Full text
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas Especialidade de Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática A ensinanza da resistencia a antibióticos dende un enfoque “One Health” La enseñanza de la resistencia a antibióticos desde un enfoque “One Health” Teaching antibiotic resistance from a "One Health" approach Curso académico 2022-2023 Autora Directora Irene González Costa Blanca Puig Mauriz
2 Contido 1. Resumo ............................................................................................................................ 3 2. Resumen .......................................................................................................................... 3 3. Abstract ........................................................................................................................... 4 4. Introdución ...................................................................................................................... 5 5. Marco teórico .................................................................................................................. 6 5.1. Educación para a saúde no ensino de ciencias en secundaria .......................................... 6 5.2. O enfoque One Health para a ensinanza e aprendizaxe sistémica de problemas de saúde 8 5.3. A modelización baseada no enfoque One Health en temas de saúde ............................ 10 6. Metodoloxía ................................................................................................................... 11 6.1. Xustificación da temática e a súa abordaxe didáctica con enfoque One Health ........... 11 6.2. Contexto didáctico, participantes e enfoque metodolóxico ........................................... 12 6.3. Proposta didáctica “A Resistencia a Antibióticos dende o enfoque One Health” ......... 14 6.4. Recollida e análise de datos ........................................................................................... 18 7. Resultados e discusión ................................................................................................... 21 7.1. Coñecementos, hábitos e crenzas sobre a problemática da RA ..................................... 21 7.2. Accións One Health para previr a RA ........................................................................... 24 7.3. Aplicación do modelo One Health nun caso práctico sobre a tuberculose .................. 29 8. Conclusións e implicacións educativas ......................................................................... 33 Coñecementos, hábitos e crenzas que manifesta o alumnado participante sobre a problemática da RA 33 Accións One Health para previr a RA ...................................................................................... 35 Aplicación do modelo One Health nun caso auténtico relacionado coa tuberculose. ............. 36 9. Bibliografía .................................................................................................................... 37 10. Anexo I: Actividades da proposta didáctica .................................................................. 40 11. Anexo II: Figuras suplementarias .................................................................................. 48 12. Agradecementos ............................................................................................................ 51
3 1. Resumo A resistencia a antibióticos (RA) é unha cuestión socio-científica de impacto social cuxa ensinanza na aula de ciencias dende o enfoque “Unha soa Saúde” (One Health) resulta esencial para poder actuar de forma responsable fronte a este problema. Este TFM forma parte da liña de investigación en didáctica das ciencias sobre problemas socio-científicos relacionados con problemas de saúde humana, animal e ambiental. As preguntas de investigación son: 1) Cales son os coñecementos, hábitos e crenzas do alumnado de 1º de Bacharelato sobre a RA?; 2) Cal é a capacidade dos estudantes para identificar accións concretas para previr a RA nas tres esferas One Health? e ; 3) Como son os modelos One Health que presentan para explicar un problema auténtico relacionado cunha enfermidade zoonótica?. Os/as participantes foron 54 alumnos/as de 1º de Bacharelato dun centro público da costa occidental de Galicia, sen formación previa no marco One Health. A metodoloxía é de corte cualitativo e céntrase na análise dos discursos e modelos do alumnado en distintas actividades deseñadas para a aplicación do modelo One Health. Os resultados mostran que o alumnado foi quen de identificar accións axeitadas para previr a RA en relación ás esferas One Health e de elaborar modelos consensuados integrando factores que forman parte destas esferas nun contexto próximo relacionado coa infección por tuberculose. Palabras clave: Resistencia a antibióticos; problemáticas socio-científicas; “Unha soa Saúde”; modelización. 2. Resumen La resistencia a antibióticos (RA) es una cuestión socio-científica de impacto social cuya enseñanza en el aula de ciencias desde el enfoque “Una sola Salud” (One Health) resulta esencial para poder actuar de forma responsable frente a este problema. Este TFM forma parte de la línea de investigación en didáctica de las ciencias sobre problemas socio-científicos relacionados con problemas de salud humana, animal y ambiental. Las preguntas de investigación son: 1) ¿Cuáles los conocimientos, hábitos y creencias del alumnado de 1º de Bachillerato sobre la RA?; 2) ¿Cuál es la capacidad del alumnado para identificar acciones concretas para prevenir la RA en las tres esferas One Health? y 3) ¿Cómo son los modelos One Health que presentan para explicar un problema auténtico relacionado con una enfermedad zoonótica?. Los/as participantes fueron 54 alumnos/as de 1º de Bachillerato de un centro público de la costa occidental de Galicia, sin formación previa en la aplicación del marco One Health. La metodología es de corte cualitativo y se centra en el análisis de los
4 discursos y modelos del alumnado en distintas actividades diseñadas para la aplicación del modelo One Health. Los resultados muestran que el alumnado fue capaz de identificar acciones adecuadas para prevenir la RA en relación a las esferas One Health y de elaborar modelos consensuados integrando factores que forman parte de estas esferas en un contexto cercano relacionado con la infección por tuberculosis. Palabras clave: Resistencia a antibióticos; problemáticas socio-científicas,“Una sola Salud”; modelización. 3. Abstract Antibiotic resistance (AR) is a socio-scientific issue of social impact whose teaching in the science classroom from the "One Health" approach is essential to be able to act responsibly in the face of this problem. This TFM is part of the research line in science didactics on socio-scientific problems related to human, animal and environmental health problems. The research questions are: 1) What are the knowledge, habits and beliefs of 1st year of Bachelor students about AR; 2) What is the students' ability to identify concrete actions to prevent AR in the three One Health spheres?; and 3) How are the One Health models that students develop to explain an authentic problem related to a zoonotic disease? The participants were 54 students of 1st year of Bachelor from a public school on the west coast of Galicia, with no previous training in the application of the One Health framework. The methodology is qualitative and focuses on the analysis of the students' discourses and models in different activities designed for the application of the One Health model. The results show that the students were able to identify appropriate actions to prevent AR in relation to the One Health spheres and to elaborate consensual models integrating factors that are part of these spheres in a close context related to tuberculosis infection. Keywords: Antibitic resistance; socio-scientific issue; One Health; modeling.
5 4. Introdución A resistencia a antibióticos (RA) é unha cuestión socio-científica que está causando múltiples problemas na actualidade debido á aparición de bacterias resistentes a antibióticos, tamén coñecidas como “superbacterias”. Unha das principais causas deste problema, sinalada pola OMS (Organización Mundial da Saúde, 2020), é o uso irresponsable de antibióticos pola cidadanía durante estas dúas últimas décadas. Accións como interromper o tratamento antibiótico pautado por profesionais médicos, o uso de antibióticos para infeccións non bacterianas ou o seu uso en animais para engorde levou a que, a día de hoxe, antibióticos que eran efectivos contra determinadas bacterias, resulten ineficaces . Formar ao alumnado na toma de decisións en cuestións socio-científicas como a que nos ocupa é clave para previr e mitigar a RA e as súas consecuencias sanitarias a nivel global e individual. Con este fin, este TFM opta por aplicar o enfoque One Health, noción acuñada pola OMS en 2017 que fai referencia a que a saúde humana, animal e ambiental están interrelacionadas, xa que logo, non poden ser consideradas de maneira independente. Este TFM aborda un estudo de caso cuxo obxectivo principal é analizar cal é a comprensión e percepción do alumnado de 1º de Bacharelato sobre a problemática da RA dende unha perspectiva One Health e a súa aplicación a un contexto relacionado cunha enfermidade zoonótica. Este obxectivo xeral articúlase en tres preguntas de investigación: P1. Como son os coñecementos, hábitos e crenzas do alumnado de 1º de Bacharelato sobre os antibióticos e a problemática da RA? P2. Cal é a capacidade do alumnado para identificar accións concretas para previr a RA nas tres esferas One Health?. P3. Como son os modelos One Health que elaboran para explicar un problema auténtico relacionado cunha enfermidade zoonótica? A metodoloxía empregada foi de corte cualitativo, sendo a principal fonte de datos analizados as respostas orais e escritas do alumnado ás actividades da proposta elaborada para a abordaxe das preguntas de investigación . Os resultados da P1 mostraron que o coñecemento e as crenzas do alumnado sobre a RA varían en función do itinerario cursado. O alumnado de ciencias presentou un maior nivel de coñecementos fronte ao de ciencias sociais e humanidades. Estes últimos amosaron crenzas máis afastadas da realidade científica que o alumnado de ciencias.
6 No relativo aos hábitos, non se percibiron diferenzas significativas en función do itinerario, sendo as accións sinaladas por parte do alumnado, responsables. Os resultados da P2 mostraron que o alumnado foi quen de identificar de maneira axeitada accións concretas que evitarían a aparición de RA englobando ditas accións nas tres esferas One Health. Non existiron diferenzas en función do itinerario. A análise da P3 permitiu identificar que o alumnado foi quen de elaborar un modelo de RA One Health nun contexto concreto, un caso clínico relacionado cunha infección por tuberculose. Os resultados deste TFM evidencian necesidades formativas en problemáticas de saúde complexas mediante o modelo One Health como vía para promover unha visión sistémica e actitude responsable e participativa entre o alumnado de secundaria. 5. Marco teórico 5.1. Educación para a saúde no ensino de ciencias en secundaria Hoxe en día existe unha gran preocupación por promover accións de educación para a saúde (EpS) na escola secundaria xa que a adolescencia é unha etapa na que se poden adquirir hábitos non saudables tales como fumar, o consumo de drogas e/ou alcohol, levar a cabo prácticas sexuais de risco, etc. (Fernández Camino, 2017). A escola pode ser logo un contexto idóneo para promover hábitos saudables, xa que por ela pasan todos e todas os nenos/as e adolescentes de menos de 16 anos (Gavidia Catalán et al., 2003). Segundo indica a Organización Mundial da Saúde (OMS) (1969), a EpS ten como obxectivo principal proporcionar á poboación os coñecementos, habilidades e destrezas precisas para a protección e promoción da saúde, é dicir, a EpS debe servir para formar cidadáns críticos capaces de desenvolver accións individuais responsables no referente á saúde en todas as súas esferas (ambiental, humana e animal) (Riquelme Pérez, 2012). A base da EpS é que as persoas sexan conscientes da súa situación, afonden nela e actúen de forma axeitada. Así, o profesorado deberá centrarse en que o alumnado aprenda a pensar por si mesmo, atopando así as súas propias solucións para un problema determinado (Riquelme Pérez, 2012). Existen estudos baseados na análise de contidos de saúde na secundaria, mais estes fundaméntanse nos hábitos sedentarios, no consumo de drogas e incluso nos malos hábitos alimenticios dándoselle tamén unha especial importancia á saúde sexual (Ayuso-Margañón et al., 2018). O tratamento destas problemáticas de saúde na secundaria é eficaz, xa que transmite
7 coñecemento, promove o desenvolvemento de habilidades e o fomento da adopción de condutas positivas en aspectos vinculados coa saúde. Malia a isto, algunhas investigacións fan fincapé en que a educación para a saúde implementada hoxe en día nas escolas non é de calidade debido, entre outros motivos, á falta de tempo e recursos dos docentes, así como á baixa implicación por parte das familias do alumnado (Fernández Camino, 2017). O deseño dos materiais curriculares para traballar problemáticas de saúde na aula cobra gran importancia (Franco Mariscal et al., 2014), sendo preciso elaborar deseños sociocientíficos que estimulen a acción responsable. Isto significa abordar cuestións: 1) relevantes para a vida diaria ; 2) que formen parte do entorno cultural do alumnado; 3) que axuden a captar a atención; 4) cuxo tratamento didáctico na aula implique a toma de decisións (España et al., 2012). A RA dende o enfoque One Health cumpre con todas estas condicións pois considérase un tema sociocientífico relevante que implica aos estudantes na adopción de hábitos axeitados no consumo de antibióticos. Existen numerosas propostas para traballar co alumnado problemáticas de saúde. Moitas delas proceden de organismos e institucións científicas, como o “Manual sobre educación sanitaria en educación primaria de saúde” da OMS (WHO, 1989). En Galicia existen programas que pretenden promover hábitos de saúde entre a poboación. Un exemplo é o programa UNICEF Educación, que desenvolveu recentemente unha proposta de materias que sirvan para traballar a Educación para a Saúde no contexto escolar resaltando a relevancia dos hábitos de hixiene tales como o lavado de mans; da prevención e tratamento de infeccións; ou do consumo responsable da auga mediante “carreiras de gotas” (Unicef, s.f.). Outro exemplo de programa que promove a Educación para a Saúde no ámbito escolar galego é o Plan Proxecta+. Neste último, a concepción da temática de educar para a saúde variou levemente dende o curso anterior (2021/2022) ata o curso actual (2022/2023) pois, no anterior pretendíase a mellora na calidade educativa no referente á promoción da saúde en xeral mentres que no actual se recolle que a mellora se limitará aos hábitos de vida saudables, tales como alimentación e vida activa e deportiva (Xunta de Galicia, s.f.). A aprendizaxe baseada en problemas, o estudo de caso, a aprendizaxe baseada en proxectos e a aprendizaxe servizo ou a simulación clínica son exemplos de modelos propostos, gran parte destes realizados no nivel universitario, mais que en Educación Obrigatoria (Rodriguez Villalobos et al., 2020). Na ESO destacan as propostas que implican ao alumado en resolución de problemas de saúde mediante enfoque baseado nas prácticas científicas (Aznar e
8 Ageitos, 2023; Uskola et al., 2021). Este TFM sitúase na liña de ensinanza e aprendizaxe de cuestións socio-científicas relacionadas coa saúde mediante prácticas científicas como a modelización, segundo o enfoque One Health. O presente traballo apoia a visión de que a EpS ten que ir máis aló da perspectiva humana, idea que promove o novo modelo de currículo de ciencias (Real Decreto 243/2022, de 5 de abril, por el que se establecen la ordenación y las enseñanzas mínimas del Bachillerato). Isto recóllese xa en documentos como o Manual Escolar 2.0 (de novembro do 2020) de Schools for Health in Europe, no que se pon de relevo que é necesario relacionar a educación para a saúde co ámbito medioambiental e social, dándolle así un enfoque One Health, que require desenvolverse nas escolas (Vilaça T et al., 2020), e que este TFM pretende mediante o desenvolvemento dun estudo de caso en secundaria. 5.2. O enfoque One Health para a ensinanza e aprendizaxe sistémica de problemas de saúde A noción de One Health foi proposta pola OMS no 2017 e pretende servir para que a poboación sexa consciente de que a saúde humana, a animal e a ambiental están intimamente relacionadas (WHO, 2017) e mellorar, deste xeito, os hábitos de saúde da sociedade (Wilfert et al., 2021). O enfoque One Health está a cobrar importancia debido á aparición de numerosas enfermidades emerxentes tales como o ébola, o SARS ou a hepatite E (Verweij e Bovenkerk, 2016) e o último caso da pandemia do Coronavirus. Neste TFM abórdase a RA desde o marco One Health co obxectivo de facilitar unha visión global e sistémica desta problemática na que se relacionen as tres esferas (saúde humana, saúde animal e saúde ambiental) que a definen, e poder explicar a súa orixe, así como accións para previla e as súas consecuencias. Os estudos sobre as concepcións do alumnado de secundaria sobre a RA son aínda limitados malia a importancia que está a cobrar este tema na sociedade. Unha investigación recente (Robredo Valgañón e Torres Manrique, 2021) no noso contexto, amosa que o alumnado de 3º da ESO, onde o contido de RA está presente no currículo de Bioloxía e Xeoloxía, é quen de definir aos microorganismos e identificar as bacterias cos seres vivos, mais non de recoñecelos visualmente. Tamén, que identifican aos microorganismos como os únicos axentes patóxenos que causan doenzas, e aos antibióticos como medicamentos exclusivos para a eliminación tanto de bacterias como de virus. Os estudantes enquisados non son conscientes da gran problemática que supón a RA na actualidade. Outro estudo, tamén recente, sobre o uso de antibióticos, realizado en Brasil (Manhães et al., 2022), no que se analizan os efectos dunha intervención didáctica sobre o uso de antibióticos sobre alumnado de 16 anos, mostra que as
9 ideas destes varían antes e despois de realizar as tarefas dunha proposta. O 27,27% manifestaba non estar de acordo co uso de antibióticos para tratar a gripe ao inicio, pasando a 47,37% tras a intervención. Os estudos didácticos sobre as concepcións do alumnado sobre a RA son escasos. Porén, existen numerosos proxectos, tanto estatais como internacionais, para informar á poboación en xeral sobre este problema. Destacan iniciativas como a do ISGlobal (Instituto de Saúde Global de Barcelona) que achega numerosos recursos didácticos para traballar estes contidos, entre os que podemos destacar o xogo educativo MicroCombat (Intef, 2021). Este xogo consiste en que os xogadores adopten o papel de sanitarios e sanitarias para impedir que a poboación enferme a causa de axentes patóxenos. O ISGlobal propón tamén cómics interactivos que informan á poboación sobre as prácticas responsables para prever a resistencia a medicamentos ou webs informativas que presentan o contido dun xeito atractivo e fácil de entender (EduCaixa, s.f.). Tamén existen programas europeos co mesmo obxectivo que o ISGlobal, como é o caso da web E-Bug, que nos ofrece unha serie de recursos educativos clasificados por rangos de idade para promover bos hábitos de saúde entre os nenos e adolescentes (E-Bug, s.f.). Esta web permite aos e ás estudantes aprender de xeito autónomo no seu tempo libre mais tamén nos aporta aos e ás docentes ferramentas para levar á aula e traballar temas como a RA dun xeito dinámico e atractivo para o alumnado. Malia o valor educativo destas propostas, en ningún caso, estes proxectos integran nas actividades o enfoque One Health. Na abordaxe deste enfoque, destacamos o AmBientech, un portal educativo que pretende difundir e facilitar a aprendizaxe de Ciencias, Tecnoloxía, o Medio ambiente e a saúde a alumnos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos promovendo, a través de vídeos, cuestionarios e infografías, a concienciación da poboación no referente a esta perspectiva, poñendo en manifesto a importancia da mesma. AmBientech organiza o evento escolar ONE WORLD ONE HEALTH, sendo este un ciclo de debates e charlas destinados, entre outros, a alumnados de Secundaria ou Bacharelato (AmBientech, 2022). A revisión da literatura sobre a ensinanza One Health mostra que existen estudos relacionados coa análise dos contidos de saúde ambiental nos libros de texto de secundaria e primaria. Estes adoitan presentar as tres esferas que definen esta noción de maneira independente, non relacionándoas entre si. A isto temos que engadir que estes libros, de xeito xeral, non parecen contemplar as competencias en saúde ambiental (Carrasquer-Álvarez et al., 2023). Outros traballos como o de Muñoz Rodríguez et al. (2019), que indagan sobre os
16 requiren poñer en práctica o pensamento crítico e a reflexión sobre accións individuais e cotiás relacionadas co emprego de antibióticos. Este cuestionario (ver Anexo I) realizóuselle a todo o alumnado de 1º Bacharelato (N=54, 20 varóns e 34 mulleres) nos días previos á primeira sesión, dedicada aos contidos de RA dende o enfoque One Health. Decidimos clasificar as respostas do alumnado en función da modalidade de Bacharelato cursada. Recolléronse un total de 15 respostas de estudantes da modalidade de ciencias; 34 da modalidade de ciencias sociais; e 5 da modalidade de humanidades. Analizáronse as respostas escritas do alumnado ás preguntas deste cuestionario de ideas previas (que dividimos en tres dimensións, sendo estas dimensión coñecementos, dimensión hábitos e dimensión crenzas) coa fin de responder á P1 (“Como son os coñecementos, hábitos e crenzas sobre os antibióticos e a problemática de RA en alumnado de 1º de Bacharelato?”). Para abordar a P2 e a P3 analizáronse as actividades A3, A4 e A5 (Táboa 1). A3. Accións contra as superbacterias Esta actividade propúxose para que o alumnado identificase accións axeitadas para previr a RA e relacionase estas accións coas tres esferas One Health. Nesta actividade (ver Anexo I) propuxéronse unha serie de 16 accións que o alumnado, de forma individual, debeu indicar se eran favorables ou non para previr a RA e tamén englobalas nalgunha das tres esferas One Health. Recolléronse as respostas escritas dos estudantes para analizalas posteriormente. A análise de ditas respostas individuais permitiu abordar a P2 (“Cal é a capacidade do alumnado para identificar accións para previr a RA nas tres esferas One Health?”). A4. O caso de Carmeliña Este caso clínico auténtico relacionado coa infección por tuberculose pretendeu que os estudantes analizasen de forma crítica datos sobre un problema real dende o enfoque One Health e que establecesen relacións causais entre as diferentes esferas para explicar este caso clínico.
17 A actividade foi realizada na aula de Anatomía Aplicada, da que forman parte un total de 14 estudantes (N=14, 3 alumnos e 11 alumnas) dos diferentes itinerarios de Bacharelato, en grupos de catro ou cinco persoas que tiveron que debater e argumentar as súas respostas ás sete preguntas sobre o caso clínico (ver Anexo I). Estas preguntas pretenderon que os/as estudantes abordaran este problema real dende o enfoque One Health e que estableceran relacións entre a esfera humana, animal e ambiental. Nota: As imaxes do alumnado foron tomadas coa autorización do pai/nai/titor. Recolléronse as respostas de tres grupos de alumnos e alumnas. O primeiro deles (grupo 1) estivo conformado por un alumno e catro alumnas; o segundo (grupo 2) por catro alumnas e o terceiro (grupo 3) por dous alumnos e tres alumnas. Na Figura 2 móstrase ao grupo 3 traballando no caso clínico. A5. Modelización da RA dende o enfoque One Health Esta actividade de modelización pretendeu que o alumnado elaborase un modelo One Health para explicar a RA nun contexto concreto, sendo este o caso clínico traballado na A4. Ademais, buscou que os estudantes usaran un modelo One Health para argumentar as relacións entre a saúde humana, animal e ambiental. A análise das respostas escritas e das gravacións orais da A4 e da A5 serviron para dar resposta á P3 (“Como son os modelos One Health que elabora o alumnado para explicar un problema auténtico relacionado cunha enfermidade zoonótica?”). Esta análise efectuouse tendo en conta os factores que consideraron os estudantes para relacionar as tres esferas, as relacións causa-efecto e se as relacións establecidas eran uni ou bidireccionais. Figura 2: Grupo de alumnos e alumnas de Anatomía Aplicada realizando o caso clínico (elaboración propia)
18 6.4. Recollida e análise de datos Os datos recollidos inclúen os informes escritos das tarefas desenvolvidas e os modelos elaborados polo alumnado. Tamén se recolleron datos orais das interaccións en grupo e dos debates de aula mediante gravacións en audio. O proceso de análise de datos para cada unha das preguntas de investigación requiriu a lectura sucesiva das respostas escritas e gravacións orais do alumnado, sendo o método de análise para cada pregunta o que se detalla a continuación. Para a pregunta un (P1), “Como son os coñecementos, hábitos e crenzas do alumnado de 1º de Bacharelato sobre os antibióticos e a problemática da RA?” analizouse o contido das respostas individuais da enquisa (ver Anexo I). As respostas agrupáronse en categorías que xurdiron en interacción cos datos, seguindo un procedemento dedutivo de análise de datos. Para a segunda pregunta (P2), “Cal é a capacidade do alumnado para identificar accións para previr a RA nas tres esferas One Health?” analizouse o contido das respostas individuais dos estudantes á A3 (“Accións contra as superbacterias”), tendo en conta as accións escollidas como favorables para frear a pandemia da RA e tamén a esfera (ou esferas) na que engloban cada acción. As respostas agrupáronse en categorías non previamente definidas en función da esfera One Health na que se englobaba cada acción, sendo as seguintes: 1) esfera humana, 2) esfera animal, 3) esfera ambiental, 4) esfera humana+ esfera animal, 5) esfera humana+ esfera ambiental, 6) esfera animal+ esfera ambiental, 7) todas as esferas e 8) non clasifica. Neste último grupo incluíronse as respostas que escolleron a acción X como favorable para frear a problemática de RA pero non a engloban en ningunha esfera. Para a terceira pregunta de investigación (P3), “Como son os modelos One Health que elabora o alumnado para explicar un problema auténtico relacionado cunha enfermidade zoonótica?” analizáronse tanto os modelos elaborados polos alumnos e alumnas da materia Anatomía Aplicada como as gravacións orais tomadas na aula co consentimento dos pais/nais/titores legais do alumnado. Os modelos foron contrastados coas respostas do alumnado á actividade 4 (“O caso de Carmeliña”). Para a análise destas respostas tivéronse en conta tanto as contestacións escritas como as gravacións orais tomadas na aula. Comparáronse as respostas do alumnado coas de referencia, téndose en consideración o número de preguntas contestadas correctamente para posteriormente contrastalas cos modelos resultantes da A5.
19 As respostas de referencia recóllense na Táboa 2 : Táboa 2: Respostas de referencia á A4 (elaboración propia) Pregunta Resposta de referencia 1 Como pensas que se infectou Carmeliña? Esquematiza o proceso 2 Por que pensas que ocorre isto? Porque a bacteria causante da infección se volveu resistente a antibióticos 3 Que solución propoñerías para lidiar con este problema? Empregar un antibiótico diferente para o cal Mycobacterium bovis non adquiriu resistencia 4 Pensas que é posible que isto teña relación co que lle aconteceu a Carmeliña? Si, pode ser un caso de zoonose 5 Por que pensas que Sabela terá máis problemas para superar a tuberculose ca Carme? Debido a que a saúde respiratoria de Sabela vese comprometida pola alta concentración de gases contaminantes na cidade na que vive 6 Como pensas que se puido producir? Os antibióticos chegan ao ambiente polas substancias de desfeito xeradas na granxa, tales como excrementos ou ouriña 7 Pode ter consecuencias para outros seres vivos? Si, outros seres vivos poden adquirir a cepa de Mycobacterium bovis resistente a antibióticos e ter problemas para superar a tuberculose Na pregunta 1 (“Como pensas que se infectou Carmeliña? Esquematiza o proceso”) valorouse tamén positivamente a realización de debuxos que reflexaran calquera das tres opcións posibles.
20 Da A5 (“Modelización da RA dende un enfoque One Health”) recolléronse, ao igual que da anterior, as gravacións orais do alumnado que nos serviron para analizar como entenden o modelo One Health e como argumentan as relacións entre as diferentes esferas. Tamén se recolleron os modelos elaborados para analizar as respostas escritas dos/as estudantes. Na Figura 3 móstrase a un grupo de alumnas traballando no seu modelo. Nota: As imaxes do alumnado foron tomadas coa autorización do pai/nai/titor. A continuación comparáronse as respostas do alumnado co modelo de referencia, sendo este o recollido na Figura 4. Figura 3: Grupo de alumnas de Anatomía Aplicada realizando a actividade de modelización (elaboración propia) Figura 4: Modelo de referencia da actividade 5 (elaboración propia)
21 7. Resultados e discusión 7.1. Coñecementos, hábitos e crenzas sobre a problemática da RA Neste apartado preséntanse os resultados da P1,“ Como son os coñecementos, hábitos e crenzas do alumnado de 1º de Bacharelato sobre os antibióticos e a problemática da RA?” atendendo a estas tres dimensións: coñecementos, hábitos e crenzas. Dimensión coñecementos: A análise do coñecemento do alumnado sobre a RA centrouse no ítem número tres do cuestionario (PC3) (coas túas palabras, explica como pensas que funciona un antibiótico). As respostas a esta pregunta distribuíronse en catro categorías (excelente, ben, mal, NS/NC). Os resultados aparecen resumidos na Figura 5. As respostas de sete dos 15 estudantes de ciencias (46,7%) englobáronse na categoría “ben”. Só se codificaron nesta categoría sete das 35 respostas de alumnado de ciencias sociais (20%) e unha das cinco de humanidades (20%). É tamén destacable que as respostas de dous alumnos, unha da modalidade de ciencias e un da modalidade de humanidades, se englobaron dentro da categoría “excelente”, empregando termos técnicos e precisos tales como antibiograma e/ou especificidade bacteriana. Predominou a idea de antibiótico como analxésico para eliminar a sensación de dor. Os resultados semellan que a meirande parte deste grupo de estudantes non foi capaz de explicar como funciona un antibiótico. Dimensión hábitos: A análise desta dimensión centrouse nos ítems dous (“cando tes un arrefriado con febre, que é o que adoitas facer en primeiro lugar?”), catro (“algunha vez tomaches antibióticos sen que chos receitara un médico? Saberías indicar o nome dalgún Figura 5: Respostas dos estudantes á PC3 (elaboración propia)
22 deles?”) e seis ([...] Aínda que non é exactamente igual, é un antibiótico para o mesmo. Que farías?”), que se relacionan con hábitos de consumo de antibióticos. No referente á pregunta dous do cuestionario (PC2), a maioría do alumnado de ciencias (9 dos 15) escolleu a opción “intento que se me pase só, sen tomar nada” fronte ás modalidades de ciencias sociais e humanidades, onde unha pequena proporción optou por esta opción. No primeiro caso, sete dun total de 35 (20%) e, no segundo, un de cinco (20%). A resposta maioritaria por parte deste alumnado foi “intento que se me pase con analxesia, é dicir, con medicamentos tales como a aspirina ou o ibuprofeno” (22 de 35 estudantes de ciencias sociais e tres de cinco de humanidades). Do alumnado de ciencias, só escolleron esta resposta cinco de 15 estudantes. A opción “tomo un antibiótico para que se me pase rápido” foi escollida por un único alumno, da modalidade de ciencias sociais. Os resultados da PC4 indican que a meirande parte do alumnado non consome antibióticos sen que llos receite un médico. En concreto, como mostra a Figura 6, contestaron isto 10 dos 15 estudantes de ciencias (66,7%); 17 dos 35 estudantes de ciencias sociais (48,6%) e tres dos cinco estudantes de humanidades (60%). Na PC6, a meirande parte dos estudantes respondeu “compro unha caixa nova do antibiótico que me receitou ultimamente o médico e sigo o tratamento” de darse a situación de padecer de novo unha infección para a que sobrou antibiótico con anterioridade. Escolleron esta opción 9 dos 15 estudantes da modalidade de ciencias (60%); 28 dos 35 estudantes da Figura 6: Respostas dos estudantes á PC4 (elaboración propia)
23 modalidade de ciencias sociais (80%) e catro dos cinco estudantes da modalidade de humanidades (80%). Dimensión crenzas: A análise desta dimensión atende a cuestións relacionadas con crenzas sobre a RA que se inclúen nos ítems un (“pensas que a RA supón un problema na actualidade? Explícao coas túas palabras), cinco (“[...]É o corpo de Ana o que se volveu resistente? Explícao”) e sete (“[...]O outro día saín con Xulio e estaba angustiado porque pensa que non é bo tomar antibiótico xa que este podería deixalo sen defensas. Que opinas?”) da enquisa. A Figura 7 mostra os resultados da PC1. A maioría respondeu afirmativamente, é dicir, identificaron que a RA é un problema actual, argumentando a súa resposta unha pequena proporción: sete dos 15 alumnos de ciencias (46,7%); catro dos 35 alumnos de ciencias sociais (11,4%) e un dos cinco alumnos de humanidades (20%). Ademais, catro estudantes da modalidade de ciencias sociais non responderon. A análise das respostas á PC5 mostrou que parte do alumnado identificou erroneamente a RA como xerada polo organismo dado que responderon afirmativamente á pregunta “é o corpo de Ana o que se volveu resistente?” seis dos 15 estudantes do itinerario de ciencias (40%); 20 dos 35 estudantes do itinerario de ciencias sociais (57,1%) e tres dos cinco estudantes do itinerario de humanidades (60%). A PC7 analizou a opinión dos estudantes en relación a se os antibióticos son tratamentos que baixan as defensas (concepción negativa de tomar estes medicamentos). A meirande parte Figura 7: Respostas dos estudantes á PC1 (elaboración propia)
24 do alumnado opinou que os antibióticos baixan as defensas, mais que deben ser tomados seguindo as recomendacións médicas. Dentro desta categoría incluíronse as respostas de 9 dos 15 estudantes de ciencias (60%); 24 dos 25 estudantes de ciencias sociais (68,6%); e catro dos cinco estudantes de humanidades (80%). En síntese, a análise do cuestionario mostrou que o alumnado difire nos seus coñecementos e crenzas segundo a súa modalidade de Bacharelato e que algunhas respostas evidencian concepcións erróneas sobre a RA. 7.2. Accións One Health para previr a RA Neste apartado desenvólvense os resultados da P2 “Cal é a capacidade do alumnado para identificar accións para previr a RA nas tres esferas One Health?”. Analizáronse as respostas escritas de 48 estudantes de 1º de Bacharelato á actividade tres “Accións contra as superbacterias”. As accións axeitadas para previr a RA e as esferas coas que se relacionan figuran na Táboa 3, sendo estas as respostas de referencia. Táboa 3: Accións favorables para frear o avance da RA englobadas nunha ou varias esferas One Health (elaboración propia) Acción Axeitada/ Non Esfera (s) 1 Evitar o emprego de antibióticos cada vez que esteamos enfermos Axeitada Esfera humana 2 Substituír os antibióticos por terapias alternativas tales como a homeopatía Non axeitada - 3 Reducir o uso de antibióticos animais destinados ao consumo humano Axeitada Esfera humana+animal 4 Administrar antibióticos só a persoas enfermas con febre Non axeitada - 5 Introducir cambios na cría de animais como melloras na hixiene e condicións de amontoamento Axeitada Esfera humana+animal 6 Promover/aumentar a vacinación como medida preventiva fronte a enfermidades infecciosas Axeitada Esfera humana+animal 7 Desenvolver novos antimicrobianos a partir de plantas Axeitada Esfera humana+ambiental 8 Empregar antibióticos só para previr enfermidades infecciosas que poden ser moi contaxiosas Non axeitada - 9 Reducir o consumo de carne procedente de macrogranxas Axeitada Esfera humana 10 Reducir a mobilidade humana entre países Axeitada Esfera humana
25 11 Administrar antibióticos para previr enfermidades a animais sans da mesma cabana Non axeitada - 12 Protexer a biodiversidade Axeitada Todas as esferas 13 Usar antibióticos só como último recurso para o tratamento de infeccións víricas en humanos Non axeitada - 14 Diminuír o contacto humano con especies animais silvestres Axeitada Esfera humana+animal 15 Tomar antibióticos só mentres presentes síntomas da enfermidade Non axeitada - 16 Abastecer de antibióticos a países do terceiro mundo que carecen de recursos para tratar enfermidades infecciosas Axeitada Esfera humana+animal Das 48 respostas, 14 correspondéronse con estudantes da modalidade de ciencias; 30 con estudantes da modalidade de ciencias sociais e 4 con estudantes da modalidade de humanidades. A actividade proporcionaba unha serie de 16 supostas accións individuais para actuar contra a RA que o alumnado tivo que identificar como axeitadas ou non e relacionalas coas esferas One Health. Identificamos as accións que os/as estudantes inclúen en cada esfera. A Táboa 4 presenta estes resultados.
32 A resposta escrita foi a seguinte (Figura 5). Pareceron concluír que o antibiótico caeu ao solo, contaminando o ambiente e que este contribuíu á RA de seres vivos pequenos. O grupo 2 elaborou o segundo mellor modelo. Analizando as respostas escritas deste grupo á A4 observouse que responderon correctamente a seis das sete preguntas plantexadas. Destaca a resposta á pregunta un (“Como pensas que se infectou Carmeliña? Esquematiza o proceso”). A seguinte transcrición reflicte o momento no que este grupo debate esta cuestión. Al3: Eu penso que tivo que traer a infección da granxa de Ourense, porque senón as outras vacas tamén estarían infectadas. Al2: Si! E estaba en estado de incubación. Al1: Pero eso tamén son as bacterias? Porque os virus quedan en stand-by pero as bacterias... Al2: Si, eses son os virus. Al3: Entonces non pode ter unha bacteria incubada? Al1: Eu creo que non. Al2: Pois eu penso que si. Al3: Vamos a facer votación, pensades que unha bacteria se pode incubar? Al1: Eu penso que non. Figura 11: Resposta do grupo tres ás preguntas seis e sete do caso clínico relacionado coa tuberculose
33 Al2: Non o sei. Existiu discrepancia sobre se a bacteria que causa a tuberculose (Mycobacterium bovis) pode “incubarse” ou non. Na Figura 12 móstrase a resposta escrita á que chegan finalmente. Previo ao debate anterior valoraron a posibilidade de infección mediante vectores artrópodos (aínda que isto non o expresan por escrito), feito que non considerou ningún dos outros dous grupos. Al1: Picoulle un bicho. Al2: Pero os bichos traen bacterias ou traen virus? Al3: Traen virus Al2: Pois entonces non funciona así O grupo 1, malia a contestar correctamente todas as preguntas do caso clínico, non foi quen de elaborar un modelo One Health neste contexto concreto. 8. Conclusións e implicacións educativas Preséntanse as conclusións e implicacións educativas derivadas dos resultados obtidos neste TFM, organizadas en base ás tres preguntas de investigación. Coñecementos, hábitos e crenzas que manifesta o alumnado participante sobre a problemática da RA No referente á dimensión coñecementos puideron atoparse diferenzas en función do itinerario de Bacharelato cursado. O alumnado de ciencias respondeu de maneira satisfactoria a preguntas como a PC3 (“coas túas palabras, explica como pensas que funciona un antibiótico”), amosando un maior nivel de coñecementos sobre o funcionamento dos Figura 12: Resposta escrita do grupo 2 á pregunta un do caso clínico relacionado coa tuberculose
34 antibióticos que estudantes de ciencias sociais ou humanidades. Estes resultados eran esperables, dado que a problemática da RA abórdase en 3º ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado que non optou por cursar esta materia, tivo o seu primeiro contacto con estes contidos este curso, a diferencia dos de ciencias, que tiveron contacto previo con estes contidos. Na dimensión hábitos, a meirande parte dos participantes manifestaron pautas de consumo responsable de antibióticos. A maioría afirmou non tomar estes medicamentos sen que llos receitara un médico. Identificouse nas respostas do alumnado unha confusión xeneralizada entre “antibióticos” e “analxésicos” de uso frecuente (ibuprofeno, aspirina, paracetamol...), o que xa foi o previamente atopado en estudos sobre problemáticas de saúde (Robredo Valgañón e Torres Manrique, 2021). Na dimensión crenzas comprobamos que a maioría considerou a RA un problema, mais non todos foron quen de dar argumentos. O alumnado de ciencias amosou unha maior capacidade para argumentar as súas respostas fronte ao de ciencias sociais e humanidades. Os alumnos e alumnas que argumentan as súas respostas cientificamente sen axuda nin guías do profesorado recorren aos coñecementos aprendidos previamente relacionados coa RA. Estudos previos de argumentación fan fincapé en que o alumnado de secundaria é quen de argumentar de forma científica se practica como facelo (Revel Chion et al., 2021). Xeralmente, o alumnado que aporta argumentos científicos nas súas respostas afástase das crenzas que non se relacionan coa realidade como o feito de que é o corpo o que se volve resistente en lugar das bacterias, o que xa se atopou en estudos previos (García et al., 2022). Ademais, gran parte do alumnado identificou o consumo de antibióticos como un factor que contribúe a baixar as defensas. Non é posible concluír se identifican estas defensas con anticorpos ou microbiota mediante a análise das respostas. Como implicación educativa derivada da análise desta P1, cabe subliñar que o problema da RA require ser traballado de modo interdisciplinar, para poder desenvolver unha visión sistémica que integre contidos de distintas materias. O feito de que a RA sexa traballada exclusivamente co alumnado de ciencias e non co do ciencias sociais e humanidades (en coherencia co currículo de ciencias) non fomenta que, dende as escolas, se estean formando cidadáns alfabetizados en saúde con capacidade para poder previr a RA, problema considerado a “próxima pandemia” (García, Puig e Uskola, 2023).
35 Accións One Health para previr a RA Os resultados da P2 permiten concluír que non existen diferenzas significativas entre as accións escollidas polo alumnado de ciencias, ciencias sociais e humanidades para previr a RA. A maioría das accións consideradas son axeitadas e tamén as esferas nas que as engloban. Malia a este feito, algunhas accións como a 10 (reducir a mobilidade humana entre países) non foron escollidas pola maioría para reducir a RA. Aínda que a pandemia do COVID-19 mostrou á cidadanía que os axentes patóxenos poden distribuírse a escala global, isto non semella ter impacto entre estes alumnos/as. Tamén, cabe salientar que as accións concretas, fronte as accións globais, tiveron unha maior aceptación polo alumnado, o que relacionamos coa falta de pensamento sistémico por parte deste. Accións como a oito (“consumir antibióticos para previr enfermidades infecciosas”), a 13 (“usar antibióticos só como último recurso para o tratamento de infeccións víricas en humanos”) e a 15 (tomar antibióticos só mentres presente síntomas de enfermidade”) non foron identificadas como axeitadas pola maioría. Isto amosa un comportamento responsable á hora de consumir estes medicamentos, que puidemos confirmar coa análise da dimensión hábitos, xa comentada. Estes resultados apoian os obtidos nunha enquisa realizada no noso país (Robredo Valgañón e Torres Manrique, 2021). Tamén, puidemos comprobar que terapias alternativas tales como a homeopatía, non teñen un uso xeneralizado entre o alumnado. Unha baixa proporción de estudantes escolleu a acción 2 (“substituír os antibióticos por terapias alternativas tales como a homeopatía”) como axeitada para previr a RA. Isto contrasta co sinalado por Uskola (2016) nun traballo con alumnado de 4º do Grao de Educación Primaria que mostra que os/as futuros/as docentes cren na eficacia dos produtos homeopáticos. De todas as accións propostas, o alumnado foi quen de vincular as accións 12 (“protexer a biodiversidade”) e 9 ("reducir o consumo de carne procedente das macrogranxas”) ás tres esferas. O resto de accións foron identificadas cunha ou con dúas esferas. En conclusión, o alumnado foi quen de identificar accións favorables para previr a RA e englobalas nas esferas One Health correspondentes. Isto contrasta cos resultados dun estudo no que o alumnado só foi capaz de identificar as causas de aparición de pandemias coa esfera humana (Puig e Uskola, 2021).
36 Aplicación do modelo One Health nun caso auténtico relacionado coa tuberculose. Os resultados da P3 mostran que a meirande parte do alumnado foi quen de relacionar a problemática da RA cun caso auténtico relacionado coa tuberculose e tamén vincular este último caso coas tres esferas One Health. Cabe sinalar que no grupo que elaborou o modelo máis completo (grupo 3), predominaba a idea alternativa de que é o corpo é o que se volve resistente aos antibióticos en lugar das bacterias. Pola contra, o grupo 1, que elaborou un modelo xeneralizado e non axustado ao contexto proposto, non amosou ideas alternativas á hora de abordar o caso práctico. Como implicacións educativas, queremos salientar que a modelización da RA en clave One Health nun contexto concreto foi unha tarefa complexa para o alumnado deste estudo. Nesta secuencia, optamos por involucrar ao alumnado na modelización da RA nun contexto como o da tuberculose, mais, á vista dos resultados obtidos, entender os elementos das esferas e pensar en posibles contextos onde estas interactúen podería facilitar a tarefa de modelización nun contexto real ao alumnado.
37 9. Bibliografía AmBientech. (s.f.). One Health: Una sola salud animal, humana y medioambiental. https://ambientech.org/one-health-una-sola-salud-para-todos AmBientech. (2020). Manual escolar 2.0 de SHE: Una guía metodológica para transformarse en escuela promotora de la salud. [Whitepaper]. https://ambientech.org/documentos/dosier-one-health-all-contents.pdf Ayuso-Margañón, R., Molina-Garuz, M. C., e Medina-Moya, J.-L. (2018). La promoción de salud en la escuela como estrategia para el abordaje de la cronicidad en España. HORIZONTE SANITARIO, 18(1). https://doi.org/10.19136/hs.a18n1.2433 Aznar Cuadrado, V., e Puig, B. (2016). ¿Qué conocimientos movilizan un grupo de futuros docentes para elaborar el modelo de infección por tuberculosis? Revista Eureka Sobre Enseñanza y Divulgación de Las Ciencias., 13(2), 264–278. https://doi.org/10.25267/Rev_Eureka_ensen_divulg_cienc.2016.v13.i2.04 Aznar Cuadrado, V., e Puig Mauriz, B. (2016). Concepciones y modelos del profesorado de primaria en formación acerca de la tuberculosis. Enseñanza de Las Ciencias. Revista de Investigación y Experiencias Didácticas, 34(1), 33–52. https://doi.org/10.5565/rev/ensciencias.1670 Aznar, V., e Ageitos, N. (2023). Epidemias que no se pueden olvidar. Alambique Didáctica de Las Ciencias Experimentales, 112, 34–40. Baquero, F., García-Rodríguez, J. A., García de Lomas, J., e Aguilar, L. (1999). Antimicrobial Resistance of 1,113 Streptococcus pneumoniae Isolates from Patients with Respiratory Tract Infections in Spain: Results of a 1-Year (1996–1997) Multicenter Surveillance Study. Antimicrobial Agents and Chemotherapy, 43(2), 357–359. https://doi.org/10.1128/AAC.43.2.357 Blanco-Anaya, P., Justi, R., e Díaz de Bustamante, J. (2017). Challenges and opportunities in analysing students modelling. International Journal of Science Education, 39(3), 377– 402. https://doi.org/10.1080/09500693.2017.1286408 Carrasquer-Álvarez, B., Ponz-Miranda, A., e Gavidia Catalán, V. (2023). Las competencias en salud ambiental en los libros de texto. Revista Eureka Sobre Enseñanza y Divulgación
38 de Las Ciencias, 20(1). https://doi.org/10.25267/Rev_Eureka_ensen_divulg_cienc.2023.v20.i1.1301 E-Bug. (s.f.) . https://www.e-bug.eu/es-es EduCaixa. (s.f.). Superhéroes contra superbacterias. https://educaixa.org/microsites/IS_GLobal/Superheroes_contra_superbacterias/ EduCaixa. (s.f.). Un viaje patogénico: ¿Cómo se transmiten las enfermedades?. https://educaixa.org/microsites/IS_GLobal/Un_viaje_patogenico_Como_se_transmiten_l as_enfermedades/ Franco Mariscal, A. J., Blanco López, Á., e España Ramos, E. (2014). El desarrollo de la competencia científica en una unidad didáctica sobre la salud bucodental. Diseño y análisis de tareas. Enseñanza de Las Ciencias. Revista de Investigación y Experiencias Didácticas, 32(3), 649–667. https://doi.org/10.5565/rev/ensciencias.1346 Fundación Lilly e Fecyt. (2020). Enseñando ciencia con ciencia. https://www.fecyt.es/es/publicacion/ensenando-ciencia-con-ciencia García, A., Puig, B., e Uskola, A. (2023). Resistencia a antibióticos, ¿la próxima pandemia? Alambique: Didáctica de Las Ciencias Experimentales, 14–19. INTEF. (2021). Sensibiliza a tu alumnado sobre la resistencia a antibióticos con Microcombat. https://procomun.intef.es/articulos/sensibiliza-tu-alumnado-sobre-la-resistencialos-antibioticos-con-micro-combat Manhães, L. D. S. B., Azeredo, M. D. F., e Crespo, N. D. de O. (2022). Estratégias de Educação em Saúde Relacionadas à Resistência Bacteriana aos Antibióticos. Revista Insignare Scientia - RIS, 5(4), 198–218. https://doi.org/10.36661/2595-4520.2022v5n4.12926 PRAN. (s.f.) Sobre la resistencia. https://www.resistenciaantibioticos.es/es/sobre-la-resistencia Puig, B., e Uskola, A. (2021). Understanding Pandemics Such as COVID-19 through the Lenses of the “One Health” Approach. Sustainability, 13(23), 13389. https://doi.org/10.3390/su132313389 Revel Chion, A., Díaz Guevara, C. A., e Adúriz-Bravo, A. (2021). Argumentación científica escolar y su contribución al aprendizaje del tema «salud y enfermedad». Revista Eureka
39 Sobre Enseñanza y Divulgación de Las Ciencias, 18(3), 1–20. https://doi.org/10.25267/Rev_Eureka_ensen_divulg_cienc.2021.v18.i3.3101 Riquelme Pérez, M. (2012). Metodología de educación para la salud. Pediatría Atención Primaria, 14, 77–82. https://doi.org/10.4321/S1139-76322012000200011 Robredo Valgañón, B., e Torres Manrique, C. (2021). ¿Es consciente el alumnado de secundaria de la trascendencia de los microorganismos y la problemática sobre la resistencia a los antibióticos? Revista Eureka Sobre Enseñanza y Divulgación de Las Ciencias, 18(3), 1–19. https://doi.org/10.25267/Rev_Eureka_ensen_divulg_cienc.2021.v18.i3.3301 Unicef. (s.f.). La educación y el derecho a la salud. https://www.unicef.es/gal/educa/saude Uskola, A., Burgoa, B., e Maguregi, G. (2021). Integración del conocimiento científico y de la capacidad argumentativa en tomas de decisión sobre temas sociocientíficos. Revista Eureka Sobre Enseñanza y Divulgación de Las Ciencias, 18(1), 1–21. https://doi.org/10.25267/Rev_Eureka_ensen_divulg_cienc.2021.v18.i1.1101 Verweij, M., e Bovenkerk, B. (2016). Ethical Promises and Pitfalls of OneHealth. Public Health Ethics, 9(1), 1–4. https://doi.org/10.1093/phe/phw003 Wilfert, L., Brown, M. J. F., e Doublet, V. (2021). OneHealth implications of infectious diseases of wild and managed bees. Journal of Invertebrate Pathology, 186, 107506. https://doi.org/10.1016/j.jip.2020.107506 Xunta de Galicia. (s.f.). Plan Proxecta . https://www.edu.xunta.gal/portal/es/planproxecta
40 10. Anexo I: Actividades da proposta didáctica Cuestionario previo sobre a resistencia a antibióticos 1Pensas que a resistencia a antibióticos é un problema actualmente? Explícao coas túas palabras. 2Cando tes un arrefriado con febre, que adoitas facer en primeiro lugar? a) Intento que se me pase só, sen tomar nada b) Intento que se me pase con analxesia, é dicir, con medicamentos tales como a aspirina, o ibuprofeno... c) Intento que se me pase cun xarope a base de plantas d) Tomo un antibiótico para curarme rápido e) Chamo ao médico, el saberá o que debo facer 3Coas túas palabras, explica como pensas que funciona un antibiótico 4Algunha vez tomaches antibióticos sen que chos receitara o médico? Saberías indicar o nome dalgún deles?
41 5Ana ten un problema de cistite e, despois dun tempo tomando antibiótico, o médico afirma que teñen resistencia. Pensas que isto supón que, aínda que Ana supere a enfermidade esta vez, o seu corpo se volveu resistente e que, se volve a ter cistite, o antibiótico non funcionará? É o corpo de Ana o que se volveu resistente? Explícao brevemente. 6O meu médico receitoume un antibiótico que debo tomar durante 4 días para tratar unha infección bucal. Este problema xa me aparecera con anterioridade de feito, aínda teño na miña casa unha caixa con antibióticos que me sobraron. Aínda que non é exactamente igual, é un antibiótico para o mesmo. Que farías? a) Compro unha caixa nova de antibiótico que me receitou ultimamente o médico e sigo o tratamento. b) Acabo a caixa de antibióticos que tiña na casa c) Combino o que tiña cun novo, para que me sobre e teña unha nova reserva de antibiótico por se aparece de novo o problema d) Non sigo o tratamento xa que me atopo mellor e o antibiótico deume efectos secundarios. 7O meu amigo Xulio fíxose un corte nun dedo. Foi ao médico e este indicoulle que tomara un antibiótico para tratar unha posible infección. O outro día saín con Xulio e estaba angustiado porque pensa que non é bo tomar o antibiótico xa que este podería deixalo sen defensas. Que opinas?
48 11. Anexo II: Figuras suplementarias Táboa 7:Resultados da modelización da resistencia a antibióticos dende o enfoque One Health do grupo un GRUPO 1 ESFERAS Humana Animal Ambiental Humana - Caza indiscriminada Contaminación do medio Factores Animal Inxestión de animais “contaminados” - Especies invasoras Ambiental Impactos do cambio climático Cambios nos ecosistemas - Humana - A caza indiscriminada de animais pode levar á extinción dos mesmos O seres humanos contaminamos o medio ambiente causando danos neste último Relacións causaefecto Animal Se os animais están “contaminados” e os inxerimos, enfermamos - As especies que migran a “outro medio” poden causar efectos negativos sobre este Ambiental Subida do nivel do mar, temperaturas máis altas etc., producen danos ao ser humano O deterioro do medio ambiente produce cambios nos ecosistemas - Humana - Unidireccional Unidireccional Uni/Bidireccional Animal Unidireccional - Unidireccional Ambiental Unidireccional Unidireccional -
49 Táboa 8: Resultados da modelización da resistencia a antibióticos dende o enfoque One Health do grupo dous GRUPO 2 ESFERAS Humana Animal Ambiental Humana - Enfermidades Feces/Residuos Produción de gases nocivos Factores Animal Enfermidades Feces/Residuos - Feces/residuos Ambiental Contaminación ambiental Contaminación ambiental - Humana - As enfermidades e os residuos afectan a animais e persoas e viceversa As persoas producen gases nocivos que contaminan o ambiente Relacións causaefecto Animal As enfermidades e os residuos afectan a animais e persoas e viceversa - Os residuos pasan ao ambiente e contamínano Ambiental A contaminación ambiental afecta ao benestar do sistema respiratorio A contaminación ambiental afecta ao benestar do sistema respiratorio - Humana - Bidireccional Bidireccional Uni/Bidireccional Animal Bidireccional - Bidireccional Ambiental Bidireccional Bidireccional - Figura 13: Modelo elaborado polo grupo un na actividade 5
50 Figura 15: Modelo elaborado polo grupo dous na actividade 5 Figura 14: Modelo elaborado polo grupo tres na actividade 5
51 12. Agradecementos En primeiro lugar, gustaríame mostrar o meu máis profundo agradecemento á directora deste TFM, Blanca Puig, pola súa implicación, apoio e paciencia ao longo destes meses. Os seus consellos e ensinanzas foron de gran axuda para a miña formación como docente. Foi un pracer traballar con ela. Grazas a Raquel de la Torre, por todo o que me permitiu aprender dela, tanto na miña etapa de Educación Secundaria como nas prácticas deste mestrado. Grazas por axudarme a construír, hai anos, a miña vocación como bióloga e, nos últimos meses, a miña vocación como docente. Emocióname pensar que algún día poidamos chegar a ser compañeiras de traballo. Grazas aos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, pola súa implicación e seriedade na realización das actividades que conforman este TFM. Tamén polo seu trato impecable pese á miña nula experiencia como profesora e por facerme ver o fermosa que pode chegar a ser a docencia. Grazas a Fran, por estar día a día ao meu carón, animándome a perseguir os meus soños. Grazas á miña familia, en especial a meus pais, Rocío e Adelino, por todo o que traballaron para permitirme estar hoxe onde estou, estudando o que realmente me gusta. Grazas tamén por non cuestionar as miñas decisións e animarme a conseguir novos retos. Sou quen sou grazas a eles. Por último, grazas a meu avó, que xa hai cinco anos que me coida dende o ceo. Todos os meus logros van dedicados a el.