Full text
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Veterinaria Enfermidades Parasitarias II Rosario Panadero Fontán e Ceferino López Sández Departamento de Patoloxía Animal Facultade de Veterinaria 9 Enfermidades parasitarias das abellas 9788498 878998 ISBN 978-84-9887-899-8
Enfermidades parasitarias das abellas 9 Rosario Panadero Fontán e Ceferino López Sández Departamento de Patoloxía Animal Facultade de Veterinaria
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1138-2012 ISBN 978-84-9887-899-8
UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas3 MATERIA: Enfermidades parasitarias II TITULACIÓN: Veterinaria PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica BLOQUE TEMÁTICO I. PROTOZOOSES Unidade I. Leishmaniose canina Unidade II. Trichomonose bovina e aviar, histomonose e xiardíase Unidade III. Coccidiose de aves e mamíferos e criptosporidiose Unidade IV. Toxoplasmose, neosporose e sarcocistose Unidade V. Babesiose de cánidos, ruminantes e équidos e theileriose BLOQUE TEMÁTICO II. ARTROPODOSES Unidade VI. Sarnas sarcóptica, psoróptica e corióptica dos animais domésticos. Demodicose Unidade VII. Parasitación por carrachas (ixodidose e argasidose), pulgas e piollos Unidade VIII. Miases dos animais de renda (gasterophilose, oestrose, hipodermose e miases traumáticas) BLOQUE TEMÁTICO III. OUTRAS PARASITOSES Unidade IX. Enfermidades parasitarias das abellas Unidade X. Enfermidades parasitarias dos peixes
UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas5 Índice Presentación ................................................................................................. 6 Os obxectivos ............................................................................................... 6 Os principios metodolóxicos ...................................................................... 8 Os contidos básicos .................................................................................... 8 1. Nosemose ...................................................................................... 9 1.1. Factores de risco e distribución .................................... 9 1.2. Patoxenia ..................................................................... 10 1.3. Cadro clínico ................................................................ 10 1.4. Diagnose ...................................................................... 10 1.5. Tratamento e control ................................................... 11 2. Varroose ...................................................................................... 11 2.1. Factores de risco e distribución .................................. 11 2.2. Patoxenia ..................................................................... 13 2.3. Cadro clínico ................................................................ 13 2.4. Diagnose ...................................................................... 14 2.5. Tratamento e control ................................................... 14 3. Acarapisose ................................................................................. 16 3.1. Factores de risco e distribución .................................. 14 3.2. Patoxenia ..................................................................... 15 3.3. Cadro clínico ................................................................ 15 3.4. Diagnose ...................................................................... 15 3.5. Tratamento e control ................................................... 15 Actividades propostas ............................................................................... 16 Avaliación da UD ........................................................................................ 17 Bibliografía .................................................................................................. 18
UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica denominada Enfermidades parasitarias das abellas forma parte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte no primeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia consta de 3 bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses. Cada unha delas está composta por varias unidades didácticas. Dos grupos definidos no Libro Branco para o Título de Grao en Veterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación» (ANECA), as materias Enfermidades Parasitarias I e II forman parte do grupo de sanidade animal e están moi relacionadas coas materias que integran este grupo: epidemioloxía, parasitoloxía, enfermidades infecciosas, medicina preventiva e policía sanitaria, e zoonoses e saúde pública. Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes de 4º curso do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de enfermidades parasitarias I, parasitoloxía, epidemioloxía, bioloxía animal, microbioloxía, inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxía xeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía, farmacia e terapéutica, e serán impartidos en dúas sesións de docencia teórica, unha de prácticas clínico-laboratoriais e unha de seminarios. A formación que o alumnado adquire sobre a disciplina de enfermidades parasitarias achega ó profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e control dos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de forma individual como colectiva e, especialmente, neste último caso, posto que as enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no estudo de Enfermidades parasitarias son básicos para controlar as afeccións que se transmiten dos animais ó ser humano (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas de Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a Administración debe elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana. OS OBXECTIVOS Xerais da materia: • obxectivo 1. Coñecer os conceptos básicos e a terminoloxía científica que se emprega nas protozooses e artropodoses; • obxectivo 2. Coñecer os mecanismos patóxenos e identificar os signos clínicos e as lesións das principais protozooses e artropodoses dos animais; establecer as diagnoses diferenciais baseándose nos datos recollidos na anamnese, na exploración
14 - UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas • Presenza de ninfas e/ou abellas mortas nas proximidades da colmea. • Observación de varroas vivas sobre as abellas, cría ou panais e mortas no fondo da colmea. 2.4. Diagnóstico • Clínico-epidemiolóxico: Varroa pode observarse a simple vista sobre as abellas adultas, porén a realización dun diagnóstico baseado unicamente na observación do ácaro sobre as abellas ou de malformacións nas acabadas de nacer resulta subxectivo e bastante tardío, xa que non detecta a infestación ata pasados 4 anos e cando o número de ácaros supera os 1.000 (cadro 1). • Laboratorial: baseado en controis periódicos e rutineiros de abellas vivas (100-300 abellas procedentes dos cadros de cría; etanol 25%); cría operculada (abrir 100 celas, especialmente de abázcaro); Restos do fondo das colmeas (trampa caza-varroa, aplicación dun tratamento). • Diferencial: Braula coeca (insecto rechoncho, cleptoxeno; piollo); Tropilaelaps clareae (ácaro da cría). Método de diagnose 1 1-10 2 <100 3 <1000 4 anos >1000 ácaros Aplicación dun fármaco Exame de restos da colmea Exame da cría Exame das obreiras Síntomas clínicos Cadro 1. Eficacia e seguridade dos distintos métodos de diagnose da varroose 2.5. Tratamento e control En base ós coñecementos actuais a varroose é practicamente imposible de erradicar, e isto débese en gran medida a que o seu desenvolvemento ten lugar no interior das celas de cría operculadas. Á hora de elixir un tratamento existen diferentes posibilidades: • Químico: presenta varios inconvenientes como a aparición de resistencias e de residuos no mel. Ademais, os principios activos non poden atravesar os opérculos das celas de cría, co cal só acabarán coas varroas que se atopan sobre as abellas, polo tanto para que a efectividade sexa elevada deberá tratarse cando non haxa cría na colmea ou con produtos que posúan un período de actuación prolongado no tempo. Ó longo do tempo empregáronse distintas formas de administración: fumigación (bromoprolilato, clorobenzilato), cubrición con po (malathion), evaporación ou
UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas15 sublimación (amitraz, fluvalinato, flumetrin), acción sistémica (thiazolina, coumaphos). • Ecolóxico/alternativo: ácidos orgánicos (láctico, fórmico, oxálico), aceites esenciais (timol, mentol), piretroides naturais (rotenona), vaselina líquida (oclúe as vías respiratorias do ácaro). • Biolóxico: existen varios métodos de control da varroose que non implican o emprego de produtos químicos. Un deles é o "panaltrampa" consistente en ir retirando cadros de cría da colonia eliminando, desta forma, os ácaros que haxa no seu interior. Este método non é suficiente por si só para eliminar a Varroa, pero pode complementarse cun método químico de control. Tamén se suxire un método de control baseado na eliminación da cría de abázcaro operculada, na que o ácaro se reproduce con maior intensidade. O feito de que as especies apícolas cun maior tempo de postoperculado sexan máis sensibles a Varroa orienta á posibilidade de realizar unha selección de colonias cun curto período de postoperculado, etc. 3. Acarapisose A acarapisose é unha endoparasitose que afecta ó sistema respiratorio das abellas adultas, producida polo ácaro Acarapis woodi. Hai que sinalar que o sistema respiratorio das abellas está constituído por un sistema de tubos (traqueas) e sacos aéreos que levan o osíxeno ós tecidos dende unha serie de aberturas emparelladas, denominadas estigmas ou espiráculos, situadas no tórax e no abdome das abellas. Acarapis é un ácaro microscópico cun corpo oval que mide 125 x 76 µm, posúe un aparello bucal chupador-picador co que se alimentan da hemolinfa da abella. 3.1. Factores de risco e distribución Esta parasitose está distribuída por todo o mundo, se ben nas últimas décadas a súa incidencia se viu moi reducida debido ó uso continuo de acaricidas para combater a Varroa. A infestación prodúcese nas abellas menores de 6 días de idade, xa que o ácaro é incapaz de entrar polos espiráculos das de máis idade. A maior parte das abellas infestadas perecen durante o inverno e comezos da primavera, pero as que sobrevivan albergarán ácaros que infestarán as abellas que nazan na primavera seguinte.
16 - UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas • Afecta a obreiras, abázcaros e raíñas. • O contaxio prodúcese por contacto directo. • A transmisión intra-colonia depende da cantidade de abellas novas e dos contactos coas xa infestadas. • A propagación inter-colonia depende da pillaxe, deriva, abázcaros, transhumancia, comercio de enxames, etc. • O ácaro non se transmite a través do mel ou do material empregado polo apicultor xa que non sobrevive mais de 2 días fóra da abella. 3.2. Patoxenia • Acción mecánica: os ácaros ó alimentarse provocan lesións nas paredes das traqueas e nos músculos da base das ás. • Acción obstrutiva: a presenza dos ácaros no interior das traqueas diminúe a achega de O2 ós tecidos, o que provoca asfixia. • Acción tóxica, producida pola saliva e as dexeccións dos ácaros. • Acción inoculadora: a través das lesións poden acceder axentes que provocan infeccións bacterianas e víricas secundarias. 3.3. Cadro clínico Ó comezo da infestación as abellas non presentan alteracións, pero posteriormente aparece unha diminución da actividade da colonia. En fases máis avanzadas das enfermidades aparecerán abellas enfermas arredor da colmea, adheridas a vexetación, coas ás dislocadas e trementes debido ós danos producidos nos músculos da base das ás. 3.4. Diagnose • Clínico-epidemiolóxica: aínda que a época do ano e os síntomas nos poden orientar, esta só se poderá confirmar no laboratorio. • Laboratorial: consiste na observación polo microscopio dos ácaros (ovos, formas inmaturas, adultos) no interior do primeiro par de traqueas torácicas. Empregar abellas moribundas. • Diferencial: con ácaros externos apatóxenos (A. dorsalis, A. vagans, A. externus). 3.5. Tratamento e control O tratamento máis utilizado son os cristais de timol (0.5 g/cadro cada 3-5 días durante un período de 15-20 días). Na actualidade este ácaro apenas se diagnostica, grazas a que os tratamentos contra Varroa, resultan eficaces fronte a Acarapis.
UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas17 ACTIVIDADES PROPOSTAS O alumnado debe asistir ás clases teóricas e, ademais, debe completar o material que se lle facilita no campus virtual, coas anotacións tomadas na clase e a bibliografía recomendada. É aconsellable que os alumnos elaboren esquemas de cada unha das enfermidades, para fixar os conceptos máis importantes de cada unha delas. Recoméndase que o alumno elabore cadros sinópticos que inclúan os principais datos epidemiolóxicos, cadro clínico, diagnose diferencial e medidas de prevención, control e erradicación das diferentes parasitoses das abellas. O alumnado debe asistir e participar activamente nas clases prácticas e realizar unha memoria de prácticas que entregará cando se presente ó exame práctico. Na memoria quedarán recollidas todas as actividades desenvolvidas polo alumno en cada práctica e deben completalas coa bibliografía de consulta. As clases prácticas desta unidade impartiranse nunha sesión de 3 horas de duración. Nela os alumnos os estudantes, de xeito individual, aprenderán distintas técnicas laboratoriais encamiñadas o diagnóstico de Varroa, Nosema e Acarapis e aprenderán a diferencialas doutros axentes coma Braula no caso de Varroa, levaduras e amebas no caso de Nosema e ácaros externos no caso de Acarapis; aprenderán a interpretar os resultados obtidos e estableceran distintas pautas de control. Todos os alumnos deben asistir á exposición oral dos seminarios. Os alumnos encargados da elaboración do seminario deben presentalo por escrito; unha vez corrixido polo profesor, deben preparar a exposición oral. Algúns dos temas suxeridos versarán sobre a implicación de Nosema cerana na síndrome de despoboamento, relación entre Varroa e outros axentes patóxenos, novos parasitos que ameazan a Apis mellifera, así coma os avances no diagnóstico e no tratamento destas enfermidades.
18 - UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA • Os contidos teóricos da materia avaliaranse mediante un exame composto por 5-8 preguntas de desenvolvemento, das cales unha podería corresponder a esta unidade didáctica. Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar o exame a nota mínima deberá ser de 5 sobre 10. • A avaliación das prácticas farase tendo en conta a asistencia así como a participación do alumno nas sesións prácticas e mediante unha proba oral na que se formularán dúas cuestións relacionadas coa unidade, asemade valorarase o caderno de prácticas. Tamén se terá en conta a comprensión dos procesos que se levan a cabo e do fundamento das técnicas utilizadas, a limpeza e a orde no traballo e o coidado do material de laboratorio e dos equipos empregados.
UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas19 BIBLIOGRAFÍA DIAZ RIVERA, Ana; Bernardino DOMINGUEZ CASTIÑEIRAS; David CASADO BRAVO; Julio Cesar GARCÍA VARELA (2001): Sanidad Apícola. Ed. Agrupación para o desenvolvemento e formación do sector apícola galego: 91. GENERSCH, Elke (2010). Honey bee pathology: current threats to honey bees and beekeeping. Appl Microbiol Biotechnol.;87(1):87-97. HIGES, Mariano; Raquel MARTÍN, Aránzazu MEANA. (2006) Nosema ceranae, a new microsporidian parasite in honeybees in Europe. Journal of Invertebrate Pathology, 92 (2): 93–95. PANADERO FONTÁN, Rosario; Pablo DIEZ BAÑOS; Luis Eusebio FIDALGO ÁLVAREZ. (1995): Enfermedades parasitarias de las abejas y su incidencia actual en la provincia de Lugo. Ed. Servicio de Publicaciones Diputación Provincial de Lugo: 135. LLORENTE, Jesús (1990): Principales enfermedades de las abejas. Ed. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación: 135 pp
20 - UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas
UNIDADE DIDÁCTICA IX. Enfermidades parasitarias das abellas21
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Veterinaria Enfermidades Parasitarias II Rosario Panadero Fontán e Ceferino López Sández Departamento de Patoloxía Animal Facultade de Veterinaria 9 Enfermidades parasitarias das abellas 9788498 878998 ISBN 978-84-9887-899-8