Full text
FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
TESE DE DOUTORAMENTO
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA
Historia, modelos e tipoloxía (1909 ‐ 2009)
Autor: Gerardo Vázquez Morandeira
FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
TESE DE DOUTORAMENTO
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA
Historia, modelos e tipoloxía (1909 ‐ 2009)
Tese de doutoramento dirixida polo pro fesor Dr. D Luís Álvarez Pousa
V. B.
Santiago de Compostela, abril de 2012
Don Lui s Álvarez Pousa con DNI 34.587.567 ‐ Y, profesor titular do
Departamento de Ciencias da Comunicación da Universi dade de Santiago
de Compostela, como director da tese de doutoramento A prensa
deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909 ‐ 2009), do alumno
D. José Gerardo Váz quez Morande ira con DNI 53.166.673 ‐ B.
CERTIFICA
Que a presente tese de doutoramento está concluída e autoriza a súa
presentación ante a Comisión de Doutoramento , posto que reúne os
requisitos necesarios para a súa posterior defe nsa pública perante o
tribunal correspondente.
Como director da tese, va lora como moi boa a orixinalidade da
investigación, os obxectivos, a metodolo xía, a relevancia do traballo e os
resultados, e a discusión ‐ conclusións.
E para que así conste aos efectos oportunos, asina
En Santiago de Compostela, a de abril de 2012
Dr. Luis Álvarez Pous a
Director da tese
Quiero dedicarle la realización y de fensa de esta tesis doctoral a mi
familia, especialmente a mi Cristina.
Fueron ellos los que sufrie ron y lucharon conmigo en el transcurrir
de los días, los meses y los años, ayudándome a ver la luz donde
únicamente surgían las sombras.
Hacer una tesis doctoral es un trabajo poco agradecido, en el que a
corto plazo sólo ofrece esfuerzo sin recompensa. El presente no es nada
gratificante, quedando las esperanzas y los resultados para el largo plazo.
Con el deseo de que esta tesis sea el preludio de un futuro dichoso,
pero no para mi, si no, funda mentalme nte, para los que me acompañaron
y apoyaron en esta ardua tarea. Porque ellos se lo merecen todo .
CAPÍTULO I
Corpus
1 . Introdución e defini ción do obxecto de estudo 5
2. Estado da cuestión 6
3. Xustificaci ón e pertinencia 15
4. Obxec tivos e hipóteses 17
5. Metodoloxía 24
5.1. Revisión documental 24
5.2. Triangulación metodolóx ica 28
5.2.1. Técn icas cuantitativas 30
5.2.2 . Técnicas cualititativas 33
5.3. Estrutura do traballo 37
CAPÍTULO II
Fundamentos teóricos
1. O deporte 41
1.1. Clasificacións e xustificacións necesa rias para abordar a investigación 41
1.2. Deporte: concepción, teorización e evolución 44
1.3. O deporte como proceso socializador 49
1.4. O deporte como un sistema aberto 50
1.5. Definicións de deporte 53
2. Comunicación e deporte 57
2.1. A historia dunha relación simbiótica 59
2.2. Consumir deporte a través dos medios 62
2.3. Comunicación deportiva e sociedade 64
3. O xornalismo especializado e o deporte 67
3.1. Algunhas reflexións so bre xornalismo 67
3.2. A especialización xornalística 71
3.2.1. O xornalismo como un sistema abe rto 73
3.3. Prensa e xornalismo especializado 75
3.3.1. Principios e límites da especialización xornalística 81
3.3.2. O xornalismo especializado: evolución histórica 84
3.3.3. Os obxectivos do xornalismo especializado 87
3.3.4. As características do xornalista especializado 88
3.3.5. A especialización en deportes 90
3.4. O xornalismo deportivo: definición, actores e papel do xornalista 95
3.4.1. A linguaxe no xornalismo deportivo 97
3.4.2. Os xéneros no xornalismo depor tivo 104
3.4.3. O xornalista deportivo 109
3.4.4. A prensa deportiva e o seu mercado 111
3.4.5. Veracidade e localismo na prensa deportiva 115
CAPÍTULO III
Panorama da prensa en España e da prensa diaria deportiva no mundo
1. Apuntes sobr e a historia e evolución da prensa española no século XX 121
1.1. Crise da Restauración e rexeneración xornalística (1898 ‐ 1930) 121
1.2. Os contrastes da Se gunda República (1931 ‐ 1936) 123
1.3. A Guerra Civil (1936 ‐ 1939) 125
1.4. Da represión á apertura na ditadura de Fra nco (1939 ‐ 1975) 126
1.5. A transición xornalística cara a democracia (1975 ‐ 1982) 128
1.6. O sistema democrático e o nacemento de grandes grupos de comunicación
(1982 ‐ ) 129
2. Apuntes sobr e a historia e a evolución da prensa galega no século XX 132
2.1. A nova centuria ata 1936 133
2.2. Da Guerra Civil ata a morte de Franco 136
2.3. Consolidación da democracia e creación de empresas multim edia 138
2.4. Principais diarios de Galicia 141
2.4.1. La Voz de Galicia 141
2.4.1.1. La Voz de Galicia. Área de depo rtes 14 3
2.4.2. Faro de Vigo 146
2.4.2.1. Faro de Vigo. Área de deportes 147
2.4.3. El Progreso 150
2.4.4. La Región 151
2.4.5. El Correo Gallego 152
2.4.6. Outr os xornais 153
2.4.7. Hoja del Lunes 155
3. Historia, temática e modelos da prensa deportiva 158
3.1. A prensa deportiva en Europa 160
3.1.1. A prensa deportiva no sur de Europa 161
3.1.1.1. España 16 1
3.1.1.2. Italia 166
3.1.1.3. Francia 171
3.1.1.4. Portugal 173
3.1.1.5. Grecia 176
3.1.1.6. Turquía 177
3.1.1.7. A antiga Iugoslavia 177
3.1.2. A prensa deportiva na Europa do leste 179
3.1.2.1. Rusia 180
3.1.2.2. Romanía 181
3.1.2.3. Polonia 182
3.1.2.4. Outros países 18 3
3.1.3. A prensa deportiva nas Illas Británicas e no norte de Europa 183
3.2. A prensa deportiva en América 187
3.2.1. Arxentina e Brasil 187
3.2.2. México 188
3.2.3. Outr os países latinoamericanos 189
3.3. A prensa deportiva no resto do mundo 190
3.3.1. Asia 190
3.3.2. África 191
CAPÍTULO IV
Historia da prensa depo rtiva en Galicia
1. Do nacemento á desilusión (1909 ‐ 1936) 195
1.1. A aparición do deporte e da prensa deportiva. O contexto internacional 195
1.2. Aparición da publicacións deportivas en España e de noticias deportivas en Gali cia 199
1.2.1. O ciclismo como primeiro deporte de relevancia xornalística 202
1.3. O fútbol, Vigo e Letras y Deportes 204
1.4. A modernización da soci eda de de masas. A prensa deportiva tras 1914 21 0
1.5. Consolidación da prensa deportiva galega. Da ditadura de Primo de Rivera ata 1936 216
1.5.1. El Balón 220
1.5.2. Sprint , Hércules e a rivalidade Vigo ‐ Coruña 222
1.5.3. A prensa e a Volta a Galicia de ciclismo 229
1.5.4. A prensa deportiva na antesala da Guerra Civil 232
2. Censura e retroceso. Prensa e xornalismo deportivo durante o franquismo 240
2.1. A Guerra Civil durante a prensa deportiva (1936 ‐ 1939) 243
2.2. A prensa deportiva ata o fin da autarquía e a aparición da Lei Fraga 247
2.2.1. A censura na prensa e no deporte 248
2.2.2. Imán, Meta e Balón 254
2.2.3. O avance cara a profesionalización do xornalista deportivo 258
2.2.4. Riazor e Faro Deportivo 266
2.2.5. A consolidación da prensa diaria deportiva en Barcelona e Madrid e a súa
repercusión en Galicia 274
2.3. A prensa deportiva no tardofranquismo 278
2.3.1. Galicia Deportiva. Un illote durante a Transición 282
2.3.2. A crise dos soportes deportivos 285
3. O xornalismo deportivo como espectáculo tras a consolidación da democracia 291
3.1. Copa Mundial de Fútbol e Xogos Olímpicos en España. Renovación da prens a deportiva
española 296
3.2. A eclosión do xornalismo deportivo amateur. As cabeceiras locais 301
3.3. A prensa coruñesa e o Superdepor. O xerme para un diario deportivo na ci dade de A
Coruña 304
3.4. As revistas galegas. Bu sca dunha visión supralocal 307
3.4.1. Terceiro Tempo. O galeg o como lingua no xornalismo deportivo 309
3.5. Publicacións públi cas. Subvencións e revistas das federacións 312
3.6. O século XXI. As cabeceiras locais substitúen o papel pola rede 315
4. A prensa deportiva en Galicia e o fracaso do supralocal 321
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
6
considerables para localizar documentaci ón. Ten que ser o investigador o que en
ocasións abra por vez prim eira ese itinerario practicamente dende cero.
A prensa deportiva en Galicia. Histor ia, modelos e tipoloxía (1909-2009) é un
traballo de investig ación pioneiro neste cam po en Galic ia. Ao noso m odo de ver, abre
un itinerario que poderá ser completado no fu turo dende perspectivas moi diversas e
complementarias. Este é, polo demais, o co mpromiso intelectual deste doutorando. Coa
esperanza de que a co municación deportiva adquira maior dim ensión de estudo nos
vindeiros anos.
Esta investigación centrarase na evoluci ón histórica da pren sa deportiva na
Galicia do século XX e comezos da presente centuria, fenóm eno comunicativo que se
fraguou en paralelo coa evolución do deporte como materia de estudo e como práctica
social ao longo dos últimos cen anos. Ao facelo será inevitable constatar e dar conta de
como o deporte entrou pouco a pouco nas reda ccións dos m edios e nas súas axendas,
correspondéndose cos modelos de xornalismo e cos diferentes niveis de
profesionalidade que se deron nas sucesivas etapas históricas. En Galicia, que é o
ámbito territorial ao que se aplica esta investigación, pero ta m én no resto do Estado.
2. Estado da cuestión
Durante a maior parte do século XX, o estudo da prensa deportiva estivo
escasamente desenvolvido no ámbito académ ico. Coas excepcións de rigor, as
investigacións e publicacións que se leva ron acabo ata agora ou son parciais ou carecen
da profundidade científica requirida. Tan só nas últim as décadas o deporte pasou a ser
obxecto de investigación nas facultades de Ciencias da Comunicación. A conversión en
titulación universitaria d os estudos de educación física contribuíu m oito neste aspecto.
Tamén influíu a valo ración positiva que a so ciedade lle acabou concedendo ao deporte
en xeral, e a determinadas especialidad es deportivas en partic ular, dependendo da
tradición do s diferentes país es do noso contorno. Deste xe ito, o deporte gaña presenza
nas axendas dos medios, facendo imprescindibl e o seu estudo científico con achegas a
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
7
modelos de prensa deportiva, e a modelos e prácticas xornalísticas relacio nadas con esta
temática.
As causas deste atraso na toma e cons ideración do deporte e da súa gradual
introdución nas cabeceiras da pren s a tradicional e nas redacc ións son moi variadas. Na
historia do século XX español, foi a longa etapa da ditadura franquista a que máis
influíu negativamente nesa evolución. A pa rtir de 1936, a relación entre asociacionismo,
cultura, modernidade e deporte foi quebrada, e o franquismo tentou instrumentalizar
social e politicamente o feito deportivo en beneficio propio. As consecuencias sob re a
existencia mesma da prensa deportiva e s obre os modelos de xornalismo significaron
durante bastantes anos unha volta atrás. Ta mén sobre todo iso pivotou o control do
réxime sobre os m edios e sobre a información.
Estudos sobre deporte
Será entre 1970 e 1980 cando comecen, pr incipalmente no mundo anglosaxón, a
facerse estudios cen trados na dinámica do d eporte contem poráneo, dende perspectivas
sociais, económicas ou xornalísticas. Mais , f ora uns anos antes, cando o francés
Magnane (1964) abrira a espita para o inicio deste tipo de investigac ións ao subliñar a
inexistencia de trab allos sobre o deporte dende unha perspectiva social. Mostrábase
sorprendido da escasa dedicación científica a esta realidade, tendo en conta o volume e
a importancia do consumo deportivo, pr incipalm ente en Estados Unidos.
É a partir de entón que o depo rte co meza a ser estuda do dende diferentes
vertentes sociais e cultu rais. Os primeiros tr aballos de referencia inciden no papel do
deporte na formación do Estado-Nación e na construción dunha id eoloxía nacional.
Weber (1971) considera que non sen pode en tender a nacionalización dos franceses de
finais do século XIX e comezos do XX sen o deporte, e nomeadam ente sen o Tour de
France. Thompson (2006) corroborou a incipien te investigación de Weber cun estudo
máis exhaustivo catro décadas m áis tarde. Es ta corrente tamén será tratada en Gran
Bretaña en artigos coma os de Baker (1979) ou de Wheler (1978) , nos que vinculan o
fútbol coa formación do m ovemento obreiro e o seu valor no proceso de integración e
identificación no mundo urbano. Son estes traballos os que darán pé a que anos máis
tarde aparezan investigacións sob re o papel do deporte na formación do Estado
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
8
británico. É o caso dos realizados por Bi rley (1993) ou por Lowerson (1993). Este
último constrúe un relato da form ación das cl ases m edias no proceso de consolidación
deportiva da Inglaterra de finais do século XIX e de com ezos do século XX.
Unha das primeiras organizacións que se introduciu no estudo do deporte foi a
North American Society for Sports Histor y (NASSH). Esta sociedad e creou varias
revistas entre as que des taca o Journal Sport of History vixente dende 1974. A través
destas páxinas, o norteamericano Allen Gu ttm ann levou a cabo vari as investigacións
sobre a aparición do deporte nos Estados Un idos. Destacan os seus traballos sobre a
conversión do xogo no deporte rituali zado e mitificado da actualidade.
Unha vez que o m undo académico anglosaxón dem ostra o seu interese por
abordar dende unha nova perspectiva o deporte , o resto de Europa occidental decide
facer o propio a p artir da década dos 80. Is to é especialmente rechamante no sur de
Europa, polo carácter pexorativo que ten o depo rte nas súas sociedad es, en boa medida
debido á imaxe simplista da prensa deportiva. Velaí com o a finais desa década comezan
a aparecer estudos en Francia, e nomeadamente en Italia, que tratan sobre a historia do
deporte, e especialmente do fútbol. Panico e Lanfranchi (1992) teñen abundantes
traballos sobre a materia, destacando o seu libro conxunto no que tam é n participan Papa
ou Pivato.
Seguramente é a socioloxía a que mellor e m áis abundantemente se ten ocupado
do deporte. Esta disciplina introduce a idea de que o fenómeno deportivo inflúe na
construción da civilización do século XX, e só así se pode entender o xurdimento da
cultura deportiva. El ias (1991) é un firme defensor de sta liña que tam én fora esbozada
por Mandell (1984), quen elaborou unha análise exhaustiva da historia do deporte e da
súa importancia na cultura universal, facendo fincapé nos Xogos Olím picos.
Son Dunning e Elías os que máis bibliogr afía teñen ao respecto. Am bos autores
consideran o deporte como un proceso dinám ico e cambiante socialmente, idea que
tamén é recollid a en España por García Ferrando, M., & Pu ig Barata, N., & Lag ardera
Otero, F. (1998) e moi especialmente por Xavier Pujadas. Son estes últim os, os
investigadores españois que máis teñen pub licado sobre deporte nos últim os 25 anos,
conectándoo coa economía, a sociabilidade ou os m edios de comunicación. Algúns
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
9
destes traballos son recollidos pola Asoc iación Española de Investigación Social
Aplicada al Deporte (AEISAD) que dende 1992 celebra bianua lmente congresos sobre a
investigación social aplicada ao coñecem ento do deporte.
É evidente que se fai imprescindible unha análise dos contextos históricos para
poder interpretar feitos sociais. É nesta perspectiva na que conseguiremos focalizar a
corrente sociohistórica do deporte. Nestes parámetros podem os interpretar as
investigacións de Beck (1999) en relación á aparición do fútbol como fenómeno de
masas m oderno, e o seu papel na política inte rnacional inglesa dende comezos do século
XX ata o inicio da II Guerra Mundial. Ou as investigacións de Guiliano tti (1999),
publicadas nunha obra que hoxe é referencia pa ra calquera estudo sobr e o fútbol e a súa
repercusión social.
Nesta corrente da historia social, apenas hai referencias en España, salvo as xa
citadas centradas en Cataluña 2 . Localizada en Euskadi está a obra conxunta dirixida por
Capistegui & Walton (2001), na que se tratan as identidades nacionais de diferentes
comunidades europeas e a im portancia do fútb ol nas súas reivindicacións. No que nos
atinxe, destaca o estudo feito sobre o Athletic Club de Bilbao entre 1911 e 1932 3 . Obra
de referencia en España, tamén é a do vigués Dom ínguez Almansa (2009), o único
historiador que abordou a historia social do deporte en Galicia nunha exhaustiva
investigación que recolle a aparició n, evol ución e consolidación do fenómeno deportivo
nun período de 70 anos (1850-1920).
2 Xavier Pujadas é o responsable pri ncipal de Grup de Recerca i Innovaci ó sobre Esport i Societat
(GRIES). Ent re os proxect os que están abordando a ctualmente ne ste grupo de investi gación da
Universitat Ram ón Llull podemos destacar a te se dout oral de Núria Cervelló co título ‘El poder dels
Esports i el procés d 'esportivi tzació a Catal unya en els or ígens de la cult ura de masses (189 5-1914) ’.
Pujadas é coordi nador de ‘ Atletas y ciudada nos. Histori a social del deport e en España’ de recente
aparición.
3 Na presente investig ación manteranse, na medida do po sible, os nomes orixin ais de institución s,
organismos ou clubs deportivos. En to do caso, para facilitar a compresión do lector, u tilizarase unha
fórmula mixta cando se considere necesario. A m odo de exemplo, no caso do Athletic Club,
denom inación ofici al do equi po vasc o, consideram os im prescindible en gadir o se u luga r de procede ncia
para unha mellor aclaración. Que da entón com o Athletic Club de Bilbao, xa q ue así é coñecido por gra n
parte dos afecci onados.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
10
Prensa e xornalismo deportivo
Todos estes traballos permítennos coñecer a importancia e evolución do deporte
na sociedade, pero non a bordan a súa dim ensión comunicativa, e m oito menos a súa
conexión coa xornalística.
No entanto, dende a súa aparición, o depor te mantivo unha estreita relación coa
prensa. Non se pode entender o desenvolveme nto do mesmo sen incidir no labor de
propagación dos medios. Foi este un labor interesado, xa que tam én repercutiu no
beneficio, primeiro da prensa, e logo dos out ros m edios de comunicación, caso da radio
ou da televisión. A simbiose entre deporte e prensa é tal, que as axendas son
compartidas para obter un m aior beneficio mutuo.
Dende os anos 80 xorden en Estados Un idos algunhas propostas teóricas que
contextualizan a realidade do deporte e a súa presenza nas axendas dos medios. Destaca
a obra de Koppett (1994), prof esor e xornalista estadounidense especializado en béisbol,
subliñando a utilización do deporte con fins puramente mercantís. Crear unha ilusión no
afeccionado que permita gañar aud iencia, aume ntar as vendas e obter publicidade.
A finais desa década nace SPORTS , unha revista especializada no estudo do
deporte e dos m edios, momento no que diversos académicos deciden profundar na
investigación da com unicación deportiva. Entr e este grupo destacan os alem áns Bizer e
Muckenhaupt, teóricos de prestixio que abor dan o estudo deste tipo de prensa. A eles se
deben as primeiras investigacións. Porén, trat ábanse aínda de estudos máis cuantitativos
que cualitativos. En todo cas o, os seus informes estatí sticos aportan im portante
documentación.
Horky (2001) baseouse nestes traballo s para elaborar un estudo sobre a
reconstrución da realidade que fan os medios a partir da m aneira que teñen de cubrir a
información deportiva. Valéndose desta invest igación, outros autores, entre eles Wipper
(2003), indagaron nos cambios que historicamen te se viñeran produci ndo ao respecto da
información deportiva na prensa escrita, si nalando tres dos seus máis significativos
defectos: o sensacionalismo, o culto aos ídolos e o crecente nacionalism o.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
11
Estes problemas tamén son percibidos nos estudos es tadounidenses. A colosal
obra dos doutores de Ciencias da Comunicació n da Universidade de Alabama, Bryant &
Raney (2006), é unha exhaustiva investig ación sobre o xornalismo deportivo nos
Estados Unidos. Comeza esgrim indo as causa s polas que a prensa tivo a necesidad e de
informar sobre depo rte, e acaba analizando os problem as actuais da com unicación
deportiva coincidindo grosso modo co apuntado por Wipper. Tam én detectan estes
problemas os europeos Cucci & Germ ano (2003), ou Horky (2009), quen realizou o
primeiro estudo com parativo internaciona l entre prensa deportiva, demostrando a
importancia do fútbol sobre o resto de deportes e o predomin io das inform acións sobre
ídolos deportivos. Tamén apunta a tese segundo a cal Europa é o eixe a través do que se
move o xornalismo deportivo no m undo.
A pesar de ese predominio europeo apuntado por Horky, hai que resaltar varias
iniciativas en Sudamérica. Destaca especi almente o labor do grupo de investigación
Comunicación y Deporte, dirixido polo prof esor arxentino Sergio Ricardo Ortega.
Fundado en 1996, e encadrado dentro do Centro de Estudios Olímpicos José Benjamín
Zubiaur de San Luís, realizan traballos re lacionados coa educación física. No que nos
atinxe , son de r eleva ncia a s súas inve s tigacións sobre medios de comunicación e
olimpismo, e sobre a relación entre xornalismo deportivo e so ciedade d e consumo. Pola
súa banda, a Universidade Federal de Sant a María de Brasil tamén conta cun grupo de
investigación dirixido pola profesora María Hatje. Baix o o nom e Comunicação,
movimento e mídia na Educação Física, c ontan con traballos sobre o xornalismo
deportivo no Brasil e a influencia da selecció n brasileira de fút bol nas axendas dos
medios.
A nivel global, destaca a presenza da In ternational Association for Media and
Comunication Research (IAMCR). Fundada en Londres no 1957, é unha organización
mundial para a investigación da comunicación. En tre os seus diversos grupos de traballo
conta cun denominado Media and Sport. Dirixido por Alina Be rnstein e coa presenza de
investigadores dos cinco cont inentes, entre eles os espa ñois Xavier Ginesta, Joaquín
Marín, Fernando Olabe, José Luís Te rrón e Miguel Vicente Mariño, dende 2002
reúnense anualm ente para tentar analizar a realidade da co m unicación deportiva. Os
temas nos que fan especial fincapé son os conceptos d e nacionalización a través do
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
12
deporte, as conexións entre medios, depor te e política e o estudo do desenvolvem ento
da industria deportiva.
En todo caso, co que non contamos é cunha obra de referencia a nivel europeo
sobre a historia dos xornais deportivos. Ce rtamente é comprensible. A m eirande parte
dos estudos sobre comunicación deportiva proveñen do mundo anglosaxón, países que
non contan con este tipo de soportes.
Si que contamos con algunhas investig acións nos países do Sur de Europa.
Portugal e Italia teñen unhas dinámicas m oi semellantes ás de España. Deste xeito
podemos destacar as investigacións de Cucci & Germ ano (2003) e de Longhi (2004) en
relación á historia da prensa deportiva tran salpina. En Portugal, Pinheiro (2005) fixo
unha análise sobre os inicios do xornalismo deportivo, aínda que soam ente ata mediados
do século XX.
España e as investigacións sobre a prensa deportiva
Ata o de agora v imos com o nas últimas décadas o deporte cada vez está a
adquirir maior im portancia como obxecto de estudo para ás Ciencias da Comunicación.
Porén, observamos que, a pesar dos avances científicos, o es tudo da prensa deportiva
ocupa un lugar secundario nest as in iciativas. Non debemos esquecer que ese é o cam po
de estudo principal da nosa tese, e só sec undariamente, e por lóxica investigadora, o
xornalismo deportivo.
En España non existe unha obra de re ferencia histórica coa conseguinte
descrición cuantitativa e cualitativa das cabeceiras. Non contamos a día de hoxe cun
estudio pormenorizado sobre a historia da prensa deportiv a en Esp aña, aínda que si
existen estudos de carácter re xiona l. O máis salientable é o dos cataláns Pujadas i Martí
& Santacana i Torres (1997), no que atoparon e clasificaron as cabeceiras depo rtivas
existentes en Cataluña, valorando as máis sa lientables. Pola súa ba nda, Altabella (1987)
fixo o propio sobre a prensa deportiva madrile ña dende as súas orix es ata o in icio da
Guerra Civil. Da mesma m aneira, Berasa tegui (2000) tamén introduciu no debate a
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
13
evolución da prensa deportiva en Cataluña , complem entando o traballo de Pujadas &
Santacana.
Porén, son numerosas en España as publicacións sobre a historia dos clubs
deportivos, aínda que a maioría son puram ente anecdóticas e sen valor académico. Cabe
destacar, polo seu rigor historiográfico e pola utilización du n método de investigación
científico, a historia do Club Atlético de Ma drid de Sánchez Postigo (2005), así como a
obra do historiador Bahamonde Magro (2002) en relación ao Real Madrid CF e a súa
significación durante o século XX na historia política, so cial e deportiva de España.
Polo que respecta a Galicia, son inexiste ntes as investigació ns especificamente
centradas na concreción e descrición do que de u de si a prensa deportiva, nas súas moi
diversas tipoloxías, nos tempos históricos de re ferencia. É terreo ermo.
Non sen ten feito unha recompilación deste tipo nin se teñen estudado as súas
características, nin a súa evolución dentro das dinámicas xornalíst icas no contexto do
sistema galego de m edios, dos modelos de produción informativa e da progresiva
introdución do tratamento tem ático espe cializado nas redacci óns e nos contidos
xornalísticos. É tal vez por iso que tamén exis ten esas lagoas nas obr as dos historiadores
da prensa deportiva en España. Así, no listado que Sánchez Postigo (2005) fixo
baseándose en autores como Altabella ou Al coba aparecen as publicacións deportivas
que entre 1906 y 1915 xurdiron en España e en ningún momento fai referencia a
revistas galegas. Tal e como describire mos e valorarem os nesta tese, a viguesa Letras y
Deportes (1909) ou a coruñesa Arte y Sport (1911) formaban parte do catálogo da
prensa escrita nacional. Ademais, este au tor non fai referencia a ningunha publicación
deportiva galega ata 1944, data na que nace Balón, e a 1947 cando fai o propio Estadio
en Ferrol. Como se verá, existen numerosas ca beceiras de anterior aparición ás citadas.
A diferenza do estudo da prensa deportiv a, atopamos un maior volum e científico
no tratamento do xornalism o deportivo. Foron os Xogos Olímpicos de Barcelona os que
deron pé ao nacemento de diversas in vestigacións sobre o estu do do deporte en España.
O Centro de Estudios Olímpicos , dirixido polo doutor Miquel de Moragas, destaca neste
aspecto. Así, dende a última década do século XX están a aparecer lib ros e traballos
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
14
doutorais sobre deporte e medios. Son varios os aspectos xornal ísticos a tratar deste tipo
de investigacións e poderiam os clasificalos en tres:
1. Formulación teórica: O investigador español, que mellor e m aior número de
investigacións e publicacións ten sobre cales so n as pautas e as características
propias do xornalismo deportivo, é Antonio Alcoba. Na súa obra ‘Como hacer
periodismo deportivo’ (1993) mostra un panorama sobr e a situación actual do
xornalismo, a necesid ade da especialización, e ditam ina cales son os
fundamentos que os futuros licenciados de ben posuír para realizar correctamente
o seu traballo profes ional. A través de exhaustivas clas ificacións sistemáticas
ordena os tipos de deportes, e determina cales son as fontes e os recursos
estilísticos a utilizar para info rmar correctam ente sobre cada disciplina. Po la súa
banda, Paniagua Santamaría (2002) tam é n ten traballado sobre a teoría do
xornalismo deportivo defendendo a necesid ade dunha especialización. Ademais,
ao igual que fai Alcoba, elabora un lib ro que serve de guía para xornalistas
deportivos, aínda que cun estudo máis re flexivo e m etódico có do madrileño.
Destaca a súa exhaustiva análise das cinco fases para a elaboración da
información: reco llida, interpretació n, se lección, valoración e redacción. Alcoba
estuda o xornalismo deportivo dende a perspectiva do deporte, mentres que
Paniagua o fai tendo en conta as características xerais do xornalismo e
abordando a necesidade da especialización do xénero deportivo.
2. Linguaxe deportiva: A linguaxe propia do xornalism o deportivo e o seu traslado
tanto á sociedade coma a outros xéneros informativos foi am plamente estudada
por Hernández Alonso (2003). Con anteri oridade, Castañón Rodríguez (1991)
afrontara unha análise do léxico do fút bol a través da pren sa ao longo de 50
anos. Máis recente é a investigación de Rojas Torrijos (20 10) quen considera
que existe unha linguaxe e estilo propi os do xornalismo deportivo, o que fai
necesaria e recomendable a elaboración dun libro de estilo válido para calquera
medio, sección de deportes ou medio di xital deportivo. Tam én Nomdedeu
(2004) entrou nese campo da linguaxe, completando un dicionario de termos
futbolísticos para facilitarlle ao g r an público a comprensión das expresións
deportivas.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
15
3. O deporte como motor do xornalism o ao longo da historia: Existen varios
estudos que cuantifican e cualifican a importancia do fenóm eno deportivo nos
medios incidindo na súa crecente importancia. A tese doutoral de Gil Gañán
(2004) realiza unha análise do proceso evolutivo das distintas disciplinas
deportivas no período de entreguerras a tr avés da súa aparición nas páxinas da
prensa escrita. Máis recente é o es tudo de Núñez Romero Olmo (2009), quen
constrúe un relato sobre a evolución do deporte na axe nda dos medios a través
do xornal El Debate . Segundo este autor, trataríase do prim eiro rotativo de tirada
nacional en crear unha sección deportiva. Anteriormente Jones (1994) describ iu
nun traballo cal era o p anorama da prensa deportiv a a comezos da década de
1990. Na súa opinión, o auxe que se esta ba a vivir naquel entón era froito da
progresiva e implacable entrad a do deporte nas redaccións e nas ax endas dos
medios durante todo o século XX.
3. Xustificación e pertinencia
A investigación sobre A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e
tipoloxía. (1909-2009) encádrase no campo de estudo da s Ciencias Sociais, e máis
especificamente nos das Ciencias da Com unicación e da Xornalística. Porén, o noso
campo de estudo está ligado á comunicación de portiva. E, dentro dela, á histo ria e
modelos da prensa deportiva, así co mo á xornalística ou a comuni cación xornalística de
temática deportiva. Xa que logo, ten un carác ter forzosamente multidisciplinar. P olo
dito, faise necesario abordar esta inv es tigación atendendo a tres grandes indicadores:
1. O deporte como tal. A evol ución da súa presenza na sociedad e e nas axendas
dos medios.
2. A prensa deportiva. O soporte escr ito con temática exclusivam ente
deportiva, perspectiva histórica e estrutural.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
22
publicacións que traspasen a fronteira do local determinan unha ausencia de
homoxeneidade xeográf ica neste proceso.
4. Dende o nacemento deste tipo de prensa, o castelán f oi o idioma escollido na
meirande parte das publicacións. O galego ocupa un lugar secundario, tanto
antes de 1936, a pesar de que si acada un lugar destacado noutros ám bitos
sociais e culturais e noutras publicacións xe neralistas, com o tras a aprobación do
Estatuto de Autonomía de 1981, a pesar da drástica redución do analfabetism o e
a instauración da escolarización en lingua galega.
Do mesmo xeito, podemos enum erar unha se rie de hipóteses m áis específicas,
que están concatenadas en función das distintas etapas históricas:
1. O auxe do fútbol como gran deporte de masas e o forte crecem ento industrial e
comercial de Vigo a co mezos do século XX, son os acicates pr incipais para que
sexa na cidade olívica onde xurda a prim eira publicación deportiva galega.
Aínda que Galicia é unha rexión perifé rica tanto en Europa como dentro do
Estado Español, as conexións cos principais portos europeos e americanos do
eixo Coruña-Vigo son unha plataforma excep cional para introducir na sociedade
galega as novidades do moment o, nom eadamente as deportivas.
2. A renovación da prensa escrita, tanto en cuestións estilís ticas como tecnolóxicas
e empresariais, e a consolidación do de porte como construtor sim bólico da
modernidade e da cultura de masas, provocan que na década de 1920 se dea
unha manifestación explícita de publicacións de tem ática deportiva que se
mantén inalterable ata 1936 con inde pendencia dos diferentes réxim es políticos.
3. As restricións á profesión xornalística, ligadas á liberdade de información e
prensa, e mesmo ao sistem a de censura previa e de control sobre empresas e
medios e xornalistas durante os anos da ditadura franquista, fixeron decrecer
abruptamente a cantidade das public acións deportivas en Galicia en
comparación cos anos anteriores á Guerra Civil.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
23
4. Ao igual que a prensa, tanto os clubs e organismos deportivos como a propia
práctica do deporte estiveron regulados polas autoridades franquistas. En todo
caso, a prensa deportiva existente, aínda que escasa, mantivo fortes niveis de
independencia respecto a out ro tipo de publicacións. En boa medida, isto explica
que durante o tardofranquismo exista un baleiro de cabeceiras d eportivas,
quedando este tipo de prensa á marxe dos cambios sociais e políticos reflectidos
noutros soportes comunicativos e que culminarán coa instauración da
democracia.
5. A nova política deportiva da democracia española e o crecente interese pola
práctica activa do deporte son caldo de cu ltivo para a aparición de numerosas
publicacións de carácter amateur nas décad as de 1980 e 1990. Son de baixo
custe de produción e polo xeral efém er as, ligadas a un club social ou a unha
disciplina de portiva concreta.
6. Os grandes resultados futbolísticos do RC Deportivo a partir de 1992 fixeron
agromar unha gran cantidade de publicaci óns deportivas na bi sbarra coruñesa
que deron pé á aparición do primeiro diario deportivo galego.
7. O xurdimento de internet a nivel de usuario a finais do século XX e a súa
consolidación na p rimeira década do século XXI fixo declinar substancialm ente
a aparición de novas iniciativas en papel en relación ás décadas precedentes.
8. Galicia ocupa un lugar privilexiado nas di námicas de prensa diaria deportiva en
España. Porén, rivalidades locais, em presariais e persoais, m inimizan a
importancia destes xornais que quedaron circunscritos á cidade da Coruña e
cunha marxe de crecemento e actuación m oi reducida.
En resumo, a historia da prensa depor tiva en Galicia segue unha evolución
lóxica, tendo en conta os cambios acontec idos no período estudado tanto na prensa
escrita como no deporte e noutros ámbitos sociais, xa fora en Galicia ou en España.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
24
Mais, posúe unha serie de características singulares que son aquelas que destacamos e
nas que faremos maior fincapé.
5. Metodoloxía
Coma xa se apuntou, o labor de inves tigación no cam po do xornalismo deportivo
está dando os seus froitos dende hai apenas dúas décadas. Porén, aínda qu eda moito que
facer, nomeadamente no tocante ao estudo e recompilación dos seus soportes. Polo
mesmo, e con m áis razón tratándose dunha tese que localiza o seu obxecto de estudo no
sistema m ediático galego, hai que subliñar o que ten de novo. Xa que logo, comporta
presentar campos de análise e pescuda m á is abertos. Dende a Xornalística, hai
excelentes traballos históricos sobre a prens a galega, pero no tocante a área deportiva
tan só hai breves apuntamentos e citacións de publicacións 4 . O mesmo sucede nas obras
de historia contemporánea de Galicia, onde a prensa é tratada con interese na súa
conexión coa política, quedando á marxe a prensa deportiva 5 . Eses ocos son os que
pretenden ser cubertos a través desta tese.
5.1 Revisión documental
Unha vez trazado o panorama actual do noso obxecto de estudo, e localizadas as
fontes bibliográficas n ecesarias para a bordalo, cóm pre indagar nos lugares onde
podemos atopar as fontes docum entais indispensables para elabor ar a investigación
propiamente dita.
Dado o que ten de novidad e a investigación houbo que rastrexar dende cero en
diferentes bibliotecas e centros, así com o i ndagar en diferentes arquivos municipais.
Así, rastrexouse información nos centros culturais das com arcas galegas e nas
concellerías de cultu ra ou de deportes dos 315 conc ellos galegos. Por outra banda,
4 Quizais, o m áis salient able en term os cuantitat ivos é o de Santos Gayoso (199 0) e (1995). Aí nda que
moi discutida, é unha obra bá sica para elaborar un panorama global das publicacións xornalísticas galegas
ao longo da súa historia. Entre os centos de soportes catalogados, atópa ns e un bo número de publicaci óns
deportivas de gran axuda á hora de abordar esta investigación.
5 Para a elaboración desta tese m antivéronse dúas conversas con Xosé Ram ón Barreiro Fer nández e Xosé
Antoni o Durán. Ambos i nvestigaron sobre a hist oria da p rensa en Galicia e am bos coincide n na
necesidade de estudos en re lación á prensa deportiva.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
25
tamén foron consultados os arquivos das difere ntes federacións deportivas, xa fose de
forma directa ou grazas á colaboración dos distintos responsables. D o mesmo xeito,
tamén houbo contacto coa Consellería de Cultu ra e Turismo da Xunta de Galicia, aínda
que con resultado insatisfactorio. Tampouco fo i frutífera a consulta a outros centros
culturais nos que, ou ben non se atopou public ación algunha, ou ben atopáronse, mais
neste últim o caso, foron descartadas ao non cumprir cos requisitos esix idos 6 .
No que se refire ás publ icacións, algunhas delas foron localizadas persoalmente
grazas á inestim able colaboración de clubs e as ociacións deportivas. Porén, a m aioría
delas foron atopadas nos seguintes centros:
Biblioteca Xeral da Univ ersidade de Santiago de Com postela (USC).
Biblioteca da Facultade de Cien cias da Com unicación da USC.
Centro da Em igración do Consello da Cultura Galega.
Biblioteca Pública Miguel Gon zález Garcés de A Coruña.
Biblioteca de Estudios Locais de A Coruña .
Biblioteca Nodal de Lugo.
Biblioteca Pública de Pontevedra.
Biblioteca do Museo de Pontevedra.
Biblioteca Penzol de Vigo.
6 Podemos citar entre os mais salientables: Arquivo do Reino de Galicia, Biblioteca Nodal de Ourense,
Real Academia Galega, Instituto Padre Sarm iento, Biblioteca de Catalunya e Hemeroteca de Ma drid.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
26
Colección histórica de periódicos del museo La Voz de Galicia.
Centro de Estudos do século XX en Galicia.
En todo caso, á hora de falar de prensa deportiva non é suficiente con outorgar
esta consideración a calquera publicación que teña este tipo de contidos. É necesario
que exista razón social e unha periodici dade, así como vontade por reproducir no
proceso de produción as técnicas e os xéneros propios do xornalismo.
Aínda que a meirande parte das publicacións analizadas ao lo ngo destes cen anos
de estudo cumpren unicamente cos criterios de especialización por soporte, é innegable
que posúen características prop ias da xornalística. Son numer osas as publicacións de
carácter amateur con éxito na difusión de información deportiva, aínda que non teñan
estrutura de redacción algunha ou non estean especializadas a nivel de contidos.
É importante subliñar que unicamente falamos de prensa m onotemática,
quedando á marxe da presente investigación a inform ación deportiva en medios
xeneralistas. O noso traballo indaga nos soportes, deixando a análise de contidos nun
segundo plano. Xa que logo, a existencia de textos comúns, dicotóm icos ou
especializados será irrele vante, sempre e cando o sopor te estea especializado en
deportes.
Traballamos sobre prensa monotemá tica e non sobre a inform ación deportiva
que se ten feito en Galicia, obviando desta maneira as páxi nas das áreas de deportes dos
xornais xeneralistas galegos. Tampouco form an parte desta tese as delegacións e
correspondentes que a prensa deportiva de Madrid e Barcelona teñen nas principais
cidades galegas.
A pesar de todo o indicado debemos clarex ar, coa m aior exactitude posible, que
entendemos por publicación depor tiva e cales formarán parte desta tese. Polo tanto,
débese facer un labor de selección que permita establecer con fidelidad e unha
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
27
separación entre as diversas publicacións que integran esta investigación e as que foron
descartadas. Para o descarte, segu íronse os seguintes criterios:
1. Non están no rexistro do de pósito legal: O considerab le número de f ollas e
revistas dep ortivas de cará cter non profesional ligadas a un club ou asociación
amateur fan necesario buscar un p arámetro de clasificación para es te tipo de
publicacións. Deste xeito, terase en c onta soamente a aquelas que estean
rexistradas no depósito legal e que estean dispoñibles para consulta.
2. Non son publicacións estritamente depor tivas, aínda que o deporte sexa a súa
temática principal: Nesta investigación tan só se terán en conta as cabeceiras que
contemplan e integ ran a temática deportiv a en toda a súa ex tensión redaccional.
Serán eliminadas aquelas publicacións nas que coexisten tem áticas de diferentes
áreas de coñecem ento.
3. Son publicacións técnicas referidas á práctica deportiva pero non ao deporte:
Considérase que información deportiva é aquela que trata sobre t emas,
deportistas e competicións relacion adas coa disciplin a. Na presente
investigación foron excluída s todas aquelas publicaci óns nas que se fala da
práctica deportiva na súa ram a de saúde, coñecemento ou teo ría.
4. Por ser memorias ou anuarios: Os anuarios e as memorias (salvo en diversos
casos que serán explicados ao longo da investigación) serv en como resum o de
contas e resultados dun club ou organism o deportivo durante un ano. A pesar de
conter información deportiva (competicións e resultados), non podem os falar da
existencia de xéneros xornalísticos.
5. Non son publicacións xornalísticas: Trát ase de follas ou publicacións de dúas ou
catro páxinas que funcionan como taboleiro de resulta dos pero nas que non hai
texto escrito, e, por suposto, ni ngún contido xornalístico, abundando a
publicidade.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
28
Tras realizar este labor de despece, fo ron seleccionadas 141 cabeceiras. Todas
elas conforman o m apa da historia da prensa deportiva en Galicia. Ora ben,
determinamos que aínda que todas cum pre n cos requisitos p ara ser consideradas
publicacións deportivas débense seguir outros criterios que perm itan realizar
clasificacións m áis exhaustivas. Xa que logo, non podemos outorgar a mesma
relevancia a unha publicación amateur, gratuíta e realizad a por unha asociación
deportiva que a unha impulsada por un grupo de comunicación con fins lucrativos e cun
amplo equipo de redacción.
Deste xeito, esas 141 cabeceiras que foron recollidas serán a súa vez
reclasificadas en m últiples variables que nos permitiran seleccion ar aquelas máis
salientables para o xornalismo depor tivo galego. Ao final da investigación
dividirémolas segundo patróns económ icos, de propiedade, lingüísticos, temáticos ou de
periodicidade.
5.2. Triangulación metodolóxica
O desenvolvemento desta investigación na s súas diferentes etapas implica a
utilización de varios métodos. Non é suficien te coa recolección de libros e teses, máis
aínda ante a pouca abundancia de material específico, polo que é necesario un estudo
cuantitativo e cualitativo. Non na modalidade de excelen cia, pero si de complem ento.
Este procedemento é coñecido com o tr iangulación metodolóxica ou m étodo mixto.
A triangulación metodolóxica consiste en uti lizar m últiples puntos de referencia
para indagar no estudo dun mesmo obxecto. O in teresante é envolvelo de variedades de
datos, teorías e metodoloxías. A combinación pode ser interpretada de varias m aneiras,
máis o m étodo mixto implica o uso de polo menos dous m étodos, usualmente
cualitativo e cuantitativo, para indagar no m esmo problema de investigación. A
triangulación usase para asegur ar que se toma unha aproxi mación máis com prensiva na
solución do problema de investigación.
O valor científico da investigación sust éntase na mestura destas técnicas
aplicadas para recoller a información. A t écnica da investigación documental m arca o
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
29
inicio do proceso para logo usar técnicas cuantitativas como o muestreo, centrando a
fonte cualitativa na observ ación non participante ou entr evistas en profundidade.
A combinación de am bas técnicas increm enta e facilita a com prensión do
universo que nos rodea. No noso caso é indispensable. Por un lado necesitamos unha
análise cuantitativa que vé n esixida polos obxectivos da tese. Falamos dunha
investigación sobre pren sa deportiva e as súas cabeceiras. Por outra ban da, precisamos
unha análise cualitativa, xa que temos que profundar nas características para descubrir
as referencias que permitan coñecer a súa evolución.
A combinación tam én é necesaria porque se unicamente usáram os técnicas
cuantitativas ou cualitativas desvirtuaríam os na súa totalidade a investigación:
1. Problemas das técnicas cu antitativas: Os seus crít icos consideran que unha
maior frecuencia non ten por que m ostrar unha maior tendencia. Refírense
fundamentalmente ás opinións nunha enquisa.
2. Problemas das técnicas cualitativas : Carecen de validez externa porque soen
estar baseadas en mostras pequenas con resultados que non se poden xeneralizar.
Por outra banda, cuestiónase a súa obxec tividad e por mor da interfer encia do
investigador.
É por iso que aínda que a metodoloxía f undam ental na investigación será a
cuantitativa mediante o muestreo e a observa ción, precisaremos das entrevistas para ter
unha visión cualitativa complementaria. Será a través deste traballo como poderemos
resolver a nosa investigación.
Debemos recalcar que este proceso e se cabe máis necesario tendo en conta a
interdisciplinaridade desta inve stigación, xa que a presente te se aborda diferentes áreas
de coñecemento.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
30
5.2.1. Técnicas cuantitativas
Para levar a cabo a investigación foi necesario realizar un ha proposta de ficha
hemerográfica para o estudo da prensa de portiva. Consideráronse todos os axiom as
válidos mediante unha ficha que previam ente foi testada. Ante a inexistencia dun estudo
semellante no m arco da prensa deportiva ga lega, tivéronse en conta a clasificación
proposta por Pujadas i Martí & Santacana i Torres (1997 ), así coma a utilizada por
Berasategui (2000), que en gran medida está influenciada pola anterior. Deste xeito,
debemos ter en conta cinco puntos para elaborar a nosa ficha:
1. Datos descritivos:
A. Titulo: Nome comercial.
B. Subtítulo: Soe indicar caracter ísticas ou temática da publicación.
C. Cidade: Lugar de edición da cabeceira.
D. Edita: Editorial ou particular q ue se encarga da e dición da
publicación. No caso de existir máis dun editor ao longo do período
de vida da cabeceira, será debi damente separado. Do mesmo xeito,
procederase a sinalar correctamente os traslados a un novo dom icilio
dunha mesma editorial.
E. Imprenta: Lugar e em presa ou particular que se encarga da impresión
da cabeceira. Ao igual que no caso anteri or será n indica dos os
cambios tanto de em presa como de dirección.
F. Redacción e administración: Dom i cilio da redacción. Tamén serán
indicados os cambios de sede no caso de producirse.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
31
G. Periodicidade: Distinguindo entre diario, semanal, decenal,
quincenal, mensual, bim ensual, trim estral, cuadrimestral, bianual e
anual.
H. Cronoloxía: Tempo en circulación. No caso de coñecerse tam én se
engadira cando se publicou o pr imeiro e o últim o número.
2. Datos técnicos:
A. Formato: Saba ou tabloide, re vista (A4 ou m edia cuartilla).
B. Páxinas: Indicando unha oscilación entre o número máis baixo e o
máis alto no caso dun cambio na paxinación.
C. Ilustracións: Indicarase se o rotativ o conta con fotografías en branco
e negro ou a cor. No caso de non co ntar con elas, non se fará ningún
tipo de indicación.
D. Prezo: Valor da publicación na moeda correspondente.
E. Difusión: Datos de tiraxe en ca so de ser coñecidos. Tamén serán
difundidos aqueles que sexan estimativos.
3. Datos analíticos:
A. Director: No caso de existir m á is dun director, aparecerán
debidamente separados.
B. Redactores e colaboradores: Relación daqueles xornalistas que
traballaron na publicaci ón. En primeiro lugar apareceran aqueles con
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
38
Os pasos elaborados para conseguir os nosos obxectivos pódense sintetizar en
catro:
1. Presupostos teóricos: Unha vez definido o obxecto de estudo debemos valernos
da base teórica necesaria pa ra poder contextualizar todo o que ao respecto se ten
avanzado ao longo do período temporal que abrangue esta investigación. A
finalidade é obter unha preparación teórica adecuada para determinar cales son
os problemas aos que nos enfrontamos e coñecer todas as fontes docum entais ás
que acudir para satisfacer axeitada m ente as hipóteses planeadas.
2. Elaboración do proxecto: Deseño dos inst rumentos metodolóxicos necesarios e
selección da s técnicas d e interpretaci ón de datos. Execuci ón e introdución no
corpo da investigación.
3. Análise e interpretación: Unha vez elaborada a investigación analízase e
interprétase dende múltiples pun tos de vi sta para indagar se se corroboran ou
refutan as hipóteses propostas. Tamén se observa a aparición de novos aspectos
non previstos ao inicio e que son in troducidos no conxunto da investigación.
4. Conclusións: Presentación dos resultados obtidos, extr apolando datos para a súa
maior com presión. É un indicador para coñecer o que aporta de novidoso a
investigación.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
39
CAPÍTULO II:
Fundamentos teóricos e conceptuais
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
40
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
41
1. O Deporte
Por deporte enténdese aquela activ idade física e lúdi ca que require un esforzo
físico. Ora ben, o deporte de competición debe ser estudado adem ais como un fenómeno
múltiple que pouco ten que ver co n esa conc epción matriz e idealizada. Segundo os
datos presentados por Otero Moreno (2002: 181-189), a im portanc ia do deporte como
industria na economía europea oscila entr e o 1,5 e o 3% do P IB no conxunto dos países,
o que significa unha porcentaxe de empregos directos de sim ilar envergadura (1-2%).
Xa que logo, no 2005 representaba o 2% do PIB galego e o 3% no gasto dos
consumidores, segundo as contas da Secretar ía Xeral para o Depor te. Son datos acorde s
cunha sociedade que demanda a práctica depor tiva. Tal e com o sinala Blanco Pereira
(2007:17-26), o parqué deportivo galego c onta con 5.216 instalacións, nun continuo
crecemento. Argum enta que as instalacións son necesarias, considerando que o 33,3 %
dos galegos fai regularmente exercicio físico. Dese terzo da poboación, 222.066 fano a
través dos 6.000 clubs deportivos do país.
1.1. Clasificacións e xustificacións n ecesarias para abordar a investigación
A gran complexidade e ramificacións do feito deportivo p rovocan que “todavía
nadie haya podido definir con general aceptación en qué consiste el deporte” (Cagigal,
1981:24). Ante a dificultade e a multitude de propostas diversas para poder restrinxir o
que pode ser considerado deporte, existen va rias clasificacións que perm iten crear un
marco cognitivo de estudo para a presente investigación 7 .
Segundo Bouet hai cinco disciplinas deportiv as diferentes atendendo ao tipo de
vivencia que o deporte aporta ao individuo:
7 O Dicionario das Ciencias do Deporte, editado en 1992 po r Unisport , explica na s úa introduci ón que é
imposi ble delim itar con precis ión a noci ón de deporte, de bido ó seu us o dive rso. Advirt e que a
comprensión do conce pto está some tida a m odificacións hist óricas , xa que logo é imposible facer unha
única definición. As únicas características comúns en toda defi nición so n: perform ance, com petición e
regras.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
42
TIPOS DE DISCIPLINAS DEPORTIVAS
1. Deportes de combate Con implemento Existe contacto físico. O corpo
como referencia
Sen implemento
2. Deportes de balón ou
deportes de pelota
Colectivos O balón como factor relacional
co deporte
Individuais
3. Deportes atléticos e
deportes ximnásticos
Medición obxectiva Refire posibilidades do ser
humano
Medición subxectiva
4. Deportes na natureza A referencia común é que se realizan no medio natural e
levan aparellados un grave risco
5. Deportes mecánicos Caracteríz anse polo emprego de máquinas que xeran
enerxía. O ho me contrólaas
Cadro 1. Tipos de disciplinas deportivas . Recollido por Robles Rodríguez a partir da clasificaci ón
realizada por Bouet (1968) en http://www.efde portes.com/ efd138/conce pto ‐ y ‐ clasificacione s ‐ del ‐
deporte ‐ actual.htm (Consultado o 10 de febreiro de 2010).
Por outra banda, Blázquez e Hernández propoñen unha clasificación atendendo á
forma de utilizar o espazo e á participación dos xogadores 8 :
1. Deportes psicomotrices ou individuais : Aqueles nos que se participa
individualmente sen a presenza de co mpañeiros nin adversarios que poidan
influenciar na execución do xesto.
2. Deportes de oposición: Aqueles deporte s nos que nos enfrontamos a outro
contrincante, segundo o espazo (separ ado ou común) e a participación
(simultánea ou alte rnativa).
3. Deportes de cooperación: Aqueles deportes nos que hai dous ou máis
compañeiros sen a presenza de adve rsarios. Divídense segundo o espazo
(separado ou com ún) e a particip ación (simultán ea ou alternativa).
8 Citado polo profesor Robles Rodríg uez en h ttp://www.efdepor tes.com/efd138/co ncepto-y-
clasificaciones-del-deporte-ac tual.htm (Consultado o 10 de febreiro de 2010).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
43
4. Deportes de cooperación-oposición: A queles deportes nos que un equipo de
dous ou máis xogadores enfróntanse a outro de similares características. Tamén
cómpre clasificalos segundo o espazo (separado ou com ún) ou a participación
(simultánea ou alte rnativa).
A tenor destas dúas clasificacións, podemos establecer un m arco que nos
permita decidir que activid ades poden se r consideradas deporte. Para facelo non
debemos esquecer a flu tuación do termo, o que provoca qu e toda clasificación sexa
discutible. Así, disciplinas en controversia com a o xadr ez, o tiro ou o montañismo
entrarán na presente investigación, sempre e cando exista unha com petición regulada
ou/a busca do récord 9 .
Porén, outras disciplinas de notable releva ncia social foron descartadas para a
presente investigación. Atendendo ás clasific acións citadas, e tamén ás obras doutros
expertos no mundo do deporte com a Matv iev ou Almond, non se pode considerar
deporte nin aos touros, nin á caza nin á pesca. Ningunha das cl asificación s anteriores se
axustarían a estas disciplinas que deben ser consideradas pseudodeportivas. Ademais,
podemos engadir catro razóns a m aiore s para facer esta aseveración:
1. O animal non pode ser considerado un adve rsario porque non está en igualdade
de condicións ca o presunto deportista.
2. A finalidad e é a morte. A concepción do deporte m oderno é a da vitoria a través
do xogo e a competición.
3. No son nin un xogo nin unha competici ón, a pesar de que existan probas
puntuais que sigan certas regras. A Constitución Española de 1978 e a Real
Academia Española d e la Lengua (RAE), ofrecen distintas definicións que
corroboran esa diferenza 10 .
9 O xadrez é un deporte de oposición com ún e altern ativo, o tiro é un de porte mecánico, m entres que o
montañism o é un deporte da natureza.
10 José Ignacio Ñudi, director do Club de Caza d e España, fala do articulo 148.1 d a Constitución, o cal
posibilita ás autonomías asumir competencias, entre ou tras, de de porte, caza e pesca. Ñudi critica que a
caza sexa regulada por unha consellería de deporte ou de cultura: “La caza no es u n juego ni una
competici ón. No quiero, c omo cazad or, tener como or ganismo o e difici o dentro de la ad ministraci ón
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
44
4. Ausencia do azar. Existe un gañador seguro an tes de comezar a actuar. Aínda
que existen diversos condi cionantes que modifican o m odo de chegar á vitoria
final, esta sempre se produce, ou, canto m enos, o adversario nunca resulta
vencedor.
1.2. Deporte: concepción, teorización e evolución
O fenómeno do deporte pode ser consid erado como un dos aspectos m áis
salientables e característicos do século XX e, quizais, o m áis sobranceiro da cultura do
ocio. Verga (1965:28) xa sinala ba hai medio século que son as actividades deportivas as
que maior volum e de interese teñen na so ciedade, por riba das culturais e as
económicas. Hai quen incluso non dubidou en cualificar a centuria pasada com o a do
deporte, caso do humanista deportivo José Ma ría Cagigal. Porén, compre distinguir
entre o deporte como xogo, com o representaci ón da cultura e da tradición dun lugar e
dunha sociedade, e o deporte regulado, cunha s normas e uns feitos seriados. Liberdade
contra imposición obrigatoria.
Dorothy V. Harrys manifestou unha teoría en 1976 que aínda non foi rebatida 11 .
Segundo esta profesora, o corpo ( soma) foi quen puxo en movemento á m ente ( psique ),
coa intención de concentrarse en bu scar a maneira de poñerse en pé ao xurdir o homo-
erectus . Tendo en conta isto, é evidente que o corpo ten tanta relevancia, ou incluso
máis, com o a mente na evolución da espe cie. Ambas as dúas coexisten e perm iten a
perfección do ser hum ano. A invención do lume conséguese coa capacidade m ental de
comprender o fenóm eno da fricción, pero ta mén coa colo cación das mans e coa forza
física. Camiñar, correr ou lanzar obx ectos son a posta na práctica do que quere facer o
intelecto.
(Consejo Superior de De portes) que me ampare, reco no zca y me trate como un deportista, qu e no influya
donde se legisla la caz a; que hable de clubs deport ivos ( registros, estatutos, etc...) de modalidad
deportiva (fútbol, tenis) ; de árbitr os y jueces; y sus puertas hablen de eso, de deportistas de élite,
federacion es, competicio nes y campeona tos deportivos . Ese n o es el organismo o el edificio que quiero
para la caza, y es el que ahora hay”, expl ica no editori al da revista Tr ofeo de xaneiro de 20 10 baixo o
titulo ‘La caza no es un deporte’.
11 Citado p or Alcoba (2 005:13) .
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
45
O concepto de xogo, do deporte como ludens, e o máis acep tado entre os
estudosos do deporte. En todo caso, existen di stintas tipoloxías clas ificatorias. Mandell
(1984:2-4), clasifica as te orías en relación ao nacemento do deporte en catro:
A. O deporte com o xogo: Baséase nas inve stigacións de John Huizinga (1938) e
Roger Caillons (1958), os cales consideran que as orixes dos nosos logros máis
prezados (liturxia, litera tura e dereito) poden remontarse a un im pulso lúdico.
Baixo este punto de vista, os deportes constitúen unha da s máis espléndidas
creacións do impulso lúdico transesp ecífico e intemporal.
B. O deporte como manifestación cultur al: A natureza do h ome aparece como
dinamicamente adaptable, sen excluír a posibilidade de que unha persoa poida
ter o seu destino marcado. Para Gerhard Lucas (1969) as actividades sociais e
culturais dun home depende n en todo m omento da súa tecnoloxía. Dende esa
óptica, o deporte non é un xogo, é unha manifestación cultural; a preparación
dun traballo e o reflexo das necesidades de supervivencia. O lanzam ento de
xavelina sería o deporte máis antigo 12 .
C. O deporte na teoría tradicional: É a teor ía na que se basearon os impulsores dos
Xogos Olímpicos modernos. Non conta con ningún sustento, polo que é unha
mera hipótese. Afirm an que o deporte xurdiu espléndida e espontaneam ente
durante a época dourada da Grecia clásica, para desaparecer despois súbita e
traxicamente. Esa devoción polo deporte foi o que im pulsou os éxitos gregos en
arte, filosofía e educación.
D. O deporte como traballo: Para Bero Ri gauer (1969), Henning Eichberg (1973) e
Allan Guttmann (1978), o deporte non é m áis ca unha mostra m áis de
adaptación á vida moderna. Para este s autores é unha forma de traballo
disfrazado e desmoralizado. Rigauer cita algunhas das caracterí sticas do deporte
moderno -disciplina, autoridade, inic iativa, p erfección, destreza, finalidad e,
racionalidade, organización e burocra cia- como probas do m imetismo e a
dependencia existentes entre o depo rte e o capitalismo industrial.
12 Alcoba (200 5:15) consi dera que pro bableme nte o primei ro xogo inven tado fose o lanzam ento dunha
pedra. Tras lanzar a prim eira, o hom e deuse conta de que al go lle fixo reaccionar e traballar ao intelecto.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
46
É a partir destas investigacións cando as perspectivas para o estudo do deporte
amplíanse e na historiografía xorden tres corre ntes distintas: funcionalism o, marxismo e
socioloxía figuracional:
1. Funcionalismo
Considera ao deporte como un elemento de integración que axuda á adaptación
do home ante os profundos cam bios da vida contemporánea. Trátase dun feito
institucionalizado característic o dun m odelo cultural no que se inclúen valores,
normas, sancións, coñecem entos e posición social. Leonard (198 4) foi o
primeiro en abordar esta perspectiva. De stacan tam én os traballos de Braislford
(2001) en relación á influencia do deporte na sociedade británica e como se
utiliza para fomentar o sist ema burocrático e a vida na cidade. Isto tam én fora
abordado, aínda que non en profundidade , por Holt (1981), no seu caso tendo a
Francia como foco de estudo. Pola súa banda, Robert Merton 13 diferenza entre as
funcións manifestas do deporte (as cons ecuencias buscadas e recoñecidas polos
participantes) e as funcións latentes (as non buscadas e recoñecidas, como por
exemplo a violencia ou o m ercantilismo).
2. Marxismo
Para os marxistas o deporte é un elemento de dom inación propio da burguesía
que ten como finalidade adoutrinar e controlar ao traballador . Na actualidade,
esta perspectiva fo i totalm ente desbot ada. Partindo do marxismo, construíronse
novas visións. Jones S. (1992) subliña que hai unha evolución do deporte dende
a burguesía ata instalarse no conxunto da sociedade. Grazas a ese avance,
adquire unhas características pr opias da clase traballadora.
3. Socioloxía
É quizais a teoría que mellor e máis a bundantemente se ten ocupado do deporte.
Como xa comentaram os, Elias (1991) introduce a idea de que o fenómeno
deportivo inflúe na construción da civi lización do século XX e só así se pode
13 Citado por García Ferrando, M., & Puig Bara ta, N., & Lagardera Oter o, F. (1998:2 2).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
47
entender o xurdimento da cultura deportiva. Esa idea tam én fora esbozada por
Mandell (1984), quen elaborou unha análise exhaustiva da historia do deporte e
da súa importancia na cultura universal facendo fincapé nos Xogos Olímpicos.
En todo caso son Dunning e Elias os que má is bibliografía te ñen ao respecto,
desa visión do deporte coma un proceso dinám ico e cambiante. En España estas
investigacións tiveron continuidade nos traballos de García Ferrando, M., &
Puig Barata, N., & Lagardera Otero, F. (1998) e nos artigos de investigación de
Pujadas & Santacana.
É esta última teoría a que m áis se adap ta á concepción moderna do deporte. A
corrente socio-histórica é o campo m áis axe itado de estudo para poder interpretar o
fenómeno deportivo dende as ciencias sociai s. Porén, top a con moitas trabas p ara
aqueles que dirixen o seu estudo ao deporte como actividade física.
Hai outros aspectos qu e avalan a teoría do deporte na súa ve rtente social. Os
inventos (cronómetro, roupa el ástica, balóns m áis lixeiros) , a comunicación de masas (a
televisión, os xornais deportivos), as regras e eventos (campionatos, estatutos), son
engadidos á evolución do deporte. Tampouc o se d ebe esquecer a contribución do
deporte noutros aspectos da sociedade contem poránea, como son a ensinanza gratuíta ou
o progreso social. Non é casualidade que o sport teña a súa orixe en Inglaterra na época
da Revolución Industrial. Na actualidade, o fenómeno da globaliz ación provoca que os
deportes sexan os mesmos independentem ente das manifestacións culturais de cada
pobo. O fútbol é unha mostra disto. Por iso é difícil tomar un deporte na actualidade
como manifestación dunha única cultura, a pesar de que cada es pecialidade ten un
arraigo diferente segundo o lugar. 14
Existen outras teor ías complem entarias en relación ao estudo do deporte, pero
todas elas coinciden en que os cambios sociais e industriais dos últimos 150 anos
14 Un dos casos mái s paradigmáti cos é o da Uni ón de Repúbl icas Socialist as Soviéticas (URS S). Nin na
Rusia zarista nin na prim eira etapa da Rusia soviéti ca existiu nunca unha cultura do deporte. Tras a II
Guerra M undial, o Estado S oviético de use conta do nive l propaga ndístico do deport e e instaur ou unha
estrutura de creación de grandes atletas. De ste xeito, nos prim eiros Xogos Olímpi cos nos que participou a
URSS, celeb rados en Hel sinki en 1 952, os sovi éticos lograr on ser o segu ndo país n o medal leiro, para
alzarse co primeiro posto catr o anos despo is en Melbourne. Tanto os soviéticos, como os seus países
satélites, pasaron en apen as un lustro de non ter trad ición en especialidad es como o atletismo e a ximnasia
a ser os d ominadores e referent es mundiai s.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
54
desenvolvemento das relacións so ciais e o logro de resultados de competicións de todos
os niveis 21 .
Muñoz Guillén 22 , profesor costarricense e director dos Juegos Universitarios
Costarricenses, recolleu os textos de Cagiga l, Pila Teleña, Stoner e Martín Andrés, para
elaborar cinco definición s distintas de deporte:
1. Deporte de alto rendemento: A súa finalid ade é a realización de feitos ou fazañas
deportivas, como bater m arcas ou conse guir triunfos, que sexan considerados
como récord. O fin é vencer ao ad versar io. Este tipo de deporte é exclusivo e
discriminatorio, e incluso inhum ano, xa que os menos capaces non son
aceptados. A vía de expresión é ‘deporte en co mpetición’.
2. Deporte profesional: Basease no mode lo de deporte de alto rendemento. A
diferenza substancial está no feito de que os practicante s viven do deporte.
Caracterízase en que produce espect áculo, gusta ao público, obtéñense
ganancias, é rendible, e comerc ializa en esencia ao deporte.
3. Deporte formativo: A súa finalidade é adquirir unha form ación motriz que
capacite ao individuo para responder mellor aos estímulos físicos que impón a
vida diaria. Está ligado a idades temperás, can do o cativo aprende os xestos,
habilidades e destrezas com úns que lle perm itirán ir descubrindo as súas
capacidades funcionais. Actúa como educa dor físico da nenez, polo que nesta
modalidade non se debe especializar o cativo en ningún deporte en concreto.
4. Deporte para todos: A súa finalidade é me llorar a saúde e divertirse. Alcanzar o
maior nivel de benestar e calidade de vi da. O deporte para todos xermina na idea
de que a actividade física controlada e mesu rada é beneficiosa para a saúde, está
ao alcance de todos e a súa práctica resulta pracenteira. Xustam ente, ante os
excesos do deporte de alto rendemento, neste caso o importante é participar e
practicar.
21 Aprobada polo Co nsello da Uni ón Europ ea tras a sétima confe rencia de mi nistros responsa bles do
deporte celebrada o 14 e o 1 5 de maio de 1992 na illa de Rodas (Grecia).
22 www.tiquicia.co m/columnas/deportes/016q2 0501.asp (consultado o 25 de xaneiro de 2010). Da revista
on-line Tiquicia: Costa Rica en in ternet.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
55
5. Deporte instrum ento: É aquel promovi do por unha organización ou institución,
sendo a súa finalidade máis próxima a es tas organizacións e non ás do deporte.
Ademais, caracterízase p or obter logros para a im axe social deses organism os e
así atraer os usuarios dos servizos que as organizacións promotoras levan a cabo.
Por último, Dom ínguez Almansa (2009:26-27) sintetiza as obras de Guttm ann,
Dunning e Sheard e Elias e Dunning para si ngularizar e definir ao deporte como
fenómeno contem poráneo en once puntos distintos:
1. Secularización. Os acontecementos deportivos non enaltecen ás divindades nin
están suxeitos a un calendario relixios o. En todo caso, o deporte evoluciona
coma unha sorte de ritual laico, con dí as e períodos propios de celebracións.
2. Regras escritas, lexitimadas pola no va racionalidade. Pódense por en práctica e
se non dan o resultado apetecible cámbianse.
3. Control e sanción da violencia física. In cluso en com peticións cun elevado nivel
de agresividade, caso do boxeo, abólense determinado tipo de golpes, utilízanse
luvas, limítase o tem po de combate e, no transcurso deste, insírense períodos de
recuperación.
4. Deben quedar claramente definidos o te mpo de duración da proba, o terreo de
xogo e o número de participantes, se ndo o mesm o en cada un dos equipos
enfrontados.
5. Estreita diferenciación entre os particip antes e os espectadores, que poden tomar
parte na competición de forma em otiva, pero nunca interrompendo
espontaneamente nela.
6. Institucións e burocratización dende o nivel local até o internaciona l.
7. Minimización das diferenzas sociais. Téndese paulatinam ente á libre
participación dos individuos independe ntemente do seu sexo, credo, cor e
situación socioeconómica ou laboral.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
56
8. Eliminación das diferenzas naturais. Na procura de que as condicións do
escenario onde se celebre o acontecemento deportivo sex an o máis sim ilares
posibles, independentemente das caracter ísticas propias de cada territorio.
9. Tendencia á equiparación física entre os contendentes. Nos deportes de loita
corpo a corpo, e incluso noutros como o remo, establécense categorías en
función do peso dos participantes, propi ciando a igualdad e de oportunidades
entre eles.
10. Máis im portancia da habilidade, ou si se quere da técnic a, que da simple forza
física.
11. Busca do récord. O rival xa non só é un ser hum ano, senón un tempo ou unha
distancia.
Con todo isto, pódese achegar unha defini ción de deporte propia: actividade
física e intelectual, pract icada de xeito amateur ou profesional e de forma individual ou
colectiva, que segue unhas regras preestablecidas e na que se busca a excelencia por
divertimento, saúde, traballo ou por afán competitivo.
Ademais, tamén podemos achegar unha definición de deporte tendo en conta ao
espectador: permite que xent e anónim a e burocratizada si nta excitación, medo, odio,
violencia, paixón, compaixón, celos, dor, vinganza, hum illación e angustia. É dicir, é un
apoio psicolóxico que rebaixa as tensións da estres ante vida laboral con efectos
liberadores e catárticos e batallas fic ticias readaptadas a un mundo civilizado.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
57
2. Comunicación e deporte
A comunicación é un elem ento inherente á actividade humana. Para o deporte
moderno é unha parte esencial do seu cre cemento, xa que necesita da comunicación
para expandirse en todos os seus as p ectos. O binomio entre deporte e com unicación
constitúe un escenario rico e complexo, onde os medios de m asas teñen gran
importancia para o seu entendem ento. A comunicación xoga un papel esencial
entrelazando as funcións e sí mbolos compartidos do deporte.
Moragas (2008:15-17) identifica en catro os grandes actores modernos do
deporte:
1. O sector da com unicación, coa dobre co m poñente dos medios de masas e as
novas Tecnoloxías da Inform ación e Comunicación (TIC).
2. O sector do patrocinio e os negocios asociados.
3. Administración e política deportiva.
4. Organización deportiva: clubs , federacións e atletas.
Resalta, iso si, que no deporte de elite e competición é onde os medios focalizan
o maior interese. Xa que logo, falaríam os de deporte mediático, no que o sector da
comunicación e o patrocinio son os que teñen forte peso. Neste senso, Moragas equip ara
deporte e comunicació n nun mesmo eixe e si nala que as novas tecnoloxías abren un
novo campo de oportunidades á m ediatización do deporte: “Ya no es suficiente referirse
a los mass media (…) hay nuevas oportunidades de negocio, como la industria de los
juegos interactivos, las apuestas o las informaciones en línea, por Internet o en el
teléfono móvil. Por su parte, el sector de negocios amplía también sus actividades más
allá de los tradicionales patrocinadores, para extenderse a otras formas de explotación
como el merchandising y los licenciatarios, pe ro sobre todo con la im plicación de las
entidades financieras o de grandes grupos económicos” (2008:18) .
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
58
Moragas (1996:11-16) argumenta que m á is ca un matrimonio de interese, a
relación entre deporte e m edios de comunicaci ón é unha sin erxía cooperativa. Podemos
sintetizar o sinalado a través das ideas deste autor, que indica que é o que aporta o
deporte aos medios de com unicació n. Resumímolo en tres apartados:
1. A programación: Os acontecem entos deportivos determinan e m odifican as
axendas dos medios. O deporte é fonte ina cabable de noticias de grande interese
popular.
2. A economía e o prestixio: O deporte é relativamente económico, tendo en conta
a alta rendibilid ade publicita ria e a súa grand e audiencia. Esta última dálle
grande notoriedade pública ao medio.
3. A tecnoloxía: A introdución e consolidación dos cambios técnicos das empresas
informativas está intim amente ligada aos evento s deportivos.
O propio Moragas tamén explica o que na súa opinión aportan os m edios ao
deporte. Sintetízase en:
1. Coautores da activid ade deportiva: Ao i gual que o deporte de term ina as axendas
dos medios, estes poden m odificar os tempos e as características dunha
disciplina para adapta la aos seus obxectivos 23 .
2. Televisibilidade: Sen espectaculari dade non se entende ao deporte. A
necesidade de líderes e heroes fai cad a vez m áis importantes aos de portistas
individuais. A televisión tamén in cide na iconografía dos estadios.
3. Incremento dos aspecto s culturais do de porte: Increm éntase o triunfalismo e o
dramatism o a través da narración dep ortiva.
23 No baloncesto act ual modifico use o regulam ento para introd ucir os cham ados ‘tempos m ortos da
televi sión’, no s que se fai un paró n obriga torio no e ncontro para em itir os anu ncios que a canle teña
contratad os.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
59
RELACIÓN DEPORT E ‐ MEDIOS E MEDIOS ‐ DEPORTE
Achegas do deporte aos medios Achegas dos medios ao deporte
Programación Coautores da actividade deportiva
Economía e prestixio Televisibilidade
Tecnoloxía Incremen to de aspectos culturais
Cadro 3. Relación deporte ‐ medios e med ios ‐ deporte . Elaboración pr opia a partir da clasificación de
Moragas (1996).
2.1. A historia dunha relación simbiótica
Edouard Seidler 24 afirma que as relacións entre prensa escrita e deporte dende o
comezo dos tempos pódense definir com o unha historia de amor . A influencia dos
medios de com unicación, nomeadamente da televisión, é decisiva n o salientable
aumento da práctica d eportiva nas úl timas décadas. Os neno s acceden ao deporte co mo
un xogo, pero tamén como unha fórmula de fu turo baseada no esforzo e na superación,
buscando parecerse ao ídolo deportivo ao que tanto admiran. Ese aspecto económ ico, e
especialmente ese recoñ ecemento social dos deportistas, dificilm ente é entendible sen
analizar aos m edios de comunicación, alto falan tes e focos deses éxitos deportivos.
Para Castañón Rodríguez, en España “la comunicación deportiva ha
evolucionado, durante el siglo XX, de la lectura personal de los practicantes a la
comunicación del grupo y de carácter soci al. Todo un fenómeno social en el que han
intervenido factores históricos, comunica tivos, políticos, sociales y lingüísticos”
(1991:36) . O rango qu e o deporte ten alcanzado no ámbito da com unicación tamén é
salientable por outro teóric o como Hernández Alonso: “ Si nos acercamos a cualquier
medio de comunicación, pronto apreciaremos la importancia que en este tiene el
deporte: páginas y páginas en la prensa escrit a, periódicos y revistas; horas y horas en
las radios, programas de tres o cuatro horas ocupando los primeros lugares en todas
las estadísticas (...) el deporte nos gobi erna, somos buenos súbditos. H asta hace unos
años se hablaba del deporte con cierto despreci o: refleja la ignorancia de un pueblo, de
la masa irracional e instintiva (...) hoy , el país más desarrollado también ama los
espectáculos deportivos. El intelectual (...) asiste como espectador y lo estudia como
algo trascendente a nuestro tiempo. Los políticos saben de su importancia, el
24 Citado por Pujadas i Ma rtí & Santacana i Torres (1997:9).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
60
empresario aprovecha su tirón, el publicista (...) El depor te diseña nuestra ropa y nos
dicta los latiguillos de nuestra manera de hablar y hasta de escribir (...) En nuestros
días dinero y deporte caminan de la mano y todos estamos invitados a su boda”
(2003:11-12).
A prensa deportiva é o xerm e a través do cal diversos deportes comezaron a ser
de masas. Porén, aínda que tiveran nas súas orixes un carácter form ativo e informativo,
non se debe esquecer que tam én son, ou preten den ser, un negocio de éxito, no que os
intereses económicos, e en m oitos casos os políticos, están presen tes. A prensa busca
provocar o acontecemento, é di cir, a través do feito tirar do fío para crear novos
elementos noticiosos.
Santi Nolla, director de El Mundo Deportivo dende 1992 e profesor do
Postgrado en Periodismo Deportivo na Universidade Internacional de Catalunya (UIC),
sinala en moitas das súas editoriais que o seu xornal non é un produto deportivo, senón
un estandarte. O certo é que este tipo de pr ensa non pode ser híbrida e búscase, ademais
de informar, dramatizar e distraer. De fe ito, unha das m aiores diferenciacións entre
prensa xeneralista e pre nsa deportiva é que nesta última sabem os de antemán cal vai a
ser a nosa portada, mentres que na xeneralis ta dependerá do que oc orra o día anterior. 25
Na prensa, Hernández Alonso (2003:37) si nala que un xornal xeneralista ten un
9% de información deportiva todos os días, coa excepción do luns, na que a porcentaxe
aumenta ata o 50%. Tamén subliña que a prensa especializad a é moito máis sentim ental
que a prensa xeneralista, o que fai que economi cam ente sexa máis forte e supere m ellor
as épocas de crise. “La prensa deportiva es un tipo de prensa económicamente fuerte
por lo que resulta duradera” (Hernández Alonso, 2003:37).
O grande exemplo da sim biose entre prensa e deporte prodúcese no ciclismo,
nomeadam ente no Tour de France. A proba nace en 1903 baixo o auspicio do diario
parisino L’Auto e inmediatamente vaise producir unha avalancha de subscricións
procedentes dos donos dos talleres m ecánicos e dos usuarios de bicicletas franceses. O
25 Segundo a Oficina de Justifi cación de la Difusión (OJD , El Mund o Depo rtivo logr ou o s eu ma ior
número de ve ntas en 1996. Aquel ano, das 362 po rtadas do xornal , 200 foron para R onaldo, xoga dor do
FC Barcelona, sen ter en conta o tipo de noticia.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
61
Tour créase no mes de xullo, debido á boa clim atoloxía, pero tamén para converterse en
fonte de noticias no verán, unha vez finalizad a a tempada futbolística, idea corroborada
por Thompson (2006). Os m edios son conscientes de que o deporte incrementa a
atención e as vendas ao lector, o cal é facilm ente apreciable nas portadas dos diarios
xeneralistas con fotografías i nherentes ao deporte. A aparición dun número elevado de
lectores de clase media foi crucial p ara aum entar os ingresos en publicidade.
Deixando á marxe ao fútbol, o ciclismo é unha das escasas disciplinas capaces
de conseguir portadas nos medios xeneralistas, xerar horas de inform ación radiofónica e
orixinar unha grande cobertura televisiva. De feito, as tres grandes roldas ciclistas de
tres semanas, Tour, Giro e Vuelta naceron a través da iniciativa de tres xornais ( L’Auto,
La Gazzetta dello Sport e Informaciones ). No caso da rolda francesa e italiana, o líder
da clasificación luce un maillot ou cam isola de cor amarela e rosa, respectivamente, que
se corresponde coas cores da s follas dos citados diarios 26 .
Na radio, o cronista deportivo convérte se na voz do equipo. É quizais o medio
que máis lle debe ao deporte. A program ación xira arredor del, de tal xeito que é o tema
estrela e paraliza o percorrido habitual da grella de programación. As retransm isións
deportivas son o único moment o radiofónico n o cal podemos asegurar que o receptor é
oínte sincero. Para Blanco (2001) trátase dun xénero espe ctacular e dramático, de tal
xeito que a sim patía e afinidade cos gus tos do oínte son máis relevantes que a
espectacularidade ou as innovacións tecnolóxicas.
Se o deporte foi un dos grandes causantes de darlle valor en directo á radio, o
desenvolvemento da televisión acabou por le var ao deporte a unha nova dimensión. A
combinación de im axe, cor e son enriquece a percepción do evento e convérteo nun
espectáculo que tamén é positivo para o m edio televisivo.
Realmente ata a década de 1970 existía unha relación común pero independente
entre xornalism o escrito e deporte. Dende en tón a proliferación da televisión provocou
que os campos de xogo se convertesen nun su cedáneo de estudio televisivo. Isto é
palpable en m ultitude de aspectos, que van dende a program ación ou os avances
26 No caso do italiano La Gazzetta dello Sport aínda se corresponde coa realidade. Pero en Franc ia
mantense a cor am arela por tradición, xa que L’E quipe –c ontinua dor de L’ Auto - está pax inado en bra nco.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
62
tecnolóxicos ata as fusións empresariais ou a econom ía, sendo un aspecto fundamental
das estratexias de competitividad e das empresas de comunicación 27 .
Nesta nova fisionomía, a prensa tam én vive a remolque da televisión, a cal
impón os horarios que máis lle interesan e m ar ca as pautas de que deporte pasa a ser de
masas segundo os resultados de audiencia. Ante s era labor dos xornais, os cales eran os
encargados de dar a coñecer os éxito s e as novas disciplinas deportivas ao público.
Sen negar a primacía da televisión nas re lacións dos medios de com unicación co
deporte, compre subliñar a influencia qu e representan, e representaran, as TIC nas
futuras sinerxías entre ambos factores. A xeneralización de Internet perm ite unha
xestión global da relació n deporte, medios e negocios e a pos ibilidade de que os axentes
deportivos (clubs, federacións , atletas) interactúen dir ectamente coa sociedad e sen
necesidade dun interm ediario.
2.2. Consumir deporte a través dos medios
O universo mediático que conforma ao fenómeno deportivo fai posible que o
afeccionado actual poida consumir deporte continuamente sen asistir nunca a unha
competición en vivo. Segundo Billings (2010:24-25) estamos na era dos
“megadeportes” no que para ser unha persoa cu lta en deportes débese entender o
“proceso, análisis y evaluación de los mensajes dentro de los medi os de comunicación
multimodales”. Para este autor, “la historia del deporte la escriben aquellos que tienen
derechos televisivos”. Dado que o afeccionad o é pasivo, os medios cada vez teñen
maior poder para decidir que historias contar e determ inar a quen consideran como un
novo heroe deportivo. O deporte modela a hist oria, da mesma forma que a historia
modela ao deporte, e todo é contado a trav és do prism a dos medios de comunicación.
27 “Los deportes ofrecen, pues, numero sas ve ntajas y atractivos a los programadores de televisión. Por
una parte le ofrecen pro duct os audiovisuales altamente competitiv os, algunos de ellos incluso de bajo
coste en la pr oducción, es el caso de los eternos c ulebrones so bre fichajes , estado de ánim o de los
jugadores, especulaciones sobre ar bitrajes, exclamaciones patrióticas si n fin. Por su parte los programas
más costosos , adqui ridos a parti r de complicad as redes de inte rmediarios, ti enen como co ntrapartid a
importantes retornos para la ‘imagen’ y posi ción de las c adenas de televisión” (Moragas , 2008: 19-20).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
63
Neste proceso pasivo, o receptor perde o contacto parcial coa realidade e coñece
o deporte a través dos medios . Os seguidores en primeira persoa, aqueles que acoden
aos campos de xogo para ver in situ o espectáculo, seguirán buscando nos medios unha
información com plementaria. Porén, cada ve z son m áis os seareiros pasivos que
unicamente seguen a competición dende a súa ca sa, a través da pren sa, radio, televisión
e, cada vez máis, intern et.
Os medios de com unicación deportivos ex isten porque ex isten os seareiros. Hai
un ansia por acaparar información que se traduce na infinidade de estatísticas q ue
manexa a prensa deportiva. Bryant & Ra ney (2006:313-329) defi niron en oito as
motivacións que ten un seareiro en informarse sobre deporte aínda que non sexa
practicante:
1. Fidelidade e lealdade a un equipo: Non existen seareiros que vaian por libre.
2. Diversión: O deporte é a peza de entret emento de maior envergadu ra para os
medios de com unicación de m asas.
3. Control do estado de ánimo: A sociedade e lixe as opcións qu e ofrecen os medios
de comunicación masivos para controlar o seu ánim o. Búscase o máximo
divertimento no tem po libre, o que implica seleccionar os equipos e deportistas
vitoriosos. Noutros casos escóllese aos perdedores, coa esperanza dunha vitoria
inesperada.
4. A motivació n do stress positivo: A xente desex a estar sumamente entusia smada e
emocionada, especialm ente cando a vida persoal é monótona ou pouco atractiva.
O inesperado do deporte e moito m aior ca no cine ou na música.
5. Alicientes n a vida: Moitos seare iros e lixen consumir deportes para aum entar a
autoestima. Escollen unha opción coa que gardan un parecido ta nxencial á espera
de obter unha vitoria.
6. Evasión: Perda de contacto coa realid ade. Busca de novos amigos cos que
noutras circunstancias non te relacionarías.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
70
1. Mercado de cidadáns: Configúrase entre 1600 e 1800 na loita contra o
absolutismo e consolídase entre 1800 e 1880 coa transición dos vellos estados
modernos a estados nacionais. Son os re sponsables das liberdades de expresión.
Son cidadáns identificados cunha cultura laica, antipopular, urbana e lóxica,
pero conscientes ao mesmo tem po de establecer sistemas de control. Na
actualidade conforman os lectores dos denominados medios de elite, que
agrupan os xornais máis influentes do m undo.
2. Mercado popular e de masas: Nace ao longo do século XIX e consolídase a
comezos da pasada cen turia. Inicialmen te son publicacións que queren formar
un individuo e unha sociedade nova e radical. Esa intención política e
revolucionaria manterase nos réxim e s totalitarios. Despois, cando se
desenvolven os grandes xorna is de masas de finais do século XIX en Estados
Unidos, transfórmanse en xornais de at ención e servizos para as grandes
multitudes de inmigrantes. Na fase actua l, so n os lectores de soportes que
buscan atraer o interese das multit udes a través da expectación, o
sensacionalismo, a demagoxia, os escándalos e as paixóns.
3. Mercado de espectadores: Naceu no s éculo XIX ao carón das rev olucións
políticas e sociais. Tratábanse de xo rnais que buscaban educar e alfabetizar,
principalmente aos inm igrantes que se trasladaban do cam po á cidade. Folletos,
libros e novelas seriadas pasaron a ser de uso habitual. Paralelamente, hai unha
revolución na educación, inducida en boa medida pol a aparición do deporte e o
coidado do corpo e do espír ito. O deporte é fomentado a través da prensa, do
mesmo xeito que o teatro, a m úsica e t odo tipo de activida de cultural. Na
actualidade eses ávidos consum idores de cine, moda, m úsica ou deporte
convértense nun mercado de espectadores atractivo para os xornais, creando uns
nichos de mercados m oi concretos.
4. Mercado de consumidores: É o mercado m áis moderno xa que nace no século
XX. A sociedade de masas é urbana, non di spón dos produtos bá sicos e necesita
comprar todo, o im prescindible e o superf luo. A concentración de produción e
distribución en grandes corporacións, leva aparellado a creación dun gran
mercado de consum idores. Esa estrutura social organizada baseada no
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
71
marketing, é im posible de crear e soster sen os medios de com unicación de
masas.
3.2. A especialización xornalística : fundamentación cien tífica
A especialización no xornalismo ten com o principal obxectivo levar a cabo unha
función de sistematización estrutural e de sí ntese dos contidos inform ativos. Os teóricos
botan man para explicalo da Teoría Xeral de Sistem as proposta polo vienés Ludwig von
Bertalanffy 29 , que a profesora Mar Fontcuberta define como “ la primera respuesta
sistemática y científica a la crecien te especialización y a su consiguiente pérdida de
contacto interdisciplinario. Se trata de la creación de una nueva ciencia que sistematiza
el paralelismo de principios cognoscitivos generales en diferentes campos de la
actividad científica y social” (1997:19).
Con ese instrumento de análise, B ertalanffy descubre que entre os distintos
campos da especialización -ent re os distintos cam pos soci ais especializados- existen
relacións isomórficas, así com o unha anal oxía de conceptos, m étodos e problemas,
facéndoo pensar na posibilidade real dunha te oría xeral multidis ciplinaria que fose
compatible coa autonom ía das distintas disciplinas. Desa maneira, cada unha das
ciencias podería im pulsar e multidisciplinar os niveis de coñecem ento propios, ao
tempo que os ofrece para que outras ciencias fagan o mesmo cos seus.
Podemos concebir o xornal ou a publicac ión de actualidade, así com o o
xornalismo, com o un sistema. Este é un comp lexo de partes interr elacionadas e tamén
mutuamente interactivas, organizadas de tal m aneira que compoñe n un todo funcional,
neste caso, interrelacionándos e e interactuando coa finalid ade de producir a función
xornalística de seleccionar, interpretar, valorar, codificar e com unicar mensaxes e
relatos ou com entarios de interese social.
Fundaméntase así cientificamente a Teoría Xeral do Xornalismo Especializado,
da que partiremos tamén para establecer lín eas de análise a propósito das diferentes
áreas de coñecemento nas que se pode encad ra r toda a actualidade informativa. E de
29 Aínda que a teoría e de m ediados de século, utilizouse para esta tese unha traducción ao castelán de
1976 b aixo o título ‘Teoría general de los sist emas: fundam entos, desarroll os y aplicaciones’.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
72
maneira específica todo o que na práctica entra a formar parte do que conforma os
diferentes ámbitos temáticos do Xornalismo Deportivo, no que em borca esta tese o seu
interese prio ritario.
Do que se trata é de uti lizar esa proposta teórica para chegar a ter unha visión
sistémica e organizada da actualidade posible -tódolos supostos teóricos que xustifican e
delimitan a contextu alización científica da disciplina do xornalismo especializado-, e
que posteriormente m edios e xorna listas saiban estruturar os contidos informativos nesa
mesm a dirección sistémica a partir, iso si, da actualidade real. Deste xeito, trátase de
que mediante a aplicación dos principios sistém icos, se poidan estruturar os contidos
informativos en función dos distintos pará metros que interveñen na selección de
noticias de actualidade, ofrecendo asi unha imaxe m etódica e global da realidade.
Aplicando esta teoría ao xornalismo, o profesor Héctor Borrat (1993) avanza
unha proposta máis elaborada, da que se deduc en tres níveis de especialización, que
outros teóricos do Xornalismo Especializado terán en conta tanto na delimitación dos
seus fundamentos científicos como nas pautas de análise sobre m edios, audiencias e
contidos informativos:
1º nivel: En función do medio de que se tr ate. Asi, a Teoría Xeral do Xornalism o
Especializado estudará os medios de info rm ación xeral en tanto que produtores de
información xornalística especializada. Neste caso, o m edio terá que ser analizado como
un sistema com plexo de partes interrelaciona das e interactivadas, tendo por finalidade a
produción de mensaxes especializadas de actua lidade. Teremos, xa que logo, a teoría da
comunicación xornalística especializada aplicada aos m edios.
2º nivel: Tendo en conta as audiencias posibles e reais, asum indo entón as
propostas da Teoría Xeral do Sistema So cial. Dacordo con elas, o tratamento
informativo das noticias relacionará os feitos de actualidade cos div ersos actores sociais
que interveñen neles, aportando distinto s enfo ques que complementan a inform ación
final. Neste sentido, a disciplina do xorna lismo especializado estuda a realidade
contemporánea com o actualidade social, política, económica e cu ltural, acerca da cal vai
constituir a actualidade xorna lística correspondente.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
73
3º nivel: Delimitado polos contidos, nos que se terá que dar o m áximo nível de
especialización. É a perspectiva resultante da interacción das dúa s anteriores. O que
sucede na práctica é que o xor nalista, reunindo os elem ento s que proceden das dúas
perspectivas anteriores, orga niza, estrutura e elabora con tidos especializados. Neste
senso, a disciplina do xornalismo especial izado estudará a produ ción de contidos
ligados ás diversas áreas de especialización xornalís tica 30 .
En definitiva, valéndonos de consid erar a Teoría Xeral de Sistemas como unha
ciencia xeral da totalidade, entenderemos a relevancia que adquire a especialización
xornalística como resposta á excesiva pa rcelación do coñecem ento, facilitando asi a
profundización na realidade e a codificaci ón de mensaxes sobre a m esma cunha
envolvente multidisciplinar que optim iza a súa necesaria contextualización. Os
fenómenos socia is han ser considerados como un sistem a múltiple, xa qu e os
acontecementos non só se deben a accións e decisións individuais, senón que están
determinados por sistemas socioculturais.
3.2.1. O xornalismo como un sistema aberto
Da definición que demos de sistema, e do que se pode traducir da triple
perspectiva coa que encaramos a fundam ent ación teórica do xornalismo especializado,
dando nos tres níveis segundo a apliquemos ao cam po dos medios, ao cam po das
audiencias e ao campo dos contidos, de ducim os que calquera análise sobre a
información xornalística especializada esix e que a situemos no contexto teórico e
práctico dun sistema social determ inado. Este, a súa vez, comprenderá diversos
subsistemas (deportivo, polí tico, social…) e ao mesmo tempo nun sistem a de medios
concreto.
O mesm o Bertalanffy avanzou unha clasifi cación dos m odelos de sistemas anos
despois de universalizar a sú a teoría xeral. Farémolo ubi cando o xornalismo no modelo
que o vienés describe como de base aber ta. Seguindo co que segundo el caracteriza aos
sistemas abertos, chegarem os á conclusi ón de que o xornalismo non poderá desenvolver
30 En definitiva os teóricos apuntan tres niveis de es pecialización; por medios ou soportes, por audiencias,
por contidos, sen do este último o de máxima gradación . Outros auto res como Berganza engade n unha
cuarta: a especialización de quen escribe o texto. Citado por Isasi Va rela (2006:13).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
74
a súa función de producir e comunicar info rm ación de actualidade fóra do seu propio
ámbito social, fóra do sistem a ou macrosistema social ao que el m esmo pertence.
Precisa, xa que logo, estar permanentem ent e relacionado co ambiente que o rodea.
Influirá nel, pero á súa vez se rá obxecto de influencia por pa rte dese ambiente, é decir, o
sistema social circundante.
Ese intercambio permanente co ambiente qu e o rodea é, ademais, un factor
esencial tanto para a súa viabilid ade co mo sistem a como para a súa capacidade
produtiva. Do que deducimos que, en base a todo o dito, o xornalismo evoluciona
amosando unha diferente configuración segu ndo as distintas etapas históricas.
Responderá pois a modelos, xéneros e tipos de relato que m ellor se adapten ás
tendencias e demandas propias de cada unha das épocas, que evidencian m odelos
cambiantes de socied ade.
Explícase tamén ese fenóm eno recurrindo ao que se lle atribú e cientificamente a
un sistema aberto. Por selo, o xornalism o tende ao crecemento cualitativo , á segregación
ou fragmentación dos subsistem as. Na medida en que se amplía e se f ai máis complexa
esa función de informar, adaptándose ao que dela agardan os sistemas m aiores que a
involucran e condicionan, explícase tamén a evolución das modalidades xornalísticas.
Pasamos da sim plemente inform ativa á expl icativa e interpretativa, e desta últim a
(tamén evolucionada na que outros inve stigadores denom ina n de profundidade) á
especializada.
Podemos identificalas máis polo m iúdo segundo ás modalidad es xerais aceptadas
polo xeral polos teó ricos:
A. A modalidade ideolóxica. Dende mediados do século XIX ata o fin da I Guerra
Mundial, respondendo a un tempo de gr andes convulsións partidarias e
ideolóxicas.
B. A modalidade inform ativa. Dende 1914 en adiante, mesmo coexistindo co
ideolóxico, coincidindo coa tecnificación, industrialización e profesionalización
dos medios.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
75
C. A modalidade explicativa e/ou in terpreta tiva. Dende finais da décad a de 1940, e
máis concretam ente nas décadas dos 50 e 60 do século pasado, véndose acuciada
a prensa escrita pola presenza e progresiva influencia da radio e da televisión,
optando por diferenciarse a través da análise, a interpretación e a opinión.
D. A modalidade do xornalismo en profundi dade e especializado. Entendéndoo
nesta últim a acepción como:
1. O resultado de avanzar, a partir do mode lo interpretativo, ao ritmo en que
tamén avanzan as novas tecnoloxías que se aplican á pr odución xornalística
(profundizando na mane ira de producila).
2. O resultado de avanzar, a partir do m odelo interpretativo, ao ritmo en que
dende as décadas dos 70 e 80 do século pasado se vai segmentizando a
sociedade, tendo que especializar os me dios as súas estruturas (áreas ou
seccións, xornalistas especializado s nas me sm as para cubrilas), os seus métodos
(rebelándose contra o xornalismo de rutinas) e os seus contidos.
O feito de extender esta inves tigación aos últim os cen anos fai pensar na
dependencia que as publicacións deportivas han ter -con maior ou menor fidelidade,
pois que ofrecen unha miscelánea de iniciativa s non sempre hom ologables coas de corte
xeneralista- a respecto dos sucesivos modelos de prensa e de xornalismo que
identificamos e singularizam os nas distintas épocas da centuria. Quedará de manifesto
nos capítulos posteriores da tese, que terá como ámbito de investigación o que os
teóricos citados ligan aos medios ou soporte s (o prim eiro nível de especialización),
deixando para pescudas posteriores o relaci onado coas audiencias e cos contidos
(segundo e terceiro níveis de especialización).
3.3. Prensa e xornalismo especializado
Faise necesario incidir no rol da especia lización, para achegármonos de m aneira
máis precisa ao concepto de xo rnalismo esp ecializado, e a canto te n na especialización
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
76
temática un cam po de especial relevancia no estudo da comuni cación social e da
xornalística. A este respecto, m alia contarm os con iniciativas de va riada prensa temática
ao largo da centuria (1909-2009) que conf orma o tem po ao que acoplamos a nosa
investigación sobre a prensa deportiva en Galicia, é na avanzada socia l do último cuarto
do século XX cando, por causas de raíz económi ca, política, tecnocie ntífica, cultural e
propiamente m ediática, se dan as circuns tancias que motivan e xustifican, tanto no
ámbito teórico da academ ia como no ámbito práctico da co municación xornalística, a
especialización mediática.
A nova sociedade e as súas caracterís ticas definitorias -o aumento de
coñecemento e da investigación a nivel científico- provo can unha fragmentación da
sociedade e a súa constante evolución. Pa ra Fernández del Mo ral & Esteve (1993:13-
24), o saber está determinado polo que eles cham an “ciclos de conocimiento”. Primeiro
hai unha profundización de saberes de form a individualizada sen que exista unha
conceptuación conxunta dos mesmos. Despois hai unha etapa de síntese cognoscente na
que se ofrece unha explicación única e gl obal, unifican do os saberes fragmentarios
construídos na primeira etapa. Segundo esta teoría, o hom e vive hoxe en día nun
período no que se detecta a fragmentación do coñecemento, polo que se fai necesaria
unha síntese que facilite a súa comprensión ci entífica e práctica. Para romper o nível de
incomunicación entre o s saberes e a sociedade á que inevitablemente conduce esa
fragmentación.
Velaí a función vítrea do xornalismo espe cializado: romper esa incom unicación,
facendo comunicables na sociedade de pert en za coñecementos ou saberes que doutra
maneira nunca serían accesibles p ara a maior parte da so ciedade. Algo que esixe
cambios m oi importantes nos procesos de produción m ediática. Ao profesional dos
medios e do xornalism o esíxeselle que posúa coñecementos teóricos e técnicos que o
capaciten como experto nunha área tem ática concreta da información (Fontcuberta,
1993:133). Como experto e com o gatekeeper, ancheando asi a actualidade, pois que está
preparado e facultado para facer xornalí sticos fenómenos da realidade que non
alcanzaran ata agora esa categoría.
Os cambios e tran sformaci óns ocurridos no corazón da s sociedades fixo que se
dera nelas unha mutación de gran trascen dencia: de vivirm os durante a etapa do
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
77
industrialismo nun modelo de sociedade que cham amos de masas, pasamos a outro que
en boa lóxica debera ser denominado de colectivos. Esa m utación tería a súa
correspondente réplica no ám bito da co municación, pasando do que entendiamos como
comunicación de m asas -audiencia de masa s- ao que poderiam os definir como
comunicación de co lectivos -audiencias se gmentadas, fragmentadas-. Exprésao no
campo de análise propiamente xornalístic o Quesada Pérez (1998:12), para quen o
concepto de audiencia de masas quedou obsoleto, tendo por iso que ter en conta a
aparición de audiencias selec tivas, cos seus respectivos sistem as de intereses, pois que
son as que coas súas novas e diversifi cadas demandas fan que experimentem os unha
crise de contidos, á que só se lle p oderá facer fronte dende a especialización. Isto é o
que está comportando para os medi os problemas de credibilidade.
A especialización, segundo se vai afian zando na fundamentación da Teoría
Xeral do Xornalism o Especializado, está nos contidos. Para Fe rnández del Moral &
Esteve Ramírez (1993:180) serían “aquellos m ensajes que r eciben una de terminada
configuración en función de su temática específica”. Deste xeito, a especialización
prodúcese a través de todas e cada unha das fases do proces o de produción xornalística,
dende a de selección á da codificación da m ensaxe ou contido, que ha ter na
comunicación co receptor o últim o chanzo do itinerario. O xornalismo espec ializado
enlaza este proceso coa teoría da tematizaci ón. É dicir, co locar un tema en primeiro
plano para a atención do público e para sub liñar a súa significatividade respecto á
información non tem atizada. Tal e como sub liña Fontcuberta (1992:54), ese temario non
só obedece aos intereses dos m edios e das audi encias, sen ón ás demandas de secto res da
sociedade que queren dar a coñecer feitos conc retos a través dos me dios. É este último
punto o que está directamente relacionado coa especialización.
Porén, malia dar por ben planteado que é nos contidos onde se dá o m áximo
nivel de especialización, é preciso significar, como xa quedou apuntado anteriorm ente,
que tanto as audiencias como os soportes tamén predispoñen, e contribúen, a elo. É polo
que se fai necesario establecer pautas que p e rmitan identificar níve is de especialización
a través dos medios ou soportes de conti dos. Botamos man para iso dunha proposta moi
clarexadora do profesor Borrat (1993:79- 84), grazas a cal poderemos axustar
correctamente concepto s e iniciativas que te ñen, com o sucede coas que constitúen o
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
78
obxetivo central desta tese de doutoramento, en tem áticas e audiencias selectivas a súa
razón de ser.
É por iso que é necesario botar ma n dunha proposta do profesor Borrat
(1993:79-84) a respecto do grao de esp ecialización que en función dos soportes
mediáticos e dos contidos que ocupan os se us correspondentes espazos redacionais,
podemos atopar nas distintas publicacións:
1. Segundo a presenza de información/contid os especializados na superficie
redaccional do xornal:
A. Prensa especializada (toda a s uperficie redacciona l con textos
especializados).
B. Prensa dic otómica (m estura de textos de información
especializada e de info rmación non especializada).
C. Prensa com ún (non hai textos especi alizados en toda a superficie
redaccional do medio en cuestión).
2. Segundo as áreas que aparecen n a publicación:
A. Prensa de información xeral (apare cen todas as áreas socialmente
relevantes na actualidad e).
B. Prensa de información selectiva (non están todas as áreas).
3. Entrecruzando as distintas tipoloxías, teremos:
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
79
A. Tanto a prensa de información xeral como de información
selectiva (ou monotem ática) pode producir actualidade
xornalística segundo os canóns da prensa común, da prensa
dicotómica ou da prensa especializada.
B. Non se pode identificar sen máis prensa de inform ación selectiva
e prensa especializad a (por exem plo no caso da pren sa deportiva).
Do contrario teríamos que todo o que non é inf ormación xeral xa
é especializado.
Finalmente, o doutor Borrat (1993:81) de term ina as características que
necesariamente se teñ en que cumprir pa ra que poidam os falar de contidos
especializados no xornalismo:
1. Coherencia interna dos textos.
2. Correspondencia desas afirmacións coa realidade.
3. Pertinencia dos conceptos, as categorías e os m odelos de análise aplicados,
independentem ente do tipo de texto e o tipo de linguaxe escollida, o tip o de
xornal onde eses textos se publican e ao tipo de audiencia ao que
preferiblemente se dirixen.
Dado que as dúas primeiras características s on as esixidas para todo tipo de texto
ou relato xornalístico, considérase que é a te rceira a que sin gulariza aos especializados.
Xa que logo, é na pertinencia temática, teórica e m etodolóxica, onde descansa
basicamente a especialización, ind ependentemente de cal sexa o ám bito temático de
referencia. No caso desta tese, o que está relacionado co deportivo. As publicacións
deportivas, segundo a clasificaci ón diferenciadora e aclarato ria de Borrat, son prensa
monotemática, pero non por iso poden ser calificadas sen m áis como prensa
especializada, por máis que na linguaxe vul gar se as teña sen outras esixencias
teórico/metodolóxicas com o tales. Deste xe ito, a prensa deportiva será monotem ática
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
86
Para Álvarez Pousa (1999:78) a evoluci ón do xornalismo especializado está
“condicionada por la práctica profesiona l, aunque ha sido también el despegue
doctrinal y académico el que lo ha impulsado durante los últimos 25 años”. Dende o
ámbito acad émico, a conversión da p rofesión xor nalística en titulación universitaria fixo
posible a teorización dunha te oría xeral do xornalismo es pecializado. Neste sentido
cómpre destacar o pioneiro traballo de Orive e Fagoaga (1974) sobre a idea de
profundidade, ou o dos profesores Ferná ndez del Moral e Esteve Ramírez (1993)
abrindo a espita da súa configuración cientí fica, e avogando pola necesidade de darlle
unha visión global á disciplina. Por outra banda, cómpre tamé n destacar á escola catalá
formada por autores como Borrat (1993), T uñón (1993), Fontcuberta (1992) e Quesada
Pérez (1996), na porfía por esta blecer niveis vítreos de espe cialización, que terían na
construción metodolóxica dos contidos a súa máxima expresión, estado no que é
factible e real a dotación de sentido, na que Muñoz Torres (1997) sintetiza os
obxectivos buscados.
Dotar de sentido á real idade. Esa debeu ser sem pre o obxectivo a perseguir
pola práctica do xornalismo. Se o foi se mpre, é na actualidade cando se fai
absolutamente im prescindible, dada a com plexidade na que se manifesta a
contemporaneidade. Con m aior razón cando t odo se pon ao servizo da estratexia coa
que a globalización económica, e a ideoloxía neoliberal que a lexitim a e fai operativa,
desafía principios e normas, desactivando o va lor de utilidade social que até o de agora
viñera caracterizando o papel xogado polos medios e polos xornalistas. Trastocado en
valor se uso mercantil, a pr áctica xornalística dos medios non só se abstrae de proceder
en base a darlle sentido á realidade, tam é n a banaliza ata facela irrecoñecible. Xa que
logo, temos a necesidade de reinventar un modelo que reverte nun xornalism o de
significación, por oposición ao de mera e xpresión (Álvarez Pousa, 2004: 63-80). Sen
que ningunha área temática quede fóra dese desafío. Ao tem po, incentivaranse os
procesos de democratización informativa. As áreas non funcionarí an unicamente como
organizadores e distribuidores de contidos, senón con afán reequilibrador, para o que, en
contra da fuxida cara adiante que hoxe en día se advirte nos medios ao terse que
enfrontar coa complexidade do m undo, serí a preciso un modelo de xornalismo que a
integre no seu discurso, rexeitando un pens amento simplificador e apostando por un
pensamento com plexo. Ese que lle acabe dando sentido ás verdades contrad itorias da
sociedade.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
87
3.3.3. Os obxectivos do xornalismo especializado
Para Fernández del Moral & Esteve o obxectivo básico é o de “hacer posible al
periodismo su penetración en el mundo de la especialización, no para formar parte de
ese mundo, no para convertir a nuestros profesi onales en falsos especialistas, no para
obligar al periodismo a parcelarse, a s ubdividirse, a compartimentarse, sino al
contrario: para hacer de cada especialidad algo comunicable, objeto de información
periodística, susceptibl e de codificación para me nsajes universales” (1993:11). Xa que
logo, por paragóxico que poida parecer, podiamos sintetizar que o obxectivo do
xornalismo especializado é “convertirse en instrumento contra los efectos malsanos de
la especialización”. (Álvarez Pousa, 1999:91).
A profundización no coñecemento do feito inform ativo é a función básica da
especialización. Tendo en conta todo isto, Ál varez Pousa (1999:94) sintentiza as obras
de Fernández del Moral, Borrat, Quesad a Pérez, Diezhandinho, Tuñón, Fontcuberta e
Muñoz-Torres, para enunciar os dous obxectivos fundamentais do xornalismo
especializado, na que coinciden t odos os investigadores citados:
1. Interracionalizar e comunicar saberes que doutra m aneira nunca poderían ser
socializados, contribuíndo así á democr atización cultura l. O xornalismo servirá
así de intermediario entre as elites esp ecializadas e os receptores, facendo de
cada especialidade algo comunicable.
2. Facilitar a comunicación entre o s especi alistas que traballan no s distintos
ámbitos de coñecem ento ou do saber. De ste xeito posuirán unha visión m áis
ampla que lles perm ita comprender e valorar os achados dos dem ais.
3. Facer xornalísticos fenóm enos da realidad e social que non eran considerados
como tales, am pliando así o con cepto de actualidade xornalística.
4. Profundizar, redimensionar e asentar os m odelos organizativos por áreas no
produto unitario do xornal, telexornal, informativo radiofónico ou prensa
electrónica, asumindo así os m edi os a súa función vertebradora.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
88
Do mesmo xeito, o xornalismo esp ecializado ten com o obxectivos a
revalorización dos valores xornalísticos:
1. Reconstruír unha xerarquía de información, revalorizando as áreas e os xéneros.
2. Poñer en cuestión a ideoloxí a da transparencia, que impón a falacia de que ver é
o mesmo que coñecer, e tamén a da inmediatez, que converte en criterio
principal e único de se lección inform ativa a ultimísim a actualidade.
3. Ser un antivirus contra o m imetismo (ver é igual que comp render), a chantaxe
emocional (os feitos falan por sí m esmos) ou as falacias (unha imaxe vale m áis
que mil palabras).
4. Desbanalizar a información dotándoa de sentido, o que equivale ao
restablecemento dos valores que viñeron dándolle vida aos conceptos esenciais
do xornalismo; o da información propiam ente dita, o da actualidad e, o do tempo
de información e o da veracidade.
5. Frear o proceso de apropiaci ón doutros actores externos das funcións que máis e
mellor contribuíron a definir e aval ar o papel mediador do xornalista.
3.3.4. As características do xornalista especializado
Subliña Borrat (1993:79-84) que o profesional debe ter unha formación dual: nos
coñecementos e técn icas propias do xornalismo e nos das disciplinas que dan b ase
teórica e metodolóxica ás co rrespondentes áreas de espe cialización. É así com o o
xornalista asume a súa condición de e xperto, converténdose no máis eficaz dos
gardabarreiras ( gatekeeper ) con temporáneo. Velaí a necesi dade de reivindicalo como
profesional -de reivindicar a profesión do xornalis mo-, quérese dicir, a súa función de
intermediario necesario entre a realidade e a sociedade á que se debe. Con m oita maior
insistencia agora, cando todo tende a face lo prescindible, o que sería tanto como
subtraerlle á cidadanía o único aval que lle queda para poder ver cumprido o seu dereito
a producir e recibir información veraz, de calidade.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
89
Do que se trata é, como apunta a pr ofesora Quesada Pérez (1998: 26), de “ dotar
al público –y este es el objetivo principa l del Periodismo Especializado- del mayor
número posible de elementos de juicio que le permita form arse una conciencia crítica
sobre lo que acontece en el mundo”. Ou tal e como sentencia Fontcuberta “ao
profesional xa non lle chega con cubrir as 6 W’s da in formación, senón que necesita
posuír uns coñecementos teóricos e técnicos que o capaciten como experto nunha área
concreta da información”.
Quesada Pérez (1998:39-44) sintetiza en ci nco características as diferenzas que
existen entre o xornalista xe neralista e especializado:
DIFERENZAS ENTRE XORNALISTA XENERALI STA E ESPECIALIZADO
Cualidades XENERALISTAS ESPECIALIZA DOS
Formación Licenciado en xornalismo + outros estudos temáticos
Actitude Rapidez informativa
Scoops ou exclusivas
Receptiva xenérica
Rigor informativo
Información en profundidade
Selectiva cos contidos
Relación con fontes Os xornalistas buscan ás
fontes
As fontes buscan aos
xornalistas
Metodoloxía Declaracións
Roldas de prensa
Contrastación da
información
Axenda ‐ setting
Textos informativos e
interpretativos
Documentación
Entrevistas persoais
Contrastación das fo ntes
Axenda de expertos
Textos interpretativos e
argumentativos
Obxectivos Informar ás masas
Ser un bo xornalista
Informar do que pasa (6W’s)
Informar e formar ás audiencias
Ser un exper to na área
Enfatizar qué, cómo e por qué
pasa e tamén o que non pasa
Cadro 4. Diferenzas entre xornalista xeneralista e espe cializado . Que sada Pérez (1998).
Ante unha información superabundante e desorganizada, é fundam ental o papel
do mediador, do gardabarreiras, quen debe xu stificar os feitos, xa que eles, por si
mesmos, non teñen valor. Tal e como verem os máis adiante, debe superarse o concepto
de obxectividade e ser substitu ído polo de veracidade. A cla ve da especialización no n é
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
90
ser especialista nunha materia. O xornalista d ebe ter os instrumentos necesarios para
entrelazar u n acontecemento cos distin tos sa beres, e transmitir ás audiencias a súa
complexidade de m aneira descifrable e amena.
Borrat (1989:113) sintetiza en dúas as car acterísticas do xornalista especializado:
1. Trátase dun informador que traballa sobr e un área ou un temario para o que foi
preparado profesionalmente, norm almente mediante titulación universitaria, e á
que soe engadir unha intensa experien cia no campo desa especialización.
2. Grazas a esa formación académ ica e a esa experiencia específica, o xornalista
especializado e capaz dunha finura anal ítica ou causal dos fenómenos m oito
maior ca da xeneralista. Indagará nas font es máis especializadas para chegar a
facerse unha idea m áis exacta das rela cións causais entre o fenóm eno do que
quere informar e os seus orixes e as sú as consecuencias, antes de ofrecerllo ao
público.
3.3.5. A especialización en deportes
Tanto Paniagua como Alcoba aseguran que a área d eportiva é, xunto coa
económica, unha das áreas inform ativas de maior nivel de especialización. Débese
buscar un equilibrio na inf ormación capaz de satisf acer as demandas dos seare iros pero
baixo criterios profesionais, sen chegar a utilizar un punto de vista usado polo
afeccionado. En opinión de Paniagua Sa ntamaría (2002:12), o grao ideal de
especialización prodúcese cando o xornalista está suficiente m ente capacitado como para
satisfacer á audiencia especia lizada, pero non tanto com o para non ser capaz de cubrir
un acontecemento alleo a súa superespec ialización (o seu deporte), ou a súa
especialización (a secció n de deportes en xeral).
Débese ter en conta a diferenciación entre monotem ático e especializado. Que
un soporte se dedique en exclusiva á te mática deportiva e teña na súa redacción
xornalistas deportivos non quere dicir que nin o soporte ni n os profesionais teñan a
categoría de especializados. “Al género dep ortivo han accedido periodistas sin
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
91
necesidad de especialización algun a, incluso los más torpes, debido a la creencia en las
antiguas redacciones de que el deporte era algo así como un género menor sin
trascendencia y podía ser desarrollado y tratado por cualquiera” (Alcoba, 1993:43).
O xornalismo deportivo ten gañado en ne gocio e aum entado a súa difusión ao
longo do tempo. Pero á súa calid ade está posta en seria dú bida pola falta de miradas
independentes e por estar condicionado a f actores externos, segundo subliña Levinsky
(2002:116). O que é evidente é que dende o momento no que se configura a información
deportiva ata a actualidade, ningún xornal decidiu prescindir deste tipo de contidos. É
máis, na maioría dos casos, foron increm entándose progresivamente. A sección de
deportes tende a ser un suplemento independente do resto do xornal, como se
salvagardara do resto de contidos para asegurarlle o éxito ao diario en ca so de que non
gusten o resto de seccións.
Esta autonomía do xornalismo deportivo é a que perm ite afirmar que foi o
primeiro xornalism o especiali zado, non no sentido de tratamento de contidos, senón no
da primeira m onotemática con regras prop ias e independentes. Se aceptam os como
válidos os criterios mínimos de especialización do profes or Benito Jaén (2004:121) o
xornalismo deportivo é dende o seu nacem ento especializado 34 . Polo tanto, o que se pon
en cuestión é o nivel da calidade, se hai veracidade e se hai interpretación. En definitiva,
o que está en debate é se o xornalismo de portivo é un xornalismo de significación e non
se está especializado dende o senso da divisi ón de contidos. Máis alá da especialización
técnica, dende finais do século XIX foise configurando un xornalismo deportivo
especializado, se entendem os este como un ámbito temático perfectam ente definido 35 .
A información deportiva pode ser consid erada com o unha área que conta con
tantas subáreas como tantos deportes existe n. Isto im plica máis de cen discip linas
diferentes, dende olímpicos a federados, pasando por xogos de carácter rexional. N as
primeiras clasificacións de áreas de especiali zación feitas na década de 1 970 o deporte
nunca aparecía como unha área independente. A pesar de que autores como Orive &
34 Benito Jaén (2 004:121) id entifica cinco posib ilidad es co múns do xornalismo especializad o: 1) Por
principios xenéricos; 2) Por prin cipios es paciais; 3) Por especia lización persoal; 4) Por principi os
institucionais; 5) Por es pecial ización ocasional.
35 Alcoba (1988:54) determ ina como unha das prim eiras mostras de especi alización cando o m agnate
Hearst contrat ou a decenas de campións deportiv os para facer inform ación de dep ortes no New York
Journal a finais do século XIX.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
92
Fagoaga (1974:86) incluén o deporte dentro da área recreativa e outros como
Fontcuberta (1992:95) inclúe no na área de sociedade, e coa década de 1990 cando o
deporte adquire independencia dentro dest as clasificacións. Esteve & Fernández del
Moral (1999:281) consideran que os depor tes poden clasificarse xornalisticamente
segundo seis criterios 36 :
1. En razón da súa preparación: De al ta competición e deportes populares.
2. En razón da súa participación: Depor tes selectivos e de espectáculo.
3. En razón do público: Deportes minoritarios e de masas.
4. En razón dos participantes: Infantís , xuvenís, para adultos, masculinos,
femininos, para discapacitados, escolares e universitarios.
5. En razón da modalidade depor tiva: Unha por disciplina.
6. En razón dos acontecementos internaci onais: Xogos Olímpicos, cam pionatos
mundiais e grandes acontecementos deportivos.
Como se indica ao longo da presente investigación, xornalismo deportivo non é
sinónimo de especialización se o que tem os en conta son os contidos. Para iso é
necesario tanto unha coherencia temática como un tratam ento específico da información
e unha metodoloxía de investigación. É ev idente que estas so n características
indispensables para facer un xornalismo de calidade. Porén, dende que a finais do
século XIX xurdiran as prim eiras publicación s de carácter deportivo realizadas por
xornalistas/deportistas amateurs, irán nace ndo distintas asociacións para consolidar a
figura do xornalista dedicado en exclusiva á información deportiva 37 . As aptitudes
36 Consideran que hai 18 áreas de especialización diferentes entre as que se e ncontra a área de
inform ación deporti va, considerá ndoa com o unha su perárea. Cada deporte form a unha subárea pro pia,
necesitando cada discip lina un grao de especialización específico.
37 En 1924 xo rde a Internation al Sports Press Asso ciation (AIPS) co obxecto de facilitar a labor dos
profesi onais dedicad os á inform ación deporti va. En Espa ña, créase a Agru pación Espa ñola de Perio distas
Deportivo s (AEPD) en 1950. En 1989 fundo use a Asociación Española de Per iodistas Olímpicos
(AEPO). En Galic ia, a Federa ción Galega de Prensa Deport iva (FGPD ) data de 2001.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
93
mínimas que deben posuír son cinco segundo E steve & Fernández del Moral (1999:287-
288):
1. Coñecementos sobre lexislación e regulamentos: Débese ter capacidade para
entender o deporte do que se vai inform ar, así como coñecer a súa historia. Non
se debe usar unha linguaxe demasiado t écnica nin sobrecargar a información con
anécdotas e chascarrillos.
2. Obxectividade e seneridade: Entendendo que o tratamento da inform ación
deportiva non debe ter concesións part idis tas, sen terxiversar a realidade.
3. Práctica do deporte: No n é indispensable, pero si r ecom endable, que o xornalista
practique ou teña practic ado algún deporte, o que fac ilitará a súa comprensión.
4. Documentación: A actividade deportiv a fai agromar m oita información, polo
que se require unha actualizada documentación.
5. Afección deportiva: Ao igual que a práct ica dun deporte, é recomendable un
interese e entusiasmo pola activid ade deportiva para transmitir unha crónica
atractiva aos lecto res.
En opinión de Alcoba (1988), os teóricos pretenderon formalizar a estrutura do
xornalismo e con ese sentido crearon os xéneros xornalísti cos que non se refiren á
esencia do xornalismo, senón á faceta lite raria da súa com unicación. Os xéneros
impiden visualizar e comprender a realidade da actividade xornalíst ica. Para o doutor
madrileño, o deporte e un xénero específico do xornalismo que a súa vez se divide en
subxéneros referidos a cada deporte. Cada ár ea temática (política, local, econom ía…)
debería estar igualmente dividida e de ste xeito obteríam os unha perfecta
especialización. Incluso argumenta que para unha especialización perfecta cada
subxénero debería estar dividido segundo a in formación tratada –aquí e onde entran os
xéneros literarios-. Deste xeito, e poñendo por caso o fú tbol, nunha redacción teríamos
que ter un xornalista especializado na normativa legal do xogo, outro no seguim ento
diario dun equipo, outro na re copilación de datos históric os e anécdotas que perm itan
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
94
elaborar reportaxes, outro especializado en co mpeticións e e statística, e así cantos máis
profesionais fosen posibles 38 .
Esta proposta, case idílica de Alcoba, dista moito do pamo rama actual da
profesión. O principal problema que ten a especialización de portiva deriva das
conexións empresariais e políticas que ten este tipo de información. As publicacións
diarias fam iliares pasaron a ser un gran negocio e mpresarial. Na actualidade son grupos
multinacionais con im portantes conexións tanto a nivel horizon tal coma vertical. O
negocio e a obtención de poder e notorieda de son dous lastres que imposibilitan a
especialización. Un dos debates máis en voga na profesión é en que medida existe
censura invisible, é dicir, c ontrol por parte das empresas e dos partidos políticos, o cal
converte os xornalistas en as alariados invalidando a súa faceta de controlador social.
A aprobación da Constitución e a derrogación da Ley 14/1966 39 provocou que
non se debatera ata onde se encamiñaba n uns m edios que estaban destinados a
converterse en grandes grupos empresariais. Este tipo de cen sura invisible está ligada á
consolidación da democracia. De feito, en 1972 o Sindicato de Xo rnalistas Deportivos
de Francia respondeu á opinión pública, que lles recr iminaba a manipulación que
sufrían os seus comentarios e inform aci óns, argumentando que non eran heroes senón
traballadores contratados por empresas que impoñían a súa liña editorial. Así, a
dependencia laboral imposibili ta a especialización deportiva e os xornalistas pasaron de
ser considerados defensores da liberdad e a encubridores do poder político e económico.
As presións externas e a competencia ex trema por m or das tiradas e das
audiencias, fan que informar sobre deporte sexa unha tarefa moi dificultosa na
actualidade. Quizais isto explique os motivos polos que moitos profesionais se resistan a
unha especialización e manifesten que o depor te tan só é un espectáculo que debe ser
tratado coa vella tradición de m inusvalía informativa. É di cir, limitando en coñecemento
de resultados e clasificacións, as virtud es do xornalista considerado un experto en
deporte.
38 Cita do en Alc oba ( 1993:1 37-138 ).
39 Aprobada o 18 de marzo é coñ ecida popularmente como Lei Fraga, xa que o político vilalbés era o
responsabl e da súa apro bación. De a gora en adíante usarem os o term o coloquial para refe rirnos á lei .
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
95
Deste xeito, a necesidade de especializac ión xornalística e aínda se cabe máis
importante, pois precísase un tratam ento informativo que sexa capaz de conectar o
deporte con outras áreas de coñecemento. Con vistas de ser non o primeiro, senón o
mellor dos especializados, o xornalismo depor tivo ten que sopesar que hai de serio no
espectáculo, verificar que hai detrás do m esmo, procurar creatividade antes que
esaxeración e asumir os exercicios d un compromiso xornalístico competente.
3.4. O xornalismo deportivo. Definición, actores e papel do xornalista
Autores como García Ferrando, M., & Puig Barata, N., & Lagardera Otero, F.
(1998:69-71) consideran que o deporte se foi difundindo na vida soci al de practicamente
todas as sociedades ao longo do século XX. Así, a finais da pasada centuria xa era unha
industria lucrativa grazas á influencia dos m edios de comunicación, particularm ente da
televisión. Os inte reses comercia is da industria deportiva e da comunicativa
embeleceron tanto ás competicións com a ao deporte m ediante a promoción e a creación
de heroes. Foi a televisión comercial a que se encargou de refor zar esta conexión.
Dende os anos 50 en Estados Unidos, cara os anos 60 en Europa Occidental, e no resto
do mundo de forma xeneralizada a partir da década de 1970 40 .
Koppett (1994:246-248) sinala que o obxectivo do xornalismo deportivo é
encontrar formas para crear e m anter a ilusión de que o resultado do xogo non importa.
Tras esta idea xira o gran negocio e espectáculo do deporte. Destaca, tam én, que nos
Estados Unidos o deporte é o entretemento de m asas máis barato que existe, idea que
podemos trasladar ao m undo occidental 41 .
Alcoba (1993:44-45) apunta que o xorna lista deportivo non é un simple narrador
da realidade. Tamén é un inform ador que non só debe contar o que sucede, senón que
está na obriga de buscar situacións concretas e interesantes. Subliña Alcoba que é
recomendable que o xornalista sexa un amante do deporte e que fose ou sexa
40 Cabe sinalar que en 1979 com ezou a emitir de xeito regulado, e as 24 h oras do día, a canl e
Entertain ment and Sports Pr ogrammin g Network ( ESPN) , sendo a primeira es pecializada en deporte.
41 Koppett apun ta que de cada 100 dólares gastados en recreo e ocio, soam ente dous se gastan
directamente na com pra de entradas deportivas . Só con eses cartos se ma ntén a continuidade e
regularidade dun es pectáculo deportivo que é facilmen te comprensible e accesible para o gran público.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
102
nunca se debe confundir a linguaxe com ún, coa lingu axe vulgar ou pobre.
Para Grijelmo “el informador no puede permitir que le contagien las
palabras que usan sus amigos o su entorno 48 ”. A responsabilidade social do
xornalista debe impoñerse a estas tendencias.
6. Sensacionalismo: A ausencia deste tipo de prensa, tan común na m eirande
parte de Europa, provoca que en Espa ña se asocie se nsacionalismo con
prensa deportiva. O sensacion alismo contamina o discurso informativo
manexando, de xeito interesado, as paixóns humanas e relegando a un
segundo plano a fiabilidade. Esta técni ca é común á prensa nos últim os anos
e consecuencia da espectacu larizaci ón da prensa deportiva. Ten dúas
características:
6.1.Futbolización: A preeminencia do fútbol provoca que palabras
propias deste deporte se utilicen indistintamente noutras disciplinas
de xeito erróneo.
6.2.Trivialización dos con tidos: A necesidade puramen te m ercantilista da
información induce á proliferación de contidos m áis triviais e
lixeiros. A necesidade de que prim e m áis a cantidade que a calidade
determina que forcen as declaració ns dos entrevistados e que as
preguntas e respostas obedezan a un clich é previamente preconcibido.
7. Linguaxe belicista e incit ación á violencia: Os term os procedentes da guerra
e do exército son moi útiles para a ex altación épica dos acon tecementos. Para
moitos teóricos isto provoca un aumento da violencia. Para outros non é máis
ca unha consecuencia natural do en frontamento físico entre dous
contendentes. Porén, tanto uns coma outros coinciden en que é o xornalista
deportivo o encargado de non converter o uso dese tipo de linguaxe en
sensación de violencia para o lector.
48 Citado por Ro jas Torrij os (201 0:311) .
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
103
8. Confusión entre información e opini ón: A excesiva proxim idade, e, en
ocasións, dependencia das fontes (d eportistas, clubs…) implica que en
moitas ocasións a narración dunha información sexa substituída por unha
opinión. Isto non só confunde ao receptor, senón que aumenta a carga
emocional da linguaxe e dim inúe o seu punt o de vista crítico. É nos titulares
onde mellor se percibe a m estur a entre información e opinión.
9. Sexismo: Os tópicos e os estereoti pos en relación ao sexo feminino son
comúns no xornalism o deportivo, ao i gual que noutras áreas informativas.
“El sexismo lingüístico se produce cuando las palabras o las estructuras
empleadas degradan, o simplemente, invi sibilizan a las pe rsonas por razón
de su sexo” , segundo Ayala, Guerrero e Medina 49 .
Por outra banda, tanto Hernández Alonso com o Paniagua Santamaría ou outros
autores que teñen afondado no estudo da linguaxe do xornalismo deportivo, non teñen
analizado o que poderiamos chamar linguaxe visual. Non só na escrita podemos ver
patróns de comportam ento, tamén nas te máticas e nas fotografías vemos unhas
características propias. Isto é fácil de obser var se analizam os a prensa deportiva como
un elemento de predom inio masculino. Pese á crecente inclusión das m ulleres, os ho mes
seguen a constituír o p úblico maioritario de lectores deste tipo de información. En
correspondencia con isto, as mulleres form an parte da linguaxe visual da prensa
deportiva a través de modelos en traxe de baño, noivas de depor tistas ou anim adoras.
No tocante ás mulleres que se dedican prof esionalm ente ao deporte, destacan tanto
polas súas aptitudes dentro com a fóra da pista ou do terreo de xogo 50 .
En todo caso, a linguaxe deportiva segue a ser considerada por moitos teóricos
como un foco perm anente de problemas lingüísticos. R ojas Torrijos afirma que
institucións coma a RAE ou o Instituto Cervantes cren que o xornalismo deportivo “es
un ámbito de urgente intervención y vigilancia para el uso del idioma (…) organizando
congresos generales y específicos sobre el idioma en los medios deportivos y han
49 Citado por Ro jas Torrij os (201 0:326) .
50 A asociación de Mulleres Deportist as Galegas (M UDEGA) prese ntou u n informe no I Curso de
Xornalism o Deportiv o da USC (20 10) no que dem ostraba a escasa presenza da m uller nos m edios
deportivos e como a súa apa rición estaba ligada aos cr iterios m asculinos de beleza. O c ampo está aberto
para un est udo de xéner o sobre a pre nsa deportiva.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
104
publicado obras que recogen la terminolog ía más utilizada en las principales
disciplinas” (2010:308).
3.4.2. Os xéneros no xornalismo deportivo
A raíz dunha precaria especialización do xorn alismo deportivo, em pezaron a
exercerse subespecialidades in form ativas a carón da aparic ión de novos deportes. Isto
fixo necesaria a incorporaron de diversas ferram entas xornalísticas. Realmente, esa
pseudoespecialización, existiu dende o mesm o momento en que aparecía esa nova
disciplina. O xornalista era cronista, explicab a en que consistía ese novo deporte e daba
a súa opinión como deportista que tam én era. Así, ante a múltiple cantidade de
perspectivas posibles faise neces aria a aparición dos xéneros.
Para autores como Dom ínguez Pérez (2009:9) pódese considerar que o
xornalismo deportivo é unha das expresións inform ativas máis conservadoras, no
sentido de que os xéneros que o conforman xa estaban pres entes nos seus inicios e se
manteñen na actualidade. O seu éxito co mercial é inalterable ao longo do tem po, polo
que non se considera necesario acometer novas estratexias. P oderán aparecer xornalistas
máis preparados e especializados, pero dificilm ente poderán xurdir novas técnicas 51 .
Á hora de abordar un esbozo sobre os di stintos xéneros xo rnalísticos qu e teñen
incidencia na información deportiva, cóm pre sinalar que a meirande parte deles se
centran na crónica. Efectivamente, se n crónica non podemos entender un tipo de
información que ten como lev motiv contar o que aconteceu nun encontro deportivo,
tendo como punto de partida da análise un resultado. José Miguel Larraya, que fora
defensor del lector en El País, subliña: “La información sobre deportes debe atenerse a
las normas generales, aplicables a cualquier sección. Es obvio que la mayor presencia
de crónicas en Deportes que en otras se cciones del diario, dan a esas páginas un
carácter más personal e interpretativo (… ) hoy la tendencia de los periodistas
deportivos es apurar al máximo la libertad de interpretar, comentar y valorar los
acontecimientos que narran (…) en las cr ónicas no se deben olvidar los datos
fundamentales de los hechos para que los lectores que no los hayan presenciado o
51 Consult ado na ve rsión on-line d o ensaio: w ww.razo nypalabra .org.m x/N/n69/i ndex.htm l (cons ultado o
26 de m arzo de 2011)
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
105
escuchado, en caso de que fueran transmitidos por radio o televisión tengan una
información completa 52 ”.
Na teoría existen tres clasificacións d is tintas que serven de pu nto de partida para
definir os xéneros; a interpretación, a opinión e a inform ación. Porén, é moi fácil
traspasar estas fronteiras im axinarias é converter un xé nero nun híbrido. Isto ten
especial incidencia na información de deportes, xa que conta cun gran compoñente
emocional. Unha m estura de xéneros que se observa con maior claridade no
audiovisual. Deste xeito, os xéneros puros son cada vez máis difíciles de encontrar no
xornalismo. Na actualidade com pren unha func i ón orientadora e lexisladora, para que
esa mestura non supere nunca a liña que separa a información da opinión.
Autores como Juan Cantavella consid eran que se está a producir unha busca
permanente de novas form as, orixinais e má is produtivas de comunicación cos lectores.
Para este autor as formas puras están deixando paso a unha m estura atractiva e
enriquecedora, na que a vontade de renovaci ón e introdución dun esti lo persoal provoca
unha énfase na busca da creatividade 53 . Para Sunkel (2002:124) a crónica é o referente
fundamental no xornalismo deportivo. Perm ite asocialo co sensacionalismo, co
obxectivo de impresionar em ocionalmente ao lector. A crónica tam én é unha ferramenta
útil para ree scribir o xa sucedido d e form a que existan dúas realidades, a do deportista e
a do cronista. En opinión de Paniagua Sa ntamaría (2002:130-132), a crónica é noticia
pola inmediatez dos feitos, reportaxe pola sú a recreación de am bien tes, e opinión polos
seus xuizos subxectivos. E subliña que a diferencia doutros tipos de crónica “es
imposible hacer una crónica deportiva si no se está muy metido en ese mundo”.
Tendo en conta esta tendencia, é evidente que as reportaxes interpretativas e as
análises impregnadas de opinión adquiren gran relev ancia na actualidad e, e aínda máis
na prensa deportiva. O predominio do audiovisual e a tendencia a esquem atizar a
información está a contribuír no em pobrecemento da crónica e o no resto de xéneros.
52 Citado por Ro jas Torrij os (201 0:171) .
53 Tamén si nala que a infog rafía, ou c alquera o utra re presentación gráfica, é imprescindi ble en todo
xénero com o documentación e com o acompañamento para a exposici ón dunha info rmación com plexa.
Citado po r Sobrados Leó n (2005:18 9).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
106
Agora ben, ese aumento da interpreta ción non ten porque estar ligado coa
especialización. Sobrados León (2005:190) incide nesta idea, ao sinalar que o
xornalismo deportivo é, m áis ben, lixeir o, moi visual e espectacular, polo que a
profundidade dos relatos é escasa 54 . Debemos ter en conta, com o ben apunta Gómez
Calderón (2010:329), que na especialización créan se estruturas textuais propias que, na
maior parte dos casos, son m oldes que resultan da derivación de xéneros anteriores. Xa
que logo o que se pretende é explicar e trasladar conclusións e non xulgar ou opinar.
Así, para a especialización só existirá a crónica se ha i interpretación, mentres que a
noticia quedaría d escarta da nesta realidade.
Sen esquecer o que a especialización determina en relación aos xeneros,
Sobrados León (2005:192-200) realiza unha clar a e exhaustiva clasificación dos cinco
xéneros que podemos atopar de forma habitual na inform ación deportiva, sexa ou non
especializada:
1. Crónica: É o xénero máis utilizado e ta mén o que máis espazo de texto soe
acaparar. Aparece como un xénero am bivalente, no que o relato do feito
mestúrase co xuízo do cronist a, o cal, precisam ente, debe xustif icar e explica r o
acontecido con total veracidade 55 . Na crónica deportiva o xornalista é
observador directo do que sucede e non neces ita doutras fontes para con struír o
seu relato, polo que cada crónica e un re flexo fidedigno de cada autor. Unha
característica propia da cr ónica en deportes é a fich a técnica, co resultado,
aliñación e incidencias do encontro. A estrutura naceu na década de 1970 e
mantense inalterable.
2. Reportaxe: É un texto persoal e libre que va i máis alá da estrita noticia. Para a
autora é o segundo xénero máis utilizado na inform ación deportiva. Poderíamos
falar de dous tipos de reportaxes: En base á persoa e en base á estatística. As
primeiras son m áis comúns na prensa de información xeral, nas que se aproveita
54 Isto é evidente na escasa espe cialización da inform ación deportiva, que está basea da fundamentalm ente
no día a dí a das com peticións , obviando t odo o que xi ra arredor doutras actividad es fortemente ligadas á
realidade do deporte como pod e ser a ec onomía, a política ou os cambios sociais.
55 Sobrados León sinala que o titular se presenta co mo informativo e o texto co mo valorativo, excep to
cando hai pouco espazo para a crón ica. Nese caso acontece ao re vés. Porén, na pren sa monotem ática,
tanto titular como texto so n valorativos polo x eral, deixando os subtítulos para a info rmación. Ademais, a
proliferaci ón de event os deportiv os na televisi ón está a provoca r un aum ento da valoraci ón, deixa ndo
como espazo para a información unicam ente o recadro co re sultado final do e ncontro.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
107
un suceso ou unhas declaracións para construír unha historia. As segundas son
máis frecuentes na prensa m onotemática e están relacionadas cos resultados,
antecedentes e coa docu mentación histórica.
3. Noticia: É un relato simple dos acontecementos que segue unha estrutu ra
piramidal da inform ación. É común nas roldas de prensa e nas notas de gabinete
que envían os clubs deportivos. En t odo caso, considera que en deportes hai
poucas noticias puras e que se ten maior li berdade noticiosa ca en calquera outra
área xornalística.
4. Crónica previa: É propia do xornalismo deportivo, e defínese com o un relato que
da a coñecer as novidades dos equipos an tes de disputar un encontro. Dá as
claves informativas dun evento que vai a suceder para que o lector conte con
todos os medios necesarios para comprender o suceso e, incluso, intu ír o seu
desenlace. Ao igual que acontece coa cr ónica, conta cunha ficha técnica, neste
caso coa posible aliñación, hor a do encontro, climatol oxía prevista, xogadores
lesionados e sancionado s ou canle de televisión que retrans mitirá o encontro. É
un xénero indispensable, nomeadam ente da prensa especializada. Require dun
profundo coñecemento do suceso p or parte do xornalista, que debe especular co
que vai a acontecer 56 .
5. Opinión: Está inxerida no resto de xéne ros, pero aínda así ten un espazo propio,
especialmente na prens a monotemática. No último lustro, o aum ento das
columnas de opinión en deportes é desm esurado para intentar facer fronte á
competencia da televis ión 57 .
Ademais dos cinco xéneros xa citados, Sobrados León (2005:200) cre que
existen catro formas propias do xornal ism o deportivo que non se reproducen en
ningunha outra área informativa. Estas son m á is frecuentes nos soportes especializados
que nos de información xeral:
56 A crónica previa ten de a ser máis valorativa canto má is im portante é o encontro e máis informativa se é
de menor im portancia. Pa ra Sobra dos León na crónica pre via a creatividade cobra sentido. E aí on de está
a superviv encia do xornalis mo deportivo escrito .
57 As ten coma regra publicar polo menos unha columna de opinión cad a tres páxinas.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
108
1. Noticia explicativa: Noticia con numerosos dato s antecedentes sen intención de
formular unha interpretación. Son informaci óns que falan de datos estatísticos.
2. Noticia reportaxe ada: A liberdade estilí stica da paso a un relato que narra o
acontecido con altas doses de creatividade, feito extrao rdin ario para un relato
corto. É dicir, basease no estilo e non nas fontes para converter esa noticia en
reportaxe.
3. Comentario do partido: É a evolución da crónica ao artigo. A valoración dos
feitos supera a na rración do acontecido.
4. Artigo anecdótico ou intran scendente: Pezas tota lmente valorativ as, con
excesiva adxectiv ación, pero sen xuízos conclusivos nin argum entacións.
Incluso as form as son enganosas. Son textos que se presentan como artigos e en
realidade non o son 58 .
Porén, independentemente do xénero ut ilizado, e tal e como acontecía no s
inicios da profesión, todo es crito está baseado na info rmación sobre un resultado
deportivo. A relevancia dos datos estatísticos tan só ten tanta importancia no xornalismo
económico, onde o que ao final im porta é un conxunto de indicadores numéricos. Os
resultados e as probabilid ades son os parám etros a analizar. So n espremidos e
interpretados de maneira inte resada. De maneira sensaciona lista, en opinión de Sunkel.
58 Unha noti cia sobre o próxim o partido ent re RC Deport ivo e Getafe C F na que se i ndica que o clu b
madrile ño nunca gaño u na Coruña e se cit an as tempadas e os di stintos resul tados ao long o da historia é
unha noticia explicativ a. Noticia reportaxeada sería a quela na que a través da rolda de prensa d un xogador
lesiona do, e sen entra r en det alles sobre a l esión, se fai unha noticia sob re o lesiona do dánd olle unha
form a literaria. Explícase o mal que o debe est ar a pasar e as i lusións que tiña po r xogar un parti do
import ante que po r culpa da l esión non va i poder x ogar. Com entario do pa rtido (vé xase os textos de
Tomás R oncero en As ), tam én chamada contracrónica, é un relato d o encont ro tendo e n conta os factores
ambientais e ex ternos ao qu e sucedeu no terreo de xogo . Por último, un artigo an ecdótico ou
intranscen dente sería cando o xornalista ap roveita unha derrota d o equipo afí n para reali zar unha not icia
que fala do duro golpe qu e significa para o equipo ese mal resultad o. Utilízanse elemento s valorativos
persoais per o sen ningú n tipo de investigaci ón nin cons ulta ás fontes.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
109
3.4.3. O xornalista deportivo
Ás contribucións sinaladas na cons trución do xornalismo deportivo débese
engadir unha característica que, en ocasións, é moito máis prexudicial que positiva: a
conversión da información en entretemento. Este últim o é integrante do xornalismo e
forma parte dos seus campos program átic os. Porén, a tradición decimonónica da
información e a súa preocupación polos aco n tecementos serios de interese púb lico
determina que exista unha tradicional negación cara o entretem ento. Hai unha crecente
preocupación entre os teóricos ante unha disciplina que aposta forte polos contidos
atractivos e pola diversión, deixando á información en segundo termo, para obter
maiores réditos en vendas e en publicidade . Levinsky considera que isto é o caldo de
cultivo para que os xornalistas depor tivos sexan minusvalorados polos seus
compañeiros debido a que actualm ente este tipo de inform ación “es un show de
declaraciones absurdas y réplicas en muchos casos idiotiz antes y a la vez útiles p ara
llenar espacios” (2002:150).
O profesional da prensa deportiva está sometido a un fanatism o irracional e a
unha pobre valoración da súa profesión en termos culturais. Durante séculos o corpo
estivo sometido á mente, e ata hai ben pouco os intelectuais consideraban o deporte
como algo banal e afastado das artes. Aínda hoxe séguese a considerar como tal cando
se fala con esaxerado entusiasmo da m ateria.
A transcendencia social, económica e política na sociedade contemporánea
corrompen ao xornalista deportivo. O contor no é complexo, e o profesional debe ser
capaz de manexar m oitas outras realidades ad emais da estritam ente deportiva. Felipe
Bianchi considera que gran parte da subvalo ración á que está som etida a disciplina non
é soamente produto destes factor es. Para este autor, gran parte da culpa está no baixo
nivel de formación do xornalista deporti vo, que cataloga en cat ro casos típicos 59 :
1. Como a tem ática deportiva é de fácil co m prensión e, ademais, é entretida e
chega a un gran número de persoas, ao xornalista cústalle im poñerse freos. O
59 En Cuadernos de Comunicación, nº7, 1991. Faculta d de Com unicaciones de la Uni versidad Católica de
Chile. www.fcom.altavo z.net/prontus _fcom/site/artic/2 0050620/p ags/2005062 0193605.html ( consultad o
o 2 de febreir o de 2010). Fe lipe Bianchi é profes or da Uni versidade Católica de Chil e e gurú do
xornali smo depo rtivo e n Sudam érica.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
110
comentario e as opinións pouco prof undas abundan na prensa. Adem ais son
rimbom bantes, en especial cando o xornalista toca campos que non coñece.
2. Como o deporte nunha prim eira olla da non é excesivamente complexo, o
xornalista deportivo non se especializa. Considérase que se pode traballar
facilmente con concep tos básicos. Isto de termina que na actualidad e as fontes, e
nalgúns casos os propios lectores, teña n máis coñecem entos que o xornalista,
polo que é común atopar erros nas informacións.
3. Por outra banda, a necesidade de obter noticias con rapidez e de producir
información de form a diaria, en especial nos m edios diarios deportivos, incita á
aparición do rum or. Búscase o impacto di recto sen ter en conta o contraste de
información e sen rep arar na calidade da mesma. En ocasións chégase á
invención.
4. Para o profesor chileno, é na área de deportes onde existe maior nivel de
intrusismo dentro da profesión. Destac a que nos xornalistas veteranos é algo
comprensible, pero que nas novas xeracións non se podería perm itir. Considera
que é o maior problem a dentro do xornalismo deportivo.
Non obstante, Bianchi tamén apunta catro propostas para mellorar a calidade e
capacidade do xornalista deportivo:
1. Darlle ao tema a súa verdadeira dim e nsión. Establecer parámetros para que
informacións de escasa relev ancia non se xan as guías nas dinámicas do m edio.
Non engrandecer espazos informativos que non se corresponden coa realidad e
nin coas necesidades do público.
2. Propiciar un m aior traballo de inv estigaci ón e solidez ética qu e impida converter
os rumores en situacións consumadas. Desterrar a idea de que canto m áis
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
111
espectacular, m aior será a venda. Substitu íla pola de que a maior credibilidade,
maior será a recepción do público.
3. Perfeccionarse co contacto exterior e co coñecem ento de diversas materias que
inciden na práctica deportiva. O xorn alista que logre manexarse con acerto
nestas áreas non debería, por formación, caer en x uízos vans.
4. Ao mesmo tem po, é absolutamente n ecesario entender o deporte na súa
transcendental relación con outras discip linas. Sen entendelo na súa dim ensión
real córrese o risco de sim plificalo. Ese é o primeiro pa so para caer na
mediocridade. O deporte cam iña cóbado con cóbado coa problemática social,
económica e política.
3.4.4. A prensa deportiva e o seu mercado
Non é disparatado afirmar que a inform ación deportiva é o segmento
xornalístico con maior forza e peso do apar ato comunicativo galego e español. Dos dez
diarios máis seguidos en España, catro son deportivos, ocupando a primeira posición o
madrileño Marca con cerca de tres millóns de lectores 60 . Segundo o colombiano Daniel
Samper entre a prensa especializada e as pá xinas da prensa xenera lista, hai m áis de 800
follas diarias deportivas en España, sendo o pa ís que máis volum e de material deportivo
impreso produce 61 . Con estes datos é comprensible que sexa visto por moitos com o o
elemento estrela do xo rnalismo.
Sotelo González asegur a que o merca do da prensa deportiva é o que m ellor
resiste a perda de lectores, e iso a p esar de que a información de deportes cada v ez está
60 Segundo os datos do Estudi o General de Medi os (E GM) de dece mbro de 2009 - o últim o que
temporal mente fo rmaría part e da invest igación-, Marca cont aba con 2,8 mi llóns de lectores. Ent re os dez
prim eiros estaban os madril eños Marca e As e os cataláns El Mund o Deporti vo e Sport , suma ndo entre os
catro 5,4 millóns de lectores, incrementados a 6,7 millóns no caso de usuarios únicos ao mes na intern et.
Por outra banda , Radio Marca , única de t emática depo rtiva a nivel nac ional, conta con 3 30.000 oínt es
(oitava posici ón) e os progra mas deportivos de fin de se mana son os m áis seguidos tras os de vari edades e
inform ación matinais. A supr emacía deport iva é total na tel evisión, ond e os 15 espazos m áis vistos de
2009 for on part idos de fútbol , sendo o pri mei ro o encontro da final da UEFA Cham pions League entre o
FC Barcelona e o Ma nchester United FC con 13,3 mi llóns de telespectadores, un 62 % de cota de
pantalla.
61 Citado por Ro jas Torrij os (201 0:301) .
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
118
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
119
CAPÍTULO III
Panorama da prensa deportiva na
actualidade
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
120
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
121
1. Apuntes sobre a historia e evol ución da prensa española no
século XX
A prensa deportiva nace no último terzo do século XIX en España e non o fará
ata a primeira década do século XX en Ga licia. Xa que logo, inte résannos os distintos
niveis de prensa e a súa evolución dentro do Estado durante a pasada centuria. Tomando
como base as consideracións de Barrera (2004:285-316), podemos di vidir a historia da
prensa en España durante o sécu lo XX en seis grandes etapas:
1.1. Crise da Restauración e rexen eración xornalística (1898-1931)
As melloras tecnolóxicas e un incipien te afán de profesionalización dos
xornalistas deron lugar a un progresivo renacem ento da importancia da prensa nas dúas
primeiras décadas do século. Xa antes, en 1895, nacera a prim eira Asociación de la
Prensa en Madrid (en 1904 fai o propio a da Coruña). Exceptuando os sete anos de
ditadura de Primo de Rivera , as publicacións periódicas viviron un ascenso continuado,
nun crecemento que afectou á prensa política, pero, en gran medida, aos sem anarios
literarios, prof esionais, artísticos, relixio sos e deportivos. O eixe Coruña-Vigo forma
parte dos mercados en forte crecem ent o. Barrera sinala en dous os aspectos
fundamentais nesta época:
A. Grandes modelos de novos xornais : A com ezos de século nacen ABC , El
Debate e El Sol . Dende un punto de vista políti co, e aínda que respondían a
corr ente s dife rentes , pr ocuraron representar m odelos críticos aos dos
rotativos da Restauraci ón. Imitaron e adaptaron tendencias e fórmulas
xornalísticas estranxeiras e dignificaron e elevaron a consideración social do
xornalista. Mentres El Sol e ABC aumentaron os salarios esixindo unha
dedicación completa ao xornal, El Debate creou a prim eira escola de
xornalismo en 1926 e introduciu a pirám i de invertida e a técnica das 6 W’s
en España. Sinala Schneider ( 2004:182-183) que nos anos 20 do pasado
século aparecen os “grandes reportajes, juegos , novelas por entregas y
encuestas a los lectores. No descuid aron tampoco el mecenazgo de eventos
deportivos, sobre los que luego se publicaba abundante información”.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
122
Aínda que esta autora se refire a Francia, estas tendencias son asumidas con
rapidez en España.
B. Crise da prensa tradicional: A apar ición de novos modelos fixo que os
grandes diarios do último terzo do s.XIX desaparecesen ou tivesen que
reorientarse. A prensa de mercado, com o El Imparcial , mantívose con
grandes dificultades ata os anos 30. Me ntres, a prensa de partido perdeu
influencia na vida pública. A excepción foi a prensa cató lica, aínda que esta
tiña moita m áis semellanza co xornalismo m oderno e com ercial que co de
partido. Era esencialmente un tipo de prensa destinada a convencer
ideoloxicamente máis que a pres entar noticias.
Paralelamente ao que acontecía en Espa ña, Schneider (2004:170) considera que
a comezos do século X X a prensa de masa s era a que dom inaba o mercado europeo
(Gran Bretaña, Francia e Alemaña) e norte am ericano. A creación de axencias de
publicidade, o desenrolo do ferrocarril e o telé grafo e a necesidade dos traballadores d as
cidades dun referente social, fixeron que aparecese a prensa de masas. “Ya no estamos
hablando de iniciativas editoriales fuertemente significadas en lo ideológico y
habitualmente ruinosas que se ofrecen a la s élites de una sociedad, sino de unos
negocios fabulosos provenientes de los anunciantes y de las ventas diarias en la calle”
(Llano, 2008:54-55).
Os xornais e revistas facíanse eco dos grandes debates políticos intentando
gañar á opinión pública para a súa postura. Sc hneider afirma que é a época na que os
grandes xornalistas se converteron en ‘the people’s champions’ , caso de Scripps ou
Hearst en Estados Unidos, ou Harmsworth en Gran Bretaña. Aínda que estes m agnates
proclamaban defender á democracia dos poderes públicos e do fraude e da corrupción,
iso non foi obstáculo para que se convertes en en millonarios c on profundos intereses
políticos. Tratábase dunha prensa sensaciona lista, con noticias breves e ilustradas.
Por exemplo, en Gran Bretaña, a creación do Daily Mail en 1896 deu paso á
unha nova forma de facer xornalismo. Ata en tón, os xornais ingleses lograran ser
considerados o cuarto poder grazas á súa belixerancia contra os poderes políticos. A
aparición da prensa de masas fixo que se abandonasen a imparcialidade política ante a
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
123
necesidade dun mecenas. Segundo Schneider (2004:177) “la clave de su éxito fue el
sacrificio de un exceso de te mas políticos a fa vor del entretenimiento de los lectores”.
Neses novos temas de interese estaba o deporte, tal e como afirma Gomis 66 , que
considera que o éxito do Daily Mail deriva do seu baixo custe, a presentación vistosa
das páxinas e dos titulares e a atención prestada tanto á in formación de sucesos como á
deportiva.
Eran baróns que se vían a si m esmos como políticos e xornalistas capaces de
deseñar e organizar a propaganda do país. Eran os ‘Lord Press’, que tiñan o seu
contrapunto en Francia, onde eran os políticos os que daban o salto cara o xornalismo,
xusto ao contrario do que su cedía nas Illas Británicas.
É nos anos 20 cando se busca o valor enga dido entre os xornais populares. É o
momento no que se organizan concursos e promocións co obxectivo de vender antes
que de informar. Deste xeito, en Al em aña xorden os ‘generalanzeiger’. “Estos
‘anunciantes generales’ eran políticamente neutros y se dirigían a las masas populares
con reclamos como historias de interé s humanos, novelas por entregas (…) y
contenidos pensados especialmente para las mujeres, como recetas culinarias y
consejos de todo tipo” (Schneider, 2004:189).
Porén, a prensa de elite sobreviviu, xa que estaban dirixida a unha selecta
audiencia que costeaba m aioritariamente o custe do xornais a través d a publicidade. A
tecnoloxía moderna nas rotativas e a escola rización im pulsada dende o século anterior,
facilitaba por un lado a creaci ón dun produto de calidade, e, por outro, o interese de
gran número de lectores. En Gran Bretaña este tipo de prensa era coñecida co mo
‘quality press’ , destacando especialmente o Times .
1.2. Os contrastes da Segunda República (1931-1936)
Aínda que houbo un importante incremento do núm ero de publicacións, a
censura previa f oi máis com ún que a liberdade inform ativa. Neste lustro, a politizac ión
66 Citado por Ll ano (2008:5 5).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
124
da prensa é notoria e de móstrase no elevad o número de xornalistas que tam én exercían
de deputados:
A. Multiplicidade de cabec eiras e aumento da d ifusión: O interese polític o e os
cambios sociais da época fixeron aum entar a difusión e a aparición de cabeceiras
de todas as ideoloxías políticas. Estímase que xornais tan dispares como La
Vanguardia, ABC, Heraldo de Madrid, Ahora ou El Diluvio superaron con
creces os 100.000 exemplares de tiraxe.
B. Radicalización da prensa e represión do poder po lítico: A Ley de Defensa de la
República (1931) e a Ley de Orden Público (1933), permitiron aos distin tos
gobernos decretar susp ensión masivas de cabeceiras. Practicam ente o único
rotativo que non sufriu represalias foi o madrileño Ahora . Nado en 1930, cun ton
moderado republicano, outorgoulle gran impor tancia á fotografía e o grafism o,
ao igual que facía ABC . No resto de xornais, os lím ites entre a prensa de
empresa e a de partido tenderon a diluír se ante o clim a de axitación política do
momento.
No resto de Occidente, é unha época na que os xornais teñen gran influencia
tanto en circulación como en contidos e pres tació n de servizos. O cine, a fotografía e a
radio supuxeron un grande desafío para os xornais que tiveron que ofrecer información
e diversión a baixo esforzo. As revistas ilu stradas aumentaban, mentres retrocedían os
textos longos e com plexos. Na ampliación de contidos tiña lugar des tacada a
información deportiva destinada principalm en te aos homes. Isto provocou a perda de
comprom iso político de moitos xornais. A evolución do sensacionalismo deu lugar ao
nacemento do prim eiro diario tabloide en 1919, o New York Daily News . Para
(Schneider, 2004:194) os temas presenta dos eran máis escabrosos ca nunca,
preferentemente relacionados co sexo, os crimes violentos e a vida íntim a dos
persoeiros famosos. A prensa seria tivo que ampliar o seu espazo para fotografías e
reducir a información política. A necesidade d e capital fixo que entrara un gran volu me
publicitario procedente de casas com erciais. Ata entón a publicidade estaba dirixida a
un público determinado. Agora pasaba a estar dirixida á gran m asa de compradores,
creando un vínculo de dependenc ia. A competencia e a necesidade de audiencias cada
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
125
vez maiores fixo que a prensa se desviara cara un estilo sensaciona lista, que, en certo
modo, aínda se mantén na actualidade.
A censura tamén afectou á prensa europea. En Alem aña o proceso foi evidente
coa chegada de Hitler ao poder, pero en Francia ou Gran Bretaña a concentración de
cabeceiras e o crecente patr iotismo dos m edios tamén afectaron ás liberdades de
expresión. (Schneider, 2004:202-203) consider a que a intervención política nos medios
e o fervor nacionalista puxo fin ao cártel da s axencias informativas. Tras anos de
acordos sobre áreas de influencia, en 1934 estableceuse unha libre circu lación de
informacións. Iso era na teoría, xa que na práctica cada Es tado delimitaba que axencia
tiña preponderancia nos medios.
1.3. A Guerra Civil (1936-1939)
A Guerra Civil supuxo nos medios a adopción dun m odelo no que a información
se identificou coa propaganda. Os medios, voluntaria ou obrigatoriam ente, escolleron
un bando. Dentro de cada un, había cara cterísticas comúns e distintas:
A. Características comúns e diferenzas: En am bos bandos os xornais pretendían
elevar a moral dos combatentes e da pobo ación civil, desprestixiar ao rival e
proxectar unha imaxe positiv a cara o exterior. Porén, no bando franquista o s
falanxistas crearon unha am pla cadea de medi os a través das incautacións. Foi a
chamada Prensa del Movim iento que c ohabitaba coa prensa conservadora de
provincias. Pola súa parte, no bando republicano, a amalgama de partidos e ideas
fixo que a concentración fose imposible . As cabeceiras repartíronse entre os
distintos partidos, sendo administra dos, en m oitos casos, polos propios
traballadore s e comités obreiros.
B. Publicacións máis destac adas en cada bando: O bando republicano puxo especial
empeño na prensa de guerra, el abo rada nas frontes, caso de Milicia Po pular ou
No Pasarán . Tamén destacaban revis tas culturais com o El Mono Azul, así como
a prensa de partido. No bando franquista, tras o Decreto de Unificación de abril
de 1937, tomouse a decisión de concentrar na fronteira francesa o groso das
publicacións ante a imposibilid ade de tomar Madrid. Moitos x ornalistas
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
126
escaparan da zona republican a polos Pirineos e agora refuxiábanse no País
Vasco. En Pamplona naceu Arriba , m entres que en San Sebastián fixo o propio
Vértice. En Burgos, foi prom ulgada a Ley de Prensa de 22 de abril de 1938 e
tamén alí se creou a Agencia EFE . A diferenza do acontecido na zona
republicana, apenas se creou a prensa de guerra, coa notoria excepción de El
Alcázar .
1.4. Da represión á apertura na ditadura de Franco (1939-1975)
Aínda que foron case que corenta anos de ditadura e o modelo de prensa
mostrouse inalterable, existiu unha evol ución e cambio dentro do franquism o:
A. Dous modelos de control e dirixismo in formativo: O modelo instaurado en 1938
xiraba en torno á censura previa, as consignas, o acceso á profesión e
nomeamento de directores e licencias para crear empresas xorn alísticas. O
Estado estaba presente en todas as fa ses do proceso informativo. Significativo é
a creación da Escuela Oficial de Periodismo e do Registro Oficial de Periodista s.
A Lei Fraga f ixo desaparecer as consignas, a censura p revia e perm itiu o libre
nomeamento de directores. Porén, podía es ixir o depósito previo de exemplares,
o secuestro administrativo da publicación, a in serción de notas, a concesión de
EFE en exclusiva para noticias in ternaci onais ou a denegación de inscrición
dunha empresa xornalística no rexistro. O feito de que mo itas destas prácticas se
fixeran de forma oral por un m embro do goberno, fixo que se lle chamara
‘censura telefónica’. Aínda así, moitos xornais ampliaron as súas m arxes de
liberdade. A pesar das sancións, a corrente do cambio tornouse en im parable.
B. A avaliación cuantitativa da prensa : De 1936 a 1943 o número de xornais
descendeu de 233 a 101, dos cales tan só 56 se editaban antes da Guerra Civil.
Este panorama permaneceu practicam e nte inamovible ata a década de 1960
cando xurdiron outras iniciativas de corta vida. ABC, Informaciones, Ya, La
Vanguardia Española, Diario de Barcelona, Pueblo ou Arriba estaban entre os
máis salientables. ABC alcanzaba cifras próxim as aos 200.000 exemplares de
tiraxe, ao igual que o barcelonés La Vanguardia Española .
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
127
C. O novo rol da prensa no tardofranquism o: Tras 1966, a prensa puido xerar o
diálogo público necesario pa ra preparar o cam iño cara a Transición. Converteuse
nun limitado, pero privilexiado altof alante político. O labor de cabeceiras como
Madrid, Cuadernos para el Diálogo, Triunfo ou o Informaciones dos anos 70,
fixo que a prensa escrita recobrase un interese que apenas tiña.
Pola súa banda, unha guerra, neste cas o a nivel mundial, tam én determinou a
evolución da prensa occi dental a mediados do século XX. (Schneider, 2004:209)
considera que aínda que a censura foi com ún a todos os países durante a II Guerra
Mundial, a prensa de Estados Unidos bene ficiouse notablemente da fin de conflito
grazas a unha forte concentración em presaria l con intereses no cr ecen te negocio da
radio e no incipiente da televisión. Fronte a esta co ncentración, a dé cada de 1950
contemplou o nacem ento de institucións destin adas a salvagardar a liberdade de p rensa
no clima de dem ocratización que seguiu á fin da guerra.
Países como Francia ou Alem aña necesitaron de subven cións públicas para
poder crear unha prensa de calidade tras 1945. Nun principio isto fixo aparecer
numerosas cabeceiras, pero a m ediados da d écada seguinte tan só sobrevivían as de
maior éxito. Aínda que o seu punto de inicio era distinto ao da prensa británica e
americana, finalm ente o que se estaba a albi scar era a necesidade de grandes recursos
financeiros para encarar os novos retos da competencia e do desenvolvemento dos
medios audiovisuais. As em presas familiares, pequenas e pouco rendibles, terían escasa
posibilidade de éxito.
É neses anos cando se afirma a existenc ia dun xornalismo de respon sabilidade
social do xornalista e do Estado. A supe ración dos excesos do sensacion alismo
extremos xa se iniciara no período de entreg uerras, m áis e tras a II Guerra Mundial
cando se desenrola a idea. Llano (2008:59) considera que se fixo mediante tres
mecanism os:
A. Leis relativas á activid ade xornalística: Respecto ao Estad o existe o dilema de
regular o que poden ou non poden dicir os xornalistas. Algúns crearon estatutos
ou leis específicas da profesión, mentres que outros consideran que é suficiente
coa lexislación común (caso de España e a Constitución de 1978).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
134
aínda admitindo un salto a nivel cuantitativo, comparados cos datos do resto de España
o crecemento é reducido .
Á altura de 1927, os datos serían os seguintes:
NÚMERO DE CABECEIRAS EN GALICIA (1913 ‐ 1927)
Provincia 1913 % Galicia 1920 % Galicia 1927 % Galicia
A Coruña 31 31,3 44 39,6 40 38,4
Pontevedra 32 32,3 31 27,9 31 29,8
Lugo 26 26,2 26 23,4 20 19,2
Ourense 10 10,1 10 9 13 12,5
TOTAL Galicia 99 100 111 100 104 100
NÚMERO DE CABECEIRAS EN ESPAÑA (1913 ‐ 1927)
1913 % España 1920 % España 1927 % España
Galicia 99 5 111 4,8 104 4,7
TOTAL España 1980 100 2289 100 2210 100
Cadro 5 e 6. Número de cabeceiras en Galicia (1913 ‐ 1927) . Elaboración propia a partir dos datos
recollidos por Almuíña (2001).
Sempre tendo en conta que os datos desa época son moi im precisos, Almuíña
(2001:144-145) apunta que a meirande parte das publicacións oscila entre os 1.000 e os
2.000 exemplares de tirada. Segundo as es tatíst icas recollid as por este autor, só sete
cabeceiras superan estas cifras no primeiro terzo do século XX :
DATOS DE TIRAXE DA PRENSA GALEGA ANTES DE 1930
XORNAL TIRAXE
Faro de Vigo 12.000 – 15.000
La Voz de Galicia 13.000
El Ideal Gallego 6.000 ‐ 10.000
El Correo Gallego 5.000 ‐ 6.000
La Concordia 2.000
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
135
DATOS DE TIRAXE DA PRENSA GALEGA ANTES DE 1930
PRENSA NON DIARIA TIRAXE
Vida Gallega 20.000 ‐ 40.000
A Nosa Terra 2.000
Cadro 7 e 8. Datos de tiraxe da prensa galega antes de 1930 . Elaboración propia a partir dos datos
recollidos por Almuíña (2001).
Na década de 1920 ven a súa aparición catro im portantes xornais; El
Compostelano (1920), La Zar pa (1920), Galicia (1922) e El Pueblo Gallego (1924). A
pesar da súa corta duración, o vigués Galicia f oi unha das experiencias xornalísticas
máis relevantes do m omento. Dirixido por Va lentín Paz Andrade, tratábase dun xornal
moderno, aberto ás novas corr entes ideolóxicas e culturais e atento ao que sucedía no
mundo. En opinión de Mourelle de Lema ( 1997:16) foi o apoio ás reinvidicacións
socioeconómicas de Galicia e a defensa da autonom ía o que motivou que Primo de
Rivera decidira clausuralo defin itiv amente o 15 de setembro de 1926.
Nos anos 20 obsérvase como o peso da prensa política vai ced endo paso á prensa
de información. Iso si, aínda que a noticia vai gañando importancia nas páxinas dos
xornais, o sentimento político segue latent e, aínda que non de maneira explícita. A
clasificación entre liberais e conserv adores irá deixando paso á prensa favorable aos
republicanos, socia listas e católicos.
Para Almuíña o m áis destacable é o crecemento da prens a católica, que ten o seu
exemplo m áis claro en La Región “por el monopolio in formativo y la influencia que
ejerce en su respectivo ámbito de cobertu ra” (2001:145). Ora ben, máis aló do
catolicismo, dúas das notas m áis distintivas da prensa galega neste período son a
preocupación polos dereitos do campesiñado e a defensa da identidad e de Galicia. O
agrarismo com binaba un galeguismo difu so ou pouco comprometido politicam ente na
meirande parte dos casos. Destaca neste sen tido o tam én ourensán La Zarpa (1920).
Durante a II República pódense establece r dúas grandes clasificacións de
xornais. Por un lado os que asumen a neces idad e de facer reformas na sociedade e que
apoian ou non obstaculizan o autogoberno de Galicia. Por ou tro, estarían os xornais que
proclaman a orde tradicional na sociedade e eran contrarios ou inimigos da República.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
136
Para Mourelle de Lema (1997:17) entre os primeiros estarían La Voz de Galicia, El
Noroeste, La Zarpa, El País, La Vanguardia Gallega e El Pueblo Gallego . Entre os
segundos Faro de Vigo, El Progreso, La Región, El Correo Gallego e El Ideal Galleg o .
Almuíña (2001:146) cre que unha vez é instaurada a II República non se aprecia
diferenza nas cabeceiras dende o punto de vi sta cuantitativo. O que si se verifica é un
aumento no núm ero de exemplares tirados . Aumenta tamén a presenza dos xornais
estatais en Galicia, de to das as tendencias po líticas.
Xunto aos xa tradicionais Faro de Vigo e La Voz de Galicia , seguram ente El
Pueblo Gallego (1924) é o rotativo máis signifi cativo do momento. Fora fundado en
1924 pola Liga de Defensores de Vigo, pero tres anos máis tarde é adquirido polo
republicano Portela Valladares. Con tiradas de máis de 30.000 exemplares, pasa por
diversas fases segundo os intereses polític os do seu propietario. Tal e como conta
Almuíña (2001:147) “es un caso revelador, por la tirada y el impacto social
consiguiente, de la subordinac ión del galleguismo a alianzas de convivencia, lo cual en
el fondo deja al descubierto parte de su debi lidad, arraigo social y divisiones internas”.
Na época foi o xornal que máis atención lle dedicou a Galicia no seu conxunto. Co
estalido da Guerra Civil, numeros as publicacións com o o pontevedrés El País ou o
ourensán La Zarpa foron clausuradas, mentres que o novo goberno franquista decidiu
manter a cabeceira de El Pueblo Gallego, aproveitando a súa notable im plantación
social.
2.2. Da Guerra Civil ata a morte d e Franco
A parte da Prensa del Movimiento, que grosso modo se dividía entre católica e
falanxista, en Galic ia mantéñense en pé aque las empresas x estionadas de xeito f amiliar.
Estas publicacións inciden nos temas da vida local, xa que é a única materia n a que se
poden diferenciar do resto de cabeceira s españolas in undadas de consignas e
uniformidade de estilo. No referente aos co ntidos, durante o franquism o argumentábase
que lido un xornal xa estaban lidos todos. É aí onde adquire sentido a inform ación máis
próxima. Segundo Álvarez Pousa (1999:31) a prensa familiar ten ao seu favor que serve
de nexo de unión para grupos e espazos terr itoriais e culturais m oi definidos. Pola
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
137
contra, corre o risco de ser absorbida e non pode acometer grandes inversións por falta
de crédito.
Entre as publicacións familiares destaca o traslado en 1 938 de El Correo
Gallego de Ferrol a Santiago, tr as a súa fusión con El Eco de Santiago . Na cidade
departamental tiveron que esperar ata 1969 para ver o nacem ento dun novo xornal,
Ferrol Diario . Este último foi o único diario de inform ación xeral fundado en Galicia
durante o franquismo grazas a iniciativa da familia Outeiriño, propietaria de La Región.
Os grandes xornais ga legos seguían a ser Faro e La Voz, con lixeira vantaxe do
vigués sobre o coruñés, aínda que n as primei ras dúas décadas de ditadu ra ambos foron
superados por El Ideal Gallego. Son tem pos de fervor patriótico e relixioso, o que
explica que o rotativo de Editorial Católica sexa o máis solicitado do país 69 .
No tocante á cuestión idiomática, o franquismo fai desaparecer o galego da
prensa escrita salvo para cuestións puntais. Ben é certo que antes de 1936 o seu uso era
limitado, pero as repercusións desta prohibi ción traspasan a creación dunha identidade
que estaba en formación. Deste xeito, El Pueblo Gallego quedará convertido nun xornal
franquista, afastado das sú as conviccións iniciais.
Durante os case 40 anos de dita dura non xurdirá ningunha publicación
salientable. Falange tentou crear diversos xornais como o ferrolán Fuero (1938) ou o
tudense 13 de julio (1937). Este tipo de publicacións tivo escaso éxito dentro da
sociedade galega. S i tiveron máis éxito as Hojas del Lunes , publicacións im plantadas
pola iniciativa das asociacións da prensa de varias cidades galegas. Funcionaban dentro
do esquema informativo im plantado polo réxime, pero tiveron m oito éxito
especialmente polas p áxinas que recollían as noticias e clas ificacións deportivas de cada
fin de semana.
Dentro deste panorama, existen algunhas publicacións que intentan saírse das
pautas oficiais establecidas. Almuíña (2001:148) destaca ao vespertino santiagués La
69 Álvarez Pou sa (1999:47 ) recolle os dat os de difusión de 1968 segu ndo o Anu ario Español de
Publici dad. O prim eiro posto é ocupado p or Faro de Vigo , con 37.5 61 exem plares, segui do moi de cerca
por La Voz de Galicia con 34.400 exemplares. El Ideal Gallego , o hexe mónico décadas atrás, tan só tira
15.465 exemplares.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
138
Noche (1946), que inserta seccións en galego aí nda que cun toque máis ben costum ista.
En 1967 acabaría fusionándose con El Correo Gallego . Xa nos últim os anos da ditadura
xurdiran semanarios e boletíns galeguistas na clandestinidade, tendo a súa maioría máis
valor simbólico ca real.
DIARIOS GALEGOS VIXENTES ENTRE 1936 E 1975
ANO CABECEIRA PROPIEDADE (1936 ‐ 1975) CIDADE
1853 Faro de Vigo Familia Lema Vigo
1878 El Correo Gallego Editorial Compostela Santiago
1882 La Voz de Galicia Familia Fernández Latorre A Coruña
1908 El Progreso Familia Cora Lugo
1910 La Región Familia Outeiriño Ourense
1917 El Ideal Gallego Editorial Cató lica A Coruña
1924 El Pueblo Gallego Prensa del Movimiento Vigo
1962 Diario de Pontevedra González de Haz / Cooperativa Pontevedra
1969 Ferrol Diario Familia Outeiriño / Enrique Botas Ferrol
Cadro 9. Diarios galegos vixentes ent re 1936 e 1975 . Elaboración propi a. Diario de Pontevedra pechou
en 1967 e cando volve aos quiosc os en 1968 faino nas mans dos traballadores. Botas adquire a
propiedade de Ferrol Diario en 1971.
2.3. Consolidación da democracia e creación de empresas multimedia
Mourelle de Lema (1997:20) enumera en nove os cambios que se producen no
panorama da prensa galega unha vez asentada a democracia a com ezos da década de
1980:
1. Reconversión tecnolóxica.
2. Cambios de propiedade en El Ideal Gallego e F aro de Vigo.
3. Mellora das condicións profesionais dos xornalistas ao dispoñer dun maior
abanico de posibilidades para a súa consulta.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
139
4. Desaparición das Hojas del Lunes e publicación dos xornais os sete días da
semana.
5. Aumento da com petencia na conquista de lectores.
6. Reestruturación e lanzam ento de El Correo Gallego, cabeceira que se
beneficia de ter a súa redacción en San tiago, onde reside a Xunta de Galicia,
e dicir, onde se centraliza a actividade política.
7. Gran expansión de La Voz de Galicia grazas as súas edicións locais. O
aumento da tiraxe fíxolle ser un dos diarios m áis vendidos en España.
8. Venta nos quioscos galegos dos principais diarios de Ma drid e Barcelona.
9. Participación das empresas noutros sopor tes: radio, editoriais, televisión…
É na década de 1980 cando se inicia un pro ceso de concen tración de cabeceiras.
Ademais, a rexionalización dos diarios na cionais fixo que o número de rotativos
diminuíse paulatinam ente en Galicia. O mo mento máis baixo prodúcese con tan só nove
cabeceiras en 1988, aínda que no 2009 ascendían a 14 70 . Poderían parecer elevad as,
pero débese ter en conta que núcleos como Ourense ou L ugo teñen o monopolio da
información local e rexional en tan só un diar io. Almuíña (2001:148) subliña que isto se
produce en gran medida pola pervivencia en Galic ia da empresa f a miliar e a escasa
penetración do capital foráneo. Isto non impediu que xornais com o La Voz de Galicia se
sitúen entre os máis destacados de España a nivel tecnolóxico.
Nos primeiros anos da dem ocracia pr odúcese unha lóxica transformación nos
contidos froito da recuperación da liberdad e de prensa. Paralelamente a eses prim eiros
anos de cambio democrático, as empresas dan se conta de que tamén é necesaria u nha
revolución tecnolóxica para poder competir nun m ercado que se estaba a globalizar, e
no que España e Galicia ían tomar parte. Esa revolución acom etida entre a década de
70 No mom ento de finalización de sta investigación o núm ero er a de 12. Dende 2009 pecharon Xornal de
Galicia e Galicia Hoxe . Am bos mantéñense na re de. Antes, pec hara Ferrol Diario (1969-1981) , o vigués
Diario de Galicia (1988- 1989), Orense Diario (1990) e o ponteve drés Xornal D iario (1 991-1992 ). Este
último tentou resu citar en 1993 co mo Xor nal de Pontevedra pero a iniciativa tan só durou catro meses.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
140
1980 e a de 1990, obrigou a dar un salto cualitat ivo que m oitas empresas fam iliares non
foron quen de asumir.
Aínda así, e exceptuando a Faro de Vigo , na actualidade a prensa en Galicia
segue a estar dom inada polos medios fam iliares. Ó éxito destes xornais provén da s úa
tradición e dunha especializaci ón de contidos na información local e rexional. Hai unha
identificación m oi forte coa realidad e xeogr áfica entre cabec eira e lector. Nos últimos
anos, tamén se observa unha m aior preoc upación polo deseño con continuos cambios
gráficos e de tipografía.
DATOS DE DIFUSIÓN DOS PRINCIPAIS XORNAIS GALEGOS (1979 ‐ 2009)
CABECEIRA/DIFUSIÓN 1979 1989 1999 2009
La Voz de Galicia 72.794 95.053 108.841 100.664
Faro de Vigo 34.497 30.199 42.278 39.154
El Progreso 11.182 13.167 15.104 15.402
La Región 11.688 12.107 12.433 11.324
El Correo Gallego 5.760 14.413 18.126 ¿?
El Ideal Gallego 15.383 8.089 9.358 ¿?
Diario de Pontevedra 4.590 4.890 5.190 6.917
La Opinión 5.928
Atlántico Diario 5.143 4.146 4.088
Cadro 10. Datos de difusión dos principais xornais galegos (1979 ‐ 2009 ). Elaboración propia a partir
dos datos recollidos por López García (2001:79 ‐ 89) e da s estatísticas da OJD.
Como se observa, na últim a década a prensa escrita está a sufrir un retro ceso no
número de lectores, principalm ente pola ap arición da rede como axente inform ativo.
Ante este panorama, rotativos com o La Voz ou Fa ro están enfrascados nunha liorta pola
difusión con acusacións mutuas de manter dato s ficticios de di stri bu ción repartindo en
bloques os seus exemplares. Aínda que o re parto en centros cívicos, em presas ou
escolas non é un suceso actual, Pérez (2008: 93) apunta que nos últimos anos están a
alcanzar proporcións importantes.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
141
Un dos desafíos que aínda non superou a prensa galega e o uso da lingua
vernácula nas cabeceiras. En 1994 xurdiu O Correo Galego (dende 2003 Galicia Hoxe )
como o prim eiro diario en galego. A pesar de perm anecer nos quioscos durante máis de
15 anos nunca conseguiu penetrar n a sociedad e nin acadar unhas cifras d e venda que lle
permitiran converterse nun dos principais rotativ os de Galicia.
Esta tendencia pareceu cambiar coa entrada do século X XI. Sinalaba López
García (2007:61) que “nos últimos dous anos o galego gaña posición grazas a novas
cabeceiras” . Deste xeito, a Galicia Hoxe uníanse o gratuíto de Luns a Venres e o de
pago Xornal de Galicia . Este último converteu se nunha forte aposta empresarial que
combinaba o galego co castelán nun pretendido bilingüism o. Máis alá de cuestións
políticas, tampouco conseguiu callar, demo strando que o galego segue a ser de uso
secundario na prensa rexional.
2.4. Principais diarios de Galicia na actualidade
Dous son os xornais que dominan o pa noram a galego a comezos do sécu lo XXI;
La Voz de Galicia e Faro de Vigo . Am bos foron promotores de varias publicacións
deportivas ao longo do século pasado e co ntan cunha longa tradición nesta área
informativa. A eles debem os engadir pola súa relevancia en Lugo e en Ourense a El
Progreso e La Región respectivam ente. Polo seu peso histórico e por ser o xornal da
capital de Galicia tam én compre destacar a El Correo Galleg o .
2.4.1. La Voz de Galicia
Segundo os datos do Estudio Ge neral de Medios (EGM) é o xornal máis seguido
de Galicia con 597.000 lectores. Para a Oficin a de Justificación de la Difusión (OJD)
tamén é o de m aior circulación con máis de 100.000 exem plares de tiraxe. Actualmente
está dirixido por Xosé Luís Vilela Conde.
Foi fundado o 4 de xaneiro de 1882 por Juan Fernández Latorre, José Manuel
Martínez Pérez e Antonio Prie to Puga, aínda que será Lato rre quen asumirá a dirección
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
142
e a propiedade en totalidade só tres anos despois. Autodefinías e como defensor dos
intereses de Galicia, dos valores d emocráticos (republicanos) e de defender os ideais do
Partido Democrático Progresi sta (Rom án Portas, 1997:29).
Constituído en Sociedade Anónima en 1910, dous anos despois José María
Ozores de Prado é elixido pr esidente do Cons ello de Admi nistración tras a morte de
Latorre. Elixirá como director a Alejandro Barreiro, que converterá a La Voz nun dos
xornais máis im portantes de Galicia nas seguin tes décadas.
A pesar de ser firme defensor da República, a fam ilia Fernández Latorre
consegue manter a propiedade de La Voz tras a Guerra Civil. A partir de entón inicia
unha pronta recuperación e unha progresiva expansión rexional cara Santiago e Ferrol.
Sería baixo a xerencia de Santiago Fern ández Rey-Latorre, cando dende 1962 com eza
unha expansión técnica e xeográfica que o leva a crear edicións por toda Galicia e a
dobrar as súas cifras de vendas en poucos anos. Neses anos, o xornal non dubida en
informar das revoltas universitarias de 1968, sendo unha anom alía dentro do panorama
da prensa galega (Luca de Tena, 2004:28).
Tras a morte de Fran co, La Voz aposta decididamente polo Estatuto. E n 1977
crea a sección ‘Galicia’, nun período no que o xornal deu o salto do coruñesismo ao
galeguismo 71 , e no que empezou a facer o traballo con sentido m áis profesional e cun
xornalismo m áis crítico e de máis nive l estilístico (García González, 2009:320).
Enmárcase entón nun proceso de crecem ento sostido que nos últimos 35 anos o levo u a
ser con claridade o primeiro diario de Galicia e un dos primeiros de España.
Nembargante, López García & Neira Cruz ( 2001:14) aclaran que o 70% dos
exemplares son vendidos na provincia da Coruña, sendo, por exem plo, irrelevante as
cifras de difusión na provincia de Ourense.
Para Pérez (2008:94) a tenor dos resu ltados acadados con esta expansión
dedúcese que La Voz de Galicia é unha em presa sobredimensionada. Malia ser o xornal
máis lido de Galicia, non é un gran negocio, xa que para vender 100.000 exem plares
71 A pesar deste cam bio, La Voz de Galicia monstrouse pro-coruñesista no debate sobre a elección da
capital de Galicia tras a aprobación do Estatuto de 1981. Para máis información pód ese consultar o
traballo fin d e máster de Juiz Fernández (2011).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
143
necesita unha estrutura de com erciais, xornali stas e distribuidores sem ellante aos dos
grandes diarios estatais. E, evidentemente, o seu atracti vo publicitario é moito menor ca
o de El País ou El Mundo.
Actualmente, a Corporación Voz de Galicia é unha empresa multimedia.
Ademais das 16 edicións coas que conta o xornal, tamén posúe a em isora Radio Voz
(oito emisoras que ofrecen inform ación propia ) e a única canle privada de televisión a
nivel autonómico. Baixo a dirección de Sa ntiago Rey tam én se puxo en marcha un
museo, estudos postuniversitarios ou o Estu dio de Institutos Sociolóxicos Galegos
(Sondaxe). Moito antes, en 1885, creárase a editorial Biblioteca Galleg a para difundir
as principais obras dos escritores galegos.
Tal e como subliña López García (2007:76) 72 conta tam én coa empresa Voz
Audiovisual destinada ao desenvolvem ento e produción de seri es de ficción, programas
de entretemento, tvmovies, películas e doc um entais. No 2005 tamén puxo en m archa o
diario gratuíto ADN , xunto ao Grupo Planeta e outras cabeceiras rexion ais a través da
editorial Página Cero .
2.4.1.1 . La Voz de Galicia. Área de deportes
Cando en 1909 nace a primeira pu blicac ión deportiva galega, o deporte era un
contido esporádico en La Voz de Galicia. F a l á b a s e d e ‘ n o t a s d e foot-ball’ ou ‘de sport’
cando se facía referencia a algún evento de ste tipo. As noticias xorden principalmente
cando hai partidos ou competicións atléticas ou ciclistas. E n caso contrario non se fai
necesario falar de deporte, non hai a necesidade dunha inform ación constante.
En 1921 La Voz de Galicia aumenta a súa paxinación a oito páxinas, f acéndoo
ao mesm o tempo a inform ación deportiva. Comeza a ocupar dú as columnas e
publícanse crónicas sobre partidos celebrados no resto de España que chegan á Coruña a
través do teléfono. Nesas crón icas non aparece a aliñación. Unicam ente é motivo de
publicación cando o encontro é de grande importancia. É en outubro de 1926 cando ‘de
sport’ pase a ser unha sección diaria no xornal. Norm almente trátase dun breve, que nos
domingos e m artes pasa a ocupar dúas colu mnas coa introdución doutros deportes
72 Segundo este autor, a Cor poració n Voz facturou 103.152.109 euro s en 2006.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
246
cuyo momento todos los jugadores quedaran aut omáticamente firmes en la posición en
la que se encuentren y levantando el brazo, saludando cara a tribuna. Al parar de tocar
el himno de Falange (…) el himno de Re queté, volviendo a quedar en posición de
firmes y saludando (…) luego, al oír la marc ha Real, saludarán con la mano levantada,
quedando en esta posición hasta que termine la música; acto seguido gritaran todos:
¡VIVA ESPAÑA!, ¡ARRIBA ESPAÑA! , ¡ VIVA EL GENERAL FRANCO!” (5-VI-37).
Pola súa proximidade con Portugal e por ser unha rexión na que non houbo
fronte belica, Galicia converteuse en luga r habitual de manifestacións deportivas
profranquistas, de disputa de competicións a favor de Falange e aos subsidios ós
combatentes ou sim ilares. En Vigo disputous e en 1937 un partido de fútbol entre a
selección española e por tuguesa. Nos diferent es xornais todo era “animado”,
“extraordinario” ou “distinguido” e había continúas refe rencias á virilidade e á
grandeza de España e do seu equipo n acional. A selección era alcumada com o “equipo
azul”, obviando a palabra vermello, cor caract erística da cam isola española ata 1936 e
que non foi recuperada ata a Copa Mundial de Fútbol de 1950 190 .
As mentiras e as calum nias forman parte dos contidos dos xorn ais en tempos de
guerra. Aqueles deportistas que permanecer on leais á República son considerados
traidores e minimízanse os seus pasados éx itos deportivos. Pola contra, cando un deles
decide regresar ao bando nacional é trat ado co mo unha vítima que estivo secuestrada
pola barbarie comunista. Per o, aínd a así, existen ocas ións nas que a importancia do
futbolista é tal, qu e a prensa está o brigada a inventarse unha bi ografía proclive aos
ideais franquistas. Deste xeito, dende xornais coma El Ideal Gallego invéntase a m orte a
mans dos republicanos do dianteiro centro da selección española e máximo goleador da
LFP, Isidro Lángara. En realidade, m archara a Francia e a América co a selección vasca
de fútbol difundindo a causa republicana por medio m undo: “Entre las doscientas
190 O partido xogou se o 28 de novembro. Podemos ver r eferencias en dous xorn ais distintos e observar
como a dialéctica é sim ilar. Para El Ideal Gallego (28-XI -1937) “La anim ación es ext raordinari a para
asistir al pa rtido (…) las calles presentan un aspecto animad ísimo. Todos los edificio s están enga lanados
con bande ras español as y port uguesas y por la noc he luciero n iluminaci ones (…) l os portugue ses
correspond ieron dando much os vivas a España y al genera l Franco ”. En El Pueb lo Gallego (30-XI -
1937) lam éntanse da vitoria po rtuguesa po r 2-1. C onsideran que foi p or mor da “ baja form a de públic o
y equipo e n el campo azul . Ganó Portu gal y con justic ia, pero hay que re conocer las circunstancias (…)
mientras, nuestros hombres se batían en la s trincheras contra el marxismo, fusil en mano y muy lejos de
toda preoc upación deportiv a (…) el terreno de j uego se enc ontraba engalanad o con prof usión de
banderas de los colore s españoles , portugué s y nacionalsi ndicalista. Pre sidiendo el c ampo, d os grandes
retratos del Ge neralísimo Fra nco y de Oliveira Salaz ar”.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
247
personas asesinadas por los rojos momentos antes de abandonar el pueblo, figura el de
Lángara, jugador internacional del Real Ov iedo. Lángara, español de corazón, siempre
desoyó los cantos de sirena del separatismo vasco”. (8-I-1937). Lángara instalouse en
México e sobreviviu 17 anos á morte de Franco.
2.2. A prensa deportiva ata o fin da au tarquía e a aparición da Lei Fraga
O 20 de xullo de 1949, Tomás Cerro Corro chano, Director General de Prensa,
facía entrega do carné d e xornalista número un d o rexistro oficial a Francisco Franco. O
número dous era Serrano Súñer, director da Delegación Nacional de Prensa e
Propaganda de 1938 a 1941. O núme ro tres era propiedade de José Luís Arrese, que
sería o sucesor de Serrano, mentres que o núm ero catro pertencí a a Arias Salgado,
vicesecretario do anterior e responsable do Ministerio de Inform ación e Turismo dende
a súa creación en 1951.
Antes, aínda sen finalizar a Guerra Civil, dítase a Ley de Prensa de 22 de abril de
1938, que atribúe ao Estado o control e vixila ncia nos asuntos que teñan relación coa
información pública. É unha lei de guerra que se decreta no bando nacional a im axe e
semellanza das existentes en Italia e en Al em aña. Sinala que toda publicación debe ser
revisada e que calquera infracción será xu lgada militarm ente no Tribunal de Orden
Público (TOP), é dicir, é unha lei penal 191 . Na práctica regulaba o núm ero e a extensió n
das publicacións en circulación, designaba os órganos directivos dos xornais e
censuraba aquelas informacións prexudiciais para o Réxime. A lei foi redactada por
José Antonio Giménez Arnau por encargo de Ramón Serrano Súñer, m inistro da
Gobernación. Aínda que anunciada como transito ria estará en vixenc ia ata a aprobación
da Lei Fraga en 1966. Para Sinova (1989:21- 23) os motivos da súa creación foron:
A. A Prensa é considerada culpable: Segundo o autor valisoletano é unha lei contra
a Prensa máis ca unha lei de Prensa. Tr atábase de redimir ao xornalism o do
capitalismo e do com unismo.
191 Nesa época o Goberno enviaba unha nota a to dos os medios escrito s chamada popularm ente
‘consign a’ cunhas reco mendacións sobre o enfoque qu e darlle ao tema a tratar. A lei dependerá do
Servicio Nacional de Pren sa, a súa vez, dependente do Jefe Provincial del Mov imiento, ata que en 1951
pasa a estar regulada baixo a dirección do Ministerio de Inform ación e Turism o.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
248
B. Misión da prensa: Prolongación da m isión do Estado. Institución nacional
entendida como órgano decisivo para a creación dunha conciencia popular.
C. Condenación da liberdade: Repudio á democracia.
D. Contra o mercado da noticia: A obtenci ón da verdade non se obtén coa busca da
noticia senón coa responsabilidade.
E. O xornalista como apóstolo: O inform a dor é un vehículo de apoio da acción
política, un colaborador ines cusable da autoridade.
2.2.1. A censura na prensa e no deporte
A partir de 1941, a Delegación Nacional de Deportes (DND), órgano pertencente
ás FET-Jons, ten a potestade de nomear os directores nas empresas privadas. O
Ministerio de Gobernación era quen decidía o persoal directivo dos xornais a expensas
dos propietarios. No tocante ós redactores deportivos, a regulaci ón levábase a cabo a
través de tres consignas que son edita das nun boletín da DND de abril de 1943:
1. Prohibición de criticar aos organism os federativos, tanto nacionais como
rexionais e obrigación de non emitir xuízos de valor. Non sería ata com ezos de
1970 cando o xornalista radiofóni co José María García utilice o aperturismo do
Réxime para a crítica político-deportiva e así poñer en tela de xuízo o labor
destes organismos.
2. Non se tolerarán campañas para inhabil itar árbitros en todo tipo de disciplinas
deportivas. Trátase dunha lei transitiv a (A=B=C) (A=C). Os colexiados son
destituídos e inhabilita dos a perpetuidade, tendo en conta o seu pasado
republicano. A depuración e feita por Pe dro Escartín, colexiado e entusiasta
franquista 192 .
192 Tendo en c onta os datos rec ollidos p or Fernán dez Santa nder (19 90:67), en Galicia , dos 41 árbi tros
federados que había en 1936 unicam ente se ll e permitiu a 1 7 continua r desem peñando a súa profesió n.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
249
3. Crónicas politicam ente asépticas: A aná lise, a crítica ou a sátira desaparecen.
Unicamente podía aparecer o desenvolvem ento do partido sen ningún tipo de
adxectivización.
Anteriormente, nunha disposición de censura de novembro de 1941, a
Delegación Nacional de Prensa daba as súas indicacións para o tratamento de
información deportiva: “S e dedicará un especial cuidado a conocer y vigilar la
actuación de todos y cada uno de los redacto res encargados de la reseña y crítica
deportiva (…) en su doble aspecto de morali dad y en el decoro de la redacción de sus
crónicas, pues están dirigidas, en su mayor parte, a la juventud 193 (…)”.
En todo caso, a censura gañará en fl exibilidade segundo avance o franquismo, e
no caso da información deportiva, pasará prac ticamente desapercibida, polo m enos en
provincias 194 . Tras o hermetism o e a represión de com ezos dos 40, hai a necesidade d e
abrir a man en asuntos que non estean relacionados coa política. “A mí nunca nadie me
dijo que hablara o que no hablara de ningún tema. Ni recibí consignas ni nunca tuve
problemas cuando en Coruña se disputó la final de la entonces llamada Copa del
Generalísimo de fútbol. También cubría una re gata que se hacía todos los años y en la
que aparecía Franco con el Azor y tampoco tuve problemas. En radio me tienen
llamado la atención desde el Gobierno Civil, pero no por temas deportivos, eso nunca”,
considera Juan Guillín, que comezou a dedicarse á prensa deportiva en 1957 195 . Da
mesma opinión é o lucense Rivera Cela para o que a censura en deportes “era una
carallada. Teníamos que enviar a la Dele gación de Información de Turismo una copia
de las cosas que se decían y cuando se decí a algo delicado se les daba el cambiazo.
Hablo de información general porque en deportes nunca tuve que hacerlo.”. O
ourensán Fernández Sobrino tamén é dos que argum entan que “ en deportes no había
ningún problema y a los polít icos les tenía sin cuidado 196 ” .
193 AGA 35 4 do 4 de novem bro de 1941. Recolli do por Si nova (198 9:293).
194 de las Heras Pedrosa (2000:36 ) relata que o di rector de Marc a angustíabase cada vez que tiña que
facer unha crónica do RC Deportivo. No e quipo coruñés xoga ba, dende 1948, o dianteir o Rafael Franco.
Non sabía se podía deci r que “Franc o falló e n la mism a boca de gol” ou “Franc o se arr ugó ante la
defensa c ontrari a”. Porén, Vituco Leirachá non, ao ser pregun tado por es ta anécdota, asegurou que nunca
tivo problema para escribir sobr e este futbolista.
195 Entrevista a Juan Guillín. As palabras deste xornalista, recollidas en vario s apartados ao lon go desta
investigaci ón, póde nse consul tar nos ane xos da tese.
196 Entrevista a José Manu el Fernández Sobrino. As palabras deste xorn alista, recollidas en varios
apartados ao longo desta inve stigación, pódense co nsultar nos a nexos da tese.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
250
Lucense e ourensán co mezaron a traballar a mediados da década de 1950, pero
Vituco Leirachá, que o fixo en 1947, é da mesma opinión: “Los periódicos en los
pueblos no podían criticar nada, no había li bertad ninguna y t odo era jabón aunque
por detrás criticaras al alcalde. En las ciudades pasaba pero mucho menos. Se podía
hacer sin problema dos tipos de crítica, m unicipal y de deportes. En deportes podías
decir lo que quisiera s 197 ”. Porén, que a censura en deporte s fora mínima non quere dicir
que a vida do xornalista deportivo fose cómoda, com o veremos máis adiante.
Ao igual que o exercicio do xornalismo, regulado e controlado dende as altas
instancias estaba a prác tica deportiva. A DND quedará baixo o mando do xeneral
Moscardó, mentres que a FEF será presidida polo Tenente Xeneral Troncoso. Aínda que
o exército terá o control do deporte durante o maior parte do franquismo, será Falange
quen lle impoña as directrices ideolóxicas, polo m enos nos primeiros anos. As FET-
Jons consideraban ao deporte como unha fórm ula esencial para adoutrinar e controlar á
xuventude. Xa que logo, nas vi las e pequenas cidades o depo rte pasará a estar tutelado
polo Frente de Juventudes a través da Sección de Educación y Descanso.
Os dirixentes de Falange sabían o pulo que tiña o deporte antes de 1936 e
pretenden fundar clubs e asociacións deportivas para crear unha forte rede asociativa.
Para sorpresa dele s, encóntrase coa m áis completa parálise. Moitas das asociacións e
clubs estaban dirixidos por homes que foran perseguidos ou que nese intre estaban na
lista negra do franquismo. Ademais, dar de a lta calquera tipo de em presa ou asociación
implicaba expoñerse a un listado público no que se investig aba o teu pasado, situación
pola cal ninguén quería pasar. Así pois, o bale iro é considerable. Desaparecerá o deporte
popular e non será ata o paso dos anos cando se recuperará ese pulo. Curiosamente será
baixo o auspicio das organizac ións católicas, que ven no de porte unha form a de control
e un mal m enor fronte ás reformas políticas e sociais 198 .
197 Entrevista a Vicente Leirachá Aneiros. As palabras deste xornalista, reco llidas en varios ap artados ao
longo dest a investi gación, pódense c onsultar nos anex os da tese.
198 Segundo explican Puja das i Martí & Santacana i Torre s (1997:64), o Pa pa Pío X II redactou un texto en
decembro de 1951 demandando ós xorn alistas deportivos un tratamento a favor dos va lores morais do
deporte.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
251
En lugares tan periféricos como a Costa da Mo rte hai rexistros da chegada do
fútbol na década de 1920. Hai referencias de encontros entre o Atalaya del Son e o
Junquera FC en Cee ou entre o F ortuna e o Hé rcules en Carballo (deses dous rivais
nacería en 1923 o Bergantiños FC), ou destes catro equipos ante o Club Buserana de
Muxía 199 . Todo iso desapareceu despois da Guerra e tan só hai constanc ia da existencia
de partidos de fútbol en Baio cara o verá n de 1944, grazas a iniciativa dos soldados do
campam ento de artillería emprazad o nesa vila coruñesa. Pero terían que pasar aínda
trece anos máis para que se fundara un cl ub en Baio (en parte grazas a iniciativa dun
párroco) e non sería ata 1964 cando se poñería en marcha a Liga da Costa. É dicir, polo
impulso e as gañas de facer deporte de ra paces nados tras a Guerra Civil, e, en
definitiva, s en os medos e os temores dos se us pais na inm ediata posgue rra. No ámbito
urbano a situación era semellante. Dos clubs de fútbol m odesto que existen actualmente
na Coruña, 11 foron fundados entre as décadas de 1920 e 1930 e, aínda que con cam bios
nas súas directivas, mantivéronse. Nos case 40 anos que durou o franquism o tan só se
fundaron 12, cifra semellante en dobre espazo temporal 200 .
Obviamente a situación de precariedade non invita a practi car deporte, o cal
necesita unhas condicións de benestar e desenvolvem ento para triunfar na sociedade.
Por se fora pouco, o medo ás represalias dete rm ina que se hai algún tipo de intención de
fundar un club esta desapareza de inm ediat o. A baixada do nivel deportivo do país e
rapidamente percibida polos xornais. A pren sa dáse conta da s itu ación, e aínda que
loaba que Galicia fora a quinta rexión e s pañola en número de clubs deportivos
federados, tamén lamentaba que o nivel depo rtivo fose superior antes de 1936, tal e
como podemos ler en Meta cando se refire aos anos gloriosos do deporte vigués: “En
aquella época anterior al Glorioso Movimi ento Nacional, cuando el ciclismo alcanzaba
en Vigo una categoría que había de dar nombre a Galicia en toda España” 201 .
Na mesm a liña encóntrase Imán, que esixe o apoio de todas as forzas vivas da
comarca viguesa para q ue o RC Celta alcance os maiores éxitos a nivel nacional: “La
199 Lema Suárez (1994:43).
200 Sin Querer SD (1922), Un ión Sportiva (1 923), G alicia Gaiteira ( 1926), Sporting Ciudad (1927),
Español SD (1929), Sport ing C oruñés (19 30), CD Ciuda d (1932), Sil va SD (1933), Torre SD (193 6), SD
Vioño (1936 ) e CD Marte (193 6). Visto en Rodr íguez Iglesias (2010:47 -51).
201 Meta (20-IX -43). 1) Ca taluña 248, 2) Su r 143, 3) Ca st ellana 103, 4 ) Astur-l eonesa 100 e 5) Gali cia 88.
Os datos obedecen a unha orde norm al tendo en co nta a poboación das distin tas rexións españolas.
Sorprende a ausencia de Eu skadi nesta listaxe.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
252
ciudad de Vigo debe respaldar al Celta. El Celta interesa a los ‘hinchas’ por su
misteriosa pasión (…) interesa también a lo s industriales y a los comerciantes (…) el
Celta es el elemento de propaganda más importante con que cuenta la ciudad”. (4-V-
46). A súa defensa de Vigo tamén lle leva a preguntarse porqué tanto a Federación
Gallega de Fútbol (FGF) como o Colegio de Árbitros de Galicia trasladaron a súa sede
de Vigo a A Coruña: “Se nos ocurren infinidad de comentarios sin que podamos
concretar ni hallar una razón fundamentada (…) como si La Coruña fuese la verdadera
cuna y sostén de la mayoría de los clubs y sociedades deportivas (…) siendo Vigo la
ciudad de más abolengo, más historial, más potencialidad y más capacidad
futbolística” (23-VI-1945).
O deporte xa non é un instrumento de m odernidade e cultura senón un método
de control e adoutrinamento da xuventude. A vixilancia é total e preténdense facer a
través da prensa: “Teniendo en cuenta la extraordi naria influencia que ejercen las
secciones deportivas sobre la juventud y hasta qué punto puede ser orientada desd e
dichas columnas por los hombres que la re dactan (…) deberían confiar a redactores de
reconocida capacidad en la mate ria, de compenetración absoluta en el espíritu de la
nueva España y de indiscutible honestidad prof esional. Ha de tenerse especial cuidado
sobre todo en las reseñas y comentarios de los partidos de fútbol para evitar que el
lenguaje no sea el limpio, noble y co rrecto que corresponde al deporte” 202 .
Entre as disposicións tamén estaba a prohibición da dim i sión, xa que para o
Réxime só existía o cese . Isto era tan válido pa ra as empresas xornalísticas como para as
sociedades deportivas. Así, cando en 1943 a directiva do FC Barcelona dim itiu en
bloque tras o lanzamento de obxectos por parte dos afeccionados do R eal Madrid CF
aos xogadores do equipo azulgrana nun encontro da Copa del Generalísimo, a directiva
foi obrigada a permanecer nos seus postos desestim ando as súas peticións. Non só o
aparato legal franquista rexía e controlaba o deporte da época, noutras ocasións era o
propio fanatismo e a intransixencia pe rsoal dos cargos públicos o que provoca
situacións absurdas. Leirachá conta a historia do gobernador civil da C oruña Pardo de
Santanyana, un falanxista de dous metros que acostumaba r ecibir ás visitas sentado.
“En 1953 el Deportivo jugaba en Oviedo un partido en el que tenía que empatar para
202 AGA 3 48 do 28 de xanei ro de 19 42. Cit ado por Si nova ( 1989:2 94).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
253
seguir en Primera División. Antes del encuentr o amenazó con meter en la cárcel a los
jugadores, cortarles el pelo y hacerles co mer aceite de rici no si descendían a
Segunda” . O equipo coruñés logrou empatar bai xo a atenta mirada do gobernador que
se aloxou no mesmo hotel ca os xogadores.
Aínda así, o modelo non era perfecto e os clubs tiñan diversos métodos para
cambiar as directrices establecidas. Deste xeito, e pasados os anos máis duros da
posguerra, o FC Barcelona puido elixir librem ente o seu presidente, permitindo o acceso
ao voto a todos os socios e non só aos socios compromisarios, os cales estaban en gran
número establecidos polo goberno f ranquist a. Barreiro Fernández considera que “hai
que matizalo todo” argumentado que “a xente tampouco é estúpi da e non van a ocultar
unha información que lle chegaba por outros medios” , cando sinala que a pesar do
control tanto a prensa como o deporte m antiñan certa autonomía aínda existindo “unha
censura terrorífica”. Xa que logo, a lei estivo vixente durante 28 anos, m ais en
constante evolución: “Era unha lei de guerra e non se pod ía aplicar con esa rixidez.
Dependía un pouco do ministro e moito do di rector xeral. Toda a sociedade española
foi cambiando e tamén a lei de prensa que non se interpretaba con rixidez”. Este
cambio produciuse m áis rapidamente no xornalism o deportivo, que sempre contou
cunha certa autonomía.
En todo caso, non se debe esquecer que en tempos da II República existiu a
censura en prensa. A Ley de Defensa de la República (21-X-1931) prohibía a difusión
de noticias que puideran quebrantar o crédito ou perturbar a paz ou a orde pública, así
como toda acción ou expresión qu e redunda ra no menosprezo das institucións ou
organismos do Estado ou a apoloxía do réxim e m onárquico. Esta lei foi substituída pola
Ley de Orden Público (28-VI I-1933) que establecía o esta do de prevención (censura
previa dúas horas antes) ou de alarma (supr esión do artigo 34 e censura previa de todos
os impresos). Aínda que a repercusión destas leis na prensa deportiva foi irrelevante
(polo menos en Galicia) com pre destacar que o réxime republicano tivo m oitas lagoas
no tocante á liberdade de prensa.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
254
2.2.2. Imán, Meta e Balón
Neste contexto, a prensa enmárcas e nunha etapa m oi problemática. Aos
problemas existentes, no caso galego hai que engadir o hándicap do idiom a, aínda que
sempre m atizando que no ámbito deportivo non existiu ningunha iniciativa na lingua
vernácula antes de 1 936. Unha estrutura saudable e democr ática pasará a ser piram idal e
xerarquizada. Ningunha das cab eceiras deportivas existent es durante a II República
sobrevivirá á Guerra. Hai que esperar ao bienio 1944-46 para ver a aparición de tres
publicacións monotem áticas deportivas 203 .
Na Coruña xurdirá Balón , que tentou ser continuador a da cabeceira herculina
dos anos 20 co m esmo nome pero fracasando na súa tentativ a. O director era Alejandro
Lastres, presidente da Federación Gallega de Remo . O seu primeiro número aparece na
portada cunha grande fotografía do primei ro deportista do país, o Xeneral Franco: “Con
orgullo de españoles y gallegos alzamos hoy el brazo en saludo r itual al hombre que
guía los designios de la Patria (…) también debemos al Caudillo este fo rmidable auge
deportivo que acusa la afición nacional (…) Franco se propuso renovar a la juventud
española mediante una intensificación de los ejercicios físicos, ordenadamente
regulada por un organismo superior afecto al Estado mismo. Y con este objeto se creó
la Delegación Nacional de Deportes (…) la c ual, por su gran maestro de la educación
física que es el Teniente Moscardó, ha logrado forjar el creciente desarrollo que en la
actualidad está alcanzado el deporte en nuestra Patria” (16-X-44). Toda a prensa
coruñesa do momento, ao igual que Balón, se mostra trem endamente orgullosa da
construción dun fabuloso estadio en Riazo r con capacidade para 45.000 espectadores,
203 Ante s, en 194 1, co mezou a pub licar se Peña Trevinc a , revist a semestral de m ontañis mo editada no
Barco de Vald eorras e de escasa incidencia xorna líst ica. Tal e como recoll e no número de novembro de
1944 conta co n 102 socios, dos cales 97 son galegos, 3 madrileños e dous da pr ovincia de León, un da
capital e outro da vila d e Puente de Domingo Florez. Nos anos 50 terá lugar unh a iniciativa similar
impul sada polo Clu b Montañer os Celta fr oito da unión da P eña Excur sionista e o Cent ro Excursi onista
que se fusionaran e n 1942 para crear a sección de montaña do RC Celta. O m ontañism o, practicado ao
aire libre e sen custe p ara o Estado en instalación s e sen ningún tip o de perigo político, gañou moitos
adeptos neses anos. Normalmente partían de iniciativas d e institucións católicas que fomentaban o
excursionism o. Socio de Clu b Montañer os Celta er a Ramón Ote ro Pedrayo que recibía o exem plar por
correo ordi nario na s úa casa de T r asalba en Ourense. Mentres, dende Peña Trevinca ma ndáronl le un ha
carta solicitando o seu apoio para e sta publicación de montañ ismo (5-XI-1945): “Leyendo su última
edición de la Guía de Galicia, se nos o curre enviarle un ejemp lar de nuestra revistilla , que seguramente
no cono ce usted. Son lo s nuestro idénticos fin es a los (sic) su Gu ía, aunque modestamen te limitados a la
montañ a gallega, que intenta mos conocer y divulgar. Sin mas pretension es que las deporti vas y guiados
de nuestro amor a la Naturaleza y muy especial a la de esta Región , nos hemos lanzad o a esta labor de
crear en Ga licia una a fición a la montaña, tarea difícil p or muchas causas”.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
255
feito que é considerado de toda xustiza: “Galicia es –y nadie discutirá esta afirmación-
la región más deportiva de España. Fue la pr imera de todas en celebrar un campeonato
de fútbol en plena guerra, la primera en organizar un encuen tro internacional, la única
en practicar baloncesto”.
En Vigo nacerán dúas iniciativas que acabarán tendo o mesmo final, Imán e
Meta. Ambas as dúas nacen como publicacións deportivas para, progresivamente,
converterse en cabeceiras convencionais ch eas de contidos sociais ou de sucesos.
Outros, como as notas de cine e os chistes gráficos estiveron sempre presentes dende os
comezos.
Meta , cunha traxectoria de dúas décadas, se ría a máis salientable en anos de
duración. Dirixida por González Rey Alar e editada por Eugenio González de Haz
dedicábase principalmente á actualidade depor tiva da bisbarra pontevedresa, chegando a
tirar 8.000 exemplares sem anais. Meta acadou o permiso adm inistrativo en 1939 pola
Dirección General de Prensa, pero ata xaneiro de 1943 non sairá á rúa. A o longo da súa
extensa vida informativa pasará de semanario a bisem anario, para logo saír aos quioscos
ata tres tardes á semana. Os luns tira uns 12.000 exemplares co gallo da xornada
ligueira, pasando os xoves a tirar unicamente 3.000.
Pola súa banda, Imán nacera o 25 de setembro de 1942 com o suplemento
deportivo da Hoja de los Lunes de Vigo, aínda que pretendía ser órgano deportivo de
toda Galicia. Incluso a páxina dedicada ao RC Deportivo e ao deporte coruñés estaba
realizada por ‘Marathon’, unha referencia na cidade herculina e naquel momento
responsable de deportes de El Ideal Gallego 204 . Os seus obxectivos comulgaban cos
ideais da Obra Sindical de Educación y Descanso , tal e como se pode comprobar nese
primeiro núm ero: “Nuestro auge y nuestro surgimiento deportivo (…) tendrá lugar con
el florecimiento de las manifestaciones deportivas y producir un solo fin: hacer
atletismo y trabajar para el Celta (…) que la gente comprenda los fines de la Obra
Sindical de Educación y Descanso, creada úni ca y exclusivamente (…) para conseguir
esta hermandad y camaradería (…) El depo rte es la manifest ación que obliga a
convivir a patronos y empleados”.
204 El Ideal Gallego (17 -V-1940).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
262
balompié (balom pé en galego) en lugar do inglés football 213 . Durante o franquismo,
substitúense palabras coma football, off-side ou goal por fútbol, fuera de juego (fora de
xogo en galego) ou gol. Os ang licismos substitu irán por obrigación aos term os
orixinais, e no caso de moitos deles sen existir unha aceptación por parte do púb lico,
que a pesar de non saber na súa meirande ma ioría inglés, aínda pasará varias décadas
utilizando os vocábulos orixinais 214 .
Por outra banda, pouco a pouco irán desaparecendo o s pseudónimos e os
xornalistas deportivos comezarán a firm ar con nome e apelido. Isto débese a d ous
motivos; en primeiro lug ar á necesidade do Réxim e de controlar a quen escribe para ter
poder sancionador, e, en segundo lugar, pola regulamentación da profesión. Xa non se
compaxina o xornalism o co deporte ou coa pr esenza nos órganos deportivos dos clubs,
como aconteceu ata os anos 30. En t odo caso, no m undo do deporte, os pseudónimos
mantivéronse ata a Transición, ou incluso ata a época democrática, com o podemos
observar en publicacións como Vigo Deportivo ou Deportes de Galicia . Os motivos son
variados. Para Fernández Santander non é máis ca un costume, aínd a que admita que os
xornalistas eran pluriemprega dos e preferían usar o alcume no xornal para reservar o
seu nome para o ‘traballo real’: “En aquellos tiempos mucha gente era pluriempleada
(…) En Riazor Álvarez trabajaba en la jefatu ra de tráfico, Del Valle, cuyo nombre real
era Adolfo Martínez, en la fábrica de armas, Guimerans trabajaba en el Banco Bilbao y
se encargaba del tenis y Lest ón, que trabajaba en el Tribuna l tutelar de menores, hacía
los pronósticos de la jornada”. Porén, xornalistas como Rivera Cela c onsideran esta
hipótese “una chorrada” e apuntan outra: “Yo creo que la información deportiva era
vergonzante, era un género menor y de pr incipiantes. Cuando en traba la gente a
trabajar, aunque fuera un titulado o un conoci do, lo metían en deportes porque para
deportes valía todo el mundo. Y todo el mundo sabía de fútbol aunque no supiese. Aquí
(en Lugo) firmaba José Antonio Santiso como Jasa, Alfredo Sánchez Carro era
213 En relación a esta tendencia, González Villar (19 59:56-57) destaca un art igo galego data do en 1908 co
título “ Foo tball? Balomp ié” baixo o pseudóni mo de Z no q ue se fala do pasado hist órico de Espa ña,
cando o paí s era unha potenci a mundial , e se castelani zaban nom es como Burdeo s ou Aquisg rán. O arti go
sería eloxiado dend e El Imparcial por Cavia.
214 O 28 de decembro d e 1931 en Sprint (núm .220) podem os atopar o segui nte text o en relación a un
encontro a disputar o 3 de xaneiro. A abundancia de palabras ingl esas mais de catro décadas despoi s da
chegada do fútbol a Galicia é not oria, e m ostra da aceptación do público do uso destas palabras no
deporte: “Gran Stadi um de Bal aídos: Aficionad os: El do mingo pr óximo veremos en nue stro
incomparable field, el sen sacional match : DEPORTIVO Coruña- CELTA, de Vigo. El partido d e la
máxima rivalidad ga llega. El de la clásica “salsa” deportiva. Y el de ma yor emoción. Celtistas: ¡Todos a
Balaídos -Stadium a animar a nuestros j ugad ores!”.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
263
Alsanca o Anvino que era Andrés Villasenín Nogueira. Yo siempre firm é como Paco
Rivera. Como empecé tan joven no tenía ese pudor e incluso me gustaba que apareciera
mi nombre”.
En todo caso, o historiador Barreiro Fe rnández, sen desbot ar ningunha hipótese,
apunta tres posibles causas: “Primeiro porque con distintos pseudónimos podes escribir
catro articulos nun mesmo xornal. Segundo po rque había moitas persoas que polo tipo
de artigo que escribían non utilizaban o seu nome xa que non querían que aparecese.
Terceiro porque dependendo do que escribas, por exemplo un intelectual que p or
necesidade escribía de deportes, non lle gustaba poñer o seu nome. Cando entramo s na
época do franquismo, iso de non escribir par a qu e non te coñecesen non tiña sentido xa
que o director tiña que dar ao censor unha lista da xente que escribía no diario”.
Tamén é da opinión de que os pseudónim os que se mantiveron tras 1975 foron
especialmente en publicacións p equenas “porque a metade do xo rnal era escrito por
unha única persoa”. Aínda así sempre existen casos fóra de toda regra como o de
Vicente Leirachá, ao que sinxela mente non lle gustaba o seu nome: “A mí Vicente
nunca me gustó. De Vicentuco, ya mi abue la me llamaba Vituco y me fue quedando.
Cuando empecé firmaba como Vicente y el direct or, que de aquella era Solís, me dijo si
quería hacerme el importante. Le dije que no, y ya empecé a firmar con el nombre de
Vituco, que es como todo el mundo me llama”.
Mención especial merece o tratam ento que se fará dende os xornais ás mulleres
deportistas. Impulsoras de disciplinas com a o hóckey o tenis ou a natación antes da
Guerra, agora quedan apartad as do fenóm eno deportivo e tan só se permitirá a súa
presenza dentro das actividades da Sección Femenina 215 . O baloncesto é o deporte
feminino por excelencia para o Franquismo e impulsara a súa práctica. Aínda así,
aquelas fotografías de partidos de baloncesto que se publican na prensa pasan
previamente pola censura para que as xoga doras non ensinen os xeonllos. ‘Ignotus’,
xornalista deportivo que en 1941 traballa no xa santiagués El Correo Gallego, escribe
unha información que nos outorga unha boa most ra de com o eran vistas as mulleres e o
215 Antes da Guerra mulleres como María Antonina Sanjurjo ou Emilia Docet convertéranse en figuras
públicas do deporte galeg o. A primei ra foi impulsora de deportes com o o hóckey ou o t enis, ment res que
a segunda foi un ha gran nada dora, fervente galeguista e m iss España, dem ostrando qu e deporte e beleza
non está n rifadas. Para máis informaci ón sobre o papel da m uller no deporte dura nte a II R epúbli ca
consultar a obra de Vázquez Morandeira ( 2011).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
264
estraño que era a súa presenza no deporte fr anquista. O com entario prodúcese tras un
concurso deportivo feito dende o xornal onde dos cinco gañadores, tres foron mulleres:
“Hasta ahora se creía que sólo los hombres teníamos derecho a opinar y discutir sobre
fútbol (…) con la participación de las mujeres en estas cosas, el fú tbol adquiere un tono
de delicadeza y distinción que lo hace más grato y estimable. La mujer ferrolana se ha
acreditado de buena sibila deportiva (…) sirvan estos ejemplos para las mujeres
compostelanas que hemos podido apreciar no concurren en tan gran número como sus
compañeras de El Ferrol del Caudillo”. (26-XI-1941).
Tal e como com entamos antes, a flexibil idade da censura no eido deportivo non
quere dicir que o labor do xornalista durante o franquismo fose cómodo. Isto producíase
porque en moitos casos a información deportiva chocaba coa política, e era esta a que
prevalecía diante da prim eira. O deporte esta ba considerado un instrumento para educar
aos lectores, polo que se tiveron que ocultar incidentes e ata as pretensións económicas
dos futbolistas a menos que se chegara a un acordo entre club e xogador, xa que tal é
como afirmará Moscardó “ningún delantero centro cobrará más que un coronel” 216 . O
absurdo da censura chegou a ter limites cas e que ridículos nos prim eiros anos da
posguerra cando a necesidade de ocultar a fa m e, a represión interior e o illamento
internacional fixeron que dende os medios se presentase unha España idílica. Nesa
utopía o deporte era unh a competición entre cab aleiros na que nunca había malas caras
nin liortas e na que os árbitros sempre acertaban botando a culpa de todos os m ales á
esquiva fortuna. “ Los censores entraban a saco, incu rriendo a absurdo s tan notables
como tachar el calificativ o ‘merengue’, que desde siem pre se ha aplicado al Real
Madrid (AGA, 341, corrección a ABC del 17-XI-41) o corregir la crítica de un partido
sustituyendo la palabra ‘macho’, con que el autor calificaba un gol de Zubizarreta del
Zaragoza, por ‘enérgico’ (AGA, 342, corr ección a Gol del 11-XI-42) (…) En un
comentario sobre boxeo enviado por el diario Pueblo a censura el 11 de septiembre de
1942 fue suprimido el siguiente párrafo: ‘En Valladolid siguen los árbitros haciendo de
las suyas (…) ¿Hasta cuándo vamos a segui r gozando de estas delic iosas genialidades
de los albísimos personajes? 217 ”. (Sinova, 1989:292) .
216 O soldo m áxim o para os futbolista s de Prim era División era de 60 0 peset as, mentres que un coronel
recibía 80 0 peseta s ao mes (F ernández Sant ander, 1990:69 ).
217 Sinova tam é n recoll e que estaba pr ohibido o uso de exp resións tip o “ pata das alevos as’, ‘juego
subterráne o’, agresi ones entre jug adores, act os de gamb errismo entre el público ( …) todo aq uello que
pueda en conar o exacerba r las pasiones en tre las distintas reg iones españolas ”.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
265
Xa que logo, aínda que había vantaxes, escribir en p rensa tiña máis ben
dificultades. Non era só polos perigos da censura, fundam entalmente na década de
1940, o máis duro eran os horarios, e m áis para aqueles que er an pluriempregados,
como Juan Guillin : “Decía mi mujer que sólo me falt aba el trabajo de sereno. Yo salía
de Fenosa a las 6 y me iba al periódico hasta las 10 de la noche. Vivía cerca de la
redacción y no tenía problem a. Luego los fines de semana tenían que dedicarme a las
diferentes competiciones y hacer el petate cuando el Deportivo jugaba fuera”. Os que
se dedicaban en exclusiva ao xornalismo como Leirachá tam pouco o tiñan fácil:
“Entrábamos a trabajar a las cinco de la tarde y salíamos sobre las siete. Después
volvíamos a las 10 y media de la noche y est ábamos hasta las cuatro y media ó cinco de
la madrugada. En la primera quincena de l mes (cuando teníamos dinero) íbamos a
cenar al restaurante ‘El Licorero 218 ’.
Non só eran os horarios. Fernández Sobrino recorda que a pesar dos contactos e
dos amigos adquiridos grazas á p rofesión outra cousa eran os cartos, ou m ellor dito, os
cartos regularizados: “Yo fui gerente del primer gran supermercado que hubo en
Ourense o Jefe de Ventas de una empresa de papel de envolver. Como periodista no
tuve nómina hasta los años 70. Nunca tuve horario, entraba y salía del periódico”. Por
último, e non por iso m enos importante, non debemos esquecer as dificultades e
penurias que tiñ an que sufrir os xornalista s cando se desprazaban fora da súa cidade
para cubrir un encontro deportivo: “Antes en los desplazamientos no había pupitres de
prensa. Ibas al campo y te juntabas con la afición rival y te llamaban de todo. Luego
tenías que ir al hotel y escribir la cr ónica en una máquina de escribir enorme para
luego dictarla por teléfono a Vigo. Cuando vino el fax ya fue un avance porque te
olvidabas del teléfono. Eso sí, como había hotel es que no tenían, tenías que ir a otros
periódicos para que te dejaran enviar el fax”, recorda Fernan do Gallego 219 .
Neses primeiros anos do franquismo, a admiración e o reco ñecemento popular
íalle chegar a ‘Handicap’ de form a póstuma . Manuel de Castro foi a gran figura do
xornalismo deportivo galego durante as prim ei ras catro décadas do século XX. Un dos
escollidos xornalistas españois que estivo en tres Xogos Olímpi cos, seleccionador
218 Citado por Fernán dez Santander (19 93:395).
219 Entrevista a Fernando Gallego Arzu aga. As p alabras deste xornalista, reco llidas en varios ap artados ao
longo dest a investi gación, pódense c onsultar nos anex os da tese.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
266
nacional de fútbol, membro fundador do Colegio de Árbitros de Galicia, presidente da
Federación Gallega de Atletismo (a súa verdad eira paixón por riba do fútbol xa que
segundo dicía “nación sin atletismo no puede denominarse deportiva”) e principal
impulsor do RC Celta, falecía nun acciden te en 1944, aos 50 anos de idade. Deixaba
atrás unha profunda traxectoria no xornalismo deportivo, escr ibindo en infinidade de
publicacións, principalmente Sprint e Faro de Vigo . En 1946 a cidade olívica decidía
recordalo cunha estatua, ta l e como se apuntaba en Meta : “Tendrá lugar a la vista de
todos en plena ciudad (…) Se acondicionará u na plaza magnífica en cuyo centro y en
medio de un espacio ajardinado se hallará el monumento a Handicap”. Finalmente o
lugar escollido sería un recinto axardi nado a carón do estadio de Balaídos.
Cristina, filla de ‘Handi cap’ recorda como era un día de traballo do afam ado
xornalista: “Era muy callado, porque siempre est aba pensando en sus artículos y sus
cosas y en casa tenía un sitio fijo, un sillón que era su preferido. Se qu edaba por las
noches hasta muy tarde en el comedor escribiendo y fumando". Os días de partido
acostumaba a pasear po la rúa Príncipe de Vigo, con foto incluída xunto aos seus fillos, e
antes de ir comer, faladoiro con am igos no Gran Hotel. Pola tarde un pequeño paseo ata
Balaídos para cubrir a información do encontro 220 .
2.2.4. Riazor e Faro Deportivo
Ademais de todos os problemas do es queleto burocrático do franquismo, o
xornalismo galego tiña outros a m aiores. Un de les era o illamento xeográfico de Galicia,
debido á escaseza de comunicació ns. Isto unido ao medo a practicar todo tipo de
actividade pública, na q ue tamén se encontra a com pra de cultura, fai que na década dos
50 a subscrición se convirta no método habitual na compra de xornais, e, especialmente,
de semanarios. José Antonio Durán, aínda afirm ando que isto é certo, considera que son
outros os factores que explican a o baixo número de publicacións deportivas galegas nas
dúas primeiras décadas d e franquismo. Un dele s é a falta de papel, pero o outro é novo;
a explosión do cine: “La distracción estaba en las publicaciones cinematográficas.
220 Faro de Vigo (12-VI- 2011). Na reportaxe , Crist ina tam én recorda que seu pai l evábaa aos finais de
etapa das carrei ras ciclistas e que en m áis dunha ocasión ent regou o ram o de flores ao vencedor da etapa.
Entre os habituais tr iunfado res estaba o pon teareán Delio Ro dríguez, gañador d a Vuelta a Españ a en 1945
e posuido r do mai or número de vi torias de et apa na histori a da competi ción, con 39 tri unfos conse guidos
entre 1941 e 19 47.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
267
Probablemente la prensa generalista ya daba suficiente información deportiva ante lo
poco que se podía dar y tampoco les interesaba que hubiera prensa especializada”. As
actrices e actores de Hollywood convertér onse en iconas dun mundo utópico para
moitos españois e non perderon o seu status ata a aparición da televisión e o nacem ento
de novos ídolos coma as es trelas da música rock e pop.
Deste xeito, tan só poderemos falar de dúas publicacións sa lientables neste
período, unha por cada unha das dúas ci dades máis prosperas de Galicia:
En 1951, Antonio Amado, dono da axen cia de viaxes do m esmo nome e
xornalista afeccionado, ten a idea de crear un semanario deportivo n a Coruña. Para
elaborar o seu proxecto ponse en contacto co seu amigo Orestes Vara, xefe de deportes
de La Voz de Galicia. Orestes comparte a idea de Am ado e ambos deciden lev ala a
cabo. Vituco Leirachá acababa de chegar a La Voz e era o terceiro en discordia: “Los
domingos por la noche íbamos los dos con Amado y hacíamos el semanario. Fue un
exitazo. Pero se tiraba en la Imprenta Roel y sólo daba pé rdidas. En el tercer número
Amado dijo que no podía continuar”.
A imprenta Roel era unha das mellores da cidade, pero non tiña capacidade para
ter listo o semanario antes das seis da tarde. É entón, cando Orestes Vara ten que pedir
axuda a Sánchez Marín, administrador de La Voz , que de inm ediato lle manda tratar o
asunto con Emilio Rey, o dono do xornal co ruñés. Fernández Santander tivo acceso á
conversa a través do que lle contou Orestes Vara: “Orestes habló con Emilio Rey para
solicitarle que el semanario se imprimiera en los talleres de La Voz de Galicia, y éste
aceptó, a cambio del 50% de la propiedad de Riazor. Según contó Orestes, eso fue la
mañana después de que ardiera el Teatro Colón y cuando quiso hablar con Emilio Rey,
que estaba en el teatro, és te le dijo que sí, sin sabe r muy bien de que estaban
hablando”. Rey tamén era o propietario do Teat ro Colón e iso fixo que estivera
“alterado” e aceptara sen m oito pensar a proposta, en opinió n de Leirachá.
Desta forma nacía un semanario depor tivo en formato saba (dende 1970
tabloide) para os luns, unha vez finalizada a xornada futbolística da fin de sem ana 221 .
221 En 1964 pasa a levar com a subtítulo ‘Decano de Galicia’, cambiando de tipogra fía e de cores,
adquirindo importan cia a vermella e a azul.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
268
Riazor, que permanecerá en circulación duran te 20 anos ata o seu peche o 19 de xullo
de 1971, contaba cunha redacción na que adem ais dos seus redactores colaborab an
xornalistas deportivos tanto de La Voz como de El Ideal Gallego . Dende os seus inicios,
a dirección do sem anario estivo a cargo de Orestes Vara, aí nda que Leirachá era peza
primordial na concep ción da publicación: “Yo a Orestes siempr e le tuve una lealtad
tremenda. El era el director de Riazor pero siempre se dejó aconsejar y trabajamos los
dos codo con codo”.
Un oco especial na historia da pren sa deportiva galega deber ser ocupado por
Orestes Vara. A súa historia profesional é similar á de moitos outros xornalistas da
época. O máis vello de dez irmáns e orfo de pai fusilado na Guer ra Civil, en 1941
ingresa en La Voz de Galicia para ordenar fotos no arquivo e recoller teletipos de forma
gratuíta, en palabras de Fernández Santander (1993:339). Apaixonado do deporte,
especializouse nos textos sobre fútbol mode sto e pronto alcanzou o grao de redactor. Á
altura de 1951 compaxinaba o seu cargo de xefe de deportes de La Voz coa dirección de
Riazor . Orestes fora porteiro das categorías inferiores do RC Deportivo e seguiría con
paixón ao equipo branquiazul ata a súa morte en 1990. “Yo mandaba crónicas de fútbol
modesto a Orestes Vara que era el encargado de deportes del periódico. Y un día, en la
calle Olmos, mientras limpiaba los zapatos en el limpiabotas, me pidió que le ayudara
en el periódico. Gracias a el, yo soy periodista” , asevera Leirachá.
Orestes escollería para ser a súa man de reita a Vicente ‘Vituco’ Leirachá, que
pronto se convertería nun referente do xo rnalismo deportivo. ’Vituco’, como é
coñecido, é dos primeiros xornalistas titula dos pola Escuela de Periodism o de Madrid
(1952). “Yo no trabajaba en nada. Mis padres tenían un comercio de maletas, ropa y
algo de calzado y yo les ayudaba en la tienda. Vivíamos medi adamente bien. Yo
ayudaba en La Voz y me gustaba la profesión. Me pagaban una mierda, 100 pesetas o
así, pero me valió para ir a Madrid y entrar en la Escuela de Periodismo. En Madrid ya
cobraba 500 pesetas porque mandaba noticias y entrevis tas desde allí”. Dez anos
despois xa era xefe de deportes de La Voz de Ga licia , cargo que compaxinaba cos seus
traballos se manais en Riazor. Correspondente do madrileño As en G alicia, foi ta mén
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
269
subdirector de La Voz de Galicia de 1983 a 1987, algo extremadamente difícil de
conseguir para un xornalista deportivo 222 .
O éxito do semanario e o prestixio de Orestes e Leirachá fixo que houbera “cola
para colaborar” en opinión deste ú ltimo. Juan Guillín er a un deses novos xornalis tas
que querían formar pa rte da publicación: “ Trabajaba en Fenosa y me ofrecí. Conocía a
varias de las personas que tr abajaban en Riazor y les dije que si les interesaba yo
podía trabajar allí haciendo la información de deportes minoritar ios.”. Para Leirachá o
mellor colaborador que tivo Riazor foi Manuel Fernández Tri go, o cal tamén escribía
para La Voz de Galicia: “Trabajaba también Manuel Fernández Trigo al que le
encantaba el baloncesto y que luego fue ge rente del Deportivo y más tarde del Real
Madrid. Se casó y pidió una excedencia en La Voz porque el sueldo de periodista no le
llegaba y en el Deportivo cobraba 25.000 pesetas. Firmaba como Mafertri y fue mi
mano derecha. Sabía que con el tenía la hacienda segura y bien gobernada. Mientras
era periodista también trabajaba en I ndustrias Gallegas, una empresa del Banco
Pastor”.
Aínda que era unha publicac ión plurideportiva, o fú tbol era o deporte de
referencia en Riazor. Entre outros motivos porque o RC Deportivo pagaba boa parte dos
anuncios do sem anario, aínda que outras veces eran cedidos am igablemente por La Voz
a cambio dun pequeno favor, segundo rem emora Leirachá: “Otras veces los anuncios
eran puestos por La Voz ya que servían para costear el viaje del enviado especial con
el equipo cuando tenía que jugar fuera de casa” . A mellor época do sem anario é a da
década de 1950, coincidindo cunha racha d e éxitos do RC Deportivo en Primera
División. Tal e com o Orestes Vara esc ribía nas súas páx inas o que se intentaba era
“realizar el mejor servicio al deporte de nuestra región” En Riazor podemos aprezar
unha serie de características , algunhas delas comúns ás publicacións de calidade de
antes da Gu erra, e outras com úns aos dous diarios d eportivos qu e se editan na
actualidade na Coruña:
1. Sección de chascarrillos e curiosidades: Rumores e sátiras baixo o no me de
‘Filipicas’ 223 .
222 De Riaz or tamén saíu Juan Guillín que máis tarde sería xefe de deportes de El Ideal Gallego e xefe da
delegación de Marc a en Galicia. Á hora de elaborar esta tese oste nta o cargo de president e da FGPD.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
270
2. Novas patrocinadas: Brandy 103 patrocina ‘La actuación de los
deportivistas’. As casas comercia is están presentes nos contidos.
3. Titulares tendenciosos : Os antetítulos e os subtítulos son f recuentes nos
grandes titulares. Moitos deles son am arillentos e outros opinan en vez de
informar. No núm ero 427 (21-XI-1960) descubrimos en titulares que o RC
Deportivo logrou “otro magnífico empate” ante o Condal ou que “ante o
Castellón el Celta dio pena” segundo un titular do número 997 (3-V-197 1).
4. Especial atención ao fútbol modesto coruñés: (e doutras delegacións de La
Voz de Galicia , segundo se vaian creando co paso dos anos). De tal xeito que
no número 504 (4-VI-1962) Riazor ten en po rtada a vitoria de España ante
México no Copa Mundial de Fútbol , así coma a noticia da lesión do
brasileiro Pelé que non poderá xogar no que resta de torneo. Porén, a
segunda páxina do xornal está dedicada na súa totalidade ao fútbol modesto
coruñés.
5. Comprom iso social: Proclamación a fa vor do deporte e denuncia ante os
poderes institucionais da falta de infr aestruturas e dunha política deportiva.
Riazor non dúbida en lamentarse ante o derrubam ento de instalacións
deportivas antigas (20-VII-1970) aínda que sexa para a cons trución de novas
vías de comunicación. O compromiso social incl uso traspasa o m undo do
deporte e, deste xeito, no número 943 (16-XI-1970) titula en portada: “Peces
y mariscos condenados a muerte” , e subtitula: “La bahía coruñesa y la ría
de El Burgo, contaminadas por insectic idas. El ‘Erkowit’ ha vertido al mar
parte de su carga tóxica”.
6. Crítica: Existe un diálogo aberto entre p rensa e clubs para a mellora do
deporte. Por exemplo, na editorial do número 934 (14-IX-1970) reclám ase
dende Riazor que o RC Deportivo constrúa un patrimonio e un novo estadio.
223 As seccións deste estilo xa eran c omúns dende os a nos 20 e 30 e tamén eran cotiás na prensa
xeneralista. Por exem plo, durant e os anos 60 Manuel Herná ndez tiña unha sección nas pá xinas de
deportes de El Ideal Gallego co nome ‘Cosas que pasan’. Eran noticias brev es de estilo irónico.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
271
Á semana seguinte o club contesta ao semanario a trav és das súas propias
páxinas: ‘Con respecto a la idea (...) hemos de significarle que la recogemos
con toda atención, haciéndole notar, que no es nueva, no obstante, para los
rectores del club (...) Sin otro partic ular, y agradeciéndole el interés que
manifiesta por las cues tiones de este Real Club, le saludan muy aten tamente,
LA JUNTA DIRECTIVA’.
A segunda gran publicación nesta época é impulsada polo outro gran xornal
galego, Faro de Vigo . Trátase de Faro Deportivo , sem anario que naceu o 17 de
setembro de 1962 e que estivo na rúa durante oito anos baixo a dirección de Antonio
Gabriel e posteriormente Álvaro Cunque iro, quen era ao m esmo tempo máximo
responsable de Faro de Vigo 224 . Porén, o seu verdadeiro di rector era Manuel Tourón, un
veterano do xornalismo deportivo olívico: “Cunqueiro era director por unha cuestión
legal pero non dirixía nada. Entraba na redacci ón facía as súas cousas e íase. Faro de
Vigo estaba dirixido por Landeir a que era o subdirector e Fa ro Deportivo era cousa de
Tourón. Cunqueiro poñía simplemente o nome porque os directores daquela tiñan que
ser nomeados polo Goberno”, apunta José Luís Muñoz 225 . Faro Deportivo tería despois
continuación en Galicia Deportiva, que cubriría boa parte da década de 1970, neste caso
xa baixo a dirección oficial de Juli án Martínez Larranz e Manuel Tourón.
Semanario vespertino posto a venda os luns, con motivo do seu prim eiro
aniversario explica ca les son as súas inten cións: “Se llegó a la conclusión de que los
aficionados gallegos necesitaban en la tarde del lunes informaciones deportivas de
primera mano que no se podían servir nunca debidamente, hasta el martes en los
periódicos diarios. No es un demérito para los esforzados radiofonistas, pero tampoco
la radio, a pesar de su velocidad, deja contentos a los hinchas que quieren ver
fotografías, escudriñar opiniones de co mentaristas en columnas apretadas (...)” (17-
IX-1962). Muñoz afonda nesa idea cando se ll e preguntan cales foron os mo tivos para
crear o semanario: “Foi unha aposta empresarial de Faro de Vigo para facerse co
mercado dos luns que era ex clusivo da Hoja del lunes. En cidades coma Lugo ou
224 Cunqueiro , un dos escritores máis sobr anceiros da literatu ra galega do século XX, era un gran
afeccionado ao tarot e aos horóscopo s e t iña como cost ume botarlle as cartas aos equi pos galegos de
fútbol e vaticinar o resultad o de cada xo rnada antes de que esta se dis putase.
225 Entrevista a José Luís Muño z. As palabras deste xorn alista, recollidas en varios apartados ao lo ngo
desta investi gación, pó dense consulta r nos anexos da tese.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
278
en España tras escapar da Hungría comunist a. O dianteiro é mostrado como un patriota
e un excelente pai de f amilia que loita pola liberdade e polo ben dos seus fillos.
A pesar de que o avance do xornalismo deportivo nas axendas dos m edios é
evidente, curiosamente as enquisas e estatí sticas promovidas polo aparato franquista
demostran que nunca chegou a ser a área informativa m áis demandada polos españois.
En cambio, si que se ap reza que co paso do tempo foi gañando im portancia. Deste xeito,
nos anos máis duros da posguerra, a in form ación deportiva. estaba nun segundo plano
fronte a noticias sobre a guerra mundial. Po rén, a finais da década de 1950 xa puxaba
cos sucesos na consecución da hexemonía informativa.
ÁREAS TEMÁTICAS MÁIS DEMANDADAS (1942 ‐ 1956)
ANO 1º ÁREA % 2ºÁREA % 3ºÁREA % OUTRAS ÁREAS
1942 Guerra 5,79 Nacional 5,44 Chistes 5,39 Deportes (4,65 %)
1945 Guerra 49,6 Inf. Xeral 17,1 Deportes 11,4
1956 Sucesos 18,1 Deportes 15,1 Cine 13,9
2.3. A prensa deportiva no tardofranquismo
A década de 1960 é, en España, a década da televisión. A creación de TVE en
1958 outórgalle ao deporte un novo medio de expansión e provoca unha irrem ediable
unión entre prensa deportiva e televisión. De ixando á marxe ao fútbol e todo canto o
rodea, dende os seus inicios a televisión sempre estivo presente en todas as novas
realidades do deporte en España, adaptándose ás modas correspondentes. Disciplinas
como o boxeo, o ten is ou o automobilism o non se entenderían neste país sen a presenza
da cobertura televisiva 234 .
233 Os dato s están reco llidos da En cuesta del Servicio Esp añol de Auscu ltación de la Op inión Púb lica
(1942), Instituto Españo l de Opinión Pública y Pren sa (1945), Público y Prensa Madrileña (1956). Os
parámet ros de 1945 s on os tradi cionais de rivados das sección dos xornai s, mentres q ue nos outr os dous
casos a separac ión por t emáticas e m oito máis exha ustiva. De aí a diferenza de porcenta xes.
234 Nos anos 60 o segundo dep orte mái s televisado e n España era o boxe o. O combat e entre Carrasco e
Ramos chegouse a repetir tres veces e foi a emisión máis vista da década de 1960 tras o Eurovision Song
Contest.
Cadro 24. Áreas temáticas máis demandadas (1942 ‐ 1956). Elaboración propia a partir dos datos de
Sevillano Calero (1998:1 19 ‐ 121) 233 .
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
279
A presenza de TVE , a pesar da reticencia inicial, foi enriquecedora para a prensa
deportiva, xa que catapultou aínda máis a he xemonía do deporte nas axendas de ocio da
sociedade. Non obstante, aínda sendo positiva, provocou un profundo cambio nos
hábitos de consumo que a pren sa tardaría en asumir.
Para algúns estudosos, como Alcoba, o fú tbol televisado serv iu para controlar
manifestacións políticas como as do 1º de maio 235 . Durante os anos 60 e 70 era
tradicional a retransmisión dun encontro de fú tbol na noite do 30 de abril. Para outros
autores isto non era máis ca consecuencia do calendario, xa que é nesas datas cando as
competicións nacionais e inte rnacionais se están decidindo. Obviam ente, a coincidencia
é aproveitada, pero en principio non é máis ca unha coincidencia. Shaw (1987:110)
considera que o franquismo se aproveit ou do deporte pero sen chegar nunca a
controlalo, xa que este sempre mantivo a súa independencia: “El régimen empezó
gradualmente a comprender que el fút bol estaba actuando como agente de
desmovilización política en los años cincuent a, con los estadios llenos y grandes tiradas
en los periódicos deportivos, estado de cosas que, naturalmente, complacía al
Generalísimo y sus ministros, pero que el los no habían hecho muc ho por crear. Sólo
cuando la televisión llegó a España el régime n tuvo la oportunidad de incrementar
sistemáticamente la ‘fu tboli tis’ del país o al menos asegur arse de que no declinase.
Gracias principalmente a los esfuerzos del ministro de Información y Turismo, Fraga
Iribarne, esta oportunidad, cierta mente, no fue desperdiciada”.
A través da televisión podían seguirse en directo os principais acontecementos
deportivos do país, pero tamén as grandes c itas internacionais, sendo a prim eira en
emitirse a Copa Mundial d e Fútbol de Inglaterra en 196 6. Dous anos despois TVE
retransmitirá os Xogos Olím picos de Méxi co en cor (para aqueles que tivesen un
receptor dos escasos que había na ép oca).
Non só a televisión cambia os hábitos do lector de prensa. D ende anos atrás xa o
estaba a facer a radio. Non é o mesmo ler unha crónica que escoitar pola radio un
encontro de fútbol europeo ou seguir as fazañas dos ciclistas no Tour de France.
Prodúcese un xerm e de globalización, se o queremos cham ar así. É nesa década cando
235 Conferenci a im partida no I Curso de X ornalism o Deportivo da USC (2 010).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
280
os rapaces deixan de simpatizar cos equi pos da súa vila e fanse seguidores do Real
Madrid CF, representante da modernidade, do triunfo e da vitoria. E todo grazas á radio,
pero moi especialm ente ao xigantismo da televisión.
Ante este panorama, as em isoras de radio aum entan a súa programación
deportiva e a prensa xenerali sta potencia as súas páxinas deportivas. Com eza a existir
un círculo común de traballo entre profes ionais que se dedican aos tres m edios,
principalmente porque os xornalistas que traballan en TVE (a única canle do momento)
adquiren unha relevancia transcendental fr onte aos seus compañeiros de profesión.
A prensa deportiva é consciente de que ofrecendo simplem ente información
(basicamente resultados deportivos) non pode com petir coa radio, pero moito m enos
coa televisión, e ve necesario explotar outras características com o a análise, a crítica e,
especialmente, a opinión. É si gnificativo qu e as primeiras f acultades de xornalism o en
España se inauguren en 1971, apenas unha década despois do nacem ento da televisión.
O detonante é o novo plan de estudos de 1970 e a crecente im portancia dos medios de
comunicación, pero non cabe dúbida de que tamé n nacen ante a necesid ade da prensa
escrita de preparar profesiona is que ofrezan un valor engadid o ao produto para que sexa
competitivo ante as nov as tecnoloxías 236 .
O problema para a prensa da época é que non ten un marco legal posible para
introducir este tipo de reformas. En 1966, o Ministerio de Inform ación e Turismo,
dirixido por Manuel Fraga, promulga unha nova lei de prens a que vai substituír á lei de
1938 fundamentada na censura previa. A Lei Fraga substitúe a censura previa por unha
multa a posteriori. Na teoría é m áis liberal ca a anterior, pero na práctica é moito m áis
perversa. Así, a empresa xa non ten que envi ar a súa publicación ao m inisterio para que
a revisen, senón que a pode s acar ao mercado sendo despois cancelada se as autoridades
o estiman oportuno. Prodúcese entón un proces o de censura m oito máis férrea que a
236 Quesada Pére z (1998:90) subliña que xa en 1 932 Ángel Herrera , director de El Debate , fundou unh a
escola de xornalismo que estivo en pé ata a Guerra Civ il. Despois, a Dele gación Nacional de Prensa creou
a Escuela Oficial de Peri odismo baixo o mando de J uan Aparicio, nacendo en 1952 a Escuela del
Periodism o del CIC dirxida por Cladio C olome r director d e El Correo Catalán , o In stituto de Periodismo
en Pamplona (1958) e di versas escolas d e xorn alismo de Acción Católica en Madrid, Barcelona e
Valencia. E n 1971 fundase as faculta des de xor nalism o de Barcelona e Madri d depende ntes am bas do
Ministerio de Educación y Ciencia.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
281
anterior, xa que o medo ás represalias fai que as publicacións sexan m áis conservadoras
de antemán e se auto censuren.
Outro feito destacado para o xornalismo na década de 1960 é a aparición por vez
primeira das cifras de difusión da prensa co a creación da OJD. Sería tamén en tempos
de Manuel Fraga como m inistro cando se crea en 1965 unha nova normativa respecto a
prohibición da publicación en te rritorio nacional de xornais os domingos pola tarde e os
luns pola mañá. A excepción er a o título Hoja del lunes , editada pola Asociación de
Prensa de cada cidade dende 1926, en tempos de Prim o de Rivera. As presións dos
medios deportivos, nomeadam ente do Marca , fixo que se lles perm itira publicar o lu ns,
o día no que existe maior dem anda deportiva. Porén, as Hoja del lunes mantiveron a súa
exclusiva ata as 12:00 da mañá. Isto seguía sendo especialmente tráx ico para os medios
deportivos, que ata os anos 80 viron coma non podían saír a rúa os luns a primeira hora,
do mesmo xeito que facían as Hoja d el lunes 237 .
Tamén a DND sufrirá un lavado de im axe en 1966. Tras a morte do Xeneral
Moscardó en 1956 o falanxista José Antonio El ola-Olaso fíxose car go da presidencia do
máximo organismo deportivo. Segundo divers os autores, Elola foi aínda máis
reaccionario que o seu antecesor, e, de feito, foi idea súa que España non acudise aos
Xogos Olímpicos de Melbourne como protes ta pola invasión soviética en Hungría.
Decídese entón dar a dirección da DND a un campión do mundo de hóckey a patíns e
membro do COI, Juan Antonio Samaranch. Aínda que procede do aparato franquista,
Samaranch é m oito máis aberto e liberal que os seus sucesores e adem ais conta con
prestixio internacional. É a primeira v ez que un deportista se fai cargo da DND e
inmediatamente poñerá en m archa unha campa ña de captación de deporte co slogan
‘Contamos contigo’. Baixo o seu mandato tam é n se crearon as delegacións provinciais
de Educación Física y Deportes e a elevaci ón a rango universitario do Instituto de
Educación Física (INEF).
237 En abril do ano anterior t amén se promul gou o Es tatuto de la Profes ión Perio dística, que impedí a o
exercicio do xornalism o a aquel que non esti vera inscrito no Re gistro Ofi cial de Periodi stas (ROP) e non
posuíra o título de xornalista. A pesar dos atrancos, Cendán Fraga (20 03:111) co ns idera que as iniciativas
do tard ofranquis mo relegar on “a un se gundo pl ano a adhesi ón aos Princi pios Fund amentales do
Movimient o (...) regulamenta ndo, por vez primeira , o trabal lo dos prof esionais d a inform ación”.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
282
Un dos feitos deportivos máis sobrancei ros na relación entr e deporte e política
durante o franquismo foi a negativa a xogar en Moscova ante a URSS o encontro de ida
dos cuartos de final do Europeo de Fútbol de 1960. O partido íase disputar o 29 de maio
e nos días anteriores eran entrevistados os internacionais e o adestrador. Porén, dende o
sábado 28 o partido desaparece das axendas dos medios e temos que esperar ao m artes
31 para ler no semanario Riazor: “ En el mes de julio se jugará en Francia la fase final
de la Copa de Europa de Naciones. Antea yer en Bratislava, Checoslovaquia derrotó
por 3-2 a Rumanía (a la que también ganó en Bucarest por 0-2). Ambos encuentros
corresponden a la Copa de Europa y Checosl ovaquia se clasifica para las semifinales.
Estas eliminatorias se jugarán como siguen: 6 de julio en Marsella: Rusia-Yugoslavia.
7 de julio en París: Franc ia-Checoslovaquia. Este empar ejamiento de equipos está
determinado desde junio de 1958 en que quedó establecido el calendario”. Ata o xoves
2 de xuño non aparecerá nos xornais unha nota da axencia estatal Alfil n a q u e s e i n d i c a
que se lle ofreceu aos so viéticos “jugar en campo neutral costeándose todos sus gastos
de desplazamiento 238 ”. En ningún m omento se explicaba que fora unha decisión persoal
de Franco, quen baixo ningún concepto querí a que o equipo español viaxara a Moscova.
En todo caso, catro anos despois, e vist as as consecuencias daquela decisión, foi
convencido por Elola-Olaso, polo goberno, e pr incipalm ente polas presións da UEFA,
para que a URSS disputase en Madrid a fi nal do Europeo de Fútbol de 1964 que acabou
con vitoria española 239 .
2.3.1. Galicia Deportiva . Un illote du rante a Transición
Cendán Fraga (2003:115) consider a que o período que vai de 1960 a 1975 é
“unha etapa das que máis transformacións sufr an os medios de comunicación impresos
galegos, tanto dende o punto de vista empr esarial, coma informativo e, incluso,
xeográfico”. Son anos nos que hai unha renovación te cnolóxica nas em presas e se busca
dar un novo enfoque á realidade política. Ademais, as diferent es cabeceiras tratarán de
ampliar o seu radio de influencia a nive l comarcal, provincial, galego ou incluso
internacional, como tentou facer La Región .
238 A Agencia E FE era a encargada de darlle info rmación aos medios. Porén , utilizaba distinto s nomes
segundo a temática. Alfil era o nome da s ubaxencia encargada dos deportes.
239 Tampouc o lle foi pe rmi tido viaxar á UR SS ao Real Madrid C F de balo ncesto para dis putar as
semifinai s da Copa de Europa a pesar das súplicas d o direct ivo madri dista R aimundo Saporta.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
283
Nese período de cambios, a inform ación deportiva queda nun segundo plano.
Ante a imposibilidade de innovación nos c ontidos, e cunha prensa deportiva estatal
asentada e capacitada para ofrecer cobe rtura dos grandes acontecementos que son
preponderantes na televisión, encontrám onos cun panoram a desolador para as
cabeceiras deportivas galegas. Riazor , semanario emblemático durante dúas décadas
bota o peche en 1971. Prodúcese un estancamento na temática deportiva que non
volverá agrom ar ata a década de 1980.
Un illote neste desé rtico panoram a é a creación de Galicia Deportiva
(continuación de Faro Deportivo ) en 1970. O sem anario vigués c hegou a ter unha tiraxe
de 20.000 exemplares, m entres que a súa ante cesora tirou ata 25.000 números, cifras
moi superiores ás Hojas del lunes de Ourense ou Lugo é igualando á de Vigo. Estes
eran os datos oficiais, aínda que José Lu ís Muñ oz, membro daquela red acción, cre que
as cifras eran moito m enores: “Debía andar polos 3.000 exemplares. Seguíase a cadea
de distribución de Faro de Vigo e vendí ase practicamente toda na cidade e na súa
comarca”. Non é da mesma opinión Fernando Gallego, tamén membro daquela
redacción: “Queríamos hacer un periódico para toda Galicia y tuvo muy buena
aceptación. Se utilizaba la fur goneta del Faro y se hacía el reparto. Se vendía bastante
en la provincia de Ourense o por ejemplo en Ferrol, que era cuando yo iba con la
furgoneta a casa de mi abuela. Yo cr eo que tirábamos unos 50.000 ejemplares”.
No semanario dábaselle cabida a todos os deportes, aínda que había unha
especial predilección polo RC Celta, xa que varios memb ros do club vigués estaban
implicados no proxecto. Foi Manolo Tourón quen tras o peche de Faro Deportivo quixo
continuar cunha iniciativa similar, segundo subliña Muñoz: “Tourón, que era o
director, falou co presidente do Celta, que era Rodrigo Alonso, un home polémico que
estaba implicado no famoso caso do aceite de R edondela e convenceuno para facer un
semanario deportivo que, evidentemente, era m oi proceltista. Alonso puxo os cartos e
quen dirixía o xornal era Julián Martínez Larránz, un avogado e directivo do Celta”.
Porén, o semanario seguía im primíndose nos talleres de Far o. Os domingos entre as
19:00 e as 00:00 os talleres da fam ilia Lema eran alugados á Hoja del lunes .
Inmediatamente despoi s, e ata as 06:00 da mañá, elaborábase e imprim íase Galicia
Deportiva .
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
284
Galicia Deportiva foi o prim eiro medio deportivo galego que estivo presente nos
grandes acontecem entos internacionais, dest acando os Xogos Olím picos de 1972 e 1976
e a Copa Mundial de Fútbol de 1974 disputada e n Alemaña. A súa m atriz, Faro de Vigo,
xa estivera presente nos Xogos Olímpicos de 1920 coa presenza de ‘Handicap’ en
Amberes. Pero foi en 1972 cando por vez prim ei ra acudiu un semanario especializado a
través de Gonzalo Rey Alar 240 .
Aínda así, para Fernando Gallego isto só foi o froito dunha interesada amizade e
non dunha aposta empresarial: “Gonzalo Rey Alar, que había dirigido Meta, era un
hombre con dinero y que tenía amistad con Juan Antonio Samaranch. Siempre se
pavoneaba de ello e iba a los Juegos Olímpico s gracias a ese contacto. El nos mandaba
las crónicas y nosotros aprovechábamos para publicarlas”, apunta Fernando Gallego,
que engade: “No se hacían desplazamientos. Que yo recuerde no fue hasta 1975, ya en
la última etapa de Galicia Deportiva, cuando empezamos a viajar con el Celta”.
Galicia Deportiva nacera com o un último alento de Faro Deportivo , o cal
pechara por diverxencias entre a familia Le ma pero tam én por motivos económ icos. Xa
que logo, Galicia Deportiva naceu sen un forte apoio em presarial, e a pesar dos intent os
de Larranz, o sem anario estaba condenado a fracasar ante a falta de ingresos e os
elevados custes. Para Muñoz, Galicia Deportiva non era máis ca “un capricho” sen
viabilidade económica e era de esperar o seu peche, que se produciu en 1978.
Muñoz culpa en boa medida a Tour ón, director do sem anario. Aínda que
mantiña “unha relación paternalista” con el, é crítico coa sú a forma de traballar: “Era
moi coñecido e a xente saudábao pola rúa. Fací a un xornalismo distinto que non me
gustaba. El e outros vellos profesionais de deportes case me ex comulgan cando me
metía co Celta. Un ano o Celta regaláronnos unha cesta de Nadal e ao día seguinte
contei no xornal todo o que nos regalaran e os outro s chamáronme de todo. Nos
últimos anos de Galicia Deportiva dimos unha especie de golpe de Estado e pasei eu a
dirixir o xornal e deixámoslle a Tourón a crónica do Celta”.
240 Comezou a súa traxectoria en 1928 facendo crónicas deportivas para El Pue blo Gallego , onde foi
redactor xefe. En 1953 f oi nomeado pre sident e da Asociaci ón de la Prens a de Vigo cargo que ostent ou ata
1976. Durante a súa longa ca rreira como xornalista tamén foi director de Meta e traballou en El Pueblo
Gallego e en Fa ro de Vigo . Tamén fu ndou Anuario de Vigo . Faleceu en 1987.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
285
Para Fernando Gallego todo era moito máis sinxelo. O semanario pechou cando
Julián Martínez se cansou de financialo 241 : “El era el que nos pagaba con un cheque en
mano. Hubo un momento en el que dijo que no podía seguir pagando y cerramos”.
Aínda se tentou formar unha cooperativa para continuar, pero a in iciativa non prosperou
tal e como lem bra Muñoz: “Era un saco sen fondo, e, de feito cando Julián Martínez
quixo pechalo, Pepe Rey propuxo facer unha cooperativ a e buscar un préstamo
sindical. Eu non quixen entrar e ao final acabaron con em bargos de terceiras persoas
ás que conseguiron convencer para avalar. Creo recordar que había un burato duns 10
millóns de pesetas do ano 1978”.
CABECEIRAS DEPORTIVAS (1970 ‐ 1979)
Ano Publicación Cidade
1970 Galicia Deportiva Vigo
1975 Real Club Celta Vigo
1977 Axedrez Galego A Coruña
1977 Deportes de Galicia Vigo
Cadro 25. Cabeceiras deportivas (1970 ‐ 1979). Elaboración propia. Tanto Axed rez Galego como
Deportes de Galicia serán contabilizados no período posdemocrático. E ngádense nesta táboa para
observar en conxunt o os anos do tardofranquismo e a chamada Transición Españ ola.
2.3.2. A crise dos soportes deportivos
Galicia Deportiva foi a única cabeceira salienta ble na década de 1970. Ora
ben, por outra banda, C endán Fraga (2003:137) proclam a que ata finais da década de
1960 existían nas vilas e cidades galegas unhas micropublicacións futbolísticas que
proporcionaban nas tardes dos domingos os resultados das distintas competicións.
Entendemos que se refire ás follas de re sultados dom inicais. Es tes produtos –que non
poden ser considerados xornalísticos-, s on de duración efémera na súa maioría e
progresivamente irán de saparecendo ante unha m aior especialización do sector. É o
que Cendón Fraga denomina “neoxornalismo deportivo”.
241 Ademais do seu papel com o empresario e avogado, Julián Martínez Larranz é coñecido pola súa
carreira política. Formou parte do núcleo fundacional d e Alianza Popular (AP) en Vig o. Estivo nas
primeiras listas ao parlamento g alego compartindo candidatura, entre outros, con Mariano Rajoy pola
provincia de Pontevedra. T ras a vitoria de Fernán dez Albor exerceu com o portavoz na comi sión de
economía.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
286
Pero, máis aló destas iniciativas, a r ealid ade é que os cambios sociopolíticos do
tardofranquismo e da Transición non foron posi tivos para a prensa deportiva. Nos anos
70 as cabeceiras estatais baixan en números de venta e os únicos soportes deportivos
con certo éxito son as revistas satíricas, xa que hai un interese repentino pola política e
agroman as publicacións deste tipo 242 . Ao mesmo tempo aparecerán unha serie de
publicacións deportivas cunha crítica polí tica subxacente das que destaca, pola súa
continuidade, a barcelo nesa Don Balón. Impulsada por José María G arcía falaba das
estruturas e escándalos depor tivos a través das reportaxe s de investigación, nunha
especie de Cambio 16 do deporte 243 .
Por outra banda, aínda que o fútbol segue a ser o deporte principal, obsérvase un
interese e unha divu lgación por novos deportes, froi to das novas inquedanzas da
sociedade. Isto pódese apreciar nos dato s de Planificación y Desarrollo de 1973 do
goberno español, onde se recollen as estatí sticas de entidades e establecem entos
deportivos para Galicia. Chama a atención as pobres cifras da provincia de Ourense e a
importancia do atletism o en Lugo, sendo a segunda provincia de España tras Madrid. En
todo caso o fútbol seguía estando á vangarda 244 .
Historicamente, a esqu erda intelectual c ons iderou ao deporte, nomeadamente ao
fútbol, unha actividade alienante, unha droga social, unha válvula de escape, un mero
negocio ou un instrumento político ao servizo do Estado e dunha determ inada clase
social. Resulta curioso, cando menos, que fo se a URSS un dos país es que politizara
máis o deporte. Os soviéticos crearon, de fo rma científica e técnica, campións de todas
as disciplinas olímpicas a pesa r de contar cunha escasa tradic ión deportiva. E todo para
242 El Mundo De portivo pasará de 62.000 a 50.000 lector es de 1972 a 1980 . En 1972 nacería Barrabás un
semanario deportivo satírico de enorme éxito e cunh a crítica notoria, pe ro que tamén acabou sufrindo as
consecuencias da preponderan cia da información política na Transición para p echar en 1976 . (Pujadas i
Martí & Santacana i Torres, 1997:78).
243 José María García no pro grama radiof ónico Hora 25 referíase ao fút bol como ‘Don Balón’. De aí o
nome da cabec eira. No mom ento de elaborar esta i nvestigación se guía nos qui oscos, aínda que a fi nais do
verán do 2011 se anunciaba a súa fin.
244 Na Coruña o depo rte con m aior núm ero de entida des deporti vas era o fútbol (7 .846) seg uido do
baloncesto c on mái s de 3.000. Situaci ón simil ar era a rexistrada en Ponteve dra onde o f útbol (4.0 69)
tamén era seg uido polo dep orte da canastra. E n Lugo o ma ior número de ent idades encónt rase no
atleti smo (4.024), m entres que en Ourense o fút bol tan só su peraba l ixeirame nte ás 2.000 enti dades
deportivas. C ómpre sinal ar que para o infor me de Planificación y Desa rrollo tamén se conta bilizaban os
establecementos de portivos entre os que estaban grupos de peñas, tendas de roupa de portiva ou librerías
deporti vas, por citar varios ex emplos. Deste xei to, os da t os non son signifi cativos para ve rificar a práctica
do deporte, aínda que son válidos para ver as distintas ramificacións do feito deportivo.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
287
obter o recoñecem ento internacional do comunismo 245 . De feito, Domínguez Alm ansa
sinala certa contrariedade cando recorda o que se dicía dende a esquerda e o que
realmente se facía nos anos 30, apuntando que na II República a práctica deportiva
acrecentouse a pesar da importancia e da gr avidade da situación política: ” A sociedade
non admite unha marcha atrás e hai un incremento (durante a República) do número de
asociacións e de grupos obreiros deportivos . A esquerda que nos comezos é reticente
ao deporte por consideralo burgués apúntas e a esa dinámica. Hai equipos na Coruña
que se chaman CNT. Galicia ten importancia a nivel estatal no ámbito deportivo, e
incluso os clubs de fútbol fomentan outro s deportes. Incluso aparecen equipos de
béisbol en Vigo e nove ou once equipos de baloncesto. Para nada a política lle gana
terreo ao deporte, nin tampouco na prensa, quen impulsa a creación da Volta a
Galicia”.
Porén, durante a década de 1970 si que se produce unha clara neg ación cara o
deporte dende as correntes rupturistas de esquerda. O deporte xa non é mostra de
modernidade senón que ese labor é recoll ido pola mú sica, o cine ou a moda. “ Nos anos
60, nese novo senso de modernidade, xa non é o deporte o impulsor, incluso para
moitos é algo mal visto, e o se u lugar é ocupado pola música”, apunta Almansa. García
Ferrando (2006:26) subliña qu e en 1975 o 78% dos españoi s declaraban que non
practicaban ningún deporte, mentres que 20 anos despois a porcentaxe baixa ata o 60%.
Todo isto provoca que o deporte e a pr ensa deportiva sexan considerados
durante os últim os anos do franquismo e na Transición como símbolos da ditadura. É
esta unha apreciación erróne a, xa que durante o Réxime , existiu u n control da s
institucións e de organismo deportivas ao igual que noutras áreas, pero non houbo unha
política deportiva concreta que provocara un rendem ento deportivo notable. É certo que
o deporte, e nomeadamente o fútbol, é unha distracción barata e con baixos niveis de
censura, sendo propensa a ser aceptada pola so ciedade e manipulada polo Réxim e. Mais
245 Mandell ( 1984:294) recorda que en 1935 Alexei Stajanov pa sou de pro ducir 100 t oneladas di arias de
carbón a máis de 300 . A URSS, a través do seu órgano de propaganda, cr eou a figura do ‘ stajanovismo ’
con cerim oniosas co ndecora cións, bonos e prem ios en metál ico para os t raballadores da industri a e da
agricult ura que conseg uisen récor ds na produció n. Stajanov f oi considera do un her oe da Unión Soviética,
pero, a pesa r dos esforzos, os cidadáns da URSS pronto deixaron de interesarse por Staj anov e os país es
occidentais mofáronse da iniciativa. Trala II Guer ra Mundial, a URSS apostou enerxicamente polo
adestrament o para os de portes de alt a competi ción, así que ca ndo Valeri Borzov gañ ou a proba dos 100
metros lisos no s Xogos Olímpico s de 1972 as mostras de adulació n e respecto, vixe ntes na actualida de,
xurdiron de forma espontánea e sen necesidade de propaga nda.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
294
través da televisión e ten a súa contraposición no papel mediante a inclinación ao
escándalo, ao entusiasmo e á hipérbole xornalística. Ríos de tinta que crean e des trúen
mitos a pasos axigan tados 251 .
Do mesmo xeito que as em presas xornalísticas apostan decididamente polo
deporte, tamén o fan as inst itucións. Dende que en 1979 se producisen as primeiras
eleccións municipais, os concellos m anexaron recursos que lles permitiron cons truír
instalacións deportivas que contentaran as ansias deportivas dos seus veciños 252 . As
iniciativas resultaron ser escas as en m oitos concellos e ex cesivas noutros, nos que se
fixeron inversións innecesarias. En todo caso, para Rodríguez Iglesias (2010:13-14) o
mérito dos concellos é m áximo, xa que tiver on que afrontar con recursos mínimos un
proceso que non tivo a colaboración deci dida nin do Estado Central nin das
Comunidades Autónom as, polo menos ata que se elaborou a Ley del Deporte de 1990.
Dende entón, e aínda que con m oitas críticas polas inversións no de porte de elite e o
abandono da regulamentación e ca ptación dos nenos cara a prác tica deportiva de base, a
introdución dos organismos públicos no deporte é total. Froito desta política é creado o
INEF de Galicia en 1986, cando tan só existí an outros tres en toda España (Madrid,
Barcelona e Granada). Depende nte da Universidade de Santiago, en 2004 a Xunta de
Galicia transferiu o INEF á Universidade de A Coruña .
O xornalismo deportivo nas novas institucións
A profesionalización dos xornalistas tamén é un feito coa chegada da
democracia e a aprobación da Constitución de 1978. Esta supón a liberdade de prensa e
só permite o secuestro de publicacións en virtude dunha resolución xudicial. Adem ais
251 As retransm isións tele visivas dep ortivas pro porcionan, para B lanco (200 8:72), “emociones,
entretenimie nto y un importa nte saldo de minut os de socializ ación”.
252 As reivin dicacións e os debat es sobre a const rución de e quipam entos depo rtivos con fondos pú blicos
estiveron presentes n a prensa dende moito antes da posta en vixencia da Constitución d e 1978. Por
exemplo, La Voz de Galicia (17 -I-1932) toma partido no acalorado debate sobre se Es paña debe acudir
aos Xogos Ol ím picos de Os Ánxeles e decide que o m ellor é non part icipar: ”Que no se diga repu blicano
señor Carner, que se ha dejado ust ed conv encer (…) el Comit é Olímpico Es pañol lo inte gran ilustr es,
distinguid os señores que como el barón de Güell, el marqués de Lamadri d (…) no t uvieron el gesto
elegante de presen tar su d imisión el 14 de ab ril. Cuidado señor ministro. Sería injustifica ble el
despilfarro del medio millón prometido (…) el pueb lo español ha de apreta rse el cinturón del sacrificio
para que unos cuantos apr ovechados ciuda danos se l ancen a conocer tierras”. De ám bito lo cal é o
conflito que se o rixina no Vigo de 1955 acerca de se o concello d ebe subvencionar probas e competición s
deportivas. “Pedimos que el deporte entre e n los presupue stos muni cipales”, solicita Faro de Vigo (5-X I-
1955).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
295
da aparición de facultades de ciencias da comunicación por toda España, as asociacións
de prensa deportivas en España tamén se regularon. Tras o breve pero intenso período
que durou ata a década de 1930, a Guerra Civil fixo que se clausurara o Sindicato de
Periodistas. En xuño de 1953 o Xeneral Mos cardó, como máxim o dirixente da DND,
recibiu unha carta da Union Syndicale de J ournalistes Sportifs. Marcel Reichel,
presidente da USJS e tam én directivo da AIPS, solicíta lle un intercam bio de
información deportiva entre xornalistas de Francia e España. Avisado por Moscardó,
Lucio del Álamo, Presidente de la Asocia ción de la Prensa, convoca entre outros a
Nemesio Fernández Cuesta, directo r de Ma rca, e o 30 de decembro de 1954 crease a
Agrupación (no se perm itía o nome de As ociación) de Periodis tas Deportivos de
Madrid, que o 26 de maio de 1957 pasará a ser a de toda España. Porén, en 1970
constitúese unha asociación de xornalistas deportivos de radio e televisión e en 1978
crease a Unión de Periodistas Deportivos de España nun intento por esquecer lazos co
pasado. Esta amalgama de asociacións fai que en 1985 se disolvan as tres institucións e
o 15 de decembro de 1986 se poña en m archa a AEPD, baixo a presidencia de Joaquín
Pérez Palacios, totalmente dem ocrática e con novos estatutos adaptados á AIPS 253 .
En todo caso, son as facultades e non as asociacións as que marcan un punto de
inflexión na profesionalización do xornali smo deportivo. Para José Luís Muñoz nas
escolas de xornalismo dicíase que en deportes estaba o “mejorcito” de cada r edac ción
en ton despectivo, xa que había poucos licen ciados e os que había non escollían nin
sucesos nin deportes. Aínda que c onsidera que o xornalismo deportivo “é o máis
vocacional” cre que a profesionalización fixo aum e ntar considerablem ente a calidade:
“Nos contidos non cambiou moito, coma si fixo na radio e na televisión, pero nos
profesionais si que o fixo. Nos Xogos Olím picos de Barcelona o papel de Olga Viza e
Matías Prats foi moi destacado. Na radio entr ou xente moi importante en deportes. Eu
creo que hoxe a información deportiva está valorada”.
Porén, outros xornalistas que si acudi ron á antiga escola como Leirachá
consideran que o títu lo “daba caché” pero que o máis im portante é “saber preguntar y
tener curiosidad” , unha liña que tamén m antén Rivera Cela: “La clave está en la
253 Segundo a histori a da AEPD. www.ae pde.org/ docs/Hist oria.pdf (c onsultado o 6 de xuño de 20 11).
Entre as tres asociacións e xistentes ata 1986 de stacan a presenza dos galegos Manuel Tourón, Enrique
Mariñas, Juan Guillín , Francisco Rivera, José An tonio Martínez Arias e Modesto García Sánchez.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
296
experiencia y en tener cualidade s. En la facultad lo que adquieres es cultura. Éramos
40 alumnos y ahora hay 10.000. Lo que tenemos hoy es un colectivo social que quiere
ser periodista, esa es la diferencia. Pero la cantidad no se vi o correspondida por la
calidad, y sobre todo por la vocación”. O que ningún dos entrevistados discute é que a
diferenza doutras áreas, en deportes non se requiría nin un mínimo de preparación e
coñecementos, algo que cam biou radicalmente a com ezos da década de 1980: “Yo
nunca me sentí de segunda, pero es cierto que siempre iba a deportes el que hasta que
no demostrara lo contrario no valía para otra cosa. Además la gente que salía de la
Escuela de Periodismo prefería otro tema que no fuera el deporte. Hoy hay mucha
gente que quiere ser periodista deportivo”, subliña Ju an Guillín, que m atiza: “Hay
mucha gente que quiere hacer fútbol, pero no que quieran informar de deportes.Lo que
quiere es sentarse en el sillón y hacer 40 llamadas de teléfono”.
Nestes últimos 30 anos, o xornalismo deportivo está m arcado pola acción de
axentes externos ao deporte, nos qu e a espectacularizac ión e o mercantilism o inciden
tanto no profesional xornalístico como no deportista. Historicam ente o xornalista
deportivo nunca chegou a traspa sar o terreo da influencia de poder. Noutras áreas o
xornalista e o xornal non podían tocar asuntos prohibidos se n recibir unha réplica dos
poderes económicos ou gobernam entais. A censu ra existía, pero como estamos vendo
ao longo desta investigación, no eido deportivo era m oito máis flexible. Agora si, aínda
que non sexa evidente. É necesario gardar as aparencias e aceptar o xogo proposto
dende as altas instancias para poder facer inform ación. Para Rivera Cela “nunca hubo la
censura, ni las limitacio nes ni la situación de presión contra lo s periodistas que hay
hoy en día. Hay una autocensura tremenda”. Os grandes clubs e os deportistas máis
importantes teñen os seus propios departam entos de comunicació n e dirixen a
información ao seu antollo. É evidente que o xornalista perdeu autonom ía, pero como
subliña Guillín “a la profesión la veo muy maltratada, pero tampoco la profesión se
hace respetar”.
3.1. Copa Mundial de Fútbol e Xogos Olímpicos en España. Renovación da
prensa deportiva española
Para Alemaña, os Xogos Olímpicos de 1972 e a Copa Mundial de Fútbol de
1974 serviron como m ostra ao mundo de que os vestixios dun pasado nacionalsocialista
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
297
xa non existían, e que a nova Alemaña estaba entre as novas potenci as democráticas. O
deporte foi tamén para España a form a máis sobranceira de demo strarlle ao mundo que
o pasado franquista estaba esquecido e que era un país moderno acorde coa nova
Europa. Foi coa Copa Mundial de Fútbol de 1982 cando a prensa deportiva volveu a
adquirir o protagon ismo xornalístico que u ltimam ente tiña a política, e foi cos Xogos
Olímpicos de 1992 cando a prensa deportiva se m odernizou e informatizou. Xurdiron
diferentes soportes buscando unha maior esp ecialización de contidos, poñendo as bases
do que progresivamente tam én irá facendo a prensa xeneralista nas súas páxinas
deportivas.
O gran impulsor do cambio a comezos da década de 1980 é o diario deportivo
barcelonés Sport . Dirix ido por Josep María Casanovas, nace en 1979 froito dunha
excisión do semanario Don Balón. O éxito de Sport está fundam entado nunha clara e
radical aposta polo deporte espectáculo, por ser o primeiro xornal en apostar pola cor
nas súas páxinas e por ser tamén dos prim eiro s en saír a rúa os sete d ías da semana,
eliminando a hexem onía das Hojas del Lunes. Realmente foi 4-2-4 , xornal barcelon és
nacido en 1975, o primeiro qu e apostou polas fotografías a cor, pero este rotativo
desapareceu rapidam ente por mor de problemas económicos 254 . A súa fórmula foi
rapidamente copiada polo resto de xornais depo rtivos e tamén polos xeneralistas, que no
momento no que pasan a editarse os luns reelaboran a súa sección de deportes 255 .
Ese xornalismo de bufanda que com ezan a practicar de xeito descarado os
xornais deportivos está determinado, en boa m edida, pola apertura gobernamental a
publicar os sete días da se mana. Nese m omento os xornai s xeneralistas apostan por
254 Pujadas i Martí & Santacana i Torres (1997: 84 ) sinalan que no se u primeiro ano (1980), Sport xa
editaba 43.179 exem plares, case os m esmos que Dicen (43.533) e poucos meno s que El Mundo Deport ivo
(50.476 ). Ao ano se guinte xa era l íder en Catal uña, para supe rar claram ente a El Mundo Deportivo ata
mediados dos 90. O se u éxito foi det erminant e no peche de Dicen . Respecto a 4- 2-4 , Jones ( 1996:45)
considera que a campaña feita a favor de Ferran Ariño nas eleccións de 1979 á presidencia do FC
Barcelona, fixo que, unha vez que Josep Ll uís Nuñez (rival de Ariño) lograse a v itoria, o xornal caése en
desgracia.
255 “Las pági nas deportiv as que venía n incluidas en c ada edi ción del periódico ju nto a las de
información l ocal han pasado a la s ección de deportes, que, a partir de ahora, ofrece por lo menos siete
páginas , cambiables , con las noticias de portivas de c ada D elegación” . La Voz de Galicia (21-I-1982). A
publicación do xornal os luns prodúc e se en xuño, xusto unha semana ante s do inicio da Copa Mundial de
Fútbol que se ia a celebrar en España: “La Voz de Galici a se publicar á todos lo s lunes, al igu al que han
hecho otros periódico s españoles (…) será igua l a los demás días d e la semana, pero llevará un amplio
supleme nto de deportes ( …) en consona ncia con la i nmediatez de l as competici ones que sobre dic ha
materia se desa rrollan”. La Voz d e Galicia (6 -VI-198 2).
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
298
introducir cadernos deportivos para os luns. Isto obriga a facer unha in formación máis
radical e intensa aos soportes especializados.
A pesar da existencia de publicacións de portivas, neste novo panoram a
mediático, as Hojas del lunes non teñen cabida. D urante décadas, foron consideradas os
xornais deportivos por excelencia. Nadas grazas a unha concesión gobernam ental,
pertencían ás asociacións de prensa de cada cidade. Funcionaban como unha
cooperativa e os beneficios eran repartidos en tre os traballadores, pero tam én servían de
montepío para a asociación ou para so ster ás viúvas dos xornalistas.
Estes rotativos eran moi mal vistos polas empresas privadas, que sem pre
intentaron dinamitalas e axudaron a elim inal as do mercado unha vez que o sector de
prensa foi totalmente liberalizado : “Como era unha concesión, o Goberno converteu a
eses traballadores en funcionarios do Est ado. Eses antigos traballadores estaban tamén
noutros xornais por concesión da Asociación de Prensa e os seus acordos do Goberno.
É dicir, no caso de Vigo, o 40% do organigrama de Faro era pagado polas
asociacións. Así, xornais como Faro ou La Voz saíron os luns, pero esixindo que se
pecharan as Hojas porque eles non ían a pagar o soldo de ambas empresas. En Vigo,
Faro convenceu aos empresarios e a UCD para pechar a Hoja ”, recorda Luca d e
Tena 256 , que fora director da Hoja de Vigo nos seus últim os anos. Para este xornalista, o
acaso e derribo acabou no que hoxe chamaríamos mobbing : “As Hojas del Lunes
funcionaban como unha cooperativa. Faro reci bía un pago por usar as instalacións e a
rotativa. En teoría o aluguer era unha can tidade simbólica, pero en realidade era
enormemente caro. No noso caso, un día dende Faro de Vigo dixéronnos que non
podíamos utilizar o ta ller nin a rotativa e sinxelamente botá ronnos polos acordos que
xa comentara. En Lugo e Ourense non tiña fo rza ante El Progreso e La Región, mentres
que na Coruña, La Voz de Galicia decidiu fic har a tódolos redactores, e así cerrou a
publicación”.
A cabalo entre a década de 1980 e a de 1990, España experimentará unha
revolución na prensa de portiva, comandada por Marca . O xornal m adrileño chegará a
alcanzar os 490.000 exemplares de ve nta diaria, moi por encim a de El Pais , o que lle
256 Entrevista a Gustavo Luca de Tena. As palabras de ste xornalista, recollid as en varios apartados ao
longo dest a investi gación, pódense c onsultar nos anex os da tese.
A PRENSA DEPORTIVA EN GALICIA 1909 ‐ 2009
299
reportará uns inxentes beneficios económ ico s. Os motivos dun crecem ento que levou ao
xornal, baixo a dirección de Luís Infante, a superar os dous millóns de lecto res a
comezos da década de 1990, pódense sintetizar en seis:
1. A británica Pearson compra o xornal con novas id eas editoriais moi próxim as
aos patróns sensacionalistas da prensa do Reino Unido.
2. Tres anos antes que o resto de xornais deportivos estatais, Marca crea unha rede
de rotativas por toda España que lle perm ite estar en cada quiosco a primeira hora
da mañá. Mentres, o resto de diarios, c on distribución radial, chegan en torno ao
mediodía, salvo nas grandes cidades.
3. Grazas á distribu ción, Marca convértese no ‘diario de todas las aficiones’,
aproveitando a súa rapi dez de distribución e a súa aposta polos con tidos locais,
deixando en certo segundo plano ao Real Madrid CF.
4. Aposta pola noticia moderna e interesante en temática deportiva, é dicir, ao limite
do sensacionalismo. Portada m oi popular e incluso humorística e aposta moi
atractiva pola infografía 257 .
5. A finais da década de 1980, As , líder da prensa depo rtiva naquel momento,
encóntrase nun proceso de venda. Prodúces e un cambio na liña editorial que fai
que se sitúe a favor do Club Atlético de Madrid co cal perde contacto cos seus
tradicionais lecto res do Real Madrid CF.
6. Créase a Liga Fantástica MARCA, un xogo que perm ite ter ao le ctor atrapado día
a día e relacionalo persoalmente co xor nal. Todo lector é un adestrador en
potencia xa que elixe un equipo e uns xogadores cada xornada que serán
puntuados segundo as crónica s e os criterios de Marca. Xa que logo, se fai
indispensable comprar o xornal para seguir as evolucións do teu equipo virtual.
257 A infografía na prensa foi unha creación do estadounide nse USA Today . E n España, El Mundo apost ou
sempre forte por ela dende os seus com ezos, con especi al im portancia na Gue rra do Gol fo de 199 1.
Porén, serí an os xornais depo rtivos, co gall o da celebración dos Xo gos Olímpi cos de Barcelona, os qu e
consolidarían a in fografía na prensa esp añola, ademais de dar un impulso definitiv o á cor.
[Document text truncated for crawler view.]