arturo Casas, Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, O. c., pp. 147-148. 263 “Dieste propugna en Dos arquivos do trasno, auspiciando unha enunciación narrativa que refuga toda forma de imposición autorial (dogmática, calificaría Bakhtín) en beneficio da pluralidade interactiva de voces (heteroglóxicas, heterofónicas, heterolóxicas) na que se sostén a valentía social do discurso. A isto é ao que chamou o teórico ruso dialoxismo”. Ibídem, p. 148. 264 Marga Romero, Entrevistas con R. Dieste, O. c., p. 85. 265 Marcial Gondar Portasany, Crítica da razón galega, O. c., p. 52. Sobre a política nas obras de xuventude 153 illadas. Rafael Dieste ao titular deste xeito a obra, conxuga a racionalidade do arquiveiro coa irracionalidade e rexoubas do trasno. 266 Unha lóxica que alberga os dualismos superados na comunidade oral dos contos e as festas populares. Viaxe e fin de Don Frontán (1930) A primeira publicación desta obra foi en 1930, con tapa de Carlos Maside na editorial Niké. 267 O relato de Dieste recolle novamente un arquetipo, 268 o do vello sabio e a viaxe como pano de fondo. Os arquetipos serven para detectar os conflitos entre a parte inconsciente da mente e a consciente. Neste traballo o autor debulla os meandros psicolóxicos duns personaxes en loita consigo mesmos, outra volta á identidade. Máis aló do recurso estético, Dieste practica unha sorte de exorcismo cultural naqueles textos nos que trata de dirimir un espazo atrapado no sumidoiro dunha tradición. Contextualiza o texto nunha “edade media inmatura e agreste” (VFDF, p. 8). Tempo relativizado na obra pola súa subordinación á comarca, ela é quen verdadeiramente o define. O filósofo e historiador da relixión, amigo de Zambrano, Elémire Zolla (1926- 2002) entende que na Modernidade pérdese un coñecemento da tradición a prol doutro pechado en si mesmo. Idea tamén defendida por René Guénon 269 baseada nunha concepción dos símbolos e arquetipos como un coñecemento universal e de múltiples variantes. Para Zolla a Modernidade disolve o coñecemento simbólico da tradición, cousa que non acontecía na Idade Media. Este recurso de Rafael Dieste a unha “edade media inmatura e agreste” non pode deixar de asociarse a un paradigma no que o simbólico non 266 Camilo Franco: “Libro que no seu título apunta xa esa mestura de realidades coa súa mención ó arquivo, receptáculo da realidade máis pedestre e ordeada, pero que neste caso pertenece a esa especie de habitante trouleiro e familiar da casa, que todo o desordea, ó que denominamos trasno.” “Dos arquivos do trasno”, Crítica e autores I, Biblioteca Galega 120, La voz de Galicia, 2002, p. 65. 267 Xosé Luís Axeitos, “Cronoloxía e bibliografía de Rafael Dieste”, O. c., pp. 143-144. Neste libro Axeitos nomea cinco publicacións da obra, deberíamos engadir a publicación que aparece en castelán en Rafel Dieste obras literarias, Fudación Santander Central Hispano, Madrid, 2006. Eu seguirei a 5ª publicación, 1991, con tapa de Xurxo Fernández, prólogo de L. Alonso Girgado que reproduce, aínda que sen indicalo, a tradución ao galego de Rábade Paredes e Villar Janeiro, é unha edición de El Correo Gallego, biblioteca 114. 268 Estelle Irizarry, Estudios sobre Rafael Dieste, O. c., p. 117. 269 Autor moi valorado por María Zambrano ao que chega grazas ás recomendacións de Cristina Campo e a súa parella, Elémire Zolla. Cristina Campo. Si tu estuvieras aquí. Cartas a María Zambrano (1961-1975), María Pertile (ed.), Adela Ricciotti, “Introducción”, Ajuntament de l’Eliana, Valencia, 2014, p. 9. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 256 Abelardo o son. Abelardo xa fora imputado por motivos menos profanos, ligados a súa ética da intención e o seu nominalismo. 480 Existen datos históricos que levan a modelos “pouco ortodoxos” para a época da relación home-muller. 481 Eloísa ben pode asumir como forma lexítima para vivir a súa relación con Abelardo o concubinato; o “contramatrimonio” asumido por certos colectivos a partir do século XI. Insistimos en que a peculiaridade radica en ser ela a que emprega a súa capacidade volitiva, a súa liberdade, para non escoller o camiño oficial da voda. Non só con Eloísa comeza a existencia das mulleres, como apuntou Zambrano, senón que comeza unha relación que será a semente da emancipación desta como ser humano. Suxeito histórico, non só eidos, e suxeito moral, participante da súa liberdade inherente. Salienta a liberdade amorosa fronte ao matrimonio. 482 Aínda que o rexeitamento do matrimonio, no caso de Eloísa, non resposta tanto a unha procura do desexo cara o prohibido como unha insistencia no amor-amizade. Eloísa fai prevalecer os intereses de Abelardo sobre os propios. Malia que o amor de Eloísa e Abelardo xorde inserido baixo o marco do amor cortés. O amor cortés é o marco no que as relacións entre homes e mulleres acúrtanse e valídanse dentro dunha certa moral, aínda que segue sendo o home o eixe das mesmas. Non ocorre isto na análise de Zambrano: “Fue la entrada de la mujer en el drama humano, la aparición de la mujer llena de gracia, vencedora de la fatalidad de la eterna Eva, poseída de la serpiente terrestre. Es el suceso de la ascensión de la mujer desde el valle de Eva a 480 “El propio Abelardo nos advierte: ‘La lógica me ha hecho el blanco del odio en el mundo [...]. Proclaman la brillantez de mi intelecto, pero niegan la fuerza de mi fe cristiana. A lo que entiendo, se han formado este juicio más por conjeturas que por el peso de las pruebas. Has de saber que no quiero ser filósofo si ello significa entrar en conflicto con Pablo. Ni ser un Aristóteles si ello me aparta de Cristo’ [...]. Esto se lo decía a Eloísa para que no se inquietase ante las acusaciones de heterodoxia”. César Raña Dafonte, Abelardo, O. c., p. 29. 481 “Existen otros aspectos considerados como crímenes por la Iglesia de Roma y la Corona de Francia en las creencias cátaras, como el rechazo de la guerra y lo que es más grave, de la familia patriarcal, que otorga al hombre las prerrogativas y a su esposa una sola, la sumisión; lo que desatará indirectamente un fenómeno de actualidad con varios siglos de anticipación: la emancipación de la mujer, que ya había comenzado en el siglo XI en las Cortes de Amor. Pero veamos algunos preceptos de la doctrina cátara al respecto: ‘la encarnación es un sufrimiento, ¿por qué pues engendrar nuevas almas?’. Es decir que, lo que hay que evitar es traer hijos a este mundo. Evitemos la procreación, y en consecuencia el matrimonio’. ‘El matrimonio es un estado de pecado permanente. El cuerpo exige perfección y el matrimonio se la niega. Es preferible el concubinato, estado temporal susceptible de modificación’. Lo cierto es que el concubinato no fue introducido en Occitania por los teóricos cátaros, puesto que ya era costumbre extendida en todas las clases sociales en el siglo XI, pero sin duda, por influencia cátara, adquirió valor de protesta y un significado de contramatrimonio”. Pedro García Domínguez, ‘”La mujer occitana y la moral cátara’, Amor cortés y gnosis cátara”, Occitania, p. 78. 482 Andreas Capellanus, De amore / Tratado sobre el amor, Inés Creixell Vidal-Quadras (ed.), Biblioteca Filológica, 4, Serie: El festín de Esopo, Sirmio, Barcelona, 1990, pp. 201- 203. Protagonistas da Razón Poética 257 una altura por encima de las más altas cimas de lo humano. Su transformación en criatura de la libertad y de la gracia había tenido lugar desde la esclavitud” (EEM, p. 83). A visión da autora supón un pronunciamento lexítimo da muller, por medio de Eloísa, nun espazo ata de agora non recoñecido. Pronunciamento que abrangue o marco do amor cortés para traspasalo e ser fundamentalmente outro: amor/amizade. Como vimos discutindo son varios os puntos de encontro entre a relación apaixonada dos amantes e o amor cortés. En cada punto de encontro obsérvanse matices que os desprazan: - Asume o propio erotismo. Pero, no caso de Eloísa existe unha renuncia en nome dun amor “outro”. - Ocultase a identidade da amada para protexer a súa reputación e honestidade. Pero é Eloísa quen pretende ocultar aos outros o matrimonio de Abelardo. 483 - Avalíase positivamente ás mulleres. Pero Abelardo prefírea nun convento. “Castigo disciplinario” foucaultiano. - O centro das historias líricas é o home malia ser revalorizada a muller. Pero Eloísa é a personaxe principal da historia, non resignada a súa sorte. Ela en todo momento, a través das súas cartas, así o verifica Zambrano, deixa o ronsel da súa liberdade en cada liña. Non hai necesidade de afondar nas diferenzas, é evidente que, baseándose nunha estrutura non totalmente hostil ao amor cortés, o amor de Eloísa transformase para devir outro. Zambrano así o afirma: Preciosa tuvo que serle [a Abelardo] la alianza de Eloísa como certidumbre íntima, pues su relación con ella es de índole muy diferente de la vivida por los amadores de su siglo. Mientras los demás hombres amaban a la mujer “ideal” y convivían con la mujer más o menos imagen de la eterna Eva, Abelardo tuvo mujer en quien la amante se identificó con la amada [...]. Identidad de la amada y de la amante fue lo que hizo de Eloísa la mujer real, elevada sobre las demás que solamente eran sombra de su imagen (EEM, p 84). 483 Eloísa non admite que o desenvolvemento da brillante carreira de Abelardo se vexa freado -textualmente- polos choros e cacas dos nenos.Cartas de Abelardo y Eloísa, O. c., p. 53. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 258 Tal era a identidade amante-amado que personificou nas súas cartas un amor só posible na persoa liberada da imaxe sagrada. Eloísa non é máis que plena existencia cando acada a identidade do seu “eidos” e a súa realidade, que é para Zambrano a existencia plena. 484 Se o amor cortés procurou unha fusión entre eros e ágape; Eloísa só se sitúa convincentemente no primeiro: “Dios sabe que, en todas las ocasiones de mi vida, temí ofenderte a ti más que a Él. Fue tu amor, no el de Dios, el que me hizo tomar el hábito religioso”. 485 A monxa do Parácleto deixa claro ao seu examante o que significa o seu amor por Deus, un amor secundario dentro da escada do ordo amoris. Ama a Deus coma un sacrificio por non ser quen de amar a Abelardo. Se Rilke só falou da transformación das mulleres a partir da súa morte, Zambrano entende o amor como unha aprendizaxe para a morte: “Pues el amor que integra la persona, agente de su unidad, la conduce a su entrega; exige hacer del propio ser una ofrenda, eso que es tan difícil de nombrar hoy: un sacrificio. Y este abatimiento que hay en el centro mismo del sacrificio anticipa la muerte. El que de veras ama, aprende a morir. Es un verdadero aprendizaje para la muerte” (ASR, pp. 89-90). O amor que describe Zambrano parte da raíz do eros platónico para transcendelo. 486 Eloísa, como as outras mulleres que acompañan á construción do pensamento da autora malagueña, representa o substrato ou cova no que ha de penetrase para chegar ao “sentir iluminante”: “La historia traza su cárcel de circunstancias; ellas son las que exigen el cumplimiento de determinadas hazañas libertadoras [...]. Eloísa [...] se ha entregado a la libertad por la esclavitud” (EEM, p. 81). Eloísa, a liberdade en catividade, representa o sacrificio dos vencidos e das vencidas. O ofrecemento coma un retorno ás orixes, ligada a unha ontoloxía que inverte o platonismo. O retorno á cova, á sombra, é a viaxe subterránea da alma, unha expresión do feminino en Zambrano. É a personaxe que guía na pasaxe do mito platónico da caverna. 484 María Luisa Maillard, “Las razones de Eloísa y las razones de Tristana”, O. c., p. 84. 485 Cartas de Abelardo y Eloísa, O. c., p. 122. 486 Sonia Prieto amosa como Zambrano traslada a vía erótica platónica, en base a calidades masculinas de movementos, a andréia, ao discurso de Plotino nas Enéadas. Na obra de Plotino o coñecemento das ideas (spermatikós logos) éo por inmersión na propia alma, a physis feminina zambraniana. Sonia Prieto, “Los caídos de nuevo al mar”, Archipiélago. Cuadernos de crítica de la cultura. María Zambrano: la razón sumergida, nº 59, 2003, p. 83. Protagonistas da Razón Poética 259 Agora é posible traducilo no ser que viaxa na sombra: a muller, Eloísa. Outra das facianas do vencido, “pagando su prenda” sen deixar de “nacer por sí misma”. As vencidas representan non só o espazo da caída, senón tamén o abrollar da semente tras o “enterro”. 1.4 Lucrecia de León: soñar para vivir Todo lo que se escapa volando, vuelve y deja (CSZ, p. 110). Comezaremos falando de Lucrecia de León na obra de Zambrano. De todos os espazos que conforman o habitáculo Zambrano hai algún que é minimamente extenso, esparexido en fragmentos, como recoñece a propia autora. Ao achegarmonos a Lucrecia de León vemos que ocupa na súa obra apenas nada. É irrelevante? Non parece. Exercendo de metáfora, a Lucrecia de Zambrano, mostra o rostro do vencido. Apenas sen nome entre os seus papeis, como o vencido, acaba cedendo cara ao seu lugar propio, o silencio. Tratamos nestas liñas de poñer un pouco de orde neste espazo agochado, aínda sabendo que reclama un dinamismo incesante. 487 Mulleres que toman a palabra en contextos hostís, transmitindo mensaxes que levantan aos poderosos cara a unha hybris con movemento de búmerang, conforman a que xa coñecemos como estirpe de Antígona. O vencido non se acala ao ser enterrado senón que exerce o traballo gravitacional da semente. Tras o seu sacrificio, revólvese sinuoso o corpo do caído e alí xace, como o durmido e o sementado, esperando o instante, no que o tempo atope un baleiro xerminal. A Zambrano “le daban más las figuras míticas que los conceptos racionales [...]. Zambrano amaba la figura, que es más que una metáfora, estaba en ella, y reaccionaba con impaciencia ante quien non se bajaba del concepto ni por esas”. (Agustín Andreu, “Anotaciones epilogales a un método o camino”, CDP, p. 342). Convídanos a visualizar espazos vivenciais a partir dos cales podamos introducirnos nunha metafísica sempre baseada na experiencia. Debedora da metafísica de Leibniz, último pitagórico, como se lle 487 Sobre a doncela estudada pola filósofa, pódese consultar: Manuela Moretti, “María Zambrano y Edison Simons: Una amistad nacida en el cauce de los sueños de Lucrecia de León”, TSN nº 13, 2022. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 260 ten reiteradamente recoñecido, atopará en certas figuras míticas o lenzo adecuado na súa exposición. O recurso á imaxe vaise fraguando nunha “pel do mundo” marcada por illas, instantes transformados en claros do bosque, criaturas en forma de crisálida e labirintos subterráneos. Ler a Zambrano supón expoñerse ante un tipo de razón que non despreza o ámbito visual. Non todo é palabra para ser lida, tamén a palabra pode ser o topos evocador que é completado na súa visualización: “Las metáforas y símbolos y mitos tienen esto: resumen la experiencia metafísica y física al par. La metafísica es empírica, la filosofía a priori. Y hay que conjugarlas las dos. Así lo he explicado año tras año y no sé si conseguí hasta ahora escribirlo” (CDP, p. 71), afirma a autora o 24 de setembro de 1974, nunha carta a Agustín Andreu. Entendendo este a filiación leibniziana do pensamento da pensadora. Lucrecia é outra das doncelas do espectral universo das enmuradas zambranianas. Sabedorías alleas aos espazos centrais toman voz desde a inocencia dun logos, en ocasións, incauto, no que o único tributo ao poder éo por lei natural. Semiseres, figuras larvais, enredadas en casullos que van máis aló do físico. A autora transmítenos a través deles o espazo escuro no que vai producirse o sacrificio, o espazo vitimario. É Lucrecia de León unha “doncella” sen máis, sen maior interese público e social, procedente dun estrato humilde. Afastada dos foros onde as voces adquiren o privilexio da resposta desexada, os foros do poder. A palabra de Lucrecia comeza a adquirir relevancia a través da súa inmersión no submundo, ou supermundo, dos soños. Constrúese alí unha orde temporal paralela ou, tamén poderiamos dicir, unha sorte de desorde no que o tempo atende a outros ritmos descoñecidos na vixilia. O espazo do soño é o da caída dos acontecementos que alimentan o continuo pasar irrelevante. Na obra de Zambrano pódese apreixar un espírito de recuperación do inédito, como veremos; o esquecido, o uniformemente vivido, o que hai de continuo e monótono na existencia humana. Todo iso queda enterrado, vencido. Do mesmo xeito que o peso das vivencias caídas vanse perdendo nunha espiral veloz, hai tamén seres caídos: os vencidos. Algúns seres son aglutinados en función dunha uniformidade coa que se describen sen ser atendidos os seus trazos orixinais. Caen tamén no espazo dos soños e do esquecemento. Máis na autora os soños poden igualmente ser creadores, como humus que alimenta, sendo tamén podremia: “Creo, percibo que estamos en un tiempo de agonías y resurrecciones y ¡claro! inevitablemente de putrefacción y de largos sueños profundos. Cayó el agua con el Protagonistas da Razón Poética 261 indispensable fuego. La putrefacción se evita con el ser cocido, despedazado casi al fuego, cosa que tú pasaste en el último tiempo de Madrid, creo. Por eso hay podridos” (CSZ, p. 107). O putrefacto dará lugar a novos seres na natureza, o cocido, por outra banda, conforma a canle de metamorfose trala crise, metáfora do humano despois de transcorrer os camiños do deserto, “la noche oscura del alma”. O putrefacto é redimido e dignificado pois é materia e é terra. Elementos configuradores de todo ser, inclusive a orbe dos soños. Estes forman parte tamén daquilo que a vixilia abandona. Liberados da conciencia, os acontecementos vencidos adquiren novo tecido ao caer. Constitúen o elemento sacrificial, noutro senso, que media nas relacións entre o divino e o sacro. O vencido no pensamento da autora reclama varias vertentes. Unhas nos remiten á historia, á propia historia inédita dos vencidos; outras, cínguense ao humano e se manifestan a través de formas en xestación, semiseres, fantasmagorías culturais que piden realidade como o propio soño. A nivel biográfico, a fantasía, o soño permite o continuo vital por seren os pequenos intres por onde a creación da a luz. María Zambrano chega a falar dun tempo doméstico, o que pasa minuto a minuto, fino, gris (PVE, p. 109). Hai tamén un lugar caído, non no esquecemento mais si nos perímetros do recoñecido, a tradición oral. A cultura que o pobo, máis ou menos iletrado, manexa para sobrevivir, frases que remiten a contextos populares nos que a historia, ou mellor, as historias - intrahistoriadiscorren. A voz que non sempre queda rexistrada sobre o papel pero abona a terra na que xerminan as letras impresas. A conxunción de todo o podrecido, ou susceptible de selo, constitúe o medio no que abrolla a palabra. Lucrecia de León ben podería ser un personaxe onírico ligado á tolemia na que a mente “contesta” á vixilia. Pero é real, pertence á historia de España. Con todo, constitúe o perfil dos personaxes oníricos na galería das voces do universo zambraniano. E talvez, entre todos eles, ou elas, esta sexa a figura máis “caída” de todas. Reflexo dunha vulnerabilidade fornecida ante a hostilidade externa, son todas elas expresión de “o muller” na súa obra. Pensamos que non nos separamos de Zambrano se abrazamos a expresión de Agustín García Calvo “o muller”. O autor defende esta expresión fronte ás ficcións: home, muller. En ambas os sistemas internos de opresión poden chegar a funcionar do mesmo xeito. Rexeita dicir “muller”, pois a palabra “Muller” comporta convertela en “Home”. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 262 Como tal, son susceptibles de comportarse de xeito semellante como axentes de dominación. Entendemos o muller como a expresión que recolle non só á muller senón a todo o que linda o perímetro do humano, o recoñecido como home. Sabendo que Zambrano non se recoñece feminista, así e todo buscaremos chaves hermenéuticas que faciliten a comprensión de certos arquetipos xenéricos. Nesta procura trátanse de abordar os trazos nos que o muller comparte notas co vencido. Non nos deteremos neste importante aspecto, mais é necesario establecelo como un dos alicerces desta valoración. 488 Cumpre ter en conta que a autora emprende un traballo intelectual no que se reconceptualizan certos vocábulos. A palabra ha de estar liberada de constricións alleas á experiencia. A vivencia da vulnerabilidade presenta un rumbo máis aló do xénero. Achégase a autora exiliada a estas beiras a través de figuras mediadoras, faros nas zonas umbras. Se Antígona, a forza de non chegar a ser extemporánea, chegámola a crer real, Lucrecia, polas súas características biográficas, parécenos mera ficción. Rozan o labiríntico mundo da imaxinación por ambos os límites. Nunha, domina a contextura dos seres reais e na outra, a forma tanto na súa versión onírica como literaria. A “caída” de Lucrecia dentro da súa obra é dobre. Cae, polas súas características, dentro das figuras que conforman a estirpe de Antígona. Pero no seu intento de restauración, de visualización do personaxe, volve caer Lucrecia no silencio. Tentaremos nestas páxinas outorgar un pouco de luz á escuridade que envolve á doncela visionaria da corte de Felipe II. Novo vaso, que non concepto, onde Zambrano verte o seu pensamento. Quen era Lucrecia de León? É complicado responder a esta pregunta tendo en conta que faltan os informes biográficos que debían acompañar ao proceso inquisitorial de Lucrecia. Noutros casos, a Inquisición achegábaos coma outra proba documental. É ademais este un caso no que o personaxe lapease e superponse aos seus escribentes. Os biógrafos de Lucrecia coinciden 488 “Cuando decimos ‘la historia comienza con el sometimiento de las mujeres’, se podría decir, ‘con el sometimiento de lo mujer’, lo que en las mujeres como sometidas podía haber de pueblo y que no tiene nada que ver con la figura histórica de mujeres que pueden perfectamente incorporarse al Padre”. Agustín García Calvo, Contra el Hombre, Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo, Madrid, 1996, p. 73. Protagonistas da Razón Poética 263 nalgúns datos entrefebrados nos propios soños e tamén por declaracións de coñecidos de Lucrecia no proceso, notas da súa vida no cárcere, etc. Lucrecia nace no Madrid do Século de Ouro, baixo o reinado de Felipe II, en 1568. Época na que as iluminacións ou iluminados afluían polas rúas de cidades como Madrid, Toledo. Tamén por outras localidades menos coñecidas como Segura de León. Lugar no que nacía Blas Zambrano e do que María apuntaba: “Nacido en Segura de León y secularmente de la Baja Extremadura, tierra en donde nacieron algunos grandes sueños de la historia de España: el de los Conquistadores de Indias, algunos emparentados; el de los iluminados o alumbrados, del que algún rescoldo debía de quedar” (CDP, p. 322). O pai de Lucrecia era Alonso Franco de León, nacido en Valdepeñas. O seu traballo consistía en solucionar asuntos burocráticos en xuízos relacionados, no seu caso, coa banca xenovesa. Era o que se coñecía entón como “solicitador”. Non era un traballo que requirise estudos universitarios, empezaba como aprendiz e non estaba mal remunerado. Con todo, a nai de Lucrecia, Ana Ordóñez, non chegaba a estar conforme cos ingresos do seu marido. Ana chegou a animar á súa filla a non desprezar esmolas que os seus amigos podentes lle ofrecían tras as súas adiviñacións. Porén, Alonso castigábaa duramente pola súa faceta de iluminada. Entre os veciños gozaba dunha boa reputación. Respondía ao canon de moza devota que acode aos oficios e colabora nas tarefas dunha casa de familia numerosa. Vivían no centro de Madrid nunha pequena vivenda alugada á duquesa de Feria, un dos contactos aristócratas da moza. Richard Kagan, historiador anglosaxón especialista en historia moderna, alude aos importantes veciños da familia León na parroquia de San Sebastián. Cita a dous pintores de corte, Rómulo Cincinnato e Luís Carvajal, ao escultor Pompeyo Leone e a escritores tan salientables como Cervantes e Lope de Vega. Continúa engadindo a marqueses, banqueiros e funcionarios vinculados á corte nesta lista. A falta de estudos de Lucrecia debeu verse paliada pola riqueza das xentes que frecuentaban o seu barrio e, en xeral, o Madrid da época. Con respecto á súa educación, semella que non recibiu máis que a recomendada no momento para as mozas de familias modestas. 489 489 “Las doncellas debían educarse en casa, salir lo menos posible y evitar escrupulosamente el contacto con los hombres. La instrucción de las jóvenes se limitaba principalmente a las lecciones de piedad, obediencia, silencio y humildad, además de las labores consideradas de su sexo: coser, tejer, bordar, cocinar, etc”. Richard L. Kagan, Los sueños de Lucrecia. Política y profecía en la España del siglo XVI, Nerea, Madrid, 1991, p. 42. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 264 Estamos falando dun século XVI no que Lucrecia rexeita aspectos adscritos ao canon da época como a maternidade. 490 Empeza moi nova a ter soños premonitorios. O seu parente Juan de Tebes abraiado coméntallo ao sacerdote Alonso de Mendoza, abade de San Vicente da Serra e cóengo de Toledo. Alonso de Mendoza xunto a Frei Lucas de Allende, gardián do convento franciscano de Madrid, foron os principais transcritores dos soños de Lucrecia. Kagan ofrece unha imaxe de Lucrecia como algo máis que unha visionaria atrapada nas redes da Inquisición. Os soños de Lucrecia ademais de revestirse de certo verniz místico contiñan unha mensaxe altamente polémica coa coroa. Para a hispanista María Jordán Arroyo, Lucrecia non acataba o canon místico da época que esixía unha cota de dor física considerable. 491 Para o monarca Felipe II Lucrecia era a cabeza dun movemento subversivo contra a coroa. Vaticinou a derrota da Armada Invencible, a caída da Casa de Austria e a ascensión dunha nova monarquía católica. Non é de estrañar que a detención da moza fose ordenada directamente polo propio rei. Os coñecementos do plano político do Madrid do século XVI véñenlle a Lucrecia de varias fontes. Unha, por suposto, a rúa, a vida no centro da capital onde fluían os ruxerruxe. Chismes que a súa vez tiñan como eixo o Alcázar, punto de reunión da Corte. Lucrecia serviu na Corte a dona Ana de Mendoza, neneira do infante real, o futuro Felipe III. Estivo ao seu servizo dos dezaoito aos dezanove anos. Este feito permitiulle coñecer datos que estaban restrinxidos a persoas alleas á Corte do Alcázar. Coñeceu a persoeiros próximos ao monarca como o infante e a infanta Isabel. Estivo en estancias privadas que describe perfectamente nos seus soños. Nestes, Lucrecia establece conversacións con Felipe II, na vida real é posible, aínda que non contrastable, que isto acontecera. Lucrecia tiña moi mala consideración deste, sobre todo por influencia paterna. Como solicitador dos xenoveses, Alonso Franco de León, situábase nunha posición antagónica á coroa. Felipe II tiña serios problemas coas débedas e uns dos seus principais banqueiros, e polo tanto acredores, eran os xenoveses. Por outra banda, Lucrecia contou nun primeiro momento cun certo “colchón” na misóxina sociedade do Madrid de Felipe II. Aristócratas e certa parte do clero (Frei Luís de León non lle outorgou maior importancia), seguíana e acollían como 490 María V. Jordán Arroyo, Soñar la historia. Riesgo, creatividad y religión en las profecías de Lucrecia de León, Siglo XXI, Madrid, 2007, p. 175. 491 Ibídem, 158. Seguiremos nestas liñas os traballos de Kagan e Jordán Arroyo. Protagonistas da Razón Poética 265 profeta. O arquitecto real Juan de Herrera traballaba nas súas horas libres deseñando unha especie de refuxio nuclear -segundo as análises de Kaganonde se almacenaron armas e alimentos para protexerse da invasión predita nos soños. 492 A cova Sopeña aínda hoxe segue sendo unha paraxe descoñecida, un enigma deseñado por Herrera. A Lucrecia concíbea como unha muller fermosa, moi sedutora e intelixente. Cunha potente memoria visual e auditiva. O seu aspecto conferíalle, por unha banda, unha aparencia pura e virxinal; e por outra, atraía a admiradores que non sempre lle achegaban fortuna. Tal é o caso do maxistrado Lope de Mendoza, un dos encargados de levar o seu proceso contra a moza visionaria. Desatendendo as ríxidas regras establecidas pola Inquisición, mentres se atopaba encarcerada Lucrecia, chegouna a convidar a súa casa. Pouco antes de ingresar en prisión adquire compromiso con Diego de Vitores Texeda, secretario de Frei Lucas de Allende, transcribía moitos dos soños desta. Tiña estudos, sabía latín, afeccionado á historia e á poesía. A pesar das dificultades carcerarias, Lucrecia queda nese período embarazada de Vitores. O intercambio de notas de Vitores a Lucrecia deixa patente que Lucrecia sabía ler, aínda que tivese dificultades. Vitores testemuña que nunca viu un libro en casa de Lucrecia, que sabía ler mal romance e non escribía senón copiando outras letras. Os soños de Lucrecia son un reflexo dunha importante memoria visual, atenta á decoración das igrexas, pinturas, esculturas. Tamén reflexo dos seus encontros con outros visionarios do Madrid da súa época. Contacto que lle conecta a unha tradición europea, a do pensamento apocalíptico e escatolóxico. Coñece as profecías medievais 493 , a Apocalipse, do controvertido libro bíblico de Esdras 494 , libros de horas 495 , etc. Podemos pensar que posuía un coñecemento moi rudimentario, aínda así era bastante salientable para a súa condición de “iletrada”. O certo é que Lucrecia, a través do seu discurso onírico, sáltase algunhas prescricións que a misóxina sociedade do momento impuña. Lucrecia 492 Richard Kagan, Los sueños de Lucrecia. Política y profecía en la España del siglo XVI, O. c., p. 30. 493 Baixo o epígrafe “Joaquinismo y seudojoaquinismo”, María V. Jordán analiza nos soños de Lucrecia as referencias á lectura alegórica das Escrituras polo abade Joaquín de Fiori, século XII. Ideas que foron recollidas en España polo médico e terciario franciscano Arnau de Vilanova (1238-1311). Outras das persoas que destacan neste aspecto son Raimundo Lulio (1232-1366), Juán de Rupescissa, século XIV, frei Francisco Eiximenis (1330-1409) e máis tarde Juan Unay. Información que, segundo Jordán, debíase á afección de Don Alonso de Mendoza a estudar estes asuntos e ao seu interese por educar na devandita materia a Lucrecia. María V. Jordán Arroyo, Soñar la historia, Riesgo, creatividad y religión en las profecías de Lucrecia de León, O. c., pp. 80-84. 494 Ibídem. pp. 76-80. 495 Ibídem, pp. 121-122. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 272 Tu idioma tu soberbio lenguaje, tus ligamentos con los demonios escondidos por debajo de las palabras, me eran completamente conocidos antes de toparme con tus escritos”. Non é estraño que desexe contar con ela para a súa colección: “Contamos asimismo con tu Lucrecia deseada”, engade. Javier Ruiz envíalle o seu artigo “Sobre los alquimistas de Felipe II”, lembrándolle que coñece o seu interese polo Rei Prudente. 512 Artigo no cal Ruíz fala da xestación dun grupo de alquimistas en El Escorial en 1587, coincidindo esta data co primeiro soño de Lucrecia. 513 Na segunda carta de Javier Ruiz a María Zambrano 514 , continúa insistindo no seu empeño: Vamos a pasar al tema de Lucrecia, nuestra amiga. No estoy dispuesto a permitir que huyas o intentes huir de mi abrazo, la colección es lo más importante que he hecho en mucho tiempo, lo más mío, y lo más mío de ella son precisamente los escritos de personas muy concretas que en ella han escrito. Es evidente que habré fracasado si no logro engarzar a la mujer en ese marco que no ha podido ser más coherente porque no he tenido oportunidad de hacerlo. Y me ha bastado con tu Antígona para descubrir a la mujer (por primera vez en mi vida) desde aquello que –me parece es lo más real y lo más torpemente visto y expuesto hasta ahora y desde su misma feminidad. É significativo que Javier Ruiz poña o peso da petición no tema da muller. Para el, é Zambrano a autora axeitada na tarefa de debullar o intricado carreiro de Lucrecia. Así coma tamén as conexións que establece coa súa emblemática Antígona. Non se podería escribir unha colección sobre visionarios sen achegarse a un sector moi destacado do mesmo: as mulleres visionarias. 515 Avanzando na lectura da carta atopámonos con novas insistencias por parte do director da colección e tamén coa oferta dun interesante marco de liberdade para a súa escrita. Javier Ruiz non ten dúbidas sobre o traballo solicitado: “Te pido entonces, y 512 No arquivo da Fundación María Zambrano só consta unha das cartas que Zambrano envía a Ruiz. Esta eiva dificulta enormemente a tarefa de reconstrución cronolóxica. 513 “El Circulo del Escorial es producto de la última etapa del reinado de Felipe II. Tal vez se constituya hacia 1587, cuando el Rey autoriza de nuevo e impulsa el estudio de la obra de Raimundo Lulio. Esta decisión es importante. Por una parte van a ser comentadas y estudiadas las llamadas artes lulianas de las cuales Juan de Herrera será un gran entusiasta. Por otra, se va a impulsar el estudio de la Alquimia”. Javier Ruiz envíalle, “Sobre los alquimistas de Felipe II”, https://www.blogdejoseplluesma.com/2019/01/los-alquimistas-de-felipe-ii-por-javier.html. 514 Falamos sempre de aquelas aportadas pola Fundación de Vélez-Málaga, non se descarta que podan existir outras non rexistradas. 515 María V. Jordán no epígrafe “Conducta de mujer” é moi clara ao respecto. Como tamén é o feito de que a autora interprete a Lucrecia como transgresora do canon da mística feminina da época. María V. Jordán Arroyo, Soñar la Historia, O. c., pp. 173-178. Protagonistas da Razón Poética 273 solamente pido lo que puedo pedir (acepta te ruego los chantajes) que no exista duda en tus ojos cuando mires a Lucrecia. Esto es todo lo que debo pedirte. Cuándo, cómo, de qué forma se puede hacer el texto, es algo que no tiene importancia sustancial”. Semella ir callando unha trama cun argumento similar ao da propia doncela. O armazón de escribentes que xiran a carón de Lucrecia transfórmanse en insistentes estudosos a carón de Zambrano. A filósofa que foi quen de inmiscirse no mundo dos soños, sen meter a man na psicanálise nin na mera interpretación, debía ser a destinada a tal empresa. A única carta que dispoñemos de Zambrano a Javier Ruiz é do 17 de xuño de 1977. Foi escrita desde La Pièce e nela fala dun contrato asinado por ela para realizar o estudo sobre Lucrecia de León. Quere anulalo para compartir o traballo e os honorarios co poeta e pintor Edison Simons: Creo que en gracia a la nitidez te escriba unas lineas en tanto que director de la colección de “Heterodoxos, visionarios y marginados” a propósito del volumen “Procesos y sueños de Lucrecia de León”. Y es que al no serme posible llevarlo a cabo yo sola por diversos motivos, principalmente de salud, había renunciado. Tu ayuda no podía aceptarla como ayuda sino como colaboración. Después recibí carta de Edison Simons, el descubridor de la Doncella y en contestación a la mía, él me dice que acepta el hacer el volumen junto conmigo: seremos así dos autores de es[te] volumen. Y si tú haces algo has de entrar igualmente como autor, no como callado ayudante. Así pues el contrato firmado por mí debe de ser anulado y en su lugar la Editora Nacional debe de extender uno nuevo a xx 516 nombre de los autores. O 24 de maio do mesmo ano Zambrano escribía a Edison Simons: E Lucrecia?: ¿Y Lucrecia? Hablo de ella al par que de Lezama; claridad en lo + oscuro. Llegó aquí junto con Ud. traída por Joaquina, de quien me sentí amiga en el momento de verla entrar en mi casa […]. Le he telefoneado para decirle de su carta y le he dado su dirección pues que quiere escribirle enseguida. Creo que irá en junio a Madrid unos días. La emoción que me produjo su carta fue inmensa al leer lo del pañuelo. Será, es él las lágrimas que no puedo derramar. ELLA tampoco lloraba. Me he dicho tanto: “No, no puedo negarle mi hospitalidad, ha venido a mí, Ella, en la procesión de Antígona, de Catalina, de Juana, de Bernardette, de Simone Weil; 517 me la han mandado”. Pero ni tan siquiera he podido leer el proceso ni podré. Me duele la nuca enseguida. Desfallezco (CSC, pp. 18-19). 516 Riscadura da autora no texto orixinal. 517 Ao respecto das concomitancias entre María Zambrano e Simone Weil pódese consultar o artigo de Rosa Rius Gatell: “De antiguas sabidurías: Simone Weil y María Zambrano”, Lectoras de Simone Weil, Fina Birulés y Rosa Rius (eds.), Icaria, Barcelona, 2013, pp. 67-87. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 274 Esta é talvez a carta máis elocuente sobre o tema. Lucrecia, como unha máis do elenco das mulleres que a acompañan ao longo da súa vida, a iluminada non vén soa. Continúa o escrito insistíndolle a Simons que compartan o traballo. Javier Ruiz renunciou a asinalo con ela. O traballo de Zambrano sobre Lucrecia, que posteriormente foi publicado como prólogo ao libro SPL 518 , é enviado a Javier Ruiz e agora ela quere enviarlle fotocopia a Simons. Recoñécea próxima ao islamismo sendo hebrea. Na carta do 24 de maio do 1977 apunta: “Mas el simbolismo de la Palmera y el Adán Profeta son muy del Islam. Así que no pienso corregirlo sino decirlo en nota” (CSZ, p. 20). O certo é que non o fai e haberá que preguntarse o por que. Nin no SPL, que pertence a súa biblioteca persoal, nin no manuscrito (M-161), que aparece corrixido a bolígrafo sobre a copia do mecanografado, hai rastro da nota aclaratoria. Seguindo coa mencionada carta, chama a atención a relación que establece entre Antígona e Lucrecia. Como dalgunha maneira viven desde canons asignados, máis nunca apropiados totalmente: “No creía en sus sueños Lucrecia porque ella no era soñadora, como tampoco Juana guerrera, ni Antígona transgresora de fronteras. Espejos de la verdad. Espadas. Mas no sólo, Lucrecia especialmente dormía, dormida y despierta en el corazón de la verdad” (CZS, p.20). Para a autora o verdadeiramente importante da “estirpe de Antígona” non son os feitos que as preceden senón a imaxe que elas producen. Ser “espejo de la verdad” suporá ser a chave ofrecida ao resto do mundo a prol das respostas que permiten coñecer o real sen fisuras. Ademais son “espadas” loitando nun mundo dirixido por homes na procura de códigos que necesariamente resultan combativos. A sentenza de Lucrecia evoca en Zambrano episodios históricos relacionados coa orde franciscana e os comuneiros. Entende que a trama política non é allea ao escenario deste xuízo. A pesar de non realizar nesta carta un estudo en clave política, como tampouco o fará -que nos constepropiamente, non deixa de apuntar matices. A insurrección popular dos comuneiros, entre os que se atopaban representantes do clero, debeu ser un marco histórico con singulares semellanzas para ela. 518 É un escrito no cal non estuda xenericamente á doncela senón un dos seus soños, o transcrito anteriormente. Protagonistas da Razón Poética 275 O 30 de xuño de 1977 comunícalle a Simons que pasa por momentos delicados nos que se prescribe non facer nada, deixar repousar á palabra. Máis volve a Lucrecia para afirmar: “Lo último que en mí vivía fue el contenido de su carta -ya no tanto Lucrecia que espera, que nos espera dirigiéndose también a otros que sin duda la merecen. Ella requiere coro, ser recitada, cantada, salmodiada en compañía” (CSZ. p. 30). Na mesma carta e páxina alude ao pensador galego, Rafael Dieste salientando outra das súas semellanzas, a procura do inédito: “Y en largos momentos -Rafael Dieste fue mi compañero un cierto tiempo- ir al encuentro de géneros literarios inéditos. Lo inédito, sí, en que se cumple la tradición, sin cuya aparición la tradición muere o se queda en fantasma insepulto que merodea y acosa. Y da lugar a ciertos errores por apresuramiento -tal el Ulysses de Joyce, se me figura-. EL SUJETO es la cuestión, y su unidad que debe de obtenerse en su despliegue” (CSZ. p. 30). Lucrecia segue a ser un suxeito pertencente a un contexto que configura o corpo definido dun momento histórico enraizado no máis profundo dunha comunidade, a tradición. Na carta do 15 de maio de 1980 (CSZ, pp.117-118) nutre o sentido do inédito verdadeiro asociándoo á “joya del ya”. Neste senso, Lucrecia aporta a frescura do inédito que non ten sombra, nin tampouco pode enclaustrase nun termo. Sempre asido ao verbo sobre o substantivo, despregase polas “galerías que el adepto de la Palabra ha recorrido ya”. Paseniño Zambrano vai delegando nas súas amizades este, para ela, arduo traballo. O 27 de novembro de 1977 coméntalle a Edison Simons que non recibiu resposta de Javier Ruíz acerca da posibilidade de realizar o traballo sobre Lucrecia en colaboración co poeta panameño (CSZ, p. 39). Garda as corenta mil pesetas estancadas como adianto pois considera que deben ser repartidas entre os colaboradores. Ao finalizar a carta transmítelle que recibiu o proceso contra Lucrecia do seu amigo Imirizaldu a quen contesta “agradeciéndole el envío de la sentencia contra Lucrecia y quebrando una lanza por ella”. 519 A lanza máis ben é crebada por Zambrano pois Imirizaldu tacha a Lucrecia de 519 Desafortunadamente non nos consta esta carta entre as arquivadas pola Fundación María Zambrano. Non obstante, sabemos que a sentencia foi publicada por Jesús Imirizaldu. Edita a sentencia e un prólogo no que, entre outras análises, escribe sobre Lucrecia. Como era de esperar, debido ao título, Imirizaldu non rende á doncela a mesma homenaxe que Zambrano. Jesús Imirizaldu, Monjas, beatas y embaucadoras, Editora Nacional, Biblioteca de visionarios, heterodoxos y marginados, Madrid, 1978. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 276 gaioleira, incluíndoa no grupo de “embaucadoras princesas da luz”. 520 Concíbeas como pequenos garfos amarrados ao feito do sutil histórico español. 521 Non hai constancia de que neste período se establecera nova relación epistolar entre Zambrano e Ruiz. Aínda así, podemos pensar que si houbo algún tipo de comunicación telefónica. O que si estamos en disposición de afirmar é que ela non abandona o proxecto ou, cando menos, teno presente nas súas reflexións e así o fai saber aos seus amigos, como a Edison Simons, de novo. En carta do 14 de abril de 1978 afirmaba: “Tráeme entonces los papeles de Lucrecia […]. 522 Ahora no tengo ni siquiera dónde custodiarlos. Mas el proceso, según quedó convenido, es cosa tuya que podrías ir haciendo ya, pues q. me dices q. te lo iban a entregar. Yo no hago este libro sino en colaboración contigo. Lo he escrito y dicho a ti y a Javier”. Continúa na procura dun traballo coral. Mostra un gran interese en que a editorial non entregue os papeis a alguén que nun momento redacte un vacuo relato. Alude a Javier Ruiz afirmando que insiste en que ela escriba ao director. 523 Zambrano só quere centrarse nun aspecto de Lucrecia: “Yo solamente haré ‘Una mujer que soñó’, teniendo en cuenta, claro -conozco ya bastante, pero no lo bastante, de su actitud y modo de conducta en su Proceso. Leí mucho de la 1ª caja y nada de la 2ª. No sabía yo q. hubiera tenido un hijo en la prisión- ¿concebido en la prisión? ¡Que horror! Eso no la quita para mis ojos su condición metafísica de doncella elegida y… mancillada”. A pesar da súa crebada saúde, sente atracción polo traballo e loita por non perder o tren da editorial. É a época na que ultima a publicación de Claros del bosque (por esas datas corrixe as probas axudada por Joaquina Aguilar). O 26 de maio de 1978 segue insistindo a Edison Simons que lle traia a Lucrecia, para falar e examinar o proceso. O 3 de xullo chegáballe Claros del bosque. Zambrano acusa unha grande ferida ao referirse á dedicatoria -ausente- lembrando a súa irmá Araceli que debía figurar no libro recentemente publicado. “Llegó Claros del bosque: la portada fina, delicada, tenue y dentro algo atroz. 520 Ibídem, p. 18. 521 Ibídem, p. 20. 522 Referíndose ao mes de xuño no que pasaría de La Pièce a Ferney-Voltaire. Existe un erro de imprenta e encadernación no salto da páxina 60 á 45 na publicación manexada (CSZ). 523 Ao carecer de correspondencia entendemos que esta información puido ser parte dunha conversa telefónica. Se finalmente Javier Ruiz e María Zambrano deixaron de escribirse cartas si é posible que realizasen conversas por esta vía. Isto impídenos ocuparnos dos baleiros que a falla de letra impresa supón. Protagonistas da Razón Poética 277 Las gracias a la Fundación Fina Gómez comiéndose literalmente la dedicatoria a Araceli - diabólico, sí-” (CDP, p. 56). É unha etapa de dor “suave”, a morte da súa irmá acaecera no 1972, unido agora a súa escasa saúde. Chega a pensar no abandono (seguimos na mesma carta do 3 de xullo de 1978): “¿Qué hacer? Dejar a Lucrecia en tus manos por ella elegidas, quemar todos mis papeles, irme a un verdadero desierto… No lo sé. Y si creyendo saberlo, no encuentro modo, fuerza, capacidad ni quien me lleve -esto último sobre todoserá mi destino, mi sentencia, quedarme en el confín”. Aumentan os momentos de desánimo que inevitablemente alimentan os achaques na saúde da autora e o traballo sempre adiado. Pero segue pensando na visionaria e así llo expresa a Simons o 8 de outubro de 1978: Querido Edi: Gracias por tu carta llena de belleza que no llega a derramarse gracias a tu amor a la justeza, sí, y no la inconmensurable justicia que arde allá a lo lejos y que alienta en la contención. Sí, así era, es Lucrecia, de una hermosura ardiente y contenida que podía tornarse inadvertida y sólo visible ante algunos ojos en ocasiones y, sobre todo, desde que ella se diera cuenta de sí misma. Mas ¿se lo permitieron?, ¿le dieron acaso lugar, tiempo para soñar su propio sueño? La vi, la sentí, la sentí desde el principio, sabiendo de ella sólo por el sueño -incompleto- de tu Herrera. Sofocada por la historia de la Ciudad, que en ella o para ella estaba como para Antígona, más allá de los dioses. Y así tendría, se me apareció, que acabar invisible, inasible, inalcanzable. Siendo una criatura permanente, de las que a imagen y semejanza de la Virgen, única criatura humana perfecta, no mueren sino que transitan; como la luz, se eclipsan sin que las fases tengan una duración calculable. Las matemáticas a las que obedecen no son calculables, ni los lugares ni circunstancias en que esto se verifica (CSZ, p. 64). Queda patente a relación que establece entre ambas as doncelas. Outórgalles un tempo distinto, a “non morte”. Entende que comparten o mesmo estatuto ontolóxico. Criaturas atemporais que transitan polos ámbitos xerminativos dos soños. É nesta carta onde toman corpo algunhas das ideas que debe plasmar no seu estudo. Non esquiva o tema político disertando sobre as diferenzas entre monarca e rei. Sabe que o fondo do proceso de Lucrecia non é a Santa Inquisición senón a monarquía. Dirixe a súa mirada cara a Felipe II: Porque durante años tuve coloquio con Felipe II, recogí su interminable soliloquio en las frías salas de El Escorial, estando yo en La Habana. Y lo que sé acerca de él, lo sé directamente y me detengo. Inevitablemente será el fondo último de lo que escriba sobre Lucrecia, mas sin declarar pues que él no quiere ser puesto en evidencia, él se salva quedando latente, oculto, él tiene su alma virginal que ha sufrido al estar expuesta antes que por estar en la picota, por estar a la vista, como hubiera sufrido Lucrecia al ser MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 278 “sacada” por las calles aunque hubiera sido en carroza de oro. Al tener que dar sus sueños, tan sólo porque no le pertenecían, que de haber sido suyos, no los habría dado. Esto, claro está que será lo primero que diga. (El sufrimiento por manifestarse, por aparecer, tal como lo divino no ha padecido en tantos dioses y bien luce en Cristo Jesús) (CSZ, pp. 66-67). Na liña de Antígona, o drama de Lucrecia non está exento de rei. O Creonte secundario na obra de Sófocles toma forza neste contexto nun monarca que a nosa autora mira con detemento. Non é un personaxe equívoco e feble, está no fondo achegando todo o significado implícito no Proceso. A Zambrano non deixou de interesarlle o drama histórico de fondo como quedou en evidencia nas súas obras publicadas e manuscritos. Ata o día 10 de outubro de 1979 non volve mencionar, que nos conste, o tema de Lucrecia a Edison Simons: Pero mi salud flaquea. Me he torcido un pie y se cierne sobre mí la posibilidad de tener q. ir a un hospital a que me lo enyesen. El estómago, chilla…, iré al médico cuando pase lo del pie. –Te iba a escribir anunciándote la decisión que he tomado de comunicar a J. Ruiz en tanto q. Director de la Colección de hacer por mi parte el volumen de los Sueños por separado. No tenemos tú y yo en proyecto ningún libro conjunto. Luego será mejor que cada uno haga el suyo. Es indispensable para mi tranquilidad y tardanza –él no me indica nada, soy yo quien siente angustia también por ti. Pues q. tu con mayor capacidad de trabajo q. yo podrás hacer lo tuyo más rápidamente y aprovechar así el tiempo que tuvieras, acabados los trabajos intensos de la Revista, según pienso. Yo tengo también el proceso q. J. R. me envió. Si lo necesitas te lo podré enviar, o recogerlo tú mismo, si se diera el caso de q. vinieras por aquí, o enviártelo con alguien. Eso no es problema (CSZ, p. 104). A pensadora dá un xiro ao proxecto, impaciente polas demoras, quere tomar decisións e para iso debe encargarse ela soa do volume dedicado aos soños. Semella adormentarse tamén Lucrecia -convertida en metáfora zambranianana historia do seu histórico Proceso. Nas cartas que posteriormente intercambia con Javier Ruiz e Julia Castillo xa non menciona á doncela soñadora. 524 Porén, a súa relación continuará ata o final dos seus días. Fernando Muñoz Vitoria fala así do día despois a súa chegada a España: “La recuerdo sentada al lado de Julia Castillo, en mitad de la habitación que después sería comedor, fumando de espaldas al balcón, perdida, como naufragada en medio de los muebles de su vida, esperando que le fuera dado el lugar donde debían 524 Na Fundación María Zambrano constan sete correspondencias máis, entre cartas e postais, de Javier Ruiz e Julia Castillo a María Zambrano, catro de 1981 e tres de 1983. Protagonistas da Razón Poética 279 colocarse”. 525 Julia Castillo realiza intervencións en prensa e radio sobre a obra da autora. Contribúe tamén cun artigo por mor do Premio Cervantes en 1988. María Zambrano estaba acompañada, o día antes da súa morte, por Javier Ruiz como así o describe Jesús Moreno. 526 Ese traballo coral inacabado, con todo, queda reflectido nos días de reflexións nos que a autora se mergullaba nos papeis da doncela do Século de Ouro. Cartas, conversacións, todo un esforzo finalmente diluído por un momento no que Zambrano vai ser chamada para o seu regreso. Na carta do 6 de xullo de 1975 escrébelle a Agustín Andreu sobre os atrasos referíndose a algúns traballos. Aí de novo cita á doncela soñadora da época de Felipe II (CDP, p. 226). Comeza o seu recoñecemento, o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades (1981), nomeada doutora “honoris causa” pola Universidade de Málaga (1982), o Premio Cervantes (1988), as chamadas dun novo grupo de intelectuais que a reclama, e tamén a súa escasa saúde. A historia de Lucrecia volve adormentarse entre vellos cartapacios, parangonándose á figura real, a súa figura saíndo, xunto coa filla, (do convento?) para perderse entre videntes, visionarios, iluminados ou iluminacións, alquimistas ou, talvez, prostitutas nas rúas do Século de Ouro español. 527 Onde xa non tiña familia, nin pai, nin rei: “Por haberse quedado sin la casa del padre, como todo de veras vencido se queda” (SPL, p. 18). Exiliada dos seus soños tamén, clausurada no silencio. 528 Por iso é agora cando convén lembrar que “Es el Yo inédito y no el póstumo el que cuenta el”, como Zambrano escribía o 28 de outubro de 1974 a Agustín Andreu (CDP, p. 110). Nesta carta amósase crítica co título do poemario de Gil de Biedma Poemas póstumos. Para Zambrano o suxeito atopa a súa identidade verdadeira non na súa evolución senón na súa xerminación. O non dito, o que non tivo o seu presente, non é a nada. Poden chegar a ser pontes mediadoras, vida umbra e subterránea que por estar oculta acálase. Por iso, ao comentar o poemario El yo póstumo de Gil de Biedma o 2 de febreiro de 1978 en La Pièce-Crozet afirma: “Se reía Cronos sabiendo que el ‘yo póstumo’ es la máscara del yo inédito, máscara -persona- a su 525 Fernado Muñoz Vitoria, “Felices en Madrid”, Archipiélago. Cuadernos de crítica de la cultura. María Zambrano: la trazón sumergida, nº 59, 2003, p. 109. 526 Jesús Moreno, La razón en la sombra, O. c., p. 729. 527 Richard Kagan, Los sueños de Lucrecia, O. c., pp.183-184. 528 Na devandita entrevista de Mariana Bernárdez a Enrique Rivas, o poeta comenta que Javier Ruiz rematara o contrato na Editora Nacional. Este foi o detonante de que non callase nese intre o libro de Zambrano. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 280 vez del indefinidamente naciente con el favor de Venus siempre […]. Y si con su favor se cuenta, entonces, se escriba o no se escriba poema alguno, el verbo estará al saltar a salvo ya de las personas” (ALPO, p. 232). O inédito verdadeiro, como vimos dicindo, rescata a tradición -elemento que a irmanda con Rafael Dieste- e con ela “a joya del ya”, o presente dos elementos “vencidos” pola súa ocultación. O rescate de Lucrecia de León constitúe pois un acto de doazón ao presente dunha parte oculta da nosa tradición a prol de inserila na Historia. Limiar de Zambrano: A doncela e o home. A perda de España Zambrano neste escrito, publicado como limiar ao libro Sueños y procesos de Lucrecia de León (SPL, pp. 11-19), vai plasmar algunhas das reflexións que adianta nas cartas aos seus amigos. 529 Trataremos de condensar as máis importantes en varios epígrafes. A autora de El sueño creador advirte da imposibilidade de analizar os soños. Hai que tentar descifralos, non interpretalos, desde o inferno atemporal onde xacen, desde unha razón poética, ao par metafísica e relixiosa (SC, p. 77). Recorreremos aos seus propios textos como medio indispensable para tal hermenéutica. O limiar é, como dicíamos, un comentario de seu a un dos soños da doncela Lucrecia de León. O texto, tantas veces adiado, finalmente viu a luz. A estirpe de Antígona Nas anteriores cartas Lucrecia é apreciada pola autora coma outra das mulleres que vai na procesión de Antígona. Á estirpe de Antígona súmase Lucrecia, a Lucrecia mirada por Zambrano, ao explorar rexións nas que o novo logos acontece. 530 Non é o obxectivo do presente epígrafe deternos nos trazos que Zambrano outorga a Antígona, máis ben imos observar aqueles de Antígona en Lucrecia. Reúne algúns trazos 529 SPL, cumpre sinalar que este libro pertence á colección La memoria del Fénix, dirixida por Juan G. Atienza e Javier Ruiz Sierra. O libro conta con apéndices documentais dos procesos e soños de Lucrecia de León. A carencia de información epistolar fai supoñer que o antigo proxecto debeu callar a través de conversacións non escritas neste prólogo. 530 “Se Eloísa actualiza co seu padecer un trazo que permanecía oculto para as mulleres, Antígona parece atoparse no centro mesmo do oculto, e rescatar do seu silencio un modo outro de tratar co real”. afirma Balza. Isabel Balza, María Zambrano, O. c., p. 80. Protagonistas da Razón Poética 281 que a aproximan á moza pensada por Sófocles; habita tamén nunha cova, esta vez onírica, na gruta do soño, hýpnos. Metáfora que repetirá noutros escritos (SC, p. 37). A visionaria posúe a capacidade de saltarse o seu estatus de muller, humilde e analfabeta. Sen voz, é quen de revestirse da única vía posible para chegar a ser. 531 Lucrecia exemplifica coa súa posta en escena o recurso de moitas mulleres a unha vía de expresión alternativa. Unha vía, talvez única, para mulleres sen hábito e sen recursos, e deste xeito burlar a férrea estrutura patriarcal e, por suposto, o peso da misoxinia eclesiástica. 532 Todas as mulleres que van na procesión de Antígona son dalgunha maneira escritoras atípicas. Lucrecia propiamente non escribe, malamente chega a asinar con letra infantil algúns documentos. O soño será o seu espazo literario, vertendo toda unha cultura oral e auditiva neste marco narrativo. Polo tanto, de común coa estirpe de Antígona ten o feito de transgredir o seu destino silente, o mutismo. Conforman un elenco de mulleres que destinadas ao silencio atopan fendas polas que emitir a súa voz burlando ao poder, neste caso sempre masculino. Conseguen facer a súa historia desde a ahistoricidade das súas vidas. En principio reproducen discursos afónicos posteriormente paliados por diversos recursos amplificadores axeitados para a súa escoita. Con todo, a autora do Delirio de Antígona non se detén máis que subrepticiamente neste aspecto. Afirma que a doncela sae en busca de coñecemento. Pero non de calquera xeito, sae lúcida, pois a conciencia de Lucrecia de León non desaparece tralo soño. Non semella adormentarse nin cando cala e menos aínda durmida, di Zambrano. Dubida a filósofa do seu soño? Non pensamos que a autora investise a Lucrecia do carácter de gaioleira, como o seu amigo Imirizaldu. Pero si que non sexa totalmente un soño do que fala. Zambrano estuda profundamente este espazo e non establece unha fronteira nidia entre eles e a vixilia. Proba diso é o seu detemento nas fantasías e no carácter dalgunhas vivencias que ao formar un continuum chegan a posuír o tecido dos soños (tempo doméstico, por exemplo). Pero ademais, sendo Lucrecia da estirpe de Antígona, Juana de Arco..., son o soño doutros: “Ellas no soñaron, despertaron nada 531 É moi interesante a achega de María V. Jordan Arroyo ao respecto, Soñar la historia., O. c., p. 148, 173-178. Ao ser a sociedade do Século de Ouro tremendamente misóxina, mulleres como Lucrecia empregan o discurso profético a prol dunha maior liberdade e valoración pública. 532 Relacionado con este tema escribe Isabel Balza sobre Juana de Arco. Pertencente tamén, coma ten expresado Zambrano, á procesión de Antígona. Ambas recorren a canóns esencialmente masculinos para acceder aos seus espazos. Coa transgresión acóllense tamén a certa monstruosidade, traspasando límites, por enriba e por debaixo da categoría do humano. “De hechicera a santa: la piedad heroica de Juana de Arco”, Tabula Rasa, nº 14, 2011, pp. 325- 339. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 288 2. IMAXES DO VENCIDO/A NAS OBRAS DOS AUTORES TRANSTERRADOS O autor de Rianxo a través da súa escrita dirixe a mirada fundamentalmente aos seus veciños, paisanos e amigos que acompañan a súa infancia na vila. Desde este caldo de cultivo transmite diferentes planos; o contista que entretén coa narración, por unha banda, e pola outra, un pouco máis fonda, na que exhuma unha sorte de ironía tráxica envolvendo a aparente placidez do seu mundo. Coma vila mariñeira, Rianxo ofrece individuos rexos, homes e mulleres breados nas tarefas do mar. Seres que sen revestir os trazos da “estirpe de Antígona” compleméntana. Neste autor os personaxes son o pobo propiamente, cunhas características moi determinadas. A comunidade e o pobo configurada por suxeitos “miúdos” pero atemporais. 542 Unamuno concibe a humanidade reflectida na figura dun Sísifo devorado xa non por unha aguia senón por un voitre. Zambrano subliña a través da figura de Antígona, sempre renacendo, o recordo de que a Historia non deixou de ser sacrificial. Dieste, coma outra faciana da moeda, amosa o froito de certos arquetipos humanos representativos do mundo do traballo artesanal, dos emigrantes, das mulleres entolecidas na espera de homes que non volven máis, para ceibalos do drama. As tebras nas que a autora malagueña atopa o espazo da creación e da arte conflúen na fantasía por onde as figuras da obra de Rafael Dieste toman corpo. Deste xeito vemos ao neno Félix Muriel albiscando nun quinqué cor guinda todos os matices da imaxinación e do misterio. A fantasía é o material utilizado por Rafael Dieste para pintar a súa terra desde dentro e desde fóra, na casa e no exilio, en galego e en castelán. Coa mirada inocente de neno descalzo e de sabio cosmopolita, traslada ao lector a un universo no cal as mensaxes veñen ataviadas de esperanza. É a obra de Rafael Dieste un exercicio de razón poética? Non foi Dieste quen catalogou así o seu traballo malia ter recoñecida a súa condición híbrida a medio camiño entre o filósofo e o poeta: “También le pueden llamar a uno centauro: medio filósofo y 542 Domingo García Sabell sinala: “E en máis dunha ocasión os nosos parladoiros, os nosos diálogos, acadaron unha tensión dialéctica e unha altura que a nós se nos antoxaban decisivas, pero que no fondo, non eran senón atisbos de fonduras apenas entrevistas e apenas sospeitadas. Eran, no seu caso, meditacións premonitorias de algo que tardaría anos en sair á superficie, pero que cando o parto se produciu, naceron criaturas orixinais e resistentes á rilladura do tempo”. “O eido filosófico de Rafael Dieste”, 1899 Rafael Dieste 1991 Unha Fotobiografía , O. c., p.180. Protagonistas da Razón Poética 289 medio poeta. O tres cuartos de lo uno y un cuarto de lo otro. Depende de la balanza” (TDN, p. 101). 543 O punto de confluencia estriba nas problemáticas suscitadas e tamén nas afinidades electivas a través dos personaxes das súas respectivas producións. Os núcleos sobre os que irradian a posibilidade de establecer lazos cognitivos nas obras dos pensadores republicanos son sen dúbida os personaxes e os seus mundos. As obras de Zambrano e Dieste non responden a perspectivas completamente identificables, nin no punto de partida nin no de chegada. Eles mesmos tampouco poden ser entendidos dun xeito plano e concluso. As súas obras son vivas, dinámicas, sometidas a un proceso de cambio e transformación. 544 Mais no devir dos respectivos traballos van tomando corpo distintos seres que poden servir como áncora a prol de enxergar eses trazos familiares. Aranguren afirmou que a pensadora ao ser filósofo e poeta, pode ser herexe da filosofía en tanto que elixe a expresión poética, e herexe da poesía en tanto que non escribe, propiamente poesía. 545 Ata que punto pódese aplicar “esta herexía” á obra do autor de Rianxo? 546 Rafael Dieste afirmou que en todos os aforismos -sendo el un gran amante 543 Estelle Irizarry apunta ao falar do artista Tomás Barros e de Rafael Dieste: “Los dos autores gallegos utilizan ‘imaginaciones’ en forma de ficciones y diálogos como método filosófico”. Estelle Irizarry, “Imágenes e imaginaciones filosóficas en Rafael Dieste y Tomás Barros”, Lenguaje y textos, nº 1, 1992, p. 99. Sobre a devandita condición de centauro pódese consultar o meu artigo: “Zambrano Dieste, extraños centauros”, Abriu, nº 7, Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, Barcelona, 2018. 544 Dieste recomendoulle a Eugenio Granell ler a Metamorfosis de Ovidio. A partir deste intre -conta o pintornon foi quen de deixar de plasmar a transformación de todo o vivo. (Recollido na exposición antolóxica de Eugenio Granell celebrada no 2011 na Fundación Gonzalo Torrente Ballester en Santiago de Compostela). 545 José Luis López Aranguren, “Filosofía y poesía”, Papeles de Almagro, El pensamiento de María Zambrano, O. c, p. 114. 546 Irizarry no devandito artigo, afirma: “El que se dedica a la reflexión y autorreflexión por excelencia es el filósofo, mientras que el poeta -en el sentido de artista literariose dedica a llevar el lenguaje enunciado y consignado al papel a sus máximas posibilidades. Cada uno cultiva, como especialidad, una de las facultades nobles y exclusivas de la mente humana. Para el filósofo la palabra escrita es un vehículo empleado primordialmente para transmitir sus ideas y está supeditada a éstas. Para el poeta la expresión es un fin digno y valioso en sí, que no tiene obligación de servir a las ideas. Para el poeta-filósofo o filósofo-poeta, en cambio, el arte es el vaso comunicante sin el cual las preocupaciones filosóficas no serían más que elucubraciones áridas. Rafael Dieste y Tomás Barros fueron escritores de orientación filosófica y al mismo tiempo filósofos de marcada vocación literaria. Sus obras muestran intereses filosóficos divergentes: Dieste indaga principalmente en los misterios del conocimiento, la experiencia, la infinitud, el origen y destino, y hace referencias a Kant, Hume, Hegel, Nietzsche y Zenón de Elea. Barros muestra predilección por la filosofía social, ética y aún mística, con decidida influencia oriental. Se refiere a los más diversos pensadores occidentales y orientales, entre ellos Kafka, Ionesco, Bergson, Freud, Jung, Malraux y Pantajali. Pero lo que más llama la atención en estos dos poetas y filósofos, distintos en muchos respectos, es que tanto el uno como el otro emplearon la literatura como método filosófico”. Estelle Irizarry, “Imágenes e imaginaciones filosóficas en Rafael Dieste y Tomás Barros”, O. c., p. 93. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 290 dos mesmoshai un chisco de sal da sen razón. É quen de narrar historias aparentemente irracionais, coma o remuíño das bolboretas a carón dunha lámpada. Dieste así o afirma no limiar aos Dos arquivos do trasno sendo finalmente reconducidas cara un fondo de racionalidade. A racionalidade que pecha os contos de Rafael Dieste sempre xira a carón dunha concepción do real abrazada polo sentir comunitario. García Sabell interpreta a angueira filosófica do noso escritor sempre ao servizo da recuperación do reinado do real. 547 A idea de pobo subxace na escrita do autor coma un dos grandes cernes directrices da súa tarefa creativa. Nel é quen de conxugar a herexía dunha razón engarzada nos símbolos ofrecidos polo mito e a tradición. 548 Nos traballos de Rafael Dieste observamos o hibridismo do sentir poético dos seus ensaios máis filosóficos na obra EAE, e incluso a difícil pericia de ensinar que as matemáticas tamén se poden ler, aplicando a maiéutica socrática á xeometría. 549 En obras dramáticas como Viaje y fin de don Frontán, conxuga o contido filosófico e intelectual coa factura literaria, aspecto que reitera en contos e escritos de raizame máis literaria. Segundo Estelle Irizarry, na obra do escritor e crítico literario Edward Morgan Forster, Aspectos de la novela, 550 emprega algúns criterios para poder determinar a importancia dunha obra literaria. Entre outros aspectos, Forster fala dun que é, sen dúbida, o máis importante de todos: a profecía. 551 Non significa que o autor adiviñe o futuro, senón que se remonta cara a atrás, sen perder a individualidade e ao mesmo tempo participando do infinito. Remite á experiencia evocadora na que o ritmo e o misterio se conxugan. O escritor permite identificar o instante na súa concreción e paralelamente a súa proxección universal. 547 Domingo García Sabell, “O eido filosófico de Rafael Dieste”, 1899 Rafael Dieste 1991 Unha Fotobiografía, O. c., p.182. 548 Gurméndez interpreta do seguinte xeito a escrita de Dieste: “A primera vista, la realidad aparece convulsa, irracional, disparatada, pero Dieste en sus cuentos la narra racionalizándola y, al mismo tiempo, expresa su concepción del Universo unido por la comunidad base: el pueblo. Ante el Pórtico de la Gloria de la catedral de Santiago de Compostela, al ver el asombro con que lo contemplaban unas campesinas, entendió, dice, lo que era pertenecer a un pueblo, y añade: ‘sentirse no contemplador, sino contemplado en sosiego, es el modo de comunión más perfecto’”. Carlos Gurméndez, “Rafael Dieste y su horizonte filosófico europeo”, Congreso Rafael Dieste, O. c., pp. 23-24 549 Gabriel Zaid lembrando ao seu mestre: “Le pedimos que hablara de los Elementos de Euclides y su charla fue una revelación. Nunca vimos tan claro que las matemáticas se pueden leer, no sólo operar, que es lo que suele aprenderse en ingeniería. Dieste no sólo sabía cien veces más geometría que nosotros, sino que, en forma verdaderamente socrática, nos hizo caer en la cuenta de una problemática inquietante, en el ‘superado’ Euclides”. Gabriel Zaid, Sección literaria, 4: Dieste e a xeometría, “Identidad y geometría en Rafel Dieste”, Congreso Rafael Dieste, O. c., p. 192. Con respecto á vertente matemática de Rafael Dieste véxase a tese de doutoramento de Xosé Díaz Díaz: Rafael Dieste e a xeometría. Argumentos para unha concepción filosófica do espazo como índice de realidade. O. c. 550 Edward Morgan Foster, Aspectos de la novela, Debate, Madrid, 1990. 551 Estelle Irizarry, Estudios sobre Rafael Dieste, Anthropos, Barcelona, 1992, p. 35. Protagonistas da Razón Poética 291 Irizarry indica neste contexto o que lle impresiona en Dieste; a habilidade de chegar ao transcendental sen buscalo. A profecía -entende- é moi difícil de acadar nunha obra filosófica. 552 O filósofo, fronte ao autor da profecía, fala, non canta. A afirmación de Forster é lexitima dentro dunha determinada forma de apreciar o saber filosófico. Aquel saber circunscrito nas coordenadas rexeitadas polos nosos autores. Porén o pensamento da autora malagueña é un pensamento en exploración constante, o seu recurso ás rexións do logos menos ortodoxas son testemuño de tal empeño. Asume que ela non vai á filosofía senón que ven dela. Está “dando a ver” un camiño que a prosa filosófica -pensemos na crítica aos racionalismos e idealismosnon circunscribe na súa totalidade. O recurso a un saber experimental aproxímaa a eidos abertos a discursos concordantes co mero saber reflexivo. Vemos, nos autores trasterrados, a procura dun saber que Salvador Pániker denominou retroprogresivo. 553 Aranguren, como temos comentado, interpreta o pensamento de María Zambrano moi unido a súa palabra, chegando a ser un pensamento verdadeiramente poético. Pensamento enraizado no pobo, teima moi presente en autores de referencia como Antonio Machado e Miguel de Unamuno. Consideración nada insignificante na obra de Dieste. 554 No texto do autor galego “Alas que se nos dan con la palabra” apuntaba nesta dirección. O poeta quere dicir o que non se puido. A poesía pura é o abrente da palabra, a “aurora” poderíamos engadir lembrando á pensadora de Málaga. Dirixida ao des-falar. Palabras que son actos e estes son poéticos. Porque aínda que as ideas sexan a semente das palabras, só elas permiten “apoderarnos de su origen” (TDN, pp. 173-181). 552 Ibídem, p. 42. 553 “Transcribo lo que tengo escrito en mi libro Ensayos retroprogresivos: El Tao de Occidente es esa extraña creatividad que nos devuelve al origen por la vía crítica. Entendiendo por vía crítica la retroacción desde un problema hasta sus condiciones de posibilidad. Cabría escribir una historia de la filosofía occidental desde el punto de vista de cómo, en cada época, el discurso cultural trata de aproximarse críticamente al origen perdido. De alguna manera, en Occidente, filosofía, arte y ciencia regeneran simbólicamente la no-dualidad originaria. Occidente se alimenta de una tensión crítica, retroprogresiva, que a la vez que va sofisticando los lenguajes va poniendo en crisis los supuestos de partida. Es un proceso destructor de realismo ingenuo que aboca, simultáneamente, a la progresiva racionalidad del discurso y al origen místico.” Reflexión que tamén desenvolve Salvador Pániker na súa obra Aproximación al origen, Kairós. Salvador Pániker, Filosofía y mística, Kairós, Barcelona, 1999, pp. 6-7. 554 Apunta Arturo Casas: “Non se pode concibir en Dieste unha poética que no seu limiar non se institúa simultaneamente en noética; isto é, a creación implica nel sempre un pensar o obxecto creado en relación co obxecto representado, unha colección do acto creativo que non se limita a xustapoñerse cabo da realización artística ou literaria. Hai poética porque hai creación; hai noética porque hai indagación do sentido desa creación, e tamén das canles que proveñen do autor e da situación procesual deste en relación a aquela. Fican así asociadas en reciprocidade contemplación e representación, theoria e texto.” Arturo Casas (coord.), Tentativas sobre Dieste, Arturo Casas “Elementos para una teoría literaria”, O. c., pp. 52-53. MARÍA DEL MAR LEYRA FERNÁNDEZ-LABANDERA 292 A profecía, tan dificilmente alcanzable na reflexión filosófica para Forster, ten cabida en obras onde non é unicamente a creación a que as sustenta. O cantar dos profetas é o profetizar, a instauración do ser pola palabra tal e como lembraba Heidegger a Hölderlin. 555 A profecía cúmprese cando a esencia do ser realiza a doazón da palabra. Seguindo a Heidegger podemos empregar unhas das palabras-guía de Hölderlin coa finalidade de entender este emprego poético da linguaxe. É a poesía un xogo inofensivo, unha tarefa primaria, ou por que non, primitiva, na que se utiliza o material da fala. Evidentemente non é simplemente isto a poesía, pero si é lexítimo afirmar que non procura espurios intereses. Non é a poesía unha aplicación máis do homo faber, non é necesariamente a poesía unha escrita pragmática ou instrumental. Na poesía que exhala a razón zambraniana ten cabida a profecía como presentimento e como salvación. Non é o presentimento errático da sibila, é a razón auspiciada no seu limiar. O comezo da razón nos lugares sombríos que ela descobre como propios. A emoción non é sen-razón ou desvío do intelixible senón outra das facianas do intelecto. É a que mobiliza -motiva- ás sendas do intelecto. Non hai desvarío. Intelecto que abrangue corpo e espírito ao mesmo tempo. É unha razón que anuncia desde lonxe os seus tentáculos. 556 Os espazos libres desexados polo poeta teñen a súa concreción nun aspecto moi importante, como vimos comentando, no traballo de María Zambrano a través do eido dos soños. Nas obras de Dieste, a elección dos personaxes, xunto cos seus peculiares espazos, constitúe a chave do elemento transcendental da profecía sinalada por Foster: espazos irradiadores de unha corrente que flúe baixo toda a obra. En María Zambrano este elemento amósase na base estrutural da súa propia ontoloxía, na forma-soño, na temática portadora desa corrente subterránea. Os soños constitúen o plano a partir do cal arrancan a heteroxeneidade das categorizacións fenomenolóxicas máis salientables da súa obra. Amosan a vertente a partir da cal a vida comeza, tanto a nivel individual coma colectivo. Individualmente, as experiencias diversas da vida non poden ser acollidas totalmente polo 555 Martin Heidegger, Arte y poesía, O. c., p. 139. 556 Antonio Colinas explica no seu artigo “La esencia de un mensaje”: “Ella cree en una resurrección que libere al espíritu de su nostalgia, de su vacío. Y ella cree también que si hay un hombre devorado por esa nostalgia y ansioso de esos espacios libres, de esos tiempos presentidos, es el poeta; el poeta que maneja o revela un lenguaje superior, o –como ella dice tan lúcidamenteel lenguaje propio de un período sagrado anterior a la historia, a la verdadera prehistoria.” Moi próxima á consideración heideggeriana da poesía (Heidegger, “Hólderlin y la esencia de la poesía”, Arte y poesía, O. c., pp. 139-140.) como fundamento da historia, coma linguaxe primitivo dun pobo histórico. Antonio Colinas, “La esencia de un mensaje”, VV. AA. Papeles de Almagro. El pensamiento de María Zambrano, O. c., p. 103. Protagonistas da Razón Poética 293 noso presente, xustamente pola súa fugacidade: “No hay tiempo bastante en lo humano para que todo lo que pasa sea vivido desde el corazón. Hay en la vigilia, pues, un sueño constante, un caer en el sueño de series enteras de vivencias privadas de tiempo” (ST, p. 86). A corrente dos acontecementos non atendidos non perecen sen máis. Conforman o plano do incognoscible, o que estando ao marxe da cautela da razón permiten a súa constitución na vixilia. O ser humano emerxe desde niveis que só son comprendidos en clave natural. A physis, a fisionomía que nos ocupa, aséntase na non bipolarización natureza/razón, natureza/cultura, propia do racionalismo moderno que Zambrano desaproba claramente. Anular estas fronteiras supón a defensa dunha ontoloxía non clausurada en compartimentos pechados. A liberdade no fluír do real ven orixinada por un dia-logo constante entre as rexións anteriormente amuralladas. Ortega entendía por Universo todo canto hai. Nesta concepción non asimila o real ao que hai pero si lle outorga unha certa existencia. O cadrado redondo, os seres marabillosos evocados por Mallarmé, non existen pero debe habelos para ditar sobre eles sentencia algunha. 557 María Zambrano, aportará na súa reflexión un elemento que transcende tódolos planos, amalgamándoos, dándolles sentido. Non se trata do sentido marcado pola mera razón, trátase do sentido orixinario que procede da vida animal, do ser physis, que latexa na atemporalidade dos soños. As vivencias que non sempre teñen presente, as que non sempre teñen espazo, parecen ser engulidas como a auga, seguindo a espiral dos fluídos ao seren vertidos. En espiral, como no medio físico, posto que “desaparecen” nun cortexo de vivencias que nunca asisten illadas. Series de acontecementos, apenas nacidos, precipítanse nun círculo inexorablemente máxico pola súa compoñente creativa. Estes presentes perdidos sen a oportunidade de ter un lugar privilexiado na vida do humano caen en serie ao terreo dos soños. Se o noso logos fora só iso, capacidade para organizar en conceptos, estruturación conceptual do real, estas vivencias simplemente serían esquecidas. Pero recórdanos que non é o concepto o receptáculo de esa cognición que a autora procura. Nunha carta xa comentada a Rafael Dieste, reclama unha razón máis ancha, a razón poética. Esta razón sustentase sobre a concepción, non sobre os conceptos. Concibir é un acto físico, diverso e, poderíamos engadir, maioritariamente involuntario. A natureza concibe constantemente; plantas, animais, criaturas ben formadas e aptas para a supervivencia. Tamén concibe seres inacabados, metamorfoses erráticas, mutacións propias da prodigalidade da physis. Os 557 José Ortega y Gasset, ¿Qué es filosofía? Lección IV, Revista de Occidente, Madrid, 1957, p. 86. [Document text truncated for crawler view.]